O pasado mes de novembro no Boletín Oficial do Estado (BOE) publicouse o inicio do expediente por parte da Dirección Xeral de Belas Artes para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) a Ponte de Cruzul, en Becerreá, por solicitude amplamente documentada que no ano 2019 presentamos dende o Colectivo Patrimonio dos Ancares. O día 17 de marzo de 2026, o Consello de Ministros, a proposta do ministro de Cultura, aprobou a súa declaración.
(Imaxes: foto actual da ponte de Cruzul; lámina do século XIX onde se representa a retirada do exército inglés durante a Guerra da Independencia polo Camiño Real de Galicia ao seu paso pola ponte de Cruzul ; e a ponte no Semanario Pintoresco Español do ano 1850).
