Para o comezo da conquista de Galicia por Roma adoita tomarse o ano 137 a. C., coa chegada de Decio Xunio Bruto no que acontece o lendario episodio do paso do río do Esquecemento, o Limia. No 96-94 a. C., Craso vén na procura das Illas do Estaño, as Cassitérides, identificadas coas Illas Cíes. No 61-60 a. C., Xulio César somete a Brigantium (A Coruña). Entre o 29 e o 19 a. C., Augusto culmina a conquista (mito do monte Medulio).
Os romanos empezan a asentarse militarmente no territorio coa construción de campamentos, obrigando aos habitantes dos castros a abandonalos e establecerse nos vales que é cando aparecen as villae ligadas ás explotacións agrícolas. No século I d. C. Galicia forma parte da provincia Tarraconensis onde permanece ata o ano 212 en que o emperador Diocleciano lle outorga a categoría de provincia. No ano 303 convértese na provincia da Gallaecia, dividida en tres conventos xurídicos (termo administrativo inferior á provincia): Lucus Augusti (Lugo), Asturica Augusti (Astorga) e Bracara Augusti (Braga).
Os romanos, para asegurar o dominio e control do territorio, e así garantir a produción mineira, artellan o país cunha complexa rede viaria que xira arredor das vías principais XVIII, XIX e XX onde embocan infinidade de camiños secundarios. No terreo relixioso conviven as divindades traídas polos vencedores e as prerromanas, producíndose, en moitos casos, unha dupla asimilación. O latín imponse como lingua oficial, e a poboación galega adopta a cultura dos invasores, modificando algunhas das súas máis arraizadas tradicións, proceso de aculturación que en gran medida remata coa cultura existente ata aquel momento.
ACLARACIÓNS
1. Cómpre ter en conta que un bo número de pezas non son orixinarias do lugar onde se atoparon ou de onde están situadas na actualidade, descoñecéndose a procedencia; outras (nomeadamente os achados epigráficos) foron localizadas preto de castros ou de asentamentos galaico-romanos o que non sempre implica que estean relacionadas con estes. Tamén chama a atención que en castros fortemente romanizados, os achados epigráficos sexan case inexistentes, casos de Castromao (de onde procede a famosa Tessera Hospitalis), Viladonga, Fazouro ou Santa María de Cervantes, por poñer algúns exemplos, o que contrasta cos atopados noutros xacementos de menor sona onde sequera se levaron a cabo actuacións de ningún tipo.
2. Por contar cun apartado propio, non se achegan as pontes. Tamén inclúo algún achado, pode que relacionado co pobo dos Suevos; no eido arqueolóxico as fontes son escasas e non é doado diferenciar os do mundo suevo do tardorromano.
ROMANIZACIÓN DA PROVINCIA DA CORUÑA
ABEGONDO
Ara de Vilacova (Abegondo): Localizada por Alfredo Erias Martínez no ano 1978 xunto o valo da capela de San Paio, ara coñecida polos veciños como "O Berce". Con anterioridade estaba diante da ermida, lugar ao que volveu cando Francisco Vales Villamarín deu noticia do seu achado. No ano 1983 foi trasladada para o Museo das Mariñas de Betanzos, e retirada ao ano seguinte polo marqués de Loureda, dono da capela. Di Alfredo Erias que non volveu a saber dela. Datada no século III d. C., o texto é de difícil interpretación, que o Sr. Erias deduciu: "L(arib) VI/AL(ibus)/F(amilia) V(ilae).../VOTO S(olvit)", ("Aos Lares Viais (dedicou esta ara) a familia da vila... en cumprimento dun voto").
Busto: De mármore branco, de 42 cm. de alto. Conserva a cabeza e parte central do torso. De procedencia mediterránea, quizais destinado a unha villa. Dado a coñecer por Alfredo Erias no ano 2011. Apareceu cando os traballos realizados por unha escavadora no lugar de Os Barreiros, preto dunha fonte lavadoiro.
Cova dos Mouros (San Marcos-Abegondo): Explotación mineira a ceo aberto con restos de galerías de prospección. Mal estado de conservación.
Covas de Vea: Na parroquia de Abegondo. Explotación aurífera cunha actividade entre os séculos I e IV d. C.
Explotación mineira do monte Lourido(Sarandós).
Via XX: Segundo noticias aparecidas en xullo de 2010, un equipo de investigadores, dirixidos por Antón Malde e Xosé Francisco Castro, veñen de atopar un ramal da Via XX ("per loca maritima") a carón do Camiño Inglés. Os indicios atopados no cercano castro das Travesas (Carral), xunto coas teses de Manuel Caamaño, encargado das escavacións no campamento romano de Cidadela (Sobrado dos Monxes), confirma a presenza da calzada, non cara Betanzos, senón nunha liña que uniría Lugo, Parga, Friol, Sobrado, Mesón do Bento e Cabovilaño (A Laracha), para dar un xiro cara Santiago e rematar en Caldas de Reis. Na Malata, en Vizoño, hai un tramo coñecido como A Alcaiana.
AMES
Ara votiva de Vilar (Vilar-Ames): Foi atopada no 1978 nas ruínas dunha casa. En honra de Pietas, adicada por Xunio Flacco, soldado da Legio VII Gemina.: "PIETATI/[-] IVNIVS/[F]LACCVS/[V]ETERANV(s)/LEGI(onis) VII G(eminae/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)". No Museo Diocesán de Tui.
Moedas: No concello apareceu un Sextercio de Crispina, esposa de Cómodo, e outras moedas (ata 5 kg) entre Augusto e Tiberio.
Parroquia de Ortoño: Nas inmediacións da igrexa parroquial apareceron anacos de tellas de época romana. No lugar de Maguxe, nos anos setenta do pasado século, atoparon unhas moedas das épocas de Augusto, Tiberio e Nerón.
Porto Menlle: Limítrofe entre as parroquias de San Paio de Lens e Santo Tomé de Ames, atopouse un miliario anepígrafo e unha moeda da época do emperador Adriano. O miliario atópase no xardín do Pazo de Lens.
Xacemento de Maceiras (Piñeiro).
ARANGA
Ara votiva de San Vicente de Fervenzas: Atopada no ano 1967 na igrexa parroquial de Fervenzas por Francisco Vales Villamarín. A lectura proposta que tiña recollida ata o 15 de setembro de 2022 era: "RB(?) ASSI/NVS V/OTUM/IOVI/L.A.S/". Nunha fotogrametría realizada polo investigador Pablo Sanmartín vese claramente que a lectura da primeira liña é "R . BASSI". ("Rufo? Bassino (dedica esta ara) a Xúpiter, en cumprimento do seu voto". Custodiada no Museo das Mariñas de Betanzos, se ben na cartela figura procedente do concello de Coirós.
Ara aos Lares Viais na capela de San Salvador de Pereira: Forma parte do chan da ermida. Lese: "L V EX/V P S S S". Abascal Palazón (2018) achega dúas propostas de lectura: "L(aribus) V(ialibus) EX/V(oto) P(ublius) S(---) S(---) S(olvit)", ou "L(aribus) V(ialibus) EX/V(oto) P(osuit) S(extus) S(---) (---)".
Mansión: Caranico no Itinerario de Antonino e Carantium no Anónimo de Rávena que Monteagudo sitúa en Aranga pola perda da súa C.
Nova ara en San Vicente de Fervenzas: Atopada no ano 2023 ao limpar unha casa situada preto da igrexa. Dedicada a Xúpiter por Severus. Estudada polo Colectivo A Rula, lese: "I O M/SEVER/VS ---".
ARES
Asentamento: Na entrada da Ría de Ares. Apareceron tégulas, cerámicas romanas e muíños de man (Pérez Losada, 1991).
ARTEIXO
Pedestal de Aureliano (Menlle-Barrañán): Descoñécese a procedencia. Foi colocado nunha fornela da súa casa por un constutor que xa morreu que vendeu a outra persoa. O dono actual díxolle ao profesor José Manuel Abascal Palazón que procedía dun antigo cemiterio o que explicaría a colocación dunha cruz de ferro no reverso. A lectura podería ser: "[Lu]cio Dom[tio]/Aur[eliano] [Pi(o)? f(elici)? Aug(usto)? ---?]".
Inscrición (Barrañán):
Segundo A. del Castillo e A. D´Ors (1959), lese: "NUMEN (...)/SACRVM
(...)/VN(...)/EX(...)/IVVEN(tutis?...)/LIBENT(es?...)/EVNDIL (". Coñecida dende o século XVIII. Perdeuse enre o 1914 e 1915 ao ser derrubado o edificio onde se atopaba reutilizada.
Lápida: Citada por Monteagudo. Desaparecida.
Calzada (Polígono de Sabón-Oseiro): Xunto a Ponte dos Brozos.
Explotación mineira de Rorís (Armentón).
O Igrexario: Posible estrutura de condución de auga.
Mina de estaño de Rosa: Apareceron tégulas romanas.
San Tirso de Oseiro: Nunha zona próxima onde se levanta o cruceiro atopáronse dous sártegos de granito o que fixo crer a Chamoso Lamas (1966) na existencia dunha necrópole tardorromana e altomedieval. Apareceron restos cerámicos tardorromanos.
Xacemento de Follaverde: Beatriz Comendador (2000) fala dunha densa dispersión de restos en A Grela, preto de A Telleira (topónimo): tégulas, cerámica común e fragmentos de terra sigillata moi rodada.
Epígrafe: Galicia Diplomática, nº 45, do 24 de novembro de 1889 fala dunha inscrición aparecida no castro de Boente dedicada a Xúpiter: "I O M/M MARINVS A C CAES AVG P/M HVIC ORDO PATRIAE F PV/BLICVM OBFVNER MATRIS VXORE/LIBERIS DE DER T/T R S T LEVIS". Descoñezo onde se atopa este castro, en principio na parroquia de Boente non hai ningún, quizais se refira ao castro de San Paio, situado a un quilómetro en liña recta de Boente, pero xa na parroquia de Figueiroa.
Calzada de Burres (Burres).
Minas da Cova e do Tremedal (Brandeso).
Mina Picotos de Carballido (Dodro).
Explotacións mineiras das Barroncas de Gramil e das Covas de Remesil (Dombodán).
Explotación mineria do Monte dos Corvos (Portodemouros-Dombodán).
Minas da Chousa do Batán, Cova da Ponte, Curros dos Mouros, Grovas, Monte de San Pedro, Monte da Zanca, Pastoriza e Lema (Lema).
Mina das Covas (Pantiñobre).
Mina Burata de Castromil (Rendal).
Minas do Burato dos Mouros da Trapa e Río de Abaixo (Viladavil): Explotación mineiras sobre xacementos primarios definidos por uns grandes buratos.
Mina da Burata (Pazo-Viladavil): Mina sobre xacemento secundario situada na marxe esquerda do río Iso.
Minas da Cova da Ponte das Táboas, Covas e Ventorrillo (Viñós).
Interfluvio do río Iso (Pazos-Mella). No municipio, os romanos explotaban catorce minas de estaño.
A Pena da Armada: Posible posto de vixiancia de época romana. No lugar hai unha pena asociada á lenda dunha vella que saía por un burato fiando nunha roca. Completa información no blogue A Nosa Historia.
Xacemento en Vilantime: Durante as obras do trazado da
autovía Santiago-Lugo, ao seu paso pola parroquia de Vilantime, no
concello de Arzúa, saíron á luz dúas construcións duns 90 metros
cadrados cada unha e dous fornos de grandes dimensións. A principios
do mes de maio de 2022, un integrante da Asociación Cultural Ánxel
Casal de Arzúa, Ignacio García Couso, atopouse de forma casual que
ao pé das obras de construción da autovía co que semellaba unha
escavación arqueolóxica. O día 10 de maio, Ignacio e o presidente
da asociación, Celso Alberte Magariños, comprobaron no lugar os
labores de prospección e limpeza de vestixios arqueolóxicos que o
grupo de arqueólogos contratados pola construtora estaban a
realizar. Os arqueólogos confirmáronlle que estaban diante dun
asentamento galaico-romano; ademais das estruras citadas,
apareceron restos cerámicos de distintas tipoloxías, tégula, muíños castrexos e moedas, unha de Traxano. Ante achado de tal importancia,
dende a asociación solicitaron información á empresa construtora
para poñela en coñecemento da poboación. A día de hoxe (1 de
xuño), a empresa non lles contestou. Non hai moito tempo, non moi
lonxe, a mesma empresa de arqueoloxía atopou varios restos de
cabanas circulares de época calcolítica. Dende a Asociación Ánxel Casal
solicitan ás autoridades en materia de patrimonio a máxima
protección dos restos arqueolóxicos atopados, información sobre a
importancia dos mesmos, a súa divulgación e posta en valor. (Fotos achegadas por Celso Alberte Magariños).
A BAÑA
Estela funeraria (Lañas): "D(is) MA(anibus)/FE...", "Consagrado aos deuses Manes. Fe...". No Museo do Pobo Galego.
Estela-pedrafita de Troitosende:
Antropomorfa. Foi
atopada na Eira de Vilacoba a principios do
século XX por don Óscar Lojo Batalla, afeccioado á arqueoloxía e alcalde de Ames durante a Segunda República. Mide 142 cm de alto e 40 cm de ancho máximo.
Decorada por unha soa cara a base de dúas barras horizontais e unha aspa. O extremo superior está rematado por unha cabeza discoidea
na que se aprecian os ollos, o nariz e a boca. Non hai consenso canto á súa adscrición cronolóxica. Cabré Aguiló, no 1915, considerouna como
unha escultura humana de época neolítica; Octobon (1931) e Breuil (1935)
atribuíronna ao Calcolítico e ao Neolítico respectivamente; López Cuevillas deulle
unha cronoloxía posterior, e Anati, no 1966, adscribíuna á Idade do
Bronce. No ano 2001, J. L. Maya González e Ramón Álvarez (Departamento
de Prehistoria da Universitat de Barcelona), no seu traballo La estatua-pilar de Santa María de Tarañes (Ponga-Asturias) y su relación con la de Troitosende dátanna
en época tardo-romana ou alto-medieval. Tampouco falta quen a
adscriba á Segunda Idade do Ferro. Custodiada no Museo de Pontevedra, se ben non está exposta.
Tamén en Troitosende apareceu unha segunda estela de temas máis estilizados.
Estela de Vilacoba (Troitosende): Atopada no 1979 na paraxe de Os Castros. Aos deuses Manes. Lese: "DI(s) M(anibus) S(acrum)/POS(u)I(t) CO(---)/FRONTO(ni)/AN(orum) XXX/XIIII".
Tres lápidas funerarias no Castro (Lañas): Nunha lese: "M(arcus) QVIN(tius)/DOQ(uirus) ANN(orum)/LXX H(ic) S(situs) EST S(it)/T(ibi) T(erra) (LE(vis) C(aius) QVIN(tius)". Na segunda: "MA(---) CARAE/F(ili) AN(norum)XIV H(ic) S(it-) T(ibi) T(erra) L(evis)/C(---) IVC(ius) F(ecit)". Na terceira: "D(is) MA(nibus)/[F?]E---". No Museo do Pobo Galego.
Lápida de Vilela
(Troitosende): Incompleta, foi rebaixada nun lateral. Segundo Rodríguez
Colmenero e Caamaño Gesto podería tratarse dunha prancha funeraria
dedicada por un pai ao seu fillo: "???/S P M/URSI/AN XXX", ("... puxo un
monumento a Ursino, de trinta anos"). No Museo do Castelo de San Antón.
Necrópole de Mouzón
(Troitosende): Varias fosas escavadas no xabre, con vasos cerámicos con
cinsas no interior, selados cunha pedra na parte superior. Apareceron
341 fragmentos cerámicos, algúns decorados, acompañados de abundante
tégula e 2 fragmentos de muíño circular. Posible adscrición
tardorromana. As pezas custódianse no Museo do Castelo de San Antón da
Coruña.
Xacemento de Bugalleiras (Bugalleiras-A Baña): Durante a realización de labores agrícolas foi localizada unha tumba de tégula que logo foi destruída. Estela funeraria (Lañas).
Tiobre: No século XIX atopouse unha moeda romana de Constantino e unha lápida de cantería.
Xacemento de Infesta: Saíu á luz cando os traballos da vía férrea (Vales Villamarín e Alfredo Erias). Restos de estruturas.
O Museo das Mariñas acolle, entre outras pezas, a ara de Fervenzas (Aranga), varias estelas, moedas, etc. aparecidas na comarca.
BOIMORTO
Chousa da Ponte (A Cabana-Buazo): Xacemento escavado por Díaz García no ano 1998. Apareceu unha cámara de combustión de forma cuadrangular e planta en H construída nun oco escavado no firme.
Miliario de Vilanova: Atopado no ano 1981. Do século III d. C., ten unha inscrición que, traducida, di: "Ao emperador César Augusto Xullo Vero Máximo Pío Feliz Augusto Xermánico Dacio Sarmático, pontífice máximo coa potestade tribunicia, emperador por sétima vez, pai da patria, cónsul, procónsul, e a Gaio Xullo Vero Máximo, príncipe da xuventude, fillo do noso señor Gaio Xullo Máximo Pío Feliz Augusto". Na actualidade érguese xunto o concello.
O Castro (Os Asentos-Boimorto): Entre as casas do núcleo urbano existen os restos dun camiño en desuso que coincide co trazado do antigo Camiño Real onde apareceu un miliario.
Restos de calzada (Boimorto).
BOIRO
Ara do río Barbanza: Durante as escavacións do verán de 2016, os arqueólogos atoparon unha ara romana reutilizada no muro dunha vivenda anterior ao xacemento no que se traballaba. Os investigadores van tentar agora descifrar a epígrafe que se atopa moi desgastada. Constatouse que esta zona estivo habitada dende o Neolítico e as novas evidencias apuntan a que estivo poboada ata o século VII.
Moedas: Nun lugar indeterminado apareceu un as da época de Diocleciano.
Tramo da Vía XX (Monte Vitres-Cures): Trátase dunha variante da Vía XX da que se conserva un tramo duns 150 metros; segundo López Ferreiro, no Monte Vitres, onde houbo un castelo Alto Medieval, estaba acantoada a Legio VII Victrix; algunhas versións falan dun camiño medieval, aínda que sen desbotar que asentase sobre a primitiva calzada.
Restos da Via XX (Belles-Macenda).
Via XX: Ata as terras de Padrón seguía o trazado da Vía XIX para continuar pola costa (per loca maritima) ata A Coruña. Dende aquí seguiría por Sobrado, Friol e Lugo onde se volvería a xuntar coa Vía XIX.
A Armada (Bealo): Bealo é Vialis na documentación antiga. Próximo a Belles de Arriba e Belles de Abaixo onde se localizaron restos da calzada romana que se identificou coa Per loca maritima (vía XX), camiño coñecido como calzada romana do Monte de Vitres. O topónimo quizais faga alusión a un posto de vixiancia e control do exército romano. (Información de Celso Alberte Magariños).
Xacemento do Curral (Sandrenzo-Cespón).
Xacemento da Torta (Agrañán).
Posibles fornos de fundición na Pedra Rubia (Castro).
BOQUEIXÓN
A Cidá de Aixón (Gándara-Sergude): Aquí quixo situarse a Aseconia do Itinerario de Antonino. Podería tratarse dunha vila baixoimperial que posuiría un hipocausto pola aparición de pezas de tixolo e lousas. Gravemente alterada.
Miliario de Sergude: Adicado a Calígula, datado no ano 40 d. C. Foi descuberto no ano 1866 no lugar da Gándara, entre os concellos de Vedra e Boqueixón, na beira da estrada que vai de Santiago a Ourense. Hübner sitúa neste lugar dous miliarios, mais trátase dun erro que foi aclarado por López Ferreiro. Custodiado no Museo da Catedral de Santiago. O citado López Ferreiro defende a situación de Asseconia (tamén Assegonia e Assegoniom) mansión mencionada no Itinerario de Antonino, no Anónimo de Rávena e na II Tábula de Astorga, na zona onde apareceu o miliario, argumentando a existencia de vestixios de estruturas romanas no lugar coñecido como Aixón. Rodríguez Colmenero e outros autores consideran viable esta teoría xa que a distancia entre Iria Flavia e Asseconia, que marca o Itinerario de Antonino, 13 millas, axústase bastante ben á distancia real que hai entre Padrón e o lugar da Gándara. Polo tanto, este miliario podería marcar a milla 55 dende Lucus Augusti.
Restos calzada (Gastrar).
BRIÓN
Estela a Xúpiter: A principios do mes de xuño de 2021, o colectivo A Rula deu a coñecer a localización dunha estela situada na parte inferior da ábsida da igrexa de Santa María de Cornanda. Atópase deitada e semi enterrada, pero lense claramente as letras "IOM" (Iovi Optimo Máximo) nunha primeira liña, e" P (F?)" na segunda.
Vila de Cirro (Bastavales): Descuberta no ano 1963 na finca de Tallas. Dos séculos I-III d. C., apareceron un mosaico e restos dun hipocaustum (forno de calefacción) dunha villae, pavimentada con baldosas e piastras de ladrillos.
Tesouriño: No ano 1970 uns rapaces atoparon no Castro Lupario unha vasilla con dez ou doce moedas romanas e un medallón.
Castro de Corcoesto:
Domínase o curso do río Anllóns. De castro defensivo converteuse en
castro agrícola. Conserva parte dos restos dun muro e un foxo, moi
afectados pola concentración parcelaria. Logo foi romanizado, asociado
ás explotacións auríferas. Crese que non moi lonxe, en Quiñalde, os
romanos rendían culto ao deus da guerra Quirino, no outeiro Quirinale,
pedíndolle que trouxera a paz. Nun muro da igrexa
de Cores (Ponteceso) atópase o baixorrelevo dunha posible deusa da fertilidade, quizais prerromana ou
de época romana, procedente da capela de Santa Mariña de Muíño, na parroquia de Corcoesto.
Mina do Caldeiro (Borneiro).
Vestixios explotación auríferas de Monte Furado.
Mina da capela de Santa Mariña (Corcoesto): Nas proximidades do río Anllóns, utilizada ata a época contemporánea. Consiste nun gran corte nunha ladeira de forte pendente situada sobre o río Anllóns. A media altura ábrese unha galería.
Restos calzada, coñecida como o Camiño Real (Ponte do Porto).
CAMBRE
Villae de Cambre: Séculos II-IV d. C. Consta de dúas partes, unha adicada a vivenda e outra a actividades agropecuarias; atopáronse pilae (columnas de ladrillo cuadrangulares) que correspondían a un caldarium (parte quente das termas), tepidarium (parte morna), un balneum (piscina de auga fría cuberta), natatio (piscina ao aire libre) e letrinae (latrinas). Un dos descubrimentos máis importantes foron unhas pinturas murais con motivos de fauna mariña (polbos, peixes, vieiras...).
Inscrición funeraria de Santa María do Temple: Desaparecida, estaba adicada aos deuses Manes. Hai quen a sitúa no Burgo (Culleredo). (Ver Culleredo).
CARBALLO
O Balnerario romano de Carballo: Segundo algunhas fontes documentais existentes no Arquivo do Reino de Galicia, no ano 1777 foron escavadas as ruínas dun establecemento termal e balneario de época romana na vila de Carballo. A escavación xurdiu á raíz da aparición dun manancial vencellado á crenza popular da existencia dun tesouro e, anos máis tarde, a unha serie de acontecementos de carácter xudicial. Os baños de San Xoán de Carballo, coñecidos tamén como baños de Bértoa da Lagoa, son xa nomeados no ano 1729 nunha obra de veterinaria escrita por Fernando Sande y Lago. A mediados dese século, o catedrático de cirurxía da Universidade de Santiago, Pedro Gómez de Bedoya, adícalles un capítulo baixo o nome de Baños de Bértoa, no segundo volume dos dous publicados da súa historia das augas minerais. Ningún dos autores alude á romanidade dos baños. No século XIX, o dicionario xeográfico de Sebastián de Miñano atribúe a paternidade dos baños aos árabes, é no Madoz sinálase que a construción dun pozo que serve de baño en Carballo remóntase a tempos moi lonxanos. A primeira vez que aparece a posible orixe romana na bibliografía é nun artigo do profesor Luis Monteagudo. Hoxe en día non hai pegadas da existencia do establecemento romano, mais, ao parecer, o moderno balneario da rúa da Estrela, coñecido como "Baños Viejos de Carballo" delata a ubicación dende tempos moi antigos. (Información recollida de O balneario romano de Carballo segundo as fontes do Arquivo do Reino de Galicia (unha escavación arqueolóxica no século XVIII), de G. Casado González e R. M. Franco Grande. Segundo Pérez Losada (2002) aquí podería estar a mansión Glandimiro da vía XX, baseándose nun litixio de propiedade acontecido a finais do século XVIII en que se produciron varias remocións de terra no sitio coñecido como Bértoa da Lagoa, Baños de Bértoa, Caldas ou Baños Vellos, que deron lugar á exhumación do primitivo balnerario romano, ben documentado con planos e descrición.
Minas de estaño do Monte Neme (Cances). No Monte neme tamén apareceron restos de ánforas, escouras, fornos, tégula.
Moedas: Nos arredores da capital municipal atopouse un as de Antonino Pío. En Razo, denario republicano e denario de Tiberio. No castro de Entrecruces, moeda de bronce imperial. Segundo Cavada Nieto, en Algara apareceron 1500 moedas romanas, un denario e 76 antonianos, todos de mediados do século III d. C.
Vía: Restos de calzada xunto a ponte de Lubián.
CARIÑO
San Xiao do Trevo (Cariño): Xunto a capela de San Xiao. Apareceron restos de muros de mampostería, pavimento, cerámica, ímbrices e tégulas. Para a construción da capela reutilizouse material da vila, tégulas e fragmentos de cerámica. Segundo
a tradición, a imaxe do San Xiao foi tirada ao mar polos piratas que
asolaban a costa, atándolle unha pedra ao pescozo; mais o santo
liberouse e, nadando, chegou a terra onde o recolleron os mariñeiros que
subiron a imaxe ata o lugar onde despois construíron a capela. A Fonte
da Moura, que nace no interior dunha rocha, está asociada a mouros e
tesouros. A carón da ermida pasa un roteiro coñecido como Camiño dos
Mortos que vai ata a freguesía de Régoa e Santo André de Teixido.
Xacemento de Figueiras: Entre A Vacariza e Punta dos Aguillóns, con restos de muros; preto hai unha fonte coñecida co nome de Fonte da Moura. Relacionado con San Xiao.
Chao do Limo (A Porta): Dúas explotacións mineiras consistentes nunha estrutura de trincheira irregular para a extracción de ferro. Nun extremo da gabia hai unha estrutura circular que podería ser a entrada ao pozo mineiro ou restos dun forno de fundición. Atopáronse restos de escouras de ferro.
Chousa da Condomiña: Restos romanos indeterminados.
Fonte da Moura: Apareceron restos cerámicos e tégulas.
CARNOTA
Asentamento de Parada (Santa Columba de Carnota).
Monte Pindo: A mediados do mes de setembro de 2011 deuse a coñecer un achado na Laxe da Moa, a parte máis alta do mítico Monte do Pindo. Trátase duns tramos de muralla que pertencerían a un castelo tardorromano do século V, construído, segundo os seus descubridores, para se defender dos Suevos. José Barreiro Barral, en Compostellanum XV (1970), Notas arqueológicas e históricas de los Montes del Pindo, di que o Monte Penafiel é unha das tres importantes aras dos celtas supertamáricos que no 24 a.C. foi confiscada polo xeneral romano Sextius, que a dedicou, xunto con outras dúas, a Marte Augusto, e non ao emperador Augusto como sosteñen outros autores. Cando visitou por primeria vez Penafiel no ano 1932 atopou dous pilóns de sacrificios cubertos de terra comunicados entre si, atopando cinza e restós óseos de animais moi calcinados.
Xacemento de Miñarzo (Lira).
Villae de Paleo: Apareceron restos de tégulas e ladrillos de época baixorromana xunto con restos de enterramentos, de cerámicas e de estruturas de cronoloxía altomedieval. O xacemento atópase preto da igrexa parroquial cuxa existencia, ao igual que o propio asentamento, xa está documentado no ano 868; ao mesmo tempo atópase moi próximo a un castro do que se podería pensar que viría orixinariamente o seu poboamento.
Castro das Travesas ou Eira dos Mouros: Atopáronse indicios que confirman o paso dun ramal da Vía XX ("per loca maritima"). Entre as pezas atopadas polos arqueólogos, baixo a dirección de Antón Malde, destacan materiais cerámicos que van dende o s. IV a. C. ao VI d. C. Tamén apareceu un tesouriño tardo romano composto por varias moedas da época de Constantino e un anel de ouro cunha pedra azul.
Explotación mineira do mone Lourido, entre Carral e Abegondo.
CEDEIRA
Calzada que dende o porto de Cedeira se encamiñaba cara o interior e que logo foi utilizada, entre outros, como camiño a Santo André de Teixido; consérvanse algúns tramos na parroquia da Régoa.
Igrexa de Santa María (Cedeira): Maciñeira (1911) e Castillo (1972) citan restos esparexidos xunto a igrexa.
Moeda: No ano 20020, durante as escavacións do castro do Sarridal, apareceu unha moeda romana de bronce do século I. d. C.
Tesouriño: No ano 1929, ao derrubarse casualmente un muro, na finca coñecida como As Manguelas, en Vilarnovo, parroquia de Montoxo, apareceron 440 moedas, na súa maioría denarios de prata e algúns aureos, achádego do que deu conta Federico Maciñeira no Boletín da Real Academia Galega, clasificando, entre outras, catorce denarios de prata pertencentes á República, un denario de ouro do emperador Domiciano e vinte de prata de Octavio Augusto, Tiberio, Claudio I, Galba, Tito e Domiciano.
Xacementos romanos de Campelo (O Barral-Esteiro) e Magoira (Cervo).
CERCEDA
Aras aos Lares Viais
(As Encrobas): Atopadas cando o desmantelamento e traslado da casa
reitoral de San Román por mor da ampliación da central térmica de
Meirama.
Unha posúe tres foculi de desigual diámetro. Lese "LAR(ibus)
QV/INTUS/V(otum) S(olvit)", "Quinto cumpriu co seu voto aos Lares
Viais". Na outra lese: LARIBUS VI(alibus)/V(otum) S
(olvit)", "Xulio cumpriu co seu voto aos Lares Viais". Custodiadas no
Museo do Castelo de San Antón da Coruña.
Necrópole (Lavandeiras-Cerceda): Baixorromana. R. Valdés escavou cinco tumbas feitas con tegulae e ímbrice, utilizada entre os séculos IV e VII d. C.
COIRÓS
Estela funeraria de Recebés (Santa María de Oís): Fragmento dunha estela funeraria do s. III d. C. atopada no ano 1982. Custodiada no Museo das Mariñas de Betanzos.
A Espenuca: No lugar ergueuse un castro, unha torre medieval e un mosteiro do que aínda se conserva a igrexa. De época romana apareceron unhas lápidas con motivos xeométricos, tégulas e muíños de man.
CORISTANCO
Ara de Nogueira (Nogueira-Seavia): Adicada a Coris Oenaego. Descuberta polo presbítero de Razo, Benigno Cortés García, que deu conta do achádego no Boletín da Real Academia Galega (1912). Reutilizada como pía de auga bendita na capela do San Roque. Foi publicada por Fita para quen o epíteto era Theinaeco, e no mesmo ano por Cortés e Martínez que leron Oenaeco: "COSO/OENAE/GO/G(aius)/IV(lius) NEPOS/EX VOT(o)". Posto en contacto co colectivo SOS Patrimonio Cultural Gallego, ademais de permitirme utilizar a foto que teñen no seu facebook, comentáronme que a derradeira propietaria do coto de Nogueira cedeu uns bens á Igrexa, e que esta vendeu ao mellor postor as ruínas da capela de San Roque, entre cuxas pedras estaba a ara. Na actualidade atópase no patio da casa do actual propietario.
Muíños circulares na parroquia de Santa Baia de Castro.
Vía xunto a ponte de Lubiáns, entre Carballo e Coristanco.
A CORUÑA
Dión Casio e Paulo Orosio falan da importancia do Golfo Ártabro como punto clave na navegación atlántica, centrada sobre Brigantium. Brigantium, citado abundantemente nas fontes clásicas, adoita identificarse coa cidade da Coruña. Situado nun lugar estratéxico, actuaba como porto do convento lucense. Segundo a lenda, a fundación da Coruña débese a Hércules ou a Breogán (a do caudillo céltico Brigo só foi defendida no seu momento por Benito Vicetto). O mito de Hércules foi aceptado por Jerónimo del Hoyo e Castellá Ferrer (s. XVII), e posto en cuestión por Florián de Ocampo (s. XVI) e por Flórez e Cornide (s. XVIII). Os principais defensores do mito de Breogán foron Eduardo Pondal e, sobre todo, Murguía que aseguraba que detrás se agochaba unha historia real dunhas invasións céltico galaicas sobre Irlanda que partirían de Brigantium, lenda que ten a orixe no Relato de Trecenzonio do século XVI, no Leabhar Gabhala, e na Estoria de Espanna de Afonso X. As primeiras investigacións sobre a orixe da Coruña débense ao P. Sarmiento, o P. Flórez e, principalmente, a José Cornide quen estudou o faro romano antes da súa restauración por E. Giannini, ademais doutros restos (no 1789 o propio Cornide copiou as epígrafes dunha praca funeraria da Porta Real e unha ara da igrexa de Santiago). A mediados dos anos corenta do pasado século vinte, Luis Monteagudo efectúa o estudo de achados nas inmediacións da Torre de Hércules e na rúa Real. As primeiras escavacións científicas foron da man de José María Luengo no ano 1949. Nos anos setenta e oitenta rexurden os traballos grazas ao Museo Provincial, baixo a dirección de Felipe Senén, acometéndose tamén neste tempo as prospeccións subacuáticas do porto. A arqueoloxía urbana comeza no ano 1985, cando a construción do aparcadoiro subterráneo da Praza de María Pita.
Dedicatoria de Fortunatus (A Coruña): Atopada na rúa Real. Lese: "D M S/D STATOR/IO PRINC/IP IET FELICI L/IB FORTVNA/TVS EX SAC/TOR".
Praca: Na muralla da Coruña apareceu no 1789 unha praca funeraria aos deuses Manes: "D(is) M(anibus)/G(aio) ARUNTIO SERENO/ AN(norum) LX FLACCINI/A SEVERA MARITO/PIENTISIMO".
Lápida de Aretis: Formaba parte dun edificio funerario. No lateral dereito as letras "A/S2, e no esquerdo "C"; no centro "ARETIS F/AN LXXX/ H EST".
Igrexa de Santiago: No templo consérvanse dous pedestais de granito, un cunha inscrición ao emperador Marco Aurelio e outro a Lucio Aurelio Vero. Tamén apareceron tres aras no interior do templo, unha custódiase no Museo do Castelo de San Antón da Coruña, as outras dúas na igrexa. Nunha lese: "FOR/TVNAE/IVLIVS/PLATO/EX V(oto)", "A Fortuna. Xulio Platón cumpriu o seu voto". Unha segunda tamén está adicada á deusa Fortuna. Ambas as dúas son do século II-III d. C. Na última, datada entre o 161-165 d. C., di: "NEPTVNO/SACRV[M]/PRO SALVTE/AVGVSTOR(um)/NOSTROR(um)/GLAVCVS/CAESAR(um) N(ostrorum)/S(ervus) TIT(ulum/EX VOTO", "Consagrado a Neptuno. Pola saúde dos nosos augustos [emperadores Marco Aurelio e Lucio Vero], ofrece esta inscrición Glauco, escravo dos nosos césares".
Faro da Torre de Hércules:
A Torre de Hércules, citada por Orosio no século V d. C., ten 35 metros
de altura e foi o faro máis coñecido do occidente romano. A estrutura
orixinal da torre, hoxe revestida de granito por mor dunha remodelación
do ano 1791 a cargo de E. Giannini, débese ao arquitecto Caio Servio
Lupo (que figura nunha inscrición) natural de Aeminium (Coimbra),
datándose nos tempos de Traxano (98-117 d. C.).
Inscrición fundacional da Torre de Hércules:
Lese: "MARTI/AVG(usto) SAC(rum)/G(aius)
SEVIVS/LVPVS/ARCHITECTVS/AEMINIENSIS/LVSITANVS EX V(oto)", "O arquitecto
lusitano Gaio Sevio Lupo realizou esta dedicatoria a Marte Augusto".
Moedas:
No ano 1876, baixo os cimentos da Porta da Torre de Arriba, atopouse un
áureo de Vespasiano da ceca de Tarraco, do ano 69 d. C. No castro de
Elviña un as de Augusto, dous ases de Tiberio e un bronce de
Diocleciano.
Pezas cando as obras do aparcamento de María Pita.
Paseo da Dársena: Praca funeraria de granito aos deuses Manes: "D(is) M(anibus) S(acrum)/MATERNAE/(P) ATRVINI (filiae) AN(norum)/(L) II MATERNVS/(vale)NTINA m(atri)/(hic sita) E(st)". Dada a coñecer por Andrés Martínez Salazar no BRAG (1911).
Peirao: A epigrafía ofrece datos indirectos da existencia dun peirao onde os funcionarios recadaban os tributos.
Capela do Hospital Militar: Diante da capela do vello Hospital Militar apareceu un epitafio: "ARTETIS F(ili)/AN(norum) LXXX/H(ic) S(it) EST".
Castro romanizado de Elviña, con foro, alxibe, cerámica.
Tumbas: No ano 1961, na Rúa Real saíron á luz tumbas de tégula con restos humanos, un corno de terneira e un morteiro pétreo decorado. Noutras partes da cidade tamén apareceron máis tumbas illadas e conxuntos de distintas épocas. A zona funeraria máis antiga coñecida data de mediados do século II d. C. (Rúa Real), onde nun espazo reducido descubríronse varios esqueletos e urnas de incineración. Ao seu carón apareceu tirada sobre a area da praia unha lápida funeraria máis o bloque ganítico que lle servía de soporte, dereito e enterrado a media altura. Ambas as dúas pedras presentan un burato para encaixarse cun espigo de ferro que se axustaría mediante chumbo fundido. As furnas que recollen as cinsas localizáronse a carón da lápida de Fortunatus, o recadador de impostos. Dende o século III aparece con forza ascendente a inhumación que será o tratamento que se dará aos mortos ata o momento presente, no que de novo irrompe a incineración. O esqueleto baixo o característico sartego de tellas, facendo tellado a dúas augas, apareceu entre a Rúa Real e o Rego da Auga nas escavacións de 1949 efectuadas por J. María Luengo. Todas as tumbas estaban orientadas de leste a oeste, coa cabeceira ao poñente.
Museo Histórico Arqueolóxico do castelo de San Antón (A Coruña).









CULLEREDO
Acea da Ama (O Burgo): Restos dunha ponte e vía militar que se conservan servindo de base a un muíño fariñeiro.
Agra de Santa Baia: Monteagudo (1957) cita sillares ben traballados e outros restos.
Ara do Burgo: Estaba no cruceiro do Burgo a finais do século XVIII. Xunto o desaparecido cruceiro da ponte, utilizábase para descansar o Santísimo na procesión do Corpus. A inscrición puido copiala Cornide Saavedra quen a enviou para a Academia da Historia: "D(is) M(anibus) S(acrum)/C(aio) IUL(io) SEVERO/AN(norum) XLVII/IULIA SEVERA/MARITO/PIENTISIMO", ("Xulia Servera dedica este monumento aos deuses Manes de Caio Xulio Severo, seu piadosísimo marido, que faleceu aos 47 anos". Hai quen sitúa a súa aparición no Temple (Cambre).
Castro de San Cosme (Sésamo): Cornide Saavedra fala dunha ara de época romana adicada á deusa Navia: "NAVIA/ANCETOTV/NRI EXS/SESA/VOTVM/POSSIT/...". Nalgunhas partes teño lido que había unha ara máis, tamén dedicada a Navia por Ancetotu da comunidade dos Sesmaci. Descoñezo onde foron a parar.
Sepulcro do século IV: Atopado no ano 1938 no lugar coñecido como Agro do Mourelo (A Ermida-Celas). Estaba formado por tégulas, agás na cabeceira, composta por un cipo de granito; consérvase un debuxo publicado por José María Luengo no ano 1942 no Boletín de la Real Academia Gallega.
CURTIS
Estela de Fisteus: Datada no século III-IV d. C. Exposta no Museo da Catedral de Santiago. Lese: "D M S/IVLIO SEVE/RIANO ANNO/XLVII MEMO/RIAM POSVIT/CONNGI KA/RISSIMO PL/ACIDIA LVPA/DEFVUNCTO IN/VALLE MINEI", ("Consagrados aos deuses Manes. A Xulio Severiano de corenta e sete anos, puxo como lembranza Placidia Lupa ao cónxugue moi querido, falecido no val do Miño"). Canto ao tema decorativo, o P. Fita considerouno como unha alusión á actividade do defunto, soldado de cabalería. Leite de Vasconcelos propón ver unha representación heróica, onde o defunto se eleva aos ceos que comparte con outros. Bouza Brey e D´Ors consideránno relacionado coa actividade do titular como arrieiro. Etc. Carece dun contexto arqueolóxico definido, aínda que vincúlase cun xacemento romano das proxximidades en onde apareceron varios restos que fixeron pensar nunha villae.
Estela de Fisteus: Formou parte da Exposición Arqueolóxica de 1909: "D(is) M(anibus) S(acrum)/SEVERAE VALE/RINI (filiae) AN(norum) LX/POSUIT LUCILA/EBVRRA ERES".
DODRO
Castelo de Monte Vilar (Monte de San Gregorio-Dodro): Asentamento romano medieval. Parece ser que se trata dun castro refortificado durante a Idade Media. Apareceron fragmentos cerámicos.
Veiga de Abaixo (Laíño): Preto do río Ulla. Posible asentamento de época romana. Apareceron tégulas.
DUMBRÍA
Ara de Berdeogas: Ingresou no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón no ano 2019. S. I-II d. C. Atopada no castro de Berdeogas. Na cara superior presenta foculus e dous pulvinos laterais, e tanto o zócolo como o coroamento son saíntes ás catro caras o que apunta a que a peza estivo acaroada a unha parede. As letras mostran un gravado coidado e profundo. As interrupcións visibles teñen forma de punto. A letra da primeira liña, a D, pode ser a abreviatura de "D(eo)", en cuxo caso a divindade sería o nome da divindade "AP(ollinis)". Sería: "D(eo) AP(olloni)/RVFV(s)/EX V(oto)/A(ram) P(osuit)" Trátase da primeira evidencia do culto a Apolo en Galicia. (Achegada polo profesor da Universidade de Alacante, Juan Manuel Abascal Palazón).
FENE
Posibles Vestixios dunha factoría de salgadura de peixe en Vilar do Colo (Limodre). Apareceron pezas cerámicas e tellas.
Xacemento do Tellado (Fene).
FERROL
Tesouro de Bedoya:
Leva o nome do seu descubridor, D. Francisco Bedoya Fojo. O achado
produciuse nos anos corenta do pasado século, ao limpar unhas pedras
dunha eira próxima á súa casa, no lugar coñecido como A Chousa, Barca de
Arriba, na parroquia de Doniños. Un recipiente de bronce agochaba unha
diadema de ouro, catro arracadas de ouro, dous aneis de ouro, dous
áureos datados entre os anos 54 e 85 d. C. e vinte e sete denarios de
prata datados entre os anos 63 d. C. e 91 d. C. Custodiado no Museo de
Pontevedra dende o ano 1953.
Disco de Santa Comba
(Covas): No ano 2001, André Pena Graña deu a coñecer un disco duns 4 cm de diámetro e cun pequeno furado
no centro, di que data, posiblemente, do século I d. C., cunha epígrafe votiva
adicada á deusa Reva co xenitivo trasanci, que quizais derivaría do etnónimo Trasancos.
Explotación de Covarredeiras (Covas): Explotación aurífera.
Xacemento de Cariño (Doniños).
Vila do Casal (Esmelle): Estruturas de muros, cerámica común, tégulas, terra sigillata.
Xacemento de Punta Fornelos (Esmelle).
Ara votiva á Nai dos Deuses (Cibeles): Do século II d. C., atopada no cemiterio da igrexa do Sardiñeiro no ano 1960. Castillo e D´Ors leron "MARD-/UMVS/et VAL(eria?) e(x) voto", se ben a lectura correcta sería: "MATRIDE/VM S(acrum)/(et) VAL(...)/(e)X VOTO". Parece que está custodiada no Museo Arqueolóxico de Pontevedra. Que eu saiba, é unha das catro dedicatorias conservadas en Galicia á deusa Cibeles.
Inscrición a Xúpiter: Procedente de Erbogo (Rois), conservábase nunha casa particular en Fisterra. Desaparecida.
Vilar Vello: Atopáronse varias moedas e restos cerámicos.
FRADES
Corta da Quenlla (O Barreiro-Abellá): Explotación mineira de época romana. Moeda: En Moar apareceu un as de Antonino Pío (160 d. C.).
A LARACHA
Ara de Soandres: Atopada no mosteiro de Soandres. Formou parte do altar ata o ano 1909. Posúe unha inscrición adicada a Xúpiter Óptimo Máximo, a Hércules e a unha divindade indíxena. Conta Verea y Aguiar que foi repicada cando a visita do cardenal Jerónimo del Hoyo no ano 1608 porque, disque, incitaba ao culto pagán. Lese: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)/LE KC(-o-iario)ME/TOECO/E(x) V(oto)". Tamén foi publicada polo bibliotecario da Universidade de Santiago Francisco J. Rodríguez, e por Pérez Consanti no Boletín Eclesiástico do Arcebispado. Loculus e parte superior cortada. Na actualidade atópase no Museo da Catedral de Santiago.
A Armada Vella (Soandres): Na vía XIX (per loca maritima). O topónimo quizais faga alusión a un posto de vixiancia e control do exército romano.
Campamento de Santa Baia (Soandres): Descuberto por romanarmy. Segundo información recollida da súa páxina, trátase do recinto fortificado romano ubicado máis ao norte da actual Galicia, no territorio ocupado por un dos pobos galaicos máis mencionados polos clásicos: os ártabros. Unha das súas singularidades radica en que o campamento foi construído aproveitando un castro, e mesmo sobardando os seus límites, quedando a fortificación indíxena no interior. As súas dimensións, superiores ás cinco hectáreas e cunha estimación de ocupación entre 2.500 e 3.650 soldados, sitúao nun rango intermedio dentro das dimensións dos campamentos localizados no Noroeste. Apunta romanarmy como hipótese que o castro xa estivera abandonado no momento da chegada dos romanos. Segundo a tradición oral recollida polos investigadores, o castro estaba habitado polos mouros, e que nunha zona xusto debaixo do castro, ao noroeste, tamén habitaba outra xente, "os fenicios". No
mes de abril de 2023, a Deputación da Coruña e a Universidade de
Salamanca asinaron un acordo para poñer en marcha o proxecto “A
chegada de Roma ao Finis Terrae” para
promover o estudo arqueolóxico dos campamentos romanos do Cornado
(Negreira), Santa Baia (A Laracha), A Cova do Mexadoiro (Trazo) e O
Castrillón (Touro), campamentos temporais que o exército romano
construía no transcurso das súas marchas, ben por motivos
defensivos, ben por cuestións de disciplina interna. A idea é levar
a cabo un estudo arqueolóxico por medio de técnicas de
teledetección non destrutivas.
Miliario: De mediados do século IV, adicado a Decentio (350-353), atopado na igrexa de Santiago de Vilaño durante as obras de reparación no ano 1987, reutilizado na parte superior da porta de acceso á sacristía. Despois foi trasladado á casa reitoral, reconvertida hoxe en centro cultural da Asociación de Veciños, volvendo de novo á igrexa. Traducido, lese: "Dedicado ao nobilísimo e florentísimo césar emperador e príncipe Magno Decencio, nado para o ben da república, milla...".

LAXE
Ara de Serantes: Adicada á divindade prerromana Cosus. Castillo e D´Ors, que a publicaron como inédita, leron: "Coso/Caleou/nio PS EV", facendo o seguinte comentario: "Lectura moi dubidosa. PS poden ser as iniciais do dedicante ou menos probable p(ecunia) s(ua). Sen comprobar na mesma pedra", o que semella confirmar que non viron a peza. O profesor Juan Manuel Abascal Palazón envioume un pdf coas publicacións dun congreso celebrado no ano 2014 en Berlín onde se fai unha referencia a esta ara, propoñendo a seguinte lectura: "Coso/Calaeu(co)/vel Caleu(go)/v(otum) [p(osuit) l(ibens)] a(nimo). Durante moito tempo deuse por perdida pero atópase reutilizada como material de construción no muro lateral sur da igrexa de Serantes.
LOUSAME
Ara de Lesende: No ano 2006, Iago Urgorri Serantes descubriu unha ara reaproveitada nunha parede na casa reitoral de Lesende que pertencería a un habitante indíxena romanizado. A inscrición di: "NAVIAE/OB MERI/TIS MARC/VS VALE(erius)/ VO PO", "Marco Valerio ofrece este voto a Navia polos seus méritos". Datada entre finais do século II ou principio do III d. C.
Minas de estaño de San Fins (As Minas de San Fins-Vilacoba).
MALPICA
Ara de Mens: Situada na igrexa mosteiral de Mens. De caliza, está incrustada no altar da capela sur; a inscrición foi eliminada. No exterior da igrexa hai dúas inscricións medievais moi desgastadas. Pedra reutilizada: No interior da igrexa de Santiago de Mens hai unha pedra reutilizada no chan. Enmarcarda, puído acoller unha epígrafe. Lémbrame a unha adicada aos Deuses Manes na capela de Pintás (Calvos de Randín).
Minas de estaño (Monte Neme).
MAÑÓN
Factoría pesqueira: No ano 1871, ao construír as fábricas de salgadura de sardiña de don Pascual Bermúdez, descubríronse restos das antigas factorías e outros restos de época romana. Moedas:
No mes de decembro de 1949 tivo entrada no Museo de Lugo un lote de
moedas romanas, composto dunhas 700 pezas que foran descubertas o ano
anterior nas proximidades do porto de Bares onde apareceran máis dun
milleiro. Aínda que se descoñece o lugar exacto onde apareceron, parece
ser que foi xunto o Coído onde fixera escavacións F. Maciñeira; algunhas
persoas conseguiron facerse coas moedas que estaban mellor conservadas,
o resto foron adquiridas por un home chamado Jesús Rodríguez Villar,
alcumado como "Mandiá" que se adicaba a buscar metais vellos para
chatarra; das adquiridas polo Museo de Lugo, en bastante mal estado,
pertencen á época dos emperadores Gordiano Pío, Traxano Decio,
Treboniano, Volusiano, Valeriano (pai), Galieno, Salonino e ás
emperatrices Etruscila e Salonina, acuñadas todas durante o século III
d. C.; entre as revisadas por Vázquez Seijas só atopou un denario de
prata, acuñado polo emperador Octavio Augusto, emitida como moeda
póstuma. No ano 1942, xunto a factoría pesqueira de época romana, tapada
pola area, atopouse unha cunca de barro cuberta cunha lousa en cuxo
interior había unhas 60 moedas de cobre e bronce, trece delas estudadas
por Maciñeira. No castro de Vilela apareceu un bronce imperial tipo touro. No ano 1931
apareceu na Ribada un gran bronce de Didio Xuliano.
Peirao de Bares: Coñecido como o Coído. Refuxio artificial para embarcacións construído con grandes pedras. Maciñeira dálle unha orixe fenicia, Usero di que non é posterior ao Bronce Final, Felipe Senén inclínase por unha orixe romana ou altomedieval. J. Naveiro relaciona a construción coa pesca e descarga de baleas que se realizaba na Idade Media, di que os romanos nunca farían unha obra desta magnitude nun lugar tan afastado das vías de comunicación, engadindo que sorprende que os autores clásicos e algúns da Idade Media non se refiran a el, sexa cal sexa a súa cronoloxía. Nas prospeccións subacuáticas realizadas polo equipo da empresa Argos, pola parte exterior do Coído, revelaron que a 600 metros cara fóra, na ría, rodeando a configuración de bloques, continúa o coído, unha estrutura dun tamaño colosal cuxas pedras foron removidas polo temporal Becky que asolou a costa galega en novembro de 2010. Din que o coído non puído ser obra humana, polo tamaño e o peso dos bloques e esa configuración cara fóra polo que supoñen que non pode ser fenicio, senón anterior, unha obra que foi aproveitada dende tempos remotos por todas as culturas que pasaron por alí para ter un refuxio para continuar a navegación ou realizar a súa actividade, sendo probable que durante a ocupación romana ou medieval fora reforzado, reconfigurando os medios da época.
Villae do Peñón da Eirexa Vella (Bares): Situado
nunha penedía de cuarzo sobre a praia de Bares, no extremo oposto do
Coído. Escavada por Ramil no ano 1997. Apareceu un mosaico con
decoración xeométrica feito con pedra caliza e pintado con cores branca e
gris azulada, depositado no Museo do Castelo de San Antón da Coruña.
Tamén saíron á luz restos cerámicos, metálicos e restos óseos, o que
indica a existencia de dous períodos ocupacionais, un tardorromano e
outro medieval, reaproveitado como necrópole entre os séculos IV e VI. A
igrexa de Bares, de orixe medieval, estivo aquí.
Xacemento romano de Bares: Constituído por un conxunto de estruturas relacionadas coa salga (piletas de salazón), e asociados a elas localizáronse moedas, ánforas e cerámica común. O xácigo localizouse cando a construción da estrada ao núcleo do Porto de Bares. Na actualidade non resultan visibles.
Xacemento do Chan da Condomiña: Preto do establecemento de Bares.
MAZARICOS
Estelas funerarias (Antes): Na igrexa parroquial de Antes. Unha é anepígrafe. A outra descubriuse reutilizada como material da construción, facendo de lintel dun alpendre da casa reitoral. É unha peza de granito, rota na parte baixa. Na parte superior presenta un remate deteriorado. Baquetóns sinxelos divídenna en tres rexistros, o central cunha inscrición fumeraria na que se le: "DI M/P N.../NA MA/XIMO A/NNORV/MLIII", ("Adicado aos deuses Manes. En memoria de P Na...na Máximo, de 53 anos"). O rexistro superior contén unha lúa crecente e tres arcadas nun friso. No inferior a figura dun home espido cos xenitais ben marcados.
Estela de Chacín
(Pino do Val): Atopada no lugar de Pedras do Outeiro no ano 1984, nun
terreo de labradío. Data do século II d. C.: "D(is)
MA(anibus)/AVRE/LIAN(u)S/AN(n)O(rum) XXXX", ("Aos deuses Manes.
Aureliano falecido á idade de 40 anos"). Atópase no Instituto de ensino.
Miliario anepígrafe (Antes).
Xacemento de Penas do Outeiro (Chacín).
MELIDE
Documentado un denario da época de Augusto, con reverso de Caio e Lucio Césares.
MESÍA
Moeda: Barros Sibelo fixo un debuxo dunha moeda romana atopada preto do castelo.
MIÑO
Ara (Perbes): Atópase sen identificar no Museo das Mariñas de Betanzos. Estudada por Felipe Arias Vilas e María Dolores Dopico Caínzos. Coñecín a procedencia despois de publicar a foto no facebook, grazas á información achegada por Ángel AB.
Tesouriño (Bermaño-Perbes): Atopado no ano 1916 no lugar coñecido como Algar ou Algara. Nun recipiente de cobre apareceron 1.500 moedas de bronce e cobre datadas entre o 215 e 268, algunha de prata e outras con baño de prata; foron vendidas a coleccionistas. Restos de tégulas e ímbrices.
Porto de Miño: Restos romanos e paramentos que apareceron ao construír a estrada ao porto, quizais pertencentes a unha villa a mare.
MOECHE
En Covas, minas de mineral.
MONFERO
Ara galaico-romana (Dureixa-Alto do Xestoso): Atopada no ano 2000 na capela de Santa Baia por Juan Sobrino Ceballo e Santiago Ramón González López. Por diversas causas, a ara, en contra do criterio do Concello e do Museo das Mariñas de Betanzos, foi trasladada polo párroco ao Museo Diocesán de Mondoñedo. Logo da interposición dun contecioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, deulle a razón ao Concello. Lese: "VALERI/VS CV/NTABIO/NI COH/VE PROBO/NONO L V S", "Valerio, fillo de Cuntabión, cumpriu o seu voto, con ánimo complacido, a Cohve Probonono". Di Rodríguez Colmenero que o uso do dedicante é latino e de uso frecuente, pero non é así co do seu pai, en calquera caso galaico. Estamos ante unha nova dedicación a Cohuetana que se suma ás outras testemuñas xa coñecidas procedentes da provincia de Lugo.
A Armada: No Alto do Xestroso. Quizais faga alusión a un posto de vixiancia e control do exército romano.
MUGARDOS
Inscrición (Franza):
Atopada na vila romana de Noville. Trátase dunha prancha de lousa cos
bordos biselados. Nunha das caras lese: "SECVNDVS CA/TVS IANARIVS". Na
outra "IKEOTO NEQVAM CCCLI KV(.)(ID NEQVAM L (...)". O primeiro é o
texto máis antigo. Podería ser unha caticula de médico, aínda que
non se pode saber si antes de gravarse foi utilizada con esa
finalidade; serviría como amuleto profiláctico ou terapéutico en que
Secundus sería o beneficiario da protección máxica. Por último
utilizouse como tabella lusoria. Tamén ten gravado un reticulado
con 48 coviñas, que podería ser un taboleiro de xogo. Polo contexto
estaría datada no século IV.
Inscrición (Franza): "(.) EM(...) E(.) Q/T(...) E(.)A(...) NC(...)( e NSCE(...)".
Vila de Noville (Praia do Seixo-Mugardos): Aínda
que a vila romana de Noville coñecíase a nivel
bibliográfico dende os anos vinte do pasado século, e pola
realización dalgunhas “escavacións” non moi afortunadas entre
os anos corenta e sesenta, non foi obxecto dunha intervención
científica ata os anos 1988 e 1989 a cargo de Fermín Pérez
Losada. Trataríase
dunha villa
a mare,
vila marítima de recreo aberta ao mar, con espléndidas vistas e
que gozaba de todas as comodidades,
seguramente
pertencente
a un rico
propietario, probablemente relacionado co comercio ou a industria
marítima. Cómpre diferenciar as vilas marítimas e as litorais xa
que estas non orientaban a súa arquitectura cara a paisaxe, pola
contra, as primeiras buscaban un lugar privilexiado con vistas sobre
a costa, situadas nunha posición dominante. De época
tardorromana, habitada entre os séculos III e IV d. C., situada na
liña de costa fronte a cidade de Ferrol, a vila de Noville foi
construída con pedras de xisto e algunhas partes con ladrillo e
granito. Presentaba unha área principal, con planta en U, con patio
aberto cara o mar, con dous espazos laterais unidos por unha galería
transversal. Na parte oeste apareceron os restos dun hypocaustum
(forno que caldeaba outras dependenzas), e na leste un espazo de
notables dimensións con restos de mosaicos. Saírón á luz
ladrillos, tégulas, ímbrices, fragmentos morteiros de construción
(opus signinum), materiais metálicos (cravos, grampas),
vidros, cerámica fina (sigillata) e común (algunha con
decoración), etc. O único elemento de xoiería foi un fragmento
cerámico dunha cadea de ouro atopada na escavación de 1989. Nas II
Xornadas sobre o Mugardos Romano, celebradas no ano 2018,
Pérez Losada dixo que só se escavara o 5 por cento do total.
Dende época romana, a
liña de costa sufriu unha considerable transformación, a acción do
mar provocou a súa deterioración. No mes
de setembro de 2020, o Concello de Mugardos informou dun acordo
adoptado pola Dirección Xeral do Patrimonio da Xunta de Galicia para
a elaboración dun plan para poñela en valor. A finais do mes de setembro de 2022, tras os traballos de roza e limpeza, comezaron, por fin, as prospeccións xeofísicas mediante xeo-radar para identificar novas zonas con potencialidade arqueolóxica do xacemento.
Xacemento de Caldoval (Mehá-Mugardos): Foi catalogado no ano 1997. Escavado entre os anos 2002 e 2006 cando a ampliación da gaseira de Reganosa, ocupa uns mil metros cadrados repartidos en dúas áreas. Crese que puido estar asociado á explotación de produtos mariños e ao comercio marítimo. No ano 2010 asinouse un acordo entre a Consellería de Cultura, o Concello de Mugardos e Reganosa para construír o centro de interpretación, rematando as obras no 2015. Os baños así como as bocas de calor dos hipocaustos e a estrutura cónica foron consolidados e extraídos sen desmontalos, nunha soa peza co obxecto de favorecer a súa posterior recolocación no centro, evitando así o seu deterioro. Cada unha das pezas atopadas xa foron sigladas e catalogadas; son arredor de 12.500. O balneum termal doméstico está datado entre os séculos I e V d. C., formado por unha zona de baños e unha palestra ou patio exterior, un pórtico, vestíbulo (apodyterium), baño de auga fría (alveus) e as estancias de auga fría e quente (tepidarium e caldarium). Xunto os restos arquitectónicos da vila tamén se recuperaron numerosos fragmentos de cociña e de mesa, moedas, ánforas, etc. que se conservan no Museo do Castelo de San Antón da Coruña. Os baños de Caldoval formaban parte dunha villa a mare, é dicir, unha residencia aberta ao mar que estaba asentada na liña de costa e cunha relación directa co mar. Dentro da actividade comercial marítima, as villae a mare xogaron un papel importante xa que eran utilizadas para recibir e redistribuír as mercadorías. Tamén funcionaban como asentamentos portuarios onde se prestaban unha serie de servizos, como a preparación de embarcacións. O Centro de Interpretación foi aberto ao público no mes de setembro de 2017.
Xacemento de Santa Lucía (Meá): A principios dos anos noventa do século XX atopáronse unha serie de muros que afloran do cantil, ademais de restos de pavimento dunha edificación e abundante material cerámico en superficie. No ano 2012 as prospeccións magnéticas permitiron comprobar a extensión dun muro de máis de 60 metros de lonxitude, un chan romano e o derrube dun tellado. Atópase moi preto da igrexa parroquial que tería a súa orixe, ao menos, no século XI xa que aparece citada nun documentto do mosteiro de Caaveiro do ano 1065. Na praia vese algún material tegulario.


MUROS
Estela de Tal:
Século II-III d. C. Atopada no ano 2011 nas inmediacións da casa
reitoral de Tal. Custodiada no Museo das Peregrinacións de Santiago.
Vila romana da Braña de Ventín (Ventín-Abelleira).
Aras Sestianas: Fr. Martín Sarmiento, quizais debido ao nome da aldea de Sestaio, sitúa aquí, cando a súa viaxe a Galicia no ano 1745, as famosas aras. Mentres non tomaban forma os emprazamentos de Asturica, Lucus e Bracara, ordenados polo emperador, Arae Augustae
puido actuar como un asentamento provisional onde se situaría un dos
primeiros monumentos simbólicos mandados construír por Augusto no Noroeste peninsular como símbolo de culto á súa persoa. Estoume a referir ás Torres de Augusto, as coñecidas como Aras Sestianas, citadas por Mela, Plinio e Ptolomeo que non se puxeron de acordo canto á súa ubicación. Pomponio Mela (s. I d. C.): "In Astyrum litore Noega est oppidum, et tres arae quas Sestianas vocant in paene insula sedente et sunt Augusti nomine sacrae inlustranque terras ante ignobiles", "Na costa dos Astures está a cidade de Noega e tres aras que chaman Sestianas, asentadas nunha península e están consgradas ao nome de Augusto e dan fama ás terras antes iñoradas". Mela ubica estas aras Sestianas nas costas da Callaecia,
no litoral asturiano, xunto a cidade de Noega que se situaría en
Avilés, en tempos de L. Sestio, cónsul no ano 23 a. C., e posiblemente legado de Augusto na guerra galaica ou un pouco máis tarde, sobre o ano 19 a. C. (Romero Masiá e Pose Mesura, 1987). Plinio (23-79 d. C.): "Celtici cognomine Neri et super Tamarci, quorum in paeninsula
tres arae Sestianae Augusto dicatae, Copori, oppidum Noeta, Celtici
cognomine Praestramarci, Cileni, ex insulis nominandae Corticata et
Aunios", "O Célticos de sobrenome Nerios e os Suer Tamaricos na península
na que se adicaron a Augusto as tres aras Sestianas, os Coporos, a
cidade de Noeta, os Célticos de sobrenome Praestamarcos, os Cilenos, das
illas deben nomearse Corticata e Aunios". Como vimos máis arriba, Mela cita unha Noega, e Plinio Noeta, non sabemos se por confusión no nome ou porque se trataría de cidades distintas. No territorio dos Super Tamaricos estarían as aras Sestianas. Ptolomeo
(100-170 d. C.): "Lado septentrional sobre o que está o Océano que se
chama Cántabro e que se describe así. Despois do Promontorio Nerio hai
outro promontorio no que están as Aras Sestianas (do sol)". Plinio e Ptolomeo emprázannas no territorio da actaual
Galicia, o primeiro ao norte do río Tambre e o segundo entre o
promontorio Nerio, tamén chamado Céltico, e outro promontorio que está
ao norte do anterior, e antes de Brigantium. As Aras Sestianas tamén son citadas no Anónimo de Rávena ("Are Augusti"), e na Táboa de Peutinger, coñecida como Mapa Mundi de Castorius, obra do século XII-XIII, copia dun orixinal do século VIII, que á súa vez é unha copia do século IV. Malia o anterior, hai autores que as ubican na cidade da Coruña, máis concretamente sinalan
a Torre de Hércules, obra cuxo promotor sería o propio Augusto, como as
Aras Sestianas aínda que a súa construción se atribúe a Traxano (s. II d. C.). Para elo, Sánchez Montaña fala da firma do arquitecto das obras que deixou gravada na rocha xunto a Torre de Hércules non ten data, mais chama a atención a súa orixe: "Consagrado a Marte, Augusto. Gaio Sevio Lupo, arqueitecto de Aeminium, Lusitano, en cumprimento dunha promesa". A Lusitania dependía de Publio Carisio, legado de Augusto entre o 26 e o 22 a. C., romanizada antes que a Callaecia. Unha ara non sempre ten que ser un pequeno altar funerario ou votivo, tamén pode facer referencia a un gran altar (faro, torre...) que ademais de actuar como orientación e protección, faría máis grande a figura do emperador. E habería Aras Sestianas en varios lugares, non só nun.
MUXÍA
Ara en San Xoán de Bardullas: Apareceu ao desmontar un antigo muíño preto da parroquia. Consérvase nun domicilio particular. Moldurada con tres foculi. Abascal Palazón, da Universidade de Alacante, leu: "L(aribus) V(ialibus) C(aius)/M(---) AR/O EX/VIS/V".
Xacemento romano-medieval de Moraime: Escavado por Chamoso Lamas no ano 1972. Atopouse parte dun hipocausto, sistemas de calefacción subterráneo, cerámica, tégulas, moedas de época imperial, pratos de vidro e obxectos de adorno (aneis, fibelas, alfinetes, contas de colar, etc.). Unha das fibelas ten decoración vexetal, xeométrica e animal. Xa de época altomedieval é unha necrópole de inhumación con tumbas construídas con bloques de granito irregulares con pequenos calzos de pedra. Moedas dos séculos III e IV.
Fonte de Moraime: Descuberta nas escavacións de 1972, ata o ano 2018 atopábase totalmente abandonada nunha finca que linda co adro da igrexa mosteiral, a pesares de tratarse dun dos tres exemplares, como ben di o arquiveiro Pablo Sanmartín, que se coñecen en todo o mundo. Pertence á tipoloxía denominada meta sudans, ou fonte de elevación, como a de Roma, xa desaparecida e que lle deu nome ás outras, ou á da cidade romana de Djemila, en Arxelia, que é Patrimonio da Humanidade. Este tipo de fonte tiña unha dobre concepción, tanto funcional como decorativa. Constaba dunha base pétrea circular, duns dous metros de diámetro, tiña estanque pechado e un elemento superior de carácter decorativo. Xunto os restos da fonte está parte da canalización. Nos sondeos levados a cabo por AXE Arqueoloxía no outono 2018 comprobouse que a fonte, a pesares das agresións sufridas, resulta impresionante. Parte atópase tal como a deixou Chamoso Lamas no 1972 e que parte do xacemento foi achandado por unha pa para acondicionar o terreo como pasto para as ovellas. Para o director da escavación, Emilio Ramil, o máis significativo son as canalizacións que están practicamente intactas, tanto as de subministro como as de evacuación de augas. O lugar serviu como cemiterio, non só na Idade Media, tamén en épocas anteriores tal como o achega unha tumba de laxes datada no século VII ou VIII, e mesmo pode haber restos doutra. O sitio arqueolóxico pode achegar moitas sorpresas.
Illote do Castelo
(Cabo Touriñán): Hai quen sitúa aquí un castro que en época romana foi
utilizado para construír unha torre, ou quizais un faro. Adivíñanse
algúns alicerces que puideron acoller algún tipo de construcións.
Fragmentos cerámicos: No Museo do Castelo de San Antón consérvanse varios fragmentos cerámicos con algunhas letras de difícil interpretación.
NARÓN
Inscrición (Cornido-O Val): Hispania Epigraphica
dá noticia desta inscrición, se ben existen dúbidas canto á súa
procedencia: "(...)RNO MIRONI/D(is) MANIBV/S S(acrum) MIRO/(u)X(or)
S(sua) TI(tulum) POSVIT/ANN(orum) LI/SIT (tib) T(erra) L(evis)".
Cuncheiro de Lóngaras (Punta Caleira-A Gándara-Pedroso): Datado entre os século I a. C. e I d. C., recuperáronse restos de vasillas.
Castro de Eiravedra: Apareceron fusaiolas e moedas de época romana que pertencen a unha colección privada.
NEGREIRA
Campamento do Cornado (Bugallido): Segundo os seus descubridores, o arqueólogo Antón Fernández Malde e o profesor afeccionado á arqueoloxía Manuel Gago, o campamento está emprazado nunha zona de grande interese para comprender a romanización do occidente de Galicia, con actividade mineira, asentamentos e vías de comunicación da época. No inventario da Xunta de Galicia figuraba como Os Castros do Cornado, e os informes municipais adxudicánlle un tamaño moito menor que a proposta polos descubridores. Ao seu xuízo, trátase do maior campamento romano de Galicia (equivale a dezasete campos de fútbol) e que replantearía a conquista do país xa que serviría de avanzadilla en territorio inimigo para protexer os xacementos de ouro de Brandomil. A localización deste campamento pode achegar novas luces de como se produciu a conquista de Galicia, se ben polo de agora a versión máis verosímil é que entraran dende O Bierzo (véxase en Navia de Suarna o campamento da Recacha, e en Cervantes o da Cortiña dos Mouros). No
mes de abril de 2023, a Deputación da Coruña e a Universidade de
Salamanca asinaron un acordo para poñer en marcha o proxecto “A
chegada de Roma ao Finis Terrae” para
promover o estudo arqueolóxico dos campamentos romanos do Cornado
(Negreira), Santa Baia (A Laracha), A Cova do Mexadoiro (Trazo) e O
Castrillón (Touro), campamentos temporais que o exército romano
construía no transcurso das súas marchas, ben por motivos
defensivos, ben por cuestións de disciplina interna. A idea é levar
a cabo un estudo arqueolóxico por medio de técnicas de
teledetección non destrutivas.
Castelo de Vitres: López Ferreiro cría que neste castro, logo reutilizado para erguer unha fortaleza na Idade Media, había un destacamento da Legio VI Victrix.
Logrosa: No adro da igrexa de Santa María de Logrosa apareceu, no ano 1876, unha estela, partida en dous fragmentos, adicada aos deuses Manes por Aurelio: "D(is) M(ani)B(us)/AVRELI(us)/AVREL/IANUS/ANN/ORVM/XXXVI", "Consagrado aos deuses Manes, aquí xace Aurelius Aurelianus de 36 anos".
Aras a Xúpiter (Logrosa): Dúas aras. Nunha lese: "IOVI/OP(timo) MA(ximo)/MA(---)", "A Xúpiter o mellor e supremo Ma...". Na segunda: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)/A(ram) P(osuit) S(ua) P(ectunia)/S(...) M(...)", "A Xúpiter o mellor e o supremo pónselle esta ara co seu diñeiro".
Ara a Coso (Logrosa): Atopada no ano 1970 no medio dun campo, lese: "COSO DO/MINO AE/B(ura)/ATI (filia) CIL(ena)/EX VO/TO P(osuit", ("Ao (noso) señor Coso, Aebura, filla de Atio, cilena, puxo (este altar) por un voto"). Nesta última cómpre salientar a alusión a este deus coa categoría de Dominus que non é usual na epigrafía con referencia a deidades autóctonas. Atópase no Museo do Pobo Galego.
Fragmento cunha inscrición en Vilachán: Desaparecido: [---] SA/[---] NO/[---] M [---]".
Calzada: No ano 2010, na parroquia de Xallas apareceu un tramo de calzada duns 100 metros que podería formar parte da Vía XX, entre os lugares de Fornos e Carballoso, coñecidos dende tempos remotos como A Calzada ou a Costa da Brea.
Mansión Ad Duos Pontes: Segundo Carré Aldao, nesta beira do Tambre estaría ubicada a mansión.
NOIA
Castro de Punta Barquiña: Na zona da Barquiña hai
un illote coñecido como As Pedras de San Bartolomeu, onde se di que
estaba a capela perdida do santo. Conta a lenda que os veciños podían
ver as súas campás cando baixaba a marea. Tamén se di que no fondo do
mar atopáronse basas, columnas e restos dun templo de época romana.
Sobre isto non se coñecen restos pero si sobre o asentamento castrexo
onde apareceron varios útiles coma un muíño de man que garda un veciño
do lugar. Deste castro xa fala Murguía no século XIX.
Estela de Santa Cristina (Barro): Atopada polo sacerdote e historiador Eladio Oviedo y Arce (1864-1918). Aos deuses Manes, adicada por Florina á súa nai. Foi atopada no ano 1909 e levada á Exposición Arqueolóxica de Compostela no mesmo ano. Descrita polo P. Fita, na parte superior ten tres arcos e por riba unha media lúa cunha cabeza humana no interior. Lese: "DIS M(anibus)/MO(numentum) PO(suit)/FLORI/NA M(atri)". No Museo da Catedral de Santiago.
Moeda: Barros Sibelo fixo un debuxo dunha moeda romana atopada na igrexa vella de Noia.
Restos calzada (Valvargos-O Obre): Vía secundaria da Per Loca Maritima.
Xacemento de Taramancos (Boa): A construción da variante de Noia sacou á luz un xacemento no que se
constatou a superposición de diferentes grupos poboacionais do
Calcolítico á Idade do Brence e a Idade do Ferrro, así como posteriores
asentamentos romanos. Documentáronse 450 estruturas e 21.500 pezas. No
mes de setembro de 2011, o Concello de Noia denunciou a destrución
polas máquinas que están a traballar no viaduto sobre a ría de vivendas
de época castrexa e dun muro romano.
Mansión Ad Duos Pontes: Terceira mansión atribuída á vía XX do Itinerario de Antonino, localizada tradicionalmente na parroquia de Barro. Malia o anterior, Fr. Martín Sarmiento, na súa Viaxe a Galicia do ano 1745, di que é crible que esta mansión estivese na cidade de Pontevedra, identificándoa con Ambas Pontes das doazóns a Santiago e da perteguería do conde de Lemos. Mais, seguindo a J.J. Moralejo, a cidade de Pontevedra deixou de ser Ad Duos Pontes da via per loca maritima, e pasou a ser Turoqua ou Turaqua da vía XIX. Identificación que dá pé a lembrar o mito citado por Estrabón e Xustino que pon nas costas galegas ao heleno Teucro, mito que parece ser de tempo renacentista (Filgueira 1962, e Peña 1996). Segundo Carré Aldao estaría no concello de Negreira.
OLEIROS
Ara de Dexo: Fragmento de ara a Xúpiter. Lese: "IOVI/+ +/OMC", traducida en principio: "A Xúpiter, o noso protector". Pero o profesor da Universidade de Alacante, Juan M. Abascal Palazón, despois de estudala, chegou á conclusión de que se trata da parte superior dun monumento romano, que foi serrado moito despois e no que se trazou o perímetro inciso e esculpíronse as dúas cruces para cristianizala. O texto sería. "IOVI/O(ptimo) M(aximo) C(onservatori)/[------?]". Atópase no interior da igrexa.
Castro de Edreira: Configurado por tres fosos e un parapeito de terra. O material localizado, a maioría de época romana, permitiu datar os restos no cambio de era.
Praia de Cirro (Lorbé): Muros e fragmentos cerámicos, tégulas e ímbrices (Monteagudo, 1992).
Ponte Pasaxe.
Portelo Canide (Maianca): Tégula e estruturas murais no corte do cantil anexo á praia, quizais pertencente a un xacemento a mare.
ORDES
Estela anepígrafa procedente do Castro (Aldeanova-Pereira), no Museo do Castelo de San Antón da Coruña.
Mansión Atricondo: Estaría comprendida entre as poboacións de Mesón do Vento, Castromaior e Bruma (Mesía). É por onde discorrería transversalmente o camiño romano en dirección a Cidadela (Sobrado dos Monxes).
Mina das Grovias (Piñeirón-A Gándara): Mina aurífera practicamente desaparecida por unha urbanización.
OROSO
Explotación mineria de época romana das Grobias.
ORTIGUEIRA
Factoría de Espasante: Descuberta por Federico Maciñeira no ano 1896 na praia da Concha, despois dun temporal acontecido dez anos antes que retirou a area. Atopou os cimentos dunha fábrica de salgadura e dez pilos. Anos máis tarde parte do terreo foi mercado por un industrial para construír unha fábrica de salgadura moderna, aproveitando os restos arqueolóxicos. Se ben os restos se daban por perdidos, a raíz do control arqueolóxico cando a construción dunha vivenda na rúa Miramar, saíron á luz catro das dez piletas, así como parte do patio. Os traballos foron dirixidos por Francisco Hervés quen apunta que poden existir máis instalacións na zona. Maciñeira tamén atopou na desembocadura do río Dola unha estatuíña de bronce cuxa procedencia exacta e cronoloxía non están claras.
OUTES
Ara votiva de Banzás (San
Ourente de Entíns): De interpretación problemática con dúas posibles
lecturas: "X (=Christo) Victor(i) aram Victo(rinus) pr(o) vo(to)", ou "Ex
victor(iae) aram Victo(rinus) pr(o) vo(to)". Se a primeira letra da
primeira liña é un X (=Cristo), podería tratarse dun texto cristián.
Mais, se a primeira letra é unha mestura de EX trataríase dun voto que
Victorinus ofrece a un deus que non se cita. No Museo do Pobo Galego.
Estela funeraria (Cando): Aos deuses Manes. A parte superior remata nun triángulo cun pequeno saínte semicircular no vértice. No corpo superior hai un crecente luar con tres cornos cara arriba que enmarcan un sol. Debaixo, unha figura humana, espida, coas mans sobre o ventre. No terceiro corpo aparece unha inscrición. Descrita no Corpus de inscripciones romanas de Galicia, dirixido por Pereira Menaut, foi exposta no ano 1909 na Exposición Arqueolóxica de Compostela; aínda que nalgún sitio figura que desapareceu despois da exposición, atópase no Museo da Catedral de Santiago tal como se pode ver na foto (que me saíu bastante esvaída) que lle saquei no mes de abril de 2014, situada xunto a estela de Fisteus (Curtis). Lese: "D(is) M(anibus) T(itulum) POS(uit)/VICTORI A/N(n)O(rum) LXVI/FAVSTINA P(atri)".
Estela de Cando: O arqueólogo turolense Juan Cabré Aguiló (1888-1947) fala dunha reprodución fotográfica dunhas láminas sacadas dun libro francés. Na parte dereita aparecen unhas representacións procedentes, ao parecer, de Bernedo (Ávila), e a da dereita de Cando onde se ve unha figura feminina espida que sobre o seu sexo se representan os órganos xenitais masculinos. A foto da folla foi tirada por Cabré entre os anos 1908 e 1947.
Restos calzada en Carleo de Abaixo (Outes).
Estela funeraria de Mazarelas ou de Primiano (Rodeiro): Custodiada no Museo do Castelo de San Antón (no Museo das Mariñas de Betanzos hai unha reproducción) dende xuño de 1973. Atopada casualmente nunha leira coñecida como A Redonda por José Sánchez Mirás quen lla vendeu en 1973, por 1.000 pesetas, a Jesús Iglesias, de Ordes, quen a levou para Basauri (Vizcaia) para decorar o seu bar "Cuatro Estrellas". Adicada aos deuses Manes, está formada por tres corpos. Na parte superior hai unha figura asexuada, arrodeada por seis círculos con símbolos astrais, enmarcada por un arco semicircular no que remata a estela. A cabeza, redonda, únese ao corpo, cadrado, por un longo pescozo. O segundo corpo presenta signos astrais, e no terceiro a inscrición que di: "D(is) M(anibus) S(acrum)/PRIMIANO/VITALES AN(orum)/LXXV TETVLV(m)/FILIO SVO FECI(t), ("Consagrado aos deuses Manes. A Primiano, fillo de Vital, de 75 anos").
Explotación mineira (Cuíña): No ano 2018, a asociación cultural Nasa Arqueoloxía atopou un xacemento na parroquia de Cuíña. Localizaron unha pequena fortificación nun outeiro sobre o val do río Fontao, de planta oval pero cunhas características, ao parecer, que impide a súa datación e determinar se se trata dun castro ou dunha fortificación medieval. A uns 300 metros localizaron unha explotación mineira de ouro de época romana, din que unha das máis grandes documentadas no Noroeste, só superada pola do monte Lourido, entre Carral e Abegondo.
O Forno do Lopo (Callobre): Forno do século IV d. C. de planta rectangular construído con tégulas (Alfredo Erias, 1982), opinión non compartida por Naveiro López (1994) que non atopou pegadas.
PADRÓN
Iria Flavia desenvolveu un importante papel como mansión viaria da vía XIX de Braga a Astorga. O asentamento romano de Iria Flavia constitúe, xunto con Brigantium, o principal núcleo agrupado da área costeira occidental galega. Citada en varias fontes antigas. Ptolomeo, na súa Xeografía (s. II d. C.), cita a Iria e Lugo como as dúas únicas polis existentens no territorio dos Coporos. Tamén aparece citada no Itinerario de Antonino, no Anónimo de Rávena e nas Táboas de Astorga, onde aparece como mansión da vía XIX. As primeiras noticias arqueolóxicas son dos séculos XVII e XVIII. Jerónimo del Hoyo recolle no 1607 que "Hállanse en las heredades, alrededor del lugar, muchos cimientos y ladrillos de la ciudad antigua", no que coincide Castellá y Ferrer (1610), estudos logo recompilados polo P. Flórez na súa España Sagrada (1792), e no Sumario de Antigüedades Romanas de Ceán Bermúdez (1832). Gran parte dos restos arqueolóxicos sitúanse no interior, adro e cemiterio de Santa María, estudados no 1882 por López Ferreiro, e logo por Chamoso Lamas.
Aras en Iria Flavia: Aos deuses Manes, adicada por Xulia á súa nai e ao seu fillo Naviolo. La Ilustración católica (1877) achega unha transcrición doutra ara aos deuses Manes, dedicada tamén por unha muller de nome Xulia: "D M S/COR C/RESIMO/AN P M/L IVLIA/VALENTI/A C P P".
Ara aos Deuses Manes (Iria): Mal conservada, foi descuberta no 1979 reutilizada nunha sepultura altomedieval en Iria: "D(is) M(anibus) S(acrum)/POSVI(t)/VCII(...)/DACI(...)/VO(...)". No Museo de Arte Sacra de Iria.
Ara de Santiago de Padrón: Segundo a lenda, a pedra ("O Pedrón") foi utilizada polos discípulos Atanasio e Teodoro para amarrar a barca que trouxo os restos do Apóstolo Santiago a Galicia; a inscrición orixinal da ara, adicada a Neptuno ("Neptuno Corienses de suo posuerunt", "Os Corienses dedicaron, ao seu custo, este altar a Neptuno"), foi alterada no século XVI engadíndolle unha cruz e mudando o nome da divindade romana por "patrono".
Epígrafe a Graciano:
Fragmento superior dun miliario atopado a fins do século XIX; aínda que
adicada a dous emperadores, só se conserva o nome de Graciano. Falan
dela Murguía, na súa Historia de Galicia, e Fita e Fernández Guerra en Historia de un viaje a Santiago de Galicia.
Conservado no Museo da Catedral de Santiago, lese: "D(ominis) N(ostris) M?/GRATIA/NO PERP(etuo) SEMPER/AUGVSTO", ("Dedicado aos nosos
señores, Gratiano, perpetuo, sempre augusto"). Gárdase nos almacéns da catedral de Santiago.
Estela aos deuses Manes:
Fáltanlle as últimas liñas do texto. Di: "D(is) M(anibus) S(acrum)
SECVN/DIANVS/SECVNDI/AN(norum) LVIII/H(ic) S(situs) E(st)
FLA/CCNIVS/SECUND(us)". Atópase no Museo da Catedral de Santiago.
Estelas custodiadas no Museo de Pontevedra, unha delas adicada por Iulia.
Inscrición perdida: Consérvase un gravado de López Ferreiro. Arredondada por riba, foi atopada no 1868 por Barros Sibelo e Garea Cobián preto de Padrón ao facer as obras do ferrocarril. Barros enviou unha copia á Academia da Historia de Madrid: "CAMBAVIVS/CORALI . F/SENATORIE S"/ANNORUM L/H.S.E/S.T.T.L".
Inscrición perdida: "FL. TERTULIA. ME/SAN FL F MARITO".
Inscrición perdida: Desaparecida arredor do 1610. Estaba xunto o castro da Rocha, onde a viu e decribiu Castellá Ferrer. Adicada por Sulpicius Severus a unha dinvindade indíxena.
Figuriña
en bronce, de culto oriental, que representa o Boi Apis, atopada nas inmediación daigrexa de Iria xunto
con fusaiolas, terra sigillata, unha pesa de tear e moedas.
Tégula: Marca sobre tégula en Iria Flavia, estudada por Erik Calrsson-Brant e Verónica del Río. Trátase dun pequeno fragmento con selo de alfareiro. O texto, dunha única liña, atópase impreso en positivo o que lle proporciona certo relevo ás letras. Leron: [...] M AVR [...], cuxa proposa é: M(arci) AVR(elii).
Mansión Pria: Aparece na vía XIX do Itinerario de Antonino tras a mansión Aquis Celenis, tradicionalmente foi identificada coa poboación de Iria.
No Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela consérvanse varios fragmentos cerámicos con anacos de inscricións.
O PINO
Ara de Castrofeito (Castrofeito): Aos Deuses Manes. Anaco localizado no ano 1974 na Leira da Agra, lugar de Porto. Na Facultade de Historia da Universidade de Santiago. Lese: "D(is) M(anibus)/GRAPHI/CI AUG(usti servae)/DIDIA/GRAPHI/CE F(iliae)".
Ara aos Lares Viais (Porto-Castrofeito): "L(aribus) V(ialibus)/VAL(erius) O/...".
Ara aos Lares Viais: Fáltalle a metade esquerda da pedra, por debaixo está sen traballar. "L(aribus) VIALE(bus)/ARC(...)/V(oto) P(osuit)".
Modio da Ponte Puñide (Gonzar): No ano 1912 atopouse un modio de bronce ao facer unha escavación para aplanar un terreo propiedade de Joaquín Castro. Un modio é unha medida oficial de líquidos (viño, aceite) ou semisólidos (cereais) empregada polo estado para a percepción de tributos. Na parte superior leva unha inscrición que sinala a lei pola que se rexe (Lex Modii), os emperadores que a sancionaron (Valentiniano, Valente e Graciano) e os axentes que a fan cumprir, e o uso do modio como medida de capacidade (10 litros). Datado nos anos 367-375. Lese: "MODII L(ex) IUIXTA SACRAM IVSSIO(n)EM DDD(ominorum) NNN(ostrorum) VALENTINIANI VALENT(i)S ET GRATIANI INVICTISSIMORVM/PRINCIPVM IVBENTE MARIO ARTEMIO(...)". Segundo o cura e historiador Eladio Oviedo y Arce (1864-1918) tamén saíron á luz restos de tella e barros romanos, dando noticia dos achados no Diario de Galicia e no Boletín da Real Academia Galega no 1913. Atópase no Museo Aqueolóxico Nacional. Tamén apareceu un sextercio de Traxano.
Togado da Ponte Puñide (Gonzar): Primeira metade do século I d. C. A imaxe do home togado (a toga era símbolo do cidadán romano libre) e cuberto con veo representa ao pater familias que ofrece sacrificios aos deuses diante do altar. É o dono absoluto da súa casa e responsable da familia, segundo lle recoñece a lei, e como tal coida das súas tradicións relixiosas. Toma como modelo a imaxe do emperador Augusto, cabeza do estado e Pontífice máximo. Tamén
saíu á luz unha moeda de
Traxano da ceca de Roma. No Museo Arqueolóxico Nacional dende o ano 1938.
Vila da Agra de Santiso
(Castrofeito): Moi alterada por pistas, novas construcións e labores
agrícolas. Apareceu abundante material de construción de época romana.
Ten unha cronoloxía entre o século I d. C. e mediados do século V, o que
amosa a índole viaria do asentamento, confirmado por tres epígrafes, unha
a do modio da Ponte Puñide.
Xacemento da Granxa (Cerceda): Achados illados en superficie.
A POBRA DO CARAMIÑAL
Ara do Xobre: Ara anepígrafa atopada na praia do Xobre no ano 2007 por Bieito Pérez Outeiriño, director do Museo das Peregrinacións de Santiago, que estaba a ser utilizada como amarradoiro para as dornas. Depositada no Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.
Monte das Ánimas (Quintáns-Lesón): Trátase de dous enterramentos rectangulares formados por lousas graníticas. Foron exhumados no ano 1991.
PONTECESO
Ara aos Genio Castelli (Cores): En honra dun Genius Castelli, adicada por Bloeva, filla de Sabino, que probablemente se correspondería co castellum Aviliobris: Lectura: "GENIO/CASTE/LLI BL/OENA/SABIN/I (filia) V(otum) L(ibens) S(olvit)". Na igrexa de Cores.
Ara a Xúpiter (Cores): Exposta na igrexa de Cores, pode que procedente do castellum citado na anterior. Lectura: I(ovi) O(ptimo) M(aximo)/(castelum) AV/ILIOB/RIS PR(o) S(alute)".
Nas escavacións arqueolóxicas realizadas no ano 2009 na finca da antiga casa reitoral da igrexa de Cores foi localizada unha tumba romana de tégula, que tipoloxicamente nos remite ao século IV d. C., varios muros, dous deles articulados formando unha esquina, un pavimetno de opus siginum, un numisma acuñado por Galieno no século III d. C., terra sigillata e cerámicas grises datadas en época altomedieval. Na igrexa consérvanse diversos achados localizados nas fincas da contorna e na propia igrexa de Cores, salientando unha deusa da fertilidade, quizais prerromana ou de época romana, procedente da capela de Santa Mariña de Muíño (Corcoesto-Cabana de Bergantiños), un sártego antropomorfo e un sártego rectangular que conserva parte da cuberta con relevos e muíños da época de procedencia indeterminada. Restos de tégulas foron localizadas no cemiterio.
A Vila romana de Centroña: Descuberta
de forma fortuíta no ano 1950 debido a uns fortes temporais que
asolaron a costa, atópase no borde dun cantil situado a menos de 20
metros de altura sobre a praia de Centroña, fronte a ría de Ares. As
escavacións parciais, a cargo de José María Luengo, sacaron á luz unha
estancia rectangular aberta ao mar realizada en mampostería aparexada
con laxas de distintos tamaños colocadas sen morteiro, con restos dun
pavimento de mosaico policromo xeométrico (con basalto, ladrillo e
mármore) e estucos con decoración sinxela para revestir as paredes,
mostras que se poden ver no Museo do Castelo de San Antón da Coruña.
Tamén apareceu unha peza de mármore con decoración en relevo e restos de
piastras de xeso que se acaroaban aos piares da galería.

Trataríase dunha villa a mare,
unha vila marítima de recreo aberta ao mar mediante un pórtico
columnado de planta alongada, con espléndidas vistas, pertencente a un
acomodado propietario, probablemente relacionado co comercio ou a
industria marítima. Quizais contaba cun espazo destinado a baños (balneum).
Cómpre diferenciar as vilas marítimas e as litorais xa que estas non
orientaban a súa arquitectura cara a paisaxe, pola contra as primeiras
buscaban un lugar privilexiado con vistas sobre a costa, situadas nunha
posición dominante.

Dende
época romana, a liña de costa sufriu unha considerable transformación, a
acción do mar provocou a desaparición de parte do cantil e polo tanto
doutras estruturas, feito que, ademais de provocar a súa deterioración, é
un atranco para futuras intervencións, sen esquecer os actos vandálicos
e a desaparición de numerosos restos (segundo nos contaron, a
principios dos anos oitenta aínda se podían ver algúns restos do mosaico
nun camiño que dende preto do xacemento baixaba cara a praia. Tamén
apareceron restos na cala do Cerrulo.). Nos esbarrexementos que se
deslizan polo cantil atopamos material tegulario e algún vidro
Aínda
que a información achegada nas escavacións de Luengo é moi limitada,
polos fragmentos de mosaicos estableceuse que se trata dunha vila tardía
do século IV d. C. Non moi lonxe, pero xa na ría de Ferrol, hai outras
dúas villa a mare: a de Caldoval e Noville, en Mugardos. A menos
de 1,5 quilómetros en liña recta da vila de Centroña está o xacemento de
Sopazos que foi estudado por Ángel del Castillo a principios do século
XX, que facía mención á existencia de vivendas, todas con escaleiras de
entrada, ánforas, anacos cerámicos, sillares, a clave dun arco, unha
pedra de fogar aínda con cinsa, a base dunha semicolumna, etc. cuxos
achados foron depositados na antiga Casa do Concello, hoxe en día
desaparecidos. Para
ampliar a información sobre a vila sería conveniente unha intervención
arqueolóxica (a única foi a realizada por Luengo a principios dos anos
sesenta) para determinar as dimensións, o uso concreto e o sistema de
explotación. Pero a intervención máis urxente sería a de consolidar os
restos, limpar a maleza e protexer o sitio arqueolóxico con medidas de
seguridade polo elevado risco que supón achegarse ata o mesmo.
Igrexa de Boebre: Nos arredores da antiga igrexa o párroco, Agustín Caamaño, atopou nos anos setenta varias tumbas con continuidade en período medieval.
A Insua/Illa Carboeira: Materiais latericios e sigillata. O asentamento xa estaba en activo a inicios da Idade do Ferro.
Xacemento de Sopazos: Estudado por Ángel del Castillo a principios do século XX que facía mención a existencia de sete vivendas, todas con escaleiras de entrada, ánforas e restos cerámicos. Apareceron sillares, a clave dun arco coa batente para a folla da porta, unha pedra de fogar aínda con cinsa, a base dunha semicolumna, restos de ánforas, etc. Os achados foron depositados na antiga casa do Concello de Pontedeume, hoxe en día desaparecidos.
Cuadrifaz:
Atopado na finca a Madalena no ano 1924. O propietario, Tenreiro
Rodríguez, doouno nos anos sesenta ao Museo de Belas Artes da Coruña; na
actualidade atópase no Museo do Castelo de San Antón. Trátase dunha
peza galaica de influencia romana, de granito gravada polos catro lados,
posible representación dunha divindade protectora dos camiños
identificada con Hermes, polo de agora única na nosa Arqueoloxía.
AS PONTES
Ara: Atópase xunto o Concello. Ara de granito que conserva a cornixa só na cara posterior. Atopada no ano 1963 polo cura don Enrique Rivera Rouco na ermida de Santa Olaia de Portorroibo (hoxe en día desaparecida polo avance da mina). A súa singularidade deriva da inscrición, xa que apareceron outras dez en distintos puntos do imperio romano (no muro de Adriano en Britania, Mauritania, Italia, na fronteira de Numidia, na costa balcánica de Dalmacia...) cun texto practicamente idéntico, neste caso cunha dedicación a todos os deuses e deusas. Esta ara relaciónase co emperador Caracalla. Posteriormente foi utilizada polos cristiáns como pedra consagrada, practicándoselle un loculus cuadrangular no que se introducian reliquias de mártires ou santos e que sería reaproveitada como altar. Lese: "DIS D(eabus)Q(ue)/EX INT(e)RP/RETATION(e)/ORACVLI/CLARI APO/ILINIS C(-)/AD SACR/VM", "Aos deuses e ás deusas, segundo a interpretación do oráculo de Apolo de Claros". Un grupo de historiadores anglosaxóns cren que se trata dunha mensaxe de socorro que invocou unha cohorte de lexionarios en Britania ou quizais do campamento de Sobrado dos Monxes. Tería relación coa peste antonina, o primeiro brote letal de viruela que devastoou o Imperio Romano a partir do ano 165 e que mesmo aterrorizou ao famoso médico da antigüidade Galeno que fuxiu de Roma por medo a seren contaxiado. Todas as inscricións están adicadas a Apolo xa que segundo a lenda a praga antonina orixinouse cando, durante unha guerra sen precisar, un lexionario romano entrou a saquear un templo de Asia Menor adicado a este deus e abriu un cofre do que saíu un gas velenoso que se esparexeu por todo o orbe. No ano 2003, Santiago Montero, da Universidade Complutense, relacionou a ara das Pontes e outra colección de mensaxes idénticos cunha advocación promovida no ano 212 polo emperador Caracalla que, moi preocupado pola súa saúde, visitou varios santuarios e suponse que tamén o de Apolo de Claros, en Asia Menor, na actual costa de Turquía. Outra teoría é que o propio oráculo de Claros difundise os seus bloques con receitas previo pago. Na desaparecida ermida de Santa Olaia tamén apareceu unha cámara funeraria.
Ara aos Lares Viais (Somede): Da inscrición, apoiada antes do seu traslado para o interior da igrexa parroquial de Somede nun muro do cemiterio, dicíase que se trataba dunha "lápida antiga". De feitura sinxela, pertence ao grupo de aras galaico-romanas coa traseira sen traballar e carente de base xa que estaba concibida para fincar no chan. Na parte superior ten tres foculi aliñados. Lese: "LARVS AL/IXVOIO/SIVLRIVS/POSVIT", ("Ofrenda aos Lares posta por Siulrius"). Na inscrición obsérvase algunha anomalía á hora de gravar o nome da deidade e a fórmula
O Chamoselo: Neste barrio da parroquia das Pontes atopouse unha basa de columna, un muíño de man, un busto granítico e outras estatuas de pedra, unha posible lucerna, materiais cerámicos e construtivos e diversas estruturas arquitectónicas.



PORTO DO SON
Ara de Enxa: Atopada no ano 1987. Do século II d. C. Ten a parte superior decorada cuns círculos concéntricos. No texto lese: "AV/SV(a?) "RVF(i)NA D(eo?) AN/N FESON(-)/A(ram) P(osuit)". No Centro de Interpretación do castro de Baroña.
Ara votiva de Montemuíño (Baroña): Do século II d. C. Adicada a Diana por Vitor pola saúde de Urso e Faustino: "DIAN(a)E VENAT/RICI A(ram)/PO(sueverunt) UR(sus)/ET FAVS/TINVS/EX PR(aecepto)/VICTORI/S PRO S/A(lute) SVA". Foi atopada preto da igrexa parroquial no ano 1889, nunha gabia ao buscar auga. Durante un tempo, o dono usouna como asento diante da súa casa. Foi fotografiada e descrita no Corpus de inscripciones romanas de Galicia, dirixido por Pereira Menaut, editado polo Consello da Cultura Galega. Atópase no Museo de Pontevedra. Segundo noticias da época, no mesmo sitio atopouse un "tinteiro", carbón, ladrillos e un pilón de pedra de forma cóncava.
Ara da Atalaia: No Centro de Interpretación do castro de Baroña, foi atopada a finais da década deste século na capela da Atalaia. Formaba parte das escaleiras. Descoñécese a súa procedencia.
Igrexa de Portosín: Nunhas xornadas de arqueoloxía celebradas no ano 2014 deuse a coñecer as conclusións dun estudo sobre un sartego paleocristián e outros elementos funerarios achados en Portosín. En 1993, o historiador Antonio González Millán descubriu na igrexa de San Sadurniño un sartego paleocristián despois dunhas obras de remodelación. A partir daí comezaron as investigacións para tentar saber a súa orixe. Nunha vivenda próxima apareceron abundantes restos arqueolóxicos onde, segundo diversos documentos históricos, falaban da existencia dunha basílica paleocristiá. Estes elementos, de gran proximidade cronolóxica, consistiron nunha columna romana co fuste cristianizado, unha estela funeraria de tipo discoide e varios elementos cerámicos. Antonio González fixo unha análise dunha
listaxe de sartegos procedentes de Rávena e Concordia Saxitaria, na
rexión de Lombardía. Todos estes mantiñan similitudes nos baixo relevos
e as imaxes, que amosaban a mesma alternancia de estruturas
arquitectónicas circulares cunha central triangular de tipo friso, co
achado en Portosín. As indagacións de carácter caligráfico sumadas á
presenza de trazos paleocristiás nos muros do sector noroeste e as
elevacións do terreo circundante apuntan á existencia dun conxunto
maior. Ademais, o investigador puido comprobar que a tumba de mármore
fora reutilizada, o que leva a pensar que se trata dunha importación por
parte dun mecenas ao cargo dun latifundio.
Igrexa de San Sadurniño de Goián: No pavimento da igrexa atopouse unha peza decorada con baixorrelevos: dúas cráteras, un templo e elementos naturais. No centro hai unha inscrición en letra capital romana que se refire á consagración dunha primitiva basílica cristiá da segunda metade do sévulo VI. Se ben nun principio se considerou que se trataba dunha peza cristiá, investigacións posteriores demostraron que se trata dun sartego romano reutilizado logo en época altomedieval.
Lápida funeraria de Queiruga: Adicada a Rufinus Seiliensis polos seus pais Rufus e Sabinula; feita en mármore, está datada no século II d. C. Foi localizada no ano 1750 na praia de Seira e actuou como base do altar ata o ano 1822 en que, por non estar consagrada, foi mandada retirar polo bispo. Na actualidade atópase nun lateral da igrexa parroquial. Lese: "C(aius) ATTINVS ATTIANVS/RUFINVS SEILIENSIS/ANN(orum) XXII H(ic) S(itus) E(st) ATTIVS/RUFVS ET SA/BINVLA MATER FECE(runt)".
Villae de Portosín (Goián): Referencia a uns mosaicos dos que nada se sabe.
RIANXO
Estela de As Miráns (Araño): Atópase no Museo de Pontevedra. Localizada no ano 1907. Rectangular, coa parte superior arredondada. Presenta un home, vestido con túnica curta, co brazo esquerdo levantado e un obxecto irrecoñecible na man dereita, á altura do cinto. Debaixo figura unha inscrición: "DIVS MS/POSINEIV/FILIA SV/CONIVG/DOIRAV/ANNOR/VXXSTTLE/PIVS IN".
Pedra de Rufino ou estela de Taragoña: Estela atopada pola familia Fungairiño no ano 2007 na adega dunha súa casa en Taragoña. Foi dada a coñecer polos arqueólogos Xurxo Ayán e Pedro López Barja. Despois de mercarlla, hoxe en día atópase no Centro Arqueolóxico do Barbanza. Lese: "D(is) M(anibus) POS(uit)/VRSVS/INGENV/O SVO RV/FINO PIN[ta?]NI (filio?), "Aos deuses Manes. Púxoo Urso para o seu (amigo?) Rufino (fillo?) de Pin (ta?)no, de nacemento libre".
RIBEIRA
Aras de Bretal (Olveira): Datadas nos séculos II-III d. C. Dunha, desaparecida, consérvase un debuxo realizado a mediados do século XVIII por Frei Martiño Sarmiento; no texto, o marido consagra aos deuses Manes a súa defunta esposa, falecida aos 34 anos de idade; datada entre os séculos II e III d. C.: D(is) MA(nibus) T(iberius) POS(tumius) MATERNVS RUSTI(e) FLAVIE VXSORI PIENTISSIME ANNOR(um) XXXIV D(ic) RO(go) Q(ui) TRA(nsis) SIT T(ibi) T(erra) LVIS". Un fragmento da outra ara aos Deuses Manes atópase no Museo da Catedral de Santiago.
Epígrafes de Oleiros:
Localizados no muro do adro da igrexa parroquial. Debido ao seu estado
de conservación só se pode constatar que se trata dunhas inscricións
romanas funerarias ou votivas.
Estela funeraria de Olveira: Aos deuses Manes. Lese: "D(is) M(anibus) TIT/VL(um) ARE/M POS(uit) AVT".
Factoría de Salgadura (Illa de Sálvora): No mes de maio de 2022 deuse a coñecer un importante xacemento romano localizado polo Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo. Foi no areal dos Bois onde saíu á luz unha factoría de salgadura de peixe e un vertedoiro con centos de fragmentos cerámicos, ósos de animais, cunchas, un coitelo de ferro e unha fíbula de bronce.
Castro romanizado de A Cidá.
Miliario (Palmeira): Na Horta do Cura.
ROIS
Aras de Erbogo: Na igrexa parroquial, foron reaproveitadas nos muros. Unha, encastrada no muro norte do templo, está adicada ao deus Erbieco, quizais proveniente do castro do Socastro, situado nas inmediacións; a primeira liña correspondente ás letras do teónimo é ilexible, quedan só as catro últimas letras do mesmo e o apelativo na súa totalidade: "ERBO/ ERBIE/CO L(...) S(...) E(...) EX VOT/O P(osuit) L(ibens) A(nimo)". A outra foi partida, só se le en parte. Outra lese: "IOVI/O(ptimo) M(aximo)".
Inscrición a Xúpiter: Procedente de Erbogo (Rois), conservábase nunha casa particular en Fisterra. Desaparecida. Líase: "IOVI/O(ptimo) M(aximo)".
Castro romanizado de Francos (Ribasar): Apareceron moedas entre as que salientan unha de Tyche de Antioquía (Turquía) datada no ano 312 a. C. e de Maximiano e Constantino I.
Miliario (Os Dices-Rois).
Moedas: Segundo Cavada Nieto, no concello apareceron unha ducia de moedas e un medallón (dupondio de Crispina do ano 180, dous bronces de Maximiano do III-IV, bronce de Constantito I do 330-331).
SADA
Ara (Meirás): Adicada a Cosus Udaviniago atopada no adro da igrexa de San Martiño; servía como base do altar, aínda que a súa procedencia orixinal puido ser o castro de Meirás, que Pereira ve improbable a pesares de que preto da igrexa apareceron restos de tégulas e ladrillos romanos. Lese: "COSO V/DAVINI/AGO/Q(quintus) V(...) C(...)/EX VOTO". Custodiada no Museo do Castelo de San Antón da Coruña.
Moedas: En Meirás, moeda de Tiberio e un as de Augusto.
Relevo togado de Soñeiro (Soñeiro): Peza de granito embutida na tapia do cemiterio parroquial de Soñeiro, á dereita da entrada principal. A peza é de forma rectangular cunha dimensión de 45 por 24 centímetros, se ben se desoñece si a pedra que serve de soporte ao relevo presenta superficie oculta baixo este. A representación consiste nunha estrutura arquitectónica escasamente definida, formada por dúas columnas que portan un arco. Baixo esta estrutura unha figura masculina, vestida con toga con numerosos pregues, cabeza de gran tamaño, escasamente naturalista. Nunha man sostén unha espada e o outro brazo, flexonado sobre o corpo, recolle os pregues da toga. Segundo Naveiro López trátase dunha efixie dun monumento funerario dos séculos I-II d. C. Aínda que se atopa reutilizdo, probablemente procede dun sitio de cronoloxía romana. O relevo está protexido por unha pequena varanda de ferro cunha cruz no cumio polo que é probable que a figura fora confundida coa imaxe dun santo; adoitan poñerlle flores frescas. Nesta zona tamén se ubicaba a igrexa de San Xián de Soñeiro ata o século XIX.
Xacemento de Punta Armenteiro (Carnoedo): Coa realización dunhas obras no cemiterio parroquial foron localizados materiais romanos: opus signimum, tégula, cerámica romana e muíños circulares de man.
SANTA COMBA
Estela de Santa Comba
(Santa Comba): "M(onumentum)/APPIVS G/EMELLVS/ANNO(rum) LX/H(ic) S(itus) EST FAC(iendum)/CVRAVIT S(---) FE/STA M(arito) SVO/ET F(illi)
AP(pius) FLACC/VS AP(pius) GEME(lus)". Custodiada no Museo de
Pontevedra.
Estela de Santa Comba (Santa Comba): Na
Casa da Cultura. Na estela, adicada aos deuses Manes, lese: "D(is)
M(anibus) S(acrum)/SATVRN/INA AN(n)ORVM/XXXVI". No Museo do
Castelo de San Antón da Coruña.
Estela funeraria de Busto
(Santa Sabiña): Adicada aos deuses Manes: "D(is) M(anibus)
S(acrum)/MARCIVS FAVS(tus?)/AN(norum) LXVII ET/CANT(ia)
KARIA/AN(norum) LV ANT(onius)/MODESTVS/PARENTIBVS/PIENTISSIMVS",
"(Marcio Fausto falecido aos 67 anos e a Cantia Cara falecida aos 55
anos, por Antonio Modesto"). Foi reutilizada como material de
construción. Na Casa da Cultura.
Estela de Vilamaior: Na actualidade nunha casa particular de Augapesada (Ames). Adicada aos deuses Manes. Lese: "D(is) M(anibus) S(acrum)/M(---) FIRM/ILL(a)E AN(norum)/LX P(osuit) M(---) CRETICVS".
Estela (Cícere): No 1909 figurou na Exposición Arqueolóxica de Santiago. Atópase no Museo da Catedral. Lese: "CAELEO CADRO/IOLONIS F (ilius) CILEN/VS (C invertido de castello) BERISAMO/AN (norum) LX ET CAESA/RVS CAELONIS/F(ilius) AN(norum) XV/H(ic) S(iti) S(unt)".
Estela funeraria (Boimente-Xallas de Castriz): Consagrada aos deuses Manes por Saturnina: "D(is) M(anibus) S(acrum)/SATVRN/INA AN/NORVM/XXXVI"
Estela de Mallou (Cícere):
Atopada no ano 2005. Di: "Q(uintus) IVLIVS/AQVINV(s)/MIL(es) L(egionis)
X [G(eminae)]/AN(norum) XXX/ET TI(beria) CL/[AV]DIA VR/BANA/AN(norum)
XXXV/H(ic) S(iti) S(unt)/T(itus) IVLIVS FL/ORVS VETE/RANVS/E[T]/PAT[ER? ---]/---",
("Quintus Iulius Aquinus, soldado da Legio X (Gemina), de XXX anos, e
Tiberia Claudia Urbana, de XXXV anos, aquí están enterrados. Titus
Iulius Veterano e pai..."). En memoria dun soldado romano que serviu na Legio X Gemina no século I d. C. e da súa compañeira. Atópase no Museo da Catedral de Santiago.
Epitafio de Cícere:
Epígrafe no que o avó ten nome indíxena, o fillo indíxena pero
latinizado, e o neto latino. "Q(uintus) IULIVS/AQUINV(s)/MIL(es)
L(egionis) X (geminae)/AN(norum) XX(...)/ET TI(beria) CL(au)/DIA VR/BANA
(...)".
Miliario a Galerio:
Atopado no ano 1984, formando parte do muro do peche do adro da
desaparecida igrexa parroquial de Santa Comba. Hoxe en día atópase no
xardín da Casa da Cultura. Do século III d. C. Traducido, lese: "Dedicado
ao emperador césar, Galerio Valerio Maximiano, pío, feliz, augusto, por
Licinius Quadratus".
Miliario de San Salvador (Padreiro): Nun lateral da igrexa parroquial. Anepígrafe.
Miliario: No xardín da Casa da Cultura de Santa Comba. Atopado no ano 1984 na parede do adro da igrexa parroquial. Dedicado ao emperador Galerio e datado entre os anos 305 e 311. É un miliario de propaganda e non sinala as millas da vía. Lese: "IMP(eratori) C(aesari)/G(alerio) VAL(erio)/MAXI/MIA/NO/P(io) F(elici) A/VG(usto)", "Dedicado ao emperador César, Galerio Valerio Maximiano, pío, feliz, Augusto".
Necrópole de Boimente (Xallas de Castriz): Pezas no Museo do Castelo de San Antón da Coruña, entre outras unha estela funeraria adicada aos deuses Manes.
Explotación mineira de Varilongo (Santa Sabiña).
Tegula e cerámica no Alto do Muíño (Bazar).
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Ara a Mitra?: Citada por Pereira Menaut (CIRG I) e Bouza Brey e A. D´Ors (IRG I). "Deo/Invicto/ Soli M[ithrae (?)...". "Ao deus Sol Invicto M(itra?)". Atopada en circunstancias descoñecidas, crese que nos arredores de Santiago ou na mesma cidade, identificada coa mansión Asseconia do Itinerario de Antonino, e no Anónimo de Rávena como Assegonion. No 1902 atopábase xa en Santiago, no desaparecido Museo de la Sociedad de Amigos del País. Figurou na Exposición Arqueolóxica de 1909. Le Roux e Tranoy desenvolven M(ithrae) ao ler un M ao final da terceira liña, que Bouza Brey e D´Ors non viron, pero que Pereira ve con certos reparos, ao que habería que engadir que sería o único caso de asociación do Sol e Mitra en Hispania, se ben se trata dunha observación errrada tras do achádego do mitreo de Lugo.
Ara do mosteiro de San Paio de Antealtares: Funeraria. A inscrición foi mandada borrar no 1601 polo bispo de Santiago xa que non a consideraba axeitada, gravándolle unha dedicatoria cristiá. Líase: "DMS ATI AM DETAT TETLVM PSA VIRI AEMO NEP TISPIANO XVI ETS FC". No Museo de San Paio.
Inscrición perdida: "D M S/NVMERIVS VITALIONIS/NVMERIAE VITALIAE VS/BM F B S ES/L T L".
Inscrición perdida: "PROCVLA/CAMALI/F CROVIA/AN XXX/H S E SE/CVNDIVS ET D".
Inscrición de procedencia descoñecida: "... SOE . ME / OBRIGO / F PARVI". Quizais dedicada ao deus Coso. No Museo da catedral.
Inscrición adicada a Xúpiter:
Na catedral. Atopada sobre un dos piares do cruceiro sur cando as
escavacións arqueolóxicas dirixidas por Chamoso Lamas na década dos
cincoenta do pasado século XX. Lese: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)/FLACCI/NIVS M(...) i/E(x) V(oto)".
Inscrición funeraria perdida: A finais do século XVI atopábase preto da catedral. Lectura: "D(is) M(anibus)/ACILIA MODESTA M(odesti)/F(ilia)/MODESTO PATRI PIEN (tissimo)/H(ic) S(itus) E(est) S(it) T(ibi) T(erra) L(evis)".
Inscrición de procedencia descoñecida: No Museo da Catedral. "SOE ME /OBRIGO / F PARVI".
Catedral: Conta cun importante xacemento no subsolo e nas súas inmediacións. Atopáronse restos dun asentamento romano correspondente a unha mansión viaria, pode que Asseconia, da vía XIX, que é abandonada e reocupada despois ata o século VII por unha necrópole, destruída en parte pola medieval. Nas escavacións de 1878 e 1879, que López Ferreiro deixa documentadas (traballos nos que tamén participou Labín Cabello), apareceron varios ladrillos en forma de cuña que formarían parte dun hipocausto, anacos de pasta vítrea azulada, un anaco de estuco e outros materiais. Non se realizaron novas escavacións ata o ano 1946 en que Chamoso Lamas exhuma a totalidade do subsolo da catedral coa aparición de estruturas e materiais (tamén se efectuaron traballos nos arredores, entre outros na Praza da Quintana). Dende os anos oitenta, os traballos continuaron ata hoxe en día que están a achegar importantísimos datos sobre a orixe de Compostela.
Mansión: Assegonia no Itinerario de Antonino, Assegoniom no Anómimo de Rávena e Aseconia na II Tábula de Astorga. Hai autores que a sitúan en Compostela, mentres outros a levan para Boqueixón ou Noia.
Moedas: Varias moedas romanas, entre elas unha imperial e outra de Constancio II, pequenos bronces de Constantino e Constante.
Explotación mineira do Monte Pedroso.
SOBRADO DOS MONXES
Estatuíña en bronce de Minerva en Insua (A Ciadella): Atopada en 1930 por uns labregos cando estaban a cavar a terra.
Estela de Severianus:
Lectura: "D(is) M(anibus) S(acrum)/IULIO SEVE/RIANO ANNO(rum)/XLVII MEMO/RIAM
POSVIT/CONIVGI/KARISSIMO/PLACIDIA(?) LUPA(?)/DEFVNCCTOR(?) IN(?)/(...)".
Inscrición: "FORTV/N(a)E VAL(erius)/LUPVS/OPT(io)/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)".
Ara ofrecida por un signífero: Na Cidadela apareceu unha ara ofrecida por un signífero (soldado portaestandarte) da segunda metade do século II d. C. Lese: "[...] RI [...]/RO SIG(nifero)/C (ohortis) I C(eltiberorum)/L(ibens) A(nimo)... ri... ro [?]". Trátase dun signífero da I Cohorte dos Celtíberos, de libre vontade, que cumpriu o seu voto.
Inscrición: Atopada en Cidadela, descoñecéndose as circunstancia do achado. Lese "MARITO".
Placa aos Deuses Manes: Atopada preto do campamento romano antes de 1909. Foi levada para Santiago cando a Exposición Arqueolóxica celebrada nese ano. No Museo da Catedral de Santiago.
Campamento de Cidadela: Na Parroquia de A Ciadella. Aquí estivo acantonada a Cohors I Celtiberorum formada por unha unidade de infantería de 480 soldados que permaneceu no lugar dende o século II d. C. ata o século IV d. C. Esta unidade militar pertencía á Legio VII Gemina. O recinto do campamento, rectangular con esquinas arredondadas, ten unhas dimensións de 172 por 140 metros, circundado por unha muralla, foxo e torreón de vixiancia. Apegado á muralla atopouse un altar á deusa Fortuna adicado por un oficial de nome Valerius Lupus. Estela funeraria de Iulius Severianus, de case dous metros de altura, que pola representación que aparece na parte superior (un cabalo e un acio de uvas) identificouse cun comerciante de viños. Tamén se atoparon, entre outro material, regatóns (parte inferior da lanza), un pilum (arma arreboladiza), restos de armaduras e coirazas, taboleiros de xogos, moedas, lucernas, vidros (posible fábrica polas escouras e rebarbas vítreas que se atoparon), moedas (algunhas de ouro), así como unha estela con cabeza humana, na actualidade en poder dun veciño de Ciadella. Tamén saíu á luz un anel de prata coas iniciais dun personaxe que portaría os tria nomina e un colgante fálico. Necrópole de incineración con tumbas en cista con urna cineraria. Ao seu carón pasaba a Vía XX. Durante as escavacións da via principalis (a rúa máis importante do campamento) realizadas no ano 2021, saíu á luz unha estela adicada por un pai á súa filla, falecida aos nove anos, un mes e nove días.
"Miliario" de Pereiro de Arriba (Cumbraos): As comiñas non son casuais. Ata o de 19 de maio de 2011 tiñamos catalogado como un miliario un monolito sobre o que pousa un cruceiro de granito. Mais, por información achegada por Antón Malde, o miliario non é tal, tan só unha peza poligonal que amarra o fuste do cruceiro ao pódio, técnica típica da zona. O camiño ao que está asociado vai á capela da Virxe da Vitoria.
Tesouriño de Gondrei (A Porta): Atopado nunha finca particular. Está composto por 650 numismas de bronce que foran depositados nunha ola de barro. Datados no século IV d. C. Tamén saíu á luz unha moeda do emperador Honorio.
Anacos cerámicos con retallos de inscricións na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago.
TEO
Mansión: Glandimiro no Itinerario de Antonino e Glandimirum no Anónimo de Rávena, cuxas coordenadas ptolemaicas, Monteagudo sitúa preto do río Ulla, no concello de Teo. Tradicionalmente sitúanna en Brandomil (Zas).
Restos de calzada que ía dende Luou a Bastavales, en Brión.
Moeda: Mediano bronce de Graciano.
O Marco da Potra (Lamas-Baamonde): Grazas ao investigador Guillermo Raviña, a xente do Colectivo A Rula descubriron a existencia dun antigo marco situado na aldea de Lamas, na parroquia de Baamonde. Contan que levaban as vacas e as bestas ata o marco e rozaban os seus ubres e ventres nel pois crían que ese ritual aumentaba as posibilidades de xestación e cría do gando, e mesmo aumentaba a produción de leite. Tamén está asociado a antigos rituais para sacar o "mal de ollo" e o "aire" aos meniños. A pesares disto, o marco permaneceu oculto baixo unha silveira durante moitos anos. O marco xa aparece referido nos planos catastrais de 1940 como lindeiro entre os concellos de Teo e Vedra. Trala visita da Rula, puideron comprobar que coincide coa descrición e localización recollidas no expediente de deslinde. Na súa superficie ten gravadas as letras "T" e "V" (Teo e Vedra) que probablemente foron feitas polo Servizo Topográfico. É posible que este, xunto con outros marcos, foran reutilizados. O da Potra está tamén ao pé do antigo Camiño Real, chamado tamén Camiño Francés que, segundo algúns investigadores, seguía o trazado da Vía Romana XIX do Itinerario de Antonino. Non moi lonxe atopouse no ano 1867 o miliario da Gándara, na parroquia de San Fins de Sales, actualmente no Museo da Catedral de Santiago, así como as moedas (tesouriños) de Trobe e Sarandón. Polo tanto, cabe a posibilidade de que o marco puidera ser algún miliario anepígrafe. (Información abreviada recollida da páxina do Colectivo A Rula).
TOQUES
Villae do Agro da Nogueira (Piñeiro-Mangoeiro): Granxa ou quinta con planta cun patio aberto delimitado por un corredor que daría acceso ás distintas dependencias. Datada entre os séculos III-IV d. C. A escavación estivo integrada por Acuña Castroviejo e Meijide Cameselle en colaboración co Instituto de Arqueoloxía da Universidade de Lodz (Polonia).
Ara a Mercurio do Agro da Nogueira:
Atopada no ano 1992 na vila romana. Foi estudada por Fernando Acuña
Castroviejo e Purificación Rodríguez García que a publicaron no Boletín
12 do Centro de Estudos Melidenses-Museo da Terra de Melide. Lectura: "MERCVRI(o)
S(acrum) A(nte) D(is) O(mnibus)/V(otum) A(ram) P(ecunia) P(osuit?
V/ICTORI(nus) CO(...) S(uo) F(ecit)". No Mueso da Terra de Melide.
Xacemento de Irago (Vilamor): Apareceron anacos de tégulas, ímbrices e outros restos cerámicos.
TORDOIA
Aras de Gorgullos: Trátase de dúas aras que sosteñen a pedra do altar de Santaia de Gorgullos. Adicadas posiblemente aos Lares Viais.
Hai quen sitúa en Tordoia a mansión Turodobriga, se ben non falta quen a leve para Troña.
TOURO Campamento romano do Castrillón: Localizado no ano 2019 por investigadores do grupo Roman Army. Estacional de pequeno tamaño. No
mes de abril de 2023, a Deputación da Coruña e a Universidade de
Salamanca asinaron un acordo para poñer en marcha o proxecto “A
chegada de Roma ao Finis Terrae” para
promover o estudo arqueolóxico dos campamentos romanos do Cornado
(Negreira), Santa Baia (A Laracha), A Cova do Mexadoiro (Trazo) e O
Castrillón (Touro), campamentos temporais que o exército romano
construía no transcurso das súas marchas, ben por motivos
defensivos, ben por cuestións de disciplina interna. A idea é levar
a cabo un estudo arqueolóxico por medio de técnicas de
teledetección non destrutivas.
TRAZO
Ara (Vilouchada): "]/SEVERI/NVS C(---)D(is) M(anibus) S(acrum)/AN(n)O(rum)/LXXXXV".
Ara (Vilouchada): "D(is) M(anibus) S(acrum)/[".
Campamento A Cova do Mexadoiro: De pequenas dimensións. No
mes de abril de 2023, a Deputación da Coruña e a Universidade de
Salamanca asinaron un acordo para poñer en marcha o proxecto “A
chegada de Roma ao Finis Terrae” para
promover o estudo arqueolóxico dos campamentos romanos do Cornado
(Negreira), Santa Baia (A Laracha), A Cova do Mexadoiro (Trazo) e O
Castrillón (Touro), campamentos temporais que o exército romano
construía no transcurso das súas marchas, ben por motivos
defensivos, ben por cuestións de disciplina interna. A idea é levar
a cabo un estudo arqueolóxico por medio de técnicas de
teledetección non destrutivas.
Estela desaparecida: Atopada no 1947 nun labradío chamado da Eirexiña, entre Parapar e Penala: "---/SEVERI-/NVS C(---)".
Castro de Francada: No ano 1883, nunha galería romana próxima ao castro, apareceron 25 picas de bronce e algunhas armas.
Sepulcros (Tras do Igrexario-A Irexe-Restande): Apareceron no ano 1979. Realizados con grandes tégulas colocadas en forma de tellado a dúas augas con ímbrices nas xuntas. Segundo a prensa da época estaban orientados de leste a oeste. Unha das tumbas foi destruída polos propietarios e outra pola "escavación" dirixida polos señores Ares Espada e Sanmartín.
VAL DO DUBRA
Miliario moderno en Portomouro: Gravaron unha inscrición que di "Ad Duos Pontes, mansio viaria da vía XX per loca maritima", e a continuación enuméranse as diferentes mansións da vía coa distancia en millas.
Castro de Ferrerías: Presenta un único nivel de ocupación, cara o cambio de era, con grandes defensas e amplas terrazas que baixan ao mar. Achouse material de época romana.
Xacemento de Atios (Valdoviño): Coñecido dende principios do século XX (Saralegui, Maciñeira...), arredor da ermida de San Mamede. Apareceron ladrillos, tégulas, fragmentos cerámicos e moedas dos s. I-III d. C.
VEDRA
Calzada (A Gándara-Sales).
A Igrexiña
(Ribadulla): Nas proximidades do castro do Socastro apareceron
materiais cerámicos de época tardorromana asociados a unha necrópole. Os
materiais están de positados na Facultade de Xeografía e Historia de
Santiago de Compostela e no Museo Arqueolóxico da Coruña.
Maceiroso (Merín): Fragmentos cerámicos.
Miliario de San Fins de Sales: Ano 40 d. C. Adicado a Calígula. Atopado na Gándara no ano 1867, entre os concellos de Vedra e Boqueixón. Na actualidade atópase no Museo da Catedral de Santiago (Ver Boqueixón).
Pedra do Anelo (Sales).
Tesouriño de Sarandón (Sarandón): Segundo Bouza Brey, o achado dunhas 2.000 moedas atopadas nun recipiente de barro, descúbrense ao derrubar un muro. Ás súas mans chegaron unhas 600, todas de bronce e mal conservadas dos séculos III e IV. Cavada Nieto describe 58 pezas.
VILARMAIOR
Estela funeraria de Grandal: Atopada no ano 1938. Aos Deuses Manes: "D(iis) M(anibus) S(acrum)/APRO/ANN/ORUM". Apareceu no ano 1938, nunha finca do médico Constantino Amado quen a doou ao Museo de Belas Artes da Coruña. Citada por Ángel del Castillo no 1942. Custodiada no Museo do Castelo de San Antón.
VILASANTAR
Ara votiva de San Vicente de Présaras: Descuberta a finais do século XIX. Descoñécese a procedencia exacta. Ás Ninfas, adicada por Reburrio Tertio: "REBVR/RIVS TER/TIVS NY/MFIS EX/VOTO".
Medorra de Fanegas: Túmulo megalítico reutilizado polos romanos como posto de vixiancia do campamento de Cidadela (Sobrado dos Monxes). As escavacións realizáronse no ano 1983, permitindo documentar unha construción rectangular feita nun momento contemporáneo ao campamento, atopándose diverso material. Tamén se localizou a cámara megalítica do prehistórico enterramento.
Necrópole romana da Areosa (Vilariño): Situada nunha ladeira, a media altura, sobre o río Pequeno. A zona está moi alterada pola utilización de maquinaria pesada. Apareceu unha urna formada por catro tégulas, con recipiente cinerario no seu interior. No entorno atopouse cerámica común, metal, vidro, tégula, sigillata, etc. depositados no Museo do Castelo de San Antón da Coruña.
Vila romana de Fanegas (Vilariño).
VIMIANZO
Necrópole de Tines: Épocas romano-suevo-visigoda no adro da igrexa parroquial, foi escavada por Chamoso Lamas no ano 1951. Descuberta casualmente cando a construción duns panteóns e o traslado da chamada Ermida Vella á igrexa parroquial. Atopáronse enterramentos de tégulas datados entre os séculos I e VIII d. C., moedas de época imperial, aneis, fibelas, alfinetes, contas de colar, vidros e restos de columnas. Tamén se atopou unha estela, datada arredor do ano 400 d. C. en memoria de Victorinus, sobre a que posteriormente se gravou a inscrición "in pace" sobre o corpo dunha figura humana toscamente cicelada, considerada por algúns investigadores como a primeira mostra epigráfica cristiana de Galicia (é unha das poucas onde non se manifestan trazos ou simboloxía pagá). Custodiada no Museo do Castelo de San Antón da Coruña. Segundo Chamoso, ademais da necrópole, o lugar acollía unha vila romana con catro estruturas habitacionais, pórtico e hipocausto.
Estela de Tines: Esta estela antropomorfa considérase como unha das primeiras evidencias cristiáns de Galicia. Apareceu nunha necrópole de sepulcros abertos en grandes bloques graníticos e cubertos con laudes de estola e outras máis sinxelas, sepulcros feitos con lousas pequenas e mesmo tégulas. Monteagudo opina que se trata dunha peza da segunda metade do século IV d. C., como di Díaz y Díaz, que pola súa fórmula "IN PACE" a vincula cos movementos cristiáns da Gallaecia, dotados naquel momento dunha organización algo diferente da que se apreza noutros territorios. A inscrición "VICTORI/NUS/IN PACE/ANNORV/M CXX", ("Victorino, de 120 anos, en paz") contén datos básicos dunha inscrición funeraria, é dicir, o nome, a idade e a fórmula ritual que no presente caso afástase das tradicionais no mundo romano. O día 5 de novembro de 2014, a edición de Lemos de La Voz de Galicia informou do achado dunha peza que amosa o rostro tosco dunha figura humana moi semellante á estela de Tines (Ver Chantada).
ZAS
Ara a Cosus (Brandomil): Na segunda liña aparece un "M" que algúns autores interpretaron como Marti e outros como o praenomen abreviado dun dedicante de nome Marcus. Lese: "COSO M/VEGETIA/NVS FVS/CVS V(otum) S(olvit)".
Ara (Brandomil): Reutilizada como pé dunha pía de auga bendita no adro da igrexa de Brandomil.
Ara a Coso Maelobrigo (Brandomil): Servía como asento co texto cara abaixo, perdendo o zócolo pero, ademais, debeu ser serrada por detrás para alixeirar o peso e adaptala a un uso posterior. A peza tamén partiu pola parte interior, perdéndose parte do nome do dedicante coas fórmulas finais. Lese: COSO MAEL/OBRIG/O VAL(eri) TE/[------]. O interese desta epígrafe radica na dedicación a Cosus Maelobrigus, unha divindade descoñecida na Península cun epíteto que, nesta forma, documéntase por primeira vez. Seguramente o epíteto Maelobrigus se vinculase a un castellum de nome Maelobriga, descoñecido en todo o ámbito peninsular. Pesie a todo, a voz Maelobrigus evoca un nome persoal indíxena Maelo, coñecido en 32 inscricións de Hispania. (Información achegada por Juan Manuel Abascal Palazón).
Ara a Fortuna (Brandomil): Lese: "FORTVN/AE M(arcus) S(...)/AGATON/EX V(oto)", ("Marco S... Agatón a Fortuna por un voto").
Ara aos Lares Viales
(Brandomil): Atopada no ano 1885, foi reutilizada como material de
construción na casa reitoral. Custodiada no Museo da Catedral de
Santiago. Lese: "LARIBVS/VIALIBVS/DENTON/IVS VERE/CVNDVS/V(otum)
S(olvit) L(ibens) A(nimo)", "Dentonio Vercundo cumpriu o seu voto aos
Lares Viais de boa vontade".
Estela de Brandomil:
Presenta unha lúa en cuarto crecente, unha inscrición e un home espido,
de cabeza redonda e corpo desproporcionado sobre o que destacan o
embigo e os órganos xenitais.
Prancha votiva (Brandomil): Adicada aos deuses Manes que di: "D(is) M(anibus)
S(acrum)/DOMIT(i)A(e)/PVS(i)NCA(e)(AN(norum) XXX/VAL(erius) DADVC/HVS VX(ori) ME(ritissimae)", "Consagrado aos deuses Manes, Valerius Daduchus
(ponlle esta lápida) á súa esposa Domitia Pusinca que morreu aos 30
anos". No Museo do Pobo Galego.
Inscrición funeraria: No 1939 estaba reutilizada na casa reitoral de Brandomil que ao ser destruída trasladouse para a igrexa, perdéndose despois: "D(is) M(anibus) S(acrum)/FABRICIVS/SATURNINVS/AN(norum) XV H(ic) S(itus) ES(t)".
Capitel (Brandomil): Reutilizado nunha esquina do muro do adro da igrexa de Brandomil.
Calzada xunto a ponte de Brandomil.
Explotación aurífera ao aire libre de Pozo Limideiro (Brandomil): Nun oficio do ano 1883 solícitase un informe sobre as escavacións nas antigas minas de Limideiro, preto do domen de Meanos, e os obxectos atopados. O informe foi realizado polo anticuario Aureliano Fernández Guerra.
Necrópole con sepulturas construídas con tégulas (Baio).
Xacemento de Brandomil:
As primeiras referencias datan do século XIX. No 1943 foi descuberta
unha vila con mosaicos. Segundo as escavacións levadas a cabo durante o
ano 2008, acolle un dos grandes asentamentos romanos de Galicia. Segundo
os arqueólogos, era un poboado dunhas 25 hectáreas cunha arquitectura
construtiva moi importante, doméstica (pavimentos, portas, columnas) e
pública (columnata monumental, balneario, un templete relixioso, pracas
ou un frontón dun mausoleo). Nos anos 2007 e 2008, Juan Naveiro realizou
unhas escavacións que sacaron á luz moedas, cerámicas africanas de
distintas épocas, xoias, vidros, aras, pracas... Estaría habitado entre
os séculos I e IV despois de Cristo. Hai quen o identifica coa mansión
Ad Duos Pontes.
Vía (Brandomil): As catas levadas a cabo en xullo de 2019, baixo a dirección do arqueólogo Lino Gorgoso, de Adro, confirman a existencia dunha vía empedrada de gran tamaño que alcanza, nalgúns puntos, os cinco metros de ancho. O camiño, realizado con lousas incrustadas a modo de chapacuña e con superficie arqueada no centro, mesmo ten verteaugas nos laterais. A localización de tégulas romanas sobre as lousas parece indicar que o camiño é moi antigo, aínda que os resultados cronolóxicos aínda non son concluíntes. Malia o anterior, a tipoloxía e o aspecto da vía é, para os arqueólogos, compatible cunha vía romana ou, polo menos, moi antiga.
Mansión Glandimiro: Ubicada tradicionalmente en Brandomil. Monteagudo sitúaa preto do río Ulla, no concello de Teo.
Miliario (Brandomil): Localizado cando as reformas dunha casa en Brandomil, onde se atopa na actualidade. Anepígrafe.
Miliario (Brandomil):
Descuberto cando a reconstrución da ponte de Brandomil tras a súa
destrución parcial durante unha enchenta acontecida nos anos noventa do
pasado século XX. Na actualidade atópase na parte superior da ponte.
Vila da Pedra do Altar (Brandomil): Documentada no mes de agosto de 2022 despois da prospección con xeorradar levada a cabo pola empresa SOT Pospección Arqueológica. A finca da Pedra do Altar é propiedade da Fundación Brandomil. Lino Gorgoso, director do proxecto, di que os veciños xa sabían da súa importancia. Polo de agora apareceu unha estrutura habitable, ademais de restos cerámicos da segunda metade do século I d. C.
Villae de Agra da Cruz (Gándara), s. III d. C., con restos cerámicos e un anel de pasta vítrea.
Moeda: Denario de Tiberio.
Xabier Moure
Romanización de Galiza/Galicia (Provincia da Coruña)
o noso patrimonio