PETROGLIFOS DE GALICIA (PROVINCIA DE OURENSE)

ACLARACIÓN: Ademais das gravuras prehistóricas, tamén fago mención a algunhas de época romana, medieval e moderna. Tamén achego outros gravados singulares insculpidos na pedra como, por exemplo, os xogos de alquerque.

Nas relacións por concellos indico o nome da estación que en ocasións pode estar formada por varios grupos de pedras con petroglifos (por exemplo, Brandín, en Baños de Molgas, está composta por varias penas con gravuras).

PETROGLIFOS DA PROVINCIA DE OURENSE

ALLARIZ
Lameiro Grande (O Mato-Allariz); Aira da Vacariza, A Pedra da Eira (Augas Santas); Armea (Armea-Augas Santas); A Lagarteira (Vilar de Flores-Os Espiñeiros); As Moreiras (Roiriz de Abaixo-Folgoso); Lameiro Grande (Folgoso); Pena da Auga (Queiroás); Urrós (San Mamede de Urrós); San Vitoiro (San Vitoiro da Mezquita); As Ferraduras (Santa Mariña de Augas Santas); Armea (Armea-Santa Mariña de Augas Santas); O Couso; Boa Madre, no outeiro de Boa Madre, entre as parroquias de Folgoso (Allariz) e Torán (Taboadela); Outeiro do Castro (Valverde). 
Petroglifos da Aira da Vacariza: Podormorfos.   
Petroglifos de Armea: Preto da inconclusa igrexa románica situada nas inmediacións do castro poden verse rochas con cazoletas. Hai outra pena reaproveitada nun muro. 
Petroglifos do Lameiro Grande: Nunha das penas 25 cazoletas e outros motivos de forma alongada. Noutra cazoletas e motivos modernos, entre eles unha cruz que foi repicada.
Petroglifos de Boa Madre: A 688 metros de altitude, no castro do mesmo nome. Trátase dun cadrado cunha cazoleta no medio cun dos ángulos inserido nunha pía que localicei a mediados dos anos noventa. Tamén se ven pías, algunhas comunicadas por canles. 
Petroglifos das Moreiras: Cinco penedas graníticas insculturadas con coviñas.
Petroglifos da Pedra da Eira: Formado por cruces, motivos a xeito de pezuños e dous buratos rectangulares. 
Petroglifos da Pena da Auga: Situado nunha rocha granítica que coroa un pequeno outeiro. Catro coviñas que forman un cadrado irregular e un rego serpentiforme parello a elas. 
As Ferraduras: A 500 metros do santuario de Santa Mariña hai unha pedra redonda con tres ferraduras, dúas plantae pedum, unha cadea e unha argola, e contan é onde ficou ceibe un cautivo dos mouros ao encomendarse á Santa (Taboada Chivite, 1965). 
Alquerque no castelo de Mouresiños ou Malpaso (San Salvador): Situado na parte máis alta do castelo roqueiro.
Alquerques da Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas: Un alquerque de III na base dunha columna dentro do templo, e outro nunha bancada interior. No exterior da igrexa, alquerques de IX e XII reutilizados nun muro. Datados nos séculos XII-XIII.
Alquerques do San Vitoiro: En dúas rochas próximas á capela, alquerques de IX e XII en mal estado de conservación, moi difíciles de ver a simple vista. Época medieval. 
 
 
 
  

 
  

 

AMOEIRO 
Muíño das Laxes (As Quintas-Rouzós); O Cego, Coto do Castro, Coto da Zarra, Coto da Portela, Abrigo do Raposo, A Ferradura, As Laxiñas, Outeiro do Galo e Pena do Rodeiro (Albeiros-Trasalba); Penescadas e As Pereiras (Cima de Vila-Trasalba); Cima de Vila (Outeiro-Trasalba); As Airas, Monte Asnal, Punxín (Trasalba); Pena do Redondo (Outeiro-Trasalba).
Petroglifos da Ferradura: Conxunto formado por unha ducia de grupos. Un dos máis interesantes é unha grande rocha granítica con gravuras de pés e, mesmo, dalgunha pegada dos dedos. Sobre penedas con pés insculpidos, recibían o seu recoñecemento os xefes locais. A través dunha fenda natural, retocada pola man do home, enfócase directamente cara a croa do castro de San Cibrán de Las. Un dos grupos presenta un calandario baseado no movemento do Sol e da Lúa, feito que propiciou a realización dun documental dirixido por Marcos Nine e producido por García Quintela, director de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe da Universidade de Santiago.
Petroglifos das Laxiñas: Cazoletas, ferraduras e outros motivos de difícil interpretación.
Petroglifos de Punxín: Duás laxes con gravuras, no límite coa parroquia de Palmés (Ourense). 
Abrigo do Raposo: Máis ca gravura, de difícil interpretación, chama a atención o abrigo rochoso natural onde se atopa.
Petroglifos do Coto da Zarra: Con cazoletas e combinacións de círculos.



 

A ARNOIA
Petroglifos do Panel: Entre as parroquias de San Salvador da Arnoia e Santa María de Castrelo de Miño.
Petroglifos de Reigoso (San Salvador da Arnoia): No monte Cavadas, a 500 metros de altitude, non moi lonxe do límite coa parroquia de Santa María de Castelo de Miño. Nunha das penas vense coviñas, algunhas unidas por sucos, círculos, cruciformes e gravuras cuadrangulares.
Alquerque: Alquerque de tres reutilizado na igrexa do Salvador de Arnoia. (Foto achegada por J. Antonio Gavilanes).
 
 
AVIÓN
Laxa de Nosa Señora e Laxa do Pousadoiro (Abelenda); Torre de Mourelle (Pascais-Amiudal); Avión e Castro de San Vicenzo (Avión); Porto da Arca (marca os límites entre as provincias de Ourense e Pontevedra); Serra da Xesteira (Nieva); Serra do Suído. 
Petroglifos do Castro de San Vicente: Hai un conxunto rupestre formado por un grupo de afloramentos graníticos con varios rebaixes e entalles artificiais. Por medio de cinco banzos escavados na rocha accédese a varias cavidades rectangulares, cazoletas e algunha cavidade natural. A primeira mención débese a Eladio Rodríguez González no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958-1961), onde fai alusión a un "altar natural que presenta todas sus características". O xacemento foi estudado por García Quintela e Seoane Veiga (2013). Apareceron fragmentos da Idade do Ferro. Os banzos semellan ter como única función acceder ao conxunto de ocos naturais e artificiais. 
Petroglifos da Laxa de Nosa Señora: Ten máis de 200 cazoletas e cinco cruciformes. 
Petroglifos do Porto da Arca: Cruciformes e cazoletas. 
Petroglifos da Serra da Xesteira: A 926 metros de altitude, entre as parroquias da Graña (Covelo) e Nieva (Avión). 
Petroglifos da Torre de Mourelle: Gran número de cazoletas distribuídas en varias rochas de xisto. 
 

 

BALTAR
Outeiro do Crego (Outeiro do Crego-Baltar); Caneiro (Gudín); Niñodaguia (Baltar); Cruces do Pisón, San Pedro (Montecelo-Vilamaior); Baltar (Vilamaior da Boullosa); Outeiro Redondo (Montecelo-Vilamaior); Outeiro do Castro (San Antoniño-Vilamaior da Boullosa); Outeiro do Demo (Vilamaior da Boullosa).
Petroglifos de Baltar: Descontextualizado. Ferraduras sobre unha rocha granítica.
Petroglifos de Caneiro: Presentan motivos circulares e cazoletas realizadas sobre granito.
Petroglifos de Cruces do Pisón: Cruciformes.
Petroglifos do Outeiro Redondo: Presenta cruces, ferraduras, coviñas, liñas e cadrados. Tamén aparecen as letras "C" e "R". A maioría dos gravados semellan históricos que poderían representar signos de delimitación territorial.
Petroglifos de San Pedro: Coviñas xunto a capela do San Pedro.
 

  
BANDE
Monte Uzal (Bande); Puzos (Xordos-Cadós); Arieiro (Vilar); Monte Grande (entre Bande, Rairiz de Veiga e Verea).
Petroglifos do Monte Arieiro ou Areeiro: A 850 metros de altitude. Tres círculos concéntricos con coviña central e eixo radial, dous círculos unidos por dúas liñas que se xuntan, círculos simples, coviñas, motivos rectangulares e combinación de liñas. Bastante erosionados. 
Petroglifos do Monte Uzal: Formado por 23 coviñas que forman un círculo. 
Petroglifos de Puzos: Coviñas.
Petroglifos do Monte Grande: En noticia aparecida no xonal La Región do 28 de marzo de 2023, David Bande localizou no Monte Arieiro, que forma parte do Monte Grande, unha nova mámoa e un grupo de petroglifos con coviñas e círculos.       
Taboleiro de xogo: Atopado no campamento romano de Aquis Querquernis.
 


 

BAÑOS DE MOLGAS
A Acea e Pinillas (Ambía); Pena Gacha (Pena Gacha-Ambía); Monte Lampaza, A Raposeira, Santa Eufemia (Santa Eufemia-Ambía); Alambaixo, Ansuíña, Bouzas, A Chaira, Debaixo da Ponte Romana, A Poza (Baños de Molgas); Espiñeiros (Espiñeiros-Baños de Molgas); A Lagoa de Almoite (Lagoa de Almoite-Baños de Molgas); Ligo Bouzas (Piñeiros-Baños de Molgas); O Mojón (Baños de Molgas); Cobreiro, Nogueira de Ambía, Pena Ensalada (Betán); BrandínPenedo da Moura (Brandín-Betán); Aradiña, As Besadas, Cardoeiro, Nogueira de Arriba, Sanguñedo, As Ventosas (Betán); Monte Cubreiro (Monte Cubreiro-Betán); A Seara (Outeiro das Nogueiras-Betán); Monte do Foxo (Guamil); Romeu (Romeu-Guamil); Laxe do Canastro, A Laxe do Cervo (Poedo); San Vitoiro (xunto a capela do San Vitoiro-Presqueira); Os Campelos, Casas Novas, Pena Coitela, Penouzos e Os Vidueiros (Presqueira); Penas Altas (Ribeira); Monte da Grama (O Calvario-Santo Estevo de Ambía); Monte Trabazos e Vide (Vide); O Martelo (O Martelo-Vide); Ponte da Vide (A Peneda-Vide). 
Laxe de Carrás (Almoite): Falamos deste espectacular petroglifo ao final das fotos con outras gravuras de Baños de Molgas, documentado no ano 1837 que redescubrimos, despois de darse por desaparecido, en abril de 2021.
Petroglifos da Acea: No castro da Acea. Coviñas. (Información achegada por José A. Gavilanes). 
Petroglifos de Alambaixo: Documentados por José Antonio Gavilanes. Laxe situada nunha pista, semicuberta de terra sobre a que aparece a gravura. Nas zonas visibles distínguense tres coviñas que van dos 3 aos 8 cm de diámetro e unha fondura de entre 3 e 2 centímetros.  
Petroglifo de Bouzas: Petroglifo exento con gravuras de círculos concéntricos atopado no ano 2012 por unha funcionaria do Concello de Baños de Molgas, utilizado no portelo dunha poula. Ao pouco foi roubado polo que o Concello emitiu un bando para que o devolveran, o que surtiu efecto. Na actualidade atópase no interior da capela de Bouzas. 
Petroglifos de Brandín: Estación composta por tres rochas con coviñas, divisoria entre as parroquias de Betán e Baños de Molgas. Di José Antonio Gavilanes que a documentación de Patrimono fala do Penedo da Moura, pero cre que é un erro xa que esa pena desapareceu nos anos 80 do pasado século XX cando se fixo unha pista. Esta Peneda da Moura podería ser a mesma que a coñecida como Peneda de Carrás, descuberta no ano 1837. 
Petroglifos de Campelos ou Pena Coitela: Atopados por José Paz no ano 2009. Unha pena presenta, como mínimo, catro motivos de círculos concéntricos con coviñas central da que parten cadanseu suco. Xunto deles distínguense catro podomorfos (tres xuntos) e unha coviña illada. No cumio dun pequeno outeiro aparecen gravadas cinco coviñas de pequenas dimensións, cunha diámetro de catro centímetros e un de profundidade. De tres parten cadanseu suco que quizais representaran a unhas serpes arrastrándose pola superficie do penedo, sen as cazoletas a cabeza. Noutra pena vense varios motivos circulares moi desgastados e algunha coviña. (Información de José Antonio Gavilanes). 
Petroglifos do Campo de Fúbol: No grupo da Insuíña. Gravura con deseño en espiga. Comunicado por J. Antonio Gavilanes. 
Petroglifos de Casas Novas: Penedo arredondado que na súa parte superior presenta uns círculos concéntricos con tres cazoletas no medio. No resto da rocha pódense ver máis cazoletas. Moi erosionado. Información recollida por José Antonio Gavilanes. 
Petroglifos da Chaira: Dúas penas con gravuras.
Peetroglifos de Cobreiro: Dúas penas con gravuras.
Petroglifos de Espiñeiros: Localizado por J. Antonio Gavilanes ao levantar unha pedra exenta sobre a peneda da gravura. Dez cazoletas de distintos tamaños e varios sucos modernos, posiblemente da rella do arado dun tractor. O tamaños das cazoletas varías entre os 10 e 2,5 cm. Corre perigo por estar nunha zona de cultivo na que se utiliza maquinaria. 
Petroglifos da Lagoa de Almoite: Atopados por José Paz, un mariño retirado, no ano 2009. Nunha laxe que sobresae moi pouco do terreo vense 50 coviñas de pequeno tamaño espalladas, sen orde aparente, pola superficie e concentradas en varias zonas. (Información de José Antonio Gavilanes).  
Petroglifos de Lampaza: Varios grupos de petroglifos con cazoletas. Unha das laxes ten preto dunha ducia de coviñas; outra pedra foi repicada, posiblemente para partila. Información achegada por José Antonio Gavilanes. 
Petroglifo da Laxe do Cervo: O cervo que figuraba insculpido na laxe desapareceu polo desgaste xa que formaba parte do firme dun carreiro. 
Petroglifos da Lagoa de Almoite: Varias penedas con coviñas, unha delas con preto de medio cento. Información facilitada por José Antonio Gavilanes. 
Petroglifos de Ligo Bouzas: Localizados por José Paz no ano 2009. Cinco coviñas moi erosionadas que se atopan na parte alta dun bolo granítico, cun diámetro de entre 5 e 8 centímetros e unha profundidade de 1,5 cm. (Información de José Antonio Gavilanes Blanco).
Petrolglifos do Martelo: Descubertos por José Antonio Gavilanes. Pena granítica de 8 metros de longo, 5,5 de ancho e 1,70 de alto. Pola superficie vense máis de 30 coviñas, algunhas unidas por canles. Na parte máis elevada vese un suco que marca un contorno alongado e pechado que polo norte está redondeado. O interior semella estar dividdo en dúas ou tres zonas, tendo no interior algúns sucos, uns formando unhas cruces. 
Pedra de Marzás (Marzás-Ponte Ambía): Segundo José Antonio Gavilanes, a pedra pode que estea desprazada do seu lugar orixinal xa que se atopa na beira da pista que se fixo hai poucos anos. Pensa que ao mellor puido vir do monte da Medorra que era comunal. Polo tanto descoñécese se se trataba dunha pedrafita ou dunha pena con coviñas gravadas que foi cortada. 
Petroglifos do "Mojón": Inéditos, localizados por J. Antonio Gavilanes. Corenta coviñas de entre catro e oito centímetros de diámetro. 
Petroglifos de Monte Cubreiro: Descubertos por José Paz. Unha pena presenta tres coviñas e unha segunda vinte de entre tres e cinco centímetros de diámetro. (Información de José Antonio Gavilanes). 
Petroglifos do Monte do Foxo: Sobre unha enorme rocha que sobresae do chan, arredor dunha gran pía natural vense varias coviñas. Arredor dunha coviña central tamén se dispoñen varias cazoletas. (Información de José Antonio Gavilanes). 
Petroglifos do Monte Trabazos: Nun pequeno outeiro, pía natural e varias coviñas. (Información de José Antonio Gavilanes).            
Petroglifos da Pena Coitela: Varias rochas formadas por círculos concéntricos e algunhas cazoletas e serpentiformes. Información de José Antonio Gavilanes. 
Petroglifos de Pena Ensalada: Descubertos por José Antonio Gavilanes no mes de outubro de 2018. Tres afloramentos graníticos con motivos circulares con coviña central e suco e coviñas. 
Petroglifos da Pena Gacha: Localizados por Pepe Oliva. Pena fendida en dous anacos. Sobre un pódese ver tres motivos ciruclares con coviña central. Outros dous, os máis visibles, están unidos entre si. Dende o círculo exterior saen uns sucos en paralelo que chegan ata o círculo exterior da outra composición.  
Petroglifos do Penedo da Moura: Segundo información achegada por J. Antonio Gavilanes, estes petroglifos atópanse en Cardoeiro e non en Brandín, como tiñamos nós. Trátase de tres grupos de gravuras sobre granito con cazoletas e outros motivos. 
Petroglifos de Penouzos: Sobre unha pena arredondada, coviñas e unha cruz con coviñas en cada esquina. (Información de José Antonio Gavilanes). 
Petroglifos de Pinillas: Pena con media ducia de coviñas duns cinco centímetros de diámetro e 2,5 de profundidade. Localizados por J. Antonio Gavilanes. 
Petroglifos da Ponte de Baños de Molgas: Cazoletas  situadas baixo a ponte nova de Baños de Molgas. Información achegada por J. Antonio Gavilanes en setembro de 2012. 
Petroglifos da Ponte da Vide: Descuberto por Ambrosio Borrajo. Trátase dunha peneda cunhas dimensións aproximadas de 2 por 1,5 metros, de pouca altura sobre o terreo, sendo este en pendente cara o suroeste. As cazoletas que se ven oscilan entre os 4 e 10 centímetros, ben marcadas se ben os liques non as deixan ver de forma máis nidia. (Información de José Antonio Gavilanes). 
Petroglifos da Poza: Dúas penas con gravuras.
Petroglifos de San Vitoiro: Dous grupos de petroglifos situados xunto a ermida do San Vitoiro. Sobre unha rocha situada por riba dunha gran laxa granítica rentes do chan que acolle as gravuras ergueron un cruceiro. Sen ningún tipo de protección, a erosión producida polos fenómenos naturais e, sobre todo, o desgaste ocasionado polo home están a estragar as xa moi maltratadas gravuras. Ao outro lado da estrada local, tamén sen protección de ningún tipo, atópase o outro grupo. Presentan insculturas de círculos concéntricos con cazoleta central e cauda de saída, cazoletas e cruces de término. 
Petroglifos de Santa Eufemia ou de Lampaza: Localizados por José Paz no ano 2009. O primeiro grupo está formado por catro coviñas. O segundo por catro cazoletas aliñadas de nacente a poñente, unha delas repicada cunha barrena para fender a pedra, outra coviña separada, intuíndose algunha máis. 
Petroglifos da Seara: Cazoletas, cruces (unha con círculos nos extremos) e unha gravura sen identificar. Descuberto por José Antonio Gavilanes. 
Petroglifos de Vide: Xunto a ponte de Vide. José Antonio Gavilanes di que debía haber máis pedras con petroglifos, máis a súa extracción para distintas construcións debeu facelos desaparecer. 
Petroglifos dos Vidueiros: Inéditos. Localizados por J. Antonio Gavilanes. Catro coviñas e dúas cruces de termo que na actualidade non delimitan ningunha división territorial. 
Alquerque (Monte da Grama-Ambía): Alquerde de nove nun penedo de demarcación. Podería actuar como linde.           
Altar: Eladio Rodríguez González, no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958), di que na parroquia de Almoite había un altar druídico.
É de destacar o impresionante traballo que dende hai anos está a realizar José Antonio Gavilanes Blanco canto á lozalización de petrógifos neste concello, que se poden ver na web de pattrimoniogalego.net.

  


REDESCUBRIMOS UN PETROGLIFO DOCUMENTADO NO ANO 1837

No ano 1837, o avogado, xornalista e historiador José Verea y Aguiar (autor dunha Historia de Galicia), o catedrático de Teoloxía do Seminario de Ourense Juan Bedoya (que deu nome á rúa Bedoya) e o deputado a Cortes por Ourense José de la Fuente Herrero, inspeccionaron unha pedra con gravados que aparecera no concello de Baños de Molgas. Ese mesmo ano, Juan Bedoya enviou á Real Academia de Historia de Madrid un debuxo da pedra e unha breve descrición, sinalando que se atopaba no monte Carrás, na parroquia de Almoite.

Dende aquelas non se volveu ter noticia da pedra, polo que hai uns anos José Antonio Gavilanes e Xabier Moure propuxémonos atopala tomando como referencia o debuxo coas anotacións de Juan Bedoya. Despois de percorrer o monte Carrás, o resultado foi infrutuoso, mesmo nos comentaran que podía tratarse dunha pena que desaparecera ao acondicionar unha pista, polo que abandonamos a busca, dándoa por perdida.

Pero todo cambiou no mes de febreiro deste ano, cando unha moza (omitimos o nome a petición súa), despois de ver o debuxo de Bedoya nunha das nosas páxinas web sobre patrimonio, púxose en contacto con nós para comentarnos que cando llo ensinou ao seu avó, este recoñeceuna, pero asegurándolle á neta que non se atopaba no monte Carrás, senón no monte Cubreiro que pertencia á parroquia de Betán.

Botando man da cartografía, comprobamos, en efecto, que os montes de Carrás e Cubreiro lindaban o un co outro, polo que cabía a posibilidade de que Juan Bedoya e compañía cometeran un pequeno erro de ubicación, polo que reanudamos a busca, obxectivo que deu os seus froitos a mediados do mes de abril cando localizamos a pena cos petroglifos no monte Cubreiro, xusto no límite co monte Carrás, e só a 90 metros do límite coa parroquia de Almoite. Mesmo pode tratarse da mesma pedra recollida nos Interrogatorios do Catastro de Ensenada, celebrados nas freguesías de Baños de Molgas a mediados do século XVIII, identificada como A Peneda da Moura.

Á vista dos motivos gravados na pedra como se pode apreciar na fotogrametría feita polo compañeiro Alex Negreira, constatamos a perfección do debuxo realizado por Bedoya hai 184 anos. Sobre unha gran pena de granito lixeiramente alombada vense máis de 100 coviñas esparexidas pola súa superficie (algunha unidas por canles), tres cruciformes, unha cruz inscrita nun círculo, unha combinación de círculos concéntricos, un posible serpentiforme, un posible motivo fálico, representacións humanas moi esquemáticas e un ungulado (pezuños de animal). Sobre o panel destaca unha gran figura de forma tirando a elipsoidal, con coviñas no interior, da que parten varios apéndices, que quizais represente a unha especie de ídolo.

O seguinte paso será o realizar os estudos necesarios para tentar comprender o posible significado das gravuras. Ao tratarse dunha arte simbólica son, en principio, de natureza inintelixible e co único que xogamos son con hipóteses xa que este sistema de comunicación desapareceu xunto coas persoas que os xeraron hai máis de 4.000 anos, incluso cabe a posibilidade de que o seu significado só sería comprensible a determinados membros daquela sociedade. O que si está claro é que nos atopamos diante dun grupo de gravuras rupestres ao aire libre máis interesantes da provincia de Ourense.

O achado xa foi comunicado ao Servizo de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura para que procedan á súa catalogación que, por tratarse de petroglifos, xa teñén, segundo a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia do ano 2016, a consideración de Ben de Interese Cultural (BIC), gozando, plo tanto, da máxima protección legal.

Tamén llo comunicamos ao Concello de Baños de Molgas, cuxo alcalde xa manifestou o seu interese por preservalos e poñelos en valor.

BARBADÁS
Petroglifos do Alto das Lameiras: Entre os concellos de Barbadás e Toén. No mes de marzo de 2021, os da asociación de Amigos do Patrimonio de Toén localizaron as primeiras gravuras dos concellos. Sobre unha pena documentaron un cruciforme e as letras "B", alusión a Barbadás, e unha "T", referencia a Toén, que actuaba como marco. Sobre a parte superior descubriron dúas coviñas de factura artificial. Xa foron catalogados por Patrimonio.
Petroglifos de Santa Laoíña ou Ladaíña: Entre as parroquias de Piñor (Barbadás) e Vista Fermosa (Ourense). Afloramento con cinco cruces de término e petroglifos de cazoletas con complicadas composcións de sucos e coviñas. Xacemento alterado por unha antiga canteira. Descrito pola arqueóloga Nieves Amado Rolán.
Cruces de Farraquiños (Requeixo-San Lourenzo de Piñor): Descrita pola arqueóloga Nieves Amado Rolán. Tres cruces gravadas sobre un afloramento granítico.
Monte Ousande (San Lourenzo de Piñor): Cruz latina de término gravada na parte superior dunha rocha. A arqueóloga Nieves Amado Rolán cre que pode ser de época medieval, posta en relación co castelo Ramiro.
Alquerque de IX: Inédito. Reutilizado na parte baixa (a uns 40 cm do chan) dunha piastra da igrexa de orixe románica de San Lourenzo de Piñor. As medidas dos cadrados, de maior a menor, son de 24 x 24, 15 x 15 e 8 x 8 cm. Os sucos teñen un 2 cm de ancho. Foi documentado polo ourensán Javier Torres no mes de agosto de 2021. A foto, de Javier Torres, foi mellorada por Manuel Gago.



O BARCO DE VALDEORRAS
A Escrita, Os Forroxanxos ou Forroxancos (Éntoma); A Raia (Éntoma, no límite con Sobradelo de Valdeorras); Pena do Corvillón ou Pena Corval (Millarouso e Santurxo); Castro de Millarouso (Millarouso).
Petroglifo da Escrita: Descuberto no ano 1982 por José Fernández Pérez.
Petroglifos dos Forroxanxos: Unha pedra con cazoletas e outra máis cun círculo cunha cazoleta central, ambas as dúas realizadas sobre xisto.
Petroglifos da Pena do Corvillón: Cazoletas e unha gravura antropomórfica.
 
 

BEARIZ
Alto dos Carrís, Ceo da Bouza, As Perces e O Pión (A Bouza-Beariz); Castro de Garfián (Garfián-Beariz); Chancela (Muradás-Lebozán); Campo da Mámoa (Xirazga); O Casteliño (Alén-Xirazga); O Pico (A Abeleira-Xirazga); Outeiro Grande (Alto de O Formado-Framia-Xirazga); Seixo Branco (Framia-Xirazga); O Recosto (Framia-Xirazga); Outeiro da Cabeza e Ricovanca (Xirazga). 
Petroglifos do Alto dos Carrís: No mes de novembro de 2021, Capitán Gosende localizou unha pena con vinte coviñas.
Petroglifos do Campo da Mámoa: Case no límite co parroquia da Barcia do Xeixo (A Lama). Nas inmediacións dun campo de mámoas.
Petroglifos do Casteliño: Tres penas con gravuras con coviñas unidas entre si. 
Petroglifos do Castro de Garfián (Beariz): Na croa hai unhas rochas con gravuras prehistóricas e medievais. 
Petroglifos do Ceo da Bouza (Beariz): Coviñas sobre xisto. 
Petroglifos de Chancela (Lebozán): Coviñas sobre xisto. 
Petroglifos do Outeiro da Cabeza: Coviñas.    
Petroglifos do Outeiro Grande (Xirazga): No mes de outubro do ano 2012, a asociación da Terra de Montes Verbo Xido alertou sobre un atentado contra estes petroglifos sobre os que levantaron unha caseta e unha torre de telefonía móbil. A rocha presenta coviñas e liñas que semellan debuxar a silueta dun animal. 
Petroglifos de As Perces: No monte das Perces, 5 penas con gravuras. 
Petroglifo do Pico: Unha pena con gravuras situada a 896 metros de altitude. 
Petroglifos do Pión: A 750 metros de altitude. 19 penas con gravuras. En novembro de 2021, Capitán Gosende localizaou dúas novas penas con cruciformes. 
Petroglifos do Recosto: Localizados polo Colectivo Capitán Gosende.  Por tres paneis distribúense un sepentiforme, un antropomorfo, coviñas e cruciformes.
Petroglifos de Ricovanca I (Xirazga): Pena con 27 coviñas descubertas o día 17 de marzo de 2019 polo Colectivo Capitán Gosende. 
Petroglifos de Ricovanda II (Xirazga): Pena con coviñas documentada polo Colectivo Capitán Gosende o día 31 de marzo de 2019. Posúe a singularidade de que se atopa a uns 15 metros de dúas parroquias, dous concellos e dúas provincias (Ourense e Pontevedra). 
  


 


BEADE
Alquerque na Igrexa de Beade: Taboleiro de xogos de "alquerque de nove" reutilizado no muro norte da igrexa, entre dous canzorros.
 

OS BLANCOS
Alquerque do Castelo da Raíña Loba: Na parroquia de Covas. Castelo roqueiro datado no século XIII. Nunha rocha pódese ver un taboleiro de xogos de "alquerque de nove".
 

BOBORÁS 
Pena da Facha (Fonte Moreiras-Moreiras); Campos Vellos (O Regueiro).
Petroglifos de Campos Vellos: Dúas penas con gravuras.
Petroglifos de Fonte Moreiras: Descuberto no ano 2011 polo Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro, do Carballiño. 
Petroglifos da Pena da Facha: Tres rochas con gravuras.
Alquerques de Astureses: Situados preto da igrexa de Astureses. Dous taboleiros de xogo, un incompleto, e outro bastantes erosionado nunha pedra que servía de banco.   

A BOLA 
A Aira (Vilar-Pardavedra); Monte de San Cibrao (Pardavedra); O Corvo. 
Petroglifo da Aira (Vilar-Pardavedra): Círculo con coviña central e coviñas.  
Petroglifo do Corvo: Lindeiro coa aldea de Quilmelas, parroquia de Guillamil (Rairiz de Veiga). Cazoletas. 
Petroglifos do Monte de San Cibrao: Localiceinos no mes de decembro de 2017, preto do cume do Monte de San Cibrao. Pena con media ducia de coviñas cunhas medidas de entre tres e cinco centímetros de diámetro.
   
 

 

O BOLO
Petroglifos da Peneda das Ferraduras: Preto da capital municipal. Poden verse insculpidas varias ferraduras. Descuberto por José Fernández Pérez.

CALVOS DE RANDÍN
Castelo da Piconha/Picoña: Neste castelo roqueiro documéntanse ata media ducia de xogos de alquerque, pías, coviñas e varios símbolos de difícil interpretación.

 
CARBALLEDA DE VALDEORRAS
Petroglifo da Raia (Sobradelo de Valdeorras, no límite con Éntoma (O Barco). 
Curiosas gravuras descubertas por José Fernández Pérez. 
  
O CARBALLIÑO
Monte da Madalena (Lobás); As Puzas (Madarnás); Paciños (Mudelos); As Adegas. 
Petroglifos do Monte da Madalena: En novembro de 2012, o Grupo Ecoloxista Outeiro e a Asociación Cultural Mámoa Verde descubriron novos petroglifos da Idade do Bronce no Monte da Madalena, formados por coviñas e círculos concéntricos.
Petroglifos de Paciños: Descubertos por J. José Álvarez e Rosa M. Ricoy. Penedas con insculturas de círculos concéntricos, antropomorfos, cazoletas e un serpentiforme. 
Petroglifos das Puzas: Rocha con coviñas.

 

CARTELLE
Lavandeira (Penela-Cartelle); O Seixo (A Ulfe-Espiñoso); San Tomé (San Tomé).
Petroglifos de San Tomé: Dúas penedas con cazoletas.
Petroglifo do Seixo: Case no límite coa parroquia do Freixo (Celanova).

CASTRELO DE MIÑO    
Abrigo de Santa Lucía (Astariz): Trátase dunhas moles de granito en forma de cova onde se poden ver algunhas pías. 
Petroglifos do Panel: Coviñas, situadas na parte superior dos regatos de Novelle e Os Charcos. No límite coa parroquia de San Salvador da Arnoia.  
Petroglifos do Reigoso (Reigoso-Castrelo): Catro paneis con coviñas aliñadas (algunhas unidas por sucos), cruciformes, cadrados e a representación dunha figura rectangular dividida en varios cadrados. Dous atópanse no límite coa parroquia de Arnoia. 
Petroglifos da Veiga de Arriba (Reigoso-Castrelo): Nunha rocha, cazoletas e gravuras cuadrangulares. 
Petroglifos de Vide: Mencionados como gravura de Ribadavia. No ano 1868, Barros Sibelo enviou ao Museo Arqueolóxico Nacional o debuxo de dúas pedras con gravados, uns estes de Vide e os outros en Xinzo da Costa, en Maceda.


 

CASTRELO DO VAL
Estela-pedrafita: A principios do mes de maio de 2011, o veciño de Castrelo do Val, José Luis Lozano Rúa, Nipis, descubriu esta estela granítica cando traballaba nunha finca. Datada na Idade do Bronce, trátase dunha peza de granito duns 800 quilos de peso, de 175 cm de altura e 63-70 de ancho. Presenta as gravuras dun guerreiro armado con escudo, espada, lanza e arco, e un carro (en mal estado de conservación). Ata o de agora este tipo de estelas só seran coñecidas nun territorio que abranguía Extremadura, o suroeste andaluz, sur de Portugal e Francia. O lugar onde apareceu coñécese como A Pedra Alta. Dende os primeiro momento, tanto o amigo Nipis, un amante e defensor do patrimonio de Galiza, coma o Concello querían que permanecese no lugar, habilitando unha zona para que poidera ser visitado. Mais no mes de xaneiro de 2012, a Xunta de Galicia notificou ao seu descubridor, incomprensiblemente, que se non entregaba o achado ao Museo Arqueolóxico de Ourense sería multado. O museo, por certo, leva anos pechado e cuxo extenso patrimonio só se pode ver nunha minúscula parte no antigo convento de San Francisco que é onde xa se atopa a pedrafita. 
 

CASTRO CALDELAS
A Veiga (Sas de Penelas); Vilamaior (Vilamaior de Caldelas). 
As Ferraduras: Nun lugar indeterminado do concello dise que hai unha pena que ten a marca das ferraduras do cabalo que levaba á Virxe cando venceu ao demo. Contan que tiveron unha aposta sobor cal dos dous apuntaba mellor dende a igrexa de Cimadevila cara o monte de Sobredo, e venceu a Virxe (Taboada Chivite, 1965).  
Petroglifos da Veiga: Dúas rochas con gravuras situadas ao pé dunha columna do tendido eléctrico.
 

CELANOVA
Castromao (no castro de Castromao); Freixo (Fontelo-Freixo).
Petroglifos de Castromao: Pedra granítica situada nunha das faldras do castro. Presenta cazoletas.
Petroglifos do Freixo: Foi atopado no ano 1998 por don Enrique Sousa Pérez durante un paseo polo monte. Presenta seis círculos concéntricos con cazoleta central, aneis sobre dobre cauda, algunhas cazoletas e un motivo semellante a un labirinto con catro semi-aneis e cazoleta central. A pena foi mutilada por unha canteira, con sinais de barreno.
 
 
CENLLE
Marco-pedrafita da Eira dos Mouros: A aldea da Eira dos Mouros, deshabitada dende hai moitos anos, pertence a Santo André de Camporredondo, do concello de Ribadavia, pero o marco ou pedrafita queda máis arriba, a curta distancia, pero xa en territorio de Cenlle. Ao pasar as viñas da Eira dos Mouros, subindo cara Cenlle, á esquerda hai un anaco de estrada vella sen saída, e o marco está enfronte. Trátase dun bloque de xisto de escasa consistencia, no que están gravadas dúas espirais, unha moi deteriorada, e algunhas coviñas. A parte á vista mide sobre 1,5o metros de altura. Di o profesor e investigardo Clodio González Pérez que case seguro que é a petra scripta que figura nos lindes entre Santo André de Camporredondo e San Paio de Ventosela, na doazón da primeira parte dos reis de Galicia, Sancho Ordóñez e Dona Godo, ao mosteiro compostelán de Antealtares no século X: "inde ad illa mamula ubi iacet petra scripta, et inde in directo ad montem de Rege et inde Area de Maurus", "a mámoa onde está a pedra escrita, e dereito ao Monte do Rei - coto de San Cibrao, antes denominado San Cibrao de Monterrei- e Eira dos Mouros". En efecto, a uns 470 metros en liña recta está a mámoa coñecida como Eira dos Mouros.
 
CHANDREXA DE QUEIXA
Petroglifo de Sixtil das Arcas (As Forcadas): Situado a media ladeira do monte. Cazoletas agrupadas. 
 
COLES  
Petroglifos do Monte de Chelos (O Souto-Melias): Tres círculos concéntricos na parte plana dunha rocha granítica, e unha combinación circular que semella de execución posterior. No ano 2006, na súa contorna atopouse unha pena con dúas cruces de termo. Alterado por unha canteira.
Petroglifos en Paradela: Preto do castro de Seoane e a necrópole do Adro Vello, penas con ferraduras e coviñas.  
Alquerque da Costa (Ferreiros-San Eusebio da Peroxa): Laxe de granito con marcas de canteiro que acolle un gravado con forma de taboleiro de xogo tipo alquerque. 


 


CORTEGADA 
Coto das Ferraduras (Louredo); A Ferradura (A Eirexa-Rabiño); Monte das Picoñas (O Pereiro-Valongo). 
Petroglifos da Ferradura: Dados a coñecer por Bouza Brey no Boletín da Comisión de Monumentos de Ouresne (1938). Hai unha pena con seis gravuras en forma de ferradura colocadas por pares; tamén se ve unha coviña e unha "V" realizada en época moderna cun obsecto metálico (non estaba cando os viu Bouza Brey). A pena apararece citada nos libros parroquiais do 3 de abril do ano 1751, nun aforamento feito polo cura Xoán Ramirez ante o escribán Bernardo Gómez onde, ao sinalarse os términos, di "demarca desde el principio de la verea que va de la iglesia a la Boutureira y desde dicha verea coge derecha a la piedra da Ferradura". Disque son as ferraduras da burriña que levaba á Virxe e ao seu fillo Xesús cando fuxían de Belén. Outra, contada polo veciño de Rabiño Antonio Tejero Carpintero ao párroco, di que as ferraduras eran da burriña que conducía a Cristo cando ancaba polo mundo e era perseguido polos xudíos; para despistar aos perseguidores, puxo as ferraduras do animal do revés.   
Petroglifos do Monte das Picoñas: Redescubertos no ano 2009. Un grupo de penas con coviñas, círculos concéntricos con e sen radios e círculos simples. No mes de setembro de 2019, Adrián Abadín, quen me achegou unha foto, contoume que resulta lamentable o estado en que se atopa, cheo de maleza e sen sinalizar.


 

CUALEDRO
Carzoá (Carzoá); Penedo Mao (Cualedro); Cruceiro de Santa Marta e A Muiñeira (Lucenza); Rebordondo (Rebordondo); No castro de Saceda (A Saceda); Monte da Moura, Penedo das Cruces e Tras da Devesa (A Pedrosa-A Xironda); Camiño da Chaira, Pena de Grou, Regato do Tapado, A Ronca (A Xironda). O Chedeiro. 
Petroglifos do Camiño da Chaira: Localizadospolo etnógrafo Eduardo Castro na serra do Larouco, preto da fronteira con Portugal. 
Petroglifos de Carzoá: Inéditos e sen inventariar. Localizados por Bruno Rúa. Catro rochas con coviñas.    
Petroglifos do Cruceiro de Santa Marta: Preto da vila romana do mesmo nome. Sobre unha gran rocha con cazoletas erixiron un cruceiro. 
Petroglifos do Chedeiro: Nunha chaira situada entre outeiros hai catro penedas con cazoletas. No lugar houbo catro cistas, hoxe en día desaparecidas. 
Petroglifos do Penedo das Cruces: Cazoletas sobre soporte granítico. 
Petroglifos do Penedo de Grou: Cazoletas e un cruciforme. 
Petroglifo de Rebordondo: A finais do mes de febreiro de 2017, Bruno Rúa denunciou a destrución dun petroglifo, o catalogado como Rebordondo 2, que documentara no ano 2005. Foi rebentado por un particular ao facer unha entrada para un garaxe. Ao parecer a obra foi realizada sen licenza e, polo tanto, sen a autorización de Patrimonio.   
Petroglifos do Regato do Tapado: Cazoletas.
 



 

ENTRIMO
Penedo das Serpes (Casal-Entrimo); Penedo das Sete Espadas (Asperelo-Galez); Olín (Galez); Alto das Sete Laceiras (Queguas-Venceáns). 
Penedo das Sete Espadas: A primeira referencia que teño é de Benito Fernández Alonso en El Heraldo Gallego (1879). Manuel Murguía, en La Temporada de Mondariz (1908), recolle a información facilitada por Fernández Alonso: "En la superficie, dice, descúbrense las siete líneas paralelas que de naciente a poniente, ostentan cada una, dos, tres y cuatro cazoletas y una línea que haciendo cruz, semeja en efecto, la empuñadura o gabilanes de una espada, y de aquí que aún sin terminar en punta, sinó en cazoleta las tuviese el vulgo por espadas. De longitud miden un metro cada una". Canto á ubicación, di: "Penedo das Sete Espadas, en las inmediaciones de Limia, sitio denominado de Francelón, inmediato a los pueblos de Galér (Galez), Asperolo (Asperelo) y Olín, ayuntamiento de Entrimo". Murguía, seguindo coa información de Benito Fernández, escribe: "… el penedo se halla a 400 metros del primero de los prominentes castillos naturales de grandes rocas de granito superpuestas que dan nombre a la montaña de Os Castelos". Sen dúbida, refírese aos promontorios dos Castelos situados ao norte de Galez, Olín e Asperelo. O sitio que denomina como Francelón, atópase, en efecto, a uns 400 metros ao sur dos Castelos (na cartografía figura como Fracelón). Ao norte dos Castelos, a uns 375 metros en liña recta, atópase o asentamento da Pía da Moura; e uns 600-700 metros dos Castelos e Pía da Moura, cara o oeste, consérvanse os evocativos topónimos do Pozo dos Mouros e As Serpes. Como curiosidade, no ano 1917, a editorial madrileña Calleja editou unha serie de cadernos dedicados ás provincias. O número 4, correspondente a Ourense, reproduce un mapa e textos sobre historia, gandaría, etc., e unha páxina con fotos, entre outras a do Penedo das Sete Espadas que sitúa en Ribadavia. Conta o arqueólogo David Pérez, de Bande, que xunto do penedo reuníanse as sete tribos referenciadas por Cuevillas e Bouza Brey, como herdanza dos Oestrinmios e os Saefes. Tamén di David Pérez que foi destruído hai décadas por canteiros locais.



ESGOS
Birbiza e Guimarás (Esgos); As Lagas (Lagas-Loña do Monte); A Serra e Virxe do Monte (Os Pensos); Serra de Pardeconde (Os Pensos); Achas (A Casanova-Os Pensos); Xaravedra (Xaravedra-Os Pensos); San Pedro de Rocas (Rocas); Lameiro Novo (Lameiro Novo-Vilar de Ordelles); Pombais (Pombais-Vilar de Ordelles); Cruz do Rego (O Rego-Vilar de Ordelles); Xastra (Xastre-Vilar de Ordelles).
Petroglifos das Achas: Pena con coviñas situada na estrada do Pinto a Esgos. Presenta cazoletas de tamaño variable espalladas pola rocha. Descuberto por J. Antonio Gavilanes.
Petroglifos da Cruz do Rego: Descuberto por J. Antonio Gavilanes no 2013. Unha das penas presenta cazoletas e o que puído ser o encaixe dunha cruz. A segunda pena cazoletas e marcas indefinidas.
Petroglifos de Guimarás, A Serra e Virxe do Monte: Inéditos. Descubertos por José Antonio Gavilanes, de Ponte Ambía (Baños de Molgas). Cazoletas sobre soporte granítico. 
Petroglifos das Lagas: Pena con coviñas.  
Petroglifos do Lameiro Novo: Descuberto por J. Antonio Gavilanes no 2013. Pena con cazoletas. 
Petroglifo dos Pombais: Descuberto por J. Antonio Gavilanes no ano 2013. Dúas penas con cazoletas; nos Pombais II vense dez cazoletas na parte superior e outras sete no lado suroeste. 
Petroglifos de San Pedro de Rocas: No mes de decembro de 2019, os investigadores Natalia Figueiras Pimentel e Jorge López Quiroga localizaron no complexo rupestre de San Pedro de Rocas dúas obras que salientan a relevancia histórica do enclave. O achado de maior calado, en canto á súa antigüidade e relevancia histórica, é o duns gravados rupestres figurativos prehistóricos da Idade do Bronce en forma de mans, relacionados co santuario rupestre prerromano. Trátase dun total de nove mans, con predominio da man dereita, que se conservan de maneira excepcional e dispóñense sobre o pano de roca de forma ascendente, orientadas á posta do sol durante durante o equinoccio de primavera. Estas gravuras poden considerarse como únicas. Existen conxuntos de mans pintadas en diversos lugares fóra de Europa, destacando entre todos eles os sinais de mans en negativo da coñecida como "Cueva de las Manos, na Patagonia (Arxentina), datados entre o 7000-3000 a.C., en Boyacá (Colombia) e os gravados escultóricos de Tabuk (Península Arábiga) datados en torno ao 10000-8000 a.C. 
Petroglifos da Serra de Pardeconde: Varias rochas con cazoletas atopadas por José Antonio Gavilanes. 
Petroglifos de Xaravedra: Rochas con cazoletas comunicadas por José Antonio Gavilanes en marzo de 2013. 
Petroglifos da Xastra: Inédito, descuberto por J. Antonio Gavilanes no ano 2013. Cazoletas.


 

 

GOMESENDE
O Seixo (Serra do Seixo-O Val): Medieval.

A GUDIÑA
O Canizo e Pala dos Touciños (O Canizo); Lombo da Ferradura (Carracedo da Serra); Leiras da Preseira (Ribeira-A Gudiña); Río da Fraga (A Gudiña); Parada (Parada da Serra); Fraga da Moura (San Lourenzo de Pentes); A Ferradura (O Pereiro); Cabeza do Cichón, Pena das Ferraduras de Valdepenas (O Tameirón).
Petroglifos da Cabeza do Cichón: Dúas penas con gravuras. Nas inmediacións hai dúas mámoas.
Petroglifos das Leiras da Preseira: Sobre granito, presentan agrupacións de cazoletas, algunhas unidas por sucos.
Petroglifos das Ferraduras de Valdepnas: Ferraduras sobre soporte granítico. Segundo a lenda, son as pegadas do cabalo de Santiago cando saltou co seu cabalo dende os montes da Esculqueira. Tamé hai unha marca que se di que a deixou a corda co cabalo ao bater contra ela. Por outra parte vese un motivo cuadrangular.
 
 

O IRIXO
Penedo da Ucha ou Pedra dos Sacrificios (San Cosmede de Cusanca): En Vida Gallega do 5 de novembro de 1917, o escritor e crego Antonio López Carballeira (1880-1936), baixo o título El hidalgo de San Cosme, narra unha visita que fixo ao deputado Román García Nóvoa nunha casona dos seus antepasados situada en San Cosmede de Cusanca. O crego compostelán non aforra aloumiños co anfitrión. Despois de visitar a casa e describila, detense nunhas expedicións que fixeron á Pena do Demo (“donde entre un conglomerado de enormes peñascos, se eleva en la cresta una gran piedra oscilante”); ao castro “que se alza en el lugar de So-Iglesia” (debe referirse ao castro de San Cosme que se atopa na aldea do Castro); e a “una enorme roca… de forma redondeada” que “en su extremo presenta labrada intencionadamente una á manera de pila que no llega a metro y medio de largo, y al lado una honda cavidad circular; junto á esta, al descombrarla, descubrimos un estribo lateral, también perfectamente labrado en la piedra”. Pregúntase López Carballeira, dada a súa situación nunha carballeira e nas inmediacións dun castro, senón podería ser unha “prehistórica ara céltica, para los sacrificios de animales”. Cando fun na procura da pedra, alá polo ano 2013 ou 2014, atraído pola foto de Vida Gallega, non din con ela. No ano 2017, cando a vin por primeira vez, contáronme que estaba asociada a un tesouro que agochara ou descubrira o párroco de San Cosmede de Cusanca. Ademais da “pía” cuadrangular, unha pía circular e un pequeno burato cadrado (artificial), a pesares de estar a pena bastante limpa de folla e musgo, non vin nada máis. Cando volvín en xaneiro de 2024, tampouco, pero si me ampliaron máis a lenda. O tesouro estaba formado por moedas de prata e ouro, agochado en dúas olas. Dise que foi atopado por un home natural da aldea da Costa. Na foto de 1917 vese a Antonio López Carballeira e o fidalgo Román García Nóvoa; detrás, á esquerda da foto e detrás do cura debe ser Gonzalo Prego, o cuñado do fidalgo; dous homes á dereita da imaxe; sobre a pedra, á esquerda, unha moza e dúas nenas; e por último, un home e, para min, a persoa que máis me chamou a atención: unha muller vestida enteiramente de negro da cabeza aos pés. Tratarase dun lagar?
Petroglifos de Cangues: No ano 2006, integrantes do Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro descubriron unha vintena de rochas con insculturas na parroquia de Cangues, unha das escasas áreas arqueolóxicas postas en valor na provincia de Ourense.
Petroglifos do Coto dos Penedos (O Castro-San Cosmede de Cusanca).
Petroglifos do Home Deitado (Cangues): Coviñas. 
Petroglifos da Pena do Can (Cangues): Motivos xeométricos e figurativos (un antopomorfo e dúas alabardas).
Petroglifos da Pena das Covas (Campo): Dúas penas con gravuras.   
Petroglifos da Pena Esbaradiza (Cangues):rculos concéntricos e combinacións circulares de varios tamaños. 
Petroglifos da Pena Negra: Descuberto no ano 2011 polo Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro de O Carballiño.  
Petroglifos da Pena do Oeste (Cangues): Catro antropomorfos, círculos concéntricos, cadros e un rectánguo con pequenos sucos cuadrangulares nos lados.
Petroglifos da Pena do Somedeiro (O Castro-San Cosmede de Cusanca): Dúas penas no límie con Sanguiñedo (Dozón).
Petroglifos de Ribas (Cangues). 
En xaneiro de 2012, o Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro solicitou ante a delegación provincial de Cultura a catalogación urxente duns petroglifos que se atopan nos montes comunais das aldeas de Cardedo, Casares, Filgueira, Menaz e Orosa, todas pertencentes á parroquia de Campo, xa que se poderían ver afectados pola construción dunha incineradora. Asemade, piden a creación dun parque arqueolóxico. Vense círculos concéntricos e coviñas.





 


LAZA
As Ferraduras (Soutelo Verde-O Castro de Laza); Os Mouros (A Barreira-O Castro de Laza); Penedo das Grallas (O Navallo-O Castro de Laza); Penedo das Pisadiñas (Laza).
Petroglifos das Ferraduras: Coviñas e unha ferradura, posiblemente medieval.
Petroglifos do Penedo das Pisadiñas: Nun afloramento de lousa, dez rochas con cazoletas, podomorfos, ferraduras, símbolos fálicos, dúas mans esquerdas e outros motivos sen identificar.
Penedo das Grallas: A Asociación Cultural Alto Támega denunciou a destrución dun petroglifo localizado en novembro de 2012, situado preto da aldea de O Navallo, entre Laza e Correchouso, preto da estación rupestre das Pisadiñas. O acondicionamento e a apertura de novos cortalumes nos montes de Laza, levaron por diante o petroglifo que tiña de 25 a 30 cazoletas, distribuídas por unha pedra de lousa. A pena tiña unha lenda que falaba de que o cabalo de Santiago saltou dende aquí ata o Penedo da Gándara Vella. Tamén resultou afectada unha mina aurífera de época romana situada entre as parroquias de Castro e Laza. A arqueóloga Nieves Amado destaca que todos os petroglifos dos montes de Navallo están gravados en lousa; a súa situación e o número de insculturas semella que estaba destinado a cerimonias iniciáticas, mentres que outros situados nos arredores poderían sinalizar camiños ou lugares de caza.
 

LEIRO
Alquerque de Gomariz: Trátase dun taboleiro de xogo de "alquerque de nove" situado no exterior da igrexa de Gomariz que formou parte dun antigo cenobio dependente do mosteiro de Toxosoutos, en Lousame. 
 

LOBEIRA
Pena Franqueira (entre as parroquias da Fraga e Parada); As Sete Cruces do Rebolar (San Xes de Vilariño); Penafiel (monte San Xes-Sabariz-San Xes de Vilariño).
Petroglifos das Sete Cruces do Rebolar: No Monte Salvante, a 1.125 metros de altitude. Cruciformes realizados a partir da utilización de cazoletas como puntos dos que parten os brazos.
 

MACEDA
Monte Pedroso e Penedo do Outeiro (Xinzo da Costa-Vilardecás); Penedo do Tesouro (Xinzo da Costa-Vilardecás).
Petroglifos do Monte Pedroso: Nunha pena aparece gravada unha cruz cun círculo na base e outro círculo separado; foi estudado por Elixio Rivas no ano 1985.
Petroglifos do Penedo do Tesouro: A única noticia que temos é un debuxo de Barros Sibelo do ano 1875.
Pedrafita O Menhir Escrito (Xinzo da Costa): Con gravuras. Citada por Barros Sibelo (fixo un debuxo). Bloque granítico en forma de tronco de pirámide de 2,5 m de altura, con gravuras dun escutiforme, coviñas e un círculo arrodeado por unha ducia de cazoletas.


MANZANEDA
Castelaioso (Castelaioso-Cernado), na inmediación do Curro do Lobo; As Arcas (Prada-Cernado). 
Petroglifo das Arcas: Coviñas sobre soporte granítico. Ademais de que o concello conta coa mámoa erixida a maior altitude de Galicia, tamén ocupa o segundo lugar este petroglifo, situado a unha altitude de 1.774 metros, só detrás do documentados polo Colectivo Patrimonio dos Ancares no Pico Mustallar, en Cervantes, a 1.800 metros de altitude. 
Petroglifos de Castelaioso: Rocha con coviñas situada nas estribacións da Serra de Queixa.
 

MASIDE
O Carpazal (Gulfrar-Amarante); Santa Mariña (Armeses); O Bolo, Fonte de Moogos, Roda das Lomas (O Bolo-Garabás); Peneda das Lamas (Louredo); O Castro (Piñeiro); Pía dos Mouros (O Pazo-Santa Comba de Trevoedo);  Sobreira (Sobreira-Piñeiro).
Petroglifos do Bolo: Tres grupos de petroglifos realizados sobre pedras graníticas. Un presenta un gran círculo concéntrico formado por seis aneis e cazoletas; no mesmo pódese ver unha cruz de factura histórica. O outro ten dous círculos concéntricos inacabados con cazoleta central, ademais dun cruciforme que semella da mesma época. O terceiro está situado preto da Fonte de Moogos; trátase dunha rocha cunha cruz inscrita nun óvalo que nos seus extremos presenta unha cazoletas dispostas simétricamente; nos laterais do dito óvalo figuran as iniciais DDM. O informante sobre esta última inscultura foi Marcos Demanuel Arias, de Ourense, quen, ademais, ampliou a información e nos enviou fotos das gravuras. 
Petroglifos do castro de Piñeiro: Na croa do castro hai unhas penas con coviñas. 
Petroglifos do Castro de Santa Mariña: O xacemento está delimitado polo val do río Barbantiño e polo regueiro de Listanco, tributario do río Viñao. Trátase dun conxunto de oito penas que se distribúen no cume do outeiro onde salienta unha estrutura de tres banzos que acceden a unha cavidade rectangular. A primeira referencia procede de Barandela e Lorenzo (2004) que identifican cinco petroglifos con cazoletas de distintos tamaños, advertindo a existencia de dúas estruturas que clasifican como altares rupestres. García Quintela e Güimil Fariña (2013) din que poderían ser de tipo ritual, de feito unha leva nome de "Pías de Santa Mariña" ou "Pías da Santa". 
Petroglifos da Peneda das Lamas: Pena cunha cruz e cazoletas utilizada como marco de término, dominio dos mosteiros de Oseira e Celanova e o conde de Ribadavia por medio das súas respectivas freguesías de Souto-Mandrás (San Cristovo de Cea), Cornoces (Amoeiro) e Louredo (Maside). Información recollida de Estudos históricos y genealógicos, de Xosé Ricardo Rodríguez Pérez. 
Petroglifo de Sobreira: Pequenas coviñas.
 

 


MELÓN
Man da Moura, Monte da Costa, O Souto e Tras das Sebes (Quins).
Petroglifos da man da Moura: Entre as parroquias de Quins e Ribadavia. Nunha pena vense dous círculos concéntricos e noutras coviñas.
Petroglifos do Souto: Círculos concéntricos e coviñas sobre soporte granítico.
Petroglifos nunha antiga granxa do mosteiro de Melón: Nunhas penas graníticas, Fredi Velo localizou unhas pías, coviñas e o que semellan uns círculos concéntricos.
Monte da Costa (Francelos): Entre as parroquias de Francelos e Quins (Melón). Cruciforme.
 


 
 
A MERCA
A Rodela (Faramontaos); Froxás das Viñas (Proente); Outeiro da Cruz (Piñeiro-Froxás das Viñas-Proente). 
Petroglifos do Outeiro da Cruz I: Pena con tres cruces, unha inscrita nun círculo. Quizais se trate dun marco divisorio entre os concellos de Allariz e A Merca. 
Petroglifos do Outeiro da Cruz II: Círculos concéntricos con sete liñas radiais que parten dun semicírculo central e van parar ao círculo exterior. Na parte central obsérvanse dúas cazoletas. 
 
 

A MEZQUITA 
As Ferraduras (O Pereiro): Laxe con coviñas situada a carón dun camiño.  
O Lombeiro da Pía (Manzalvos): Pía que segundo a tradición era onde paraba a beber o cabalo de Santiago. 
O Meniño de Pedra: Trátase dunha gravura esquemática da figura humana situada nunha pena preto do castro de Formigoso. De cronoloxía inderminada. Lindeira entre as parroquias de Cádavos, Santigoso e Castromil. 
Petroglifos do Castelo Pequeno (Santigoso): Pena con coviñas e un semicírculo con coviña no centro.
Pedra das Ferraduras ou Lombeiro Redondo (Castromil): Alfabetiformes. Para a xente son unhas tenaces e o martelo para ferrar os cabalos. 
Petroglifos das Fragas da Marra (A Mezquita): Ferraduras. Segundo a tradición son as pegadas do cabalo de Santiago que saltou dende o Tameirón.    
Petroglifos das Lagorzas da Devesa Vella (Santigoso): Sobre unha rocha vense cinco ferraduras. Segundo a tradición trátase das pegadas do cabalo de Santiago. 
Petroglifos da Lama (Manzalvos).

 

 

 

 

MONTEDERRAMO
Petroglifos do Carpazal: No lugar do Carpazal, entre as parroquias de Xunqueira de Espadanedo e As Chás, en Montederramo, preto da estrada que ascende cara a cima de Cabeza de Meda, a 1.057 metros de altitude. Trátase dunha pena lixeiramente alongada que ten media ducia de coviñas ao longo do lombo. Na zona sur aparecen varias coviñas combinadas con varios sucos con forma serpentiforme, unindo algunha das cazoletas. As coviñas teñen unhas medidas que oscilan entre os 4 e 6 cm de diámetro e de entre 1 e 1,5 de fondura. Fan de límite entre os concellos de Montederramo e Xunqueira de Ambía. (Información de José Antonio Gavilanes, o seu descubridor). 
 

MONTERREI 
Petroglifo do Castelo (As Chás-Vilaza): Coviñas. 
Petroglifo de Covas Rubias: No número do mes de decembro de 2012 do Caderno de Campo, o boletín informativo da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), dáse a coñecer o achado dun novo petroglifo na parroquia de Vences, descuberto por Miguel Losada. 
Petroglifo das Cuncas (Vences): Coviñas e círculos.   
Petroglifos de Mixós: No muro que pecha o adro da igrexa, pedra reutilizada con coviñas.
Petroglifo do Monte de Xan Franco (A Madanela): Gravuras cunha cronoloxía que vai dende a Idade do Bronce ata época moderna. Coviñas, cruces latinas, letras modernas e un raro símbolo.  
Petroglifo do Penedo das Ferraduras: Na parroquia de Vences, entre o Penedo da Horta e o monte de San Agostiño. Posiblemente de época medieval. Cóntase que nel deixou as pegadas o cabalo dun frade que dicía misa aos mouros; outros falan do cabalo de Santiago cando veu axudar contra os franceses, onde din que cada pulo alancaba o cabalo dous quilómetros, estando as outras pegadas en Tamaguelos e logo en Feces de abaixo (Taboada Chivite, 1965). 
Petroglifos do Penedo do Muro (Sandín-Flariz): Dous grupos con gravuras. Un equipo de arqueólogos dirixidos por Félix González, do Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo, localizaron na campaña do ano 2014 (é a segunda) unhas gravuras formadas por podomorfos e quiromorfos (plantas de pés e mans), ferraduras, cruces e outros sinais e que, segundo os seus descubridores, non garda paralelismo con outros petroglifos coñecidos ata o de agora. Chamoulles a atención unha figura que lembra unhas chaves, formada por dúas liñas paralelas cos bordes curvos. 
Petroglifo do Outeiro da Raposa (Flariz): Entre Sandín e A Madanela. Coviñas. 
Petroglifo do Outeiro da Vela (A Madanela): Descuberto por Bruno Rúa. Serpentiforme duns dous metros de longo. 
Petroglifo da Moura (A Madanela).    
Petroglifo das Poldras do Ourizo (Medeiros). 
Petroglifos da Pousa da Nosa Señora (A Caridade-Flariz): Trátase dunha cruz grega gravada sobre unha pena plana. Por informacións orais, parece ser que nas inmediacións hai outras penas con letras gravadas, ademais de espirais e círculos. 
Petroglifos do Sugarrido (Sandín-Flariz): Cruces encerradas en círculos, posiblemente medievais. Lendas de mouros e tesouros. Dise que é un penedo máxico xa que as cruces vense de lonxe e non ao estar cerca. 
Petroglifo do Río Búbal (Vilaza): Varias coviñas e unha ferradura.   
Castelo de Lobarzán: No mes de xullo de 2019 deuse a coñecer a aparición dunhas pinturas nun abrigo natural que arrodea o xacemento do Castelo de Lobarzán ou da Ceadá das Laxes das Chas, entre os concellos de Monterrei e Oímbra. Algunhas pinturas son antropomorfas. Beatriz Comendador, directora do proxecto e arqueóloga do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo, di que tiveron coñecemento das mesmas a través de J. L. Arias. Unha vez localizado o enclave, Beatriz e os arqueólogos Victor Rodríguez e Nieves Amado Rolán confirmaron a existencia de pinturas prehistóricas con outros restos arqueolóxicos característicos cunha cronoloxía de arredor do terceiro milenio antes de Cristo. Di Comendador que as pictografías atópanse nunha cavidade de bloques e grandes laxes desprazadas. O achado está composto por dous motivos illados realizados sobre granito, sendo os primeiros en Galicia que se atopan neste tipo de soporte. Os motivos foron realizados en tinta plana vermella. Apareceu un alquerque de IX.
Albarellos e Vilaza aparecen citados en dous documentos do ano 950, na desputa por unhas lindes entre o bispo San Rosendo e a condesa Trudile. O motivo de traer aquí estes textos é porque neles faise mención a grandes rochas, muros de terra, archae, marcos, petrae fictae e penas con gravuras que podemos interpretar como arcas megalíticas, pedrafitas, petroglifos ou miliarios de época romana: "Dirixíndonos dende alí (despois de cruzar o río Támega) cara a parte de Santa María, atopamos unha pedra con burgarios gravados... E dende alí seguindo os muros de terra, non lonxe do castro, achamos noutra pedra burgarios gravados...". 
Dentro do Proxecto Alto Támega, a Asociación Cultural Alto Támega, a Sociedade Antropolóxica Galega e a Universidade de Vigo identificaron ao longo do ano 2013 corenta e dous novos petroglifos. Bruno Rúa, autor da Guía de arqueoloxía do Alto Támega puxo aos investigadores sobre a pista da maioría dos achados.
 



 

 

MUÍÑOS
O Castelo (Taboadela-Barxés); O Corisco e Outeiro de Cela (Mugueimes-Muíños); O Agrelo (O Agrelo-Muíños); Serpe de Pazó (Pazó-Parada de Ventosa); Santa María do Castro (Guntumil-Requiás).
Petroglifos de Agrelo: Consta de dous grupos, un formado por coviñas e unha figura cuadrangular e o outro só por cazoletas. Unha parte da pedra foi desprendida do panel con ferramenta moderna.
Petroglifo de Pazó: Este petroglifo, catalogado por Patrimonio, levaba máis dunha década agochado entre a vexetación, nunha finca situada ás aforas da aldea. Agora, grazas ao arqueólogo David Pérez e ao escultor Toño Monteiro, dende o proxecto O Bosque Máxico, limpáronno e sinalizáronno, poñéndoo de novo en valor. Datado na Idade do Bronce, o petroglifo, formado por cazoletas dispostas en círculo e un serpentiforme, máis outras catro coviñas que forman un cadrado, recibe a primeira luz do sol e a da atardecida o que semella amosar unha manifestación relixiosa na que os astros desenvolverían un papel importante.
 

NOGUEIRA DE RAMUÍN
Ver de Fondo (Ver de Fondo-Armariz); Piteira e Bouza Fría (Allariz); Monte Cubela (Ribeiras de Cerreda-Cerreda); Corniño da Serra (Serra Corveira-Faramontaos); Baldomar (Baldomar-Nogueira de Ramuín); Pena da Laxa (Lama Forcada-Nogueira de Ramuín); A Espiñeira (Luintra-Nogueira de Ramuín); Reirigo (Reirigo-Nogueira de Ramuín); Zarras (Nogueira de Ramuín); Gundiás (Gundiás-San Miguel do Campo); Traspenela (San Miguel do Campo); Pedra da Serpe (Pombar-Santo Estevo de Ribas de Sil); As Penizas (Viñoás).
Petroglifos de Baldomar: Pena con 16 coviñas na parte superior e dous cruciformes modernos nos estremos.   
Petroglifos do Corniño da Serra: Presenta círculos concéntricos, coviñas, ferraduras e cruciformes. Nunha das paredes presenta uns alfabetiformes. Menciónase nun documento sobre linde do mosteiros de Santo Estevo no ano 921: ".... petra scripta que est inter Faramontanos et Eiratella...". 
Petroglifos da Espiñeira: Dúas combinación circulares, unha con dous e tres círculos, con cazoleta central. 
Petroglifos de Gundiás: Penedo de considerable tamaño con ducias de cazoletas agrupadas na parte superior, nas paredes verticais e no rebordo da pedra. Varios sucos parten das cazoletas. Tamén se ve un cruciforme de factura máis recente. (Recollido de Adrián Fernández Delgad -Adrián Luintra- en PG). 
Petroglifos do Monte Cubela: Cazoletas e liñas distribuídas por varios penedos. Tamén se ven tres combinacións circulares simples. (Recollido de Adrián Fernández Delgado -Adrián Luintra- en PG).    
Petroglifo da Pena da Laxa: Círculos concéntricos con dous, tres e catro aneis con cazoleta central. 
Petroglifos de Ver de Fondo: Gran combinación circular cunha ducia de aneis que se conecta mediante liñas con outras combinacións circulares con coviña no centro. 
A Pedra Escrita (A Buzaxe-A Carballeira): O colectivo Móvete por Nogueira cre que puído atopar a coñecida como A Pedra Escrita de Santo Estevo, nunha atalaia que domina Ourense, A Peroxa e Faramontaos. Sobre unha rocha granítica aparece gravada a palabra Tuedis (o T semella unha cruz de Malta), ademais de cruces, formas xeométricas, recipientes con forma cadrada e escalóns feitos na pedra. A palabra dise que pode facer alusión a un militar e rei visigodo do século VII, sucesor de Alarico. 
Pedra do Peón: A comezos do outono do ano 2013 localicei unha pena de máis de tres metros de longo en forma de peón do xogo de xadrez (de aí o nome co que a bauticei) nas inmediación da necrópole megalítica de Moura. Nunha cara presenta gravada unha pía, sen dúbida artificial, e na parte de abaixo da pedra (cunha inclinación duns 60 grados) varias gravuras que semellan coviñas.
Igrexa de San Estevo de Ribas do Sil: Nunha bancada interior, xunto a entrada principal, alquerques de III e IX noi erosionados.
É de destacar o traballo que está a facer Adrián Fernández Delgado canto á localización de petróglifos no concello de Nogueira de Ramuín, que se poden ver na web de patrimoniogalego.net ou na súa páxina https://adrianourense.wixsite.com.
 
  

 



  
OÍMBRA 
Petroglifos nas Casas dos Montes (A Granxa): Seis penas con coviñas localizadas pola Asociación Monterrei, Cultura e Patrimonio. 
Petroglifos da Ceadá (As Chas): Documentados por Bruno Rúa. Onde houbo un castro e un castelo, en menos de tres hectáreas, hai, ao menos, 78 petroglifos. 
Petroglifos de San Cibrao: Nas inmediacións do castro de Vamba, dúas penedas con coviñas. 
Petroglifos do Castro de As Chás (As Chás): Dentro do Proxecto Alto Támega, membros da Asociación Cultural Alto Támega, da Sociedade Antropolóxica Galega e da Universidade de Vigo localizaron dúas penas con gravuras, unha no interior do castro e outra nos arredores. 
Petroglifos Penediña de Nosa Señora: A arqueóloga Nieves Amado Rolán achegoume que a pena foi destruída por unha canteira. Conta Taboada Chivite (1965) que alí apareceu a Virxe e manifestou os anceios de que o crego plantase unhas oliveiras; o crego non creu o que lle dixeran e a Virxe testemuñou a súa presenza deixando marcadas unhas ferraduras, un coitelo, un garfo e outras figuras.
Petroglifos do Outeiro (Oímbra): Sen inventariar. Cinco penas con coviñas. 
Petroglifos de Espiño (Videferre): Coviñas, coviñas unidas por canles, unha combinación de círculos concéntricos, cruciformes.    
Petroglifo de Paredes (Videferre): Varias rochas con coviñas. Inédito. Localizado por Bruno Rúa.
 



 

 

OURENSE
O Tinteiro (As Caldas); Coto da Torre e A Viña de Sas (Tarascón-Canedo); Castro de Santomé (Oira); A Catedral (Ourense); Castro de Santomé (Oira); Punxín (Palmés); As Ninfas, Pena do Vao e Santa Ladaíña (Reza Nova-Reza); O Coto (Casar do Mato-Santa Cruz de Arrabaldo); Casar do Mato (Casar do Mato-Santa Cruz de Arrabaldo); Pedra da Lagoa (Cemiterio Novo-Santa Mariña do Monte); Aira do Ferreiro, Bemposta, Os Campos, O Carqueixal, O Cumial ou Seixalbo, Gouzón e As Regueiras (Seixalbo); Mosteirón (Regoufe-Velle); A Garduñeira (Vilar de Astrés); Casarellos (Paradela-Vilar de Astrés); Marco do Monte (Seoane -Vilar de Astrés); Santa Laoíña (Vista Fermosa).
Petroglifos da Aira do Ferreiro (Seixalbo): Tres penas con gravuras. 
Petroglifos de Bemposta (Seixalbo): Peneda granítica con 13 cazoletas no sector oeste e dúas máis illadas. No sector norte aparecen dúas ringleiras con alfabetiformes e unha cazoleta no medio. O sulco en U das coviñas sinalan que son anteriores aos alfabetiformes que presentan sección en V. Información achegada por Marga Seara, da Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo. 
Petroglifos do Carqueixal (Seixalbo): Documenteinos o día 25 de decembro de 2016. Nuns afloramentos graníticos situados por riba do campo de fútbol e da concentración escolar localicei varías penas con pías naturais e tres con coviñas artificiais que van dos 6 aos 12 centímetros de diámetro. Nunha rocha vese o curioso relevo dun círculo duns 22 cm de diámetro.   
Petroglifos do Couto (Casardomato-Santa Cruz de Arrabaldo): Apareceron cando a apertura da autostrada a Santiago. Vense tres combinacións de círculos concéntricos, dous deles recheos de liñas radiais, coviñas e liñas.
Petroglifos do Cumial ou Seixalbo (Seixalbo): Tres penas con gravuras.   
Casarellos: Trátase de dous grupos insculturados con cruces de término. 
Petroglifos de Gouzón (Seixalbo): Combinación de círculos e cazoletas distribuídos en dúas rochas graníticas. Localiceinos no ano 1996.
Petroglifos do Marco do Monte: Tres penas con gravuras.
Petroglifos de Palmés: Tres penas con gravuras. 
Petroglifos da Pedra da Lagoa (Santa Mariña do Monte): Conxunto de 15 cazoletas con canles entre elas gravadas sobre un afloramento granítico. 
Petroglifos de Punxín: Duás laxes con gravuras, no límite coa parroquia de Trasalba (Amoeiro).
Petroglifos de Santa Laoiña: A 250 metros de altitude, no límite co concello de Barbadás. Localizados cando os traballos para a construción dun parque eólico. 
Petroglifos de Santomé: Varias penedas graníticas con coviñas e círculos simples con cazoleta central. 
Seixalbo: Nas proximidades da OU-101 hai un cruciforme de factura medieval ou moderna gravado nunha pena granítica.    
Alquerques na Catedral: Taboleiros de xogo de "alquerque de nove" e de "alquerque de doce" gravados nuns bancos da nave lateral norte preto do Pórtico do Paraíso, nunha das entradas e nas escaleiras que levan ao tellado. Datados nos séculos XII-XIII. 
Alquerque preto do Concello: Localizado por J. Antonio Gavilanes no mes de xaneiro de 2018, reutilizado na parede dun comercio. Apareceu cando realizaron obras de reforma. 
Alquerques no Pazo do Bispo: Alquerque de IX gravado debaixo da cornixa do Museo Arqueolóxico, antigo Pazo do Bispo. 
Museo Arqueolóxico: Taboleiro de xogo de "alquereque de nove" gravado debaixo da cornixa do Museo Arqueolóxico, antigo Pazo do Bispo.   
 
 






 
 
 

PADERNE DE ALLARIZ 
Coucieiro e A Tapada (Coucieiro); O Lagarto (Lagarto (Coucieiro); Os Castelos (O Paiseo-Figueiroá); Mourisco (Mourisco); Paderne (Paderne); Acubillo (Regueira Pequena-San Xes); Aira de Riodebodas (Riodebodas-San Xes); O Carro e o Círculo (Xastre-San Xes); Carballizos (Solbeira); Carballizos (Salgueiros-Solbeira); A Horta do Cura (Solbeira).
Petroglifos do Acubillo: Inédito, descuberto por J. Antonio Gavilanes no ano 2013. Cazoletas.
Petroglifos da Aira de Riodebodas: Inédito, descuberto por J. Antonio Gavilanes no 2013. Cazoletas. 
Petroglifos dos Carballizos II (Solbeira): Inédito. Localizado por J. Antonio Gavilanes. Cruz de termo inscrita nun rectángulo. Aparentemente a cruz foi repicada, converténdoa nun "P" de Paderne de Allariz ou de Pereiro de Aguiar, xa que a pena atópase na divisoria entre ambos os dous concellos. Tamén se observan varias gravuras moi desgastadas. 
Petroglifos dos Carballizos VII (Salgueiros-Solbeira): Inéditos. Localizados por J. A. Gavilanes. 28 coviñas de entre 4 e 5 cm de diámetro. Unha das coviñas mellor definidas está arrodeada por un suco case circular que semella de feitura posterior polo que podería sinalar unha marca de lindes. 
Petroglifo dos Carballizos VIII (Salgueiros-Solbeita): Inéditos. Localizados por J. A. Gavilanes. Oito coviñas de entre 3 e 4 cm de diámetro. Lindeiro co concello do Pereiro de Aguiar.   
Petroglifo do Carro: Inédito, descuberto por J. Antonio Gavilanes no ano 2013. Deulle o nome porque semella a representación da Osa Maior.
Petroglifos dos Castelos: Nun afloramento granítico, situado nun pequeno outeiro, pódense ver dúas rochas con cazoletas. 
Petroglifos da Horta do Cura: Inéditos. Localizados por J. A. Gavilanes. A Horta do Cura é un terreo mercado polos veciños ao Bispado no ano 1994. Da pena só se ve a metade xa que está oculta polo muro dun local social. Sucos lonxitudinais e coviñas sobre elas, ademais dalgunha gravura moderna.
Petroglifos do Lagarto: Localizados por José Antonio Gavilanes en xullo de 2022. Unhas 50 coviñas esparexidas por unha pena. 
Círculo: Descuberto por J. Antonio Gavilanes no 2013. Círculo con cazoleta central.
Petroglifo de Mourisco: Petroglifo, hoxe en día custodiado no Museo Arqueolóxico de Ourense. Na mesma parroquia hai outro petroglifo composto por cazoletas.
Petroglifos de Paderne: Varias rochas con cazoletas. Unha delas presenta, ao menos, cincoenta coviñas, descubertas por J. Antonio Gavilanes.
Petroglifos da Tapada: Dous grupos localizados por Lucía Pazos no ano 2020. Achegoumos José Antonio Gavilanes de quen é a descrición. Nunha pena, na zona central vese unha figura formada por varias coviñas circulares e alongadas dispostas arredor dunha forma semicircular composta por dous sucos curvos; polo resto repártense varias coviñas, algunhas con suco. 
Cruz de termo: Na Vacariza, parroquia de San Lourenzo de Siabal. Situada entre os concello de Paderne de Allariz e Pereiro de Aguiar. Información achegada por José Antonio Gavilanes. 





PARADA DO SIL
Petroglifos xunto o encoro da Edrada: Localizados pola Asociación de amigas das Árbores no mes de xullo de 2022 a carón do encoro da Edrada, fronte ás aldeas de Castiñeiras e Pradomao. Dúas penas con coviñas e círculos concéntricos. 
Petroglifo da Pena da Cruz (Miranda-Forcas): Petroglifo situado no lugar coñecido como Chao do Penedo. Puído formar parte dun penedío máis grande xa que semella ter sido cercenado. Presenta dezaseis coviñas. (Información e foto recollida da páxina San Vítor de Barxacova).


O PEREIRO DE AGUIAR 
Os Carballizos e A Granxa (Calvelle); Os Carballizos (Cancela-Calvelle); Os Carballizos (Pena da Vella-Calvelle); Os Carballizos (As Pezas-Calvelle); Bouzas (Melias); Monterrei (Complexo deportivo de Monterrei-Moreiras); A Pena (San Xoán de Moreiras); Santa Baia (Santa Baia-San Xoán de Moreiras).
Petroglifo de Bouzas (Melias): Inédito. Rocha cunhas 40 cazoletas unidas por sucos. (Información e foto achegada por José Antonio Gavilanes). 
Petroglifos dos Carballizos I: Inéditos. Localizados por J. A. Gavilanes. Unha ducia de coviñas de entre tres e catro centímetros de diámetro. Lindeiro co concello de Paderne de Allariz. 
Petroglifos dos Carballizos II (Pena da Vella): Dez coviñas de entre tres e catro centímetros de diámetro, agrupadas en grupos de dúas ou tres. Próximos ao concello de Paderne de Allariz. 
Petroglifos dos Carballizos IV (Cancela): Inéditos. Localizados por J. A. Gavilanes. Oito coviñas de varios tamaños. 
Petroglfios dos Carballizos V (As Pezas): Inéditos. Localizados por J. A. Gavilanes. Dous serpentiformes e dous grupos de coviñas, un deles con sucos entre elas que semellan unhas serpes. O serpentiforme máis claro está formado por un suco que parte dunha coviña e despois de atravesar outras alóngase máis de 1,20 metros. Lindeiro co concello de Paderne de Allariz.  
Petroglifos dos Carballizos VI (As Pezas): Inéditos. Localizados por J. A. Gavilanes. Dúas penedas con dúas ducias de coviñas de entre dous e nove centímetros de diámetro. 
Petroglifo da Granxa (Calvelle): Sen inventariar. Segundo información achegada por José Antonio Gavilanes en decembro de 2012, trátase dunha pena duns dezaoito metros de longo por 7 de ancho na que figuran insculpidas arredor de 70 cazoletas. Atópase no medio dunha lameira onde hai unha granxa de vacas polo que a José Antonio lle chamou, e non sen razón, que ata o de agora non existiran referencias ao respecto.
Petroglifos da Pena: Descuberto por Miguel Lama (facebook: As Tres Trabes). A continuación reproduzo a completísima descrición que me achegou José Antonio Gavilanes Blanco. A non moita distancia da igrexa de San Xoán de Moreiras atopamos as gravuras sobre unha peneda situada no lugar da Pena, topónimo claramente relativo a esta peneda. A laxa ten unhas dimensións de 6 por 3 metros e unha altura visible de 1,5 metros. Presenta numerosas coviñas, unhas 100, de varios tamaños que oscilan entre os 13 e tres centímetros, e unha profundidade que vai dende os 8 aos 3 centímetros. Aparentemente non teñen unha orde concreta, aínda que varias delas están aliñadas en dirección norte-sur. Chama a atención a forma claramente artificial que presenta a cima da laxe, que mide aproximadamente 1 por 1,5 metros. Na cima ten unha gran pía natural modificada e varias coviñas artificiais, algunhas unidas por sucos. Ten visibles as marcas das tallas en dirección vertical (unhas 50) por toda a súa contorna, formadas por sucos duns 3 centímetros de ancho por 2 de profundidade aproximadamente. Algúns veciños, os de maior idade, tiñan escoitado que o penedo non se podía estragar. Fai de marco divisorio entre as parroquias de San Xoán de Moreiras e San Martiño de Moreiras. Polas fotos que achegou José Antonio, creo que estamos diante dun espazo claramente ritual.
Petroglifos de Santa Baia: Coviñas distribuídas por varias rochas.
 


 
 
A PEROXA
Petroglifos de Vilarrubín.

PETÍN
Alquerque de Santa María de Mones: Nun perpiaño da igrexa de orixe románica de Santa María de Mones aparece unha inscultura identificada cun taboleiro de xogos tipo "tres en raia". Está formado por tres rectángulos con tres coviñas en cada un dos lados. Datado entre os séculos IV-V d. C. Neste lugar houbo uns asentamentos castrexos e romanos.

PIÑOR DE CEA 
Outeiro do Antonio (A Folgosa-A Canda); Coto Redondo (Casmoniño-Coiras); Monte Pena do Cabalo (A Corna).
Petroglifos do Monte Pena do Cabalo: Dúas penas con gravuras.
Mapa: O día 16 de xullo de 2024, a etimóloga Dolores González de la Peña localizou un interesantísimo mapa, que se conserva no Arquivo da Chancillería de Valladolid, coa lenda Mapa y descripción del lugar de Freans, y sus terminos, y los de Guimaras y otros... onde figuran varias penas de término con debuxos de petroglifos. No Marco de Paradelas vense dous soliformes, unha cruz, unha omega e outro signo; na da Enzima do Val dos Mortos, cinco espirais; na do Val do Morto, dúas penas, unha con dúas espirais e outra con catro coviñas; na da Porteliña, tres espirais; na da Pena do Raposo, dúas espirais; e outras gravuras na Pena Vixigueira e Pena Parda.

PUNXÍN
O Faracho e A Ferradura (O Faracho-Punxín); Monteagudo (Baldariz-Punxín); O Espereolo (Outeiro-Punxín); O Coto (As Quintas-Punxín); Monteagudo e Viñao (Viñao-Punxín); As Chairas (Santo Estevo-Vilamoure); O Outeiriño e Pedra da Silva (Vilamoure); Monte de San Trocado. 
Petroglifos das Chairas: Catro grupos de pedras graníticas con círculos simples con cazoleta central e cazoletas. 
Petroglifos das Ferraduras: Nove penas con grauvuras, oito no concello de Amoeiro. 
Petroglifo do Outeiriño: Localizado preto do castro, presenta dúas cazoletas. 
Petroglifos da Pedra da Silva: Trátase de dúas penedas graníticas con cazoletas. 
Petroglifos do Viñao: Gran número de cazoletas insculpidas sobre soporte granítico.
 

RAIRIZ DE VEIGA
Monte Calvo e As Mouchas (Nigueiroá-Guillamil); O Corvo (Quilmelas-Guillamil). 
Petroglifos do Corvo: Coviñas dúas combinacións circulares.
Petroglifo de Monte Calvo: Unha coviña illada. 
Petroglifos das Mouchas: Rochas graníticas con combinacións circulares, círculos concéntricos e cazoletas.


RIBADAVIA
Monte da Costa (Francelos): Entre as parroquias de Francelos e Quins (Melón). Cruciforme.
Petroglifos da Eira dos Mouros (Camporredondo): Coviñas. Segundo a lenda ían os mouros coas ovellas e as coviñas son as súas pegadas.
Petroglifos de Franqueirán: Unha das pedras presenta unhas cazoletas e un círculo con cazoleta central. A outra ten gravada unha cruz de término.
Petroglifos da man da Moura: Entre as parroquias de Quins e Ribadavia. Nunha rocha exenta vense dous círculos concéntricos de bandas anchas e noutra coviñas.  
 

 

RIÓS
Petroglifo Peneda das Ferraduras ou da Bidueira (Navallo): Rocha con gravuras destruída por unha canteira que fornecía aos veciños da zona. Só se conservan unha ferradura.

 
A RÚA
A Rúa Vella (A Rúa): Emprazado na laderia dunha terraza do río Sil, a 370 metros de altitude, en terreos adicados a viñas. Os motivos aparecen gravados nun tipo de rocha característica da zona denominada conglomerado, composta por areas finas e cantos rodados soldados por oxidación. Presenta sucos e coviñas. 
 
 
SAN AMARO
Cabana (Cabana-O Barón); Monte da Ermida (Eiras); Castro Martiño (Xinzo-Eiras); A Medorra (Navío); O Cotarelo (Calve-Navío); Verea (Ventoselo-Navío); Penedo Redondo (entre as parroquias de Anllo, Grioxa e Navío); A Cidade (Las).
Petroglifos do Castro Martiño: Nalgunhas rochas vense gravuras de coviñas. (Recollido do blog Arredor de Lámbrica).   
Petroglifos do Monte da Ermida: Achádego que me comunicou o seu descubridor, Felisindo González Iglesias que xestiona a páxina "Arredor de Lambrica".
Petroglifos na parroquia de Navío: Localizados no ano 2023 por Santi López que xestiona a páxina "San Fiz de Navío". Trátase dunha pena cunha gran pía na parte superior, posiblemente natural, pero cunha canle de saída artificial. Tamén se ven tres ou catro cazoletas.
 

 
SAN CIBRÁN DAS VIÑAS
Petroglifos do Cepo (Veiga-Noalla): Conxunto formado por catro grupos de petroglifos con cazoletas sobre soporte granítico. Neste xacemento, durante as obras da autostrada das Rías Baixas, atopouse abundante material cerámico e lítico en superficie e estruturas consistentes en aliñacións e improntas de  buratos de poste. 
Petroglifos do Cepo (Rante): O día 10 de setembro de 2015, José Antonio Gavilanes achegoume este petroglifo situado a carón da autovía. Trátase de dúas rochas gravadas, situadas unha ao lado da outra, con máis de cincoenta coviñas unidas de dúas en dúas por sucos; tamén se distingue un círculo simple con coviña central.   
Costa dos Mouros: Castro situado no Outeiro Calvo (Soutopenedo). Hai unha rocha con dúas cruces gravadas. 
Petroglifos da Lameira de Santa Cruz: Peneda granítica con cazoletas. Información achegada por José Antonio Gavilanes. 
Petroglifos do Limpiadoiro (Noalla): Sobre unha pena circular cazoletas formando cruces e círculos. Inédito, descuberto por J. Antonio Gavilanes. 
Petroglifos de Pazos de San Clodio ou Os Trolleiros: Segundo información achegada por José Antonio Gavilanes, trátase dun grupo interesante, formado por varias rochas con cazoletas, algunhas unidas entre si por sucos. Tamén aprecia o que poden ser dúas cruces de término medievais. Unha das penedas presenta unha especie de escalóns e a forma do que semella a feitura dun pé humano.
Petroglifos do Souto Bravo (Souto Bravo): Entre San Cibrán das Viñas e Taboadela.
A Piña (San Cibrán das Viñas): Medieval. Catro cruces sobre soporte granítico.

 

SAN CRISTOVO DE CEA
Biduedo (Biduedo); Monte da Grela (Covas); A Coveliña e Biduedo (Biduedo-Pereda); Monte da Carballosa (San Fagundo); Martiñá (Martiñá-Vales); Outeiro da Costa (Toubes-Viña).
Petroglifos de Biduedo: Cinco grupos de petroglifos realizados sobre pedras graníticas que presentan combinacións de círculos concéntricos con coviña central. Dous dos motivos circulares conéctanse entre si por liñas. Doutra combinación parten unhas liñas que rematan nun círculo simple con coviña central.
Petroglifos da Coveliña: Tes penas con coviñas. 
Petroglifos do Monte da Carballosa: Cazoletas.
Petroglifos do Outeiro da Costa: A 500 metros de altitude. Catro penas con gravuras. 
 

 

SANDIÁS
Petroglifos do Outeiro do Couso (Coalloso-Sandiás): Histórico con cruces de termo.
Petroglifos do Penedo da Cabra: No lugar coñecido como Monte do Pendón, en Piñeira de Arcos, nas abas do monte onde se atopa un castro, nunha pena que había xunto a capela de Santa Mariña. Citado por Rivas Quintas. Desaparecido a mediados dos anos cincoenta, sábese que entre as insculturas figuraba a dun cáprido. Malia o anterior, en varias penas vense coviñas, destacando unha con 13 cazoletas.
Petroglifos das Poulas do Corgo (A Fontela-Piñeira): Cinco afloramentos graníticos con gravuras de cazoletas artificiais e pías naturais.

SAN XOÁN DO RÍO
Pena da Moura (Mouruás-San Xoán do Río): Lugar coñecido tamén como Aira dos Mouros. No lugar hai unha rocha con banzos esculpidos pola man do home. Sobre a pena hai unha gravura dunha ferradura que, segundo a lenda, pertence ao cabalo de Santiago.
Petroglifo da Pena dos Castros: Situada no castro do mesmo nome, rocha con dúas coviñas. 
Petroglifos da Pena Raxada (Cerdeira). 
 

TABOADELA
O Souto Bravo (Santa Locaia-O Mesón de Calvos); Fonte Durla (Santiago da Rabeda); As Pereiras (Pereiras-Santiago da Rabeda); Rego de Liñares (O Pazo-Soutomaior); Monte do Castro (Taboadela); Mingarabeiza (Torán); O Mato (O Mato-A Touza). Boa Madre (entre as parroquias de Folgoso -Allariz- e Torán -Taboadela).
Petroglifos de Boa Madre: A 688 metros de altitude, no castro do mesmo nome. Trátase dun cadrado cunha cazoleta no medio cun dos ángulos inserido nunha pía que localicei a mediados dos anos noventa. Tamén se ven pías, algunhas comunicadas por canles. 
Petroglifos do Mato: Localizados por José Antonio Gavilanes no mes de outubro de 2021 preto do río Barbaña. Pena con coviñas moi erosionadas, algunhas unidas por sucos. Unhas liñas quizais representen unhas figuras humanas moi esquemáticas que só se aprecian na fotogrametría.
Petroglifos de Mingarabeiza: Varias rochas con círculos concéntricos con coviña central.
Petroglifos do Mesón de Calvos: Pena con cazoletas situada xunto unha casa. Información achegada por José Antonio Gavilanes.
Petroglifos do Monte de Boa Madre: Trátase dun cadrado cunha cazoleta no medio cun dos ángulos inserido nunha pía.
Petroglifos do Monte do Castro: Pena con ao menos seis coviñas, cinco delas aliñadas que localicei o día 6 de marzo de 2021. No ano 1992 localicei no outeiro situado detrás da ermida do San Xoán unha pena con dous cadrados con coviñas central e un círculo, pero cando volvín polo sitio, 29 anos despois, o outeiro granítico desaparecera, no lugar, sobre unha gran plataforma, levantaron un "monumento á familia" que destruíu as gravuras.
Petroglifos das Pereiras: Coviñas, algunhas comunicadas por sucos, e círculos concéntricos distribuídos por desasete penas.  Descubertas por José Antonio Gavilanes. 
Petroglifos do Souto Bravo: Podomorfos situados no alto dun outeiro circundado por un pequeno regueiro, na parte superior dun afloramento granítico.   
Alquerque na Igrexa de San Xurxo de Touza: Nun lateral exterior pódese ver unha pedra gravada cun taboleiro de xogo de "alquerque de IX", reutilizado na constución do templo. Datado entre os séculos XII e XIII.




 
 
A TEIXEIRA
Informáronme dunha gravura en forma de media lúa no castro do Castelo dos Mouros; peiteado o lugar, non a atopei, tampouco conseguín información dos veciños consultados.

TOÉN
Petroglifos entre Castiñeiras e San Fiz (Puga): No mes de febreiro de 2018, non moi lonxe da estrada que vai de Castiñeiras a San Fiz, localicei dúas penas con coviñas. Daquelas non collín as coordenadas, tentarei volver para situalos exactamente.
Petroglifos do Alto das Lameiras: Entre os concellos de Barbadás e Toén. No mes de marzo de 2021, integrantes da asociación Amigos do Patrimonio de Toén localizaron as primeiras gravuras dos concellos. Sobre unha pena documentaron un cruciforme e as letras "B", alusión a Barbadás, e unha "T", referencia a Toén, que actuaba como marco. Sobre a parte superior descubriron dúas coviñas de factura artificial. Xa foron catalogados por Patrimonio.
Petroglifos de San Xoán de Gradeira (Santa María de Toén): Na área recreativa de San Xoán de Gradeira a asociación Amigos do Patrimonio de Toén documentaron unha pena con coviñas artificiais e pías naturais.




A VEIGA
Casa dos Baqueiros (A Ponte): Nun muro da casa. Esculturas e insculturas con motivos de equitación, animais, cruces, representacións do Sol, a Lúa, unha vieira, unha inscrición e outros motivos difíciles de precisar. Existen varias teorías ao respecto, mais ningunha cunha base fiable. Que poña a segunda parte do nome con "B" non é por un erro ortográfico, é así como figura no lugar. 
 

 

 

VEREA
Petroglifos de Foral (Verea): Rocha con cazoletas, posiblemente de orixe medieval.

VERÍN
O Covato, Felgoso, Fraga dos Lobos ou Fraga do Zorro, Pena da Moreiriña ou de Santiago, O Vigode (Ábedes); O Pozo do Demo e As Quintas (Cabreiroá); Lamalonga, A Veiga de Feces e A Xea (Feces de Abaixo); Monte da Moura, Moreiroá, A Quinta e Río (Mandín); A Cruz, Fonte de Xancán e Pena da Moura (Tamaguelos).
Petroglifos do Covato: Pedras soltas con gravuras de coviñas partidas pola actividade extractiva.
Petroglifos da Fraga do Zorro: Hai quen lle dá o nome de Fraga dos Lobos. Peneda con escutiformes. Tamén saíu á luz un xacemento do Bronce Inicial; apareceron restos cerámicos de tipo campanense, un muíño naviforme e moldes de fundición. De grande importancia para o coñecemento do asentamento son as cistas existentes no lugar en cuxo interior apareceron restos humanos en bo estado de conservación debido ao proceso de momificación que sufriron e ao bo selado das foxas, en cuxo interior se atopou cerámica, materiais de síles, lousa, cuarzo e cuarcita. 
Petroglifos do Monte da Moura: Coviñas e un cruciforme.  
Petroglifos da Pena da Moreiriña ou de Santiago: Presenta ferraduras e escutiformes. É pobable que os primeiros sexan medievais (de termo), se ben Taboada Chivite di que as numerosas insculturas de ferradura existentes na comarca pertencen ao Altare Gruppe, da clasificación de Obermaier de finais do Neolítico ou comezos da Idade do Bronce. A lenda di que as insculturas son debidas ao cabalo de Santiago e que por baixo dela hai unha arca de ouro.
Petroglifos da Pena da Moura: No ano 2008, os veciños de Tamaguelos impulsaron unha campaña de recollida de sinaturas para evitar que o petroglifo fora estragado pola construción da autostrada Verín-Chaves. Ademais do seu valor arqueolóxico hai que salientar tamén o antropolóxico xa que, ao parecer, esta pena figura no Ciprianillo; cóntase que non poucas persoas tentaron atopar o tesouro que agocha. Segundo a lenda, as insculturas en forma de ferradura (posiblemente de orixe medieval), son os pés dunha moura; tamén presenta coviñas. A principios do mes de decembro de 20012, a amigo Nipis, de Castrelo do Val, cando andaba na pescuda de lagares rupestres, topouse coa Pena da Moura que foi trasladada e abandonada vai para dous ano nun camiño (agora, despois do traslado, cómpre falar de dúas penas, xa que o soporte, como se observa na foto, foi esnaquizado no proceso do traslado).
Petroglifos do Pozo do Demo (entre Cabreiroá e A Veiga das Meás): Varias rochas con coviñas e unha exenta, partida, con círculos concéntricos localizadas por Rafa Castro. Á beira do camiño localizou unha posible pedrafita con gravuras de cazoletas. (Información recollida do Caderno de Campo do mes de decembro, publicado pola Sociedade Antropolóxica Galega). 
Petroglifos das Quintas: Cinco penas con gravuras.  
Petroglifos do Vigode: Pías e coviñas, algunhas con radio e un semicírculo tipo ferradura.


 
VIANA DO BOLO
O Castelo (Mourisca): Asentamento fortificado medieval situado sobre un outeiro que se ergue na penichaira entre os regueiros de San Mamede e Pontón. Nunhas pedras poden verse unhas gravuras con dous cruciformes e un cadrado cun punto insculpido no seu interior.
Petroglifos de A Escrita (Mourisca): Nunha penichaira, entre os regueiros de San Mamede e dos Balsos, está este asentamento fortificado de época medieval. Poden verse varias rochas con gravuras, unha con dous cadrados que á súa vez teñen outros catro inscritos, unidos por liñas. Noutro represéntanse outros dous cadrados con outros inscritos no seu interior pero, neste caso, sen unirse o un co outro.

VILAMARÍN
Pena Ferreira (Tamallancos); O Malladoiro (O Malladoiro-Tamallancos); As Pereiras (As Regueiriñas-Tamallancos).
Petroglifos do Malladoiro: Case no límite co concello de Coles.
Os integrantes do Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro localizaron no concello 15 rochas con gravuras.
 

VILAMARTÍN DE VALDEORRAS 
Arcos e Penasdauga (Arcos); O Bosque e Penas da Auga (Córgomo); Teso dos Castelos (Correxais); O Castelo (Monte Castelo-Valencia do Sil); Valdegodos (Valdegodos-Vilamartín). 
Petroglifos de Arcos: Descubertos polo amigo José Fernández Pérez no ano 1982. Presenta coviñas, círculos concéntricos, espirais, labirinto e serpentiformes. As gravuras de Arcos e Penasdauga foron elaboradas en conglomerado, usando terra vermella e cantos rodados. 
Petroglifos do Bosque: Os motivos aparecen gravados sobre conglomerado. Represéntanse coviñas unidas por sucos que non definen ningún motivo claro, círculos e outros motivos. Descubertos por José Fernández Pérez no ano 1985.  
Petroglifo do Castelo: Gravura dun posible bóvido sobre lousa atopado no castro do mesmo nome. 
Petroglifos de Penas da Auga: As rochas onde aparecen os gravados atópanse nunha zona de penichaira situada na terraza Terciaria do río Sil. Estas rochas de orixe sedimentaria, denominadas conglomeráticas, están compostas por areas finas e cantos rodados de mediano tamaño soldados con óxido de ferro, o que fai que estes petroglifos sexan novedosos a respecto da meirande parte dos galegos. Esta estación está formada por un afloramento rochoso a ras de chan, en pedras que foron desprazadas e arrincadas con motivo do cultivo de viñedos. Os motivos representados son coviñas unidas por sucos, círculos que enmarcan cruces e círculos concéntricos. A técnica utilizada para a súa execución semella que foi cun instrumento puntiagudo, observándose un picoteado no fondo dos sucos que presentan un perfil en U profundo. Descuberto por José Fernández Pérez, do Instituto de Estudos Valdeorreses, no ano 1985.
Petroglifos do Teso dos Castelos: Medieval. Situados na ladeira dun monte, a 1.140 metros de altitude. A rocha é de natureza pizarrosa, con coviñas e cruces latinas.
 

 



 

VILAR DE BARRIO
San Pedro (Vilar de Barrio).
Petroglifos de San Pedro: Círculos simples con cazoletas.

VILARDEVÓS
Petroglifo do Castelexón (Vilarello): Dado a coñecer por Bruno Rúa. Sen Inventariar. Pena con trece coviñas.
Petroglifo do Salto do Cabalo: En Penas Libres, parroquia de Arzádegos, petroglifo de época medieval que, antes de ser destruído cando a construción da actual estrada, tiña gravadas unhas ferraduras. Segundo a lenda, conta Taboada Chivite (1965) que recibe o nome porque un rapaz que tiña amizade cunha serpe, foi a servir ao rei e tocoulle en cabalería. Un día volveu montado no seu cabalo e asubioulle á serpe para anunciarlle que chegara, pero o cabalo, ao vela, deu un chimpo e deixou as ferraduras no penedo.
 

XINZO DE LIMIA
Caneiro e O Milleiro (Gudín); Pena da Ferradura e As Pías dos Mouros (Novás).
Petroglifos do Caneiro: Tres penas con coviñas e unha máis con coviñas, tres círculos, dous con coviña central, e algunhas coviñas unidas por sucos.
Petroglifos do Milleiro: Catro rochas con cazoletas.
Pena da Ferradura: Ferradura illada.

XUNQUEIRA DE AMBÍA
Padroso (A Abeleda); Areás, Monte Gándara e a Pousa (Armariz); Bouciñas (Bobadela a Pinta); Fontiña das Mouras, O Cobrón con Alas e A Pedra do Sol (Cerdeira-A Graña); O Agro (Sobradelo); Outeiro da Cruz (Xunqueira de Ambía); Penedo da Margarida (Correas-Xunqueira de Ambía). 
Petroglifos do Agro: Peneda orientada cara o nacente, cunhas medidas de seis metros de longo por 3,5 de anco e con pouca altura sobre o terreo. Polo espiña dorsal vense dúas ducias de coviñas de distintos tamaños e algún naviforme.  
Petroglifos de Areás e A Pousa: Cazoletas documentadas por J. Antonio Gavilanes no ano 2013. 
Petroglifos de Bouciñas: Inéditos. Localizados por José Antonio Gavilanes. Nun afloramento que se utilizou para a extracción de pedra hai dúas zonas en que se salvaron varias cazoletas.   
Petroglifos de Cerdeira: Na ladeira do castro, Rivas Quintas sinala a presenza de nove grupos. Coa axuda dun veciño, no ano 1995 puidemos ver a maioría. Elixio Rivas cita nove grupos, a maioría formados por combinacións de círculos concéntricos (de seis, tres e dous), algún con coviña central, coviñas, a coñecida como Pedra ou Altar do Sol, e O Cobrón con Alas ou con Asas, de 1,36 metros de lonxitude, onde tamén hai oito coviñas.
Petroglifos do Monte Gándara: Coviñas. Localizado por J. Antonio Gavilanes. 
Petroglifos de Padroso: Inédito. Novo petroglifo descuberto por José Antonio Gavilanes. Dúas rochas con cazoletas, algunhas unidas por sucos, situadas preto da entrada á poboación de Padroso. 
Petroglifos do Penedo da Margarida: Tamén coñecido como Pendón de Santa Margarida. Gran bolo granítico con gravuras na súa parte superior, e algunha no lateral. Posible lugar de culto que foi reaproveitado na Idade Media para marcar os lindes entres os concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía. Na actualidade non coincide cos límites, atopándose uns metros adentrado en Xunqueira. No Catastro de Ensenada aparece citado "y sigue subiendo al outeiro llamado do Aforcado, y de este al Penedo de la Margarida, y de aquí al Marco da Portela". Na superficie superior vense unhas sesenta coviñas, cuns diámetros que van dos 4 aos 7 centímetros. Tamén se distinguen varias canles, dúas cruzadas formando o que podería ser unha cruz que puido ser realizada no medievo ou retocada para convertela en cruz de término. Unha das cazoletas máis grandes fixéronna aproveitando un saínte que ten a rocha polo lado do nacente. Tanto polo lado sur como por poñente aparecen varias coviñas aliñadas, que baixan ata a altura do terreo (Información de José Antonio Gavilanes en patrimoniogalego.net).   
José Antonio Gavilanes informoume dun petroglifo con cazoletas e círculos concéntricos entre Marzás (Ponte Ambía-Baños de Molgas) e Salgueiros (Armariz-Xunqueira de Ambía).




  

XUNQUEIRA DE ESPADANEDO
Bolo de Pardela (Zarciños-Niñodaguia); Paradela (Zarciños-Niñodaguia); Casar de Nino (Casar de Nino-Pardeconde-Os Pensos); O Cachón (Lamadavella-Ramil); Ás do Gaio (Xuqueira de Espadanedo); O Carpazal (entre Xunqueira de Espadanedo e Montederramo; ver este último concello). 
Petroglifos do Ás do Gaio: Descubertos por José Antonio Gavilanes Blanco no mes de febreiro de 2018. En Cabeza de Meda, preto da Margarida, a 1.033 metros de altitude. Trátase dunha pena moi desgastada. Na zona máis elevadas vense 20 coviñas dun tamaño de entre 4 e 6 cm de diámeto, e tamén se distinguen dous sucos que atravesan a varias destas cazoletas. Pola caída case vertical de nacente ten uns chanzos para acceder á mesma, o que resulta curioso xa que polo outro lado pódese subir perfectamente. A pena pode que estea relacionada con algún tipo de ritual, a xeito de altar.  
Petroglifos Bolo de Paradela: Inéditos. Localizados por J. A. Gavilanes. Máis dunha ducia de coviñas de entre seis e dez centímetros de diámetro. 
Petroglfios de Paradela: Inéditos. Localizados por J. A. Gavilanes. Tres coviñas de catro centímetros de diámetro.   
Petroglifos de Casar de Nino: O día 17 de maio de 2010, José Antonio Gavilanes descubriu uns petroglifos, inéditos ata o de agora, no lugar coñecido como Casar de Nino, formados por cazoletas e círculos concéntricos insculpidos sobre tres rochas. O achado foi comunicado ao servizo de Patrimonio en Ourense quen xa os incluíu no seu catálogo. 
Petroglifos de O Cachón: Coviñas. Informantes: José Antonio Gavilanes, de Ponte Ambía (Baños de Molgas) e Juan José Ferreño, de Pardeconde (Esgos).
 
 



Xabier Moure
Petroglifos de Galicia/Galiza (Provincia de Ourense)
o noso patrimonio