No blog achego algo máis de 200 fitos distribuídos por Galicia. Digo “fitos” porque recollo tanto as pedrafitas/menhir (nomes polos que adoita identificarse ás prehistóricas), como marcos singulares doutros períodos (medievais e modernos), se ben é certo que en moitos casos non resulta doado diferenciar unhas dos outros, mesmo pode que moitas prehistóricas puideron ser reutilizadas posteriormente, e outras moitas se consideran prehistóricas cando seguramente non son tal. No mapa inclúo tamén as estelas-pedrafitas e as documentadas pero desaparecidas (ao menos non foron, que eu saiba, redescubertas). Con todas as cautelas e bastantes dúbidas, en cor AZUL indico as prehistóricas e as supostamente prehistóricas; en VERMELLO outros fitos e marcos singulares; e en VERDE as documentadas dalgún xeito pero desaparecidas.
© onosopatrimonio.blogspot.com
Xabier Moure
