Aínda que en Galicia foron os romanos os primeiros en construír as grandes pontes de pedra, é probable que con anterioridade xa se realizaran sinxelas estruturas de madeira para atravesar pequenos cursos de auga. Os romanos tamén construíron pontes de madeira con piares de pedra, usando o coñecido opus caementicium (o formigón romano) que revestían por fóra con laxes de pedra. Durante a Idade Media, a maioría das pontes de época romana arruináronse polo que se fixo necesario reconstruílas ou facer unhas novas. Nesta etapa histórica, a función das pontes, ademais de salvar un río ou barranco e como función estratéxica, era tamén unha fonte de ingresos para os señores e mosteiros xa que só se podían cruzar previo pago do correspondente pontádego (imposto que gravaba os dereitos de tránsito de persoas, mercadorías e animais), daí que para evitalo a xente cruzara por un vado ou pontella que era gratis pero máis perigoso.
Non resulta doado clasificar as pontes para determinar a data de construción debido ás constantes necesidades de reparación ao longo dos séculos, documentándose moitas que mesmo foron substituídas. Na actualidade, a maior parte perderon a función para a que foron erixidas.
Aínda que un bo número levan o nome de "romana", a gran maioría pouco ou nada teñen que ver con esa época.
PONTES DA PROVINCIA DA CORUÑA
ABEGONDO
Ponte Vella de Beldoña: En Mabegondo, sobre o río Barces, medieval, disque de posible orixe romana. Ten un só ollo. Sufriu varias remodelacións durante a Idade Media. Por ela pasaba o Camiño Real que, dende Betanzos, conducía a Santiago, utilizado polos peregrinos provenientes do norte de Galicia e de Asturias. A última restauración, tal como figura nunha prancha colocada na ponte, data do ano 2001. Atópase inzada pola maleza e os peitorís están a derrubarse.
AMES
Ponte da Cabirta (Quistiláns-Bugallido): Cruzaba o río Sar sobre unha fervenza. Destruída por unha enchenta no ano 1987. Segundo a lenda, esta ponte estaba encantada, dela saía ao mencer unha galiña con pitos de ouro, e o que conseguise desencantala levaría o tesouro.
Ponte Maceira: Coñecida polos veciños como a Ponte Vella. Sobre o río Tambre, entre Ames e Negreira. Do século XIII ou XIV, construíuse aproveitando os piares dunha antiga ponte disque romana. Paso obrigado dos peregrinos que continuaban o Camiño a Fisterra. Segundo a Historia Compostelana, no século XII tivo lugar unha batalla entre as tropas do arcebispo Xelmírez e o conde de Traba. Hai testemuñas dalgúns peregrinos a Fisterra que pasaron por ela, como Erich Lassota de Steblovo no 1581, ou de Christoph Gunzinger que a cita como ponte Massera. Cando pasou pola ponte José Cornide atopouna moi arruinada. A ponte derrubouse en varias ocasións por causa das enchentas do río. Consta de sete arcos.
ARANGA
Ponte Carneiros (Vilarraso): Sobre o río Deo, contemporánea.
Ponte Costeiro (Vilarraso): Sobre o río Deo. Formada por tres bases de cachotería sobre a que asentan cinco laxes de granito.
Ponte Nova da Castellana (A Castellana-Vilarraso): Sobre o Mando. Contemporánea. Na estrada N-VI.
Ponte Roda Maia (O Barreiro-Aranga): Sobre o río Cambás. O arco foi alterado, substituíndo a parte superior da bóveda por formigón.
Ponte de Sisalde (Feás): Sobre o río Chancelas. Dun só arco. Construída con perpiaños de granito.
Ponte da Veiga (A Veiga-Aranga): Só se conservan os arranques dos arcos, cheos de vexetación.
Ponte Vella da Castellana (Vilarraso): Sobre o río Mandeo. Construída no século XVI e reformada no XVIII. En cadeirado de granito ten un van con arco de medio punto que apoia sobre rochas nas marxes do río.
ARES
Ponte da Ciscada: Sobre o río Xunqueira. Ten un pequeno arco de medio punto. Do século XIV, foi reformada no XVIII. Hai quen cre que ten a orixe romana, relacionándoa co antigo camiño empedrado que atravesaba o municipio, e que viña dende Pontedeume por Redes e continuaba cara Mugardos.
Ponte dos Brozos: Na parroquia de Oseiro. Sobre o río Arteixo. Século XVII, seguramente construída sobre outra máis antiga. Consérvanse restos da vella calzada.
Ponte de Oseiro: Asulagada polo encoro do Rexedoiro.
Ponte de Fontaghín: Sobre o río Boente, comunica as parroquias de Boente e Figueiroa.
Ponte de Ribadiso: Salva o río Iso en Ribadiso, parroquia de Rendal. Século XII de posible orixe romana pola que pasaba a vía romana que comunicaba Lucus Augusti con Aseconia (Santiago), e logo utilizada polos peregrinos a Compostela. Consta dun só arco de medio punto. No lugar construíuse o hospital de San Antón de Ribadiso co fin de atender e socorrer aos peregrinos, administrado polas Terciarias Franciscanas do mosteiro de Santa María de Pena. Posteriormente pasou a ser propiedade da confraría de prateiros de Santiago.
A BAÑA
Ponte dos Aguillóns (O Seilán-Sanamede do Monte): Século XIX. Construída para acceder a un muíño e comunicar as parroquias de Sanamede do Monte, San Cibrán e Covas. Información de Cristina Campos Castro en patrimoniogalego.net.
Pontella de Fiopáns: Sobre o regueiro Portalaxe, preto da desembocadura do río Tambre. De tres cepas sobre as que apoian varios perpiaños a xeito de plataforma.
BETANZOS
Ponte Vella das Cascas: Consta dun só arco entre dous cubos. Citada nun documento do ano 1200. Durante a Guerra da Independencia foi voada polos ingleses no ano 1809 no seu camiño cara A Coruña. Reconstruída no ano 1836. No 1846 engádeselle unha pedra armeiras coas armas da vila.
Ponte de Goiáns (Ponte Goiáns). Sobre o río Coroño. Consta dun arco.
BOQUEIXÓN
Ponte Busacos (A Gándara-Sergude): Sobre o río Pereiro. Disque de posible orixe romana. Construída en sillería de granito con dous arcos de medio punto. Por ela podería ter pasado a vía romana que unía Astorga e Braga, despois Camiño Real. Próxima á Vía da Prata do Camiño de Santiago.
Ponte Caneda: Pequena ponte que era de lousa e logo foi recontruída con pedra de cantería. Comunicaba as parroquias de Loureda e Vigo, así como facilitar o paso aos muíños da zona.
Ponte Ledesma: Na parroquia de Ledesma, sobre o río Ulla. Construída nos séculos XVI ou XVII. Durante a Guerra da Independencia os veciños, baixo as ordes do marqués De la Romana, enfrontáronse ao exército francés. Ata o século XIX cobrábase dereito de pontádego. Construída en cadeirado de granito, consta de nove arcos e tallamares triangulares augas arriba e trapezoidais augas abaixo.
BRIÓN
Ponte Rúa de Francos ou de Paradela ou dos Mouros: Atravesa o río Tinto na parroquia de Calo. Do século XVI, consta dun só arco. Comunicaba os lugares de Francos (Teo) e Xinzo (Brión).
Ponte de Pedra ou Ponte do Eume: Sobre o río Eume, mandada construír por Fernán Pérez de Andrade entre o 1374 e o 1380. Dá nome á vila de Pontedeume. Comunica Cabanas con Pontedeume. Na súa época foi considerada como a máis grande e fermosa de Europa na súa clase. Sobre ela existía unha capela posta baixo a advocación do Espíritu Santo e un hospital de peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. No ano 1841, as pedras do hospital serviron para enlousar a praza de San Roque. Na entrada da ponte había un xabaril, símbolo dos Andrade. Segundo información achegada por Vítor Garabana a ponte, de 50-60 arcos, xa tiña varios deles en ruína no século XIX porque eran pequenos e se atoaban con troncos de árbores nas enchentas. En 1867 derrubárona e construíron unha ponte temporal de madeira, e logo a actual, cegando máis da metade dos arcos e deixando só os quince de maior tamaño. A ponte que se ve na actualidade foi deseñada polos enxeñeiros Francisco Sejuelo, Adolfo Pequeño e Juan Vildosola entre os anos 1867 e 1870. Segundo a lenda foi construída polo demo nunha soa noite. Ata os anos 60 ou 70 estaba "adornado" co xugo e as frechas.
Ponte do Porto: Na Ponte do Porto, salva o río Grande. Comunica as dúas zonas en que se divide o pobo. Aínda que tamén recibe o nome de Ponte Romana, crese que foi construída entre os século XIII e XIV.
Pontella de Mourín (Camariñas): Sobre o río Mourín. Pasal conformado por un conxunto de pedras alongadas en forma de paralelepípedo.
CAMBRE
Ponte do Burgo (O Temple): Medieval do século XII, disque de posible orixe romana. Conserva seis arcos de medio punto da ponte primitiva dos once que ten.
A Ponte de Cela: Sobre o río Mero, de posible orixe romana. Crese que por ela podía pasar a Vía per loca maritinima.
Ponte de Sigrás ou da Pena (Sigrás): Sobre o río Mero. Século XVIII. Ponte de granito de dous vans. Case en desuso cando a estrada foi traslada.
Ponte Vella de Cambre: Sobre o río Mero. Século XVII. Arredor do 2005 foi desmontada pero nada se volveu a saber.
Ponte da Xira:
Século XIV. Sobre o río Valiñas, no límite dos concellos de Cambre e
Culleredo, situada no Camiño de Santiago e no camiño real.
A CAPELA
Ponte Graña (Caaveiro): Sobre o río Sesín. Medieval. Arco de medio punto en cadeirado de granito. Constitúe o tramo final do camiño primitivo procedente da Capela. Forma parte do BIC do mosteiro de Caaveiro.
Ponte do Coberto: En Formariz, parroquia de Cabalar, na estrada que vai a Vilardemouros. Posible orixe medieval, construída en pedra de cantería sobre o río Coberto. Consta dun arco de medio punto.
Ponte romana de Gunxel (Gunxel-A Capela): Sobre o río Sesín. Disque de posible orixe romana. Arco de medio punto en cadeirado de granito.
Ponte da Mazoca (Gunxel-A Capela): Sobre o río Sisín, na estrada que une As Neves co mosteiro de Caaveiro. Orixe medieval. Arco de medio punto en cadeirado de granito.
Ponte do mosteiro de Caaveiro: Medieval, sobre o río Eume. Consta dun arco.
Ponte do Penso (Carballás-Cabalar): Orixe indeterminada. Na estrada Carballás-Formariz. Un arco en cadeirado de granito. Totalmente cuberta pola matogueira. Mal estado de conservación.
CARBALLO
CARIÑO
Ponte de Area (Area-A Pedra): Sobre o rego Murela, desemboca na praia da Basteira. Séculos XVII-XVIII.
CARNOTA
Pontella de Vadebois (San Mamede de Carnota): Sobre o río Vadebois. Construída con laxes horizontais apoiada sobre bloques de granito.
CARRAL
Ponte das Táboas (Vigo): Medieval.
Ponte Porto do Cabo: En Porto do Cabo, na parroquia de Esteiro, salva o regueiro Porto do Cabo. Medieval, consta dun arco de medio punto e outro menor para aliviar a corrente nas enchentas. Situada entre Cedeira e Valdoviño.
COIRÓS
Ponte do Asno (Oís): Sobre o río Fervenzas. En cadeirado de granito presenta un arco apuntado. Por ela transcorría a N-VI.
A Ponte Dona (Cereo): Sobre o río Anllóns, entre as parroquias de Cereo
(Coristanco) e Xornes (Ponteceso). Documentada no ano 1839, se ben é
posible que sexa máis antiga. Feita en cantería de granito con
zonas de cachotería. Ten sete vans alintelados sobre os que asentan as
laxas de pedra que forman a calzada sen peitorís. Tallaramares
contracorrente.
Ponte Lubiáns: Sobre o río Anllóns, medieval, século XV, dis que de posible orixe romana pola discorría a vía XX. Consta de catro arcos de medio punto cun tallamar contracorrente na parte central. Foi reformada nos séculos XVII e XVIII.
CULLEREDO
Ponte da Acea da Má (O Burgo): Sobre o río Trave, data do século XVI e reformada no século XVIII. Da primitiva só se conserva un arco. No medio da ponte había unha Virxe que actuaba como marco divisorio entre Santiago do Burgo e Santa María de Rutís.
Ponte da Xira: Século XIV. Sobre o río Valiñas, no límite dos concellos de Cambre e Culleredo, situada no Camiño de Santiago e no camiño real.
DUMBRÍA
Ponte Olveira: Sobre o río Xallas. Construción do século XVI, posúe tres arcos de medio punto e tallamares triangulares contracorrente. Sobre a ponte colocouse unha varanda de aceiro que racha coa súa estética.
FENE
Ponte de Belelle (A Brea de Sillobre-Sillobre): Sobre río Belelle, disque de orixe romana. Ponte feita en granito cun arco de medio punto.
FERROL
Ponte de Caranza (Ferrol).
Ponte do Muíño Vello ou de Santa Icía: Sobre o río Freixeiro. Comunica os concellos de Ferrol e Narón. Crese que a súa construción data do século XVIII ou XIX.
FRADES
IRIXOA
Ponte Antiga (Ambroa): Sobre o río Lambre. Ponte dun arco.
Ponte de Bóveda (Churío): Comunicaba o Camiño Real Betanzos-Viveiro ata o Chao da Vila. Con dúas luces arquitrabadas e tallamar central.
Ponte Carballo (Cabanas-Verís): Sobre o río Zarzo. No Camiño Real Betanzos-Vilalba.
Ponte Vella (Lambre-Ambroa): Medieval. Derrubada, consérvanse dous estribos de pedra.
Ponte Rego do Carrizo: Pasaba o Camiño Real Betanzos-Vilalba. Estribos de pedra e plataforma de laxes.
Ponte de San Paio (Irixoa-Monfero): Río Lambre, s. XV. Dous arcos. Divide os concellos de Irixoa e Monfero. Citada nun documento do ano 1295.
Ponte Xielas: Sobre o río Mandeo. Un piar sobre o que asenta a plataforma arquitrabada dos estribos laterais. A plataforma orixinal, de madeira, foi substituída por unha de formigón.
Ponte Vella de Berrimes (Berrimes-Lousame). Orixe medieval. Fábrica actual moderna. Ten un arco de medio punto.
Ponte de Vilacova: Na parroquia de Vilacova, erixida sobre o río Sóñora. De orixe medieval, consta dun só arco.
Ponte do Porto: No río Sor, medieval, disque de posible orixe romana, entre Mañón e O Vicedo. Por aquí discorría o Camiño Real que comunicaba Viveiro con Ortigueira. Realizada en cachotaría de granito, ten tres arcos de medio punto. Sobre a ponte, no centro, consérvase un fito que marcaba o lindeiro entre as antigas provincias de Betanzos e Mondoñedo.
Ponte Segade:
Comunica os concellos do Vicedo e Mañón. Tiña dous arcos que
foron achandados para colocarlle unha plataforma de formigón. Aquí tivo
lugar un enfrontamento dos veciños do Vicedo e Mañón coas tropas
napoleónicas durante a Guerra da Independencia.
Ponte do Barqueiro: Entre Mañón e O Vicedo. Foi inaugurado no ano 1901. No 1980 pechouse ao tráfico de vehículos. Convertido en peonil.
MAZARICOS
Pontella (Arcos): Sobre o regueiro Caldeiras.
A Pontenova (Colúns): Sobre o río Beba. Medieval. En granito, ten un arco de medio punto e dous vans de forma cadrada situados nunha terraza de inundación para desaloxar a auga en épocas de enchenta.
MELIDE
Ponte Leboreiro: Na parroquia do Leboreiro. Sobre o río Seco, tributario do Ulla. Século XII. Foi restaurada no ano 1984, engadíndoselle os peitorís laterais. Construída en granito, consta dun só arco. Por el pasa o Camiño Francés a Santiago.
Ponte Vella de Furelos: Na parroquia de Furelos, atravesa o río do mesmo nome. Construída en cadeirado de granito e xisto no século XII. Consta de catro arcos de medio punto e tallamares triangulares contracorrente. Forma parte do Camiño Francés a Santiago.
Ponte Nova de Furelos: Sobre o río Furelos. Noméase como Nova para diferenciala da Vella de Furelos. Edificouse no reinado de Isabel II no ano 1861, por mor da construción da estrada Lugo-Santiago. Nos peitorís aparecen dous sillares coa data de obra e tamén a alusión ao reinado desa raíña. (Información achegada por Cristina Vázquez Neira, e fotos de Xosé Manuel Broz Rei, arqueóloga e director do Museo da Terra de Melide).
Ponte de Mera: Segundo recollín do facebook do Museo da Terra de Melide, foi derruída no século XX.
MESÍA
Ponte de Feás: No lugar do Campo, parroquia de Mesía. Sobre o río Samo. Construída no século XIX, posúe un arco de medio punto.
MIÑO
MIÑO
Ponte de Bañobre (Bañobre): Sobre o río Baxoi, medieval. Dun só arco. Mandado construír por Fernán Pérez Andrade o Bo. No camiño Inglés. Citado por Fr. Martín Sarmiento na súa viaxe a Galicia no ano 1745.
Ponte na Ponte do Porco: Atópase na aldea da Ponte do Porco, entre as parroquias de Miño (Miño) e San Pantaleón das Viñas (Paderne).
MONFERO
Ponte Barandoi (Santa Xiá): Pasaba o Camiño Real a Viveiro. Ponte con estribos de pedra e plataforma con laxes de pedra.
Ponte de Dureixa: Pasaba o Camiño Real a Viveiro. Ponte con estribos de pedra, o taboleiro foi substituído por un novo de formigón.
Ponte Nova (Os Chaos-Ambroa): No camiño entre Vilamateo e O Chao da Viña. Dous arcos de medio punto e tallamar.
Ponte de San Paio (Monfero): Río Lambre, s. XV. Dous arcos. Divide os concellos de Irixoa e Monfero. Citado nun documento do ano 1295.
Ponte Vella ou das Travesas (As Travesas-San Fiz de Monfero): Sobre o río Lambruxo, s. XV.
Ponte Vella do Dez ou de Frai Bermuz (Val do Xestoso): Atravesa o río Frai Bermúz. Construída no século XV, consta dun arco de medio punto reforzado con doelas.
Pontella de Priegue (Abelleira): Pontella sinxela dunha lousa.
Pontella de Serres (Serres): Composta por unha lousa apoiada en tres tallamares. No ano 1994, nunha enchenta, provocada polas fortes choivas, derrubouse.
Pontella da Rañoa (Riomaior-Esteiro): Pontella sobre o río Maior feita cun taboleiro de tres grandes laxes en catro fiadas paralelas e apoiadas en perpiaños postos na canle do río. Chama a atención a súa anchura. (Información de Elixio Vieites en patrimoniogalego.net).
Ponte de Burleo (Serres).
Ponte de Valdexería (Serres). Sobre o río Valdexería.No ano 1994, nunha enchenta, provocada polas fortes choivas, derrubouse. No ano 2000 construíuse unh anova ponte.
NARÓN
Ponte do Muíño Vello ou de Santa Icía: Sobre o río Freixeiro. Comunica os concellos de Ferrol e Narón. Crese que a súa construción data do século XVIII ou XIX.
Ponte de Xubia: Sobre o río Xubia, foi construída no século XIX. Substituíu a outras anteriores, unha gótica e outra de madeira. Presenta dous vans e tallamares contracorrente. Comunica os concellos de Narón e Neda.
Pontiga (Roxal-Anca) Sobre o río Belelle.
Ponte de Santa María: Cruza o río Belelle, s. XIX.
Ponte Besteiro: Atravesa o río Besteiro, s. XIX.
Ponte Xubia: Salva o río Xubia. Construída no século XIX, substituíu a outras anteriores, unha gótica e outra de madeira. Presenta dous vans e tallamares contra corrente. Comunica os concellos de Narón e Neda.
NEGREIRA
Ponte Maceira: Coñecida polos veciños como a Ponte Vella. Sobre o río Tambre, entre Ames e Negreira. Do século XIII ou XIV, construíuse aproveitando os piares dunha antiga ponte romana. Paso obrigado dos peregrinos que continuaban o Camiño a Fisterra. Segundo a Historia Compostelana, no século XII tivo lugar unha batalla entre as tropas do arcebispo Xelmírez e o conde de Traba. Hai testemuñas dalgúns peregrinos a Fisterra que pasaron por ela, como Erich Lassota de Steblovo no 1581, ou de Christoph Gunzinger que a cita como ponte Massera. Cando pasou pola ponte José Cornide atopouna moi arruinada. A ponte derrubouse en varias ocasións por causa das enchentas do río. Consta de sete arcos.
Ponte de Ons (Portor): Anterior á ponte Maceira. López Ferreiro fai pasar por ela a vía XX ou per loca maritima. Segundo o Codex Calixtinus, derrubouse cando os discípulos estaban pasando cos restos do Apóstolo Santiago. Desapareceu definitivamente baixo as augas do encoro a finais da década dos anos cincoenta do pasado século. Esta ponte figura no escudo do Concello de Negreira.
Ponte Grande (Noia): Século XIX. Na actualidade conta con seis vans, as distintas remodelacións reduciron o número, modificando a primitiva imaxe.
Ponte Chainza (Obre): Sobre o regueiro Vilacova, medieval. Coñecida tamén como "romana". Estaba tapada, apareceu un arco e restos dun segundo.
Ponte Nafonso (A Ponte Nafonso-Roo): Sobre o río Tambre. Construción do século XIV. Dos vinte e sete arcos que tiña só se conservan vinte. Achega a etimóloga Dolores González de la Peña que hai unha moi antiga profecía: Cando os arcos da ponte emerxan chegará a destrución das xentes e o fin da idolatría en Hispania.
Ponte de Traba (Noia): Sobre o río Traba. Construída no século XIV para comunicarse cos portos da ría de Arousa. Consta de catro arcos, dous apuntados e os outros dous de medio punto, o central incluído. Nas claves dun dos arcos poden verse dúas caras humanas de factura tosca.
OROSO
Ponte Meimixe (Os Ánxeles): Séculos XVII-XVIII.
Ponte Sigüeiro (Sigüeiro): Salva o río Tambre. Construída no século XIII ou XIV e modificada no século XX. Consta de seis vans.
ORTIGUEIRA
OUTES
Ponte dos Arados (A Corga-Cando): Sobre o río Donas, s. XIX. Construída sobre outra máis antiga. Formada por grandes pedras dispostas horizontalmente. Unía os lugares da Ponte Nafonso e Cando.
Ponte Nafonso (A Ponte Nafonso-Roo): Sobre o río Tambre. Construción do século XIV. Dos vinte e sete arcos que tiña só se conservan vinte. Achega a etimóloga Dolores González de la Peña que hai unha moi antiga profecía: Cando os arcos da ponte emerxan chegará a destrución das xentes e o fin da idolatría en Hispania.
Ponte do Ruso (Outes): Sobre o río Tines, data do ano 1746. Feita en granito, consta dun só arco.
Ponte da Serra: Sobre o río Tins. Ten un arco de sete metros de altura. Figura no escudo do Concello de Outes.
OZA DOS RÍOS (Forma parte do concello de nova creación Oza-Cesuras)
Ponte Roibeira: Na parroquia de Mondoi, salva o río Mendo. Construción medieval do século XV con dous arcos de medio punto con contrafortes a ambos os lados do máis grande. Tallamares triangulares contracorrente. No ano 1715, a Xustiza e Reximento de Betanzos dispón o arranxo da ponte que levan a cabo os veciños de Requián, Brabío e Oza, negándose estes últimos a contribuír, actuando no seu nome Antonio de Rilo e o seu fillo Domingo, sendo multado este con catro ducados pola súa rebeldía o que fai que proteste ante o Tribunal Real para que se anulen os cargos, por considerar que os veciños de Oza xa arranxaran a Ponte dos Cabalos "... que hes en el mismo rrio que baja a la rreferida de rroibeira sin otra ayuda", rematando a exposición que de non seren considerada a protesta acudirán ante a Real Audiencia do Reino. Acometéronse novas reparacións no ano 1741, recaendo as obras no mestre canteiro Joseph Martínez Zelis.
Ponte dos Cabalos (Oza): Sobre o orío Mendo, unía as parroquias de Oza (Oza-Cesuras) e Santa Mariña de Lesa (Coirós). Citado no ano 1715 (ver Ponte Roibeira). Segundo
noticia recollida de El
Eco de Galicia
do 23 de novembro de 1910, debido a unha enchenta do río Mendo polas
fortes choivas, a ponte foi derrubada.
PADERNE
Ponte Lambre ou Ponte do Porco: Esta ponte medieval, do século XIV, atópase no lugar da Ponte de Lambre, parroquia de San Pantaleón das Viñas. Salva o río Lambre. Forma parte das sete pontes que mandou construír Fernán Pérez de Andrade "O Bo" para manter comunicadas as súas posesións entre Pontedeume e Betanzos. Conta unha antiga lenda que un mozo de nome Roxín Roxal namorouse de Tareixa, a filla máis nova do señor de Pontedeume don Nuno Pérez de Andrade. Amor imposible porque Roxín só era un servidor. Por orde de seu pai, a Tareixa casáronna con Henrique, da casa dos Osorio. Durante unha batida do xabaril, don Henrique feriu levemente a un dos animais que arremeteu contra os xenetes. Don Henrique, cheo de medo, saltou dende a ponte para fuxir do ataque, deixando soa a Tareixa que morreu como consecuencia do ataque. Aos poucos días o xabaril apareceu morto cunha daga cravada no pescozo. Todos recoñeceron a daga que tempo atrás don Nuno lle regalara a Roxín Roxal. Dende entón, a ponte quedou bautizada co nome de Ponte do Porco. Ponte e xabaril aparecen representados no escudo municipal. A ponte é paso obrigado dos peregrinos que fan o Camiño Inglés a Santiago de Compostela. Na aldea da Ponte do Porco pode verse a representación dun xabaril cunha cruz inserida no lombo. Non moi lonxe da ponte atópanse os muíños da Misericordia ou do Rei, un conxunto de muíños do século XVIII reconstruídos ao redor do ano 1845, propiedade de José María Bermúdez de Castro, señor de Montecelo e de San Pantaleón das Viñas. Nas súas dezaseis pedras de moer producían fariña para o arsenal de Ferrol.
Ponte na Ponte do Porco (A Ponte do Porco): Do século XIX. Sobre o río Lambre, atópase na aldea da Ponte do Porco, entre as parroquias de Miño (Miño) e San Pantaleón das Viñas (Paderne).
Ponte Mainzoso (Vilamourel): Sobre o regueiro Mainzoso, tributario do Mandeo. Ponte de feitura rústica cun arco de medio punto. No entorno atopábanse varios muíños, hoxe en día desaparecidos.
Ponte da Misericordia (San Pantaión das Viñas): Ponte dun arco rebaixado con estrutura de cachotería. A calzada está flanqueada por peitorís de cantería.
Ponte Muíño do Batán (Vilamourel): Pequena ponte rústica dun só arco realizada en cachotaría de xisto.
Ponte Lavandeira (Vilamourel): No Camiño Real Betanzos-Vilalba. Con tallamar sobre o que apoian as lousas da plataforma.
PADRÓN
Pasais das Cambelas: Atravesan o río Sar entre Cambelas (Padrón) e Seira (Rois).
Ponte do Bordel: Derrubada por unha enchenta a finais dos anos sesenta do século XX. Foi dinamitada polo exército para rematar de derrubala.
Ponte de Iria: Derrubada por unha enchenta, era xemelga da ponte do Bordel.
Ponte de Pontecesures: Entre Padrón e Pontecesures. Sobre o río Ulla, disque de orixe romana construída, segundo algúns historiadores, por mandato do mesmo César Augusto Octavio Vespasiano que gobernou entre o 27 a. C. e o 14 d. C. Construída en cantaría de granito, consta de trece arcos de medio punto rebaixados, peitoril e tallamares de sección triangular. Padeceu reformas no século XII e nos anos 1790, 1911 e 1956. O xeógrafo árabe Al-Idrisi, do século IX, cita esta ponte. Deu nome á vila.
Ponte de Santiago ou do Carme (Padrón): Construída no ano 1852, substituíu a outra arrasada polo río. Une o lugar da Trabanca co núcleo antigo de Padrón.
O PINO
A POBRA DO CARAMIÑAL
Ponte da Misarela: Na parroquia de Lesón, salva o río Pedras. Construída no século XIV en cadeirado e cachotaría de granito; os seus arcos son de medio punto. Crese que formaba parte da antiga calzada romana que atravesaba a Serra do Barbanza.
Ponte das Taras (As Taras-Posmarcos). Sobre o río Lérez. Construída entre os anos 1898 e 1899.
Ponte do Xobre (O Xobre): Sobre o río Morto, ss. XV-XVI. Situado nas proximidades do convento franciscán de San Antonio. De cantaría de granito, ten catgro arcos oxivais. Ensanchado a finais do século XX para ampliar a estrada.
PONTECESO
Ponte de Ponteceso: Construída sobre o río Anllóns, une Ponteceso con Cabana de Bergantiños. Conserva os cinco arcos sobre piares que algúns historiadores cren de época romana.
A Ponte Dona (Cereo): Sobre o río Anllóns, entre as parroquias de Cereo
(Coristanco) e Xornes (Ponteceso). Documentada no ano 1839, se ben é posible que sexa máis antiga. Feita en cantería de granito con
zonas de cachotería. Ten sete vans alintelados sobre os que asentan as
laxas de pedra que forman a calzada sen peitorís. Tallaramares
contracorrente.
PONTEDEUME
Ponte de Pedra ou Ponte do Eume: Sobre o río Eume, mandada construír por Fernán Pérez de Andrade entre o 1374 e o 1380. Dá nome á vila de Pontedeume. Comunica Cabanas con Pontedeume. Na súa época foi considerada como a máis grande e fermosa de Europa na súa clase. Sobre ela existía unha capela posta baixo a advocación do Espíritu Santo e un hospital de peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. No ano 1841, as pedras do hospital serviron para enlousar a praza de San Roque. Na entrada da ponte había un xabaril, símbolo dos Andrade. Segundo información achegada por Vítor Garabana, a ponte, de 50-60 arcos, xa tiña varios deles en ruína no século XIX porque eran pequenos e se atoaban con troncos de árbores nas enchentas. En 1867 derrubárona e construíron unha ponte temporal de madeira, e logo a actual, cegando máis da metade dos arcos e deixando só os quince de maior tamaño. A ponte que se ve na actualidade foi deseñada polos enxeñeiros Francisco Sejuelo, Adolfo Pequeño e Juan Vildosola entre os anos 1867 e 1870. Segundo a lenda foi construída polo demo nunha soa noite. Ata os anos 60 ou 70 estaba "adornado" co xugo e as frechas.
AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ
Ponte de Isabel II: Sobre o río Eume. Construída en cantería de granito no ano 1862, durante o reinado de Isabel II. Ten tres vans con arcos de medio punto rebaixados. Conserva unha inscrición da época en que foi construída.
Ponte Romana: Atravesa o río Chamoselo. Medieval do século XIV, dise que substituíu a unha romana porque nas inmdiacións hai un xacemento romano vinculado a unha vía entre Lucus Augusti e a costa. En tempos, xunto a pote había uns carballos centenarios; nun deles vivía o mítico Xaquín das Herbas, un ermitán que morou no oco dun carballo dende o ano 1936 ata a súa morte no 1958. Dise que era un canteiro anarquista que ao comezar a guerra civil fuxira da súa casa (en Lugo ou Pontevedra); hai unha rúa que leva o seu nome.
A Ponte dos Ferros (As Pontes): Sobre o río Eume. Segundo a tradición foi mandada construír por García Rodríguez de Valcárcel no século XV, nome polo que é coñecida a vila. Consta de dous arcos separados por un ancho piar. Reformada a principios do século XIX. O nome de Ponte dos Ferros débese a que no ano 1902 colocáronlle unhas barandas de ferro forxado.
A Ponte da Pedra (As Pontes): Antigamente estivo no lugar da Ponte da Pedra; foi trasladada debido á explotación mineira de lignito na década dos anos setenta do século pasado. Consta dun só arco amplo. Na actualidade atópase sobre o río Brixeo, no acceso a un parque.
Segundo información achegada por José Antonio Prieto Sanmartín, na parroquia de Vilavella houbo ata non hai moitos anos unha ponte, ao parecer medieval, que foi derrubada debido ao seu mal estado de conservación.
PORTO DO SON
Ponte Vella (Xuño): Salva o regueiro Sieira no lugar do mesmo nome. Medieval, disque de orixe romana, consta dun arco lixeiramente apuntado.
ROIS
Pasais das Cambelas: Atravesan o río Sar entre Cambelas (Padrón) e Seira (Rois).
Ponte da Meana (Seira): Sobre o río Sar, no límite dos concellos de Padrón e Rois. Do século XVII, pero parece que citado en documentos medievais.
Ponte Ferrería (Saldoiro-Naraío): Sobre o río Castro, medieval, salva a estrada local que vai cara o castelo de Naraío. A súa construción realizouse na época de Fernán Pérez de Andrade (século XIV). Coa construción desta e doutras pontes dotábase ás terras dos Andrade dunha rede viaria de calidade, ademais de constituír unha fonte de importantes ingresos para esa casa, provenientes dos dereitos señoriais que se cobraban (dereito de pontádego). Xunto a ponte consérvase un gran xabaril de pedra, símbolo, xunto co oso, dos Andrade. O xabaril sacouse hai varios anos do leito do río. Ao parecer había noutro extremo da ponte outro animal que desapareceu.
Ponte Albar:
Entre os concellos de Santiago e Trazo. Século XVIII, se ben pola súa
estrutura pode ser anterior. Realizado en cadeirado de granito con cinco
arcos de medio punto e tallamares en ambos os dous sentidos. Foi
ensanchado. Debe o seu nome a unha lenda que ten como protagonista a un
tiránico señor feudal, Pero Albar, que tiña o castelo no cume do monte
Pica, entre as aldeas de Xavestre e Trazo.
Ponte de Aríns (Aríns): Sobre o río Santa Lucía. Ten un arco de medio punto.
Ponte do Bargo (O Bargo-A Peregrina): Pequena ponte dun arco situada no camiño vello.
Ponte do Carme de Abaixo (Santiago): Salva o río Sarela, s. XVII.
Pontella de Corexo (Corexo-Marrozos): Consta de dúas lousas de pedra apoiadas sobre un piar central e as ribeiras do regueiro.
Ponte da ermida de Santa Lucía (O Eixo): Ten tres ollos alintelados, con dous piares.
Pontella de Lamascal (Fecha): De feitura tosca, ten dúas lousas apoiadas sobre piares situados na beira do regato.
Ponte de Outeiro (Outeiro-O Castiñeiriño): Ponte cega dun arco de medio punto situada xunto un lavadoiro e un hórreo.
Ponte Pedriña ou dos Tres Ollos (Ponte Pedriña de Arriba-Vista Alegre): Medieval, sobre o río Sarela. De tres ollos con arco central de medio punto.
Ponte da Peregrina (A Peregrina): Sobre o río Sarela. Está preto da igrexa. Cinco ollos abertos en lintel.
Ponte de Quintáns (Quintáns-Villestro): Sobre o río Roxos. De tres ollos, o central de medio punto e os laterais alintelados. Posúe contrafortes.
Pontella de Reborido (Reborido-Villestro): De catro lousas apoiadas sobre un piar central.
Pontella de Reibó (Reibó-Laraño): Pontella alintelada.
Ponte da Rocha (Vidán): Sobre o río Sar. Citada no ano 1542.
Ponte do Romaño (O Romaño- Vista Alegre): Sobre o río Sarela. De pedra dun arco. Xunto del hai un muíño.
Ponte de San Domingos (Vidán): Medieval. Sobre o río Sarela. Só quedan os restos dun arco.
Ponte do Sar (Santiago): Cruza o río Sar, s. XIII. De tres ollos e dous tallamares de sección triangular. Foi construída para salvar o último tramo da Vía da Prata que entraba na cidade pola Porta de Mazarelos ou pola Porta da Mámoa. Augas arriba hai un vao polo que antigamente pasaban os carros coas súas mercadorías.
Ponte Sarela de Arriba (A Peregrina): Sobre o río Sarela. Citada nun documento do ano 1485. As súa estrutura sufriu distintas reformas debido ás enchentas do río, como a que aconteceu no ano 1840.
Ponte Vella (Vidán): Sobre o río Sar. De cantería.
Ponte de Busel (Ribadulla): Sobre o rega da Beseña, afluente do Ulla. Ponte de feitura medieval, se ben foi construída arredor do ano 1933 por un tal Mingos do Gaiteiro, coa finalidade de comunicar Busel con A Maciñeira. (Información achegada por Cristina Vázquez Neira, e fotos de Xosé Manuel Broz Rei, arqueóloga e director do Museo da Terra de Melide).
Ponte Nova de Arcediago: Sobre o río Ulla, na divisoria dos concellos de Santiso e de Agolada. Edificouse en época de Isabel II, no ano 1867, por mor da estrada Betanzos-Ourense. (Información facilitada por Cristina Vázquez Neira, e fotos de Xosé Manuel Broz Rei, arqueóloga e director do Museo da Terra de Melide).
Inscrición dunha ponte Alto Medieval en Mourazos: A principios do ano 2012, Xosé Manuel Broz e Cristina Vázquez Neira, director e arqueóloga de Museo da Terra de Melide, publicaron no boletín da institución a inscrición atopada nunha lousa situada xunto o río Ulla, á altura de Mourazos, entre os concellos de Santiso e Agolada e as provincias da Coruña e Pontevedra. Cando as augas corren baixas queda á luz unha pedra, único vestixio dunha antiga ponte na que se ve unha inscrición que sinala a data de construción: 862. Xosé Manuel Broz, sen dubidalo, afirma que se trata da ponte máis antiga que cruzaba o río Ulla. Desta inscrición xa dera conta no ano 1978 Alberto Platero en El Museo de Pontevedra, se ben a situaba no concello de Agolada. Non cabe dúbida algunha do enorme valor histórico e patrimonial do achado onde un mestre canteiro deixou constancia dun camiño ata ese intre descoñecido ou, cando menos, esquecido, herdeiro dunha vía romana, ademais da práctica inexistencia de pontes erixidas en época Alto Medieval.
SOBRADO DOS MONXES
Pontepedra (A Porta): Sobre o río Tambre que nace preto da lagoa de Sobrado. Século XVIII.
Ponte Queiroga (As Enchousas).
Ponte Caxade (Louou): Medieval de orixe romana. Sobre o río Chao. Vinculada, segundo López Ferreiro, a unha calzada secundaria que unía o castro Lupario coa vía XIX no lugar da Gándara (Vedra). Dise que nos alicerces hai unha inscrición latina. Ten un arco de medio punto. No ano 1998 acometeuse unha polémica restauración.
Ponte Rúa de Francos ou de Paradela: Atravesa o río Tinto na parroquia de Calo. Do século XVI, consta dun só arco. Comunicaba os lugares de Francos (Teo) e Xinzo (Brión).
Pontevea (Reis): Sobre o río Ulla. Construción de orixe medieval dos séculos XIV-XV, padeceu varias reformas.
Pontella (Santa María Madanela): Salva o río Ulla, s. XVIII.
TOQUES
Ponte da Capela: Medieval, sobre o río da Toca ou da Pedriña, afluente do río Furelos. Construída polos monxes bieitos de San Antoíño de Toques para cruzar o río da Toca a escasos metros antes de seren canalizado a través das dependencias dese mosteiro.
TORDOIA
Pontella de Vilamartín (Bardaos).
TRAZO
VAL DO DUBRA
Ponte de Portomouro: Século XIX. Construída en cadeirado de granito, consta de cinco arcos, os dous dos extremos menores. Reformado no século XX para adaptalo ao tráfico de coches.
Ponte Porto do Cabo: Salva o regueiro Porto do Cabo. Medieval, consta dun arco de medio punto e outro menor para aliviar a corrente nas enchentas. Situada entre Cedeira e Valdoviño.
VEDRA
Ponte Busacos: En Sales. Sobre o regueiro Pereiro, medieval. De cantería, con dous arcos semicirculares e vertedoiros alintelados, con tallamares de forma triangular para cortar a auga da corrente.
VILARMAIOR
Ponte de Cidoi: En Cidoi, parroquia de Doroña. Románica do século XII. De granito, ten un arco de medio punto. Por ela pasaba un Camiño Real.
VILASANTAR
Ponte da Gándara (Barbeito): Sobre o río das Gándaras. Dous vans de formas rectas e sinxelas. Na actualidade está en desuso.
Pasos da Vella (Mezonzo): No río das Gándaras. Pedras de grandes dimensións a xeito de pasadoiros para facilitar o paso de persoas.
Pontella de Torelo (Torelo-Salto): Sobre o río Porto. Tradicional, con lousas asentadas sobre dez machóns.
ZAS
Ponte de Baio (Baio): Cruza o río Grande, s. XIX.
Ponte de Brandomil (Brandomil): Salva ó río Xallas. Construída no século XVII sobre outra anterior, pode que romana. Por ela transitaban os peregrinos que de Santiago ían ata Fisterra e os que desembarcaban en Muxía e Fisterra para peregrinar á cidade do Apóstolo. Feita en cadeirado de granito, ten catro arcos.
Ponte de Lodoso (Lodoso-Baio): Salva o río Grande, s. XIX.
Ponte de Quintáns (Brandomil): Atravesa o río Xallas, medieval.
Ponte Saconde (Vilar): Sobre o regueiro Vilar.
Ponte Vella de Martiñán: Entre os concellos de Abadín e Vilalba. Século XVIII. Foi construída por Domingo Antonio de Seoane, primeira xeración da dinastía de canteiros da Carboeira. Salva o río Batán seguindo o vello Camiño Real que dende Mondoñedo se dirixía cara Vilalba. A súa calzada limítase por un peitoril de pedra de granito realizada a xeito de chantas encaixadas segundo as tradicións dos vellos canteiros da comarca. A calzada alivia a auga da choiva por medio de tres pares de picheis que verten ao río. Ten dous grandes arcos maiores desiguais apuntados, e outro menor que actúa como aliviadoiro.
A Pontenova: Sobre o río Ouro. Construída no ano 1615 por Pedro de Morlot, segundo figura nunha escritura de fianza entre este mestrre de obras de Santander e o correxidor de Viveiro. No ano 1990, debido ás obras na estrada, foi desmontada e levantada de novo non moi lonxe. Ten tres arcos de medio punto.
ANTAS DE ULLA
Ponte sobre o río Ulla: Sobre o río Ulla, por el pasaba a antiga estrada. No límíte entre os concellos de Antas de Ulla e Monterroso.
BARALLA
Ponte de Arroxo: Sobre o río Guimarei, construída en cadeirado e xisto cun arco rebaixado de medio punto. Aprécianse varias reparacións e reformas.
Ponte de Covas (A Ponte Covas-Covas): Medieval de posible orixe romana, atravesa o río Neira. Construída en cadeirado de granito, ten tres arcos, o central, semicircular, é o máis grande. No mes de xuño de 2016, dende o Colectivo Patrimonio dos Ancares solicitamos a declaración como BIC desta ponte, proposta que o pleno do Concello votou a favor por unanimidade.
Ponte de Quintá (Piñeira): É de madeira.
Ponte de Santo Estevo (Pousada): Sobre o río Neira, medieval.
Ponte dos Mazos (San Martiño de Neira de Rei): Salva o río Neira, presenta un arco de medio punto. Amor Meilán relaciónaa coa antiga calzada romana que discorría polo municipio. Xulio Pardo de Neyra fala dunha pedra de feitura romana coa inscrición: FACERE IVSIT/AUGUSTUS/IMPER.ANNO C.XII. Eu non fun quen de atopar a epígrafe, e os veciños nada saben. Hai historiadores que dubidan da súa existencia, engadindo que en calquera caso é imposible adscribilo a Augusto xa que non posúe a fórmula imperial de inicio nin desprega posteriormente a titulatura parcial; como tamén resulta inusual a datación que presenta, xa que esta realizábase tanto pola vía da indicación do consulado como pola potestade tribunicia. No mes de xuño de 2016, dende o Colectivo Patrimonio dos Ancares solicitamos a declaración como BIC desta ponte, proposta que o pleno do Concello votou a favor por unanimidade.
Ponte Senra (Senra): Salva o río Neira, medieval. Construída cando o Camiño Real a Castela nos tempos de Carlos III. Ten dous arcos de medio punto e tallamar central contra corrente.
Ponte da Valiña (Guimarei): Sobre o rego de Vilachambre, entre as parroquias de Guimarei e Vilachambre. Pequena ponte de lousa cun arco de medio punto. En deficiente estado de conservación.
BECERREÁ
Ponte de madeira de Cruzul: Sobre o río Cruzul, e a uns 200 metros río arriba da anterior. De madeira con estribos de cadeirado de granito.
Ponte de Gatín (As Pontes de Gatín-Líber): Salva o río Navia. Medieval de posible orixe romana. No medio hai un miliario que foi reaproveitado para facer unha inscrición en época moderna que di: "El edifico/este puente/por orden del/protector/de los caminos/del pueblo/[...] roto/[...] el [...]". Nas inmediacións situábase a mansión romana de Ponte Neviae do Itinerario de Antonino; por eiquí discorría a Vía romana XIX de Lugo a Astorga. Segundo a lenda foi construída polo demo nunha noite; o nome vén do gato negro co que uns veciños lle pagaron a obra.
CASTRO DE REI
Ponte da Golfa (Triabá): Coñécese un documento do ano 1832 do bispo de Mondoñedo, Bartolomé Cienfuegos, en virtude dunha demanda presentada polos veciños de San Pedro de Triabá por destrozos causados na ponte da Golfa. No ano 1821, debido a que un descoñecido quitara un estribo de seguridade, causou grandes prexuízos aos veciños, que non podían pasar á outra beira. O pobo custeou entón outra nova ponte; segundo unha Paulina promulgada polo bispo de Mondoñedo Bartolomé Cienfuegos: "en medio de su pobreza mas ha muy poco tiempo tuvo la misma desgracia que la anterior pues por medio de una sierra la han tronzado de medio a medio y se sumergio en un hoyo profundo que nadie puede utilizar. El autor de semejantes delitos no fue posible descubrirlo".
Ponte do Río Vello ou dos Pedregás: En Duarría. Salva o río Lea. Disque de orixe romana, está construída en cachotaría de lousa cun arco de medio punto e calzada de pedra. Por ela discorría o Camiño Real. Nas súas proximidades atópase o castro de Duarría.
CASTROVERDE
Ponte de Bolaño:
Sobre o río Chamoso. De pequenas dimensións, é de cadeirado de granito,
con catro piares, dous deles cilíndricos e outros dous prismáticos.
Ponte de Bascuas
(Montecubeiro): Sobre o río Azúmara. Ponte de pequenas dimensións
formado por un arco apoiado en dous muros de lousa. Preto do muíño e
mazo de Penallos. Mal estado de conservación.
CERVANTES
Ponte Vella: Sobre o río das Pontes, na parroquia de Donís. Trátase dunha ponte, en mal estado de conservación, cun arco de medio punto realizada en lousa.
Ponte sobre o río dos Carneiros: Ponte ruinosa de madeira no camiño de Xantes a Robledo.
Pontella da Campa de Campo Redondo (Donís): Pontella de madeira que salva o río Veiga Cimeira.
CERVO
CHANTADA
Ponte Romana (Belesar): Vázquez Seijas refírese a ela como de orixe romana, como así o testemuña os restos de calzada que hai no lugar. Asulagada polo encoro dos Peares. No Archivo Histórico Nacional consérvase un documento do 12 de xaneiro de 1518 onde o mosteiro de San Salvador de Asma afora a Alonso Rodríguez unha casa que está ao pé da ponte. Da construción romana só quedarían as bases dos piares. Sábese que o seu paso estivo cortado no ano 1780 debido a un derrube da parte superior polo que foi preciso habilitar unha barca para que a xente puidera atravesar o río. A ponte non foi reparada ata 1830 (tal era a importancia da ponte, que as obras realizáronse por medio dunha suscrición), pero no ano 1852 volvía atoparse moi deteriorada. Cando se rematou a nova ponte sobre o Miño, os arcos da primitiva infraestrutura viaria foron voados con dinamita.
Ponte de Belesar: Sobre o río Miño, comunicaba Chantada con Monforte. De principios do século XX. Ten seis vans e cinco piares de granito.
O CORGO
Ponte Galiñeiros (Arxemil): Atravesa o río Chamoso. Medieval de posible orixe romana. Construída en cantería é de forma alombada, ten un só arco de medio punto; os peitoris, do século XX, son de formigón. Polo lugar pasaba a vía romana XIX que comunicaba Lugo con Astorga.
Ponte do Lago (Abragán): Coñecida tamén como A Ponte Romana. Medieval. Salva o río Tordea.
Ponte Neira (A Ponte Neira-Cela): Sobre o río Neira, data dos séculos XIII-XIV. Separa os concello de O Corgo e O Páramo. Construída en cadeirado de granito con catro arcos de medio punto. Alterada pola construción de ménsulas e unha varanda metálica cando a ensancharon. Está vencellada á antiga vía de comunicación Sarria-Lugo. Xa aparece nos antigos mapas de Galicia, como o de Fernández Oxea do ano 1598, ou no Gallaecia Regnum do 1600. Na Idade Media era o único vial que comunicaba O Camiño de Santiago con Lugo. No ano 1486, na viaxe de regreso dos Reis Católicos á corte, pasaron por esta ponte.
Ponte da Torre (Anseán): Sobre o río Mazandán, séculos XIV-XV de posible orixe romana ou altomedieval. Ten un arco de medio punto en mapostería de lousa. Atópase no Camiño Real de acceso a Galicia.
Ponte do Vao (A Ponte do Vao-Chamoso): No Camiño Real de acceso a Galicia. Sobre o río Chamoso, século XVIII. Ten catro vans de luces iguais de 5,50 metros, resoltas con arcos de medio punto.
A Ponte Vella (Rubial-Fonteita): Sobre o río Tórdea.
A Ponte Vella (Gomeán): Atravesa o río Tórdea. Situada no Camiño Real. Posible orixe medieval. Presenta un arco de medio punto executado con dovelas de granito e mampostería de lousa.
Nota: A información sobre a ponte da Torre e as correccións sobre os nomes das pontes do Lago e Galiñeiros achegóunola Manuel Fernández López.
COSPEITO
FOLGOSO DO COUREL
Ponte de Lousadela (Seceda): Sobre o río Lóuzara. Século XVIII. Está cuberta de maleza. Ao seu carón hai unha de formigón que é a que se utiliza actualmente.
Pontello de Cortes (Seceda).
Ponte de Seoane: Salva o paso do río Pequeno nunha curva bastante pronunciada.
A Ponte Vella (Vilamor): Sobre o río Lor, preto da ponte de formigón que que vai a Castro Portela. Foi derruída, o único que queda é unha das bases de pedra nunha beira do río.
Ponte Vella de Esperante: Século XVIII. Sobre o río Lor. Ten un arco feito con laxes de lousa.
Ponte Castelos.
GUITIRIZ
Ponte de San Alberte (San Breixo de Parga): Sobre o río Parga, século XIV ou XV con reformas no XVIII. Por ela discorría o Camiño do Norte a Santiago de Compostela. Dous arcos oxivais, un deles da construción orixinal, e tallamares triangulares contracorrente. Nun lado vense dous aliviadoiros.
Ponte de San Estevo de Parga: Do século XV, sobre o río Parga. Foi mandada construír por Xoán Pérez Parragués. En cadeirado de granito con catro arcos apuntados e tallamares triangulares contracorrente. Situada no antigo camiño a Betanzos.
GUNTÍN DE PALLARES
O INCIO
Pontella en Ferraría do Incio: En pizarra, só se conservan dous piares.
LÁNCARA
LOURENZÁ
Ponte Pedra (Vilanova): Sobre o río Baos, medieval. Só ten un van. Vilanova, quizais por esta infraestrutura, foi chamada antigamente como Vila da Ponte.
Pontigo do Muíño do Frade: Preto do mosteiro de Lourenzá. No medio ten un capitel reutilizado.
Ponte da Chanca: Sobre o río da Chanca. Posible orixe baixomedieval, sábese que foi reformada no ano 1570. Forma parte do Camiño Primitivo a Santiago de Compostela.
Ponte (viaduto) do Ferrocarril: Sobre o río da Chanca. Construíuse a finais do século XIX no marco da liña Palencia-A Coruña. A construción comezou no ano 1871 e rematouse no 1874. No 1879 cruzou o primeiro tren. O custo ascendeu a 2,5 millóns de reás.
Ponte de Friás: Sobre o río Rato. Descoñécese a data de construción. Situada debaixo dunha moderna ponte de maior tamaño. Construída en cachotaría de lousa e cadeirado de granito nas esquinas e nos reforzos do único arco de medio punto.
Ponte Vella: Sobre o río Miño. De posilbe orixe romana, sufriu varias reconstrucións ao longo nos séculos XII, XIV e XVIII. Contruída en pedra de granito e lousa. Ten unha lonxitude de 104 metros e catro metros de ancho. Marcaba a saída da Vía XIX que unía Lugo con Braga en época romana.
MONDOÑEDO
Ponte do Pasatempo (Mondoñedo): Medieval, sobre o río Valiñadares. Antes recibía o nome de Ponte dos Ruzos. Foi eiquí onde, segundo a lenda, Isabel de Castro que viña co indulto para o seu marido, Pedro Pardo de Cela, foi detida con enganos por uns coengos da catedral mentres que o mariscal era decapitado na Praza da Catedral de Mondoñedo. Construída en cachotaría de lousa e cadeirado de granito, consta dun arco de medio punto. As obras de rehabilitación acometidas na ponte no ano 2010 deixaron ao descuberto restos dunha calzada romana e dunha praza de carruaxes. A existencia da calzada formaba parte da tradición oral dos veciños.
Ponte de San Lázaro (Mondoñedo): Salva o río Valiñadares. Construída en granito. Existen referencias documentais sobre un arranxo da ponte no ano 1660, se ben a actual data do século XVIII. Presenta dous relevos, un deles o escudo da cidade de Mondoñedo.
Ponte Vella (Viloalle): Sobre o río Masma, orixe medieval, reformado nos séculos XVII-XVIII.
Ponte: A canalización do río do Sisto a finais do século XVIII, tras a gran inundación do 1761, deu lugar a unha canle que baixa pegada ás casas e ao Pazo Episcopal. Con iso, as rúas que saen do centro de Mondoñedo quedaban cortadas polo río. Para salvar estes pasos, no momento da construción da canle, créanse unhas pontes en pedra con forma de bóveda de canón. En orixe fanse tres, unha que daría paso á actual rúa Febrero, outra á Praza da Catedral, e outra á actual Praza de Santo Domingo. Só se conservan as dúas primeiras.
Pontella de Estelo (Nosa Señora dos Remedios): Realizada cunha gran pedra de granito disposta de forma horizontal para salvar o regato.
MONFORTE DE LEMOS
Ponte da Eirexe (Eirexe-Seoane): Ponte sobre o río Cinsa, entre Eirexe e Os Pacios. Conserva catro piares de cachotería da primitiva ponte aínda que a calzada é de formigón.
Ponte do Parque dos Condes: Sobre o regueiro Malloadas, data do ano 1598. Foi construída polo canteiro Diego Vélez por mandato do cardenal Rodrigo de Castro. De cachotaría de lousa, consta de dous ocos.
Ponte dos Picos: Na rúa Dr. Fleming de Monforte. Pequena ponte de pedra sobre o regato das Malloadas. Ten dous arcos con doelas de pedra, un de maior tamaño.
Ponte Vella: Coñecida tamén como Ponte Romana. Salva o río Cabe na cidade de Monforte. De posible orixe medieval, foi contruída no século XVI por Pedro Rodríguez de Ramberde, por mandato da condesa de Lemos, Catalina de la Cerda y Sandoval, viúva do conde Pedro Fernández de Castro. Consta de seis arcos semicirculares, dous cegados.
Pontella da Barxa (A Barxa-Chavaga): Pequena ponte de pedra sobre o río da Presa.
Pontella de Bergazos (Bergazos-Ribas Altas): Pequena ponte de pedra sobre o río Cabe.
MURAS
Ponte Bermuz: Entre A Balsa Pequena e A Balsa Grande, e entre os concellos de Vilalba e Muras, consta dun arco de medio punto. Salva o río Eume. Aínda que recibe o nome de Ponte Romana, data do século XVIII. No ano 2019 remataron as obras de reparación e consolidación da ponte.
A Ponte de Samil (Samil-Irixoa): Sobre o río Eume. É de madeira. Rehabilitado polo Concello no ano 2022.
NAVIA DE SUARNA
NEGUEIRA DE MUÑIZ
AS NOGAIS
Ponte da Ferrería (A Ferrería-As Nogais): Formaba parte da antiga N-VI. Ao seu carón hai o anaco dun leguario do Camiño Real.
OUTEIRO DE REI
Ponte sobre o río Ladra: Salva o río Ladra na parroquia de Donalbai.
PALAS DE REI
Ponte Mercé (Pidre): Salva o río Ulla, s. XIV. Comunica as parroquias de Pidre (Palas de Rei) e Barreiro (Antas de Ulla). En cadeirado de granito, ten dous arcos, un oxival e outro de medio punto, e tallamares contracorrente de sección triangular.
PARADELA
Ponte do Muíño de Sucastro (Castro): Ponte cuxa estrutura horizontal é de madeira, apoiada nuns alicerces realizados con restos do derruído muíño de Sucastro.
O PÁRAMO
Ponte Neira: Sobre o río Neira, data dos séculos XIII-XIV. Separa os concello de O Corgo e O Páramo. Construída en cadeirado de granito con catro arcos de medio punto. Alterada pola construción de ménsulas e unha varanda metálica cando a ensancharon. Está vencellada á antiga vía de comunicación Sarria-Lugo. Xa aparece nos antigos mapas de Galicia, como o de Fernández Oxea do ano 1598, ou no Gallaecia Regnum do 1600. Na Idade Media era o único vial que comunicaba O Camiño de Santiago con Lugo. No ano 1486, na viaxe de regreso dos Reis Católicos á corte, pasaron por esta ponte.
A POBRA DO BROLLÓN
Ponte de Barxa ou da Labrada (A Ponte-Barxa de Lor): Atravesa o río Lor. Disque de posible orixe romana, foi construída a finais do século XIV ou principios do XV. Consta de tres vans de formas e dimensións diferentes, co arco maior lixeiramente apuntado cunha luz de máis de vinte metros. Tallamares contracorrente. A ponte cítase na Descripción del Reyno de Galicia (1528), de Fernández Oxea, como Ponte do Lor. No medio da ponte hai un burato onde había un cruceiro.
PORTOMARÍN
Ponte da Pía (Portomarín).
Ponte Romana: Asulagada polo encoro de Belesar no ano 1960. Aínda se poden ver as ruínas cando baixan as augas. Xa fora reconstruída no ano 1120 logo de seren destruída por Dona Urraca. Citada no Códex Calixtinus como a Pons Minea. Segundo don Antonio López Ferreiro, dende o século XII existía en Portomarín unha congregación de relixiosos que se adicaban a construír pontes para facilitar o acceso de peregrinos e viaxeiros, atribuíndolle a un tal Pedro Peregrino a reedificación cara o ano 1126 da ponte sobre o Miño que fora cortada en tempo das guerras entre dona Urraca e Afonso de Aragón. Segundo as crónicas, o arco central derrubouse no ano 1895.
Ponte de Sequeiros ou do Castelo (Sequeiros): Salva o regueiro do Castelo, nas inmediacións do castelos dos Novais. Medieval. Ten un arco de medio punto. No Camiño de Inverno a Santiago de Compostela. No ano 2023 foi rehabilitado.
Ponte Vella: Sobre o río Miño, no límite entre Rábade e Outeiro de Rei. Construción do século XII. Ten un arco de medio punto peraltado, cinco oxivais e tres de medio punto modernos. Os tallamares do sector oxival son de tipo angular e os arcos do tramo moderno sepáranse con piares trapezoidais. A fábrica é de aparello de lousa, e a estrutura superior de fábrica moderna. Tiña dereito de portádego. No mes de outubro de 2014, un veciño denunciou danos na estrutura da ponte (desprendementos na base e gretas) producidos polo paso de camións.
Ponte no Camiño do Choupeiro: Desaparecida.
Pontella da Insua de San Roque: O río Miño ten un pequeno illote ao seu paso por Rábade, coñecido como Inusa de San Roque. Para poder acceder ao illote construíronse dúas pequenas pontes de pedra.
RIBADEO
Ponte en Reme de Arriba (Covelas): Cun arco de medio punto. Regular estado de conservación.
RIBAS DE SIL
SAMOS
Ponte de Lusío (San Cristovo do Real): Sobre o río Sarria existiu unha pontella documentada no século XVIII.
Ponte do Mosteiro (Samos): Salva o río Sarria. Trátase dun pequeno acueducto que subministraba auga ao mosteiro.
Ponte Nova (Samos): Construída no 1890 cando se fixo a estrada a Sarria.
Ponte de Samos (Samos): Atravesa o río Ouribio, medieval.
Pontella de Teiguín (Pascais): Sobre o río Ouribio. Ten un piar central construído con pequenas pedras. A plataforma actual parece que substituíu a unha antiga de madeira.
SARRIA
Ponte da Áspera (Sarria): Sobre o regueiro Celeiro ou Pequeno. Disque de orixe romana, foi construída no século XV en cachotaría de lousa; tres dos catro arcos son de cadeirado granítico. Pasa o Camiño a Santiago. A finais de maio de 2024, alertado por uns veciños, comuniqueille ao Concello de Sarria e á Dirección Xeral do Patrimonio a necesidade de reparar o estragado firme, consolidar algunhas pedras dos peitorís e tallamares, e se proceda á súa limpeza.
Ponte de Celeiro: Derrubada cara o 1860 para construír a ponte de San Lázaro, que despois tamén foi derrubada para levantar outra nova.
Ponte do Peregrino: Sobre o río Sarria. Medieval. Perdeu, ao menos, un dos seus arcos que foi substituído por unha estrutura de formigón. Outro dos arcos centrais, por unha das súas caras foi revestido con cemento. Os arcos dos arranques foron cegados e tapados.
Ponte Ribeira: Orixe medieval do século XII, con modificacións no XVIII. No 1873 fundiuse o arco grande que foi substituído por unha plataforma de madeira. Na década dos anos oitenta fíxose unha ampliación de formigón.
Ponte do Toleiro: No río Sarria, accedíase ao muíño do Toleiro. Foi derrubada por unha enchenta no ano 1909.
Ponte Vella de Sarria (Airexe-Vilar de Sarria): Salva o río Sarria. Medieval. Ponte de catro arcos e tallamares contracorrente construída en cachotaría de lousa e granito que sufriu grandes transformacións.
Ponte Vella (Vilar de Sarria): Do século XVIII, substituíu a outra anterior.
SOBER
Ponte (A Ponte-Canaval): Sobre o río Cabe. Piares de cadeirado de granito de grandes dimensións e rasante de formigón sobre a que pasa unha estrada provincial que vai, entre outros lugares, cara Vilamelle, en Pantón. Un veciño de Vilamelle, de 75 anos, contoume que lle tiña escoitado a un seu avó que os pilares da ponte eran máis baixos, que os elevaran dous ou tres metros a raíz dunha enchenta do río. Nas inmediacións vense os restos do que puído ser o aranque doutra ponte.
Ponte (Areas-Rosende): Idade contemporánea. Ponte dun arco construída enteiramente en granito.
Ponte de Anllo (Portizó-Anllo): Ponte con dous ocos, con linteis formados por grandes pedras.
Pontella (O Arroxó-Anllo): Sobre o rego da Boca. Ía cara un muíño. Plataforma formadas por laxes trabadas que asentan cepas de pedra.
Pontella (San Martiño-Anllo).
A Pontiña do Rego da Boca (O Arroxó-Anllo): Pontillón por onde cruzban as cabalerías cara o cuíño do Conce. Tanto a base como a calzada están formadas por grandes pedras graníticas.
Pontón de Triacastela: Destruído cando se fixo a estrada a Samos.
A Ponte da Pedra: Na primavera de 2019 cumpríronse 30 anos do atentado contra un dos bens patrimoniais máis emblemáticos do Camiño Francés de Santigo ao seu paso pola provincia de Lugo. Dende o século XIII, a Ponte da Pedra, catalogada por Patrimonio, que salvaba o río Santalla ao seu paso por Triacastela, era paso obrigado dos peregrinos que se dirixían cara Sarria e Compostela. Mais un aciago día, setecentos anos de historia foron presa da "modernidade" e, sobre todo, duns políticos incompetentes. En poucas horas a ponte foi destruída pola empresa Dago S.A., contratada pola Consellería de Agricultura para acondicionar o camiño que ía cara San Xil. O custo das obras ascenderon a 39 millóns das antigas pesetas. Dise que o proxecto contemplaba a conservación da ponte medieval, e que mesmo a Consellería de Cultura tiña prevista unha partida económica para a súa restauración. Moitos veciños acusaron ao daquelas alcalde, José Antonio López Díaz, e tamén a integrantes do seu partido, de non impedir a súa destrución. O propio Xosé López Orozco, daquelas delegado de Cultura, censurou a desidia dos concelleiros socialistas de Triacastela. Cando xa non había remedio, todo foron laios. Pedíronse responsabilidades? Que nós saibamos, non. Coma case sempre, todo quedou en augas de fregar. Choca que aínda hoxe en día reciba o nome de Ponte da Pedra, cando o máis axeitado, despois da desfeita, sería alcumala como "Ponte de Formigón".
O VICEDO
Ponte Segade: Comunica os concellos do Vicedo e Mañón (A Coruña). Tiña dous arcos que foron achandados para colocarlle unha plataforma de formigón. Eiquí tivo lugar un enfrontamento dos veciños do Vicedo e Mañón coas tropas napoleónicas durante a Guerra da Independencia.
Ponte do Porto (Riobarba): No río Sor, medieval, disque de orixe romana. Por aquí discorría o Camiño Real que comunicaba Viveiro con Ortigueira. Realizada en cachotaría de granito, ten tres arcos de medio punto. Sobre a ponte, no centro, consérvase un fito que marcaba o lindeiro entre as antigas provincias de Betanzos e Mondoñedo.
VILALBA
Ponte Meire (Belesar): Salva o río Labrada. Século XIX.
Ponte Vella de Martiñán: Entre os concellos de Abadín e Vilalba. Século XVIII. Foi construída por Domingo Antonio de Seoane, primeira xeración da dinastía de canteiros da Carboeira. Salva o río Batán seguindo o vello Camiño Real que dende Mondoñedo se dirixía cara Vilalba. A súa calzada limítase por un peitoril de pedra de granito realizada a xeito de chantas encaixadas segundo as tradicións dos vellos canteiros da comarca. A calzada alivia a auga da choiva por medio de tres pares de picheis que verten ao río. Ten dous grandes arcos maiores desiguais apuntados, e outro menor que actúa como aliviadoiro.
Ponte Saa (Insua): Sobre o río Labrada. No Camiño do Norte a Santiago. Segundo información de Francisco González Peteira, ten dous arcos en xisto e nove aliviadoiros para épocas de enchenta.
Ponte Madanela (Mourence): Na parroquia de Mourence, salva o río Ladra. Situada no Camiño Real a Santiago, cobrábase portádego. Tamén é coñecida como a Ponte dos Contos porque xunto dela xuntábanse os veciños.
Ponte Bermuz (Vilapedre): Entre a Balsa Pequena e A Balsa Grande e entre os concellos de Vilalba e Muras. Salva o río Eume. Aínda que recibe o nome de Ponte Romana, data do século XVIII, se ben pode ter a orixe naquela época.
VIVEIRO
Ponte Grande de Landrove (Landrove): Sobre o río Landro. Século XIX. Ponte de cadeirado con arcos rebaixados que foi ensanchada cunha lousa de formigón por onde discorre unha estrada comarcal.
Ponte dos Castelos (Covas): Trátase de dúas pontes apoiadas sobre a rocha dun illote dos Castelos, hoxe en día practicamente destruída.
Ponte da Misericordia (Viveiro): No esteiro do río Landro. A construción actual data do ano 1554. Dos doce arcos que tiña, dez eran oxivais e os dous das esquinas de medio punto. Sufriu varias modificacións, a última no ano 1982. Sobre ela hai unha cruz de granito que recolle a lenda de que foi colocada por un cabaleiro para que, os que pasaban polo lugar, rezaran unha oración pola alma dunha muller á que dera morte.
Ponte de Galdo: Ponte de pedra con dous arcos sobre o río Galdo.
Ponte sobre o río Bravos: Ponte de pedra de dous arcos sobre o río Bravos.
XERMADE
Ponte de Isabel II (Cabreiros): Século XIX, sobre o río Trimaz. Ponte dun arco en cadeirado de granito.
Ponte Vella (Burgás): Salva o río Trimaz.
Ponte de Frieira (Allariz): Atravesa o río Frieira.
Ponte de San Lázaro (Allariz): Medieval, sobre o regueiro da Veiga. Pasaba o camiño que ía de Allariz a Celanova.
Ponte Veiga (Allariz): Salva o regueiro da Veiga, s. XVII. Por ela discorría o camiño entre Allariz e Celanova.
Ponte de Vilanova (Allariz): Sobre o río Arnoia, data do século XV. Ten dous arcos de medio punto lixeiramente apuntados. Accedíase á vila de Allariz. Estaba custodiado pola orde de San Xoán de Xerusalén. Na ponte vese o antigo escudo da vila.
Pontón do Briñal
(San Martiño de Pazó): No río Arnoia. Pontillón que consta de dous perpiaños de
disposición lonxitudinal que asentan sobre oito cepas, tamén de
perpiaño. Foi restaurado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil no ano 2020 despois dos danos sufridos polo arrastre de árbores a raíz das enchentas do ano anterior.
AMOEIRO
Ponte de Bubeiras (Bubeiras-Cornoces): Salva o río Barbantiño.
Ponte dos Frades (Trasalba): Sobre o regueiro Formigueiro, nos Chaos de Amoeiro, entre as parroquias de Fontefría, Parada de Amoeiro e Trasalba. A ponte, do século XIX, é un referente xeográfico na obra de Otero Pedrayo, o primeiro lugar onde atopou a un vell, protagonista de O vello e mais o río; un punto de paso que fai un monxe de Oseira cara o priorado da Granxa en Os camiños da vida; e tamén un verso do poema Bocarribeira.
A ARNOIA
Ponte sobre o río Arnoia (A Arnoia): Século XIX. Sobre o río Arnoia. Dun só arco rebaixado.
Pontella das Poldras (As Poldras-Outeiro Cruz): Século XX. Ponte peonil con calzada de formigón apoiada sobre cepas de cantería.
AVIÓN
Ponte dos Arrieiros (Abelenda): No antigo camiño da ruta dos arrieiros, en dirección á serra e paso á provincia de Pontevedra.
Ponte de Casariños.
Ponte de Gotán: O Diccionario
geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar
de Pascual Madoz (1845-1850), di que as pontes de "Valderias, Carboeyra, Gotan y Parada" atopábanse mal coidados.
Ponte de Couso (Couso): Medieval. Tense polo máis antigo do municipio. Segundo a lenda foi construída polos mouros. Tamén se di que se celebraban bautizos prenatais (bautizar ao non nacido durante o embarazo).
Ponte Pedriña (Amiudal).
Ponte das Pías (Abelenda): Sobre o regueiro das Pías.
Ponte sobre o río Doade: Comunica os concellos de Avión e Beariz.
Ponte de Surribas (Abelenda): Século XIX. Sobre o río Avia. Coñecido tamén como Porto Chan. Situado no antigo camiño entre Abelenda e Amiudal. Ponte de cantería cun arco lixeiramente apuntado.
Ponte Valderías (Avión): Século XVII-XVIII. Sobre o río Valderías, tributario do Avia, entre as parroquias de de Barroso e Avión. O Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1845-1850), di que as pontes de "Valderias, Carboeyra, Gotan y Parada" atopábanse mal coidados. Ten un arco semicitrcular que apoia sobre grandes rochas.
Pontillón de Mouriscados (Abelenda): Sobre o río Riobó.


BALTAR
Ponte das Calzadas (San Paio-Abades): De dous vans rectos con cepas de granito, a calzada de laxes foi asfaltada.
Ponte do Caneiro (Baltar): Formada por laxes de granito longas e estreitas.
Ponte do Carregal (Vilamaior da Boullosa): De catro vans, con calzada de grandes laxes de granito.
Ponte dos Currilóns (A Veiga-Tosende): Só se conservan os cepos de granito, a calzada de madeira desapareceu.
Ponte do Curro (A Quinta-Abades): No camiño vello de Abades. Dun só van recto con laxes graníticas que apoian sobre dúas cepas.
Ponte do Muíño do Concello (Niñodaguia): Ponte de trabes independentes con cinco vans realizada en cachotería.
Ponte Nova (Baltar): Pontella de granito con vans rectos que apoian sobre dous cepos.
Ponte do Outeiro dos Liños (Baltar): Tres vans rectos sobre cepas de granito. A calzada foi encementada.
Ponte da Penaguda (Baltar): Pontella de tres vans rectos apoiados sobre catro cepos de granito.
Ponte do Pereiro (Vilamaior da Boullosa): Pontella dun van.
Ponte da Ponte (Baltar): Ponte de perpiaño e cachotería con tres vanos rectos. As cepas extremas e centrais están formadas por grandes pedras de forma rectangular calzadas con pequenas lousas granito. A calzada é de lousas de granito máis longas que anchas.
Ponte de Portespiño (Baltar): Pontillón de dous vans rectos feito con pedras pouco traballadas.
Ponte das Poulas do Folón (Niñodaguia): Pontella de tres trabes con tres vans. Situada fronte o muíño do Raúl e pretro do do Folón.
Ponte da Retorta (Niñodaguia): Só se conservan os arranques.
Ponte de Riba (Vilamaior de Boullosa): Trátase dunha pontella adintelada, cos muros sustentantes feitos en cachotería mentres que na calzadaempregáronse catro grandes laxes de granito rectangulares. Na actualidade consérvanse dúas; unha atópase no
medio do regato e a outra non está totalmente horizontal, xa que se desprendeu dun muros no que se apoiaba. Dasdúas restantes descoñecese a súa ubicación.
Ponte da Ribeira (Baltar): Pontella de perpiaño cun vano recto á vista, xa que a vexetación impide ver se ten máis dun oco. Ten dúas cepas, unha a cada lado do vano que se adaptan ao terreo en talude. A calzada agora atópase asfaltada, pero en orixe debía ser tamén de granito.
Ponte do Río (Niñodaguia): Catro apoios de perpiaño sobre seis cepas de granito.
Ponte da Veiga 1 (Vilamaior da Boullosa): De dous vans con calzada realizada con grandes laxes de granito.
Ponte da Veiga 2 (Vilamaior da Boullosa): Preto da anteiror. Feita con tres laxes de granito. Preto dunha mámoa.
(A información sobre as pontes de Baltar foi extraída, de forma extractada ou completa, da completísima web altalimia.org).
BANDE
Ponte Liñares: Medieval de orixe romana, foi destruída cando a desecación da lagoa de Antela a mediados dos anos sesenta do século XX.
Pontepedriña: Romana, asulagada polo encoro das Conchas no ano 1944.
Ponte Romana (Os Baños): Salva o río Cadós.
Ponte de Xordos (Cadós): Sobre o río Cadós. Século XVIII. No camiño que unía Nigueiroá e Xordos con Lobeira.
BAÑOS DE MOLGAS
Ponte Ambía:
Moderna. Unía as poboacións de Ponte Ambía de Arriba e Ponte Ambía de
Abaixo por riba da vía do tren. Destruída polas obras do AVE.
Información achegada por José Antonio Gavilanes.
Ponte de Calvelo (Lama Má): Sobre o río Arnoia, ss. XVI-XVIII. Ten dous arcos de medio punto.
A Ponte Nova (Baños de Molgas): Sobre o río Arnoia. Construída no ano 1886. De dous arcos, por un pasa o río, polo outro un paseo. Baixo da ponte hai unha rocha con cazoletas.
Ponte da Pedra (Ponte Ambía): Salva o río Arnoia, s. XIV. Entre Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía. Segundo o Catastro de Ensenada, no ano 1752 a condesa de Baños recaudaba 70 reás polo dereito de pontazgo.
Ponte Romana (Baños de Molgas):
Sobre o río Arnoia. Construción de época romana, posiblemente do século
II. Reformada nos séculos XIV e XX. Consta dun arco de tendencia
circular e bóveda abucinada.
Ponte de Vide (Vide): Atravesa o río Arnoia, s. XVIII.
Ponte de Xocín (Xocín-Lama Má).
Pontillón na Carreira da Silva (Lagoas-Ponte Ambía): Sobre o regueiro de Merán. Consta dunha cepa central constituída por perpiaño granítico de tamaño regular sen encintar. O pasal, de rasante chan, confórmase por medio dunha srie de perpiaños ben dimensionados de disposición lonxitudinal colocados en paralelo o que permitía o paso cómodo dos carros de vacas. (Información de José Antonio Gavilanes).
Pontillón de Casar de Mouros (Casar de Mouros-Ponte Ambía): Sobre o regueiro Merán. Consta de dúas cepas constituídas por perpiaños colocados en paralelo. Augas arriba as cepas centrais inclúen tallamares contra corrente para minorar a presión durante as enchentas do inverno.
Ponte do Córrego (O Castro): Sobre o río Veigamuíños. Ten un arco semicircular feito de laxas de lousa. Por ela discorría o antígo camiño da Pobra ao Barco.
Ponte de Éntoma (Éntoma): Sobre o río Galir, orixe romana. Consta dun arco de medio punto realizado en laxas de lousa. Segundo a tradición, as grandes pedras sen labrar do paramento foron traídas a ombros polos romanos.
Ponte na Pobra: Enterrada, saíu de novo á luz no ano 2015. As obras foron supervisadas polo arqueólogo Santiago Ferrer. Foi proxectada no ano 1650. Ten un arco de medio punto feita con pedras de lousa.
Ponte de San Fernando (O Barco): Unía a capital municipal con Viloira. No ano 1879 anúnciase unha segunda subasta para as obras, e no 1888 que están a rematar. Comezou a estar operativa no ano 1891. Foi destruída por unha enchenta do río Sil no ano 1959. Tiña cinco arcos de luz.
Ponte de Xagoaza ou da Acea: Ten un arco de medio punto. Deformada pola canle construída sobre ela para o paso de augas de regadío e pola vexetación que arraizou na fábrica. Construída con laxas de lousa e morteiro de cal no intradós.
BEADE
Ponte: Entre as parroquias das Regadas (Beade) e Berán (Leiro), sobre o regato de Caldelas.
BEARIZ
OS BLANCOS
Ponte do Peago (Loureses-Aguís): Pontella con dous vans alintelados con piar central e calzada de laxes de granito.
Ponte da Presa da Besada (Loureses-Aguís): Acceso a un muíño. Pontella de dous vans que na zona de unión están lixeiramente inclinados.
Ponte do Río (Loureses-Aguís): Cuberta totalmente pola maleza.
Ponte (Loureses-Aguís): De perpiaño con tres vans, con calzada de cemento e asfalto.
(Información extraída da páxina altalimia.org)
BOBORÁS
A Ponteboa (Parada de Cameixa): De moi difícil acceso na actualidade, comunicaba a parroquia de Cameixa coa de Albarellos, salvando as pronunciadas encostas da bocarribeira e canón do río Viñao. Data dos séculos XVII ou XVIII, ten un gran arco con moita luz e altura, de sillares ben labrados, construído e basado no penedío da parte máis estreita do río, con profundas pozas que remansaron nas múltiples "marmitas de xigante". (Información de Nieves Amado Rolán).
Ponte da Bubela (Ponte Pereiras-Xendive): Medieval. Sobre o rego de Froufe. Pasaba o camiño real que ía de Pontevedra ao Orcellón. Ten dous arcos de medio punto. Colocáronlle unha varanda de ferro.
Ponte do Castro Cavadoso:
Medieval. Recibe o nome polo castro Cavadoso. Sobre o río Arenteiro,
entre as parroquias de Moldes (Boborás) e Banga (O Carballiño). Consta
dun arco apuntado, asentado nos saíntes rochosos de cada beira.
Pertencente ao condado de Ribadavia, foi utilizado polos arrieiros.
Conserva parte da antiga calzada.
Ponte da Cruz (Pazos de Arenteiro): Século
XVIII. Sobre o río Avia. Na actualidade só se conserva un arco dunha
ponte que en orixe tivo catro. Crese que a súa destrución foi debida ás
loitas que os veciños mantiveron co exército napoleónico a principios do
século XIX.
Ponte de Pazos de Arenteiro (Pazos de Arenteiro): Construída
no século XII sobre o río Arenteiro. En cadeirado de granito, ten dous
arcos de medio punto, un dos cales asenta sobre a propia rocha. Sobre a
clave da arcada pode verse a Cruz do Santo Sepulcro e o relevo dun
santo.
Ponte das Poldras de Salón: Antiga pontella sobre o río Viñao, na confluenza co Avia, feita en pedra sobre o mesmo discorrer do río. Otero Pedrayo, no seu libro Os ríos galegos, di que é unha das pontes destas características máis longas de Galicia.
Ponterriza (Ponterriza): Sobre o río Arenteiro. Século XII. Entre
as parroquias de Moldes (Boborás) e Longoseiros (O Carballiño) polo
camiño dos arrieiros do val do Barón. Ten un arco e dous vans.
Ponte Vella (Brués): Sobre o río Viñao. Posible orixe medieval. Arcos lixeiramente apuntados. Pertenceu á casa de Monterrei, pagábase pontádego.
A BOLA
Ponte de Barbón (Cacabelos-Pardavedra). Sobre o río Ourille. Comunica os concellos da Bola e Celanova.
Ponte de Casal do Río (Casal do Río-Santa Baia de Berredo).
Ponte de Pedra (Fondo de Vila-Sorga).
Ponte Pedriña: Atravesa o río Ourille. S. XVIII, de posible orixe medieval. Entre os concellos da Bola e Celanova. Posúe un arco semicircular.
Ponte da Veiga (Veiga).
O BOLO
Ponte das Ermitas: Sobre o río Bibei. A ponte antiga, do século XVII, foi destruída no ano 1909; as fortes choivas provocaron que unha parte da montaña sobre a que asenta o famoso santuario se derrubara, ocasionando ducias de mortos e casas arrasadas. A ponte actual data do ano 1924.
Ponte de Santa Cruz (Santa Cruz): Sobre o regueiro San Bernabeu, do século XVIII. Posúe un arco de medio punto apoiado nas rochas. Atópase no antigo camiño de Freixido a Viana do Bolo.
Pontella de Calvos: Sobre o río Calvos, s. XVIII.
Pontella de Randín: Sobre o río Randín, s. XVIII.
Pontellas de Rubiás: Dúas pontellas do século XIX.
Pontella de Vilar: Século XVIII, formaba parte do camiño de Portugal.
Pontella de Vilar: Século XIX. Comunicaba Vilar cun muíño.
CARBALLEDA DE AVIA
Ponte de Beiro (Beiro de Abaixo): Ano 1900. Cun arco semicircular e muros de cadeirado de granito.
Ponte de Carballeda: Finais do século XIX ou principios do XX. En cadeirado de granito, consta de dous arcos de medio punto bastante distanciados entre si.
Ponte no río Balde (Balde): Século XIX. Cun arco de medio punto e sillares irregulares.
Ponte no río Serra (Balde): Século XIX. Ponte de pedra cun arco semicircular. A plataforma está asfaltada para o paso de vehículos.
CARBALLEDA DE VALDEORRAS
A Pontenova (Sobradelo):
Salva o río Sil. Do século XVI. Consta de sete arcos. O central foi
mandado destruír polo abade de Casaio durante a Guerra da Independencia
para empecer o paso do exército napoleónico. A esta ponte refírese o P.
Sarmiento cando pasou por ela no ano 1755.
Ponte (Carballeda): Da web jrcasan.com recollo unha ponte con arco de medio punto sobre o río Casaio, construída con laxes de lousa dispostas verticalmente. Na foto vese unha casa construída sobre parte da ponte. Unía camiños secundarios da vía romana XVIII.
A Pontóriga (San Xusto): Coñecida tamén como Os Pontós e Ponte de Medua. Disque de posible orixe romana. Consérvanse tres piares de formigón asentados sobre a pedra do leito do río. Formaba parte dunha vía secundaria relacionada coa explotación mineira que conectaba coa vía XVIII nun lugar próximo á mansión Gemestario. Atópse non moi lonxe da Pontenova.
O CARBALLIÑO
Ponte do Castro Cavadoso: Medieval. Recibe o nome polo castro Cavadoso. Sobre o río Arenteiro, entre as parroquias de Moldes (Boborás) e Banga (O Carballiño). Consta dun arco apuntado, asentado nos saíntes rochosos de cada beira. Pertencente ao condado de Ribadavia, foi utilizado polos arrieiros. Conserva parte da antiga calzada.
Ponte de Ponterriza (Ponterriza): Sobre o río Arenteiro. Século XII. Entre
as parroquias de Moldes (Boborás) e Longoseiros (O Carballiño) polo
camiño dos arrieiros do val do Barón. Ten un arco e dous vans.
Ponte Veiga (Ponte Veiga): Cruza o río Arenteiro na parroquia de Ponte Veiga. Construída no século XIV ou XV, consta dun só arco lixeiramente apuntado o que fai que a rasante sexa lixeiramente alombada. Foi restaurada no século XVIII.
Pontillón (Godás do Río-Longoseiros): Formado por grandes pedras de granito, tipo poldra, paso do regueiro para o camiño denominado A Brea, de segura orixe medieval, que vén da Ponterriza e se dirixe cara Longoseiros. (Información achegada pola arqueóloga Nieves Amado Rolán).
CARTELLE
Ponte de Grixó: Na parroquia do Mundil. Sobre o río Arnoia, s. XVI-XVII, con arcos apuntados e tallamares contracorrente.
CASTRELO DE MIÑO
Ponte de Ferro: Inaugurada no ano 1907. Salva o río Miño, entre os concellos de Castrelo de Miño e Ribadavia. Foi deseñada polo enxeñeiro León Domerq no ano 1887. Substituíu a unha ponte do século XVI. Durante a Guerra Civil foi utilizado polos fascistas do xeneral Franco para asasinar e facer desaparecer a varios veciños.
Ponte "Romana" (Castrelo): Século XVI. Desaparecida. Xunto ao encoro de Castrelo, atravesaba o río Miño.
CASTRELO DO VAL
Ponte (Campobecerros): Sobre o río Camba. Ponte de pontóns con cinco apoios, dous nas beiras e tres en piares feitos con cachotería reforzada con sillarejos e cemento, feito o taboleiro de madeira orixinalmente, cunha lonxitude duns 46 metros e unha altura máxima de sete metros sobre o cauce do río Camba (Bruno Rúa en patrimoniogalego.net).
Ponte (Campobecerros): Sobre o regato do Foxo Vello.
Ponte do Pozo (Piornedo).
CASTRO CALDELAS
Ponte da Boga (Abeleda): Século XIX, consta dun arco de medio punto. Sobre o río Edo. Comunica os concellos de Castro Caldelas e A Teixeira. Pode que no lugar ou nas inmediacións houbera outra ponte pola que discorría un camiño secundario da Vía XVIII paralelo ao río Sil que foi percorrido polo P. Sarmiento na súa viaxe de volta a Madrid no ano 1755.
Ponte das Táboas (Castro Caldelas): Sobre o río Edo.
CELANOVA
Ponte Fechas (Rabal e Fechas): Sobre o río Arnoia. Disque romana reconstruída no século XVII. Pola zona pasaba a vía romana de Bracara Augusti a Lucus Augusti.
Ponte do Freixo (Freixo): Na parroquia do Freixo, sobre o río Arnoia. De orixe romana, séculos II-III, conserva case intacta a súa estrutura primitiva. Nun documento do ano 1008 do Tombo de Celanova, cítase "villa de Fraxinoso et per rin carraria de vereda que discurrit a Ponte Pedriña". No Dicionario de Madoz (1785), fala "de un puente denominado de Freijo, el cual es de fábrica muy antigua...". Na rehabilitación de 1988-89, dirixida polos enxeñeiros S. Alvarado Blanco, C. Nardiz Ortiz e M. Durán Fuentes, deixáronse á vista os extradorsos dos arcos orixinais sobre os que se perciben rodeiras de carros. Pertencía a unha vía secundaria que enlazaba coa Vía XVIII, que comunicaría as terras da Limia coa costa, cruzando o Miño en Ponte Castrelo, onde se sabe da existencia dunha ponte de boa factura, en pé ata mediados do século XVI, derruída por unha enchenta do río. Nos labores de restauración, formando parte dos recheos interiores, atopouse un fragmento de columna honorífica con restos de inscrición: "...(TRIVM)PHATORI SEMP(ER) A(VG)V(STO", cunha fórmula característica do Baixo Imperio.Consta de catro arcos de medio punto con machóns sobre piastras.
Ponte Pedriña (Orga): Atravesa o río Ourille. S. XVIII, de posible orixe medieval. Entre os concellos da Bola e Celanova. Posúe un arco semicircular.
Ponte do Ribeiro (Barxa): Sobre o río Sorga, s. XVIII.
Ponte Touriga (Milmanda): Salva o río Tuño.
Ponte da Previsa (Casteligo): Sobre o regueiro Casteligo. Segundo a tradición trátase dunha ponte construída polos romanos. O probable é que a súa orixe sexa moi posterior, erixida para o paso de persoas e animais. Situada nunha paraxe espectacular, trátase dunha gran laxe de máis de tres metros de longa que asenta sobre grandes sillares graníticos.
CORTEGADA
Ponte dos Bois (Valongo). Sobre o río Deva, no antigo camiño de Frieira a Celanova.
A Ponte "Romana": Separa os concellos de Cortegada e Pontedeva. Sobre o río Deva. Do século XIX aínda que a súa orixe pode ser anterior.
Ponte Filgueira:
Ponte moderna que separa os concellos de Cortegada, provincia de
Ourense, e Crecente, provincia de Pontevedra. Antes da súa construción,
o río Miño cruzábase en barcas, daí o nome da aldea abandonada de
Cortegada que recibe o nome de A Barca. Sete arcos construídos con granito cunha parte central de ferro. Inaugurouse no ano 1920.
ENTRIMO
O Poldrado dos Mouros (O Casal): Sobre o río Pacín. Paso antigo que segundo os veciños permitía acceder ás súas fincas e ao Monte Regueiro e Penedo Pinto para recoller leña, e tamén para ir ao castro da Pía da Moura. No ano 2014, os veciños denunciaron o seu lamentable estado.
Ponte Boutureira (Entrimo): Sobre o regueiro Covas, s. XVII, disque de orixe romana.
Ponte do Casal (O Casal-Entrimo): Salva o regueiro Casal. Século XVIII.
Ponte Covas (Entrimo): Atravesa o regueiro Covas, s. XVII.
Ponte do Folón (A Pereira).
Ponte da Illa (A Illa): Sobre o regueiro Lobagueira, s. XVIII.
Ponte Porto Pequeno (A Illa): Salva o regueiro Lobagueira.
Ponte de Trovaz (Entrimo): Salva o regueiro Trovaz, s. XVII.
Ponte de Pedra (Tarreirigo-Esgos).
Pontella sobre o río Grañal (Laioso-Vilar de Ordelles).
GOMESENDE
Ponte Chancela ou Ponte da Peneda (O Val): No camiño da Peneda. Relacionada coas comunicacións con Portugal. Non quedan restos.
O IRIXO
LAROUCO
Ponte Bibei: Entre os concellos de Larouco e A Pobra de Trives. Sobre o río Bibei, orixe romana. É a única ponte de Galicia que conserva case íntegra a súa estrutura primitiva; cunha lonxitude total de 51 metros, ten tres arcos de medio punto asentados sobre potentes piares con tallamares triangulares; o piar central acada 22 metros de altura con respecto ao río, o diámetro do arco é de seis metros. En varios lugares da ponte vense disintas marcas de fábrica con numerais como CS, CXI ou CXII que poden correspondender á obra romana. Nun dos arcos vense gravados dous crismóns, un flanqueado por senllas letras gregas, alfa e omega (estudados polo enxeñeiro de camiños, profesor Manuel Durán Fuentes). Por ela pasaba a coñecida como Via Nova, entre Bracara Augusta e Asturica Augusta. Foi estrada nacional, comunicando Ponferrada con Ourense. Construída no tempo do emperador Traxano.
LEIRO
Ponte de San Clodio (San Clodio): Sobre o río Avia. Construída no século XV, consta dun arco central, coroado por unha cruz, e dous arcos laterais máis pequenos, e dous tallamares contracorrente. Pode verse unha figura que moitos identifican con San Clodio. Reformado no ano 1732 polo arquitecto Agustín Coutiño. Houbo enfrontamenos durante a Guerra da Independencia co exército napoleónico.
Ponte: Entre as parroquias das Regadas (Beade) e Berán (Leiro), sobre o regato de Caldelas.
Pontella (San Clodio).
Ponte Desoutrolado (Fondevila-Lobios): Séculos XVII-XVIII. De cadeirado e mampostería dun só van semicircular e rasante horizontal asfaltada.
Ponte de Ganceiros (Torno): Atravesa o río Salas, s. XV, disque de posible orixe romana.
Ponte de Torno (Torno): Sobre o río Limia, s. XVIII.
Ponte de Ganceiros (Torno): Atravesa o río Salas, s. XV, disque de posible orixe romana.
Ponte de Torno (Torno): Sobre o río Limia, s. XVIII.
Ponte Vella de Pazos (Grou): Século XIX. Trátase dun pontillón alintelado de pedras graníticas sobre piares con tallamar arredondado.
Ponte de Vilameá (Río Caldo): Salva o regueiro Vilameá, s. XVI.
MACEDA
Ponte en Barxela (Barxela-Vilardecás): Sobre o río Tioira. Plataforma horizontal que asenta sobre piares.
Ponte de Foncuberta (Foncuberta): Século XIX.
Ponte de Tioira (Tioira): Século XIX.
Ponte de Vixueses (Foncuberta): Século XVIII. Arco de medio punto, muros con sillería irregular. Arredor do ano 2000 estragárono ao colocarlle unha gran plataforma de formigón.
MANZANEDA
Pontella da Prada.
MASIDE
MELÓN
Ponte Cerves (Melón): Século XV. Río Cerves. Foi derrubada por unha enchenta. Poden verse as pedras no leito do río.
Ponte de Melón (Melón): Sobre o regueiro Bouzas, s. XII.
Ponte de Prexigueiro (Prexegueiro-Quins): Século XVII. Sobre o río Cerves. En cadeirado de granito. Ten un só arco. Foi ampliada cunha plataforma de formigón.
Ponte Nova de Melón (Melón): Século XIX. Moi transformada polo paso da estrada N 120.
Ponte Vella de Melón ou Semelón (Melón): Sobre o río da Cortella. Cítase como romana, pero é do século XVIII. Ten un só arco apuntado.
A MERCA
MONTEDERRAMO
Ponte de Vilariño ou Ponte Vella (Vilariño Frío): Salva o río Covas. A construción actual é do século XVII aínda que pode a súa orixe sexa romana pola que discorrería a vía romana XVIII. Consta de tres arcos de medio punto e calzada de forma alombada.Nas inmediacións apareceu un miliario adicado a Caracalla.
MONTERREI
Ponte de Albarellos (Albarellos): Sobre o río Albarellos.
Ponte de Vilaza (Vilaza): Salva o río Búbal. Corre entre a aldea a lenda de que a ponte naceu como romana, pero estamos seguros de que se foi así dese tempo non queda máis que a tradición oral. O único arco que conserva duns oito metros de altura, seis de ancho e uns doce de lonxitude, está feito en pedra boa de canteiría, aínda que nun momento indeterminado engadíuselle dous metros máis de cemento armado. O resto da ponte, uns setenta metros máis, é moderna, de cemento, con piares do mesmo material, sen interese histórico algún (Bruno Rúa en patrimoniogalego.net).
MUÍÑOS
Ponte Arnediño (Xermeade): Ponte baixa con calzada de pedra. Nos laterais unhas lousas actúan como contrafortes.
Ponte de Arriba (Reparade-Prado): Ponte con calzada de pedra con vans regulares.
Pontepedriña: Entre as parroquias de Parada de Ventosa (Muíños) e Santa Cruz de Grou (Lobeira). Sobre río Limia, romana, asulagada cando a construción do encoro das Conchas. Pasaba a vía romana XVIII ou Nova. De dous arcos, o maior salvaba o río e o menor, tamén de medio punto, actuaba como aliviadoiro. As obras do encoro comezaron no ano 1944, e no 1949 a ponte quedou baixo as augas.
Ponte de Prado (Prado de Lima-Prado): Ponte baixa con calzada de lousas de pedra. Nos laterais grandes lousas de pedra actúan como contrafortes.
Pontella do Poldrado: Como a ponte de Ponte Pedriña, tamén quedou baixo o encoro das Conchas. Sobre uns piares apoiaban laxas de pedra dispostas horizontalmente.
OURENSE
OURENSE
Ponte Ceballos (Cachaxúas-Canedo): No río do Porto. Ponte de pedra construída no ano 1806 segundo reza nunha das piastras. Posúe un arco de medio punto; a rasante era de laxas de pedra, agora está asfaltada.
Ponte Codesal (Beiro): Na actualidade salva o regueiro do Porto. A orixe dátase nos séculos XV ou XVI. Consta de dous arcos de medio punto e tallamar triangular. Inicialmente estaba no barrio ourensán do Polvorín, sobre o río Barbaña. O 14 de xullo do ano 1945 resistiu as enchentas do río que arrasaron Ponte Pelamios, se ben quedou moi afectada, de feito durante anos pediuse a súa reparación. No ano 1984 foi desmontada e trasladada para o lugar onde a podemos ver hoxe en día. Comunicaba co camiño que ía da cidade de Ourense a Celanova, antes da confluenza do Barbaña co regueiro de Vilaescusa, coñecido tamén como do Pontón. (Meu agradecemnto á asociación cultural Segredos de Pantón que nos achegaron unha foto recente da ponte).
Ponte Loña (A Loña-Ourense): Sobre o río Loña. A primeira referencia data do ano 1238, se ben é probable que houbera outra anterior. Consta dun arco de medio punto e calzada alombada. Foi arransaca polo Concello no ano 1969 e restaurada no ano 1988.
Ponte da Paiota (Eirasvedras-Canedo): Sobre o regueiro do Porto. Séculos XVII-XVIII. Antigamente estaba no Camiño Real de Ourense a Pontevedra. En cadeirado de granito, posúe un arco de medio punto. (Información extraída da web canedo.eu).
Ponte do Polvorín (Ourense): Sobre o río Barbaña.
Ponte de Ponte Pelamios: Medieval. Foi arrasada cando as enchentas do río Barbaña do 14 de xullo de 1945. Tiña un arco de medio punto. A ponte actual é de formigón.
A Ponte Vella: Na cidade de Ourense, salva o río Miño. Orixe romana, data da época de Augusto. Citada no testamento de dona Urraca no ano 1119. O arco principal afundíuse no ano 1499 e non foi rematado ata o 1672. Conserva sete arcos dos once que tiña. A súa estrutura foi variando para adaptala aos novos transportes (rampas menos acusadas, por exemplo). Xunto a ponte atopáse un obxecto inquedante: o rollo ou picota, coñecido popularmente como pelouriño. A mediados do ano 1455, os viandantes mesmo puideron ver o cadáver dun home tras serlle aplicado o tormento.
Ponte de Esmoriz (San Pedro de Torre): Medieval. Consta dun arco semicircular e plataforma horizontal.
Ponte de Freáns (Crespos). Sobre o río dos Crespos. Unía Vilar con Freáns. Do século XVIII, con modificacións no XIX, foi utilizado ata ben entrado o século XX. Ten un arco semicircular que apoia sobre rochas nas beiras, e plataforma horizontal.
Ponte Vella de Conceliñas ou Couceliñas (Forcas-Parada do Sil): Sobre o río Mao, no límite cos concellos de Montederramo e da Teixeira. Medieval. Hai quen sostén que por eiquí pasaba a Vereda Maiore que enlazaba coa vía romana XVIII.
PEREIRO DE AGUIAR
Pasal en Pedraio (Pedraio-Santa Marta de Moreiras): Salva o río da Gaiola por medio de pedras separadas.
Ponte de Castadón (Castadón-Prexegueiró): Sobre o río Loña, posible orixe medieval.
PETÍN
Ponte da Cigarrosa (Petín): Sobre o río Sil. De orixe romana, formaba parte do trazado da Vía Nova que unía Braga con Astorga. Ten cinco arcos separados por piares con tallamares triangulares contracorrente. Da antiga ponte romana só se poden ver os alicerces cando descenden as augas do encoro de San Martiño. A construción actual data do ano 1575. No
ano 2021
apareceu en Petín o único miliario con epígrafe
de toda a comarca de Valdeorras. Debido ao seu mal estado de
conservación, tivo que ser sometido a traballos de restauración e
consolidación. Dende
o mes de xullo de 2022 está exposto xunto a Ponte da Cigarrosa.
Dedicado ao emperador Nerva, marca a milla oitenta e cinco dende
Asturica Augusta (Artorga).
Ponte de Portomourisco (Portomourisco): Salva o río Xares. Foi construída no ano 1703, sendo bispo de Astorga o dominico Antonio de Sanjurjo y Miranda Montenegro. Levantárona os mestres construtores Manuel de Lastra e Alonso Sánchez. A obra custou 29.685 reás. Na marxe esquerda hai unha capela coa imaxe da Virxe das Ermidas.
PIÑOR DE CEA
Ponte da Mirela (A Canda): Sobre regueiro Mirela. Século XV. Polo lugar pasaban os arrieiros de Ourense que comerciaban con Santiago. Tamén era paso dos peregrinos.
Ponte (A Ponte-Carballeda): Sobre o río Arenteiro. Medieval. Dun arco de medio punto e aliviadoiro.
A POBRA DE TRIVES
Ponte Bibei:
Entre os concellos de Larouco e A Pobra de Trives. Sobre o río Bibei,
orixe romana. É a única ponte de Galicia que conserva case íntegra a súa
estrutura primitiva; cunha lonxitude total de 51 metros, ten tres arcos
de medio punto asentados sobre potentes piares con tallamares
triangulares; o piar central acada 22 metros de altura con respecto ao
río, o diámetro do arco é de seis metros. En varios lugares da ponte
vense disintas marcas de fábrica con numerais como CS, CXI ou CXII que
poden correspondender á obra romana. Nun dos arcos vense gravados dous
crismóns, un flanqueado por senllas letras gregas, alfa e omega
(estudados polo enxeñeiro de camiños, profesor Manuel Durán Fuentes).
Por ela pasaba a coñecida como Via Nova, entre Bracara Augusta e Asturica Augusta. Foi estrada nacional, comunicando Ponferrada con Ourense. Construída no tempo do emperador Traxano.
Ponte Cabalar (Piñeiro): Sobre o regueiro Cabalar. Posible orixe romana sobre a que se construíu unha medieval, reconstruída no ano 1832. Posible paso da vía romana Nova ou XVIII. Nas inmediacións hai a réplica dun miliario.
PONTEDEVA
A Ponte "Romana": Separa os concellos de Cortegada e Pontedeva. Sobre o río Deva. Do século XIX aínda que a súa orixe pode ser anterior.
Ponte do Ballote: Sobre o río Deva. De madeira e basamento de pedra. Restaurado no século XXI.
Ponte Cantiño: Sobre o río Deva. Posiblemente medieval, moi reformada no século XIX e logo no XX. Ten dous arcos de medio punto e un aliviadoiro alintelado.
Ponte de Entrerríos (A Trigueira-Pontedeva). Sobre o río Deva. Ponte construída con sillares de granito; ten un arco e aliviadoiro. Aínda que de orixe baixomedieval, sufriu algunha reforma en época moderna.
PORQUEIRA
QUINTELA DE LEIRADO
Ponte dos Carros ou de Fondóns: Entre Fondóns e Mociños. Ponte dun só arco de medio punto.
Ponte de Retortoiro: Ponte dun arco semicircular.
Ponte dos Madeiros (Freás de Eiras): Salva o río Tuño, s. XVIII. En cadeirado cun arco rebaixado e rasante horizontal.
RAIRIZ DE VEIGA
Pontella (Guillamil): Lousa de pedra cun só ollo que dá acceso a un muíño.
Pontella (O Rial-Ordes): Tres laxes de pedra sobre unha cepa.
Pontella (Currás-Rairiz de Veiga).
Ponte (Suxá-Guillamil): Ponte de trabes de pedra de principios do século XX.
(Información extraída da páxina altalimia.org)
RAMIRÁS
Ponte do Mosteiro (O Mosteiro): Sobre o río Tuño.
RIBADAVIA
Ponte Outeiro (Francelos): Sobre o regueiro Outeiro. Século XV. Ponte dun arco lixeiramente apuntado. Utilizada polos monxes que habitaban no pazo de Outeiro. Nela librouse a batalla da Bandeiriña contra as tropas napoleónicas.
Ponte de San Francisco ou do Burgo (Ribadavia): Atravesa o río Avia. Século XIII.
Ponte sobre o río Cerves (Costas da Ribeira-Francelos).
Ponte da Veronza (Ribadavia): Medieval. Salva o regueiro Maquiáns. Construído en cadeirado, ten un arco lixeiramente apuntado.
RIÓS
Ponte Antiga: Sobre o río Mente. Século XX. Presenta un só arco, con piares de cadeirado.
RUBIÁ DE VALDEORRAS
SANDIÁS
Ponte de Vilariño das Poldras: Ponte hoxe en día desaparecida sobre o río Limia. Xunto dela, no leito do río, erguíase un miliario. A foto pode verse no Museo da Limia.
Pontillóns (Piñeira de Arcos): Dous pontillóns, un de tres vans con calzada de longas chantas, o outro accede a un cruceiro e un hórreo.
SAN CIBRÁN DAS VIÑAS
SAN CRISTOVO DE CEA
Ponte Cardedelo (Oseira): Salva o río Oseira.
Ponte Mandrás (Mandrás): Sobre o río Barbantiño, s. XII. Reformado no século XVIII. Arco semicircular e calzada alombada. No Camiño Real entre Ourense e Santiago de Compostela.
Ponte Penapá (Oseira): Sobre o río Oseira. En cantaría, conta cun arco de medio punto cimentado nas rochas. Situado no camiño que ía cara o mosteiro de Santa María de Oseira.
Ponte
Sobreira (A
Viña/Sobreira):
Sobre o río Barbantiño. Entre as
parroquias da Viña (San Cristovo de Cea) e Sobreira (Vilamarín).
Orixe baixomedieval
pero reconstruída, tal como figura nunha inscrición do peitoril, a
mediados do XVIII: “ESTA M(an)DO
RE(e)DIFICAR/EL SR D
JOSEPH
DE ABILES/INT(endente) DESTE REINO/AÑO DE 1755”. Límite de antigas
xurisdicións, no outro peitoril vense as iniciais do mosteiro de
Oseira (“OS”) e do conde de Ribadavia (“R”).
SAN XOÁN DO RÍO
TABOADELA
Pontella da Venda Nova (Mesón de Calvos): Sobre o río Barbaña. De pedra. Século XVIII. Pode ser a que substituíu a unha de madeira citada nun documento do mosteiro de Xunqueira de Ambía do século XV.
Pontella da Venda do Río (Venda do Río-Rabeda): Sobre o río Cerdeiriña, século XIX.
A TEIXEIRA
Ponte Couceliñas (Pedrafita): Atravesa o río Mao, século XII. No antigo camiño de Forcas a Pedrafita. Ten un só arco de medio punto. Atópase en grave perigo de derrubamento.
Ponte sobre o río dos Vaos ou Lumeares (Lumeares): Salva o río dos Vaos, séculos XVIII-XIX pero de orixe medieval, posiblemente dos séculos XIII-XIV. Posúe un arco lixeiramente apuntado o que lle dá unha forma alombada.
Ponte Veiga (Pedrafita).
A VEIGA
Pontón das Selgas (A Ponte): Sobre o río Xares.
Ponte do Cubo (Casal de Abade): Sobre o río Orille. Consta dun arco semicircular.
Ponte do Inferno (Sanguñedo): Cóntase que non se lembra que algunha vez se inundara, sequera nas fortes enchentas.
VERÍN
Ponte sobre o río Ábedes (Cabreiroá): De principios do século XX.
Ponte de Feces de Abaixo (Feces de Abaixo): Sobre o río pequeno. Tres arcos escarzados. Orixe romana segundo Barros Sibelo, se ben a presente construción é de finais do século XIX.
Ponte do Regueiro (A Rasela): Sobre o río de Marbán. Un taboleiro desenvolvido que se apoia nunha serie de piares isódomos levantados sobre zapatas.
Ponte Támega (Verín): Sobre o río Támega, s. XVI. Formada por cinco arcos escarzados. Descrita por P. Madoz no seu Diccionario... como unha ponte construída en tempos de Felipe III e mellorada no ano 1793 a espensas dos duques de Alba, condes de Monterrei. Di Dasairas que a ponte antiga de Verín sobre o Támega foi considerada romana por distintos autores.
VILAMARÍN
Ponte
Sobreira (A
Viña/Sobreira):
Sobre o río Barbantiño. Entre as
parroquias da Viña (San Cristovo de Cea) e Sobreira (Vilamarín).
Orixe baixomedieval
pero reconstruída, tal como figura nunha inscrición do peitoril, a
mediados do XVIII: “ESTA M((an)DO
RE(e)DIFICAR/EL SR D
JOSEPH
DE ABILES/INT(tendente) DESTE REINO/AÑO DE 1755”. Límite de antigas
xurisdicións, no outro peitoril vense as iniciais do mosteiro de
Oseira (“OS”) e do conde de Ribadavia (“R”).
VILAMARTÍN
VILAMARTÍN
Ponte da Rodeleira (Vilamartín de Valdeorras): Salva o río Leira. Ponte feita con laxas, cun arco semicircular.
Ponte Arnuíde (Arnuíde): Sobre o río Arnoia, s. XIII. Situada no antigo camiño que comunicaba Vilar de Barrio con Maceda polo Monte Medo. Alombada cun arco apuntado, ten unha largura de 37 metros e unha ancho de 3,50 metros.
VILARDEVÓS
Ponte de Pradoalbar (Pradoalbar): Salva o río Cerveira, de posible orixe romana. Arco de medio punto. Edificada aproveitando dous rochedos naturais. Contruída con laxas de lousa. Hai outra ponte pouco antes, onde remata O Caneiro, semellante a anterior. Paso obrigado cara o cstelo de Cerveira.
XINZO DE LIMIA
Ponte de Faramontaos ou Das Poldras: Na parroquia de Faramontaos, sobre o río do mesmo nome. Foi destruída no ano 1962 cando a desecación da Lagoa de Antela.
Ponte Vella de Faramontaos (Faramontaos): Século XVII. Ten oito vans alintelados, cinco con piares intermedios, e os restantes con desaguadoiros nos estribos. Tallamares contracorrente.
XUNQUEIRA DE AMBÍA
Pasal do Bosque do Rei (Xunqueira de Ambía): Sobre o río Arnoia, nunha área de aluvións.
Pasal dos Pelamios (Xunqueira de Ambía): Salva o río por medio de pedras separadas.
Ponte de Xunqueira de Ambía.
XUNQUEIRA DE ESPADANEDO
PONTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
AGOLADA
Ponte de Basadre (Basadre): Sobre o río Ulla, disque de orixe romana.
Ponte dos Cabalos (Parada): Atravesa o río Arnego, ano 970 (a pedra onde figuraba a data desapareceu), disque de orixe romana. Ten
dous arcos de medio punto. Formaba
parte dun antigo camiño dende Carboeiro e A Brea (Fontao) ata Ponte
Ledesma. Comunica os concellos da Golada e Lalín. Segundo testemuñas dos
veciños había dous pequenos arcos
derrubados polas enchentas e o abandono. Coñecido tamén coma Ponte do
Portádego xa que para cruzalo había que pagar o imposto correspondente. Houbo
un enfrontamento coas tropas napoleónicas durante a Guerra da
Independencia. No ano 1839, os carlistas asasinaon a varios veciños.
Ponte de Carmoega (Carmoega): Coñecida tamén como Ponte Primo Castro (derradeiro alcalde republicano de Agolada). Salva o río Arnego, s. IX. Só se conservan os alicerces.
Ponte de Vilariño (Vilariño): Atravesa o río Arnego, disque de orixe romana. Ten unha inscrición coa data do ano 912. Cítase como "Quomodo dividit cum Ventosa per pontem illum de Cadrone" (Cadrón, en Lalín, limita con Vilariño).
ARBO
BAIONA
Ponte do Mercado (Sabarís-A Ramallosa): Sobre o río Groba no antigo Camiño Real que comunicaba Tui con Baiona. . Século XVI-XVIII. Ten un arco de medio punto e dous tallamares.
Ponte da Ramallosa ou de San Pedro Telmo (A Ramallosa): Sobre o río Miñor. Mandada construír no século XII polo bispo San Pedro Telmo, foi restaurada a principios do século XX. Ten dez vans con arcos de medio punto, dos cales oito pertencen a Baiona e os outros a Nigrán. Segundo a lenda, cando unha muller non pode procrear vai de noite ata a ponte e, ao chegaren ao medio, debe pedir ao primeiro viandante que pase polo lugar que colla auga do río e lla esparexa dende o colo ata o ventre; o benfeitor será logo o padriño; para que sexa efectiva debe realizarse ás doce da noite. No medio da ponte conserva un cruceiro que ten aos pés a imaxe de San Telmo. Debaixo da ponte hai un peto de ánimas.
Ponte de Sabarís (Sabarís-A Ramallosa): Sobre o río Val de Guillade. Século XV. Ten tres arcos de medio punto e tallamares de forma triangular. No século XVI coñecíase como Ponte dos Madeiros.
CALDAS DE REIS
Ponte da Baxe (Baxe-Santo André de César): Sobre o río Umia. Construída no século XVIII, conta cun arco de medio punto. En ambas as beiras do río aprécianse dous muíños hidráulicos.
Ponte de Bermaña (Caldas de Reis): Sobre o río Bermaña, disque de orixe romana. Remodelada no século XVII. Ten tres arcos de medio punto e tallamares triangulares contracorrente. Nun lateral hai un cruceiro.
Ponte Castaños (Caldas de Reis): Salva o río Umia. Medieval.
Ponte Segade (Santo André de César): Sobre o río Umia. Medieval de posible orixe romana. Foi remodelada polo cura da parroquia no ano 1729. Había un cruceiro que foi levado para o adro da igrexa.
CANGAS
A CAÑIZA
Ponte das Achas (As Achas): Salva o río Deva; medieval, disque de orixe romana. Conta cun arco de medio punto. Nesta ponte librouse unha importante batalla durante a Guerra da Independencia entre os guerrilleiros galegos, baixo mando do Couto e Vilar Mauricio Troncoso de Lira e Soutomaior, e as tropas napoleónicas.
Ponte de Noceifas (A Ponte-Couto): Século XVII-XVIII. Sobre o río Ribadil, tributario do Miño. Ten un arco semicircular e calzada alombada e tres aliviadoiros.
Ponte "romana" de Pintelos (Pintelos-Valeixe): Salva o río Deva. Séculos XII-XIII. Construída en perpiaño granítico irregular. Ten un arco lixeiramente apuntado. (Información e foto de Óscar Franco en patrimoniogalego.net).
CATOIRA
CERDEDO (Forma parte do concello de nova creación Cerdedo-Cotobade)
Ponte de Parada (Parada): Medieval sobre o río Lérez. En cachotaría e cadeirado de granito e lousa. Ten un só arco apuntado que asenta sobre un chan de lousas irregulares.
Ponte de Pedre (Pedre): Alcumada como romana. Salva o río Lérez. Consta de tres arcos oxivais de anchuras disintas, o maior no centro. A calzada está formada por pedras irregulares. A rasante é lixeiramene alombada (lomba de mula). Quizais do século XIV-XV.
Ponte de Piñeira (Quireza): Salva o río Lérez, s. XVIII.
Ponte dos Portamuíños: Entre Cavenca e Meilide. Do ano 1933, sobre o río do Seixo. Presenta taboleiro recto de trabes que apoian sobre dous piares. Substituíu a uns antigos pasais. En 1745, no seu caderno de viaxe, o padre Sarmiento deixou constancia da necesidade dunha pote xa que el, no 1710, tivera que atravesar o río polos antigos pasos. (Recollido parcialmente de Calros Solla, nun artigo publicado no Faro de Vigo do 30 de marzo de 2025).
Ponte de San Antón (Cerdedo):
Sobre o río dos Castros, con orixe no século XIII. Arco principal apuntado, e menor de medio punto medio punto, con tallamares contracorrente a ambos lados. Por ela discorría
unha antiga calzada medieval. Nas inmediacións hai unha capela dedicada a San Antón.
Ponte de Serrapio (Serrapio-Pedre): Sobre o río Almofrei. Século XVII-XVIII. Conta cun arco lixeiramente apuntado.
Ponte de Vichocuntín (Pedre): Construída no ano 1852. En cadeirado de granito, consta dun só arco.
Ponte de Valoutas (Figueiroa): Levantada no ano 1852 sobre o río Lérez, cando a construción da estrada a Pontevedra. Conta cun arco semicircular.
Ponte Borela (Borela): Atravesa o río Almofrei. Do século XVII, ten a orixe no século XV. Conserva un arco oxival. Foi modificada para o tránsito de vehículos.
Ponte de Loureiro (Loureiro): Século XVIII. Sobre o río Almofrei. De perpiaño, a caixa asenta sobre nove cepas.
Ponte de San Xurxo ou da Ponte Nova (A Pontenova-San Xurxo de Sacos): Sobre o río Lérez, s. XVIII. Une a aldea de Fentáns co resto da parroquia de San Xurxo de Sacos. Foi promovida polos irmáns Xosé Benito e Pedro Antonio Lis Soto, curas de San Xurxo de Sacos e Santa María de Sacos, xa que unha vella ponte, a do Retorto, estaba en mal estado. Construída entre 1721 e 1730 polo canteiro Pedro García de Santa María de Sacos. Planeado con dous arcos, construíuse cun semicircular. A medio cento río abaixo consérvanse os restos doutro anterior, daí o nome desta da Ponte Nova.
Pontella do Coto do Valiño (Cima de Vila-Caroi): Sobre o rego Porto dos Bois. Consta dunha cepa central sobre a que se ergue o taboleiro formado por laxas irregulares. Fáltanlle algunhas laxas.
Ponte de Valoutas: Sobre o río Lérez, contruída no ano 1852 con motivo da estrada Barbantes a Pontevedra.
COVELO
Ponte Abuíña (San Bernabeu da Graña): Sobre o río Tea, entre as serras do Suído e do Faro de Avión. Século XVII-XVIII. Ten un arco aperaltado de sillería de granito e rasante horizontal. Foi utilizado para o transporte de viño e outras mercadorías procedentes do Ribeiro; tamén comunicaba co mosteiro de Melón.
Ponte de Fofe (Fofe): Salva o río Tea, románico. Construída en sillería e cachotaría, consta dun arco e rasante alombada. Fáltanlle a maior parte dos sillares dos peitorís. Invadida por liques e arbustos.
Ponte Pardellas (Fondo de Vila-Prado): Sobre o rego Ponte Pardellas. Grandes lousas horizontais que apoian sobre un gran piar central.
Ponte de Portafurado (Barcia de Mera): Sobre o río Caraño, s. XVIII. Ten un arco de medio punto.
Ponte de San Xoán de Mosteiro (Barcia de Mera): Sobre o río Alén. Século XVIII. Ten un só arco. Está no camiño que vai dende a capela de San Xoán do Mosteiro á Fonte Santa.
CRECENTE
Ponte Filgueira:
Ponte moderna que separa os concellos de Cortegada, provincia de
Ourense, e Crecente, provincia de Pontevedra. Antes da súa construción,
o río Miño cruzábase en barcas, daí o nome da aldea abandonada de
Cortegada que recibe o nome de A Barca. Sete arcos construídos con granito cunha parte central de ferro. Inaugurouse no ano 1920.
CUNTIS
Ponte Guldrigáns (Troáns).
Ponte do Ramo (Cequeril): Sobre o río Umia. A ponte actual apoia sobre outra máis antiga que substituíu a outra de madeira. O lugar estivo asociado a bautizos prenatais. Este bautismo realizábase antes do nacemento para salvar a descendencia das mulleres embarazadas que tiveran problemas por abortos non desexados ou que perderan ao seu fillo ao nacer.
A ESTRADA
Ponte: Entre Lagartóns e Moreira. Medieval. Arco semicircular e calzada lixeiramente alombada.
Ponte Acevedos (Souto): Salva o río Umia, s. XVIII.
Ponte do Fouleiro (Lagartóns-Liñares): Sobre o regueiro Liñares. No ano 2016, a Asociación pola Defensa do Val do Liñares alertou do do pésimo estado da ponte.
Ponte Illa (Arnois): Ponte sobre a que asentaba a antiga estrada.
Ponte de Paradela (Paradela): Sobre río Liñares, s. XVIII.
Ponte da Paradola (Arca): Sobre o río Ulla. Século XVIII. Arco semicircular e e calzada lixeiramene alombada.
Ponte do Portón (Arca).
Ponte das Quintas (Codeseda): Medieval, con arco semicircular.
Ponte Ulla ou Ponte de Arnois: Medieval.
Ponte Vella de Liñares ou da Ola (Ponteliñares-Callobre): Secúlo XVII, con orixe baixomedieval. Salva o río Liñares. Consta dun arco semicircular. No mes de xuño de 2017 o Concello perdeu unha subvención da Deputación da Coruña polas esixencias de Patrimonio para rehabilitar esta ponte catalogada e agotarse os prazos. As obras contemplaban a reconstrución dos elementos caídos, a limpeza sobre os elementos de cantería e o enlousado da calzada. O Concello dixo que ía solicitar unha subvención da propia Dirección Xeral do Patrimonio para a cometer as obras da ponte moi danada polo paso do tempo e os temporais dos anos 2015 e 2016.
Pontella (Souto): Sobre o regueiro Cortegade.
Pontella de Figueiroa (A Estrada).
FORCAREI
Ponte do Batán (A Ponte-Forcarei): Sobre o río Lérez. O nome débello a un batán cuxas ruínas se conservan nas proximidades.
Ponte da Carballa (Quintelas-Dúas Igrexas): De principios do século XX. Consta de nove vans con pináculos.
Ponte Carballo (A Rochela-Aciveiro): Salva o río Lérez.
Ponte das Codeseiras (O Cotiño-Aciveiro): Ponte dun só arco.
Ponte do Crego (Loureiro-Dúas Igrexas): Sobre o río Lérez, ergueuse no século XVIII. En cadeirado de granito, ten un só arco, comunica os lugares da Valiña e Loureiro. Loureiriña, unha fermosa ninfa loura que vivía no castro de Loureiro, baixou para contemplarse nas augas do Lérez; enfeitizada pola beleza do bosque de carballos do lugar quedou durmida, espertando de cando en vez para aparecerse aos camiñantes que pasan pola ponte.
Ponte da Fraga (Aciveiro): Salva o río Lérez, s. XII.
Ponte Gomail (Gaxín-Forcarei): Sobre o río Lérez. Século XV. Construída en cachotaría de lousa e cadeirado de granito. Consta de tres arcos, o principal apuntado. No acceso á ponte propiamente dita, hai outro arco, posiblemente moderno, que recolle as augas dunha presa situada nas inmediacións. En regular estado de conservación.
Ponte Maril (Maril-Fonseca): Século XIX.
Ponte Naval Novo (A Noveliza-Aciveiro): Sobre río Lérez, medieval.
Ponte dos Portos (A Rochela-Aciveiro): Salva o río Lérez. Máis ca unha ponte é un pontillón formado por unha plataforma horizontal apoiada en dous pés.
Ponte Vella de Andón (Andón-Aciveiro): Sobre o río Lérez, s. XV. Consta dun arco lixeiramente apuntado. A construción atribúese a San Gonzalo das Penas, abade do mosteiro de Aciveiro.
Ponte Vella do Rabelo (O Forno-Aciveiro): Máis ca unha ponte é un pontillón formado por unha plataforma horizontal apoiada en dous pés.
Pontillón do Muíño de Arriba (A Rochela-Aciveiro): Sobre o río Lérez.
Pontillón do Atranco Grande (Aciveiro): Salva o río Lérez. Do século XVI, construída en cachotaría e cadeirado de granito. Consta dun van formado por unha única lousa de granito disposta horizontalmente e apoiada en dous paramentos situados a cada lado do río.
Pontillón da Barreiriña (A Noveliza-Aciveiro): Sobre o río Lérez. Construída en cachotaría e cadeirado de granito. Ten un só van formado por lousas que se apoian en dous paramentos, un a cada lado do río.
Pontillón das Brañas (Aciveiro): Sobre o río Lérez. Construída en cachotaría e cadeirado de granito. Ten tres vans alintelados apoiados en dous paramentos, un a cada lado do río.
Pontillón das Buratas (Forcarei): Sobre o río Lérez. Construída nos anos vinte do séclo XX polo canteiro Francisco Doval Vieites.
Ponte das Estacas (As Estacas): Sobre o río Grande, s. XV-XVII. Posúe a particularidade de que ningún dos cinco arcos ten a mesma luz.
Ponte da Laxe ou de Valdohome (A Airoa-A Laxe): Sobre o río Valdohome, séculos XVI-XVIII. Ten un arco semicircular. Regular estado de conservación.
Ponte de Oitavén (Oitavén): Ponte medieval de granito, cun só arco lixeiramente apuntado. Formaba parte do camiño que comunicaba as parroquias de Calvos e Oitavén. Atópase baixo as augas do encoro das Eiras. A seca do ano 2017 sacouno parcialmente á luz.
Ponte de Rocín (A Laxe): Entre as aldeas do Couso e Entrerríos, salva o río Valdohome. Máis ca unha ponte é un pontillón formado por unha gran laxa horizontal apoiada en tres verticais.
Pontella de Airoa (A Airoa-Laxe): Sobre o regueiro do Ceíño da Rexa Grande.
Pontella do Muíño (A Laxe): Entre Entrerríos e A Airoa.
GONDOMAR
Ponte de Baralla (Baralla-Morgadáns): Sobre o río Morgadáns, medieval con dous arcos de medio punto. Dous cruceiros de pedra a ambos lados da ponte.
Ponte do Pichouro: Case desaparecida, situada xunto os muíños do Pichouro.
Ponte do Seixidal (Vincios): Debido á forza da auga do río Zamáns e a unha enchenta acontecida no ano 2015, a ponte veuse abaixo. Cunha antigüidade de máis de trescentos anos, atópase xunto un muíño con dúas bocas de descarga. Despois dun ano, grazas ao Concello e á asociación Pedroghullo, que traballa a prol da recuperación do patrimonio da parroquia, volve a estar en pé, reconstruída polo Concello de Gondomar.
Ponte de Varga (Gondomar).
Ponte Vella de Mañufe (Mañufe): Sobre o río Miñor, s. XII (ano 1140). Disque de poible orixe romana con tres arcos de medio punto e tallamares triangulares contracorrente. En época moderna foi cuberta cunha plataforma de formigón, colocándolle varandas de metal, e unha tubería pasa por riba dos arcos. As enchentas que sufre o río produciron un deterioro considerable na súa estrutura, varias pedras dunha das pezas que reforza os piares viñéronse abaixo no mes de setembro de 2013.
O GROVE
LALÍN
Ponte de Alemparte (Alemparte): Sobre o río Arnego, disque de orixe romana.
Ponte Vella de Cristimil ou do Asneiro (Cristimil): Medieval. Sobre o río Asneiro. Coñecida tamén como a Pontorneira ou Ponte Orneiros. Por ela pasaba o camiño real entre Bendoiro e Prado.
Ponte dos Cabalos (Parada): Atravesa o río Arnego, ano 970 (a pedra onde figuraba a data desapareceu), disque de orixe romana. Ten dous arcos de medio punto. Formaba parte dun antigo camiño dende Carboeiro e A Brea (Fontao) ata Ponte Ledesma. Comunica os concellos da Golada e Lalín. Segundo testemuñas dos veciños había dous pequenos arcos derrubados polas enchentas e o abandono. Coñecido tamén coma Ponte do Portádego xa que para cruzalo había que pagar o imposto correspondente. Houbo un enfrontamento coas tropas napoleónicas durante a Guerra da Independencia. No ano 1839, os carlistas asasinaon a varios veciños.
Ponte de Cadrón (Cadrón): Atravesa o río Arnego. Disque de orixe romana. Ten unha inscrición coa feitura do ano 912. Cítase como "Quomodo dividit cum Ventosa per pontem illum de Cadrone" (Cadrón limita con Vilariño, en Agolada).
Pontenoufe (A Xesta): Salva o río Deza, medieval. Pasa a Vía da Prata. Consta de catro arcos semicirculares. Rehabilitada a mediados do ano 2024 pola Xunta de Galicia.
Ponte Pedroso: Salva o río Arnego. Comunica os concellos de Lalín e Rodeiro. Século XII. Ten un arco oxival. Nos traballos de limpeza realizados a principios do ano 2018 apareceron gravadas dúas cunchas de vieira nun arco, símbolo da peregrinación a Santiago feitas por canteiros anónimos. Tamén apareceron varias marcas de canteiro.
Ponte Taboada ou Ponte Vella de Taboada (entre Lalín e Silleda): Atravesa o río Deza na parroquia de Taboada, na Vía da Prata. Consta dun arco de medio punto que descansa sobre dúas grandes penas. Despois de cruzar a ponte hai unha inscrición latina sobre unha pedra que di: "Laboraverunt ista pontem era DCCCL fuit perfecta pridie kalendas aprilis", "Labraron esta ponte na Era 950 e rematouse o 31 de marzo". A Era 950 correspóndese co ano 912. Quizais substituíra a outra anterior de madeira (pons tabulata).
A LAMA
Ponte Anceu (Os Campeliños-Estacas): Século XVII-XVIII. Sobre o río Parada, tributario do Oitabén. Formada por cinco arcos (catro de medio punto) e aliviadoiro. Conta con varios apartadoiros, sinal do tránsio que soportaba. Discorría o Camiño Real entre Pontevedra e Ourense. Rehabilitada no ano 2025.
Ponte Liñares (Xesta): Sobre o regueiro Xesta, consta dun arco e rasante lixeiramente alombada. Sobre o pretil do centro hai unha inscrción onde se le o ano de 1794.
Ponte Vella de Verducido (O Eido Baixo-Verducido): Reconstruída no século XVII, atravesa o río Oitavén. Ten un arco semicircular central e outros catro máis pequenos, con tallamares contracorrente.
Pontella das Estacas (As Estacas): Sobre o río Couñago. Mal estado de conservación.
Pontella de Prados (Pigarzos-Xesta): Sobre o regueiros das Trabancas. Consta de catro cepas de cantería e granito. O taboleiro está formado por laxas irregulares.
Paso das poldras (Carrizáns): Pedras dispostas sobre o leito do río Verdugo, traballadas para actuar contracorrente.
MARÍN
Ponte Muíño de Arriba (Paradela): Sobre o río Pequeno.
MONDARIZ E MONDARIZ-BALNEARIO
Ponte Cernadela (Riofrío): Salva o río Tea, disque de orixe romana que recibiu varias reformas entre os séculos XV e XVIII. Ten catro arcos oxivais e o central que é de medio punto. Xunto a ponte apareceu unha estela e restos cerámicos no ano 1958, o que fai supoñer que formaba parte dunha antiga calzada romana. Asociado a lendas e tradicións. Para que a unha muller non se lle malograra o fixo que levaba no ventre tiña que realizar un bautizo prenatal; durante o quinto ou sexto mes de embarazo debía ir a media noite e con lúa nova ata a parte máis alta da ponte, e con ela tiña que levar unha cunca atada cunha corda para coller auga do río. Durante o ritual non podía pasar pola ponte ningún animal xa que o invalidaba, para evitalo os parentes poñíanse a un e outro lado da ponte para espantalos. Tamén tiña que levar un farol para anunciar que chegara ao sitio, e a primeira persoa que acudise ou pasara pola ponte tiña a obriga de coller auga e botarlla sobre o ventre. Este "padriño da ponte" sería logo o padriño na igrexa.
Pontillón da Poeira (A Poeira): Salva o río Tea. Varias lousas de granito que apoian sobre seis cepas arredondadas contracorrente. Actuaba como camiño veciñal e de acceso a un muíño.
MORAÑA
AS NEVES
Ponte "Romana" ou da Senra (As Pereiras-San Cibrán de Ribarteme): Sobre o río Termes, s. XVI. Ten un arco de medio punto e rasante alombada. Xunto a ponte hai un peto de Ánimas do ano 1815.
Ponte de San Pedro Telmo: Na Ramallosa. Sobre o río Miñor. Século XII-XIII. Mandado construír no século polo bispo San Pedro Telmo, foi restaurada a principios do século XX. Consta de dez arcos lixeiramente apuntados e tallamares contracorrente; ten varios apartadoiros de forma triangular. Na metade da ponte hai un cruceiro con San Pedro Telmo aos pés, patron dos mariñeiros. Hai investigadores que cren había outra anterior e pola que discorría a vía romana XX (per loca maritima) do Itinerario de Antonino. Segundo a lenda, cando unha muller non pode procrear vai de noite ata a ponte e, ao chegaren ao medio, debe pedir ao primeiro viandante que pase polo lugar que colla auga do río e lla esparexa dende o colo ata o ventre. O benfeitor será logo o padriño.
OIA
Ponte de Viladesuso: Na parroquia de Viladesuso. Salva o regueiro de Broi. Disque de orixe romana, pasaba a vía Per loca marítima. No peitoril hai un peto de ánimas.
PONTEAREAS
Ponte do Cabalón (Angoares): Sobre o río Uma, tributario do Tea. Quizais baixomedieval. De tres arcos, o maior de medio punto, outro apuntado, e o menor alintelado, construído posteriormente que actuaría para dar paso á auga cara un muíño próximo. A rasante é lixeiramente alombada. Polo lugar pasaba un camiño recollido na Carta Geométrica de Galicia (1817-1834) do matemático e xeógrafo Domingo Fontán.
Ponte de Cons (Cristiñade): Sobre o río Tea, orixe romana.
Ponte das Partidas (Urcela-Moreira): Medieval, sufriu varias modificacións, principalmente nos séculos XIV e XV. Sobre o río Tea, consta de dous arcos apuntados e dous de medio punto. Unha das lendas que hai ao seu redor conta que a ponte foi construída polos mouros nunha soa noite. Cóntase que a media noite acudían as mulleres con dificultade para concibir, debían pidirlle ao primeiro camiñante que a cruzase que, entre outros rituais, derramase auga do río sobre elas; se con esta sorte de bautismo prenatal a muller conseguía ser nai, o viandante tiña que ser o padriño do neno ou da nena.
Ponte dos Remedios (Ponteareas): Salva o río Tea. Do século XIV, disque de orixe romana. Consta de catro arcos, dous semicirculares e dous lixeiramente apuntados e tallamares contracorrente. Emboca nunha ermida posta baixo o padroado do San Roque. Ao seu carón celebrábanse cultos á fertilidade. Crese que por eiquí pasaba unha vía romana que comunicaba Bracara, Lucus e Asturica Augusti.
PONTE CALDELAS
Ponte de Canedo (Verdugo-Taboadelo): Sobre o río Verdugo. Pontella de granito de sete cepas. Taboleiro horizontal realizado con pedras irregulares. Cronoloxía indeterminada.
Ponte do Piornal (Verdugo-Taboadelo): Sobre o regueiro San Vicenzo, tributario do río Verdugo. Pontella de granito de cronoloxía indeterminada, con rasante horizontal apoiada sobre varias cepas.
Ponte Vella (Ponte Caldelas): Salva o río Verdugo.
Ponte Vella de San Vicenzo (O Chan do Casal-Xuntáns): Pontella de granito sobre o regueiro de San Vicenzo. Cronoloxía indeterminada. (Fonte: Pablo Eirín).
Pasos da Fraga: Salvan o río Verdugo. Formados por grandes pedras dispostas sobre o cauce, sesparadas entre si.
PONTECESURES
Ponte de Pontecesures: Entre Padrón e Pontecesures. Sobre o río Ulla, disque de orixe romana construída, segundo algúns historiadores, por mandato do mesmo César Augusto Octavio Vespasiano que gobernou entre o 27 a. C. e o 14 d. C. Construída en cantaría de granito, consta de trece arcos de medio punto rebaixados, peitoril e tallamares de sección triangular. Padeceu reformas no século XII e nos anos 1790, 1911 e 1956. O xeógrafo árabe Al-Idrisi, do século IX, cita esta ponte. Deu nome á vila.
Ponte da Barca (Pontevedra): Sobre o río Lérez. Construída entre os anos 1887 e 1905. Debe o nome á barca que antiguamente salvaba o paso entre Pontevedra e Poio, controlada, segundo documentación do ano 1197, polos monxes de San Xoán de Poio. No 1817, o Estado retiroulle a concesión as beneditinos, outorgándolla ao gremio de mareantes. Pero debido aos preitos co mosteiro, o marqués de Riestra e a armnada española, decidiuse construír a ponte que primeiro foi de madeira e constaba dun tramo levadizo. No ano 1894 impúxose a construción dunha ponte metálica, deseñada por Luis Acosta e Eduardo Fungueiriño, inaugurándose no 1905. No ano 1945 comezaron as obras para substituír a parte metálica por unha de formigón, cun grande arco de formigón armado, quedando inaugurada no ano 1950.
Ponte do Burgo (Pontevedra): Medieval. Salva o río Lérez. A súa fundación atribúese ao mítico Teucro quen, rematada a Guerra de Troia, viaxou a Galiza onde fundou a cidade de Pontevedra. Mais a súa orixe disque é romana, formaba parte da vía XX onde asentaba a mansión Turoqua; no lugar atopáronse dous miliarios. Consta de once arcos de medio punto. As primeiras referencias datan do ano 1165, cando os reis Fernando II e Afonso de Portugal asinan a Paz do Lérez en "super flumen Lerice in vetula ponte" (refírese á primeira ponte). Tivo varias reformas ao longo da historia.
Ponte do Castrado (o Castrado-Cerponzóns): En cantería, asenta sobre tres cepas formadas por perpiaños irregulares.
Ponte do Couto (Salcedo): Entre as parroquias de Salcedo e Marcón. Sobre o río Tomeza, s. XVI. Ten dous arcos de medio punto.
Ponte do Couso (Santa María de Xeve): Salva o regueiro Fontáns, s. XVI.
Ponte do Marco (Marcón): De granito, cun arco de medio punto. Engadíuselle un peitoril de cemento. Regular estado de conservación.
Ponte de Pontesampaio (Ponte Sampaio): Atravesa o río Verdugo. Século XIV, disque de orixe romana. Consta de dez arcos de medio punto e tallamares contracorrente. As primeiras referencias a unha ponte datan dos séculos X-XI, cando se cita como Ponti Sancti Pelagii de Lutto, e era propiedade dos condes de Borgoña. Dise que nas proximidades levantábase a fortaleza de San Paio de Lodo, onde se enfrontaron os exércitos de dona Urraca e o arcebispo Xelmírez. Pagábase pontádego, que suprimiu Xelmírez no século XII. Cóntase tamén que no ano 997, os exércitos de Almanzor atravesouno, arruinando o castelo. Nesta ponte librouse a famosa batalla de Ponte Sampaio contra o exército napoleónico no ano 1809.
Ponte da Rañadoira: Sobre o río Verducido. Construída en cantería de granito. Cronoloxía indeterminada. (Fonte: Pablo Eirín).
Ponte de Rebón (O Casal do Río-Salcedo): Taboleiro horizontal de grandes pedras que apoian sobre catro cepas.
Ponte Valentín (Cabanas-Salcedo): Pequena ponte dun oco sobre o río dos Gafos. Ten un arco semicircular sobre o que apoian as grandes pedras do pasal.
O PORRIÑO
Ponte de Orbenlle (Budiño): Sobre o río Louro. Medieval, disque de posible orixe romana. Ten un arco de medio punto, con calzada lixeiramente alombada.
Ponte do Curruncho (Lantaño): Sobre o río Umia. Entre as parroquias de Lantaño e Saiar. Destruída por unhas enchentas nos anos oitenta do século XX, foi parcialmente reconstruída polos veciños.
PORTAS
Ponte da Illa de San Simón: Sobre a Ría de Vigo, medieval reformada no século XIX. Ten tres vans en cadeirado de granito con arcos rebaixados. Une os illotes de San Simón.
RIBADUMIA
RODEIRO
Ponte Pedroso: Salva o río Arnego. Comunica os concellos de Lalín e Rodeiro. Século XVI, pero de posible orixe baixomedieval. Ten un arco oxival. Nos traballos de limpeza realizados a principios do ano 2018 apareceron gravadas dúas cunchas de vieira nun arco, símbolo da peregrinación a Santiago, feitas por canteiros anónimos. Tamén apareceron varias marcas de canteiro. A primeira noticia da ponte aparece nun documento do ano 1566 que se garda no arquivo do pazo de Camba, no que o arcebispo de Santiago de Compostela sinala a conveniencia de que se dote ao lugar de pousada por tratarse dun importante enclave nas comunicacións das terras de Ourense coas de Lugo e A Coruña, moi frecuentado por arrieiros e xentes de comercio.
O ROSAL
SALVATERRA DE MIÑO
Ponte de Fillaboa: Na parroquia do mesmo nome. Salva o río Tea. Disque de orixe romana reconstruída no século XV, e modificacións no século XVII. Foi testemuña da Guerra da Restauração portuguesa (1640-1668) o que obrigou a reconstruíla en distintas ocasións. Dos cinco arcos que tiña consérvanse tres apuntados e un semicircular.
SILLEDA
Ponte de Chapa ou Ponte da Pedra: Medieval. Sobre o río Toxa. Situada no Camiño de Santiago. Parte da estrutura amosa serias deficiencias.
Ponte do Demo (Carboeiro): Ente Vila de Cruces e Bandeira (Silleda). Sobre o río Deza, data do século XVI. Consta dun só arco. O nome débello a unha lenda que asegura que no lugar atracaban e asasinaban aos viandantes. Outra lenda di que polo demo por encargo dos monxes de Carboeiro, coa condición de que aquel puidera quedarse coas almas dos defuntos que pasaran ese día.
Ponte do Pozo Negro: Entre Ponte (Silleda) e San Pedro de Losón (Vila de Cruces). Século XIX-XX. Sobre o río Deza. Recibe o nome por un pozo no río que hai xunto a ponte.
Ponte Taboada ou Ponte Vella de Taboada (entre Lalín e Silleda): Atravesa
o río Deza na parroquia de Taboada, na Vía da Prata. Consta dun arco de
medio punto que descansa sobre dúas grandes penas. Despois de cruzar a
ponte hai unha inscrición latina sobre unha pedra que di: "Laboraverunt ista pontem era DCCCL fuit perfecta pridie kalendas aprilis",
"Labraron esta ponte na Era 950 e rematouse o 31 de marzo". A Era 950
correspóndese co ano 912. Quizais substituíra a outra anterior de
madeira (pons tabulata).
SOUTOMAIOR
Ponte de Pontesampaio (Soutomaior): Sobre o río Oitavén, medieval reformada nos séculos XVI e XVIII. No mes de xuño do 1809, o poderoso exército francés que se dirixía cara Vigo ao mando do mariscal Ney foi derrotado polos galegos.
TOMIÑO
Ponte de Sobrada: Sobre o río Furnia, entre as parroquias de Sobrada e Piñeiro, no camiño que dende Tui se dirixía a un hospital de peregrinos que estaba situado xunto a capela de San Lourenzo. Ten arco de medio punto e rasante horizontal.
Ponte de Taborda (Taborda): Sobre o regueiro Cereixo da Briña. Século XVI. Ten un arco semicircular e rasante lixeiramente alombada.
Ponte do Mosteiro (O Mosteiro-Pereira-Pexegueiro): Orixe baixomedieval. Sobre o río Furnia. Posúe dous arcos de medio punto e tallamar contracorrente. Algúns perpiaños do pretil atópanse tirados na beiras ou sobre o leito do río. Modificada na Idade Moderna. O camiño formaba parte dunha primitiva vía romana.
Ponte Pexegueiro ou Souto de Pexegueiro (Souto-Pexegueiro): Sobre o río Furnia. Baixomedieval. Situada no antigo camiño que ía ao mosteiro de Pexegueiro. Ten dous arcos de medio punto e tallamar contracorrente.
Ponte de San Telmo ou das Febres (Ribadelouro): Sobre o regueiro Peneda, medieval. Segundo a tradición, na ponte enfermou San Telmo, e alí morreu no mes de abril de 1251. Escrito nun monolito, prégase ao camiñante que fale con Deus en favor do santo.
Ponte da Veiga: Coñecida tamén como Ponte Romana. Sobre o río Louro. Medieval, disque de orixe romana situada na Vía XIX. Discorre o Camiño Portugués. De catro arcos, dous apuntados.
Ponte do Souto ou "Ponte Romana" ou do "Camiño Real" (O Souto-Campaña): Sobre o río Valga. Presenta un taboleiro horizontal lintelado en cinco tramos que apoia sobre cepas de sección semicirucular a xeito de tallamares contracorrente.
VIGO
Ponte de Balaídos (Vigo): Medieval, disque de posible orixe romana. Coñecida tamén como Ponte do Lagares ou Ponte de Pereiró. Situada no medio de edificios construídos ao redor do río Lagares. Estivo a punto de desaparecer debido ao descontrol urbanístico. O río foi desviado deixando a ponte descontextualizada. Consta dun arco de medio punto e dous ocos cuadrangulares aos lados que actuaban como aliviadoiros durante as enchentas. Tallamares triangulares situados a favor da corrente. Declarada Monumento Histórico-Artístico no ano 1991.
Ponte de Sárdoma (Sárdoma): Medieval, disque de posible orixe romana. Está documentado que xa se utilizaba no século XII. En cadeirado de granito, consta de dous arcos de medio punto e calzada horizontal.
Pontes na parroquia de Freixeiro: Luis Manoel Teixeira informoume que ata a década dos anos corenta do pasado século, na parroquia de Freixeiro, sobre o río Lagares, existían dúas pontes. Unha era a Ponte Vella do Camiño Real que ía en dirección a Portugal, e a outra un Pontillón que comunicaba Castrelos co camiño que pasa polo pazo de San Tomé. As dúas foron destruídas por unha enchenta.
VILA DE CRUCES
Ponte Arco da Carixa
(Reboredo-Merza): Sobre o río Deza. A primitiva ponte foi destruída por
unha enchenta. O arco que vemos hoxe en día foi construído no ano 1928
por Manuel Sueiro Ramos.
Ponte dos Cabalos
(Merza): Atravesa o río Arnego. Do ano 970, disque de orixe romana. Formaba parte dun antigo camiño dende Carboeiro e A Brea (Fontao) ata Ponte Ledesma. Segundo testemuñas dos veciños había dous pequenos arcos derrubados polas enchentas e o abandono. A principios do mes de novembro de 2016, debido á
reconstrución do paseo fluvial de Merza, apareceron uns gravados antigos e recentes sobre algunhas
pedras. Un veciño puxo sobre a pista ao investigador Daniel González
Alén quen, con outros estudosos, se dirixiron cara o lugar. Unha vez
examinadas as lousas de xisto, observaron que dúas concentran preto de
medio cento de ocos de entre 3 e 5 centímetros de diámetro que xunto cun
par de ferraduras cren que poden ser de fasquía prehistórica, incluso
puideron chegar ata a ponte aproveitadas doutras antigas construcións.
Máis recentes son varias letras feitas con punteiro, salientando a
inscrición CAMANZO, seguramente en alusión á parroquia famosa polo seu
mosteiro, e as iniciais R.V. e P.C. modernas de persoas que quixeron deixar
a súa pegada.
Ponte do Demo (Carboeiro): Ente
Vila de Cruces e Bandeira (Silleda). Sobre o río Deza, data do século
XVI. Consta dun só arco. O nome débello a unha lenda que asegura que no
lugar atracaban e asasinaban aos viandantes. Outra lenda di que polo
demo por encargo dos monxes de Carboeiro, coa condición de que aquel
puidera quedarse coas almas dos defuntos que pasaran ese día.
Ponte Ledesma (Gres): Sobre o río Ulla, construída no ano 1574. Debido á importancia comercial con Santiago, a cidade de Ourense colaborou na súa construción. En granito, consta de nove anos e tallamares triangulares contracorrente e trapezoidais no lado oposto coroados por pináculos. No ano 2009 colocouse un monolito que lembra a derrota das tropas de Napoleón no ano 1809 a mans dos patriotas galegos. Reformada no século XIX.
Ponte do Pozo Negro:
Entre Ponte (Silleda) e San Pedro de Losón (Vila de Cruces). Século
XIX-XX. Sobre o río Deza. Recibe o nome por un pozo no río que hai xunto
a ponte.
Ponte Romana (Fontao): Sobre o río Deza, orixe romana.
Ponte Sulago (Merza): Atravesa o río Deza. Consta de catro arcos de medio punto.
Ponte de Toiriz: Só se conserva a inscrición nunha pedra que lembra a existencia da ponte. A gravura figura catalogada como BIC dende o ano 1974. Traducida do latín, di: "Labraron esta ponte na era DCCCCXV -ano 877-, e foi concluída o 31 de xaneiro".
VILABOA
Pontella de Ansuíña (Bértola): Sobre o río Toxal ou dos Gafos. Tres grandes lousas de granito apoiadas sobre cepas nos extremos.
Pontella do Toxal (Bértola): Sobre o regueiro Toxal.
VILANOVA DE AROUSA
Xabier Moure
Pontes de Galiza/Galicia
o noso patrimonio


















































































































































































































































































































































































































































































































































