Para o comezo da conquista de Galicia por
Roma adoita tomarse o ano 137 a.C., coa chegada de Decio Xunio Bruto no
que acontece o lendario episodio do paso do río do Esquecemento, o
Limia. No 96-94 a.C., Craso vén na procura das Illas do Estaño, as Cassitérides, identificadas coas Illas Cíes. No 61-60 a.C., Xulio César somete a Brigantium (A Coruña). Entre o 29 e o 19 a.C., Augusto culmina a conquista (mito do monte Medulio).
Os
romanos empezan a asentarse militarmente no territorio coa construción
de campamentos, obrigando aos habitantes dos castros a abandonalos e
establecerse nos vales que é cando aparecen as villae ligadas ás explotacións agrícolas. No século I d.C. Galicia forma parte da provincia Tarraconensis onde
permanece ata o ano 212 en que o emperador Diocleciano lle outorga a
categoría de provincia. No ano 303 convértese na provincia da Gallaecia, dividida en tres conventos xurídicos (termo administrativo inferior á provincia): Lucus Augusti (Lugo), Asturica Augusti (Astorga) e Bracara Augusti (Braga).
Os
romanos, para asegurar o dominio e control do territorio, e así
garantir a produción mineira, artellan o país cunha complexa rede viaria
que xira arredor das vías principais XVIII, XIX e XX onde embocan
infinidade de camiños secundarios.
Un dato importante a ter en conta é o tocante ao número de miliarios existentes en Galicia. Dos arredor dos 190 documentados, uns 145 atópanse na provincia de Ourense. Mesmo, na Hispania Citerior, con preto de 450 exemplares, a provincia de Ourense acolle un terzo. E case duplica os coñecidos na Baetica.
No terreo relixioso conviven as
divindades traídas polos vencedores e as prerromanas, producíndose, en
moitos casos, unha dupla asimilación. O latín imponse como lingua
oficial, e a poboación galega adopta a cultura dos invasores,
modificando algunhas das súas máis arraizadas tradicións, proceso de
aculturación que en gran medida remata coa cultura existente ata aquel
momento.
ACLARACIÓNS
1.
Cómpre ter en conta que un bo número de pezas non son orixinarias do
lugar onde se atoparon ou de onde están situadas na actualidade,
descoñecéndose a procedencia; outras (nomeadamente os achados
epigráficos) foron localizadas preto de castros ou de asentamentos
galaico-romanos o que non sempre implica que estean relacionadas con
estes. Tamén chama a atención que en castros fortemente romanizados, os
achados epigráficos sexan case inexistentes, casos de Castromao (de onde
procede a famosa Tessera Hospitalis), Viladonga, Fazouro ou Santa María de Cervantes, por poñer algúns exemplos, o que contrasta cos atopados noutros xacementos de menor sona onde sequera se levaron a cabo actuacións de ningún tipo.
2.
Por contar cun apartado propio, non se achegan as pontes. Tamén inclúo
algún achado, pode que relacionado co pobo dos Suevos; no eido
arqueolóxico as fontes son escasas e non é doado diferenciar os do mundo
suevo do tardorromano.
3. Dalgunhas pezas só dispoño de referencias. Aínda que indico o concello onde se supón que apareceron, podo descoñecer o lugar, en que circunstancias foron atopadas, inscrición, tipo de monumento…
4. Ao final dos concellos vou achegando pezas das que se decoñece a procedencia. O único seguro, en todo caso, é que apareceron na provincia.

ROMANIZACIÓN DA PROVINCIA DE OURENSE
ALLARIZ
Ara (Armea): Soporte anepígrafo no recinto da basílica da Ascensión.
Ara na capela de Nanín
(Nanín-Allariz): Atópase no interior da ermida de Santa Olalla.
Apareceu no ano 1970 no antigo altar que estaba situado no muro da
cabeceira. Contáronme que tamén había un cilindro de pedra que
desapareceu do sitio aos poucos días. Nun principio trasladárona xunto a
entrada da capela, logo foi colocada diante do novo altar. Moldurada
nas partes superior e inferior. Na parte superior presenta un loculus en
forma de cavidade cadrada, tapado polo fragmento dunha columna, que debeu ser utilizado para reliquias, suprimíndose o foculus orixinal. Lectura: "TVTEL/AE VALE/RIVS FL/AVVS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Flavius Flavus -dedicou este altar- para Tutela en cumprimento dun voto"). Nas escavacións dos anos 1991 e
1992 saíu á luz unha necrópole cunha cronoloxía entre os séculos IX e
XVII.
Ara de San Mamede de Urrós: Descuberta no ano 1974. No altar da igrexa, do ano 1147, apareceu unha ara romana datada entre os séculos I-III d.C., con loculus e
dentro del un relicario de madeira coa copia, atribuída ao século XVII,
dun pergameo da consagración da igrexa polo bispo Martiño de Tours no
1147 (Pérez Outeiriño, 1979). A asociación do foculus e o relicario
indica que cando se fundou a igrexa xa acollía nela a ara, quizais cun
certo valor sagrado e nela gardaríase o relicario como símbolo
fundamental da igrexa, xa que todo elo estaba xustamente debaixo do
altar, o lugar máis sagrado do templo. Segundo referencias dos veciños, o
achado de "caixas de ladrillos" no cemiterio corresponderían con
enterramentos romanos en relación coa ara, probando a existencia dun
lugar sagrado máis antigo (Sánchez Pardo, 2009). Rodríguez
Colmenero (1997) le: “([...]ICRO
/ [...]MEIINO / [Ma]RCVS / [Fla]VIVS / [Love]SVS / [Fla]VI F[ilivs] /
V(otvm) S(olvit) [L(ibens) M(erito)]”, (“Marco
Flavio Lovesso, fillo de Falvio, cumpriu o seu voto con ánimo
satisfeito a ...icro? ...meino?”).
Supostas aras de Santa Mariña de Augas Santas:
Na igrexa de Santa Mariña. Trátase de dúas supostas aras de planta cadrada e
forma cúbica, unha disque coa imaxe da deusa-nai Cibeles (representación dunha mater sentada); na outra
esculpíronlle unha cruz cristiana. Foron reutilizadas como
esmoleiros. Dende o ano 2013 están expostas nun pequeno museo habilitado
dentro do templo.
Epígrafe (Armea): "T(itus) CAESENNIV[S---]". Visto por Conde Balvís antes de 1950 nunha casa de Armea. Continúa no mesmo lugar.
Epígrafe (Armea): Perdida. Viuna o P. Sarmiento nunha casa de Armea no ano 1755 xunto a ventá dunha casa. Lectura:"CAELENIC/FLAVIVS P".
Inscrición: Xunto os muros das vivendas da Cidade de Armea. Segundo Abascal Palazón e López Rodríguez (2025), lese: "Q[..]OSTES[---]/+M[.]T[---]/Caesius ++FLI+[---]".
Inscrición: En dúas pedras na parte inferior dun muro da Cidade de Armea, dentro dunha das vivendas: "MAX SUM/VS", (Maxumus -fixo ou dedicou...-").
Inscrición (Vilaboa): Praca de mármore, pode que das canteira do Incio, fragmentada en tres
partes. Era coñecida dende tempo atrás xa que figura nun apunte conservado na Real Academia da Historia que se garda entre os papeis do P. Flórez para os suplementos da España Sagrada. Cando foi para Ourense no ano 1901 estaba en bo estado, debeu
partirse cando o incendio de 1927 cando sufriu os danos polo incendidio do Instituto de Ensino Medio; logo foi rstaurada. Estaba na casa de don Miguel Rumbao Fajalde, e regalada á Comisión de Monumentos polo avogado Francisco Conde Valvís. Lectura: "M(arco)
DOMITIO/SATVRNINO/MARCVS DOM/TIVS PATRI ET/VAL(eria) MARCELLA/MARITO", ("Marcus Domitius e Valeria Marcella -fixeron esta sepultura- para Marcus Domitius Saturninus, seu pai e marido"). Varios autores, en vez de Marcella len Mamilia. No Museo Arqueolóxico.
Inscrición
(Outeiro da Laxe-Santa Mariña de Augas Santas): Fragmento inferior dunha estela de granito co campo epigráfico
rebaixado. Atopouse no ano 1999, empotrada horizontalmente na rúa que sae da
capela. "[------]/H(ic) S(itus) E(st) ([------])", ("... Este é o sitio ...").
Relevo de Amiadoso
(San Martiño de Pazó): De mármore, salienta a característica de ter
todas as súas caras decoradas e que podería formar parte dun mausoleo. Estaba incrustado no muro dunha
construción de Amiadoso que actuaba como capela dedicada a San Adrián (para a que se reutilizarían materias romanos) e que foi identificada
como un posible resto visigótico nun traballo no Archivo Español de Arqueología
por Xaquín Lorenzo (outros autores levan a súa realización nos séculos X
ou XI). Acuña Fernández e Valle Pérez dátano no século II
d.C. e Rodríguez Colmenero no século IV. Mais adiante, Bango propuxo a
posibilidade de tratarse dunha Ascensión de Cristo, o que lle outorgaría
un excepcional interese iconográfico, se ben hai quen elimina todo
carácter cristiano aínda que puidera formar parte dun monumento
funerario. No lugar hai vestixios dun
xacemento tardorromano.
Cidade de Armea (Augas Santas): Os primeiros restos da vila galaico-romana apareceron no ano 2011, con vidros, fustes, capiteis, moedas e terra sigillata. Nas escavacións do verán de 2014 descubriuse unha domus romana con habitacións e un patio exterior cuberto, datado nos sécuolos I, II e III. Tamén se atoparon pezas de vidro galaico-romanas, cerámica fina e obxectos dun tear. Tamén saíu á luz unha rúa dos séculos III-IV con 35 metros de longo e case tres de ancho, cun trazado recto e ben pavimentado. A zona elixida para esta nova fase foi a coñecida como Finca da Atalaia que xa fora escavada a mediados do pasado século XX por Conde Balvís. O proxecto Armea está dirixido polo arqueólogo do GEAAT Adolfo Fernández, a través dun convenio de colaboración asinado entre a Universidade de Vigo e o Concello de Allariz. A campaña de 2022 permitiu rematar a escavación da domus norte e descubrir, entre outros elementos, parte dunha estela funeraria posiblemente procedente da necrópole, aínda por localizar, deste asentamento. Ata o presente saíron á luz tres grandes domus que se dispoñen arredor dunha rúa central empedrada. Hai quen sitúa aquí a mansión Salientibus.
Santuario de Armea ou xacemento do Monte do Señoriño (Armea-Augas Santas): En marzo de 2011 deuse a coñecer un importantísimo achado no lugar coñecido como Monte do Señoriño, próximo ao castro da Cidade de Armeá. O descubridor foi o señor Manuel Losada, cando andaba na procura dun marco dunha súa propiedade. O profesor da Universidade de Vigo, Adolfo Fernández, que estaba a preparar un proxecto de investigación arredor do citado castro e o conxunto histórico, etnográfico e mitolóxico de Santa Mariña de Augas Santas, catalogou o descubrimento como de grande importancia. Aínda que a maior parte do xacemento aínda se atopa baixo terra, pódese apreciar un conxunto de escadas monumentais, distribuídas en socalcos, e un gran banco de pedra tallado na rocha, rodeado e delimitado por canles, tamén labrados na pedra. Losada, aínda que cauteloso, sinalou a semellanza co santuario portugués de Panoias (Vila Real), e o profesor Marco Garcia Quintela co tamén portugués da Pía dos Mouros, en Argeriz. Malia o anterior, José Ramón Seara e José Manuel González, da Asociación de Estudos de Santa Mariña de Augas Santas, din que podería tratarse dunha instalación anexa ao castro da Cidade de Armeá ou parte dunha vila de tipoloxía e datación romana. Esta última hipótese é a que cobra máis forza, interprétándose os restos como os dunha vivenda do século I d. C. con posibles funcións domésticas, administrativas e de control viario ao atoparse a carón dun camiño. A vivenda artéllase en varios bancais escavados na rocha aos que se accede mediante chanzos e onde se localizan as diferentes estancias. No bancal máis elevado sitúase unha cociña e nas proximidades localizouse unha forxa de ferreiro. Abandónase a comezos do século II d. C.

Anel romano: Con motivo das obras da Praza Maior no ano 1979 apareceu un anel de bronce. Tamén se atopou abundante material galaico-romano.
Grafito (Santa Mariña de Augas Santas): Nun prato engobado figura a inscrición: "M.
Sellius L. F. Arn(ensi) Honoratus". (Fernández Fernández e Rodríguez Nóvoa, 2016).
Grafitos: Na Cidade de Armea apareceron abundantes fragmentos de terra sigillata con inscrición. Tamén unha tegula bipedalis case compreta, descuberta nas escavacións de 2023, on se le "COLONVS COL".
Marca de Taller: Fragmento de prato atopado na Praza Maior. Lese: "]ANNI".
Lagar (Armea-Augas Santas): Non
moi lonxe da basílica inacabada da Ascensión ou Asunción atópase un conxunto formado por pioucas,
carballo e lagar. Nas Pioucas da Santa
conta a lenda que Mariña se refrescara logo de fuxir do forno;
trátase dun lugar importante de culto xa que eiquí remata a
procesión dos Pendóns durante a celebración da Ascensión onde o
párroco ascende xunto cos estandartes ata a parte alta do outeiro
para bendicir os campos e os cultivos. O carballo orixinal de nove
metros de circunferencia atopábase no Monte do Señoriño; a el
acudía a xente en devoción ata que un raio o fixo desaparecer a
mediados do século XX e o actual carballo das Pioucas tomou o seu
relevo e a súa memoria. Debaixo do carballo hai un lagar rupestre ao
estilo do Torcularium romano, unha estrutura con vigas de madeira e
prensa con torno que ao baixar levaría por rebase o xugo extraído
dun froito da pía grande cara a pequena ou lagareta.
Miliario (Santo Estevo-Os Espiñeiros): Miliario anepígrafe diante da ermida do Santo Estevo. Na parte superior practicáronlle un burato para colocar unha cruz.
Moedas:
No castro de Armea, unha moeda de Decio Xuño Bruto, outra de Augusto e
outras de Galieno. Na Airavella, moedas de bronce regaladas á Comisión
de Monumentos de Ourense por don Francisco Conde Balvís.
Necrópole de Augas Santas: Chamoso Lamas interpretouna como pertencente á época sueva.
Pazó: A pouco metros do castro apareceron
restos construtivos (tégulas, ladrillos) e cerámica de época
baixorromana, sobre todo nas inmediacións da igrexa prerrománica que
aproveita diversos materiais dun templo anterior
(capiteis e relevos visigóticos datados no século VII).
Vidro: Na Cidade de Armea. Parte superior dun instrumento de vidro para remexer, gravaron "XIII". No Museo Arqueolóxico de Ouense.
Xacemento de Abuín (A Frieira): Cerámica común.
Xacemento das Laxas.
Xacemento das Raposeiras (Pumares): Fragmentos de tégulas e ladrillos.
AMOEIRO
Ara a Moelio Mordoniego (Cornoces): Descuberta no 1968 por Ferro Couselo, pero ao parecer, segundo recollen Abascal Palazón e López Fernández (2025) dunha información oral, nos anos corenta do século pasado atopábase facendo de poste e sostén dunhas parras ao pé do castro de Cornoces. Con tres inscricións, dúas nos lados e unha terceira na parte alta, ao lado do foculus. As molduras do pé e a cabeceira foron cortadas. Dun soldado da Legio VII Gemina, con datación nos consulados de Vespasiano e de Tito (ano 79 d.C.). Ata o de agora é a única dedicatoria a esta divindade. Texto A: "MOELIO/MORDO/NIEGO/L (ucius) CAECILI/VS FVSC/VS M(iles) LE(gionis) V/II G(eminae) F(elicis) V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Lucius Caelius Fuscus, soldado da lexión VII Gemina Felix, dedicou este altar e cumpriu a súa promesa libre e merecidamente para Moelius Mordoniegus"). Texto B: "(ante diem) IIII K(alendas) IVN(ias)/IMP(eratore) VESP(asiano)/VIII TITO VI/CO(n)S(ulibus)", ("Dedicado catro días antes das calendas de xuño, sendo cónsules o emperador Vespasiano por novena vez e o seu fillo Tito por sesta. 29 de maio do ano 79 d.C"). Texto C: "LAR(ibus) VI(alibus)", ("Aos Lares Viais)".. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara ás Ninfas: Apareceu no ano 1973 na paraxe denominada As Lameiras, propiedade de Serafín Garrido xunto a estrada de Cambedo á Ponte dos Frades (Bóveda de Amoeiro). Nos anos noventa do século XX atopábase na propiedade de don Serafín, na actualidade descoñécese o seu paradoiro. Só se conserva unha foto de Rivas Fernández, feita no ano 1973. Lectura: "NYMPHIS/SALVTATIB(us)/SVLPICIA/SATVRNI/NA EX/VOTO", ("Sulpicia Saturnina dedicou este altar ás Ninfas Salutares en cumprimento dunha promesa").

Ara aos Lares Viais (San Xiao-Fontefría): Ara aos Lares Viais
que foi traballada para actuar como pía de auga bendita na capela do San Xiao. Está colocada do revés: "LARI(bus) VI/ALIBVS/PETRO/NIVS/EX VO/TO P(osuit)", ("Petronio puxo este altar aos Lares Viais en cumprimento dunha promesa").
Ara a Xúpiter (Abruciños): Segundo J. C. Rivas (2018), foi descuberta no ano 1968 nun prado do Pazo de San Damián. Ata o ano 2023 permaneceu no domicilio do seu descubridor en que foi trasladada para o Museo Arqueolóxico de Ourense. Lectura: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)/L(ucius) LICINI/VS CHI/LO V(otum) Solvit) L(ibens) M(erito)", ("Lucius Licinius Chilo cumpriu libre e merecidamente a súa promesa a Xúpiter Óptimo Máximo").
Capela do San Marcos (O Outeiro-Amoeiro): No Museo Arqueolóxico de Ourense consérvase a parte superior dunha ara atopada no ano 1970 formando parte dun muro situado detrás da ermida. A capela actual substituíu a outra anteior como o demostra un sepulcro antropoide escavado na rocha.
Capela de Sanxiao (Sanxiao-Fontefría): No centro da zona da ábsida hai un sillar con decoración xeométrica en relevo composto pola repetición dun dobre entrenzado; no paramento sur hai un motivo decorativo case idéntico ao anterior, aínda que máis desgastado. Estes relevos considéraos Rivas Fernández de época xermánica, mais Ferro Couselo e Xaquín Lorenzo Fernández din que poden proceder dun castro cercano. Quizais fose un edículo romano dedicado aos Lares Viais e logo igrexa visigoda.
Epígrafe (Castro do Rodeiro-Abruciños): Fragmento atopado ao abrir unha canteira nos montes de Rodeiro. No lugar onde apareceu a peza houbo un castro e despois un castelo. Presenta na súa cara anterior, a modo de cartela, unha inscrición nunha liña sobre un campo escavado. Incompleta, lese: "ORIVS". Aínda que hai quen a supón de orixe romana, creo que se trata dunha peza sueva ou visigoda. No Museo Arqueolóxico de Ourense.

Inscrición rupestre: No Coto do Castro, na parroquia de Trasalba. Inédita, dada a coñecer por Abascal Palazón e López Fernández no 2025. Breve texto insculpido xunto unha cazoleta cuadrangular. Leron: "[---]urdi f(ilius ?)", ("[---] fillo de [---] urdus").
Inscrición falsa: Nun documento anónimo do ano 1690 lese que no "castro Forminio en Trasalva hoy se llama castro de Formigueyro... se descubrió una lápida que hoy está allí y tiene estas letras": "C.Lovia CLovieno. F.H.S.E. Carra/rius Merudii. D.S.P.Terra Levis". Considérase falsa.
Miliario anepígrafe situado nun cruzamento de camiños da Venda Nova (Bóveda de Amoeiro). Dado a coñecer por Rivas Fernández.
Miliario anepígrafe situado nun cruzamento de camiños da Venda Nova (Bóveda de Amoeiro). Dado a coñecer por Rivas Fernández.
Xacemento de As Pereiras
(Cima de Vila-Trasalba): Trátase dun xacemento romano-medieval onde
apareceu diverso material, entre outro un forno "tipo Castromao", pedras
traballadas, cacharros cerámicos, un gancho de ferro ou un broche de
cinto de bronce cristián decorado, que estababa revestido cunha lámina de prata, coa frase "XPS SI(t) / TECVM"; ("Cristo é o teu protector" ou "Cristo estea contigo"). Documéntanse varias estruturas (foxos, gabias) recheas con depósitos de material cerámico.
Xacemento da Mora, con muro e foxo.
Ara a Xúpiter (Sendín-A Arnoia): Descuberta cara o ano 1958 por Juan Martínez Alonso no val de San Mauro, na paraxe do Foro, en Sendín. Publicada por Xulio Rodríguez González (1979). Lectura: "IOVI", ("Para Xúpiter"). Do s. II d. C. Estivo no Museo do Ribeiro, e logo pasou ao Museo Arqueolóxico de Ourense.
Aras a Xúpiter e ao Sol (Sendín-A Arnoia): Como a anterior, foi descuberta cara o ano 1958 por Juan Martínez Alonso no val de San Mauro, na paraxe do Foro, en Sendín. Publicada por Xulio Rodríguez González (1979). Lecttura: "SOLI", ("Para o Sol"). Do s. II d. C. Estivo no Museo do Ribeiro, e logo pasou ao Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara: Referencia dunha ara anepígrafa de granito proporcionada no ano 1965 por Xaquín Lorenzo Fernández e Bouza Brey. Din que se atopaba na capela do San Amaro, e logo reutilizada como peto de ánimas nun muro preto do adro.
Inscrición: Referencia da epígrafe: "]/EX VI(su) FEC(it)".
BALTAR
Ara a Reve: Aínda que se atopa no presbiterio da capela da Asunción, parroquia de Baltar, ao parecer proceden do castro de Outeiro ou do lugar da Santa. Xaquín Lorenzo Fernández (1968) di que foi descuberta no castro de San Antonio nos anos sesenta do século pasado. Conserva o foculus circular. Lectura: "REVE/LARAVC(o)/VALLI(us)/APER EX/VOTO", ("Vallius Aper -fixo esta dedicación- para Reve Larauco en cumprimento dunha promesa").

Ara a Reve: Na capela da Asunción. Con coroamento e zócolo. Moi erosionada. Conserva o foculus. Posible lectura de Abascal Palazón: "R(eve?) LA(rauco?)/P(ublius) V(alerius) S/EX D(evotione)", ("Publius Valerius S(---) -fixo esta dedicación- para Reve Larauco en atención ao respecto que lle merecía").
Ara do Bouzo (O Bouzo-Garabelos do Bouzo): Na capela do San Bieito. Elimináronlle a inscrición ao adaptala como pía bautismal. Dubidosa.
Ara (Barrio-Vilamaior da Boullosa): Atopouse no ano 1981 sostendo a
galería de madeira dunha casa particular. En posición invertida. Rivas Fernández, en Varia Epigraphica
(Boletín Auriense, 1999), cita unha ara bastante deteriorada, con
cornixa, corpo central e base, coa inscrición. Le: "REVE V/[-] ET [--]/---". Abascal Palazón e López Fernández (2025) non achegan nin advocación nin dedicante. Len: "+S++V/+ET[---]/------". Gravóuselle unha letra P moderna.
Ara: Só dispoño dunha referencia á epígrafe: "D(is) M(anibus) S(acrum)/VIR[---] MATER[---]/SEV[---] SEVERO/CON(iugi) MER(entis) AN(norum) XXIII".
Ara: Só dispoño dunha referencia á epígrafe: "D(is) M(anibus) S(acrum)/VIR[---] MATER[---]/SEV[---] SEVERO/CON(iugi) MER(entis) AN(norum) XXIII".
Ara perdida (Montes de Baltar): Só dispoño dunha referencia á epígrafe:"CATVRO/PINTAM(i)/NABIAE/[L]IBENS/[A(nimo) P(osuit)]".
Inscrición: Referencia a un fragmento en granito coa epígrafe: "]I///CV/---".
Castro de Outeiro (Baltar): Romanizado. Situado na Serra de Gomariz. Nas inmediacións apareceron fragmentos de sigillata e instrumentos de ferro, e quizais as aras a Reve, na actualidade na capela da Asunción.
Minas auríferas: Segundo algunhas teorías, as canles e os pozos cegos do aluvial da Veiga son restos dunha mina aurífera de época romana. No mes de xullo de 2021, os xeólogos Eduardo González Clavijo e Óscar Pazos localizaron unha explotación aurífera na raia entre Galicia e Portugal, a carón do paso fronteirizo entre Baltar e Montealegre, a só tres quilómetros do castro da Boullosa.

Minas de estaño das Muradellas e Campo de Ourique (Vilamaior da Boullosa): No ano 2021 comezaron a realizarse unha serie de sondeos para caracterizar os vestixios de produción que seguramente abasteceron outras xonas que carecían de estaño. As datacións obtidas polo Carbono 14 son de época romana (séculos II-III) e altomedieval (finais do século VIII ata os inicios do X), aínda que a orixe das explotacións poderían ser prerromanas. (Fonte: Vía Lethes).
A Rousía: Nas faldras da Serra de Larouco. Poboado citado por González de Ulloa no ano 1777 quen asegura que eiquí había unha grande e antiga poboación. Mesmo hai quen conxectura que se trataba da Aradauca de Ptolomeo. Segundo a lenda, o pobo foi abandonado por unha praga de formigas.
Xacemento das Santas ou As Muradellas (Vilamaior da Boullosa): Posible vila. Apareceron tégulas, ímbrices, anacos de ladrillos e cerámica común. O lugar está moi modificado pola concentración parcelaria.

Calzada (Romariz).
Outros xacementos: Forno da Tella ou Freixediño (Niñodaguia); explotación mineira dos Picotiños (Santo Antoniño-Vilamaior da Boullosa); A Telleira (Vilamaior da Boullosa).
Moedas: Do século I d.C. é un bronce inclasificable. Cavada Nieto cita nove moedas, unha de Galieno.

BANDE
Campamento, mansión e estación balnearia de Aquis Querquernis: As primeiras referencias datan de principios do século XVII en que Castellá y Ferrer fala das ruínas dunha cidade romana en A Cidade, entre Os Baños e Porto Quintela, facendo mención tamén dun miliario adicado a Traxano con indicación da milla 38. Posteriormente tamén fan referencia ao campamento o P. Sarmiento, o P. Flórez e Ceán Bermúdez, mais identificándoo, erradamente, con Aquis Originis. Pero sería Díez Sanjurjo o primeiro en asegurar que o xacemento tratábase de Aquis Querquernis, a terceira mansión do Itinerario de Antonino. A finais do século XIX e principios do XX, Hübner sitúaa no lugar de Porto Quintela, parroquia dos Baños. Dende o Seminario de Estudos Galegos, baixo a dirección de López Cuevillas, acométense as primeiras escavacións. Nos anos setenta Caamaño recolle varios materiais. As escavacións sistemáticas son a partires do ano 1975, a cargo de Rodríguez Colmenero e do Grupo Arqueolóxico Larouco. Campamento activo ata finais do século IV d.C. Existen dúbidas canto á unidade militar asentada no campamento, probablemente fose a Cohors I Galica, dependente da Legio X Gemina, entre mediados do século I e finais do século II d.C. Construído ao pé da Vía XVIII. Atopáronse puntas de lanza, regatóns (parte inferior da lanza) e fragmentos de espadas longas de cabalería; tamén taboleiros de xogo, unha aguia de bronce interpretada como remate dun estandarte do século I-II d.C., e material médico en bronce como forceps e pinzas. Tamén se localizou un horrea para almacenar excedentes agrícolas. Nas escavacións levadas a cabo no ano 2010, dirixidas polo arqueólogo Santiago Ferrer, saíron á luz dous novos strigia (barracóns) destinados ás tropas así como numerosas pezas cerámicas e algunhas moedas. Aquis Querquernis sería a capital da Civitas Querquernorum. O que chama a atención é a ausencia de epígrafes en pedra no recinto campamental, pola contra son numerosísimos os grafitos cerámicos recuperados, que seguramente inclúen nomes dos militares alí asentados.

Baños de Bande: O balneario romano estaría relacionado con Aquis Querquernis, situado a carón da vía XVIII ao que pertencen tamén os restos dun edificio interpretado como fonda. No ano 1754, o P. Sarmiento di que "al norte de la iglesia están inmediatos los Baños. Se reducen a un gran estanque de piedra cuadrado, con escaleritas y alrededor casas para los concurrentes a los baños. El agua es caliente pero no humea... brota en el mismo estanque de la tierra como surtidor... en todo aquel terreno había unas piedras labradas con inscripciones y otras sin ellas". Nos séculos XIX e XX apreceron varias aras e epígrafes arredor do manancial.
Ara ás Ninfas (Baños de Bande): Cara 1860, Barros Sibelo viu a ara empotrada na casa reitoral de Baños de Bande. Mandouna retirar o bispo Ávila y Lamas e trasladala a Ourense, colocándoa no pazo espiscopal, comunicándoa á Real academia da Historia en 1862, e logo regaloulla ao Museo da Comisión Provincial de Monumentos en 1896. Na Real Academia da Historia consérvase un plano coa ubicación da ara. Foi publicada por Vázquez Núñez no 1908: "NYMFIS/BOELI/VS RVF/VS PRO/SALVTE/[S]VA V(otum) S(olvit)", ("Boelio Rufo cumpriu este voto ás Ninfas pola súa saúde"). No Museo Arquelóxico de Ourense.
Ara (Lueda): Empotrada na capela de Santa Mariña. Fragmento inferior dunha ara que conserva o corpo central e a base. Descubriuse no ano 1988. Lectura: "------/AVITI [F(ilius/filia)]/V(otum) L(ibens) A(nimo) S(olvit), ("------ fillo/a de Avitus -dedicou este altar- para ------ e cumpriu seu voto libre e merecidamente").

Ara (As Maus-San Xoán dos Baños): Fragmento empotrado nun muro da capela das Maus.
Ara: Anepígrafe de mármore branca situada na igexa do San Trocado de Santa Comba
Ara aos Lares Viais
(Santa Comba): Citada por Castellá Ferrer no ano 1610; di que servia de pía de
auga bendita na igrexa: "MAXV/MVS LOV/ESSI F(ilius) LA/RIBVS
VI/ALIBVS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Máximo, fillo de
Lovesio, cumpriu o seu voto aos Lares Viais de boa vontade").
Ara a Xúpiter (Santiago de Güín): No ano 1953, o seu descubridor, Francisco Conde-Valvís, levoouna para un pequeno museo que tiña en Valverde (Allariz), doándoa ao ano seguinte ao Museo Arqueolóxico de Ourense: "FL(---) FLAV/I (filius) IOVI/VOTV/M S(olvit) L(ibens) A(nimo)", ("Flavinus, fillo de Flavio, cumpriu o seu voto a Xúpiter de bo grado").
Ara a Xúpiter: Na capela do San Trocado de Santa Comba: "Iovi D(eo) / Optum(o) / Max(umo) Q(uintus) Ma/enius / Asian[us] / p(osuit) v(otum) l(ibens) [a(nimo)]", ("Quintus Maenius Asanius -puxo este altar- para o deus Xúpiter Óptimo Máximo e cumpriu o seu voto libre e merecidamente").
Ara (Santa Comba): O primeiro que a publicou foi Barros Sibelo en Antigüedades de Galicia. No Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense nº 2 do ano 1898 fala desta epígrafe empotrada na parede da casa de Dª Camila Armada, situada fronte a reitoral de Santa Comba. No Boletín nº 4 do ano 1910 adícalle un artigo Marcelo Macías, que le: "PRO SALVTE/IVLIAE A V G/MATRI/CASTROR/ET A V G Q LV/CIDIVS MA/RINVS/DEDI/CAVIT", (" Lucio Didio Marino, prefecto da cohorte miliaria, fixo esta dedicación pola saúde de Xulia Augusta, Nai dos campamentos e dos Augustos..."), lectura que xa fixera Hübner no 1878. Foi trasladada para o Museo Arqueolóxico de Ourense no ano 1946. Na epígrage non aparece a orixe deste militar, nin a numeración da unidade de tropa á que servía.

Ara: Fragmento atopado no 1982 entre as ruínas dunhas vivendas de Baños de Bande, demolidas no 1947 e logo somerxidas baixo o encoro das Conchas. Lectura de A. López Fernández (2020): "------?/[------]/SISA++[.]/RTIA FLA/CILLA EX/VOTO", ("---rtia Flaccilla -fixo este altar- para [---] en cumprimento dunha promesa"). No Centro de Interpretación Aquae Querquennae de Porto Quintela.
Epígrafe de Diana:
Inscrición transmitida nun manuscrito do século XVIII (con debuxo de Fr. Martín Sarmiento) conservado no
arquivo da abadía de San Domingos de Silos (Burgos). Apareceu no altar da igrexa
de Santa Comba de Bande. No centro da epígrafe apréciase unha fendedura
horizontal así como síntomas de destrución no bordo inferior esquerdo:
"DIANAE/SA(crum)/Q(uintus) AERES/VICTOR/EX MO/NITV".
Epígafe: Nunha visita que fixeron a unha adega de Rubiás
López Cuevillas, Otero Pedrayo e Jesús Soria no ano 1935, falan
dunha lápida dedicada a Traxano cuxa epígrafe recollen o Boletín da Comisión de monumentos de Ourense de novembro-decembro de 1935: "(IMP) CAES N/(ER)VAE/TRAIA/NO AVG GER/[---] PON MAX/P P COS III[---]/[---] P [---]". No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Inscrición (Santa Comba de Bande): Descuberta no ano 1860 no muro dunha casa inmediata á igrexa de Santa Comba de Bande. Foi publicada por Barros no 1875. Na Real Academia da Historia consérvase un plano de Barros sobre a súa ubicación. Lectura: "+++++/[P]RO SALVTE/[I]VLIAE AV/G(ustae) MATTRIS/CASTROR(um)/ET AVG(ustorum) L(ucius)/DIDIVS M/ARINVS/PROC(curator) DE[di]CAVIT". No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Inscrición: Sábese que xa existía no ano 1610, data da edición de Castella Ferrer. Apareceu no castro de Rubiás (Cadós): "[L]ADRONO/VEROTI F(ilio)", ("Para Ladronus, fillo de Veroti"). Considérase perdida.
Inscrición (Vilameá de Arriba): Fragmento dun bloque granítico reutilizado na capela de San Miguel. Descrito por López Fernández (2020): "------?/[---QVARQUERN[---]/------?". É a única evidencia nas comarcas meridionais da provincia de Ourense de este grupo étnico, os Querquerni citados por Plinio.
Inscrición (Santa Comba de Bande): Descuberta no ano 2000 nun muro da capela do San Trocado. Lectura: "CAMA/LA HIC/SITA/EST", ("Eiquí xace Camala").
Inscrición desaparecida: Segundo Mauro Castellá Ferrer (1610) "adonde esta la Yglesia de Cadones estava el castillo Meydunio, porque a veinte pasos della se halló un sepulcro tendido en tierra..." coa inscrición: "MEDAMVS ARCISI F/HIC SITVS EST/MONVM/ENTVM FECERVNT/ANCONDEI/AMICO CARO", ("Eiquí xace Medamus, fillo de Arcisus, residente no castellum Meidanium. Os ancondei fixeron este monumento para o seu querido amigo"). Cítase tamén na revista Album Literario de Ourense do 15 de setembro de 1889 (o mesmo recolle o Boletín da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense de novembro-decembro de 1935 de onde tomamos unha das inscricións xa que no mesmo artigo achega dúas versións distintas).
Inscricións desaparecidas (Baños de Bande): Vistas por Fr. Martín Sarmiento na súa visita a San Xoán de Baños o 29 de outubro de 1755: "CARI... BE/FLACIS/SECVNDI/V. S.". Sarmiento tamén fala doutra coa epígrafe "V S".
Inscrición perdida: Viuna Fr. Martín Sarmiento na súa visita ao Baños de Bande o 29 de outubro de 1755. Di que poñía "V. S.", Votum Solvit.
Inscrición funeraria cristiá (Baños
de Bande): Aínda que é posterior á época que nos ocupa, achegámola pola súa singularidade. Segundo Manuel Bedoya, nun opúsculo co título de Arqueología (1841), di que foi descuberta no 1839 na igrexa de San
Xoán de Baños de Bande, ao derrubarse o templo para construír o novo. A
epígrafe cubría "toda la mesa del altar mayor". Logo foi colocada
na nova igrexa. Co cambio de emprazamento pola construción do encoro
das Conchas, foi recuperada no 1947. Lectura: "RECESSET ALEPIVS/IN
NOMENE XP(isti) ANNO/RVM XVIII (ante dies) X K(a)L(endas) NOVEM/BRIS ERA
DXLVIII", ("-Eiquí- descansa Alepius, que faleceu na fe de Cristo aos
18 anos de idade o 23 de outubro do ano 510"). Na epígrafe salienta o
uso do episemon con valor numeral VI nas liñas terceira e cuarta.
Esta inscrición continúa a ser a testemuña máis antiga da era hispánica
coñecido en Galicia, e que é máis de medio século anterior aos dous
epitafios de San Pedro de Tomeza (Pontevedra), do ano 562. Atópase no
Museo da Catedral de Ourense.
Representación de Harpócrates: En bronce, figuriña de 8,8 cm de alto atopada preto de Aquis Querquernis. Trátase da imaxe dun neno de pé, espido e alado con expresión sorrinte. Na man dereita semella levar unha bolsa e na esquerda unha vara serpentiforme. Entre as ás hai un soporte curvo que serviría para colgar ou suxeitar.
Castro de Rubiás: Atopouse unha aguia, interpretada como un aplique que podía formar parte dos adornos dun cabalo e unha inscrición adicada a Traxano. Canto á aguia, e segundo información recollida do Museo Arqueolóxico de Ourense, cómpre precisar que a atribución a este xacemento débese a unha breve nota publicada tras unha visita dos membros da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense que tivo lugar o 24 de outubro de 1935. Dita nota non dá información do lugar e das circunstancias do achado, limitándose a recoller o material recuperado polos veciños de Rubiás na comarca, polo que moitas pezas poden pertencer a outros xacemetnos, como por exemplo o campamento de Aquis Querquernis.

Guerreiro ou Cabeza de Rubiás:
Peza galaico-romana do s. I d.C. Cabeza na que o autor procurou tallar
todos os elementos anatómicos e un torque no pescozo. Vexamos un pouco a
historia desta escultura. A primeira referencia a unha escultura humana
en pedra no castro de Rubiás é de Castellá (1609) que realiza unha
descrición dun guerreiro galaico e di que no escudo tiña a inscrición
"ADRONO/VEROTI F". No 1733 recolle isto Huerta y Vega, e repíteo no 1832
Ceán Bermúdez. Mais López Ferreiro publica no 1898 un documento de Odino
do ano 982 no que se fai doazón de Santa Comba ao mosteiro de Celanova
e, ao sinalar os lindes, aparece unha efigiem ominis sculpta in petra.
Cuevillas, que descoñece este documento, sitúa o castro de Rubiás no
Monte das Neves de Celanova e di que alí apareceu o Adrono. Bouza,
descoñecedor da zona mais non do documento, menciona esta localización
errada en Cuevillas e apunta que a efigiem ten que ser a mesma de
Castellá. No 1935 a Comisión Provincial de Monumentos de Ourense
descobre o verdadeiro castro de Rubiás e atopa a cabeza que axiña
relacionan co Adrono. Tres anos despois, Cuevillas e Lorenzo Fernández
escriben un artigo no que intentan demostrar contra Bouza que a efigiem do
século X e o Adrono de Castellá non poden ser a mesma, pois a primeira
estaba en campo aberto e a segunda dentro do castro, o que non convence
xa que dende o ano 982 ao 1609 puido ser trasladada. En definitiva,
aínda non se sabe a ciencia certa se houbo tres estatuas (a efigiem, o Adrono e a cabeza de Rubiás) ou se a efigiem foi levada ao lugar de Rubiás, logo partida e hoxe só se conserva a cabeza. A cabeza atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense.
Capela do San Trocado de Santa Comba:
O arco de ferradura de entrada á ábsida está sostido por catro columnas
con capiteis distintos, dous deles reutilizados, sendo probablemente
romanos (Caballero, Arce e Utrero, 2004), pero Rodríguez Colmenero cre
que as columnas tamén son romanas, ademais da mesa do altar e o sartego
de mármore coñecido como do San Trocado.
Miliario de Adriano
(As Maus): Apareceu no lugar coñecido como A Veiga no ano 1988, baixo
as augas do encoro das Conchas; trátase da parte inferior dun miliario, na actualidade atópase no Centro de Interpretación.
Miliario de Constancio
(Lobosandaus): Actuaba como pé dun hórreo: "FLA(vio)
IVL(io)/CONSTANTIO/AVG(usto) NOB(ilissimo)/PRIN(cipi)", ("Dedicado a
Flavio Xulio Constancio, augusto, nobilísimo príncipe"). Custodiado no Centro de Interpretación. Miliario de Magnencio (Santa Comba): Foi atopado formando parte do muro dunha casa arruinada xunto a igrexa visigótica. Na actualidade está no Centro Arqueolóxico de Aquis Querquernis: "IMP(eratori) CAES(a)/RI DO(mino) N(ostr)O/(ma)XIMO/MA(gnentio)", ("Dedicado ao noso señor o césar emperador Máximo Magnencio").
Miliario de Traxano: "[Imp(eratori) Caes(ari)] divi Tra[iani] Parthici f(ilio) [divi Ner]vae
n(epoti) Tra[iano] Hadriano / Aug(usto) [ponti]fici m/ax(imo)
trib(unicia) (...)".
Miliario de Ponte Cadós (Cadós): Desaparecido. Anepígrafe. Coñecido por noticia de Puig y Larraz, o seu descubridor.
Miliario Ponte Liñares: Anepígrafo. Fragmento dun miliario situado no interior da ermida de Ponte Liñares, facendo a función de pía de auga bendita.
Miliario de San Fiz (Ribeiro): Anepígrafo; trátase do fragmento dun miliario que servía de pedra dun pasadoiro (poldras) no río Limia.
Miliario na Gándara (Meixide): Anepígrafe. Citado polo P. Matos Ferreira a mediados do século XVIII con motivo de describir a vía romana que nos Chaos (Santa Comba de Bande) deriva da XVIII cara a Lugo. Non se conserva.
Miliario de Adriano (Santa Comba): No interior da igrexa visigótica, utilizouse como pía de auga bendita. Trátase dun tambor de granito extraído dun cilindro maior e adaptado á función citada, conservando vestixios de letras.

Miliario en
Santa Comba: Coñécese a través de Fr. Martín Sarmiento quen o atopou na
adega da casa do dura de Santa Comba.
Miliario a Máximo e Maximino (Porto Quintela): Desaparecido. Atopado entre Baños de Bande e Porto Quintela, preto da estrada antiga de Ourense a Portugal. A epígrafe foi lida por Marcelo Macías. Contaba con abundantes esmoucas e rozaduras na superficie, segundo referencia da revista Nós.

Miliario: "C[aius] Iul[ius] Ver[us] Maximinus [Pius] Fel(ix) / Aug(ustus)
Ger[man(icus)] max(imus) Dac(icus) Sar(maticus) / [pont(ifex) max(imus)
trib(unicia)] (...)".
Santa Comba:
Inscrición adicada a unha emperatriz chamada Iulia; tambor de granito
utilizado como pía de auga bendita extraído dun cilindro maior
proveniente dun miliario adicado a Adriano.
Inscrición: "] / CO(n)S(uli) III / A B(racara) A(ugusta) M(illlia) P(assum) LIII".
Moedas: En Ponte Liñares. En Aquis Querquernis, tres de Traxano, dous sextercios e un dupondio.
Restos de calzada (Vía XVIII) entre Ponte Cabanas e Nigueiroá. Tamén en Güin.
Xacementos romanos da Veiga das Maus (As Maus), Regulfe e A Telleira (Santa Comba), Veiga de Nigueiroá (Nigueiroá).
Tumbas da Telleira (Santa Comba).
Vestixios no Alto da Mazorra (Xordos-Bande), na Veiga das Maus (Os Baños), Chaverga (Pereira-Corvelle), na Veiga de Nigueiroá (Nigueiroá), en Regulfe e A Telleira (Santa Comba).
Centro de Interpretación Aquae Querquennae Via Nova (Porto Quintela-Os Baños): No interior están expostas pezas do campamento situado nas inmediacións e doutras partes da comarca: Cerámica, pracas, miliarios, aras...

BAÑOS DE MOLGAS
Mansión: A mansión Salientibus é citada no Itinerario de Antonino e no Anónimo de Rávena como lugar de paso da vía XVIII entre Bracara e Asturica. Hai autores que a sitúan en Baños de Molgas (Caamaño Gesto, 1995) a partir das fontes que manan no lugar, aínda que Rodríguez Colmenero et alii (2004) lévanna para Xinzo da Costa, en Maceda, pois reparan nun topónimo, As Fontes, tradución exacta de Salientibus, ademais de que pola epigrafía non se pode afirmar a identificación de Baños de Molgas con Salientibus. Ceán Bermúdez (1832) fala da existencia das termas romanas. A descrición do balneario foi realizada por Rubio no ano 1853: "A la izquierda del río y como a 60 pasos mas arriba del puente, hay una especie de baño cuadrado, en cuyo fondo brotan varios manantiales... el baño es de piedra... y se baja a el por seis escalones". Hai noticia da aparición de materiais construtivos, canles e tellas, ademais de moedas nas inmediacións do balneario que apareceron despois da súa construción no ano 1876, ademais dunha figuriña de bronce con ás que se conserva no Museo Arqueolóxico de Ourense.
Aras na igrexa de Santa Eufemia (Santa Eufemia-Ambía): Unha crese que se atopaba xunto unha fonte que aínda existe, A Fonte das Ninfas (Rodríguez Colmenero, 1997). Logo foi trasladada para a igrexa; colocada do revés, actuaba como soporte do altar; na actualidade atópase detrás do altar maior. Foi descuberta polos señores Díez Sanjurjo e Palacios. No ano 1968 publicouna Xaquín Lorenzo Fernández, coa colaboración de D´Ors e Bouza Brey (Inscricpiones romanas de Galicia IV. Ourense). García Martínez (1996) leu: "AVRELIVS/FLAV(u)S/T(r)ANSTAGANVS/NYMPHIS/EX VOTO". Manuel Vidán Torreira, no 2011: "AVRELIS/FLAVIUS/SANITATE CASSVS/NYMPHIS/EX VOTO". Despois da fotogrametría enviada por Alex Negreira, leo: "AVRELIVS/FLAV(u)S/TANTACANVS/NYNPHIS/EX VOTO", ("Aurelius Flavus, da tribo dos Tamagani -dedicou este altar- ás Ninfas en cumprimento dun voto"). Tamén se conxectura que unha peza, reutilizada como columna da ventá xeminada da ábsida principal da igrexa, é unha ara, se ben non se pode confirmar. Nun lenzo exterior da igrexa vese o fragmento dunha inscrición que non se pode asegurar s é romana: "MINI/CV".
Ara ou estela (Presqueira): No formal da cabeceira da igrexa, contra o que apoia o retábulo, á beira da sancristía, hai unha epígrafe que foi atopada debaixo do altar a comezos dos anos oitenta cando un derrube parcial da cabeceira: "DIVS/MANIBVS P/OS(i)TA/ARA F/FLAVI", ("Aos deuses Manes (foilles) posta a ara de Flaviano (fillo de) Flavio"). Cortada pola parte superior. A igrexa foi trasladada ao emprazamento actual no ano 1771.
Ara de Suatorre
(Ambía): Apareceu no faiado dunha casa que en tempos foi dependencia do señor de Ambía. Foi doada polos propietarios ao Museo Arqueolóxico de Ourense no 1989. Con loculus para reliquias agrandando o foculus. Repicada segundo Rivas Quintas polo século VI ou VII (algún autor sinala para a reutilización o comezo do terceiro terzo do século IX) para cristianizala, para honrar un personaxe da contorna de nome Analso, posiblemente un bispo anterior ao ano 872. Escrita por tres caras. Texto A: "(cruz grega) IN D(e)I N(omi)NE/ ANALSV(m)/(h)HOREM". Texto B: "(crux) IN/DE(e)I N(omi)NE". Texto C: "ANAL/SVM (h)ONOREM". Tradución do texto segundo Rivas Quintas (1990): "Nós, os cristiáns, dedicamos no nome de Deus, a Analso, na súa honra, a consagración desta ara"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ás de bronce: Dúas pequenas ás en bronce, interpretadas como ás da vitoria, que poderían corresponder a un estandarte militar.
Moedas: Barros Sibelo fixo un debuxo dunha moeda romana atopada nun peto de ánimas nos Milagres que enviou á Real Academia da Historia. Cavada Nieto cita varias moedas nas antigas termas.
Miliario (Baños de Molgas): Situado na terraza dunha casa preto do río Arnoia e da ponte de orixe romana: "[------]/PONT(ifici) MAXIMO TRIBVNICI/DE POTESTATI CONSVLI III TER/PROC(onsuli) PATRI PATRIAE", ("[-----] pontífice máximo, investido co poder tribunicio, cónsul por terceira vez e procónsul pola terceira, pai da patria"). Di Rodríguez Colmenero que podería tratarse dun miliario dedicado ao emperador Caracalla pero difire un pouco da redacción dos exemplares deste emperador polo que pode atribuírselle, talvez, a Caro.
Miliario de Subalonga: No antigo camiño de Vide a Foncuberta, localizado por J. Carlos Rivas no ano 1973, formaba parte dun valado; desaparecido.
Mina do Medo (O Medo-Vide): Explotación mineira secundaria destinada ao beneficio de mineral de ferro onde se aprecian as gabias.
Xacemento dos Casares (Areas-Baños de Molgas): Segundo o propietario da finca apareceu nun pozo de un metro de diámetro e catro de fondo escavado na rocha gran cantidade de tégula, cerámica e escoiras.
Xacemento das Cornedas (Cambeira-Ponte Ambía): Apareceron fragmentos de tégula e anacos cerámicos. Segundo os veciños de Marzá, aquí estivo o antigo pobo e a capela.
Xacemento dos Iglesarios (As Casas Novas-Presqueira): Segundo os veciños apareceron restos de esqueletos (cranios) e unha arca feita de ladrillo que dicían servía para "gardar o sol". Tamén din que aquí estaba a primitiva igrexa. Aquí é onde apareceu unha ara aos deuses Manes.
Xacemento das Leiras Longas (A Fachela-Vide): Apareceron fragmentos de tégula, un muíño e un anaco de catillus.
Xacemento de Tras da Pousa (Baños de Molgas): Abundantes fragmentos de tégula ao facer movementos de terra para a plantación de árbores. Ao outro lado da estrada hai un altiño que podería encaixar cun pequeno castro con croa achairada e defensas naturais.
Xacemento da Vila (Almoite): Con motivo duns traballos agrícolas, o propietario da finca atopou un muro soterrado que resultou ser a parte de planta rectangular e esquina redondeada realizado en cacohtería de granito. Apareceron fragmentos de tégulas, cerámica común romana, parte dun muíño circular, dous pondus e un morteiro en granito.
Vía romana pola parroquia de Lama Ma.
BARBADÁS
Ara (Santa Euxea-Piñor): Só se podía ver a parte superior. Estaba formando parte da parede exterior da vella capela de San Xoán, en Santa Euxea (aínda se conservan algunhas pedras comidas pola maleza). Citada como Santa
Euxea ad
Portum Abbatis.
Dise que desapareceu baixo a cabeceira do noiro da autovía das Rías Baixas, pero no mes de novembro de 2021 dous veciños contáronme que esa información era falsa, en realidade levánronna.
A Farixa: No control de seguimento da autovía das Rías Baixas saíron á luz pezas cerámicas, líticas, vidros e tégula.
A Palleteira (A Viña-A Valenzá): Xacemento situado no alto dun outeiro entre A Valenzá e A Lama. Alterado por varias casas e pistas.
As Quintas (San Lourenzo de Piñor): : Apareceron fragmentos de tégula, ímbrice e cerámica común romana.
A Verea Vella
(Loiro): Só existe unha referencia de López Cuevillas sobre o achado de
tégulas, moedas e restos dunha vila romana construída xunto unha vía
secundaria.
Moedas en Loiro con restos dunha vila xunto a vía romana.
O BARCO DE VALDEORRAS
Ara a Atilaeco: Apareceu ao facer unhas obras na fábrica de mel, Av. de Santiago Melo, do Barco. Ara de gran de cor ferruxinoa. Na actualidade atópase no xardín dunha casa da Pobra onde a identificou Ferrer Sierra. Dedicada por un soldado da Legio VII Claudiana. Polo nome da lexión, Rodríguez Colmenero data a peza no reinado de Claudio II o Gótico (268-270 d.C.). A divindade quizais teña relación coa actividade mineira. Lectura de López Fernández e Ferrer Sierra: "ATILA/ECO/L(ucius) COR/NELIVS/PLACID/VS (centurio) LEG(ionis)/VII GE(minae) CL(audiae) P(iae) F(idelis)/EX V(oto) M(erito)", ("Lucius Cornelius Plácidus, centurión da Legio VII Claudia Pia Fidelis -puxo este altar- para Atilaeco en cumprimento dunh apromesa".
Ara de Millarouso e Santurxo a Libero Patri: Apareceu no altar maior da igrexa parroquial a finais do século XIX. O P. Sobreyra Salgado (1746-1805), natural de Beade, comunicoulla á Real Academia da Historia de Madrid por información facilitada por Fr. Plácido Diéguez. Hübner, en CIL II (1869), utilizou este documento. De mármore branco, atópase empotrada no muro da cabeceira, debaixo do retábulo maior. Lese: "LIBERO/PATRI/G(aius) VETTIVS/FELICIO", ("Gaius Vettius Felicio -mandou edificar este altar- a Liber Patri"). Libero Patri adoita identificarse co deus romano Baco, se ben non hai consenso canto a asociar este Pai Liberador coa protección dos viñedos. Baco, ademais, tamén é protector da morte. Só é citada, de pasada, no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense, número 22, de outubro de 1901.
Ara (Viloira): De mármore, atopada
no ano 1970 preto do regueiro de Santigoso por "Los Escarvadores", nas inmediacións da igrexa
de Viloira. Un dos integrantes, Alfredo Fernández, deulle a noticia a Bouza Brey que a publicou no 1970. O nome de Tileno non se vincula a un deus romano. O máis
salientable é que esta mención determina a relación desta divindade co
monte Teleno, o máis alto da provincia de León, e coa serra do mesmo
nome. Moldurada e con foculus que foi convertido en loculus cadrado para reliquias dun altar cristián. Lectura: "Q(uintus) IVL(ius) TIRO/TILLENO/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Quintus Iulius Tiro dedicou este altar- para Tilenus en cumprimento dun voto"). No Teatro Municipal Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.
Inscrición falsa: Falsificación que se remonta ao arquitecto e anticuario italiano Pirro Ligorio (1513-1583); foi nomeado superintendente dos monumentos antigos polos papas Pío IV e Paulo IV. Foi Masdeu na súa obra (v. 6, ano 1789) quen a sitúa en Valdeorras xa que Ligorio limitouse a dicir que o Forum Gigurrorum debía identificarse con Medina de Rioseco (Valladolid). Foi un intento de reforzar as noticias das fontes antigas sobre os Gigurri mediante a identificación dun funcionario do culto ao emperador no Forum Gigurrorum: "imp caes p licinio gallieno aug et/herculi comito conservatori/clementiss prin sacrum/t salvius antidianus v c vi vir/augustal d n m q e d d/in for gigurror publ".
Columna: En La Región do 22 de outubro de 1961 dáse conta dunha columna de máis de dous metros de altura cunha inscrición romana que dise foi enviada ao Palacio Espiscopal de Astorga e que sería estudada por Marcelo Macías. Descoñezo en que parte da comarca de Valdeorras apareceu e tampouco a vin (ao menos non está identificada como proveniente de Valdeorras) nin no museo Romano de Astorga nin no Museo de los Caminos da mesma cidade.
O Castro: Cando as intervencións no castelo de O Castro de Valdeorras, ademais de
restos do primitivo castro prerromano, saíron á luz restos de vivendas de época romana e lenzos de muros con esquinas angulares e pavimentos de oppus signinum tardorromanos.
Pazo do Castro: No xardín hai o posible fragmento dun miliario.
Igrexa da Proba: No muro da fachada principal hai reutilizado un posible miliario.
Camiño das Gulpilleiras (O Córrego): Posible vila. Moi Alterada na actualidade pola construción de edificios, así como pola pista que vai á aldea de Vilanova.
Explotacións mineiras da Boca do Regueiro (Albar-Santigoso); Campa Grande, As Covas, Os Candís, Os Forroxancos: entre o río Galir e o regueiro da Portela (Éntoma); As Veigas (Coedo); A Veiga (Millarouso); na da Pía da Moura (A Pobra) poden verse dúas canles escavadas na rocha; restos de enterramentos e sumidoiros (A Pobra); A Devesa (A Pobra): Tégula e restos de pizarras pertencentes a muros; nos
valados dalgunhas fincas aparece formigón romano; As Devesas (Éntoma): Explotación mineira entre os ríos Sil e Galir. Ruina montium na Raia de Éntoma.
O Pendón (Alto de San Pedro-Santa Mariña do Monte): Asentamento entre o río Sil e o regueiro do Real. O foso está moi desfigurado polos labores agrícolas.
San Salvador
(A Pobra): A existencia dun campamento romano nas inmediacións xa é coñecida dende finais do século XIX grazas ao labor da Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Ourense. Apareceron vinte tumbas de forma rectangular, ademais dunha rúa e
canalizacións que desembocan noutra de maiores proporcións e
edificacións fortificadas.
Miliario (A Proba): Anepígrafo, atopado polo arqueólogo Xosé Anxo Muíños no xacemento de San Salvador.
A Granxa ou Val de Salgueira (A Pobra): Tégulas.
Vila da Costa da Parva (Forcadela).
Vila das Poulas (Millarouso).
Asentamento do Castrillón e do Monte Cavaxón (Santigoso).
A Finca da Cruz ou Pinar do Rego:
Restos dunha explotación aurífera situada preto do río Sil. En febreiro
de 2011, o Concello encomezou o seu acondicionamento o que non evita
que dous meses despois algúns colectivos se cuestionaran os traballos de
mantemento do recinto (lixo, camiños mal definidos...). Xacemento moi alterado pola construción do cemiterio e outras edificacións.
Xacemento da Cruz do Barco (O Barco).
BEADE
Coto do Castro:
Nun outeiro granítico. Ten unhas medidas de 120 por 110 metros.
Posible foxo e terraplén. Nas inmediacións apareceron restos dunha vila
romana e un sartego antropoide.
A Mourisca (Beade): Posible vila romana. Atopáronse restos cerámicos e de sillares. Moi alterada polos labores agrícolas.
BEARIZ
Ara en Beariz?: O día 15 de agosto de 2015, o profesor e apaixoado polo patrimonio de Galicia que leva catalogados centos de monumentos ao longo do país, Óscar Franco Barros, achegoume a foto de parte do que parece ser unha ara romana situada no adro da igrexa de Santa María de Beariz. En principio semella que foi bastante retocada, quizais para seren reutilizada para algunha outra función, como aconteceu con moitas outras pezas da época esparexidas por Galicia. Polo momento descoñecemos a procedencia e para que foi utilizada antes de seren traslada para o adro do templo. Na mesma igrexa localizou un capitel reaproveitado como chanzo para subir ao campanario.
Epígrafe (As Antas): Hispania Epigraphica achega a seguinte epígrafe, entre interrogantes, nas Antas (Beariz). Creo que se trata dun erro, a inscrición debe corresponder ao miliario da Corga, en Piñeira de Arcos (Sandiás): "D(omino) n(ostro)/Galerio/Valerio Maxsimino(!)/ Imperatori/[ ", ("Galerio Valerio Máximo, o noso señor").
Epígrafe (As Antas): "D(omino) n(ostro)/[Im]p(eratori) Claudio/Iuliano/victori ac/ triu[m]phatori/[pe]rpetuo/se[mp(er)] Aug(usto)/XXXII". A inscrición figura así, tamén entre interrogantes, en Hispania Epigraphica, pero desta tamén teño dúbidas; podería corresponder a un fragmento de columna aparecido en Celanova.
Explotación mineira de Muradás (Beariz).
Calzada xunto a ponte de Ricovanca (Xirazga).
Calzada xunto a ponte de Ricovanca (Xirazga).
Ara de Vilar de Covelas: Fragmento de ara anepígrafa doada ao Museo Arqueolóxico de Ourense por Elixio Rivas no ano 1995. En paradoiro descoñecido, só se conserva unha foto.
Complexo paleocristián de Ouvigo:
Dado a coñecer por Antonio Rodríguez Colmenero no ano 1971 (escavouno no 1972 e entre 1977 e 1981), encargado
polo Museo de Ourense para realizar o inventario da Limia e bisbarra que
rematou coa exhumación dunha necrópole e dunha edificación que, segundo
o historiador, é de época tardorromana. Das catro etapas construtivas, a
máis antiga data do século IV e consistiría nun edificio dividido en dous ámbitos, ábsida e nártex, adicado a funcións comunitarias cristiás a partir de materiais reaproveitados doutras edificacións. Asociadas a el aparecerían diversos materiais como teselas, mosaicos, estucos e moedas. Entre a ornamentación salienta unha gran figura antropomorfa orante de inspiración paleocristiá, disposta no eixo lonxitudinal, e outro antropomorfo de menor tamaño en disposición transversal. Na parte superior tamén se ven outras figuras de carácter simbólico e difícil interpretación entre as que se recoñece un paxaro ou unha cruz. A necrópole aparece a partir do século VI, primeiro de tégulas e despois antropoides cubertas con laudas de estola. Tamén apareceron restos romanos na parroquia de Covelas onde no século XII se trasladou a igrexa parroquial.
Xacemento Aira do Curro ou Capela de San Salvador (O Mosteiro-Aguís): Apareceron tégulas, ladrillos, sepulturas e restos óseos.
Xacemento de Avilleira (Vilar de Covelas-Covelas): Entre os ríos Limia e Mouril. Apareceron moas de muíño, tégulas e fragmentos cerámicos despositados no Museo do Santuario dos Milagres.
BOBORÁS
Xacemento de Daviña (Brués).
Minas auríferas (Brués).
A BOLA
Ara de San Munio de Veiga:
Empotrada na reitoral de San Munio, foi atopada por Manuel Blanco
Guerra o 5 de agosto de 1972, aparecendo a reseña nos xornais La Región e o desaparecido El Pueblo Gallego da época. Está dedicada a Xúpiter: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)/LIGARIVS/SABINVS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("A Xúpiter Óptimo Máximo. Ligarius Sabinus cumpriu con gusto a súa promesa"). Na actualidade está no interior da
igrexa. O sitio onde apareceu aínda se ve ve claramente.
Epígrafe (Alto de San Cibrao-Pardavedra): Praca
de granito fino moi desgastada, coa inscrición manipulada e regravada, e
as letras pintadas en negro. Atópase na fachada principal da ermida do
San Cibrán. Debido á manipulación, a interpretación non resulta doada. Rivas Fernández, 1999: "]/FLAV(ius) VBAICI/BOVITA/L(ucius) FLAVIVS AG/EI N" (?). Alberto López Fernández (2021): "FLAVIAE [---]/BOVTI (filiae) AN(norum) L[---]/FLAVIVS AS[---]/EI[ius] M[a]TRI", ("Flavius As[---]eius -fixo este altar- para a súa nai Flavia, filla de Boutius, falecida aos 50 ? ANOS DE DIADE").
Pedra reutilizada: No muro de peche do cemiterio de San Miguel de Berredo reutilizouse unha pedra de boa feitura que semella unha ara. Na parte superior ten unha cavidade circular.
O BOLO
Epígrafe (Chao do Castro): Atopada nas inmediacións da igrexa. Nalgunhas publicacións a lectura aparece como "ANOD(io) M(arcus) SIGIR(us)", ("Marcus Sigirus fixo esta dedicatoria a Anodio"). Na parte superior ten unha figura antropomorfa que pode ser a representación dalgunha divindade. Segundo Silvia Alfayé Villa (2013), cando se desprazou ata o lugar no ano 2010 a peza desaparecera, descoñecéndose o paradoiro actual. Mais si tivo acceso a varias fotografías e un debuxo realizados por un veciño. Á vista das imaxes puído comprobar que non se trata dunha peza romana, senón moderna, onde o suposto teónimo indíxena Anodio debe lerse en realidade como "AN(n)O D(e)", e a figura sería a representación esquemática dunha cruz cristiana.
Inscrición: Prancha de arenisca moi deteriorada empotrada no muro exterior dunha casa abandonada en Chao do Castro de Abaixo. Debeu formar parte dunha epígrafe maior. Lese: "COROPOLLA", quizais un antropónimo.
Inscrición funeraria: Fragmento dunha estela decorada con dúas rosáceas hexapétalas e un friso de seis arcos reutilizada nunha vivenda. Perdeu a parte inferior
O Castelo (Chandoiro): Asentamento romano sobre o río Bibei, a 490 metros de altitude.
O Castelo:
Nun meandro do río Xares, parroquia de San Martiño, a uns 500 metros de
altitude. Na parte superior apréciase unha zona achairada duns 65 por
35 metros. Localiceino
co LIDAR o día 2 de xaneiro de 2025. Non figura nos visores da Xunta de
Galicia (Plan Básico Autonómico e Aproveitamentos Forestais).
Comunicado ao Servizo do Patrimonio Cultural en Ourense o 2 de xaneiro, o
arqueólogo Manuel García Valdeiras, o día 13 de febreiro contestoume
que figura como topónimo dende o ano 1991, co código TO32015004. No seu
momento, os arqueólogos que visitaron o sitio, agás o topónimo e
algunhas lendas, non atoparon restos. Por debaixo deste Castelo do
Castro, nas ribeiras do Xares, tamén está rexistrada unha explotación
mineira de cobre de época romana, reexplotada no século XIX.
Restos nas Ermidas (As Ermidas).
Explotación mineira das Barrancas (O Seixo).
Restos na Fraga da Moura (Vilaseco).
Vestixios en As Casas (Xava).
Explotación mineira das Barrancas (O Seixo).
Restos na Fraga da Moura (Vilaseco).
Vestixios en As Casas (Xava).
CALVOS DE RANDÍN
Ara a Xúpiter (Rioseco): Reutilizada como pé dunha pía de auga bendita da igrexa de Santa Mariña, colocada en posición invertida. Desgastada. Publicada no Boletín Auriense no 1983 por J. Rodríguez González e A. Seara Carballo que leron: "IOVI OP/(t)IMO M(aximo) / [---] / [---]". Debe tratarse da mesma ara recollida en Aquae Flaviae (1997) por Rodríguez Colmenero, que leu: "IOVI D(eo)/OPTIM(o)/MAX(imo) Q(uintus) VANI/LO LAGI/VS". Abascal e López (2025) len: "IOVI OP/[T]IMO M(aximo)/[.] V(alerius) . S[OR]EX/[.] . + . L(ibens) . S(olvit).", ("[.] Valerius Sorex -puxo este altar- para Xúpiter Óptimo Máximo e cumpriu libremente (a súa promesa?").Inscrición de Pintás (Pintás-Lobás): Reaproveitada nun muro exterior a ras do chan da capela de Nosa Señora de Pintás. O profesor da Universidade de Alacant, Juan Manuel Abascal Palazón, di que se trata dun obxecto insólito na epigrafía romana en Galicia, onde os textos adoitan atoparse en estelas, e onde o cipo romano clásico de base cadrada é un soporte case descoñecido. Moi erosionada. Nunha primeira lectura (2021), Abascal propuxo: "D(is)? M(anibus)---] / [---] / [---] / [---] / [F(aciend---] C(urav---)". Posteriormente, despois do tratamento dixital por Hugo Pires (2025): "[---]VL/[---]A++/[---]V+/[---]S+/[---]ST/++++++/A+++SIAE/F(ilii-)++A+C/[---]XX".
Ara a Tutela: Ara que se cría procedente de San Millao (Cualedro), por referencias que Manuel Rodríguez, anticuario de San Fiz de Pazos, lle facilitara a Rodríguez Colmenero. Pero anos máis tarde, J. C. Rivas Fernández averiguo que a orixe estaba na zona de Calvos de Randín. Lectura de Abascal Palzón: "COS(---) . FL(---)/TVTEL(ae)/EXS/VOT(o) . PAT(ris)", ("Cos(---) Fl(---) -puxo este altar- para Tutela en cumprimento dunha promesa do seu pai"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Campamento do Alto da Raia: Localizado por Roman Army, liderado polo arqueólogo João
Fonte, do Departamento de Arqueoloxía e Historia da Universidade de
Exeter. Foi localizado utilizando a técnica LIDAR (técnica
de teledetección óptica mediante láser) entre os concellos de Calvos de Randín (Galicia) e Montalegre (Portugal). A intervención arqueolóxica de maio de 2021 e os traballos de laboratorio determinaron que se trataba dun campamento romano formado por un recinto de tres hectáreas delimitado por un parapeito rectangular coas esquinas redondeadas e un foso exterior cuxa construción sería entre os anos 50 a.C. e 50 d.C. polo que estaría relacionado coas Guerras Astur-Cántabro-Galaicas. Tamén identificaron un forno de campaña que sería utilizado para cocer o pan. Nunha das intervencións atoparon un burato escavado na rocha e pequenos fragmentos cerámicos de posible cronoloxía prehistórica da Idade do Bronce/Idade do Ferro).
CARBALLEDA DE AVIA
Vila do Coto dos Mouros
(Abelenda das Penas): Foi escavada por Xaquín Lorenzo nos anos 1949 e 1950. Construción de
tipo rectangular compartimentada en cinco estancias, algunha con restos
de enlousado. Recuperouse tégula, cerámica común e decorada, unha
pondera de tear, fragmentos de vidro, muíños, unhas tenaces de ferro e algúns
fragmentos de terra sigillata con inscricón. Datada no século IV-V d. C.
Grafitos cerámicos: Descubertos por J. Lamas Bértolo no ano 2023 na vila do Coto dos Mouros. Nun, descrito por Vázquez Collazo, lese: "[---H]e]rme[tis---?]. Relativo ao nome grego Hermes. No outro: "SE(---)". Inéditos, publicados por Abascal Palazón e López Fernández (2025).
Outeiro da Cortella ou Os Cortellos (Muimenta): Posible asentamento rural de época romana. Atopáronse tégulas e fragmentos cerámicos. Os veciños din ter visto restos de marcos enterrados e anacos de potas de barro cando se traballaba a terra, na actualidade a monte. No espazo chairo que hai xunto o outeiro, coñecido como chaira das Antas, apareceron anacos de tégula.

Explotacións mineiras do Aro, Pena Tallada, Vilacristobo, Valdevila (Sobradelo); Calabagueiros ( Pumares); Pena do Corvo (Robledo).
Explotación mineira da Medua (San Xusto): Emprazada nunha terraza terciaria do río Sil onde se utilizou a técnica da ruina montium; aínda se poden ver as galerías e as canles de lavado de mineral (agogae).

Fíbula de Casaio: Realizada a partir dunha pequena praca de bronce que conta nas súas esquinas cuns remates en forma de bóla. As súas dimensións son de 2,66 por 2,48. Na parte posterior conta cun enganche. Na parte anterior apréciase a decoración, un cadrado dividido por unha cruz que se atopan no interior dun cadrado maior, formando así oito triángulos rectángulos.
Miliario en Sobradelo.
Miliario en Sobradelo.
Xacemento do Pendón (Pumares).
O CARBALLIÑO
Coto da Torre (Trigás Sagra): A arqueóloga Nieves Amado Rolán achégame a ficha desta torre que fixo para o inventario da Xunta de Galicia no ano 2004. Situado a 369 metros de altitude sobre o nivel do mar. Trátase dun impresionante outeiro granítico de forma cónica, pola súa relativa altura sobre a contorna, con grandes escarpes cara o regato Varón e con ampla visibilidade sobre unha zona do Ribeiro. O cume ten pouca superficie, mais cara o norte ten unha terraza chaira onde se documentou unha estrutura rectangular que pode tratarse dunha torre. O emprazamento non pode ser máis axeitado para este punto de control e vixiancia sobre o territorio circundante; cara o norte pecha os destros da casa reitoral onde se documentou un xacemento romano. Polos demais puntos resulta inexpugnable debido á altura e aos escarpes con afloramentos. Un veciño informou a Nieves de que se atopara tégula romana no cumio do outeiro. A estrutura rectangular documentada está orientada NO-SL, cunhas dimensións de 12x6 metros, con muros cunha anchura de 75 centímetros de media. Aínda que pode tratarse dunha torre medieval é probable que o sitio fora utilizado en época romana.

Campamento romano do Castelo.
Explotacións mineiras de Madarnás (Madarnás) e O Mosteiro (Lobás).
Xacemento romano-medieval (Caldas de Partovia).
Xacemento preto do Coto da Torre (Trigás-Sagra): No lugar documéntase unha torre medieval, mais é probable que o sitio fora utilizado en época romana. (Información achegada pola arqueóloga Nieves Amado Rolán).

CARTELLE
Ara de Couxil: Esta ara de granito foi reutilizada como material de construción na igrexa parroquial de Couxil, localizada cando as obras de restauración na década dos anos noventa do pasado século XX, empotrada en posición horizontal. A preparación da pedra como sillar ocasionou a eliminación de parte da peza, se ben si se conserva o corpo central co texto epigráfico aínda que afectou ás primeiras letras do lateral esquerdo, principalmente ás da primeira liña que se perderon na súa totalidade. C. Búa Carballo (1999) propuxo a seguinte lectura: "PO/MPEIVS SABI/NVS CVSVE/V S L M", onde o nome do dedicante sería Pompeius Sabinus, e o da divindade Cusue Mepluceeco, proposta que revisa posteriormente para a divindade con outra posible lectura: Ampeluceeco. Mª Cruz González Rodríguez (2010), cre que é posible outra lectura con diferente división e restitución dos nomes: "[---] EIVS ABI/N ICVS VE/MELVCELO/V S L M", e a proposta: "[---] us(?) Abi/nicus (?) Ve/melucelo (?)/v(otum) s(olvit) l(ibens) m(erito)", onde o dedicante sería [---] us (?) Abinicus (?) e non Pompeius Sabinus, e o da divindade Vemelucelo (teónimo dun só elemento) e non Cusue Mepluceeco, situando a súa execución entre finais do século II e a primeira metade do século III d.C. Abascal e López (2025), propoñen: "[---PO]/MPEIVS ABI/NICVS VEMEPLVCEECO/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito), ("Pompeius Abinicus -dedicou este altar- para Vemepluceecus ecumpriu seu voto libre e merecidamente").
Castro de Outeiro de Pazos (Espiñoso): Romanizado, apareceron restos cerámicos e tégulas de época romana.
Vestixios campamento (Outeiro de Vimieiro).
A Armada: Topónimo quizais relacionado cun posto de control e vixiancia do exército romano.
A Armada: Topónimo quizais relacionado cun posto de control e vixiancia do exército romano.
CASTRELO DE MIÑO
Castro de Castrelo
(Castrelo): Onde asenta a igrexa parroquial. Ao parecer, na decáda dos
oitenta do século XIX atopáronse moedas e algunhas lápidas de época
romana.
Castro de Macendo: Apareceron restos cerámicos de época castrexa e cerámica e tégulas romanas.
Castro de Santa Lucía: Romanizado.
Termas (Castrelo): Xunto ao encoro de Castrelo. Xacemento moi alterado, consérvanse tres ocos por onde discorre a auga quente e un alxibe. No ano 2011, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil paralizou o proxecto que tiña o Concello para a súa restauración aproveitando un obradoiro de emprego. No mes de outubro de 2017, debido ao baixo caudal do río Miño, apareceron dúas piscinas con auga a 50 graos e cinco pozas auxiliares feitas con pedra de cantería, ademais das canles polas que discorría. O conxunto quedara baixo a presa construída no ano 1969. Conta a lenda que o criado de San Telmo levaba en dous caldeiros as Burgas para colocalas en Ribadavia pero os veciños da vila apedreáronno e saíu correndo, levándoas, entón, para Ourense. De camiño, das pingas que se lle verteron na fuxida naceron as fontes termais.
Mina aurífera (Astariz): Aínda se poden adiviñar os restos dun posible lavadoiro de ouro.
Lavadoiro (Prado de Miño): Lavadoiro de mineral.
Referencias en varios puntos do concello ssobre a aparición de moedas, tégulas e lápidas con inscricións.

Ara do Castro de Cabanca: O castro, moi romanizado, foi escavado no ano 1961 por Xaquín Lorenzo Fernández e Taboada Chivite; apareceron restos de casas cadradas con tégulas, cerámica común, fustes graníticos, etc. Segundo García y Bellido (1961), a ara foi atopada por un veciño na desaparecida ermida do San Martiño que se ergue ao pé do castro; facía de pousadoiro da imaxe do santo. Logo estivo na casa de don Ramón Sabarid, en Castrelo do val quen, grazas ás xestións de Taboada Chivite, a doou ao Museo Arqueolóxico de Ourense no ano 1949. Existen varias lecturas (Bouza Brey, García y Bellido, González Pardo, Lorenzo Fernández, Roldán Hervás, Tranoy, Le Roux e Rodríguez Colmenero). Le Roux e Tranoy propoñen: "L(ucius) CAS(ius) CAEN(us)/TAMAC(aus) (centuria) NEM(...?)/DEC(urio) AL(ae) (primae) CIG(urrorum)/COMP(luribus) BEL(is) TORQV(ibus)/(p)HALE(ris) (bi)S DONATVS/I(ovi) O(ptimo) M(aximo) V(otum) S(olvit) L(ibens) A(nimo", ("Lucio Cassio Caeno, tamagano, pertencente á centuria de Nem... decurión da ala (I) dos gigurros, condecorado dúas veces en múltiples guerras con torques e faleras, a Xúpiter Óptimo Máximo cumpriu do bo grado o seu voto"). Nun estudo posterior, Le Roux propón na terceira liña: "DEC(urio) AL(ae) I CL(audia) G(allorum)". Máis recentemente, Rodríguez Colmenero le: "I(ulius) CAS(ius) CAEN(onis) (filius)/TAMAC(anus) (centurio) N(umeri) M(aurorum?)/DEC(urio) A(lae) I GIG(urrorum)/COM(entariensis) B(eneficiarius) TR(ibuni)/C(ornicularius) O(ptio) (centurione)/L(egionis) II A(ugustae) EXS DONIS/IOVI O(ptimo) M(aximo) V(otum) S(olvit)/L(ibens) A(nimo)", ("Xulio Casio Tamagano, fillo de Caeno, centurión do número dos Mauri?, decurión da primeira á dos Gigurros, comentariense, beneficiario do tribuno, corniculario, optio da centuria da Legio II Augusta, dedica a súa costa este altar a Iupiter Optimo Máximo, de boa vontade"). Abascal Palazón e López Fernández (2025): T(itus) CAS(ius) CAEN(o)/TAMAG(anus) (centuriae) NEM(---?)/DEC(urio) AL(ae) I GIG(urrorum)/COMP(luribus) BEL(lis) TORQ(uibus)/[P]HALE(ris) BIS DONATVS/IOVI O(ptimo) M(aximo) V(otum) S(olvit)/L(ibens) A (nimo)", ("Titus Cassius Caeno, tamagano de orixe, da centuria de Nem(---), decurión da ala I Gigurrorum, premiado en numerosos conflitos militares con torques e faleras, cumpriu o seu voto de bo grado para Xúpiter Óptimo Máximo"). Aínda
que non hai consenso canto á lectura, está claro que se trata dunha
dedicatoria a Xúpiter Óptimo Máximo feita por un militar con graduación
de orixe tamagana despois do seu licenciamento que serviu na Alae I Gigurrorum. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara de Vilar (Servoi): Atopada o 5 de xullo do ano 1977 cando as obras de reparación da capela da aldea de Vilar, xunto con outras once aras, aliñadas de seis en seis (?). De granito, sostiña a pía de auga bendita co foculus cara o chan e cuberta dunha capa de cal. Despois serviu de pé de altar coas letras cara a nave. A cornixa está un pouco rota porque tamén sostivo as andas dun santo. O foculus foi agrandado para servir de peto para as esmolas. Lectura "QVAM/GEIO/G(aius) IVL(ius)/SEVE/RINVS/ L(ibens) V(otum), S(olvit)", ("Gaius Iulius Severinus cumpriu seu voto de bo grado para Quangeius"). Hai quen ve na primeira liña un "o" por un "q", interpretando unha dedicatoria a "Iupiter Optimo Maximo", se ben lle falta o "I" inicial.

Ara: Foi atopada nunha escombreira de Castrelo onde se verquían materiais retirados das obras da zona. Moi deteriorada, conserva o foculus. Non conserva a inscriión. No Centro de Interpretación de Castrelo do Val.
Ara: No Centro de Interpretación do Patrimonio de Castrelo Val atópase unha posible ara sen inscrición de procedencia descoñecida.
Ara: Dada a coñecer por Taboada Chivite no ano 1971. Non indica onde a atopou, se ben di que a levou para o Museo Arqueolóxico de Ourense no ano 1975.
Ara: Dada a coñecer por Taboada Chivite no ano 1971. Non indica onde a atopou, se ben di que a levou para o Museo Arqueolóxico de Ourense no ano 1975.
Inscrición: Estaba empotrada nunha casa de Castrelo do Val. Grazas ás facilidades dadas polo propietario, foi extraída no ano 2024 pola Fundación Luis Monteagudo. Cipo fumerario coa cabeceira arredondada, roto por abaixo. Abascal e López (2025) len: "D(is) M(anibus)/ATHENA/IS CELO/NO MAR/ITO MER/[ENTISS(imo) ?]", ("Consagrado aos deuses Manes, Athenais -fixo este monumento funerario- para Celonus, seu amadísimo marido [---]"). Atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense.
A Cavada ou A Cidadella (Vilar-Servoi): Nunha lombeira preto do Corgo do Novaliño apareceron tégulas, pedras ben traballadas e cerámica común.
Asentamento de A Quintela (Castrelo do Val): Apareceron tégulas, ladrillos e cerámica común.
Asentamento dos Coios (Nocedo do Val): Saíron á luz tégulas, ladrillos e cerámica común.
Asentamento da Viña do Pobre (Pepín): Estudado por Taboada Chivite e Rodríguez Colmenero. Apareceron tres enterramentos con forma de cista con contas de colar no interior

Necrópole do Igrexario
(Piornedo): Segundo Rodríguez Colmenero, trátase de dúas cistas feitas
con tégulas.
Explotacións mineiras de estaño da Igrexa dos Mouros
(Gondulfes), Covas Rubias (Nocedo do Val), A Broia (Veiga de Nostre-Parada da Serra).
Basa (Gondulfes): Basa de columna romana situada na praza de Gondulfes.
Os Vales (Nocedo do Val): Nunha propiedade particular poden verse dous tambores de columnas romanas labrados en granito. Descoñécese a procedencia.

Xacemento da Cavada (Vilar-Servoi).
Xacemento do Castro (Castrelo do Val).
CASTRO CALDELAS
Ara: Olivares (2000) e Moralejo (2002) cren que unha ara dedicada a Reve Anavaraeco procede da área de Castro Caldelas. En cambio, Rivas Fernández (1997) di que é de Ourense. "REVVE ANA/BARAECO/AFER ALBINI/F(ilius) TVRVLVS/V(otum)/S(olvit) L(ibens) M(erito)". O nome da deidade na ara de Ourense lese "REVE", cun só "V".
Ara: Na capela de San Pedro (San Pedro do Burgo), xunto a porta de entrada. De granito con base moldurada. Utilizada como pía bautismal. Anepígrafa.
Epígrafe: "D(is) M(anibus) MA/RCO GR/ACILLIS/AN(norum) XX/S(it) T(ibi) T(erra) L(evis)".
Inscrición de Navia (San Xoán de Camba):
Século II d.C. Deuna a coñecer Cornide por referencias de Frei Pablo Rodríguez no 1787. Sábese que estaba "en la casa del abad de Camba", despois foi trasladada para a igrexa de San Xoán, baixo o antigo altar. Despois foi tapada, crendose entón que desaparecera tal como recolle o Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense 2 do ano 1898. Redescubríuse a principios do século XX ao facer unhas obras, pero nalgún momento esfumouse, reaparecendo no soto do Museo de Astorga (no 1963 estaba alí depositada), localizada por García y Bellido. Na actualidade atópase
no Museo de los Caminos de Astorga: “[N]ABIAE ELAESVARANEGA[e]/SACRVM/POSITVM CVRA VICCI SILONIS”,
(“Consagrado a Navia Elaesurranega, colocado grazas aos coidados de Viccius Silo”).
Inscrición honorífica: No interior da capela de San Pedro do Burgo, empotrada no muro traseiro xunto unha antiga porta tapiada. Foi
localizada polo bispo de Astorga, Julián de Diego y Alcolea a
principios do século XX, quen o puxo en coñecemento da Comisión de
Monumentos de Ourense. Lectura: [I]mp(eratori) [Caes(ari) divi]/Hadr[iani f(ilio) divi]/Traia[ni---]/[------]", ("Dedicado ao emperador César Antonio Agusto Pío, fillo do divino Adriano, neto do divino Traxano").
Inscrición: De procedencia insegura. Hübner, seguindo a Muratori, situouna no castro de San Cristóbal, en Villalis, preto de Astorga, pero a peza, segundo Ceán Bermúdez, atopouse en Castro Caldelas, procedente de "in castro sancti Christophori in Gallaecia". Da copia feita por Muratori non é posible coñecer o nome da divindade nin se é plural, mediante a interpretación da primeira liña como D(iis) ou D(eabus), ou singular, resolvendo "D(eo) D(omino)". A copia a man de Muratori di: "D D/CAVLECEI SAC/SACRVM XISIT/XIX FL . DEDICAVIT/PRO SALVTE XVA ET SVORVM". Descoñezo un castro ou lugar que en Castro Caldelas leve o nome de San Cristovo.
Lápida de Nerva (Camba): Dada a coñecer por Cornide por referencias de D. Pablo Rodríguez que a viu no ano 1787 na Reitoral de San Xoán de Camba. Foi regalada polo bispo de Astorga á Comisión de Monumentos de Ourense no ano 1897. "IMP(eratori) NERVAE/CAES(ari) AVG(usto)/PONT(ifici) MAX(imo)/TRIB(unicia) POT(estate) P(atri) P(atriae)/CO(n)S(uli) III", ("dedicada ao emperador Nerva, César Augusto, pontífice máximo, revestido coa tribunicia potestade, pai da patria, cónsul por terceira vez."). Segundo Xaquín Lorenzo a inscrición está completa e nunca tivo dedicante. Para Rodríguez Colmenero non aparece o dedicante porque a parte inferior da lápida está afectada pola erosión. Hübner clasificouna como un miliario. Atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense.
Mansión: Praesidio no Itinerario de Antonino e Presidum no
Anónimo de Rávena, mansión identificada co castro de Castrelos, non moi
lonxe de Castro Caldelas, ou O Burgo, no mesmo concello, onde
apareceron diversos materiais. Defenderon esta teoría Gómez Moreno, Ceán
Bermúdez, Saavedra e Blázquez, entre outros.
Miliario (O Burgo): Anepígrafo, embutido na parede dunha casa arruinada.
Miliario (Camba): Posiblemente falso e inexistente. Dise que foi atopado na parede da Sacristía de San Xoán de Camba: "IMP CAES M/AVRELIO CARO/AVG INVIC PONT/MAX TRIB POTEST/P P P PRO MV/CAMBETVM". Dise que só foi un intento do historiador e xesuíta Jerónimo Román de la Higuera (1538-1611) para vinculalo a un suposto enclave antigo. Aparece citado entre outras inscricións na súa Historia eclesiástica de España.
Miliario (Vilamaior-Vilamaior de Caldelas): Fragmento dun miliario.
Moedas: En San Xoán de Camba apareceron varias moedas de época romana. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Xacemento do Burgo (O Burgo): Apareceron fragmentos de tégula e vasillas.
CELANOVA
Castro romanizado de Castromao: Séculos I-II d.C. onde se atoparon, entre outros, unha tessera hospitalis do 132 d.C. e unha ola cerámica con máis de sesenta moedas, entre outras, denarios do século I a.C., denario do s. I d.C., un áureo de Tiberio, un áureo de Claudio do século I, unha moeda do ano 244 d.C. e varias de bronce e cobre. Tamén saíu á luz material cerámico asinado por un oleiro de nome Rufianus. A identificación de Castromao con Coelobriga e co lugar de referencia dos Coelerni foi defendida reiteradamente nas últimas décadas: Ferro Couselo e Lorenzo Fernández (1971), García Rellán (1971), Tranoy (1981), Tovar (1989), Albertos (1990), Caamaño, Rodríguez Colmenero, etc.
Tabula ou hospitium de Castromao:
Atopada no ano setenta durante os traballos de escavación dirixidos
por Ferro Couselo e Lorenzo Fernández. Trátase dunha prancha rectangular
de bronce, con marco moldurado e cun apéndice a xeito de lingüeta na
parte superior, no que se recolle un pacto de hospitalidade (acordo de
amizade) celebrado no ano 132 d.C. entre os coelernos e o prefecto
romano Gneo Antonio Aquilo e os seus descendentes: “G(neo) IVLIO SERVIO AUGURINO G(eneo)/TREBIO/SERGIANO CO(n)S(ulibus)/ COELERNI. EX-HISPANIA. CITERIORE./CONVENTUS. BRACARI. CVM. G( neo). AN/TONIO AQUILO NOVAUGUSTANO/PRAEF(ecto) COH(ortis) I CELTIBERORUM./LIBERIS. POSTERISQUE. EIVS. HOS/PITIUM. FECERUNT./G(neus). ANTONIVS AQVILVS CUM COELER/NIS LIBERIS POSTERISQUE EORUM/HOSPITIUM FECIT/LEGATUS EGIT/P(ublius) CAMPANIVS GEMINVS”, ("Sendo cónsules Gneo Julio Augurino e Gneo Trebio Sergiano,os "Coelerni" da Hispania Citerior e do convento de Braga, fixeron un pacto de hospitalidade con Gneo Antonio Aquilino Novaugustano, prefecto da primeira Cohorte dos Celtíberos cos seus fillos e descendentes. Gneo Antonio Aquilo fixo pacto de hospitalidade cos "Coelerni", cos seus fillos e descendentes. Actuou como legado Publio Campanio Gémino”).
A raíz do descubrimento da tabula proba que estamos diante do oopidum principal dos Coelerni, e polo tanto co emprazamento da Coelobriga de Ptolomeo, pobo citado no Padrão dos Povos de Chaves e cuxos individuos aparecen en varias epígrafes da Gallaecia.
Ara en San Miguel de Celanova?: Mauro Castellá Ferrer, nacido na segunda metade do século XVI e natural de Celanova, cita unha inscrición que, traducida, dicía: "Máximo, fillo de Lovesio, cumpriu o seu voto aos Lares Viais, de boa vontade". Non aclara a procedencia. Colmenero desbota que proceda de San Paio de Araúxo (Lobios) ou de San Miguel de Celanova, levándoa para Santa Comba de Bande. Tamén se cita en CIL II. Desaparecida.
Ara a Reve Siboico ou Sibbieco (Castromao): Descuberta por F. Fariña no ano 1984 na casa reitoral de Castromao que estaba adicada a palleiro, formando parte dun antigo lagar. Lectura: "APER VR/SICI FIL(ius)/REVE SIB/OICO (ou SIBBIECO)/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Aper, fillo de Ursicus, adicou de bo grado un voto a Reve Siboico/Sibbieco"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara de Vilanova dos Infantes: Empotrada horizontalmente na fachada dunha casa da praza maior, propiedade de Ramón García Fandiño, dada a coñecer no ano 1976 por Milagros Cavada Nieto. Dedicada aos Lares Gumeinu, ofrecida por un individuo orixinario de Veleia, preto de Vitoria. Lectura: "M(arcus) LICINIVS/VELEIENSIS/F LARIBVS/GVMEINV/V(otum) S(olvit)/L(ibens) M(erito)". O máis interesante da ara é a mención dos Lares Gumeinu, quizais novos lares locais. Por unha fotogrametría que me achegou Alex Negreira, a lectura varía sensiblemente con respecto ao proposto polos distintos autores. Na segunda liña leo VELEIENSE por Veleiensis, na terceira F LARIBVS por Laribus.

Epígrafe (Castromao): Reutilizada na casa reitoral de Santa María de Castromao hai unha inscrición latina incompleta. A pedra está empotrada en posición invertida.
Lectura: "[---I]VLIAE/[---] AVG(ustae).
Fragmento de columna: Lectura: "[------]/[--- trium]/phatori sem/[pe]r Au[g]u[sto]. Hispania Epigraphica recolle a inscrición seguinte nas Antas, no concello de Beariz, que creo que debe corresponder á columna de Celanova.

Grafitos: En Castromao apareceron anacos cerámicos e tegula con inscrición: "NE N IS/[---]". "Ex of(ficina) FC". "Of(ficina) FLAVI". "X ARONI". "PAX ARONI". "CATUX". "CLEMENTIS". "VRBICI". "VERANI", etc.
Miliario de Caracalla (A Barxiña-Barxa): Século III d.C. Atopado a finais do século XVIII na confluenza dos ríos Sorga e Arnoia: "[IMP(eratori) CAES(ari) CIVI SEVERI PII/FIL(io) DIVI M(arci) ANTONINI NEP(oti)/DIVI] ANT(onini) [PII PRO]/NEP(oti) DIVI ADRI[ANI AB NEP(oti)]/DIVI TRA(iani) PART(hici) [ET DIVI]/NERVAE AB NE[P(oti)] M(arco) AVR(elio)]/ANT(onino) PIO FEL(ici) AVG(usto) [PARTH(ico)]/MAX(imo) BRIT(anico) MAX(imo) [GER(manico) MAX(imo)]/P(ontifici) MAX(imo) TRIB(unicia) POT(estate) XVII [IMP(eratori)]/III CO(n)S(uli) III P(atri) P(atriae) PROCO(n)S(uli)/BR(acara) [---]", ("Ao césar emperador Marco Aurelio Antonino, fillo do divino Severo Pío, neto do divino Marco Antonio, bisneto do divino Antonino Pío, trineto do divino Adriano, tetraneto do divino Traxano pártico e o divino Nerva, pío, feliz, augusto, pártico máximo investido co poder tribunicio pola décima sétima vez, emperador por terceira vez, cónsul pola cuarta vez, pai da patria, procónsul ... a Braga ..."). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Miliario no Cristal (Vilanova dos Infantes): No pazo dos Enriquez, servía de bebedoiro do gando. Foi baleirado para actuar como sartego. Dedicado a Caracalla.
Miliario anepígrafe en Vilanova dos Infanntes, situado nun esquinal dunha casa da praza.

Miliario de Constancio II
(Cañón): Desaparecido. Século IV d.C. Estaba na casa reitoral de San Lourenzo de
Cañón. Segundo o P. Sobreira atopouse na ermida de San Pedro.
Columna honorífica da Ponte do Freixo (O Freixo): Fragmento atopado no ano 1989 cando as obras de reparación da Ponte Freixo, embutido no interior do tímpano, co seguinte inscrición:"...(TRIVM)PHATORI SEMP(ER) A(VG)V(STO", cunha fórmula característica do Baixo Imperio. Na actualidade atópase nas oficinas do enxeñeiro de camiños Durán Fuentes.

Ponderal con inscricón: De cuarcita, de forma lenticular. Foi descuberto nas escavaciósn do castro de Castromao no ano 2004. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Explotación mineira de Orbán (Milmanda): Séculos I-IV d.C. Rede de canles de alimentación de auga.
Explotación mineira de Orbán (Milmanda): Séculos I-IV d.C. Rede de canles de alimentación de auga.
Moedas (San Paio-Rabal): Denario de prata da familia Antonia atopada a mediados dos anos trinta do século XX na Touza do Cura.
A Armada (Rabal): Na vía Lucus Augusti-Aquis Querquernis, quizais faga alusión a un posto de vixiancia do exército romano.
CENLLE
Ara de Trasariz: Adicada a Xúpiter, utilizada primeiro como pía de auga bendita na igrexa parroquial, e logo como pé de altar. Agrandóuselle o foculus. Lectura: "IOVI/OP(timo)/MA/X(imo) EX DE(creto ?) S(uo ?)/ S(acrum)/M(arcus) PHILIP(pus) MA(ximus)/POSIT", ("Marcus Philippus Ma(---) puxo -este altar- consagrado a Xúpiter Óptimo Máximo por un seu mandato"). Na igrexa de Santiago de Trasariz.

Ara (Trasariz): Ara rota por todos os lados e moi deteriorada, empotrada na parede que dá ao cemiterio da arruinada reitoral de Trasariz. A inscrición resulta ilexible.
Ara da capela de Santa Lucía de Erbededo (Erbededo de Arriba-Razamonde): Ata finais do século XIX, a capela foi a igrexa parroquial de Santo André de Erbededo, suprimida no ano 1893. Na actualidade está baixo a advocación de Santa Lucía. Dentro consérvase unha ara moldurada na parte superior e inferior e con foculus á que lle borraron gran parte da inscrición, gravándolle unha cruz nunha das caras; só se le a fórmula votiva final: "V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)". Reutilizada nun muro interior da ermida vese tamén unha pedra gravada con tres combinacións de dous círculos concéntricos con punto central e un motivo que semella un adorno vexetal ou en forma de espiña de peixe. A ambos lados da capela consérvanse dúas pedras de forma cilíndrica que puideron pertencer a uns miliarios. O meu agradecemento a Raúl, autor do blog erbededo.blogspot.com, quen me facilitou o acceso ao interior da capela o día 11 de xaneiro de 2025, achegándome datos que descoñecía.

Ara (Laias): Descuberta no 2018 sostendo unha viga de madeira nun alpendre da desaparecida casa reitoral de Santa Baia de Laias. Descrita por Abascal Palzón. Lectura: "Q(---) LE(---)/EX/VOT(o)", ("Q(---) (puxo este altar) en cumprimento dunha promesa"). No ano 2023 ingresou no Museo Arqueolóxico de Ourense.
Estela de Laias: Apareceu nunha tapia do vello cemiterio de Laias. Parece ser que un canteiro de Santa Cruz de Arrabaldo vendeulla a Don Bernardino Fernández Figueiral que estaba a construír unha casa en Os Cruceiros, parroquia de Melias (Coles). O comprador empotrouna na parte máis alta da casa. En granito groso, mide 117 por 50 cm. No primeiro rexistro presenta tres árbores (a árbore representa unha das iconografías máis claras na simboloxía funeraria, asociada cos deuses); no segundo rexistro tres rosáceas; e no terceiro unha construción arquitrabada con catro vans con remates alintelados, sostido todo o conxunto por tres columnas sobre un podio moi alterado; as columnas teñen basa e capitel. Carece de texto epigráfico, pode porque non foi rematada. (Información extractada recollida de Fernández Ibáñez e Seara Carballo, 1994). Na actualidade a peza orixinal atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense; na casa hai unha réplica.
Inscrición: "]CBIO/[---] VTO/PV/A/N/M".

Castelo de Laias
(Viñal do Rei-Laias): Asentamento dunhas 10 Ha que foi escavado de
urxencia no 1997 cando as obras da A-52 que o arrasou case por completo.
Foi escavado no 1956 por Chamoso Lamas quen o asociou ás explotacións
mineiras da zona, cunha longa ocupación entre o século IX a.C. ao I d.C.
Anos antes apareceran un dupondio de Traxano e un sextercio de
Adriano.
Lavadoiros de mineral de Cova da Moura e Castelo (Laias):
Chamoso Lamas, en colaboración con Xaquín Lorenzo e López Cuevillas,
escavou o xacemento no ano 1949. A aparición de restos cerámicos, muíños
de man circulares, fíbulas, pendentes, utensilios de bronce, contas de
colar e unha pedra decorada cunha esvástica amosaron que o lugar fora
habitado antes da chegada dos romanos. De época romana son, entre
outros, as construcións habitacionais, os lavadoiros de mineral, un
túnel, as canles de auga, un pozo e a boca dunha mina. O xacemento,
adicado á explotación de ouro, calcúlase que mantivo a actividade entre
os séculos IV a.C. e III d.C. Antes de seren arrasado definitivamente pola autovía A-52, xa sufrira a extracción de pedra para a construción
dunha pista forestal. A escavación de urxencia foi dirixida por Luis López, datándose entre os séculos IV a.C. e comezos do III d.C., confirmándose a superposición de ocupación prerromana e romana.
Xacementos mineiros do Campo do Cabalo e A Nogueira (O Campo-Laias): Explotacións auríferas.
Tesouriño: Unha moeda de Antonino Pío
formaba parte dun tesouriño de vinte moedas atopadas na porta de entrada
á zona de almacenaxe do xacemento do Castelo.
Fonte romana de Lagarellos (Razamonde): En granito, cuberta por unha bóveda. Denuncia Felisindo González Iglesias, autor da páxina Arredor de Lambrica, que a autostrada A-52 (que destruíu o xacemento do Castelo de Laias) sepultou parcialmente a fonte que tamén se atopa practicamente tapada pola matogueira.

A Calzada (Barbantes Estación e Ourantes): Antigo camiño con tradición de calzada romana que enlazaba unha posible vía paralela ao río Miño ca cidade de San Cibrán de Las, ou cos xacementos habitacionais ou e explotacións auríferas da ladeira do San Trocado e o val do Miño en Lais e Barbantes. (Recollido da arqueóloga Nieves amado Rolán, 2002).
Asentamento do Piñón: (Erbededo de Abaixo-Razamonde): Cerámica común, tégula, ímbrice e ladrillos romanos. Segundo os veciños apareceron muíños circulares e que hai muros soterrados. (Información recollida da arqueóloga Nieves amado Rolán, 2002).
COLES
Inscrición: "D(omino) N(ostro) IM(peratori)/CA(esari) AUR(elio) M(arco) V(alerio)/MAXIMI/ANO". Recollido de Hispania Epigraphica. Descoñezo a procedencia, onde se atopa, etc.
Inscrición tardorromana en Santo Eusebio da Peroxa? (Ferreiros): A
igrexa do Santo Eusebio da Peroxa (ss. XIII-XIX) construíuse sobre
un primitivo castro. O P. Fidel Fita (1835-1918) animou ao profesor
Arturo Vázquez Núñez (1852-1907) para que investigara sobre o
paradoiro de dúas inscricións
documentadas nos arquivos da Academia da Historia polo beneditino P.
Sobreira Salgado (1746-1805), unha procedente de Santo Eusebio da
Peroxa que fora catalogada por Emil Hübner (1834-1901) como lápida
sepulcral do século VIII (Fita
cítaa no Boletín da Real Academia da Historia do mes de decembro de
1902); aínda
que o epigrafista alemán non chegou a vela persoalmente, incluíuna
en Inscriptiones
Hispaniae christianae.
Vázquez Núñez atopouna
na casa solariega do Bamio, onde xa a situara o P. Sobreira,
publicándoa no ano 1903 no BRAH
baixo o
título Un
sarcófago cristiano del siglo V.
Aclara
que non se trata dunha lápida, senón dun sartego cunha inscrición
na cara anterior, datándoa,
o mesmo que o P. Fita,
entre finais do século IV e principios do V.
A
transcrición proposta por Vázquez
Núñez é:
"AVITVS/+
XXVII/ANNI
MOR/TVVS [---] EST", (“Avito
en + (Cristo?) morreu á idade de 27 anos”. Pero
a idade
tamén podería
ser
“XXXVII”,
ou
mesmo
XXXIIII.
Fita
interpreta o primeiro “X” como un crismón, e J. Vives (1942)
como “X”.
O nome
Avitus rexístrase nalgunhas
epígrafes de época romana aparecidas en Guitiriz, Lugo ou Bande.
Grazas ás
xestións da Comisión de Monumentos de Ourense conseguíuse que o
deputado provincial e señor do Bamio, Segundo Feijóo Montenegro, a
doara ao Museo Arqueolóxico, disque no
ano 1907; pero segundo Abascal Palazón e González-Conde Puente (2024) din, como se deduce da documentación conservada no Archivo Histórico de la Compañía de Jesús en Alcalá de Henares, que ingresou no Museo no 1902.
Miliario de Cambeo: Citado por Matos Ferreira. Desaparecido. Hai quen asegura que é unha columna situada nun lateral da igrexa parroquial, se ben, en principio, non contén ningún elemento que o certifique.
Miliario de Sobral ou de Gustei: Só coñecido por referencias bibliográficas. Segundo Arturo Vázquez Núñez (1903), o miliario estaba moi deteriorado e mutilado. Da inscrición só quedaba "media docena de caracteres". Non se volveu saber del.
Asentamento de Paradela (Paradela-Coles): Posible asentamento galaico-romano onde apareceron gran cantidade de tégula, ímbrice, un fragmento de cerámica e outro de terra sigillata, dous núcleos de cuarcita, cerámica común galaico-romana e medieval, e a metade dun muíño circular.
Campo do Medo (Levices-Melias): Coñecido tamén como A Chaira ou A Lagoa. Nunha ladeira cara o río Miño, aluvión de tons ocres onde se aprecia a técnica de explotación de ruina montium. Aprécianse as murias consistenten en grandes concentracións de cantos rodados cuarcíticos procedentes das actividades extractivas.
Capela de Santa Mariña de Vilarnaz (Gustei): Segundo algunha referencia, dise que na capela de Santa Mariña hai reutilizados materiais romanos. Polo de agora non atopei evidencias claras, agás que foran reutilizados en partes non visibles na actualidade (pola parte traseira está unida a outras construcións. Tampouco vin o interior).
Castro romanizado de Seoane (Seoane-Coles).
CORTEGADA
Ara
de Meréns (Cortegada). Na antiga igrexa parroquial, situada xunto o
cemiterio, había unha ara romana que actuaba como soporte da pía
bautismal. Foi publicada por Fermín Bouza Brey en Cuadernos de
Estudios Gallegos, 1944-1945, no Tomo I, Ara romana de Meréns
(Cortegada de Miño, Orense). Cando a viu só tiña gravadas as
letras “P S”. Cando fun ata Meréns, o día 21 de agosto de 2022, o párroco, o
sacristán e un veciño dixéronme que ao construír a nova igrexa
nos anos cincuenta do pasado século XX, ara e pía foron soterradas
baixo o chan onde se atopa a actual pía bautismal.
Ara de Zaparín (Zaparín): Descoñécese a procedencia, se ben xa fora identificada no século XVIII polo P. Sobreyra y Salgado.Ara votiva dedicada a deuses galaicos, cristianizada, actúa como base dun cruceiro situado diante da igrexa parroquial: "DIIS CEG/EAIGIS/TRIBA(lis?)/MARCV/S AETV/RI F(ilius)", ("Marcus, fillo de Aeterus -puxo este altar- para os deuses Cegeaigi Tribalis"). Triba pode ser un epíteto dos deuses Lares cuxo nome permanecería no anonimato.

Dedicatoria: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)", ("Xúpiter Óptimo Máximo"). Segundo información recollida de Hispania Epigraphica, atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense. A min non me consta.
Prato con marca: De terra sigillata, citado por Caamaño Gesto coa inscrición: " DA[---]AIO".
Xacemento romano de Piñón (Piñón-Zaparín).
Xacemento romano de Piñón (Piñón-Zaparín).
Ara (Atás): Ara moi modificada na cabeceira, non quedan restos de foculus. Na cara superior graváronlle a data de 1974. Descoñécese a procedencia exacta, foi atopada antes de 1985 nunha casa de Atás. Lectura de Rodríguez Colmenero (1997): "GOILIVS / ODINO(?) / DEAB(us) U/SEIS / L(ibens) M(erito) V(otum) S(olvit)". A Dea Euseae; o adicante, de lectura dubidosa sería Golius. Lectura de Abascal Palazón e López Fernández (2025): "COILIVS / OPHILO / DEIS V / N+++PI / S+++++M+". As cruces representan caracteres non identificables. No Centro Arqueolóxico Aquae Querquernae.
Ara a Laraucus:
Atopada cando a concentración parcelaria, facendo de fito delimitador
entre as poboacións de Lucenza e Vilela. Moi erosionada; nunha cara presenta unha cruz gravada. Lectura, segundo Olivares (2023): "[L]A[R]AVC/++AIV[S]/+AC[VS]/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("++ai[us] +ac[.]us -dedicou este altar- para Laraucus e cumpriu o seu voto libre e merecidamente"). Na Aula Arqueolóxica de Cualedro.
Ara a Laraucus: Situada xunto a porta de acceso á ermida da Pedrosa (A Xironda). O foculus foi agrandado para convertela en pía de auga bendita. Rodríguez Colmenero (1987) le: "PAMV(d/e)NO M(arcus)/(m)ELVIVS/(f)LAVIVS/S(olvit) V(otum) L(ibens) A(nimo)". Abascal Palazón e López Fernández (2025): "LARAV/[C]O C(aius) M/[..]VI[V[S]/[.]V[..]V/[..] V(otum) L(ibens) A(nimo) P(osuit", ("Caius M[...]vius[---] puxo libremente este altar para Laraucus").
Ara a Xúpiter (A Xironda): Segundo don Nicanor Palomares, atopábase nunha construción rural da parroquia da Xironda, de onde foi retirada no ano 2021. Lectura de Abascal Palazón e López Fernández (2025): "I(oivi) O(ptimo) M(aximo)/[---]VN/V[---]/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("[---] -dedicou este altar- a Xúpiter Óptimo Máximo e cumpriiu o seu voto libremente"). Consérvase na aula Arqueolóxica de Cualedro.
Capela de Santa Marta (Lucenza): Nas escavacións de 1982saíu á luz unha tampa sepulcral coa
representación esquemática dun orante. Tamén un Crióforos
(representación do bo pastor) en mármore ou alabastro aínda que existen
dúbidas canto á súa pertenza á época romano-cristiá do século IV d.C.
Durante as campañas de escavacións, dirixidas por Rodríguez Colmenero,
apareceron varias moedas, entre outras un denario de Domiciano.
Inscrición (Santa Marta): Fragmento de granito coa inscrición "[Vi]talina p(osuit)".
Inscrición (Santa Marta): Nun lateral dun sartego lese "Vermudus ".
Inscrición (Santa Marta): Grafito co nome "Avitus". Rodríguez Colmenero le "Antis".
Fragmento cerámico con grafito (Santa Marta): No anaco dun recipiente de terra sigillata lese "Domiti".
Fragmento cerámico (Lucenza): Citado por Rodríguez Colmenero co nome de "SEVERVS".
Fragmento cerámico con grafito (Lucenza): Coa marca "[---]NO P[---]".
Fragmento cerámico con grafito (Lucenza): Coa marca "]N".
Fragmento cerámico con grafito (Lucenza): Coa marca "EX I".
Fragmento cerámico con grafito (Lucenza): Coa marca "FBI".
Fragmento cerámico con grafito (Lucenza): Coa marca "]ERI[".
Fragmento cerámico con grafito (Lucenza): Coa marca ]ONE".
Fragmento cerámico con grafito (Lucenza): Coa marca "]P".
Tegula con marca (Lucenza): Inscrición dun "S". Citada por Taboada Chivite que di que apareceu ao abrir unha gabia fronte ao Grupo Escolar de Lucenza; foille entregada polo cura de Estevesiños, don Antonio Rodríguez. Tamén apareceu unha tégula con liñas curvas concéntricas e outra cunha cruz gravada.
Castro de Saceda: No
ano 2018, arqueólogos da Sociedade Cooperativa Xeitura localizaron unha
cabana con tégulas o que lles fai pensar que a ocupación do castro
continuou en época romana.
Asentamentos: Adega dos Cucos, Coas, Fonte da Pedrosa, Grou, Ronca, San Froitoso e Biduedo (A Xironda); Lucenza, dos Mallos, da Poula, Quintameá, Os Terreos e Vilerma, e Villae de Santa Marta (Lucenza).

Miliarios (Lamas):
Foron atopados xunto un camiño de terra que unía as poboacións de
Guimarei e Rebordondo, no lugar coñecido como Camiño do Santo da Venda.
Foron trasladados para unha área próxima ao empalme da estrada de
Medeiros coa de Cualedro, á beira do acceso á autostrada das Rías Baixas.
Miliario (Lucenza): Anepígrafe.
Miliario de Rebordondo ou dos Mallos: De Constantino I O Magno. Ano 314-324. Procede do lugar coñecido como Os Mallos. Atopado nun palleiro, non indica as millas, si o emperador: "D(omino) N(ostro)/CONST/ANTI(no)/PIO/INVICTO/AVG(usto)", ("Dedicado ao noso emperador augusto señor Constantino, pío e invicto"). No mesmo lugar tamén apareceu un fragmento doutro ilexible. Na actualidade atópase exposto na Sala de Fondos Pétreos do Museo Arqueolóxico de Ourense no Centro de Interpretación de San Cibrán de Las (San Amaro).
Xacementos: As Croas (Carzóa); Biduedo, Carbas e A Rouca; Moimenta (Vilela).
Xacemento de San Millao (San Millao): Aareceu unha phalera (arnés de cabalo) do século IV d.C. decorado cun rostro feminino. Tamén unha xema ovalada de pasta vítrea decorada con dúas liñas do cor branca, e coa inscrición "LUX" (só se conserva unha foto de Casal, 1983).

Restos de calzada (Lamas-Montes).
ENTRIMO
Xacemento do Mosteiro (A Illa): No ano 1995 apareceron restos de tégulas en superficie.
ESGOS
Epígrafe: "TIRVE(?)".
Epígrafe: No interior da igrexa de San Pedro de Rocas: "MICO". Aínda que algún autor tenna como romana, hai que excluílo pola forma dos caracteres.
Epígrafe: "Ru(v)e".
Marco das Raposas
(As Raposas-Loña do Monte): Entre os concellos de Esgos e Nogueira de
Ramuín. Posible miliario xunto un peto de Ánimas, cunha altura á vista
de 0,80 metros. Apréciase que foi rebaixado en dúas caras para gravarlle
senllas cruces. Na parte superior ten unha coviña artificial.
Restos da calzada: En Pardeconde, que pasaba polo castro de Litoria que, proveniente de Ourense, enlazaba coa Vía XVIII do Itinerario de Antonino que ía de Braga a Astorga (García Rodicio, 1997). O camiño continuou utilizándose en época medieval tal como testemuña un privilexio de Ordoño II ao delimitar os términos do coto do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.
A Calzada (Rocas): Localicei o microtopónimo no mes de xullo de 2025, ao pé dun outeiro rochoso que recibe o nome de As Torres, sobre o regueiro de Triós.
GOMESENDE
Castro de Fustáns: Romanizado. Abondosos restos cerámicos.
Villae dos Chaos (Poulo):
Asentamento do século II-VII d.C. Apareceu cerámica, tégulas e pedras
labradas de boa feitura que foron reutilizadas posteriormente.
Coto de Seoane (O Val): Apareceron tégulas de época romana; próximo ás minas de estaño do Seixo.
Minas do Seixo (Poulo): Minas de estaño datadas entre os séculos I a IV d.C.
Moedas O Poulo): Con motivo da construción dunha estrada, atopouse un
tesouriño de moedas de prata, consulares e imperiais, algunha de ouro.
Ningunha das moedas é posterior a Domiciano. Barros Sibelo deu noticia á Academia da Historia no ano 1864 da aparición dunha moeda, "ibérica o celtibérica" ao escavar un sepulcro "galo-romano".
A GUDIÑA
Ara (O Tameirón): Na igrexa do Tameirón hai unha pía bautismal do século X que ten como pé unha ara romana anepígrafa.
Ara (O Tameirón): Na igrexa do Tameirón hai unha pía bautismal do século X que ten como pé unha ara romana anepígrafa.
Ara (Pentes): Reutilizada nunha casa, sen inscrición á vista, vese parte da moldura.
Estela: Segundo Rodríguez Colmenero, a estela apareceu no Tameirón, descuberta pola señora Clementa Ribela cando "estaba empozando liño no río Diabredo"; seu marido, o señor Gabriel, con axuda dun pegureiro do Tameirón, sacouna do río e gardouna nun muíño da súa propiedade. Presenta un motivo inscrito nun círculo e unha epígrafe coa inscrición "NIGER/CAMALI F(ilius)", ("... Niger, fillo de Camalus..."). Século I d.C. Na actualidade atópase na Mezquita, na adega dos Ribelas.

Inscrición (Pentes): Publicada por Rodríguez Colmenero (1997) a partir dunha información oral facilitada polo etnógrafo Laureano Prieto "que diz Sinia Catela", situada a tres quilómetros da aldea.
Inscrición: "]erio / [". Recollida de Hispania Epigraphica. Non dispoño de máis datos.
Miliario (O Tameirón): Atópase no lugar coñecido como A Touza do Canuto. Cando o visitou Rodríguez Colmenero atopábase tirado no chan. Anepígrafe. A 1.830 metros do miliario da Xeria, na Esculqueira (A Mezquita).
Miliario da Barxa: "CAR[---]/E[---]/GV[---]/ICTO[---]/COS[---]".
As Muradellas (O Tameirón): Tamén coñecido como Tameironciños. Restos de época romana.

Explotacións mineiras: Barxa, O Pico Sagro (A Gudiña), Pentes e O Tameirón.
Toco da Moura ou Fraga da Moura (Vendas da Teresa-Pentes): Explotación mineira de pirita arsénica que puído ser explotada durante época romana. Asociado a varias lendas.
Castro de Val de Frades: Situado na confluenza dos regueiros de Val de Frades e Ribeira. Aprécianse restos das defensas. Apareceron restos cerámicos e tégulas. Romanizado.

O IRIXO
Explotacións auríferas de Souteliño (Corneda), As Grobas e Penas das Covas de Valduíde (Loureiro).
Explotación de estaño no monte do Testeiro.
As Campinas (Campo): Covas de mineral que segundo Taboada (1927) aínda conservaban restos de fornos e outras construcións.
Vía por San Cosmede de Cusanca.
Explotación de estaño no monte do Testeiro.
As Campinas (Campo): Covas de mineral que segundo Taboada (1927) aínda conservaban restos de fornos e outras construcións.
Vía por San Cosmede de Cusanca.
LAROUCO
Lagares rupestres: No mes de xuño de 2020, Mario Yáñez, un viticultor de Valdeorras, cando estaba a facer uns bancais na parroquia de A Portela, deu con dous lagares rupestres. Mario púxose en contacto con José Fernández Pérez, presidente da sección de arqueoloxía do Instituto de Estudios Valdeorreses que destecaou a grande importancia do xacemento. Di Pepe que no depósito onde se decantaba o mosto apareceron restos cerámicos e tégulas romanas o que leva a pensar que os lagares son desta época, se ben para datalos habería que realizar algunha pequena escavación. O que tamén chama a atención de José é a orixe da rocha onde foron construídos os lagares, de tipo metamórfico (gneis) duns 450 millóns de anos. Mario Yáñez xa puxo o achádego a dispor do Concello.
Togado de Freixido: Trátase dunha figura de bronce de 14 cm. Era propiedade de Antonio Quiroga Monelo. Apareceu a mediados do século XX nunha viña de Freixido, dentro dun contexto arqueolóxico de superficie, que fai pensar na existencia dunha vila romana. Xaquín Lorenzo deuna a coñecer no ano 1956 no Boletín da Real Academia Galega nº 27 nun artigo titulado A Xuno de Freixido. Descoñécese onde se atopa actualmente. Segundo Santiago Ferrer representa a figura feminina vestindo túnica longa con pregues e toca anoada.
Miliarios e columna conmemorativa xunto a ponte Bibei: Nos Cóvados de Larouco, un deles adicado a Vespasiano, do ano 80 d.C., data na que se finalizou a construción da calzada, a Vía Nova, que unía Braga con Astorga cun percorrido aproximado de CCXV millas romanas. Ver A Pobra de Trives.
Ponte do Piar (Cóvados do Larouco): Segundo información recollida por Rodríguez Colmenero, existían dous miliarios a carón da ponte. Desaparecidos.
Canle romana do Mondón: Canle que levaba a auga do río Xares ata unha explotación aurífera situada en Vilarnuide, no concello de Quiroga. Unha obra de enxeñería, en parte sobre cantín de grandes pendentes, e que leva auga que transcorre a media ladeira, pola marxe dereita do río, dende riba da presa de Santa Olaia ata á Portela de Portomourisco, en Petín, onde se interna na conca do río Sil. Desaparece nun grande treito por terreos agrícolas, e aparece de novo por debaixo do lugar de Seadur, xa no concello de Larouco. Conserva trazas da súa estrutura a través do seu percorrido, coma as grandes rochas cortadas, e muros de contención para asentar oleito. A lonxitude sería duns 14 km. (Información de Elixio Vieites).
Xacementos tipo villae do Poulo: A uns 500 metros do castro do Alto da Ermida. A actual poboación estaría asentada sobre un poboado romano. Apareceron anacos de tégulas, terra sigillata, e nas casas poden verse algúns blocos de granito que foron reaproveitados.
Xacemento tipo villae de Seoane: Seoane é un núcleo de casas pertencente á parroquia de Larouco e que se construíria sobre un primitivo poboado romano. Apareceron tégulas, cerámica común romana, fragmentos de vidros e terra sigillata.
Xacemento tipo villae do Pombal: Xunto á Vía XVIII. Apareceron muros de edificacións, restos cerámicos, tégulas e unha pequena estauíña de bronce que representa a figura dun togado que foi dada a coñecer por Xaquín Lorenzo Fernández no ano 1956.
Vía XVIII no Alto da Ermida Vella, a 560 metros de altitude.
A información sobre os xacementos tipo villae do Poulo, Seoane e O Pombal foi sacada do traballo Yacimientos arqueológicos en el municipio de Larouco, publicado por José Fernández Pérez no ano 1989 nos Cadernos do instituto de estudios valdeorreses.
LAZA
Ara a Bandua Verubrico (Arcucelos-Retorta): Foi atopada nunha finca preto da ponte. No ano 1949 estaba, segundo Taboada, nunha casa de Vilaza (Monterrei), do avogado Benito Blanco-Rajoy; alí continuaba no 1973 (Rodríguez Colmenero). A arqueóloga Nieves Amado Rolán confirmoue que a última vez que a viu estaba en Vilaza, nunha finca de Blanco Rajoy. Abascal Palazón e López Fernández (2025) din que a vivenda mudou de propiedade, convertida en aloxamento rural, e os actuais propietarios non suberon darlle inforrmación sobre o seu paradoiro. Lectura: "BANDV V/ERUVRIGO/MONT(anius)/ MO(n)TANVS CO/NSACRAV(it)) EX VOTO", ("Montanius Montanus consagrou (este altar) a Bandua Verubrigus"). Existen algunhas dúbidas sobre as últimas letras do teónimo e as primeiras do epíteto, pero parece clara a vinculación do deus a un enclave fortificado.
Ara da Alberguería: Anepígrafa. Ten forma de columna, máis estreita na parte inferior e cun baquetón lixeiramente resaltado na parte superior, onde conserva un rebaixe para gardar reliquias. Atópase na igrexa da Alberguería.
Explotacións auríferas da Coroa (Camba), Cabeza da Cántara (Cerdedelo).
Explotacións de estaño de Arcucelos e das Minas Vellas (Retorta).
Explotación mineira de Covas Rubias.
Asentamento dos Casarellos (Toro): Apareceron muíños de man e un couzón de pedra dunha porta.
Asentamento de época romana dos Mouros.
Miliario (A Alberguería): Situado nunha estreita rúa da aldea, servindo como soporte a unha columna que suxeita un balcón preto da ermida da Alberguería. Anepígrafo. Relacionado coa vía romana chamada Calzada das Minas e a Vía XVI.
Miliario (Paradiña-A Alberguería): Anepígrafo. Na actualidade no xardín dunha casa.
No mes de novembro de 2012, a Asociación Cultural Alto Támega denunciou os danos causados a unha mina aurífera de época romana, situada entre Castro e Laza, polo acondicionamento e apertura de novos cortalumes. Aínda que a mina, adicada á extracción de ouro, noi foi danada, si quedou cuberta de terra tras o paso da maquinaria.
Vasilla cerámica (Carraxo).
O Baño (Berán): Xacemento de recursos primarios. Augas medicinais.
Castro de Lamas (Lamas): Situado sobre un outeiro. Investigado por Chamoso Lamas, atopáronse restos cerámicos e tégulas de época romana. Recibiu diversas reocupacións ata a Idade Media. Na actualidade a zona viuse afectada pola construción de nichos do cemiterio municipal e a apertura dunha área de recreo e aparcadoiro. Nos anos sesenta do pasado século apareceu unha punta palmela e un puñal de espigo en relación cun posible túmulo do que non quedan restos.
Eira dos Mouros (Lebosende): Asentamento romano de chaira. Saíu á luz tégula, cerámica común e pedras reaproveitadas nos lindeiros de leiras.

Pena Corneira: No
ano 2024 comezaron as primeiras escavacións arqueolóxicas, dirixidas
por Jorge Lamas Bértolo. As primeiras catas apuntan a que o sitio xa
estivo habitado hai 4.000 anos, no Calcolítico, con continuidade en
época tardorromana, medieval e moderna. Di Jorge Lamas que ao
espectacular monumento natural hai que engadir o valor cultural e
patrimonial.
LOBEIRA
Ermida de Nosa Señora do Viso: Columna dunha cruz, posible miliario.
Miliario anepígrafe en Vilariño da Nogueira, embutido na parede dunha casa de don Lisardo Seoane Medela. Dado a coñecer por Rodríguez Colmenero. Anepígrafo.

Moeda: Barros Sibelo fixo un debuxo dunha moeda romana atopada no Monte do Viso.
Campamento romano da Chaira da Maza: Temporal. De grandes dimensións.
LOBIOS
Mansio de Aquis Originis/Mansio Aquis Ogeresibus: A segunda mansión dende Braga do Itinerario de Antonino, situada na parroquia de Río Caldo, sobre a marxe dereita do río do mesmo nome e ao pé da Vía XVIII, era de tipo rural. Debeu pertencer a un posesor romano do Baixo Imperio (248 a 476 d.C.) aínda que todo semella apuntar a que foi construída sobre unha vivenda anterior. As escavacións correron a cargo de Xusto Rodríguez a principios dos anos noventa do pasado século. Dentro do conxunto obsérvase un espazo termal composto por un hipocaustum (cámara de calor), vestibulum (antecámara) e apodyterium (vestiario), tamén existiría unha sala destinada a frigidiarium para os baños en auga fría. No xacemento atopáronse pezas de ouro, bronce e mármore, e tamén moedas. Situada na milla 39 está considerada como a primeira mansio construída en terras galegas. Citada como Aquis Originis no Itinerario de Antonino, Aquis Ocerensis no Anónimo de Rávena e Aquis Originis na IV Tábula de Barro de Astorga. Na intervención de 2021, dirixida por David Pérez, saíron á luz unha construción destinada a cociña con "lareira" e dous niveis de ocupación, cerámica común romana, vidros, cravos de ferro e unhas moedas que falan dunha ocupación entre os ss. II e IV d.C. Canto ao nome, Pérez cre que o topónimo está errado, considera que o correcto é OGERESIBVS, como xa defenderon non seu momento Rodríguez Colmenero e Ferrer Sierra; "ocaerenses", "ocerenses", "ogereses", derivados do nome de montaña O Gerês. O día 12 de marzo de 2025, o profesor da Universidade de Alacant, Juan Manuel Abascal Palazón, xunto con David Pérez, presentou no Museo Arqueolóxico de Ourense esta enigmática peza, falando da orixe do nome e dedicada, posiblemente, a unha deidade.

Mutatio de Mouruás: Situábase entre as millas XXXV e XXXVI da Vía Nova, como última porta antes da mansión de Aquis Originis ou Ogeresibus, de xeito que para a súa construción achairouse unha plataforma ao pé da Vía. Este tipo de asentamento formaba parte do cursus publicus ou servizo postal romano, situándose ao longo das vías de comunicación. Servían como lugar de descanso, fonda ou cambio de cabalarías para o correo imperial. Nas escavacións tamén sacaron á luz un forno. Apréciase unha reutilización na Idade Media. Do entorno de Mouruás provén un anel de bronce
atopado no ano 1869 por Antonio Barroso coa representación de Marte e a
epígrafe "MARS VLTOR" ("Marte o Vengador") que foi depositado na Academia de la Historia, deu conta del Barros Sibelo ese mesmo ano; con pedra gravada, representa a Marte con escudo e lanza.
Ara (Os Baños): Descuberta no 2001 ao facer unha obras de cimentación para o balneario de Riocaldo. Conserva o foculus. Apenas se distngue a epígrafe. Atópase no Concello de Lobios.
Ara ás Ninfas (Riocaldo): Atopada no ano 2001 no entorno do balneario actual, está depositada no Concello de Lobios. Lectura: "M(arcus) CAE(nius)/VAELIO/TES(erario) C(o) H(ortis)/NYMP[his]/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)".
Epígrafe aos Deuses Manes (Baños de Río Caldo ou Torno): Incluída no volume terceiro de Muratori (1739), ubicándoa "In Sancti Salvatoris vico in Gallaecia", é dicir, nun lugar chamado San Salvador, polo que se atribúe a San Salvador de Torno: "DIS MANIBVS/SEPVLT(um) LONGINIA/LONGINI F(ilia) SECVNDINO/CONIVGI PIENTISSIMO/ANNORVM LX", ("Consagrado aos deuses Manes. Longinia, filla de Longinus -puxo esta- sepultura para o seu queridísimo marido Secundinus, falecido aos 60 anos de idade"). Perdida.
Epígrafe (Baños de Río Caldo): "ROMAE/SEPTIMIVS/SEVERVN RVFVS/EX VOTO". Só hai unha referencia recollida polo polémico xesuíta Jerónimo Román de La Higuera na súa Historia eclesiástica de España (1570-1611), famoso por falsificar e desfigurar textos antigos. Posiblemente falsa.

Estela (Os Baños): Parte dunha estela rota por arriba e por abaixo. Vese unha roseta de seis pétalos dentro dun círculo, e por riba un crecente luar. Lese: "FRONTON/[". No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Inscrición: Segundo Jerónimo Contador de Argote (1738), durante as obras de "huma Torre, ou Crasto... junto a Via Militar do Gerés" apareceu un fragmento de inscrición en pedra. Ao parecer dicía: "ENDO CASTRORVM". Perdida.
Grafito: Fragmento dunha ola atopado no ano 2023 na vila romana de Riocaldo. Lese: [---]SCI/[---O]GERESIBV(s)".
Grafito: Inscrición nunha xarra atopada no ano 1998 por M. Xusto Rodríguez e J. María Eguileta no ano 1998, nas escavacións da vila de Riocaldo: Dedicada aos Lares Ogereses: "(Diis Laribus?) OGER ESIBVS P(ublius) LONGV(s)/V(otum) P(erficit) L(ibens) M(erito) ET CANC(ellis) BOR(icis)". No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Acubillo de Riocaldo:
Nas escavacións arqueolóxicas da vila romana de Baños de Riocaldo no
ano 1990 apareceu un tesouriño dentro dun vaso cerámico. As moedas están
datadas no século III d.C.
A Ponte Nova:
Área recreativa feita polo ICONA no pasado século e a onde se levaron
varios miliarios procedentes da Lama do Picón e da Chan dos Pastoreques.
Hainos adicados a Adriano, Caracalla, Galerio?, Maximino Daia,
Magnencio ou Xuliano.
Miliario do Corgo do Outeiro do Porco: Provén do lugar coñecido como Pala Falsa; adicado a Constancio II, na actualidade fai de poste dun balcón dunha casa de Torneiros.
Miliarios do Corgo do Outeiro do Porco: Segundo Matos Ferreira, neste lugar había un miliario no ano 1728 que foi partido por persoas de Torneiros para utilizar nun lagar. Rodríguez Colmenero cita outro miliario tardío. Barros Sibelo fala dun adicado a Xulio Maximino e ao seu fillo Máximo.
Miliario de Constancio (Lama do Picón): Atopado no 1990, mantense colocado no mesmo lugar: "D(omino) FL(avio) VAL(erio)/CO(nstanctio)/INVICTO NO(bilissimo) C(aes)/ARI", ("Dedicado ao noso señor Flavio Valerio Constancio, invicto, nobilísimo césar").
Miliario de Constantino I (Chans dos Pastoreques): Dise que foi atopado no 1990, pero o día 17 de xaneiro de 1861, o alcalde do Concello de Lobios, D. José Pérez, levanta acta do manifestado por Barros Sibelo. Di que Barros estivo pola zona estudando “el camino romano llamado de la Geira... que conduce a la ciudad de Braga”. Acompañado de varios homes da freguesía de Río Caldo, atopou dous miliarios. Dun achega a lectura da última liña: “MILIA PASVS (?) VII”; trátase, tal como figura no escrito, do da Trincheira. No segundo, que localizou “al término de Barroca(?)”, tamén achega a última liña: “M. P. XXXVI” que, pola milla que indica, debe ser o dedicado a Constantino I onde se le: "D(omino) N(ostro) FLAVI(i)O VAL(erio)/CONSTANTINO/P(io) INVICTO AVG(usto)/(milia passuum) XXXVI", ("Ao noso señor Flavio Valerio Constantino, pío, feliz, invicto, augusto. Milla 36").
Miliario de Baños de Río Caldo: Desaparecido, citado por Matos Ferreira; ao parecer estaba xunto o río Caldo.
Miliario de Tito e Domiciano (Chan dos Pastoreques): Desaparecido.
Miliario da igrexa de Lobios: Citado por Barros Sibelo, di que foi picado e levado para Lobios para utilizalo como columna dun balcón.
Miliarios de Torneiros: Matos Ferreira cita un miliario destruído por persoas de Vilameá para facer pezas de lagar. Por riba dunha canle de desaugue atópase o anaco dun miliario.
Miliario de Torno: Fr. Pedro Cid (1858) e Fernández Guerra falan dun miliario que se utilizou para un cruceiro.
Miliario de Traxano (Baños de Río Caldo): Citado por Mauro Castellá Ferrer no ano 1610. Di que se atopaba a "media legua desta iglesia (refírese a Santa Comba de Bande) hàzia la parte del Oriente, a donde llaman los Baños, por los que alli hay": IMP(eratori) CAES(ari)/TRAIANO AVG(usto)/PONT(ifici) MAX(imo)/(tribunicia potestate) XVIII P(atri) P(atriae)/A BRAC(c)ARA AVG(usta)/M(ilia) P(assuum) XXXVIII", ("Dedicado ao césar emperador augusto. Traxano, pontífice máximo, na súa XVIIIª potestade tribunicia e pai da patria. 39 millas dende Braga").

Miliario da Trincheira: Localizado por Barros Sibelo no ano 1861. Na última liña leu: "MILIA
PASVS (?) VII”.
Miliario de Vilameá: Anepígrafo, forma parte do muro dunha leira, preto da ermida de Santa Lucía. Curiosamente, no mes de decembro de 2017 publicouse na prensa que a raíz da rehabilitación da capela de Santa Lucía permitiron descubrir este miliario. Pois non hai nova descuberta, este miliario foi recollido por Rodríguez Colmenero, Ferrer Sierra e Álvarez Asorey nunha publicación do Consello da Cultura Galega no ano 2004.
Miliario de Xendive (Torno): Adicado a Flavio Xulio Constancio e Claudio Constancio; atopado nos anos cincoenta do pasado século, cando a construción da estrada do encoro das Conchas a Lobios; foi trasladado por un veciño de Xendive para un alpendre. Datado entre os anos 337 e 340.
Minas de estaño de Río Caldo.
Via XVIII ou Nova: Unía Braga con Astorga a través duns 318 quilómetros (215 millas romanas). Entraba en Galicia por Portela do Home, cruzaba o río Limia en dirección ao Alto de Cerdeira (San Xoán do Río) para logo, a través da conca do río Sil, remontar a comarca de Valdeorras e entrar na provincia de León pola Serra da Enciña da Lastra. Hai algúns anos sufriu unha lamentable restauración.

Vía XVIII e miliarios (Portela do Home-Río Caldo).
Restos calzada na Lama do Picón (con miliario adicado ao emperador Constancio Cloro) e Chan dos Pastoreques.
Asentamento das Mouras (Torneiros-Río Caldo).
Vila Portela da María (Vilameá-Río Caldo).
Xacemento da Lama do Picón: Estudado a finais dos anos oitenta do pasado século polo Museo Arqueolóxico de Ourense. Apareceron útiles cerámicos: tapadeiras, cazolas con asas, escudelas, etc., datados nos séculos II-III d.c.

Igrexa de Asadur:
No interior do templo, empotrado tras do retábulo da igrexa de Santa María, durante unhas obras, apareceu un pedestal de granito antes do ano 1973. A instancias do párroco de Tioira, Camilo Parente, foi colocado "haciendo pie al sagrario". Contén a insscrición: "Q(uinto) LICINIO VEGET[O]/RES P(ublica) INT(eramicorum)/SVPER ALIA CON/PLVRA MERITA/PARES CVM FISCO/RATIONES INFATI/GABILI CVRA ET/INDVSTRIA EIVS/CONSECVTA", ("A comunidade dos Interamici erixiu este monumento a Quinto Licinio Vegetus debido a que, ademais dos seus outros moitos méritos, grazas á súa infatigable actuación e a súa laboriosidade conseguiu chegar a un acordo co fisco para establecer unha tributación xusta"). Tamén hai unha inscrición, quizais do século IX ou X onde se le: "+ AELTARE". Nun muro da sacristía figura o nome de Xulio Rufino Leoncio, un funcionario relacionado
co fisco.
Fragmentos de epígrafes: Un fragmento
nun muro da casa reitoral de Asadur. Outro á beira dunha porta en
Foncuberta. E outro máis empotrado nunha parede dunha casa de Foncuberta.
Ara de Pías (Pías-Castro de Escuadro): Adicada por Flavio Flaviano á divindade galaico-romana Torolo Combiciego: "TOROLO/COMBIC/IEGO FLA/VIVS FLA/VIANVS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Flavius Flavianus -dedicou este altar- para Torolus Combiciegus e cumpriu o seu voto libremente"). Foi reaproveitada na espadana da capela de San Pedro. A epígrafe foi estudada por Rivas Quintas. Preto daquí hai unha paraxe denominada As Combicias, que daría lugar ao epíteto da divindade.
Ara de Pías: No interior da capela de San Pedro hai outra ara anepígrafa utilizada como pía de auga bendita, na que o foculus foi alongado para a nova función.
Lápida da Igrexa de Santa Baia de Castro de Escuadro (Escuadro-Castro de Escuadro): Na parte exterior do adro, nun muro a carón da entrada ao cemiterio que arrodea a igrexa, atópase unha lápida de mármore cunha inscrición funeraria adicada por Apronia Rufa a Dovaecia, filla de Paterna, e a Talavia, filla de Flavinia. A primeira noticia data do ano 1904, nunha carta que Marcelo Macías escribiu ao P. Fita, que se conserva no Archivo Histórico da Compañía de Jesús en Alcalá de Henares. Antes de ser trasladada para esta ubicación atopábase dentro da mesa do altar maior, cando se ía substituír o antigo frontal de madeira por outro de pedra. Foi publicada por Arturo Vázquez Núñez no ano 1904 no Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense Lese: "APRONIA RVFA/DOVAECIAE/PATERNAE F(iliae)/ET TALAVIAE/FLAVINAE F(iliae)/F(aciendum) C(uravit)", ("Apronia Rufa ocupouse de que se fixera -este monumento funerario- para Dovaecia, filla de Paterna, e para Talavia, filla de Flavina"). Tamén foi estudada por Rivas Quintas e Rodríguez Colmenero. Juan Manuel Abascal Palazón e María Pilar González-Conde Puente (2024), din, tal como no seu momento achegou Marcelo Macías, que o nome Dovaecia trátase dun unicum na antroponimia peninsular. Talavia tampouco se rexistra na epigrafía de Galicia. Tamén se ten noticia da aparición de fragmentos cerámicos no lugar cando se fixo o novo cemiterio.

O Mato (Foncuberta): Fragmentos de tégula en superficie.
Miliario (Asadur): Reutilizado como soporte do corredor dunha casa.
Miliario (Foncuberta): Anepígrafo, situado na esquina da escaleira dunha casa.
Miliario (Fontela-Foncuberta): Anepígrafo, fincado xunto un camiño, no lugar da Fontela, á saída de Foncuberta. Miliario (Foncuberta): Anepígrafo, situado na esquina da escaleira dunha casa.
Miliario adicado a Maximino e Máximo, cortado para un peto de ánimas (Cerdeiras-Foncuberta).
Miliarios na reitoral de Cimadevila (Tioira).
Miliario de Subalonga: Atopado no ano 1973, formando parte dun valado; presenta un burato na parte superior.
Miliario (Tioira): Anepígrafo, situado na esquina dunha porta da casa reitoral; dado a coñecer por Elixio Rivas Quintas.
Miliario (Tioira): No mes de agosto de 2014, o veciño Manuel Parente atopou un miliario inédito na parede dunha casa abandonada. De granito, ten unha altura de 0,72 metros e 0,45 de diámetro; posúe unha inscrición se ben aínda está por ver que pon.
Miliario (Tioira): Situado nun camiño xunto a casa reitoral; trátase dun dos raros exemplares reaproveitados coa inscrición orixinal adicado ao emperador Galerio, e na parte contraria unha dedicatoria a Magnencio: "D(omino) N(ostro) MAG(no)/MAGN(en)/TIO P(io) F(elici)/INVIC(to) SEMP(er)/AVG(usto)/[---]NT[---]", ("O noso señor Magno Magnencio, pío, feliz, invicto, sempre augusto. Dedicouno [---]nt[---]"). Invertido: "IMP(eratori) C(asesari) G(alerio) VAL(erio)", ("O césar emperador Galerio Valerio Maximiano").
Miliario (Tioira): No camiño de Foncuberta. Columna dun peto de ánimas do século XVIII. Trátase dun miliario datado no 327-228. A columna da cruz, ilexible, pode ser outro miliario.
Explotación mineira do Monte Medo: Florentino Cuevillas e Rivas Quintas fan referencia a explotacións mineiras de ouro no curso do río Tioira, dende Vilar de Cás a Foncuberta.
Mansión Salientibus: Rodríguez Colmenero et al. (2004) apuntan a que se ubicaba na contorna de Xinzo da Costa (Vilardecás), aínda que non falla quen a sitúa en Baños de Molgas ou mesmo no concello lugués de Cospeito. Citada no Itinerario de Antonino e no Anónimo de Rávena.

Restos calzada nos lugares de Bascós e Couzada (A Costa).
Santa Marta:
Ocupa todo un outeiro de superficie arredondada con antecastro
practicamente arrasado cando a concentración parcelaria; apareceu cerámica
castrexa e romana e muíños de man. Moi preto pasaba a Vía XVIII de
Braga a Astorga.Xacemento romano dos Corgos (Vilardecás).
MANZANEDA
Campamento do Penedo dos Lobos: Preto da estación de esquí, a 1.466 metros de altitude. Ten unhas 2,34 hectáreas, conservando catro portas de entrada ao recinto, accesos denomidados "en clavícula" polo sistema de defensa co que contaban. Está construído en pedra, o que resulta excepcional. Podería albergar unha unidade militar formada por entre 800 e 1.000 soldados. Quizais sexa un dos recintos militares romanos mellor conservados do Noroeste Peninsular, e tamén un dos que está a maior altitude de Galicia. A finais de agosto de 2018 será escavado polo grupo de arqueólogos do colectivo romanarmy.eu, dirixido por Joao Fonte. O obxectivo é estudar en detalle a morfoloxía do xacemento e o seu encaixe no proceso de conquista e centro do noroeste por parte do Imperio Romano. A campaña está promovida polo Incipit do CSIS, o Concello de Manzaneda e o Departamento de Historia da USC. A hipótese inicial é que se trata dun campamento temporal de época altoimperial (ss. I a.C.-III d.C.). Foi descuberto polo veciño da comarca Rubén F. Lorenzo Pérez.
Requián
(Requián-Soutipedre): Restos dunha probable vila romana situada na
marxe esquerda do río Bibei. Apareceron fragmentos de tégula, ladrillos,
columnas de pedra, sigillata e moedas.
MASIDE
Ara: Na web de Hispania Epigraphica recóllese, erradamente, unha ara proveniente do concello de Maside, cando pola inscrición creo que se trata dunha ás Ninfas aparecida en Canedo (Ourense): "NYM(phis)/MARI/ACCA/AST(uricae) AVG(ustae)/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)". (Ver Ourense).
Ara (Trevoedo): Empotrada na parede dunha vivenda preto da reitoral de Santa Comba. Só se aprecian parte das molduras.
Restos calzada xunto a ponte de San Fiz (Armeses).
Explotación mineira do Puzo do Lago (O Lago): Explotación aurífera de época romana. A paraxe, afectada en parte pola construción dun campo de golf, será obxecto dun plano especial de conservación. O xácigo xa fora declarado ENIL (Espazo Natural de Interese Local). Pero eiquí non faltan historias e lendas, e quen mellor para contárnolas que o arqueólogo e escritor Felipe Senén Gómez que tan ben coñece estas terras. Aí deixo algunhas, extractadas, extraídas de BadalNovas (badalnovas.com): Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside (10 de xuño de 2020): “Si ben antes o misterioso lugar do Puzo do Lago tamén fora visitado nunha daquelas excursións con merendiña incluída, pola señora Condesa de Pardo Bazán, tal como o describe na novela “El Cisne de Vilamorta” (1885):”...y otra tarde les enseñó un curioso lago, del cual se referían en el país mil consejas: que no tenía fondo, que llegaba al centro de la tierra; que bajo sus muertas hondas se columbraban ciudades sumergidas; que flotaban en él maderas extrañas y crecían flores nunca vistas. Era el tal lago en realidad una excavación, probablemente una mina romana inundada, que, presa entre la serie de monticulos de toba arcillosa que la pala de los mineros había acumulado por todas partes, ofrecía sepulcral y fantástico aspecto, ayudando a la ilusión la melancolía de las vegetaciones palustres que verdeaban en la sobrehaz del gran charco….”. Xa o di case todo a coruñesa, as mesmas cousas que temos escoitado dende nenos. O significado da Lenda da Virxe e o avarento panadeiro e o Lago: Gran puzo central que inundado polo verter dos regueiros e das chuvias crea unha lagoa. Noutrora asomando, sobranceiro, no medio un tipo de estraño sabugueiro ou bieiteiro que se fixo mítico e que murchou alá polo cambio deste século. Árbore de cotizadas follas e floracións, buscada polas meigas e curandeiras da zona, de sona foron as de Rañestres, as de Listanco e Punxín… flores e herbas que se dicían apropiadas pra deixar a remollo na almofía, a recibir o serao da noite do San Xoán, cos estraloques, o romeu, as malvas, o cinamomo… Noite máxica esta e máis neste lugar, onde se conta que entre os silencios do canto das abundantes ras e grilos, a medianoite pode escoitarse o tanxer das campás da igrexa da aldea asolagada por castigo da Virxe. E aínda non falta quen asegura telas escoitado. Pois a lenda que ofrece variacións conta que por alí pasou de peregrina a Virxe co Neno a cabalo dunha mula ( outros din que foi o apóstolo Santiago) e que sentiu fame e quixo darlle de xantar ao Neno, parou nun forno e pediu pan…o panadeiro dixo que non, a Virxe pediu por segunda vez e amasou un pequena presa de fariña levedada…que no forno fíxose unha inmensa e competente bola, que tampouco lle quixo dar… panadeiro amasou outra nova e máis pequecha presa e repetiuse o feito….a bola saíu maior … Finalmente o avarento panadeiro determinou despedir á santa visita dándolle un definitivo non . Sigue contando a lensa que a Virxe e o Neno perderon a súa santa misericordia e pronunciou aquelas palabras que tanto temos escoitado nos tempos dos contos a de “Lago te sulago o denriba para embago”… e a aldea co panadeiro e a súa clientela, igrexa, eira e casas incluídas, viraron o “ de arriba para abaixo” e foron cubertas pola auga. Din algúns que aquela aldea se chamaba Antioquía, o que concorda con outras lendas similares asociadas a lagoas de Galiza nas que se pon asolagada a cidade de Valeverde ou Lucerna…Tan similares ás lendas dos países celtas”.

MELÓN
Inscrición: Descuberta durante a remodelación dunha vivenda. Consérvase no mesmo domicilio. Publicada por Abascal Palazón e López Fernández no ano 2025Lectura: "IOVI", "Para Xúpiter").
A MERCA
Outeiro do Castro (Ponte Ermida-Zarracós):
De forma elíptica, presenta unha pequena croa achandada. Cara o oeste vanse sucedendo tres plataformas a modo de terrazas. Amosa toda unha secuencia arqueolóxica de ocupación dende época
castrexa ata a Baixa Idade Media. Apareceron materiais romanos e ao seu
pé un asentamento de época romana, tardorromana-altomedieval e con
perduración ata o século X-XII, necrópoles de cronoloxía altomedieval (sepulcros antropomorfos e de laxes fincadas),
posible fortificación Baixomedieval e unha ermida, quizais altomedieval
con permanencia ata finais da Baixa Idade Media que sería o derradeiro
vestixio desta secuencia de poboamento.
Inscrición (Forxás de Montes): Só existe unha
referencia recollida polo polémico xesuíta Jerónimo Román de La Higuera
(1538-1611) na súa Historia eclesiástica de España: "her/mi vi/ctori /herm/m vi/dd". De la Higuera é famoso por falsificar e desfigurar textos antigos. Posiblemente falsa e inexistente esta dedicatoria a Mercurio.
Miliario en Faramontaos: De 1,80 metros de altura, non presenta ningunha inscrición. Metade dun posible miliario que actuaba como columna de soporte dun balcón. Na actualidade está no xardín da mesma casa que foi ampliada e arranxada. A amable propietaria, que me permitiu facerlle unhas fotos, contoume que cando o bo tempo ponlle flores. A primeira foto é de R. Colmenero, Ferrer Sierra e A. Asorey cando o publicaron no 2004, foto que debe ser de moito antes xa que a dona díxome que arranxaran a casa hai máis de trinta anos.
Miliario en Proente: Século II-IV d.C. Forma parte da galería dunha casa situada xunto a igrexa parroquial. Só aparece un "F" gravado. Apareceu nunha leira chamada A Romana, na entrada a Proente.
Miliario: "IMP CAESARI/DIVI TRAIANI F/TRAIANO HADRIANO/PONT MAX TRIB/POTEST COS III P P/MVN AOBRIGEN D D". Só existe unha referencia recollida polo polémico xesuíta Jerónimo Román de La Higuera (1538-1611) na súa Historia eclesiástica de España. De la Higuera é famoso por falsificar e desfigurar textos antigos. Posiblemente inexistente.

Ara a Diana: Descoñécese con exactitude onde apareceu, se ben as noticias dos distintos autores coinciden en que foi na Mezquita, case no límite con Zamora. Conserva o zócolo, o coroamento e o focuus. Lectura: "CAPITO / SEVER(I) (filius) / ARA(m) POS(uit) / PRO SALVT(e) / DEANAE", (Capito, fillo de Severus, puxo este altar a Diana para pedir pola súa saúde"). Rodríguez Colmenero (1987) e Rivas Quintas-Rodríguez Cruz (2002) len Sanctae en vez de Salute. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Miliario da Xeria (A Esculqueira): Anepígrafo. Cando o estudou Rodríguez Colmenero atopábase tirado nunha terra adicada a cultivo, á beira da vía romana. Ten unha altura de 2,19 metros e un diámetro de 50 cm. Atópase a 1.830 metros do miliario da Leira do Canuto, no Tameirón (A Gudiña). Información achegada por Javier Torres en maio de 2023.

Calzada: Hai quen cre que pola Mezquita pasaba unha vía romana procedente de Chaves coñecida como como Calzada das Minas.
Ara: Hispania Epigraphica sitúa erradamente unha ara ao Lar Ocalaego en Vilariño Frío de Montederramo, cando a procedencia é da capela do Santo Estevo de Vilariño, no concello de Sarreaus.
Epígrafe: "] / D[- - -]ino[- - - / - - -]max[". Recollido de Hispania Epigraphica. Non dispoño de máis datos.
Epígrafe: "VO / [- - -]VG / [- - -]ro / [6] // [- - -]P[ ". Recollido de Hispania Epigraphica. Non dispoño de máis datos.
Miliario de Covas: Anepígrafo, atópase servindo de pé do altar maior da igrexa parroquial de San Xoán de Covas.
Miliarios de Cadaval (Covas): En Cadaval están documentados un miliario completo e dous anacos doutros dous. Pola información recollida, o primeiro estaba documentado como anepígrafo, reaproveitado como xamba na portada dunha palleira propiedade de D. Antonio Vázquez Crespo, descrito como un poste irregularmente cilindrado de granito de gran fino, rebaixado nunha das súas caras para ser adaptado á nova función (Alvarado Blanco et al, 2000, e Rodríguez Colmenero et al, 2004), mesmo crendo que se non fose porque estaba formado por un único tambor podería confundirse cunha columna de apoio. O día 3 de abril de 2015 acegámonos ata Cadaval para velo, comprobando que xa non formaba parte da porta citada. Por sorte, cando xa desistiramos de atopalo, chegou ao lugar o que resultou ser o propietario máis a súa muller (únicos habitantes da aldea na actualidade) quen nos informou que hai algúns anos, ao ampliar a porta de entrada da palleira, sacou o miliario depositándoo cun guindastre no patio, deitado nunha beira do mesmo, e "coas letras cara abaixo", afirmación que revela que a información que tiñamos ata o momento non era exacta e que non se trata, entón, dun miliario anepígrafo. Sobre a peza apilou leña. Xunto a porta dunha casa próxima consérvase un pequeno anaco doutro miliario anepígrafo cun burato na parte superior, partido pola metade e unido con cemento. Na mesma aldea había un terceiro miliario, fragmentado, que servía de apoio a unha trabe de madeira dunha corte arruinada e que actualmente xa non se ve porque a corte derrubouse.
Miliarios de Vigueira de Abaixo (Nogueira): Un atópase encaixado nunha parede dunha palleira; trátase dun cilindro completo de granito colocado de forma invertida e coa maioría das letras enterradas e metidas na parede o que dificulta a súa lectura: "DOM(ino) NO(stro) IMP(eratori)/FL(avio) VAL(erio) CONSTANT(ino) MAX(imo)/PERP(etuo) SEMP(er) AVG(usto)/CAES(ari) NOBILISSIMO/PONT(ifici) MAX(imo) TR(ibunicia)/POT(estate)". Outro serve de machón dunha cancela que dá acceso a unha cortiña. Trátase dun poste de granito esmoucado; atópase colocado de forma invertida. Atribuíble a unha data comprendida entre o 283 e o 285 d.C. Traducido do latín, lese: "Dedicado ao emperador César Augusto Marco Aurelio Carino, pío, feliz, pai da patria, cónsul, procónsul".
Miliario (Nogueira): Serve de pé de altar na igrexa de Nogueira. "[I]m[p(eratori) [Cae]s(ari) [divi] Severi Pii fil(io) [divi / Marci] Antonini nep(oti) di[vi Anto]/nin[i Pii] pronep(oti) divi Ha[driani / (...)", ("Dedicado ao césar emperador Marco Aurelio Antonino, fillo do divino Severo pío, neto do divino Marco Antonio, bisneto do divino Antonino Pío, trineto do divino Adriano, tetraneto do divino Traxano pártico e do divino Nerva, pío, feliz, austo").
Miliario (A Caseta-Seoane Vello): Adicado a Caracalla, serve de soporte do altar maior da igrexa parroquial.
Miliario de Caracalla (O Rodicio): Coñécese polas informacións de Barros Sibelo; tiña tres metros de altura. Desaparecido.
Moedas: Xunto o mosteiro apareceron tres moedas, unha delas de Traxano do ano 107 d.C. Non existen referencias do achádego.
Explotación mineira do Monte Partido: Ten uns 600 metros de lonxitude, 40 metros de longo máximo e unha fondura máxima de 25 metros.

Minas do Partido: Aínda que xa estaba documentada no sitio unha explotación mineira (citada máis arriba), a primeiros de abril de 2021, os xeólogos Óscar Pazos e Eduardo González Clavijo comunicaron tres minas auríferas a ceo aberto na cabeceira do río Tioira.
Restos calzada (Vilariño Frío).
Xacemento da Míllara (A Medorra).
Xacemento da Míllara (A Medorra).
MONTERREI
Ara: Hispania Epigraphica sitúa erradamente en Monterrei unha ara a Tutela que apareceu en Ourense.
Ara a Cibeles ou a Xuno (Albarellos): Adicada por Emilia Flaviana, que segundo Ceán Bermúdez (1832) foi atopada na igrexa de Albarellos polo abade de Covelas, Pedro González de Ulloa, no ano 1755, tomándoa dun pedestal ou basa de estatua que estaba colocada no adro da igrexa. Copiou: "IVNONI/[---] RIS/DEVM/AEMILIA/FLAVINA". Para algúns investigadores constitúe unha ofrenda a
Cibeles, mentres que outros vencéllana á deusa romana Xuno, filla de
Saturno e irmá e muller de Xúpiter. Di Hübner que a copia non debía ser moi fiel, pero que se podería dar como segura a tradución "A Xuno, nai dos deuses, Aemilia Flaviana". Os documentos sobre a ara atópanse na Real Academia da Historia de Madrid. Tíñaa como desaparecida, feito confirmado na publicación da "Peza do Mes" de outubro do ano 2006 do Museo Arqueolóxico de Ourense ao falar da ara a Cibeles aparecida en Xinzo de Limia. Di
Abascal Palazón que o culto a Cibeles só se atopa testemuñado 15 veces
na Península, sete en Portugal (Vila Real, Porto, Lisboa, Setúbal,
Évora, Beja e Faro), dúas nas provincias de Cáceres e Badajoz, tres na de Ourense e unha na da Coruña.
Dúas Aras na igrexa de Mixós (Estevesiños): Serven de base aos altares da cabeceira. Unha sen inscrición, decorada
con aspa e semicírculos no dado e zigue-zague nas molduras da
cabeceira, quizais imitando a decoración dos pés de altar visigodos con
cruces patadas; puído ser reutilizada en época visigoda ou no século X para os altares laterais ou para pía de auga bendita. A
outra, descuberta no 1927, é a única ofrenda votiva a este deus cunha muller como
dedicante. Dúas lecturas: "BANDVE/CAD[.]OGO/TER(enti)A/RVFINA/V(otum)
L(ibens)/M(erito)/S(olvit)", ("Terenti Rufina -puxo este altar- para Bandua Cadogo -ou Cadiego- en cumprimento dunha promesa"), e "BANDVE/CAD[ie?]GO SIVE CAL[ai?]GO/TER[enti]A/RVFINA/V L [m s]". Ten unha inscrición, posiblemente cristiá, nun lateral.
Ara de Medeiros: "ENI/FESTVS/TVS E/L.A.P.", podendo interpretarse como "[G]enilo Cast(elli)]/[F]estus [avi]/tus e[x v(oto)]/L(ibens) a(ram) p(osuit)".
Ara a Bandua: Procedente, ao parecer, de Arcucelos
(Retorta-Laza) e logo trasladada a Vilaza. A arqueóloga Nieves Amado Rolán di que a última vez que a viu estaba en Vilaza, nunha finca de Blanco Rajoy: "BANDV(e) V/ERVVRICO/MONT(anius)/ MO(n)IANVS CONSACRAV(it)) EX VOTO", ("Montanius Monianus consagrou (este altar) a Bandua VErubrico").
Ara e miliario na Capela do San Brais
(Vilaza): A inscrición da ara non se conserva
completa. Foi atopada por don R. Colmenero nas ruínas da ermida; no ano 2009, dende o Museo Arqueolóxico
de Ourense informaron de que ían realizar as xestións para trasladala da
casa do seu descubridor. Consérvase nun xardín público de Vilaza. Lectura segundo Abascal e López (2025): "[---]NI[---]/[C]ASSIVS [AVI]/TVS E[X V(oto)]/L(ibens) A(nimo) Posuit)", ("Cassius Avitus puxo libremente este altar para [---]NI[---] en cumprimento dunha promesa."). De Bruno Rúa recollo a
información sobre un miliario empotrado nos muros da ermida cunha
epígrafe que non se pode ler.
Ara a Xúpiter (Vilaza): Descuberta nos arredores de Vilaza. Atópase nunha propiedade particular. Lectura segundo Abascal e López (2025): "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)/[---]AL/[---]LVSI/[---]VRA/SEV[.]R[-] EX/VIXV", ("[---] -puxo este altar- para Xúpiter Óptimo Máximo como consecuencia dunha visiòn en soños"). Rodríguez Colmenero e Ferrer Sierra (2015), len: (Iovi) O(ptimo) M(aximo)/CAMAL/[I]ELVS F(aciendum) CVRAVIT/DEO EX".
Estela (A
Madanela): Cipo coa cabeceira circular, decorado con dous arcos na
parte superior. Forma parte da fachada dunha casa, empotrada en posición
horizontal. Posible epitafio sepulcral de difícil lectura. Rodríguez
Colmenero di que pode estar dedicada aos deuses Manes.
Estela aos deuses Manes (Vilaza):
En maio de 2013, Bruno Rúa e José Ramón Feijóo deron a coñecer
novos achádegos arqueolóxicos atopados na capela da Santa Cruz e
inmediacións, entre outros unha lápida funeraria consagrada aos deuses
Manes que o profesor Rodríguez Colmenero datou entre mediados do século
II e a primeira metade do século III. Lectura de Rodríguez Colmenero e
Ferrer Sierra (2015): "D(iis) M(anibus)
P(ositum)/COREID/AECONI/COMINE/MERIS S(ervus)(AN(norum) XXXV/AR(temius)?
TAS(ius)? S/ANI f(ILIO) an(NORUM)/XVIII IV[lius?] [---]". Abascal
Palazón e López Fernández (2025): "D(is) M(anibus) S(acrum)/CORE[..O
..]/MER(i) FIL(io)]/AN(norum) XXXV [---]/AR(---) TAS(---) S[---]/NI
F(ili) AN(norum)/[X]VIIII V[---]/[------]", ("Consagrado aos deuses
Manes. Para Core[---]us [---]aecus, fillo de Core[---]us [---]merus,
falecido á idade de 35 anos. Para [---]ar(---) Tas(---), filla de
S[---]]nus, falecida á idade de 19 anos. V[---] -ocupouse de que puxera
este monumento?"). O xentilicio Coreius, Corelius ou Coretius non se coñece noutras zonas da provincia de Ourense.
Estelas (Santa María de Monterrei): Dadas a coñecer por Taboada Chivite no 1968, reutilizadas como sillares na igrexa de Santa María. Aínda que tidas como romanas, é probable que sexan de época posterior.
Inscrición: "[I(ovi)] O(ptimo) M(aximo) / [- - -]co / T(itus) Vaecus [Re]/burrus [v(otum)] / s(olvit) l(ibens) m(erito)". Recollido de Hispania Epigraphica. Non dispoño de máis datos.
Lápida (Castelo
de Monterrei/Ábedes):
No Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense 2 do ano 1898 dise que
en
Ábedes apareceu unha lápida no ano 1580 que se conservaba no patio do
castelo de Monterrei, ignorándose hoxe en día o seu paradoiro:
"GENIO P(opuli) R(omani) C(aius) M(arcius) M(aximus) SÉTIMA (centuria)
LEG(ionis) VII G(emina) P(iae) F(elicis) V(otum) S(olvit) L(ibens)
M(erito)", ("Caius Marcius Máximus, centurión da Lexión VII Gemina, pío,
feliz, cumpriu de bo grado o voto que fixera ao Xenio do pobo romano").
Medeiros: Identificado co Forum Bibalorum
dos romanos, hipótese defendida por Florentino López Cuevillas e
Taboada Chivite, que tomaron como referencia o Padrao dos Povos, a Columna
Honorífica situada na portuguesa ponte de Chaves erixida baixo a
dirección técnica da Legio VII Gemina e baixo o mandato do emperador
Vespasiano como agradecemento ás civitas do Convento Bracarense
(aeibisocios, aequaesios, aquaflavienses, aubrigenses, bibalos,
coelernos, interanmicos, limicos, quaerquernos e tamaganos). A hipótese
anterior semella verse confirmada polo achádego de Elixio Rivas e Marino
González que atoparon o denominado Burato da Cidade, unha pala (gruta)
duns sete metros de longo cuberta por unha pena; o seu interior está
delimitado por unha pequena parede. Dise que durante a dominación
romana, os Bibalos ou Bubalos opuxeron unha feroz resitencia polo que
foron obrigados a traballar como escravos na construción da ponte de
Chaves.
Capela do San Salvador das Rozas (Medeiros): As escavacións levadas a cabo, debido a unha serie de achados casuais, sacaron á luz unha necrópole de inhumación con varios sartegos de granito, algúns con inscricións, datados na Baixa Idade Media. Pero non se pode desbotar que foran máis antigos, pode que algúns de época tardorromana. Na tampa dun sartego dun neno lese: "ACELINVS", datado no séculoV ou principios do VI. Noutro, tamén infatil, lese "CARO". Nun dos costados doutro sartego sen tampa lese: "FOSCI", ("de Foscus").
Capela da Santa Cruz (Vilaza): En maio de 2013, Bruno Rúa e José Ramón Feijóo deron a coñecer
novos achádegos arqueolóxicos atopados na capela da Santa Cruz e
inmediacións, como varios capiteis, catorce cubos de columnas (algún pode
tratarse dun miliario), sillares coas marcas das tenaces para elevalos e
unha tégula completa coa marca do alfareiro. Na porta da capela da
Santa Cruz descubriron unha ménsula onde aparece unha serpe alusiva ao
culto ofilátrico presente na ornamentación da casa romana.
Miliarios (Albarellos): Dous deles anepígrafos atopados nunha viña, un terceiro
actuaba como marco de término no Seixo Branco, hoxe en día
desaparecido.
Miliario anepígrafo: Atópase de fito de término entre Monterrei e Verín, no medio do val e visible dende a estrada N-525. Está colocado verticalmente xunto outro inclinado.
Miliario das Lagoas, de Claudio II O Gótico:
Século III d.C. Atopado no lugar das Lagoas, entre Queizás e Vilaza no ano 1954. Está
documentado
que xa no século X actuaba como marco divisorio entre os concellos de
Monterrei e Verín. Graváronselle con
posterioridade tres cruces que se superpoñen á inscrición romana: "[I]MP(eratori) CAES(ari) M(arco) AVR(elio)/CLAVDIO PI(o) [FELICE] /INVICTO AVG(usto)/P(ontifici) M(aximo) TRIB(unicia) POT(estate)/CO(n)S(uli) PROCO(n)S(uli)/P(atri) P(atriae)", ("Dedicado ao césar emperador Marco Aurelio Claudio, pío,
feliz, invicto, augusto, pontífice máximo, investido co poder
tribunicio, cónsul, procónsul, pai da patria"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Vences: Nesta parroquia atopouse un sepulcro de forma trapezoidal datado entre os séculos III e IV d.C.
As Minas Vellas (Serra de Neda-Vences): Coñecida tamén como As Frechas. Galería onde apareceu un pico de ferro. Asociada a unha mina de estaño.
Explotación mineira:
En Medeiros existen vestixios dunha explotación mineira de estaño de
época castrexa, logo reaproveitada polos romanos. Na súa obra Memoria sobre las minas de Galicia y otras producciones del reino mineral
(1783), José Cornide Saavedra comeza o seu repaso pola historia da
mineiría en Galicia co comercio dos fenicios para dar conta de que na
Illas Atlánticas había estaño, só era necesario observar a costa para
ver a terra arenisca "semellante á que hai onde se cría estaño no val de
Monterrei". De feito, dende o século II a. C., os romanos
teñen coñecemento dunha ruta que os fenicios de Gadir (Cádiz) coñecen e
gardan en secreto; é a ruta das Cassitérides (Illas de Estaño),
identificadas coas anteditas illas galegas, citadas polos escritores do
século I a.C. Diodoro de Sicilia, Posidonio e Mela.
O Penedo das Moedas (A Salgueira-Flariz): Coñecido tamén como Os Penedos das Campás e O Candal. Apareceu unha xarra chea de moedas nunha greta dunha rocha. Trátase de bronces baixo imperiais. Segundo Rodríguez Colmenero o lugar onde apareceron trataríase dun asentamento en chaira.
Restos calzada (Guimarei-Infesta).
Tesouriño (Flariz): Foi atopado no Museo Arqueolóxico de Ourense nunha caixa cunha soa referencia: "Tesorillos de Flariz". Está composto por 28 denarios, un deles do emperador Tiberio e os demais republicanos. As moedas máis antigas datan do 172-151 a.C.
Sepultura (A Costa-Vences): Apareceu unha sepultura sen cuberta formada por ladrillos.
Xacemento da Casa do Frade (Vences): Coñecido tamén como Penedo da Horta. Interpretado como unha explotación romana de estaño.
Xacemento do Outeiro (Medeiros): Coñecido tamén como O Medeiro e Outeiro da Aldea. Apareceron tégulas, ladrillos, anacos de cerámica común romana. Sobre o cumio hai un depósito de auga. Cando as obras para a construción dun campo de fútbol saíu á luz un sepulcro antropomorfo escavado na rocha con tampa que foi destruído. Lenda sobre a existencia dunha antiga cidade.
Xacemento da Quinta (Vilaza): Fragmentos de cerámica común romana, tégulas, ladrillos e unha ara de granito cunha epígrafe. Algúns investigadores sitúan aquí a Villa Actia.
Xacemento da Vagoeira (Vilaza): Apareceron unha pía, un muíño circular, basas de columna (unha está na base do cruceiro da aldea de Vilaza), fragmentos de tégulas, ladrillos, sigillata e cerámica común.
Xacemento de Valdecasas (A Caridade-Flariz): Restos de tégulas e ladrillos.
MUÍÑOS
Inscrición funeraria (O Cruceiro-Barxés): Prancha irregular cunha cartela rebaixada para acoller a epígrafe. Descuberta no ano 1979 a carón da estrada a Mueguimes. Lectura: "FUSCVS CA/MALI FILIVS AN(norum)/LXX H(ic) S(itus) EST FU/SCINVS FVS/CI FILIVS PA(tri)", ("Fuscus, fillo de Camal, de 70 anos de idade, está aquí enterrado. Fuscinus, fillo de Fuco -fixo esta dedicatoria- ao seu pai"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Moedas: Citadas por Cavada Nieto.
NOGUEIRA DE RAMUÍN
Inscrición rupestre: No castro dos Penedos do Castro, en Pombar, descuberta por Rodríguez Colmenero, se ben aparece nun traballo de Ángel de Castillo, El castillo de Litoria, publicado no Boletín da Real Academia Galega 228 do ano 1930 onde achega un debuxo onde se le a palabra "LEOVIGILDVX" precedida dunha cruz e que posiblemente copiou dunha foto que lle mandou facer a un amigo, pero este confundiu Litoria cos Penedos do Castro. No Museo do Castelo de San Antón da Coruña consérvase a ficha confeccionada por Del Castillo. Na inscrición, gravada sobre a cara interior dunha pena, lese: "LEOVIGIL/DUX" precedida, en efecto, dunha cruz. Freire Camaniel (1988-89) e Rodríguez Colmenero (1993) interprétana en sentido literal (alusión ao monarca Leovixildo), mentres que Abascal Palazón e López Fernández (2025) din que non se trataría do monarca visigodo, senón dun persoeiro descoñecido, abundando en que a datación non sería anterior ao ano 585.
Epígrafe: Nos Penedos do Castro. A uns vinte metros da anterior, citada por Rodríguez Colmenero (1997), le: "[---] VI IPOA [---].
Epígrafe: Tamén nos Penedos do Castro. "TER", quizais de Ter(minus), alusión a un límite territorial, pero descoñécese a antigüidade. Hispania Epigraphica recolle "FER".
Marco das Raposas (As Raposas-Loña do Monte): Entre os concellos de Esgos e Nogueira de Ramuín. Posible miliario xunto un peto de Ánimas, cunha altura á vista de 0,80 metros. Apréciase que foi rebaixado en dúas caras para gravarlle senllas cruces. Na parte superior ten unha coviña artificial.
Restos dunha necrópole galaico-romana, séculos III-IV (Vilouriz-Loña do Monte). Información achegada por José Antonio Gavilanes, de Ponte Ambía (Baños de Molgas).
No lugar de San Vicente, na parroquia da Carballeira, consérvase a tradición da existencia dun mosteiro. No entorno da aldea apareceron algúns sillares reutilizados: parte dun muíño circular, algúns fragmentos de tégula romana, tumbas feitas con laxes, un capitel prerrománico etc.
OÍMBRA
Ara aos Lares Varigis (Rabal): Atopada por Ferro Couselo e Taboada Chivite no ano 1971 nun camiño que une Rabal co pobo portugués de Vilarelho da Raia. Segundo o seu informante, o señor Amador Rivero, a ara estivera formaba parte da base dun cruceiro de madeira que se atopaba na encrucillada de dous camiños: un que conduce á aldea portuguesas de Vilarelho dá Raia e outro que rodea ao pobo de Rabal. Arredor da cruz daban voltas as procesións. Lectura segundo Abascal: "[Laribus(?)]/VARI/GIS V/AL(erius) SE/V(er-) P(osuit) EXS/V(isu) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Valerius Severus puxo este altar para os Lares Varigis como consecuencia dunha promesa e cupriu seu voto libre e merecidamente"). Variantes: "Var/cis V/[l]ac(ius) So/usen(us)", segundo Colmenero (1987). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara (Espiño-Videferre): No interior da capela do San Roque. Estaba fóra ata que arranxaron a ermida. Actuou como pía de auga bendita. Moldurada e con foculus, está dedicada a Marte. Proposta de lectura, segundo Rodríguez Colmenero: "MARTI/S(ulpicius) VELINV/S V(eteranus) ALAE/[----] DE S(uo)/[POSSIT]"), ("Sulpicius Vellinus, veterano da ala [---] fixo pola súa propia iniciativa esta dedicatoria a Marte"). Lectura segundo Abascal e López (2025): "MARTIN/SVLLINV/S [S]VLLAE/[F(ilius)] (vacat) DE S(uo)/PO[suit]/[------]", ("Sullinus, fillo de Sulla, puxo á súa costa este altar par marte Nun lateral hai un bucranio en altorrelevo relacionado con actos de sacrificos ou vítimas inmoladas.

Ara de Tutella (Videferre): Fragmento que conserva o foculus na parte superior. Atopada por C. Rivas Fernández o 9 de maio de 1993 no galiñeiro dun patio que linda co muro do adro da igrexa de Santa María. Lectura: "[T]VTELLA/[---]APPIV/[AE?].M/[---]". No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara a Xúpiter (Espiño) A principios do mes de abril de 2017, as asociacións Monterrei, Cultura e Territorio e Alto Támega deron a coñecer a descuberta dunha ara fragmentada dedicada a Xúpiter Óptimo Máximo. Conserva o foculus. Lectura: "I(ovi) O(ptimo) MA/X(imo) TAP/[------]", ("Tap[---] -puxo este altar- para Xúpiter Óptimo Máximo"). Consérvase nunha csa de Espiño. (Información achegada pola arqueóloga Nieves Amado Rolán).

Inscrición: "/li]MICO[RVM". Non dispoño de máis datos.
Lápida de Sempronia (Rabal): Trátase dunha inscrión sobre mármore do século I d.C., fragmentada na súa parte esquerda; ata o ano 1971, cando foi descuberta, formou parte do altar da igrexa. Lectura: "[---]VIVS QVIR(ina)/ S SEMPRONIAE/[R]VFINAE MATRI/[S]EMPRONIAE", ("[---], da Bius, datribo Quirina -puxo este monumento- para sú a nai Sempronia Rufina e para Sempronia[---]". Taboada Chivite (1987) e Rodríguez Colmenero (1997) len Favius. No Museo Arqueolóxico de Ourense.

Estela-menhir do Muíño de San Pedro (Verín-Oímbra): Atopada por X. Diz Barreira no monte Lodairo no ano 1985, durante unha escavación para extraer area na marxe dereita do río Támega, xunto o camiño de acceso ao muíño de San Pedro, no extremo do término de Verín e xunto o límite con Oímbra, feito polo cal foi publicada na maior parte das veces como descuberta no Rosal, parroquia de Santa María de Oímbra. No ano 1991 foi exposta na mostra Galicia no tempo. Mercada polo Museo Arqueolóxico de Ourense. Mide 1,60 de altura. Debido
ao seu carácter antropomorfo e fálico pode tratarse dun monolito
reutilizado con posterioridade no Bronce Final e en época romana cunha
inscrición. "LATRON/VS CELT/IATI F(ilius)/H(ic) S(itus) E(st)", ("Latronus, fillo de Celtiatus, está enterrado eiquí)". Por riba da
inscrición presenta unha cara humana gravada, delimitada por un círculo,
con orellas, ollos e boca. No reverso un motivo xeométrico subrectangular. Adoita interpretarse como unha estela antropomorfa
romana, se ben sempre se puxo de manifesto que se aprecia un imporante
peso do compoñente indíxena. E se non tivese inscrición? Posiblemente se
relacionaría coas estelas-menhir aparecidas en Portugal que presentan
certos elementos en común. Datada a finais do século I d.C. ou principios do II d.C.
Cova dos Mouros (As Chás): No monte Castelo, a 645 metros de altitude sobre o nivel do mar. Atopáronse 121 fragmentos de época romana.
Coelobriga: Estaría no lugar coñecido como As Raposeiras, comunicada a través dunha ponte con Muradelle, situada entre as parroquias de Mourazos e Tamagos (Verín).
Miliario de Espiño (Videferre): Reaproveitado nunha construción.
Miliario (Rabal): Anepígrafo, actúa como soporte do tellado dunha escaleira situada no centro da aldea.
Miliario de Dalmacio (San Cibrao): Estaba nunha adega da familia Torres López. Ano 335 d.C. "D(omino) N(ostro)/FLA(vio) DALMACIO/CAESS(ari) NOB(ilissimo), ("Dedicado ao noso señor Flavio Dalmacio, césar nobilísimo"). Na actualidade atópase na Sala de Fondos Pétreos do Museo Arqueolóxico de Ourense situada no Centro de Interpretación de San Cibrán de Las (San Amaro); antes estivo no MAO.

Moedas: Segundo Cavada Nieto, atopáronse 400 moedas de varios emperadores.
Vía XIII: Ía dende Aquae Flaviae (Chaves) ata Iria Flavia (Padrón), pasando por Carregal, preto de Oímbra, cruzando o río Búbal cara Guimarei (Monterrei) e Ourense. No século III unha calzada secundaria ía por Rabal, San Cibrao e Coelobriga (As Raposeiras-Oímbra), Portela e Bagoeira (Vilaza-Monterrei), uníndose á vía XIII na ponte Búbal.

OURENSE
A antiga Auriense salienta polo seu carácter termal. As fontes escritas son tardías (séculos V, VI e VII), case todas posteriores á súa elevación á categoría de se episcopal (561-572), cando se separou da antiga diócese de Braga. No Parochiale Suevum cítase a Aurienis Sedes seguida de todas as súas parroquias, listaxe que encabeza Palla Aurea, unha parroquia cercana á se metropolitana. Florián de Ocampo e Pedro de Medina (século XVI), e Francisco Carreira (século XVIII), entre outros, dánlle unha orixe grega, fundada polo heroe Anphiloco, hipótese combatida por Flórez e Murguía que lle dan unha orixe céltica. No seu libro sobre as antigüidades de España, publicado no 1577, Ambrosio de Morales dicía que en Ourense non había baños, "aunque tiene grandísimos golpes de agua calidísima en unas fuentes dentro de la ciudad, que llaman Burgas...". Os primeiros estudos débense a Ceán Bermúdez e Vázquez Núñez a finais do século XIX e principios do XX que atoparon diverso material logo estudado por Cuevillas (Como nasceu a cidade de Ourense, 1934). Nos anos 50 e 60, Ferro Couselo achegou novos datos. Os achados testemuñan o carácter viario e termal da cidade, punto de confluenza que unían as capitais dos tres conventos xurídicos. Para Cuevillas (1934), o balneario sería un importante centro curativo e relixioso.
A Batundeira: Nas inmediacións da granxa da Batundeira, que pertenceu á orde de Alcántara, atopáronse restos romanos.
As Burgas: Mananciais de augas termais (70ºC) cun caudal de 300 litros por minuto. Teñen propiedades mineiro-medicinais boas para problemas da pel, reuma e artrite. A Burga de Abaixo foi proxectada a mediados do século XIX polo arquitecto Trillo. A Burga de Arriba trátase dunha fonte de estilo popular do século XVII. No lugar atópanse catro réplicas das aras adicadas ás ninfas destas augas. Segundo a lenda, o manancial nace baixo a capela do Santo Cristo, na catedral, e, segundo outros, no volcán durmido do Montealegre. Ambrosio de Morales e o Licenciado Molina, entre outros, citan un balneario antigo, así como unha ara dedicada ás Ninfas. As primeiras escavacións arqueolóxicas, baixo a dirección de Alfredo Seara Carballo, foron nos ano 1987 e 1988 entre as Burgas de Abaixo e as Burgas de Arriba en que saíron á luz materiais datados entre mediados do século I e III d. C. As intervencións arqueolóxicas dos últimos anos evidencian a existencia dun importante complexo termal curativo e relixioso instalado arredor do século I d. C. Coñécese unha piscina rectangular con seis escalóns de acceso que ocupaba un lugar central dun espazo porticado que estaría dedicado á divindade indíxena Reva Anabaraego. A piscina sería amortizada arredor do s. II d. C. ao edificarse sobre ela un complexo termal de carácter hixiénico relacionado cunha domus e que estaría en funcionamento ata principios do s. IV d. C. (Otero Grandal, Rodríguez Cao e Cordeiro Maañón, 2012).

Ara de Casixova (Velle): Mal estado de conservación, parcialmente recortado. Conserva o foculus. Foi atopada por Manuel Blanco Guerra. Rodríguez Colmenero (1997) le: "A(ram) D(eo) C(onservatori)? / MARTI / NAKIUS / V(otum) S(olvit) L(ibens)", (Nakius, cumpriu o seu voto de boa vontade, ao deus Marte Conservador"). Abascal Palazón e López Fernández (2025): "DEO / MARTI / MARIVS/ SATVR /[inus---] /", ("Marius Saturninus dedicou este altar ao deus Marte [---]"). No Museo Arqueolóxico.
Ara ás Ninfas do mar (Canedo): Atopada de forma casual por José González Paz no ano 1958, facía de soporte dun banco no pazo de Canedo. O primeiro que a publicou foi Xaquín Lorenzo Fernández. Como ben aclara o arqueólogo José María Eguileta Franco (La Región do 7 de xaneiro de 2022), o feito de que aparecese de forma casual, sen que se saiba o tipo de xacemento do que procede, limita a súa interpretación. "NYM(phis)/MARI(nis)/AC(illus) CA(tulus)/AST(uricae) AVG(ustae)/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Accilio Catulo, asturaugustano, cumpriu libremente este voto ás ninfas mariñas"). Hispania Epigraphica sitúaa erradamente en Maside. No Museo Arqueolóxico de Ourense.

Ara (Santomé): Descuberta por Blanco Guerra cara o 1980 no muro dunha vivenda próxima ao castro de Santomé. Lectura, segundo Abascal Palazón e López Fernández (2025): "GEN[io ?]/[-c.2-]CR+/[-c.3-] L(ucius) VA(lerius)]/[L]upus/EQ(ues) LG(gionis)/VII D[e(cianae) ?]/------?", ("L(---) Valerius Lupus, xenete da lexión VII (Gemina Pía) Deciana, dedicou este altar ao Genio [---]". No Museo Arqueolóxico.
Ara: No antigo Pazo Arcebispal, ata non hai moito estaba reaproveitada nunha parede. Foi extraída durante as obras do Museo Arqueolóxico no ano 2023. Lectura: [------]/[---]AECV[S]/[--- SE]VERVS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M (erito)", ([---]+aecu[s] Severus dedicou este altar para [---] e cumpriu o seu voto libre e merecidamente").
Ara: Fragmento atopado por García Valdeiras no ano 2004 nunha casa da Praza Maior. S. I-II d.C.: "[------]/ARRIA[---]/PATRVI/NA", ("Arria Patruina...").
Ara: S. II d. C. Atopada no ano 1835 nunha horta de Camiño Caneiro, propiedade do Cabido da catedral, polo coengo Pedro Telmo Hernández; actuaba como pedestal dunha mesa de pedra, pero previamente fora trasladada dende Reza nunha data non determinada. Bedoya deu parte á Academia da Historia no ano 1836. Polo propio Bedoya sábese que antes de 1841 foi levada "al patio nuevo de la catedral". Lese: "TELLVRI/C(aius) SVLP(icius)/FLAVVS/EX VOTO", ("Dedicada por Caius Sulpicio Flavus a Tellus"). Abascal Palazón e González-Conde Puente (2024) din que que o culto a Tellus é tan excepcional que só está representado nun fragmento da provincia de Cuenca. No Museo da Catedral de Ourense.
Ara (Velle): Atopada por Manuel Blanco Guerra no lugar da Granxa. Anepígrafa. No Museo Arqueolóxico.
Ara aos Deuses Manes: Atopada nunha casa da rúa Ervedelo no 1947. S. I-II d.C.: "D(is) M(anibus) S(acrum)/LIC(iniae) AMAN/DA E LIC(inius) SE/NVS CONIV/GI PIENTISS(imae)", ("Consagrada aos Deuses Manes. Licinius Senus dedica este altar a Licinia Amanda, a súa esposa piadosísima"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Aras do castro de Louredo (Mugares-Toén): Castro lindeiro co concello de Barbadás. Apareceu tanto cerámica castrexa como romana e dúas aras, unha adicada a deusa Diana e outra "dobre" a Xúpiter. Nunha lese: "DEAN(a)E/FA(bius?) SAT/VRNI/NVS/EX V(oto) P(osuit)", ("Fabius Saturninus levantou este altar a Diana, por un voto realizado"). Na parte superior está decorada con oito rolos superpostos; a basa presenta na súa parte inferior un pequeno oco aberto. Atopada no mes de febreiro de 1898. Adquirida pola Comisión de Monumentos de Ourense a principios do século XX. Nunha carta do 1 de abril de 1903 de Arturo Vázquez Núñez ao P. Fidel Fita achega un croquis do lugar da aparición da ara que sitúa na parroquia de Reza, concello de Ourense, daí que a achegue eiquí, aclarando que non se trata da aldea de Reza da parroqia de Carracedo (A Peroxa). Foi descuberta polo labrego Antonio Calviño no monte Louredo. No Museo Arqueolóxico de Ourense. (Ver concello de Toén).

Ara a Tutela (San Tomé): Descuberta polo concelleiro de Ourense Manuel Blanco Guerra no ano 1971 na escaleira exterior dunha vivenda próxima ao castro de Santomé. Como se ve na foto que achego, foi utilizada como asento pola señora Paca (dona Francisca Fernández), de Santomé, durante máis de 50 anos. Fora traída do castro "hará cosa de unos cincuenta años". Lectura, segundo Rodríguez Colmenero: "TVTELAE/L(ucius) TERTIVS/CAPITONIS (filius)/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Lucius Tertius Capitonis, cumpriu o seu voto a Tutela de boa vontade"). Abascal Palazón e López Fernández (2025): "TVTELAE/EPHEBVS/CAPITONIS (servus)/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Ephebus, escravo de Capito, cumpriu a súa promesa a Tutela. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara ás Ninfas: Adicada por Calpurnia Abana: "NYMPHIS/CALPVRN/IA ABANA AEBOSO/EX VISV/V(otum) S(olvit) L(ibens)", ("Calpurnia Abana, da comunidade dos Aebosoci, ofreceu este voto ás Ninfas deusas destas augas, con motivo dunha visión que tivo"). O problema radica na interpetación, segundo Abascal Palazón e López Fernández (2025), na voz Aeboso, que Hübner puxo en relación cos Aebisoci que aparecen mencionados no Padrao dos Pobos, en Chaves, non desbotándose que faga refrencia a un castellum Aebosum de onde puidera proceder Calpurnia. Foi descuberta no ano 1802 na coñecida como Casa da Tenencia (onde está o colexio das Xosefinas) cando un home chamado Gabriel Gómez levantou no lugar unha fábrica de curtidos. Do achádego deu traslado por carta (cun debuxo e varios erros) no 1803 á Real Academia da Historia o avogado e fiscal asturiano Juan Pérez Villamil (1754-1824). Posteriormente, ao reedificar don Santiago Sáenz a fábrica, colocou a pedra como coroamento dunha fonte de auga quente, poñéndolle unha cruz como remate, onde continuou ata o ano 1897 que pasou ao museo da Comisión provincial de monumentos históricos e artísticos de Ourense, regalada por dona Lucía Cabello Sáenz. No Museo arqueolóxico de Ourense.
Ara a Reve Anabaraego: Apareceu ao derrubar o interior dunha casa da rúa Cervantes a comezos do ano 1991. A cabeceira foi repicada, sen que poida distinguirse nin o foculus nin os rolos, faltándolle tamén a base e unha das caras laterais: "REVE/ANA/BARA/EGO", ("A Reve Anabaraego"). Trátase dunha dedicatoria a un deus indíxena acompañada dun epíteto tamén indíxena. Prósper (2001) relaciona a Reve coas augas, e Moralejo (2002) coas propiedades curativas da divindade.

Aras a Reve Anabaraego: Nas escavacións levadas a cabo entre 2005 e 2013 na Casa dos Fornos saíron á luz varias aras tamén dedicadas a esta deidade, ademais doutros materiais onde salienta un camafeo coa representación do baño de Venus e moedas interpretadas como ofrendas. 1: "REVVE/ANABAR(aego)/QVINTIO/DOMITI/ORVM L(libertus)/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("A Reve Anabaraeco, Quintio, liberto dos Domicios, cumpriu o seu voto de bo grado"). 2: ""REVVE/ANABAR(aego)/ C(aius) FABERIVS/HYMETVS//V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("A Reve Anabaraego, Caius Faberius Hymetus, cumpriu o seu voto de bo grado"). 3: "REVVE AN/ABAREGO/T(itus) FLAVIVS/FLAVINVS", ("A Reve Anabaraeco, de Titus Flavius Flavinus"). 4: "REVVE/ANABARA/EGO/SEVERVS LV/PERCI/ V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito"), (A Reve Anabaraego. Severus, fillo de Lupercus, cumpriu o voto de bo grado"). 5: "REVVE AN(abaraego)/MEMMIVS/EVARISTVS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("A Reve Anabaraego, Memmius Evaristus cumpriu o voto de bo grado"). O culto a Reve está documentado en máis de 20 altares descubertos tanto na parte septentrional da Lusitania como no sur da antiga Gallaecia, sobre todo no enclave asociado ás Burgas, en Ourense, ou no concello limítrofe coa capital provincial de Pereiro de Aguiar, descuberta por nós a principios do ano 2025 (Ver Pereiro de Aguiar).
Ara a Reve Anabaraeco:
Ara sobre a que existe debate sobre a súa procedencia. Segundo Hübner, a inscrición procede de Ruana (Trujillo-Cáceres) se ben
semella que provén de Galicia xa que o teónimo co mesmo apelativo foi
atopado na Casa dos Fornos, na cidade de Ourense, que é onde a sitúa
Prósper (2009). No primeiro volume do Novus thesaurus veterum inscriptionum de Ludovico Antonio Muratori (1739) di que se atopaba "in vico Ruanes in Gallaecia" e do que tivo coñecemento grazas a unha comunicación do xesuita P. Andrés; esta información pasou logo a Juan Francisco Masdeu que a publicou na Historia crítica de España y de la cultura española (1783). Logo recolleuse, a partir do século XIX, na bibliografía galega. Moralejo (2002) lévaa para Castro Caldelas. Dise que T. Hervella escribiu que se atopaba
en Rubiana no 1740, e
cara o 1925 foi para ao Museo Diocesán de Astorga (actual Museo de los Caminos), desparecendo despois; pero esa atribución a Hervella é falsa, xa que no único artigo en que se ocupa da inscrición non trata diso. Tamén a cita o P. Fidel Fita en 1911. Hai que cre que Muratori non quixo dicir Ruanes, senón Rubianes, o Rubiá da comarca de Valdeorras. Nun appunte de J. Cornide, que toma dunha ficha de Antonio Mateos Murillo que recolleu o texto de Muratori, que se atopa no arquivo da Real Academia da Historia, lese: "REVVE ANA/BARAECO/APER
ALBINI F(ilius) TVROLVS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Aper, fillo de Albinus, do populus dos Turoli, dedicou este altar a Reve Anabaraeco").
Ara a Xúpiter: Descuberta por Ferro Couselo no 1963 no antigo pazo episcopal para convertelo en Museo. Lectura: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)/C(aius) C(---) R(---)/V(otum) S(olvit)", (Caius C(---) dedicou este altar a Xúpiter Óptimo Máximo en cumprimento dunha promesa"). Bouza Brey e Lorenzo leron: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)/COR(nelius)/V(otum)". S. I-II d.C. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Base de columna: Atopada na catedral de Ourense a raíz dunhas obras pra instalar a calefacción no ano 1966.
Capitel: No Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1898 cítase o regalo dun capitel tardorromano feito por don Benito F. Alonso. Non cita o lugar do achado.
Castro de San Pedro de Outeiro (Cudeiro): Romanizado, afectado polas obras dunha autostrada.
Colexio das Xosefinas: Preto das Burgas. Otero Grandal escavou no patio do colexio no ano 1996, documentándose varias estruturas romanas de índole termal (natatio e hypocaustum), datadas no século II d. C. Recuperáronse fragmentos cerámicos, tres con grafitos post-cocción dos seus posesores.

Igrexa de Santa María Nai: Consérvanse capiteis, columnas e basas de mármore pertencentes, probablemnente, a un primitivo templo tardorromano ou suevo.
Igrexa da Trinidade: Xunto a igrexa realizouse, no ano 1941, a primeira escavación contrastada, descubríndose unha necrópole de inhumación de tégulas. No 1993 Eguileta Franco realizou unha intervención na reitoral.

Inscrición (Santomé): Bloque de granito roto parcialmente utilizado como material de construción. Foi descuberto durante os traballos de consolidación levados a cabo por Nieto Muñiz no 2019 no castro de San Tomé. Lectura, segundo Abascal Palazón e López Fernández (2025): HOC HOPVS (!)/E F FECTVM (!)/ PER SABINI (!)/[------]", ("Esta obra levada a cabo por Sabinus [---]". No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Instituto Otero Pedrayo: No ano 1997 Rodríguez Cao escavou no patio, saíndo á luz diversas estruturas e outro material.
Morteiro de Saturninus (Papón): Se ben nun primeiro momento publicouse (Blanco Guerra en La Región en xaneiro de 1973) como procedente de Santomé, foi atopado cando as obras da estrada 525. Trátase dun fragmento de mortarium do que só se conserva o arranque do corpo co pico vertedoiro, con dimensións máximas de 12,3 x 5,8 cm, de pasta arxilosa, moi depurada, de cor ocre. A ambos os lados da canle presenta sendas cartelas con marcas impresas. A cartela, rectangular de ángulos tamén rectos (39,8x 8 mm), contén o selo completo: "SATVRNIN(I)". (Información extraída da Peza do Mes do Museo Arqueolóxico de Ourense, decembro 2022).
Villae de Santomé: Dilatada ocupación dende época de Augusto a época tardorromana. As numerosas escavacións e a súa posta en valor, propiciaron a recuperación de epígrafes, fusaiolas, lucernas, vasos de vidro, terra sigillata, escouras de fundicion, a figura dun cabalo nunha fibela de cinto do século IV d. C, un exemplar de bronce dun stilus (utilizado para a escritura sobre taboíñas enceradas, material relacionado coa odontoloxía e o oído cunha inscrición dado a coñecer por X. Rodríguez), etc. Apareceron restos de dous edificios, un residencial e agropecuario, organizado en torno a un impluvium central, e outro cunha galería con pequenas habitacións (cubicula), unha cun curioso sistema de calefacción; o edificio principal organizábase en torno a un pequeno patio (séculos III-V d. C.). Eiquí atópase o Túnel da Moura que segundo a lenda ía dar ao río Loña.
Rúa Cervantes (Ourense). Estruturas habitacionais.
Reza Vella: Nas obras de acceso do AVE atopáronse restos do que puidera ser a Via VIII (ruta secundaria da Via XVIII) que unía Ourense con Tui, Lugo e Monforte. Tamén apareceron muíños, tégulas e o que semella unha sepultura que poderían formar parte dunha villae situada preto da zona termal. Transcorrido algún tempo do achádego, o arqueólogo J. María Eguileta e os técnicos que dirixiron as escavacións preguntaron á Xunta de Galicia se non existía outra alternativa para a entrada do tren en Ourense que permitira a conservación dos restos. Da noite para a mañá o xacemento foi destruído. No ano 2011, o arqueólogo Mario César Vila atopou na capela de Santa Catarina da reza Vella dous grafitos cerámicos do s. II d. C. coas inscricións"MVS[---]" e "[---]NIS".

Miliarios da Fonte do Souto (Vilar de Astrés): Entre Sartédigos e Madrosende, xunto o camiño que vai á Venda Nova (Amoeiro), xunto o Camiño Real, vense nove fragmentos de posibles miliariosrReutilizados nos peches de fincas. Non teñen inscricións.
Miliario: Anepígrafe, atopado cando as obras dun edificio na rúa Ensinanza, no barrio do Couto.
Moedas (Ourense): Moeda de bronce de Tiberio preto das Burgas e outro mediano de bronce na rúa do Vilar. Moeda de Probo preto do Castelo Ramiro. No Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1898 cítase o regalo de moedas de bronce, atopadas na cidade, á Comisión de Monumentos de Ourense por don Eduardo Martínez.
Vía: Preto do Colexio Público de Mende, restos de enlousado da vía que ía dende a Ponte Loña ata o castro de Santomé.

As Carballas (Velle): En La Región do día 28 de xullo de 1972, Blanco Guerra di que nas Carballas, máis abaixo da aldea da Granxa, apareceron unha piastra, canles dun acueduto, tégulas e ladrillos romanos.
A Mora (O Pereiro-Palmés): Asentamento aterrazado de forma cuadrangular, con posible foxo colmatado.
A Mora (O Pereiro-Palmés): Asentamento aterrazado de forma cuadrangular, con posible foxo colmatado.
O mítico Monte Medulio, tamén en Castro de Beiro: Villaamil y Castro, nun
artigo escrito no ano 1861 no Album de la Caridad. Juegos Florales
de la Coruña, recolle varias inscricións citadas nunha carta que
Fr. Pablo Rodríguez lle enviou a José Cornide o 11 de abril de 1788. As
inscricións (“que fueron removidas y colocadas en los sitios más
inmundos y asquerosos de cerdos, caballerizas...”) di que apareceron na
casa do cura de Santo André do Castro de Beiro, entre outras unha onde aparece o Medulio: “L
LICINS / DEIVSVS / IOVIO / MEDVLLIO / LARICO”. Ademais de Fr. Pablo
Rodríguez e Villaamil, tamén se fixo eco dela o mesmo Enrique
Flórez. Pero resulta que todas eran unhas falsificacións, un
invento do que fora cura de Castro de Beiro Juan Fernández Boán
(1587-1639) quen, xunto co seu irmán Pedro, encheron Ourense de
historias inventadas na primeira década do século XVII, e todo “para
aumentar el lustre de su familia” (Abascal Palazón, 2019), das que xa dera conta Ferro Couselo (1995). Houbo
que esperar ao CIL de Hübner en 1789 para botar polo chan estas
burdas falsificacións.
As outras epígrafes falsas do Castro de Beiro: Continuado co anterior, Fr. Pablo Rodríguez di a Cornide que as inscricións "se hallaron el año 1772 en varios sitios y paredes bajas de la casa del cura de San Andrés de Castro...". Nunha di que se lía: "L. SCIPION. C./SILLANO. CN./MACON. GAD./T. FONTEIO. P. S.". Continúa que "introducida en una pared" víase a epígrafe: "HADRIANS. IMP. AVG./COS. III. P. P. ATARACO/PEDIT VIAM LUSITANI/BETICAN LEGION". Noutra di que colocada "al batiente de la puerta que abre la bodega": "IMP. NERVA/TRAN. CE./AVG. AMP./P. M. ALODI/CO VIAM/FECIT". Tamén é falsa unha que din situada "a tiro de mosquete de Castro": "m . agripa . p . car et . fir . ant . leg ...". Outras dúas, pero xa medievais, di que estaban nun muro da igrexa e nunha pena dunha aira. Cómpre aclarar que Fr. Pablo Rodríguez non as tiña todas consigo a respeito da autenticidade dalgunhas inscricións inventadas polos irmáns Fernández Boán.
Grafitos: Nas distintas escavacións, tanto na cidade como en Santomé, apareceron grafitos cerámicos en recipientes de terra sigillata e tégula, algúns moi deteriorados. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Museo Arqueolóxico de Ourense:
Con monumentos de toda a provincia. O edificio, situado na Praza Maior, no antigo Pazo do Bispo,
leva anos pechado por obras. Algunhas pezas expóñense no
convento de San Francisco.
Museo da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense: Nunha foto do ano 1923, publicada en Vida Gallega, vense varias pezas de época galaico-romana onde creo distinguir unha ara a Diana e outra ás Ninfas, e un miliario a Traxano procedente de Xunqueira de Ambía.
PADERNE DE ALLARIZ
Ara de Coucieiro: Descuberta en 1978 por M. Menor Currás, J. González Paz e J. F. Romero no patio da reitoral. En granito, na actualidade atópase no interior da igrexa parroquial. Ensanchóuselle o foculus para convertela en pía de auga bendita. Baquetón resaltado na parte superior. Na parte frontal ten un burato circular. Lectura: "TVTELLA[E]/BERISI/SILO SILO/NIS/V S L M", ("Silo, fillo de Silo -dedicou este altar- para Tutella Berisis cumpriu o seu voto libremente"). O epíteto pode facer referencia a un topónimo que se cita nunha inscrición de San Juan de Godán (Asturias), onde se le: "FLAVS AVLEDI F(ilius) CABARCVS (castellum) BERISO".
PADRENDA
Ara en A Fonteíña ou Fonteiriña (Gresufe-Crespos): Século I-II d.C. Atopada por don Xosé Álvarez, dono do eido da Fonteiriña, no mes de maio de 1927. A cabeceira, con foculus, está rota pola parte dereita. Publicada por Florentino Cuevillas no 1927. Lectura: "IOVI O(ptimo)M(aximo) VOT(um)/TITVS/ALBINI (filius) R/ETUVLIT/LIBENS/MERITV/M(onumentum)", ("Titus, fillo de Albinus, ofreceu con rendida devoción un merecido voto a Xúpiter Óptimo Máximo"). Na actualidade atópase nunha casa dos Loureiros, en Valongo.
Ara de Santa María do Condado: Na igrexa parroquial de Santa María do Condado hai unha ara de granito con tres molduras na parte superior coa epígrafe debaixo que foi reutilizada como pía de auga bendita agrandándolle o antigo foculus. Se ben xa se sabía dela a principios do século XX, Bouza Brey, acompañado do seu irmán político, visitouna o 2 de outubro de 1942, publicándoa no número 25/26 do Boletín da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Lugo no 1948, El ara de Santa María del Condado (Orense) y otra del Museo de Lugo. Leu: “SVLEN SAN(c)TV GAICIS FLAVSANVS FLAVSI V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)”, (“Ao sol santo Gaicis Flausanus, fillo de Flauso, cumpriu de boa vontade este voto”). Pero, en estudos posteriores, traduciu “Flavio Falus cumpriu libremente este voto a Suleae Nantugaicae” (á lectura de Bouza coido importante facer un par de achegas. A Raúl Villanueva fáiselle raro ese “FLAVSI” xa que o nexo “AV”, di, ou é V ou é S. José María Bello Diéguez propón, entón: “FLAVIN / VS FLAV(i filivs?) / V.S.L.M”). Tranoy, a partires da súa comparación coa deusa britana Sulis que era adorada no santuario termal de Bath (Avon), coas Matres Suleuiae e, por outra banda, tendo en conta que o radical Nantu- vincúlase ás fontes, estableceu que estas deusas serían as protectoras dalgunhas fontes e mananciais. Abascal Palazón e López Fernández (2025), len: "SVLEIS/[.]ANTV/GAICIS/FLAVIN/VS FLAI/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Flavinus, fillo de Flavus -dedicou este altar- para as deusas Suleis [.] antugaicis (dativo) e cumpriu o seu voto libremente"). A similitude coa deusa britana Sulis fai que se considere unha deidade protectora de fontes e mananciais. Levaba anos querendo fotografar a ara pero sempre atopaba pechada a igrexa, por máis que buscaba unha foto actual todos os traballos inserían a de Bouza. A mediados de decembro de 2022, grazas a amabilidade do párroco e do sacristán, conseguín vela. Pouco despois de colgala no facebook, Perfecto Ramos contoume a historia do traslado da ara para a igrexa de Santa María do Condado, unha historia descoñecida que lle agradezo me achegara e permitirme reproducila no meu blog. Eiquí a deixo: “Alégrome que conseguiras contemplar esta ara, pero hai unha cousa importante que aclarar sobre a súa historia. Bouza Brey e o seu cuñado estiveron de conversa cun veciño que andaba a traballar nunha veigha a carón da igrexa e fixéronlle o comentario do importante que era aquela "pedra" pero posiblemente pensando que o tal home non tería moita idea de obras romanas, sacaron fotos, tomaron notas, pero non lle fixeron preguntas sobre ela. El como persoa educada non se quixo entrometer nos asuntos que persoas que parecían tan importantes traerían entre mans, e se non lle preguntaron nada lle dixo. Por ser o traballo de Bouza Brey é o mais coñecido sobre esta ara, por esta circunstancia quedou instucionalizado un relato sobre a súa historia que non corresponde coa realidade. Seguindo o meu comentario anterior, aproveitando a túa publicación sobre esta ARA, vouvos relatar, e é a primeira vez que o fago público, o ocurrido na igrexa de Santa María do Condado o día 6 de outubro de 1942. Quen andaba a traballar onda a igrexa era un tio-avó meu chamado Eloi Vázquez (non sei se foi el o que lle abriu a porta da igrexa ou estaba aberta). Chegaron para vela Bouza Brey e o seu cuñado Waldo Leirós Freire. O meu tío-avó díxolle: "veñen ver a igrexa?, é unha igrexa moi antiga". Respóndeulle Bouza Brei: "Pois sí, a igrexa é interesante pero o máis importante que teñen aquí é esta pedra". O meu tío-avó escoitou o que Bouza Brey lle díxo, deixounos traballar e el seguiu coa súa faena. Cando chegou á casa contou o que lle acontecera cos ilustres visitantes. Pregúntalle a súa muller: "E non lle dixeches de onde viñera a pedra?”, “Pois non, porque non me preguntaron”. Resultado: Bouza Brey fixo o seu traballo e publicouno con unha historia errada. A ARA chegou ó Condado levada por outro tío-avó meu (Manuel Vázquez) e irmán do Eloi que foi abade de Xunqueira de Ambía, Escuadro, Maceda e Santa María de Melias. Dun destes lugares, onde as aras son tan abondosas que andan metidas polos balados, colleuna e levouna para a igrexa da súa parroquia de orixe para darlle uso como pía de auga bendita. É unha bonita e interesante historia que me foi relatada por unha das fillas do Eloi que estaba presente cando seu pai chegou á casa a contar o encontro que tivera con dous visitantes que el non sabía, nin nunca soubo que eran. Esta historia fun coñecedor dela sin saber que podían ser os personaxes visitantes, cousa que descubrín cando localicei o traballo de Bouza Brey e vin que os dous relatos eran totalmente coincidentes. Que importante é a transmisión oral da historia para descubrir enigmas que non teñen explicación nos documentos!”.
Baños (Crespos): Asentamento romano dos séculos II-VI d.C. Existen referencias de estruturas de planta rectangular, próximas a pozas de auga medicinais.
Vestixios explotacións mineiras, de ouro e/ou estaño, utilizadas entre os séculos I-IV d.C. en Arandeiras e Os Baños.
Os Castros (San Pedro da Torre): Castro romanizado. Apareceron tégulas. Sobre el edificouse a igrexa de San Pedro. Preto do castro está o lugar de Arandeiras onde hai vestixios dunha explotación mineira de ouro ou estaño.

Ara en Pedraio (Pedraio-Santa Marta de Moreiras): O pasado mes de marzo colgaba no blog unha ara galaico-romana inédita que documentamos na comarca de Ourense pero, por distintas causas, non achegaba o sitio onde a localizara. Con motivo da presentación o día 23 de setembro de Epigrafía romana de Galicia II: Provincia de Ourense, editado pola Fundación Monteagudo, onde se recolle, completamos a información. A finais do pasado mes de febreiro, Xosé Lois López de Prado Arias, do concello de Pereiro de Aguiar, informounos da existencia dunha ara anepígrafa (sen inscrición) na
aldea de Pedraio, parroquia de Santa Marta de Moreiras, reutilizada
como asento nas inmediacións da praza. Persoados en Pedraio o 5 de marzo, a ara xa non estaba no sitio, seguramente porque foi trasladada a outro lugar ou desapareceu. Pero, como acostumamos, percorremos a aldea por si atopabamos algo. A nosa sorpresa foi grande cando, reutilizada horizontalmente no muro dunha casa, vimos unha pedra de granito cunha inscrición en latín, e máis sorpresa nos causou cando comprobamos que se trataba, sen dúbida, dunha ara galaico-romana. Aínda que a epígrafe, gravada en cinco liñas, atópase bastante erosionada na parte central, lemos claramente “ANABA / RAEGO”, e na última a habitual fórmula, abreviada, “V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)”, onde a persoa que mandou facela sinala que cumpriu a promesa feita a unha divindade. Aínda que cómpre ser cautelosos, é probable que figurara o nome de “REVE” ou "REEVE" que, xunto co epíteto “ANABARAEGO”, faría alusión a unha deidade autóctona. Ata o presente, as aras dedicadas a Reve Anabaraego concentraban a súa presenza en media ducia de epígrafes aparecidas na cidade de Ourense. Visitada polo profesor da Universidade de Alicante Juan Manuel Abascal Palazón uns días despois de que lla comunicaramos, completouna do seguinte xeito: "[R]e[ve]/Anaba/raego/C(aius) Fanniu/s Cluan/tis V(otum) S(olvit) L(ibens)", (Caius Fannius Cluantis dedicou este altar a Reve Anabaraego e cumpriu seu volto libre e merecidamente"). A ara,
na súa parte superior, foi repicada, perdendo as letras onde figuraba o teónimo REVE. Queremos deixar claro que, aínda que non localizamos a ara sen inscrición da que nos falou Xosé Lois, senón fora por el seguramente non documentariamos esta con epígrafe. O que nunca saberemos, ao estar descontextualizada, é a procedencia exacta desta de Pedraio, se ben é probable que non estaría moi lonxe. Despois de comunicarllo ao Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia en Ourense, foi visitada polos seus arqueólogos e catalogada.
Ara ao Lar Circeiebaecus: (Os Gozos-Santa Marta de Moreiras):
Nalgunhas partes lemos que formaba parte da parede da igrexa de Santa
Marta de Moreiras, pero cremos que esta ara é a que se atopaba no ano 1973 nas inmediacións do
Santuario da Virxe dos Gozos, vendida por un párroco ao museo de Ourense, segundo nos dixeron, por "catro cadelas". Aos
Lares Circeiebaeco Proeneaego: "LARI CIRCEI/EBAECO
P/ROENETAE/GO L(ucius) CAMP/ANIVS MAC/CER V(otum) S(olvit) L(ibens) A(nimo)", ("Lucius Campanius Macer ofreceu con agrado o seu voto ao Lar Circeiebaecus Proeneitaegus"). O nome Campanius só está documentado dúas veces en Hispania, e ambos na provincia de Ourense. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Dedicatoria (Calvelle): Desaparecida. "TOROLO/COMBICIEGO/M(arcus) ARRVNTIS/RVFVS V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Marcus Arruntius Rufus cumpriu de bo grado o seu voto a Torolo Combicego"). Citada por Jerónimo Román de la Higuera no seu Historia eclesiástica de España (1570-1611); segundo achega María R. Hernando Sobrino, o informante de la Higuera foi Pedro González de Acevedo (1534-1609), bispo de Ourense, polo que a noticia tería certa credibilidade xa que de la Higuera é famoso por falsificar e desfigurar textos antigos. Na espadana da capela de San Pedro de Pías, en Maceda, hai unha ara reutilizada dedicada a esta divindade.

Inscrición (Santa Marta de Moreiras): O citado máis arriba, o xesuíta e historiador Jerónimo Román de la Higuera (1538-1611), fala dunha "hermita de S. Juan" en cuxa parede había empotrada unha inscrición, de dubidosa existencia, co texto "SEVER /MEMORIEM".
Os Gozos (Santa Marta de Moreiras): No ano 1839 o arquitecto e enxeñeiro de camiños, natural de Monforte de Lemos, Alejo Andrade Yáñez (1793-1844) envía á Real Academia da Historia a noticia dun miliario e unha das moedas que apareceron xunto a capela dos Gozos. No mesmo documento, J. B. Barthe informa sobre os dous descubrimentos, dicindo que a moeda é do emperador Augusto, coa lenda "C L CAESARES.AVG.F.COS.DES.PRINCIP IVVENT".
Monte do Castelo de Parada (Parada-Sabadelle) e o Penedo das Letras (San Salvador-Vilariño): Segundo algunhas hipóteses, neste monte sitúan outra das ubicacións do lendario Medulio baseándose, para elo, nunha inscrición esculpida con caracteres maiúsculos (estudada primeiro por Ferro Couselo (1971), e logo por Bouza Brey e Rodríguez Colmenero) que hai nunha peneda situada non moi lonxe, ao pé dun antigo camiño real coñecido polo nome de Portocarro que comunicaba San Salvador con San Miguel do Campo (Nogueira de Ramuín). Poden faltar fragmentos desprendidos en época histórica, co que o texto puido ser máis longo e ter máis sentido. Lese: "SICENATA PACATA", escrito, crese, en dúas linguas distintas (a primeira palabra dise que céltica, e a segunda en latín) que Ferro Couselo traduciu como "Quietos (ou vencidos) e pacificados" (daí o do Medulio). A Ferro Couselo facilitoulle a información o veciño D. Eduardo García Diz. Nalgún momento tense identificado o texto como unha evidencia de xentes que habitaban este territorio, e mesmo se ten proposto que teña que ver coa adquisición de terreos. Malia o dito, a etimóloga Dolores González de la Peña di que "é máis verosímil considerar que estamos ante unha inscrición latina feita por un falante dunha antiga lingua xermana (suevo), na que se perciben as tendenzas fonéticas propias do antigo alto alemán que deturpan a escritura da lingua latina. En dita inscrición, do século V, deixaríase constancia da pacificación acordada cos galaicos auregenses dos que falaba Hidacio". Continúa que "Ó identificar SICENATA como participio do verbo signare faise necesario considerar PACATA como substantivo (latín pactum). É dicir, é imposible que aquí PACATA sexa participio do verbo latino pacare, "pacificar": non pode lerse con dous verbos *asinada pacificada, pois signare esixe un obxecto". (O desenvolvemento da inscrición pode verse no blog de Dolores González, arqueotoponimia, escribindo no buscador "arqueotoponimia Sicenata"). O monte Castelo puido acoller unha fortaleza roqueira altomedieval, cun magnífico control visual co río Miño e outras fortalezas próximas.

A PEROXA
Ara: Hispania Epigraphica recolle unha epígrafe que, entre interrogantes, di que apareceu en "A Peroxa, La Barra".
No concello, o único núcleo de poboación que leva este nome é Barra de
Cima, na parroquia de Graíces. Ao parecer estaba dedicada a Mercurio: "MERCVRI / I(- - -) S(- - -) V(otum) / S(olvit) L(ibens) M(erito) / B(ono) D(eo)". Por moito que busquei non conseguía máis información; normal, pois esta peza non procede da Peroxa, senón do Bierzo, de La Barosa (Carucedo), lindeira coa Serra da Lastra. Foi atopada polo integrante do Instituto de Estudios Valdeorreses José Fernández Pérez. Comentoume José que é unha peza de mármore roxizo. Nun principio estivo no Museo de la pizarra de San Pedro de Trones (Puente de Domingo Flórez), na actualidade atópase no Museo Arqueolóxico de León.
Ara de Celaguantes: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo) / VILANVS/ P(ius) III (terties) P(ossuit)", ("Vilanus Pius dedicou este altar, por terceira vez, a Xúpiter Óptimo Máximo"). Abascal Palazón e López Fernández (2025) propoñen: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)/IVLI AN(us)/P(ius) EI P(posuit)", ("Para Xúpiter Óptimo Máximo puxo (este altar) Iulianus, seu devoto"). Perdeu o zócolo e o coroamento, conserva o foculus superior. Foi doada ao Museo Arqueolóxico de Ourense no ano 1984.
A Mirteira (A Peroxa): Preto do Igrexario da Peroxa Vella. Apareceu tégula e cerámica común. No mes de maio de 2025, en superficie, atopei anacos de cerámica, mármore e vidro.
Cima do Agro (Besteiros-O Souto): Tégula e cerámica común.
PETÍN
Lápida: Apareceu peto da ponte da Cigarrosa e logo levada para A Rúa. De caliza marmórea. Adicada a Lucio Pompeio Reburro Fabro que apareceu, segundo relato de Marcelo Macías (1929), preto da ponte da Cigarrosa (Petín). No ano 1680 levárona para a igrexa parroquial do Santo Estevo da Rúa onde a colocaron no altar maior e, anos despois, no muro da casa onde se pode ver hoxe en día. Segundo Marcelo Macías, a principios do século XX, a casa pasou por herencia a unhas señoras de Larouco, e ao vendela o levaron a lápida canda elas a Larouco. Enterada a Comisión Provincial de Monumentos de Ourense, esixiu que fose devolta á Rúa ou levada para o Museo Arqueolóxico; ao final colocárona de novo na casa. A súa importancia vén dada, sobre todo, porque por ela coñécese o nome de Calubriga, poboado dos Gigurros. Lectura: "[L(ucio)] POMPEIO L(uci) F(ilio)/POM(ptina) REBVRRO FABRO/GIGVRRO CALVBRIGEN(si)/PROBATO IN COH(orte) VII PR(aetoria)/BENEFICIARIO TRIBVNI/TESSERARIO IN centuria)/OPTIONI IN (centuria)/SIGNIFERO IN (centuria)/FISCI CVRATORI/CORN(iculario) TRIB(uni)/EVOC(ato) AVG(usti)/FLAVIVS FLACCINVS/H(eres) EX T(estamento", ("Para Lucius Pompeius Reburrus Faber, fillo de Lucius, censado na tribo Pomptina, Gigurro orixinario do encrave de Calubriga, que foi recrutado para a cohorte VII pretoria, onde exerceu como beneficiario do tribuno, teserario da súa centuria, aspirante a centurión, portaestandarte, responsable financieiro, corniculario do tribuno da súa cohorte e foi condecorado antes do seu falecemento. Flavius Flaccinus, o seu herdeiro, fixo este monumento en cumprimento do seu testamento").

As Barrancas (Portomourisco): Explotación mineira a ceo aberto.
O Buraco ou Cavorco de Olivedo (San Paio-Santa María de Mones): Trátase dunha gran cunca mineira aurífera emprazada na ladeira norte dun gran espigón de lousa, a unha altitude de 650 metros. Polas súas características xeolóxicas atopámonos ante a presenza aurífera de tipo primario a ceo aberto. No lugar pódese apreciar un gran buraco ao que semella que ven desembocar unha serie de canles de subministro de auga captadas algúns metros máis arriba no regato Olivedo.
Campamento romano da Cabeza do Pau: Entre Montes e Santoalla do Monte, a maís de 1.200 metros de altitude. Dispón dun parapeito de pedra que delimita unha área de 11 hectáreas.
Canle romana do Mondón: Levaba a auga do río Xares ata unha explotación aurífera situada en Vilarnuide, no concello de Quiroga. Unha obra de enxeñería, en parte sobre cantíl de grandes pendentes, e que leva auga que transcorre a media ladeira, pola marxe dereita do río, dende arriba da presa de Santa Olaia ata á Portela de Portomourisco, en Petín, onde se interna na conca do río Sil. Desaparece nun gran treito por terreos agrícolas, e aparece de novo por debaixo do lugar de Seadur, xa no concello de Larouco. Conserva trazas da súa estrutura a través do seu percorrido, coma as grandes rochas cortadas, e muros de contención para asentar o leito. A lonxitude sería duns 14 km. (Información de Elixio Vieites).
Canle do Monte Meixoallo (Freixido): Canle de condución de augas para a explotación aurífera de Vilarnuide (Quiroga) que captaba augas no regato Rapalloso.
O Castrillón (San Miguel de Mones): Castro romanizado con ampla visibilidade do val do río Sil.
Castro de Santa María de Mones: Levantábase a 410 metros de altitude, nun outeiro dominante sobre cuxa croa se edificou unha igrexa de orixe románica do século XII. A croa está arrodeada por plantacións de viñas. Tiña unhas medidas aproximadas de 160 por 105 metros. Un dos perpiaños da igrexa presenta unha inscultura do xogo de alqulerque dos "tres en raia", posiblemente de época romana. Apareceron moedas de época romana, emitidas en tempos de Grodiano, Decio, Galieno, Claudio e Magnencio, e tamén medievais. Menciónase nunha doazón de Maior Sánchez no ano 1285 ao mosteiro de Montederramo. Como recolle Madoz no seu Diccionario (1845-1850), o sitio foi obxecto de constantes espolios. Unha columna, cortada, foi reaproveitada nunha construción da aldea.
A Cigarrosa: Entre os concellos de Petín e A Rúa. No ano 1896 os integrantes da Comisión de Monumentos da provincia de Ourense Manuel Hermida, Marcelo Macías e Arturo Vázquez atoparon un mosaico de época romana na zona de A Cigarrosa; o 23 ede xuño dese ano enviaron o informe á Real Academia da Historia sobre o mosaico e outros restos aparecidos no Pombar. No ano 1969 o grupo Escarbadores, de O Barco de Valdeorras, puxo en coñecemento das autoridades a aparición doutro mosaico cando os desmontes para a construción da N-120. Para elo puxéronse en contacto cun especialista de Mérida para que o levantara, cortándose en 25 anacos dun metro cadrado cada un, almacenándose logo nos baixos do Concello de A Rúa. Aos poucos días trasladáronse ata o lugar os do Museo Arqueolóxico de Ourense, atopando un pequeno anaco dun mosaico que é o que na actualidade se conserva no Museo, dando por desaparecido todo o resto. José Fernández Pérez, de Larouco, que viu o mosaico cando apareceu e do que conserva varias fotos mercadas a un fotógrafo no ano 1981, conta que no ano 1984, estando en Mérida, atopouse por casualidade cun home chamado Inocencio que resultou ser o especialista que levantara o mosaico. Contoulle que todos os anacos quedaran empaquetados e preparados para seren montados de novo. Que pasou con eles? Onde están? Quen os levou? (Información achegada por José Fernández Pérez). Canto á mansión Forum Gigurrorum ou Forum Gigurniom como é citada no Anónimo de Rávena, ou Foro no Itinerario de Antonino que adoita identificarse coa Cigarrosa, non falta quen teoriza de que podería tratarse da Cigarrosa de Verea, nun territorio non Gigurro.

Fragmento cerámico: "MVRR".
Miliario: No
ano 2021
apareceu nunha contrución en Petín, propiedade de Manuel González "Pirri", o único miliario con epígrafe
de toda a comarca de Valdeorras. Tras a descuberta, comunicoullo a Patrimonio en Ourense que nin sequera lle devolveu a chamada. Os obreiros que o atoparon dixéranlle a D. Manuel que apareceran as "escrituras da casa". Segundo José Fernández, responsable da Sección de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Valdeorreses, foi grazas ás xestións de Santiago Ferrer que o miliario non fose levado para Ourense. Debido ao seu mal estado de
conservación, tivo que ser sometido a traballos de restauración e
consolidación. Dende
o mes de xullo de 2022 está exposto xunto a Ponte da Cigarrosa.
Dedicado ao emperador Nerva, marca a milla oitenta e cinco dende
Asturica Augusta (Artorga). Tradución: "O emperador Nerva, sendo pontífice máximo investido co poder tribunicio, pai da patria e cónsul por terceira vez, mandou colocar este miliario na milla 85 dende Astorga".
Explotación mineira (Carballal-Santa María de Mones).
O Pombal (Freixido de Arriba): Sepulcros en fosa aberta.
O Pombar (Petín): Identificado cunha das mansións da Vía XVIII do Itinerario de Antonino. Nunha ampla superficie, ocupada principalmente por viñedos, apareceron grandes cantidades de anacos de tégulas e cerámica. É coñecido dende finais do século XIX pola aparición de diversos achados reflectidos nos distintos boletíns do Museo Arqueolóxico de Ourense, así como dunha piastra visigótica e dun capitel corintio de mármore.
A Reitoría (San Miguel de Mones): O xacemento atópase emprazado na media ladeira do monte, a unha cota de 650 metros. Localizáronse anacos de tégulas. A tradición sitúa no lugar unha capela adicada a San Miguel así como un edificio que polo topónimo puidera tratarse da casa reitoral da parroquia.

A POBRA DE TRIVES
No Trives Vello localizouse un asentamento romano situado a carón da vía XVIII, nas terras dos Tiburi. As primeiras referencias aparecen citadas no ano 1898 coa aparición de lápidas, sepulturas, moedas, etc. Caamaño Gesto (1977) xa fala de muros soterrados, restos de pavimentos e materiais reaproveitados nas casas. O poboado debeu contar cunha necrópole. Identificado coa antiga Nemetobriga, mansión citada no Itinerario de Antonino, e única polis do territorio dos Tiburi, segundo deixou escrito Ptolomeo, se ben é certo que varios investigadores decántanse pola Medorra, en Mendoia, basándose nas distancias miliarias e argumentos etimolóxicos (briga indica unh lugar elevado).
Ara de Ponte Bibei: Descoñécese a procedencia, pero á vista da tradición literaria estaría preto da ponte do río Bibei, nos Cóvados de Larouco. Caamaño viuna no ano 1973 na finca da marquesa de Trives. Tranoy leu: "Io. O. M./Digo"; Rivas: "I(ovi) Oud--/digo", afirmando que existen repicados ao final da primeira liña; Caamaño: "Iovo La/dico"; Colmenero: "Iov-i(nexo v-i) O(ptimo) La/dico". Malia o anterior, a lectura correcta sería: "IOVI O(ptimo) LA/DICO IV(li(u)S GR/ACILIS/EX VOT(o)", ("Iulius Gracilis -fixo este altar- para Xúpiter Óptimo Máximo en cumprimento dunha promesa").
Dúas aras dedicadas a Nabia Sesmaca (?): Nunha, desaparecida, líase: "NAVIAE/SESMA/CAE V(otum)/Annius", ("Annius ofrece este voto a Navia Sesmaca"). Na outra, tamén desaparecida: "NAVIAE/ANCETOLVS/AVRI(ensis) EXS/(C invertida de castellum)/SESM(acorum?)/VOTVM.../POSSIT [---]/Q(uoius) E(um) C(ompotem [---] F(ecit)", ("Ancetolus Auriense, do castellum Sesmacorum (?) ofrece este voto a Navia"). Murguía (1901) atribúe a Cornide a noticia dunha ara de época romana dedicada á deusa Navia aparecida en Sésamo (Culleredo), se ben o segundo nunca citou esta localidade, lendo "NAVIA/ANCETOLV/ARI EXS/SESA/VOTVM/POSSIT/[---]". O P. Fidel Fita (1903) lévaa para a Pobra de Trives. A ara xa figura recollida por Hübner na edición do CIL II (1869). Os bocetos consérvanse na Real Academia da Historia de Madrid. Creo que debe tratase da mesma.
Ara aos Lares Viais (Trives Vello): Con zócolo e coroamento moldurados, fáltalle o extremo esquerdo. Estudada por Taboada Chivite. Descuberta no ano 1901 nunha casa propiedade de don Darío Rodríguez; estaba en posición invertida, actuando de basa dunha columna de madeira que sostiña unhas escaleiras dun alpendre; utilizouse como pedra de afiar fouces. Segundo Taboada, en 1976 estabaen Trives onde a atopou Luis Carballo quen, por medio de José González Paz, llo comunicou a Taboada Chivite. Caamaño (2009) di que foi levada a Ourense e depositada na casa de Luis Carballo. Na actualidade atópase nunha propiedade privada en Vigo. Lectura: "LARIBVS/VIALIBVS/[.]ALLIVS/MAXIMVS/EX VOTO", ("Vallius Maximus puxo este altar aos Lares Viais").
Ara de Vilanova: Do s. II d.C. Actuou como pé de altar sostendo un taboleiro do s. XV-XVI, logo tapado por un altar barroco. Foi atopada no ano 1969 ao realizar unas obras na igrexa. Peza rectangular de preto de 1,30 metros de alto e 0,55 de ancho coa inscrición: "SEVERVS FL/AVINI FIL(ius)/IOVI OP(timo) MA(ximo)/V(otum) L(ibens) S(olvit) M(erito)", ("Severus, fillo de Flavinus, puxo este altar a Xúpiter Óptimo Máximo en cumprimento dun voto"). Hai quen sitúa en Vilanova a mansión Nemetobriga. Situada fronte a porta principal da igrexa.

Ara (Ponte Navea): Anepígrafa.
Lápida funeraria (Souto do Padrón-Trives Vello): Descuberta no ano 1894 nun lugar onde había gran cantidade doutros restos romanos. Dalí pasou a formar parte dun muro, onde a copiou Manuel Hermida. Segundo unha carta dirixida por Arturo Vázquez Núñez a Gabriel Puig y Darrás, en marzo de 1894 ingresou no Museo da Comisión de Monumentos de Ourense, adiantándose ao P. Fidel Fita que a quería levar para a Real Academia da Historia de Madrid coa intermediación de José Santiago que puxara por ela (Abascal, 2021). Publicada por Fita no ano 1896 no Boletín da Real Academia da Historia nº 28. No incendio do museo no 1927, onde se atopaba, sufriu varios danos. Dada entre os séculos I-II d.C. Lectura de Abascal Palazón e López Fernández (2025): "POPILLIVS HI/RSVTVS FLAVI/VENDIECI F(ilius) LANCI(ensis)/ C (invertido) DOMO VA/COECI AN(norum) XXXII/H(ic) S(itus) E(st), (?)", ("Popilius Hirsutus, fillo de Flavio Vendieco, da parentela de Laucio, orixinario de Vacaego, de 32 anos de idade, está enterrado aquí"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Epígrafe (Trives Vello): Prancha de mármore descuberta nas inmediacións da Ponte Navea, estivo colocada na capela da ponte. No primeiro volume do Novus thesaurus veterum inscriptionum de Ludovico Antonio Muratori (1739-1742)) di que procedía de Asturias, feito desmentido no 1898 por Arturo Vázquez Núñez quen asegurou que a viu na casa da marquesa de Trives. Rodríguz Colmenero (1997) di que estaba empotrada na fachada posterior do edifico principal, pero quen nos interesamos por ela non a atpamos. Lectura: "AELIO SPORO/IVLIVS FLAVINVS/ET ATILIVS ASTVR/H(eredes) EXS T(estamento)", ("A Aelio Sporo polos seus herdeiros Iulius Flavinus e Atilius Astur en cumprimento do seu testamento").

Epígrafe aos Deuses Manes: Só coñecida pola tradición literaria. O italiano Muratori (1740) dá conta desta inscrición como atopada "in oppido del Quiero in Gallaecia" que non se corresponde co nome de ningunha entidade de poboación de Galicia, pero Hübner cre que procede da Ponte Navea xa que como no caso anterior figura o nome de Atilius Astur. Segundo Muratori dicía: "D(is) M(anibus)/ATILIAE ANNAE/ANNORUM XXI/ATILIVS ASTVR/PATER". ("Aos Deuses Manes de Atilia Aanna, de 21 anos de idade, puxo este monumento seu pai Atilius Astur"). Descoñécese onde se atopa.
Epígrafe (Piñeiro-Trives Vello): Anaco de mármore que só conserva o texto "[---] VALVITIO". Segundo Rodríguez Colmenero podería pertencer a unha inscrición funeraria. Foi atopado polo vogal da Comisión de Monumentos de Ourense M. Diez Sanjurjo nos muros da derruída capela da Madalena no ano 1903. No Museo Arqueolóxico de Ourense.

Epígrafe: Anaco granítico que puido formar parte dunha peza máis grande. Descuberto no 1903 na derruída capela da Madalena de Trives por M. Díez Sanjurjo quen o entregou á Comisión de Monumentos de Ourense. Lectura de Abascal Palazón e López Fernández (2025). Fronte: "[------]/V(---) S[---]". Lado inferior: "LIAS[---]". Lado Esquerdo: "SILE".
Epígrafe: "] opti[mo".
Epígrafe: "]R / [- - - / - - -]ON[".
Inscrición:
No ano 1903, Fidel Fita dá conta dunha inscrición enviada por Vázquez
Núñez: "[---] EVS/[---]/MAXIMVS/EX VOTO". Di que estaba en Santa María
de Trives, colocada nunha casa propiedade de Darío Rodríguez, servindo
de basa a un puntal de madeira dunha escaleira exterior.
Miliario: Na Pobra de Trives.
Miliario (A Ponte Navea): Fragmentado en dous bloques que serven de soleira a dúas portas dunhas cortes de gando.
Miliario (A Ponte Navea): Anepígrafo, apareceu tirado no leito do río Navea.
Miliario a Tito e Domiciano: Atopado no ano 1834 a uns 200 metros augas abaixo da Ponte Bibei e levado para o pazo do Marqués de Trives. Na actualidade atópase xunto a ponte. Traducido, lese: "En tempos do emperador césar augusto Tito Vespasiano, fillo do divino Vespasiano, sendo pontífice máximo e estando investido co poder tribunicio por novena vez, o imperatorio pola décimo quinta, pai da patria, cónsul pola oitava vez, e do césar Domiciano, fillo do divino Vespasiano, cónsul por sétima vez, fíxose a vía nova, baixo os coidados do legado propector de Augusto, Caio Calpetano Rantio Quirinal Valerio Festo, no tramo correspondente á milla 94 dende Astorga".

Columna conmemorativa xunto a ponte Bibei:
Foi sacada, xunto co anterior, onda ponte Bibei. Algúns autores non ven
un miliario senón unha inscrición honorífica erixida en conmemoración
da construción da ponte, a xeito da de Chaves. O Boletín da Comisión de
Monumentos de Ourense do ano 1930 recolle que a mediados do século XIX
foi tirada ao río por uns mozos. No 1904 tentaron sacala pero os
esforzos foron infrutuosos. O texto xa fora recollido por Ceán Bermúdez
no Sumario de las antigüedades que hay en España (1832). Leu:
"IMP CAES NERVA/TRAIANO AVG GER/DACICO PONT MAX/TRIB POT COS V P
P/AQVIFLAVIENSES/PONTEM LAPIDEVM/DE SVO F C", ("Sendo emperador César
Nerva Traxano Augusto, Xermánico, Dácico, Pontífice Máximo, revestido da
potestade tribunicia, Cónsul por quinta vez, pai da patria, os
aquiflavienses fixeron á súa costa esta ponte de pedra").
Miliario (Sobrado): Forma parte do peto de ánimas situado na praza que dá á fachada da igrexa; adivíñanse restos de letras.
Villae de San Salvador (Sobrado): Séculos I-IV, ubicada no trazado da Vía XVIII onde se atoparon restos cerámicos e un miliario.
Mansión: Nemetobriga no Itinerario de Antonino, mansión que adoita identificarse con Mendoia, se ben non existe consenso entre os investigadores.

Xacemento da Cividá (A Madalena-Piñeiro).
Xacemento de Lamadavía (A Pobra de Trives).
PORQUEIRA
Ara a Ariounis Mincosegaeigis (Nocelo-Sobreganade): Servía de pé de altar da ermida de San Tomé de Nocelo. Segundo Rivas e Seara Carballo, Ariounis podería ser unha enigmática denominación de varios deuses. Segundo J.C. Olivares, non é desbotable que Ariounis puidera ser un primeiro apelativo e Mincosegaeigis o segundo dunha divindade cuxo nome non se cita ou duns Lares: "ARIOVNIS/MINCOSEG/AEIGIS/C(aius) NARCISIVS (ou ARSICIVS)/RUFVS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)"; ("Caius Narcisius (ou Arsicius) Rufus -dedicou este altar- para os deuses (ou deusas) Ariounis Mincosegaeigis e cumpriu seu voto libre e merecidamente"). Coa cara superior cortada para recibir a ara actual, unha pedra cadrada que en forma de lousa contén as reliquias cristiás.
Estela funeraria do Outeiro ou de Blendea (O Rial-Sabucedo): Foi descuberta no ano 1936 na paraxe denominada do Outeiro, en O Rial, parroquia de San Salvador de Sabucedo. Foi adquirida polo Museo Arqueolóxico Nacional. Na parte superior, de forma triangular, vese un gran motivo helicoidal no centro e outros tres circulares máis pequenos. A peza está fragmentada na base, faltándolle un pequeno anaco. Non existe consenso canto á lectura. Unha: "BLEN/DEA/MANT/AI F(ilia) M/ONIME/NTVS ST/AT(uere) FECIT/MAXVMVS", ("Eiquí xace, filla de Mantai. Maxumus fixo colocar este monumento").
Miliario: No ano 2014, a alcaldesa de Porqueira solicitou a Patrimonio a retirada dun miliario tirado dende hai décadas no cauce do río Limia, en Lobios de Sever, parroquia de Paradela, situado a carón da vía XVIII. O miliario foi descuberto no ano 1997 pola asociación Terra do Millo. En tempos utilizouse como pasal do río.
Xacemento de Mouruás (O Agro-Sabucedo): Apareceron ladrillos, tégulas e algunha pedra granítica labrada.
Outros xacementos: O Carrilano (San Lourenzo de Abeleda), O Soutullo (Penín Novo-Sabucedo), O Loural (O Rial-Sabucedo), As Quintas (San Lourenzo de Abeleda).
PUNXÍN
Moedas: No castro de San Trocado apareceron varias moedas, entre outras dous denarios, un dentado. Segundo Cavada Nieto, en Barbantes apareceron moedas de prata e cobre.
Xacemento da igrexa parroquial de Santa María (A Forxa-Punxín).
Xacemento da Torre do Faro ou Alto do Faro (Cabo-Freás): Catalogado pola arqueóloga Nieves Amado Rolán.
San Cibrao de Las: Ver concello de San Amaro.
QUINTELA DE LEIRADO
Ara de Xacebáns: Foi rescatada por Antonio Seoane, membro da Real Academia Galega. Estaba nun palleiro e utilizábase para afiar fouciños. Logo foi trasladada para Fondóns. Consérvanse restos da parte superior e o foculus. Adicada a Deva. Abascal Palazón le: "[R]ufinvs/[.]+O[.]+IS/[..]PR[.]+NIS", ("Rufinus ofreceu o voto prometido para..."). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Castro de Redemuíños:
Coñecido como O Castelo. De grandes dimensións, sitúase nun lugar dominante. Apareceron muíños
de man e restos cerámicos. Apareceu unha xarra con 27 moedas
imperiais romanas. No ano 1803, o corrixidor de Milmanda (Celanova)
informou de que enviou as moedas a través de Marcos Alonso á Academia de
Historia quen, por oficio do 11 de outubro de 1804, decidiu non mercalas
por contar con outras semellantes. Descoñécese o seu paradoiro
actual. Eiquí erixiuse posteriormente unha fortaleza medieval.
RAIRIZ DE VEIGA
Ara a Bandua Veigebreaego:
Atopábse na igrexa parroquial de San Xoán de Rairiz de Veiga. O foculus, rectangular, actuou como pía de auga bendita en 1957, función para o que foi
agrandado. Lectura: "V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)/BANDVE/VEIGEBR/EAEGO/M(arcus) SILON/IVS GA(leria)
SI/LANVS/SIG(nifer) COH(ortis) I/GALL(icae) C(ivium) R(omanorum)", ("Gustoso cumpriu o seu voto a Bandua
Veigebreaego Marcus Silonius Silanus, da tribo Galeria, abandeirado da cohorte I dos Galaicos, cidadán romano"). Foi dedicada ao deus galaico Bandua por un individuo, portaestandarte, da tribo Galeria, pertencente á unidade militar de tropas auxiliares Cohors I Gallica civium Romanorum que formaba parte da Legio VII Gemina. Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara
(Rairiz de Veiga): "DEO VEXILLOR(um)/MARTIS SOCIO/BANDVAE", ("A Bandua, deus das bandeiras, socio de Marte"). Aínda que
algúns autores a consideran falsa, Rodríguez Colmenero non opina o
mesmo, primeiro porque no lugar existe outra inscrición adicada á mesma
divindade; segundo porque a forma "socius", máis xenitivo, parece
confirmarse noutra inscrición, e terceiro porque resultaría extraño que
en séculos pasados lograran identificar a inscrición. Atopábase na
igrexa parroquial de San Xoán. Desaparecida? Ou trátase da anterior pero con outra lectura? Citada polo arcipreste de
Santa Xusta de Toledo nos seus Adversarios cando veu a Galicia co bispo de Toledo. Hübner supón que non é un texto creado totalmente polo xesuíta, senón resultado dunha mala lectura ou da interpolación dun xenuino.
Ara aos Lares Viais: Só hai unha referencia recollida polo polémico xesuíta Jerónimo Román de La Higuera (1538-1611), famoso por falsificar e desfigurar textos antigos"; di que se atopaba en Lampaza: LARIBVS/ALDVMI/AENNSIBVS/MARBASENS/FUERVM/ILIVS L I/QVIRINA DEN/TO V S L M". Posiblemente inexistente.
Epígrafe (San Pedro de Sabariz): Só hai unha referencia recollida polo polémico xesuíta Jerónimo Román de La Higuera (1538-1611), famoso por falsificar e desfigurar textos antigos, que di que se atopaba na parroquia de Rairiz de Veiga: "LARIB ALITRAN/[------]/ V S L A". Posiblemente inexistente.

Epígrafe (San Pedro de Sabariz): Como no caso anterior, só existe unha referencia recollida por Jerónimo Román de La Higuera, que di que se atopaba na parroquia de Rairiz de Veiga: "VALERIVS/SA[---]MVS/ALITRANS D/NEST PATRIS/S D M R/P S"; na marxe engadiu: "alitra oppidum", e esta solución para a última liña: "sepulchru(m) dirutum mandat refici". Posiblemente inexistente.
Epígrafe: "SILIA/EX/VOTIS". De novo, só hai unha referencia recollida polo polémico Jerónimo Román de La Higuera (1538-1611) que di que se atopaba en Guillamil Emile Hübner calculou que o xesuíta era autor dunhas 40 falsificacións.

Epígrafe: O Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1899 fala dunha epígrafe citada por Barros Sibelo atopada xunto Rairiz de Veiga, pasado o regueiro do Vilar.
Miliario de Congostro: Atopado polos arqueólogos Celso Barba e David Pérez a comezos do verán do 2010 aos pés dun vello carballo situado no camiño medieval que unía Congostro con Ponte Liñares, camiño que aproveitou as antigas infraestruturas da Via XVIII.
Miliario de Padroso (Padroso-Lampaza): Reutilizado como base de sustentación do tellado dun alpendre.
Miliario (Rairiz de Veiga): Desaparecido. Citado por Barros Sibelo: "CAES/[---]/ES/VI COS I ANTI/II NEPOT ON".
Miliarios do Padrón: Atopados no ano 2011 por David Pérez López e Celso Hugo Barba. Dividen as parroquias de Güin (Bande) e Congostro (Rairiz de Veiga). O máis grande, anepígrafo, mide 2,6 metros de alto. O segundo, que estaba tirado, presenta tres cruces de termo e unha pequena inscrición moi desgastada. Marcaban a milla LX de Braga a Astorga.
Miliario das Pedrosas (Penelas-Ordes): Citado por Elixio Rivas, descoñécese onde estaba ubicado.
Miliarios da Saínza: Diez Sanjurjo cita tres miliarios ilexibles preto do castro de Ordes e máis adiante na Saínza.
Miliario: Barros Sibelo cita entre Parada, parroquia de Ordes, e Parada de Outeiro, en Vilar de Santos, un miliario que estaba enterrado.
Vía Nova: No mes de maio de 2011 o Concello encargou a redacción dun proxecto para poñer en valor a Vía Nova entre Congostro e A Saínza (quizais un dos tramos mellor conservados en Galicia), así como a recuperación do miliario de Padrón. Cando en xuño de 2011 se estaban a realizar os traballos para poñelo en valor apareceu outro miliario que estaba deitado no camiño; o fito marca a milla XL da Vía Nova e presenta un pequeno corpo epigráfico e unhas gravuras, incluída unha cruz que representa unha demarcación medieval. No concello consérvanse tramos no Toxal da Saínza, na Ponte Catuxa, no Lombo en Santa Baia e noutros lugares das parroquias de Congostro, Ordes e Rairiz de Veiga. O tramo da Vía XVIII ao seu paso polo municipio foi estudado por Alvarado Blanco, Rivas Fernández e de Vega Pato
Outros xacementos: A Estrada dos Mouros (A Saínza), A Presa ou Ponte da Catuxa (A Saínza), O Lombo (Santa Baia-Rairiz de Veiga).

RAMIRÁS
Inscrición funeraria cristiá (Penosiños): A única referencia desta epígrafe proporcionaa o P. Sobreyra Salgado que a viu nunha nota do abade do mosteiro de Santo André de Penosiños. O apunte atópase na Real Academia da Historia, nunha carta asinada por Manuel Álvarez Torres no ano 1793. No debuxo lese: "SAVI/NVS/INA/NNI/BVS/VIGI/NTI/D VOS", cuxa tradución sería: "(Eiquí xace) Savinus, falecido á idade de 22 anos". Tense como desaparecida.
RIBADAVIA
Unha ara?: No Museo Etnolóxico de Ribadavia, xunto as escaleiras do patio, hai unha peza que semella unha ara, con moldura e foculus.
Ara (Francelos): "D(is) M(anibus) S(acrum)/PATERNA/ANNORVM/XXXV", ("Aos deuses manes. Paterna de 35 anos"). Inscrición recollida de Hispania Epigraphica, descoñezo onde se atopa.
Ara "celta": En El Correo Gallego do 7 de agosto de 1956, Juan Carlos Villacorta fala dunha "ara celta" situada nun monte non moi lonxe da taberna "O Rapacito".
Explotacións auríferas do Foxo do Cabrito e A Grova (Sanín).
Moedas: No castro de Veiga, en Ventosela, apareceron seis moedas, unha de Adriano.
A Planada
(Regodeigón-Ribadavia): Apareceron dúas xoias datadas entre os séculos III a.C. e I d.C., unha de bronce
en forma de espiral recuberto cunha lámina de ouro e espirais de ouro e prata, tégula, muíños
circulares e terra sigillata. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Xacemento da Eira dos Mouros (Camporredondo): Localizado por Nieves Amado Rolán. Posible asentamento de chaira. Tégula e cerámica común romana.
Xacemento de Rameirán/As Alcabras (Sanín): Documentado pola arqueóloga Nieves Amado Rolán. Apareceron tégulas, ladrillos, ímbrices e cerámica romana. Segundo os veciños había uns muros soterrados e muíños circulares.
Xacemento de Valdesiños (Valdepereira-Ventosela): Localizado por Nieves Amado Rolán. Tégulas e ladrillos.
RIÓS
Estela de Riós: Atopada no ano 1984 ao realizar unhas obras na casa reitoral, actuaba como lintel dunha porta interior, cara a galería. Na actualidade atópase no interior da igrexa de Santa María de Riós sobre uns dos escalóns de acceso ao presbiterio. A profusa decoración cobre os rexistros superior (crecente luar, dous arcos, roseta de seis pétalos dentro du círculos e unha serie de tres arcos) e inferior, intercalándose o texto da inscrición funeraria nunha cartela rebaixada. Lectura: "G(aius) NIGRINI/VS ALBINV/S G(aio) ALBINIO/NIGRINO AN(norum)/XVI F(ilio) S(uo) M(onumentum) P(osuit)/D(is) M(anibus) S(acrum)", ("Consagraado aos deuses Manes. Gaio Nigrinius Albinus dedicou este monumento ao seu fillo Gaio Albianius Nigrinus, de 16 anos"). Algún autor le Gneo por Gaius. Datada no século III d.C.
Inscrición de Progo: Descuberto no ano 1999 no altar maior da igrexa de San Miguel de Progo, durante a restauración do retablo. De tamaño reducido, presenta tres liñas de escritura. Roto por todos os lados Tamén había un muíño romano. Lectura: "AEM[---/VS BA[---]/S S".

O Castelo (Trasestrada): Atopáronse tégulas, muíños e cerámica común.
Castro romanizado da Pedreira (Valmedo-Trasestrada).
A Rega do Euxenio (San Cristovo-Trepa): Apareceron restos cerámicos.
Castro romanizado da Pedreira (Valmedo-Trasestrada).
A Rega do Euxenio (San Cristovo-Trepa): Apareceron restos cerámicos.
Xacemento da Pinza (Vilariño das Touzas-Progo).
A RÚA
Lápida: De caliza marmórea. Adicada a Lucio Pompeio Reburro Fabro que apareceu, segundo relato de Marcelo Macías (1929), preto da ponte da Cigarrosa (Petín). No ano 1680 levárona para a igrexa parroquial do Santo Estevo da Rúa onde a colocaron no altar maior e, anos despois, no muro da casa onde se pode ver hoxe en día. Segundo Marcelo Macías, a principios do século XX, a casa pasou por herencia a unhas señoras de Larouco, e ao vendela o levaron a lápida canda elas a Larouco. Enterada a Comisión Provincial de Monumentos de Ourense, esixiu que fose devolta á Rúa ou levada para o Museo Arqueolóxico; ao final colocárona de novo na casa. A súa importancia vén dada, sobre todo, porque por ela coñécese o nome de Calubriga, poboado dos Gigurros. Lectura: "[L(ucio)] POMPEIO L(uci) F(ilio)/POM(ptina) REBVRRO FABRO/GIGVRRO CALVBRIGEN(si)/PROBATO IN COH(orte) VII PR(aetoria)/BENEFICIARIO TRIBVNI/TESSERARIO IN centuria)/OPTIONI IN (centuria)/SIGNIFERO IN (centuria)/FISCI CVRATORI/CORN(iculario) TRIB(uni)/EVOC(ato) AVG(usti)/FLAVIVS FLACCINVS/H(eres) EX T(estamento", ("Para Lucius Pompeius Reburrus Faber, fillo de Lucius, censado na tribo Pomptina, Gigurro orixinario do encrave de Calubriga, que foi recrutado para a cohorte VII pretoria, onde exerceu como beneficiario do tribuno, teserario da súa centuria, aspirante a centurión, portaestandarte, responsable financieiro, corniculario do tribuno da súa cohorte e foi condecorado antes do seu falecemento. Flavius Flaccinus, o seu herdeiro, fixo este monumento en cumprimento do seu testamento").

Miliario (Fontei): Trátase dunha columna de sección circular de 113 cm de alto e cunha base duns 80 cm de diámetro. Estivo encaixado no chan en Fontei máis da metade, amarrado con cemento. Agora está sobre un pedestal na rúa do Santo. Segundo os veciños, utilizábase como columna para cargar as bestas. Do sil.info de novembro de 2024 recollo que tamén foi utilizado como pisón de castañas. Próximo á Vía Nova.
Preto do castro da Coroa, próximo ao trazado da Vía XVIII, apareceu unha estela, posiblemente castrexa, de forma cónica cun rostro humano.
Explotacións auríferas do Curral de Milleirós (San Xulián) e da Pala (Vilela).
Igrexa de Santo Estevo de A Rúa: Nun muro da igrexa pode verse unha cabeza humana esculpida en granito da que se descoñece a procedencia.
A Rúa Vella: Xacemento que se atopa no casco urbano. Apareceu un capitel romano e constátase a presenza doutros restos. Moi preto de onde se atopou o capitel documentáronse cinco canles de sección xeométrica, así como restos de muros compostos de pedra e barro que parecían dar forma a unha construción de trazado octogonal. Apareceron durante unhas obras na rúa de acceso á igrexa parroquial.
Pedro Vidal Gayoso, no "feis" de Arqueoloxía de Galicia, achega unha foto dunha basa e dun fuste romano que "adorna" un muro de bloques de cemento.

RUBIÁ DE VALDEORRAS
Ara a Reve Anabaraeco:
Ara sobre a que existe debate sobre a súa procedencia. Segundo Hübner, a inscrición procede de Ruana (Trujillo-Cáceres) se ben
semella que provén de Galicia xa que o teónimo co mesmo apelativo foi
atopado na Casa dos Fornos, na cidade de Ourense, que é onde a sitúa
Prósper (2009). No primeiro volume do Novus thesaurus veterum inscriptionum de Ludovico Antonio Muratori (1739) di que se atopaba "in vico Ruanes in Gallaecia"
e do que tivo coñecemento grazas a unha comunicación do xesuita P.
Andrés; esta información pasou logo a Juan Francisco Masdeu que a
publicou na Historia crítica de España y de la cultura española
(1783). Logo recolleuse, a partir do século XIX, na bibliografía galega.
Moralejo (2002) lévaa para Castro Caldelas. Dise que T. Hervella
escribiu que se atopaba
en Rubiana no 1740, e
cara o 1925 foi para ao Museo Diocesán de Astorga (actual Museo de los
Caminos), desparecendo despois; pero esa atribución a Hervella é falsa,
xa que no único artigo en que se ocupa da inscrición non trata diso.
Tamén a cita o P. Fidel Fita en 1911. Hai que cre que Muratori non quixo
dicir Ruanes, senón Rubianes, o Rubiá da comarca de Valdeorras.
Nun apunte de J. Cornide, que toma dunha ficha de Antonio Mateos
Murillo que recolleu o texto de Muratori, que se atopa no arquivo da
Real Academia da Historia, lese: "REVVE ANA/BARAECO/APER
ALBINI F(ilius) TVROLVS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Aper,
fillo de Albinus, do populus dos Turoli, dedicou este altar a Reve
Anabaraeco").
Epígrafe a Caracalla: Na Serra da Encina da Lastra. Dada a coñecer por Barros Sibelo, só se conserva a transcrición, atopada "a la bajada de la cuesta de la Encina de la Lastra último límite de Rubiana, confinando con la provincia de León entre las antiguas mansiones de Foro y Gemestario...". Reinterpretada logo por Rodríguez Colmenero: "IMP(eratori) CAE(sari)/M(arco) AVRELIO ANT(onino) P(io)/PONT(ifici) MAX(ximo) GER(manico) M(aximo)/PAR(thico) MAX(ximo) R(abigo) MAX(imo)/TR(ibunicia) POT(estate) P(atri) P(atriae)/[ab] ASTVRICA/M(ilia) P(assuum) XII".
Asentamento das Chas (Trambasaugas-Rubiá): Nunhas viñas, gran cantidade de tégulas e fragmentos cerámicos procedentes de lenzos de muros.
Asentamento dos Enterrados (Covas): Nas inmediacións do castro de Pena León. Asentamento tipo vila situado no fondo dunha valiña, onde se aprecián unha serie de lenzos de muros feitos con pedra caliza e trabados con morteiro de cal. Apareceron tégulas e fragmentos cerámicos. Localizado cando a confección do PXOM no ano 2020.
Asentamento dos Ladrillos (Rubiá): Preto do xacemnto romano da Louseira. Anacos de tégulas.
Asentamento da Ponte Regueiral (Rubiá): Situado nunha zona de suave ladeira, por riba da aldea de Entrambasaugas e pouco antes de chegar á Ponte do Regueiral. No sitio, dedicado a viñedo, apareceron gran cantidade de tégulas.
Asentamento da Telleira (Rubiá): Nunhas terras dedicadas a videiras, apareceron anacos de tégula.
Asentamento Val de Galegos (Rubiá): Nuns terreos dedicados ao cultivo de vides, anacos de tégula e muros trabados con morteiro de cal.
Asentamento Val de Gallufe (Rubiá): Anacos de tégulas.
O Cabezo (Biobra): Poboado emprazado sobre un outeiro. A súa estrutura é a dun castro mineiro de época romana.
Explotacións da Pala I e Pala II (Robledo): Auríferas.
Explotación aurífera do Moar/A Valorca (A Veiga de Cascallá).
Explotación aurífera do Val da Trapa (O Castelo).
Mina de Melgotos (Pardollán):
A fronte foi soterrada polos escombros dunha explotación de ocre
próxima; explorada por membros do Clube de Espeleoloxía Maúxo de Vigo. Explotacións mineiras en varias partes do concello.
Pala I do Regato de Pardollán: Evidencias de momentos finais do mundo romano, especialmente na Pala da Zorra onde se recuperaron pezas de calidade (sigillata hispánica tardía e paleocristiá) que evidencia unha intensa ocupación dende o Paleolítico.Vía Nova: No mes de outubro de 2024 acometéronse os terceiros proxectos de recuperación da vía na serra da Enciña da Lastra. Trátase dun tramo de 2,5 quilómetros, restaurándose na última fase 25 metros baixo a dirección de Santiago Ferrer. En Oulego adoita situarse a mansio Gemestario.
Castro de San Cibrán de Las:
Castro romanizado. Xunto unha das murallas da croa hai unha inscrición sobre un penedo dedicada a "IOVI", ("Para Xúpiter"). Saíron á luz varias moedas, entre outras un bronce de Emérita,
un mediado de Cascantum tipo touro e unha moeda da República.
Ara de Eiras ou de San Cibrao de Las: Descoñécese o lugar exacto do achádego, se ben sábese que foi descuberta antes de 1928 preto da porta occidental do castro de San Cibrao de Las. Foi dada a coñecer por Xaquín Lorenzo Fernández no ano 1968 en Inscripciones romanas de Galicia IV, provincia de Ourense. Atopouse formando parte dunha mesa de pedra situada no xardín da Casa Grande de Eiras, propiedade que foi de Avelino Tizón. Para Rivas, a relación do epíteto do deus co topónimo Las estaría clara xa que nun documento do ano 1458 o topónimo aparece citado como Laans. Non existe consenso canto á súa lectura. Albertos le: "LANOBRIGAE"; Rivas Fernández e García Quintela: "LANSBRICAE"; Rodríguez Colmenero: "BANDVE ALANOBRICAE". Pero grazas a unha copia en xeso que hai no Museo Arqueolóxico de Ourense, lese claramente "BANDV/ALANOB/RIGAE AE/MILIVS RE/BURRINVS", ("AEMILIUS REBURRINUS -PUXO ESTE ALTAR) PARA O DEUS BANDUA DO CASTRO DE ALANOBRIGA"). Abascal e López (2025) din que a inscrición ten sido obxecto de lecturas diverxentes debido a que, con frecuencia, se considerou que Bandua podería ser a divindade epónima dunha cidade chamada Lansbrica que ocuparía o emprazamento de San Cibrao de Las, "algo que desmiente la lectura del epígrafe... Como ya demostró J. Untermann en su colosal obra toponímica publicada de forma póstuma en 2018", polo que o castro debe relacionarse cun castro ou castellum Alanobriga ou Alanobrica. En mans particulares, non está accesible ao público. O día 13 de outubro de 2016 presentei senllos escritos diante do Servizo do Patrimonio Cultural en Ourense e o Concello de San Amaro para que se protexa este ben.

Dedicatoria a Sadu: Apareceu no castro de San Cibrán de Las no ano 2003. Trátase dunha lousa partida pola metade en dúas partes lonxitudinais que encaixan: SADV/VLAD/V". No Museo arqueolóxico de Ourense.
Epígrafe: Fragmento descuberto no ano 2003 nas escavacións preto da muralla do castro de San Cibrao. Na cara A: NA/BIA(e)". Na cara B: "ABIONE". No centro de interpretación do castro de San Cibrán de Las.
Epígrafe (San Cibrán de Las): Lese: "]MI[- - - / - - -]VLE[".. Segundo Lorenzo Fernández puidera ser un epígrafe
funerario. Para Rodríguez Colmenero, dada a
fragmentación do texto, a lectura é difícil de interpretar, pero con
todo cre que é un ara votiva, e como tal a clasifica no capítulo
dedicado a altares de teónimo pouco claro. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Grafitos: No Castro de San Cibrao de Las. En dous recipientes cerámicos lese: "DOMITI" e RVFINI.
Inscrición: "D(ominus) N(osta)/IMP(erator) CA(esar) VAL(erius) CON/STANT(tius) NO/BILISSIMVS CA(e)SAR".
Miliario de Eiras (Eiras): Posible miliario que actúa como pé dun hórreo. Segundo a arqueóloga Nieves Amado Rolán, o fito non garda semellanza con outros pés doutros hórreos do sitio polo que se cre que puído ser reaproveitado, sen desbotar que se trate dunha columna.
Vila de Eiras: Xunto a igrexa parroquial existen evidencias dunha vila romana. Nos muros do templo vense varios sillares reutilizados de factura romana. Nas proximidades, na coñecida como Viña do Cura, apareceron restos dun mosaico.
Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica: Xunto o castro de San Cibrán de Las.

SAN CIBRAO DAS VIÑAS
Ara a Xúpiter (Noalla): Hai
anos atopei no desaparecido xornal El Pueblo Gallego do 17 de
maio de 1972 a noticia da aparición dunha ara dedicada a Xúpiter,
descuberta polo concelleiro de Ourense Manuel Blanco Guerra. A
noticia di que apareceu preto da ponte de Noalla, concello de San
Cibrán das Viñas, non moi lonxe do Cumial, e que fora reutilizada
“como una piedra más en una pared”, sen aclarar onde. Na igrexa parroquial
de San Salvador de Noalla hai unha ara reutilizada nun muro rente
ao chan, co coroamento e zócolo claramente diferenciados, pero que só
presenta dúas liñas de texto: “I. O. M. / FE”. A primeira liña
está clara, fai alusión á Xúpiter Óptimo Máximo, non así a
segunda, que non é probable que sexa o comezo do verbo FE(cit),
senón o do nome do dedicante, se ben isto non deixa de ser unha
hipótese. Non
aparece nada máis
polo que cabe a posibilidade de que se comezara pero non se rematara
a inscrición ou, incluso, se completara pintando as letras. Abascal
Palazón apunta a que tamén é posible que se trate dunha proba de
taller ou un ensaio de escritura. Na noticia di que Blanco Guerra prometera publicala nos medios cando reunira "datos y fotografías", pero eu, ao menos, non sei nada máis. Descoñezo se se trata da mesma reutilizada na igrexa de Noalla que queda da ponte de Ponte Noalla a uns 600 metros de distancia en liña recta. Non creo que se trate da ara da desaparecida capela do San Xoán, no monte do San Xoán, entre A Farixa e O Piñeiral, demasiado lonxe da Ponte Noalla, a non ser que en Noalla houbera outra capela do San Xoán que descoñezo.
Ara na desaparecida ermida do San Xoán (A Farixa-O Piñeiral): Foi recollida por alumnos do Colexio Universitario de Ourense no ano 1976, nas inmediacións da capela. Lectura: "(I(ovi) O(ptimo) M(aximo) /
D(---) S(---) / E(x) V(oto) P(osuit)", ("Dedicada a Xupiter Óptimo Máximo por D... S..., á súa costa, por un voto"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Miliario a Carino: Século III, descuberto no ano 1972 no interior da capela románica do Santo Cristo en San Cibrao. Despois foi colocado como base do altar, onde continúa. "M(arc)O AUR(elio) / CARINO / NOB(ilissimo) / CAES(ari)", ("Dedicado a Marco Aurelio Carino, nobilísimo césar").
Miliario da desaparecida ermida do San Xoán (A Farixa-O Piñeiral): Ano 305-306: "D(omino) N(ostro) / FLAVIO/VAL(erio) / CONSTA(ntio) / PIO FE(lici) INVI / CTO/AVG(usto)/P(ontifice) M(aximo)", ("Ao noso señor Flavio Valerio Constancio, pío, feliz, invicto, augusto, pontífice máximo"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.

Xacemento do Alto do Paso (San Cibrán das Viñas): Nun outeiro granítico onde se atoparon anacos de tellas e cerámica.
Xacemento de San Xoán Veta (A Farixa).
Xacemento do San Xoán (O Piñeiral): Xacemento situado na ladeira dun outeiro. Atopouse cerámica común e tégula dispersas pola ladeira.
Xacemento do San Xoán (O Piñeiral): Xacemento situado na ladeira dun outeiro. Atopouse cerámica común e tégula dispersas pola ladeira.
Estela funeraria do castro de San Facundo: Estela de granito decorada na parte superior co retrato dunha defunta. Atopada no ano 1905 nas inmediacións do castro, cando unhas obras na estrada do Carballiño a Cea. Mostra unha figura insculpida dentro do que
semella un nicho. Sobre o peito da figura lese a inscrición "MEID/VENA", ("Eiquí xace Meiduena"). Según Xaquín
Lorenzo, a inscrición co nome Meid- é o mesmo do Castellum Medunium,
crendo que se trataría dun escravo da localidade. A peza
interpretouse como monumento funerario por García y Bellido (1972),
pero Fariña opina que podería tratarse da representación dunha
deidade, da mesma raíz que a da comunidade dos Meidubrigenses.
No mesmo castro saíron á
luz varias moedas de época romana, tégula, laxas labradas, etc. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Inscrición: O Catálogo dos Castros Galegos. Terra do Carballiño (1930), achega a epígrafe "CLAVDIAE MARCELINAE / F DIVI CALDII AVG / PRO SALVTE NER /CIVITAS MAIOR / ARCENSI VTL GALLAECIAE", citadas polo P. Gándara na súa Galicia, Cortés no Diccionario geográfico de la España Antigua, e Ceán Bermúdez en Seminario de Antigüedades, pero que Hübner co número 218 recolle no CIL como falsa. Dicíase que aparecera no ano 1707 no castro de Covas, descuberta por Manuel Maneiro, e que fora examinada polo monxe de Oseira Fr. Anxel Zurita, que a copiou e trasladou para a crónica do seu mosteiro. Non é posible que aparecera no 1707 porque a inscrición xa é citada por Joseph Pellicer de Ossau Salas y Tovar no 1646 "En Nossa Senhora das Cobas de Astasia", e o texto arriba indicado é deste, ao que seguiron os demais autores, se ben asegurou que recibiu o texto de "Pedro Fernández de Boán, cavallero del orden de Sant-Iago". Pedro Fernández Boán
(1587-1639), xunto co seu irmán Xoán, encheron Ourense de
historias inventadas na primeira década do século XVII. O texto de Pellicer di: "CLAVDIE MARCELINE F DIVI/ CLAVDI AVG. PRO SALVTE NE/RONIS CIVITAS MAIOR ASTEN/SIS VLT. GALETIE". Se existiu, descoñécese o seu paradoiro.
Inscrición: Segundo o citado Pellicer, procede tamén do lugar indicado anteriormente: "CIVITAS ET/MUNICIPIVM ASTENSEM/ P. G. H. VL. CLAVDIO MARCE/LO F. CLAV MARII. V CONS./D. D.". Se existiu, descoñécese o seu paradoiro.
Inscrición: Escribe o citado Pellicer que "O que conteia a estatua que estava a riva do rio Cea, abaixo de castro Fagundo, onde estan os corpos dos santos, en duas arcas de pedra... estava unha imagen de pedra, e tem estas letras latinas: "I . O . M ./M CAT . PRETESTAT . L . ATICO/BONO D . PHEB . PUGNAR ./ANCEI D . D . T . R . S . L . V .". Se existiu, descoñécese o seu paradoiro.
SANDIÁS
A mansión Geminis no Itinerario de Antonino ou Gemina do Anómino de Rávena, adoita situarse en Sandiás se ben hai autores aos que non convence tal ubicación (Rodríguez Colmenero et al., 2004).
Ara de Sandiás: Anepígrafa. De granito con molduras nos extremos e corpo central prismático, ten foculus. Atópase xunto o muro dunha casa, suxeita con cemento.
Miliario das Antas, vulgo As Santas (Couso de Limia): Adicado a Treboniano e Velusiano, foi partido para facer postes: [Imp(eratori) Caes(ari) C(aio) Vibio] / Tre[b]o[n]iano [Gallo] / Pio
Inv[icto] Aug(usto) / trib(unicia) pot(estate) co(n)s(uli) II
proc[o(n)s(uli)] / (...).
Miliarios de Vilariño das Poldras (Couso de Limia):
Un, adicado a Máximo e Maximino, atópase no xardín do pazo do Penedo,
colocado de forma invertida e que actúa como pedestal dunha estatua. "IMP(eratori) CAES(ari)
FL(avio)/CLAVD(io)/IVLIANO/INVICTO/AVG(usto) PONT(ifici)/MAX(imo)
TRIB(unicia)/POT(estate) P(atri) P(atriae) C(onsuli)/PROC(onsuli)".
Outro estaba enterrado nunha finca denominada A Lama, por onde
transcorría a vía romana; hoxe en día está colocado xunto con outros
dous nunha pista da concentración parcelaria; traducido, lese: "O emperador césar
augusto Gaio xulio Vero Maximino, pío, feliz, xermánico máximo, dácico
máximo, sarmático máximo, pontífice, coa tribunicia potestade por quinta
vez, emperador pola sétima, pai da patria, cónsul, procónsul, e Caio
Xulio Vero Máximo, nobilísimo césar, xermánico máximo, dácico máximo,
sarmático máximo, príncipe da xuventude, fillo do noso señor o emperador
César Caio Xulio Vero Maximino, pío, feliz, augusto, mandaron refacer
as vías e as pontes deterioradas polo paso do tempo, sendo responsable
Quinto Decio, legado propretor dos augustos, esclarecido varón, na milla
67 dende Braga". Barros Sibelo cita un, desaparecido, adicado a
Traxano Hadriano. Miliario da Corga (Piñeira de Arcos): Adicado a Galerio. Atopado no ano 1964 durante os movementos de terra realizados para a desecación da Lagoa de Antela, entre A Corga e Zadagós. No Museo Arqueolóxico de Ourense. Ano 305: "D(omino) N(ostro) IMP(eratori) CAES(a)RI/G(alerio) VALERIO MAXSI/MIANO P(io) F(elici) INVICTO/PR(oconsuli)", ("Ao noso señor césar emperador Galerio Valerio Maximiano, pío, feliz, invicto, augusto, procónsul").
Miliario de Zadagós (Zadagós-Piñeira de Arcos): Atopado no ano 1920 no lugar coñecido como Carballo do Pereiro, na marxe esquerda da Vía Nova. Dedicado aos emperadores Maximino e o seu fillo Máximo, non indica milla ningunha. Ten un marcado carácter propagandístico facendo referencia á reparación e coidado das vías e outras obras. Fragmentouse en dous. Na actualidade está colocado nun cruce, á beira da estrada. Segundo Rodríguez Colmenero, Ferrer Sierra e Álvarez Asorey lese: "Imp(erator) caes(ar) C(aius) Iulius Verus Maxim[i]nus pi[us] fel(ix) aug(ustus) germ(anicus) max(imus) dac(icus) max(imus) [s]arm(aticus) max(imus) pont(i)f(ex) (maximus) tr[i]b(unicia) pot(estate) V i[m]p(erator) VII p(ater) p(atriae) co(n)s(ul) pr(o)co(n)s(ul) et C(aius) Iuliu(s) Verus Maxim(u)s nobi[lis]simus caes(ar) germ(anicus) max(imus) da[c(icus) m]ax(imus) sarm(aticus) max(imus) pr[i]nceps iu[v]en tutis fil(ius) d(omini) n(ostri) imp(eratoris) caes(aris) G(ai) Iu[li] Veri Maximin[i] {fil(ius)} pius fe[l(ix) a]ug(ustus) vias et pontes [i]n tempor[ib]us vetustate con[l]apsos rest[i]tiu pr(a)eceperunt [c]ura agen[e] Q(uinto) Decio leg(ato) augg(ustorum) [p]r(o)pr(aetore) c(larissimo) v(iro)", ("Ao emperador césar augusto Gaio Xulio Vero Maximino, pío, feliz, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático máximo, pontífice, coa tribunicia potestade por quinta vez, emperador pola sétima, pai sa patria, cónsul, procónsul; e Caio Xulio Vero Máximo, nobilíssimo césar, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático máximo, príncipe da xuventude, fillo do noso señor o césar emperador Caio Xulio Vero Maximino; pío, feliz, augusto mandaron refacer as vías e as pontes deterioradas polo paso do tempo, sendo responsable Quinto Decio, legado propretor dos augustos, esclarecido varón (na milla 71)".
Miliario: "[- - - - - - / - - - - - - /- - - - - - / - - - - - - / - - -]CI PONT[- -
- /- - -] AV[- - - / - - -]PO[- - - / - - -]PPO[- - -]".
Miliario: "- - - - - - / [- - -]IMO[- - -]".
A Igrexiña (Zadagós-Piñeira): Nunhas terras de labor atopáronse anacos de cerámica común e tégula.
A Coroa ou O Foxo (Arcos-Piñeira):
Asentamento situado nun outeiro pouco elevado, descuberto no ano 1993
cando as obras da autostrada das Rías Baixas; o cumio está alterado pola
construción dunha ermida posta baixo a advocación de San Pedro e polo
acondicionamento dunha pista; apareceron fragmentos cerámicos de pastas
claras, grises e negras, escouras de ferro, restos de tella e un cravo
de sección cadrada.
As Poulas da Cavadiña (Ladeira-Piñeira): Aínda se poden ver grandes pedras do firme, removidas por un arado, dun tramo da Vía XVIII.
As Poulas da Cavadiña (Ladeira-Piñeira): Aínda se poden ver grandes pedras do firme, removidas por un arado, dun tramo da Vía XVIII.
A Praza da Lagoa (A Chousela-Piñeira): Apareceu cerámica común e fragmentos de tégula.
A Praza das Cavadas (Sandiás): Saíu á luz cerámica común, tégula e ladrillo.
A Praza dos Inxertes (Sandiás): Xacemento moi alterado por construcións modernas; apareceron fragmentos de tégula, pedras labradas e unha base de columna de granito. Tomando o Itinerario de Antonino do século III, hai autores que sitúan no concello a mansio Geminas, á beira da Vía XVIII.

Xacemento do Porto (Piñeira de Arcos): Xacemento romano tipo villa ou vicus con
necrópole adxacente xunto a igrexa parroquial. Din os veciños que cando
se ampliou o cemiterio apareceron tumbas antigas, feitas con tégulas
que foron arrasadas. Apareceu cerámica común, tégulas, ladrillos e
muíños circulares de man.
Outros xacementos: O Carrasco (Coalloso-Sandiás) onde apareceron fragmentos de tégula e cerámica común; A Igrexa (Zadagós); Falangueira (Coalloso-Sandiás); Praza das Cavadas (Sandiás).
SAN XOÁN DO RÍO
Ara de Ponte Navea: Conserva o zócolo e coroamento moldurados polas castro caras pero sen foculus. Foi atopada na arruinada capela de Nosa Señora da Encarnación. Apenas conserva inscrición. Abascal Palazón e López Fernández (2025) len: "V++/[-----]". No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Minas na serra de Cabanas (O Xunquedo-Cabanas).
Mina dos Biocos (na serra de Cabanas): Explotación a ceo aberto onde se observan entrantes e saíntes que indican as sucesivas marcas de laboreo. Hai restos de pozos e galerías que serían de prospección; ao parecer existen indicios dun asentamento galaico romano.
Miliario de Caro (Aciveiro): Adicado a Caro, trátase do fragmento dun miliario utilizado como contrapeso de lagar. Traducido, di: "Dedicado ao césar emperador Marco Aurelio Caro, pío, feliz, invicto, augusto, pontífice máximo, investido co poder tribunicio, cónsul, pai da patria, procónsul".
Miliario de Carino: A finais do século XIX atopouse un miliario adicado a Carino (s. III) no lugar de Castromao que servía como soporte dunha corte; na actualidade atópase nunha área de descanso que hai xunto a estrada C-536: "M(arco) AVRELIO/CARINO P(io) FELIICI/AVG(usto) P(otestate) TRIB(unicia) P(atri)/P(atriae) P(ro)CONSVLI", ("A Marco Aurelio Caro, pío, feliz, augusto, investido co poder tribunicio, pai da patria, procónsul, cónsul").
Miliario de Caro (Cerdeira): Estaba encaixado no muro do patio da Casa do Curro, con motivo das obras de reforma foi retirado da súa posición e apartado para unha esquina. Traducido, lese: "Dedicado ao césar emperador Marco Aurelio Caro, pío, feliz, invicto, augusto, pontífice máximo, procónsul, cónsul".
Miliario (Cerdeira): Atópase no xardín dunha casa, só é posible ler "IMP[---]".
Miliario a Tito e Domiciano (Os Fontaos-Aciveiro): Ao parecer foi atopado no ano 1974 por unha brigada de Obras Públicas; na actualidade atópase nas dependenzas do edificio administrativo en Ourense. Malia o anterior, creo que a copia do texto foi enviada polo arquitecto e enxeñeiro de camiños, natural de Monforte de Lemos, Alejo Andrade Yáñez (1793-1844), á Real Academia da Historia; daquelas debía estar completo xa que o texto do señor Andrade é máis longo: "MP TITO CAE LEG VI/VESP PII VESPASIANO/AVG PONT MAXI RIB/POT VIII IMP[------] PP/COS VIII/CAES DIVI VESPASIANO/[------]/VIA NOVA [------] TVRICA/C CALP RA[------]ALE". O anaco que se conserva di: "IMP TITO CAES DIVI VESP F/VESPASIANO AVG PON MAX/TR POT VIII IMP XV/P P COS VIII/IMP CAES DIVI VESP F DOMITIANO/COS VII", ("Ao emperador divino César Vespasiano, fillo de Vespasiano Augusto, pontífice máximo, revestido da potestade tribunicia por novena vez, e da imperial por quinceava vez, pai da patria e cónsul por oitava vez, e ao emperador divino César Domiciano fillo de Vespasiano cónsul por sétima vez").
Miliario a Constancio I (Os Fontaos-Aciveiro): Ano 293-305. Apareceu no ano 1972 formando parte dun bancal: "...FLAVIO VALERIO/CONSTANTI NOBILISSI/MO CAESARI", ("A Flavio Valerio Constancio, nobilísimo césar"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Miliario de Xuliano: A finais do s. XIX apareceu un miliario no terreo coñecido como O Chao do Cego de Abaixo, entre o Alto de Cerdeira e Aciveiro, adicado a Xuliano o Apóstata (355-363); outro máis, que fora reutilizado para delimitar unha cuneta da estrada, foi trasladado, xunto cos dous anteriores, ao Alto de Cerdeira, e logo trasladados á área de descanso que hai xunto a estrada comarcal: "D(omino) N(ostro)/FLAV[io]/CLAVDIO/ IVLIANO/SEM(per)/AVG(usto)".
Miliario (Castomao-Castrelo): Anepígrafo, serve de piar dun alpendre dentro do patio da casa reitoral.
Miliario de Constancio Cloro (Cerdeira): Ano 292-306. Actuaba como lintel da porta dunha corte. Atópase na área de descanso: "IMP(eratori) CAES(ari)/FLAV(i)O VA/LERIO CON/STANTINO/IN(victo) AUG(usto) P(ontifici) MAX(imo)/P(atri) P(atriae)", ("Dedicado ao césar emperador Flavio Valerio Constantino, invicto augusto, pontífice máximo, pai da patria").
Miliarios (As Guístolas-Cerdeira): Coñecidos como miliarios de Cerdeira e logo desprazados ao lugar das Guístolas, un deles é anepígrafo e os outros tres de tipo honorífico conmemorativo. Un de Flavio Valerio Constantio, outro de Flavio Claudio Iuliano e un terceiro adicado a Marco Aurelio Carino cuxo tamaño foi reducido para adaptalo como columna e do que tampouco se conserva a primeira liña da inscrición.

Posible
explotación mineira na Serra de Cabanas, entre San Xoán do Río e
Ribas de Sil:
O
27 de agosto de
2023,
o xeólogo Oscar Pazos de Vigo, os afeccionados Ana Belén Treinta e
Sergio Fernández de A Guarda e os irmáns Iván e Marco Pillado,
veciños de San Xoán de Río, foron na busca
dunha pequena e esquecida mina galaico-romana na vertente norte da
Serra de Cabanas,
entre San Xoán de Río e Ribas de Sil, unha serra ameazada pola
construción dun gran parque eólico. O
obxectivo do día era comprobar a existencia desta mina e poder
solicitar a súa inclusión no catálogo de Bens Culturais da Xunta
de Galicia como xacemento arqueolóxico. Os concellos da beira sur do
río Sil gardan un patrimonio arqueolóxico, natural e etnográfico
extraordinario, mais moi mal documentado e en risco de perderse para
sempre, e nesta altura a ameaza inmediata é un mega-proxecto eólico
administrativamente agochado baixo dous polígonos independentes, o
PE Ventumelo e o PE Treboada. A existencia
na cartografía da zona do topónimo “Furados”
xusto no liñamento entre as explotacións dos Biocos -San Xoán de
Río- e o Burato do Lobo – Ribas de Sil- deu o indicio da posible
mina galaico-romana, e a cartografía de pendentes axudou a localizar
a corta. De
momento non
hai que desbotar a existencia de galerías ou pozos de minaría
subterránea.
No ano 1834 foi levado para o pazo do Marqués de Trives un miliario situado a carón da Ponte Navea que estaba nun pendello, dedicado a Tito e Domiciano.Outros miliarios no Museo Arqueolóxico de Ourense.
SARREAUS
Forum ou Civitas Limicorum (Monte do Viso-Nocelo da Pena): As primeiras referencias ao xacemento do Monte do Viso ou á Cidá datan dos séculos XVIII e XIX da man de González de Ulloa e Flórez, citando a descuberta de dúas lápidas honoríficas polo que deduciron que aquí se atoparía o Forum Limicorum, hipótese que un século máis tarde defendería Marcelo Macías. Entre os numerosos achádegos atópase unha ara adicada aos Lares Viais e
unha inscrición a Adriano e Antonino Pío pola Civitas Limicorum
aparecida nos montes de San Pedro. A
primeira noticia sobre as lápidas de Nocelo da Pena proporciónaa o cura
de Chamosiños, Pedro González de Ulloa, no ano 1777. Unha das epígrafes do Monte de San Pedro transcríbea, ao seu xeito, Cornide
Saavedra: "Ao emperador César, fillo de Traxano Pártico, neto de Nerva,
bisneto de Aelio Hadriano Antonio Augusto Pío, pontífice máximo, tribuno
catro veces, cónsul tres, pai da patria dedicouse esta cidade dos límicos". No ano 1835
colócannas na base dun cruceiro que é como as atopa Barros Sibelo. No
1897 son trasladadas para o Museo da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense, regaladas polo bispo da diócese Pascual Carrascosa y Gabaldón; o traslado non foi doado, xa que a comisión formada por Marcelo Macías, Arturo Vázquez de Benito F. Alonso tiveron que enfrontarse, coa axuda da Garrda Civil, aos veciños.
Ara a Bandua: Descuberta por Barros Sibelo preto da igrexa de Codosedo. Reutilizada como material de construción. Barros enviou un debuxo no ano 1860 para a Real Academia de la Historia de Madrid. No ano 1999 reapareceu tirada nun camiño que vai cara a igrexa. Perdeu o zócolo e case todo o coroamento. Lectura: "[-]cius [Fl/avii f(ilius) Ba/ndue Ae[d? ou t?]/iobrico/v(otum) l(ibens) a(nimo) s(olvit)", ("Marcius (?), fillo de Ruus (?), fai esta dedicatoria a Bandua de
Ae(t)iobrigo (?), cumprindo o seu voto con ánimo alegre"). Abascal e López (2025) len "Tongius, fillo de Avius...". No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Epígrafe (Codosedo):
No mes de xuño de 1911, Marcelo Macías enviou unha carta ao P. Fidel
Fita, da Real Academia da Historia, informando dunha inscrición preto a
igrexa de Codosedo, pero da que aínda non recibira información do
párroco. Quizais se trate da ara a Bandua atopada por Barros no 1860.
Ara de Codosedo: Atopada por Rivas Fernández nos anos noventa do século XX, empotrada no muro da casa de Dª Olimpia Caneiro, situada xunto a estrada a Vilar de Barrio. Mutilada por arriba e por abaixo. Unha limpeza moi agresiva erosionou a superficie. Lectura de Abascal e López (2025): "VLIO C/AL(---) ANT(onius)/TALISEI (filius)/V(otum) L(ibens) S(olvit)", ("Antonius, fillo de Alisetius (ou Alisetus) -dedicou este altar- para Ulio Gal(---) e cumpriu o seu voto libremente"). O teónimo non se localiza na bibliografía precedente.
Aras (Codosedo): Cabeceira dunha ara empotrada no aleiro dunha casa de Codosedo, da que só ven os pulvini e o foculus circular. Na mesma casa, fragmento dunha ara onde só se observa a cabeceira. Hai unha terceira, tamén reutilizada, onde só se ve o lateral dun altar.
Ara de Folgoso (Cortegada): Na capela de San Nicolao. Foi descuberta no ano 1983 durante unhas obras de remodelación da capela. Lectura:"PROINEI++/Q(uintus) APILI/CVS SEVER/VS V(otum) S(olvit)/L(ibens) M(erito)", ("Quintus Apilicus Severus cumpriu seu voto a Proinetia con ánimo compracido"). Javier Torres, cando me enviou a foto no mes de decembro de 2023, contoume que na parte superior colocaron unha lousa de granito, asegurada con cemento, para poñer unha imaxe do San Antonio o que impide saber se conserva o foculus.
Ara de Lodoselo: Foi atopada nos anos corenta do pasado século XX polo técnico de actividades mineiras señor Barros xunto a boca dunha mina de estaño ou de wolframio. Colocada xunto a súa casa, despois foi mercada por don Rudesindo Blanco que aínda a ten no seu poder. Debido ao desgaste, non resulta doada a lectura, realizándose ao longo do tempo distintas interpretacións. Rodríguez Colmenero (1977) leu: "Ledrius/pro Cl(audius)/Nus(ius) Ulc(ii filius)/Cal(aicus) v(otum) l(ibens) a(nimo) s(olvit)", ("Claudius Nusius Calaicus, fillo de Ulcio, ofreceu a Ledriuspro este altar con ánimo compracido"). Revisada por Abascal Palazón no ano 2023, achega: "H[e]L[v]IVS/PROCVL[i]/NVS VLIO/CAL(---) V(otum) S(olvit) L(ibense) M(erito)", ("Helvius -dedicou este altar- para Ulio Gal(---) e cumpriu o seu voto libre e merecidamente"). Na primeira liña atópase o nomen gentile do dedicante que sería Helvius, co seu cognomen Proculinus.
Ara de Lodoselo: Nunha propiedade privada de Lodoselo. Rodríguez Colmenero leu: "REBRVS(prus) SIVE LEDRIVS PRO CL(audius) NVS(ius) VLC(if.) CAL(aicus) V (otum) L(ibens) A(nimo) S(olvit)".
Ara de San Fiz ou Pedras de San Fiz (Cortegada): No Museo Arqueolóxico de Ourense, consérvase dende o ano 1986 unha ara en mal estado: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)", ("Xúpiter Óptimo Máximo"). Atopada no ano 1965, foi doada por Juan Ribero Arcos quen a atopou preto da Pedra Alta de Antela.
Ara de Vilariño (Vilariño-Paradiña): Ao Lar Ocaelaego. Atopada no ano 1988 cando as obras na capela de San Estevo. Esta ara, xunto con outra destruída e de menores dimensións estaba incrustada na mesa do altar. Na parte superior perdeu case completamente os pulvini, e non hai restos do foculus. Lectura: "LARI OC/AELAECO/Q(uintus) APANI/CVS CAR/ITO V(otum) S(olvit)/L(ibens) M(erito)", ("Quintus Apanicus Carito cumpriu o seu voto ao Lar Ocaelaego de boa vontade". Dedicatoria a unha divindade tipicamente romana, como son os Lares, cun epíteto indíxena Ocaelaego. No Museo Arqueolóxico de Ourense. Nalgunhas publicacións lemos que procede de Vilariño Frío, aldea situada en Montederramo.
Ara a Navia (Nocelo da Pena): Atopada no Monte de San Pedro, formando parte da ermida que había no lugar que ao arruinarse foi trasladada no ano 1835 polo abade de Nocelo don Antonio Bugallal xunto a igrexa de San Lourenzo. No 1897 ingresou no Museo da Comisión de Monumentos de Ourense. Lectura segundo Abascal Palazón: [P]INTO/[P]ENTO/[V]I (filius) LAGI/VS NA/BIAE V(otum)/S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Pinto Lagius, fillo de Pentovius -dedicou este altar- a Nabia e cumpriu o seu voto libre e merecidamente"). Rodríguez Colmenero interpreta esta epígrafe como "[Qu]into/[Ev]ento/ [T]i(berius) Lagi/us Na/biae v(otum)/s(olvit) l(ibens) m(erito)", ("Por motivo dun quinto acontecemento favorable, Tiberio Lagio cumpriu o seu voto de libre vontade a Nabia"). Nabia aparece cunha forma gráfica con b propia das terras meridionaisis da Gallaecia, fronte ao uso do v no conventus Lucensis. No Museo Arqueolóxico de Ourense.

Inscrición: No Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1898 fálase dunha inscrción na parede dunha casa de Nocelo da Pena comunicada por D. Jesús Palacios que non debeu darlle máis detalles: "OVI/OM/VFO". Debe tratarse dunha das pezas atopadas no Monte do Viso. Semella que estaba dedicada a Xúpiter Óptimo Máximo, quizais por un home de nome Rufo, oou unha muller de nome Rufonia. Desaparecida.
Epígrafe: "]INIS".
Epígrafe: "]LI/S BOESLI EF[".
Estela de Lodoselo: Aos deuses Manes, de Flavio Fusco a Marco Claudio, fillo de Olivésulo.
Inscrición funeraria: Descuberta no 1989 preto da igrexa de Codosedo, formando parte dunha edificación derruída: Lectura: "ALEB[A] BI/BALI FI(ilia)/V(ico ?) NEMETOBRICAE/HINC (sic) SIT(a) E(st", ("Eiquí xace Aleba, filla de Bibalus, orixinaria do vicus (?) de Nemetobriga"). Nemetobriga é citada polo clásico Ptolomeo, a defunta sería orixinaria desta mansio. O nome da falecida podería ser indíxena.
Lápida honorífica na ermida de San Pedro (Nocelo da Pena): Trátase dunha prancha rectangular de granito que estaba na desaparecida capela de San Pedro, no Monte do Viso. No ano 1835 o abade de Nocelo da Pena, don Antonio Bugallal, trasladouna para a igrexa parroquial. No ano 1897 foi trasladada para Museo da Comisión de Monumentos de Ourense xunto coas outras inscricións. Só se conservan catro liñas de escritura das sete que figuran no manuscrito de José Cornide do ano 1754: Lectura: "IMP(eratori) CAES(ari) DIVI TRA/IANI PARTHICI F(ilio)/DIVI NERVAE NEP(oti)/TRAIANO HADRIA/NO AVG(usto) PONT(ifici)/MAX(imo) TRIB(unicia) [---] POT(estate) XVI/CO(n)S(uli) III P(atri) P(atriae) CIVITAS", ("Ao emperador César Traxano Adriano Augusto, fillo do divino Traxano Pártico, neto do divino Nerva, pontífice máximo, coa potestade tribunicia pola décimo sexta
vez, cónsul pola terceira vez, pai da patria, a civitas dos Limicos"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Lápida honorífica na ermida de San Pedro (Nocelo da Pena): As mesmas condicións do achado. Lectura:
"IMP(eratori) CAES(ari) DIVI H[a]/[d]RIANI F(ilio) DIVI TRAIAN(I)/[P]ARTHICI NEP(oti)/DIVI NERVAE PRONEP(oti)/[T(ito) AELIO HADRIANO/ANTONINO AVG(usto) PIO/PONT(ifici) MAX(imo TRIB(unicia) POT(estate)/IIII/CO(n)S(uli) III P(atriae)/[C]IVITAS LIMICORVM/------?", ("A cidade dos límicos -dedicou este monumento- ao emperdor César Tito Elio Hadriano Antonino Augusto Pío, fillo do divino Hadriano, neto do divino Traxano Pártico, bisneto do divino Nerva, pontífice máximo, no exercicio da súa cuarta potestade tribunicia, cónsul en tres ocacións, e pai da patria").
Relevo de Nocelo da Pena: Estela bifronte descuberta no século XVIII na desaparecida ermida de San
Pedro, por riba do Monte do Viso, reutilizada como material de
construción. No ano 1835 utilizouse como pedestal dunha cruz en Nocelo da Pena, e no 1897 foi regalada polo bispo de Ourense ao Museo da Comisión Provincial de Monumentos. O mal estado de conservación da peza impide resolver as
controversias existentes sobre ela, tanto á súa natureza votiva ou
funeraria como á lectura das epígrafes, ou a representación das figuras
humanas representadas a ambos os lados. No 1911, o P. Fita consideraba que o
altar bifronte se consagrara a varios deuses autóctonos tutelares e
acuáticos. Para Arias Vilas, Le Roux e Tranoy (1979), a peza estaría
adicada aos Lares Civitatis Limicorum polos
individuos Claudius, Tacitus e Tapilus. Para Rodríguez Colmenero e
González Ruibal (2007), trátase dunha ara consagrada ás Matres da
Civitas Limicorum. Cara A: “TRICIVITA / M CLAVD / ]M AOB / ET TA". Cara B: "IOVI O M"”
(Lorenzo Fernández, 1968). Cara A : “IBICIV / MCE / IACI / ETT".
Cara B: "TA IL / TAS V / VI" (Fariña Busto). Cara A: “M A TRI CIVITA
/ A-M-A-CE AVI / TACIV / S ET TA". Cara B: "TAPILA / T ACIV VSLM”, (Rodríguez Colmenero, 1997), que traduce do seguinte xeito: “Tacius e Tapila ofreceron este altar
á nai das civitas (dos Límicos) pola saúde de Amaca Avita”. Cara A: "MATRI(bus) CIVITA[tis]/MA(rci) CLAVD[i]/TACIV[s]/ET TA(pilus)". Cara B: "TAPILVS/TACIV[s]/V(otum) S(solverunt)", coa tradución en conxunto: "Marcus Claudius Tacius Claudius Tapilus -dedicaron este altar- para as Matres da cidade. Tapilus e Tacius levaron a cabo a dedicación", Alberto López Fernández (2018). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Miliario de Nocelo da Pena: Forma parte do muro dunha finca. Anepígrafe.
Outros Xacementos: Asentamento de Perrelos, Santa María (Meilás-Cortegada), explotación mineira dos Castelos (Nocelo da Pena), explotación mineira das Minas (Nocelo da Pena), Alto do Castriño (Vilariño Frío), Diestro (Perrelos), A Cavadiña (Tarrazo).
TABOADELA
Ara os Lares Viais (Taboadela): Atopada polo Sr. Rodríguez Conde no ano 1967, actuaba como poste dun parral pero en sentido inverso nunha propiedade do señor Antonio. Conserva o zócolo e o coroamento moldurados. Na parte superior escavóuselle un loculus cadrado, o que fixo desaparecer o foculus romano. Perdeu gran parte da epígrafe. Foi descrita por primeira vez por González Paaz para Taboada Chivite, quen a publicou no 1976. Estivo no interior do Concello, na actualidade atópase fóra, xunto a entrada. Lectura: "LARIBVS/VIALI[bus] SILO SI[lo]/[NI]S [---]/------", ("Silo, fillo de Silón, dedicou este altar aos Lares Viais"). Nas inmediacións da igrexa de Taboadela atopáronse restos de enterramentos romanos.
Ara votiva (O Toucedo-Pazos-Santiago da Rabeda). Trátase dunha pedra rectangular semellante a unha ara que presenta un cruciforme na súa parte superior. Na actualidade actúa como marco dunha finca.
Ara (A Touza): Estaba empotrada nunha casa de don José Tomás González Pérez, preto do cemiterio parroquial. Sen inscrición, conserva o foculus. Foi extraída en xaneiro de 2025 e olevaba para o Museo Arqueolóxico.
Ara? (A Touza): Coa cornixa moldurada e moi desgastada, atópase unha peza con perforación central empotrada na parede dunha vella casa, preto da igrexa parroquial. Non é posible saber se conserva a inscrición.
Calzada en Abeledo, parroquia de Santiago da Rabeda, descuberta cando as obras do AVE (Información achegada por José Antonio Gavilanes).
Xacemento do Cruceiro (Vilar-Taboadela): Fragmentos de tixolo, tégula, cerámica común, bases de columnas e muíños circulares.
Xacemento do Prado (Pazos-Santiago da Rabeda): Localizáronse diversos fragmentos cerámicos (tégulas e cerámica común).
Xacemento de Taboadela: Ladrillos, tégula e un muíño circular. Na pista que dá acceso á praza de Taboadela localizáronse unhas tumbas rectangulares realizadas con tégulas e ladrillos que poderín corresponder a unha necrópole paleocristiá. Saíu á luz con motivo dun desterro nunha rúa da vila no ano 1972; foi visitado por Ferro Couselo quen datou algunhas pezas no século IV.

Xacemento da Curseira (Pousa-Mesón de Calvos): Fragmentos de tégula, cerámica común, pezas de muíños e algún couzón de porta.
Xacemento do Outeiro (Pereiras-Santiago da Rabeda): Tégula e cerámica común.
Xacemento do Toucedo (Santiago da Rabeda): Materiais cerámicos de cronoloxía romana (tégulas e ladrillos).
Cemiterio da Petada (A Touza): Tégulas e tixolos nun cemiterio paleocristián.

A TEIXEIRA
Restos calzada (Abeleda).
TOÉN
TOÉN
Ara na capela de San Fiz (San Fiz-Puga): Localizada
en xuño de 2023 por Ana Lorenzo, da Asociación de Amigos do
Patrimonio de Toén. Reutilizada como pía de auga bendita pero en
posición invertida para o que lle fixeron unha pía cadrada. Trátase
dunha ara de granito con danos na base. Tanto na parte superior como
inferior conserva parte das molduras saíntes. Conserva restos do
foculus circular. A epígrafe atópase bastante erosionada o que
non fai doado ler algunhas letras. No mes de agosto do mesmo ano foi
visitada polo profesor Juan Manuel Abascal Palazón, propoñendo a seguinte
lectura: “IOVI/OP(timo) M(aximo)/AELIV[s]/AELIAN/VS P(onendum)
C(uravit)”. Atendendo ao tipo de letra e ao nome do decicante, Aelius Aelianus,
Abascal cre que pode ser do século II d. C. Dende eiquí os meus
parabéns a Amigos do Patrimonio de Toén polo labor que están a
realizar a prol do patrimonio do concello.
Aras do castro de Louredo (Mugares):
Castro lindeiro co concello de Barbadás. Apareceu tanto cerámica castrexa como romana e dúas aras,
unha dedicada a deusa Diana e outra "dobre" a Xúpiter. Na primeira lese: "DEAN(a)E/FA(bius?) SAT/VRNI/NVS/EX V(oto)
P(osuit)", ("Fabio Saturnino levantou este altar a Diana, por un voto
realizado"). Na parte superior está decorada con oito rolos superpostos; a
basa presenta na súa parte inferior un pequeno oco aberto. Atopada no mes de febreiro de 1898. Adquirida
pola Comisión de Monumentos de Ourense a
principios do século XX. Nunha carta do 1 de abril de 1903 de Arturo
Vázquez Núñez ao P. Fidel
Fita achega un croquis do lugar da aparición da ara que sitúa na
parroquia de Reza, concello de Ourense, daí que a achegue eiquí,
aclarando que non se trata da aldea de Reza da parroqia de Carracedo (A
Peroxa). Foi descuberta no 1898 polo
labrego Antonio Calviño no monte Louredo. A dedicada a Xúpiter ten dobre foculus de forma circular sobre unha cornixa; presenta unha escisión rectilínea no eixo vertical que divide a peza en dúas metades; Rivas Fernandez leu: I(ovi) O(ptimo) MAX(imo)/ex VOTO/MATRIS/F(---) P(---)", ("F(---) P(---) dedicou este altar a Xúpiter Óptimo Máximo en cumprimento dunha promesa á súa nai"). Rodríguez Colmenero: "I(ovi) O(ptimo) MAX(imo)/EXS VOTO/MATRIS/F(lavius) P(aternus?)". No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara
ás Ninfas (Alongos): Segundo Barros Sibelo (1875), foi atopada por Temes Araujo, un seu irmán e o coengo Santiago Arias no
ano 1606 entre as pedras que obstruían unha fonte. Se existiu, na actualidade
está perdida. Lectura: "NIMPHIS SILON(i)S ACLO/VIANA EX VOTO F(aciendum)
C(uravit)".
Citada por Blázquez Martínez en Le culte des aux dans la Péninsule Ibérique (1957).
Epígrafe: Blázquez (La religión celta en Hispania) tamén fai mención a unha epígrafe co nome "ALBOCVS" aparecida en Alongos e que identifica cun deus das montañas.
Os Pereiros (O Santo-Alongos): Apareceron fragmentos cerámicos e tégula.
Os Pereiros (O Santo-Alongos): Apareceron fragmentos cerámicos e tégula.
TRASMIRAS
Ara (O Seixo-Abavides): Descuberta antes de 1997 nun muro do adro da igrexa parroquial; despois estivo fóra xunto o templo. O texto epigráfico atópase moi gastado polo que resulta difícil a súa lectura. Abascal Palazón le: "[---]V/[---]OR[.]/[.]VESVL A/IESIS FABE/RIVS V(otum) A(nimo) L(ibens)/D(edit ?)", ("Faberius -dedicou ese altar- para [os Lares?, os deuses?---] vesulaieses e ofreceu seu voto libremente e de boa gana"). Gardada na reitoral.
Ara de Trasmiras: Na porta dun patio da rúa principal de Trasmiras. Ten forma de cubo. Lectra: "M(---) TER/TIOLVS/LARIB/VS TVR(---)/EX VO(to) P(osuit)", ("M(---) Tertolius puxo -este altar- para os Lares Tur(---) en cumprimento dunha promesa"). Rodríguez Colmenero le Marcus no nome do dedicante. González Rodríguez (2021) le Lares Turoli na deidade.
Inscrición (Chamosiños): Nunha carta de Pedro González de Ulloa, cura de Chamosiños, datada o 17 de xuño de 1759 e que se conserva no na Real Academia de Historia, di que "en una ermita vieja de esta parroquia" descubriuse "una piedra en la que al tacto hallaba por abajo letras romanas y, con efecto tenía una inscripción sepulcral muy antigua". A carta non inclúe o texto. Pouco despois debeu perderse ou ser roubada.
Inscrición rupestre (Escornabois): Inédita, dada a coñecer por Abascal Palazón e López Fernández (2025). Gravada nun afloramento rochoso en Escornabois, só se recoñece a seguinte inscrición: "[---]++ IDVS MARTIAS [---]/[---] AL+++[---]/[---]++[---]".
Inscricións en tegula: Apareceron varios fragmentos durante os traballos de control da traza da autostrada das Rías Baixas, descubertos por Santiago Ferrer no 1996 cando escavaba un forno cerámico na paraxe das Barreiras.
Lápida de Lobaces: Nun muro do peche da igrexa parroquial. Segundo Rodríguez Colmenero pertencía ao fuste dunha columna.
Lápida de Lobaces: Nun muro do peche da igrexa parroquial. Segundo Rodríguez Colmenero pertencía ao fuste dunha columna.
Necrópole tardorromana (Escornabois).
Perrelos: Apareceron fustes de columnas e restos cerámicos.
Miliario de Máximo e Maximino (Chamosiños): No ano 1759, Pedro González de Ulloa, párroco de Chamosiños, envía unha carta á Real Academia da Historia informando sobre a localización dun miliario "en una ermita vieja de esta parroquia de una piedra en la que al tacto hallaba por abajo letras romanas...". A última transcrición procede de Vázquez Núñez no ano 1898 quen o viu en Xinzo de Limia, na casa de Pascual de Saa y Romero, actuando como columna do corredor; tamén o viron Fr. Pedro Cid e Barros; ese mesmo ano pérdeselle a pista ao ser destruída a casa.

Miliario
(Os Pardieiros-Lobaces): Miliario que foi baleirado para seren utilizado
como sartego; na actualidade atópase no patio dunha casa facendo
funcións de bebedoiro das pitas. Rodríguez Colmenero, que tentou revisar o estudo do monumento, non foi quen de localizalo porque cre que puido perderse.
Moedas (Montecelo-Rabal): Varias moedas de época romana de Claudio, Marco Aurelio, Vespasiano, Calígula, Adriano, Tito. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Vila dos Pardieiros (Lobaces): Na Serra de Larouco; descubríronse tégulas, ladrillos e sigillata; no lugar hai catro sártegos escavados na rocha.
Outros xacementos: A Madorra (Abavides), Fontearcada (Abavides), A Cortiña Nova (Chamosiños), Os Marcos da Quinta (A Ermida-Chamosiños), A Telleira (Escornabois), O Montecelo (Rabal), As Outrelas (Lobaces), Os Bagullos (Lobaces), O Torroal (Lobaces), As Campaniñas (Vila de Rei).
A VEIGA
Os Baños (Baños): Tégula, escouras de ferro e anacos de cerámica común.
Casa do Aquilino (Valdín): Durante unhas obras na casa, que destruíron o xacemento, apareceu un muíño de man e unha canle feita na rocha, tégula e cerámica común.
Explotación mineira das Caborcas (San Fiz).
Explotación mineira de Vilanova (A Ponte).
O Lombo (Vilaboa): Tégula e cerámica común.
Miliario da Alberguería: Desaparecido, coñécese por referencias de Ceán Bermúdez como procedente da poboación da Alberguería, na actualidade mergullada polo encoro de Prada.
O Pombar (Carracedo): Tégula e cerámica común.

Ara de Portela: Descuberta no ano 2000 no altar da igrexa de Santa Baia de Portela. Atópase nun domicilio particular de Verea. Conserva a cornixa superior e o foculus. Mide 35 cm de alto e 29 cm de ancho. Foi dada a coñecer por Nieto Muñiz no ano 2002, quen non puido ler o texto, que si fixo no ano 2000 Alberto López Fernández: "LAR[i]/B(us V[ial(ibus) [---]". Dedicada aos Lares Viais.
Ara de San Mamede de Portela: Na capela do San Mamede. Peza de granito co coramento e o zócolo recortados polos catro lados para adaptar o altar como columna do pórtico da ermida. Moi desgastada pola exposición á intemperie e unha limpeza agresiva. "LARIB/VS TV/RARGI[s?]/RVFVS/P(ubli) Claud[i] (servus?)/VO(tum) L(ibens) AN(imo) S(olvit]", ("Rufus, servo (?) de Publius Claudius -dedicou esee altar- para os Lares Turargi e cumpriu o seu voto libre e merecidaemente"). Se se perdeu unha letra no extremo dereito da ara, a inscrición debe lerse o dativo "LARIBVS TURARGI[s?]". O epíteto destes Lares Turargi era descoñecido ata a data. (Lectura achegada polo catedrático da Universidade de Alacant Juan Manuel Abascal Palazón). No mes de xaneiro de 2024 consultei á Patrimonio da Xunta en Ourense se estaba catalogada, contestándome que si o foi ese mesmo mes polo servizo de arqueoloxía en Santiago en base ás miñas referencias co código AC32084011.
Ara a Xúpiter Optimo Máximo:
Atopada no lugar de Carballo no ano 2001, xunto a praza da igrexa de Santiago de Verea. Atopábase xunto outras pedras procedentes das obras de remodelación da casa coñecida como Casa do Mestre, que foran levadas a cabo no ano 1997. Carece de contexto arqueolóxico coñecido, agás que se atopa a uns 200 metros do castro romanizado da Cividá e preto dun ramal da Vía XVIII. Partes das pedras da obra foron traídas da Limia, provenientes de derrubamentos, polo que pode ser o lugar da orixe. Debido a que está rebaixada por un lado, dedúcese que foi reaproveitada con anterioridade noutra construción. Presenta tan só dúas liñas de
texto: "IOM/CATN (ou CATA)". A segunda liña podería tratarse dun epíteto do deus,
ou o nome do dedicante. Na parte alta conserva o foculus. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Mansión:
O Forum Gigurrorum (Forum Gigurnion no Anónimo de Rávena, e Foro no
Itinerario de Antonino) adoita identificarse coa Cigarrosa, en Petín,
mais non falla quen cre que tamén se podería tratar da Cigarrosa de
Verea, en territorio non Guigurro (J. J. Moralejo).
Monte Oural: Restos dunha explotación aurífera mediante o sistema de "arados" (sucos).Castro romanizado de A Cividá: Preto da ermida de San Trocado.
No Butrón apareceron un muro de cachotaría, pedras labradas e restos de tégulas.
No Butrón apareceron un muro de cachotaría, pedras labradas e restos de tégulas.
Campamento da Lomba do Mouro: Entre Melgaço (Portugal) e Verea. Temporal. A fotificación ten unha segunda liña defensiva. Localizado por investigadores do grupo Roman Army.
VERÍN
O
concello estaría atravesado por unha serie de vías secundarias entre as
que salientaría a vía Sanabria-Brigantium, que transcorría ao longo da
Gudiña, A Serra Seca, Campobecerros, Portocamba, Trez, Laza,
Alberguería... Segundo
Dasairas, o nome de Verín procede dun deses posesores romanos que
controlaban coa axuda da Legio VII (mencionada nunha lápida da vila
romana de Ábedes) a zona.
Escultura de Dionisos e Ampelos/Xacemento da Muradella (Muradellas-Mourazos): Século III d.C. Labrada
en mármore branca, foi atopada no xacemento da Muradelle no ano 1964.
Foi Taboada Chivite quen deu cos restos
desta vila rural protexida por un muro dobre que ben poden ser restos
dun castro anterior logo reutilizado. Durante a intervención
arqueolóxica saíron á luz os restos dun pavimento hidráulico, tellas,
ladrillos, anacos cerámicos, tixolos, obxectos de ferro e bronce e unha
campaíña en bronce (tintinabulum) do s. II-III d.C. que ben puído
utilizarse como amuleto ou peza decorativa ou complemento dun enxoval
funerario (Vega Abelaira, 2016). A
escultura forma o grupo de dúas figuras masculinas espidas apoiadas
unha sobre a outra, a segunda sentada. Á figura maior fáltalle a cabeza e
o brazo dereito, está de pé, en posición de repouso, co brazo esquerdo
abraza o colo da segunda figura que desprega o seu brazo sobre a
primeira coa man extendida. No
Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara na capela da Misericordia (Verín): Dada por desaparecida nos anos setenta do pasado século cando se desmontou a capela. Bruno Rúa localizouna detrás dunha casa. Serviu de mesa do taboleiro do altar da capela do convento da Misericordia. Ao ser derrubada a ermida, a peza foi vendida a un particular de nome, segundo Taboada Chivite, Francisco Rodríguez. Atópase no xardín dunha vivenda privada na rúa da Mercede de Verín. Lectura: "[---]SVO/[---] O/[---]LICI L(ibert)/G(---) CRITON//+[---]S L(ibert)/G(---) C(---)OS/++[---] Q/VI[---]".
Ara a Cibeles (Santa María a Maior) Atopada no leito do río Támega, á altura da pasarela situada xunto a praia fluvial, no ano 1998. A única referencia da que dispoñía recollinna na "Peza do Mes" do Museo Arqueóloxico de Ourense de outubro do ano 2006 ao falar da ara á mesma divindade de Xinzo de Limia, dándoa como inédita. No ano 2024 foi publicada polo profesor Abascal Palazón no Ficheiro Epigráfico, suplemento de Conimbriga, con fotografías de José Manuel Salgado da Fundación Monteagudo. A peza está ben conservada con zócolo e coroamento nas catro caras., provista de pulvinos, foco central e dous tímpanos. Lectura: "MATRI/DEVM/CESSEA/SILONIS (filia)/EX VISV", ("Cessea, filla de silo, -fixo esta dedicatoria- para Cibeles como consecuencia dunha visión en soños"). Di Abascal Palazón que o culto a Cibeles (mater deum) só se atopa testemuñado 15 veces na Península, sete en Portugal (Vila Real, Porto, Lisboa, Setúbal, Évora, Beja e Faro), dúas nas provincias de Cáceres e Badajoz, tres na de Ourense e unha na da Coruña. A outra interese da epígrafe atópase no nome feminino, indíxena, Cessea, documentada cinco veces en Portugal e unha en Cáceres. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara na rúa da Soutilla (Vilamaior do Val): Fragmento superior dunha ara descuberta no ano 1971, empotrada entre a xanela e o primeiro andar dunha casa. Sen epígrafe, só se aprecia un pequeno foculus central. Dada a coñecer por Le Roux e Tranoy no ano 1975. A Soutilla é o nome dunha rúa de Vilamaior do Val.

Ara na rúa da Soutilla (Vilamaior do Val): Anaco empotrado nunha casa de Vilamior do Val. Sen epígrafe, só conserva a parte superior.
Ara a Xúpiter (Queizás): Na igrexa de San Pedro hai unha ara empotrada na parede norte do templo dedicada a Xúpiter Óptimo Máximo. Lectura: "IOVI O(ptimo) M(aximo)/FLAVIA MA/TERNA/SOLVIT EX/VOTO", ("Flavia Materna puxo este altar para Xúpier Óptimo Máximo en cumprimento dunha promesa"). Tamén se conserva unha peza reutilizada decorada en forma de espiña de peixe.

Ara a Xúpiter (Tamagos): Apareceu nun muro do adro da igrexa de Santa María de Tamagos, foi recollida polo párroco de Tamaguelos. A única foto ue se conserva é de Rodríguez Colmenero. Descoñécese o seu paradoiro. Perdera gran parte do coroamento. Lectura: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo).
Ara (Queizás): Na reitoral de San Pedro hai outra ara reutilizada. De difícil lectura, segundo Abascal e López (2025), lese: "++++IO/[F]VSCI (filius) +[..]/A++++V[.]/[..]V[---]/------?".
Ara de Tamaguelos:
A mal chamada “Ara de Perbes” procede da parroquia de Tamaguelos. Dise de Perbes porque ata o ano 2022, en que foi trasladada
para o Museo das Mariñas de Betanzos, grazas ás xestións da
Fundación Monteagudo e do Concello de Betanzos, estivo na casa que
Manuel Fraga Iribarne tivo en Perbes (Miño). O da doazón, tal como
reza a cartela do museo (figura como "Ara de Perbes"), non
me cadra, Fraga morreu no 2012, e a casa vendeuse a finais de 2021 ou
principios de 2022, e meses despois ingresou no museo. A epígrafe é
case ilexible. Os primeiros en estudala foron Felipe Arias Vilas e
María Dolores Dopico Caínzos, publicada no ano 2021 no Anuario
Brigantino. Descrita por Juan Manuel Abascal Palazón coa axuda
de María P. González-Conde en 2022, que leron:
"[---]IO/[------]O/[---]ESO[---]/+++++/[------]/EX VO(to)
V(ovit)".
Ara a Xúpiter: "Iovi
/ Optumo(!) / Max(imo) ex / voto / posuit S(extus) Si[" e "IOVI/OPTIMO/MAX
EX/VOTO".
Ara a Xúpiter (Tintores): Descuberta no ano 1969 no cemiterio parroquial de Tintores. Foi recollida polo párroco de Vilamaior do Val, Higinio Nñova; durante un tempo estivo na súa casa. Publicada por Taboada Chivite en 1971 Pode atribuírse ás primeiras décadas do século III. Con foculus, está partida pola metade. Lectura: "IOVI/OPTIMO/MAX(imo)/EX/VOTO/POSUI/T SE[.]/[------]", ("Se[---] puxo esta dedicatoria a Xúpiter Óptimo Máximo en cumprimento dunha promesa"). R. Colmenero (1987) di que o dedicante chamábase Sulpicius Gibbianus. Na Catedral de Ourense.

Ara (Feces de Cima): Moi desgastada, perdeu a inscrición. En tempos estivo cuberto de pintura. Na parte superior ten un loculus cadrado. Atópase xunto a igrexa de Feces de Cima en posición invertida.
Lápida (Castelo
de Monterrei/Ábedes): No Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense
do ano 1898 dise que en Ábedes apareceu unha lápida no 1580 que se
conservaba no patio do castelo de Monterrei, ignorándose hoxe en día o
seu paradoiro. Dicía: "GENIO P(opuli) R(omani) C(aius) M(arcius)
M(aximus) SÉTIMA (centuria) LEG(ionis) VII G(emina) P(iae) F(elicis)
V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito).
Epígrafe (Tamaguelos): Dado a coñecer por Taboada Chivite, atopábase na fachada dunha casa. Só transmite o segmento "...tant..." da lectura o que fai pensar a Rodríguez Colmenero nalgún membro da familia de Constantino.

Epígrafe: (Ábedes): Perdida. Só coñecida por unha imprecisa información de Gil González Dávila de 1596. Di que o texto estaba gravado en "un torillo de bronce" que apareceu cara o 1580 "... en el lugar de Avedes del Condado de Monterrey, haziendo una fortificación , debaxo de tierra". Continúa que a columna foi trasladada para o castelo e que a figuriña coa inscrición tíñaa "el Conde en su recámara". Texto: "[---] P. R./C. MAXI.MAXI./V. LEG./VE. C. P. F./V. S. L. M.".
Epígrafe (Pazos): Inscrición no catillus dun muíño de man. A primeira noticia é de Taboada Chivite en 1947. Di que estba en mans de dona Carmen Granjel, de Verín, quen lle comunicou que aparecera nas proximidades da capela de San Gregorio. No 1987 estaba nos almacéns de Manuel Rodríguez, "antiquário de Pazos" (R. Colmenero). Descoñécese o paradoiro.
Estela-menhir do Muíño de San Pedro (Verín-Oímbra): Atopada
por X. Diz Barreira no monte Lodairo no ano 1985, durante unha
escavación para extraer area na marxe dereita do río Támega, xunto o
camiño de acceso ao muíño de San Pedro, no extremo do término de Verín e
xunto o límite con Oímbra, feito polo cal foi publicada na maior parte
das veces como descuberta no Rosal, parroquia de Santa María de Oímbra.
No ano 1991 foi exposta na mostra Galicia no tempo. Mercada polo Museo Arqueolóxico de Ourense. Mide 1,60 de altura. Debido
ao seu carácter antropomorfo e fálico pode tratarse dun monolito
reutilizado con posterioridade no Bronce Final e en época romana cunha
inscrición. "LATRON/VS CELT/IATI F(ilius)/H(ic) S(itus) E(st)", ("Latronus, fillo de Celtiatus, está enterrado eiquí)". Por riba da
inscrición presenta unha cara humana gravada, delimitada por un círculo,
con orellas, ollos e boca. No reverso un motivo xeométrico subrectangular. Adoita interpretarse como unha estela antropomorfa
romana, se ben sempre se puxo de manifesto que se aprecia un imporante
peso do compoñente indíxena. E se non tivese inscrición? Posiblemente se
relacionaría coas estelas-menhir aparecidas en Portugal que presentan
certos elementos en común. Datada a finais do século I d.C. ou principios do II d.C.
Cabreiroá: Restos dun cano.
Capitel (Tintores): De mármore. Reutilizado nunha construción.
Miliario (Vilela-Tintores): Dado a coñecer no ano 1926 por Fernández Costas e Fuentes Canal na Revista Nós. Atópase na casa coñecida como Muíño da Veiga, servindo de columna. Traducido, lese: "Dedicado ao césar emperador Marco Aurelio Caro, pío, feliz, augusto, pontífice máximo, investido co poder tribunicio, o consular e o proconsular".
Miliario (Verín): Anepígrafo, acaroado nunha esquina da Casa dos Acevedo. Trátase da metade dun gran cilindro.
Miliario (Verín): Actuaba como soporte dun balcón no barrio de San Lázaro, preto da Casa do Escudo; semella estar adicado a Constante, fillo de Constantino.
Miliario (Vilamaior): No xardín da casa do párroco de Vilamaior. Di Rodríguez Colmenero que procede das inmediacións de Verín, e que foi doado ao seu actual propietario por un descubridor anónimo.
Miliario (Seixo Branco-Pazos): Desaparecido. Actuaba como marco divisorio entre os termos municipais de Monterrei e Verín.

Campamento do Outeiro de Arnás: Temporal. Controlaba un tramo do val do Támega.
Forno dos Mouros: No Telleiro, entre Mandín e Feces, apareceron restos o que probaría a existencia dun centro de produción cerámica.
Touriño da Vila de Ábedes: De bronce, descuberto en 1580; estaba sobre unha columna de mármore. A primeira cita coñecida é de Enrique Leguía en Obras de bronce (1907).
Moedas: Do Baixo Imperio e unha de Augusto. Xunto un muíño de man apareceu unha flavia, dúas de Valeriano, outra de Maximino II e unha inclasificable.
Xacemento de Casares (Mourazos): Tégulas, tixolos, ímbrices e cerámica común romana.

Xacemento da Igrexa dos Mouros ou Bouzadoiro (Cabreiroá):
Situado na zona coñecida como Pozo do Demo. Xacemento arqueolóxico duns
1.700 metros cadrados con apariencia de pequena vila romana. Apareceron fustes e fragmentos de tixolo. Os primeiros traballos no xacemento foron obra de Xesús Taboada Chivite a finais dos anos corenta do pasado século XX. No mes de novembro de 2015 remataron as tarefas de limpeza e as
escavacións iniciadas no mes de abril do mesmo ano. Os traballos,
dirixidos polos arqueólogos Eduardo-Breogán Nieto e Alberte Reboreda
deixaron ao descuberto a pranta completa dun recinto inédito dunha vila
romana e das que, ao parecer, só se atopan construcións similares nas
illas británicas e no arco atlántico europeo. Conta cuns 45 metros de
lado e esquinas arredondadas, facéndose visibles en certos puntos as
pedras que formarían inicialmente o muro perimetral, así como unha
posible entrada no lateral norte. Tamén quedaron ao descuberto as
terreiras e a área escavada no seu día por Taboada Chivite.
Xacemento de Lamas (Tamaguelos): Tégulas. Xacemento da Moreiroá (Mandín): Restos cerámicos. En Mandín hai veciños que gardan materiais procedentes do xácigo: basas de columna, muíños circulares e tégulas.
Xacemento do Padrón (Tamagos): Xacemento en chaira, descoñecéndose a súa función.
Xacemento das Quintas: Tégulas e tixolo. Atopouse tamén unha pequena cista rectangular de pequenas dimensións.
Xacemento de San Salvador (Tamaguelos): Preto do castro do Outeiro da Cruz. Tégulas e cerámica común.
Xacemento do Seixal (Feces de Abaixo): Restos de tégula e tixolo. Segunto a tradición, o asentamento tivo que ser abandonado por unha invasión de formigas que comían aos nenos. Tamén que hai dous carros enterrados, un de ouro e o outro de peste; se atopas o de ouro faite rico, se o de peste morren todos.
Igrexa de Santa María: Durante a reforma do entorno da igrexa de Santa María de Verín realizáronse as catas arqueolóxicas preceptivas. Durante os traballos no adro saíron á luz muros e anacos cerámicos que poden pertencer a un campamento militar romano.
Con motivo da construción da estrada Verín-Vences atopáronse uns sepulcros
de época romana no lugar da Pedreira. Tamén apareceron restos cando a
construción dalgunhas casas e rúas: muíños circulares, ímbrices, moedas e
restos de vivendas. Para Barros Sibelo as cimentacións da ponte de
Feces de Abaixo son de orixe romana.
VIANA DO BOLO
Ara de Fradelo: Foi vendida por un anticuario ao Museo do Castelo de San Antón da Coruña. Non está exposta. Atópase moi deteriorada, gastada e retocada. O texto foi repicado, só se distingue claramente a fórmula final. Lectura de Abascal Palazón e López Fernández: "[------]/[---]B + [---]/ V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)".
Ara de Viana: Reutilizada en tempos como basa dun poste do alumado público, na actualidade atópase por riba dun muro xunto unha rúa que sobe cara o castelo. Rodríguez Colmenero e Abascal Palazón téñena como insegura.
Epígrafe: Blázquez Martínez achega unha epígrafe, di que moi deteriorada e sen indicar a procedencia: "D(eo) COSV/O [---]/[---]". É posible que se refira á ara de Viana citada anteriormente.
Prancha de Bronce: Desaparecida. Atopada
no primeiro terzo do século XVIII "en la villa del Bollo en Galicia... en una torre vieja...". Na Real Academia da historia de Madrid
consérvanse dúas transcricións da prancha, unha do veciño Joseph Quiroga Ponce de León (comunicouna á academia no 1748), o seu
descubridor, e outra de Martín de Ulloa. Pola documentación que se conserva, Ponce de León enviou a prancha a Madrid, co compromiso de devolución, para que fora examinada na academia que a puxo a disposición de Martín de Ulloa y de la Torre-Guiral (1719-1782), experto en inscricións antigas, quen a describiu e fixo un debuxo. Logo a prancha debeu ser devolta ao seu propietario pois non existe contancia de reclamacións. Lectura: "AEGIAMUN/NIAEGO/ANTISTIVS/PLACIDVS/CILI FILIVS/ALTERNIACINVS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Antistius Placidus, fillo de Cilius, natural de Alternia, cumpriu con gusto o voto a Aegiamunniaegus"). Alterniacinus fai referencia á identidade étnica do dedicante (Hüner, 1869).
Relevo de Bembibre: Antropomorfo, reutilizado nun muro da aldea. Documentado por López Cuevillas no ano 1956.
Verraco zoomorfo de Bembibre: Século I a.C.-I d.C. Apareceu na parede dunha casa da aldea. O mestre Laureano Prieto di que
procede do castro Vila da Sen. Taboada Chivite e Cuevillas
interpretaron a peza como parte da incidencia da cultura dos verracos
na castrexa, se ben Taboada di que é de época romana. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Explotación aurífera Borreas de Caldesiños (Caldesiños): A riqueza mineira foi un dos motivos principais da conquista romana da Gallaecia. Plinio o Vello, na súa Naturalis Historia,
escribiu que as minas do NO producían 20.000 libras de ouro. Canto á
cantidade de mineral extraído nas distintas explotacións non resulta
doado establecer unha aproximación, existindo varias teorías no tocante á
rendibilidade de cada unha. Sobre o método de extracción, Plinio
achega, por procedementos naturais tal como se presentan na Natureza,
tres sistemas: en placeres fluviais, aurum fluminun (o bateo, que sería utilizado en época prerromana), en xacementos primarios sobre rocha, aurum canalicium (minas en galería ou a ceo aberto por medios medios mecánicos), e en xacementos secundarios explotados polo sistema da arrugia ou ruina montium. A ruina montium
era unha técnica que se aplicaba nos xacementos de ouro de aluvión. Un
ciclópeo traballo en que os mineiros construían pozos e galerías ao
longo dunha grande extensión de terreo, retirando despois os arcos de
madeira que as sostiñan. Logo, escribe Plinio, "a montaña afunde cun
grande estrondo que non podería concibir a imaxinación humana", e "cunha
violencia incrible" observan como a Natureza esborralla e "para lavar
os cascallos, desvíanse cursos de auga dende o cume das montañas". É
dicir, favorecía que a forza da auga desfixera os conglomerados e lavara
o mineral. Para separar o ouro utilizábanse canles de criba e lavado (agogae).
Este sistema foi o utilizado nas Borreas de Caldesiños, en Viana do
Bolo. Ocupaba unhas 17 hectáreas, próximas ao val do río Camba, a 754
metros de altitude. A auga era fundamental polo que os romanos
captábanna na Petada das Bestas, a uns 20 quilómetros de distancia,
trasladándoa por medio de canles artificiais (corrugus) que chegaba aos depósitos situados na cabeceira da explotación.
Cemiterio dos Mouros (Fradelo): Apareceron muíños circulares de man, tégula, unha folla de espada e un sartego antropoide que foi reutilizado como bebedoiro do gando.
O Castrillón (Pinza): Apareceron fragmentos de tégula e de cerámica galaico-romana e común romana. Próximo á explotación aurífera de As Borreas de Caldesiños.
O Castrillón (Quintela de Hedroso): Castro romanizado.
O Castelo (A Devesa do Portelo-Quintela do Pando): Asentamento situado sobre un pequeno outeiro nunha penichaira que separa as cuncas dos ríos Bibei e Conso. Utilizado como posible lugar de observación.

O Castreliño
(Solbeira): Asentamento situado a media ladeira da Serra do Testeiro.
Obsérvanse algunhas pedras que foron traballadas para asento de muros e
postes. Posible asentamento de observatorio e control.
Fraga do Castrillón (O Castelo-Covelo): Castro romanizado.
VILAMARÍN
Ara de León: Ara de granito que actúa como soporte do altar da igrexa parroquial de Santa Baia. A inscrición atópase moi deteriorada. Abascal Palazón e González-Conde Puente (2024) propoñen: "[------]/[------]/[---]IA/[---]mi/ego/P(publius) M(---) S(---)/EX V(oto), ("Publius M(---) S(---) (puxo este altar) para [---] miegus en cumprimento dunha promesa"). Citada por Alain Tranoy no seu La Galice romaine (1981), leu: "[---] IA/[---]AN/[---] IGO".

Ara de San Pedro (San Pedro-Reádegos): Apareceu
na ermida de San Pedro, reedificada no ano 1860, situada entre os
castros do Río e Santa Ádega. Soporta o taboleiro dun altar lateral. Foculus retallado en loculus. Cortada na parte superior. Aos Lari Pemaneieco: "LARI PEM/ANEIECO/EX VI(su) S(---) P(osuit) F(ecit)", ("S(---) P(---) fixo este altar para o deus Lar Pemaneiecus como consecuencia dun soño").
Miliarios de Orbán: Un, anepígrafo, sostén a pedra do altar da igrexa. O segundo, con epígrafe, apareceu cara o 1961 no patio da casa reitoral. Ao parecer tiveron reliquias (loculus?). O día 7 de xullo de 2024, o párroco, amigo de Rodríguez Colmenero, contoulle a Javier Torres e Xosé Antón Casares Lamas (autor da foto do miliario do interior da igrexa) que os dous anacos de miliarios correspóndense co mesmo. Cuberto de maleza, lese: "------/[---IN]VI[CTO AVG(usto) ¿]/[---PONT(ifici) MAX(imo) [---]/[---P(atri) P(atriae) CONS(uli) [---]/[PRO]CONS(uli) [---]/------ ¿", ("Para [---] invicto Augusto [---] pontífice máximo [---] pai da patria, cónsul [---] procónsul [---]").
Miliario de Río: Pegado ao muro que dá entrada á igrexa parroquial; moi alterado.
Miliario a Numeriano (Fontao-Tamallancos): Provén do lugar do Fontao, descuberto no 1972. Ano 282-283. Atopábase en posición vertical, pero invertido sobre un muro. Di Rodríguez Colmenero que nos atopamos diante dun dos escasos miliarios adicados a este emperador. En efecto, en Hispania só se coñecen sete. Lectura: "D(omino) N(ostro)/M(arco) NVMERIO/NVMERIANO/NOB(ilissimo)/CAES(ari)", ("Dedicado ao noso señor Marco Numerio Numeriano, césar nobilísimo"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.

Castro de Baínte: No ano 1984, Milagros Cavada Nieto, no II Coloquio Galaico-Minhoto, deu a coñecer un tesouriño formado por moedas de época romana atopadas no castro (só tivo acceso a 12: 11 Antoniano e un AE). Do conxunto de Antonianos, catro son de Galieno, catro de Claudio II o Gótico, un de Probo e dous de Diocleciano. O AE, con cabeza radiada, pertence a Diocleciano.
Castro de Santa Ádega (Reádegos): Romanizado. Aparecron terra sigillata e moedas.
Castro de Santa Ádega (Reádegos): Romanizado. Aparecron terra sigillata e moedas.
VILAMARTÍN DE VALDEORRAS
Ara a Porolo: "M(arcus) AEMILI/[V]S LEPID/[I]NVS POR/[O?]LO V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Marcus Aemilius Lepidinus cumpriu con ánimo compracido o seu voto aos deus Porolo"). Apareceu reaproveitada no balcón dunha casa de Vilamartín a principios do século XX. No ano 1904 (algunhas fontes sinalan o 1912), segundo achega Abascal Palazón e González-Conde Puente (2024) foi levada para o Instituto de Ensinanzas Medias de Ourense polos membros da Comisión de Monumentos, doada polo médico José Folla. No 1927, debido a un incendio no Instituto e Ensino Medio, a ara viuse afectada polo lume. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Epígrafe de Valencia do Sil?: La Región do 8 de abril de 1970 dá conta dunha inscrición atopada nun muro nas inmediacións de Valencia do Sil polo grupo Los Escarbadores: "ENDIVS/CARANCI/S". Pero en Hispania Epigraphica cítase a mesma epígrafe, pero procedente de Castroquilame, en Puente de Domingo Flórez (León), na parede rochosa dunha canle. Para saír de dúbidas, o día 13 de febreiro de 2023 pregunteille ao investigador José Fernández Pérez quen deu a resposta: está nunha das canles romanas que levan ás Médulas, preto de Castro Quilame, na Cabreira leonesa, e coincide por riba mesmo do nivel das augas da canle; a rocha é pizarra.
O Castelo (Valencia do Sil): Castro romanizado. De época romana atopáronse
restos cerámicos, grafitos, tégulas e varias moedas entre as que se encontran
unha de Antonino Pío a nome de Faustina "A Xoven" e outra de Marco
Aurelio a nome da súa filla Lucila. Na súa faldra atopouse un capitel de
mármore suevo-visigótico, de estilo corintio que segundo Rodríguez
Colmenero pertencería a unha sinxela construción paleocristiá ou
xermánica no lugar. No ano 2019, iniciáronse os traballos de escavación e recuperación do asentamento baixo a dirección de Ferrer Sierra. Na quinta campaña de escavacións, finalizada no mes de xuño de 2024, os
investigadores de Spunik Labrego, dirixidos por Carlos Tejerizo, conluíron que o xacemento tivo dúas
fases de ocupación, entre os séculos I e II d. C. e IV e V d. C. Na
última fase determinaron que se trataba dun gran centro de
produción metalúrxica.
Explotacións mineiras: O Banzado ou Cavorco do Inferno (Córgomo), trátase dunha canle de condución de augas para a explotación aurífera das Barreiras que captaba augas do río Leira e transcorría faldeando a ladeira do cauce fluvial nun percorrido aproximado de sete quilómetros. As Barreiras (Córgomo), estamos ante a presenza dunha das grandes explotacións auríferas da zona de Valdeorras que presenta dous grandes frontes de explotación, separados entre si por unha pequena franxa de terreo sen beneficiar que na actualidade ocupa a estrada local que dá acceso á poboación de Córgomo. Val de Vacas (Arcos), explotación aurífera a ceo aberto situada a poucos metros da Cova dos Mouros. A Cova dos Mouros (Arcos), explotación subterránea, onde se extraían unha serie de veas ricas en mineral aurífero encaixadas na rocha de orixe pizarrosa empregando para elo a forza humana mediante a utilización de métodos tradicionais de mazos, cuñas e picos dos cales aínda se poden apreciar os restos das súas pegadas no interior da galería que presenta unhas dimensións de 39 metros de longo por catro de alto; durante moito tempo foi utilizada como cova para gardar o viño.
O Pedregal (Portela), explotación aurífera situada na ladeira dun pequeno val que forma o regato do Romeo, tributario do Sil. Outras vestixios relacionados coa explotación mineira atopámolo na Pala (Vilamarín), Chao do Conde (Valdegodos), O Carril, O Covallón e a Cova (Portela), e As Fragas (Outeiro).
Mina da Portela (A Portela): No mes de maio de 2017, un veciño da Portela, Manuel Vázquez Delgado, que acondicionaba co tractor unha finca para plantar millo, levou un bo susto cando se afundiu unha roda do pesado vehículo. Cando conseguiu retirar o tractor comprobou que había un enorme burato duns cinco metros de profundidade. Viña de atopar unha mina de ouro de época romana. O achado foi confirmado polo integrante do Instituto de Estudos Valdeorreses José Fernández Pérez. O interior do pozo está aínda a maior profundidade xa que ao longo dos séculos fóronse acumulando materiais. Estima que tería uns 11 metros e unha anchura de seis. Ao parecer trátase de terreos terciarios, como nas Médulas, onde se utilizou o sistema da ruina montium.
Miliarios: Segundo información recollida de Rodríguez Colmenero et al. (2004), e estes de Estefanía Álvarez (que toma a información de Risco), nun lugar non determinado do concello había dous miliarios que actuaban como soporte dunha parra. Existe outa referencia de Barros Sibelo de 1861 pedindo que se puxeran en valor algúns miliarios ocultos en terreos labradíos de Trives, Larouco e Valdeorras. Nada máis se coñece sobre o seu paradoiro.
Mosaico: Don Rafael Caamaño, a finais do século XIX, regalou varias tesérulas de mosaico á Comisión de Monumentos de Ourense.
O Cemiterio ou Capela do San Lourenzo (Arcos): Posible poboado mineiro relacionado coas explotacións auríferas, tanto primarias como secundarias de Cova dos Mouros, As Barreiras e Val de Vacas. O xacemento localízase no entorno do cemiterio de Arcos e recibe tamén o nome de San Lourenzo por estar emprazado no lugar onde había unha capela posta baixo a advocación deste santo. Ten as características dun castro, presentando un recinto circular ou croa defendido por dous foxos tallados na rocha de natureza pizarrosa. Apareceron anacos de cerámica común, terra sigillata, tégulas e anacos de muíños de man, pode que empregados para a moenda de mineral aurífero. O material ergolóxico mostra unha cronoloxía moi ampla que abranguería dende o século I d.C. (terra sigillata galica) ata o século III d.C. (terra sigillata hispánica).
Villae do Palomar (Outeiro): Xacemento emprazado na ladeira do monte ocupando unha superficie achairada a modo de esporón que se sitúa por riba da poboación de San Miguel de Outeiro, a unha altitude de 335 metros. É coñecido dende antigo, existindo un bo número de referencias bibliográficas. En superficie, como consecuencia dos traballos realizados para o cultivo de videiras, apareceron grandes cantidades de anacos de tégulas, ladrillos, cerámica tanto común como terra sigillata, moedas e algunha tessela de mosaico que evidencian a presenza dun xácigo romano tipo villae, nas que unha das súas características é a presenza de restos musivarios. A aparición de terra sigillata e moedas baixoimperiais leva a formular unha cronoloxía que pode ir dende finais do século I d.C ata o IV d.C.
Vila do Teselo (O Mazo): Xacemento emprazado na ladeira oriental do val que forma o río Leira, ocupando unha pequena plataforma. Debido aos labores agrícolas, apareceron en superficie anacos de tégulas e cerámica romana e o esquinal dun edificio construído con laxes de pizarra, cantos rodados e pedras calacarias trabadas con barro; trataríase dun edificio relacionado coa actividade agrícola.

VILAR DE BARRIO
Dedicatoria a Xúpiter: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo) / pro salute / M(arci) Aurelio(!) Antonini / et Aureli Veri / Augustorum / [ // ] / III Idus Iunias / Laeliano et Pastore (...)". Non dispoño de máis datos.

Ermida do Santo (Rebordechau): Segundo Rivas Quintas (1985), Conde-Valvís escavou no lugar que ocupara a Ermida do Santo, a 1.618 metros de altitude na Serra de San Mamede, case no límite cos concellos de Montederramo e Maceda, e alí atopou unha "lápida visigótica" que foi retirada pola familia Parada Justel, dona da paraxe. Nunca se volveu saber máis desta peza, tampouco da suposta datación visigótica.
Inscrición: "]CO(n)S(uli) VI [---/---] P IX P F/[---] XII P(ontifici) M(aximo) [". Non dispoño de máis datos.
Lápidas: Referencias nas parroquias de Bóveda e Padreda.
Mercurio de Vilar de Barrio (San Salvador de Seiró): Estatuíña en bronce do século II-IV D.C., doado por Francisco Conde Balvís ao Museo Arqueolóxico de Ourense no ano 1918. Foi dado a coñecer por Emilio Vázquez Pardo no Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense 157 (1924). Mide pouco máis de 17 cm de alto (fáltanlle os pés). Séculos II-IV d.C.

O Castelo (Padreda): No xacemento, con orixe no século XIII a. C. (Idade do Bronce), aparecerona anacos cerámicos de época romana. Tamén hai unha cavidade, posible mina, coñecida como o Buraco dos Mouros.
Lombo do Campo Tinoso (Arnuíde): Restos do trazado dun ramal secundario da Vía XVIII. Elevación artificial sobre a que discorre o vial para elevarse sobre a braña circundante. Folón de Penadiz (Arnuide): Castro onde apareceron tres sepulcros de época romana.
Os Ferreños (Padreda): Referencias bibliográficas e folclóricas falan dunha necrópole romana e medieval. Non se observan restos.
Ramal da Vía Nova: Practicamente arrasado polas repoboacións forestais.
Ara da capela de San Xoán (Laioso-Parada de Outeiro): Situada xunto a porta de acceso á capela do San Xoán en Laioso. Di Taboada Chivite que foi atopada ao retirar a mesa do altar. De granito, está adicada a Xúpiter. A inscrición está moi desgastada. Lectura de Alberto López Fernández (2021): "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)/Q(uintus) VARI/VS LATR[O]/NVS[---]", ("Quintus Varius Latronus -dedicou este altar- a Xúpiter Óptimo Máximo").
Miliarios dos Cantos ( Casas da Veiga): Atopáronse dous miliarios anepígrafos, un con dúas cruces gravadas. Un fragmento sobre unha canle coa inscrición ilexible. Rodríguez Colmenero cita un que permanecía tirado preto da Vía Nova, hoxe en día desaparecido.
Miliario da Carreira do Marco: Adicado aos emperadores Decio e Carino, servía de machón de cancela nun prado do lugar coñecido como O Tamboril, preto da aldea de Casas da Veiga. Rivas considérao como anepígrafo, mentres Rodríguez Colmenero afirma que se trataba dun exemplar reutilizado con dedicatorias aos emperadores Decio e Carino nos seus extremos.
Miliarios da Congostra de Fonte Carballa ou Carballo: Dous fragmentos dun miliario anepígrafo partido pola metade; na actualidade atópase nunha casa de Xinzo de Limia. Outro estudado por Barros Sibelo, na actualidade nunha Farmacia de Xinzo; está fragmentado en catro anacos: "IMP(eratori) CASES(ari) DIVI TRAIANI/PARTHICI F(ilio) DIVI NERVAE/NEP(oti) TRAIANO HADRIANO/AUG(usto) PONTIF(ici) MAX(imo) TRIB(unicia) POT(estate)/XVII CO(n)S(uli) III P(atri) P(atriae)/A BRACARA M(ilia) P(assuum) LXVI", ("Dedicado ao césar emperador Traxano Hadriano, augusto, fillo do divino Traxano Pártico, neto do divino Nerva, pontífice máximo, co poder tribunicio por décimo sétima vez, cónsul pola cuarta, pai da patria. Milla 66 dende Braga"). Barros Sibelo cita un miliario adicado a Maximino e Máximo, hoxe en día desaparecido do que se conserva unha transcrición de na Real Academia da Historia de Madrid: "IMP · CAES · C · IVLIVS · VERO (sic)/MAXIMINVS · PIVS ·FEL · AVG · GERM · MAX/DAC · MAX · SARM · MAX/TRIB · POT · V · IMP · VII · P · P · COS · PROC/ED · C · IVLIVS · VERVS · MAXIMVS/NOBILISSIMVS · CAES · GERMANVS (sic) ·MAX/ DAC[o] (sic) · MAX · SARM · MAX/[prince]PS · IVVENTVTIS · FIL/D · N · IMP · CAES ·C · IVLI · VERI · MAXIMINI/PIVS · FEL · AVG · VIAS · ET · PONTES/TEMPORIBVS · VETVSTATE · COLAPSOS (sic)/RESTITVI · PRAECEPERVN/CVRANTE · Q · DECIO · LEG · AVG · G · PR.../...B R · M · P· LXVI", ("Ao emperador césar Caio Xulio Vero Maximino, pío, feliz, augusto, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático máximo, coa tribunicia potestade por quinta vez, emperador pola sétima, pai da patria, cónsul, procónsul; e Caio Xulio Vero Máximo, nobilíssimo césar, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático máximo, príncipe da xuventude, fillo do noso señor o emperador Caio Xulio Vero Maximino; pío, feliz, augusto, mandaron refacer as vías e as pontes deterioradas polo paso do tempo, sendo responsable Quinto Decio, legado propretor dos augustos, esclarecido varón. Milla 66 dende Braga"). Rivas viu no ano 1971 dous fragmentos anepígrafos dun miliario formando parte dun muro. No Boletín Auriense (1992), Alvarado Blanco achega dous fragmentos de miliarios reutilizados nun muro de peche dunha finca.
Miliarios de Fonte Carballo: Situados sobre uns pedestais no cruzamento dunha pista da concentración parcelaria. Anepígrafes.
Miliarios do Marco: Fragmentos de varios miliarios entre Vilar de Santos, As Casas da Veiga e o regato das Lameiras citados por Alvarado Blanco no ano 1992. Parece que foron destruídos.
Miliario de Parada (Parada de Outeiro): Atopado cando se realizou a concentración parcelaria, formando parte dun muro divisorio no lugar coñecido como A Lama ou Quintela, entre Castelaus e Outeiro. Na actualidade atópase nunha nunha área recreativa da aldea de Parada: "IMP(eratori) C(aesari) G(aio) VA/LERIO MA/XIMIANO/ P(io) F(elici) AUG(usto) INVIC/to", ("Dedicado ao césar emperador Gaio Valerio Maximiano, pío, feliz, invicto, augusto").
Miliario dos Padrosos (Vilar de Santos): Estudado por Barros Sibelo, estaba adicado a Adriano; logo foi destruído para facer postes dun valado.
Miliario de Cachalgura: Anepígrafo, nos xardíns do parque municipal de Vilar de Santos. Estaba situado no camiño da Veiguiña, xunto a Vía Nova.

Oficio de recepción da lectura dun miliario no ano 1860: Agradecemento enviado o 15 de outubro pola Real Academia da Historia a Barros Sibelo pola lectura dun miliario aparecido en Vilar de Santos dedicado a Caio Xullo Vero Máximo.
Necrópole (Bréixome de Abaixo-Parada de Outeiro): No ano 1976, durante as obras nunha granxa situada preto da igrexa de Parada de Outeiro, apareceron dous enterramentos de inhumación con caixa de tégula de finais do século III d.C.
Necrópole de Barreiros (Parada de Outeiro): Sepulcro romano, destruído, atopado ao construír unha casa; apareceron tégulas e ímbrices que conformaban a sepultura.
Restos da Vía XVIII.
Villae de Parada de Outeiro: Atopáronse tixolas, tégulas e restos cerámicos. No ano 1950, a raíz da reforma da igrexa, apareceu un mosaico de teselas brancas, negras e vermellas asentada sobre morteiro cunha escea inspirada en temas mariños, datada no século IV d.C. Un fragmento atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense. Nas inmediacións da igrexa parroquial descubríronse máis de 50 vasillas.
Xacemento da Barxa (Parada de Outeiro): Coñecido tamén como Cantos Dourados, apareceron restos de tégula.
Outros xacementos: Parada (Parada de Outeiro), O Toural (Parada de Outeiro), O Barrio (O Barrio-Vilar de Santos), Finca Albariño (Vilar de Santos), Saa (Vilar de Santos).
A totalidade dos miliarios atopados no termo municipal pertencen á Vía XVIII do Itinerario de Antonino. O seu achádego tivo lugar, na meirande parte dos casos, con motivo da concentración parcelaria. Moitos foron expoliados (vendidos en Portugal, din os veciños) e sepultados polas pas escavadoras, segundo lembra o cura párroco de Parada de Outeiro. Constatouse a desaparición de dous en Fonte Carballo, a venda ilegal doutro, así como a destrución doutros catro atopados no lugar de O Marco. A mesma sorte correu o miliario de Adriano que atopou Barros Sibelo na congostra de Fonte Carballo; o exemplar foi atopado cortado en tres anacos e que os traballos de Rivas Fernández permitiron determinar a súa filiación.
Museo da Limia.

VILARDEVÓS
Ara a Reve (Florderrei Vello): Descuberta polo párroco Baltasar González e Antonio Rodríguez Colmenero en 1972. Fai de pedra do altar da capela do San roque, preto de Vilardevós. Cando a fotografiei no 2014, as letras estaban pintadas de cor negra e os laterais cubertos de cemento. Lectura, segundo Abascal e López (2025): "REVVE/REVMIRA(e)/GO FRONTO/TANCINI F(ilius) V(otum) L(ibens)/ M(erito) S(olvit)", ("Fronto, fillo de Tancinus, cumpriu o seu voto de bo grado para Revve Reumiraego"). Rodríguez Colmenero (1977), en vez de Tancini le Vaucani, e Búa (2009), Vaucan.
Estela (Florderrei Vello): Formaba parte da soleira dunha porta da casa de don Paulino Vivián. A lápida está partida, faltándolle un anaco. Publicada por Xaquín Lorenzo Fernández en Arqueologia e Historia, v. VIII, da Asociaçao de Arqueólogos Portugueses no ano 1958, baixo o título Estela funeraria de Flor de Rei Vello. Logo por Rodríguez Colmenero en Aquae Flaviae I: Fontes epigráficas de Gallaecia meridional interior (1997): "A(ulius) Flav/ius Puci (ou Rugi)/[f]ilius/[a]nno/[ru]m V/[h](ic) s(itus) e(st) s(it) t(ibi) t(erra) levis", ("Aulio Flavio, fillo de Rugo, de 5 anos, está enterrado eiquí. Que a terra che sexa leve"). Abascal Palazón (2023): "Tallavi/us Puci/filius/[a]nno/[ru]m V/[h(ic) s(itus) E(st)] S(it) T(erra) L(evis)", ("Eiquí xace Tallavius, fillo de Pucius, falecido aos cinco anos de idade. Que a terra te sexa leve"). Ingresou no Museo Arqueolóxico de Ourense grazas ás xestións de Taboada Chivite, seu descubridor, no ano 1955.
Estela (Florderrei Vello?): A primeira noticia da inscrición funeraria deuna López Cuevillas (1923), por información de X. Pérez que a fixo proceder de de "perto d´unhas minas onde se poden oservar vestixos d´antigas explotaciós". No 1946, Taboada Chivite regalou a peza ao Museo Provincial, indicando que estaba gardada na ermida de Nosa Señora de Portas Abertas situada no castro de Florderrei Vello. Polas informacións contraditorias, descoñécese a procedencia exacta. Lectura: "[..]NC / [..]A / MAC/[R]ONI / [S] F(ilia) AN / NORV / M LX / [h(ic)] s(ita) e(st) s(it) / [T(erra)] L(evis)". Dedicada por Macro a unha muller falecida aos 60 anos.
Estela: Recollida por Abascal Palazón no Anuario Brigantino nº 44 (2021); a información sobre súa existencia facilitoulla Bruno Rúa. Descuberta e conservada nunha casa do barrio da Fonte da Cal, en Santa Cruz de terroso. Estela de arenisca vermella moi dura que presenta unha cabeceira arredondada e moi desgastada en toda a superficie frontal. Con todas as precaucións, o profesor Juan Manuel Abascal le: "++ IM[-]/[---]C[---]/L - ++I [---]/AN[n]/OR[um]/LXXV/H(ic) S(it---) E(est)". Só é posible ler con bastante claridade a idade do defunto (75 anos) e a fórmula final.
Estela aos deuses Manes:
No 1913, Marcelo Macías publicou unha lápida aparecida na parede dunha
cociña de Florderrei Vello un ano antes, foi doada á Comisión de
Monumentos de Ourense por D. Manuel Pérez, Rexistrador da Propiedade de
Verín. Foi destruída no ano 1927 cando o incendio no Instituto de Ensino
Medio de Ourense que albergaba o museo. Líase: "D(is) M(anibus)
S(acrum)/CORIA/ALBINI/Filia) ANNO/RVM XI/H(ic) S(ita) S(it) T(erra)
L(evis)", ("Consagrado aos Deuses Manes, Coria, filla de Albino, de once
anos de idade, aquí xace. Que a terra che sexa leve").
Estela aos deuses Manes
(As Lagas-Terroso): Formaba parte dunha linde de fincas de D. Manuel
Pérez e D. Evaristo Barja, no lugar das Lagas. Lectura: "D (is)
M(anibus) S(acrum)/RVFIN/VS RV/FI AN/NOR/RVM/XXXX/H(ic) S(itus) S(it)
T(erra) L(evis)", ("Consagrada aos deuses Manes. Rufino, fillo de Rufo,
de 40 anos de
idade, está enterrado eiquí. Que a terra lle sexa leve"). Ingresou
no Museo Arqueolóxico de Ourense no 1948, entregada por Taboada
Chivite, sendo director Basilio Osaba y Ruiz de Erenchun.
Estela aos deuses Manes: Descuberta no ano 1990 por C. Barreiro Pérez durante a roturación dunha finca en Santa Cruz de Terroso. Lectura de Abascal Palazón: "D(is) (M(anibus) S(acrum)/AMMA/F(ilia) ANNO[R(um) ?]/[------]", ("Consagrado aos deuses Manes. [Eiquí xace] (miña) filla Amma, falecida aos [---] anosd e idade"). No Museo Arqueolóxico de Ourense dende o 1991.
Estela: Como no caso anterior, foi descuberta no ano 1990 por C. Barreiro Pérez durante a roturación dunha finca en Santa Cruz de Terroso. Lectura de Abascal Palazón: "++COS/ X X XX". No Museo Arqueolóxico de Ourense dende o 1991.
Inscrición rupestre de Enxames: Nun afloramento rochoso do Val do Castiñeiro, nunha zona de difícil acceso: "S T P / [---] C (invertido) INT . COMA . CI . I". Existen varias interpretacións propostas por Rodríguez Colmenero. O C invertido pode avalar a antigüidade do texto.
Bucranios de Tomonte
(Tomonte-Soutochao): En Tomonte saíron á luz dous bucranios, hoxe en día empotrados (reutilizados) na parede dunha fonte
pública. Non moi lonxe está o castro romanizado de Cidadella. Na arte, un bucranio, do grego bukranion (composto polo sufixo bu, boi, touro, e kranion, cabeza, cranio), é un ornamento que reproduce o cranio
dun boi, xeralmente ornado de grilandas e cintas, propio da arte grega,
romana e renacentista, quizais en alusión ás vítimas que en sacrificio
eran ofrecidas a un santuario.
Castro de Cidadella (Tomonte): Castro romanizado situado nun pequeno outeiro rochoso. Apareceron restos cerámicos, fibelas de metal procedentes de monturas, un lagar de pedra,, escouras de fundición, columnas graníticias con basa e capiteis, tégulas e o lenzo dun muro defensivo labrado en cachotaría.
Castro de Florderrei Vello:
Situado sobre un outeiro dominante, atopáronse estruturas
habitacionais, fornos, lareiras, canles e fontes de uso colectivo,
restos cerámicos e moedas de época romana. Sobre o castro, logo
cristianizado cunha ermida posta baixo o padroado de Nosa Señora
das Portas Abertas, celebrábanse ritos paganos.
Cidade de Terroso
(Terroso): Preto da fronteira con Portugal. Atopáronse restos de tégula
e ladrillo. O asentamento foi destruído no ano 1641, durante as guerras
con Portugal.
As Airas (A Devesa-Osoño): Xacemento localizado no ano 2004. Tégulas, un tambor de columna, muíños de man e fragmentos cerámicos.
Os Casarós
(Osoño): O xacemento, de chaira, atópase na pista que vai de Vilar de
Cervos á Veiga das Meás. Dise que o antigo pobo sufriu unha invasión de
formigas que só deixou con vida a dúas mulleres; unha foise para a Veiga
das Meás, a outra para Vilar de Cervos.
O Outeiro
(Vilar de Cervos): Os veciños aseguran que esta explotación de estaño
xa fora utilizada polos romanos. O outeiro onde asenta recibe o nome da Garita, posible alusión a un elemento arquitectónico de observación e vixiancia militar, posiblemente dos séculos XVII e XVIII cando as guerras con Portugal.
Rebordechao (Terroso): Apareceron fragmentos de tégula e ladrillo. Posible asentamento de chaira de época romana habitado ata a Idade Media.
As Regadas
(Santa María de Traseirexa): Apareceron fragmentos de cerámica, restos
de paramentos e unha canle de desaugue. Taboada Chivite situaba no lugar
un castro. Cóntase que aquí houbo un pobo. Os veciños falan de achados
cerámicos e da existencia dunha casa circular desparecida.
San Vicente (Traseirexe): Xacemento moi alterado no que saíron á luz unha sepultura romana, restos de tégula e ósos.
A Trabe (Berrande):
Xacemento situado a 850 metros de altitude sobre o nivel do mar. Moi
alterado, sitúase no mesmo pobo. Apareceron muíños de man e fragmentos
cerámicos.
Miliario (Vilardevós):
No mes de setembro de 2015 foi atopado un miliario que estaba
reaproveitado encastrado entre un galiñeiro e unha corte: "[IMP(eratori) CAES(ari) M(arco) AVR(elio) PR]OBO / [- - - T]R(ibunicia) PO[t](estate) - - -". Tamén
descubriu unha epígrafe que se atopa oculta.
Sepulcro (Santa
María de Traseirexa): Posto en coñecemento de Taboada Chivite polo
médico Antonio González Pereira. Dado a coñecer no ano 1945 no Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense por Taboada baixo o título Un sepulcro romano en Vilardevós. Tiña forma
trapezoidal feita con laxes; para apoiar a cabeza do cadáver había unha
pequena lousa vertical. Ao parecer había outras dúas que despareceron.
Explotación mineira de Outeiro (Vilar de Cervos): Antigas minas de estaño.
Val do Saidoiro (Terroso): Foron atopadas varias
estelas funerarias, perdidas, e unha pedra cadrada coa inscrición "ORVM TVRETIS
LXXV", hoxe en día desaparecida, que estaba decorada cun círculo
dividido en catro cadrantres e dous pequenos círculos no seu interior.
VILARIÑO DE CONSO
Castelo da Cerveira: A 1.541 metros de altitude, nas estribacións orientais da Serra de Queixa, dominando a cabeceira do río Cerveira ou Conso. O asentamento foi escollido a propósito nun ensanchamento do val, producido pola confluenza de varios regueiros na que a orografía se abre un tanto e aplana sobreo monte. Sobre o topónimo existen varias explicacións, algunha fantasiosa, sobre a pertenza do lugar á Casa de Alba. Cinguido por unha muralla que aproveita os desniveis das penedías da cima no que asenta, ten unha forma tirando a rectangular de 90 por 114 metros. A muralla ten un ancho aproximado de 1,80 metros na que se abren tres portas, dúas fronte a fronte. As construcións habitacionais conservan só a parte inferior das paredes, pero non todas semellan pertencer ao mesmo período, as acaroadas á muralla semellan máis antigas e de inferior perfección técnica. As restantes acadan maiores dimensións e maior perfección. Segundo a lenda, no Castelo de Cerveira vivían os mouros. A catro quilómetros existen os topónimos O Castelo Grande e O Castelo Bravo. (Información e imaxes extraídas de Francisco Javier Fenández Nogueira, en Excursión a Pradoalbar e ao Castelo da Cerveira. Instituto de Estudos Vigueses, 2010).
Castro da Torre do Castelo: Sobre un esporón orientado cara o río do Bao. Forma ovalada con muralla afectada polos camiños que o atravesan. Existen testemuñas de escavacións furtivas.
Torre das Hortas: Idade do Ferro/romano/medieval. Situado nun esporón sobre o río Conso, a 1.090 metros de altitude. Polas súas reducidas dimensións, uns 40 por 30 metros, semella que o sitio debeu acoller unha torre ou atalaia de control. Na parte central obsérvase unha estrutura cuadrangular de lousa rodeada por outra de maiores dimensións. Tanto as imaxes do LIDAR como unhas nidias fotos achegadas por María Jesús Calvo Otero (Chuscarmen) parecen confirmalo. Segundo os veciños estaba relacionado co castelo de Cerveira. Lendas de mouros.
Calzada en Edrada: A construción da nova estrada arrasou importantes tramos da vía.

Xunto con Nocelo da Pena (Sarreaus), Xinzo é o outro candidato a capitalidade da Civitas Limicorum ou Forum Limicorum, unha das civitates máis importantes do convento bracarense. No ano 1832, Ceán Bermúdez xa fala de varios achados en Xinzo: ladrillos, sepulturas, lápidas, pedras labradas ou moedas. A primeira escavación débese a Ferro Couselo (1972), na finca da Corteliña onde apareceron as famosas estatuas sedentes.
Estela en San Vicente de Alcántara (Badaxoz): No Museo de historia y cultura sanvicenteña hai unha estela romana coa inscrición: "RVFO . EQVI/PI . F . LIMI/CO . C . ELAP/IIOCELO/NOMINE/NDVM/BOVCATVS/SOLVIT", ("Rufo, fillo de Equipo, do pobo dos límicos do castro Elapiocelo. Boucato encargouse de poñer o monumento"). Trátase dun home da actual Galicia que debeu emigrar a esa zona por motivos comerciais, mineiros, etc, polo que se supón se trataba dunha persoa con recusos económicos e que iría co seu séquito, xa que nesa época non era fácil emprender unha viaxe tan longa. (Achegado por Alex Negreira, 2022).
Ara a Reve (Mosteiro de Ribeira): Atopada formando
parte dos muros dun palleiro, Hübner primeiro e Fidel Fita (1911)
documentan unha inscrición, da que se ignora a procedencia, onde se le:
"PEREGRINV(s) APRI FE(cit) REVE EIS V(o)TO", ("Peregrinus, fillo de
Apro, fixo -á deusa- Reve [.]eisuto -esta- promesa"); Tovar, Le Roux e outros len "Reve Veisuto".
Ara de Rufonia (Mosteiro de Ribeira): Desaparecida. Lectura: "CROVGIN/TOVDA/DIGOE/RVFONIA/SEVER(i)". Foi vista polo P. Sarmiento no ano 1755 "en Sª Mª de Ribera, en la portada, esquina de la pared de la iglesia del priorato".
Debeu desaparecer cando as obras de reedificación no ano 1770. De todos
os xeitos Fita pensaba que estaba formando parte dun muro, coas letras
agochadas, na veciña aldea de Lamas. Segundo Blázquez, o teónimo pode
relacionarse co irlandés Cruach (montón, outeiro), e co galés Crug (túmulo), mentres que o epíteto Toudadigoe estaria vencellado a Toutanico e, polo tanto, co epíteto de Mars Toutatis.
Inscrición: Atópase na parede da casa dunha vivenda da Manga de Abaixo, propiedade de D.
José Salgado. Citada polo P. Sarmiento que a viu no priorado do Mosteiro
de Ribeira, hoxe casa reitoral, "devajo de la ventana del quarto del prior, se halla encaxada en la pared".
Logo foi levada ao lugar de Manga de Abaixo por Antonio Blanco que a
empregou na parte exterior da casa: "M(arco) IVNIO QVIR(ina)/ROBVSTO
IVNIVS/MONTANVS PATRI ET/RVTILIA PERVRDEA/MARITO H(eredes) F(aciendum)
C(uraverunt)", ("Iunius Montanus e Rutilia Perudea, seus herdeiros ocupáronse de que se fixera este monumento para Marcus Iunius Robustus, pai e marido respectivamente, censado na tribo Quirina"). Datada no século II-III d.C. No ano 1911 o P. Fidel Fita
daba conta da súa desaparición do mosteiro e posterior aparición en
Manga de Abaixo.
Ara a Cibeles: Descuberta por don Arturo Villarino Fariñas ao realizar traballos agrícolas no predio coñecido como Os Barreiros. Estaba a ser utilizada como bebedoiro das galiñas. Feita en granito de boa calidade, lese: "MATRI/DEVM/IVNIA/AVITA/EX VOTO", ("Iunia Avita cumpriu o seu voto á Nai dos deuses (Cibeles)"). Datada no século II-III d.C. Di
Abascal Palazón que o culto a Cibeles só se atopa testemuñado 15 veces
na Península, sete en Portugal (Vila Real, Porto, Lisboa, Setúbal,
Évora, Beja e Faro), dúas nas provincias de Cáceres e Badajoz, tres na de Ourense e unha na da Coruña. No Museo Arqueolóxico de Ourense dende xuño do 2000.
Ara a Demorana: Na esquina dunha rúa próxima á igrexa de Xinzo de Limia. A lectura do teónimo non é moi segura por estar o campo epigráfico moi erosionado.
Ara a Reve Abadaego, Amoaego ou Aradaego (Xinzo de Limia): Atopada no ano 1983 nunha edificación de Xinzo. Rodríguez Colmenero (1997): "REVE A/BADAEGO A[r]/VNTIVS". Fariña Busto e Xusto Rodríguez (1995): "REVE A/MOAE/GO ARC V N I I V/SILVAN/VS V S L/M". Abascal e López (2025): "REVE A/RADAEGO AR[R]/VNTV[S]/SILVAN/VS V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)". Tradución: "Arruntius Silvanus -dedicou este altar- para Reve (Abadaego, Amoaego ou Aradaego) en cumprimento dun seu voto libre e merecidamente". De finais do século II. Moi erosionada. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Aras na casa de Ramón Cid (Ganade): Tres aras permaneceron moitos anos na dianteira da casa, na parte alta do pobo no barrio de Outeiro. Desapareceron, descoñecéndose o paradoiro actual.
Ara a Xúpiter
(Ganade): Situada na parte baixa do muro da Casa da Cabaneira ou Castelo de Ganade. Dada a
coñecer por Vázquez Núñez no 1906. Lectura: "IOVI . OPTIMO / MAXIMO / L(ucius)
FA[BI]VS G[---]S / V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Lucius Fabius G[---]s -dedicou este altar- para Xúpiter Óptimo Máximo e cumpriu seu voto libre e merecidamente").
Ara a Xúpiter (Ganade): No mesmo sitio ca anterior consérvase outra ara a Xúpiter que foi descuberta por Juan Carlos Rivas Fernández. Lectura: "[I]OVI OPTI(Mmo)/MAX(imo)/QVADRA/[T]VS [B]ASSI/V(otum) S(olvit) L(ibens) A(nimo)", ("Quadratus, fillo de Bassus, -dedicou este altar- para Xúpiter Óptimo Máximo e cumpriu seu voto libre e merecidamente").
Ara a Xúpiter: Situada xunto un muro da igrexa de San Pedro de Laroá, trasladada ao lugar no século XX dende as inmediacións dunha casa onde se atopaba medio enterrada. A epígrafe atópase moi desgastada. Lectura de Alberto López Fernández: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)/L(ucius) BASSI/A[...]/[.]Q[---]/[E]X VOTO", (A Xúpiter Óptimo Máximo, -dedicou este altar- Lucius Bassia[---] en cumprimento dunha promesa"). Rodríguez Colmenero (1997) le: "Lucius Bassus".
Ara a Xúpiter (Seoane de Oleiros): No interior da igrexa de San Xoán,
ara
votiva en mal estado de conservación e coas letras practicamente
borradas que serve de soporte á pía de auga bendita. Proposta de
lectura, segundo Abascal e López (2025): "I(ovi) O(ptimo)
M(aximo)/SEPTI/[...]V[.]//------?", ("[------] -puxo este altar- para
Xúpiter Óptimo Máximo"). Nun muro da igrexa hai unha inscrición
incrustada.
Ara (Ganade): Ara moi deteriorada. Na parte superior, o foculus foi substituído para crear un loculus, probablemente para gardar reliquias. Non se observa inscrición. No patio da reitoral de Ganade.
Ara desaparecida de Iulia Praenia: Para
situarnos, en
Hispania
Epigraphica
(en liña) di que unha
epígrafe dedicada
a Iulia Praenia,
procedente de Monforte de Lemos, está recollida no CIL II (Corpus
Inscriptionum Latinarum),
páxina 1.040, cando en realidade está na 903; tamén di que está
en IRG IV (Inscripciones
romanas de Galicia. Provincia de Orense,
de Xaquín Lorenzo Fernández e colaboradores), cando aí non aparece
nin a ara nin a inscrición. Tampouco fan referencia a ela Arias
Vilas, Le Roux e Tranoy (Inscriptions
Romaines de la Province de Lugo, 1979).
No citado CIL II (Inscritiones
Hispaniae Latinae,
1869), E. Hübner
achega
a lectura: "ARA(M) SOL(is)/IVLIA/PRAENIA/MOCION/V(otum) S(olvit)
L(ibens) M(erito)", que
traducida viría a dicir
"Ara do Sol, Iulia Praenia Mocion cumpriu a súa promesa de bo
grado" ou "Ara do Sol, Iulia Praenia a Mocion...".
Pero,
posteriormente, a maioría dos
investigadores, algúns entre interrogantes, lévanna para A Limia. A
ara, si se conserva, non se sabe onde está.
Pero
nun debuxo da ara que aparece nun manuscrito do ano 1650 baixo o
título Breve
hepittome de la familia y casas de los Lopez de Lemos pobladores
desta tierra de Lemos
(80
páxinas),
lese na cara principal: "ARA: SOL: / JVLLIA
/PRAENIA/
MOCION
/ V S (hedera) L M"; nunha cara lateral unha especie de cántara
e a inscrición "LEMI,CON / III"; e na outra cara
lateral
unha especie de combinación de tres círculos (disco solar?) e a
epígrafe "LVPVLUS / F". Polo debuxo trataríase dunha ara
con frontón tirando a semicircular e pé moldurado; a inscrición
estaría sobre un rebaixe da pedra. Despois
de transcribir a parte do Breve
hepittome…
que
me interesaba, creo
que o manuscrito é claro.
Como
achega o título, a intención é demostrar a procedencia dos López
de Lemos
que, en efecto, señorearon nos concellos de Pantón e Sober.
Ao
falar do río Cabe (“…
por
ser las mejores aguas con que daban el temple a sus famosos
aceros...”),
di que na zona asentáronse os “limineos”
que deron nome a toda a Terra
de
Lemos,
fundando a “colonia
de Proenza…. oy le
llaman
Proendos”.
En
Proendos, no concello de Sober, documéntase unha vila romana que dun
tempo a esta parte está a proporcionar interesantísimos achados. O
río Cabe, que
nace no Incio,
rega, na comarca da Terra de Lemos, os municipios de Bóveda,
Monforte de Lemos, Pantón, A
Pobra do Brollón e Sober. Como
proba de que eiquí se asentaron os romanos, o
autor achega
a
ara citada máis arriba que, interpreto, estaba na
igrexa de
San Vicente de Castillón, no concello de Pantón, xunto
con outras dúas, unha delas co escudo dos Lemos. A outra pedra sería
a descrita por Castellá Ferrer
no ano 1610, tamén desaparecida, adicada aos deuses Manes:
"D M S / VALERIAE FLORINAE AN XXIII / POMPEIVS / LVPVLVS / VXORI
PI /ENTISSIMAE", ("Consagrado aos deuses Manes, Valeria
Florina morta á idade de 23 anos. Pompeius Lupulus (fixo este
monumento) para a súa muller piadosamente)".
Á vista da inscrición, o autor fai derivar o apelido López de
Lupulus,
e Lemos de Limi ou Limicon,
que ao tempo enlaza con leminios
e
limineos.
Serían entón estes últimos vocábulos os que levan a confusión
para que se conxecture a procedencia da ara da Limia
por onde discorre o famoso río do Esquecemento citado por Plinio.
Creo que o erro procede do propio autor do manuscrito que confunde
leminios/limineos
co pobo dos lemavos.
Estela de Blendea Mantai (Mosteiro de Ribeira): Hai autores que a sitúan eiquí, pero parece ser que procede de Porqueira. (Ver Porqueira).
Inscrición (O Outeiro-Ganade): Fragmento de altar roto por todos lados. Descuberto por Xaquín Lorenzo, Fariña e González diante dunha casa preto da igrexa parroqial de Ganade. Lese: "[------]/ARA/SVALO".
Inscrición (Seoane de Oleiros): Di Rodríguez Colmenero (1987) que foi descuberta no interior dunha corte de dona Dorinda Rodríguez López. Lectura: "[---] ALBVS/[---] ALBINVS". No Centro de Interpretación Aquae Querquennae de Porto Quintela.
Estela bifronte:
Aparecida no século XVIII nunha das paredes da desaparecida ermida do
Monte do Viso, en Nocelo da Pena. No ano 1835 foi trasladada ao adro da
igrexa de Nocelo da Pena para servir de base dun cruceiro ata que foi
redescuberta por Barros Sibelo quen a trasladou ao Museo Provincial.
Ata principios dos anos setenta considerouse como unha lápida
conmemorativa dun pacto entre tres cidades. Mais, posteriores
investigacións certifican que se trata dunha estela funeraria bifronte
que, nunha das caras, presenta as imaxes en busto de tres persoas. Na
outra cara presenta unha escea ritual de libación, onde dous familiares
dos finados verquen ao mesmo tempo o contido de dous vasos sobre un
recipiente que hai aos seus pés.
O Castro ou O Castelo (Mosteiro de Ribeira):
Coñecido tamén como Os Netos e O Regueiral. Conta cun recinto de forma
circular de pequenas dimensión. Apareceu un machado de talón da idade do Bronce que se atopa no Museo
de Ourense, e unha espada de ferro que desapareceu e cerámica común de época romana.
Castro de Damil: Romanizado, atopáronse restos cerámicos, tégulas e ladrillos.
Castro de Damil: Romanizado, atopáronse restos cerámicos, tégulas e ladrillos.
Ganade:
Nunha casa, ao lado das escaleiras, había dúas aras votivas, unha ara
funeraria e un miliario fragmentado, na actualidaded en paradoiro
descoñecido.
Fíbula: Fíbula anular en omega. De bronce. Descuberta en 1996 durante as escavación levadas a cabo por M. Xusto Rodríbuez na igrexa vella de Santa Mariña en Xinzo de Limia. Inédita. Publicada por Abascal Palazón e López Fernádnez (2025). Sobre o arco presenta grabado cun punzón o numeral "XIII". No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Necrópole tardorromana da Ribela
(San Pedro de Laroá): Localizada ao realizar a cimentación para a
construcións dun alpendre; moi afectada pola actividade agrícola.
Barrio de Abaixo (Xinzo de Limia): Sigillata, cerámica común e fragmentos de tégula.
Rúa Romero Nieto (Xinzo de Limia): Muros e cerámica dunha domus, con dúas fases de ocupación entre os séculos I-III d.C.
Rúa San Roque (Xinzo de Limia): No mes de abril de 2015 deuse a coñecer a aparición dos restos dun muro
e cerámica o que semella unha canle; atopáronse durante as obras para a
instalación do gas cidade.
Miliario de Pidre
(Solbeira de Limia): Reutilizado como poste no patio dunha casa
arruinada en Pidre. Conta Rodríguez Colmenero que cando volveu polo
lugar a casa fora refeita e o miliario vendido, sen saber a quen.
Miliario de Máximo e Maximino:
Exhumado a pouca distancia de Xinzo. Segundo Pedro González de Ulloa, a
mediados do século XVIII, foi trasladado para actuar como poste dun
corredor na praza da poboación, onde aínda o viu Fr. Pedro Cid e Barros.
Desapareceu cando a casa foi destruída. Debe tratarse do miliario de
Chamosiños, en Trasmiras.
Miliario de Galerio:
Exhumado na horta da Cortiñela, preto de Xinzo, no ano 1972, xunto con
dúas estatuas sedentes da época e outros restos. Ano 293: "GALERIO
VALER/IO MAXIMI/AN/AUG(usto)N(obilissimo) C(aesari) P(io) F(elici)",
("Dedicado a Galerio Valerio Maximiano, augusto, pío, feliz"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Miliario de Seoane de Oleiros: Nunha casa apareceu o fragmento dun miliario moi alterado (na actualidade no Centro de Interpretación Aquis Querquernis de Bande), e unha inscrición funeraria empotrada nun dos muros.

Moedas: En Ganade, un áureo de Vespasiano e un denario de Adriano.
Xacemento dos Freixos (Damil): Tégulas, ladrillos e cerámica común.
Xacemento de Faramontaos: No lugar coñecido como As Cortiñas saíron á luz tégulas, ladrillos, cerámica común e un muíño circular.
Xacemento dos Charcos (A Gorgoloza-Ganade): Muíños de man, que desapareceron.
Xacemento da Cheda (San Vitoiro-Ganade): Muíños circulares e restos cerámicos.
Xacementos das Anduriñas, dos Pardieiros, da Pena Escrita e da Pedreira
(Gudín): Atopáronse muíños de man, ladrillos, tégulas, sigillata,
ímbrices e cerámica común; segundo Rodríguez Colmenero (1977), o topónimo Pena
Escrita pode facer referencia a un miliario.
Xacemento das Donas (Damil): Restos cerámicos, muíños e pedras labradas.
Xacemento de Gundís
(San Pedro de Laroá): Tégula, ímbrices e cerámica común; segundo os
veciños aquí estivo ubicado o antigo cemiterio; tamén falan da
aparición dunha antiga calzada no lugar coñecido como "Camiño dos
Malatos".
Xacemento de Paredes (San Pedro de Laroá): Apareceu cerámica común; segundo a tradición, na estrada que une Xinzo con Paredes atopábase o primitivo pobo de Xixirei.
Outros xacementos: Corno do Monte ou Cortiña Nova (Damil), O Padrón (Ganade), Os Regueiros (Mosteiro de Ribeira), Sixirei (Paredes-San Pedro de Laroá), Gundís (San Pedro), Lodeiro (Cima de Riveira), Pedra Escrita (Gudín), A Pedreira (Gudín), Detrás da Igrexa (Seoane de Oleiros).
Xacemento das Cortiñas (Seoane de Oleiros): Situado debaixo do castro do Outeiro da Cruz, apareceron tégulas, ímbrices e cerámica común.
Xacemento da Touza/A Viña
(Baronzás-Xinzo de Limia): Apareceu o fragmento dun fuste, o enlousado
dunha calzada, muíños, tégula, cerámica común e un pozo romano.
Alterado polas casas e os labores agrícolas. Outros xacementos: Corno do Monte ou Cortiña Nova (Damil), O Padrón (Ganade), Os Regueiros (Mosteiro de Ribeira), Sixirei (Paredes-San Pedro de Laroá), Gundís (San Pedro), Lodeiro (Cima de Riveira), Pedra Escrita (Gudín), A Pedreira (Gudín), Detrás da Igrexa (Seoane de Oleiros).
Centro sobre a Romanización (Xinzo de Limia).
XUNQUEIRA DE AMBÍA
Ara da Siota (A Siota-Xunqueira de Ambía): Atópase reutilizada na nunha fachada da capela do Santo Antón e Santa Rita. A cabeceira é moldurada e a inscrición foi mutilada. En non poucas publicacións lemos que está dedicada a Xúpiter, erro emendado polo profesor da Universidade de Alacant Juan Manuel Abascal Palazón que leu: "La[ribus]/[vial]ibu[s]/[F]lavius/[F]lavinu[s]/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", clara dedicatoria aos Lares Viais por Flavius Falvinus. Na capela tamén se reutilizou unha ventá xeminada que presenta unha inscrición posterior de difícil lectura; eu lin na primeira liña, que comeza cunha cruz: "ERAMOA--", e na segunda "FE/CIT?".
Ara de Arase (Vilariño da Veiga-Bobadela): Apareceu no ano 1995 empotrada no muro dunha casa de Vilariño da Veiga. No ano 1996 foi doada ao Museo Arqueolóxico de Ourense por don Manuel Carrera García. Atópase deteriorada debido á función secundaria para o que foi utilizada, pero tiña molduras ás catro caras. Estudada polo profesor Abascal Palazón no ano 2023 (con fotografía de José Manuel Salgado da fundación Monteagudo) e publicada no Ficheiro Epigráfico de Conimbriga no ano 2024, leu: "ARASE VIRE/CIAECO M(arcus) D[o]/MITVS OVF(entina)]/ABILIANVS S(olvit)", ("Marcus Domitius Abilanus, censado na tribo Oufentina, cumpriu o voto para Arase Vireciaeco").
Ara (O San Martiño-Xunqueira): Estaba empotrada no muro dun alpendre para leña propiedade de dona Dolores Cid Conde. Foi extraída pola Fundación Luis Moneagudo no ano 2024. Atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense.
Epígrafe: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)".
Miliario de Adriano: Atopado a mediados do século XIX por Fr. Pedro Cid, párroco de Xunqueira de Ambía, entre Bobadela e Busteliño, na finca dos Padrós, á beira da Vía Nova. Por oficio do 27-9-1858, dende a Real Academia da Historia requiren do Gobernador Civil que ordene ao alcalde de Xunqueira de Ambía para que o recupere para que poida ser examinado por estudosos. Foi trasladado ao Museo Arqueolóxico de Ourense no 1934: "IMP(eratori) C[aes(ari)] DIVI TRAIANI/PARTHICI F(ilio) DIVI NERVAE N(epoti)/ET TRAIANO HADRIANO/AVG(usto) PONTIF(ici) MAX(imo) TRIB(unicia) POT(estate)/XVII CO(n)S(uli) III P(atri) P(atriae) A BRACARA/MILEA P(asum) LXXIV", ("Ao emperador césar Traxano Adriano augusto, fillo do divino Traxano pártico, neto do divino Nerva, pontífice máximo, coa potestade tribunicia décima sétima vez, cónsul por cuarta vez, pai da patria. Milla 74 dende Braga").
Miliario de Busteliño (Sobradelo): Descuberto no ano 1975 nunha corte; continúa no mesmo lugar, servindo de marco dunha porta e colocado de forma invertida: "IMP(eratori) CAES(ari)/FLAVIO VALERIO/CONSTANTIO", ("Dedicado ao césar emperador Flavio Valerio Constantio"). Alvarado di que a cinco centos metros da Leira dos Padrós apareceu un miliario anepígrafo fracturado en dous anacos; tal vez fose o mesmo que Barros Sibelo sinala como existente xunto o de Adriano.
Miliario da Leira dos Padrós (Busteliño-Sobradelo): Un, adicado a Adriano, xa falamos máis arriba. Outro, adicado a Probo, foi atopado no ano 1975, fragmentado en dúas metades e pintado co obxecto de resaltar a epígrafe: "IMP(eratori) CAES(ari) M(arco)/AUR(elio) PRO/BO AUG(usto)". Na actualidade está colocado debaixo dunha escaleira na Casa do Concello.
Miliario de Constante (Casasoá-A Abeleda): A lenda atópase en mal estado. Actuaba como machón á entrada dunha tapada. No Museo Arqueolóxico de Ourense. Anterior ao ano 337: "D(ominus) [N(oster)]/C[on]STAN/[NO]BI(lissim)VS [ET] [INDVL]/GE(ntissimus) CAE(sar)", ("Ao noso señor Constante, nobilísimo e indulxentísimo césar".
Miliario de Casasoá (Casasoá-A Abeleda): Atopado hai anos por un veciño na leira dos Pezoucos, quen o chantou no xardín da súa casa: "IMP(erator) CAES(ar) C(aius) IVLIVS VERVS/MAXIMINVS P(iu)S FELIX AVG(ustus)/GERMANICVS MAX(imus) DACICVS/MAX(imus) SARMATICVS MAX(iumus)/PONTIFEX MAX(imus) TRIBVNICIAE/POTESTATIS V IMP(erator) VII P(ater) P(atriae) CONS(ul) PRO/CONS(ul) ET C(aius) IVLIVS VERVS MAXIMVS/NOBILISSIMVS CAES(ar) GERMANICVS/MAX(imus) DACICVS MAX(imus) SARMATICOS/MAX(imus) PRINCEPS INVENTVTIS FILIVS D(omini) N(ostri)/IMP(eratoris) CAES(aris) G(ai) IVLI VERI MAXIMINI PII/FELICIS AVG(usti) VIAS ET PONTES VETVS/TATE CONLAPSOS RES(titu) I CVRARVNT/CVRANTE Q(uinto) DECCIO LEG(ato) AVGG(ustorum) PR(o)/PR(actore) C(larissimo) V(iro) A BRAC(ara) AUG(usta) M(ilia)/P(assuum)", ("Ao emperador césar augusto Gaio Xulio Vero Maximino, pío, feliz, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático, máximo, pontífice máximo, coa quinta tribunicia potestade, emperador pola sétima vez, pai da patria, cónsul, procónsul, e Caio Xulio Vero Máximo, nobilísimo césar, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático, máximo, príncipe da xuventude, fillo do noso señor o césar emperador Caio Xulio Vero Maximino, pío, feliz, augusto, procuraron refacer as vías e as pontes deterioradas polo paso do tempo, sendo responsable Quinto Decio, legado propretor dos augustos, esclarecido varón, na milla 73 dende Braga"). José Antono Gavilanes tamén me comunicou a aparición doutro miliario na mesma zona que correu peor sorte, a persoa que o atopou decidiu fendelo para facer postes.
Castro de Cerdeira: Romanizado; apareceu unha moeda da época do emperador Marco Aurelio.
Vía (O Lombo-Prado do Zapato-Casasoá): Tramo de vía construída en agger. Consérvanse uns quince metros.
Xacemento de Bouzafría (Sobradelo): Tégulas, muíños e pesos de tear.
Xacemento das Chaveliñas (Salgueiros-Armariz): Tégulas e lenzo de muro cortado. Dise que aquí estaba situado o primitivo pobo de A Moradica onde apareceron ladrillos, muíños e outras pezas.
A Academia da Historia interesárase polos vestixios da vía romana que pasaba por Xunqueira de Ambía, polo que demandou á Comisión de Monumentos de Ourense para que continuara cos traballos iniciados polo falecido Cid de la Concepción, e que averiguara o lugar exacto onde fora atopado o miliario de Bobadela-Pinta de Sobrado. Durante o ano 1858, o abade de Xunqueira de Ambía intercambiara varias cartas coa Academia informándoa do achado de dous miliarios.

XUNQUEIRA DE ESPADANEDO
Epígrafe: De abascal Palazón e López Fernández (2025) recollo que segundo información facilitada por E. B. Nieto Muñiz, que a recollera doutros colaboradores, hai anos aparecera unha epígrafe baixo a pía de auga bendita na igrexa e Santa María de Xunqueira. As indagacións non lles permitiu confirmar o achádego.
Explotación
aurífera da Cidade do Rollo (Xunqueira de Espadanedo): Mámoas e vías
romanas aparecen como delimitatorias de propiedades eclesiásticas na
documentación do mosteiro de Xunqueira de Espadanedo: "inde ad mamuam da Meda...". Aprécianse moreas de pedras e sistemas de foxos e canais. J. Antonio Gavilanes cre que puido existir un poboado asociado á actividade mineira polo que se debera investigar máis a fondo.
PROVINCIA DE OURENSE (pezas de procedencia descoñecida)
Anel do Río Sil: Século III d.C. Anel de ouro macizo. Figuran incisas as letras "P/A C" separadas por un trazo horizontal e dispostas formando un triángulo. Foi propiedade de Manuel Hermida, da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense. Dise que foi descuberto "en un paraje situado en las orillas de uno de los ríos que afluyen al Sil en la provincia de Orense". Publicado por Puy y Larraz no 1897. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara: Coa parte suprior moldurada e rota na parte inferior. Loculus cadrado moderno que fixo desaparecer o antigo foculus. Ao parecer foi recollida por Taboada Chivite nalgunha parte da comarca de Verín, pero isto non pode confirmarse. Complicadísma lectura debido ao desgaste dos caracteres.
Inscrición: Nunha columha rota por ambos lados, en disposición vertical de abaixo arriba, figura a inscrición "FLAVIANVS". Ingresou no Museo Arqueolóxico de Ourense no ano 2010, pero descoñécese a procedencia.
Inscrición funeraria: Segundo noticia recollida por Emil Hübner, o anticuario Antonio Delgado comunicoulle que "en la provincia y distrito de Orense" se descubria unha inscricón co texto: "IVIANVSIVII/F . A . XXX. V". Considérase perdida.
Moedas: Barros Sibelo enviou a noticia de varias moedas romanas á Real Academia da Historia das que se descoñece a procedencia. Fala de 27 de cobre e 3 de prata, se ben na Academia só se reciben 18. Di que todas proceden de Galicia. O informe encárgase ao anticuario Antonio Delgado quen só considera útil un denario de Casio e C. Lentulo datada no 43-42 a. C.
Romanización de Galiza/Galicia (Provincia de Ourense)
o noso patrimonio
o noso patrimonio