* Inscricións romanas e non romanas de Galicia

No meu blog achego máis de 950 aras, estelas e placas que apareceron en Galicia (incluídas as desaparecidas), a gran maioría con epígrafe. Imos con estas últimas. En 536 cítanse 50 divindades: 20 romanas e 30 non romanas. As deidades romanas figuran en 279, e as non romanas en 257 das totais (hai que ter en conta que nestas, só o deus Berobreo aparece en ± 175). Seguramente hai máis, pero pola deterioración perdeuse o teónimo ou resulta cando menos dubidoso. Achego catro mapas comarcais de Galicia, dous coas deidades non romanas e outros dous coas romanas. No panteón non romano, cinco deidades: Bandua, Berobreo, Coso, Navia e Reve supoñen máis do 80% das totais. No panteón romano, tres deidades: Deuses Manes, Lares Viais e Xúpiter supoñen máis do 75% das totais, aclarando que algunhas levan un epíteto non romano.



© onosopatrimonio.blogspot.com

Xabier Moure