> Epigrafía galaico-romana en edificios cristiáns
> As mulleres na epigrafía galaico-romana en Galicia
> Patrimonio galego fóra de Galicia
> Busco información sobre inscricións galaico-romanas perdidas
EPIGRAFÍA GALAICO-ROMANA EN EDIFICOS CRISTIÁNS
Nas
entradas do blog adicadas á época romana achego máis de 900
inscricións galaico-romanas e romanas repartidas polas catro
provincias galegas. A maioría están en museos, algunhas en mans
particulares, e
158 desaparecidas das que só temos referencia porque quedaron
rexistradas documentalmente. Pero entre esas case 900 epígrafes, un
número elevado,
o 28 por cento (257),
atópanse en sitios relacionadas co culto cristián, distribuídas por
igrexas, adros-cemiterios e reitorais (e algún cruceiro), e 28 máis situadas a poucos metros.
Adoita
dicirse que moitas igrexas e capelas foron edificadas sobre
asentamentos romanos para cristianizalos. Seguramente, sábese que séculos despois da chegada do cristianismo, nalgunhas partes aínda se lle daba culto a sitios paganos. Pero seguro
que tamén se levantaron neses lugares precristiáns porque
tiñan prestixio. E tamén consideraban importantes moitas desas 257
pezas que achego, como as aras, por exemplo, que foron reutilizadas como altares cristiáns, incluso depositándolle reliquias, dándose casos de exemplares que tras o traslado da igrexa leváronas para o novo edificio, e non só en época medieval, tamén na moderna. E non é un tema menor: non só se reutilizaban pezas "paganas" como material construtivo, tamén litúrxico.
Hai traballos que tocan o tema da reutilización formulando distintas hipóteses, pero aínda quedan moitos porqués aos que responder. E creo que tamén quedan ducias por descubrir en igrexas, capelas e arruinadas rectorais.
A gran maioría das pezas que achego teñen ou tiñan epígrafe, pero tamén inclúo algunhas anepígrafas e outras que só presentan algún tipo de decoración ou escea que se preservaron, quizais, polo seu simbolismo. Non inclúo sillares, fustes, capiteis, etc. utilizados como elementos construtivos ou decorativos. Máis información nas entradas adicadas á época romana.
Ao
final achego os mapas das catro provincias coas pezas reutilizadas en
construcións cristiáns distribuídas polos distintos concellos. Ourense é a provincia con máis pezas, seguidas das da Coruña, Lugo e Pontevedra. Cómpre aclarar que esta información é sobre os datos que manexo, ao mellor hai outra máis completa que pode diferir en maior ou menor medida.
ABEGONDO
Ara: Aos Lares Viais. Localizada por Alfredo Erias Martínez no ano 1978 xunto o valo da capela de San Paio de Vilacova. Coñecida polos veciños como "O Berce", á ara achegábanse as mulleres para facer rituais fecundativos e curativos. No ano 1983 foi trasladada para o Museo das Mariñas de Betanzos, e retirada ao ano seguinte polo marqués de Loureda, dono da capela. Di Alfredo Erias (1984) que non volveu a saber dela.
ARANGA
Ara: A Xúpiter. Votiva. Atopada no ano 1967 no subsolo do presbiterio da igrexa parroquial de orixe románica de San Vicente de Fervenzas por Francisco Vales Villamarín. Conservouse na Casa reitoral ata que foi trasladada para o Museo das Mariñas de Betanzos.
Ara: A Xúpiter Óptimo Máximo. Atopada no ano 2023 ao limpar unha casa en restauración situada preto da igrexa de San Vicente de Fervenzas. En abril de 2023 ingresou no Museo das Mariñas de Betanzos.
Ara: Aos Lares Viais. Forma parte do chan da ermida do San Salvador de Pereira. Desgastada debido á posición en que se atopa.
BRIÓN
Estela: A Xúpiter Óptimo Máximo. Dada coñecer a principios do mes de xuño de 2021 polo colectivo A Rula. Situada na parte inferior dunha parede da igrexa do século XVIII de Santa María de Cornanda, en posición horizontal e semi enterrada.
CAMBRE
Inscrición: Aos deuses Manes. Desaparecida. Dá noticia dela Cornide Saavedra no ano 1789, que di que se atopaba "pasado el puente del Burgo, junto al crucero que está a la izquierda del camino antiguo de Castilla, sierviendo de mesa para descansar el Santísimo en la procesión del Corpus", afirmando que procedía das ruínas da igrexa románica de Santa María do Temple. Aínda que a inscrición dáse por desaparecida xa a mediados do século XX, no ano 1945 o director do Museo Diocesano de Santiago de Compostela (hoxe Museo da Catedral) publicara que se gardaba nesa institución, se ben continúa ilocalizable.
CERCEDA
Aras: Aos Lares Viais. Atopadas no ano 2001 cando o desmantelamento e traslado da casa reitoral de San Román das Encrobas por mor da ampliación da central térmica de Meirama. No Museo do Castelo de San Antón da Coruña.
COIRÓS
Ara: Aos Lares Viais. Empotrada na parede interior da coñecida como Botilla ou Casa do Santo (hoxe en día capela dedicada á Nosa Señora da Espenuca), situada preto da igrexa mosteiral de orixe románica da Espenuca, víase o coroamento dunha ara en cuxa superficie obsérvanse tres foculi de pequeno diámetro. No primeiro trimestre do ano 2024, a Fundación Luis Monteagudo procedeu á súa extracción. Foi trasladada para a igrexa.
Estela: No mesmo edificio da Espenuca citado anteriormente, reutilizada como lintel da porta, hai unha estela decorada cunha roda de tres radios curvos inscrita nun círculo. Na parte media hai un campo rectangular rebaixado decorado con liñas verticais en relevo. Non conserva epígrafe. No Museo das Mariñas de Betanzos exponse unha copia moderna en xeso.
CORISTANCO
Ara: A Coso Oenaego. Descuberta cara o 1910 polo presbítero de Razo, Benigno Cortés García, que deu conta do achádego no Boletín da Real Academia Galega (1912). Modificáronlle o focus para ser reutilizada como pía de auga bendita na desaparecida capela do San Roque de Nogueira onde estivo ata o ano 1961. Na actualidade atópase no patio dunha casa de Nogueira.
A CORUÑA
Igrexa de Santiago: No templo consérvanse dous pedestais honoríficos de granito que servían para soster o antigo altar da igrexa, descubertos por Andrés Martínez Salazar no ano 1897, un cunha inscrición ao emperador Marco Aurelio e a outra a Lucio Aurelio Vero. Tamén apareceron outras tres aras no interior do templo, dúas dedicadas da Fortuna e a outra a Neptuno. No Museo do Castelo de San Antón da Coruña.
Inscrición: Ceán Bermúdez (1832) fala dun cipo cunha inscrición na capela do altar de San Miguel na igrexa de Santiago da Coruña que cita a Licinio e Galieno. Descoñécese de onde tomou o dato, quizais de anacos de miliarios.
Epitafio: De Aretis. Prancha que formaba parte dun edificio funerario. Apareceu no último terzo do s. XIX na rampla de nivelación diante da capela do vello Hospital militar. No Museo do Castelo de San Antón.
CULLEREDO
Castro de San Cosme (Sésamo): A Navia Ancetolu. Murguía atribúe a Cornide a noticia da ara aparecida en Sésamo, se ben o segundo nunca citou esta localidade. O P. Fidel Fita (1903) lévaa para a Pobra de Trives. Figura recollida por Hübner na edición do CIL II (1869). Sobre o castro hai unha capela.
DUMBRÍA
Ara: A Apolo. Atopada no ano 2006 no muro dun grupo de casas preto da igrexa parroquial do século XVI de Santiago de Berdeogas. Trátase da primeira evidencia do culto a Apolo en Galicia. Ingresou no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón no ano 2019.
FISTERRA
Ara: Á Nai dos deuses. Votiva. Atopada no cemiterio da igrexa do século XVIII de San Xoán do Sardiñeiro no ano 1959. En mans privadas.
A LARACHA
Ara de Soandres: Atopada no mosteiro de Soandres. Arredor do 1600 xa formaba parte do altar, onde permaneceu ata o ano 1909 en que foi levada para a Exposición Arqueolóxica celebrada en Santiago ese ano. Focus cadrado. Posúe unha inscrición adicada a Xúpiter Óptimo Máximo, quizais a Hércules e a unha divindade ou dedicante indíxena. Conta Verea y Aguiar que foi repicada cando a visita do cardenal Jerónimo del Hoyo no ano 1608 porque, disque, incitaba ao culto pagán. No ano 1745 viuna Frei Martín Sarmiento, e logo perdéuselle a pista, sendo redescuberta por Balsa de La Vega no 1909. Lectura probable: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)/HERKV/LI/IONICO(?)/E V", ("Para Xúpiter Óptimo Máximo de Hércules Iónico?"). Distintos autores fixeron diversas lecturas, coincidindo só na primeira liña. En CIRG I dise que o texto é falso xa que toda a cara anterior foi repicada e que o texto orixinal era outro. En efecto, o proceso de borrado e regravado é de arredor do ano 1607 tal como testemuña Jerónimo del Hoyo. Estivo nos almacéns do Museo da Catedral de Santiago, na actualidade no Museo do Mar de Vigo.
Miliario: Adicado a Decentio. Atopado na igrexa do século XIX de Santiago de Vilaño durante as obras de reparación no ano 1985, reutilizado na parte superior da porta de acceso á sacristía. Despois foi trasladado á casa reitoral, reconvertida hoxe en centro cultural da Asociación de Veciños, volvendo de novo á igrexa.
LAXE
Ara de Serantes: A Coso. Durante moito tempo deuse por perdida pero atópase reutilizada como material de construción no muro lateral sur da igrexa do século XII de Santa María de Serantes.
LOUSAME
Ara de Lesende: A Navia. No ano 2006, Iago Urgorri Serantes descubriu unha ara reaproveitada nunha parede na casa reitoral de Lesende que pertencería a un habitante indíxena romanizado.
MALPICA DE BERGANTIÑOS
Prancha de Mens: Situada na igrexa mosteiral de orixe románica de Santiago de Mens. De mármore, está incrustada no altar da capela sur; a inscrición foi eliminada. Calificada por algúns autores como romana, non existen evidencias claras.
MAZARICOS
Estela: Aos deuses Manes. Funeraria. Descubriuse no ano 1980 reutilizada como material de construción, facendo de lintel dun alpendre da igrexa, do século XVI, e a casa reitoral de San Cosme de Antes. Na actualidade atópase, tumbada, no alpendre. Algunhas publicacións sitúan a estela en Brandomil (Zas), se ben é certo que a orixe pode estar en calquera dos abundantes xacementos romanos da zona.
Estela de Chacín: Aos deuses Manes. Atopada no lugar de Penas do Outeiro no ano 1984, parroquia de Pino do Val, nun terreo de labradío, situado xunto o antigo cemiterio e a igrexa do século XVI, en ruínas pero recén consolidada, de Santa Baia de Chacín. Segundo a tradición apareceron outros restos romanos. Atópase no Museo do Xallas, instalado na casa do Pazo de Santiso en Santa Comba.
Inscrición a Xúpiter: No Anuario Brigantino nº 19, Luis Monteagudo achega un debuxo coa inscrición "IOVI" (Xúpiter) gravada na mesa do altar da capela do Santo Anxo de Beba. No exterior, nunha rocha acaroada á ermida, hai outra posible inscrición á mesma deidade.
MONFERO
Ara: A Cohve Probono. Foi descuberta nos anos setenta do século XX cando a demolición da capela de Santa Baia da Torre; actuaba como pé do altar. Logo foi levada para o adro da nova ermida onde no ano 2000 foi redescuberta por Juan Sobrino Ceballo e Santiago Ramón González López quen comunicaron o achado ao Museo das Mariñas de Betanzos.
MUROS
Ara: Atopada no ano 2010, empotrada nun muro que pecha a casa reitoral de Santiago de Tal. No Museo das Peregrinacións de Santiago.
NEGREIRA
Aras: Dúas aras. Unha, atopada no ano 1876 no adro da igrexa de orixe románica de Santa Baia de Logrosa, está adicada a Xúpiter Óptimo Máximo. A segunda foi atopada no ano 1876 no muro dunha finca preto da mesma igrexa, e adicada ao mesmo deus. No Museo do Pobo Galego.
Estela: Aos deuses Manes. Partida en dous fragmentos, apareceu no adro da igrexa de orixe románica de Santa Baia de Logrosa no ano 1876. No ano 1918 actuaba como mesa de cenáculo nunha finca. Segundo Chamoso Lamas, no ano 1953 continuaba no mesmo sitio. Como dato curioso, recollido por Bouza Brey, un antigo propietario da estela ordenou que se colocara o seu cadáver durante o velorio "sobre esta alargada piedra". No Museo do Pobo Galego.
OLEIROS
Ara: A Xúpiter. Fragmento identificado no ano 1991 cando as obras de restauración da igrexa de orixe románica de Santa María de Dexo. Atópase no interior.
ORDES
Estela: Anepígrafa. Documentada no ano 1993 nos arredores do castro de Aldeanova polo arqueólogo Manuel Anxo López-Felpeto. Estaba a carón dunhas cortes, preto da igrexa de Santalla de Pereira. No Museo do Castelo de San Antón da Coruña.
OUTES
Estela: Aos deuses Manes. Funeraria. Descuberta no ano 1906 formando parte da tampa dunha sepultura en Cando. No Museo da Catedral de Santiago.
PADRÓN
Ara: A Neptuno. Segundo a lenda, a pedra ("O Pedrón") foi utilizada polos discípulos Atanasio e Teodoro para amarrar a barca que trouxo os restos do Apóstolo Santiago a Galicia. Por Jerome Münzer sábese que no ano 1494 xa estaba na igrexa, debaixo do altar maior, no mesmo sitio onde no 1572 a viu Ambrosio de Morales. Atópase na igrexa de Santiago de Padrón.
Estela: Aos deuses Manes. Foi descuberta no ano 1979 reutilizada como tampa dun sartego antropoide medieval xunto a igrexa de Santa María a Maior de Iria. Ata principios de 2023 estivo no Museo de Arte Sacra. Foi trasladada para o interior da igrexa a iniciativa da Fundación Luis Monteagudo.
PONTECESO
Ara: Aos Genio Castelli. Apareceu na igrexa de San Martiño de Cores, con orixe no século XIII, no ano 1984, reutilizada como material de construción.
Ara: A Xúpiter Óptimo Máximo. Apareceu no ano 1984 reutilizada como material de construción na igrexa de San Martiño de Cores con orixe no século XIII. Exposta na igrexa de Cores.
AS PONTES
Ara: Aos deuses e ás deusas. Atopada no ano 1963 polo cura don Enrique Rivera Rouco na ermida de Santa Olaia de Portorroibo (hoxe en día desaparecida polo avance da mina). Logo foi trasladada aos xardíns do Concello e no 2003 colocárona xunto a entrada.
Ara: Aos Lares Viais. Antes do seu traslado para o interior da igrexa de finais do século XIX do San Mamede de Somede no ano 2005, estaba apoiada no muro do cemiteiro. A igrexa actual edificouse sobre unha capela dedicada a San Mamede dos Cabalos.
PORTO DO SON
Ara: A Diana Venatrix. Votiva. Foi atopada en Montemuíño, preto da igrexa parroquial de San Pedro de Baroña no ano 1889, nunha gabia ao buscar auga, empotrada nun muro. Durante un tempo, o dono usouna como asento diante da súa casa. No Museo de Pontevedra.
Lápida: Adicada a Rufinus Seiliensis. Funeraria. Localizada no ano 1750 na praia de Seira, actuou como taboleiro do altar da igrexa de orixe románica de Santo Estevo de Queiruga ata o ano 1822 en que, por non estar consagrada, foi mandada retirar polo arcebispo Vélez. Na actualidade atópase nun lateral da igrexa parroquial.
RIANXO
Estela: Aos deuses Manes. Atopada nunha sepultura tardía nun labradío das Miráns no ano 1907. No Museo de Pontevedra.
RIBEIRA
Epígrafes: Localizados no muro do adro da igrexa parroquial do século XVI de San Martiño de Oleiros (dise que foi edificada sobre outra anterior, románica). Debido ao seu estado de conservación só se pode constatar que se trata de partes dunhas posibles inscricións romanas, funerarias ou votivas.
ROIS
Ara de Herbogo: A Erbo Erbiego ou Erbieco. Empotrada nun muro da igrexa parroquial do século XVI de San Pedro de Herbogo.
Inscrición: Nunha parede da igrexa de San Pedro de Herbogo. Rota por todos os lados, agás polo dereito, atópase en posición horizontal. Dubidosa a súa adscrición a época romana.
SADA
Ara: A Coso Udaviniago. Atopada no ano 1909 no adro da igrexa de San Martiño de Meirás, servía como base do altar. No Museo do Castelo de San Antón da Coruña.
SANTA COMBA
Estela funeraria: Adicada a Appius Gemellus. Atopada no ano 1970 na rúa do Pozo, onde estivo a antiga igrexa de Santa Comba. No Museo de Pontevedra.
Miliario: A Galerio. Atopado no ano 1984 formando parte do muro do peche do adro da desaparecida igrexa parroquial de Santa Comba. Hoxe en día atópase no xardín da Casa da Cultura.
Miliario: Anepígrafe. Posilble miliario situado nun lateral da igrexa parroquial do San Salvador de Padreiro. A moderna igrexa rematouse de construír no ano 1952, se ben dise que sobre outra anterior.
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inscrición do mosteiro de San Paio de Antealtares: Aos deuses Manes, Funeraria. Foi entregada a San Paio no século XII.
Inscrición: A Xúpiter Óptimo Máximo. Atopada no subsolo da catedral de Santiago cando as escavacións arqueolóxicas dirixidas por Chamoso Lamas nos anos 1955-56. Consérvase no emprazamento orixinal.
Inscrición: Aos deuses Manes. Desaparecida. Atopada no século XVI preto da catedral de Santiago.
SOBRADO DOS MONXES
Estela de Severiano: Aos deuses Manes. O P. Fidel Fita (1910) sitúaa en Fisteus (Curtis), e o CIRG I en Cidadela (Sobrado dos Monxes). Situala en Curtis débese a que foi descuberta antes do ano 1909 polo médico de Curtis, José Martínez, nuns seus terreos situados preto da igrexa parroquial da Ciadella (o erro sobre a procedencia persiste en moitas publicacións). A principios dos anos trinta do pasado século xa estaba no Museo da Catedral de Santiago.
TORDOIA
Inscricións: Dúas inscricións fragmentadas documentadas no ano 2017 na parte baixa da igrexa barroca de Santa María de Castenda da Torre como material de construción.
Soportes de Santaia de Gorgullos: Dous soportes utilizados como pés do pousadoiro dun cruceiro situado nun cruce de camiños nas inmediacións da igrexa parroquial de Santaia de Gorgullos. A aldea de Santaia edificouse sobre un castro que na actualidade se atopa practicamente destruído. Aínda que hai quen as considera como unhas aras romanas reutilizadas, é probable que sexan de factura moi posterior.
TRAZO
Estelas: Dúas estelas aos deuses Manes aparecidas no lugar da Eirexiña, en Vilouchada. Desaparecidas. Só se conservan un debuxos de Monteagudo do ano 1947.
VIMIANZO
Estela funeraria cristiá de Tines: De Victorinus. Esta estela antropomorfa considérase como unha das primeiras evidencias cristiáns de Galicia. Apareceu nunha necrópole de sepulcros antropoides cubertos con laudas de estola e outros máis sinxelos feitos con lousas pequenas e mesmo tégulas. No Museo do Castelo de San antón da Coruña.
ZAS
Ara: Reutilizada como pé dunha pía de auga bendita no adro da igrexa de San Pedro de Brandomil.
Ara: Fragmento dunha posible ara reutilizada nun esquinal do muro do adro da igrexa de Brandomil.
Ara: Posible fragmento dunha ara descuberta no ano 2007 no adro da igrexa de Brandomil. Atópase nos almacéns do Centro Socio-Cultural de Zas.
Ara: Aos Lares Viais. Publicada no Boletín da Real Academia da Historia, Tomo 6 do ano 1885. Estaba empotrada na cociña da casa reitoral de Brandomil. No ano 1909 figuraba entre as pezas mostradas na Exposición Rexional Galega en Santiago de Compostela. No Museo da Catedral de Santiago.
Inscrición funeraria: Aos deuses Manes. No 1939 estaba reutilizada na casa reitoral de Brandomil que ao ser destruída trasladouse para a igrexa. Segundo Suárez Otero (1999), a peza exhibiuse no Pazo de Fonseca no marco das exposicións do Xacobeo. Logo desapareceu. Consérvase un debuxo e dúas fotos na Fundación Luis Monteagudo.
PROVINCIA DE LUGO
ANTAS DE ULLA
Aras: Empotrada nun muro xunto a entrada lateral da igrexa de orixe románica de Santiago de Amoexa hai unha pedra de granito cunha inscrición incompleta, invertida (aos deuses Luatos?). No interior, en posición invertida, hai outra ara anepígrafa utilizada como pía de auga bendita.
BEGONTE
Ara: Aos Lares Viais. Fragmento atopado xunto o muro do cemiterio de Santa Helena de Virís no ano 1980 polo párroco don Lino Pérez. Trasladada para a igrexa, do século XVIII pero disque de orixe románica, estivo durante moito tempo xunto a pía de auga bendita que hai á entrada. Cando a vin estaba na sancristía.
Inscrición: Funeraria. Nun lado da epístola da vella igrexa de San Martiño de Pacios. Estudada por Arias Vilas.
Inscricións: Na mesma igrexa de San Martiño hai outras dúas inscricións, unha medieval e outra de dubidosa adscrición cronolóxica, quizais romana, coa epígrafe "CRAC".
CARBALLEDO
Ara: No interior da igrexa de Santa María de Temes hai o soporte dunha ara sobre á que se modelou un modillón en época medieval polo que se perdeu practicamente todo o campo epigráfico. A igrexa actual, do século XVII, disque asenta sobre outra altomedieval.
Ara: Aos Lares Viais. Descuberta no ano 1978 polo párroco D. Segundo Capón Linares ao repicar o cal que cubría as paredes interiores da igrexa de Temes.
Gravura: Nun dos muros interiores da igrexa de Temes vese gravada unha figura en forma de espiña de peixe, tamén reaproveitada, da que non atopo referencias nos traballos publicados.
Inscrición: Gravada nunha prancha granítica na parte alta e interior do muro norte do presbiterio da igrexa de Temes. Apareceu no ano 1974 ao desencalar os muros da igrexa. Delgado Gómez dátaa en época tardorromana: "FIDES SPES CARITAS", ("Fe, Esperanza, Caridade"). Da mesma época parece ser unha pomba esculturada noutra pedra situada nun lateral da nave.
CASTROVERDE
Miliario: Na capela absidial do Santo Tomé de Tórdea, detrás do altar maior, a ambos os lados do sagrario, hai dous fragmentos correspondentes, posiblemente, a un mesmo miliario. Anepígrafes.
Miliario: En Tórdea hai o fragmento dun miliario (cando o vin estaba depositado xunto unha árbore) no que non se aprecia ningunha inscrición. Nun principio estaba no adro da igrexa parroquial.
CERVANTES
Ara de San Román de Cervantes: Dedicada por un lexionario da lexión X Gemina. O primeiro que cita a peza, antes de 1959, é don Justiniano Rodríguez Fernández, e coas súas fotos publicouna de novo García y Bellido no 1966. Apareceu antes do ano 1959. Segundo me contou don José, o seu propietario, antes de seren levada para actuar como peche estaba na desaparecida capela de Santiago. Cando a vin por primeira vez estaba no baixo da casa de don José a carón dun saleiro e con caixas por riba. Trasladárona para o salón.
CHANTADA
Ara: Aos Lares Viais. Atopada no ano 1941 polo párroco José de Castro López, facía as funcións de pía de auga bendita na igrexa do século XVIII do San Bartolomeu de Belesar (fotografada por Vázquez Seijas) ata que foi mercada por un descoñecido anticuario de Barcelona. Desaparecida.
Ara: No Museo Diocesano Catedralicio de Lugo hai unha ara anepígrafa en granito, procedente de Adá, posiblemente da igrexa ou das súas inmediación.
O CORGO
Ara: A Mercurio. Publicada por primeira vez en Inscripciones Romanas de Galicia II. Provincia de Lugo (1954). Atopada nas proximidades da ermida das Virtudes antes do ano 1924. No Museo Diocesán de Lugo.
Miliarios: Dous miliarios atopados no ano 1976. Un foi reutilizado como pía bautismal na igrexa de Arxemil. O outro en Perliños onde houbo un mosteiro altomedieval. No Museo Provincial de Lugo.
Miliarios: Un, anepígrafo, está situado no adro da capela de orixe románica de San Bernabé de Castrillón, edificada sobre a croa dun castro; reutilizado como pé de altar no exterior. A carón da porta hai unha pía de granito que semella a reutilización dunha ara ou dun miliario. No interior hai unha pía bautismal que se apoia no que pode ser un miliario.
Miliario de Franqueán: Localizado no ano 2001, fincado diante da igrexa parroquial como parte dun muro en posición invertida.
GUITIRIZ
Ara: Aos Lares Viais. Atopada na sacristía da igrexa do século XVII de San Pedro do Buriz no mes de outubro de 1971. A última vez que a vin estaba no adro da igrexa.
Ara: Aos deuses Manes. Formaba parte do pavimento da igrexa de orixe románica de Santo Estevo de Parga, debaixo do arco triunfal, na actualidade consérvase xunto a porta de entrada á sancristía. Nas inmediacións está un castelo, edificado sobre un primitivo castro.
Estela: Anepígrafa, descrita por Amor Meilán que se atopaba no adro da igrexa parroquial de San Pedro do Buriz. Consérvase un debuxo de Mato Vizoso (1846-1909). O arqueólogo Manuel Anxo López-Felpeto (que me mandou o debuxo) comentoume que leva perdida dende hai moitos anos, preguntou pero non hai quen a lembre.
Estela: Aos deuses Manes. Reutilizada como lintel da capela de orixe románica de Nosa Señora de Bascuas, na porta que comunica a nave coa sancristía.
LÁNCARA
Estela: Formaba parte do muro exterior da igrexa de San Martiño do Río. Na actualidade atópase encastradada nun muro da pequena sancristía. Representa, no interior dun cadro moldurado, a dous persoeiros que nos xeonllos mostran unha cartela cunha inscrición.
Epígrafe: Aos deuses Manes. Prancha funeraria en mármore gris situada nun muro exterior da igrexa de San Martiño do Río.
LOURENZÁ
Miliario: Na igrexa parroquial de San Adrao, do século XVI, a pía de auga bendita é un miliario romano dun metro de altura.
LUGO
Miliario: Fragmento dun miliario na igrexa parroquial de Santalla de Esperante, reutilizado como pía de auga bendita, quizais bautismal.
MONFORTE DE LEMOS
Posible ara: Parte superior dunha ara empotrada nun muro da igrexa de orixe románica de San Salvador de Moreda que vin no mes de xaneiro de 2024. A igrexa foi construída ao pé do castro de Moreda ou da Ciudá.
PALAS DE REI
Ara: A Bandua Bolecco. Descuberta no ano 1952 por Francisco Vázquez Saco nunha cociña transformada en corte na reitoral de San Martiño de Curbián. Atopábase na Casa Reitoral en estado total de abandono tal como puiden comprobar o 4 de febreiro de 2023. Comuniqueillo ao Servizo do Patrimonio Cultural en Lugo. Dende o día 19 de xuño do mesmo ano está exposta no Museo da catedral de Lugo.
Ara: A Xúpiter. No interior da igrexa de orixe románica de San Xusto da Repostería. Reutilizada como pía de auga bendita.
PANTÓN
Epígrafe: Aos deuses Manes. Desaparecida. Documéntase no ano 1610 na igrexa do século XVI ou XVII de San Vicente de Castillón, perdéndoselle a pista a finais do século XVIII.
PARADELA
Ara: A Cohovetene. Atopada en Loio no ano 1929 xunto cunha pía de auga bendita, unha sepultura antropoide, preto do que foi mosteiro de Ribaloxio.
O SAVIÑAO
Ara: Foi atopada polo cura de Vilar de Ortelle Ramón Castro López, e publicada no BRAG no 1926. Apareceu nos cimentos da igrexa vella de San Xulián de Mourelos cando foi levantada para o seu traslado ao lugar actual.
Relevo: Peza de mármore con decoración en baixorelevo de posible adscrición altoimperial empotrada nun esquinal da cabeceira da igrexa do século XVII de Santalla de Licín. Os motivos constan dun xarrón ou crátera do que xurden uns motivos vexetais que percorren a peza, interrompidos no centro por unha flor. Quizais sexa o resto dun mausoleu ou templo paleocristián.
SOBER
Ara das Quintas: A Lugubo Arquienovo. Forma parte da basa dunha columna, quizais tamén de orixe romana, situada no peche de bloques de cemento do adro da igrexa parroquial de San Martiño de Liñarán.
TABOADA
Pía de auga bendita: Na igrexa de orixe románica de San Martiño do Mato. Dise que pertencía a unha columna romana.
O VICEDO
Ara: Posible ara reutilizada nun muro da igrexa do século XVI de Santa María de Suegos. Na cara á vista ten unha inscrición moi deteriorada que, en principio, paréceme posterior.
VILALBA
Ara: Aos deuses Manes. Atopada cando se reconstruíu a igrexa de San Xoán de Alba no século XVII. Só a coñezo por algunha referencia, as veces que estiven non puíden acceder ao interior.
PROVINCIA DE OURENSE
ALLARIZ
Supostas aras de Augas Santas: Na igrexa de orixe románica de Santa Mariña. Trátase de dúas supostas aras modificadas ás que se lle esculpiron distintos motivos. Dende o ano 2013 están expostas nun pequeno museo habilitado dentro do templo.
Ara: Aos Lares Viais. No interior da ermida de Santa Olalla de Nanín. Apareceu no ano 1970 no antigo altar que estaba situado no muro da cabeceira. Contáronme que tamén había un cilindro de pedra que desapareceu do sitio aos poucos días.
Ara: Votiva. Dedicada por Marcus Flavius Lovesus. Apareceu no altar da igrexa de orixe románica do San Mamede de Urrós. Dentro do loculus había un relicario de madeira coa copia, atribuída ao século XVII, dun pergameo da consagración da igrexa polo bispo Martiño de Tours no 1147.
Estela: Atopouse no ano 1999, empotrada horizontalmente na rúa que sae da capela do Outeiro da Laxe. Só se conserva o fragmento inferior.
Miliario: Miliario anepígrafe diante da ermida do Santo Estevo, na parroquia dos Espiñeiros. Na parte superior practicáronlle un burato para colocar unha cruz.
Relevo: De mármore, estaba incrustado no muro dunha construción de Amiadoso que actuaba como capela dedicada a San Adrián. No lugar hai vestixios dun xacemento tardorromano.
AMOEIRO
Ara: No Museo Arqueolóxico de Ourense consérvase a parte superior dunha ara atopada no ano 1970 formando parte dun muro situado detrás da ermida do San Marcos de Outeiro. A capela actual substituíu a outra anterior.
Ara: Aos Lares Viais. Na capela do San Xiao, colocada do revés.
BALTAR
Ara: Na capela do San Bieito do Bouzo. Elimináronlle a inscrición ao adaptala como pía bautismal.
Aras: A Reve Larauco. Aínda que se atopan no presbiterio da capela da Asunción, ao parecer proceden do castro de Outeiro ou do lugar da Santa.
BANDE
Ara: Na capela de Santa Mariña de Lueda. Fragmento inferior dunha ara descuberta no ano 1988.
Ara: Aos Lares Viais. Na capela de Santa Comba de Bande. Citada por Castellá Ferrer no ano 1610. Di que actuaba como pía de auga bendita.
Ara: A Xúpiter. Na capela de Santa Comba de Bande.
Ara: Ás Ninfas. Atopada, segundo versións, nas proximidades dunha fonte termal ou nunha parede da reitoral de San Xoán dos Baños. Ata o ano 1898 estivo no Pazo Espiscopal en que foi doada á Comisión Provincial de Monumentos de Ourense. No Museo Arquelóxico de Ourense.
Epígrafe: A Diana. Inscrición transmitida nun manuscrito do século XVIII, conservado no arquivo da abadía de San Domingos de Silos. Apareceu no altar da igrexa de Santa Comba de Bande.
Inscrición: Desaparecida. Segundo Mauro Castellá Ferrer (1610) "adonde esta la Yglesia de Cadones estava el castillo Meydunio, porque a veinte pasos della se halló un sepulcro tendido en tierra..." cunha inscrición.
Miliario: De Magnencio. Atopado formando parte do muro dunha casa arruinada xunto a igrexa visigótica de Santa Comba. No Centro Arqueolóxico de Aquis Querquernis.
Miliario: De Adriano. No interior da igrexa visigótica de Santa Comba utilizouse como pía de auga bendita.
Miliario: Anepígrafo. Fragmento dun miliario situado no interior da ermida de Ponte Liñares, facendo a función de pía de auga bendita.
BAÑOS DE MOLGAS
Aras na igrexa de Santa Eufemia de Ambía: Unha, dedicada ás Ninfas, crese que se atopaba xunto unha fonte que aínda existe, A Fonte das Ninfas ; logo foi trasladada para a igrexa, colocada do revés, actuaba como soporte do altar; na actualidade atópase detrás do altar maior. Foi descuberta polos señores Díez Sanjurjo e Palacios. Hai outra posible ara reutilizada como columna da ventá xeminada da ábsida principal da igrexa.
Ara: Aos deuses Manes. Á beira da sancristía da igrexa do século XVI de San Martiño de Presqueira. Foi trasladada ao emprazamento actual a finais do século XVIII.
BARBADÁS
Ara: Estaba formando parte da parede exterior da vella capela de San Xoán, en Santa Euxea (aínda se conservan algunhas pedras comidas pola maleza). Dise que desapareceu baixo a cabeceira do noiro da autovía das Rías Baixas, pero no mes de novembro de 2021 dous veciños contáronme que esa información era falsa, en realidade levánrona.
O BARCO DE VALDEORRAS
Ara de Millarouso e Santurxo: A Libero Patri. Apareceu no altar maior da igrexa parroquial a finais do século XIX. Atópase empotrada no muro da cabeceira, debaixo do retábulo maior.
Ara: A Tileno. Votiva. Atopada no ano 1970 preto do regueiro de Santigoso, nas inmediacións da igrexa de Viloira.
Igrexa da Proba: No muro da fachada principal hai reutilizado un posible miliario.
A BOLA
Ara: A Xúpiter Óptimo Máximo. Empotrada na reitoral de San Munio de Veiga, foi atopada por Manuel Blanco Guerra o 5 de agosto de 1972. Na actualidade está no interior da igrexa.
Epígrafe: Prancha de granito moi desgastada, coa inscrición manipulada e regravada, e as letras pintadas en negro. Atópase na fachada principal da ermida do San Cibrao, situada no alto do mesmo nome, na parroquia de Pardavedra.
O BOLO
Epígrafe: Atopada nas inmediacións da igrexa do Chao do Castro. Segundo Silvia Alfayé Villa (2013), cando se desprazou ata o lugar no ano 2010 a peza desaparecera, descoñecéndose o paradoiro actual. Mais si tivo acceso a varias fotografías e un debuxo realizados por un veciño. Á vista das imaxes puído comprobar que non se trata dunha peza romana, senón moderna.
CALVOS DE RANDÍN
Ara: A Xúpiter Óptimo Máximo. Reutilizada como pé dunha pía de auga bendita da igrexa de orixe románica de Santa Mariña de Rioseco.
Inscrición: Aos Deuses Manes. Reaproveitada nun muro exterior a ras do chan da capela de Nosa Señora de Pintás.
CARTELLE
Ara: Reutilizada como material de construción na igrexa do século XVIII de Santa María de Couxil. Localizada cando as obras de restauración na década dos anos noventa do pasado século XX, empotrada en posición horizontal.
CASTRELO DE MIÑO
Castro de Castrelo: Onde asenta a igrexa parroquial. Ao parecer, na década dos oitenta do século XIX atopáronse moedas e algunhas lápidas de época romana.
CASTRELO DO VAL
Ara: A Xúpiter Óptimo Máximo. Atopada por un veciño na desaparecida ermida do San Martiño que se ergue ao pé do castro de Cabanca; facía de pousadoiro da imaxe do santo. Foi doada ao Museo Arqueolóxico de Ourense no ano 1949 por Ramón Sabariz Alfonso grazas ás xestións de Taboada Chivite.
Ara: Votiva. Atopada o 5 de xullo do ano 1977 cando as obras de reparación da capela da aldea de Vilar, parroquia de Servoi. Sostiña a pía de auga bendita. Despois como pé de altar coas letras cara a nave. O focus foi agrandado para servir de peto para as esmolas.
CASTRO CALDELAS
Inscrición: A Navia. Sábese que no ano 1787 estaba na sacristía da igrexa mosteiral de San Xoán de Camba, despois foi tapada, créndose entón que desaparecera tal como recolle o Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense 2 do ano 1898. Redescubríuse a principios do século XX ao facer unhas obras, pero nalgún momento esfumouse, reaparecendo antes do 1963 no Museo de Astorga.
Inscrición e ara na capela de San Pedro do Burgo. A primeira é unha lápida reutilizada no arco de medio punto e de construción moderna, que separa parte da entrada do presbiterio. Foi localizada polo bispo de Astorga, Julián de Diego y Alcolea, quen o puxo en coñecemento da Comisión de Monumentos de Ourense. No interior tamén se conserva unha ara anepígrafa.
Lápida: De Nerva. Dada a coñecer por Cornide por referencias de D. Pablo Rodríguez que a viu no ano 1787 na Reitoral de San Xoán de Camba. Foi regalada polo bispo de Astorga á Comisión de Monumentos de Ourense no ano 1897. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
CELANOVA
Ara a Reve Siboico: A Reve Siboico. Apareceu no ano 1984 nas proximidades do castro de Castromao, formaba parte da casa reitoral de Castromao que estaba adicada a palleiro. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Epígrafe: Reutilizada na arruinada casa reitoral de Santa María de Castromao hai unha inscrición latina incompleta invertida.
Miliario: De Constancio. Desaparecido. Estaba na casa reitoral de San Lourenzo de Cañón. Segundo o P. Sobreira atopouse na ermida de San Pedro.
CENLLE
Ara: A Xúpiter. Utilizada como pía de auga bendita e despois como pé de altar na igrexa barroca de Santiago de Trasariz.
Aras da capela de Erbededo (Razamonde): Ata finais do século XIX, a capela foi a igrexa parroquial de Santo André de Erbededo, suprimida no ano 1893. Dentro hai unha ara á que lle borraron a inscrición e graváronlle unha cruz na parte superior. Outra ara con inscrición fai de pé do altar.
CORTEGADA
Ara: Na antiga igrexa parroquial de Meréns, situada xunto o cemiterio, había unha ara romana que actuaba como soporte da pía bautismal. O día 21 de agosto de 2022, o párroco, o sacristán e un veciño dixéronme que ao construír a nova igrexa nos anos cincuenta do pasado século XX, ara e pía foron soterradas baixo o chan onde se atopa a actual pía bautismal.
Ara de Zaparín (Zaparín): Ara votiva dedicada a deuses galaicos, cristianizada, actúa como base dun cruceiro situado diante da igrexa parroquial de Zaparín.
CUALEDRO
Inscrición: Dedicatoria procedente da ermida da Pedrosa, actúa como pía de auga bendita.
A GUDIÑA
Ara: Na igrexa de Santa María do Tameirón hai unha pía bautismal do século X que ten como pé unha ara romana.
LAZA
Ara: Anepígrafa. Na igrexa do século XVII de Santa María da Alberguería.
LOBIOS
Miliario: Na igrexa do século XVIII de San Miguel de Lobios. Citado por Barros Sibelo, di que foi picado e levado para Lobios para utilizalo como columna dun balcón.
Miliario: Anepígrafo, forma parte do muro dunha leira, preto da ermida de Santa Lucía de Vilameá. No mes de decembro de 2017 publicouse na prensa que a raíz da rehabilitación da capela permitiron descubrir este miliario. Pois non hai nova descuberta, xa estaba recollido por Rodríguez Colmenero, Ferrer Sierra e Álvarez Asorey no ano 2004.
Miliario de Torno: Fr. Pedro Cid (1858) e Fernández Guerra falan dun miliario que se utilizou para un cruceiro.
MACEDA
Aras: Unha, adicada por Flavio Flaviano á divindade galaico-romana Torolo Combiciego, foi reaproveitada na espadana da capela de San Pedro de Pías. No interior hai outra ara anepígrafa utilizada como pía bautismal.
Epígrafe: Fragmento nun muro da casa reitoral de Asadur.
Inscricións: No interior do templo románico de Santa Mariña de Asadur, servindo de mesa do altar, hai unha inscrición honorífica. Nun muro da sacristía figura o nome de Xulio Rufino Leoncio, un funcionario relacionado co fisco.
Lápida: Na parte exterior do adro, xunto unhas das cancelas de entrada ao cemiterio que arrodea a igrexa do século XVII de Santa Olalla de Castro de Escuadro, hi unha lápida de cuarzo branco cunha inscrición funeraria; foi comunicada por Marcelo Macías ao P. Fidel Fita o 4 de xaneiro de 1904.
Miliarios: Na reitoral de Tioira. Outro, situado nas inmediacións, está adicado a Galerio e Magnencio.
A MERCA
Miliario: Século II-IV d.C. Forma parte da galería dunha casa situada xunto a igrexa barroca de Santo André de Proente.
MONTEDERRAMO
Miliario: Anepígrafo, atópase servindo de pé do altar maior da igrexa parroquial de San Xoán de Covas.
Miliario: Serve de pé de altar na igrexa de Nogueira.
Miliario: Adicado a Caracalla, serve de soporte do altar maior da igrexa parroquial de Seoane Vello.
MONTERREI
Ara a Cibeles ou a Xuno: Adicada por Emilia Flaviana que segundo Ceán Bermúdez (1832) foi atopada na igrexa do século XVII de Santiago de Albarellos polo abade de Covelas, Pedro González de Ulloa, no ano 1755, tomándoa dun pedestal ou basa de estatua que estaba colocada no adro da igrexa. Desaparecida.
Aras: Na igrexa de orixe altomedieval de Santa María de Mixós. Serven de base aos altares da cabeceira, unha sen inscrición, decorada con aspa e semicírculos no dado e zigue-zague nas molduras da cabeceira. A outra, descuberta no 1927, está adicada ao deus indíxena Bandua Cadiego ou Cadogo por Terentia Rufina.
Ara e miliario na Capela do San Brais: En Vilaza. Elixio Rivas fala dunha ara, cuxa inscrición non se conserva completa, nas ruínas da ermida. De Bruno Rúa recollo a información sobre un miliario empotrado nos muros da ermida cunha epígrafe que non se pode ler.
Capela da Santa Cruz (Vilaza): En maio de 2013, Bruno Rúa e José Ramón Feijóo deron a coñecer novos achádegos arqueolóxicos atopados na capela da Santa Cruz e inmediacións, entre outros unha lápida funeraria consagrada aos deuses Manes. Na porta da capela descubriron unha ménsula onde aparece unha serpe alusiva ao culto ofilátrico presente na ornamentación da casa romana.
OÍMBRA
Ara: Aos Lares Varicis. Atopada nun camiño que une Rabal co pobo portugués de Vilarelho da Raia. Segundo o señor Amador Rivero, a ara estivera formando parte da base dun cruceiro de madeira que se atopaba na encrucillada de dous camiños: un que conduce á aldea portuguesas de Vilarelho dá Raia e outro que rodea ao pobo de Rabal. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara: Fragmento atopado o 9 de maio de 1993 no galiñeiro dun patio que linda co muro do adro da igrexa do século XVI de Santa María de Videferre.
Ara: A Marte. No interior da capela do San Roque de Espiño. Estaba fóra ata que arranxaron a ermida. Nun lateral vese un bucranio en altorrelevo relacionado con actos de sacrificos ou vítimas inmoladas.
Lápida: Inscrión sobre mármore, fragmentada na súa parte esquerda, adicada por Fabio a Sempronia. Ata o ano 1971 formou parte do altar da igrexa do século de Santo André de Rabal. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
PADERNE DE ALLLARIZ
Ara: En granito, atópase no interior da igrexa barroca de San Vicente de Coucieiro.
PADRENDA
Ara: Votiva. Na igrexa parroquial de orixe románica de Santa María do Condado, reutilizada como pía de auga bendita. Xa se sabía dela a principios do século XX.
PEREIRO DE AGUIAR
Ara: Nalgunhas partes lemos que formaba parte da parede da igrexa de Santa Marta de Moreiras, pero cremos que esta ara é a que se atopaba xunto o Santuario da Virxe dos Gozos, vendida por un párroco ao museo de Ourense.
Miliario: No ano 1839 o arquitecto e enxeñeiro de camiños, Alejo Andrade Yáñez, envía á Real Academia da Historia a noticia dun miliario e unha das moedas que apareceron xunto a capela dos Gozos.
A POBRA DE TRIVES
Ara: A Xúpiter Óptimo Máximo. Situada fronte a porta principal da igrexa de Santa María de Vilanova. Actuou como pé de altar sostendo un taboleiro do s. XV-XVI, logo tapado por un altar barroco.
Epígrafe: A Aelio Sporo. Descuberta nas inmediacións da Ponte Navea, estivo colocada na capela da ponte, despois foi parar á casa da marquesa de Trives.
Epígrafe: Anaco de mármore que só conserva o texto "[---] VALVITIO". Foi atopada polo vogal da Comisión de Monumentos de Ourense Diez Sanjurjo nos muros da derruída capela da Madalena de Piñeiro no ano 1904. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
PORQUEIRA
Ara a Ariounis Mincosegaeigis: A Ariounis. Servía de pé de altar da ermida de San Tomé de Nocelo.
RAIRIZ DE VEIGA
Ara: A Bandua Veigebreaego. Atopábase na igrexa parroquial de San Xoán de Rairiz de Veiga. Dedicada por un individuo da tribo Galeria, pertencente á Cohors I Gallica civium Romanorum que formaba parte como portaestandarte da Legio VII Gemina. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
RIÓS
Estela de Riós: Aos deuses Manes. Atopada ao realizar unhas obras na casa reitoral de Riós, actuaba como lintel dunha porta interior, cara a galería. Na actualidade atópase no interior da igrexa de Santa María.
Epígrafe de Progo: De pequeno tamaño. Pode tratarse dunha ara romana. Apareceu con motivo da restauración do retábulo da igrexa barroca de San Miguel de Progo.
A RÚA
Lápida da Rúa Vella: Adicada a Lucio Pompeio Reburro Fabro, apareceu preto da ponte da Cigarrosa. No ano 1680 leváronn para a igrexa parroquial onde a colocaron no altar maior e, anos despois, no muro da casa onde se pode ver hoxe en día.
SAN CIBRÁN DAS VIÑAS
Ara: A Xúpiter Óptimo Máximo. Reutilizada nun muro rente ao chan na igrexa parroquial do San Salvador de Noalla.
Ara: A Xúpiter Óptimo Máximo. Votiva. Estaba na desaparecida ermida do San Xoán de San Cibrán das Viñas. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Miliario: Dedicado a Marco Aurelio. Descuberto no ano 1972 no interior da capela románica do Santo Cristo de San Cibrán das Viñas.
SAN XOÁN DO RÍO
Miliario: Anepígrafo. Serve de piar dun alpendre dentro do patio da casa reitoral de Castrelo.
SARREAUS
Ara: A Bandua. Descuberta por Barros Sivelo preto da igrexa de orixe románica de Santa María de Codosedo. Enviou un debuxo no ano 1860 para a Real Academia de la Historia de Madrid. No ano 1999 reapareceu tirada nun camiño que vai cara a igrexa. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara: Ao Lar Ocaelaego. Atopada no ano 1988 cando as obras na capela de San Estevo de Vilariño. Estaba incrustada na mesa do altar. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara: Votiva. Na capela do San Nicolao de Folgoso. Javier Torres, cando me enviou a foto no mes de decembro de 2023, contoume que na parte superior colocaron unha lousa de granito, asegurada con cemento, para poñer unha imaxe do San Antonio o que impide saber se conserva o focus.
Dedicatoria: A Navia. Atopada no Monte de San Pedro, formando parte da ermida que había no lugar que ao arruinarse foi trasladada no ano 1835 polo abade de Nocelo don Antonio Bugallal xunto a igrexa de San Lourenzo. No 1897 ingresou no Museo de Ourense.
Epígrafe: No mes de xuño de 1911, Marcelo Macías enviou unha carta ao P. Fidel Fita, da Real Academia da Historia, informando dunha inscrición preto a igrexa de Codosedo. Quizais se trate da ara a Bandua atopada por Barros no 1860.
Estela bifronte: Aparecida no século XVIII nunha das paredes da desaparecida ermida do Monte do Viso, en Nocelo da Pena. No ano 1835 foi trasladada ao adro da igrexa de Nocelo da Pena para servir de base dun cruceiro ata que foi redescuberta por Barros Sibelo quen a trasladou ao Museo Provincial.
Lápida honorífica na ermida de San Pedro (Nocelo da Pena): Honorífica. Trátase dunha prnacha rectangular de granito que estaba na desaparecida capela de San Pedro de Nocelo da Pena. No ano 1835 o abade de Nocelo da Pena, don Antonio Bugallal, trasladouna para a igrexa parroquial. No ano 1897 foi trasladada ao Museo de Ourense xunto coas outras inscricións.
TOÉN
Ara: A Xúpiter Óptimo Máximo. Localizada en xuño de 2023 por Ana Lorenzo, da Asociación de Amigos do Patrimonio de Toén. Reutilizada como pía de auga bendita pero en posición invertida para o que lle fixeron unha pía cadrada na capela de San Fiz, parroquia de Puga.
TRASMIRAS
Ara: Estaba no muro do adro da igrexa parroquial de orixe románica do San Martiño de Abavides, na actualidade nunha rúa preto do templo. O texto epigráfico atópase moi gastado polo que resulta moi difícil a súa lectura.
Lápida: Nun muro do peche da igrexa parroquial de Santa María de Lobaces. Segundo Rodríguez Colmenero pertencía ao fuste dunha columna.
Miliario: Foi baleirado para reutilizalo como sartego nos Pardieiros.
VEREA
Ara de Portela: Parte superior dunha ara con focus e cornixa atopada no ano 2000 debaixo do altar da igrexa parroquial de Santa Olaia. Non conserva restos de inscrición. Foi dada a coñecer por Nieto Muñiz no ano 2002.
Ara de San Mamede de Portela: Aos Lares Turargis. Na capela do San Mamede. Adaaptada como columna do pórtico da ermida. No mes de xaneiro de 2024 consultei a Patrimonio da Xunta de Galicia en Ourense se estaba catalogada, contestándome que si o foi ese mesmo mes polo servizo de arqueoloxía en Santiago en base ás miñas referencias.
VERÍN
Ara na capela da Misericordia: Dada por desaparecida nos anos setenta do pasado século cando se desmontou a capela. Bruno Rúa localizouna detrás dunha casa a carón da igrexa da Mercé.
Aras: Na igrexa de orixe románica de San Pedro de Queizás hai unha ara embutida na parede norte do templo dedicada a Xúpiter Óptimo Máximo. Na reitoral hai outra ara reutilizada coa lenda adicada á mesma deidade. Nalgunha publicación lese que hai outra ara no interior do templo, pero tal como me achegou Javier Torres trátase dunha peza medieval.
Ara: A Xúpiter Óptimo Máximo. Descuberta por Rodríguez Colmenero no ano 1969 na igrexa barroca de Santa Cristina de Tintores. Publicada por Taboada Chivite. Foi recollida polo párroco de Vilamaior do Val; durante un tempo estivo na súa casa. Trasladada para a catedral de Ourense.
VILAMARÍN
Ara: Actúa como soporte do altar da igrexa de orixe románica de Santa Baia de León. A inscrición atópase moi deteriorada.
Ara: Aos Lari Pemaneieco. Apareceu na ermida de San Pedro, parroquia de Reádegos, reedificada no ano 1860, situada entre os castros do Río e Santa Ádega.
Miliario: Pegado ao muro que dá entrada á igrexa barroca do San Salvador do Río. Moi alterado.
Miliarios: Un, anepígrafo, sostén a pedra do altar da igrexa barroca de Santa María de Orbán. O segundo, tamén anepígrafo, apareceu no patio da casa reitoral. Ao parecer tiveron reliquias. O día 7 de xullo de 2024, o párroco, amigo de Rodríguez Colmenero, contoulle a Javier Torres e Xosé Antón Casares Lamas que os dous anacos de miliarios correspóndense co mesmo. O que se atopa na reitoral non resulta doado velo xa que o sitio está cheo de maleza.
VILAR DE SANTOS
Ara: A Xúpiter Óptimo Máximo. Situada xunto a porta de acceso á capela de San Xoán de Laioso.
VILARDEVÓS
Ara: A Reve Reumiraego, dedicada por Fronto. Fai de pedra do altar na capela do San Roque de Formigueiro. As letras pintáronse en cor negra e os laterais aparecen cubertos de cemento.
Ermida de Nosa Señora de Portas Abertas: Conserva unha inscrición funeraria sobre lousa de forma irregular datada no século II d.C. e un fragmento de columna formada por un toro cilíndrico e un tambor da mesma forma; a peza foi policromada e reutilizada como apoio dunha pía de auga bendita.
XINZO DE LIMIA
Ara: A Demorana. Na esquina dunha rúa próxima á igrexa de Xinzo de Limia.
Ara: No interior da igrexa do San Xoán de Oleiros, ara votiva en mal estado de conservación e coas letras practicamente borradas que serve de soporte á pía de auga bendita. Nun muro da igrexa hai unha inscrición incrustada.
Ara: A Xúpiter Óptimo Máximo. Situada xunto un muro igrexa de San Pedro de Laroá, trasladada ao lugar no século XX dende as inmediacións dunha casa onde se atopaba medio enterrada.
Dedicatoria: (Mosteiro de Ribeira): Desaparecida. Foi vista polo P. Sarmiento no ano 1755 "en Sª Mª de Ribera (Mosteiro de Ribeira), en la portada, esquina de la pared de la iglesia del priorato". Debeu desaparecer cando as obras de reedificación no ano 1770. De todos os xeitos, Fidel Fita pensaba que estaba formando parte dun muro, coas letras agochadas, na veciña aldea de Lamas.
Estela bifronte: Aparecida no século XVIII nunha das paredes da desaparecida ermida do Monte do Viso, en Nocelo da Pena. No ano 1835 foi trasladada ao adro da igrexa de Nocelo da Pena para servir de base dun cruceiro ata que foi redescuberta por Barros Sibelo quen a trasladou ao Museo Provincial.
Inscrición: Na parede da casa dunha vivenda da Manga de Abaixo. Citada polo P. Sarmiento que a viu no priorado do Mosteiro de Ribeira, hoxe casa reitoral, "devajo de la ventana del quarto del prior, se halla encaxada en la pared". No ano 1911 o P. Fidel Fita daba conta da súa desaparición do mosteiro e posterior aparición en Manga de Abaixo.
XUNQUEIRA DE AMBÍA
Ara: Aos Lares Viais. Reutilizada nun muro da capela do Santo Antón e Santa Rita da Siota. Citada nun documento de principios do século XI.
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
CALDAS DE REIS
Ara: Aos Lares Viais. O Museo de Pontevedra custodia unha ara aos Lares Viais que formaba parte do muro da igrexa de orixe románica de Santa María de Caldas.
Estela: De Placidina aos deuses Manes. Foi reutilizada como canzorro na igrexa románica de Santa María de Caldas (esculpíuselle un león), descuberta no ano 1878 por Barros Sibelo que fixo un debuxo. No Museo de Pontevedra.
Santa María: Arredor da igrexa de Santa María de Caldas concéntrase o maior número de achados romanos. Cando as obras no cemiterio no ano 1950 apareceron tumbas de tégula, un forno para cocer ladrillos, fragmentos cerámicos e moedas. Reutilizado como material de construción na igrexa apareceu unha estela decorada e unha ara aos Lares Viais.
CAMPO LAMEIRO
Dedicatoria: A Xúpiter. Empotrada no tramo final da escaleira de subida ao coro da igrexa barroca de Santa María de Moimenta. Só é visible unha parte.
Estela de San Cristovo de Couso: Aos deuses Manes. Foi trasladada para igrexa barroca de San Cristovo de Couso, antes estaba na sancristía.
CERDEDO
Ara: Na capela de Cabenca, só se conserva a fórmula final.
COTOBADE
Ara da capela do San Lourenzo: Estaba na capela do San Lourenzo de Dorna. Gardábase na Casa da Xunta de Montes de Santa María de Sacos, ingresando no Museo de Pontevedra no 2019.
A ESTRADA
Ara: Localizada por Bouza Brey no ano 1942 no exterior da igrexa de Santa Baia de Matalobos, formando parte da ábsida. Di que estaba mutilada nas partes superior e inferior, colocada horizontalmente a catro metros do chan. Supoño que ara está oculta xa que os muros da ábsida foron recebados, eu non a atopei.
Ara: Aos deuses Manes. Reutilizada nun muro exterior da igrexa orixinaria no século XIII de Santa María de Rubín.
Estela: Aos deuses Manes. Reutilizada nun exterior da igrexa de Rubín.
Ara ou estela: Reutilizada no exterior da igrexa de Rubín. Restos do que puído ser unha decoración xeométrica con arcos. Só se conserva a primeira parte da inscrición: "DIBVS".
Outra ara: O día 19 de marzo de 2023, nun lateral da igrexa de Rubín localicei o que pode ser unha ara moi desgastada e que, en principio, só conserva unha parte moldurada.
O GROVE
Epígrafe: Descuberta na necrópole do Adro Vello no ano 1972, empotrada no muro norte da igrexa vella. No Museo de Pontevedra.
LALÍN
Ara: Anepígrafa. Dada a coñecer en marzo de 2023 polos investigadores Pablo Sanmartín e Daniel González Alén. Reutilizada como pousadoiro nun cruceiro situado nas inmediacións da igrexa parroquial de Alemparte.
Estelas: Catro estelas atopadas no ano 1978 con motivo da construción dun panteón preto da igrexa de orixe románica de Santa María de Bermés, á beira do Carballo Grande de Bermés. Tres están adicadas aos deuses Manes, e a cuarta mostra unha decoración a base de círculos e semicírculos, e na parte superior o que puído ser unha figura antropomorfa. No Museo de Pontevedra.
Igrexa de Moneixas: D. Luis López Barredo, cura párroco de Moneixas, di que no Libro de Confirmados de San Adrao de Moneixas e Santiago de Catasós, que se formou polo mandato do bispo Juan Sáenz de Buruaga, sendo cura Pablo de Verea y Aguiar, no ano 1763, lese: "No ano 1773 fabricouse na igrexa de Moneixas a capela da Señora Santa Lucía... de cuxo sitio no ano 1737 atopei un colateral de pedra, e a adega, e no sitio que fora un antigo sepulcro atopouse unha lápida pequena, cuns caracteres romanos, que indican ser da Era 139”. Continúa o sacerdote que tamén no interior da igrexa, xunto a base dereita do arco, hai unha pedra que atopou no horto da reitoral; ten pola parte de atrás unha cornamenta dunha cabra, e pola dianteira, unha carroza romana con algunhas letras ilexibles, algún anagrama e nas catro esquinas unha estrela moi desgastada. Nunha visita que fixen a igrexa o día 17 de xaneiro de 2015, esta última pedra, segundo me contou o sacristán, desapareceu hai anos.
MEIS
Ara: Atopada no ano 1976 polo párroco de Santo Tomé de Nogueria Manuel García Piñeiro que fixo entrega a Maximino Nogueira Paz, párroco de San Vicente de Nogueira, quen a trasladou para a finca da casa reitoral, utilizándoa como soporte dunha mesa do xardín. Estaba detrás do retábulo de madeira da igrexa parroquial de Santo Tomé. Ao parecer fora utilizada noutro tempo como pé do altar.
Capitel tardorromano: En Couso. Ao parecer foi atopado no monte de San Cibrán, forma parte do basamento dun cruceiro. Outras noticias falan de que estaba na ermida dedicada a San Martiño.
POIO
Epígrafe: No século XVIII, Fr. Martín Sarmiento fixo o debuxo dunha ara que se atopaba a "cien pasos" de San Xoán de Poio.
PONTECESURES
Ara: Aos Lares Viais. Atopada no ano 1918 cando a demolición da capela de San Xián de Requeixo. Ata o ano 1931 exhibíase nas ruínas de San Domingos de Pontevedra. Só se conserva unha foto do Museo de Pontevedra.
PONTEVEDRA
Ara: Anepígrafa. No convento de Santa Clara de Pontevedra. Na segunda década dos anos setenta, cando o investigador Antonio Costa comezou a colaborar co Museo de Pontevedra, falou coa superiora do convento para acceder ao recinto e estudala de preto, o que non se lle permitiu por ser de clausura.
Ara: Actúa como pé do altar da capela do San Paio de Campañó.
REDONDELA
Miliario: Adicado a Decencio. Foi localizado no ano 1896 facendo de soporte dunha mesa de pedra situada xunto a igrexa parroquial de Quintela. No mesmo ano foi doado polo párroco á Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. No Museo de Pontevedra.
RODEIRO
Ara: Anepígrafa. Dubidosa. Dada a coñecer no mes de marzo de 2023. Foi reutilizada como pé dunha mesa de lousa situada xunto un cruceiro próximo á igrexa de orixe románica de San Xulián de Pedroso.
Ara: Aos Lares. Descuberta no ano 1964 no muro do lavadoiro da casa reitoral de Santa Baia de Camba. Trátase dun fragmento con tres foculi e moldurada na parte que se conserva. Segundo me contou o párroco o día 11 de abril de 2015, aproximadamente no ano 2005 cedeuna ao Museo Municipal de Rodeiro.
O ROSAL
Ara: A Mercurio. Apareceu na capela do San Vicente de Marzán xunto con outros restos romanos. Servía de apoio á pía. No Museo Diocesano de Tui.
SILLEDA
Ara: A Coso. Atopada por un veciño de Oleiros nunha igrexa, pode que na de San Miguel de Oleiros. No Museo de Pontevedra.
Ara: Aos Lares Viais. Foi reutilizada como material de construción na parede da ábsida da ermida de Santa Mariña da Graba. No ano 1902 foi doada á Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.
SOUTOMAIOR
Miliario: Descuberto a finais do século XIX xunto a igrexa parroquial de orixe románica de Santiago de Arcade. Coa autorización do bispo de Tui foi entregado polo párroco á Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. No Museo de Pontevedra.
TUI
Inscrición: Bloque de granito recortado por arriba e polo lado esquerdo, reutilizado en posición horizontal nunha das paredes do piso inferior dunha vivenda en ruínas, próxima á igrexa de orixe románica de San Bartolomeu de Rebordáns.
Epígrafe: Aos deuses Manes. Apareceu ao derrubar a Casa do Concello, anexa á igrexa parroquial de orixe románica de San Miguel de Pexegueiro. En mans particulares.
VALGA
Ara: A Mercurio. Na capela dos Martores.
Estela da Igrexa Vella de Santa Comba de Louro: Un fragmento de estela, tardorromana do século IV, foi exhumada na campaña de escavacións do ano 2012. Fora reutilizada como parte do muro da fachada da primeira igrexa que se levantou no lugar, construída no século V e que perdurou ata o século VIII. Permaneceu no sitio ata o ano 2022 en que foi trasladada para o Museo da Historia de Valga.
MAPAS DAS CATRO PROVINCIAS COA DISTRIBUCIÓN POR CONCELLOS DE PEZAS GALAICO-ROMANAS E ROMANAS REUTILIZADAS EN CONSTRUCIÓNS CRISTIÁNS
AS MULLERES NA EPIGRAFÍA GALAICO-ROMANA EN GALICIA
Das case 900 epígrafes atopadas en Galicia que achego no blog, só en pouco máis de 60 aparecen nomes de mulleres (non inclúo as divindades). A maioría son de carácter funerario, figurando a muller como dedicante en 33, e nas non funerarias (votivas) aparece en 19 casos, e como defunta en 32. Máis da metade están dedicadas aos Deuses Manes, en dúas ocasións ás Ninfas e a Bandua, e logo, unha soa vez, aos Lares Viais, Coso, Genio Castelli, Xúpiter, Lucoubo, Anaureson, Marte, Nai dos deuses e o Sol (nalgúns casos non aparece a divindade, e noutros só a deidade). No resto de epígrafes, sen contar os miliarios e os deuses, os nomes de home aparecen en máis de 500 casos.
ACILIA MODESTA: En Santiago.
AEMILIA FLAVINA: En Monterrei.
AMACA AVITA: En Sarreaus.
ANSURUENA: En Porto do Son (hai outra posible lectura: Ausua?)
APANA: En Lugo.
APRONIA RUFA: En Maceda.
AURELIA NANTIA: En Láncara.
AVITA: En Xinzo de Limia.
BLAESINA: En Lugo.
BLENDEA MANTAI: En Porqueira.
BLOENA SABINI: En Ponteceso.
CALPURNIA ABANA: En Ourense.
CALUTIA: En Ourol.
CANTIA CARA: En Santa Comba.
CARA: En Lugo.
CESSEA: En Verín.
COLUPATA: Na Estrada.
CORAELIA RUFINA: En Lugo.
DIDIA: O Pino.
DOMITIA PUSINCA: En Zas.
EBURA: En Negreira.
ENTIA DUROTA: En Pantón. Hai quen cre que podería tratarse do nome dunha deidade.
FABIA: En Monforte de Lemos.
FABIA MARCELLA: En Mos.
FESTINA LICIMA CELINA: En Lugo.
FLACCINIA SEVERA: Na Coruña.
FLAVIA MATERNA: En Verín.
FLAVIA PATERNA: En Lugo.
FLORINA: En Noia.
IULIA: En Padrón.
IULIA: En Caldas de Reis.
IULIA APRONIANA: En Sobrado.
IULIA PRAENIA: En Xinzo de Limia.
IULIA VALENTIA: En Padrón.
GRAPHICE: En O Pino.
LISCENDA AMANDA: En Ourense.
LONGINA: En Lobios.
LUCILA EBURRA: En Curtis.
LUCILA VITALIS: En Rodeiro.
LUPA: En Tordoia.
MANSUETA: En Lalín.
MARTIA FLACILA: En Bande.
MATERNA: Na Coruña
MATERNA: En Zas.
PATERNA: En Ribadavia.
PLACIDIA
LUPA: En Curtis ou Sobrado.
PLACIDINA: En Baralla.
PLACIDINA: En Caldas de Reis.
PRÓCULA: En Santiago de Compostela.
PUBLIA FLORINA: En Lugo.
PUSINCA: En Bueu.
RUFINA: En Lugo.
RUFINA: En Laza.
RUTILIA ANTIANA: En Lugo.
RUTILIA PERURDEA: En Xinzo de Limia.
SATURNINA: Dúas en Santa Comba.
SEGUIA: En Ourol.
SEMPRONIA: En Oímbra.
SERANIE VICTORINA: En Vilalba.
SEVERA: En Lugo
SEVERA: En Vigo.
SEVERINA: En Guitiriz.
SEVERINA: Na Estrada.
SULPICIA SATURNINA: En Amoeiro.
TAPILA: En Sarreaus.
TERENTIA RUFINA: En Monterrei.
TIBERIA CLAUDIA: En Santa Comba.
VALENTINA: Na Coruña.
VALERIA FLORINA: En Pantón.
VALERIA MAMILLA: En Allariz.
VICTORINA: En Vilalba.
PATRIMONIO GALEGO FÓRA DE GALICIA
Os museos públicos galegos están ateigados de pezas arqueolóxicas, pinturas, esculturas, etc. procedentes do país, pero só unha parte está a disposición do gran público (falta de espazo, mal estado de conservación do material...). Doutras, desaparecidas, temos coñecemento debido a que nalgún momento alguén deu noticia, en ocasións dunha forma máis ou menos completa indicando a procedencia, tipoloxía, facendo debuxos ou fotos, etc. E seguramente, son milleiros das que nada sabemos (vendidas, destruídas, agasallos, gardadas polos seus descubridores...). Pero hai outras procedentes de Galicia que si se poden ver (ou ao menos sábese onde están), pero en museos foráneos.
Eiquí só achego aquelas relacionadas coas entradas deste blog (Paleolítico Neolítico, Calcolítico/Idade do Bronce, época Romana, e as asociadas a pontes, mosteiros/conventos e castelos). É
probable que algunhas me queden no tinteiro, polo que se agradece calquera contribución ou aclaración.
A provincia con máis pezas en museos de fóra de Galicia é Lugo: 31; A Coruña: 19; Ourense: 18; e Pontevedra: 5. Como aclaro máis arriba, só achego pezas relacionadas coas entradas do blog.
A relación vai alfabeticamente por concellos, indicándose a comarca e provincia entre parénteses. A final achego pezas das que se descoñece o concello onde apareceron, pero si a provincia.
ABADÍN (A Terra Chá-Lugo)
Machado de bronce (Gontán): Procedente da colección de Villaamil y Castro (publicouno no ano 1875). Foi atopado no ano 1871 por don Domingo Seijo. No Museo Arqueolóxico Nacional.
ALFOZ (A Mariña Central-Lugo)
Machados de Vilaúde (San Pedro de Mor): Dous machados mercados polo Museo Arqueolóxico Nacional a Josefa Villaamil Santiso no 1934, procedente da colección de José Villaamil y Castro.
ANTAS DE ULLA (A Ulloa-Lugo)
Machado de Montelongo (Alvidrón): Mercado polo Museo Arqueolóxico Nacional no ano 1947 a Cándido Souto.
ARES (Ferrol-A Coruña)
Mosteiro de Montefaro: Relevo do baustismo de Cristo por San Xoán Bautista do século XII. No Museo Arqueolóxico Nacional.
BANDE (A Baixa Limia-Ourense)
Ara a Reva Anabaraeco: Ara da que existe debate sobre a súa procedencia. Segundo Hübner, a inscrición procede de Ruana (Trujillo-Cáceres), se ben semella que provén de Galicia xa que o teónimo co mesmo apelativo foi atopado na Casa dos Fornos, na cidade de Ourense, que é onde a sitúa Prósper (2009). Moralejo lévaa para Castro Caldelas. Dise que se atopaba en Rubiana no 1740, e cara o 1925 no Museo Diocesán de Astorga, desparecendo despois. Tamén a cita o P. Fidel Fita en 1911. Segundo T. Hervella estaba rota, faltándolle a metade. Na provincia de Ourense temos Rubiás (Allariz, Bande, A Bola, Calvos de Randín e Ramirás), Rubiá (Valdeorras), e Rubiais (Viana do Bolo).
O BARCO DE VALDEORRAS (Valdeorras-Ourense)
Columna: En La Región do 22 de outubro de 1961 dáse conta dunha columna de máis de dous metros de altura cunha inscrición romana que dise foi enviada ao Palacio Espiscopal de Astorga e que sería estudada por Marcelo Macías. Descoñezo en que parte da comarca de Valdeorras apareceu e tampouco a vin (ao menos non está identificada como proveniente de Valdeorras) nin no museo Romano de Astorga nin no Museo de los Caminos da mesma cidade.
BOIRO (O Barbanza-A Coruña)
Puñal de cobre: López Cuevillas e Bouza Brey (1929) citan un puñal de cobre de base estreita e alongada onde se abren tres furados para amarrar aparecido en Beluso, na parroquia de Bealo. Foi doado ao Museo Antropolóxico de Madrid polo señor Abal Hermo. No Museo Arqueolóxico Nacional.
CAMBADOS (O Salnés-Pontevedra)
Machado: López Cuevillas e Bouza Brey citan un machado de talón de dous aneis, atopado preto da torre de San Sadurniño, que foi regalado por Cuveiro Pinol, secretario da Comisión de Monumentos de Pontevedra, ao Museo Arqueolóxico Nacional no ano 1872.
CASTRELO DE MIÑO (O Ribeiro-Ourense)
Petroglifos
de Vide: Mencionados como gravura de Ribadavia. No ano 1868,
Barros Sibelo enviou á Real Academia da Historia de Madrid o debuxo de dúas
pedras con gravados, un de Vide e outro de Xinzo da Costa, en Maceda. A gravura, se aínda existe, non se redescubriu polo que só se conserva o debuxo.
CASTRO CALDELAS (Terra de Caldelas-Ourense)
Inscrición de Navia (San Xoán de Camba): Século II d.C. Sábese que no ano 1787 estaba na sacristía da igrexa de San Xoán de Camba, despois foi tapada, créndose entón que desaparecera tal como recolle o Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense 2 do ano 1898. Redescubríuse a principios do século XX ao facer unhas obras, pero nalgún momento esfumouse, reaparecendo no Museo de Astorga (no 1963 estaba alí depositada). Deuna a coñecer Cornide por referencias de D. Pablo Rodríguez. No Museo de los Caminos de Astorga.
CEDEIRA (Ferrol-A Coruña)
Torques de Montoxo (Cedeira): Formado por unha variña maciza de sección cadrada-romboidal; os remates son ocos en forma de perilla moi apuntada. A peza está deformada e aberta. No Museo Arqueolóxico Nacional.
Torques: No Museo Arqueolóxico Nacional consérvase un negativo sobre prancha de vidro dun torques de ouro que se di procede dalgunha pare do concello de Ortigueira, aínda que podería proceder do castro de Alcaiás, en Cedeira. (Creo que se trata do torques de Montoxo).
COIRÓS (Betanzos-A Coruña)
Torques de ouro do castro de Flores ou de Oís: Coñecido tamén como torques de Oís. Atopado no ano 1915. Segundo a Gaceta de Galicia do 17 de xullo de 1915, foi atopado por un mozo de nome Arenes, fillo dun labrego, cando regresaba da escola; seu pai, aconsellado por xente de Betanzos, enviouno á Coruña para que o tasaran. No Museo Arqueolóxico Nacional.
A CORUÑA (A Coruña-A Coruña)
Lápida de Seti: Século XI. Inscrición en caracteres hebraicos. Segundo Villaamil y Castro apareceu no ano 1869 na Pena dos Xudeos. No Museo Arqueolóxico Nacional.
COSPEITO (A Terra Chá-Lugo)
Torques
de A Medorra (Pumares-Arcillá): Cinco torques de ouro
dos que se desbota que pertenceran ao enxoval dunha mámoa; poden
proceder do cercano castro do Castelo. Século II-I a. C. Achado
casual, posiblemente de finais do século XIX. No Museo Arqueolóxico
Nacional.
GUNTÍN DE PALLARES (Lugo-Lugo)
Miliario de San Romao da Retorta: Regalado ao bispo de Astorga, Julián de Diego y Alcolea, polo que foi presidente da Deputación de Lugo no ano 1925, Victoriano Sánchez Latas. En San Romao da Retorta hai unha reprodución. No Museo de los Caminos de Astorga. No mes de marzo de 2023, dende o Colectivo Patrimonio dos Ancares comunicaron ao museo de Astorga que tiñan errada a procedencia do miliario, que sitúan no concello de Rábade.
MACEDA (Allariz/Maceda-Ourense)
Petroglifos de Xinzo da Costa: No ano 1868, Barros Sibelo enviou á Real Academia da Historia de Madrid o debuxo de dúas pedras con gravados, un de Vide (Castrelo de Miño) e outro de Xinzo da Costa, en Maceda. A gravura, se aínda existe, non se redescubriu polo que só se conserva o debuxo.
MANZANEDA (Terra de Trives-Ourense)
Santa María de Cesuris (Cesuris): Era parada obrigada dos romeus que ían cara o santuario das Ermidas (O Bolo). Segundo a tradición pertenceu a un mosteiro templario. No Museo de los Caminos de Astorga custódianse un San Antonio de Padua do século XVII e un Calvario do século XVI.
MONDOÑEDO (A Mariña Central-Lugo)
Machado (Estelo-Os Remedios): Machado de talón de dous aneis partido que foi regalado ao marqués de Cerralbo por don Manuel Blanco Mamede, de Mondoñedo. Foi mercado polo Museo Arqueolóxico Nacional a Josefa Villaamil Santiso no ano 1934, procedente da colección de José Villamil y Castro.
Puñal de bronce da Couboeira ou da Pena Grande: Atopado no ano 1869 na Pena Grande, preto do castro da Couboeira. Foi adquirido polo Museo Arqueolóxico Nacional a Josefa Villaamil e Santiso, procedente da colección de Villaamil y Castro.
MONFORTE DE LEMOS (Terra de Lemos-Lugo)
Machados: Ángel del Castillo anotou que os machados foron descubertos casualmente por un veciño da localidade. Logo vendeullos por 15 pesetas a un particular, Javier Rodríguez, que llos regalou ao político e coleccionista Guillermo de Osma y Scull (1853-1922), conde consorte de Valencia de Don Juan e daquelas deputado por Monforte. Segundo Del Castillo, Osma distribuíu os machados por varios museos. Actualmente só se ten a seguridade de onde foron a parar cinco exemplares: dous ao Museo Arqueolóxico Nacional e tres ao Instituto Valencia de Don Juan de Madrid. Os outros dous machados continúan desaparecidos, se ben Ángel del Castillo asegura que Osma doou un á Real Armería en Madrid, mais cara o ano 1927 non constaba entre as doazóns a esta institución como puído comprobar o propio Del Castillo. O exemplar restante sería doado a un museo de París, o Musée de L´Homme, dato que tampouco se puído confirmar.
Nosa Señora da Antiga: Coñecida coma Os Escolapios. Mandada construír polo cardenal Rodrigo de Castro, da poderosa familia dos Lemos. Rematouse no ano 1619. Foi o cardenal, xunto con outras obras, quen trouxo A Adoración dos Magos, do pintor flamento Van der Goes, pintado probablemente arredor de mediados do século XV. Despois de que Max Jakob Friedländer, da Gemäldegalerie, se trasladara a Monforte para velo, conseguiu mercalo no ano 1913 e levalo para este museo de Berlín.
Tesouriño e forno de Tor: Ao pé do castro do Eivedo, entre os anos 1846 e 1850 apareceron varias moedas de ouro (áureos de Nerón). No 1861 atopáronse moedas de prata nun recipiente cerámico, a maioría da época do emperador Galiano que dirixiu o Imperio entre o 235 e o 268 d. C.. No mesmo castro apareceron varias ánforas romanas e un forno cerámico construído con ladrillos, e un depósito para a cinza. Non se sabe que foi das pezas, conxecturándose que no seu momento foron para o pazo de Tor, perdéndoselle logo a pista. Pero segundo achega un número do Almanaque de Galicia do ano 1865, a maior parte pasaron a mans "del señor Rañoy, de Orense, en cuyos crisoles sería condenado Nerón en efigie, por sus crueldades, pero mucho mas hubiera ganado el último poseedor de estas monedas si las hubiese conservado para vender a los museos públicos y particulares". Continúa o mesmo Almanaque que no 1861 apareceu nunha cántara gran cantidade de moedas con baño de prata, a maior parte do emperador Galieno e algunhas de Valeriano, tamén desaparecidas.
NIGRÁN (Vigo-Pontevedra)
Mosaico de Panxón: Atopado no século XIX. Ata o ano 2000 estivo en mans da familia de Blanco Cicerón. No ano 2000 foi adquirido nunha subasta en Madrid, perdéndoselle a pista. No ano 2019, o coleccionista Gonzalo Fernández-Turégano, que se atopaba en Nova York, deu co mosaico na web do anticuario Carlton Hobbs. A partir daí creou unha asociación para a súa recuperación e reunir os 58.000 euros para conseguir que regresara a Nigrán. O Concello deu 40.000 euros, e 18.000 procedentes de particulares. Dende o mes de febreiro de 2025 atópase no Concello de Nigrán, e despois será trasladado definitivamente para a Biblioteca Municipal.
NOGUEIRA DE RAMUÍN (Ourense-Ourense)
Espada de bronce: Atopada no encoro de Santo Estevo. Fáltalle o pomo e parte da guarda, así como a punta da folla. Datada entre o 1100-1000 a. C. No Museo Arqueolóxico Nacional.
Puntas de lanza: De bronce. Atopadas no encoro de Santo Estevo. Datadas entre o 1300-1150 a. C. Unha fragmentada en tres partes e a outra en catro. No Museo Arqueolóxico Nacional.
Pendente de bronce: Como nos dous casos anteriores, atopado no encoro de Santo Estevo. É de bronce macizo de sección circular. Datado entre o 1000-900 a. C. No Museo Arqueolóxico Nacional.
ORDES (Ordes-Coruña)
Obxecto lítico puído: Procedente dunha mámoa. Foi doado ao Museo Arqueolóxico Nacional por Antonio Casares Rodríguez, rector da Universidade de Santiago, a través do conservador do museo Fernando Fulgosio.
ORTIGUEIRA (Ortegal-A Coruña)
Torques: No Museo Arqueolóxico Nacional consérvase un negativo sobre prancha de vidro dun torques de ouro que se di procede dalgunha parte do concello de Ortigueira, aínda que podería proceder do castro de Alcaiás, en Cedeira. Creo que se trata do de Montoxo, en Cedeira.
OURENSE (Ourense-Ourense)
Ara a Reva Anabaraeco: Ara da que existe debate sobre a súa procedencia. Segundo Hübner, a inscrición procede de Ruana (Trujillo-Cáceres), se ben semella que provén de Galicia xa que o teónimo co mesmo apelativo foi atopado na Casa dos Fornos, na cidade de Ourense, que é onde a sitúa Prósper (2009). Moralejo lévaa para Castro Caldelas. Dise que se atopaba en Rubiana no 1740, e cara o 1925 no Museo Diocesán de Astorga, desparecendo despois. Tamén a cita o P. Fidel Fita en 1911. Segundo T. Hervella estaba rota, faltándolle a metade. Na provincia de Ourense temos Rubiás (Allariz, Bande, A Bola, Calvos de Randín e Ramirás), Rubiá (Valdeorras), e Rubiais (Viana do Bolo).
O PINO (Arzúa-A Coruña)
Torques de prata de San Lourenzo Pastor: Foi ofrecido ao Museo Arqueolóxico Nacional no ano 1943, aínda que non se chegou a un acordo para a compra (consérvase unha foto). É distinto ao torques da mesma procedencia adquirido no ano 1968 e depositado no Museo da Coruña.
Modio da Ponte Puñide (Gonzar): No ano 1912 ou 1913 atopouse un modio de bronce ao facer unha escavación para aplanar un terreo propiedade de Joaquín Castro. No Museo Aqueolóxico Nacional.
Togado de bronce da Ponte Puñide (Gonzar): Primeira metade do século I d. C. No Museo Arqueolóxico Nacional dende o ano 1938.
PORQUEIRA (A Limia-Ourense)
Estela funeraria do Outeiro ou de Blendea Mantai (O Rial-Sabucedo): Foi adquirida polo Museo Arqueolóxico Nacional no ano 1936.
REDONDELA (Vigo-Pontevedra)
Machado: Documentado polo Museo Arqueolóxico Nacional no ano 1878 entre os materiais expostos na Exposición Universal de París.
RIBADEO (A Mariña Oriental-Lugo)
Diademas de Ribadeo: Existe certa controversia canto ao lugar onde se atoparon as tres diademas que formaban parte dun lote ofrecido nos anos corenta do pasado século a museos e coleccións privadas. Segundo información tirada dun artigo de María José Boveda Fernández, As Diademas castrexas de "Galicia" (Centro de Estudos do Patrimonio da Universidade portuguesa de Guimaraes), trátabase de tres pezas case idénticas que, segundo os vendedores, procedían dunha comarca próxima a Ribadeo. As diademas foron mercadas polo Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid, o Louvre de París e o Museo da colección de Lázaro Galdiano; esta última atópase hoxe en día no Musee St Germain-en-Laye. (Achego unha foto sobre nitrato de celulosa do MAN dunha diadema que si figura como procedene de Ribadeo). Canto á que se custodia no Museo Arqueolóxico Nacional, hoxe en día máis ca unha diadema considérase un cinto.
Torques de Ribadeo: Descoñécese a área de procedencia exacta. No Museo Arqueolóxico Nacional dende o ano 1934.
Convento de San Francisco: Santa María do Campo era a antiga igrexa do convento de San Francisco. Deiquí dise que procede un báculo de limoges do século XIII que na actualidade atópase no Museo Nacional d´Art de Catalunya. Foi atopado na tumba do bispo de Mondoñedo Pelaio de Cebeira; arredor do 1855 foi despositado na catedral de Mondoñedo. Entrou no museo no ano 1932.
RIBEIRA DE PIQUÍN (Meira-Lugo)
Machados de bronce da Vara (Navallos): Da Idade do Bronce. Tres machados foron adquiridos por 75 pta polo Museo Arqueolóxico Nacional a Alfonso González Belandres no ano 1931. O lingüísta, natural de Meira, Anibal Otero, cre que proceden de tres lugares distintos: Vara, Pousadoiro e Piñeiro.
SAMOS (Sarria-Lugo)
Máscara de terracota: Representación de Dioniso con polos decorados co que semellan froitos na súa base. As formas da cara apenas se intúen. Da colección Stutzel, ingresou no Museo Arqueolóxico Nacional no ano 1900.
Anel de Tenderico: Atopado nunha finca en Romelle. Con inscrición. Mercado polo Museo Arqueolóxico Nacional no ano 1944.
SANTIAGO DE COMPOSTELA (Santiago-Santiago)
Convento de Santa Clara: Arqueta do século XIII. No Museo Arqueolóxico Nacional.
Mosteiro
de San Paio de Antealtares:
Dúas esculturas do
século XII atópanse no Museo Arqueolóxico Nacional. No Fogg Museum de Harvard outra do século XII que ten esculpidas as imaxes de tres apóstolos.
SILLEDA (O Deza-Pontevedra)
Mosteiro de Carboeiro: No ano 1980, o Museo Marès de Barcelona mercou a Ericka Birk, viúva do empresario e coleccionista de orixe alemana, Franciso Birk, dúas esculturas que ao menos ata os anos trinta adornaban o tímpano da igrexa mosteiral de Carboeiro. No mes de xaneiro de 2023, o museo iniciou un informe para aclarar se proceden de Carboeiro tras coñecerse a existencia de documentos do Arquivo de Galicia e o Arquivo Xeral da Administración do Estado que proban a substración ilegal das pezas. Nos últimos anos, os investigadores Alfredo Abeledo e Antonio Vidal Neira teñen publicados varios artigos sobre estas e outras pezas que desapareceron de Carboeiro.
SOBRADO DOS MONXES (Terra de Melide-A Coruña)
Torques de prata de Sobrado dos Monxes: Descoñécese en que parte do concello foi atopado. No Museo Arqueolóxico Nacional.
SOUTOMAIOR (Vigo-Pontevedra)
Machado: López Cuevillas e Bouza Brey (1929) citan un machado de talón de dous aneis que foi doado no 1872 por Francisco Sancho Gutiérrez ao Museo Arqueolóxico Nacional.
TORDOIA
Torques de Bardaos: No castro da Croa de Bardaos apareceu un primeiro torques de ouro que foi fundido ao pouco de seren atopado. Outro máis, tamén de ouro, apareceu preto do anterior no ano 1997; custódiase no Museo Provincial de Lugo. Do que se conserva no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela, de ouro e incompleto, parece que foi atopado pola mesma persoa cando a realización de labores agrícolas na croa do castro. Pero a mediados do século XX saíron á luz outros dous que poderían ser uns que se conservan no Ashmolean Museum de Oxford, adquiridos polo museo no ano 1975, un deles (tamén con remates piriformes como os anteriores) ao coleccionista británico Herbert James Powell Bomford. Non se indica a procedencia exacta, só que foron atopados nun castro de Spain.
VILAMARTÍN DE VALDEORRAS (Valdeorras-Ourense)
Mosteiro de Correxais: Documentado no ano 922. No Museo de los Caminos de Astorga hai unha talla da Inmaculada do século XVIII procedente de Correxais.
PROVINCIA DA CORUÑA
Torques de Ouro: Só se sabe que procede da provincia. No Museo Arqueolóxico Nacional.
PROVINCIA DE LUGO
Torques de ouro: Só se sabe que procede da provincia. No Museo Arqueolóxico Nacional.
Aros de ouro: Só se sabe que proceden da provincia. Formaban parte dun lote de cinco torques e unha parella de anelas adquiridos no mercado de antigüidades no ano 1992.
PROVINCIA DE OURENSE
Torques: Dous torques que foron adquiridos polo British Museum de Londres nunha subasta no ano 1960 da galería Sotheby´s. Na ficha do museo di que no catálogo de Sotheby´s, nunha carta do expediente, o arqueólogo catalán Luis Pericot suxire que poderían proceder da provincia de Ourense. Mário Cardoso, na Revista Guimarães, número 75 (1965), di que ao menos un podería proceder, pola súa tipoloxía, de Codeçais (Chaves).
OUTRAS PEZAS
O Museo Arqueolóxico Nacional custodia outras pezas de procedencia descoñecida; é probable que algunhas procedan de Galicia.
BUSCO INFORMACIÓN SOBRE INSCRICIÓNS GALAICO-ROMANAS PERDIDAS
No blog achego máis de 900 inscricións galaico-romanas e romanas repartidas polas catro provincias galegas (aras, estelas, miliarios...). A gran maioría están localizadas en museos (onde non todas están expostas), algunhas de fóra de Galicia; outras vémolas reutilizadas tanto no exterior coma no interior de igrexas e capelas (pola mingua de actos relixiosos, en casos poden pasar meses e incluso anos para poder ver as que se atopan no interior); e tamén as situadas no exterior de edificios particulares. A non poucas resulta complicado (ou imposible) acceder por estar agochadas polos seus “propietarios” (as coñecidas polas autoridades en materia de Patrimonio, quizais sería necesario ditar medidas para que se poidera exercer un control periódico sobre as pezas. Por se acaso). Tamén se dan casos dalgunhas publicacións (boas publicacións) que duplican unha mesma peza, situándoa en lugares ou concellos distintos ou dándoa, erradamente, por perdida. Pero tamén achego 157 das que só se ten coñecemento por referencias bibliográficas, unhas máis completas ca outras (en ocasións achegan a epígrafe e debuxos ou fotos) pero, na maior parte dos casos, danse por perdidas o que non quita que, como acontece ás veces, alguén as redescubra.
A continuación achego as pezas, distribuídas por provincias, das que existe constancia pero se dan por desaparecidas. Dunhas citoo lugar onde foron atopadas e a historia tirada de distintas publicacións ou a tradición, doutras só a inscrición que por distintos medios chegou ata os nosos días. Se alguén dispón dalgún outro dato, agradezo mo facilite para así poder ir completando as entradas correspondentes do blog (pode darse o caso de que algunhas as teña como perdidas e, por descoñecemento, se saiba o paradoiro). Por suposto, citarei ás persoas que me proporcionen a información por moi pequena que sexa, todo axuda. Moitas grazas.
Correo electrónico: onosopatrimonio@gmail.com
PROVINCIA
DA CORUÑA
ARTEIXO
Inscrición (Barrañán): Segundo A. del Castillo e A. D´Ors (1959): "NUMEN [---]/SACRVM [---]/VN[---]/EX[---]/IVVEN(tutis?)/LIBENT(es?)/EVNDIL (". Coñecida dende o século XVIII. Perdeuse enre o 1914 e 1915 ao ser derrubado o edificio onde se atopaba reutilizada.
Lápida:
Citada por Monteagudo. Desaparecida.
ARZÚA
Epígrafe: Galicia Diplomática, nº 45, do 24 de novembro de 1889, fala dunha inscrición aparecida no castro de Boente dedicada a Xúpiter: "I O M/M MARINVS A C CAES AVG P/M HVIC ORDO PATRIAE F PV/BLICVM OBFVNER MATRIS VXORE/LIBERIS DE DER T/T R S T LEVIS". Descoñezo onde se atopa este castro, en principio na parroquia de Boente non hai ningún, quizais se refira ao castro de San Paio, situado a un quilómetro en liña recta de Boente, pero xa na parroquia de Figueiroa. (Só se conserva a transcrición).
CAMBRE
Inscrición funeraria de Santa María de Temple: Desaparecida. Dá noticia dela Cornide Saavedra no ano 1789, que di que se atopaba "pasado el puente del Burgo, junto al crucero que está a la izquierda del camino antiguo de Castilla, sierviendo de mesa para descansar el Santísimo en la procesión del Corpus", afirmando que procedía das ruínas da igrexa de Santa María do Temple. Abascal Palazón e López Fernández (2023) achegan que aínda que a inscrición dáse por desaparecida xa a mediados do século XX, no ano 1945 o director do Museo Diocesano de Santiago de Compostela (hoxe Museo da Catedral) publicara que se gardaba nesa institución, se ben non foron quen de localizala. "D(is) M(anibus) S(acrum)/C(aio) IVL(io) SEVERO/AN(norum) XLVII/IVLIA SEVERA/MARITO/PIENTISIMO", ("Consagrado aos deuses manes. Iulia Severa púxoo para o seu marido Caius Iulius Severus, de 47 anos").
CULLEREDO
Castro
de San Cosme (Sésamo): Murguía
(1901) atribúe a Cornide a noticia dunha ara de época romana adicada á
deusa Navia aparecida en Sésamo, se ben o segundo nunca citou esta
localidade: "NAVIA/ANCETOTV/NRI EXS/SESA/VOTVM/POSSIT/[---]". Sobre o
castro hai unha capela. Creo que se trata dun erro xa que o resto de
autores lévana para a Pobra de Trives.
FISTERRA
Inscrición a Xúpiter: Procedente de Erbogo (Rois), conservábase nunha casa particular en Fisterra. Desaparecida. Líase: "IOVI/O M". No Arquivo do Museo Arqueolóxico de San Antón da Coruña consérvase a correspondencia onde se inclúe un debuxo realizado polo seu descubridor.
NEGREIRA
Fragmento cunha inscrición en Vilachán: No século XIX atopábase en Vilachán: "[---] SA/[---] NO/[---] M [---]".
PADRÓN
Inscrición perdida: Consérvase un gravado de López Ferreiro. Arredondada por riba, foi atopada no 1868 por Barros Sibelo e Garea Cobián preto de Padrón ao facer as obras do ferrocarril. Barros enviou unha copia á Academia da Historia de Madrid: "CAMBAVIVS/CORALI . F/SENATORIE S"/ANNORUM L/H.S.E/S.T.T.L".
Inscrición: Nos séculos XVI e XVII atopábase en Padrón. Desaparecida, ao menos, antes do século XIX. "FL. TERTULIA. ME/SAN FL F MARITO".
Inscrición: Desaparecida arredor do 1610. Estaba xunto o castro da Rocha, onde a viu e decribiu Castellá Ferrer. Adicada por Sulpicius Severus a unha dinvindade indíxena.
RIBEIRA
Ara de Bretal (Olveira): Desaparecida, consérvase un debuxo da transcrición realizado a mediados do século XVIII por Frei Martiño Sarmiento; no século XIX xa estaba desaparecida. Aos Deuses manes: D MA T POS/ MATERNVS/ RUSTI FL/AVIE VXSORI PIE/NTISSIM/E ANNOR/ XXXIV D RO Q/ TRA SIT T T F/ LEVIS".
ROIS
Inscrición a Xúpiter: Procedente de Erbogo (Rois), conservábase nunha casa particular en Fisterra. Desaparecida. Líase: "IOVI/O M". No Arquivo do Museo Arqueolóxico de San Antón da Coruña consérvase a correspondencia onde se inclúe un debuxo realizado polo seu descubridor.
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inscrición perdida: "D M S/NVMERIVS VITALIONIS/NVMERIAE VITALIAE VS/BM F B S ES/L T L".
Inscrición perdida: "PROCVLA/CAMALI/F CROVIA/AN XXX/H S E SE/CVNDIVS ET D".
Inscrición funeraria perdida: A finais do século XVI atopábase preto da catedral. Aos Deuses Manes: "D M/ACILIA MODESTA M/F/MODESTO PATRI PIEN/H S E S T T L".
TRAZO
Ara (Vilouchada): Apareceu nun labradío coñecido como A Eirexiña cara o ano 1947. Tiña dous campos epigráficos separados. Desaparecida, só se conserva un debuxo feito por Luis Monteagudo. Dedicada aos Deuses Manes: "]/SEVERI/NVS C[---] D M S/ANO/LXXXXV".
Ara (Vilouchada): As circunstancias do achado deben ser os mesmos que no caso anterior. Só se conserva un debuxo de Monteagudo. Aos Deuses Manes: "D M S".
PROVINCIA DE LUGO
BARREIROS
Miliario: A un miliario faise mención en Hispania Epigraphica: "D N/CONSTANTI/NOBILISSIMO/CAESARI/POSUIT FLAVIN/MILIARIVM/XXVIII".
CHANTADA
Ara de Belesar: Atopada no ano 1941 polo párroco José de Castro López, facía as funcións de pía de auga bendita na igrexa de Belesar (fotografada por Vázquez Seijas) ata que foi mercada por un descoñecido anticuario de Barcelona. Desaparecida. Aos Lares Viais: "LARI/BUS/VIAL".
GUITIRIZ
Ara e estela en Mariz: Téñoas como desaparecidas. A ara está consagrada aos Deuses Manes. Nun debuxo sen data nin autor, lese: "D M S/[---]/FRONTO/NIS[---]/M[---]/V[---]/SE[---]S". Na anotación pon que procede de "Mariz, Santa Eulalia, en tierra de Parga, parroquia de la Encomienda de Puertomarín de San Juan". No debuxo do fragmento da estela di: "parte de otra sepultura en la misma parroquia..., semejante a la que hay en el atrio".
Estela (O Buriz): Estela anepígrafa descrita por Amor Meilán que se atopaba no adro da igrexa parroquial. Tiña un baixo relevo representando unha escea militar. Desaparecida. Consérvase un debuxo de Mato Vizoso (1846-1909). O arqueólogo Manuel Anxo López-Felpeto (envioume o debuxo) comentoume que leva perdida dende hai moitos anos, dime que preguntou pero non hai quen a lembre.
MONFORTE DE LEMOS
Ara de Iulia Praenia: Para situarnos, en Hispania Epigraphica (en liña) di que unha epígrafe dedicada a Iulia Praenia, procedente de Monforte de Lemos, está recollida no CIL II (Corpus Inscriptionum Latinarum), páxina 1.040, cando en realidade está na 903; tamén di que está en IRG IV (Inscripciones romanas de Galicia. Provincia de Orense, de Xaquín Lorenzo Fernández e colaboradores), cando aí non aparece nin a ara nin a inscrición. Tampouco fan referencia a ela Arias Vilas, Le Roux e Tranoy (Inscriptions Romaines de la Province de Lugo, 1979). No citado CIL II (Inscritiones Hispaniae Latinae, 1869), E. Hübner achega a lectura: "ARA(M) SOL(is)/IVLIA/PRAENIA/MOCION/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", que traducida viría a dicir "Ara do Sol, Iulia Praenia Mocion cumpriu a súa promesa de bo grado" ou "Ara do Sol, Iulia Praenia a Mocion...". Pero, posteriormente, a maioría dos investigadores, algúns entre interrogantes, lévanna para A Limia. A ara, si se conserva, non se sabe onde está. Pero nun debuxo da ara que aparece nun manuscrito do ano 1650 baixo o título Breve hepittome de la familia y casas de los Lopez de Lemos pobladores desta tierra de Lemos (80 páxinas), lese na cara principal: "ARA: SOL: / JVLLIA /PRAENIA/ MOCION / V S (hedera) L M"; nunha cara lateral unha especie de cántara e a inscrición "LEMI,CON / III"; e na outra cara lateral unha especie de combinación de tres círculos (disco solar?) e a epígrafe "LVPVLUS / F". Polo debuxo trataríase dunha ara con frontón tirando a semicircular e pé moldurado; a inscrición estaría sobre un rebaixe da pedra. Despois de transcribir a parte do Breve hepittome… que me interesaba, creo que o manuscrito é claro. Como achega o título, a intención é demostrar a procedencia dos López de Lemos que, en efecto, señorearon nos concellos de Pantón e Sober. Ao falar do río Cabe (“… por ser las mejores aguas con que daban el temple a sus famosos aceros...”), di que na zona asentáronse os “limineos” que deron nome a toda a Terra de Lemos, fundando a “colonia de Proenza…. oy le llaman Proendos”. En Proendos, no concello de Sober, documéntase unha vila romana que dun tempo a esta parte está a proporcionar interesantísimos achados. O río Cabe, que nace no Incio, rega, na comarca da Terra de Lemos, os municipios de Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón e Sober. Como proba de que eiquí se asentaron os romanos, o autor achega a ara citada máis arriba que, interpreto, estaba na igrexa de San Vicente de Castillón, no concello de Pantón, xunto con outras dúas, unha delas co escudo dos Lemos. A outra pedra sería a descrita por Castellá Ferrer no ano 1610, tamén desaparecida, adicada aos deuses Manes: "D M S / VALERIAE FLORINAE AN XXIII / POMPEIVS / LVPVLVS / VXORI PI /ENTISSIMAE", ("Consagrado aos deuses Manes, Valeria Florina morta á idade de 23 anos. Pompeius Lupulus (fixo este monumento) para a súa muller piadosamente)".Á vista da inscrición, o autor fai derivar o apelido López de Lupulus, e Lemos de Lemi ou Lemicon, que ao tempo enlaza con leminios e limineos. Serían entón estes últimos vocábulos os que levan a confusión para que se conxecture a procedencia da ara da Limia por onde discorre o famoso río do Esquecemento citado por Plinio. Creo que o erro procede do propio autor do manuscrito que confunde leminios/limineos co pobo dos lemavos. (Ver o artigo completo na entrada APÉNDICES: Ara da Terra de Lemos ou da Limia?
PANTÓN
Epígrafe de Castillón: Unha inscrición documéntase no século XVII (ano 1610) na igrexa de San Vicenzo de Castillón, perdéndoselle a pista a finais do século XVIII, cando o párroco, Gabriel Antonio Lago (falecido no 1802), a saca do templo onde permanecía debido a unha desputa entre el e os propietarios da lápida que pagaban unha renda de tres ferrados anuais polo mantemento da súa sepultura situada ao pé da lápida. Transcrita por Castellá Ferrer. Aos Deuses Manes: "D M S/VALERIAE FLORINAE AN XXIII/POMPEIVS/LVPVLVS/VXORI PI/ENTISSIMAE".
RIBAS DE SIL
Inscrición: "TER(minus)".
Inscrición: "]VI IPOA".
SARRIA
Ara: "LARIBVS/VIALIVU/S CAES(i)/ANVS".
Epígrafe: "]/FELICEM/PARENTEM/[---] IUL(io) ET/[---]FILIO".
O SAVIÑAO
Estela de Mourelos: Próximo á ponte romana que salvaba os Cóvados de Belesar atopáronse unha estela e unha ara. A estela está desaparecida.
VILALBA
Alba: Atopada cando se reconstruíu a igrexa. Aos Deuses Manes: "D M/SERANIE/VICTORI/NA ANNO/RVM LX".
PROVINCIA DE OURENSE
ALLARIZ
Inscrición (Forxás): "HERMI VICTORI/HERM VI/OD".
ARNOIA
Inscrición: "]/EX VI(su) FEC(it)".
BALTAR
Ara: Dedicada aos Deuses Manes: "D M S/VIR[---] MATER[---]/SEV[---] SEVERO/CON MER AN XXIII".
Ara perdida (Montes de Baltar): "CATVRO/PINTAM(i)/NABIAE/[L]IBENS/[A(nimo) P(osuit)]".
Inscrición: Fragmento en granito coa epígrafe "]I///CV/---".
BANDE
Inscrición desaparecida: Atopada preto do castro de Rubiás: "MEDANVS ARCISI F". Nun artigo aparecido na revista Album Literario de Ourense do 15 de setembro de 1889, di que a inscrición estaba nun sepulcro situado no interior da igrexa e Cadós.
Inscrición desaparecida (Baños de Bande): "CARI BE/FLACVS/SECVNDI V. S.".
Inscrición: "] / co(n)s(uli) III / a B(racara) A(ugusta) m(illlia) p(assum) LIII".
Inscrición: "] / Aviti [f(ilius?)] / v(otum) l(ibens) a(nimo) s(olvit)".
BARBADÁS
Ara (Santa Euxea-Piñor): Só se podía ver a parte superior. Estaba formando parte da parede exterior da vella capela de San Xoán, en Santa Euxea (aínda se conservan algunhas pedras comidas pola maleza). Dise que desapareceu baixo a cabeceira do noiro da autovía das Rías Baixas, pero no mes de novembro de 2021 dous veciños contáronme que esa información era falsa, en realidade levánronna.
O BARCO DE VALDEORRAS
Columna: En La Región do 22 de outubro de 1961 dáse conta dunha columna de máis de dous metros de altura cunha inscrición romana que dise foi enviada ao Palacio Espiscopal de Astorga e que sería estudada por Marcelo Macías. Descoñezo en que parte da comarca de Valdeorras apareceu e tampouco a vin (ao menos non está identificada como proveniente de Valdeorras) nin no museo Romano de Astorga nin no Museo de los Caminos da mesma cidade.
BEARIZ
Epígrafe (As Antas): Hispania Epigraphica achega unha epígrafe, entre interrogantes, nas Antas (Beariz). Creo que se trata dun erro, a inscrición podería corresponder ao miliario da Corga, en Piñeira de Arcos (Sandiás). Na bibliografía leva a L´Annèe épigraphique (1980): "D(omino) n(ostro)/Galerio/Valerio Maxsimino(!)/ Imperatori/[ ", ("Galerio Valerio Maximino, o noso señor").
Epígrafe (As Antas): A inscrición figura, entre interrogantes, en Hispania Epigraphica, pero teño dúbidas; podería corresponder a un fragmento de columna aparecido en Celanova. Na bibliografía leva a L´Annèe épigraphique (1980): "D(omino) n(ostro)/[Im]p(eratori) Claudio/Iuliano/victori ac/ triu[m]phatori/[pe]rpetuo/se[mp(er)] Aug(usto)/XXXII".
CASTRELO DO VAL
Ara: Dada a coñecer por Taboada Chivite no ano 1971. Non indica onde a atopou, se ben di que a levou para o Museo Arqueolóxico de Ourense no ano 1975.
CASTRO CALDELAS
Epígrafe: Dedicada aos Deuses Manes: "D M MA/RCO GR/ACILLIS/AN XX/S T T L".
Inscrición: De procedencia insegura. Hübner, seguindo a Muratori, situouna no castro de San Cristóbal, en Villalis, preto de Astorga, pero a peza, segundo Ceán Bermúdez, atopouse en Castro Caldelas, procedente de "in castro sancti Christophori in Gallaecia". Da copia feita por Muratori non é posible coñecer o nome da divindade nin se é plural, mediante a interpretación da primeira liña como D(iis) ou D(eabus), ou singular, resolvendo "D(eo) D(omino)". A copia a man de Muratori di: "D . D/CAVLECEI . SAC/SACRVM XISIT/XIX . FL . DEDICAVIT/PRO SALVTE XVA ET SVORVM". Descoñezo un castro ou lugar que en Castro Caldelas leve o nome de San Cristovo.
CELANOVA
Ara en San Miguel de Celanova?: Mauro Castellá Ferrer, nacido na segunda metade do século XVI e natural de Celanova, cita unha inscrición que, traducida, dicía: "Máximo, fillo de Lovesio, cumpriu o seu voto aos Lares Viais, de boa vontade". Non aclara a procedencia. Colmenero desbota que proceda de San Paio de Araúxo (Lobios) ou de San Miguel de Celanova, levándoa para Santa Comba de Bande. Tamén se cita en CIL II.
CENLLE
Inscrición: "]CBIO/[---] VTO/PV/A/N/M". Recollida de Hispania Epigraphica. Non dispoño de máis datos.
COLES
Inscrición: "D(omino) N(ostro) IM(peratori)/CA(esari) AUR(elio) M(arco) V(alerio)/MAXIMI/ANO". Recollido de Hispania Epigraphica. Descoñezo a procedencia, onde se atopa, etc.
Miliario de Cambeo: Citado por Matos Ferreira.
Miliario de Gustei: Só coñecido por referencias bibliográficas.
CORTEGADA
Ara
da
igrexa de Meréns:
Actuaba como soporte da pía bautismal, coas letras "P S"
gravadas nunha das caras, e que nalgún momento foi enterrada baixo a
pía bautismal actual. Por informacións proporcionadas polo párroco,
o sacristán e uns veciños, o día 21 de agosto de 2022, a ara e a
pía procedían da antiga igrexa que estaba onde se atopa o
cemiterio, e ao construír o novo templo foron soterradas baixo os
cimentos.
ESGOS
Epígrafe: "TIRVE"
LOBIOS
Epígrafe aos Deuses Manes (Baños de Río Caldo): Aos Deuses Manes: "DIS MANIBVS/SEPVLT LONGINIA/LONGINI F SECVNDINO/CONIVGI PIENTISSIMO/ANNORVM LX".
Epígrafe (Baños de Río Caldo): "ROMAE/SEPTIMIVS/SEVERVN RVFVS/EX VOTO". Só hai unha referencia recollida polo polémico xesuíta Jerónimo Román de La Higuera na súa Historia eclesiástica de España (1570-1611), famoso por falsificar e desfigurar textos antigos. Posiblemente falsa.
A MERCA
Miliario ou columna: "IMP CAESARI/DIVI TRAIANI F/TRAIANO HADRIANO/PONT MAX TRIB/POTEST COS III P P/MVN AOBRIGEN D D". Só existe unha referencia recollida polo polémico xesuíta Jerónimo Román de La Higuera (1538-1611) na súa Historia eclesiástica de España. De la Higuera é famoso por falsificar e desfigurar textos antigos. Posiblemente inexistente.
MONTEDERRAMO
Miliario de Caracalla (O Rodicio): Coñécese polas informacións de Barros Sibelo; tiña tres metros de altura.
MONTERREI
Ara a Cibeles ou a Xuno (Albarellos): Adicada por Emilia Flaviana, foi atopada na igrexa de Albarellos polo abade de Covelas, Pedro González de Ulloa, no ano 1755, tomándoa dun pedestal ou basa de estatua que estaba colocada no adro da igrexa. Copiu: "IVNONI/... RIS/DEUM/AEMILIA/FLAVINA/V S L M". Para algúns investigadores constitúe unha ofrenda a Cibeles, mentres que outros vencéllanna á deusa romana Juno, filla de Saturno e irmá e muller de Xúpiter. Di Hübner que a copia non debía ser moi fiel, pero que se podería dar como segura a tradución "A Xuno, nai dos deuses, Emilia Flaviana". Téñoa como desaparecida, feito confirmado na publicación da "Peza do Mes" de outubro do ano 2006 do Museo Arqueolóxico de Ourense ao falar da ara a Cibeles aparecida en Xinzo de Limia.
Lápida (Castelo de Monterrei/Ábedes): Nun Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1898 dise que en Ábedes apareceu unha lápida no ano 1580 que se conservaba no patio do castelo de Monterrei, ignorándose hoxe en día o seu paradoiro: "GENIO P R C M M SETIMA LEG VII G P F V S L M".
OÍMBRA
Inscrición: "/li]MICO[RVM" (?)
PEREIRO DE AGUIAR
Dedicatoria (Calvelle): "TOROLO/COMBICIEGO/M(arcus) ARRVNTIS/RVFVS V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Marcus Arruntius Rufus cumpriu de bo grado o seu voto a Torolo Combicego"). Citada por Jerónimo Román de la Higuera no seu Historia eclesiástica de España (1570-1611); segundo achega María R. Hernando Sobrino, o informante de la Higuera foi Pedro González de Acevedo (1534-1609), bispo de Ourense, polo que a noticia tería certa credibilidade xa que de la Higuera é famoso por falsificar e desfigurar textos antigos.
A POBRA DE TRIVES
Ara a Nabia Sesmaca: "NAVIAE/SESMA/CAE V/".
Ara aos Lares Viais (Trives Vello): Estudada por Taboada Chivite. Descoñécese o seu paradoiro. Leu: "LARIBVS/VIALIBVS/VALLIVS/MAXIMVS/EX VOTO".
Epígrafe aos Deuses Manes: O historiador italiano Muratori (1667-1750) dá conta desta inscrición como atopada no pobo de Quiero que non se corresponde co nome de ningunha entidade de poboación de Galicia, pero Hübner cre que procede da Ponte Navea xa que como no caso de outra aparecida na ponte figura o nome de Atilius Astur: "D M/ATILIAE ANNAE/ANNORUM XXI/ATILIVS ASTVR/PATER".
Inscrición (Trives Vello): No ano 1903, Fidel Fita dá conta dunha inscrición enviada por Vázquez Núñez: "[---] EVS/[---]/MAXIMVS/EX VOTO"; di que estaba en Santa María de Trives, colocada nunha casa propiedade de Darío Rodríguez, servindo de basa a un puntal de madeira dunha escaleira exterior.
RAIRIZ DE VEIGA
Ara (Rairiz de Veiga): "DEO VEXILLOR/MARTIS SOCIO/BANDVAE". Aínda que algúns autores a consideran falsa, Rodríguez Colmenero non opina o mesmo, primeiro porque no lugar existe outra inscrición adicada á mesma divindade, segundo porque a forma "socius", máis xenitivo, parece confirmarse noutra inscrición, e terceiro porque resultaría extraño que en séculos pasados lograran identificar a inscrición. Atopábase na igrexa parroquial de San Xoán. Desaparecida. Citada polo arcipreste de Santa Xusta de Toledo nos seus Adversarios cando veu a Galicia co bispo de Toledo.
Ara aos Lares Viais: Só hai unha referencia recollida polo polémico xesuíta Jerónimo Román de La Higuera (1538-1611), famoso por falsificar e desfigurar textos antigos"; di que se atopaba en Lampaza: LARIBVS/ALDVMI/AENNSIBVS/MARBASENS/FUERVM/ILIVS L I/QVIRINA DEN/TO V S L M". Posiblemente inexistente.
Epígrafe (San Pedro de Sabariz): Só hai unha referencia recollida polo polémico xesuíta Jerónimo Román de La Higuera (1538-1611), famoso por falsificar e desfigurar textos antigos, que di que se atopaba na parroquia de Rairiz de Veiga: "LARIB ALITRAN/[------]/ V S L A". Posiblemente inexistente.
Epígrafe (San Pedro de Sabariz): Como nos casos anteriores, só existe unha referencia recollida por Jerónimo Román de La Higuera: "VALERIVS/SA[---]MVS/ALITRANS D/NEST PATRIS/S D M R/P S".
Epígrafe: "SILIA/EX/VOTIS". De novo, só hai unha referencia recollida polo polémico Jerónimo Román de La Higuera (1538-1611) que di que se atopaba en Guillamil Emile Hübner calculou que o xesuíta era autor dunhas 40 falsificacións.
Epígrafe: O Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1899 fala dunha epígrafe citada por Barros Sibelo atopada xunto Rairiz de Veiga, pasado o regueiro do Vilar.
Miliario (Rairiz de Veiga): Citado por Barros Sibelo. Lectura: "CAES/[...]/ES/VI COS I ANTI/II NEPOT ON".
Miliario das Pedrosas (Penelas-Ordes): Citado por Elixio Rivas, descoñécese onde estaba ubicado.
Miliarios da Saínza: Diez Sanjurjo cita tres miliarios ilexibles.
Miliario: Barros Sibelo cita entre Parada, parroquia de Ordes, e Parada de Outeiro, en Vilar de Santos, un miliario que estaba enterrado.
RIBADAVIA
Ara (Francelos): "D(is) M(anibus) S(acrum)/PATERNA/ANNORVM/XXXV", ("Aos deuses manes. Paterna de 35 anos"). Inscrición recollida de Hispania Epigraphica, descoñezo onde se atopa.
RUBIÁ DE VALDEORRAS
Epígrafe a Caracalla: Na Serra da Enciña da Lastra. Dada a coñecer por Barros Sibelo, só se conserva a transcrición, atopada "a la bajada de la cuesta de la Encina de la Lastra último límite de Rubiana, confinando con la provincia de León entre las antiguas mansiones de Foro y Gemestario...": "IMP CAE/M AVRELIO ANT P(io)/PONT MAX GER M/PAR MAX R MAX/TR POT P P/ASTVRICA/M P XII".
SAN AMARO
Inscrición: "D N/IMP CA VAL CON/STANT NO/BILISSIMVS CASAR".
SARREAUS
Epígrafe: Nun Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1898 fálase dunha inscrición na parede dunha casa de Nocelo da Pena: "OVI/OM/VFO".
TOÉN
Ara ás Ninfas (Alongos): Atopada por Temes Araujo, un seu irmán e o coengo Santiago Arias no ano 1606 entre as pedras que obstruían unha fonte. Na actualidade está perdida. "NIMPHIS SILONS A/CLOVIANA/EX VOTO F C". Citada por Blázquez Martínez en Le culte des aux dans la Péninsule Ibérique (1957).
Epígrafe: Blázquez tamén fai mención a unha epígrafe co nome ALBOCVS aparecida en Alongos e que identifica cun deus das montañas.
VERÍN
Ara
a
Cibeles:
Atopada no leito do río Támega. A única referencia da que dispoño
aparecce recollida na "Peza do Mes" do Museo Arqueóloxico
de Ourense de outubro do ano 2006 ao falar da ara á mesma divindade
de Xinzo de Limia, dándoa como inédita.
Aras a Xúpiter: "I/O/M" e "IOVI/OPTIMO/MAX EX/VOTO".
VIANA DO BOLO
Epígrafe: Blázquez Martínez achega unha epígrafe, di que moi deteriorada sen indicar a procedencia: "D COSV/O [---]/[---]".
Prancha de Bronce: A Aegia Munniaego. Atopada no ano 1728 na "torre vella". Existe un calco do seu descubridor, Ponce de León: "AEGIA MUN/IAEGO/ANTISTIVS/PLACIDVS/CILI FILIVS/V S L M"
VILAR DE BARRIO
Inscrición: "]CO(n)S(uli) VI [---]/[---] P IX P F/[---] XII P(ontifici) M(aximo) [".
VILARDEVÓS
XINZO DE LIMIA
Aras na casa de Ramón Cid (Ganade): Tres aras permaneceron moitos anos na dianteira da casa, na parte alta do pobo, no barrio de Outeiro.
Ara de Iulia Praenia: Para situarnos, en Hispania Epigraphica (en liña) di que unha epígrafe dedicada a Iulia Praenia, procedente de Monforte de Lemos, está recollida no CIL II (Corpus Inscriptionum Latinarum), páxina 1.040, cando en realidade está na 903; tamén di que está en IRG IV (Inscripciones romanas de Galicia. Provincia de Orense, de Xaquín Lorenzo Fernández e colaboradores), cando aí non aparece nin a ara nin a inscrición. Tampouco fan referencia a ela Arias Vilas, Le Roux e Tranoy (Inscriptions Romaines de la Province de Lugo, 1979). No citado CIL II (Inscritiones Hispaniae Latinae, 1869), E. Hübner achega a lectura: "ARA(M) SOL(is)/IVLIA/PRAENIA/MOCION/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", que traducida viría a dicir "Ara do Sol, Iulia Praenia Mocion cumpriu a súa promesa de bo grado" ou "Ara do Sol, Iulia Praenia a Mocion...". Pero, posteriormente, a maioría dos investigadores, algúns entre interrogantes, lévanna para A Limia. A ara, si se conserva, non se sabe onde está. Pero nun debuxo da ara que aparece nun manuscrito do ano 1650 baixo o título Breve hepittome de la familia y casas de los Lopez de Lemos pobladores desta tierra de Lemos (80 páxinas), lese na cara principal: "ARA: SOL: / JVLLIA /PRAENIA/ MOCION / V S (hedera) L M"; nunha cara lateral unha especie de cántara e a inscrición "LEMI,CON / III"; e na outra cara lateral unha especie de combinación de tres círculos (disco solar?) e a epígrafe "LVPVLUS / F". Polo debuxo trataríase dunha ara con frontón tirando a semicircular e pé moldurado; a inscrición estaría sobre un rebaixe da pedra. Despois de transcribir a parte do Breve hepittome… que me interesaba, creo que o manuscrito é claro. Como achega o título, a intención é demostrar a procedencia dos López de Lemos que, en efecto, señorearon nos concellos de Pantón e Sober. Ao falar do río Cabe (“… por ser las mejores aguas con que daban el temple a sus famosos aceros...”), di que na zona asentáronse os “limineos” que deron nome a toda a Terra de Lemos, fundando a “colonia de Proenza…. oy le llaman Proendos”. En Proendos, no concello de Sober, documéntase unha vila romana que dun tempo a esta parte está a proporcionar interesantísimos achados. O río Cabe, que nace no Incio, rega, na comarca da Terra de Lemos, os municipios de Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón e Sober. Como proba de que eiquí se asentaron os romanos, o autor achega a ara citada máis arriba que, interpreto, estaba na igrexa de San Vicente de Castillón, no concello de Pantón, xunto con outras dúas, unha delas co escudo dos Lemos. A outra pedra sería a descrita por Castellá Ferrer no ano 1610, tamén desaparecida, adicada aos deuses Manes: "D M S / VALERIAE FLORINAE AN XXIII / POMPEIVS / LVPVLVS / VXORI PI /ENTISSIMAE", ("Consagrado aos deuses Manes, Valeria Florina morta á idade de 23 anos. Pompeius Lupulus (fixo este monumento) para a súa muller piadosamente)". Á vista da inscrición, o autor fai derivar o apelido López de Lupulus, e Lemos de Lemi ou Lemicon, que ao tempo enlaza con leminios e limineos. Serían entón estes últimos vocábulos os que levan a confusión para que se conxecture a procedencia da ara da Limia por onde discorre o famoso río do Esquecemento citado por Plinio. Creo que o erro procede do propio autor do manuscrito que confunde leminios/limineos co pobo dos lemavos. (Ver o artigo completo na entrada APÉNDICES: Ara da Terra de Lemos ou da Limia?
Dedicatoria: (Mosteiro de Ribeira): "CROVGIN/TOVDA/DIGOE/RVFONIA/SEVER". Foi vista polo P. Sarmiento no ano 1755 "en Sª Mª de Ribera, en la portada, esquina de la pared de la iglesia del priorato". Debeu desaparecer cando as obras de reedificación no ano 1770. De todos os xeitos Fita pensaba que estaba formando parte dun muro, coas letras agochadas, na veciña aldea de Lamas.
Epitafio de Medamus: "MEDAMVS ARCISI F/HIC SITVS/EST/CASTEL LV MEIDVNIO/MONVM/ENTVM/FECERVNT/ANCONDEI AMICO CARO".
XUNQUEIRA DE AMBÍA
Epígrafe a Xúpiter: "I O M".
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
BAIONA
Epígrafe: "TVRPINICIS".
BARRO
Epígrafe: Atopada en Curro: "DOMI/NO".
BUEU
Ara do Monte Liboreiro: Con tres epígrafes. Descuberta no ano 1928 por Julián Pérez Esteso.
CALDAS DE REIS
Ara a Mercurio: "DEO M/ERCV/RIO FU/SCVS FVSC/V ME/ L A". Atopábase nunha casa de Caldas de Reis.
Ara a Edovius (Caldas de Reis): Atopada no ano 1798 nos cimentos da arqueta de auga termal do balneario Dávila; só queda unha réplica na fachada do balneario, a súa pista perdeuse no ano 1909, despois de mostrarse na Exposición Rexional de Santiago; consérvase un debuxo realizado por D. Pedro de Silva no ano 1804: "EDOVIO/ADALVS CLO/VTAI/V S L M".
Estela de Caius Iulius: Atopábase sobre a parede dun curral en Santa María de Caldas cuxo texto foi recollido polo P. Sobreira: "CIV/SER HISP/LI VIC OR/MIL LEC X/GEM (C invertido) FABI/CELTIBERIA/NN XLII AER/XVIII H S E S T T L".
CAMPO LAMEIRO
Ara a Diana: "DIAN(a)E/SACR(um)/SPLD/[ex] V(oto)/[".
A CAÑIZA
Inscrición: "] III/[---] IIVI/[---]XTX/[---]IIIITP/[---]IXII/[---]IIIX".
DOZÓN
Epígrafe: "RVFI OF/OF/MAR".
Epígrafe: "(c)AIVS IV(lius)".
LALÍN
Fragmento de ara a Coso: De procedencia descoñecida, atopada na comarca de Lalín.
Epígrafe aos Deuses Manes: "D M S/CRESO/PES/AN LV".
Epígrafe: "AN XXV".
MONDARIZ
Inscrición: "[---]/V(otum) S(olvit)/[---]".
POIO
Ara: "]/VOT/RET/VLIT".
Ara: "L ACI/[---] VRI".
Epígrafe: ]A O[
Epígrafe: ]AGI[
PORTAS
Ara: "QVID/FVI Q".
RODEIRO
Epígrafe: "Artius an/norum LXXV".
O ROSAL
Inscrición de Eiras: Restos dun texto gravado en xisto que actuou como tampa dunha sepultura. Foi atopada no ano 1953 no lugar coñecido como Adro Vello. Aparece unha referencia na Gran Enciclopedia Galega (1974). Unha ilustración da inscrición foi publicada en La vía romana "per loca marítima" por el Bajo Miño y Costa Atlántica (J. M. del Tamuje, 1975). Lese: "MEDA/MVS/CORA/LI/HIC SITUS/EST/AN(norum) XXV", ("Medano, fillo de Coralo, foi (ou está) enterrado aquí á idade de 25 anos").
VALGA
Epígrafe: "]/AE LIB/ERTIS/[".
VILAGARCÍA DE AROUSA
Ara: "OPVS MERCENARIII NONM/APVT TE VSQR A OMANR".
Ara de Trabanca: O CSIC, da man do profesor e investigador Carlos Santos Fernández na revista Cuadernos de Estudios Gallegos (2016), achega cartas e debuxos inéditos que poden servir como fonte para o estudo indirecto da lápida de Trabancas, desaparecida hai máis dun século. A peza foi atopada entre o 1885 e o 1890 na parroquia de Arealonga, perdéndoselle o rastro arredor do ano 1909. Os documentos foron asinados entre 1909 e 1917 por Juan Fernández Gil e Casal, cronista de Vilagarcía, que proporcionan o texto íntegro, as características do soporte e as circunstancias do achado da ara de Trabanca da Torre. A existencia desta ara fora posta en dúbida por varios investigadores. Non hai consenso se estaba adicada ao deus grego Ares, ao romano Xúpiter ou a unha deidade indíxena, teoría esta última apuntada por Blázquez en 1996. Con estas novas achegas, o autor pretende ofertar aos epigrafistas unha serie de documentos inéditos que poidan achegar algo de luz, e animar aos investigadores para realizar novas pescudas na súa busca. No Museo de Pontevedra consérvase unha augada da ara que, aínda que non ofrece novidades acerca da morfoloxía e a epígrafe que reflexa o debuxo custodiado na Real Academia Galega, serve para testemuñar a presenza do manuscrito aínda que non da peza orixinal na Exposición Rexional Galega de 1909. Presenta unha inscrición votiva na que se le claramente o dedicante, "QVINTINVS Q.F.", e a fórmula votiva, "V. S. L. M". Cando se atopou servía como cuberta parcial dun receptáculo antropomorfo que Fernández Gil cualifica como urna cineraria construída con tégulas e lastras de pedra.
Inscrición (Arealonga): Líase: "AR(...)ONIO?". Segundo os editores da Carta Arqueolóxica de Pontevedra xa estaba desaparecida no ano 1953. Existe unha copia de orixe descoñecida no Museo de Pontevedra.











































































































































































































































