MÁMOAS DE GALICIA (PROVINCIA DE LUGO)

A pesares dos avances das últimas décadas, sobre o fenómeno Megalítico (longo período onde perviviron diversas culturas) aínda contamos cunha imaxe incompleta xa que case a totalidade dos túmulos conservados foron violados ou alterados dende antigo, como é a súa reutilización dende época romana como posto de vixiancia (Medorra de Fanegas, Vilasantar) ou, no 1609, pola real cédula outorgada a Vázquez de Orxas para escavar, a cambio dunha parte, as mámoas na procura de supostos tesouros. Logo a desfeita continuou, e continúa.

Cómpre salientar que da etapa megalítica o que mellor se coñece é o referente ao mundo funerario e espiritual, mais pouco sobre o seu hábitat (que non estaría lonxe dos túmulos) o que impide coñecer os seus costumes. Semella que os megaliteiros concedían máis importancia á morte, ao Máis Alá, que á vida. Do que non cabe dúbida é que a construción destes enterramentos vai a significar a primeira humanización da paixaxe de Galiza, asistindo a unhas transformacións non vistas ata entón co desenvolvemento da agricultura e a gandería, a sedentarización, o aumento da poboación e a especialización, adaptando o Medio ao Home (no Paleolítico era o home o que se adaptaba ao seu entorno).

A profusión destes enterramentos ao longo do territorio fixo que reciban distintos nomes. Nós temos documentados preto de douscentos.

Na recompilación, ademais dos enterramentos, inclúense os posibles asentamentos neolíticos e materiais adscritos a este período. Aínda que polo de agora non se documentaron poboados, si hai constancia de asentamentos carentes de estruturas construtivas, situados ao aire libre, en abrigos ou covas.
 
Durante o Mesolítico, a chegada dun clima quente permite o asentamento da poboación preto do mar para aproveitar os seus recursos. As ferramentas volven ser pesadas, semellantes ás do Paleolítico Inicial.

Aclaración: Tamén inclúo as cistas adscritas cronoloxicamente á Idade do Bronce.

MÁMOAS E ANTAS DA PROVINCIA DE LUGO

ABADÍN
Roza da Lamela (Liñares-Aldixe); A Carba (Vilatán-Baroncelle); Monte dos Gaiteiros (Baroncelle); Candia (A Penamoura-Candia); San Pedro (Candia); Pena Abaladoira e Petitone (Fanoi); A Portela (Membribe-Fanoi); Monte de Neda (A Bouza-Fraiás); Monte Abeleira (Goás); Pena da Cruz (Labrada); Chao da Fonce (Carballal-Labrada); Pena Redonda (As Lagoas-Labrada); O Foxo (Monte do Fiouco-Montouto); Veiga do Real (A Laxe-Montouto); Aira Vella e Mariñas do Real (A Vacariza-Montouto); Romariz (Romariz). 
Mámoas do Monte Abeleira: Inéditas, localiceinas no mes de marzo de 2020. A 467 metros de altitude. Necrópole con catro túmulos, cunha medidas de 29, 18, 15 e 14 metros de diámetro. Afectadas por unha plantación forestal. 
Mámoas de Aldixe: A primeiros do mes de xuño de 2016, Adega e Mariña Patrimonio denunciaron agresións a tres mámoas por unha plantación de eucaliptos acontecida hai un par de anos. 
Mámoas de Candia: A 625 metros de altitude. Necrópole con tres túmulos.
Mámoa da Carba: Inédita, localiceina a principios do mes de febreiro de 2024. Ten unhas medidas aproximadas de 20 metros de diámetro.
Mámoa do Monte de Neda: A 775 metros de altitude, case no límite coa parroquia da Lagoa, na Pastoriza. 
Mámoa do Chao da Fonce: A 780 metros de altitude. Necrópole con tres túmulos. 
Mámoa do Foxo: A 831 metros de altitude. Túmulo de 17 metros de diámetro. 
Mámoas do Monte dos Gaiteiros: Inéditas, localiceinas no mes de marzo de 2020. A 430 metros de altitude. Necrópole con tres ro túmulos, un duns 28 metros de diámetro. 
Mámoa de Pena Redonda: No Alto da Niveira, a 875 metros de altitude. Túmulo de 17 metros de diámetro con cráter de violación.   
Mámoas da Roza da Lamela: A 420 metros de altitude. Necrópole con tres medorras. 
Mámoas da Veiga do Real: Necrópole con dous túmulos.   
Mámoas do Parque eólico de Abadín-Vilalba: Na zona de afección apareceron tres túmulos e na de incidencia dous.     
Mámoas do Parque eólico Álabe-Lomba (Abadín-Muras): Nos traballos de Estudo do Impacto Arqueolóxico documentouse un túmulo. 
Mámoas do Parque eólico Álabe-Refachón: Nos traballos de Estudo do Impacto Arqueolóxico documentouse tres túmulos. 
Mámoas Parque eólico de Montouto: Na zona de incidencia localizouse un túmulo.
 

 
ALFOZ
A Granda do Ouro: Necrópole con oito túmulos situados a 85 metros de altitude no monte da Granda. Un atópase na parroquia de Bacoi, preto do límite coa parroquia de Bacoi (O Valadouro) onde hai outra mámoa. O resto atópanse na parroquia de San Pedro de Mor, preto do centro de ensino Alfoz-O Valadouro.  Moi achandadas polos labores agrícolas e forestais.
Medorra do Coto Leboreiro: A 605 metros de altitude. Entre as parroquias das Oiras (Alfoz) e Figueiras (Mondoñedo).

ANTAS DE ULLA
Alvidrón (Alvidrón); Pedra Lide (Caira-Amoexa); Amoexa, Monte Calabrán (Castilmoure-Amoexa); Campo das Antas (Antas de Ulla); Monte Queimado (Areas); A Cambarreira (na Braña do Gurgullo); O Carballón e A Roferta (entre Areas e A Somoza); Cibreiro, Marco da Mámoa (Cibreiro); A Medorra (Facha); Picalongo ou Monte da Cima da Costa (Fonfría-Cutián); A Eirexe (A Eirexe-Facha); Tras Pena Cabaleira (O Seixo-San Fiz de Amarante); Mallouco (Ludeiro-San Martiño de Amarante); Fontela (Santa Mariña do Castro de Amarante); Chousa de Ourás (Santo Estevo do Castro de Amarante). Outras mámoas: Cotenos dos Mouros. 
Mámoas de Alvidrón: Trátase dun túmulo que foi cortado en parte. Obsérvanse restos da coiraza pétrea.
Mámoas de Amoexa: Necrópole con 15 túmulos. 
Mámoas da Cousa de Ourás: Con tres túmulos.
Mámoas de Mallouco: Necrópole con oito túmulos, dous en As Trabancas (Agolada).
Mámoas do Monte Queimado: Tres túmulos.
Mámoa de Pedra Lide: Inédita, localiceina o 4 de xaneiro de 2023. Situada nun pastizal, ten unhas medidasa aproximadas de 28 por 18 metros. 
A Cambarreira (Areas):  Trátase dunha das tres mámoas que forman a necrópole da Braña do Gurgullo. Foi alterada ao arar o terreo, perdendo parte da masa tumular ademais do anel perimetral. Dende o ano 2012, asociacións e veciños teñen presentado varias denuncias diante de Patrimonio, o Seprona, o Valedor do Pobo e o xulgado contra a construción dun cebadoiro de porcos autorizado polo Concello e Patrimonio que afecta negativamente ao conxunto arqueolóxico de mámoas e petroglifos do Campo da Uz e Brañas do Gorgullo. O Valedor do Pobo xa se pronunciou ao respeito, dando a razón aos denunciantes, mais a súa resolución non é vinculante polo que queda esperar ao contencioso-administrativo.
Campo das Antas (Antas de Ulla): Cristianizado como Campo das Santas (no lugar ergueuse unha capela). Dende os anos oitenta, sobre a primitiva necrópole construíuse o novo cemiterio parroquial.
   

 

BALEIRA
Monte da Cruz da Nena, Valín do Leite (A Braña); Alto do Restelo ou  do Monte da Cruz (Córneas); A Castañosa (Solleiros-Córneas); Madorra do Valín do Leite (Castelo-Cubilledo); Monte Cando (Estremeiro-Cubilledo); Campo da Matanza (A Esperela); Alto da Fontaneira (A Fontaneira); As Coroas e Monte do Pico (As Salgueiras-Martín); Chao do Marco, Charca da Lagoa, Monte Cando (Martín); Monte Redondín (Teilalle-Pousada). 
Alto da Fontaneira: A 940 metros de altitude. Mámoa duns 20 metros de diámetro con cráter de violación. 
Mámoas do Alto do Restelo ou do Monte da Cruz (Córneas): Necrópole con seis enterramentos situada na confluenza das estradas de Baleira, Becerreá, A Fonsagrada e Navia de Suarna. Todas as mámoas, agás unha moi achandada que se atopa nun pastizal, foron afectadas pola repoboación con piñeiros. Do cráter de violación de dúas medorras asoman restos de cámara pétrea moi estragadas. O día 22 de setembro de 2019, os do Colectivo Patrimonio dos Ancares documentaron o sexto enterramento.  O día 23 de febreiro de 2020, os do Colectivo Patrimonio dos Ancares denunciamos ante Patrimonio a destrución do túmulo número 1, o único con dolmen do concello, que foi arrasado totalmente por maquinaria pesada durante unha tala de piñeiros. 
Mámoas do Campo da Matanza (A Esperela): A necrópole está formada por sete mámoas. As súas medidas oscilan entre os quince e trinta metros de diámetro. Case todas presentan cráter de violación e en ningunha se observan restos de cámara. Tres túmulos atópanse moi achandados polos labores agrícolas e forestais; sobre un construíuse un muro, e sobre os outros dous caváronse gabias para a plantación de piñeiros. Había outra mámoa detrás do campo de fútbol que foi destruída no ano 2000. Segundo a tradición, recollida de Amor Meilán, en tempos de Afonso II, librouse unha batalla entre moros e cristianos; dise que houbo tantos mortos que o sangue chegou ata a igrexa; de aí o nome de Campo da Matanza. 
Mámoa da Castañosa: No límite co concello da Fonsagrada. 
Mámoa do Chao do Marco (Martín): Perdeu gran parte da masa tumular debido á preparación do terreo para lameiro. No límite co concello de Ribeira de Piquín. 
Mámoa da Charca da Lagoa (Martín): Apenas se conservan restos. 
Mámoa das Coroas (Martín): A 600 metros de altitude. Mámoa duns 17 metros de diámetro. Non se aprecia cráter de violación, coiraza e restos de cámara. 
Mámoa do Monte do Pico (Martín): A 625 metros de altitude. Duns 20 metros de diámetro. Presenta cono de violación. 
Mámoa do Monte Redondín (Pousada): Mámoa de 23 metros de diámetro con cráter de violación. Perdeu gran parte da masa tumula en altura. 
Mámoa de Valín do Leite (A Braña): Túmulo de 15 metros de diámetro e cráter de violación. Restos de coiraza. 
A Cova dos Mouros da Fontaneira: No mes de febreiro de 2020, a Consellería de Cultura confirmou a iniciación da apertura dos expedientes para a declaración como BIC dos catro sitios arqueolóxicos en que se acharon manifestacións de arte rupestre esquemática datadas no Neolítico Medio. Estes son a Cova dos Mouros da Fontaneira (Baleira) e os xacementos da provincia de Ourense do Penedo Gordo (Vilardevós), Casaio (Carballeda de Valdeorras) e A Cidade das Laxes das Chás/Castelo de Lobarzán nos concellos de Monterrei e Oímbra. Segundo Beatriz Comendador, os achados producíronse de forma casual, ao aire libre ou en pequenas cavidades, non en covas como é o caso das pinturas paleolíticas. Débense ás primeiras sociedades de carácter agrícola que aparecerían entre o Neolítico Antigo e a Idade dos Metais polo que se estaría a falar dun período que vai dende o 3900 a. C. ata o 2500 a. C. Trátase de pinturas moi esquemáticas, feitas con trazos lineais onde se utilizou unha soa cor e con tinta aplicada coa xema dos dedos ou con pinceis moi rudimentarios. A cor máis utilizada é a vermella que elaboraban con pigmentos de procedencia mineral mesturados con auga ou materias graxas. Di Comendador Rey que hai moi pouca información deste tipo de sociedades que tiñan un alto grado de mobilidade e que sinalaban o territorio, pero tamén que non se sabe o seu significado se ben é certo que os motivos repítense. Trátase de comunidades numerosas de certa estabilidade, as primeiras de carácter agrícola de Galicia, onde a consolidación definitiva do hábitat non se produce ata a Idade do Ferro, nun proceso moi lento, coas sociedades vivindo en poboados fortificados, os castros. Estas pinturas foron descubertas dende o ano 2017. Remata Comendador de que hai que seguir a estudalas, e garantir a súa conservación e divulgación.

 

BARALLA 
Toda a información sobre as mámoas do concello de Baralla no blog do Colectivo Patrimonio dos Ancares, na entrada https://arqueoloxiadosancares.blogspot.com/2011/01/presentacion_23.html

BARREIROS 
Reinante (Reinante); San Miguel (San Miguel de Reinante); Chao das Fachas ou Monte das Fachas (San Xusto-San Xusto de Cabarcos); Cista do Campo das Fachas (San Xusto de  Cabarcos).
Mámoas do Chao das Fachas: Necrópole con tres enterramentos. 
Monte dos Trobos: No Chivadoiro. Mámoa localizada por membros da Irmandade Santo Estevo e da asociación Mariña Patrimonio. Foi catalogada pola Dirección Xeral do Patrimonio no mes de febreiro de 2014.
Cista do Campo das Fachas: Case tno límite co concello de Lourenzá.

BECERREÁ 
Toda a información sobre as mámoas do concello de Becerreá no blog do Colectivo Patrimonio dos Ancares, na entrada https://arqueoloxiadosancares.blogspot.com/2011/01/presentacion_23.html

BEGONTE
Carabuxa (Medo-Bóveda); Monte da Gándara (O Marco-Carral); Campelos (Roibás-Castro); Roza do Tumbo (A Cigoñeira-Damil); Medorras Mouras (Armental-Donalbai); As Medorras (Tras dos Castros-Donalbai); Medorro de Folgueiro (Denune-Felmil); Monte Queimado (entre as parroquias de Donalbai e San Fiz de Cerdeiras); Carabulla (Carabulla-Gaibor); Comisaría (Comisaría-Gaibor); Fontefría (Fontefría-Gaibor); Folgueira (Leboradas/Castiñeiro-Gaibor); O Chozo e Fonte Vilar (Illán); Amenido (Pacios); Bares (Bares-Saavedra); Fonte Filloa (Saavedra); Chao de Mazós (O Vento-Santalla de Pena); Monte Cordal (Santalla de Pena); A Zanca e Monte Queimado (San Fiz de Cerdeiras); San Vicente e Saamil (San Vicente de Pena); Monte Pioto (Uriz).
Mámoas de Amenido (Pacios): Necrópole citada por Vázquez de Orxas no interrogatorio do ano 1609. Lembremos que a este crego e fidalgo, dono do Couto de Recimil, outorgóuselle unha cédula real para buscar "tesouros nas tumbas dos gentiles galigrecos" o que propiciou que os campesiños violaran miles de mámoas. Na mañá do San Xoán nunha medoña da necrópole aparecía un fato de galiñas e pitos que, botándose a durmir enriba, levantábanse con grandes manchas que adoitan saír a quen durme sobre ouro (Taboada Chivite, 1965). 
Mámoas de Campelos (O Castro): Sete túmulos moi arrasados.
Mámoas da Carabuxa (Bóveda): Tres túmulos de 16, 19 e 22 metros moi alteradas.
moas da Comisaría: Necrópole con dúas mámoas de 16 e 17 metros de diámetro, unha con cráter de violación.
Mámoas de Folgueira (Gaibor): Cinco túmulos cunhas medidas de entre 18 e 23 metros de diámetro que perderon gran parte da masa tumular. 
Mámoas de Fonte Vilar (Illán): Catro túmulos. Só un, duns 22 metros de diámetro e cráter se conserva en bo estado, os outros foron arrasados. Será coincidencia, pero entre mámoa e mámoa hai unha distancia de 37 metros.  
Mámoa do Monte Pioto (Uriz): Localizámola no mes de xullo de 2015. Atópase preto da fábrica de Finsa, no límite co concello de Rábade. Ten unhas medidas duns 35 metros de diámetro e unha altura dun metro. Posúe un gran cráter de violación duns 8 metros de diámetro. Estaba cuberta pola maleza e árbores que foron cortados con maquinaria pesada no mes de maio de 2018, mes en que llo comunicamos a Patrimonio para que proceda á súa catalogación. O día 4 de xuño, dende o Servizo do Patrimonio Cultural en Lugo comunicáronme que, despois da visita dos técnicos, xa figura no Inventario de Bens Patrimoniais de Galicia. Tamén llo comunicaron ao Concello e á empresa propietaria dos terreos. A empresa, atendendo a nosa petición, delimitou a mámoa. 
Mámoas do Monte Queimado (San Fiz de Cerdeiras): Sete enterramentos que perderon gran parte da masa tumular.
Chao de Mazós (Santalla de Pena): Unha das antas da necrópole, de cinco mámoas, conserva sete esteos. 
Mámoa da Gándara (Monte Campelos-Castro): Unha máquina paleadora produciulle unha gran fochanca. Nunhas escavacións de urxencia recuperouse un enxoval funerario composto por un machado pulimentado, dous ciceis pulimentados, láminas de sílex, prismas de seixo cristalizado e fragmentos cerámicos. 
Medorras Mouras (Donalbai): Unha das mámoas da necrópole, duns 30 metros de diámetro, foi parcialmente destruída por unha máquina.
 
 
   
 
 

 
BÓVEDA 
Buraco da Moura e Monte da Modorra (Bóveda); Campo da Mamoela (Guntín); Costa da Gándara (Filgueiro e O Couso-Martín); Monte da Mámoa (Martín); Randufe (Randufe-Martín); Regulfe (Regulfe-Martín); Camporredondo (Mosteiro); A Áspera (Ribas Pequenas); Monte da Chá (A Chá-Rubián); O Gruñedo (San Fiz de Rubián); Castelo da Modorra, Catalpé e A Modorra (A Modorra-Teilán); Madorras de Xulián (Xullán-Tuimil). 
Campo da Mamoela: (Martín): No lugar que ocupa unha capela posta baixo a advocación da Virxe do Rosario había unha mámoa. A 130 metros atópase unha mámoa duns 10 metros de diámetro con cráter de violación. 
Mámoas da Áspera (Ribas Pequenas): A primeira duns 17 metros de diámetro e unha altura de 1,20 metros. A segunda duns 13 metros de diámetro e unha altura de 0,50 metros. Escavada no ano 2010 cando as obras do corredor. Saíron á luz puntas de frecha, raedeiras, machados, etc.  
Mámoa de Catalpé (Teilán): Apenas se aprecia, destruída polos labores agrícolas. 
Mámoas da Chá (Rubián): A 385 metros de altitude. Necrópole composta por catro mámoas, todas de terra. Unha foi destruída, as outras tres teñen unhas medidas aproximadas de 23, 18 e 13 metros. 
Mámoas da Costa da Gándara: No Monte das Medorras, a 640 metros de altitude, no límite co Saviñao. Necrópole con catro túmulos, tres practicamente destruídas.      
Mámoa da Modorra (Bóveda): No Monte da Modorra. 17 metros de diámetro. 
Mámoas de Randufe (Martín): A 615 metros de altitude. Túmulo de 14 metros de diámetro e 1,5 de altura. 
Mámoa de Regulfe: A 615 metros de altitude. De 15 metros de diámetro.       
Mámoas de Xullán (Tuimil): Necrópole con catro mámoas, situadas a 400 metros de altitude. Moi achandadas polos labores agrícolas, a mellor conservada ten 14 metros de diámetro. Unha foi cortada pola estrada.



 

BURELA
O Cabo (Burela). 

CARBALLEDO
Vilar do Monte (Aguada); Buciños (Buciños); A Laxa (A Laxa-Cartelos); Penedo Grande (Arxemil-A Cova); Medorra de Pastoriza (A Cova); Portela do Faro ou Penaboa (A Matanza-Furco) Monte dos Mounillos (Lousada); As Medorras (Marzás); A Queimada (San Breixo-Vascós). Outras mámoas: Aradas; Portela de Penas Grandes.
Medorra de Pastoriza (A Cova): Segundo Nicanor Rielo Carballo, aínda era visible ata finais dos anos noventa do pasado século, logo foi rebaixada e case destruída.
Medorras de Marzás (Marzás): A mesta matogueira apenas permite adiviñar os túmulos.
Monte dos Mounillos (Lousada): Segundo Nicanor Rielo, este lugar, situado entre Lousada e A Barrela, recibe tamén o nome de Monte das Mamuíñas.
Medorras do Penedo Grande: Necrópole con tres túmulos.
Mámoas da Portela do Faro ou Penaboa: Dous túmulos situados no límite co concello de Rodeiro.
Mámoas de Vilar do Monte (Aguada): Na necrópole destaca unha mámoa que conserva varios esteos que formaban parte da cámara megalítica. 
 


CASTRO DE REI 
Ansemar (Ansemar); Sitio das Medorrras (A Azúmara); Vilaseñor (Balmonte); Monte da Valiña (A Valiña-Balmonte); O Cordal (Torre-Balmonte); A Granda (A Granda-Bazar); Outín (Veiga de Pumar-Bazar); Portovexán (Acea-Bendia); Carballosa, Touza de San Martiño (A Lama-Bendia); Rozadas (As Rozadas-Bendia); Coutao, Vilariño (Vilariño-Bendia); Abaos (Duancos);  Granda de Canaval (Castro-Duancos); A Madorra (Seixas-Duancos); A Rega, Salgueiros (Salgueiros-Duarría); Carqueixal, Vedros das Xestas (Carqueixal-Goberno); A Madorra, Marco Novo, Vedro da Medorra (Espiñeiro-Goberno); Campelo, Carro Vello (Outeiro-Goberno); Picato (Toxeiras-Goberno); A Espenuca (Loentia); Freixo, Lagoa da Roca, Pontellas ou da Espiñuca (Pontellas-Loentia); Real, Rodela ou do Touzón (Real-Loentia); Rodela (Vacariza-Loentia); Coutao (Vilariño-Loentia); Ludrio (Paraños-Ludrio); A Lomba (Touzón-Ludrio); Rozas (Eixavedra-Mondriz); Curro do Carballal, Curro dos Lerois (Carballal-Mos); Monte do Marco (Casariño-Orizón); Cinza da Moura, A Moura (Quintela-Orizón); As Galiñeiras (Barxela-Outeiro); Encrucillada ou Camareira (Cibrao-Outeiro); Pena do Pico (Xesto-Outeiro); Barragá, Fritoso, Forxa, Pico do Corno, Adro Vello (Vilarede-Outeiro); Pedreiras (Casanova-Prevesos); As Madorras (Cordón-Prevesos); Pedras Albas (Paraño-Prevesos); Agraceira de Ramil (Ramil); Entrambos Ríos (Caxigal-Ramil); Monte de Entrambos Ríos (Couto de Arriba-Ramil); Costa da Moura ou da Granxa (Ribeiras de Lea); Medorra do Catro (Castro-Ribeiras de Lea); Santa Locaia (Herbosa-Santa Locaia); Casa do Galo (Costa-Triabá); Granda (Granda-Triabá). 
Mámoas do Adro Vello (Outeiro): Dos tres túmulos que había só se conserva un. Atopouse un cicel de pizarra e unha maza rochosa con incrustacións de cuarzo. 
Mámoa Agraceiras de Ramil (Ramil): Mámoa citada por Vázquez Seijas en Notas sobre túmulos lucenses. Apareceron varios machados puídos, unha pedra de esquisto rematada en punta, e unha vasilla de barro.   
Mámoa Cinza da Moura (Santa Comba de Orizón): No monte de Fontao, a unha altitude de 580 metros. Necrópole con seistúmulos.
Mámoas de Entrambos Ríos: Necrópole con 11 túmulos, a metade desaparecidos.  
Mámoa da Espenuca ou Espiñuca: Citado por Vázquez Seijas. Di que foi despxado das terras que o cubrían, quedando destapado o dolmen formado por pedras desiguais. 
Mámoas das Galiñeiras: Tres túmulos desaparecidos.
Mámoas das Gándaras de Castro: Citadas por Vázquez Seijas. Nun monte, parte co cal dedicado a cultivo, di que había varios túmulos, consérvandose só un aínda que sinais evidentes de ter sido violado e retiradas as pedras da cista. Atópase dentro da finca destinada pola Deputación Provincial a granxa agrícola.
Mámoas da Granda de Canaval: Catro túmulos, un con esteos do dolmen.
Mámoas das Madorras: Sete túmulos desaparecidos.       
Mámoas do Monte do Marco (Santa Comba de Orizón): Necrópole con seis medorras situadas a 618 metros de altitude. 
Mámoas de Portovexán: Dous túmulos.    
Mámoas de Prevesos (Prevesos): Nunha mámoa atopouse un machado de seixo. 
Mámoas de Quintela (Santa Comba de Orizón): Necrópole con tres túmulos.
Mámoas da Rega: Dúas mámoas desaparecidas.
Mámoa da Rodela de Ludrio: Do cráter de violación asoma un esteo. 
Mámoas das Rozadas: Dous túmulos desaparecidos.  
Modorra da Granxa: Apareceron anacos cerámicos.
Figuras de vulto redondo (Oroxe-Bazar): Atopadas de forma fortuíta, formando parte dun muro derruído. Descontextualizadas dun contexto arqueolóxico claro. Teñen unhas medidas de 25, 50 e 49,5 cm, e un ancho máximo de 21, 41 e 35 cm respectivamente. Quizais representen betilos ou idoliños asociados a enterramentos megalíticos. (Fonte: Álvaro Pérez, en Croa, 2019).
Machado de Azúmara: Nas beiras do río Azúmara atopouse un machado de seixo. 
O concello, que se saiba, chegou a contar con 121 túmulos, uns 40 desapareceron.


 



 
CASTROVERDE
As Chouselas e Outeiro do Can (Vilar dos Naraos-Barredo); Monte do Couto (Barredo); Valiña de Bolaño (Bolaño); Cova dos Mouros (Marrondo-Covelas); Forno da Vella (Espasande); Monte da Travesas (Foguentelle-Furís); Os Borrallos (Goi); Monte Fontela, Outeiro do Can e Serra de Monciro (A Meda); Chao da Travesa (Miranda); Eiladrán, Santadrao e Teixeda (Montecubeiro); Esvaradoira (O Alvaredo-Montecubeiro); Alto da Ramalleira e Rapallón (Pena); Camiño Ancho (Pereiramá); Alto do Pico, As Fientosas, A Lagoa, A Ramalleira, Serra de Monciro (Serés). Outras mámoas: Os Cuturelos. 
Mámoas do Alto do Pico (Serés): Necrópole composta por catro mámoas, unha parroquia de Barredo e tres na de Serés, a 675 metros de altitude. Afectadas por explotacións agrícolar e forestais. 
Mámoas do Camiño Ancho (Espasande): No Monte do Penedo, a 580 metros de altitude. Necrópole con dous túmulos de 12 e 15 metros de diámetro moi rebaixados en altura. 
Mámoas dos Borrallos: A 622 metros de altitude. Necrópole con tres túmulos moi achandados por explotacións forestais e agrícolas.  
Mámoa do Chao da Travesa: A 635 metros de altitude. Practicamente destruída por plantacións forestais.    
Mámoa das Chouselas (Barredo): De 13 metros de diámetro e 0,50 de altura. Perdeu parte da masa tumular polas repoboacións forestais. 
Mámoas das Fientosas (Serés): Dous túmulos en Serés, no límite coa parroquia de Pena. 
Mámoas do Forno da Vella: En Espasande, no límite coa parroquia de Monte. Necrópole con seis túmulos. A 621 metros de altitude. Practicamente destruídas polas repoboacións forestais.    
Mámoas da Lagoa (Serés): Necrópole composta por oito mámoas, no límite coa parroquia de Pena. Afectadas polos labores agrícolas e forestais. 
Mámoas do Monte do Couto (Barredo): Dúas mámoas de 24 metros de diámetro. Mal estado de conservación. Perderon parte da masa tumular polas repoboacións forestais. 
Mámoas do Monte Fontela (A Meda): Dúas mámoas en mal estado de conservación, unha foi cortada por gabias nunha repoboación forestal.    
Mámoas do Monte das Travesas: Necrópole con tres túmulos moi achandados. 
Mámoas do Outeiro do Can (A Meda): Necrópole formada por tres túmulos con restos de coiraza pétrea. Moi alteradas polas repoboacións forestais. 
Mámoas da Ramalleira: A 670 metros de altitude. Necrópole con tres túmulos moi achandados. 
Mámoas da Serra de Monciro: Necrópole con dez enterramentos situados a 800 metros de altitude. Moi achandadas polas explotacións forestais. 
 


 
CERVANTES  
Toda a información sobre as mámoas do concello de Cervantes no blog do Colectivo Patrimonio dos Ancares, na entrada https://arqueoloxiadosancares.blogspot.com/2011/01/presentacion_23.html
 
CERVO 
Campolongo e A Medela Pequena (O Seixo-Castelo); Monte da Medorra. 
Mámoa de Campolongo: A 316 metros de altitude. Practicamente desaparecida polos labores agrícolas e forestais. A Xunta de Galicia tenna catalogada, erradamente, na parroquia de A Rigueira, no concello de Xove. 
Mámoa da Medela Pequena: Como no caso da mámoa de Campolongo, a Xunta de Galicia tenna catalogada na parroquia de A Rigueira, en Xove.  

O CORGO
Mámoa do Carballiño (Matafaxín-Gomeán): De 20 por 17 metros e 1,5 de altura. Cono de violación. 
Mámoas das Carreiras (Veiga de Anzuelos-Folgosa): Tres mámoas. Unha de 18 por 20 metros e un de altura; unha segunda de 53 por 50 metros e 2 de altura. Unha terceira foi destruída polo trazado do ferrocarril. 
Mámoa do Monte da Medorra (Anseán): Desaparecida. 
Mámoa do Monte da Medorra (O Corgo): A 430 metros de altitude. Fai de divisoria entre as parroquias de Anseán, O Corgo, Chamoso e Marei. Ten uns 15 metros de diámetro e 0,50 de altura. Atravesada por un valado. 
Mámoas do Monte Ouzal (Santalla-Alto): Necrópole formada por oito enterramentos a 482 metros de altitude. Moi alteradas por roturacións.   
Mámoa dos Novos (Matafaxín-Gomeán): De 12 por 8 metros e 0,50 de altura. Moi alterada. 
Mámoa do Padrón: Localizada polo Colectivo Patrimonio dos Ancares o 10 de xullo de 2023 en Cardexo, parroquia de Cerceda. Ten 21 metros de diámetro e cráter de violación.
Mámoa do Queimado: Atópase nunha necrópole formada por cinco túmulos, catro no concello de Baralla e un no do Corgo. Todos perderon gran parte da masa tumular e presentan restos de coiraza pétrea. 
Mámoa do Rapatoxo (Folgosa): 23 por 19 metros e 0,80 de altura. Cono de violación. 
Mámoa de Sabarei (Sabarei): De 13 metros de diámetro e 1,10 de altura. Regular estado de conservación.   
A Medorra (Paradela-San Pedro Fiz): Moi alterada, perdeu gran parte da masa tumular. 
A Medorra (A Vila-Santo Estevo de Farnadeiros).  
Medorra Pequena (Chamoso): Mámoa de 11 por 15 metros. Cráter de violación. 
Medorra Grande (Chamoso): A 448 metros de altitude. Mámoa moi alterada polos labores agrícolas e camiños. 
Medorra Grande (O Corgo): Mámoa de 32 metros de diámetro e 2 de altura. Con pinos de repoboación sobre o túmulo. 
Medorra Pequena (O Corgo): Mámoa de 25 por 20 metros de pouca altura. Pinos de repoboación.  
Novas mámoas no CorgoO día 15 de outubro de 2019, integrantes do Colectivo Patrimonio dos Ancares documentamos tres novas mámoas no concello do Corgo. A primeira localízase a 455 metros de altitude, nas inmediacións do novo cemiterio de Gomeán. Ten unhas medidas de 20 metros de diámetro e un de altura. No centro obsérvase un cráter de violación duns 3 metros de diámetro. Sobre o túmulo plantaron algúns piñeiros e rebolas. Atópase en relativo bo estado de conservación. A segunda e a terceira mámoa sitúanse a 450 metros de altitude, no monte de Matafaxín, parroquia de Gomeán. Teñen unhas medidas de 16 e 18 metros de diámetro e unha altura de 0,50 e 0,30 metros, respectivamente. Descoñecemos se outras dúas mámoas situadas non moi lonxe das anteriores, cunhas medidas de 35 e 18 metros de diámetro, están catalogadas. O descoñecemento débese, no caso de que xa figuren no inventario de bens patrimoniais, a que no PBA constan, de ser as mesmas (Medorra Grande e Medorra Pequena), mal situadas, a unha distancia de máis de 500 metros da ubicación real, incluso fóra da área de protección. O mesmo acontece no PXOM do Concello do Corgo de 2016 onde tampouco as situaría no lugar preciso. O PXOM tamén omite a coñecida como Medorra 2 do Carballiño que si está catalogada por Patrimonio. Xa llo comunicamos ao Servizo de Xestión Cultural para que procedan á súa catalogación. O día 18 de decembro de 2019 recibimos un escrito de Patrimonio onde nos din que, despois da visita dos arqueólogos da Xunta de Galicia, xa foron catalogadas cos nomes de Túmulo de Agro Riba, Túmulo 1 de Valverde-Matafaxín e Túmulo 2 de Valverde-Matafaxín. Lamentablemente, o día 11 de outubro de 2021 tivemos ante o Servizo do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia a recente destrución e agresión nestas dúas últimas mámoas. Unha das mámoas, duns 18 metros de diámetro, foi practicamente arrasada por maquinaria pesada, producíndolle enormes sucos que ocasionaron que perdera case toda a masa tumular. A outra, duns 17 metros de diámetro, tamén sufriu o paso da máquina, producíndolle profundas fendas coas rodas. Dende Patrimonio dos Ancares solicitamos á Xunta de Galicia que, en cumprimento da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, abrira inmediatamente o preceptivo expediente sancionador por falta moi grave no primeiro caso, e grave no segundo. Tamén lle pedimos que nos informaran se para a área de cautela se solicitou o obrigado permiso para efectuar traballos de remoción de terras. Urxíndo unha rápida inspección xa que a roturación do terreo realizouse, sen dúbida, para algún tipo de plantación o que podería agravar, máis se cabe, o lugar onde se atopan o que ocasionaría, para empeorar o xa irreemprazable, facerse con outro tipo de información arqueolóxica.
Topónimo (Abragán): As Mamoelas. Non se observan restos de túmulos. 

 
 

 



COSPEITO
Os Casás (Os Casás (Arcillá); O Ramallal (A Grandela-Arcillá); O Monte (O Monte-Arcillá); Montoucido (O Monte-Arcillá); Pumares (Pumares-Arcillá); A Roza Grande (Os Prados-Bestar); A Roza (Os Prados-Bestar); Monte da Medorra (Aldea-Bexán); Mornelo (Mornelo-Cospeito); Rodís (O Castro-Goá); Medorra da Rita (O Rebordelo-Lamas); O Rebordelo (O Rebordelo-Lamas); Arneiro (Momán de Arriba-Momán); Fabeiriña Grande (O Carboeiro-Muimenta); Monte do Conto (Arneiro-Muimenta); Monte de Muimenta (Porto Areoso-Muimenta); Medorras da Millarada (A Millarada-Pino); Curro de Rabadá (A Rabadá-Pino); Pena da Corva (A Rabadá-Pino); Froilán (Celeirote-Saa); Montillón (Abelleiras de Abaixo-Santa Cristina); Pozo Redondo (As Seixas-Santa Cristina); Salgueiras (Vilasuso-Seixas); Cista da Roza (Santalla-Sisoi); Matiños (Sisoi); O Encido e Roza do Porto (O Val-Vilapene); A Carballosa (A Carballosa-Xermar); Pedra Branca (Riba da Insua-Xermar); Rocello da Fonte (Riba da Insua-Xermar); Roza Moura (Riba da Insua-Xermar).
Mámoas da Carballosa (Xermar): Necrópole con tres mámoas. 
Mámoa do Curro da Rabadá (Pino): De 22 metros de diámetro e unha altura de 0,80. Nas proximidades consérvase o topónimo a Tenza da Medorra onde foi atopada unha praca de granito con dúas perforacións e que se conserva no Museo de Lugo dende o ano 1970. 
Mámoas do Encido (Vilapene): Necrópole con dous enterramentos. 
Medorras da Millarada (Pino): Necrópole con 32 mámoas. A mámoa número 1 foi escavada no ano 2000, recuperándose varios elementos líticos que conformarían o enxoval funerario, destacando cinco machados, dous micromachados, dous ciceis, tres aixolas, 33 trapecios de sílex e un gran prisma de cristal de rocha. O día 24 de setembro de 2020 denunciamos ante Patrimonio a agresión aos túmulos 5 e 21, o primeiro cortado nun cuarto por maquinaria pesada, e o segundo ao realizar unha tala de piñeiros.
Mámoas do Monte (Arcillá): Necrópole con catro túmulos.    
Mámoas do Monte do Conto (Muimenta): Necrópole con dous enterramentos. 
Mámoas do Monte de Muimenta: Necrópole con dous túmulos.  A mámoa número 1 foi obxecto dunha pequena escavación arqueolóxica no ano 2006. Na intervención foron recuperadas 18 núcleos líticos, lascas, láminas  e restos de talla cuxo principal soporte litolóxico é o cuarzo. O seu estado de conservación é moi malo debido ao aproveitamento agrícola e forestal. O túmulo 2 tamén se atopa en mal estado polos mesmos motivos que o anterior. 
Mámoas de Montoucido (Arcillá): Necrópole con seis mámoas.   
Mámoas de Mornelo (Cospeito): Necrópole con catro enterramentos.  No túmulo número 5 foi recuperado un machado puído. 
Mámoas da Pedrabranca (Xermar): Necrópole con seis túmulos. 
Mámoa da Pena da Corva (Pino): De 16 metros de diámetro e 0,70 de altura. moi alterada polo aproveitamento forestal. 
Mámoas de Pozo Redondo (Santa Cristina): Necrópole con cinco mámoas. Moi arrasadas polo aproveitamento agrícola e forestal. 
Mámoas de Pumares (Arcillá): Necrópole con oito mámoas.      
Mámoas do Ramallal (Arcillá): Necrópole con dúas mámoas. 
Mámoas de Rebordelo (Lamas): Necrópole con dous túmulos.   
Mámoas da Roza Grande (Bestar): Necrópole con tres túmulos.    
Mámoas da Roza do Porto (Vilapene): Necrópole con catro enterramentos. Os túmulos 1 e 2 foron practicamente arrasados por unha pista forestal.
Medorra do Ouro: Preto de Arneiro. Só se conserva o topónimo.
A totalidade das mámoas do concello de Cospeito atópanse en mal ou pésimo estado, debido principalmente aos labores agrícolas e forestais.
Cista da Roza (Sisoi):  Pequeno montículo duns 8 metros de diámetro en cuxa superficie aprécianse cuarzos e lousas moi fragmentadas con claros indicios de manipulación antrópica. A capa de pedra semella corresponderse con restos dun anel peristalítico ou dunha coiraza dun túmulo de pequeno tamaño. Na parte central vese unha laxa dun metro de lonxitude que semella formar parte dunha estrutura de planta rectangular de 1,30 por 0,70 metros que lembra un enterramento da Idade do Bronce.      

 
 
 





CHANTADA
Quinzán da Vila (Adá); Medorra da Moura (Arsilleiros-Arcos); Coto Salgueiro (Argozón); Nande (Nande-Argozón); Aspai (Aspai); Portela do Faro ou Pena Boa (Furco); Monte de Seoane (A Laxe); A Meda (Seoane-A Meda); Monte da Medorra (Mariz); Monte Cabeza e O Prado Vello (Quinzán do Monte-O Monte); Coto do Home (Moreiras-Mouricios); San Roque (Nandufe-Pedrafita); Coto da Medela (Codeiro-Pereira); Vilanova (Estrada de Ourense-San Salvador de Asma); Agros de Sandiás, A Lagoa (Sandiás-Vilaúxe). Outras mámoas: Coto da Cruz; Monte da Serra, Serra da Pena. Microtopónimos que fan referencia a enterramentos megalíticos pero non se conservan restos: A Medorra (Senín-Merlán); A Anta (Eirexe-Sabadelle).
Mámoas dos Agros de Sandiás: Necrópole con catro túmulos.
Mámoa do Coto da Medela: De máis de 30 metros de diámetro.
Mámoas do Coto Salgueiro: Con dous túmulos. Moi afectados por un cortalumes.
Mámoas da Lagoa: Tres medorras.
Mámoas do Monte Cabeza (O Monte): Na Serra da Cabeza. Necrópole con cinco mámoas, todas con cráter de violación, a maior ten unhas medidas de 20 metros de diámetro. 
Mámoas do Monte de Seoane (A Laxe): A 950 metros de altitude. Necrópole con dous túmulos de 20 e 22 metros de diámetro. Alteradas polos labores agrícolas.   
Mámoa da Moura (Arcos): A 585 metros de altitude. De 17 metros de diámetro e 1,20 de altura.
Mámoa de Nande: De 18 metros de diámetro. 
Mámoas da Portela do Faro: Dúas mámoas no límite con San Martiño de Asperelo (Rodeiro). 
Mámoas do Prado Vello (O Monte): A 830 metros de altitude. Necrópole con dous enterramentos, un cun diámetro de 11 metros.    
Maza: Nunha finca situada na marxe esquerda do río Masma e non moi lonxe do castro de Centulle atopouse unha maza triangular. Jesús Guerra Mosquera (1975) sitúa no Eneolítico. É de cuarcita gris e pesa 435 gramos. No centro ten un burato para meter o mango con derrame de bucina cara as dúas caras, o que amosa a dificultade para a súa execución. Só adquire forma cortante cara os tres vértices. Pode que se tratara dunha maza cerimonial. Atópase no Museo Provincial de Lugo.
Lenda nunha mámoa de Argozón: Cóntase que apareceu un meniño de ouro ao que se lle rompera un brazo (Taboada Chivite, 1965).
 
 
   
 


 
FOLGOSO DO COUREL
Devesa de Bouzas (Esperante); Ferreirós de Abaixo (Ferreirós de Abaixo-Folgoso); O Redondal (Sobredo-Folgoso); Chao da Lagoa ou Ribois (Meiraos); Folgoso (Folgoso); Campín Verde (Miraz-Meiraos); ; ; Campelo, Monte das Lampas e Toxeiro (Paderne-Meiraos); A Poza (Meiraos); Alto da Veiga de Arcas (Seceda); A Escrita ou A Poza Grande e O Lago (Seoane); Penas Brancas (Pedrafita do Courel-Seoane). Outras mámoas: Pozo da Campiña. 
Mámoa do Alto da Veiga de Arcas (Seceda): Duns 14 metros de diámetro e 0,60 de altura. Presenta un cráter de violación duns 3 metros de diámetro. Na súa contorna vense algúns chantos de lousa. Rebaixado polo labores agrícolas, afectado por roturacións. 
Mámoa do Campín Verde: Durante un incendio no mes de outubro de 2017 foi arrasada por un buldozer ao facer un cortalumes entre Miraz e Paderne. Forma parte dun grupo de mámoas asociadas a unhas lagos, a unha altitude de 1.300 metros. 
Mámoas do Chao da Lagoa ou Ribois (Meiraos): Necrópole con dous túmulos.     
Mámoa da Escrita ou Poza Grande (Meiraos): Túmulo de 15 por 17 metros e unha altura de 1,60 metros. Cono de violación de 4 metros de diámetro e un de profundidade. Ten un vértice xeodésico no cono. Cortada por un cortalumes.
Monte das Lampas (Meiraos): Do blogue Corrupción no Courel, cuxa última entrada data do ano 2010, recollo a información de tres mámoas situadas no Monte das Lampas, pertencente á aldea de Paderne. Dúas foron arrasadas hai anos por unha escavadora. Sen inventariar. 
Mámoa de Penas Brancas (Seoane): Pequeno túmulo de 9 por 12 metros e unha altura de 0,90 metros Cráter de violación. Afectado por unha devasa que destruíu unha porción indeterminada do túmulo.
Mámoas da Poza (Meiraos): Dous túmulos.   
Mámoa do Redondal (Folgoso): Túmulo duns 16 metros de diámetro e unha altura de un metro. Presenta cráter de violación. Non se aprecian restos de cámara nin de coiraza pétrea.


 
 

 

A FONSAGRADA 
Casía da Arquela (A Allonquiña-A Allonca); Legoaseca e Legoadereita (Brañela-A Bastida); Campo da Arca e O Pico (Lidín-A Bastida); A Cruz da Graña, Medoña de Torviso, Penas da Armada e Pena das Cabras (Carballido); Campo das Cruces, Lentomil, Monte das Modorras e Zarro de Pedro (Lentomil-Carballido); Medorra de Cornupión (A Rebordela-Carballido); Bredo da Lagoa e Valiña das Ovellas (A Valiña das Ovellas-Carballido); Campo do Lobo (O Vilar de Carballido-Carballido); O Pando (Cereixido); Cuíñas (Cuíñas); Barbeitos e Fonfría (Fonfría); Chao Grande e Serra da Cabreira (Serra da Cabreira-Fonfría); Modorra das Fontes e Modorra do Penedo dos Figos (Castro de Espiñeira-Fonfría); Ferreira de Arriba (Freixo); Carballín (Seoane-Lamas de Moreira); Louxas (Serra de Louxas-Lamas de Moreira); Albardón ou da Bandeira (Vilabol-Lamas de Moreira); Pena e Restrebe (Viladriz-Lamas de Moreira); Pico Peniñas (Castañoso-Maderne); Chao dos Fornos (Liñares de Maderne-Maderne); Alto do Acevo e A Rágoa (O Acevo-Monteseiro); Casacabreira, Lomba da Uz e A Régoa (Cabreira-Monteseiro); Mazaeda e Medorras de Neiro (Neiro); Mourisco e Pacios (Pacios); O Muradal e Pena do Cargadoiro (Brañas-Pacios); Chao da Cruz, A Granda e Leituego (Leituego-Pacios); Chao da Pruída e Picón (Mourisco-Pacios); Pila as Pedras (Serra de Legoaseca-Pacios); A Grandiña, Rebugueiras e Teso (Pacios); Anta do Hospital, Chao do Couso, Demouco e Mámoas do Hospital (Montouto-Padrón); Lombo das Marcadas (Pedrafitelas-Padrón); A Cruz (A Cruz-A Pobra do Burón); Ferreira e Río Bangos (San Martiño de Arroxo); Os Cahos e Peneliñas(Ervellais-San Martín de Arroxo); O Tombo (Vilamaior-San Martiño de Arroxo); A Silvela (Silvela-San Martín de Suarna); O Bidueiral e A Cruz do Pito (Mazaeda-San Pedro de Neiro); As Medorras (Crecencia-San Pedro de Río); Campa do Gaiteiro (Monterrío-San Pedro de Río); Redrollán (Redrollán-San Pedro de Río); Ferreirúas e Fonte das Bidueiras (San Pedro de Río); Coto dos Frades (As Cancelas-Santo André de Logares); O Burón (Cospeito-Santo André de Logares); Cruz da Graña (A Graña de Chao de Fornos-Santo André de Logares); Sendiña (A Sendiña-Santo André de Logares); Lodos (Santo André de Logares); O Mesón Novo (O Mesón Novo-A Trapa); Arqueira de Morocos (O Mesón Vello-A Trapa); A Arquela e A Baga (A Pruída do Vale-A Trapa); Os Piagos (Vilamaior-A Trapa); Casa do Camiñeiro, Chao da Gabita, Coto de Frades e A Trapa (A Trapa); Arquide (Arquide-O Trobo); A Chan (Reboiro-O Trobo); A Braña (Braña-A Veiga de Logares); Tras das Airas (Dradas-A Veiga de Logares); Chao de Ventorrillo e Logares (A Veiga de Logares); O Coto, Lomba de Perulledo e Rebolín (Pacios de Rebolín-Vieiro); Riba de Hortois (O Rebolín-Vieiro); O Pando (Vilar de Sucarral-Vieiro); A Bandeira e Vilabol (Vilabol de Suarna); Liñares (Serra de Liñares de Bidul-Vilar de Cuíña). Outras mámoas: Parque eólico da Fonsagrada.
Agás unha referencia á Casía da Arquela feita por Florentino Cuevillas (citando a Vázquez Seijas), o descoñecemento do fenómeno megalítico non só no concello da Fonsagrada, senón en toda a zona oriental de Galiza, era total. Habería que esperar ao traballo (que o autor, modestamente, chama "informe") publicado por Enrique López Fernández no Boletín do Museo provincial de Lugo no ano 1986 e que xa presentara nunha homenaxe a López Cuevillas en Ourense, baixo o título Megalitos y mámoas en el ayuntamiento de Fonsagrada, cando saian á luz preto de 150 enterramentos que o autor distribúe en varias áreas: Serra de Carballido, Serra da Trapa, Serra da Cabreira, Serra de Liñares de Bidul, Serra de Mazaeda, Serra de Cuíñas, Serra de Legoaseca, Serra do Hospital e Serra de Louxas, das cales 15 presentan cámara, 2 delas con corredor e unha tipo cista. 
Anta de Ferreira de Arriba: No lugar coñecido como O Pando consérvase unha anta con cinco esteos de cuarcita e dous máis no corredor. 
Anta do Hospital: Situada a carón do antigo hospital de peregrinos. Sen Túmuro, conserva catro esteos de grandes dimensións. Nas proximidades atópanse dúas mámoas. Proposta como Ben de Interese Cultural. 
Necrópole do Hospital: Formada por catro enterramentos. 
Anta en Liñares de Bidul: No lugar coñecido como Pastizal de Meñide consévarse unha anta de planta poligonal formada por catro ortostatos de cuarcita. Moi arrasada polos labores agrícolas. 
Dolmen do Campo do Lobo: Cámara con planta poligonal con cinco esteos de pizarra dos sete que tiña, e corredor con dous ortostatos do mesmo material. 
Dolmen da Casía da Arquela: Descrita por Vázquez Seijas no ano 1941, presentaba unha cámara poligonal e cuberta. Na actualidade só se conservan algúns restos partidos e parte do túmulo. Dise que a familia de Ladrón de Guevara atopou nela unha ola de ouro.   
Dolmen de Ferreirúas: Presenta cámara poligonal de sete ortostatos de pizarra e cuarcita e tampa de pizarra. Conserva o túmulo. 
Mámoa do Albardón ou da Bandeira: De 30 metros de diámetro. O día 17 de maio de 2019, os do Colectivo Patrimonio dos Ancares comprobamos unha agresión a esta mámoa producida por maquinaria pesada durante unha tala de piñeiros que lle produciu dúas profundas gabias de 10 metros de longo cada unha. O atentado xa o denunciamos en Patrimonio. O día 17 de xuño de 2019, dende Patrimonio comunicáronnos que, despois da visita dos técnicos, abriron o correspondente expediente sancionador. 
Mámoas do Alto do Acevo: Necrópole con dous enterramentos.  
Mámoas da Arqueira de Morocos: Necrópole con cinco túmulos situados a 815 metros de altitude. As dúas mámoas máis grandes teñen un diámetro aproximado duns 20 metro. A de maiores dimensións, con cráter de violación, está plantada con priñeiros; outras tres están moi achandadas polo acondicionamento do terreo como pastizal. 
Mámoas da Campa das Penas de Monterriu: A principios de 2019, os do Colectivo Patrimonio dos Ancares presentamos denuncia pola destrución de dúas mámoas desta necrópole por unha plantación de eucaliptos. No mes de marzo de 2020, dende Patrimonio constestáronnos que xa iniciaran o expediente sancionador. 
Mámoas da Campa do Gaiteiro: Como no caso anterior. A principios de 2019, os do Colectivo Patrimonio dos Ancares presentamos denuncia pola destrución de dúas mámoas desta necrópole por unha plantación de eucaliptos. No mes de marzo de 2020, dende Patrimonio constestáronnos que xa iniciaran o expediente sancionador. 
Mámoas do Chao da Cruz: Necrópole con catro mámoas. 
Mámoas do Chao da Pruída: Necrópole formada por tres túmulos. 
Mámoas da Cruz da Graña: Necrópole formada por 13 mámoas, todas con cráter de violación ou moi achandadas. Segundo as referencias, un dos enterramentos presentaba cámara dolménica aínda que logo foi tapado de novo. 
Mámoas da Grandiña: Necrópole con cinco túmulos. 
Mámoas da Fonte das Bidueiras: Necrópole con dúas medorras. O día 22 de setembro de 2019, os do Colectivo Patrimonio dos Ancares denunciamos a agresión á mámoa número 1 que sufriu un profundo corte producido por unha pa escavadora, colocando sobre o túmulo un poste de cemento.     
Mámoas da Pena do Cargadoiro: Necrópole con cinco túmulos.     
Mámoas de Peredelo: No mes de xuño de 2016, os do Colectivo Patrimonio dos Ancares denunciamos a construción dun silo para depositar plásticos agrícolas sobre a mámoa número 1 da necrópole de Peredelo, no concello da Fonsagrada, e que tamén afectaba aos túmulos 2 e 3. O día 14 de maio de 2019 recibimos contestación do Servizo de Xestión Cultural da Consellería de Cultura e Turismo en Lugo sobre as actuacións que levaron a cabo, indicándonos que os arqueólogos inspeccionaron o sitio arqueolóxico os días 31 de xaneiro de 2017, 1 de febreiro de 2017, 20 de agosto de 2018, 6 de marzo de 2019 e 16 de abril de 2019, comprobando que, efectivamente, o enterramento número 1 estaba a ser utilizado como vertedoiro de lixo, afectando tamén á área de protección das medorras 2 e 3. En datas 3 de febreiro de 2017 e 23 de agosto de 2018, dende Patrimonio requiríronlle ao Concello da Fonsagrada que adoptase as medidas necesarias para a retirada dos verquidos de lixo e impedir, así, a degradación destes bens arqueoloxicos. Dinnos no escrito, que en Patrimonio nunca tiveron resposta do Concello sobre os presuntos responsables nin sobre as medidas adoptadas. En febreiro de 2017, agosto de 2018 e marzo de 2019 dende Patrimonio requiriron a colaboración do SEPRONA da Comandancia da Garda Civil de Baralla que identificaron ao Concello da Fonsagrada como presunto responsable desta actuación. Á vista dos informes, tanto dos técnicos da Xunta de Galicia como do SEPRONA, dende o Servizo de Xestión Cultural en Lugo remitíronlle á Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural en Santiago o expediente de denuncia para que inicien os trámites para a incoación dun expediente sancionador ao responsable dunha infracción en materia de patrimonio cultural, neste caso, presuntamente, o Concello da Fonsagrada. No mes de febreiro de 2020, despois de dirixirnos de novo a Patrimonio e aos partidos políticos con presenza no Concello da Fonsagrada, conseguimos que retiraran o silo e o lixo do túmulo.
Nova agresión á necrópole do Peredelo: O 30 de xaneiro de 2024, integrantes do Colectivo Patrimonio dos Ancares detectamos unha nova agresión ao conxunto de mámoas do Peredelo. Sobre a mámoa número 3 apilaron gran cantidade de troncos de pinos de gran tamaño procedentes dunha tala forestal que se está a realizar na zona, afectando gravemente á masa tumular do xacemento. A agresión xa foi comunicada ao Servizo do Patrimonio Cultural en Lugo para que, en aplicación da Lei, tomen as medidas necesarias.
Mámoas de Pico Peniñas: Necrópole formada por cinco mámoas. 
Mámoa de Silvela: A carón da estrada que vai dende o Alto do Acevo á Fonsagrada, xunto o Camiño Primitivo a Santiago.
 
 
 
 


 


 

 



 
FOZ
A Carballeira (Cangas de Foz); Tesouro (O Sisto-Cordido); Pico da Lebre (San Martiño de Mondoñedo); Fornelos (Santa Cilla do Valadouro).
Mámoas de Fornelos: Necrópole con catro túmulos moii achandados. 
Mámoa do Tesouro (O Sisto-Cordido): Descuberta por Mariña Patrimonio. De grande altura, ten un diámetro de 25 metros e cráter de violación. 
Mámoa do Pico da Lebre (San Martiño de Mondoñedo): No monte do Bispo Santo, de afamada romaría, a 286 metros de altitude. Debido a unha denuncia de Adega e MariñaPatrimonio no mes de setembro de 2011, a Consellería de Cultura catalogou a mámoa, estragada por maquinaria pesada cando a repoboación do monte con eucaliptos. Sobre o túmulo plantáranse quince árbores.
 


FRIOL
Alto das Mámoas (entre as parroquias de Anafreita e Nodar); Anafreita, O Colado, Medorna da Pola, Monte do Seixo, Pena dos Amoraos, Pena do Mixón (Anafreita); Monte de Anxeriz, Monte do Espiño, A Pola, Sabugueiro (Anxeriz); Medorras de Bra (Bra); Albeiros, A Gándara, Gándaras de Relucín, A Madorra, Monte Candaíde, Monte do Cordal, Monte do Cotón (Carballo); A Galgueira (A Galgueira-Carballo); A Cabana (A Cabana-Carlín); A Devesa, O Pedrido (Carlín); Agruñá, Casa do Vieiro, Monte da Medorra, Moruxosa, Pena do Cotá, Portasueiro, Rexidoira (Cotá); Casas da Noite, Os Castelos, Monte Cotón, Monte das Tenzas (Friol); Guimarei, Monte das Lamas, Monte Rego da Rama, Rebordelos (Guimarei); A Boleta, Costa de Mera, Medorna de Penelas, Medorna de Robellós, Monte Cotén, Pico das Pías, Rolfe (Guldriz); A Leboreira (A Leboreira-Guldriz); Ameneiros, Eirexe, Lamas, Monte Fofe e A Reigosa (Lamas); Zarra do Catuxo (Corral de Arriba-Lea); Fontela, Monte Vilaldar, A Rocha (Miraz); Aberta, Os Castelos, Eirexe, Espiñeira, A Gándara, Lente, Medorra de Lente, Monteirón, O Pedrido, A Purreira (Narla); Chousa do Muíño (O Vilar-Narla); O Francés (Todón-Narla); A Cabana, Nodar, San Mamede, Vilariño (Nodar); Medorra dos Croios Brancos, Medorra das Pallotas e Monte do Carballiño (Quintá-Ousá); O Castelo, As Lamelas, Mámoas de Arriba, Mámoas de Abaixo, Ousá, Monte do Pico, O Mozón, Pena da Cabra, O Verdellón (Ousá); O Castelo (Mazcarelle-Ousá); As Medorras, Pena Cabaleira, Pena Porreira (O Burgo do Negral-O Pacio); Penas de Tras do Agro (Tras do Agro-O Pacio); Monte Vixide (Prado); Monte Carballido, Pozas das Cabanas, A Reigosa (Ramelle); Monte Carballido (Rocha); Aurela e Fontedelo (San Cibrao da Pregación); Abrigueiro (Santa Eufemia-San Martiño de Condes); A Fonte do Can, Monte Cotón (San Martiño de Condes); Devesa, Pedrouzos, Medorna do Corzo e Medorra do Zancón (Santalla de Devesa); As Medornas, Mundín e Trala Corda (Trala Corda-Seoane da Pregación); Ponte Leixoso (Seixón); Pedra das Cazolas (A Ferreira-Serén); Santa Marta (Serén); A Cerdeira, O Cotón (Silvela); Pedra do Couto (Trasmonte); Berdellón (O Vilar); Aceredo e Monte Leboreira ou Lebureiro (Vilafiz); Gándara e Medorna do Castro (Gonce-Vilafiz); Monte Lebureiro, Parapeito (Vilafiz); Castrodá, Corra, O Cangallón, Monte do Chao, PenalongaPortonovo e Vilalvite (Vilalvite); O Carballal (O Carballal-Vilalvite); Monte de Vilalvite ou Medorna da Zanca ou do Zancón ou Forno dos Mouros (Monte de Santa Marta-Vilalvite); O Alto, Os Castelos, Cebral, Mámoas do Francés, Pena Armada, As Peniñas, Pico de Montes, Torneiro e Xiá (Xiá). Outras mámoas: As Barreiras.   
Anta da Moruxosa: De forma poligonal, conserva seis esteos e tampa. Un dos ortostatos atópase apoiado na tampa o que fai pensar que non está na súa posición orixinal. Sobre unha base branca apareceron restos de pintura vermella e negra trazando figuras en ziguezague e puntos illados. A mámoa foi cortada parcialmente por un camiño. No mes de febreiro de 2013 achegueime ata a parroquia de Cotá para ver en que estado se atopaban os enterramentos da Muruxosa e do Vieiro xa que había anos que non me achegaba polo lugar. Cal foi a miña sorpresa cando, ao mirar para unha morea de pedras, vin o que semellaban uns ortostatos dunha cámara megalítica. Acerqueime e así era. Nunha das chantas aprécianse claramente unhas coviñas.         
Dolmen de Fontedelo: O día 4 de xuño de 2019, integrantes do Colectivo Patrimonio dos Ancares redescubrimos un dolmen de boas dimensións, que se cría desaparecido, no concello de Friol. Atópase no monte de San Cibrao, a 600 metros de altitude, pertencente á aldea de Fontedelo, na parroquia de San Cibrao da Pregación. A súa localización foi posible grazas a unhas notas de hai trinta anos, inéditas, dos investigadores Juan F. Núñez Jato e Laura Rodríguez Varela que documentaron centos de enterramentos do Neolítico ao longo dos concellos de Friol, Lugo e Outeiro de Rei, traballo ímprobo que nunca lles foi recoñecido. Esta construción megalítica de carácter funerario pasa totalmente desapercibida debido a abundancia de toxos que a cubren, para acceder a ela tivemos que cortar un montón de toxos de groso tronco e duns tres metros de altura. Trátase dunha mámoa de terra duns 20 metros de diámetro en cuxo centro hai un gran cono de violación que acolle a cámara funeraria de pedra, de forma poligonal, formada por seis pedras de granito fincadas no chan verticalmente, algunhas removidas da súa posición orixinal. Da cámara parte un corredor formado por varias pedras fincadas paralelas que comunicaban co exterior. O dolmen estaba cuberto por unha ou máis tampas, tamén de pedra, dispostas horizontalmente que foron destruídas, seguramente, a raíz da cédula outorgada no ano 1609 ao crego e fidalgo do couto de Recimil de Parga, Vázquez de Orxas, que recibiu autorización real para buscar tesouros no interior das mámoas, permiso que levou ao campesiñado a profanar miles de enterramentos ao longo e ancho de Galicia. Está documentado que nas antigas xurisdicións de Friol, San Paio de Narla e limítrofes abriron unhas 400. Tesouros non atoparon, pero a destrución foi sistemática. Os enterramentos megalíticos con corredor son os máis escasos da provincia de Lugo e de Galicia. Os máis abundantes son os formados por túmulos de terra e pedras e as mámoas que acubillan no seu interior cámaras pétreas simples (sen corredor). Este dolmen do Monte de San Cibrao cremos que é o de maiores dimensións do municipio, en conxunto ten unha lonxitude duns catro metros. A súa construción foi arredor do 4000 antes de Cristo. Estes enterramentos foron feitos por unha colectividade para enterrar aos seus mortos, e son a mellor expresión das formas de organización do Neolítico. A uns 240 metros, no Alto de Fontedelo, atopamos outra mámoas, tamén cuberta pola vexetación, formada, aparentemente, por terra e pedras. O día 19 de xuño recibimos un escrito de Patrimonio onde nos informan, que despois da visita dos técnicos, xa foi catalogado co código GA27020336. 
Dolmen no Monte de Vilalvite: Coñecido tamén como Medorna da Zanca ou Forno dos Mouro. Localizado por traballadores dunha brigada antiincendios en outubro de 2017. A cámara ten unha altura de 1,2o metros, e ao redor pódense ver restos do túmulo moi rebaixado, que ten un diámetro de 6,30 metros no eixo norte-sur e menos dun metro de altura. O dolmen está composto por sete esteos, pedra cobertoira e outra depositada no chan que tamén puido formar parte da tampa. A tampa ten 1,90 por 1,50 e un grosor que oscila entre os 30 e 17 centímetros. No mes de outubro de 2017, os medios de comunicación fixéronse eco desta descuberta que Patrimonio axiña se apresurou a visitar e catalogar. Ao velo decidimos saír ao paso da noticia, manifestando que xa fora descuberto e tamén publicado por Juan Núñez e Laura Rodríguez no ano 1992.  Lamentamos que o laborioso traballo destes investigadores nos concellos de Friol e Outeiro de Rei, que realizaron entre finais dos anos oitenta e principios dos noventa, quedara relegado ao esquecemento e non se lle recoñeza. Pero máis lamentamos que Patrimonio, que nos consta que ten este traballo ao completo, non se preocuparan en visitar cada uns dos bens que inventariaron. Tempo tiveron dabondo. 
Mámoa do Alto: Mámoa achandada no ano 1989 pola construción dunha pista forestal. 
Mámoa de Anafreita: Descuberta no século XVI, durante a singular campaña de Vázquez de Orxas para atopar tesouros nas tumbas dos "gentiles galigrecos". 
Mámoa da Cabana: Descubrímola no mes de agosto de 2018. Trátase dun pequeno túmulo arrasado en parte cunhas medidas de 10 x 6 metros.
Mámoa do Carballal ou das Gándras: Inédita. Comunicámola a Patrimonio o día 17 de xaneiro de 2022. Ten uns 18 metros de diámetro, 1,2 de altura e cráter de violación duns dous metros. O día 4 de abril de 2022 comunicáronnos que despois da visita dos arqueólogos da Xunta foi catalogada co código GA27020346. 
Mámoas de Cebral: Necrópole con cinco enterramentos. 
Mámoas da Costa de Mera: Necrópole formada por tres mámoas. O Colectivo Patrimonio dos Ancares, grazas ao compañeiro Brais Rodríguez Romero, documentamos o día 22 de maio de 2021 un gravado inédito, e cremos que único en Galicia, no dolmen da mámoa número 2 da necrópole da Costa de Mera, na parroquia de Guldriz (Friol). Na parte inferior da cara interna dun dos esteos que forman a cámara megalítica vense unhas catorce liñas radiais que parten dun círculo. Trátase dunha clarísima representación do Sol. Este dolmen, que aínda conserva seis esteos da cámara megalítica, foi descuberto polo investigador Juan F. Núñez Jato a finais dos anos oitenta do pasado século XX, e visitado a mediados dos anos noventa polos arqueólogos César Parcero Oubiña e Carlos Otero Vilariño quen documentaron na parte superior dun dos chantos tres cruces gravadas de factura moi posterior. Se ben se consideran como soliformes algunhas gravuras aparecidas nun reducidísimo número de dólmenes de Galicia, estas son moi esquemáticas e de non doada interpretación. Pola contra, a representación deste dolmen de Friol é clarísima, non admitendo dúbidas canto á figura que quixeron representar os seus construtores. Na Península, para ver unhas figuras tan nidias do sol insculpidas nun dolmen, aínda que tamén moi escasas, hai que trasladarse a Andalucía, Cataluña, Estremadura ou Portugal. Na comunicación enviada a Patrimonio da Xunta de Galicia solicitamos que por posuír este excepcional gravado, o enterramento sexa declarado Ben de Interese Cultural (BIC).
Mámoas do Cotón (Silvela): Necrópole con cinco enterramentos.
Mámoas da Fonte do Can: Necrópole formada por seis túmulos. 
Mámoas de Espiñeira: Necrópole formada por dúas mámoas. No mes de agosto de 2018 presentamos denuncia pola agresión ao túmulo número 2, código no catálogo GA27020158. Maquinaria pesada produciulle un suco todo ao longo de máis de medio metro de profundidade e uns catro metros de anchura.  O día 12 de novembro de 2018 comunicáronnos de Patrimonio da Xunta de Galicia que se abrira un expediente sancionador por unha falta moi grave, o que conleva unha multa que vai dende os 6.001 aos 150.000 euros. 
Mámoa do Francés: Localizámola no ano 2016. Parcialmente arrasada por unha plantación de eucaliptos. 
Mámoas das Gándaras de Relucín: Necrópole con nove túmulos. 
Mámoas do Monte de Anxeriz: O día 1o de xullo de 2019, o amigo Brais Rodríguez Romero máis eu documentamos dúas novas mámoas neste monte da aldea das Penelas, na parroquia de Anxeriz. Teñen un diámetro aproximado de 21 e 25 metros, e unha altura de 1,5 metros. Do cráter de violación da de menor tamaño asoman tres esteos da cámara megalítica. Xa llo comunicamos a Patrimonio para que proceda á súa catalogación.  
Mámoas do Monte Candaíde: Necrópole con seis mámoas. 
Mámoas do Monte do Espiño: O día 11 de xullo de 2019, presentamos denuncia pola plantación de eucaliptos sobre os túmulos 1 e 2, catalogados dende o ano 1997.              
Mámoas das Medornas: Necrópole con sete túmulos.            
Mámoas do Monte Carballido: Necrópole con oito mámoas.            
Mámoas do Monte da Medorra: Tres túmulos lindeiros con Bravos, no concello de Outeiro de Rei. 
Mámoas do Monte Vilaldar: Necrópole formada por seis enterramentos. Do cráter de violación dalgunhas vense restos da cámara megalítica. A de maiores dimensións, situada a carón do Camiño do Norte a Santiago, ten unhas medidas de 20 por 30 metros e unha altura de 2 metros; conserva varios esteos da cámara funeraria, nun deles comprobamos que conserva unhas gravuras de ondulados, feito que lle comunicamos a Patrimonio. Os veciños aínda lembran que hai uns cincuenta anos está mámoa aínda conservaba a cámara completa, a maioría dos esteos foron reutilizados en construcións modernas. O día 23 de maio recibimos unha carta de Patrimonio en Lugo informándonos que os técnicos xa visitaron o sitio. Enviáronlle un informe á Subdirección Xeral de Conservción e Restauración de Bens Culturais en Santiago para que dispoñan de información actualizada sobre o estado do xacemento e, no seu caso, determine a posibilidade de realizar algunha intervención neste ben patrimonial.       
Mámoas do Parque Empresarial Monte da Gándara-Monte das Tenzas: Os días 4 e 8 de setembro de 2017, o Colectivo Patrimonio dos Ancares e ADEGA presentamos unhas denuncias ante o Servizo do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e o SEPRONA pola grave agrsión a un túmulo e a desaparición doutro. O mércores día 13 enterámonos de que a Consellería de Cultura abrirá dilixencias para esclarecer os feitos que "inclúen valoracións dos informes existentes, facer informes propios e contrastar os feitos". Ademais terase en conta as alegacións dos interesados para, con todos os datos, "valorar as circunstancias que concorran para ben abrir un proceso sancionador ou ben dalo por pechado". No mes de decembro a Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural abriu un expediente de sanción. No mes de xullo de 2o18 comunicáronnos que os responsables foran sacionados. Debido á Lei de Protección de Datos, e ao non ser parte afectada, non nos dixeron nin o nome dos autores nin o importe da sanción, pero supoñemos, tal como marca a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia que considerarían a destrución da mámoa como grave, impoñéndolle unha multa que vai dende os 6.001 a 150.000 euros.      
Mámoas do Sabugueiro: Necrópole formada por tres mámoas.                     
Medorra Aberta e Medorras de Monteirón: Forman parte da necrópole de Narla, composta por vinte túmulos. Unha das mámoas é de grandes dimensións cun diámetro próximo aos sesenta metros, atopándose entre as máis grandes de Galicia. Propostas como Ben de Interese Cultural. O día 18 de xullo de 2015 achegámonos ata o lugar, comprobando que sobre a Medorra Aberta plantaron millo, feito que xa foi posto en coñecemento do Servizo de Patrimonio de Lugo e do Concello de Friol.        
Medorra das Pallotas: Anta violada en numerosas ocasións; contan os veciños que nunha delas apareceron pucheiros e carbóns; conserva visible parte da cámara megalítica. 
Mámoa da Pena da Cabra: No Cordal de Ousá. Mámoa duns 30 metros de diámetro e 1,5 de altura aproximadamente. Do cráter de violación sobresae un esteo que puido corresponder á camara megalítica. Nunha esquina colocaron un fito que serve para indicar o límite entre os concellos de Friol e Outeiro de Rei.              
moa da Pola: O día 27 de febreiro de 2018, Brais Rodríguez Romero máis eu achegámonos ao lugar onde se atopa unha mámoa que, inexplicablemente, non estaba inventariada nin por Patrimonio nin polo Concello de Friol. Digo o de inexplicable porque este enorme túmulo, duns 25 metros de diámetro e case 3 de altura, foi documentado hai case trinta anos por Juan F. Núñez Jato e Laura Rodríguez Varela, e citado posteriormente na revista Croa da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga no ano 1996. Atópase na parroquia de Anxeriz, nunha penichaira situada a algo máis de 500 metros de altitude. Bautizada polos seus descubridores como Medorra da Pola, ten un gran cráter de violación, producido hai uns sesenta ou setenta anos cando os veciños da aldea escavaron a mámoa para extraer as pedras da cámara megalítica para usar noutras construcións e, a un tempo, para ver se atopaban posibles "tesouros". Ao parecer, un dos esteos do dolmen tiña pinturas de cor vermella. Sobre o túmulo vense gran cantidade das pequenas pedras que formaban parte da coiraza que o recubría. Nas inmediacións da mámoa, que posteriormente foi atravesada por unha pa escavadora, aínda se ven uns chantos partidos que perteenceron á cámara. O día 3 de abril de 2018, despois da visita dos técnicos, comunicáronnos que xa foi incluído no inventario de bens patrimoniais da Xunta de Galicia. O día 10 de xullo de 2019, o amigo Brais Rodríguez Romero máis eu documentamos gravados de ondulados nun destes esteos que xa comunicamos ao Servizo de Xestión Cultural da Xunta de Galicia para que o cataloguen xa que, ao contar con gravuras, ten que ser BIC.      
Mámoa de Torneiro: Divisoria entre as provincias da Coruña e Lugo e entre os concellos de Toques, Friol e Palas de Rei. 
Mámoas do Verdellón: Necrópole que estaba formada por catro mámoas case aliñadas entre si e con outra, coñecida como medorra do Monte do Pico que está no límite co concello de Outeiro de Rei. Dúas das mámoas foron destruídas polos labores agrícolas. Unha das mámoas desaparecidas, coñecida como Forno dos Mouros ou Fono do Verdellón, conservaba un dolme de planta poligonal formado por sete ortostatos pero sen tampa. Os cinco chantos que compoñían a segunda foron derrubados para seren utilizados no peche dunha finca. Ademas doutros utensilios, neste lugar atopouse unha punta de frecha. 
A Pena das Cazolas (A Ferreira-Serén): O amigo Brais Rodríguez Romero achegoume unha foto dunha pedra fincada situada no interior dun prado, á beira da estrada local ao seu paso pola aldea de A Ferreira. Hai máis de vinte anos a pedra estaba tumbada. Cando os actuais propietarios mercaron a finca quixeron esnaquizala para reaproveitar os anacos nun muro, feito que non se chegou a producir porque ao parecer alguén lles advertiu de que se trataba do esteo dunha anta megalítica. O día 10 de marzo de 2015 achegámonos ata o lugar para vela, e a verdade é que nos deixou impresionados. Na parte visible ten unha altura de algo máis de tres metros; din que a parte soterrada anda arredor dos dous metros. Na base da cara principal, onde se ve unha pía duns 40 centímetros de diámetro, mide arredor de 1,35 metros. O lado máis ancho mide uns 0,70 metros. Vese claramente que o fito perdeu gran parte da cara posterior, quizais cando pretenderon rachalo, ou pode que noutro momento, pero si nunha época relativamente recente. Na parte superior chama a atención unha fendedura en forma de U aberta, cos bordos totalmente lisos. E un último apuntamento: no sitio nin nas inmediacións se coñecen pedras de semellante tamaño, e tampouco hai constancia de enterramentos. Pregúntome, enorme esteo dunha cámara megalítica ou unha pedrafita de función astronómica? (Ver a entrada adicada ás pedrafitas). 
Ao longo do concello hai unhas 250 mámoas das que 80, ao menos, desapareceron.



 

 

 
 
 
 

 

 



 
 

 

 
 
 
GUITIRIZ
O Gandarón (O Abelendro-Becín); O Carballal (Alto dos Castros-Becín); Pena do Raposo (Becín); Corvite (Corvite de Arriba-O Buriz); Cruceiro de Riotorto (A Costeira-O Buriz); Debaixo do Pico Pequeno, As Modias do Castro de Buriz, A Lebre, Reza (O Buriz); Monte do Lombo (A Forxa-O Buriz); Cadaval, Modia Grande, O Outeiro, Pena do Toxo, O Pilreo, As Portas das Gallas (Mezoiras-O Buriz); O Tarambolo e Vilasilvestre (A Mouteira-O Buriz); Pedra da Arca (A Pedreira-Buriz); Cista da Igrexa (A Igrexa-O Buriz); Silvela (Silvela-O Buriz); As Carriceiras (Os Vilares-O Buriz); Sete Carballos (Xiá-O Buriz); Leboreira (Leboreira-Guldriz); Monte Cadaval (Brañobre-Labrada); Cordal de Bernaldo (O Bernaldo-Labrada); Formosa, Tumbelo (O Castro-Labrada); O Galiñeiro, Medoña do Porco (Galiñeiro-Labrada); Pena dos Corvos, Pena dos Nenos e Monte de Fienza (Labrada);  Serra da Loba (Serra da Loba-Labrada); Monte das Modias (Saa-Labrada); Serra do Candieiro (Xove Novo-Labrada); Cordixove, Pena da Medoña (Xove Vello-Labrada); A Cruz de Brais, Pico Grande (Labrada); Depuradora de Ansede (Ansede-Lagostelle); Castiñeira (Cezar-Lagostelle); A Avieira (Escadebás-Lagostelle); Bico da Croa e Lavamáns (Monte da Croa-Lagostelle); Os Penedos (As Puceiras-Lagostelle); A Depuradora, Cotón da Vixía, Pena Carballosa, Penas Grandes, Xea, Xur das Castiñeiras (Lagostelle); Monte das Coutadas (As Coutadas-Mariz); Pingatella (Portaescoira-Mariz); Medorras do Cotarro (Negradas); Montemeá, Monte Pelegrín, Pino (Montemeá-Parga); Cordal de Fieiró, Monte da Croa, Monte de Parga, Os Pedrazos e Pena de Xiboi (Parga); Lamas (Chantada-Parga); A Tolda (A Tolda-Parga); O Campanario (xunto á igrexa-Pedrafita); A Reguiña (Lavandeira-Pedrafita); O Cabaliño, Colmeiro, O Marco, Por Riba do Aro (Pedrafita); O Carballiño e A Modia (O Pereiro-Pedrafita); A Gándara (A Pena dos Diñeiros-Pedrafita); O Mollón ou Medoña de Casanova (As Casas Novas-Pígara); Albardillas, A Pena Branca (Muros-Pígara); As Minas (San Cristovo-Pígara); Pena Gallada (As Penas-Roca) ; A Retorta (Toar-San Breixo de Parga); Montefrío, Penas de Fro e O Semilleiro (San Breixo de Parga); Tras os Curros (Santa Cruz de Parga); Fonte de Pedrasos (Ferreiros-Santa Cruz de Parga); A Modorra (Revixoso-Santa Cruz de Parga); As Modias (Santa Cruz de Parga); Fraga do Rei (As Lobeiras-Santa Cruz de Parga); O Vieiro (Os Portos-Santa Cruz de Parga); O Cando (O Cando-San Salvador de Parga); Agra Branca (Santa Locaia de Parga); O Cotón (Cabana-Santa Locaia de Parga); A Cintinela (Monte Valiña-Santa Locaia de Parga); As Casillas ou Augas Longas (As Casillas-Santa Mariña de Lagostelle); Marco de Buño, Fonte Garrida, Outeiro Queimado, A Picota, A Revolta Grande, As Revoltas (Santa Mariña de Lagostelle); Rego da Loba Santa Mariña de Lagostelle); Medoña da Cabana (A Cabana- Santa Mariña de Lagostelle); As Medoñas (Lentemil-Santa Mariña de Lagostelle); O Marco de Portovello (Portovello-Santa Mariña de Lagostelle); Os Penedos (As Puceiras-Santa Mariña de Lagostelle); A Pallota (A Pallota-Silvela); Pastizal da Croa (Baxoi-Trasparga); Monte da Croa (O Cal-Trasparga); Vilanova (Vilanova-Trasparga); Fraga das Forcas (Forcas-Vilar); Porto Vilariño (As Casas Vellas-Os Vilares); Pena de entre as Irmáns, Pena das Cruces (O Gorgulfe-Os Vilares); A Forca Vella (Pena de Roldán-Os Vilares); A Mámoa, Pena Redonda (O Tarrelo-Os Vilares).
Mámoas do Cabaliño: Necrópole con tres túmulos.
Mámoa das Carriceiras: Localizada pola asociación cultural Lareira de Soños no mes de xullo de 2016. Trátase dunha mámoa de tamaño medio con varios esteos á vista. As choivas do mes de febreiro de 2017 sacaron á luz novos elementos. Segundo o arqueólogo Marcial Tenreiro hai moito máis enterrado e en bo estado de conservación. O túmulo ten uns 25 metros no eixo norte-sur e uns 20 metros no leste-oeste. Conserva tres esteos que saen do cráter de violación, dous duns 0,90 metros de altura.
Mámoa do Castro: Nas inmediacións do castro das Penas, parroquia de Labrada.
Mámoas do Cordal de Bernaldo: Tres túmulos, un de 22 metros de diámetro.
Mámoa de Corvite: Localicei dous documentos dos anos 1207 e 1280 onde figura como PROTAGONISTA UNHA MÁMOA EN CORVITE, na parroquia de O Buriz. No primeiro, un tal Menendis Froile, de Gulfín, concello de Vilarmaior, doa ao mosteiro de Monfero todo o que posúe entre o regato do Casal de Parga ata a mámoa de Corvite. No segundo, Pedro e Juan Fernández tamén doan ao mosteiro de Monfero todas as herdades que posúen dende a mámoa de Corvite ao mosteiro. Desaparecida ao preparar os terreos para pasto.
Mámoas do Cotarro: Necrópole con 10 túmulos. 
Mámoa dos Ferreiros: Documenteina o día 1 de decembro de 2018. Ten uns 16 metros de diámetro e 0,40 de altura. Cráter de violación moi colmatado. Terreo adicado a pastizal. O achado foi comunicado a Patrimonio. O día 28 de febreiro de 2019, dende Patrimonio comunicáronnos que, despois da visita dos técnicos, xa foi catalogada.   
Mámoas da Fonte de Pedrasos: Dúas mámoas moi achandadas. 
Mámoas da Formosa: Tres túmulos, un no límite co Alto do Xestoso (Monfero).
Mámoas do Gandarón: Tres túmulos.       
Monte das Modias (Saa-Labrada): Tres túmulos, un de 30 metros de diámetro e outro de 35. Apareceron fragmentos cerámicos e líticos, dous deles traballados en lousa, un dos cales presenta unha perforación central; tamén se atopou un útil tallado en cuarzo. Datados no Neolítico Inicial/Medio. 
Mámoas do Monte de Fro: Tres túmulos.
Mámoas do Monte Pelegrín: Necrópole con 22 túmulos.
Mámoas da Pena Branca: Dous túmulos.
Mámoa da Pena dos Corvos: No límite co Alto do Xestoso (Monfero). De 30 metros de diámetro.   
Mámoas de Pena Gallada: Necrópole linderia co concello de Sobrado dos Monxes. Só unha das tres mámoas que a compoñen pertence a Guitiriz. 
Mámoa da Pena da Medoña: No límite co Alto do Xestoso (Monfero).
Mámoa da Pena dos Nenos: De 16 metros de diámetro.
Mámoa do Porco: 25 metros de diámetro con cráter de violación.
Mámoas da Serra do Candieiro: Necrópole con tres túmulos.
Mámoas da Serra da Loba: Cinco túmulos no límitge co alto do Xestoso (Monfero).
Mámoa dos Sete Carballos: A 531 metros de altitude. De 22 metros de diámetro. Inédita, localiceina o 5 de decembro de 2022.
Mámoas do Tarambolo: Un dos enterramentos, catalogado, ten uns  30 metros de diámetro. No mes de xaneiro de 2023, nunha plantación relativamente recente de eucaliptos, localicei tres túmulos máis de 18, 19 e 21 metros de diámetro pero moi rebaixados en altura.
Mámoas de Tras os Curros: Tres túmulos, un de 26 metros de diámetro.
Mámoa do Tumbelo: Límite con Momán (Xermade) e Alto do Xestoso (Monfero). 
Mámoas do Vieiro: Necrópole con dúas mámoas situadas nun pastizal.
Mámoas de Vilanova: Seis túmulos.    
Medoñas do Galiñeiro: Necrópole formada por tres mámoas. 
Necrópole do Monte Pelreo ou Pilreo: Formada por seis mámoas, atopáronse anacos de campaniforme, un vaso inciso, lascas de sílex, un machado de xisto e discos perforados. Un recipiente tetralobulado, desaparecido, mostraba unha decoración complexa de carácter simbólico que representaba á deusa nai neolítica cuxo culto se espallou a partir do Neolítico polo occidente europeu. As escavacións foron dirixidas por Carlos García Martínez e pola Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto de Estudos Galegos nos anos setenta do pasado século.
Topónimo: Arca Cavada, aldea da parroquia de Trasparga. A zona foi moi traballada ao longo dos séculos polo que non se conserva, que saibamos, ningún enterramento. 
No concello hai unhas 190 mámoas documentadas. 





 
 
 
 




 
GUNTÍN DE PALLARES
A Medorra (Castelo de Pallares); Pena Ancha e Pena do Lagarto (Mirio-Castelo de Pallares); Fargós (Fargós-Costante); Costa de Gondarén, O Cotorroso, Lama e Veiga das Mámoas ou dos Mouros (Entrambasaugas); San Fiz (San Fiz-Entrambasaugas); O Casoto (Sear-Entranbasaugas); Mámoa Marco da Estrela (Trasulfe-Entrambasaugas); Xoaine (Xoaine-Entrambasaugas); Lagares e Monte Ladoiro (Ferreira); Lamasalgueire (Lamela); Campo das Mámoas (Lousada); A Veiga (Monte Barreiros-A Veiga-Monte de Meda); A Medorra (Ourol); Alto da Goia, Medorras Pequenas (A Goia-Pradeda); Monte da Medorra e Monte Retorta (Santa Cruz de Retorta); As Medorras (Pereiras-Sirvián); Areosa e A Costa (Vilarcabreiro-Vilamaior do Negral); Vilameá (Vilameá); A Medorra (Pradelo de Abaixo-Vilameá). 
Medorra de María de Recelle: Actúa como marco entre as parroquias de Ligonde (Monterroso),  Ferreira de Pallares (Guntín) e  e Nespereira (Portomarín).  
Necrópole do Alto da Goia (Pradeda): Formada por unha vintena de mámoas que arrodean unha pedrafita. 
Necrópole da Areosa: Necrópole con tres túmulos. 
Necrópole da Costa: Formada por catro enterramentos.    
Necrópole do Cotorroso: Formada por dez mámoas.   
Necrópole de Lagares: Con tres mámoas.    
Necrópole da Pena Ancha (Castelo de Pallares): Necrópole con cinco túmulos.  Necrópole da Pena do Lagarto (Castelo de Pallares): Necrópole con tres túmulos. 
Necrópole da Retorta: Con dous túmulos.     
Necrópole da Veiga das Mámoas: Necrópole con cinco enterramentos. Apareceron varias pezas, custodiadas no Museo Provincial de Lugo. 
Necrópole de Xoaine: Formada por tres mámoas. 
Amuleto dolménico: Pouco antes de mediados do pasado século XX, o director do Museo provincial de Lugo, Manuel Vázquez Seijas, enviou a Florentino López Cuevillas unhas fotos e a descrición dunha pequena peza de arxila decorada e cunha perforación. Toda a superficie do arco da peza atopábase decorada cunha serie de incisións lonxitudinais e transversais. Apareceu na ourela esquerda do río Foxoiro, no lugar coñecido como San Roque, preto de Xoaine, na parroquia de Entrambasaugas. Atopouno un neno de 12 anos de nome Manuel Gandoy Rodríguez quen asegurou ver no mesmo sitio outra pedra igual pero que non chegou a recoller. Escribe López Cuevillas que hai que colocar esta peza dentro do marco das esculturas pre ou protohistóricas, xa que por ningún dos seus caracteres se pode encaixar en data posterior á conquista romana. Malia o anterior, non lle foi posible clasificala con seguridade nunha época determinada por non atoparlle un paralelo exacto, ademais de descoñecer o contexto onde se recolleu. Si se sabe que nas proximidades hai uns campos de mámoas (campo da Goia e monte Barreiro), non localizándose ningún castro nas proximidades. A probable procedencia tumular ou da Idade do Bronce da peza semella afirmarse ao considerar que o raiado que a decora trazouse cunha técnica igual á empregada en moitos exemplares de cerámica campaniforme, ademais de que a perforación bicónica aparece en armas da época do Bronce, podendo engadirse que a decoración de raias cruzadas utilizouse tamén nos ídolos-pracas do Megalitismo. Desbotado o uso como arma, Cuevillas di que se debeu utilizar como adorno, como un pequeno ídolo ou amuleto, quizais vencellado cun culto lulnar, ou que pola súa traza astiforme semellarían os cornos dun touro ou dunha vaca, animais representativos de divindades en moitas relixións que actuarían como protectores antes distintos males.
  
 
 



 


 
 
O INCIO
Medorra de Bardaos (A Aldea-Bardaos); Alto da Costa, Porto do Souto (Bardaos); Fruxilde (A Cervela); Monte das Seixas (Seixas-A Cervela); Marco da Matanza (Abeledo-A Cervela); Ferradal (Ferradal-Eirexalba); O Carboeiro (Eirexalba); Pena das Cuncas (Foilebar); Medorra do Castro (Mao); Modorro Alto (San Pedro-San Pedro do Incio); Medorra de Cereixido (Cereixido-San Salvador do Mao); Serra do Edramo ou Campo de Valentín (Santa María do Mao); Campaciños e O Chao ou Penedo Grande (A Airela-Trascastro); Chao da Medorra (A Raxoá-Trascastro); Pena da Arca (Trascastro); Pena das Cuncas (Vilarxoán, no límite coa parroquia de Trascastro e o concello de Samos); Belesar (Vilasouto); Seara de Arriba (Calvos-Vilasouto); Necrópole da Serra do Edramo (entre os concellos do Incio e Samos); Necrópole de Santa Mariña (Bermún-O Viso). Outras mámoas: Chao da Lagúa. 
Mámoas de Bardaos (Bardaos): A 740 metros de altitude. Consta de catro túmulos sen cámara no interior, a de maiores dimensións ten 16 metros de diámetro. 
Mámoa de Campaciños: Medorra situada a 1.020 metros de altitude, ten unhas medidas de 16 por 10 metros.   
Mámoas do Carboeiro: A 750 metros de altitude, preto dun vértice xeodésico. Dúas medorras, unha practicamente desaparecida, a outra ten uns 15 metros de diámetro. Unha terceira da necrópole limita con Óutara (A Pobra do Brollón).
Mámoa de Cereixido: Mámoa de 26 por 20 metros.   
Mámoas do Chao da Medorra: Necrópole con tres mámoas, practicamente destruídas polos labores agrícolas, só se conservan restos de unha duns 12 metros de diámetro. 
Mámoa do Chao do Penedo Grande: Limite con Samos.
Mámoas de Ferradal: Inéditas, localiceinas a principios do ano 2010. Situadas na Serra do Batán, nun pastizal a 582 metros de altitude. Teñen unhas medidas aproximadas de 20 e 23 metros de diámetro; perderon parte da masa tumular en altura.    
Mámoas do Marco Matanza: A 750 metros de altitude. Necrópole con catro túmulos, un no concello de Sarria. Debe o nome a que nas inmediacións únense os concellos do Incio, Paradela e Sarria. 
Mámoas do Monte Carboeiro (O Incio): Dende o lugar divísase unha ampla panorámica do encoro de Vilasouto e da Cruz do Incio. Nas proximidades hai unhas antenas de telefonía. 
Mámoas do Monte das Seixas: Con dous túmulos moi achandados polos labores agrícolas. 
Mámoas da Pena das Cuncas: Case no límite co concello de Samos, a 1.160 metros de altitude. Actúan como divisorias das parroquias de Foilebar, Trascastro e Santalla. Dúas medorras de 2o e 21 metros de diámetro. Un esteo dunha das medorras ten gravuras de coviñas,daí o nome.    
Mámoa do Penedo Grande: A 1.058 metros de altitude, no Monte das Bouzallas,xusto no límite co concello de Samos.  
Mámoas de Santa Mariña (O Viso): Necrópole encravada nun planalto, composta por arredor de 50 mámoas situadas no límite dos concellos do Incio, Samos e Sarria, das cales a metade conservan restos de cámara. Escavada por Rodríguez Casal. No mes de marzo de 2015, os comuneiros denunciaron que nos últimos meses teñen observado os destrozos que están a producir os xabaríns sobre os túmulos. Din que xa avisaron a Medio Rural e a Patrimonio, quen polo de pronto nos lles deron solución ao problema. Tamén solicitaron que se limpe a maleza que cubre as mámoas para que poidan ser admiradas, dada a importancia que teñen estes restos. Declarada Ben de Interese Cultural no ano 2006.
Mámoas de Seixas: No Monte da Medorriña, a 720 metros de altitude. Dous túmulos, un perdeu gran parte da masa tumular. 
Mámoas da Seara de Arriba (Vilasouto): Na Serra de Trasmonte. Necrópole con cinco enterramentos moi afectados polos labores forestais, perderon case toda a súa masa tumular. 
Serra do Edramo: Necrópole compartida polos concellos do Incio e Samos. Composta por 18 túmulos.
 
 

LÁNCARA
Bande (Bande Susaos-Bande); Lama Grande (Bande); Trascastro (Carracedo); Monte da Medorra (Cedrón); A Medorra (Galegos); Chao de Santa Marta (A Lama); Monte da Medorra (Monseiro); Muro (Muro); Piúgos (Piúgos); Ronfe (Ronfe); Monte da Chá ou Cabianca (Souto de Ferradal); Monte Illoa (Souto de Ferradal/Toubille); A Medorra (Crescón-Toirán); Mourillón (Toubille); Trasliste (Trasliste); Montouto (Vilaesteva); Pereiriñas (Vilaleo); Monte do Penedo (Prédez-Vilarello); Monte das Medorras (A Veiga de Anzuelos-Vilarello); Alto da Fornela (A Casabranca-Vilouzán); Necrópole de Monte Meda ou Alto do Pico (na parroquia de Vilouzán); Mámoas-marco entre Baralla e Láncara (entrada ao final das fotos deste concello).
Mámoas do Alto da Fornela: Necrópole con tres enterramentos, dous pertencentes a Triacastela e un a Láncara.   
Mámoa de Bande: Mámoa situada nun pastizal, ten uns vinte metros de diámetro e unha altura de 0,75 metros. Aínda que hoxe non é perceptible, semella que en tempos, foi violada. Non se aprecian restos de coiraza nin de cámara funeraria.
Mámoa de Lama Grande: Localiceina o 1 de setembro de 2020. 18 metros de diámetro. 
Mámoa do Monte da Chá ou Cabianca: Documenteina o 1 de setembro de 2020. 48 metros de diámetro. Xa foi catalogada por Patrimonio.
Monte Illoa: Tres mámoas de 15, 17 e 18 metros de diámetro que localicei o 1 de setembro de 2020. O 10 de outubro de 2022, dende Patrimonio da Xunta de Galicia comunicáronme que, despois de feitas as comprobacións polos seus técnicos, foron catalogadas cos códigos GA27026094, GA27026095 e GA27026096.
Monte Meda (entre os concellos de Láncara, Sarria e Triacastela): Necrópole situada a máis de 1.100 metros de altitude formada por oito túmulos, algúns presentan coiraza pétrea. Algúnhas mámoas foron achandadas pola construción dunha pista. 
Monte das Medorras: Entre os concellos do Corgo e Láncara, a 525 metros de altitude. Necrópole formada por cinco mámoas, todas moi alteradas por unha plantación de piñeiros, con gabias sobre os túmulos feitas para plantar as árbores, ata o punto de que tres desapareceron. Sobre dúas mámoas vese un gran número de pedras de cuarzo e cuarcita. 
Mámoas do Monte do Penedo: Trátase de dúas mámoas de 15 e 18 metros de diámetro que localizamos os do Colectivo Patrimonio dos Ancares o día 3 de decembro de 2019. En altura perderon parte da masa tumular debido a unha plantación de piñeiros. Nunha apréciase o cráter de violación. Patrimonio xa procedeu á súa catalogación. 
Mámoas de Montouto: Necrópole con cinco enterramentos. O día 20 de abril de 2016, integrantes do Colectivo Patrimonio dos Ancares comprobamos que a mámoa número 1 fora agredida por unha plantación de piñeiros, observándose profundos sucos ocasionados polas rodeiras da maquinaria. Tamén vimos que lle practicaran un burato duns catro mestros de longo por un e medio de ancho, dando a impresión de que se trata dunha escavación furtiva. Xunto a mámoa hai un vertedoiro de lixo incontrolado. O feito xa foi comunicado ao Concello e ao Servizo do Patrimonio Cultural en Lugo. O día 21 de xaneiro de 202o comprobamos que a maleza e os piñeiros que cubrían a mámoa foran cortados de forma impecable, manualmente e sen utilizar maquinaria pesada. 
A Medorra (Crescón): Localiceina o 1 de setembro de 2020. 28 metros de diámetro.
Ao final das fotos das mámoas do concello de Láncara, ver Mámoas-marco entre Láncara e Baralla.
 

  
 



 


MÁMOAS-MARCO ENTRE LÁNCARA E BARALLA 
O día 26 de decembro de 2019, os do Colectivo Patrimonio dos Ancares comunicamos ao Servizo de Xestión Cultural da Xunta de Galicia a existencia de 10 mámoas sen catalogar entre os concellos de Baralla e Láncara que non figuran nin no PXOM definitivo do Concello de Láncara nin no PXOM inicial, aínda non aprobado, do Concello de Baralla; tampouco no Plan Básico Autonómico (PBA) da Xunta de Galicia.
 

Sitúanse a 700 metros de altitude, ao longo dos montes de Penas Longas e do Penedo Branco, todas a carón de antigos camiños que comunicaban distintas aldeas de ambos os dous municipios.
 

Temos que distinguir dous grupos. Cinco mámoas, situadas en pastizais, aínda que as súas medidas van dende os 14 aos 20 metros de diámetro, perderon case toda a masa tumular debido aos labores agrícolas polo que a altura da mellor conservada non sobrepasa os 30 centímetros e as restantes oscilan entre os 10 e os 15 centímetros. Caso distintos son as cinco restantes, situadas en montes de repoboación forestal (piñeiros maiormente) con medidas que van dende os 13 aos 22 metros de diámetro, e con alturas entre 1 e 1,80 metros.
 

Como sinalamos máis arriba, todas as mámoas atópanse a poucos metros do límite administrativo entre os concellos de Láncara e Baralla, pero hai tres que comparten unha singularidade: actúan como marcos divisorios entre as parroquias de Armea e Galegos (Láncara) e Berselos (Baralla), sendo ademais os únicos enterramentos que conservan parte da cámara funeraria de pedra (dolmen) e coiraza, se ben é certo que carecen das tampas cobertoiras, destruídas, sen dúbida, para buscar inexistentes tesouros. Estas tres mámoas, ademais, son citadas como marcos nos Interrogatorios do Catastro de Ensenada de mediados do século XVIII cos nomes de A Medorra, A Modorna Embarrigada e a Medorra de Barcela. Na mesma liña divisoria atópase o petroglifo, este si catalogado, da Pena do Oso que tamén figura no devandito catastro como marco de término entre as parroquias de Armea e Souto de Ferradal (Láncara) e Covas (Baralla). Está sobradamente documentado que en moitos casos ao longo da historia, mámoas, pedrafitas e petroglifos foron utilizados en Galicia como marcos.
O día 20 de setembro de 2021, dende Patrimonio comunicáronnos que as mámoas, despois da comprobación realizada polos seus arqueólogos, xa foron catalogadas co nome de necrópoles de Penas Longas, Monte Ulloa e Monte Illoa de Galegos. 
 


LOURENZÁ
Mámoas do Chao do Couso: Tres túmulos situados entre as parroquias de Vilapena, en Trabada, e Santo Adrao de Lourenzá. 
Mámoas das Fachas (Pumar de Don-Lourenzá): Case no límite co concello de Barreiros. Moi achandada polos labores agrícolas.
Mámoas do Monte de Liñeiras (Santo Adrao de Lourenzá): A 625 metros de altitude. Cinco túmulos situados no límite co concello de Trabada.
Parque eólico da Cadeira-Cerrochao: Entre os concellos da Pontenova, Riotorto, Trabada e Lourenzá localizáronse seis túmulos. 

LUGO
Lamaboa, Pena do Rei, Adai, Prado das Cancelas (Adai); Pena da Crespa (Bacurín); A Medorra (A Brea-Bascuas); Monte Angueiras (Bascuas); A Medorra (Barxocos-Bóveda); Lamabranca (Coeses); Monte da Madalena (Reboredo-Coeses); Alto da Medorra (Gondar); As Mazorras (Albeiros-Lugo); San Cibrán (Lugo); As Mazorras (Mazoi); As Mazorras (Meilán); Monte do Picato (Monte de Meda); Cordal de Ombreiro (Ferreiros-Ombreiro); Mogote de Penarrubia, Penarrubia (Penarrubia-Orbazai); Monte das Gándaras (Doel-Outeiro); Saa (Saa); Piúgos (Piúgos); Monte Agüeiras (Saboleiro-Romeán); Louzaneta (A Ponte-San Lázaro); Chousa (A Chousa-San Pedro de Mera); Monte Varone (San Mamede dos Anxos); Entrambosríos (San Xoán de Alto); Pena da Arcaa (Seoane-San Xoán de Alto); Monte das Abertoinas (Santa Baia de Bóveda); Monte das Tenzas (Vilar-Santa Baia de Bóveda); Pena do Rei (Marcoi-Santa María de Alta); Pena de Locai, Riba da Chousa, Tras da Cima do Campo Vello (Locai-Santa María de Alta); Costas de Riobó, Monte da Curiscada (Vilariño-Santa María de Alta); O Barracón (Soñar); Xestido (Peitieiros-Soñar); Trigás (Vilar-Soñar); Monte de San Matías (O Veral); Monte Penaleirada (Penaleirada-O Veral); Monte das Casiñas (Facoi-Vilachá de Mera); As Ferreñas (Vilachá de Mera).
Mámoa do Cordal de Ombreiro: Mámoa duns catorce metros de diámetro e 1,50 de altura con cráter de violación do que sobresaen dúas chantas graníticas.
Mámoa das Costas de Riobó: Practicamente desaparecida polos labores agrícolas.
Mámoas de Lamabranca: Necrópole formada por sete túmulos. 
Mámoas do Monte Agüeiras: Necrópole que en orixe tiña sete enterramentos. Ao menos tres desapareceron. Algúns túmulos aínda conservan restos da anta, formada por laxes de lousa. 
Mámoas do Mogote de Penarrubia: Necrópole con tres mámoas practicamente destruídas.
Mámoas do Monte das Casiñas: A necrópole estaba formada por catro enterramentos dos que dous desapareceron.
Mámoas do Monte das Tenzas: Necrópole formada por doce enterramentos, a maioría moi alterados.
Mámoa do Monte Varone: Citada na España Sagrada do P. Risco ao falar do Condado de Chamoso: "Avanzando cara a Mámoa do Monte Varone polo cume do monte entre Elebrone por onde penetra no Miño". O monte Varone e Elebrone son, respectivamente, o monte e regato de San Mamede dos Anxos.  
Mámoas da Pena da Arca: Necrópole con oito mámoas gravemente alteradas.
Mámoas de Pena da Crespa: Necrópole con cinco enterramentos.
Mámonas Pena de Locai: Necrópole con tres túmulos moi alterados, un practicamente destruído.
Mámoa do Picato: Mámoa duns 30 metros de diámetro e dous de altura. Ademais do vértice xeodésico colocado hai anos sobre o cumio, non hai moito tempo foi atravesada polo medio por un acceso a unha torreta de vixiancia de lumes situada a poucos metros.
Piúgos: No Museo Arqueolóxico de Ourense consérvanse dous machados e a metade dunha pulseira de xisto. Información achegada por Xermán Darriba. 
Mámoa Prado das Cancelas: Non conserva o túmulo, só parte da cámara funeraria (é o da segunda foto desta entrada) formada por sete pedras de granito. Foi obxecto de escavación e consolidación.
Mámoas de San Cibrán: Cando hai anos, antes da construción do hospital Lucus Augusti, visitei a necrópole megalítica de San Cibrán observábanse nidiamente os túmulos. Dos sete citados por Antonio Fraguas Fraguas no seu Apuntes sobre mámoas lucenses publicado por Cuadernos de Estudios Gallegos (1953), tiven a oportunidade de ver cinco dos enterramentos. Volvín polo lugar o día 27 de marzo de 2014 e o espectáculo co que me atopei nada tivo que ver con aquela primeira visita. Dos cinco localizados daquelas só din con tres túmulos nun estado de conservación máis que lamentable. Sábese tres, dos oito que había (un foi estragado pola autrostrada A-6), desapareceron polas obras. O lugar, ademais, é un vertedoiro de lixo, cascallos e está comido pola matogueira.
Mámoas de Trigás: Necrópole con cinco enterramentos gravemente alterados.
Nicandro Ares fala de seis mámoas situadas a 800 metros ao oeste do castro de Albazoi, na parroquia de Vilachá de Mera. 
A Medorra (A Brea): Mámoa de 17 metros de diámetro e 1,50 de altura situada nun pastizal. Alterada polos labores agrícolas. Nas inmediacións, o día 30 de xullo de 2016 localizamos unha estrutura totalmente circular duns 50 metros de diámetro.


 

 

 

 

 
MEIRA
Cortello da Vella (Leiras-Meira); Paredes (Paredes-Meira); Piñeiro (Piñeiro-Meira); Auga Lavada (Regolongo-Meira);  Acebreira (Rielo-Meira); Fontes e San Martiño de Sua (Meira); Louseiras (Seixosmil). Outras mámoas: Pedralba e Penacavada. 
Mámoas de AcebreiraA 725 metros de altitude. Necrópole formada por nove túmulos, oito no concelo de Pol e unha en Meira. Seis mámoas, ao menos, foron practicamente arrasadas por unha plantación de eucaliptos. 
Mámoas de Auga Lavada: A 610 metros de altitude. Necrópole con 3 medorras. 
Mámoas do Cortello da Vella: Necrópole composta por cinco mámoas. Unha das mámoas está moi alterada, non sobrepasando os 40 centímetros de altura. 
Mámoa de Penacabada: Citada por Vázquez Seijas. Destruída no ano 1932 cando a construción da estrada de Baralla a Meira. Apareceron un coitelo de sílex e dous machados de pedra puída. 
Parque eólico de Meira: Entre os concellos de Meira, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto. Localizáronse catorce túmulos.
 

 

MONDOÑEDO
Monte do Chao de Ameixón (Argomoso): Posible indicio dunha mámoa. 
Montedarca (Argomoso): Mayán Fernández non concreta se é un topónimo ou un enterramento megalítico. Ata o presene non se atoparon restos. 
Medorra do Coto Leboreiro: A 605 metros de altitude. Entre as parroquias das Oiras (Alfoz) e Figueiras (Mondoñedo). 
Mámoas do Monte da Farrapa (Argomoso): Na avaliación do impacto arqueolóxico do parque eólico, atopáronse dúas posibles mámoas. 
Mámoa do Monte da Cruz (Figueiras): Situada á beira dun camiño que sobe cara a montaña. Ten uns 17 metros de diámetro. Do cráter de violación sobresae unha pedra.  
Medorra de Lindín: Aínda que figura no inventario da Xunta de Galicia, na actualidade desapareceu, quizais cando as obras da autoestrada.
 

MONFORTE DE LEMOS
Picamillo (Caneda); A Agüela e O Escouredo (O Chao do Fabeiro); Sitio da Medorra (Chavaga); Fiolleda (Fiolleda), Sitio da Medorra (Guntín); As Rozas (Marcelle); A Medorra (A Penela); Mámoas da Granxa (A Lagoa-Piñeira); Tralacota (Tor-Concello de Pantón); A Medorra (San Xillao de Tor); O Medorrro (A Nogueira-Seoane); Monte da Medorra (Susao-Sindrán). Outras mámoas: Moura e Sampaio.   
Mámoa da Agüela: Situada nun pastizal, perdeu casa toda a masa tumular. 
Mámoa do Escouredo (Chao do Fabeiro): De 25 metros de diámetro e 1,5 metros de altura, non presenta restos de cámara nin de coiraza pétrea. O PXOM do Concello de Monforte sitúaa erradamente na parroquia de Valverde; o túmulo da Agüela, ubicada nas inmediacións, non o recolle. 
Mámoa de Fiolleda (Fiolleda): Trátase dunha mámoa duns 15 metros de diámetro e uns 0,25 de altura moi achandada polos labores agrícolas. Non se aprecian restos de cámara funeraria nin de coiraza pétrea. 
Mámoas da Granxa: Inéditas, localiceinas en febreiro de 2023. Dous túmulos de 15 e 17 metros de diámetro que perderon gran parte da masa tumular en altura. No voo americano de 1956-57 vense outros tres túmulos que desapareceron por mor dos traballos agrícolas.
Mámoa da Medorra (A Penela): Localizámola os do Colectivo Patrimonio dos Ancares o día 22 de agosto de 2020, a 520 metros de altitude. Ten uns 20 metros de diámetro e unha altura aproximada de un metro. No PXOM do Concello e en Patrimonio só figura como topónimo, A Medorra (código GA27031TOP06), pero non se describe debido a quen non a localizaron, de feito non aparece recollida nin no Plan Básico Autonómico nin no visor de Aproveitamentos Forestais, o que resulta chamativo xa que, sen dúbida, é a mellor conservada do municipio. 
Mámoa do monte da Medorra (Sindrán): O día 19 de novembro de 2016 localizamos unha mámoa que só estaba rexistrada en Patrimonio como topónimo. Practicamente arrasada polos labores agrícolas, ten un diámetro duns 11 metros e unha altura dun 0,20 metros. Pola superficie vense pedras de xisto e cuarzo que puideron formar parte da coiraza. Nas inmediacións localizamos un posible esteo da cámara megalítica. No cume do monte tamén documentamos os primeiros petroglifos do concello. Un veciño contounos que dende aquí partía un túnel por onde os mouros baixaban ata o castro de Susao e o río. Xa foi catalogada por Patrimonio.  
Mámoa de Picamillo: Localizámola os do Colectivo Patrimonio dos Ancares o día 22 de agosto de 2020. Foi no monte Campelo, na parcela denominada como Picamillo, parroquia de Caneda, a 475 metros de altitude, case no límite coa parroquia de Santa Mariña do Monte. ten uns 14 metros de diámetro e unha altura de 60 centímetros. Posúe cráter de violación duns 2,5 metros de diámetro. A simple vista non conserva restos de cámara pero sobre o túmulo si se ven pedras de pequeno tamaño que puideron formar parte da coiraza que o recubría. No lugar medran carballos e piñeiros. Non figura nin no PXOM do Concello nin nos visores da Xunta de Galicia (Plan Básico Autonómico e Aproveitamentos Forestais). 
Mámoa das Rozas (Marcelle): A 600 metros de altitude. Duns 16 metros de diámetro. Con cono de violación, non se aprecian restos de cámara e coiraza. Cuberta pola maleza, perdeu gran parte da masa tumular. 
Mámoa de Tralacota: Túmulo de 26 metros de diámetro con cráter de violación. Situada nun pastizal, perdeu case toda a masa tumular en altura. No PXOM do concello de Monforte figura mal ubicada xa que se atopa na parroquia limítrofe de Toiriz, no concello de Pantón. 
Nos Interrogatorios do Catastro de Ensenada de mediados do século XVIII figuran varias medorras non localizadas ata o presente. Tamén no Catastro actual aparecen os topónimos A Medorra e O Sitio da Medorra nas parroquias de Chavaga, Guntín e San Xillao de Tor. Na parroquia de Vilamarín figuran os topónimos A Meda e As Moas que tamén poden facer referencia a este tipo de enterramentos. Polo de agora, debido á falta de precisión destes lugares canto á situación, non atopamos restos de posibles vestixios.
 


 

 


 


MONTERROSO
Zancas (As Casas do Chao-O Bispo); Fonte Queseira (Sucastro-O Bispo); Monteagudo, Mouro Morto (Cumbraos); San Pedro de Frameán (Frameán); Monte Queimado (entre Fufín e Pedraza); A Escrita, Nabal de Santo André (Fufín); Pena do Casquete (O Rañadoiro-Furco); Alto da Devesa, Casas das Mouras, Cruce das Portas (Ligonde); Monte do Rosario (Os Lameiros de Arriba-Ligonde); O Marco (entre Ligonde e Marzán); María de Recelle (entre Monterroso, Guntín de Pallares e Portomarín); Montecalvo (As Medorras-Marzán); Monte da Pístula (Lodoso); Milleirós, Pena Serrada (Milleirós); Garamán, Lagoas, Lentil, Piteira, Serra de Novelúa, Vaca Loura (Novelúa); Monte Queimado, Piabos, Rega da Tía Luísa (Pedraza); Penas do Viso, Portela, Razoás (Penas); Alto das Tumbas (entre Pol e Sambreixo); Monte da Serra (Salgueiros); A Pedrea, Serra do Francés (Sambreixo); Castelo Longo de Ambarría (Mundín-Sambreixo); Carballo Alto, Monte Fabeiro ou Forno dos Mouros, Leira Nova, Pico do Monte (Tarrío); Monte Agudo ou Coto do Mouro, Monte da Costa (Vilanova).
Mámoas do Alto das Tumbas: Cinco medorras.
Mámoa do Carballo Alto: Entre Tarrío (Monterroso) e  e Marzá (Palas de Rei).
Mámoas das Casas Mouras ou Ligonde: Necrópole con catro túmulos, o marior de 33 metros de diámetro.
Mámoas do Castelo Longo de Ambarría: Tres medorras.
Mámoas do Coto do Mouro: Dous túmulos.
Mámoas das Cruces das Portas: Catro medorras. Tres aliñadas.
Mámoas do Forno dos Mouros ou Monte Fabeiro: Dous túmulos.
Mámoas das Lagoas: Necrópole con dous túmulos.
Mámoas da Leira Nova: Necróple con dous túmulos.
Mámoas do Monte da Costa: Catro túmulos.
Mámoas do Monte Queimado: Sete túmulos. 
Mámoas do Monte da Serra: Necrópole con seis mámoas situadas nas inmediacións da Pena Godón.  
Mámoa de Montecalvo: Dous túmulo cubertos de monte baixo, moi achandados.
Mámoas da Pedrea: Catro túmulos.
Mámoas da Pena do Casquete: Dous túmulos, outros cinco en Vales (San Cristovo de Cea).
Mámoas da Pena Serrada: Necrópole con dúas mámoas.
Mámoas das Penas do Viso: Cinco túmulos.
Mámoas da Rega da Tía Luisa: Dúas medorras.
Mámoas de San Pedro de Frameán: Documenteinas o día 4 de novembro de 2017. Trátase de dous túmulos, un de 14 metros de diámetro e 0,70 de altura e o outro de 10 metros de diámetro e 0,40 de altura; neste último vese un cráter de violación con varias pequenas pedras que puideron formar parte da coiraza pétrea. Os achados foron comunicacos ao Servizo do Patrimonio Cultural en Lugo. 
Mámoas da Serra do Francés: Tres medorras.
Mámoas da Serra de Novelúa: Catro túmulos.
Mámoas da Tía Luisa: Necrópole con dous túmulos.
Mámoas da Vaca Loura: Necróple con catro túmulos.
Medorra de María de Recelle: Actúa como marco entre as parroquias de Ligonde (Monterroso),  Ferreira de Pallares (Guntín) e  e Nespereira (Portomarín). 
Novelúa: Bouza Brey e López Cuevillas contan no seu Os Oestrimnios, os Saefes e a Ofiolatría en Galicia que apareceron uns obxectos de pedra que semellaban machados.
 
 

 

 

 
MURAS
A Balsa (A Balsa); Bustate (A Balsa); Os Carrís (Os Carrís-A Balsa); Currás/Taboi (Currás/Taboi-A Balsa); Campo do Foxo (Vilariño-A Balsa); Cabeceira (Cabeceira-O Burgo); Carracedo (Carracedo-O Burgo); As Campas/Pena do Medo (Abeledo-Muras); Alto de Montouto (Bustelo-Muras); Alto de Besura e Louseiras (Caraceiro-Muras); Porto da Gañidoira (Paleira-Muras); Rioseco (Rioseco-Muras); Penedo da Forca (Castrosol-Silán); Pena da Corva (Navallos-Silán); Finca da Medoña (A Torre-Silán); Penas do Seixo (Silán); Cruz de Garamallo ou Chao das Modias (A Bidueira-O Viveiró); Pena da Corva (Os Coruxos-O Viveiró); Porxestas (Porxestas-Viveiró).
Mámoas do Campo do Foxo: Necrópole composta por dúas mámoas.
Mámoas da Cruz de Garamallo: Necrópole con tres túmulos, a maior ten máis de 35 metros de diámetro. Lindeiras con O Viveiró (Muras). 
Mámoas de Rioseco: Necrópole formada por dúas mámoas. 
Parque eólico de Bestelo-San Xoán: Entre os concellos de Muras e As Pontes. Na zona de afección localizáronse ste túmulos, e na zona de incidencia tres túmulos. 
Parque eólico de Escoiras: Entre Muras e O Valadouro. Na zona de afección atopáronse catro túmulos, e na de incidencia dous. 
Parque eólico de Goia-Peñote: Entre os concellos de Muras, Vilalba e Xermade: Atopáronse dúas mámoas. 
Parque eólico de Muras: Na zona de afección atopáronse dous túmulos, na de incidencia un túmulo, e na de mostraxe outro túmulo. 
Parque eólico do Refachón: Na zona de incidencia localizáronse dous túmulos. 
Parque eólico de Silán: Na zona de afección localizouse unha mámoa. 
Parque eólico da Ventoada: Na zona de mostraxe localizáronse tres túmulos.

NAVIA DE SUARNA 
Toda a información sobre as mámoas do concello de Navia de Suarna no blog do Colectivo Patrimonio dos Ancares, na entrada https://arqueoloxiadosancares.blogspot.com/2011/01/presentacion_23.html

NEGUEIRA DE MUÑIZ
Foxo (O Foxo-Barcela); O Couso (Vilar-Barcela); Vilauxín (Vilauxín-Barcela); Brañela (O Carballín-Oviaño); Coto da Lagoa (Pico da Lagoa-O Carballín-Ouviaño); Chan da Arqueta (Vilarmeor-Ouviaño). 
Mámoa de Brañela (Ouviaño): Localizámola os do Colectivo Patrimonio dos Ancares no mes de agosto de 2017. Foi a uns 1.050 metros de altitude e a pouco máis de 100 metros do límite con Asturias. Mide 11 metros de diámetro e ten unha altura de 0,50 metros. Apréciase un cráter de violación pouco profundo. Sobre a mámoa vense restos de pequenas pedras que formarían parte da coiraza pétrea que recubría o túmulo. Os traballos agrícolas de antano afectaron á masa tumular o que non impide afirmar que se atopa en relativo bo estado de conservación. O achado, despois de comunicarllo a Patrimonio, xa foi catalogado.  
Mámoa do Coto da Lagoa (Ouviaño): A 1.195 metros de altitude. Ten uns 12 metros de diámetro. 
Mámoa  do Couso: O día 26 de outubro de 2019, os do Colectivo Patrimonio dos Ancares documentamos unha mámoa non catalogada no concello de Negueira de Muñiz. Foi no monte Teso do Espiñeiro, entre as aldeas do Foxo e Vilar, a 650 metros de altitude, a carón dun antigo camiño que comunicaba Vilar con Castelo. Situada nun terreo con vexetación de monte baixo (xestas), ten uns 20 metros de diámetro e unha altura de 1,70 metros. O que nos chamou poderosamente a atención foi unha estrutura circular feita con pedras de lousa de bo tamaño, duns dous metros de diámetro e dun metro escaso de altura, que ocupa a parte central do túmulo. Estamos afeitos a ver mámoas reutilizadas para chantar marcos, vértices xeodésicos, etc., pero nunca cunha especie de chozo construído no cráter de violación do enterramento. Nós tiñamos coñecemento da existencia dunha posible mámoa na zona dende facía anos. O noso informante fora un home de Ouviaño que acostumaba ir á importante feira que se celebraba en Barcela antes de que esta aldea fora tragada polo encoro de Salime a finais dos anos cincoenta do pasado século, cuxos habitantes foron "reubicados" forzosamente na Terra Chá. O home contáranos que de neno escoitara dicir a un de Vilauxín que debaixo da medorra estaba o Pozo Negro, e o pozo tiña un encantamento. Del saía unha voz que chamaba a persoas e animais, e cando se achegaban eran engulidos nas súas profundidades, non volvendo a aparecer nunca xamais. Os veciños, entón, decidiron facer un alto muro arredor del para, aínda que oíran a voz, ninguén volvera caer dentro. De todos xeitos, tamén nos dixo que outros aseguraban que os muros eran os restos dunha pequena torre de vixiancia para controlar o camiño que ía cara a aldea de Castelo, a menos de 1,5 quilómetros en liña recta, onde puído existir unha fortaleza medieval. Á parte as lendas, nós cremos que esta estrutura circular construída sobre a mámoa son os restos dun chozo onde se recollían os pastores. Secularmente, estes montes foron utilizados como lugar de pastoreo para as cabras. De feito, o sitio onde se atopa chámase O Couso, topónimo que, aínda que adoita facer alusión a un depósito de pedra onde se gardan os cereais ou a un foxo para cazar feras selvaxes, tamén se identifica cunha arca ou ucha, nome polo que son coñecidos os dólmenes prehistóricos; o couso ou foxo tamén pode facer alusión ao burato ou cráter de violación do enterramento. 
Mámoa do Pico Privafornelas (San Pedro de Ernes): Documentámola o día 6 de xuño de 2020, a 1.894 metros de altitude, case no límite con Asturias. Ten unhas medias de 18 metros de diámetro e un de altura. Figura nun documento de lindes do ano 1875 suscrito entre veciños de San Pedro de Ernes e Valledor, este no municipio asturiano de Allande.
 
  
   

AS NOGAIS
Toda a información sobre as mámoas do concello das Nogais no blog do Colectivo Patrimonio dos Ancares, na entrada https://arqueoloxiadosancares.blogspot.com/2011/01/presentacion_23.html
 
OUROL
Ambosores (Ambosores); Penagateira (Bravos); Hucha dos Tesouros (Miñotos); O Penido Vello (O Xesto-Miñotos); Cristo dos Callós ou Monte dos Callós, Penas do Toxo (San Pantaleón de Cabanas); Serra das Moles ou A Veiga das Moles (San Pantaión de Cabanas/Ambosores); As Cabeceiras, Cruz de Garamallo ou Chao das Modias (Xerdiz). 
Mámoas do Cristo dos Callós (San Pantaión de Cabanas): Necrópole composta por sete mámoas.
Mámoas da Cruz de Garamallo: Necrópole con tres túmulos, a maior ten máis de 35 metros de diámetro. Lindeiras con O Viveiró (Muras).
Mámoas da  Pena do Toxo: Necrópole con dous túmulos de 22 e 15 metros de diámetro. 
Mámoas do Cristo de Porta Pena: Dous túmulos lindeiros entre San Pantaleón de Cabanas (Ourol) e Cabanas (O Vicedo).
Mámoas do Parque Eólico Álabe-Mareira: Nos traballos de Estudo do Impacto Arqueolóxico documentouse o impacto sobre dous túmulos, ademais de catro rochas con gravuras.
Mámoa do Penido Vello: Atópase xunto unha estación de petrglifos con 11 rochas gravadas.
 


 
OUTEIRO DE REI
Bullas e O Cruceiro (Arcos); Aspai (Aspai); Pico das Mallas (Province-Aspai); Santa Comba (Santa Comba-Aspai); Coto de Province (Province-Aspai); Medorra do Monte (Veiga-Bonxe); Caboi (Caboi); Monte de Candai (Candai); A Casanova (Cela); Veiguicela (Cela); Medorra dos Castros (Quintián-Cela); Castelo de Ferreira (Francos); Leira das Medorras (Maúnfe-Francos); Reboreda (Reboreda-Francos); Guillar (Guillar); Martul e Pedra Dereita (Martul); Albarón (Matela); Pago da Matela (Santa Madalena-A Matela); Cordal de Acevedo (Martul); Monte de Parada, Medorra da Regueira, Roza de Codeside (Parada); Pascuais (Pascuais-Parada); Monte Rozas Novas (Robra); San Clodio (San Clodio de Aguiar); Montemaior (San Fiz de Paz); Agro de Cabanela e Redondiña (San Lourenzo de Aguiar); Santa Mariña (Santa Mariña); Agro de Paradela (Santiago de Gaioso); Alto de Gaioso, O Coto, Medorra do Pico, As Medorras e Monte Porriño (Santo Tomé de Gaioso); Constante, O Francés, Pape e Silvarrei (Silvarrei); A Medorra (Curutín-Sobrada de Aguiar); Pena Souteiros (Vicinte); Coto de Bravos, Medorra do Cotón e Medorra das Penas (Bravos-Vicinte); Bustelo (Bustelo-Vicinte); O Forno dos Mouros (A Insua-Vicinte); Cavadas (Vilela). Outras mámoas: Penas da Gulpilleira. 
Anta en Bustelo: Nunha finca particular hai catro esteos pertencentes, sen dúbida, á cámara megalítica dunha anta que foi destruída. Ao menos dúas das pedras reutilizáronse como peche. Un dos chantos presenta unhas curiosas marcas. Nas inmediacións atopamos un machado neolítico.   
Mámoas en Aspai e ParadaO día 27 de febreiro de 2018, debido a unhas talas de piñeiros, Brais Rodríguez Romero máis eu descubrimos dúas novas mámoas no concello de Outeiro de Rei. A primeira foi na parroquia de Aspai. Ten unhas medidas de 14 metros de diámetro e 1,5 de altura. A simple vista semella que non foi violada, se ben resultou bastante alterada, como se observa na foto, pola maquinaria pesada ao realizar a corta das árbores. O segundo túmulo localizámolo nos montes de Pascuais, parroquia de Parada. Ten unhas medidas de 16 metros de diámetro e 1,70 de altura. Atópase non moi lonxe dun campo de mámoas e da coñecida como A Pena Serrada onde descubrimos uns petroglifos que o pasado ano xa foron declarados BIC pola Xunta de Galicia. As descubertas foron comunicadas a Patrimonio para que procederan á súa catalogación. O día 17 de abril de 2018, dende Patrimonio comunicáronnos que, despois da visita dos técnicos, foron incluídas no inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia. 
Mámoas de Bullas: Formada por sete mámoas. Todas violadas. 
Mámoa de Bustelo: Durante unha tala na parroquia de Vicinte localizamos o 18 de novembro de 2021 unha mámoa de 14 metros de diámetro e unha altura de 0,70 metros; no centro ten un cráter de violación duns 2 metros de diámetro. Despois da tala de piñeiros plantaron eucaliptos. O  día  12 de xaneiro de 2022, comunicáronnos de Patrimonio que, despois da visita dos seus arqueólogos, foi catalogada co código GA27039109. 
Mámoas en Caboi: O día 29 de setembro de 2017, Brais Rodríguez Romero máis eu documentamos as primeiras mámoas localizadas na parroquia de Caboi. Trátase de dous enterramentos de 16 e 11 metros de diámetro respectivamente. A descuberta da primeira foi posible cando se efectuou unha tala de piñeiros. Non moi lonxe, nun bosque plantado de piñeiros localizamos a segunda. Ambas as dúas perderon boa parte da masa tumular debido ao acondicionamento do terreo con maquinaria para efectuar as repoboacións.  
Mámoa do Coto de Bravos: Anta inserida nunha mámoa con sete esteos na cámara e con dous no corredor. Non conserva a pedra cobertoira. Polo túmulo vense as pedras que formaban a coiraza. Situada nun pequeno outeiro visible dende lonxe. A pesares de ser un dos enterramentos emblemáticos do municipio, atópase nun estado total de abandono, o corredor está a derrubarse. Sen sinalizar. No mesmo monte, non moi lonxe da anta, atopamos o día 14 de abril de 2014 dúas rochas graníticas con coviñas inéditas.  
Mámoa Forno dos Mouros: O día 17 de agosto de 2017 solicitamos a Patrimonio aclaracións sobre un enterramento megalítico situado entre os montes de Fonte Cerdeira e Pena da Cabra, preto da aldea da Insua, parroquia de Vicinte. Trátase dunha mámoa, duns 18 metros de diámetro, coñecida como Forno dos Mouros, entre os montes de Fonte Cerdeira e Pena da Cabra, preto da aldea de A Insua. No cráter de violación que lle fixeron para buscar "tesouros" vese a cámara megalítica que conserva cinco esteos de pedra fincados no chan sobre os que apoia a tampa cobertoira á que lle falta unha parte. Sobre o túmulo hai outro esteo que formaba parte da anta. Apréciase nidiamente que o dolme era de planta poligonal e que en orixe debeu contar con sete esteos. Cóntase que no ano 1940 quixeron utilizar as pedras do enterramento para facer unha casa pero os obreiros desistiron porque eran demasiado duras para cortalas. Tamén se di que uns homes da parroquia, baixo as ordes dun cura que había en Vicinte, escavaron no sitio para ver se atopaban algún tesouro, ocasionándolle unha gran gabia ao túmulo de terra que cubría o dolme. O día 30 de agosto recibín a comunicación de Patrimonio de que, despois da visita dos técnicos de Patrimonio, o dolmen foi catalogado co código GA27039092. 
Mámoa do Francés: Duns 18 metros de diámetro. O día 28 de febreiro de 2022 comuniquei a Patrimonio da Xunta que sobre o túmulo plantaron eucaliptos.
Mámoa no límite de Francos con Aspai: Sen catalogar. Mámoa duns 14 metros de diámetro e 0,50 de altura, cun cráter de violación pouco profundo dun 3 metros de diámetro. O día 20 de febreiro de 2016, o amigo Brais Rodríguez Romero máis eu comprobamos que non hai moito plantaron sobre o túmulo varios eucaliptos, utilizando para elo maquinaria o que afectou gravemente á masa tumular. Anteriormente tiña plantados piñeiros que foron cortados sen control arqueolóxico.         
Mámoa de Guillar: Citada por Vázquez Seijas. Apareceu unha vasilla e unha punta de frecha.      
Mámoa da Leira das Medorras (Maúnfe): Documentada por Bras Rodríguez Romero máis eu o día 1 de xaneiro de 2018. Ten uns 13 metros de diámetro. O achado foi comunicado a Patrimonio para a súa catalogación.   
Mámoa en Martul: A uns 370 metros en liña recta de Pena Dereita. Localizada por Brais Rodríguez Romero máis eu no mes de maio de 2018 despois do acondicionamento do monte con maquinaria pesada para a plantación de eucaliptos. Comunicámosllo a Patrimonio.  
Mámoa do Monte Martul: Presenta unha cámara tipo cista de grandes dimensións. 
Mámoas do Monte de Parada: Necrópole formada por dez medorras.  
Mámoas do Monte de Santa Mariña-Monte de Outeiro-Monte da Matela: Acolle, ao menos, 23 túmulos de distintas dimensións. A súa relevancia arqueolóxica xa foi posta por Ángel del Castillo no ano 1928. Os montes de Santa Mariña e da Matela acollen 11 enterramentos, tres foron identificados cando as obras do polígono industrial, constatándose que outros tres desapareceran. Sitúanse a carón dunha vía de tránsito primaria, aproveitada con posterioridade polo Camiño Real que discorría por Castro de Rei, Outeiro de Rei e Friol. Os túmulos destas necrópoles foron obxecto dende o ano 2002 de oito actuacións ocasionadas por distintos proxectos relacionados co aproveitamento industrial.
Mámoa do Pago da Matela (Santa Madalena-A Matela): Ao explanarse unha mámoa, saíu á luz un enxoval composto por oito pezas puídas, unha dobre aixola e tres mazas. Ao ser destruída por unha escavadora, puideron perderse máis pezas. 
Mámoas de Pascuais: Formada por dous túmulos situados no Cordal de Acevedo. O número 1 está declarado como BIC; do cráter de violación sobresaen varios esteos que formaban a cámara funeraria; nun dos chantos gravouse unha figura semellante a outras que levamos localizadas en varios puntos do municipio, gravadas sobre marcos e en afloramentos.          
Mámoa da Pedra Dereita: Anta inserida nunha mámoa. Conserva sete esteos, dous fóra da súa posición orixinal, apoiados no túmulo. Sen sinalizar, cando a visitei por última vez no mes de xullo de 2015 atopábase totalmente cuberta pola matogueira o que a fai pasar desapercibida. 
Mámoa da Pena das Rodas: Desaparecida. Atopábase no lugar denominado Monte da Pena Furada, Pena das Galerías ou Porta dos Campiños. Á medorra chamábanlle A Cova do Alexandro, un veciño de Gaioso que tiña o costume de roubar pequenos obxectos aos veciños que logo agochaba na mámoa. Ninguén llo tiña en conta, sabían onde atopar o que lles levaba o Alexandro.             
Mámoa do Pico: Preto do Forno dos Mouros, fai de marco divisorio entre os concellos de Friol e Outeiro de Rei. Conserva catro esteos da cámara. Na parte superior dun deles apareceu gravado un cadrado.     
Mámoa do Pico das Mallas: Documentada por Brais Rodríguez Romero e eu mesmo o día 29 de outubro de 2016. Trátase dunha mámoa situada a 544 metros de altitude, na parte máis alta do monte. Mide uns 14 metros de diámetro e a súa altura roza os dous metros. Do cráter de violación saen tres esteos que formaban parte da cámara megalítica. Despois de que llo comunicaramos a Patrimonio xa foi catalogada.
Novas mámoas localizadas en xullo de 2019: O día 29 de xullo de 2019, os integrantes do Colectivo Patrimonio dos Ancares, Brais Rodríguez Romero e Xabier Moure, documentamos catro novas mámoas con dolmen no concello de Outeiro de Rei. A primeira foi no Cordal de Acevedo, en Pascuais, parroquia de Parada, a 450 metros de altitude. A súa localización foi posible debido a limpeza da maleza que se realizou debaixo do tendido eléctrico de media tensión. Ten unhas medidas de 16 metros de diámetro e un de altura. Presenta cono de violación do que sobresaen varios esteos graníticos da cámara funeraria. Chamounos a atención que estea sen catalogar xa que, polas referencias, foi eiquí onde hai anos apareceron uns fragmentos dun vaso cerámico de borde revirado ou de longo bordo horizontal descuberto a principios dos anos noventa polo investigador Juan Núñez Jato, e que no seu momento foi obxecto de varios estudos. Outros tres túmulos documentámolos entre os montes do Pico das Mallas e As Corredoiras, en Province, parroquia de Aspai, a uns 520 metros de altitude. O primeiro enterramento desta necrópole ten 21 metros de diámetro e 2 de altura; do cráter de violación asoman tres pedras que formaban a cámara poligonal; semienterrado no túmulo atopamos o que, case con toda seguridade, é un idoliño de pedra moi ben traballado colocado como ofrenda ou protección.  A segunda mámoa, situada a uns corenta metros da anterior, ten un diámetro de 20 metros e 2 de altura; do cono de violación sobresaen dous chantos da cámara funeraria. O terceiro enterramento, situado no medio dun piñeiral, ten uns 20 metros de diámetro e 1,20 de altura; no cráter de violación vense tres ortostatos que formaban a cámara megalítica. O día 30 de agosto de 2019, dende o Servizo de Xestión Cultural comunicáronnos que, despois da visita dos técnicos de Patrimonio, xa foron catalogadas cos códigos GA270239101, GA2702239102, GA270239103 e GA270239104 
Alabarda de San Xoán de Parada: Apareceu ao extraer grava dunha canteira no ángulo que forman os ríos Miño e Narla. Despois de pasar por varias mans, cheou a ser propiedade de don Bernardino Pardo Ouro quen a depositou no Museo de Lugo onde se conserva na actualidade. A peza está realizada en sílex, de cor mel escura, ten un contorno de triángulo isósceles coas dúas caras sensiblemente iguais. A distancia existente dende a zona onde se ubican os paralelos desta alabarda ata Galicia fai pensar que chegara a territorio lucense a través de intercambios o que documentaría, unha vez máis, a existencia de relacións entre a cultura megalítica de Galicia e Portugal. 
Gravura de Martul: A principios do mes de novembro de 2013 achegueime ata Martul xa que tiña noticia da existencia dunha gravura que hai na reitoral e que, segundo as poucas referencias das que dispoñía (Guerra Mosquera no Boletín da Comisión de Monumentos de Lugo, 1976), situaban no Neolítico. Trátase dunha figura humana insculpida nunha pedra do muro da casa que se reutilizou para tapar unha ventá. De trazos profundos, debuxan o corpo, brazos, pernas e cabeza na que se aprecian os ollos e a boca. Quizais represente a unha divindade feminina espida, unha deusa da fecundidade. A tradición oral di que foi atopada nunha mámoa, se ben é certo que se descoñece en que lugar se ubicaba o enterramento. Eu amoso as miñas dúbidas canto á súa adscrición ao Neolítico, situándoa, en todo caso, na Idade do Bronce, ao igual que o vaso campaniforme atopado nunha mámoa do Cordal de Acevedo, localizado na mesma parroquia. Despois de varios reqrimentos a Patrimonio da Xunta para que a catalogaran, fixéronno a finais de 2022.
Mazas do Neolítico Final (Roza de Fóra-Albarón-Matela): A principios do mes de abril de 2015, o arqueólogo Pablo Vázquez Liz e o seu equipo deron a coñecer o achado de varias mazas votivas asociadas a un enterramento megalítico descoñecido ata o momento que apareceu nun lugar completamente chan. Os primeiros indicios datan do ano 1969 cando un tractor removeu a terra e apareceron trece pezas que o propietario puxo en mans dos arqueólogos que as levaron para o Museo do Castelo de San Antón da Coruña; eran pedras puídas (machados, ciceis, unha dobre aixola e tres mazas) con aspecto de non seren utilizadas; a mámoa foi destruída polo que se puideron perder outros obxectos. No mesmo sitio saíron á luz restos cerámicos e outras pezas do Bronce Medio.         
Guillar: Atopouse unha vasilla e unha punta de frecha.         
Pola documentación e referencias orais, no concello están contabilizadas máis de medio cento de mámoas que desapareceron. Ao longo do municipio están documentados arredor de 180 enterramentos cun estado de conservación de regular a malo.
AO FINAL das fotos de Outeiro de Rei, artigo: Enigma resolto.


 

 

 

 




 


 





 


ENIGMA RESOLTO

As conxecturas que formulaban outros autores e nós mesmos sobre esta gravura no esteo dun dolmen de Pascuais e noutras partes do concello de Oureiro de Rei mudaron radicalmente no mes de abril de 2019, cando chegou ás nosas mans uns documentos que nos aclaraban o seu significado e a data de realización. 
 

Dende o ano 2015, o investigador Brais Rodríguez Romero máis eu documentamos nas parroquias de Aspai, Martul e Parada (tamén coñecemos algunha na parroquia de Camoira, no concello de Lugo) varias penas gravadas cuns enigmáticos símbolos, todos de tipoloxía semellante. Trátase dunha figura formada por un círculo superior do que, pola parte inferior, parten unhas liñas verticais e, nalgúns casos, unha semicircunferencia que as cruzan. O primeiro que nos chamou a atención é que estes gravados se atopen insculturados en penas moi ben traballadas fincadas no chan, tipo menhir, nas inmediacións de campos de mámoas; nalgúns esteos que forman a cámara megalítica dun dolmen; e en afloramentos rochosos formando conxunto con petroglifos prehistóricos. Postos a dar co significado das pedras en si, barallamos diversas hipóteses: que se tratara de pedras-fitas (menhires) prehistóricas, de marcos de término xurisdicionais, ou que delimitaran o couto dun desaparecido mosteiro erixido arredor do século X que algúns autores sitúan na parroquia de San Xoán de Parada. Calquera das conxecturas podería ser válida. Agora quedaba o significado dos insólitos gravados. Fóra dos límites do concello de Outeiro de Rei, que nós saibamos, este tipo de representacións non teñen paralelismo con outras da provincia de Lugo, e posiblemente de Galicia. Puxémonos a buscar algunha pista, por moi pequena que fose, que nos achegara algo de luz. Só atopamos dúas. A primeira nun artigo do sacerdote e director do museo diocesano don Jesús Guerra Mosquera, publicado no ano 1978 no Boletín da Comisión provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Lugo, que fai referencia a un destes gravados situado nun dos esteos da cámara megalítica dun dolmen erixido nos montes de Parada. Escribe don Jesús que sinalizaría o enterramento dun xefe de tribo ou clan. O círculo representaría o sol nacente e a mámoa circular que acollía as cinsas dese xefe; a raia situada baixo o círculo, así como a semicircunferencia, poderían representar á divindade e aos danzantes asistentes ao acto e baile sagrado, e incluso á lúa. A segunda referencia atopámola na revista Croa do ano 1995, no artigo Arqueoloxía en Outeiro de Rei: mámoas e outros restos, dos investigadores Juan Núñez Jato e Laura Rodríguez Varela, que non se pronuncian sobre o seu significado, indicando que podería tratarse do chanto dun dolmen reutilizado logo como marco. Nós, mesmo barallamos a posibilidade de que se tratara de representacións esquemáticas do corpo humano. Cómpre aclarar que este dolmen é o único do concello de Outeiro de Rei declarado Ben de Interese Cultural (por certo, en estado total de abandono), obtendo esta distinción, precisamente, por contar con este gravado; lémbrese que, segundo a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, todas as insculturas rupestres son, xa de por si, BIC.
 

Sen máis madeixa que desenlear, deixamos o asunto, á espera de atopar no futuro algunha evidencia que nos permitira formular algunha outra hipótese, ou incluso aclarar o significado dos gravados. A sorte, e tamén a insistencia, todo hai que dicilo, sorriunos. Hai uns meses chegou ás nosas mans un documento sobre deslindes das parroquias de Aspai, Martul e Parada, do día 31 de xullo de 1856, feito ante o Comisario de Montes y Plantas de la Provincia de Lugo, don Félix de Carballo y Salgado. Á hora de facer o deslinde, grávanse uns símbolos sobre penas situadas en distintas partes. É eiquí onde salta a lebre. O documento é esplícito canto ao que representan as gravuras: "insignia del Santísimo Sacramento" (literal), é dicir, representan a custodia ou viril onde, na relixión católica, se coloca a hostia despois de ser consagrada para expoñer ante os fieis. Tempo despois demos con outro documento dun preito do ano 1865, entre Bartolomé Saavedra e Francisco Serra por unhas lindes entre Aspai e Parada que nos achega outro dato curioso. Ao nomear un marco aclara que a custodia gravouse para "proteguelo en lugar pagano". Lembramos que petroglifos, mámoas e castros foron considerados secularmente como sitios paganos; así nolo transmitiu no século VI San Martín de Dumio no seu De correctione rusticorum, contra os costumes ancestrais que aínda pervivían entre os galegos.
 

Non ía descamiñado o sacerdote don Jesús Guerra Mosquera xa que a custodia representa ao sol, agás que el o interpretaba coma un símbolo pagano, cando en realidade trátase dun símbolo cristián.  Enigma resolto. 

PALAS DE REI 
Monte do Castro (Castro-Ambreixo); Tresmil (entre Augas Santas e Merlán); Cebral (Cebral-Augasantas); Chao da Devesa (A Devesa-Augas Santas); Fontefría (Fontefría-Augasantas); Alto da Leboreira (Leboreira-Augasantas); Cabana (Cabana); Costa das Medorras (Cobreiro-Carteire); As Mamoelas (As Mamoelas-Carteire); Monte do Castro (Labagueira-Cuíña); A Mámoa e O Boado das Mámoas (Ferreira do Negral); Filgueira (Filgueira); Fontecuberta e Santamariña (Fontecuberta); Lestedo (Lestedo); O Marco (Cruz do Careón-O Hospital das Seixas-Merlán); Xacel (Xacel-Merlán); Carballo Alto (Marzá); O Losoiro (Orosa); O Losoiro (límite con Cuíña e Ambreixo, en Palas de Rei, e O Meire, en Melide); Casa de Curros (Chorexe-Pidre); Terexe (Terexe-Pidre); A Pataqueira e Vilamerelle (San Xiao do Camiño); O Rosedo (Vilar de Donas); Vilamourel (Vilamourel-Vilar de Donas). Outras mámoas: Forno dos Mouros; As Encrucilladas; O Marco.
Mámoa do Carballo Alto: Entre Tarrío (Monterroso) e  Marzá (Palas de Rei). 
Mámoas de Cebral: Necrópole formada por tres túmulos. 
Mámoas do Chao da Devesa: Necrópole con seis enterramentos.
Mámoa do Losoiro: Cristina Vázquez Neira e Xurxo Broz, do Museo da Terra de Melide, achéganme esta mámoa situada no monte do Castro, na divisoria das parroquias do Meire (Melide) e Orosa (Palas de Rei). O túmulo sitúase no punto máis alto do cume máis meridional da Serra do Careón, a 704 metros de altitude, cun impresionante dominio visual de toda a contorna, divisándose as vilas de Melide e Arzúa cara o norte, e Palas de Rei e Monterroso cara o leste. A pesares de estar a sete quilómetros de Melide, esta pode verrse dende a vila. O túmulo destaca tanto que o xeógrafo e matemático Domingo Fontán sinalouna na súa Carta Xeométrica de Galicia (1845), sendo seguro que se valeu dela como vértice xeodésico natural para facer as triangulacións. A mámoa ten un diámetro de 20 metros e unha altura de 1,60 metros.   
Mámoas do Marco: Necrópole composta por tres túmulos. Segundo información achegada por Cristina Vázquez Neira, arqueóloga do Museo da Terra de Melide, sobre unha das mámoas érguese o coñecido como Marco do Hospital con gravuras de cruces de término medievais, divisorio dos concellos de Palas de Rei e Toques.
Mámoas do Monte do Castro: Necrópole formada por dúas mámoas.
Mámoa do Rosedo: Cristina Vázquez Neira e Xurxo Broz Rodríguez, do Museo da Terra de Melide, achegáronme información sobre o marco xurisdiccional do mosteiro de Vilar de Donas que foi colocado por riba da mámoa atravesada por un cortalumes. 
Enterramentos da Idade do Bronce Inicial da Pataqueira e Vilamerelle: Trátase dunhas fosas subrectangulares e alongadas de perfil en U. Este tipo de estruturas negativas son, ata o momento, excepcionais no Noroeste Ibérico, aínda que existen numerosos paralelos no sur de Portugal, as Illas Británicas e o centro e norte de Europa. Presentan unha ampla cronoloxía aínda que na maior parte dos casos cincunscríbense a contextos do Neolítico ao Bronce Inicial.

  


 
 


PANTÓN
As Mámoas (Budián-Acedre); San Romao (Acedre); Alto da Medorra (Cangas); Guítara (Eiré); Monte da Morá (A Morá-Eiré/Vilar de Ortelle); Monte San Paio (Eiré); Castrelo (Cabo de Vila-Moreda); As Medorras (Paderne-Moreda); Gándara de Pombeiro e Vilamirón (Pombeiro); As Paramias (Vilamirón-Pombeiro); A Carballosa, Tralacota (Toiriz); (Seragude); Monte da Picota (Toldaos de Arriba-Toldaos); Dúas referencias: Maimona Parda e Penedo da Arca. 
Necrópole de Monte da Morá (Eiré/Vilar de Ortelle): Estudada por López Cuevillas nos anos vinte do século pasado. Ao parecer estaba composta por catorce mámoas, a maioría arrasadas por causa das roturacións realizadas cando unha repoboación forestal; unha pista partiu unha pola metade. Na actualidade consérvanse tres en mal estado estado e outras catro moi achandadas. No ano 2002 ergueuse sobre un dos túmulos unha torreta eléctrica. No túmulo número sete, cunha cámara composta por catro esteos, López Cuevillas localizou no ano 1930 unha peza trapezoidal de sílex, un nódulo e unha lasca, a metade superior dun muíño de man plano, fragmentos de cerámica do segundo milenio a.C. e seis contas de colar. 
Mámoa da Carballosa: Sen catalogar. Localiceina o día 8 de novembro de 2023. De 22 metros de diámetro.
Mámoas en Guítara (Guítara): Necrópole formada por 25 mámoas, repartidas entres Guítara e Segade. Unhas mámoas reciben o nome das Allanadas, do Castro, As Chairas (2), Pereira (2) e Pesqueiras. En desigual estado de conservación.
Mámoa das Medorras (Moreda): A 385 metros de altitude. Ten un diámetro aproximado de 19 metros. Cráter de violación. 
Mámoa do Monte San Paio (Eiré): Preto dun grupo de petroglifos hai unha mámoa que foi parcialmente danada pola construción, hai anos, dunha pista. 
Mámoa do Monte San Romao: Túmulo moi achairado. Nas inmediacións hai seis penas con petroglifos. 
Mámoa de Tralacota (Toiriz): Figura, erradamente, no PXOM do Concello de Monforte de Lemos na parroquia de Tor. 
  



 

PARADELA
Agurtión (Agurtión-Andreade); Modorra do Couso e Modorra da Fenteira (Ferreira-Andreade); A Repuxeira (Andreade); Modorra de Xubín (Cortiñas-Barán); Monte Lagoela e Necrópole de Cortiñas (Barán); A Devesa, O Marco, A Modorra e A Puchiña (Bacorelle-Castro de Rei de Lemos); Pena da Escrita (Bariz-Castro de Rei de Lemos); A Égua (As Barreiras-Castro de Rei de Lemos); As Bustaregas, As Cruces (As Bustaregas-Castro de Rei de Lemos); As Modorriñas (Cerxedo-Castro de Rei de Lemos); Monte Vello ou Modorra da Enxamea (A Enxamea-Castro de Rei de Lemos); A Medorra (Cerxedo-Castro de Rei de Lemos); Os Chaos, As Modorras (Foilebar-Castro de Rei de Lemos); A Mámoa e Modorra da Ganceira (A Mámoa-Castro de Rei de Lemos); A Modorra (O Mazo-Castro de Rei de Lemos); A Modorra (Mide-Castro de Rei de Lemos); As Modorras de Millara, A Modorriña e Mosteiro Vello (Mosteiro Vello-Castro de Rei de Lemos); Lameiro Novo (Paredes de Abaixo-Castro de Rei de Lemos); Modorra dos Chaos (Paredes de Abaixo, lindeira co concello do Saviñao-Castro de Rei de Lemos); Paredes de Abaixo e A Parrocha (Castro de Rei de Lemos); As Modorras e O Marco da Correa da Modorra (Rañadoiro-Castro de Rei de Lemos); A Modorra Grande e A Modorra Pequena (San Martiño-Castro de Rei de Lemos); Lamatapada (Uceira-Castro de Rei de Lemos); A Modorra Grande e A Modorra Pequena (Zouro-Castro de Rei de Lemos); A Modorra (monte Albillón-Cortes); A Parrocha, A Ribeira e Santa Bárbara (Cortes); Necrópoles da Pena de Pascua (Ferreiros); Monte Maior (Parede de Delle (Ferreiros); Cima do Marco Bregao (San Cristovo-Ferreiros); A Tellada (Laxe); O Cruceiro (Paredes-Mosteirovello); Monte Modorra (Rañadoiro-Mosteirovello); Sacadoiro (Sacadoiro-Mosteirovello); Monte da Gándara (Moutras-Laxe); Os Chaos, Monte do Val (Paradela); Modorra do Gandarón (Bermil-Paradela); Pena Drosa (Santa Cristina (Paradela); Boca do Couto (Santalla de Paradela); Mámoas do Cancelo (monte Gandarón-Vilaragunte). Outras mámoas: Casa da Cruz. 
Ídolo-praca de Paredes de Abaixo: Atopado por un labrego cando estaba a traballar a terra a principios dos anos vinte do pasado século, a un par de metros da mámoa do Lameiro Novo. Trátase dunha placa de pedra granítica gravada por ambas as dúas caras que representan dun xeito esquemático a figura humana, datado entre o 1700-1400 a.C. Publicado por Vázquez Seijas no Boletín da Real Academia Galega nº263 do ano 1936. Custodiado no Museo de Lugo. 
Mámoas Cima do Marco Bregao: A 775 metros de altitude. Dúas mámoas situadas entre Cabanas, parroquia de Ferreiros, en Paradela, e a outra en San Pedro, parroquia de Friolfe, no Páramo.  
Mámoas dos Chaos: Necrópole con tres túmulos. 
Mámos da Escrita: Estaba formada por varias mámoas que foron arrasadas. Consérvanse unha, cuberta de toxos e xestas, dividida por un aramado. 
Mámoas da Lagoela: Necrópole de dezasete túmulos, de terra e de terra e pedras, catro no concello de Sarria. Moi alterados polos labores agrícolas e forestais. 
Mámoas das Modorras (Foilebar): Necrópole con catro enterramos, tres deles perderon gran parte da masa tumular.  
A Mámoa: Necrópole con dous enterramentos moi rebaixados pola explotación agrícola. 
Mámoas do Monte da Gándara: Necrópole con cinco túmulos moi alterados. 
Monte Modorra: Necrópole con tres enterramentos en regular estado de consevación. 
Mámoas de Paredes de Abaixo: Necrópole formada por tres mámoas, dúas situadas na entrada do pobo pero moi estragadas. 
Mámoas da Parrocha: Estaba composta por tres mámoas, unha delas a coñecida como Modorra de Santa Bárbara; dúas desapareceron e a que queda está moi achandada. 
Mámoas da Pena de Pascua: Lindeira con concello do Páramo. Cóntase que os veciños que pasaban diante das mámoas tiñan a obriga de coller un puñado de terra, bicala e guindala sobre os túmulos (Megalitismo no concello de Paradela, de Juan Francisco Núñez Jato). 
Mámoas do Piñeiro Novo: No Monte da Pena ou Pena da Pascua, lindeira co concello do Páramo. Necrópole formada por dúas mámoas, unha en cada municipio. 
Mámoas da Puchiña: Necrópole con tres enterramentos. 
Mámoas de Santa Cristina: Dos tres túmulos que formaban a necrópole, dous desapareceron. 
Mámoas da Serra do Páramo: Entre os concellos de Sarria, O Páramo e Paradela. Na avaliación do impacto arqueolóxico do Parque Eólico da Serra do Páramo localizáronse quince túmulos.
Escribe Juan Francisco Núñez Jato, no seu traballo arriba citado, que non atopou relación ningunha entre as capelas do concello e as necrópoles megalíticas tal e como esperaban, agás o caso da Modorra de Santa Bárbara (Cortes) e o caso do grupo de Paredes de Abaixo. Ningún dos túmulos localizados ten na actualidade cámara funeraria. O estado de conservación do patrimonio megalítico é moi deficiente e ten alto risco de desapareceren nos vindeiros anos. Algo máis da metade das mámoas (52%) concéntranse na parroquia de Castro de Rei. Case todas as mámoas aparecen a carón dalgún antigo camiño. En moitos casos serven de límite entre leiras, parroquias e concellos. 

 


 

O PÁRAMO
Piñeiro Novo e nas inmediacións do parque eólico (Friolfe); Cima do Marco Bregao (San Pedro-Friolfe); Moscán (Moscán); Neira (A Ponte Neira-Neira); Monte da Gándara (Salgueiredo-Santo André de Ribeira); Casa da Mámoa (A Mámoa-A Torre); A Medorra (A Torre). Outras mámoas: Serra do Páramo. 
Casa da Mámoa: Só se conserva o topónimo. 
Mámoas Cima do Marco Bregao: A 775 metros de altitude. Dúas mámoas situadas entre Cabanas, parroquia de Ferreiros, en Paradela, e a outra en San Pedro, parroquia de Friolfe, no Páramo.  
Mámoas da Gándara: A 420 metros de altituide, no Monte da Coroa. Dúas mámoas de 23 e 14 metros de diámetro. 
Mámoa en Friolfe: No mes de febreiro de 2014, dende o Servizo de Patrimonio en Lugo deron a coñecer unha nova mámoa na parroquia de Friolfe. Trátase dun túmulo situado nas inmediacións do parque eólico, cunhas medidas aproximadas de 17 metros de diámetro e un de altura. 
Mámoas do Piñeiro Novo: No Monte da Pena ou Pena da Pascua, lindeira co concello de Paradela. Necrópole formada por dúas mámoas, unha en cada municipio. 
Mámoas da Serra do Páramo: Entre os concellos de Sarria, O Páramo e Paradela. Na avaliación do impacto arqueolóxico do Parque Eólico da Serra do Páramo localizáronse quince túmulos.
 

A PASTORIZA
Poza Branca (Miñotelo-Aguarda); Marco de Álvare (Álvare e Piñeiro); O Corno (Bretoña/Úbeda); Panda (O Bispado-Bretoña); Alto da Brañega (Luxilde-Bretoña); A Cruz (Seselle-Bretoña); Cartelas (Valiño-Geuimonde); As Cumieiras (A Fontela-Lagoa); Monte Neda (Sande-Lagoa); A Valiña (Pastoriza); Alto do Acevreiro (Pastoriza); Pousada (Pousada); Pena Corveira (Pena Corveira-Pousada); Pedrasalves ou Penas Albas (Pousada); Felgonzos (A Regueira); O Caxigo (Casa de Goi-Reigosa); O Foro (Os Lagos-Reigosa); Toucido (Toucido-Úbeda). 
Mámoas do Alto de Acevreiro: Necrópole con tres túmulos distribuídos polas parroquias de Bretoña e Pastoriza. A mámoa nº 1 ten uns 17 metros de diámetro e 1,20 de alto. O túmulo nº 2 ten 15 metros de diámetro e 0,60 de altura. A mámoa nº 3 ten uns 20 metros de diámetro e un de altura. Vinculadas claramente a vías de tránsito.  
Mámoas do Alto da Brañega: A mámoa nº 1 ten uns 20 metros de diámetro e 0,40 de altura. O túmulo nº 2 ten 15 metros de diámetro e 0,40 e altura; cráter de violación. As mámoas 3 e 4, ubicadas nun pastizal, perderon gran parte da masa tumular.   
Mámoas do Corno: Necrópole con tres túmulos. A mámoa nº 1 ten uns 18 metros de diámetro e 0,40 de altura.   
Mámoa das Cumieiras: Ten 10 metros de diámetro e 0,40 de altura.    
Mámoas do Foro: Necrópole formada por sete mámoas moi afectadas pola plantación de piñeiros. Vinculadas a unha vía de tránsito. 
Mámoas do Marco de Álvare: Necrópole formada por dous túmulos. O aproveitamento forestal afectou á masa tumular. 
Mámoas de Monte Neda: Trátase de dous túmulos que polos labores agrícolas perderon gran parte da masa tumular.    
Mámoa da Panda: Ten 11 metros de diámetro e un de alto. Obsérvanse escavacións furtivas.    
Mámoas de Pedrasalves ou Penas Albas: No ano 2006, a Dirección Xeral do Patrimonio abriu unha investigación para aclarar os danos causados ao conxunto megalítico onde unha anta e un túmulo situados nunha finca particular sufriron distintas agresións: á anta engadíronlle unha valla de madeira e a mámoa apareceu con restos de movementos de terra ao seu redor. 
Mámoas de Pousada: Necrópole formada por dez túmulos. A mámoa nº 1 atópase totalmente arrasada. O túmulo número 4 sufriu unha lamentable reconstrución non autorizada entre os anos 2005 e 2006; a finais do 2006, arqueólogos da Xunta tentaron minimizar a desfeita, se ben se lle engadiu un corredor do que non existían probas. Agresión semellante padeceu o túmulo nº 5. 
Mámoas da Poza Branca: Necrópole con dous túmulos. 
Mámoa de Toucido: De 12 metros de diámetro e 0,50 de altura.     
Mámoa da Valiña: De 19 metros de diámetro e 0, 7 de altura. O lugar onde se atopa posúe un gran dominio visual sobre a contorna. 
Fito da Cruz: Trátase dun chanto vertical que polas súas características puído pertencer a unha mámoa, se ben non desboto que se trate dunha pedrafita. Na actualidade utilízase como soporte da entrada a un pasteiro. Mide 1,70 de alto, 0,50 na parte superior, 0,70 na media, e 0,95 na inferior. O espesor oscila entre os 0,15 e 0, 30 metros. Sitúase preto de varios túmulos.     
Parque eólico de Muimenta: Localizáronse sete posibles mámoas. 
 
 
 

PEDRAFITA DO CEBREIRO
Toda a información sobre as mámoas do concello de Pedrafita do Cebreiro no blog do Colectivo Patrimonio dos Ancares, na entrada https://arqueoloxiadosancares.blogspot.com/2011/01/presentacion_23.html
 
A POBRA DO BROLLÓN
O Chao (A Fireira-Abrence); Monte da Medorra (Barxa de Lor); Campo da Medorra (Canedo); Castroncelos (Castroncelos); O Chao (Castrosante); A Chá (O Porto-Cereixa); A Medorra (Ferreiros); A Medorra (A Ferreirúa); A Medorra (O Castro-Fornelas); A Mámoa (Fornelas); Óutara (Óutara); O Carboeiro (O Pumar-Óutara); Cabo e Monte Batoco (Pinel); Alto da Louseira (Parada dos Montes); Beirán (Beirán-Salcedo); O Chao, A Lagoa, Monte do Teso, Tero (Salcedo); O Portelo, Vilachá (Vilachá). Outras mámoas: Cume do Castro. 
Mámoa do Alto da Louseira (Parada dos Montes): Localiceina no ano 2020. Sen catalogar. A 923 metros de altitude, ten 13 metros de diámetro e cráter de violación. 
Mámoa de Beirán (Salcedo): Localiceina no ano 2018. A 560 metros de altitude. De 22 metros de diámetro.  
Mámoa do Carboeiro (Óutara): Destruída polos labores agrícolas. Desta necrópole forman parte outras dúas mámoas situadas na parroquia de Eirexalba (O Incio).
Mámoa da Chá (Cereixa): Desaparecida. 
Mámoa do Chao (Abrence): Sen catalogar. A 488 metros de altitude. Túmulo duns 17 metros de diámetro. 
Mámoa do Chao 1 (Salcedo): Coñecida como A Medorra. Localización errónea no catálogo de Patrimonio, sitúanna a máis de 600 metros de distancia da ubicación real.
Mámoas do Chao 2 (Salcedo): No monte Carraza. Inéditas, localiceinas en febreiro de 2023. Dous túmulos de 20 e 23 metros de diámetro  
Mámoa do Chao (Castrosante): Mámoa arrasada a mediados dos anos noventa do pasado século.
Mámoa do Monte Batoco (Pinel): A 400 metros de altitude. De 17 metros de diámetro. Cráter de violación. 
Mámoa do Portelo: Inédita. Descuberta no ano 2020 por integrantes da comunidade de montes de Vilachá. Duns 12 metros de diámetro, ten un cráter de violación de dous metros. Segundo a lenda na mámoa enterraron a unha moza que desobedeceu os mandatos dunha moura. 
No Plan Básico Autonómico da Xunta de Galicia, onde se recollen os bens catalogados, non aparecen o Monte da Medora, en Barxa de Lor; O Campo da Medorra, en Canedo; mámoa de Castroncelos, en Castroncelos; A Medorra, en Ferreiros; A Medorra, na Ferreirúa; A Medorra, en Fornelas; A Mámoa, en Fornelas; Cabo, en Pinel; Monte do Teso e Tero, en Salcedo; e unha mámoa en Vilachá. 
 

 

 
 
POL
Chousa, Chousa das Minas, Devesa, Fionca do Castro e Rega da Xesteira (Arcos de Frades); O Picato (Caraño); Marco e Pedralba e Medorra da Capela (Carazo); Monte de Amorín e A Veiga (Amorín-Carazo); O Caxigo e Medorra da Raíña (O Caxigo-Fraialde); Campo das Medorras (O Pacio-Gondel); Monte do Vilar (Hermunde); Olgas (entre Hermunde e Torneiros); Pedralba, Taredo, Trasmonte, Vales (Lea); Marco Rubio (Luaces); Medorra Aberta (Milleirós); Aira dos Mouros (Pol); Campo das Medorras e Grandas ou Monte de Mosteiro (Mosteiro); Ceña e Ferreiros (San Martiño de Ferrreiros); Pedro Canto (Monte de Pereiro-San Martiño de Lúa); Acebreira e Aviega  (San Martiño de Lúa); Campolongo, Monte do Ribón ou Cruz do Candal e O Viso (Fontes-San Martiño de Lúa); Alto do Campeliño (Chafarica-San Martiño de Ferreiros); Fonfría, Cruz de Ventín, Zarro do Ferreiro (Silva); Cadoira e O Real (Torneiros); Balindos (A Poula-Valonga); Monte do Chao, Monte da Susá e Medorra Aberta (Susá-Valonga); Barreiro ou Alfonsín, Campo das Medorras e Pedralba (Valonga). 
Mámoa de Acebreira: Necrópole con nove túmulos, oito en Pol e un en Meira. O día 13 de maio de 2019 presentamos denuncia ante Patrimonio pola destrución e agresión a varias mámoas debido a unha plantación de eucaliptos. 
Mámoas do Alto do Campeliño (San Martiño de Ferreiros): No Monte do Foxo, a 625 metros de altitude. Necrópole con cinco túmulos.  O día 13 de maio de 2019 presentamos denuncia ante Patrimonio pola destrución das mámoas números 3 e 4 con maquinaria pesada. O 29 de novembro contestáronnos de Patrimonio en Lugo que os técnicos constataron, en efecto, que se efectuaron remocións de terra sobre os túmulos pero, din, que de xeito superficial cunha incidencia mínima sobre os bens. Bueno, á vista das fotos non sei o que entenden por superficial. O que si fixeron, para evitar futuras afectacións, foi balizar fisicamente os perímetros dos túmulos. Pasáronlle o expediente ao Servizo de Vixilancia e Inspección da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural en Santiago para que determine o procedemento a seguir. Tampouco solicitaran a obrigatoria autorización. 
Mámoa de Aviega: O día 13 de maio de 2019 presentamos denuncia ante Patrimonio pola destrución do túmulo debido a unha plantación de eucaliptos.  
Mámoas de Campolongo (San Martiño de Lúa): Necrópole con dous túmulos.
Mámoas da Cruz de Ventín: Necrópole con seis medorras.  
Mámoa do Marco de Pedralba (Carazo): No Monte de Amorín. O túmulo ten uns 20 metros de diámetro. 
Mámoas do Monte do Mosteiro: Entre Mosteiro e Silva. Trece túmulos.
Mámoas do Marco Rubio: Dúas medorras.     
Mámoas do Monte de Amorín (Carazo): Necrópole con tres túmulos situados a 595 metros de altitude.
Mámoas do Monte do Chao: Sete túmulos situados a 755 metros de altitude moi afectados polos traballos agrícolas e forestais.
Mámoas Monte do Ribón/Cruz do Candal (San Martiño de Lúa): A 690 metros de altitude. Necrópole con 16 medorras.
Mámoas do Monte da Susá: A 757 metros de altitude. Con nove túmulos moi alterados polos labores agrícolas e forestais.
Mámoas de Olgas: Necrópole con seis medorras. 
Mámoas da Veiga (Carazo): Necrópole con catro túmulos situados no Monte de Amorín. A mellor conservada é a número 3, con 14 metros de diámetro e cráter de violación. 
Mámoas do Viso (San Martín de Lúa): A 670 metros de altitude. Necrópole con dos túmulos. 
 





 

A PONTENOVA
Chao da Lagoa, Coto de Frade ou As Medorras, Medorra do Chao, Medorras da Arqueta e Pico da Serra (Bogo); Pedra da Arca (O Vilar-Conforto); Marco do Candal (Vilaouruz); Finca das Coroas (Xudán); Cruz da Graña, no límite dos concellos da Fonsagrada e A Pontenova. 
Dolme da Pedra da Arca: Só se conserva un esteo de case case dous metros de altura, 1,20 de ancho e o,12 de espesor. 
Mámoas do Coto de Frades: Necrópole formada por tres túmulos. A mámoa número 1 ten 18 metros de diámetro e 1, 5 de alto, e un cráter de violación duns 4 metros de diámetro. A medorra número 2 ten uns 8 por 9 metros e unha altura duns 0,5 metros. Moi achandada, perdeu gran parte da masa tumular. A mámoa número 3  ten unhas medidas aproximadas de 17 metros de diámetro e 2 de altura; ten cono de violación, se ben non tomei as medidas por estar ateigado de silvas. 
Mámoas do Marco do Candal: Dúas mámoas situadas entre Vilapena (Trabada) e Vilaouruz (A Pontenova).  
Parque eólico da Serra da Cadeira: Localizouse un túmulo.
  
 
 

PORTOMARÍN
Os Osos (Bagude); As Medorras (Caborrecelle); Pena Porreira (A Fonte Grande-O Castro de Soengas); Campo das Mámoas (Campo de Mamas-Cortapezas); Toxibó (Toxibó-Gonzar); Serra de Narón (Narón); Alto do Hospital e Cotopalleiro (Nespereira); Alto do Valiño (As Peniñas-Nespereira); Lamas de Outude (Pardellas do Monte-Nespereira); Alto dos Coios (Carreiroá-Portomarín); Penamaior (Recelle):  Cabamouzo, Costa da Lebre e Penedo do Arón (Sabadelle); Pena do Rei (As Vendas de Narón-San Mamede do Río); Chousa do Campo das Mámoas (San Mamede de Velaz); Coios das Seixas e Pena Monteira (Soengas de Arriba-Soengas); Fernando Ladrón (Val da Forca-Soengas); Coto do Val, Val da Vara (Soengas); Medorras de Castrillón (entre Portomarín e Taboada); Couteiriño (Vedro); O Castro (Os Casás-Vilaxuste); Mandonelas (Pedrouzos-Vilaxuste); O Rañadoiro (Vilaxuste). Outras mámoas: A Baldosa e Medorra da Granxa
Medorra de María de Recelle: Actúa como marco entre as parroquias de Ligonde (Monterroso),  Ferreira de Pallares (Guntín) e  e Nespereira (Portomarín).   
As Medorras (Caborrecelle): Practicamente desaparecida.   
Medorra da Costa da Lebre (Sabadelle): No monte Fenteira, a 581 metros de altitude. 
Medorra do Coto do Val (Soengas): Túmulo de 22 metros de diámetro.   
Medorra da Granxa: De 70 metros de diámetro. Efectuáronse dúas intervencións nos ano 1996 e 1997 que sacaron á luz varias pezas neolíticas. 
Medorra das Mandonelas (Vilaxuste): De 19 metros de diámetro.   
Medorra dos Osos (Bagude): No Alto do Monte Castrillón, a 750 metros de altitude. Ten uns 17 metros de diámetro. Cráter de violación. 
Medorras de Pena Monteira: A 700 metros de altitude. Dúas mámoas moi arrasadas. 
Medorras da Pena Porreira: Na Serra de Narón. Dúas mámoas moi achandadas.
Medorra da Pena do Rei: Mámoa de 32 metros de diámetro e 1,5 de altura. Actuaba como marco divisiorio entre as parroquias de San Mamede do Río e Ligonde (Monterroso). 
Medorra do Penedo de Arón (Sabadelle): A 563 metros de altitude, domina o encoro de Belesar. A mámoa ten uns 15 metros de diámetro e unha altura de dos metros. Do cráter de violación vese o que foi o dolmen cuxos esteos foron partidos en anacos. Sobre o túmulo conserva os restos dunha poderosa coiraza pétrea con pedras de bo tamaño. No sitio había, ao menos, outras dúas mámoas que foron destruídas. 
Medorras do Rañadoiro (Vilaxuste): Necrópole con tres enterramentos situadas a 590 metros de altitude. Unha mámoa ten unhas medidas de 25 metros de diámetro e cráter de violación, unha segunda 17 metros de diámetro e cono, a terceira foi practicamente destruída. Unha das mámoas actuaba como marco divisorio entres as parroquias de Vilaxute e Caborrecelle. 
Medorra de Val da Vara: Entre Soengas (Portomarín) e Xián (Taboada): A 7o7 metros de altitude. De 23 metros de diámetro.
 
 

 

 


QUIROGA
Monte das Medorras (Vilar de Mondelo-Bendilló); Alto de Provide (Bendollo); Os Chaos (Bendollo), Valdecebes (Bendollo); Monte das Medorras (Feais-Cereixido); Predio da Medorra (A Enciñeira); Albaredos e Anguieiros (Montefurado); Parteme e Vilar (Nocedo); Monte das Medorras (Pacios da Serra); Quintá (Quintá de Lor); As Navaregas (Soldón-A Seara); Alto da Medorra (Os Orxais-Vilar de Lor); Espiñeiro (Vilar de Lor); As Medorras (Vilar de Lor). Outras mámoas: Alto do Pedrón. 
Mámoa do Alto de Provide (Bendollo): Inédita, a 980 metros de altitude. localiceina o 19 de novembro de 2023. De 22 metros de diámetro de cráter de violación.
Mámoas do Alto da Medorra (Vilar de Lor): Necrópole con tres túmulos, de 17, 15 e 12 metros de diámetro, todas con cráter de violación.
Mámoa de Espiñeiro: Inédita. A 825 metros de altitude. Localiceina o 19 de novembro de 2023. De 23 metros de diámetro e cráter de violación. Consérvase o topónimo As Medorras.
Mámoas do Monte das Medorras (Bendilló): Necrópole con doce túmulos. Tres están no límite coa parroquia de Roblido (A Rúa).
Mámoas do Monte das Medorras (Cereixido): Necrópole situada a algo máis de 1.100 metros de altitude. Estaba formada por 13 túmulos, algúns foron destruídos por camiños e cortalumes. Das que quedan, as mellor conservadas son a mámoa catalogada co número cinco, de 17 metros de diámetro; a número doce, de 13 metros de diámetro e cráter de violación; e a número trece, de 20 metros de diámetro e 1,20 de alto e cono de profanación. 
Mámoas de Valdeceves (Bendollo): Necrópole con dous túmulos de 9 e 13 metros de diámetro, ambos con cráter de violación, dun asoman 7 laxes de lousa e doutro 4.
As Medorras (Vilar de Lor): Dúas mámoas, unha de 18 metros de diámetro e 1,50 de alto, con cráter de violación.


 

 
 
RIBADEO 
As Pallaregas (Cima de Vila-Arante); Costiña do Rego do Mel (Rego da Mel-Arante); Penas Longas (Remourelle-Arante); Monte da Forca (Arante); Teixido (Cedofeita); Móndigo (O Móndigo-Covelas); Pena Conga (Devesa). Outras mámoas: Chao do Cornado. 
Mámoas da Costiña do Rego do Mel: Necrópole coñecida tamén como Pena do Gato. Consta de tres túmulos, o maior de 1,7 metros de altura.
Mámoas de Teixido: Desaparecidas.
Necrópole das Pallaregas: Entre as parroquias de Vidal (Trabada) e Arante (Ribadeo). Formada por seis mámoas. Unha, a pesares de amosar un cono de violación, atópase en relativo bo estado que conserva restos de cámara megalítica.
  
 

RIBAS DE SIL
Mámoas do Monte do Coto (Torbeo): O día 25 de xaneiro de 2020, os do Colectivo Patrimonio dos Ancares documentamos as primeiras mámoas do concello de Ribas de Sil. Os achados producíronse de forma casual, cando iamos na busca da Pena Furada, lindeira entre o concello lugués de Ribas de Sil e os concellos da provincia de Ourense de Castro Caldelas e San Xoán do Río, da que nos falaran que posuía uns gravados que, polo de agora, non atopamos. Foi no Monte do Coto, a 1.015 metros de altitude, na parroquia de Torbeo, a 100 metros do límite co concello de San Xoán do Río. A primeira, a máis pequena, ten unhas medidas de 8 metros; perdeu gran parte da masa tumular; no medio asoma un esteo que puido formar parte da cámara pétrea. A 375 metros da anterior está a segunda, duns 18 metros de diámetro e 0,80 de altura; sobre o túmulo e nas inmediacións vense pequenas pedras de cuarzo que puideron formar parte da coiraza que recubría o túmulo de terra. A terceira, a 120 metros da anterior, é a de maiores dimensións e a máis espectaccular; ten máis de 22 metros de diámetro e 1 de altura; no centro apréciase un cráter de violación (feito para buscar supostos tesouros) de 1,5 metros de diámetro pouco profundo; por situarse na parte máis elevada do terreo resulta moi visible dende lonxe. Estes tres enterramentos atópanse a uns 2 quilómetros en liña recta do coñecido grupo de mámoas do Alto da Arma, en Mazaira, no concello de Castro Caldelas. Estas mámoas de Ribas de Sil non figuran nin no Plan Básico Autonómico da Xunta de Galicia (PBA), onde se recollen os bens patrimoniais catalogados, nin no PXOM do Concello de Ribas de Sil do ano 2009. Este último fai mención ao xacemento da Eira da Torre ou Medoña de Soutordei (medoña é un dos nomes polo que se coñecen as mámoas), pero situando no lugar unha explotación mineira de época romana. Si temos coñecemento de varios topónimos no concello que fan alusión a enterramentos megalíticos, como A Medorra en Piñeira, ou a citada Medoña do Soutordei, pero en ningún destes sitios localizamos ningunha mámoa, da que había en Piñeira contáronnos hai anos que fora destruída. O día 8 de outubro de 2021, comunicáronnos de Patrimonio que, despois das comprobacións dos seus arqueólogos, foron catalogadas como Mámoas do Coto.
 


 
RIBEIRA DE PIQUÍN
Dólmenes dos Carballós e Penacova (Penacova-Navallos); A Pedra Chantada e Pena dos Golpes (Penacova-Navallos); Pena das Cabras (Pena das Cabras-Santiago de Acevo); Chao da Budueira (A Budueira-Os Vaos); Chao da Serra e Ouviaña (Ouviaña-Os Vaos); Campo do Couso (Ouviaña-Os Vaos); Monte do Río (Río de Sabugo-Os Vaos); Loma de Cartea (Os Vaos); Chao do Marco (Santalla); Chao do Portuso (Vilares-Santalla). 
Dólmenes dos Carballós (Navallos): A 727 metros de altitude. David Outeiro Fernández informoume de dúas mámoas con cámara, unha delas con ortostatos que poden aproximarse aos dous metros de altura. No lugar existe unha lenda que di que nunha das mámoas había enterrado un coiro de boi con ouro dentro. Segundo a crenza popular, unha muller de Penacova díxolle a David que os seus veciños o atoparan (só hai dúas casas). Tamén en Penacova hai unha pequena entrada nunha gran rocha na que se rendía culto a un santo que foi vendido. Nas inmediacións atópase a coñecida como Pedra Chantada.  
Mámoas do Campo do Couso (Os Vaos): Necrópole con tres túmulos situados entre as parroquias de San Xurxo de Piquín e Os Vaos, a 775 metros de altitude, no Monte da Pena da Armada. Afectados por plantacións forestais. 
Mámoa do Chao da Budueira: Actúa como marco entre as parroquias dos Vaos e San Xurxo de Piquín. Practicamente destruída pola actividade forestal. 
Mámoa do Chao do Marco: Entre as parroquias de Martín (Baleira) e Santalla (Ribeira de Piquín).
Mámoas do Chao do Portuso (Santalla): Necrópole formada por dúas mámoas. 
Mámoas do Chao da Serra (Os Vaos): Necrópole con sete túmulos situados a 800 metros de altitude. Afectados por terras de cultivo.
Mámoas da Loma de Cartea: Necrópole con dúas medorras, preto do límite coa parroquia de Santalla. Unha mámoa ten uns 22 metros de diámetro, perdeu gran parte da masa tumular en altura. A segunda case desaparecida.  
Mámoas de Monte do Río (Os Vaos): Necrópole con dúas medorras. 
Mámoas da Pena das Cabras: No Alto do Caleiro, a 800 metros de altitude. Tres túmulos practicamente desparecidos pola actividade agrícola e forestal.  
Mámoa da Pena dos Golpes: Destruída. 
 

RIOTORTO
O Chao do Marco e O Escouredal.
Mámoas do Chao do Marco: Necrópole formada por catro túmulos.

SAMOS
Formigueiros (Formigueiros); As Medorras do Alto do Campelín e A Serra (Couso-Freixo); O Campín Verde (Alto da Pedra-A Portela-Gundriz); Medorra de Ribois (Gundriz); Os Chaos (Os Chaos-San Cristovo de Lóuzara); Alto da Medorra, Chá de Nandelo, e Pozo da Ola (San Xil); Bustofrío (San Xoán de Lóuzara); O Chao, Pena das Cuncas, Penedo Grande e Os Campaciños (Vilar do Robledo-Santalla); Necrópole de Monte Meda (entre as parroquias do Incio e Samos); Alto dos Nogueiros; Campo de ValentínSanta Mariña. 
Mámoas do Alto do Campelín (Freixo): Necrópole formada por catro enterrramentos. 
Mámoas do Alto da Medorra: Necrópole con tres túmulos. 
Mámoas do Alto de Meda: Necrópole con tres túmulos. 
Mámoas do Alto dos Mociños: A 1.450 metros de altitude. Un dos túmulos foi afectado ao facer un cortalumes; ten uns 20 metros de diámetro e 2 de altura; cráter de violación. Eiquí hai tres mámoas visibles, había outras pero desapareceron durante as repoboacións forestais do pasado século XX.         
Mámoas do Alto dos Nogueiros: Necrópole de cinco túmulos, todos de terra.     
Mámoas do Campo de Valentín ou Serra do Edramo: Necrópole con 14 túmulos que se adentra no concello de Samos dende o castro de Formigueiros. Está compartida cos concellos do Incio e Sarria, con catro túmulos. 
Mámoas da Chá de Nandelo: A 880 metros de altitude. Necrópole con cinco túmulos, tres en Samos e dous en Triacastela. Moi alterados polos labores agrícolas e forestais e unha pista.  Nas inmediacións hai unha pena de lousa con máis de media ducia de coviñas. 
Mámoas do Chao: Necrópole con dúas medorras, case no límite co concello do Incio. Unha foi destruída, a outra ten uns 19 metros de diámetro. 
Mámoa de Ribois (Gundriz): A 1.337 metros de altitude, cunhas medidas de 17 por 12 metros e unh aaltura de 1,5 metros. Cráter de violación do que asoman algúns esteos da cámara. Coiraza con pedras de cuarzo. Afectada polos lumes do ano 2017. 
Mámoas de Santa Mariña: Necrópole situada nun altiplano, formada por 40 túmulos erixidos entre os concellos do Incio, Samos e Sarria. A metade conservan restos de cámara megalítica. Declarada Ben de Interese Cultural no ano 2006. (Ver O Incio).




SARRIA
Arxemil (Arxemil); As Paredes (As Paredes-Barbadelo); Chá de Santa Cristina (Betote); Chao de San Marcos, Serra do Páramo (Castromeixe-Biville); César (César); Sanguñedo (Sanguñedo-Chorente); Xisto (Froián); Serra do Páramo (Goián); A Fonte (Maside); Marco da Matanza (Cousiño-Paradela); Monte da Chá de Santa Marta (Ortoá); Rebordelo (Cedrón-Piñeira); Treilán (Treilán-Requeixo); Rubín (Rubín); Monte da Chá e Monte Modorrón (San Antolín); O Cruceiro (O Cruceiro-Santalla de Arxemil); Penelas (Penelas-Santalla de Arxemil); Monte da Modorra (San Sadurniño de Froián); A Modorra do Sisto (San Vicente de Froián); Monte de Santo André (Santo André de Paradela); Pedrafita (Fonteabuín-A Veiga); Marco da Matanza (Abeledo-Vilamaior); O Tumbiadoiro (O Tumbiadoiro-Vilamaior); Alto da Modorra (Bade-Vilamaior); As Peniñas (Cabanas-Vilamaior); Monte Lagoelas (Pacio-Vilamaior). Necrópole de Monte Meda (entre os concellos de Láncara, Sarria e Triacastela). Outras mámoas: Os Campaciños; Campo de TiroMedorra do Penedo Grande; Monte de Santa Mariña; Monte Torrón. 
Mámoas de César: Vázquez Seijas, en Notas sobre túmulos lucenses, fala de tres mámoas que existían na parroquia no ano 1906, unha delas de 18 metros de diámetro e 8 metros de altura e de forma cónica. No traballo achega un bosquexo dos túmulos feito polo arquitecto don Nemesio Cobreros.  Di que a maior tiña 18 metros de diámetro e 8 de altura; a máis pequena de 14 metros de diámetro e tres de altura; e a terceira de 28 metros de diámetro e catro de altura. 
Mámoas do Chao de San Marcos: Necrópole con dous túmulos. 
Mámoas do Marco da Matanza: Entre Sarria e O Incio, necrópole formada por catro túmulos dos que só un se atopa en Sarria. Debe o nome a que nas inmediacións únense os concellos do Incio, Paradela e Sarria.  Esta medorra tamén se coñece como Pena do Vento. 
Mámoas do Monte Lagoelas: Necrópole formada por 17 mámoas, 13 no concello de Paradela. 
Mámoas do Monte Meda (entre os concellos de Láncara, Sarria e Triacastela): Necrópole situada a máis de 1.100 metros de altitude, composta por oito túmulos, algúns presentan coiraza pétrea. Algunha mámoa foi achandada pola construción dunha pista. 
Mámoa de Pedrafita: Duns 14 metros de diámetro con cráter de violación.
Mámoas das Peniñas: Necrópole formada por dous enterramentos. 
Mámoas do Monte Torrón: Grupo de sete túmulos feitos con terra e con terra e pedras. 
Mámoa de Rebordelo: Mámoa de terra e pedra destruída parcialmente por unha pista e afectada tamén polos labores agrícolas. Do cráter asoman uns ortostatos da cámara. 
Mámoas de Santa Mariña: Necrópole situada nun altiplano, formada por 40 túmulos, entre os concellos do Incio, Samos e Sarria. A metade conservan restos de cámara megalítica. Declarada Ben de Interese Cultural no ano 2006. (Ver O Incio).
Mámoas da Serra do Páramo: Entre os concellos de Sarria, O Páramo e Paradela. Na avaliación do impacto arqueolóxico do Parque Eólico da Serra do Páramo localizáronse quince túmulos.
Monte da Modorra (San Sadurniño de Froián): Só pervive o topónimo.



O SAVIÑAO
Anta de Abuíme, Campo das MámoasFerroedo e Os Pedrouzos (Abuíme); A Broza, Campo da Bandeira e Campo das Mámoas (A Broza); Chave (Chave); Medorra de Arxúa (A Cova); Bexán (Diomondi); San Vicente (Eirexafeita); Fondo de Vila (A Laxe); Licín (Licín); Monte do Xesto (Aiaz-Ousende); O Beirán, Penas de Sanguñedo (Piñeiró); Costa de San Antonio (As Encrucilladas-Piñeiró); A Madorra (Reiriz); Trasmonte (A Cerca-San Vitoiro de Ribas de Miño); Segán ou Monte de Cheda (Segán); Mosiños ou A Picha e Os Pedrouzos (Seteventos); A Orxaínza (Sobreda); O Couto e Cruz de Forcados (Forcados-Vilacaiz); A Serra (Currelos-Vilaesteva); Leira Rapada (Vilatán). Outras mámoas: Aiaz; Costa da Gándara. 
Anta de Abuíme (Abuíme): Segundo me contaron a principios dos anos noventa, a tampa foi utilizada como base dun cabaceiro, dise que localizado na parroquia de Chave; outra versión asegura que a principios do século XX foi usada para facer unha pía para os porcos. Conserva cinco esteos que definen unha cámara poligonal. Unha sexta lousa atópase desprazada un par de metros; na súa base mostra sinais de estar tallada polo que debeu ser utilizada en tarefas de cantaría. No mes de setembro de 2012, don José Losada, coa colaboración doutros veciños e do Círculo Recreativo Saviñao, atopou nunha vivenda de Vilasante o que pode ser a tampa da anta de Abuíme que, ao parecer, fora reconvertida en pía para dar de beber ao gando. Xa no ano 1930, López Cuevillas dicía que unha das pezas da anta se atopaba nunha casa de Vilasante. Segundo o meu criterio resulta moi difícil saber se se trata da tampa. No mes de marzo de 2014, a Asociación de Veciños de Abuíme puxo en coñecemento de Patrimonio o abandono que está a sufrir a anta, de feito aseguraron que o esteo central estase a desprazar continuamente. Hai un montón de anos achegámonos ata Abuíme, no Saviñao, para visitar o dolmen. Como non o atopabamos preguntámoslle a un home que levaba as vacas cara o monte. Bo día, por favor, onde queda o dolmen? O qué?, respondeu. A mámoa, a medorra… (largamos todos os nomes que se nos ocorreron). Xa marchabamos, cando nos chamou: O que buscades, serán unhas pedras fincadas así? Mentras preguntaba, puxo a man tipo Pantocrátor (coa man levantada e os dedo máis ou menos estirados). Axiña respondemos que si, iso era o que buscabamos. Ah, acabaramos, referídesvos á tumba do xeneral! Pois si.
Campo das Mámoas (A Broza): Necrópole con 11 enterramentos. En dúas vense restos de coiraza pétrea. Afectadas polos labores agrícolas e forestais. Fernández Oxea (Ben Cho Shey) achega no BRAG (1942) a localización de dous coitelos de sílex nunha das mámoas con cámara destruída por buscadores de "tesouros". Un foi enviado a Madrid por Cesáreo Saco e do que nada máis se volveu a saber, e o outro quedou en mans de Fernández Oxea, duns 90 mm de longo e 16,5 mm de ancho.   
Mámoa de Ferroedo (Abuíme): Segundo a lenda, na mámoa que hai no lugar está enterrado un mouro cun gran saber. 
"Dolmen" de Leira Rapada (Vilatán): Estrutura localizada polo arqueólogo Iván Álvarez Merayo no mes de febreiro de 2014. Atópase no medio dunha carballeira, preto do castro de Leira Rapada, nun terreo en pendente. Está formado por unha enorme pedra cobertoira que asenta sobre dúas grandes pedras que foron labradas polas caras interiores que lle dan a apariencia dun acubillo ou dun trilito para o que se aproveitou un dos afloramentos graníticos que hai na zona.  Sobre a tampa hai gravados, ao menos, cinco círculos concéntricos con cazoliña central da que parte un suco. Creo que non se trata dolmen.       
Necrópole da Cruz de Forcados (Vilacaiz): Formada por dous túmulos nos que non se aprecian restos de cámara nin de coiraza. 
Necrópole dos Pedrouzos (Abuíme): No mes de novembro de 2014, a Asociación Veciñal do Saviñao alertou de que unhas obras de deslinde, onde se utilizou maquinaria pesada, non respectaron a área de protección da necrópole, se ben comprobaron que non afectaron aos túmulos. Na zona hai unha ducia de mámoas, unha foi destruída no ano 1992 e outra foi achandada pola construción dun camiño veciñal.     
A principios do mes de setembro de 2015, estudantes da Escola de Conservación Restauración de Bens Culturais desbrozando tres mámoas pertencentes a un conxunto megalítico situado entre as parroquias de Piñeiró e Abuíme, e sinalizaron un total de trece túmulos.
Lenda: Nunha mámoa de Rebuxós vense unhas mouras peiteando os cabelos. Nunha ocasión un home viu dous mouros vestidos de baeta vermella que relocían coma o cristal (López Cuevillas, Fraguas e Lorenzana, 1930). 


 


SOBER 
Arroxó (O Arroxó-Anllo); A Medorra do Camilo (Camilo-Bolmente); A Medorra (Piñeiro-Bolmente); Buraco da Moura (Vales-Bolmente); Sanmil (Brosmos); Cadaval ou dos Cousos e Mourentán (Mourentán-Doade), A Medorra (Doade); A Carqueixa, A Medorra e A Peniña de Ouro (Figueiroá); Cadeiras e Agro das Mámoas (Pinol); A Medorra (Mer-Proendos);  Agro das Medorras (A Vilerma-Santiorxo). Outras mámoas: Abelleiras. 
Mámoa do Agro das Medorras (Santiorxo): Cando a vin, hai anos, tiña unhas medidas de 11 metros de diámetro e cráter de violación. No sitio tamén apareceron tégulas e catillus de época romana.
Mámoa do Buraco da Moura: Txetxu Álvarez comentoume que non a viu polo que é probable que desaparecera ou que sexa a situada no monte de A Medorra, preto de Piñeiro.      
Mámoa de Cadaval ou dos Cousos (Doade): A uns 100 metros do aeródromo de Doade. Ten unhas medidas aproximadas de 25 metros de diámetro e 1,30 de altura. Foi descuberta pola asociación O Colado do Vento en maio de 2010.       
Mámoa da Carqueixa (Figueirá): Duns 25 metros de diámetro e unha altura de 1,30 metros. Cráter de violación de 2,5 metros. Sen cámara. Alterada polos labores agrícolas. 
Mámoa da Medorra (Piñeiro): O día 1 de decembro de 2022, Txetxu Álvarez informoume da existencia desta mámoa que non figura catalogada nin pola Xunta nin polo Concello. 
Mámoa en Mourentán (Doade): Mámoa duns 12 metros de diámetro e 0,30 de altura, descuberta polo Colectivo Patrimonio dos Ancares o día 9 de marzo de 2019. Cono de violación de 2 metros.  O día 11 do mesmo mes comunicámosllo a Patrimonio para que proceda á súa catalogación.  O día 24 de febreiro de 2020 comunicarónnos de Patrimonio que, despois da visita dos arqueólogos da Xunta de Galicia, foi catalogada como Mámoa 1 do Alto dos Bouzos, co código GA27059088. 
Mámoa da Peniña de Ouro (Figueiroá): Destruída ao construír unha pista. 
No PXOM do Concello de Sober só figuran dúas mámoas, a da Carqueixa e a da Peniña do Ouro, non constando a a do Cadaval ou dos Cousos, descuberta no 2010 polo Colado do Vento que si figura catalogada por Patrimonio. Do resto que relacionamos ao principio, que nos saibamos, foron destruídas, non figurando en ningún catálogo.
 

TABOADA  
Coto das Carballas (As Carballas-Bembibre); Alto do Corno (Cerdeda); Paramias (Lustiás-Couto); A Brea (O Caravel-Mato); A Canteira e Fonte da Mama (Meixonfrío); Coto da Medorra e Cima da Leira (O Curro-Meixonfrío); Guimaráns e As Medorras (Sabugueira-Meixonfrío); A Medorra (Piñeira); Outeiro Pequeno (San Mamede-A Torre); Monte San Cristovo (A Torre); Medorras de Castrillón (entre Taboada e Portomarín); Campazas (Vilameñe); Monte da Lagoa (Cabanelas-Vilameñe); A Costa (Mesón-Vilameñe); Coto dos Miñotos (O Torrón-Vilameñe); Vilar de Cabalos (Vilar de Cabalos); Vilela (O Cruceiro-Vilela); Lamasandrei (Lamasandrei-Xián); Gulfar (Penas Agudas-Xián); Carballós, Coto do Val e Valdavara (Xián); Castrillón e Val da Forca (Val da Forca-Xián); O Cárcere (Vilariño-Xián).
Mámoas do Alto do Corno: Necrópole con catro túmulos. 
Mámoas da Brea (Mato): Necrópole con cinco túmulos.
Mámoas da Canteira: Dous túmulos.
Mámoas do Cárcere: Dous túmulos.
Mámoa do Coto das Carballas: No límite coa parroquia de Vilameñe.
Mámoas do Castrillón: Dous túmulos no límite con Soengas (Portomarín).
Mámoas do Coto da Medorra: Tres túmulos.
Mámoas do Coto do Val e Valdavara: No o límite con Bagude (Portomarín). 
Mámoas de Lamasandrei: Dous túmulos sen catalogar que localicei o 21 de setembro de 2022.
Mámoas do Monte de San Cristovo: Dous túmulos.
Mámoas de Val da Forca (Xián): Necrópole con tres túmulos. Un ten 16 metros de diámetro e outro 14. A terceira está practicamente desaparecida. 

TRABADA
O Monte e Vilarbetote (Sante); O Pico Grande (A Cabana-Trabada); As Pallaregas (O Vilar-Trabada); Campelas, Chao das Liñeiras e Monte de Liñeiras (Trabada); Marco do Candal, Chao do Couso, Pico Grande (Vilapena).
Mámoas do Chao do Couso: Tres túmulos situados entre as parroquias de Vilapena e Santo Adrao de Lourenzá.
Mámoas do Marco do Candal: Dúas mámoas situadas entre Vilapena e Vilaouruz (A Pontenova).
Mámoas do Monte: Necrópole con dous enterramentos. 
Mámoas do Monte de Liñeiras: A 620 metros de altitude. Cinco túmulos situados no límite co concello de Lourenzá.    
Necrópole das Pallaregas: Entre as parroquias de Vidal (Trabada) e Arante (Ribadeo). Formada por seis mámoas. Unha, a pesares de amosar un cono de violación, atópase en relativo bo estado que conserva restos de cámara megalítica.
 


TRIACASTELA
Mámoas do Alto da Fornela (O Furco-Toldaos): No Alto da Fornela. Dúas mámoas, unha de 16 metros de diámetro e outras de 18 metros. Hai outra mámoa situada no concello de Láncara. 
Mámoas da Chá de Nandelo (A Balsa): A 880 metros de altitude. Necrópole con cinco medorras, tres en Samos e dúas en Triacastela. Moi alteradas polos labores agrícolas e forestais, unha pista. Nas inmediacións hai unha pena de lousa con máis dunha ducia de coviñas. 
Mámoas de Monte Meda (entre os cocellos de Láncara, Sarria e Triacastela): Necrópole situada a máis de 1.100 metros de altitude, formada por oito túmulos, algúns presentan coiraza pétrea. Algunha mámoa foi achandada pola construción dunha pista. 
Mámoa do Seixo (O Seixo-A Balsa): A 890 metros de altitude. Arrasada polos labores agrícolas e forestais. 
  
 

O VALADOURO
A Casa dos Mouros ou Budián (Lobeira-Budián); Arca do Carballo Seco, O Cacho das Forcadas e O Forno dos Mouros (O Cadramón); Campo de Fútbol, A Granda, O Valcárcel (Ferreira); Ramasquide (Frexulfe); Granda de Moucide, Pozo dos Mouros (Moucide); Sabucedo (Sabucedo); Campo dos Chaos (As Curuxeiras-Santa Cruz do Valadouro); Arca do Padorno, tamén coñecida como Mámoa do Curro e Caselo do Couso (San Tomé de Recaré); Arca da Pena Moura (Puñín-San Tomé de Recaré); O Chao da Pena Moura (xunto o curro de San Tomé-San Tomé de Recaré); Chao da Veiga (San Tomé de Recaré); As Pardellas e San Tomé de Recaré (Pardellas-San Tomé de Recaré); Necrópoles do Chao da Arca e Chao de Vilacampa (Vilacampa); Coto do Carballo (Vilacampa). 
Arca do Padorno: Tamén coñecida como Anta de San Tomé por estar situada preto do curro do mesmo nome. Está formada por cámara e corredor, semisoterrada polo túmulo, cubertos por unha tampa. A mámoa presenta restos da coiraza pétrea. Acháronse vinte fragmentos de cerámica e unha lasca de cuarzo. Proposta como Ben de Interese Cultural. 
Arca de Sinás: Cista de planta cadrada formada por tres esteos e pedra cobertoira. Segundo a lenda había un tesouro custodiado polo mouros. No lugar hai outra mámoa. 
Dolmen da Casa dos Mouros: En maio de 2017, Mariña Patrimonio e Adega denunciaron a destrución da mámoa a raiz dunha tala de eucaliptos. Un dos esteos foi localizado no xardín dunha casa de Foz. Patrimonio obrigou a retirar a plantación forestal do perímetro do dolmen e no mes de abril de 2020 comezouse a reconstruír.  
Dolmen do Forno dos Mouros: Conserva tres esteos e un cuarto soterrado; fáltalle a tampa. 
Mámoas do Campo dos Chaos: Necrópole con dous enterramentos.   
Mámoas do Campo de Fútbol: Necrópole con dous túmulos. 
Mámoa do Carballo Seco: Conserva tres esteos e tampa, esta movida. 
Mámoa da Casa dos Mouros: Mal conservada, presenta dous esteos e outros dous removidos cara o fondo do cercado. O día 9 de maio de 2017, ADEGA e Mariña Patrimonio presentaron unha denuncia diante do Servizo do Patrimonio Cultural en Lugo despois de ter noticia da destrución deste dolme despois duns traballos de corta e plantación de eucaliptos onde uns espoliadores aproveitaron as pas mecánicas e a maquinaria pesada utiizadas nos labores forestais para extraer dous esteos do enterramento, trasladando un deles para unha casa no concello de Foz, onde foi localizado polo SEPRONA cuxos membros actuaron rápida e eficazmente para localizar os restos roubados e a identificación dos responsables. O outro esteo deixáronno abandonado á beira da mámoa porque lle partiu cando o sacaron do túmulo.     
Mámoas do Chao da Arca: Necrópole formada por tres mámoas, unha violada onde se poden ver tres esteos verticais e unha pedra máis no fondo da cámara.    
Mámoa do Chao dos Forcados: Violada, conserva a coiraza pétrea.
Mámoas do Currro de Santo Tomé: Necrópole con tres enterramentos. O máis coñecido e mellor conservado é a Arca do Padorno.     
Mámoas de Sabucedo: Necrópole con tres túmulos.      
Mámoas do Valcárcel: Necrópole con seis túmulos.       
Parque eólico de Escoiras: Entre Muras e O Valadouro. Na zona de afección atopáronse catro túmulos, e na de incidencia dous.

 


O VICEDO
Fonte Ferreira (Cabanas); Campo dos Lagos (A Escanavada-Cabanas); Monte Padró (Manxofrío-Cabanas); Cristo de Porta Pena (Cabanas); A Medorra (San Roque-San Miguel de Negradas); Chao do Marco (San Miguel de Negradas); A Cova do Ouro ou Moreiras (Moreiras-San Román do Val); Pena dos Foles (A Pena-San Román de Vale); A Medoña (Pontide-Suegos). 
Mámoa de Arealonga (San Román): Localizada por un xeólogo xunto a praia de Arealonga no mes de febreiro de 2015.
A Cova do Ouro (Moreiras-San Román do Val): Mámoa dada a coñecer pola Asociación Mariña Patrimonio no mes de maio de 2012.
Mámoa do Campo dos Lagos: Túmulo de 17 metros de diámetro.
Mámoas do Cristo de Porta Pena: Ddous túmulos lindeiros entre San Pantaleón de Cabanas (Ourol) e Cabanas (O Vicedo).
Mámoas do Monte Padró: Tres túmulos entre as parroquias de Cabanas (O Vicedo) e Galdo (Viveiro).  
Mámoa da Pena dos Foles: Moi alterada polas plantacións forestais.  
A Medorra do Chao e Chao do Marco: Atópanse nun estado de abandono total, en grave perigo de desaparición polas plantacións de eucaliptos e o paso continuado das máquinas. 
A Medoña: Unha mámoa desaparecida en Pontide a principios dos anos sesenta. 
O Tesouro: Monte situado na parroquia de Mosende. Segundo unha lenda recollida polo autor deste blogue, nunha mámoa que había no lugar, estragada cando a plantación de eucaliptos, os mouros agochaban un tesouro, de aí o nome.


VILALBA
Currás (Currás-Alba); Roza das Modias (Monte Galde-Muíño Pequeno-Alba); Chan da Medoña (Alba); Fontela (Fontela-Árbol); Moscaráns (Árbol); Monte Os Gaiteiros (Árbol); Atadoira (A Atadoira-Belesar); Vilasilvestre (Vilasilvestre-Belesar); Carballido (Carballido); A Moa (A Moa-Carballido); A Pena Grande (Carballido); O Caldeirón (O Caldeirón-Codesido); Retorta (Retorta-Codesido); Corvelle (Corvelle); Barrio da Mámoa (Goiriz); Pígara (Pígara-Goiriz); Legua Dereita (Ladra); As Lagas (As Lagas-Ladra); Ladrela (Ladrela-Lanzós); Moreda (Moreda-Lanzós); Pedra dos Millós (Medoña de Rairo-Lanzós); A Revolta (A Revolta-Lanzós); O Ribado (O Ribado-Lanzós); Moás (Moás); Curros (Curros-Mourence); Ramallal (Ramallal-Mourence); Costa da Peteira (A Peteira-Nete); Outo da Roza do Mesón (Nete); Sitio da Medorra (A Barrosa-Oleiros); Seivane (Seivane-Román); Rioaveso (Rioaveso); Quintá (Quintá-Rioaveso); Lobán (Lobán-Samarugo); Monseibán (Monte Monseiván-Samarugo); Pena do Sombreiro (Samarugo); A Ribeira (A Ribeira-Samarugo); Vacariza (Vacariza-Samarugo); Cobreiro (Cobreiro-Sancovade); Padronelo (Padronelo-Sancovade); Bodán, Candaído, Grandela, Mariñaos, Monseiván, Salgueiriño (San Simón da Costa); Fonte Toxoso, Capela ou Igrexa dos Mouros e A Touza (A Casanova-San Simón da Costa); Chao da Arqueta (Monte Rodís-San Simón da Costa); Pude (Pude-San Simón da Costa); A Raña (A Raña-San Simón da Costa); Calzada (San Simón da Costa); Pena Grande (xunto o camiño real-Santaballa); Carracido, O Carrizo, Medoña de Estelo, Medoña do Ramallal, Medoña de Ramos, O Penedo, Trastoi (Santaballa); Muíño Pequeno (A Torre); A Bouza (A Bouza-Vilapedre); Serra da Cabra (Bustofreán-Vilapedre); Castiñeiras (Castiñeiras-Vilapedre); A Carba e O Limpadoiro (O Limpadoiro-Vilapedre); Pena Grande-Ramallo (Vilapedre); Ramos (Ramos-Vilapedre); Fontefría (Xoibán). 
Dolmen de Lamaboa (San Simón da Costa): Dise que estaba nunha meseta elevada dun monte, a carón dun camiño que, segundo versión popular, construíran os romanos para o transporte dos seus exércitos. Desaparecido.
Chanta dos Millós: Ao destruír unha mámoa no lugar de Rairo-Porto de Bois (Samarugo), apareceu unha pedra decorada con coviñas.
Mámoas da Atadoira: Dous túmulos.
Mámoa da Capela dos Mouros: Visitada polo matrimonio Vera e George Leisner na década dos anos 40, que citan como unha gran medoña. 
Mámoas da Carba: Necrópole con dous túmulos. 
Mámoa do Chao da Arqueta: No monte Rodís, coñecida tamén como Forno da Arqueta. Conserva dez esteos e perdeu a tampa cobertoira. 
Mámoas da Igrexa ou Capela dos Mouros: Na parte meridional do Monseiván, no conxunto de mámoas do Salgueiriño. Anta composta por catro esteos e dúas laxes no corredor moi esnaquizadas. 
Mámoas de Limpadoiro: Necrópole con tres mámoas situadas preto do Camiño Real. Unha ten unhas medidas de 19 metros de diámetro e 2,90 de altura; cráter de violación; atopouse un anaco dunha folla de sílex. 
Mámoa de Lobán: Presenta cráter de violación. Sobre o túmulo hai plantadas varias árbores. Segundo Pérez de Parga, no 1916 apareceu en Lobán un machado de cobre de forma trapezoidal. Obermaier di que foi atopado nun túmulo de Lobán e que o posuía Ángel del Castillo.
Mámoa de Mariñaos: Aparecu un enxoval composto por unha maza, láminas de sílex, , aixola, lámina de aixada e un cicel.  
Mámoa do Monte dos Gaiteiros: Inédita, localiceina no mes de marzo de 2020. A 425 metros de altitude, case no límite con Abadín. Túmulo de 25 metros de diámetro.  
Mámoas do Monseiván: Necrópole formada por cinco enterramentos. 
Mámoa do Ramallal: De 23 por 21 metros e unha altura de 1,50 metros. Alterada polos labores agrícolas na contorna. 
Medoña de Ramos: Apareceron restos cerámicos tipo penha.   
Mámoas da Roza das Modias: Necrópole formada por oito enterramentos, tres deles con chantos gravados con ondulados e coviñas. A mámoa maior, Roza das Modias I, de 12 metros de diámetro e 1,5 metros de altura, acolle unha anta de oito esteos á que lle falta a pedra cobertoira, catro chantos están decorados con motivos serpentiformes verticais. Estas representacións poden estar relacionadas cos ríos, co devir sinuoso da vida, ou coa serpe que na relixiosidade primitiva tiña un significado positivo. A serpe relaciónase coa fertilidade e tamén coa inmortalidade. As serpes non teñen principio nin fin e cando mudan a pel abandonan o seu vello corpo como na vida do Máis Alá ou na resurrección. O día 7 de xuño de 2014 visitamos o lugar, comprobando que a mámoa do enterramento descrito sufrira unha agresión por unha máquina ao efectuar a tala de eucaliptos e posterior desbroce. A pesares de estar declarado como BIC, está sen sinalizar e carece da mínima protección. 
Mámoas de Vilasilvestre: Dous túmulos.
O Cabrón (Rodas-Lanzós): Apareceron fragmentos cerámicos e un lítico tallado en sílex do Neolítico Inicial/Medio. 
Chan da Medoña: Apareceron varias pezas, custodiadas no Museo Provincial de Lugo.  Parque eólico  de Vilalba: Na zona de afección apareceron catro túmulos e un na de mostraxe. 
Chao das Campas (San Simón da Costa): Apareceu un machado puído de 95 cm de longo, 20 cm de ancho no extremo superior e 30 cm no fío.   
Lanzós: Vázquez Seijas fala dunha empuñadura dunha espada ou puñal aparecida nunha mámoa.  
Monte da Chá (San Simón da Costa): Neste monte apareceron dous anacos de coitelos de sílex, un de cuarcita e outro de neis que debían proceder dalgunha mámoa.
Machados: Santiago de la Iglesia, no Almanaque de Ferrol (1908), cita uns machados de pedra, un atopado por D. Manuel Mato Vizoso no castro de Vixil (Boizán); outro procedente do castro de Carballido que estaba no cemiterio de Vilalba; un terceiro atopado en Vilapedre; e por último outro procedente de Sancovade.
Altar de sacrificios de Bodán ou Pedra do Altar (Bodán-San Simón da Costa): Situado preto do pazo e da capela de Bodán.Na finca denominada Cerca de Bodán existe unha curiosa pena de 4,35 metros de longo, 2 de ancho e 2,60 na parte superior, encabalgada sobre outra de 1,10 metros de alto. Na parte máis alta hai unha pía de 37 por 30 cm, cunha canle que comunica con outra máis baixa pero maior que ten na súa base 60 por 38 cm, ensanchándose na parte superior; por riba desta hai dúas coviñas. Un pouco máis abaixo hai outra pía de 37 por 32 cm con canle de saída, e á súa dereita unha pegada na que encaixa bastante ben a man dunha persoa. A continuación, despois dun espazo libre, ten un corte a xeito de escalón, que só ocupa os dous terzos do ancho da pedra, cun banzo de 17 cm de alto. Todas as circunstancia que amosa a pena, coñecida co nome de Pena de Bodán, fainos pensar que nos atopamos diante dun altar de sacrificios da época céltica”. (Recollido de Vázquez Seijas no Boletín da Comisión de Monumentos de Lugo do ano 1947, baixo o título Riquezas megalíticas en tierras de Villalba. Vai algo resumido e traducido ao galego).

 
 
 
  
 


 
 




 
 
 
VIVEIRO
Chan da Garita e Chan do Tesouro (Castiñeiras-Boimente); Galiñeira (Monte Galiñeira-Covas); Seixos Brancos (Galdo); Furada do Tesouro (Monte Cambela-Valcarría); Chan da Moa (Fontecova-Viveiro).
Mámoas da Chan da Garita: Consta de tres mámoas, todas con cono de violación. Presentan coiraza pétrea.
Mámoas do Chao da Moa: Formada por seis mámoas, todas violadas, practicamente arrasadas.
Mámoas da Chan do Tesouro: Dúas mámoas con cono de violación. Unha delas está moi alterada polas escavacións furtivas.
Mámoas de Seixos Brancos: Situada a 500 metros de altitude sobre o nivel do mar, contémplase o extenso val do río Landro. Está formada por catro mámoas, todas violadas, que conservan a coiraza pétrea. Nas inmediacións existe un posible pozo utilizado para a preparación doutra mámoa.
Mámoas do Tesouro de Cambela: Consta de tres túmulos, moi achanzados. Un peche aramado atravesa unha das mámoas. 
 

XERMADE
Monte das Cruces (A Alboiana-Burgás); Costanella (O Caneiro-Burgás); Pena Parda (As Penas Pardas-Burgás); A Medoña da Lagoa (A Lagoa-Burgás); A Modia (Xemaré-Burgás); Pena Pesqueira (A Pesqueira-Burgás); As Revoltas (A Aloulada-Cabreiros); A Modia (Leboré-Cabreiros); Cal Grande, O Empalme e Monte Cabreiros (Cabreiros); A Touza (A Touza-Cabreiros); As Cubelas e Rego da Lagoa (Vilacide-Cabreiros); Campo das Medorras (A Casanova-Candamil); As Cavadas (As Pedregosas-Candamil); Capeirón e dolmen do Capeirón (O Capeirón-Cazás); O Cordal (A Casanova-Cazás); Campo das Medorras (Castiñeira-Cazás); A Escoriscada (A Escoriscada-Cazás); Chouza das Uces (O Rego do Corzo-Cazás); Cista do Cubillón, Mollafariña e Millazal (Cazás); As Chairas e Rego do Sapo (O Rego do Sapo-Cazás); Cordal de Sinde (O Seo-Cazás); A Silvela (A Silvela-Cazás); Pena Grande (As Casas Novas-Lousada); Carboril, O Corno, Mámoa de Lousada, Monte das Modias, Piñeiral Antigo e Prado da Fonte (Lousada); Necrópole de Abelleira (A Abelleira-Lousada); O Illó (Ameixido-Lousada); Bustorredondo (A Carba-Lousada); Chao da Revolta (A Garrona-Lousada); Egualonga (Gandia-Lousada); Monte Carboeiro (O Sumeiro-Lousada); Monte Teixido (Teixido-Lousada); As Medorras (Miraz); Monte do Castro (O Souto-Miraz); Reigosa (O Codeso-Momán); Encrucilladas (O Pedró-Momán); Pena dos Corvos (Pena dos Corvos-Momán); As Chairas (A Pigarosa-Momán); Candieiro e Zalaroia (A Zalaroia-Momán); Serra da Candieira (A Candieira-Momán); Serrón do Lobo (Momán); Novil (entre Piñeiro e O Aparral, nas Pontes); Pero Montero ou Mazandoi (entre Momán e Piñeiro); Campo da Uceira (límite Alto do Xestoso, en Monfero, con Momán); O Tumbelo (Momán, no límite con Monfero e Guitirz); A Laguna (As Ribas-Piñeiro); A Veiga (Piñeiro); Chao do Monte (A Azoreira-Roupar); Monte Barreiro (Baxín-Roupar); Balouras (As Folgueiras-Roupar); A Armada (Paidavella-Roupar); A Medoña (A Pedreira-Roupar); A Medoña (Porto de Vila-Roupar); Cista de Roupar (Roupar); Castiñeiras ou das Chairas e Lamoso (Castiñeiras-Xermade); Alto dos Carballás, Fiuco, A Zaipa, A Modia e Pena Grande (O Fraixo-Xermade); O Aqueo (As Parrugueiras-Xermade); As Encrucilladas (A Silva-Xermade); Grisario (O Camiño-Xermade); e Portalousa (Xermade).
Anta de Mollafariña: Tamén coñecida como de Mediafariña ou Modiafariña. Consérvanse chantados seis dos dez esteos de cuarcita que tiña, outros están tirados no chan; un deles presenta once coviñas. Restos de pintura parietal. Nas inmediacións vese unha pedra que puido ser a cobertoira. Nos arredores apareceron restos cerámicos, unha aixola e unha ficha de xisto. Por mor dos traballos agrícolas, foi removida. En mal estado de conservación, cando a visitei por última vez (31 de maio de 2014), inzábaa a matogueira, e no interior botaron cascallos. Proposta como Ben de Interese Cultural.
Cista do Cubillón: Situada nunha leira preto do Cubillón, localizada ao realizar traballos agrícolas. Cista rectangular de lousa e chan enlousado, con pedra cobertoira. Apareceron restos óseos dun adulto, un vaso tipo Taraio e outros restos cerámicos.
Cista de Roupar: Apareceron fragmentos cerámicos e láminas de sílex.
Mámoas do Alto dos Carballás: Tres túmulos.
Mámoa de Bustorredondo: Segundo información que me proporcionaron, no sitio había unha mámoa. No mes de xuño  de 2017 comprobei que, en principio, só se trata dun amoreamento de terra. Preto do lugar está a cruz de Vicenta Balsa, muller asasinada segundo a inscrición no ano 1901, dato errado xa que o suceso foi recollido pola prensa no 1899. 
Mámoas de Egualonga ou Penas de Gandia: O día 28 de xullo de 2022, dende o Colectivo Patrimonio dos Ancares comunicamos á Xunta de Galicia a localización de dúas interesantes mámoas no concello de Xermade. Foron localizadas polos compañeiros Manuel Ruibal e Ramiro J. Freire no monte coñecido como Egualonga, a 570 mettos de altitude, non moi lonxe da aldea de Gandia, na parroquia de Lousada. Teñen unhas medidas de 21 e 22 metros de diámetro e unha altura que rondan os dous metros. A súa descuberta foi posible grazas a unha tala de piñeiros plantados hai uns cincuenta anos que impedían que resultaran visibles. A carón destes enterramentos chaman a atención unhas enormes laxas de pedra planas que cremos que formaban parte da cuberta da cámara funeraria (dolmen). O día 10 de abril de 2023, dende Patrimonio comunicáronnos, despois das comprobacións efectuadas polos seus arqueólogos, que as dúas medorras foron catalogadas cos códigos GA27021177  27021178. Cómpre salientar que a gran maioría das mámoas do concello de Xermade sufriron actuacións furtivas para buscar tesouros dende hai séculos, tal como nolo testemuña o preito iniciado contra numerosos campesiños no ano 1609 polo crego e fidalgo do couto de Recimil de Parga Vázquez de Orxas que era quen posuía o permiso outorgado polo rei Carlos III, iso si, a cambio de que a coroa recibira unha parte. Tesouros poucos deberon atopar, pero a desfeita foi letal. 
Mámoas na Escoriscada: Necrópole con dous túmulos de 18 e 15 metros de diámetro. Localiceinos en xullo de 2020. Despois de comunicadas a Patrimonio da Xunta de Galicia, xa foron catalogadas.
Mámoas das Modias das Chairas: Once túmulos.
Mámoas Modias da Chousa das Uces: Cinco túmulos.
Mámoas Modias do Rego do Sapo: Seis túmulos.
Mámoas do Monte Barreiro: Dez túmulos.
Mámoas do Monte das Cruces: Catro túmulos. 
Mámoas do Monte de Teixido: Cinco túmulos. 
Mámoas do Parque eólico de Sotavento: Nos traballos de Estudo do Impacto Arqueolóxico documentáronse nove túmulos. 
Mámoa na Pena dos Corvos: Ten unhas medidas de 19 metros de diámetro. Localiceina en xullo de 2020. Despois da comunicación a Patrimonio, xa foi catalogada.
Medoñas de Candieiro: Tres mámoas, unha, a do Tumbelo, en Momán, límite con Guitiriz e Monfero.
Medoñas da Reigosa: Dúas mámoas.
Medoñas de Zalaroia: Dúas mámoas. 
Necrópole da Abelleira ou Lousada: Composta por dezanove mámoas de tamaño medio e pequeno, algunhas escavadas por Bouza Brey quen atopou puntas de frecha, machados, cerámica lisa, incisa e campaniforme, un disco de lousa perforado, un betilo, un obxecto fusiforme e prismas de cristal.








XOVE