* Distribución dos mosteiros e conventos en Galicia

Nas entradas adicadas aos mosteiros, conventos e priorados das catro provincias galegas achego un total de 519 (A Coruña: 130. Lugo: 182. Ourense: 114. Pontevedra: 93), pero de 281 descoñécese a situación exacta, dalgúns sequera de forma aproximada, dos que só sabemos da súa existencia pola imprecisa documentación escrita, polos restos arqueolóxicos reutilizados noutras construcións, pola toponimia ou pola tradición oral (A Coruña: 61. Lugo: 121. Ourense: 58. Pontevedra: 41). Si se coñecen, en distinto estado de conservación, un total de 238 (A Coruña: 69. Lugo: 61. Ourense: 56. Pontevedra: 52). Tamén recollo unha trintena de topónimos pero, polo de agora, é co único co que contamos.

A continuación achego os mapas coa distribución por provincias. En cor VERMELLA indico os que se descoñece a situación, e en cor AZUL os que se conservan.

 






 

onosopatrimonio.blogspot.com

Xabier Moure