* Un torques de Galicia en Badajoz

O arqueólogo galego Antonio Blanco Freijeiro, en Joyas antiguas de la colección Calzadilla (1957), achega un torques de ouro atopado en Galicia. Foi adquirido a Apolinar Sánchez Villalba, un anticuario que se estableceu en Madrid a mediados do século XX, que dixo que procedía da provincia de Lugo. Fernando Calzadilla reuniu na súa casa de Badajoz unha ampla colección de antigüidades.