PETROGLIFOS DE GALICIA (PROVINCIA DA CORUÑA)

ACLARACIÓN: Ademais das gravuras prehistóricas, tamén fago mención a algunhas de época romana, medieval e moderna. E por estaren adscritos ao mesmo período que a meirande parte dos petroglifos, inclúo outros achádegos pertencentes ao Calcolítico/Idade do Bronce (machados, por exemplo). Tamén achego outros gravados singulares de época medieval como, por exemplo, os xogos de alquerque.

Nas relacións por concellos indico o nome da estación que en ocasións pode estar formada por varios grupos de pedras con petroglifos. Por exemplo, A Fieiteira, en Ponteceso, está composta por quince penas con gravuras.

PETROGLIFOS DA PROVINCIA DA CORUÑA

AMES
Chao do Monte (Ameixenda); Monte de Pedras, Monte San Marcos e Outeiro de Pedrouzos (Ames); Liñaredo, Oca e A Pedra Estivada (Ames); Os Batáns e O Vilar (Bertamiráns); Pena da Mira (Biduído); A Nave (Mourigade-Bugallido); Firminstáns (Bugallido); Campo Redondo, Monte Castelo, O Pinal e O Vilar (Covas); A Laxe Negra ou Peneda Negra (Ventosa de Arriba-Covas); Pachóns, A Pedra Estivada, Pedregal (Ortoño); Castrigo (Castrigo-Ortoño); Batáns (entre Ortoño e Villestro, Santiago); Monte Grande (San Mamede-Piñeiro); Cotón da Espiñeira (Piñeiro); Monte Pumariño . 
Petroglifos dos Batáns: Atópanse debaixo do viaduto da autostrada Santiago-Brión.
Petroglifos da Laxe Negra: No monte Castelo ou de Ventosa, fronte ao castro do Castelo. Salienta a gravura de círculos concéntricos con coviña central. 
Petroglifos das Estivadas: Xacemento da Idade do Bronce. Apareceron fragmentos cerámicos e un lítico. 
Petroglifos do Monte Castelo ou Monte das Pedras: Luis Leclere Rodríguez, do colectivo A Rula, informoume que Enrique Campo Sobrino fixo uns debuxos destas gravuras no ano 1929, e noticias de Sobrino Lorenzo no 1953. María José Soto Barreiro, na súa tese doutoral de 1986, dábaos como desaparecidos a causa das labores extractivas dos canteiros. Fora descuberto por Óscar Lojo Batalla, un ilustrado e alcalde do Concello de Ames entre o 1931 e o 1936, a principios do pasado século XX. Mais no mes de agosto de 2015, integrantes do colectivo A Rula conseguiron localizalo. Consideran a estas gravuras como unhas das máis interesantes da Idade do Bronce na comarca compostelá. Ten insculpidos círculos concéntricos, unidos con formas cuadrangulares e rectangulares con bordos redondeados, aneis simples e dobres e lóbulos, entre outros motivos. Os do colectivo propoñen a creación dunha área arqueolóxica que protexa os catro xácigos da zona: o castro do Monte Ventosa, e os petroglifos do Monte das Pedras, a Laxe Negra e Campo Redondo. 
Petroglifos da Nave: Un motivo con círculos concéntricos de cinco aneis con cazoleta central que se adapta á forma da rocha granítica. (Foto: fonte Petroglifos de Galicia). 
Petroglifos de Oca: Dado a coñecer por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza no Boletín da Real Academia Galega no ano 1946. Presenta círculos concéntricos e cazoletas. 
Petroglifos da Pedra Estivada: Coviñas sobre unha rocha granítica con pías naturais. 
Petroglifos da Pena da Mira: Debaixo dunha liña de alta tensión. As gravuras apenas se perciben polo desgaste.   
Petroglifos do Vilar: Descubertos no ano 2006 cando as obras da autostrada Santiago-Noia. Salvados a última hora de perecer baixo o alcatrán, seguen a padecer agresións continuadas. Presentan unhas 60 cazoletas, un círculo simple con cazoleta central, varios sucos e unha cruz de termo. No mes de maio de 2013 a policía local de Ames, a instancia do Concello, elaborou un informe sobre os actos vandálicos sufridos polas gravuras; para repoñelas ao seu estado orixinal, o Concello solicitou o asesoramento de Patrimonio. 
Petroglifo exento: Pablo Sanmmartín informa dun petroglifo exento que localizaron no concello a principios dos ano 2016, en risco de perderse porque estaba preto dun regato e foi arrastrado por unha enxurrada. Xa o puxeron en coñecemento de Patrimonio. 
O Milladoiro (Biduído): Xacemento da Idade do Bronce. Saíron á luz framentos cerámicos campaniformes. 
Silvouta: Xacemento da Idade do Bronce. 
Machados: Depósito de machados de bronce atopado na Volta do Carballo, en Ameixenda. Cronoloxía 800-700 a.C. 
Punta Palmela: Atopada por Antón Mosquera Pazos, de Quistiláns, na rodeira dun bulldozer tras un incendio no verán de 2017. Preto hai uns petroglifos e un xacemento Neolítico por onde pasou un gasoduto.




 

 

ARANGA
San Vitoiro (Cambás); Pisada de Roldán (Os Caínzos-Cambás); Castro de Flores (Flores-Feás); Cotón Furreiro (Flores-Feás); A Chouza Nova, A Fonte, Monte Costa do Sal (A Fonte-Feás); Ribadevila (Ribadevila-Feás); As Penas (Vilarraso). 
Petroglifos do Castro de Flores: O día 19 de abril de 2019 localicei preto da ermida do San Roque, que se levanta no castro de Flores, dúas coviñas unidas por un suco. O día 4 de marzo de 2023, nunha nova visita comprobei que hai, ao menos, nove. A maior parte da pedra atópase cuberta de musgo polo que sería conveniente limpar a superficie por se hai máis inscunturas. 
Petroglifos da Chouza Nova: Peneda granítica con cazoletas. 
Petroglifos do Cotón Furreiro: Tres penas con gravuras. 
Petroglifos da Fonte: Catro rochas con cazoletas de distinto tamaño. 
Petroglifos de San Vitoiro: Nas proximidades da capela do San Vitoiro localicei dúas penas, unha cunha coviña e outra cun círculo e un semicírculo.
Pisada ou Pegada de Roldán: Pía natural con forma de zapato duns dous metros de longo, citada no Catastro de Ensenada. Conta a lenda que é a pegada de Roldá, o mítico caudillo dos Francos.
 



ARES
Petroglifos de Montefaro: Pedra reaproveitada de procedencia non moi clara. Segundo o Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos o máis probable é que proceda das inmediacións de Santa Catarina de Montefaro ou das do mosteiro de Caaveiro (A Capela). Atópase no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón da Coruña. No mes de xaneiro de 2018 localicei dúas penas rente ao chan cunha cazoleta cada unha.
 

ARTEIXO
Castro das Croas (Armentón); Baer (Arteixo); Borroa e Monte do Canle (Borroa-Pastoriza). 
Gravuras do Adro Vello (Suevos-Arteixo): Nun artigo xornalístico de hai máis de 50 anos, Luis Monteagudo fala dunhas gravuras situadas a 80 metros do Adro Vello, preto de onde estaría a primitiva igrexa parroquial, que estaría cercana ao areal de Augadoce; di que viu nun muro "dos profundas cazoletas circuidas por sendos surcos conseguidos por frotación". 
Gravuras preto da mina "La Rosa": O mesmo Monteagudo sitúa non moi lonxe desta mina, abandonada despois de Segunda Guerra Mundial, di que hai outras penas con petroglifos. Trátase de dous círculos concéntricos, de dous e tres aneis respectivamente, con cazoleta central. Ambas as combinacións están unidas por sucos na parte inferior e superior. Noutra pedra viu unha combinación de tres círculos concéntricos con coviñas central. Tamén fala doutras gravuras de menor importancia. 
Petroglifo de Baer: Descuberto por Xabier Maceiras a finais do mes de outubro de 2018 na zona coñecida como O Pinar Grande. Trátase dunha combinación de seis círculos concéntricos e un sétimo incompleto, con cazoleta central e dous sucos de saída que se atopa nunha superficie rochosa bastante cuarteada. Di Xabier que a pesar da erosión, da a impresión de que na pedra hai outro petroglifo que tratará de ver de noite con luz artificial indirecta.     
Petroglifo de Borroa: A Asociación Cultural Monte da Estrela denunciou a falla de interese do goberno municipal verbo do petroglifo de Borroa, advertindo de que corría un grave risco de seren roubado. Sobre a desprotección da laxe xa se fixo mención nun informe sobre o patrimonio relativo ao acceso ao porto exterior de Punta Langosteira no ano 2007 no que xa se recomendaba trasladar o petroglifo a un museo. No ano 2010, A Dirección Xeral do Patrimonio trasladou a gravura ao Museo da Coruña. 
Petroglifos do Castro das Croas: Na croa vense as gravuras dunha cruz, coviñas e uns motivos de difícil identificación. 
Machados: Luis Monteagudo descubriu catro machados de tope da Idade de Bronce en Rorís (Armentón). 
Punta de Muros: Material cerámico.  
Xacemento de Freáns (Morás): Xacemento da Idade do Bronce. 
Xacemento da Pita (Freán): Nos traballos de seguemento da autostrada Norte apareceron 86 fragmentos cerámicos, 18 de tradición campaniforme, datados na Idade do Bronce. 
Altar da Virxe: Eladio Rodríguez González, no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958), fala do Altar da Virxe, pena situada no cume próxima ao santuario de Pastoriza e que noutros tempos, disque, foi un altar druídico. Coñécese tamén por Berce da Virxe, e forma o conxunto cun conglomerado de enormes pedras onde se asenta a que chaman Cuna da Virxe, a cal ofrece todas as características dunha anta derruída. O cume é un castro que tivo grande importancia en tempos antigos, por formar parte da vía romana que se dirixía á Coruña. 
  

 

 

 

ARZÚA 
Hábitat Río Iso-Río de Baixo (Pazos-A Mella): Como consecuencia da roturación do terreo saíron á luz un bo número de fragmentos cerámicos pertencentes ao Bronce Final.
Machado (Ourís-Viñós): Machado de tope de bronce.

A BAÑA
Cruceiro Grande (Ferraces-Cabanas); A Lagoa (Ferraces-Corneira); Pena Furada (Valiña-Lañas); Monte da Calexa e Pena de Alde (Alde-Fiopáns); Libreiro (Outeiro-Marcelle); Teixoeira (Carballeira-A Riba); As Brañas de Ferreiros, Pena do Miñato (Ferreiros-A Riba); Fonte Piñeiro; Mourela.
Petroglifos de Fonte Piñeiro: Anacos de rochas con gravuras custodiados no Museo do Castelo de San Antón da Coruña.
Petroglifos de Libreiro: Dous círculos concéntricos con cazoleta central, e outro posible círculo.
Petroglifos do Monte da Calexa: Doce cazoletas de pequeno tamaño que pola súa disposición fai pensar nun taboleiro de xogos de época medieval.
Petroglifos de A Mourela: No lugar coñecido como Fonte Piñeiro. Presenta cazoletas. 
Petroglifos da Pena Furada: Gravura localizada no interior dun abrigo natural. Presenta un motivo de carácter esquemático, posiblemente medieval.
Petroglfios da Pena do Miñato: Cazoletas. 
Parroquia de Riba: Están localizadas catorce rochas con petroglifos.
 

BERGONDO
Petroglifo da Pena do Castelo: Luis Carré Alvarellos, nun artigo publicado no Boletín da Comisión de Monumentos de Lugo (1949), cita unha rocha con 20 coviñas na Pena do Castelo que sitúa en Mesoiro, parroquia de Elviña e concello de A Coruña. Debe tratarse de Monte Castelo de Padróns, a 159 metros de altitude.
 

BOIMORTO
Monte de Arriba (As Corredoiras-Os Ánxeles): Apareceron varios frgamentos cerámicos da Idade do Bronce atopados no corte aberto para facer unha caixa da estradas.

BOIRO
Pedra da Bouza (Abanqueiro); Brión (Brión-Abanqueiro); Laxe do Agoeiro e San Ramón (San Ramón-Bealo); Pedra da Serpe, Seixiños Brancos (Bealo); A Pedra da Boullosa (O Seán-Boiro); Louxo (Louxo de Arriba-Brión); O Achadizo (Cabo da Cruz-Castro); Chan dos Reis, Fontán, Pedra da Cabra de Coveliño, Monte de Deira, Laxe das Cabras (entre Quinteiro e Coveliño); Carballoso, Monte Ferreiro, Monte Furado e Monte Pedroso (Cespón); Monte Agüeiros (Cespón); Armadoiro, Braña dos Prados, Casameá, Outeiro Redondo, Petóns do Castro ou Loxo, Porto Traveso, Río Barbanza (Cures); Coto da Moureira (dentro do recinto castrexo-Enseño-Cures); Carballosa ou Rego do Batán, Outeiro dos Corvos (Lampón); Cruz de Francisco e Penedo do Demo (Macenda); Fonte Sobreira.
Petroglifos do Achadizo: Desaparecido.
Petroglifos da Carballosa ou Rego do Batán: Descubertos a principios do ano 2013. Trátase dun conxunto de motivos repartidos por catro rochas onde se poden distinguir arredor de 67 gravuras con forma de pé (plantae pedum) ou podomorfos, e varias coviñas de distinto tamaño. Resulta chamativa a aparente vinculación con certos ritos pagáns que xa foran tratados no concilio de Zaragoza no ano 380, no que os bispos adoptan unha serie de canons para tentar erradicar a influencia da herexía priscilianista; e un destes aspectos é o de iren cos pés descalzos "nudis pedibus incidere" como unha forma de sacrificio. 
Petroglifo no Centro Arqueolóxico do Barbanza: Anaco dun petroglifo con combinacións circulares de procedencia descoñecida.  
Petroglifo da Laxe das Cabras: Presenta dúas figuras zoomorfas, unha delas coas patas dianteiras que parten dun mesmo punto baixo do peito do animal. Tamén se ven coviñas. 
Petroglifos do Monte Agüeiros: Descubertos no mes de maio de 2018 polo veciño Severiano Rubio Vidal. De distinta tipoloxía, atópánse destribuídos por varias rochas que ocupan unha superficie de 25.000 metros cadrados. As primeiras investigacións dánlle unha cronoloxía entre o 1700 e o 1400 a.C.  
Petroglifos do Outeiro dos Corvos (Lampón): Gravuras con forma de pegadas humanas. Segundo Manoel Santos Estévez, un dos seus descubridores, podería situarse cronoloxicamente entre a Idade do Bronce e a Idade do Ferro. Para coñecelo mellor, investigadores da USC e do CSIC fixeron un calco do petroglifo e unha recreación en 3D. 
Petroglifos da Pedra da Bouza: A principios do mes de febreiro do ano 2013, os veciños denunciaron o abandono no que se atopa o petroglifo, tirado no chan e cuberto pola matogueira. Con razón aseguran que "É dunha importancia impresionante, e un bo día desaparece e ninguén di nada, ninguén pregunta por ela". 
Petroglifos da Pedra da Serpe: Xunto os petroglifos da Laxe do Agoeiro, xunto a ermida de San Ramón de Bealo. Trazo curvo e sinuoso interpretado coma un ofidio. Segundo as distintias culturas, interprétase como maligno ou benfeitor e protector na súade ou na guerra.
Petroglifos de San Ramón (Bealo): Preto da ermida de San Ramón. Unha primeira pena presenta motivos circulares e unha agrupación de preto de 400 cazoletas. Logo, noutras, temos gravuras con ferraduras e outros motivos de difícil interpretación. Nunha pedra exenta, chantada no chan, a semellanza dunha pedrafita, vense varias coviñas.
Penedo do Demo: Redescuberto a mediados do ano 2014 por dous veciños. Fora estudado por Bouza Brey e López Cuevillas nos anos vinte do pasado século. No debuxo que realizaron das gravuras vense uns enigmáticos símbolos que interpretaron como "arábigos", dúas cruces e o número 18.   
Petroglifos do Petón do Castro: Varios grupos cons insculturas de coviñas, motivos circulares, cruciformes e algún antropomorfo. 
Colar das Chans do Barbanza: Do Bronce Inicial, datado entre o 1800-1600 a.C. 
Asentamento (Moimenta-Macenda): Segundo información aparecida na prensa o día 29 de maio de 2016, no lugar coñecido como Chans do Cerqueiro apareceu un hábitat da Idade do Bronce. Crese que pode existir unha relación deste sitio e a riqueza que a zona ten en estaño. Dous días despois, co inicio das tarefas de sondaxe, fotogrametría e localización GPS, Ramón Fábregas e Carlos Rellán matizaban que tamén podería tratarse dunha atalaia medieval ao situarse nun punto estratéxico dunha zona de paso natural. 
Puñal de cobre: López Cuevillas e Bouza Brey (1929) citan un puñal de cobre de base estreita e alongada onde se abren tres furados para amarrar aparecido en Beluso, na parroquia de Bealo; foi doado ao Museo Antropolóxico de Madrid polo señor Abal Hermo. No Museo Arqueolóxico Nacional. 






 


 
BRIÓN
Castro Lupario (Bastavales); Monte Pumariño (Beca-Bastavales); Coto Cornido (Cantelar-Boullón).
Petroglifos do Castro Lupario: Pedra con círculos concéntricos con cazoleta central que forma parte da muralla.
Petroglifo do Coto Cornido: Trátase dunha laxe con dúas cazoletas.
Petroglifos do Monte Pumariño: Formado por combinacións de círculos concéntricos con coviña central e apéndice, e coviñas. 

CABANA DE BERGANTIÑOS
Casa de Pedro (Canduas); Montes da Cuncha e A Piolla (Nantón). 
Petroglifo da Casa de Pedro: O petroglifo foi utilizado como piso dun patio. Anteriomente formaba parte do valado dunha leira coñecida como a Chousa do Campo. A laxe, incompleta, presenta tres círculos concéntricos e o comezo dun segundo conxunto de circunferencias. Crese que procede do Monte Castelo. 
Petroglifos dos Montes da Cuncha: No mes de xullo de 2017, integrantes de Senda Nova, avisados por unha veciña, documentaron unha pena cunha coviñas central bastante profunda arrodeada por outras menos definidas. A noticia, aparecida na Voz de Galicia, enviouma Manuel Galán. 
Petroglifos da Piolla: Cazoletas dispostas arredor dunha pía na parte superior e un grupo de cazoletas dispostas en ringleira nun lateral.
Xacemento da Piolla: Na vía de alta capacidade Carballo-Berdoias, no enorno da necrópole neolítica da Piolla, documentáronse restos que parecen corresponder a un posible asentamento entre o III e II milenenio a. C.. Rexistráronse fondos de cabana, catorce fosas dispersas e dez buratos de poste.
Un estudo con xeorradar encargado pola Deputación da Coruña revelou a existencia dun poboado acaroado á anta de Dombate. Podería tratarse dun asentamento da Idade do Bronce ata comezos da Idade do Ferro, período no que o famoso dolme xa non cumpriría o seu papel funerario.
 


 


CABANAS
Pena da Elección (Irís): Ou Pena da Lección nalgunhas partes. No alto da pena vese a gravura dun pé e dunha ferradura que, disque, é a pegada do cabalo de Santiago. Recibe o nome porque segundo a tradición elixíanse os alcaldes. 
Petroglifos do Couto dos Golpes (Santa Cruz do Salto): Composto por tres grupos de petroglifos. Un deles, o número 2, presenta máis de 200 insculturas con cruces gregas, latinas, pomeadas, patadas, unha gran cruz triple con máis de 80 cm de alto, e outras gravuras de factura moi posterior ás coviñas, círculos simples, cazoletas, combinacións de círculos concéntricos e un cadrado simple e dous cadrados cunha cruz no interior interpretados como taboleiros de xogos. (Información: Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos). O día 4 de novembro de 2019 denunciei a deposición de entullos no único camiño de acceso ao grupo 2 (GA15015037). Semanas despois procederon á limpeza do sitio.
Petroglifos das Fragas do Eume: Os devastadores incendios do ano 2012 deixaron ao descuberto petroglifos e outros restos arqueolóxicos. A Plataforma pola Defensa do Eume encomezou unha campaña de sensibilización para protexer as fragas e os achados.

 


CAMARIÑAS
Petroglifos Pedra dos Números (Ponte do Porto): Atopado por Javier Amado e Francisco Pérez. Presenta combinacións circulares e serpentiformes.
Petroglifo de Camelle: A principios do ano 2013, Esteban Petrallo descubriu un petroglifo con varias gravuras no monte Can Ladrón, na parroquia de Camelle. Ao parecer, nos arredores atópanse outras gravuras moi erosionadas.
Petroglfios da Penafrou (Mourín): Nun Boletín da Real Academia da Historia (1911), o P. Fita recolle a noticia aparecida en La Integridad de Tui onde di que na Penafrou (nalgunha cartografía lese Pena Freu), a uns 600 metros en liña recta do castro da Croa de Mourín, había unha pena con gravuras que foi utilizada na construción do faro do Cabo Vilán. 
 


CAMBRE
Castro de Gosende (Andeiro); Castro de Sigrás (Castro de Sigrás); Pena de Nosa Señora (A Pena-Cambre). 
Petroglifos das Penas de Nosa Señora: As Penas da Nosa Señora atópanse no monte da Rega, a uns 110 metros de altitude, por riba da aldea da Pena, no concello de Cambre. Se non fora polos eucaliptos, veríase a Ría do Burgo e o esteiro do río Mero. Distribuídas por tres penas podemos ver varias coviñas de distintos tamaños, ademais do que pode ser a representación dunha ferradura que, disque, é a pegada que deixou o cabalo ou a burra da Virxe. Na parte horizontal dunha das penas insculpiron un símbolo que algúns interpretan como as letras "C" e "R", posible alusión ao Camiño Real que ía cara Cambre; eu, a verdade, non vexo tal cousa, só unha figura de difícil interpretación, con sucos moi marcados feitos cun obxecto metálico (ao mellor foron repicados). Postos a facer hipóteses, seméllase a unha cruz inscrita no que podería ser un círculo mal feito. Unha lixeira depresión nunha das penas recibe o nome de Cama da Nosa Señora, quizais relacionada con ritos de fecundidade. Dise que antigamente, ademais da cama e das coviñas onde os señoritos botaban os cartos (que logo recollían os veciños), había un pote e unhas inscricións. Cóntase que nos períodos de longa seca organizábanse procesións rogativas á Pena da Nosa Señora para tentar influír no clima. A talla da Virxe, sempre gardada na parroquial de Cambre, encabezaba a procesión. Aínda se lembra o que aconteceu na derradeira procesión. Ao regresar a comitiva da rogativa, caeu unha forte tromba de auga o que fixo que todos os devotos, cura incluído, fuxiran, deixando á Virxe no medio do descampado. Tamén se fala de milagres. Uns ladrón que fuxían coa imaxe da Virxe, ao chegar á pena viron como a talla se revirou mirando cara os petroglifos. A pesares dos esforzos dos ladróns, a Virxe non se moveu polo que, medorentos, decidiron devolvela á igrexa de Cambre.
Espada da Idade do Bronce atopada no río Mero, custodiada no Museo do Castelo de San Antón da Coruña.
 
 

A CAPELA
Cruz dos Picos (Os Picos-A Capela); A Pena Branca, A Pena dos Mosqueiros e As Penas da Aira da Malla (Gunxel-A Capela); Pena do Xestal (Vilasuso-A Capela); Os Corregosos (Vilardemouros-A Capela).
Petroglifos da Pena dos Mosqueiros: Rocha granítica proveniente dunha canteira. O que queda da pena presenta catro cruces, un cadrado con cazoleta central e unha cazoleta illada.
Petroglifos da Pena do Xestal: Inéditos. Localiceinos o 6 de xaneiro de 2023. Sobre unha pena granítica vense pías naturais e coviñas artificiais. Atópanse preto do cemiterio da parroquia da Capela.
Petroglifos dos Corregosos: A estación está formada por varias penas con gravuras. Salientan a Pena do Demo que presenta dúas marcas lonxitudinais paralelas, que semellan intencionadas, e que os veciños coñecen co nome de As rodeiras do Demo que, segundo a lenda, foron feitas polo carro do diaño. Ademais destas marcas obsérvase unha espiral moi desgastada. A Gradeira do Demo presenta unha ferradura e cruciformes. Pena das Capas: Posibles marcas en forma de "fi", figuras ovaladas e rectangulares de orixe moderna.
Cruz dos Picos: Trátase dunha cruz gravada sobre un bolo granítico situado nun cruce de camiños na estrada que une Os Picos con As Neves.



CARBALLO
Petroglifos do cruceiro de Penas das Gallas: De cronoloxía indeterminada, gravuras na base do cruceiro.
Petroglifos da Pena do Gato (Noicela): Rocha con cazoletas, ubicada na actualidade nun curral. Información achegada por Andrés Riveiro. 
Entrecruces: Nos anos setenta do século XIX, no lugar coñecido como O Souto Grande, atopouse unha punta de lanza do Bronce Final, hoxe en día desaparecida. Pertenceu á colección de Álvarez Carballido. Segundo este (1907), tiña unhas medidas de 19 cm de lonxitude, 4 de anchura máxima e un peso de 165 gramos. O que si chama a atención é que Álvarez Carballido sitúe o achado no Castro Nemenzo da comarca de Bergantiños que eiquí non existe tal; si o temos no concello de Santiago de Compostela. López Cuevillas e Bouza Brey (1929) tamén citan un machado de talón de dous aneis propiedade de don Enrique Sánchez, de Carballo.
 

CARIÑO 
Machado votivo: No ano 1961 un veciño atopou de forma casual preto da praia da Basteira un machado votivo de bronce que cedeu ao Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón na Coruña. Un dos seus extremos remata nunha cabeza de touro, coa representación dun torques sobre a folla, dun lado, e un disco de difícil interpretación do outro. No ano 1965 apareceu na mesma praia un puñal de bronce con folla pistiliforme de dobre fío con nervadura central.
 

CARNOTA
Carnota (Carnota); Monte Pirón (Lariño); Alto de Martiaño, Cova do Goriño, Chan de Tras, Rúa da Igrexa (Lira); Campo Botireiro e Campo da Cruz (O Pindo); A Moa (Monte Pindo); As Camposas, Outeiro Poleiro, Os Pousallos, Outeiro dos Prousos Magos, Prousos Chousos, Valdalouxa e Vilar (San Mamede de Carnota); O Capelán (Capelán-San Mamede de Carnota); Chan de Pedra Grande (Louredo-San Mamede de Carnota); O Viso (O Viso-San Mamede de Carnota); Petón da Costa (San Mamede de Carnota); Alto da Galiñeira, O Descansadeiro, A Laxe Escrita (O Descansadeiro-Monte Carrasqueira-Santa Comba de Carnota); Outeiro da Lagoa (Fontes-Santa Comba de Carnota); As Laxiñas, Miravella, Outeiro do Corvo, Outeiro do Filladuiro, Rego Lamoso (Mallou-Santa Comba de Carnota); Pedramarrada (Pedramarrada-Santa Comba de Carnota); Chan de Pena, Porta Ventosa, Os Pousos e O Prouso, Os Herbais, Laxe da Fornalla, Outeiro da Fornalla, Pedra da Edra, Monte do Cruceiro, Laxes da Queima, Outeiro da Cadeira, Laxes do Pirillueiro, As Laxas, Outeiro dos Rixidores, As Cazoletas, Outeiro Gordo, Alto do Meixoeiro, Outeiro das Rochas, Outeiro dos Troncos, As Camposas (Santa Comba de Carnota). 
Petroglifos do Campo Botireiro: Descubertos no ano 2006 por Xoán C. Rodríguez.  
Petroglifos do Campo da Cruz: Dúas rochas con gravuras históricas.
Petroglifos de Capelán: Coviñas. 
Petroglifos da Laxe Escrita: O petroglifo foi descuberto por uns escolares no ano 1980. Forma parte do conxunto do Alto da Galiñeira. Trátase dunha rocha plana cuberta por gravuras en case toda a súa totalidade. Presenta combinacións circulares, antropomorfos, cruciformes e outros motivos de díficil interpretación, entre outros o que semella un barco. No mes de outubro de 2017, o veciño da zona, Miguel Caamaño, denunciou publicamente sufriu unha agresión ao ser pintada con xiz. 
Petroglifos das Laxiñas: Entre os distintos motivos podemos ver un puñal de gran tamaño unido por un trazo ás combinacións circulares de maior tamaño. Noutra rocha situada xunto a anterior hai un cervos enlazados pola parte traseira. (Información e foto de As Laxiñas de Petroglifos de Galicia). 
Petroglifos de Miravella: Combinacións circulares. Non moi lonxe do castro de Mallou. 
Petroglifos da Moa: Localizados por José Barreiro Barral no ano 1932. Dúas espirais conectadas. Debuxounos no ano 1970.
Petroglifos do Outeiro do Corvo: Combinacións circulares. 
Petroglifos do Outeiro do Filladuiro:  Salienta a representación dunha desusa-nai cun neno no colo, que reflicte o culto á fertilidade. 
Petroglifos de Portaventosa: Combinacións circulares e coviñas. Sobre as laxes vense as marcas deixadas polas máquinas cando a apertura dunha pista. 
Parque Eólico de Paxareiras (Carnota, Muros e Mazaricos): Nos traballos de Estudo do Impacto Arqueolóxico documentouse un total de nove xacementos, entre eles unha mámoa e oito petroglifos, dous indeterminados e un pertencente á Idade Contemporánea. 
Petroglifos do Prouxo: Combinación circulares e cazoletas, algunhas comunicadas entre si por un suco. 
Petroglifos de Rego Lamoso: Armas, círculos e coviñas. 
Petroglifos no Monte Pindo: O día 6 de decembro de 2014, Xosé Fernández Naval e Fernando Alonso Romero localizaron unha pena cunha cruz medieval, coviñas e dúas figuras podomorfas, ademais doutros símbolos sen descifrar. 
Con motivo da redacción do PXOM, Luis Cordeiro deu a coñecer dez novos petroglifos nas zonas das Camposas, As Laxas e no Monte Pindo, con representacións de coviñas, motivos circulares e zoomorfos.

 






 

 


CARRAL
Petroglifos do Monte da Arca Aberta (Freixedo-San Pedro de Quembre): Pena con máis de dez coviñas situada a carón dunha pista forestal.

CEDEIRA
Castro das Alcaiás: Atopouse un machado da Idade do Bronce.
Machado de bronce: Apareceu no Campo da Armada, na parroqujia de Régoa. Pertence ao grupo dos machdos planos de gume desenvolvido característico da etapa intermedia da Idade do Bronce, a mediados do segundo milenio antes da nosa era. Trátase do segundo machado deste grupo atopado na Serra da Capelada, en setembro de 1989 uns excursionistas recolleran outro exemplar preto de San Andrés de Teixido que foi despositado nunha institución municipal. Ata datas relativamente recentes a distribución deste tipo de machados no territorio galego abranguía sobre todo as provincias meridionais, cunha maior concentración na de Potnevedra. (Armada Pita, et al., 2019).
 

CERCEDA
Pedra Cedeira: Actuou a aínda actúa como límite administrativo entre Cerceda e A Laracha. Gran pena de granito con posibles gravuras artificiais.
Pedra do Corvo (Xesteda): Lindeira coa parroquia de Bardaos (Tordoia). Manuel Ruibal comentoume que tamén recibe o nome de Penedo do Encanto. Vese unha gran pía natural.
Pedra de Santa Marta: Actuaba como marco co concello da Laracha.
Petroglifo do Alto de Anxelio ou Brañas do Torreiro: Localizado a principios do ano 2023 por Manuel Ruibal e David Chas, no límite coa parroquia de Celas (Culleredo). Dolores González de la Peña, no seu blog arqueotoponimia, di que non hai dúbida sobre o seu carácter de lindeiro e que vai da Pedra Mazafacha ata a de Santa Marta. Podemos seguilo polo Castastro de Ensenada: "de aquí a la piedra Mazafacha, y va en derechura al foxo y ojo de la fuente de las Brañas do Torreiro, piedra de Santa Marta, de esta a Carballo Soo...". Moi esquemático, non resulta doado adiviñar o que representa.
Petroglifos da Pedra dos Allos (Pazos-Rodís): O día 4 de febreiro de 2021, Manuel Ruibal achegoume a descuberta dunha pena con gravuras no Fontouro, a 393 metros de altitude. Trátase dunha pena con ao menos nove coviñas de factura artificial, tres delas aliñadas e dous pares unidas por un suco. Di Manuel que pode que estean sobre unha pena abaladoira. Preguntados algúns veciños, comentáronlle que de cativos xogaban nunha pena da zona a abanear. Sobre a pena tamén se ven varias pías naturais. A mediados do mesmo mes, a un quilómetro de distancia, localizou outra pedra granítica con máis coviñas.
Petroglifos do Monte do Castillo ou de Cerdeira (San Martiño de Cerceda): Coviñas situadas na parte superior dun afloramento granítico. Lacalizadas no mes de marzo de 2021 por Manuel Ruibal.
Alquerque (O Adro-Rodís): Para gravalo reutilizouse unha tampa sepulcral con estola, na actualidade colocada sobre un muro da igrexa parroquial de Rodís.
 
 

 





CERDIDO
Lúnula de Cerdido: O achado máis coñecido do Castro de Cerdido é o dunha lúnula (desaparecida) debuxada por Saralegui (1867) no seu Estudios sobre la época céltica en Galicia, e da que escribe Cuevillas no ano 1953: "aparece un gravado que reproduce un objeto en forma creciente, con indicación de dos medias cañas marginales y rematado en una especie de perillas... Debajo del grabado dice: Torques de oro de Cerdido... que se encontró en las inmediaciones de un  "barrow" en San Martín de Cerdido y dio lugar a un sumario que se instruyó en Ferrol en el año 1840 para averiguar su procedencia". Cuevillas analiza o gravado da lúnula e compárao con outra peza aparecida en Allariz. As lúnulas eran xoias en forma de crecente para ser colgadas do pescozo. Victorino Novo fixo un debuxo da peza no ano 1883 e di dela: "un objeto de oro hallado en 1840 en las ramificaciones de un castro en S. Martín de Cerdido... Trátase de un aro de oro expecie de torque o collar céltico... Fue encontrado por un labrador al cultivar en las proximidades de un castro... Cuando intentó venderlo llamó la atención por su valor intrínseco y se formó una causa que se falló en la Audiencia de Coruña en 1844. Tal vez con ese torque salieron a la superficie otros no menos valiosos indicios que no pudieron llegar hasta nosostros...". Traigoa aquí porque nalgún sitio dise que pode pertencer á Idade do Bronce, e que en vez de no castro atopouse xunto un túmulo megalítico. En Galicia só se coñecen dúas e outras sete en Portugal.

COIRÓS
Cotón do  Ferreiro (Flores-Santa María de Oís); Fonte do Oso (Montes do Gato-Fontelo-Santa María de Ois); A Lomba e Monte de Xora (Xora-Santa María de Ois); Pena do Boi ou da Loma, Penedo do Seixo, Revoltas Longas (Santa María de Ois); Pena Furada (Figueiras-Santa Mariña de Lesa).
Petroglifos da Fonte do Oso: Dous grupos de petroglifos, o primeiro, situado no medio dun vello camiño, con círculos concéntricos e cazoletas, e o segundo con cazoletas.
Petroglifos da Lomba: Cinco rochas con gravuras.
Pena Furada: No mes de setembro de 2011 saltou á prensa o descubrimento dun relevo dunha muller realizado por Antón Fernández Malde a principios dos noventa do pasado século, achado que publicara no Anuario Brigantino no 1993 e no que xa abría a posibilidade de que o conxunto se tratara dun santuario no que destaca a figura dunha muller espida que mostra un desproporcionado sexo e coñecida dende vello polos veciños co nome de A Moura. Despois dunha primeira intervención, revelouse que non se trata dun tema illado, senón que forma parte dun complexo santuario datado entre os últimos séculos antes de Cristo e os primeiros da era cristiana que nos amosa o sistema simbólico e relixioso dos pobos galaicos, antes e durante a romanización. Ata o de agora, o coñecemento sobre estes pobos limitábase case ás aras romanas pero non abundan as representacións figurativas dos seus deuses nin este tipo de estruturas arquitectónicas. Unha das novidades é o control sobre a incidencia que a luz solar ten no conxunto e as conexións astrais que plantexa. A figura da Moura é probablemente unha deusa da fertilidade, ubicada nun podio, na parte máis elevada do complexo, que se amosa con toda claridade cara ao mediodía, en contraste co outro antropomorfo, pode que masculino, que é máis visible cara o ocaso. Coa axuda dun arqueoastrónomo comprobou que un muro onde hai unha marca, medieval ou romana, está perfectamente aliñado co equinoccio de primavera. Mais resulta aínda máis emocionante o descubrimento durante o equinoccio de outono; entón o sol cádrase de forma perfecta coa moura, iluminando ademais outra figura antropomorfa moi pequena que se atopa nunha das portas de acceso, a uns quince metros da moura. Segundo Malde non é unha casualidade que a vulva do baixorrelevo sexa irradiada polo sol na súa máxima intensidade durante o equinoccio de primavera, momento do ano ancestralmente celebrado por festas e rituais, nin que a estrutura xeral do santuario, que se desenvolve nun eixo norte-sur, estea orientada ao oeste, relacionado co mundo do Máis Alá. Detrás do podio construíuse un pequeno habitáculo, a modo de balcón con vista ao Monte do Gato. Unha das cuestións a dilucidar é ata cando se utilizou o recinto. O investigador cre que xa coa cristianización consolidada continuou a ser un referente para os habitantes do lugar. De feito, a igrexa de Santa María de Lesa, a menos dun quilómetro, está adicada a unha mártir galaico-romana con reminiscencias de A Moura, xa que se lle atribúe unha extraordinaria fecundidade, ao ter parido nove fillos á vez.
Penedo do Seixo: Trátase dun altar con gravuras en diferentes rochas.
 

 

CORISTANCO
Pedra Furada (A Brañela-Agualada); A Patada da Mula, posiblemente de orixe medieval (Couso).
Petroglifo Patada da Mula: Presenta unha gravura en forma de ferradura de orixe medieval.
Puntas de lanza: No regueiro de Porto Seixo, preto da lagoa de Alcaián, atopáronse catro puntas de lanza da Idade do Bronce, tres delas depositadas no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón da Coruña; datadas entre o 900-880 a.C. Na Agualada atopouse un machado de tope. 
 

A CORUÑA
Pena do Polvorín (Polvorín de Monte Alto-A Coruña); Pena do Altar, Pena da Brúxula (Punta Herminia-A Coruña); Peneda do Castelo e Pena do Pouporón (Elviña); Nostián (Visma); O Portiño. 
Petroglifos Pena da Brúxula: Descuberto no ano 1897 por Santiago de la Iglesia que o cubriu con terra para evitar danos. Redescuberto a principios do ano 2014 ao quedaren ao aire libre por mor das choivas. Presenta cruciformes, algúns rematados na base cun círculo. 
Petroglifo da Pena do Castelo: Luis Carré Alvarellos, nun artigo publicado no Boletín da Comisión de Monumento de Lugo (1949), cita unha rocha con 20 coviñas na Pena do Castelo que sitúa en Mesoiro, parroquia de Elviña e concello de A Coruña. Mais a aldea de Mesoiro queda en Bergondo polo que descoñezo en cal dos dous lugares hai que situar este petroglifo. 
Petroglifos de Nostián: Localizados polo veciño Carlos Suárez no mes de abril de 2019. Pena con numerosas coviñas situada no camiño do polioduto previsto por Repsol, feito que ameaza a súa existencia.  
Petroglifos da Pena do Polvorín: Descuberto no ano 1913 por Jeús González del Río, director do Arquivo do Reino de Galicia. Debe o seu nome porque se atopaba xunto o antigo almacén de munición de Monte Alto. Trátase dun fragmento con cruciformes estilizados, interpretados por Cabré como antropomorfos nunha escea de baile sagrado, e por Monteagudo como cruces de términoe xinete. Custodiado no Museo do Castelo de San Antón. 
Petroglifos da Pena do Pouporón: Coviñas. 
Petroglifos do Portiño: Pedra exenta conservada no Museo do Castelo de San Antón.   Petroglifos de Punta Herminia: Descuberto no ano 1895, atópase en moi mal estado debido aos balazos recibidos cando o lugar estaba ocupado polos militares. 
O Burgo: No río Mero atopouse unha folla de puñal da Idade do Bronce. 
Eladio Rodríguez González, no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958), di que os mariñeiros do país chaman altar a unha pena gravada con insculturas que se ergue nas inmediacións da Torre de Hércules, entre a punta de Pradeiras e a punta Herminia. Algúns escritores, e entre eles o marqués de Cerralbo, supoñen que a pena con gravuras próxima á Torre de Hércules, o mesmo que outras penas semellantes que existen nas catro provincias galegas, foron altares levantados ao sol. Na mesma entrada fala do Altar dos Bicos, penas con gravados rupestres descubertos na segunda metade do século XIX nas inmediacións da Torre de Hércules, no sitio que chaman Montealto, preto dun polvorín que hai no cume. No centro, que é plano, vénse insculpidas unhas figuras representando danzas ceremoniais, na que toman parte moitas mulleres e un só home que está a cabalo. 
No primeiro terzo do século XX, Martínez Salazar e Tettamancy Gastón afirmaban que os petroglifos descubertos nas inmediacións da Torre de Hércules poderían ser interpretados como delimitadores dun espazo sagrado. Tamén aseguraban que no lugar houbo un castro.
 

 
 


CULLEREDO 
Alto de Anxelio ou Brañas do Toreiro (Celas); Paxariñas (Culleredo); A Madoña (Outeiro de Abaixo-Sésamo); Castro de San Cosme (Sésamo).
Castro de San Cosme: Na parte horizontal dunha pena granítica vese un pequeno cadrado cunha pía, tamén cadrada, no interior, posiblemente moderna.
Petroglifo do Alto de Anxelio ou Brañas do Torreiro: Localizado a principios do ano 2023 por Manuel Ruibal e David Chas, no límite coa parroquia de Meirama (Cerceda). Dolores González de la Peña, no seu blog arqueotoponimia, di que non hai dúbida sobre o seu carácter de lindeiro e que vai da Pedra Mazafacha ata a de Santa Marta. Podemos seguilo polo Castastro de Ensenada: "de aquí a la piedra Mazafacha, y va en derechura al foxo y ojo de la fuente de las Brañas do Torreiro, piedra de Santa Marta, de esta a Carballo Soo...". Moi esquemático, non resulta doado adiviñar o que representa.
Petroglifos de Paxariñas: Dús penas con cazoletas de varios tamaños. 
Pena dos Xigantes: Eladio Rodríguez González, no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958), fala da Pena dos Xigantes ou Pena dos Xentiles. Di que se trata de xigantescas rochas postas unhas por riba das outras, que presentan unha serie de buratos circulares de cinco a seis centímetros de profundidade que se comunican por medio de canles. Actuaría como altar druídico. 
Monte do Carrizo (Rutís): Ao pé dunha peneda con pías naturais, Monteagudo localizou unha posible cabana e fragmentos cerámicos da Idade do Bronce. 
Culleredo era rico en petroglifos: Alfeirán, Pena Louseira, Fonte do Ouro, Prexigueiras..., todos arruinados pola urbanización Os Álamos. (Información recollida no facebook de Arqueoloxía de Galicia achegada por Alfonso Maizás).

 

 

CURTIS
Petroglifos da Pena das Cruces: Presenta cruciformes e cazoletas. Ao parecer, algúns cruciformes son de época prehistórica, representación esquemática da figura humana. (Foto: Fonte Fernando Cabanas López).
 

DODRO
Pedra Redonda (Dodro); A Carga (Vigo-Dodro); Outeiro dos Corvos (Susavila-Dodro); A Devesa dos Mouchos (A Devesa-Laíño); A Cabana (Masenlle-Laíño); Lomba das Pozas (Alto do Miradoiro/Santiaguiño do Monte-San Xoán de Laíño); Padronelo (Bexo-San Xoán de Laíño); Bouza Nova (A Igrexa-San Xoán de Laíño); Bouza Abadín (Imo-San Xoán de Laíño).
Petroglifos de Bouza Abadín: No mes de febreiro de 2011 un grupo de voluntarios, baixo a supervisión dos arqueólogos, limparon e acondicionaron a estación rupestre. Durante a limpeza saíron á luz novas gravuras que non estaban inventariadas. Conxunto formado por combinacións circulares e zoomorfos moi esquemáticos. 
Petroglifo da Devesa dos Mouchos: Coñecido tamén como de Viachán. Círculos concéntricos con coviña central.  
Petroglifo da Lomba das Pozas: Dúas rochas con gravuras de cazoletas e unha ferradura. 
Petroglifo do Outeiro dos Corvos: Cazoletas. 
Xacemento de Riasós (San Xián de Laíño): Durante a construción de vivendas unifamiliares apareceron lascas de seixo e cerámica campaniforme do Bronce Inicial. Xacemento totalmente destruído. Os propietarios realizan traballos agrícolas.
 
 

DUMBRÍA
Alto de Cabarnalde (A Pelexa-Buxantes); A Pedra Ancha e Pedra do Brazal (Alto do Fragoso-Buxantes); A Pedra Longa (Dumbría); Castelo (Olveiroa).
Petroglifos da Pedra Ancha: Localizados no ano 1991. Situada xunto o camiño real que ía de Santiago a Fisterra. Representacións de ata oito armas (espadas e alabardas) nunha pedra orientada cara a saída do sol. Tamén se ven cruciformes de factura máis moderna. Nun documento do ano 1152 que fala do deslinde do Coto e Realengo de Vixiantes (Buxantes) di que "Polo camiño ou verea á Pedra da Muller Morta..." que pode facer referencia a esta rocha.
 

FENE 
Campo das Cabaxas, Coto do Rei e Pena Picoto (Monte Marraxón-Sillobre).
Petroglifos do Campo das Cabaxas: Nunha pena granítica vense tres círculos simples. 
Petroglifos do Monte Marraxón: Pena con varias coviñas. 
 


FERROL 
Pena das Coviñas, Montes de Brión (Brión); Ermida de Chamorro e Chamorro (Serantes).
Petroglifos de Chamorro: Localizados por Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos en febreiro de 2023. Trátase de 14 combinacións de círculos concéntricos e 30 cazoletas. Peitearon o terreo despois da denuncia efectuada polo Club Montaña Ferrol-Alpinista Abrente por unha tala de pinos. Dende o monte divísase unha impresionante panorámica.
Petroglifos da Ermida de Chamorro: No ano 1991, Ignacio García Novás e Alberto López Fernández atoparon un grupo de petroglifos nas inmediacións da ermida de Chamorro. No ano 2009, Ignacio García descubriu novos exemplares, estes en peor estado de conservación ca os anteriores. Predominan os círculos concéntricos e as cazoletas. Sobre o que semella unha pena abaladoira, incrustrada nun lateral da ermida, hai catro combinacións circulares e sete cazoletas altamente erosionadas, feito que evidencia a cristianización dun lugar de culto pagano. 
Petroglifos da Pena das Coviñas: Laxe con varias coviñas situada preto das mámoas da Cheira.



 
 
FISTERRA
O Cal da Costa (Duio); Cruceiro da Rapadoira (San Salvador-Sardiñeiro).
Petroglifos do Cruceiro da Rapadoira: Situado preto do Camiño de Santiago a Fisterra. Nas inmediación hai unha mámoa. Sobre os niveis do basamento hai insculpidas varias cruces modernas que, ao parecer, se gravaban para curar o “mal de ollo”; tamén se ven algunhas coviñas. A orixe do cruceiro pode estar no século XVI.
 

IRIXOA
Abeledo, Abueira, Braña Redonda, Chousa Nova, Fontenla, Furado do Raposo, Grambén, Pena dos Paxaros, Pena do Pico, Xestal (Ambroa); Tesouro (Churio); Cordal e Oural (Irixoa); Mántaras (Mántaras); Monte de San Antón (Pracín-Mántaras); As Rozas (A Airoa do Rei/A Casagreande-Mántaras); Ribeira e Santabaia (Viña). 
Petroglifos de Abeledo: Distribuídos por varias penas hai combinacións de semicírculos, coviñas, círculos simples, círculos concéntricos con coviña central e unha cruz latina. 
Petroglifos do Cordal: Un pequeno círculo simple con cazoleta central, un semicírculo con coviña central e trinta coviñas. 
Petroglifos de Fontenla: Combinacións de círculos concéntricos de dous aros con coviña central e un deles con suco de saída, combinación de catro círculos con coviña central e suco, coviñas e unha figura de difícil interpretación. 
Petroglifos do Furado do Raposo: Coviñas e unha cruz latina. 
Petroglifo de Mántaras: Trátase dunha cruz con base triangular á que semella se lle engadiu un círculo a xeito de cabeza para suxerir unha figura antropomorfa. 
Petroglifo en Mántaras: No mes de agosto de 2014, non moi lonxe do monte de San Antón, localicei unha pena coas gravuras de tres ferraduras de época medieval ou moderna. 
Petroglifos Ribeira: Coviñas. 
Petroglifos das Rozas: Combinacións de círculos concéntricos. Un ten uns 80 centímetros de diámetro e 6 círculos con coviña central. O outro ten 30 centímetros de diámetro de 2 círculos. Tamén se ven motivos naviculares e coviñas.
Petroglifos de Santabaia: Coviñas. 
Petroglifos do Tesouro: Coviñas. 
Petroglifos do Xestal: Coviñas. 
Pena de Paxaros (Ambroa): Preto do castro de Casal do Mouro. Pena abaladoira que, ademais de moverse ao sometela a un leve empurrón, tamén abanea, disque, cando soa a gaita. No seu lombo presenta un grupo de cazoletas. 
Machados de tope (Ambroa): Apareceron nun xacemento que foi destruído. Segundo os veciños consérvanse dúas grandes pedras de granito que formaban parte do asentamento e que na actualidade están tiradas nunha finca. Segundo Vales Villamarín foron atopados no ano 1926 por uns nenos mentres xogaban nun sitio chamado O Abeledo. Logo de pasar por varias mans, entre outras polas dun ferreiro, só se conservan dous que foron doados polo propio Vales Villamarín á Real Academia Galega. 
Parte da información e fotos foron extraídas do traballo realizado polo Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos, publicado no Anuario Brigantino no ano 2012, Gravados rupestres no concello de Irixoa (A Coruña). 
 
 



A LARACHA
Petroglifos da Alta de Soandres: Incompleto, posiblemente reaproveitado para a construción dalgunha vivenda. Prsenta tres coviñas. 
Pedra Cedeira: Actuou e aínda actúa como límite administrativo entre Cerceda e A Laracha. Gran pena granítica con posibles gravuras artificiais.  
Pedra de Santa Marta: Actuaba como marco co concello de Cerceda. 
Castro da Croa de Santa Baia: Situado no cume dun monte de difícil acceso, arrodeado por un pequeno muro defensivo de cachotaría de granito e parapeitos. Apareceron machados da Idade do Bronce. 
Castro de Montescraros (Vilaño): Don Antonio Castro achegoume unha foto dunha pedra que hai na croa, coñecida como Patada ou Pé do Xentil. Recibe o nome porque dise que no castro vivían uns xentís que morreron durante o Diluvio Universal. A pía ovalada é o pé ou patada dun xentil. O burato máis pequeno, que identifican coa forma dun pezuño, é a patada da cabra ou do cabalo do xentil. Ao seu carón hai unha cazoleta moi desgastada que disque era onde sentaba o xentil. Outra lenda, recollida por Carré Aldao nos anos vinte do pasado s´culo vinte, dique na pedra quedou gravada a pegada dun xentil que fuxía co seu cabalo, deixando as súas pegadas dando un fabuloso salto ata o lugar de Monteagudo, ou segundo outros ata a capela da Estrela. Eladio Rodríguez González, no seu Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano (1958), fala dunha Pena dos Xigantes ou Pena dos Xentiles que sitúa en Culleredo.
 
 

 

LAXE
A Pedreira (Laxe); Pedra Xestosa, Cova dos Batáns (A Biqueira-Nande); Agra dos Agoreiros e Muíño do Gaspar (Serantes).
Gravados da Agra dos Agoreiros e Muíño do Gaspar: Localizados por integrantes do colectivo A Rula en abril de 2022. O primeiro formado por coviñas en arco, un deseño elíptico moi erosionado e un motivo en forma de trevo de factura histórica. O segundo está composto por catro coviñas prehistóricas, e na cara da pena unha custodia cristiá de entre os séculos XVII e XVIII.
Petroglifos Pedra Xestosa: Nunha ladeira do Monte Redondo, no límite entre os concellos de Laxe e Vimianzo. Trátase dun afloramento granítico cun pequeno abrigo. Presenta varias zonas gravadas, tanto no interior da cavidade como no exterior, con combinacións circulares con apéndices, cérvidos, zoomorfos, sucos, unha posible escea de monta... Nun panel vertical exterior presenta seis ungulados (dous con cornamenta) e a presenza de cinco zoomorfos enfrontados aos cérvidos onde semella a representación da caza duns cervos por parte dun ser humano e de varios cánidos.
 
 


LOUSAME
Camboño (Camboño); Chan do Rego, Cruz do Monte Siroña e Monte Muralla (Aldarís-Fruíme); A Cova (Fruíme); Monte Pedride (As Arribas-Fruíme); Agro da Costa (Lesende); Cerquides (Lousame).
Petroglifos do Agro da Costa: Presenta unha gran cantidade de motivos: coviñas, círculos sinxelos e concéntricos, círculos arrodeando unha cruz, cadrados e reticulados.
Petroglifos da Chan do Rego e Monte Muralla: Motivos distribuídos en tres penedas.
Petroglifo da Cruz do Monte Siroña: Gravado histórico.
Petroglifos de A Cova: Un sendeirista de Boiro, Juan Antonio Dieste, localizou en xaneiro de 2021 dúas zonas con gravuras preto dun camiño forestal que vai dende o lugar de Millón ao Alto do Castelo de Fruíme ou castro da Casa dos Mouros. Están compostos por 30 cruces, maiormente arrodeadas dun círculo, dúas cazoletas e un podomorfo. 
 
 


MALPICA
Pedrouzo. 

MAZARICOS
Alto do Adraño, Petón de Cornes (Arcos); Alto da Medoña, Chan de Pedra Grande, Lagoa de Matahomes e Petón de Paxareiras (As Paxareiras-Coiro); Petón de Paxareiras; Alto da Pedra Cabalgada, Chan de Legüíñas, Outeiro Grande (Xestoso-Coiro); Monte de Colúns (Colúns). 
Petroglifos do Alto do Adraño: No límite con San Mamede de Carnota. Varias rochas con gravados prehistóricos e históricos. 
Petroglifos da Lagoa de Matahomes: Próximo ao límite con San Mamede de Carnota. Tres penedas con gravuras de época histórica. 
Parque Eólico de Paxareiras (Carnota, Muros e Mazaricos): Nos traballos de Estudo do Impacto Arqueolóxico documentouse un total de nove xacementos, entre eles unha mámoa e oito petroglifos, dous indeterminados e un pertencente á Idade Contemporánea. Segundo a lenda, na Fonte das Cuncas aparecíase unha galiña. 
Necrópole da Parxubeira: Atopouse unha punta palmela, asociada a un vaso plano característico do Bronce antigo.

MELIDE  
Acubillo: López Cuevillas e Bouza Brey (1929) falan dun acubillo en Outeiro, parroquia de Campos, con moitos obxectos de bronce, algúns machados, cinco espadas e varias pulseiras. De todo só se conservan seis machados que daquelas estaban en poder de don Xosé Fernández, reloxeiro de Melide.  
Brazal de Melide: Da Idade do Bronce. Trátase dun cilindro pechado con forma ondulada; carece de decoración.    
Coto do Vieiro (Orois): Ningunha referencia tiña sobre este suposto petroglifo. Grazas, unha vez máis, a Cristina Vázquez Neira e Xurxo Broz Rodríguez, arqueólogos do Museo da Terra de Melide, sei que se trata dun vértice xeodésico ou un deses puntos utilizados polos topógrafos. Trátase dun rectángulo no que se insire un punto central. Dinme que hai un moi semellante na igrexa parroquial, no limiar da entrada, só que neste tamén figura un número e unha letra.   
Depósito de Campos: Xa citado por López Cuevillas. O conxunto apareceu no curso alto do río Ulla, nas proximidades dun castro. Comprende machados de distinta procedencia. Existían outras pezas, hoxe desaparecidas, como seis espadas e varios brazaletes de bronce, de morfoloxía descoñecida. O depósito estaría destinado a fundición. 
Pena Grande e Pena Arada: Documentáronse ocupacións datadas na Idade do Bronce, coa localización de dúas puntas de frecha tipo palmela. 
Xacemento da Idade do Bronce da Leira dos Bichiños (Abeancos).    
Xacemento Calcolítico de Braña da Cruz (Folladela). 
Xacemento nas obras de contrución da A-54: A construción da A-54 entre Lugo e Santiago de Compostela, no tramo entre Arzúa e Melide, están a revelar un importante conxunto de xacementos entre os que destaca, ademais das carboeiras dun castro, un conxunto de corenta foxas funerarias do final da Idade do Bronce e inicios da Idade do Ferro. O equipo do arqueólogo Emilio Ramil localizou nas proximidades dun castro na zona de Melide corenta foxas de inhumación onde hai materiais de incineración e funerario practicamente intactos. Tamén atoparon fornos de cocción de época romna, así como fondos de cabana neolíticas datadas no 3000 a. C.
    
 

 

MONFERO
Pena Branca (entre as parroquias de Taboada -Monfero- e Grandal -Vilarmaior); A Chaira (Vilachá); Os Edreiros ou A Edreira (Abercovo-Vilachá); Monte Grande e Rego de Pazos (Vilachá).
Petroglifos da Pena Branca: Con cazoletas e círculos concéntricos. A tradición oral fala doutros motivos: cruces, esvásticas, espirais, caras..., que se atoparían na parte inferior.
Petroglifos na Parroquia de Vilachá: Varios grupos de gravuras distribuídas polas estacións citadas. Os motivos representados son cazoletas e combinacións circulares. O máis interesante e un de Rego de Pazos, preto dunha casa, que ten a particularidade de situarse dentro dun esconche o que dá a sensación de estaren enmarcado. No número 1 da Edreira semella verse a representación dunha figura antropomorfa. O petroglifo da Chaira, preto dun campo de mámoas, foi parcialmente estragado por unha máquina cortalumes.
Hai que subliñar o total abandono no que se atopan.
 



MUGARDOS
Na vila romana de Noville apareceu un reticulado con 48 coviñas que podería ser un taboleiro de xogos. 

MUROS
Monte do Couto (Cova de Xerpe-Abelleira); O Cruceiro, Pedra das Cruces (Abelleira); Campo da Ermida (Rateira-Abelleira); Pedra da Pía (Esteiro); Abrigo das Cruces, Boca de Curros, Convento de San Francisco, O Cruceiro, Cruz da Pedra, Cuncheiro de Monte Louro, Laxe das Cruces, Laxe das Rodas, Monte Louro, As Pedragueiras, Xistamares, Tras das Rodas (Louro); Laxe do Carrizo (Monte Cabazo-Louro); O Axito e Lousa do Labirinto (Monte Naraío-Louro); Monte do Areal (Taxes-Louro); As Laxiñas (A Alivía-Muros); As Insuas (Monte Baño-Muros); Bico do Castelo Grande e Cova da Bruxa (Monte Forcadas-Serres); Cemiterio Novo, Chan de Tras; Igrexa Morosa do Paso; Laxe do Depósito, Monte do Cruceiro, A Pedra Cavalgada, Rebordelo, Tras da Costa (Serres); Pedra da Chula (A Airoa-Sestaio); Barouteira, Chan do Castro, Tras da Costa (Tal de Abaixo-Tal); Costa da Xesteira, Outeiro do Gato e Pouso da Costa (Cornes-Torea); Riomao (Riomao-Torea); Alto da Medoña, Fonte Semián (Torea). 
Pedra das Cruces (Campo da Ermida-Abelleira): Cruces de época medieval.     
Petroglifos do Bico do Castelo Grande: Presenta figuras cuadrangulares concéntricas, unidas por catro trazos rectilíneos perpendiculares que atravesan a zona media de cada un dos lados dos cadrados. Trataríase dun taboleiro de xogos. 
Petroglifos da Chan do Castro: Cinco coviñas, tres aliñadas a carón dun cruciforme. 
Petroglifos da Cova da Bruxa: Con varios motivos, entre eles un dos escasos cánidos existentes no páis. Vense cérvidos sexuados e outros en aptitude de berro, asociados a un reticulado que se poderían identificar cunha escea simbólica máxica orientada á reprodución da fauna. Os motivos circulares estarían relacionados con discos solares de carácter sagrado. 
Petroglifos do Campo da Ermida: Medieval. Laxes con cruces. 
Petroglifos do Couto: Gravuras de cazoletas, cruciformes e outros motivos de difícil interpretación situadas no Bico do Lago, un pequeno outeiro que se ergue sobre o mar. 
Petroglifos das Insuas: No Monte Baño. Descubertos no ano 2006 por estudantes do Instituto As Insuas. Están situados preto da estrada que conduce a Sestaio. O grupo está formado por un labirinto, un círculo e unha cazoleta duns seis centímetros de profundidade. 
Petroglifos do Monte do Areal: Un cazador, Antonio Suárez, descubriu tres penas con gravuras no ano 2013. Presentan cazoletas principais comunicadas con outras secundarias por medio de segmentos e combinacións de círculos. Un dos círculos podería pertencer á fase inicial da arte rupestre, en torno aos anos 2800-2500 a.C. Outra pena ten dúas combinacións concéntricas unidas por raios; na rocha hai tamén unhs inscrición que podería ser do século XVIII e que quizais tivese como finalidade facer de linde xurisdicional relativo ao término de Muros.   
Petroglifos da Laxe das Rodas: Os motivos principais son dúas grandes espirais que xiran en sentido contrario (unha destroxira e outra levoxira), arrodeadas por 65 coviñas. Foron interpretadas como un sistema de medición do tempo baseado nos ciclos solares e lunares. Tamén aparece unha escea de equitación interpretada como un xinete que arrastra o carro do sol que apoiaría a hipótese do calandario, aínda que non falla quen o entenda como un home tentando enlazar o cuadrúpede (a lúa crecente e o sol ocultándose). Outras teorías vencéllannas coa morte, a fecundidade, eclipses de lúa, culto astral, etc. 
Petroglifos do Monte do Cruceiro (Serres): Cinco penas con gravuras. 
Petroglifos do Monte Naraío: Labirinto que comparte a superficie gravada con deseños prehistóricos. 
Petroglifos das Pedragueiras: Localizado polo Colectivo A Rula no ano 2013.   
Parque Eólico de Paxareiras (Carnota, Muros e Mazaricos): Nos traballos de Estudo do Impacto Arqueolóxico documentouse un total de nove xacementos, entre eles unha mámoa e oito petroglifos, dous indeterminados e un pertencente á Idade Contemporánea. 
Pedra da Pía: Situada a 15o metros de altitude sobre o nivel do mar. Trátase dunha gran rocha fracturada en varias seccións onde, ademais dos relevos produto da erosión entre os que salienta o coñecido como "sentadoiro", pódense ver pías, coviñas unidas por canles, cruciformes, alfabetiformes e cálices. Identificada como un altar rupestre. 
Alquerque do castelo de Esteiro (A Laxe-Esteiro): Alquerque de nove no castelo roqueiro.    
Alquerque do Monte Meán (Louro): Localizado preto da Laxe das Rodas e As Pedragueiras. Descuberto por membros do Colectivo A Rula no mes de abril de 2014. Trátase dun alquerque de nove, denominado tamén como xogo do muíño ou xogo do triplo recinto. Este xogo, moi popular na Idade Media, é de estratexia para dous xogadores, antecedente das actuais damas. A orixe remóntase ás civilizacións exipcia, troiana e grega, e mesmo durante o Imperio Romano foi un dos pasatempos preferidos polos lexionarios.
 



 

MUXÍA
Petroglifo do Outeiro de Dona Urraca (Morquintián): Utilizado como marco en época medieval. Conxunto de gravuras formadas por varios motivos en forma de X colacadas en varias aliñacións. Son visibles en tres rochas situadas no cume sur do Faro de Morquintián. Poderían estar relacionadas coa delimitación do couto medieval do mosteiro de Moraime.
 

NARÓN
Montiños da Moura (Nenos-Sedes): Entre os concellos de San Sadurniño e Valdoviño. Trátase dunha pena con gravuras situada nunha necrópole formada por unha ducia de mámoas. 

NEDA 
A Rabadeña (A Rabadeña-Neda);  Pena Louseira. 
Petroglifo da Pena Louseira: Descuberto no ano 1993 polo Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos. Trátase dunha pedra de lousa con distintos tipos de cruciformes. 
Petroglifos da Rabadeña: Descuberto cando as obras do gaseoducto. Trátase de dúas rochas, a máis pequena removida do seu lugar orixinal para ser reutilizada nun muro; ten dúas coviñas, unha con suco.  A pena máis grande, situada nas inmediacións, ten trece pías, dúas grandes de forma oval e as outras redondas.
 

NEGREIRA
Petroglifos de Camporrubín (Forniños-Lueiro): Penedo situado a carón da estrada que vai á capela de San Xoán de Carballoso. Cinco coviñas. (Información de Elixio Vieites en patrimoniogalego.net). 
 

NOIA
San Lois (Argalo); Alvariza (Barro); Castelo de Nimo (Nimo-Roo). 
Petroglifos de San Lois: No mes de febreiro de 2020, o colectivo A Rula denunciou ante Patrimonio a colocación dun "banco panorámico" sobre a pena coas gravuras, feito que só cabe cualificar como lamentable; e máis lamentable resulta cando a "xenial idea" partiu do Concello de Noia. Segundo a descrición dos motivos recollido de A Rula, a parte visible visible a simple vista consiste nunha combinación circular duns 50 cm de diámetro composta por cinco círculos concéntricos, coviña central e dous sucos radiais que saen do círculo interior, dirección NO e S. Coa axuda a fotogrametría revelou a presenza de dúas combinacións máis, case pegadas á de maior tamaño, e outras dúas máis con coviña e círculo simple, ademais doutras coviñas espalladas polo panel. Días despois, Patrimonio ordenou retirar o banco, iso si, o Concello dixo que se colocara alí porque as gravuras non estaban catalogadas. Lamentable.    
Outro petroglifo no Monte San Lois: Segundo noticias de marzo de 2010, os veciños denunciaron a desaparición dun petroglifo exento que había no lugar onde se representaba unha espiral, descoñezo se moderna ou resaltada.  Ao parecer foi destruído. 
Petroglifos do Castelo de Nimo: Con cazoletas e círculos simples insculpidos sobre soporte granítico.
Xacemento de Taramancos: A construción da variante de Noia sacou á luz un xacemento no que se constatou a superposición de diferentes grupos poboacionais do Calcolítico á Idade do Brence e a Idade do Ferrro, así como posteriores asentamentos romanos. Documentáronse 450 estruturas e 21.500 pezas.
 
 


OLEIROS
Laxe das Cabras (Dexo); Suviña (Dexo).
Petroglifo en Suviña: Luis Carré Alvarellos, nun artigo publicado no Boletín da Comisión de Monumentos de Lugo (1949), cita e achega un debuxo dunha pena cunha trintena de coviñas entre Canles e Suviña. 
 

ORDES
As Cavadas: Xacemento da Idade do Bronce. Apareceu material cerámico de factura campaniforme e un machado plano de cobre datado entre o 2500 e o 1500 a.C.
 

OROSO
Punta de Lanza: Atopada en Deixebre, datada no Bronce Final. Mide 39 cm de longo, con enmangue tubular e folla fina.

ORTIGUEIRA
Castro do Viso (Céltigos): Federico Maciñeira cita neste castro unha peneda con cazoletas. 
Machados do Muíño da Granxa (Senra): Acubillo da Idade do Bronce. Na derradeira década do século XIX saíron á luz 24 machados de talón de un e dous aneis. Santiago de la Iglesia, no Almanaque de Ferrol (1908), di que dos 24 machados que apareceron, 23 foron vendidos por 15 pesetas a un comprador ambulante de metais vellos, que á vez os vendeu a un fundidor das Pontes. Tamén os citan F. Maciñeira (1892), Saralegui (1894) e López Cuevillas e Bouza Brey (1929). Logo, doce de dous aneis e tres de un foron a parar á colección Maciñeira, un de un anel á Universidade de Santiago, e outro de dous aneis mercounos o señor Comerma de Ferrol. A primeira investigación pormenorizada correu a cargo de Monteagudo (1977). Posteriormente foron estudados por Beatriz Comendador e Ramil González (1999). Unha historia completa das investigacións pódese ver en Senra: Historia de un depósito gallego de Hachas de talón (2007), de Xosé Lois Armada Pita e Óscar García Vuelta.


OUTES
Arestiño, Costa do Remeira, Torre da Laxe (Arestiño-O Freixo de Sabardes); Lestelle (Lestelle-O Freixo de Sabardes); Fontemoureira (Vilariño-O Freixo de Sabardes); A Carballa ou Laxe das Brañas (A Carballa-Outes). 
Petroglifos de Fontemoureira: Distribuídos en tres penas, presentan combinacións circulares e cazoletas. Destaca unha combinación de catro círculos concéntricos, de máis dun metro de diámetro, con suco radial e cazoleta central rodeado por coviñas enmarcadas por rectángulos que semella un ídolo.  O lugar foi utilizado para a extracción de pedra. 
Castelo roqueiro de Esteiro ou da Laxe: Coñecido tamén como Bico do Castelo Grande. Lindeiro co concello de Muros. Pena coa gravura dun alquerque de IX.
 



OZA DOS RÍOS
Montes do Gato (Rodeiro). 

PADERNE
Monte do Penedo e O Pleito (Areas-Adragonte); Obre (Obre); As Covachas, Travesas (As Travesas-San Xulián de Vigo); A Covacha. 
Petroglifos do Monte do Penedo: O día 19 de abril de 2019 localicei dúas coviñas. 
Petroglifos de Obre: Rocha con cazoletas descuberta pola asociación cultural Roxín Roxal no ano 2008 cando acondicionaban un camiño de sendeirismo. 
Petroglifos das Travesas: Un grupo de petroglifos, formado por cazoletas e círculos concéntricos, están insculpidos sobre unha enorme laxe granítica que Alfredo Erias e André Pena identifican como unha mesa de ofrendas do Neolítico Final. Na parte inferior da rocha atópase un oco a xeito de refuxio coñecido como A Cova dos Mouros. Dentro da mesma finca, aínda que proveniente do lugar de Loureiro, hai unha rocha que na súa parte superior conserva unha combinación circular e dezaoito cazoletas.
 


 

PADRÓN 
Pedra Bicuda e O Fondao (Cruces); A Lomba (Iria Flavia). 
Petroglifos da Lomba: No mes de febreiro de 2023, integrantes do Colectivo A Rula localizaron varias penas con petroglifos non moi lonxe dos descubertos no seu día polo investigador da Universidade de Santiago Xoán Guitián. Os novos achados bautizáronnos cos nomes de Porteliño 1 e 2, Chanciña e Monte Lomba 1 e 2. Vense coviñas, círculos simples, círculos con coviñas e círculos concéntricos. Algunhas gravuras de Porteliño 1, onde tamén hai unha cruz, cren que poden ser modernas, feitas para marcar as lindes entre Iria Flavia e Herbón.  
Santiaguiño do Monte: Santuario rupestre erixido sobre un conxunto de batolitos de granito. As rochas presentan cavidades ás que a tradición popular lle dá diversos nomes e onde se realizan uns rituais de grande interese antropolóxica. Cando a cristianización, o lugar padeceu varias modificacións. Nas inmediacións está a ermida do Santiaguiño, debaixo da cal mana unha fonte vencellada, seguramente, ao santuario pagán. Acaroada á capela está a coñecida como Casa do Ermitán onde se di que viviu a raíña Lupa. Xacemento cun culto posiblemente ininterrompido dende a Idade do Bronce ata os nosos días. 
Xacemento da Chansa (Pazos-Iria Flavia): Preto da mámoa da Chansa. Atopáronse fragmentos cerámicos pertencentes á Idade do Bronce.
 
 

O PINO
Xacemento da Idade do Bronce de Fontalén: Nos estudos de impacto ambiental nas obras da autostrada Santiago-Lugo, na zona coñecida como Mámoas de Fontalén, rexistrouse a presenza de ata 160 estruturas arqueolóxicas datadas hai 3.000 anos e que fan pensar nun importante asentamento poboacional. Trátase de fondos de cabana que van dende 1,2 aos 7 metros de diámetro. Aínda que o asentamento non carece de interese visual, si o ten dende o punto de vista científico. Segundo os técnicos, os restos vanse estudar pero non musealizar debido á súa deterioración. 
 
A POBRA DO CARAMIÑAL
Pedra Bicuda (Quintáns-O Caramiñal); Gonderande (Gonderande-O Caramiñal); Cruz de Pedras Negras (A Aldea Vella-Lesón); A Canteira Vella, Pedra Leirada, Monte dos Carrascos e A Misarela preto das ruínas do antigo convento franciscano (Lesón). 
Petroglifo da Canteira Vella: Pedra exenta con coviñas. (Recollido do Capítulo Cero de Manuel Gago). 
Petroglifo da Misarela: Situado ao sur da ponte que dá acceso á ermida de San Xoán da Misarela. Pequena pedra granítica ubicada á beira do camiño con dúas cruces de base triangular e unha terceira con base cadrada. Un segundo afloramento presenta gravuras de difícil lectura. Amosan suco de sección en V. Outras dúas pedras teñen coviñas agrupadas.  
Cruz de Pedras Negras: Gravura histórica. 
Petroglifos da Pedra de Gonderande: Gómez informoume de que se atopa nun estado lamentable. Situada á beira dun río, as mulleres da aldea ían lavar a roupa ao seu carón xa que no lugar se formaba unha poza natural nunhas curiosas laxes que tiña ao pé. Hai algúns anos foi "incorporada" a unha plantación de kiwis e alí mesmo fixeron un recheo para facer unha pista para que os camións puideran virar, desaparecendo as laxes que había ao pé das gravuras (pode que aínda estean soterradas baixo o recheo). O río foi entubado parcialmente e ao lado da Pedra de Gonderande construíron un depósito para regar a plantación. Ao cabo do tempo, o negocio dos kiwis non foi adiante, e o entorno das gravuras é agora unha selva de kiwis e silvas. 
Petroglifos da Pedra Leirada: Petroglifos esparexidos por varias penedas graníticas insculturadas, maormente con cruciformes de distintos tipos. Segundo información achegada por Gómez, ademais dos motivos, pode haber algo máis. Na sabedoría popular da xente que traballou nos arredores da Pedra Leirada dende hai séculos había un dito que dicía: "Na Pedra Leirada hai un encanto por sete reinados, tempos irán e tempos virán que as patas das cabras os descubrirán". Un seu avó, que dende os anos trinta do pasado século traballou e viviu alí, contaba como os cans se metían por baixo da pedra e que se oían ladrar ao lonxe por longos túneles. Hoxe en día xa non hai cabras polo lugar, pero os túneles ou covas de seguro que aínda están agochadas, a menos que o propietario actual, persoa con pouca sensibilidade, se encargue de facelos invisibles definitivamente. 
Xacemento da Corna (Laxe-O Xobre): Apareceron fragmentos cerámicos con decoración campaniforme.

 

PONTECESO
As Cruces de Brántuas (Brántuas); Agra do Cairo, Alto das Vixías, O Castelo, O Castro, Corme Aldea, Chousa dos Platos, A Fieiteira, Fontefría, As Forcadas, A Gurita, O Meixoeiro, Monte Carboeiro, Monte Faro, Pedra da Serpe, Pedras Miúdas, Petón da Campaíña, Roncudo, Sónaras e A Zapateira (Corme Aldea); Agra do CairoAs Regadiñas (Corme Porto); Cruz das Salgueiras (As Salgueiras-Cospindo).
A Aldea: Destruído cando as obras de ampliación dun camiño veciñal. Segundo Rodríguez Casal atopábase ao pé dun cruceiro. Era de tipo idiliforme constituído por un rectángulo coroado por un semicírculo, con dúas coviñas na base. 
Petroglifo do Castelo: Exento, apoiado sobre un valado de pedra.  
Petroglifos das Cruces de Brántuas: Inédito. Consta de dous gravados cruciformes, mais de característica diferente: unha cruz inscrita nun círculo e unha cruz latina. A primeira poderíase tratar dunha cruz de término ou vencellada a un lugar de tránsito, mais a asociación aquí a outra cruz non cristiá fai pensar nunha función santificadora. As gravuras están no mesmo lugar de Brántuas, a carón dun camiño. 
Petroglifos da Fieiteira: Estación formada por quince laxes onde se poden ver escaleiriformes, vermiformes (óvalos alongados e divididas por liñas transversais), coviñas, círculos simples con coviñas, figuras en phi, cruciformes, etc. 
Petroglifos das Forcadas: Descuberto por Suso Lista no 2019. Coviñas, cruces, círculos e catro gravuras con forma de escaleiras que interpreta como barcos. 
Petroglifos do Meixoeiro: A mediados do mes de xuño de 2016, durante uns labores de desbroce, saíron á luz varias penas con coviñas, sucos de liñas entrenzadas e onduladas, círculos con cruces no interior e varias series de escaliformes. Segundo o arqueólogo supervisor dos desbroces, Francisco Doval, os motivos van dende a Idade do Bronce ata época moderna.
Petroglifos de Montefaro: Coviñas.  
Petroglifos do Petón da Campaíña: Con representacións de coviñas, liñas, entrecruzados, liñas ondulantes, posibles ferraduras, óvalos, círculos sinxelos e unha curiosa figura humana de muller en falso relevo. Moitos motivos foron repicados o que provocou a súa desaparición. Pode que fora utilizado como unha especie de santuario ritual. Verbo destes petroglifos veño de enteirarme pola prensa da súa importancia! A noticia é do verán de 2010. Bastaron as suxerencias efectuadas por uns arqueólogos franceses para que as nosas ínclitas autoridades se decataran da necesidade de protexer as gravuras. O de menos, ao parecer, é que foi dun arqueólogo do país, Pablo Novoa Álvarez, de quen partiu a iniciativa. 
Pedra da Serpe: Serpe alada esculpida nunha rocha granítica sobre cuxa cronoloxía non hai consenso. A primeira noticia achégaa Barros Sibelo no ano 1875, na súa Antigüedades de Galicia, e logo García de la Riega (1904) e López Cuevillas e Bouza Brey en Os Oestrimnios, os saefes e a ofiolatría en Galiza (1929) quen lle atribúen unha cronoloxía prehistórica. Rodríguez Casalo (1974) dálle unha addscrición protohistórica, posiblemente romana ou posterior, iso si, vencellada a un culto ofiolátrico anterior. Segundo a lenda, a cristianización da zona débeselle a San Adrao que, cando andaba a predicar polo lugar, atopouse cunha invasión de serpes; logo de invocar ao Ceo, golpeou co pé sobre o chan o que fixo que os temibles ofidios se agocharan debaixo dunha peneda quedando unha delas petrificada. Como símbolo da cristianización chantaron unha cruz sobre o penedo. Eladio Rodríguez González, no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958) fala do Altar de Gondomil, gravura na que moitos queren ver o símbolo da antiga relixión dos kimris, co culto á serpe, pois hai ademais o feito certo de teren levado esta comarca o nome de Ophiusa noutros tempos, xustificando todo elo a existencia do culto ofilátrico, que tamén foi coñecido noutras comarcas de Galiza... Continúa dicindo que nunha das súas caras presenta unha especie de escaleira, mercede á cal un home de mediana estatura, posto sobre ela, pode apoiar os cóvados na cama da pena e pode inclinarse sobre a cubeta, o que proba tamén que serviu para os sacrificios druídicos. 
Petroglifos da Regadiña: Peneda con motivos circulares e cadrados, algúns con coviñas no interior.
 





 

PONTEDEUME
Chousa do Conde (Andrade); Cruz de Alvite (Castelo-Nogueirosa); As Aveeiras, Monte do Pico, Os Picos e A Regueira (A Regueira-Ombre); A Pena do Gato (Ombre). 
Petroglifos das Aveeiras: Pía de forma ovalada con canle situada na parte superior dunha rocha granítica que localicei o día 8 de abril de 2017. Atópase preto dun campo de mámoas moi achandadas debido ao movemento de terras con maquinaria pesada para a plantación de eucaliptos sen control arqueolóxico.  
Petroglifos da Chousa do Conde: Rocha granítica con dúas cazoletas de 5 e 9 cm de diámetro. O día 8 de abril de 2017 localicei unha nova pena con tres coviñas de 9, 11 e 13 centímetros de diámetro, desta última parte unha canle. O achado xa foi comunicado ao Servizo do Patrimonio Cultural na Coruña e ao Concello de Pontedeume. No mes de xuño comunicáronme que, despois da visita dos técnicos, xa foron catalogados. 
Petroglifos da Cruz de Alvite: Coviñas.
Petroglifos do Monte do Pico: Combinación circular e coviñas. Localizados polo Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos.
Petroglifos dos Picos: Catro paneis con gravuras de círculos simples e concéntricos con suco de saída e coviña central. Documentados polo Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos.
Petroglifos da Regueira: Rocha cunha cazoleta de 7 cm de diámetro. 
Petroglifos na parroquia de Ombre: A finais do mes de xaneiro de 2020, o Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos deu a coñecer a localización dun grupo de cinco penas con petroglifos na parroquia de Ombre, no límite coa da Nogueirosa. Represéntanse figuras xeométricas, salientando círculos concéntricos.
 
 

 




AS PONTES
Petroglifo da Carballeira (Pasado-As Pontes): Gravura de época indeterminada.
Vilavella: Nunha mámoa de pequenas dimensións, ao parecer sen cámara pétrea, De la Iglesia atopou a finais do século XIX un puñal sinxelo con espigo para o mango, catro puntas de frecha de forma lanceolada e espigo para a súa ensambladura ao vástago de madeira e unha diadema realizada sobre unha fina cinta de ouro, datados na transicións entre o Calcolítico e a Idade do Bronce.
 


PORTO DO SON
Abuín, Longarela e Millarade (Abuín-Baroña); Calderramos, Agro das Cartas, Fontadurín, Monte da Gurita e Outeiro da Pedra Bicuda (Baroña); Outeiro das Castañas (A Ínsua-Baroña); Buguina Grande (Montemuíño-Baroña); Baroña (entre a Igrexa e Vilar-Baroña); Campo Grande, Gourís, Légoa Seca, Pedraleirada, Esperoi, Monte do Curro e Monte dos Feáns (Caamaño); Rego do Corzo (Corzo-Caamaño); Pedras das Cruces de Campo Grande (Feáns-Caamaño); Beira da Costa, Casa das Abellas, Casa de Franco, O Castro, Curral de Abaixo, Minguels, Monte Espiñeiro, Rego do Curral de Abaixo (Esparrelle-Caamaño); Cruz de Campelos e Outeiro de Campelos (O Rosío-Caamaño); Cruce de Beneso, Eiravedra e A Silva (Goiáns); Agra do Rodo e Outeiro da Malda (Valcunqueiro-Goiáns); A Picota (Miñortos); Agra de Bustelo, Agra das Chans, Cruz de Cedeiras, Outeiro da Pena, Pedra Furada (Nebra); Devesa Real (Belga-Nebra); Raña de Queiro (Queiro-Nebra); As Pedregueiras (Beneso-Nebra); Bustelo, A Capilla do Vello, Guixoval e A Pedra das Cruces (Resúa-Nebra); Outeiro do Con e A Sobreira (Castelo-Noal); Brañas das Pozas, As Laxieles, A Rastra e Pozos da Garda (Monte Dordo-Noal); Augapedra (Castelo-Noal); Pedra da Buguina Grande (Monte Enxa, entre as parroquias de Baroña e Noal); Billicosa (Billicosa-Queiruga); Agro das Cartas (Ínsua-Queiruga); Gourís e Insuela (Queiruga); O Curro, Espiñaredo e Laxe da Sartaña (Espiñaredo-Queiruga); Porto Nadelas (Porto Nadelas- Queiruga); Légoa Seca (Tarrío-Queiruga); Cova da Louza (Xestas-Queiruga); Basoñas (Basoñas-San Pedro de Muro); Monte Pedreira (Cimadevila-San Pedro de Muro); Lagoa de San Pedro (Rial-San Pedro de Muro, este último no Centro de Interpretación de Baroña); Cacharelas (Vensoso-Xuño). 
Petroglifos de Abuín: Combinacións circulares e coviñas. 
Petroglifos do Agro das Cartas: Cazoletas e coviñas moi erosionadas. 
Petroglifos do Agro do Rodo: Combinación circular e coviñas. Noutra pena vese un zoomorfo. 
Petroglifos de Basoñas: Sobre un batolito aparece representado o que pode ser un ídolo tipo Peña Tu, cunto con coviñas e outros motivos. No Centro de Interpretación do castro de Baroña está depositada unha pedra con gravuras de círculos concéntricos procedente da Lagoa de Basoñas. 
Petroglifos da Braña das Pozas: Representación dun grupo de cérvidos. 
Petroglifos da Buguina Grande: Combinación circular con cazoleta central e radio que se prolonga cara o exterior. 
Petroglifos de Calderramos: Coviñas, sucos e unha combinación circular. 
Petroglifos das Cartas: Coviñas moi erosionadas. 
Petroglifos do Castro (Esparrelle): Na estación catalogada como número 4 vense máis de 70 cruciformes e outros motivos.      
Petroglifos da Cova da Louza: Sete penas con gravuras. 
Petroglifos do Curro: Cinco penas con combinación circular e cazoletas, cérvidos e outros motivos.         
Petroglifos de Eiravedra: Rocha con cazoletas.       
Petroglifos de Espiñaredo: Unha das pedras presenta unha inscultura dun puñal de folla triangular con mango. Noutra vense dúas espirais destroxiras e outros motivos xeométricos. 
Petroglifos de Fontadurín: Combinación circular e coviñas.      
Petroglifo da Lagoa de San Pedro: Foi trasladado ao Centro de Interpretación do Castro de Baroña. 
Petroglifos da Lagoa Seca: Sete penas con coviñas, zoomorfos, cruciformes e outras representacións.      
Petroglifos da Laxe da Sartaña: Recibe o nome pola presenza dun motivo, moderno, que lembra a unha tixola ou sartaña. Gran cantidade de cervos avanzando en manada, algúns con cornamenta, rabo, orellas e falo. Chama a atención un motivo que Vázquez Rozas interpreta coma un cánido. Tamén se pode ver unha representación que algúns autores identifican coma unha escea de equitación. 
Petroglifos do Monte da Gurita: O grupo principal é unha das estacións con representacións zoomorfas máis interesantes de Galiza, con máis de corenta insculturas de cervos machos con cornamenta e outros zoomorfos e a figura esquematizada dun motivo solar. 
Petroglifos do Monte Pedreira: Seis cervos, un cun posible reticulado na cornamenta. 
Petroglifos do Outeiro de Campelos: Presenta tres cérvidos, ordenados de maior a menor. O primeiro, de máis dun metro de alto e outro tanto de ancho, ten unha cornamenta ramificada, rabo e atributos sexuais masculinos. 
Petroglifos do Outeiro da Malda: Dúas rochas con tipoloxía abstracta.      
Petroglifos de Pedra Bicuda: O motivo máis chamativo e un gran cervo con cornamenta ramificada e atributos sexuais masculinos. 
Petroglifos das Pedregueiras: Alfabetiformes modernos e coviñas. 
Petroglifos da Picota: Pedra con combinacións circulares.
Petroglifos de Porto Nadelas: Descubertos por José Antonio Gavilanes en xullo de 2022. Trátase dunha aliñación formada por 12 coviñas, orientadas N-S, cun tamaño que oscila entre os 3 e 6 centímetros de diámetro. Hai varias coviñas esparexidas pola mesma pena.     
Petroglifos dos Pozos da Garda: Con representacións de animais, posiblemente cervos, onde salienta un macho dotado de cornamenta. 
Petroglifos da Rastra: Combinacións circulares, unha cun zoomorfo asociado, e cazoletas. 
Petroglifos do Rego do Corzo: Nove penas con coviñas, combinacións circulares e zoomorfos.       
Xacementos calcolíticos de Cabeiro e de Xebrín (Noal). 
Chan da Raña: Apareceu un machado de bronce. Atópase no Centro de Interpretación do Castro de Baroña.
 





  
 

 


 
 
RIANXO
Monte Pedride (O Vilar-O Araño); A Barra, Monte Pelotiño (Somoza-Asados); Outeiro do Moucho (Quintáns-Isorna); Abuín (Abuín-Leiro); Outeiro do Gordo e Sobrelodeiro (Brión-Leiro); Os Campiños (Monte Lioira-Leiro); Meiquiz, A Pedreira, Os Campos, Agro da Foxa Vella (Monte Pilotiño-Leiro); Os Mouchos e Praia das Cunchas (Praia das Cunchas-Leiro); Monte da Pena (O Barral-Rianxo); Rianxiño (Rianxo).
Petroglifos do Agro da Foxa Vella: Gravuras de armas e círculos concéntricos prehistóricos acompañados de cruciformes modernos, distribuídas en varias áreas de dispersión.
Petroglifos do Monte Pilotiño: No ano 2007, a empresa Norfor (filial de Ence) arrasou a estación, removendo e danando as pedras.
Petroglifos dos Mouchos: Petroglifos distribuídos en catro superficies graníticas. Presentan cervos con cornamenta onde destaca un gran cervo coa cabeza xirando cara o seu lombo, sobre o que aparece unha figura antropomorfa, e dous cervos máis pequenos. No mes de agosto de 2015 o Concello de Rianxo denunciou ante Patrimonio e a policía autonómica unha agresión aos petroglifos. Os agresores marcaron con pintura de cor branca as súas mans nun dos paneis. 
Depósito de Monte Lioira: Na finca Revolada da Cana apareceron puñais  do Bronce Medio, datados entre o 2500 e o 1500 a.C. 
Segundo o artigo Prospección intensiva de grabados rupestres en el ayuntamiento de Rianxo (A Coruña), publicado no Boletín do Museo Provincial de Lugo por Andrés Bonilla Rodríguez, Alejandro Parga Castro e Antonio Torres Álvarez, no concello catalogáronse varios conxuntos, algúns dos cales presentan varios subgrupos: Brión, Sobrelodeiro, Frexó, A Foxa Vella, Monte Pelotiña, Monte Loiro, Monte Picoto, Os Mouchos, Abuín, Rial, Enseada de Leiro, Insua, Sestelo, Isorna, Monte Ceán, Toural, Castiñeiras, Os Campos, Outeiro Gordo, Espiñeira, Alto do Corniño, Devesa de Rianxiño, Pedreira e Pozos onde se poden ver cazoletas, motivos circulares, representacións de animais, antropomorfos, armas, quiromorfos, podomorfos, reticulados, rectángulos, zigue-zagues, ondulados, cruciformes e motivos xeométricos diversos.



 

RIBEIRA  
Praia do Prado (Corrubedo); Bretal (Olveira); Pedra das Cabras (Figueirido-Palmeira); Pedra da Ra (Mourelos-Palmeira); Cabuxas (Palmeira); Petroglifo nun muro dunha casa (Ribeira); San Alberte (xunto a ermida de San Alberte-Ribeira); Couto do Deán. 
Petroglifo de Axeitos: A 50 m da Anta de Axeitos había un petroglifo con representacións de zoomorfos que foi destruído polos labores agrícolas. 
Petroglifo de Bretal: Presentaba a figura esquemática dunha figura humana. Desaparecido. 
Petroglifos Pedra das Cabras: Trátase de dúas figuras zoomorfas que semellan unhas cabras, con cornos rectos, rabo e ollo representado cunha coviña. Chaman a atención as patas, tres dianteiras e tres traseiras. 
Petroglifos da Praia do Prado: De época medieval, presenta insculpidas unha espada, un serpentiforme e dúas cazoletas. A finais de febreiro de 2011, durante as obras da depuradora, promovidas pola Xunta de Galicia, a pedra foi tapada con terra e cascallos. A inquietude que provocou entre a xente este novo atentado contra o patrimonio fixo que o Concello obrigara á empresa a devolver o petroglifo ao seu estado anterior. Agora falta avaliar se sufriu algún tipo de deterioro.    
Asentamento dos Pericos (Couso-Aguiño): Presenta unha ocupación dende a Idade do Bronce á época romana. Apareceron restos de cerámica campaniforme. 
Colar do Monte dos Mouros: Aquí quero facer unha aclaración. O día 29 de marzo de 2017, Víctor Barbeito, arqueólogo do Centro Arqueolóxico do Barbanza, púxose en contacto conmigo para interesarse por unha peza, a "gargantilla do Monte dos Mouros", que eu tiña como atopada na parroquia de Oleiros (Ribeira) e que el descoñecía. Despois de comprobalo caín na conta de que non era descoñecemento pola súa parte, senón que eu a tiña mal ubicada, sendo o seu lugar de procedencia a parroquia de Oleiros, pero no concello de Toques. Desculpas polo erro.
  
 

ROIS
Petroglifo do Castro do Socastro: Pedra exenta con combinacións circulares custodiada no Museo do Castelo de San Antón da Coruña.   
Petroglifos do Monte Pedregal (Peracova-Buxán): Conxunto de cinco penedas con gravuras. 
Cruceiro de Vilar: O cruceiro asenta sobre unha base granítica con cazoletas.

 

SAN SADURNIÑO
Igrexafeita: Lindeiro coa parroquia de Recemel, no concello de As Somozas. Trátase dun altar nun batolito granítico que conserva varios banzos dunha escada tallados na rocha, cazoletas e o rostro dunha figura humana, posiblemente de época medieval.
Petroglifos Penas Louseiras (Naraío): Pedra de lousa con coviñas.
Pico Ferreira: Situado a 355 metros de altitude. No cumio hai unha gran rocha cunha tumba antropomórfica escavada na mesma, tipo de tumbas pouco habituais nesta parte de Galicia. Cóntase que xunto a pena había unha ermida coa imaxe do San Vicenzo. Un bo día, os veciños decidiron trasladar a capela para o lugar onde se ergue a actual igrexa de San Paio de Ferreira. Mais o santo non estaba cómodo no novo emprazamento polo que todas as noites subía ao Pico Ferreira para durmir na súa cama (o sepulcro antropomorfo). Os veciños, cansos de ter que ir a buscalo cada mañá, acordaron encadealo, único xeito de que non fuxira cada noite. Asegúrase que se o ceiban das cadeas co que o ataron, o San Vicenzo volvería a escapar para o lugar de orixe. Hai varias penas con pías naturais pero tamén con coviñas feitas pola man do home, acompañadas por cruces
 

 

SANTA COMBA
Depósito de Cícere: O conxunto de xoias de Cícere foi atopado por un plateiro de Carballo durante a II República, e entregado por este ao doutor Abelenda. As súas fillas, cumprindo o desexo do seu pai, depositáronno no museo. Aínda que nun principio creuse que formaba parte do enxoval dunha mámoa, a ausencia de restos de tumulos no lugar non permite confirmar esta orixe. O folclore da zona si fala de que alí habitaban os mouros. O tesouro está formado por dúas láminas lisas, unha lámina de tiras, posibles fragmentos doutra máis pequenas e anacos doutros obxectos indeterminados. A fragmentación destas pezas sábese que foi debido á súa reutilización como parches para zocos por parte dun dos seus descubridores, ao confundir o ouro con latón. As pezas foron elaboradas a partir de láminas de ouro que se recortaban ou perforaban con punzóns nos extremos para conseguir un sistema de peche. As láminas lisas quizais fosen diademas, mentres que a de tiras é interpretada como gargantilla. Este tipo de xoias aparecen bastante estendidas ao longo da fachada atlántica europea en tempos calcolíticos e do Bronce Inicial (2500-2000 a.C.). O ouro de Cícere é probablemente de orixe local, obtido por bateo de areas auríferas de río
 

SANTIAGO DE COMPOSTELA
Castriño de Conxo (Conxo); A Pedra que Fala (Vilar do Rei-Fecha); Campo, Chan de Figueiras, Codesedas, Monte Correxín e Monte Pedroso (Figueiras); Monte Toutón e Pena Chás (Correxíns-Figueiras); Recinto da escola unitaria de Feáns (Feáns-Villestro); Pedra Mencía, Tras da Igrexa (Portela-Villestro); Agro do Campo, Devesa da Rula, Pedra da Loba ou Cortellas, Portela, O Rexío, O Valado ou Manuel Romero (Portela-Villestro); Monte de San Miguel (Portela-Villestro); Silvouta (Silvouta-Villestro); Vilastrexe (Villestro); Barrosa, Monte Aberto, Os Valados (Roxos-Villestro); Prisanseira (Silvouta-Villestro); O Souto (O Souto-Villestro).  Campo.
Petroglifos de Correxíns, Monte Aberto, Monte Pedroso e Tras Igrexa: Círculos concéntricos.
Petroglifos do Castriño de Conxo: Motivos insculpidos sobre unha rocha situada no parapeito superior do Castriño de Conxo. Vense espadas, puñais e alabardas, ademais duns motivos triangulares sobre os que non existe consenso canto á súa interpretación aínda que todo apunta a que sexan representacións de escudos. Conxunto realizado como símbolo de poder e de prestixio social. Dado a coñecer por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza e publicado no Faro de Vigo no ano 1935 polo seu pai, Ramón Sobrino Buhigas. Gustavo Pascual Hermida achega unha interesante hipótese no artigo Los Carros de Guerra en los Petroglifos del Noroeste Peninsular, publicado no seu blogue Más que Petroglifos. Defende que os petroglifos de forma triangular asociados a espadas, puñais e alabardas representan "carros de guerra". Ademais deste do Castriño de Conxo, nomea os da Auga da Laxe, Coto das Laxes, Coto da Aspra e Moguelos.
Petroglifos da Barrosa, Campo, Codesedas, Prisanseira, O Rexío e Vilastrexe: Cazoletas.
Petroglifos da Igrexa de Nosa Señora do Carme: Aos pés do Monte Pedroso. Unha serie de nove coviñas aliñadas de tres en tres e paralelas unhas a outras, formando un deseño rectangular interpretado como un taboleiro de xogos. 
Petroglifo da Pedra que Fala: Tamén foi utilizada polos nenos como pedra escorregadeira, xogaban a esvarar por ela.  
Petroglifos da Pedra da Loba: Integrantes do Colectivo A Rula volven a sorprendernos cun novo achado. Destas foi no mes de xullo de 2016, no monte de San Miguel, a carón da paraxe da Devesa da Rula. Salientan polas súas composicións naturalistas. Entre os motivos zoomorfos vense ata 19 cervos e cabalos distribuídos en varios grupos. Destacan un cervo macho, duns 32 cm, cunha gran cornamenta, e dúas esceas de monta. Vense tamén outras figuras xeométricas.   
Castelo da Rocha Forte (Conxo): Sobre unha pedra granítica localizouse o gravado dun taboleiro de xogos de "alquerque de IX", localizado durante unha intervención arqueolóxica no castelo medieval. A peza está fragmentada. Atópase no Museo das Peregrinacións de Santiago. 
Portabríns: Xacemento da Idade do Bronce. Apareceron fragmentos cerámicos e líticos. 
Petroglifos da Portela e San Miguel (Villestro): Luis Leclere, do Colectivo A Rula, localizou, no mes de abril de 2014, o que pode ser a maior mostra de arte rupestre ao aire libre de Compostela e quizais da comarca. No grupo da Portela pódense ver dende motivos toscos a deseños de época romana e medieval; unha das particularidades son os debuxos rectangulares. O grupo de San Miguel está formado, ao menos, por unha vintena de pedras con gravuras. 
Petroglifo do Souto: Localizado no mes de setembro de 2016. Trátase dunha combinación de tres círculos concéntricos. 
Catedral de Santiago: Alquerque de III. 
Taboleiros de xogo na Colexiata de Santa María do Sar: Situados nun bancada no lateral románico do claustro. Trátase de dous taboleiros de xogo medievais. O primeiro é un deseño triangular con varios sucos rectilíneos que se cruzan no eixo central formando unha especie de estrela, cunha coviña no punto de unión; trataríase dun posible taboleiro para o xogar ao "pai, fillo, nai", mais non secoñecen outros deseños semellantes en Galicia. Ao seu carón, en mal estado de conservación, hai un alquerque de doce rectangular. (Información e foto extraída da páxina do Colectivo A Rula).     
Alquerque en San Lourenzo de Trasouto: O día 23 de agosto de 2015 vin no Facebook que Lito Sande colgaba unha foto dun alquerque situado na igrexa de San Lourenzo de Trasouto, taboleiro, se non inédito, practicamente descoñecido. Díxome Lito, quen sen dubidalo me deu permiso para publicar a súa foto e a información tan pronto como lla pedín, que se atopa á dereita da igrexa, nunha pedra do chan, entre os contrafortes. 
Alquerques no convento de Santa Clara: Lito Sande sorprendeume un día despois con con catro novos alquerques que, coma no caso anterior, tamén descoñecía, gravados no chan, á man dereita da porta. Pero a cousa non rematou aí: a súa irmá, Gloria Sande, localizou un total de 17!. A maior parte dos taboleiros atópanse nas escaleiras, na parte alta do adro, no pasillo cuberto de acceso á igrexa e na portería do xardín. Algúns perderon parte da figura, e outros atópanse en bastante mal estado de conservación. Os alquerques máis numerosos son os de tres (14), un posible de nove e dous de doce. Trátase da maior concentración de alquerques de Galicia. Trátase da maior concentración de alquerques de Galicia. 
Desfeita nos petroglifos de Villestro: Os días 28 e 29 de xullo de 2016 un incendio no monte de San Miguel da Portela danou gravemente catorce dos dezaoito petroglifos da Devesa da Rula, un, o do Agro do Campo, foi destruído despois de que unha máquina encargada de realizar un cortalumes pasase sobre a pedra coas gravuras. Mais como sinalou Pablo Sanmartín, do colectivo A Rula, moitos dos efectos non se coñecerán ata dentro duns meses xa que haberá que valorar o efecto da calor. O que si se aprecia claramente é que os liques resultaron queimados, ademais do ennegrecemento das pedras. Agora queda por coñecer as alteracións provocadas pola termoclastia, é dicir, a fragmentación da capa superficial da rocha despois das altas temperaturas sufridas. Un dos petroglifos afectados foi o recentemente descuberto da Pedra da Loba, o primeiro con motivos naturalista do concello. Dende o colectivo A Rula veñen denunciando que estas estacións estaban cubertas por mesta vexetación debido á falla de conservación e de medidas preventivas que levan solicitado dende hai tempo.
  

 
 


 

 

SANTISO 
Petroglifos da Regada (Riazón-San Romao): Trátase dos primeiros petroglifos documentados no concello. Con motivo dos traballos de seguemento arqueolóxico das obras da autovía Santiago-Lugo (tramo Arzúa-Melide), os arqueólogos da empresa AXA S.C. identificaron estes petroglifos no ámbito do trazado, nun interfluvio dos regos de Boente e Valverde. Na parte superior dunha pena de lousa vense 25 coviñas de clara formación antrópica e que mesmo semellan forma composicións intencionadas en aliñacións parellas. Aínda que é o primeiro documentado no concello, Xosé Manuel Broz, no libro Santiso na Terra de Abeancos recolle unha referencia a unha ferradura gravada por riba da Pena Maior, no monte de Pezobre. (Recollido do facebook do Museo da Terra de Melide). 
Machado: No castro de Vimianzo apareceu un machado de talón de dous aneis de 255 por 50 mm que foi a parar á colección Álvarez Carballido de Melide. Citado por López Cuevillas e Bouza Brey (1929).
 

SOBRADO DOS MONXES
Petroglifos do Rego de Lesta (Vallo-Nogueira).
Xacemento da Idade do Bronce (Cumbraos): No mes de agosto de 1925 descubríronse debaixo dunha pedra e envoltos nunha camada de carbón 7 machados de talón de dous aneis. Citados por Ángel del Castillo e por López Cuevillas e Bouza Brey. 
Machado (Nogueira): Machado de bronce citado por López Cuevillas e Bouza Brey (1929). De forma triangular, cunhas medidas de 148 por 65 mm. Atopábase en poder dun veciño de Nogueira.  

AS SOMOZAS
Na parroquia de Recemel, no límite coa parroquia de Igrexafeita (San Sadurniño), sobre un aflotamento granítico, atópase un posible altar con escanos tallados na rocha, cazoletas e a gravura dunha cara, posiblemente de época medieval.

TEO
Castro de Francos (Calo, na actualidade no Museo do Pobo Galego); Estivada do Vilar (Montouto-Cacheiras); Pegadas de San Simón (Requián-Cacheiras); Monte do Río Angueira e Outeiro do Corno (monte Cornide-Calo); Cruceiro Vello e Mouromorto (Mouromorto-Calo); Petroglifos nunha casa de Lampai (Lampai); Pena Bicuda de Regoufe (Luou); Agro da Cacharroa e Pedra Bicuda (Luou); Chan do Pouso, O Fondao, Outeiro da Chan do Pouso e Outeiro Piquiño (Loureiro-Luou); Estivada dos Mallos e Laxe da Abaixo (Mallos-Teo). 
Pegadas de San Simón: Unha rocha con dous rebaixes en forma de pé (posibles podomorfos) situados na parte máis alta da pedra.  
Petroglifos en Lampai: Descubertos polo colectivo A Rula en xuño de 2022. Reutilizado nun perpiaño dunha vivenda situada fronte a igrexa de Santa María de Lampai. Aprécianse dúas combinacións circulares, unha con rebordo de coviñas. Hai restos doutros motivos que polo seu desgaste son de difícil interpretación.   
Petroglifos do Cruceiro Vello: Dúas combinacións circulares de tres círculos concéntricos e coviñas. 
Petroglifos da Estivada dos Mallos: Dado a coñecer por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza no ano 1935. Sobre unha superficie inclinada vense círculos concéntricos con coviñas e liñas radiais, coviñas e cruciformes. 
Petroglifos da Estivada do Vilar: Xunto unha pista forestal, laxe con coviñas e cruces históricas.     
Petroglifos do Fondao: Pena con combinacións circulares que arrodean un motivo de difícil interpretación, unha especie de escutiforme ou antropomorfo dende onde saen varias liñas en dirección a algunhas combinacións. 
Petroglifos do Monte Cornide: Conxunto formado por tres estacións con motivos de combinacións circulares e cazoletas; unha das penas presenta un cérvido con cornamenta moi erosionado. 
Petroglifos do Mouromorto: Un incendio forestal o día 30 de xuño de 2015 afectou ao monte, orixinado no mesmo Castro Mouro, situado no Socastro, afectando gravemente aos petroglifos do Mouromorto e a dúas mámoas situadas no mesmo lugar. O intenso calor puído ocasionar termoplastos (a pedra estaba a fracturarse). Ata o lugar achegouse Pablo Sanmartín, do colectivo A Rula, quen puído observar, que a pesares do ennegrecemento da pedra, os danos poden ser recuperables. A gravuta está na parte central dunha pena situada na tona da terra. Trátase dunha combinación circular dunhs 60 centímetros de diámetro formada por cinco círculos concénticos e unha cazoleta central da que parten catro raios ata o círculo exterior. A escasos centímetros do círculo hai unha coviña. Tamén hai unha segunda combinación dun círculo con coviña central e outras coviñas illadas. 
Petroglifos do Monte Cornide ou do Río Angueira: Estación formada por tres rochas graníticas, unha delas coñecida dende o ano 1969. A máis interesante é a catalogada co número dous con gravuras de zoomorfos e antropomorfos e unha combinación circular na parte superior da que sobresaen varios apéndices. O máis salientable son as esceas de monta, unha sobre un cervo e cervos con cornamenta. 
Petroglifos do Outeiro do Corno: Tres grupos de petroglifos. Un presenta un motivo cuadrangular con trazos paralelos e na parte superior unha aliñación de coviñas. Debaixo hai un cuadrúpede, e á esquerda un puñal de folla triangular. Non moi lonxe, monte arriba, atópanse algunhas penas con cazoletas e un reticulado. 
Xacementos da Idade do Bronce do Tras do Pego (A Ramallosa-Lucí); Monte da Cruz e Monte da Lagoa (Luou).

 


 


TOQUES
Castro da Graña; A Pena Moura (A Moruxoxa-Paradela); Os Vilares (Paradela); Pena Ferrada (Vilouriz). 
Petroglifo no Castro da Graña: Dentro do recinto hai unha rocha granítica cunha coviña. 
Petroglifos da Pena Ferrada (Entre Vilouriz e Vilamor): Situados no trazado do Camiño Primitivo a Santiago, posible vía romana XIX, entre a aldea de Vilouriz e a igrexa de Vilamor. Presenta dous motivos podomorfos e unha coviña. Segundo a lenda, recollida por Xosé Manuel Broz, cando un peregrino ía de camiño, a cabalería que o levaba axeonllouse, deixando as pegadas das ferraduras e do xeonllo na pena. Outra versión atribúea cando a Virxe ía de camiño co Neno a burra axeonllouse e deixou as súas pegadas da ferradura e da rodela. No mes de abril de 2019 saíu á luz pública a noticia de que a arqueóloga Cristina Vázquez Neira e o arqueólogo Xurxo Broz denunciaron ante o Seprona, o Concello de Toques e a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural sobre a desprotección destes petroglifos situados a carón do Camiño Primitivo, que xa foi obxecto de varias agresións. Reclaman a instalación dun panel que informe de que se trata dun elemento patrimonial protexido e, polo tanto, non se poden realizar sobre el ningún tipo de actuacións que o danen. Cristina e Xurxo tamén alertan de destrozos causados en varios tramos do camiño xacobeo. Lamentan que dende que llo comunicaron ás autoridades competentes, o pasado mes de setembro, aínda non se fixera nada para previr e evitar as desfeitas. Ante a desidia do Concello de Toques, no mes de outubro de 2019 a xente do Museo da Terra de Melide colocou un cartaz xunto os petroglifos para dar a coñecer a súa importancia e evitar as agresións. 
Petroglifo dos Vilares: Por información achegada por Cristina Vázquez Neira e Xurxo Broz Rodríguez, do Museo da Terra de Melide, trátase dunha pedra de granito que forma parte do aparello dun valado que fai de talude dun prado. Mide 1,18 metros de altura e 1,27 de ancho. Presenta, ao menos, 28 coviñas gravadas na superficie, formando combinacións intencionadas. A foto, en branco e negro, é dos anos oitenta. 
Cruciforme: Nas inmediacións do Alto do Corisco, entre as parroquias da Capela e Paradela, hai un cruciforme de termo, ademais de dous marcos sen gravuras territorial. (Achegado polo Museo da Terra de Melide). 
Bronce de Requeán (Bragaña-Ordes): A pesares de estar catalogado, no ano 2006 construíuse unha vivenda unifamiliar e unha nave sobre este xacemento da Idade do Bronce. 
Castro de Oleiros (San Martiño de Oleiros): Apareceu un machado de talón dun anel de 142 mm de longo que se atopaba na colección de Alfredo Álvarez de Melide. Citado por López Cuevillas e Bouza Brey (1929). 
Colar e pulseira do Monte dos Mouros (San Martiño de Oleiros): No 1867, ao roturar un terreo, atopáronse unha pulseira de ouro datada entre o 1200-800 a. C. e uns colares de tiras, tamén de ouro, datados entre o 1800-1600 a.C. Os colares están formados por dúas bandas laminares curvadas en forma cilíndrica. Estas pezas foron citadas, entre outros, por Barreiro (1888) que di que podería proceder dun túmulo, se ben tamén podería ser dun acubillo, por Villa-Amil (1906) e por Bouza Brey e Cuevillas no 1929. Cando ían ser vendidas en Santiago foron detectadas e adquiridas por Blanco Cicerón, pasando posteriormente á colección de Álvaro Gil Varela. Na actualidade atópanse no Museo Provincial de Lugo.    
Os Curros (A Capela): Xacemento da Idade do Bronce documentado por Criado Boado no ano 1989. Recuperáronse 73 fragmentos cerámicos. 
A Insua (A Capela): Apareceron fragmentos cerámicos e líticos, entre os que se encontran, ao menos, 28 anacos de vasillas distintas con decoración de tradición campaniforme. 
A Lagoa: Xacemento da Idade do Bronce sondeado por Criado Boado no ano 1987. Méndez Fernández, nos anos 1988 e 1992 localizou tres unidades de ocupación con zanxas e buratos de poste que corresponderían a fondos de cabanas. Recolléronse máis de 4.000 anacos de cerámicas lisas e decoradas de tradición campaniforme xunto con case 200 líticos. 
Leira Nova (A Capela): Xacemento da Idade do Bronce documentado por Criado Boado no ano 1998. Apareceron anacos cerámicos, dous deles campaniformes. 
Mirallos (Brañas): Saíron á luz 99 anacos cerámicos e nove líticos adscritos á Idade do Bronce. 
Monte das Penas (Paradela): Idade do Bronce. Foron localizados unha peza de pedra puída de forma circular con perforación central e un puñal de espigo.        
Morcigueira (A Capela): Xacemento localizado no ano 1981. Sondeado por Criado Boado nos anos 1984 e 1988. Parcialmente destruído por labouras agrícolas. Apareceron varias estruturas de pequenas dimensións, así como materiais cerámicos e líticos.  
Xacementos da Idade do Bronce de Pena Martiña (Brañas); Fonte da Xesta (Capela); Pena Grande (Oleiros); Chousa da Trapa (Vilamor)
 



 

 

TORDOIA
Pena do Corvo (Bardaos), lindeira coa parroquia de Xesteda (Cerceda); Vilarescuro (Cabaleiros); Castro de Viladabade (Viladabade).
Petroglifo do Castro de Viladabade: Nun socalco derrubado do castro apareceu un petroglifo, hoxe en día desaparecido, con círculos concéntricos incompletos con cazoleta central e sucos de entrada ou saída. 
Petroglifos de Vilarescuro: Lindeiro co concello de Trazo. Rocha con círculos concéntricos e cazoletas. 
Machados do Castro da Croa (Bardaos): Atopáronse unha trintena de machados de tope con dous aneis pertencentes ao Bronce Final.
 
 

TOURO 
Petroglifos da Pena Furada: Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza fala dun probable petroglifo na parroquia de San Martiño de Calvos, segundo unha referencia que lle facilitou Adolfo Calvo. Esta era a única información da que dispuña dende hai anos, pero no mes de decembro de 2017, Pablo Sanmartín, do Colectivo A Rula, localizouno no Monte da Pena Furada, na beira do coñecido como Camiño das Chousas que cruza o monte e enlaza coa estrada que comunica as parroquias de Calvos e Circes. Coviñas e coviñas unidas por sucos.
 

VAL DO DUBRA
Portomeiro: A raíz da explotación de mineral de cuarzo que había no Castelo de Portomeiro, ademais de destruír parte do castro, os veciños denunciaron tamén a desaparición de varias rochas con petroglifos. Consérvanse algunhas gravuras históricas (cruces e coviñas).
Petroglifo do Gavis (Xermil-San Román): Localizado no mes de abril de 2021 pola empresa Zeta Arqueoloxía ao facer o informe dun dos parques eólicos prroxectados no concello. Sobre unha pena de xisto vese unha combinación de cinco círculos concéntricos con coviña central. (Información extractada recollida da páxina do Colectivo A Rula).
Petroglifos do Rozado Grande (A Bugalleira-Santa María de San Román): Localizado no mes de setembro de 2022 pola asociación Vento Libre de San Román. Coviñas e pías de distintos tamaños. (Recollido do Colectivo A Rula).
Puñal: López Cuevillas e Bouza Brey (1929) citan a aparición dun puñal de bronce co espeto en lingüeta, de 475 por 90 mm, con decoración riscada ao longo da folla. Din que foi a parar ao Museo Pontificio de Santiago. 
 
 
VEDRA
Petroglifos do Peto (Merín): Cando o control arqueolóxico da autostrada Santiago-Alto de San Domingos saíron á luz varias rochas con gravuras de cazoletas e círculos concéntricos reutilizadas nun xacemento mineirometalúrxico da Idade do Ferro.
Xacemento do Monte da Golga (Caxeraville-Sarandón): Fragmentos cerámicos da Idade do Bronce. Xacemento das Penizas (Trobe): Apareceron cerámicas lisas e dous fragmentos de tipo campaniforme. Veiga de Xián (Sarandón): Xacemento da Idade do Bronce. Xacemento da Devesa do Rei (Pousada de Arriba-Vedra): Da Idade do Bronce. Xacemento de Chao de Cartas (Pousada de Arriba-Vedra): Materiais líticos en sílex e cristal de rocha, e cerámicos que inclúe fragmentos campaniformes. Xacemento da Fontela (Roelle-Vedra): Nos traballos da autostrada Santiago-Ourense localizáronse varias pezas cerámicas, entre elas un fragmento con decoración campaniforme; tamén unha ducia de estruturas, catro prehistóricas; O Penedo Branco (O Outeiro-Vilanova): Xacemento da idade do Bronce.
 

VILARMAIOR
Pena Branca (A Castañeira Vella-Grandal); Belsar, Fontevella (Belsar-Torres); Coto Abeledo e Monte Grande (O Curro-Torres); Chousa do Tras, Pena da Zoca (As Curuxas-Torres); Bordello, Rego de Pazos, Roza Nova, Tras da Igrexa (A Eirexa-Torres); O Caínzo (Gabín-Torres); O Castro, A Chousa (A Laxe-Torres); Chousa da Vella, Lamelas, O Pleito (Picote-Torres); Calvela de Abaixo, Calvela de Arriba, A Chaira, Chousa de Calvela, Chousa do Montañés, Chousa do PenedoChousa da Vella, Coto da Fraga, Fonte Vella, Maceira, Monte da Calvela, O RevoltoTras a Laxe (Torres); Súa Lomba (O Barrio-Vilarmaior); A Armada (A Armada-Vilarmaior); O Torreiro (Vilarmaior); Anido, Gaián (O Areal-Vilamateo); Chousa do Monte (O Campo-Vilamateo); Chousa de Anido, Chousa do Cerquido, Chousa da Peneda (Cernadas-Vilamateo); Pena Cadeira (Espeldoña-Vilamateo); Lugarexo e O Regueiro (O Lugarexo-Vilamateo); A Parrocha, Penedo do Boi (O Marco do Río-Vilamateo). 
Petroglifos da Calvela: Sete penas con gravuras. Unha con figuras antropomorfas, unha de dobre trazo. Outra presenta unha figura antropomorfa esquemática cun motivo cuadrangular asociado. 
Petroglifos da Chousa do Anido: Cinco paneis con círculos concéntricos, círculos simples, algúns con coviña central, e semicírculos. 
Petroglifos da Chousa do Monte: Formada por nove grupos con combinacións circulares, círculos, semicírculos, cazoletas e un reticulado. 
Petroglifos da Chousa da Peneda: Catro grupos con combinacións de círculos concéntricos con cazoleta central, coviñas e unha cruz patada. 
Petroglifos da Chosua da Vella: Seis paneis con gravuras situados na aba do Monte do Castro. Combinacións de círculos, algúns con cazoleta central e suco de saída, figuras xeométricas, semicírculos, unha figura antropomorfa que pode representar unha deidade e coviñas. 
Petroglifos do Lugarexo: Cinco penas con gravuras.  
Petroglifos do Monte Grande: Dous paneis cun semicírculo e coviñas e unha figura de lazo, quizais de factura moderna. 
Petroglifos da Pena Branca: Con cazoletas e círculos concéntricos. A tradición oral fala doutros motivos: cruces, esvásticas, espirais, caras..., que se atoparían na parte inferior. 
Petroglifos da Peneda: Dúas penas con gravuras.  
Petroglifos do Penedo do Boi: Formado por dous grupos de petroglifos con combinacións de círculos concéntricos. Nunha das penas podemos ver unha enorme combinación de 158 cm L-O e 144 cm N-S con oito aneis concéntricos completos e un noveno incompleto. 
Petroglifos do Rego de Pazos: Pedras con combinacións circulares, moitas con sucos de saída e unha asociada a figuras xeométricas. 
Petroglifos do Revolto: Seis penas con petroglifos. 
Petroglifos de Súa Lomba: Seis grupos con círculos concéntricos, semicírculos, figuras de forma cuadrangular e cazoletas. 
Petroglifos do Torreiro: É unha das zonas máis interesantes, situada ao oeste do regueiro de Monduriz. Trece grupos con gravuras de combinación de círculos concéntricos con cazoleta central e suco de saída e coviñas. Un dos paneis foi arrasado cando se fixo a deforestación e limpeza do monte con maquinaria.



  
 
 


VIMIANZO
Pedra da Vela (Manlle-Baíñas); A Devesa (Padreiro de Arriba-Baíñas); Boallo, Pedra Mosqueiro e Outeiro do Recosto (Boallo-Berdoias); Os Pedrouzos (Berdoias); O Pedrouzo (Baíñas); Monte de Vadalama (O Penedo-Calo); Chan da Insua (A Casiña-Carnés); Pedra dos Letreiros ou Pedra do Noco (Carnés); Alto da Laxe (Lavandeira-Castrelo); Vilaseco (Vilaseco-Castrelo); Outeiro do Corno ou Outeiro Cornado (Cubes-Tines).
Petroglifos descubertos por David Roget que foron visitados por integrantes do Colectivo A Rula: Prado da Cruz (2 estacións), Cruz de Loureiro (3 estacións), Prado Vello (3 estacións), Prado Vello de Arriba (1 estación), O Campo (3 estacións), Somontemio/Monte da Casa das Éguas (1 estación), Prado de Trasariz (1 estación).
Petroglifos en Boallo: Varias penas con gravuras de círculos concéntricos con coviña central, coviñas con apéndice, etc.  
Petroglifos da Pedra dos Letreiros: Dado a coñecer por Barros Sibelo no ano 1873. 
Pedra da Vela: A Dirección Xeral de Industria autorizou no mes de setembro de 2013 o parque eólico Alto da Croa, que afecta a montes da parroquia de Baíñas, situado na área de cautela do petroglifo, ademais das tres mámoas das Fontiñas. No Boletín Oficial da Provincia da Coruña, publicado o día 18 de outubro de 2013, na listaxe de alegacións, non se inclúe ningunha característica patrimonial polo que ADEGA solicitou un novo estudo de impacto ambiental.   
Petroglifos do Pedrouzo (Baíñas): Descuberto no ano 2003. Presenta círculos concéntricos, cazoletas, espirais e cruces. En xullo do ano 2009 celebrouse o Obradoiro de Arte Rupestre nos petroglifos de O Pedrouzo, no marco das Xornadas de Dinamización do Patrimonio Cultural 2009, organizado polo Concello de Vimianzo, no que arqueólogos e veciños participaron na recuperación das gravuras. 
Petroglifos dos Pedrouzos (Berdoias): Descubertos por uns cazadores no ano 2016. Círculos concéntricos e coviñas.


 

ZAS
O Valouco (Baio): No mes de outubro de 2011, nos traballos de seguemento por mor das obras da autostrada da Costa da Morte, saíu á luz un asentamento cunha cronoloxía comprendida entre o finais do cuarto e inicios do segundo milenio antes de Cristo. Apareceron fondos de cabana de varias tipoloxías, 27 fosas circulares e ovaladas, 35 buratos de poste, unha estrutura de combustión e un fogar, 62 pezas cerámicas e 22 líticas.



Xabier Moure
Petroglifos de Galiza/Galicia (Provincia da Coruña)
o noso patrimonio