O día 14 de febreiro de 2023, na bancada de pedra situada diante da igrexa de Santiago de Pontedeume, pegada á muralla, vin varias laxas graníticas que actuaban como asento que presentaban varias coviñas. Pola disposición das coviñas todo apunta a que se trata de dous alquerques de tres (xogo de tres en raia) e parte doutro.
Despois de comprobalo, non se atopan catalogados polo que xa o comuniquei á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural para que procedan a incluílo no inventario de bens culturais.

