Para o comezo da conquista de Galicia por
Roma adoita tomarse o ano 137 a. C., coa chegada de Decio Xunio Bruto no
que acontece o lendario episodio do paso do río Lethes, o
Limia, o río do Esquecemento. No 96-94 a. C., Craso vén na procura das Illas do Estaño, as Cassitérides, identificadas coas Illas Cíes. No 61-60 a. C., Xulio César somete a Brigantium (A Coruña). Entre o 29 e o 19 a. C., Augusto culmina a conquista (mito do monte Medulio).
Os
romanos empezan a asentarse militarmente no territorio coa construción
de campamentos, obrigando aos habitantes dos castros a abandonalos e
establecerse nos vales que é cando aparecen as villae ligadas ás explotacións agrícolas. No século I d. C. Galicia forma parte da provincia Tarraconensis onde
permanece ata o ano 212 en que o emperador Diocleciano lle outorga a
categoría de provincia. No ano 303 convértese na provincia da Gallaecia, dividida en tres conventos xurídicos (termo administrativo inferior á provincia): Lucus Augusti (Lugo), Asturica Augusti (Astorga) e Bracara Augusti (Braga).
Os
romanos, para asegurar o dominio e control do territorio, e garantir así a produción mineira, artellan o país cunha complexa rede viaria
que xira arredor das vías principais XVIII, XIX e XX onde embocan
infinidade de camiños secundarios. No terreo relixioso conviven as
divindades traídas polos vencedores e as prerromanas, producíndose, en
moitos casos, unha dupla asimilación. O latín imponse como lingua
oficial, e a poboación galega adopta a cultura dos invasores,
modificando algunhas das súas máis arraizadas tradicións, proceso de
aculturación que en gran medida remata coa cultura existente ata aquel
momento.
ACLARACIÓNS
1.
Cómpre ter en conta que un bo número de pezas non son orixinarias do
lugar onde se atoparon ou de onde están situadas na actualidade,
descoñecéndose a procedencia; outras (nomeadamente os achados
epigráficos) foron localizadas preto de castros ou de asentamentos
galaico-romanos o que non sempre implica que estean relacionadas con
estes. Tamén chama a atención que en castros fortemente romanizados, os
achados epigráficos sexan case inexistentes, casos de Castromao (de onde
procede a famosa Tessera Hospitalis), Viladonga, Fazouro ou Santa María de Cervantes, por poñer algúns exemplos, o que contrasta cos atopados noutros xacementos de menor sona onde sequera se levaron a cabo actuacións de ningún tipo.
2.
Por contar cun apartado propio, non se achegan as pontes. Tamén inclúo
algún achado, pode que relacionado co pobo dos Suevos; no eido
arqueolóxico as fontes son escasas e non é doado diferenciar as do mundo
suevo do tardorromano.
ROMANIZACIÓN DA PROVINCIA DE LUGO
ABADÍN
Moedas: Cavada Nieto fala de moedas romanas atopadas en Moncelos e Castromaior. Cando a ampliación do cemiterio de San Cosme de Piñeiro, no lugar coñecido coo Monte das Cargas, apareceron varias moedas de bronce, unha do emperador Marco Antonio. Unha das moedas foi entregada por Orencio Puente ao Museo de Lugo.
Explotación aurífera (Moncelos): Villaamil y Castro teorizou que no río que pasa pola parroquia os romanos beneficiáronse das súas pebidas de ouro.
ANTAS DE ULLA
Aras na igrexa de Amoexa: Na igrexa de orixe románica de Amoexa, empotrada nun muro xunto a entrada lateral, hai unha pedra de granito cunha inscrición incompleta, invertida, que foi reaproveitada. A pesares do desgaste, Sobrado Vázquez propón a seguinte interpretación: "VG(e)TA M/CONIA EX/VOTO L/VATI/S(olvit) M(erito)", ("Ugeta? Maconia cumpriu de boa gana o seu voto aos (deuses) Luatos"). No interior, en posición invertida, hai outra ara anepígrafa utilizada como pía de auga bendita; a parte interior da base foi baleirada para o seu novo cometido.
Castro de Amarante:
No ano 2002, durante os traballos de reparación nunha finca, atopouse
un pondus de cuarcita. O propietario informou ao párroco e director do Museo
Parroquial de Monterroso (onde se atopa), don Carlos Méndez, quen logo o
puxo en coñecemento de Gómez Vila quen o publicou en Lucensia
(2003). Lese: XXV
e II, que suman XXVII. O peso da peza é de 8.980 gramos o que
corespondería casi exactamente coas 27 libras indicadas no epígrafe.
Miliario en Fonfría: No ano 2019, o profesor e integrante do colectivo Baluarte dos Pendellos, Manuel Busto Galego, localizou un miliario en Fonfría, reutilizado como esteo para soportar unha pedra fendida do chan dun hórreo. Trátase dun cilindro en posición invertida, cun cepo cúbico, que servía de base na colocación orixinal. Aparece seccionado e adaptado ao novo uso. Está situado a 500 metros en liña recta do que se cre foi o trazado da vía romana que unía Agolada con Lugo.
BALEIRA
A Calzada (A Degolada): Topónimo. Nas inmediacións de A Calzada está o castro da Degolada.
Mina romana de Escanlar (Córneas).
Río de Castro (Fonteo): Un veciño, arando nunha finca, atopou un catillus.
Vilagarcía
(Córneas): Explotación a ceo aberto onde se aprecia unha gran corta; a
mesta matogueira impide ver a infraestrutura hidráulica para o
desenvolvemento da mesma.
BARALLA
Mansión
Timalino
(O
Agro de Pedreda-San
Martín de Neira de Rei): Hai
autores que identifican Timalinus,
antigo núcleo prerromano logo romanizado, coa Talamina de Ptolomeo,
o xeógrafo grego do século II que, na súa Xeografía,
tentou situar milleiros de lugares coas súas coordenadas xeográficas
pero que, trasladadas ás actuais, causan problemas. O único que
sabemos verbo de Timalino é polo Itinerario
de Antonino
onde se di que se atopaba a XXII millas de Lucus
(Lugo), dirección Asturica
(Astorga). Nun principio situouse en Campo de Arbol
(de Arborius,
non da Árbore) e Vilartelín, logo en Constantín, despois en Papín,
e tamén en Pousada. Mais, como aclara Rodríguez Colmenero, a milla
empregada neste sector é a de 9 estadios, uns 1.630 metros,
multiplicando esta cantidade por 22 daríanos 36 quilómetros,
distancia á que habería que situar a mansión. Segundo Hübner, no
seu Corpus
Inscriptionum Latinarum,
de Timalino poden ser os restos de dúas lápidas que dá como
atopadas en Aranza, das que falamos máis abaixo. Nun documento do
ano 1179, na venta dunha propiedade entre Baralla e Constantín,
alúdese ao camiño "Loco
nominato Aer de Abadessa... per terminum de ipsa via antiqua".
Hai investigadores que tentan localizar esta mansión botando man da
toponimia. Plinio, seguindo a Teofrasto e Dioscórides, dicía que o
terceiro xénero das durmideiras silvestres é o tithymalon
ao
que outros chaman mécon
e
outros paralion,
que daría o topónimo Baralla. Paralia/Baralla sería un lugar onde
hai esta planta. Tithimalum
ou
tithymalis,
segundo Nicandro Ares, ben podería dar Timalino. Mais, que nos
saibamos, non se conservan referentes. Polos
restos atopados, está bastante claro que se atopa no Agro de
Pedreda, en San Martín de Neira de Rei, onde apareceu (e continúa a
aparecer) abundante tégula, anacos cerámicos, restos de columnas,
etc.
Vila
romana de Quintela (Quintela-Arroxo): Totalmente
abandonada. Nun camiño que a semicircunda, que estragou gran parte
do xacemento, poden
verse
a simple vista infinidade de tégulas. Moitas pedras de boa feitura
que había no lugar foron reaproveitadas noutras construcións
modernas. Nas fincas próximas tamén teñen aparecido restos de tellas.
Lápida
de Lexo: Vázquez
Saco, no Boletín da Comisión de Monumento de Lugo
(1948), deu a coñecer unha lápida funeraria atopada na muralla
romana de Lugo, custodiada no Museo Provincial, cunha inscrición
bastante deteriorada polo paso do tempo, encadrada nunha moldura
baquetonada de 0,62 metros de altura por 0,88 de ancho.
Posteriormente, en colaboración con Vázquez Seijas, publicáronna
en Inscripciones
Romanas de Galicia II. Provincia de Lugo
(1954) onde propoñen unha lectura achegada por A. D´Ors e que
cualifican como moi difícil. No ano 1979, Arias Vilas, Le Roux e
Tranoy logo dun minucioso estudo, publican o resultado na colección
Inscriptions
Romaines de la Province de Lugo,
aínda que seguen a presentala como moi problemática. Malia os
atrancos anteditos, Nicandro Ares Vázquez, no Boletín
do Museo Provincial de Lugo,
tendo en conta as lecturas anteriores e os seus propios estudos
ofrece o seguinte texto: "Martialis
an (norum) X, Loveus an (norum) IX, Paternus an (nourum) III, s
(ervi) e (x) C (invertido)
(castro
vel casa) castro Laedie (n) s (i); Gemel (l) inus Flori filiis"
("Marcial
de 10 anos, Lovio de 9 anos, Paterno de 4 anos, servos do castro
Laediense; Xemelino de Floro, aos Fillos"). Trataríase, pois,
dunha estela adicada polo pai dunha familia de escravos, provenientes
dun castro, a tres nenos defuntos de moi pouca idade, que levan nomes
latinos. Remata Nicandro Ares que o nome do castro está escrito
Laedies,
polo que se podería aventurar a ubicación do Castro
Laediense,
identificado, quizais, co castro de Lexo.
Ara
de Papín: Nalgunhas publicacións lese,
erradamente, que unha ara votiva dedicada aos Lares Viais (deuses dos
camiños) apareceu en Pepín, na parroquia de Cazás, concello de
Xermade. A ara, gardada na casa do doutor Antonio Correa, foi
dada a coñecer no Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense de
xaneiro-febreiro de 1906. Á
Comisión facilitoulla o coengo da catedral de
Lugo Manuel Lago González quen, xunto co presbítero Antonio
Carreira, interpretaron a epígrafe: “LARIBV / VIALIB / PLACIDI /
NA EX V / OTO PO / SVIT” (“Placidina fixo esta promesa aos Lares
Viais”). O erro debeuse a que no Boletín confunden
a citada aldea de Pepín
coa de Papín, na parroquia de Penarrubia, concello de Baralla, que é
de onde procede. Atópase no Museo Provincial de Lugo pero, debido ao
seu mal estado de conservación, non está exposta; foi despositada
no mes de xullo de 1934 por Isaac Correa Calderón (1893-1975), irmán
de Antonio, médico militar que despois de ser ferido en África
dirixiu varios hospitais de Galicia. O doutor Antonio Correa
Fernández naceu en Baralla no ano 1862, exercendo primeiro en Furís
(Castroverde) e Baralla e logo en Lugo onde
foi o primeiro en abrir unha clínica de xinecoloxía, ademais de
fundador do balneario de Guitiriz. Tamén exerceu como escritor,
cunha ducia de publicacións, a maioría de carácter científico,
e xornalista, colaborando en varios xornais
(xunto con Evaristo Cela Losada, en xaneiro do
ano 1900 fundou El
Monitor de Becerreá que
só tivo dous anos de duración).
Finou no ano 1907. O noso agradecemento a María Ofelia Carnero, do
Museo Provincial de Lugo, pola achega das fotos.
BARREIROS
Miliario: Nada sei deste miliario agás a mención en Hispania Epigraphica, onde se achega que a información recolleuse de L’Année
épigraphique
(1980): "D(ominus) N(ostris)/CONSTANTI/NOBILISSIMO/CAESARI/POSUIT FLAVIN(us)/ MILIARIVM/ XXVIII".
Recipiente con marca: Felipe Arias Vilas, en A Mariña Lucense na época galaico-romana (Lucensia, 2003) cita a inscrión "Of(iccina) Coeli[" nun recipiente cerámico.
Explotación mineira Forno dos Mouros (Monte de Coira-Celeiro de Mariñaos): No mes de marzo de 2013, Mariña Patrimonio
solicitou a Patrimonio a catalogación dunha explotación mineira a ceo
aberto redescuberta por integrantes da asociación nunha área que se estende
por unhas cen hectáreas de monte en Barreiros e cincoenca en A
Espiñeira, no concello de Foz. O arqueólogo Santiago Ferrer apuntou que
se trata dunha importante mina romana da que se extraía ouro en po
empregando, entre outros, o sistema de peite. Esta explotación deuna a
coñecer Schultz a principios do século XX, e Sánchez Palencia xa a
menciona nos seus traballos, mais con anterioridade, ano 1876, foi
citada por Villaamil y Castro se ben confundiu a gabia da mina co foxo
dun castro. No mes de febreiro de 2014 foi catalogada pola Dirección
Xeral do Patrimonio.
Punta do Castro: Castro romanizado. Entre outros materiais, saíron á luz restos de terra sigillata e fragmentos de ánforas.
BECERREÁ
Xacemento
do Enciñal (Cadoalla): A
670 metros de altitude. Foi descuberto no ano 1999, cando as obras da
A6. Nas intervencións de urxencia apareceron
cabanas
circulares que convivían con vivendas cadradas con esquinas en
ángulo, e tramos de muralla. Apareceu material de tradición
prerromana, seguramente do século II-I a. C. Ao longo do tempo
semella que o número de estancias de planta rectangular, de grosos
muros de pizarra (uns 60 cm de ancho), foron incrementándose. Nas
vivendas, algunha con dous andares e almacén-graneiro, documentouse
un fogar complexo. Os materiais localizados revelan actividades de
cantería, metalúrxico e de carpintería. Atopábase nas
inmediacións da vía que unía Lucus
Augusti
(Lugo) con Asturica
Augusti
(Astorga), camiño que aínda se coñece como Camín da Antigua. Na
parte máis elevada do castro localizouse un gran edificio
rectangular cuberto de tégula e con abundante material romano de
fins do século I d. C., mediados do século II d. C. que actuaría
como turris
para controlar a vía que entraba en Galicia polo Comeal (Cervantes),
a cuxo carón se documentan abundantes explotacións mineiras.
Segundo nos contaron, cando as obras moitos dos materiais foron
mesturados con cascallos e trasladados en camións para non se sabe
onde, outros "desapareceron". Na actualidade, os restos que
se conservan permanecen tapados.
Mansión
de Ponte Neviae (As Pontes de Gatín): Segundo recollen Rodríguez
Colmenero, Ferrer Sierra e Álvarez Asorey en Miliarios e outras
inscricións viarias romanas do noroeste hispánico (2004), Ponte
Neviae estaría situado na aldea das Pontes de Gatín onde se
conserva unha ponte que podería ter orixe romana. Nos seus arredores
apareceron tégulas e cerámica de clara filiación romana. Ademais,
a distancia marcada no Itinerario de Antonino entre Lucus
Augusti e Ponte Neviae (34 millas) aproxímase moito á
distancia real entre Lugo e As Pontes de Gatín (56 km), o que
corroboraría a utilización dunha milla de 1.647 metros. A
identificación de Ponte Neviae coas Pontes de Gatín xa foi
defendida por A. Blázquez no ano 1923, que fala do miliario
anepígrafo que se ergue na parte superior da ponte, reutilizado logo
para gravar unha inscrición viaria nos tempos de Carlos III que di:
"El edifico/este puente/por orden del/protector/de los
caminos/del pueblo/[...] roto/[...]". O etimólogo Juan J.
Moralejo Lasso (2009) di que "es evidente que en IA Ponte
Neviae tenemos el actual río Navia, pero el posible *Ponte (de)
Navia ha cedido ante Pontes de Gatín".
Baixorelevo
de Vilarín (Ouselle): No ano 1999, a raíz das obras da autovía A6,
atopouse na finca Vilarín, parroquia de Ouselle, no concello de
Becerreá (non confundir coa aldea de Vilarín, na parroquia de
Penamaior), un relevo realizado en granito no que se representan, de
perfil e camiñando un detrás do outro, un touro coa cabeza
ergueita, unha vaca e un tenreiro. A peza foi reutilizada na
construción dun forno dunha olería datada no século III d.C. O
relevo semella de finais do século I ou da primeira metade do II
d.C. Crese que formaría parte dun friso dun edificio que podería
ter relación cun culto oriental adicado á divindade Mitra. O
xacemento, como lle aconteceu á vila romana do Enciñal situada non
moi lonxe, quedou debaixo das obras.
BEGONTE
Ara de Virís: Trátase dun fragmento atopado xunto o muro do
cemiterio no ano 1980 polo párroco don Lino Pérez. Trasladada para a
igrexa, estivo durante moito tempo xunto a pía de auga bendita que hai á
entrada; na actualidade está na sancristía, gardada nun armario. Só figura a deidade, o resto da epígrafe perdeuse:
"L(aribus) VIAL(ibus)", ("Lares Viais"). Inscrición en San Martiño de Pacios:
Atópase nun lado da epístola da vella igrexa de San Martiño: "NIGRINIAN(V)/S
AN(norum) X (sexaginta)/(...) H(ic) S(itus) E(st)", ("Nigrinianus, morto á idade de 60 anos?"). Estudada por Arias Vilas.
Inscricións:
Na mesma igrexa de San Martiño hai outras dúas inscricións: unha
medieval e outra de dubidosa adscrición cronolóxica, quizais romana, coa
epígrafe "CRAC".
Miliario: Posible miliario na igrexa parroquial de Illán do que só teño noticia por referencias.
Moedas: Cavada Nieto fala de moedas atopadas en San Martiño de Carral.
Restos calzada: No lugar da Zanca.
BÓVEDA
Xacemento do Souto: Preto do cemiterio parroquial de Bóveda.
BURELA
Xacemento de Punta Castrelo: Mal chamado do Campón. Nas prospeccións arqueolóxicas constatouse a existencia dunha villae a mare con muros e estancias. No ao 2004 saíu á luz un hipocausto nas proximidades do que ía ser a estrada de acceso
ao porto. En situación de abandono.
CARBALLEDO
Ara:
No interior da igrexa de Temes hai o soporte dunha ara sobre a que se modelou un modillón
en época medieval polo que se perdeu o campo epigráfico, se ben se
conserva parte da tripla moldura orixinal nos laterais da parte superior
e da basa. Estuda por Caamaño Gesto, vese: "[---] O [---]".
Ara aos Lares Viais:
Descuberta no ano 1978 polo párroco D. Segundo Capón Linares ao
repicar o cal que cubría as paredes interiores da igrexa de Temes. Conserva a parte superior adornada con tres focus aliñados. Sábese a quen
está adicada, mais non o dedicante: "LARIBVS/VIALIBV/S A[---]", ("Aos
Lares Viais. A[---]").
Capiteis:
Formando parte dos muros da igrexa de Temes están á vista tres capiteis para
coroar dúas piastras. Outro para unha columna facía de soporte dunha pía
de auga bendita. Unha das piastras foi retocada para adaptala no muro
sur do presbiterio, a outra fai agora de mesa do altar, apoiada sobre
dous dos capiteis mellor conservados. Todos pertencentes ao estilo tardo imperial.
Gravura: Nun dos muros interiores da igrexa vese gravada unha figura en forma de espiña de peixe, tamén reaproveitada, da que non atopamos referencias nos traballos publicados.
Inscrición: Na igrexa de Temes. Gravada nunha prancha granítica, tabella con
moldura funicular, na parte alta e interior do muro norte do
presbiterio. Apareceu no ano 1974 ao desencalar os muros da igrexa.
Delgado Gómez dátaa no século IV: "FIDES SPES CARITAS", ("Fe, Esperanza, Caridade"). Da mesma época parece ser unha pomba esculturada noutra pedra, tamén granítica, situada no lateral da nave.
Tampa de sartego:
Tampa dun sártego (que non apareceu) atopada no ano 1974 na igrexa de Santa María de Temes. Trátase
dunha prancha monolítica de mármore branca, incrustada por riba do arco triunfal, datada
entre o 320 e o 330 d. C., considerada a testemuña cristiá máis antiga de
Galicia. Hai quen sostén que esta peza marmórea foi prefabricada nun
taller romano, procedente das canteiras pantélicas de Atenas, e traída
dende o veciño porto de Polumbario aproveitando unha vía
navegable do Miño (navegable, segundo Schlunk, ata os Peares), ou
quizais polo Sil dende a Meseta Norte. No centro leva unha praca lisa
ou taboíña destinada a recibir unha inscrición que hoxe non existe e
quizais nunca existiu. Á dereita daquela represéntase a escea da
Adoración dos Magos, xunto o grupo de Adán e Eva, e á esquerda, a
historia do profeta Xonás (ofrece por primeira vez en Hispania
o tema de Adán e Eva no Paraíso, e un relato do ciclo de Xonás). No primeiro rexistro a Virxe co Neno no colo e
con túnica e palio, tocados co característico gorro puntiagudo frixio e
seguidos dos respectivos camelos. No segundo rexistro presenta como
centro un tronco de árbore flanqueado por Adán e Eva que tende a mán
cara á árbore na que está a serpe. Quizais sexa unha das tampas de
sártego máis completas da Península.
As
pezas citadas levan a pensar que en Temes houbo un monumento
paleocristián importante, talvez un mausoleu ou capela funeraria dalgún
cristián, poderoso e culto dos que aparecen no entorno do val medio do
Sil (Crismón de Quiroga), vencellados a vilas e castros tardíos. O
propio esporón na ladeira onde se atopa a igrexa debeu de ser un castro
reconvertido logo en pequena vila, cunha privilexiada situación sobre a
encrucillada de camiños e ríos. Existe a tradición da
existencia dun militar romano chamado Marcelo, xa cristián, que sería a
orixe da familia dos Temes.
Campamento do Coto do Rañadoiro: Temporal. De pequenas dimensións.
CASTRO DE REI
Castro romanizado de Viladonga.
Inscrición (Castro de Viladonga): Cerámica co grafito "NANTIVS". No Museo do castro. Moedas perdidas (Duarría): Un home
chamado Juan Freire atopou no 1831 varios áureos de época
romana nas inmediacións da igrexa de Duarría,
achado que foi comunicado á Real Academia da Historia.
Ese mesmo ano autorizouse realizar unha escavación a Juan Varela,
académico e coengo do arcedianato de Sarria (descoñécese si se
levou a cabo). Cando Juan Varela faleceu no ano 1839, ao non deixar
testamento, entre as súas pertenzas atopáronse 18 moedas que se
ofreceron á Real Academia da Historia: unha de César Augusto, sete
de Nerón, tres de Vespasiano, catro de Domiciano, unha de Traxano,
catro de Adriano e unha de Faustina que ben puideran pertencer ás
atopadas en Duarría. A Academia da Historia rexeitou o ofrecemento
porque xa contaba con exemplares semellantes. Sábese que ao comezo
da Guerra Civil estaban no Museo Arqueolóxico Nacional. Logo
pérdeselle a pista. Aínda que adoita verse escrito que o primeiro en publicar información sobre as moedas
foi Amor Meilán no tomo II da súa Historia da Provincia de Lugo
(1919), a noticia xa aparece recollida con anterioridade, entre outros no Almanaque de Galicia (1865), engadindo que algunhas pasaron "a enriquecer los museos de los anticuarios de París. Otras menos afortunadas, fueron fundidas por los plateros, perdidas para la Numismática".
Moedas:
No Museo do castro pode verse un denario de Nerón, un denario republicano de
época Imperial (s. I d. C.), ases de bronce (s. I a. C.), denarios de prata (s. I
d. C.), sestercios de bronce (s. III), antonianos de bronce (s. III),
semís de bronce (s. IV), follis de bronce (s. IV), sólido áureo (s.
IV). No tomo IX do Boletín da Comisión de Monumentos de Lugo (1976), Arias Vilas e Cavada Nieto achegan 12 antonianos ou dobres denarios atopados por Francisco Río Barja nun lugar indeterminado da Terra Chá, pero na zona de Castro de Ribeiras de Lea; o número de moedas era moi elevado pero o tesouriño dispersouse; corresponden todas a Claudio e Galieno, agás unha a Salonina, muller do segundo.
Tesouriño de San Xiao de Mos: Atopado nunha vasilla de barro, todas as moedas son de Galieno (s. III), agás unha de Salonina, muller daquel. Foron doadas polo párroco de San Xiao no ano 1973 ao Museo Provincial de Lugo.
Restos calzada xunto a ponte do Río Vello (Duarría).
Vila romana de Coea: No verán de 2020, ao facer unha escavación para montar unha torreta eléctrica, saíron á luz unha serie de estruturas correspondentes a unha vila romana, aparecendo os muros de varias estancias, tellas dos teitos, algunhas case intactas, a base dunha cheminea construída en pedra e columnas de ladrillo de gran perfección e escouras de ferro (o sitio chámase Os Escouredos). Está ubicada nunha planicie moi fértil a poucos centos de metros da desembocadura do río Azúmara no Miño. Podería estar datada entre os século II-III d. C. A raíz deste achado, os veciños reclaman a orixe do emperador romano Teodosio I o Grande. Se ben non existen dúbidas onde morreu (Mediolanum/Milán), si as hai sobre onde se ubicaría a Cauca do seu nacemento. A bibliografía é abondosa, inclinándose boa parte dos investigadores por Coca de Segovia, baseándose, entre outras conxecturas, que ao norte desta cidade apareceron restos dun importante complexo residencial, "digno dunha familia que obstentaba un gran poder". Nos últimos tempos toma forza o seu nacemento en Itálica (Santiponce-Sevilla), a impresionante cidade romana fundada a principios so século II a. C., onde salienta o traballo publicado por Alicia María Canto en Latamus, revue d´etudes latines, Sobre el orígen bético de Teodosio I el Grande, y su improbable nacimiento en Cauca de Gallaecia, fundamentándose, entre outros, nos problemas de crítica textual que presentan os textos do bispo Idacio (395-470) no seu Chronicon, e o historiador grego Zósimo en Nova Historia publicada a principios do século VI. Ao parecer, Idacio non escribe Gallaecia, senón Gallila, e Zósimo Kallegía en vez de Kallaikía. Uns dos primeiros que defenderon a orixe galega de Teodosio I foron Benito Vicetto na súa Historia de Galicia (1880-1882) que o leva para San Salvador de Coea (Castro de Rei), e Amor Meilán na súa Geografía General del Reino de Galicia (1928) que o leva para Coea de Navia de Suarna. Máis adiante, o que fora cronista oficial de Viveiro, Donapetry Iribarnegaray, en Historia de Vivero y su concejo (1953), citando a Murguía, di que nacería á beira do mar, quizais en Viveiro (a "Cauca vivariense").
Museo do castro de Viladonga.
CASTROVERDE
Igrexa de Tórdea:
Na capela absidial, detrás do altar maior, a ambos os lados do
sagrario, hai dous fragmentos correspondentes, posiblemente, a un mesmo
miliario. Anepígrafes.
Miliario
(Tórdea): Na aldea hai o fragmento dun miliario (cando o vin no ano 2013 estaba depositado xunto unha
árbore) no que non se aprecia ningunha inscrición e que nun principio
estaba no adro da igrexa parroquial.
Miliario (Tórdea): Segundo me contou o párroco de Tórdea, nunha casa da aldea hai un miliario.
Explotacións auríferas mineiras de Furís, Miranda, Riomol e Fonte Nova (Tórdea).
A Torre
(A Torre-Tórdea): Nunha finca atopáronse restos de tella e cerámica
romana, ademais dunha pedra cunha inscrición prerrománica depositada no
Museo Provincial de Lugo. No lugar hai unha fonte coñecida como Fonte da
Torre onde tamén saíron á luz fragmentos cerámicos.
Vía XIX: Por algunhas partes do municipio pasaba a Vía XIX que comunicaba Lugo con Astorga (Tórdea, Miranda, Mirandela, Furís de Abaixo e A Abelleira).
CERVANTES
Campamento
do Campo do Circo ou da Cortiña dos Mouros: O
Campo do Circo ou Cortiña dos Mouros atópase na serra dos Ancares,
a cabalo entre as parroquias de Balboa (O Bierzo) e Vilarello
(Cervantes). A parte máis elevada do monte, situada a 1.294 metros
de altitude, presenta unha morfoloxía practicamente achairada, cun
bo dominio visual sobre as cabeceiras dos ríos Navia e Balboa,
actuando como divisorio de augas. No ano 1998, Mañanes Pérez é o
primeiro en situar aquí un posible asentamento, indicando a
existencia dun muro, se ben non se comprobou sobre o terreo. O propio
topónimo, O Circo (latín circus),
que en principio denunciaría un terreo de forma circular ou
semicircular nun monte, tamén podería facer alusión (ademais de a
un círculo lítico prehistórico) a un circo romano pola súa forma
alongada. No ano 2000, a empresa Terra Arqueos redactou unha ficha
para a Carta Arqueolóxica de Balboa designándoo como "lugar de
habitación indeterminado" pero consierándoo como un antigo
asentamento que podería estar relacionado coas mámoas dos Forniños
(Vidal Encinas, 2015). En efecto, ao sur deste posible xacemento,
distante uns 550 metros, nunha paraxe de monte baixo pertencente ao
Bierzo, documéntanse tres túmulos do Neolítico (o Inventario de
Patrimonio da Xunta de Galicia ubica a mámoa número 1, erradamente,
en territorio galego). Aínda
que os restos sobre a superficie apenas son perceptibles, a
utilización das novas tecnoloxías (fotografías aéreas, LIDAR,
etc.) evidencian a existencia dun posible campamento de cronoloxía
altoimperial romana. Tomando como referencia as fotos aéreas
históricas, o recinto, de forma tirando a trapezoidal, tería unhas
4 hectáreas. Na actualidade só se aprecia de forma case
imperceptible, debido á mesta vexetación, un parapeito ou cerco en
ángulo recto (uns 160 x 85 metros) na parte do Bierzo; no lado
galego as repoboacións forestais e a apertura de cortalumes e
camiños arrasáronno na súa totalidade. Este
campamento da Cortiña dos Mouros, xunto co da Serra da Casiña, en
Valverde (Balboa), gardan certa relación co trazado da vía XIX do
Itinerario de Antonino a través do porto do Portelo ou cos pasos
naturais existentes con anterioridade á calzada romana (Menéndez
Blanco et
al.,
2015), en cuxas proximidades se localiza a aldea do Comeal onde se
documentou un agger
da vía. Entre ambos os dous campamentos hai pouco máis de seis
quilómetros. Por outra parte, no extremo occidental, a uns vinte
quilómetros do Campo do Circo, descubríronse no ano 2010 os
campamentos romanos da Recacha (Navia de Suarna) e a Granda das
Xarras (Ibias, Asturias-Candín, León) que dominaban os pasos de
montaña que unen os Ancares e Ibias. Sen esquecermos do da Huerga de
Frades, en Villazala. As
características destes sitios arqueolóxicos indican que se trata
duns castra
aestiva
de cronoloxía altoimperial romana, uns campamentos temporais
construídos polo exército romano no decurso das campañas militares
durante as Guerras Astur-Cántabras (29-19 a.C.). Estas construccións
actuaban como base de operacións onde se acuartelaban as tropas,
onde se abastecían ás que estaban no frente, lugar de retirada no
caso de seren fustrigados polas forzas locais, exploración dunha
zona con recursos mineiros (só no concello de Cervantes están
documentadas preto de 60 explotacións auríferas), infraestrutura de
apoio á construción de camiños, etc. No ano 2011, uns veciños de
San Miguel de Vilarello, de avanzada idade, contáronnos que no lugar
había tres fornos de pedra para facer o cal que logo se utilizou na
construción do castelo de Doiras. Cremos que estes "fornos"
son as tres mámoas que se atopan nas inmediacións. Daquí, tamén
nos dixeran, os mouros levaban o ouro para agochalo na coñecida como
Pena dos Mouros, situada non moi lonxe, preto da aldea de Riamonte de
Baixo. Para coñecer a cronoloxía do momento de ocupación do
campamento da Cortiña do Mouros (e do resto) é preciso emprender
unhas serie de prospeccións e escavacións arqueolóxicas que nos
poden amosar o protagonismo que tivo a serra dos Ancares no período
de conquista e dominación romana de Galicia, e unha visión distinta
das coñecidas como Guerras Astur-Cántabras, denominación que
cremos pouco atinada e que máis ben debera ser a de Guerras
Astur-Cántabro-Galaicas. A proposta do Colectivo Patrimonio dos
Ancares e a Anpa do CPI de Cervantes, durante o verán e outono de
2023, continuáronse a colocar sinais de dirección, situación e
paneis informativos en varios bens patrimoniais da comarca. Desta foi
no cemiterio do período neolítico dos Forniños e no campamento
temporal de época romana da Cortiña dos Mouros, situados na
espectacular paraxe de O Circo, entre os concellos de Cervantes
(Galicia) e Valboa (O Bierzo), a case 1.300 metros de altitude sobre
o nivel do mar; na Vía romana XIX, no tramo do Comeal; na necrópole
megalítica da Pena dos Mouros; de dirección para os castros de
Santa María, en Cervantes, e Pin, en Navia de Suarna; e nas minas de
Riamonte. Para a primavera de 2024 está previsto que as rutas estean
debidamente acondicionadas.
Ara
de San Román de Cervantes: O
primeiro que cita a peza, antes de 1959, é don Justiniano Rodríguez
Fernández, e coas súas fotos publicouna de novo García y Bellido
no 1966 en Nuevos
documentos militares de la Hispania romana.
Uns anos máis tarde os editores do corpus
epigráfico da provincia de Lugo revisáronna de novo. A ara foi
descuberta antes do ano 1959, "A
kilómetro y medio de distancia de San Román de Cervantes (Lugo),
sobre la ladera septentrional sobre la ladera del llamado valle del
Oulivar y a un kilómetro del río Navia, enquistada en el muro que
cierra por el suroeste, frontero del camino de Vilar de Cancelada a
Seixas, la finca de D. Antonio del Río, vecino de Vilarello. Al
tiempo de su descubrimiento, ya hace algunos años, estaba unida a
una pila",
escribiu Rodríguez Fernández. Nese ano atopábase "a
la intemperie, colocada sobre el rellano de una escalera exterior"
na vivenda de D. José Antonio García, na Casa da Queitana, en San
Román. No 1979 foi vista de novo debaixo dunha árbore, nunha
propiedade do anterior. Segundo nos contou don José, antes de seren
levada para actuar como peche estaba na capela de Santiago, hoxe en
día desaparecida. É de pedra de granito e as súas dimensións
totais son 78 x 45 x 35 cm. Trátase dun prisma rectangular apoiado
nunha basa con tres molduras. Carece de coroamento, e na parte alta
só presenta unha perforación moderna. Na cara principal mostra a
inscrición romana. Na cara menor dereita ten outra inscrición
baixomedieval na que se le: ERA/(M)CXX/FROI/LA PSR/FECI. A romana foi
lida e interpretada, nun primeiro momento, de forma pouco crible.
Novos informes (Abascal Palazón) permiten rectificar a súa lectura
deste xeito: [---] AE/[SACRVM]M/C(AIVS) VALERIVS/CARVS/MILES
L(EGIONIS X [G(EMINAE)]/V(OTVM) S(OLVIT) L(IBENS) M(ERITO). É dicir:
Caius
Valerius Carus miles Legionis Decimae.
Estaría datada no século I d.C. Trataríase dun soldado galaico
romanizado; como se sabe, os habitantes dos castros foron
incorporados ao exército despois da conquista o que serviría para
debilitar a capacidade de rebelión das poboacións indíxenas. O día
5 de xuño de 2014, cando a vimos por primeira vez, a ara estaba no
baixo dunha casa, con caixas de mazás por riba e xunto un saleiro
que estaba a deteriorar a pedra. Dende aquelas pedímoslle aos donos,
infrutuosamente, que a donara ao Museo, ademais de que mentres a
colocaran noutra parte, lonxe do sal e da humidade. O día 6 de
febreiro de 2016, en compañía do Juan Manuel Abascal Palazón e
María P. GonzálezConde, vímola de novo, a ara estaba a mellor
recaudo, colocada nunha esquina do salón da casa sobre unha peana de
madeira. A aparición desta ara pode implicar un certo poboamento
romano na zona, situado nunha primaria rede de comunicación
relacionada coa explotación mineira.
Inscrición
(San Román de Cervantes): Arias
Vilas (1979) cita unha inscrición en San Román de Cervantes da que
só se len as dúas últimas letras dun posible teónimo, e que
interpreta: NAVI.AE/SACRU.M.
Vía
romana XIX: Polo
concello, procedente do Bierzo, documéntase a Vía romana XIX que
unía Asturica
Augusta
(Astorga) con Lucus
Augusti
(Lugo). Os autores que defenden o paso desta vía polos concello das
Nogais basean a súa hipótese nunha carta dirixida polos xuíces de
Doncos e Noceda o día 22 de setembro de 1767, suplicando que se
trace o Camiño Real de acceso a Galicia pola antiga vía romana
entre As Nogais e Pedrafita. A resposta foi enviada polo enxeñeiro
xefe Carlos Lemaur o día 2 de decembro de 1767. Pero estes autores
descoñecen ou omiten un informe elaborado no ano 1769 polo
substituto de Lemaur, Balthasar Ricaud, dirixido ao ministro de
Facenda Conde de Croix, queixándose da mala calidade das obras
dirixidas por enxeñeiro militar. Hai un parágrafo que resulta
significativo: "Esta
porción de camino desde Ruytelan al término de Piedra Fita y Noceda
es de 13562 varas, avierto en la falda mui pendiente en la falda de
una cordillera, dirigido exactamente por las repetidas revueltas que
forman los montes en las entradas de los barrancos...",
o que significa que o trazado dende Ruitelán a Pedrafita é de nova
planta. Isaac Moreno Gallo (2006) aclárao á perfección: "Y
en efecto, en el valle de Ransinde y la Braña, al norte de Ruitelán,
bañado por el arroyo del Real, en alusión al más viejo de los
caminos, se conoce desde siempre el trazado de la vieja
vía
romana. Se la llama expresamente Carretera de los Romanos y aún se
conservan trozos de su plataforma visibles en los prados o devorados
por la vegetación que esconden restos de infraestructura
pendientes
de sacar a la luz. Supera el collado en el límite de la
provincia
de Lugo por el pueblo de Comeal. Allí se conservan, además de un
magnífico terraplén de la vía, otros interesantes restos
constructivos tales como tajeas de drenaje transversal, muros de
contención, etc.".
Todos os documentos consérvanse no Arquivo Xeneral de Simancas. O
agger
do
Comeal é o único tramo da vía romana XIX ao seu paso pola comarca
dos Ancares catalogado por Patrimonio da Xunta de Galicia. Despois
duns incendios acontecidos no ano 2018 saíu á luz na Braña (O
Bierzo) un impresionante tramo de varios centos de metros (ademais de
anacos de recipientes cerámicos e tégulas) que enlazaba co do
Comeal. No 2021 localizouse un miliario en Ransinde (O Bierzo), preto
da vía romana que enlazaba coa da Braña. Andrés Menéndez Blanco,
David González Álvarez e Jose Manuel Costa García (2015), nun seu
traballo sobre o campamento romano da Serra da Casiña (O Bierzo) din
que o campamento temporal de época romana da Cortiña dos Mouros,
entre Balboa e Cervantes, ao igual que o da Serra da Casiña, garda
certa relación co trazado da vía XIX o Itinerario de Antonino a
través do porto do Comeal, en Cervantes, ou cos pasos naturais que
antecederían en uso a esta vía.
CERVO
Ara do monte Tagarreiros (Sargadelos): Atopada
no ano 1996 por don Antonio Piñón Gómez ao ensanchar un camiño coñecido
co nome de A Rega. Do século II
d. C., lese: "L(aribus) V(ialibus) II EX V(oto) P(osuit)/AV(relius)
S(ua) P(ecunia)", ("Aos Lares Viais, Aurelius puxo (este monumento) co
seu diñeiro por unha promesa"). Algún autor interpreta o nome do dedicante como Avitus. No Museo Provincial de Lugo.
Castro da Punta da Atalaia (San Cibrao): Descuberto no ano 2006. Ocupa unha pequena península de San Cibrao. As distintas intervencións arqueolóxicas revelaron a presenza dun asentamento galaico-romano, cunha cronoloxía que vai do século I a. C. ao VI d. C., cunha reocupación en época baixomedieval e moderna.
CHANTADA
Ara de Quintá de A Grade: Descuberta cando unha escavación de urxencia no xacemento romano do
Pedregal. Presenta tres foculi na parte superior: "L(aribus) V(ialibus) P(osuit)/C-O [---]/[---] E/X VOTO", ("Aos
Lares Viais. [---] puxo (este monumento) por unha promesa"). A igrexa foi construída sobre os restos dunha vila romana; apareceron mosaicos do sévulo IV, ladrillos, columnas, etc. O templo, pola súa advocación a San Vicenzo, podería ter a orixe entre os séculos VI e VIII. No Museo Provincial de Lugo.
Ara aos Lares Viais de Belesar:
Desaparecida. Atopada no ano 1941 polo párroco José de Castro López, facía as
funcións de pía de auga bendita na igrexa de Belesar (fotografada por
Vázquez Seijas) ata que foi mercada por un descoñecido anticuario de
Barcelona. Dedicada aos Lares Viais :
("LARI/BUS/VIAL(ibus)"). Lambrino (1964), baseándose no tipo de
dedicatoria, sitúaa cronoloxicamente nos últimos anos do s. II ou
principios do s. III.
Ara da Eirexa (Líncora): Emportada nun muro de peche dunha casa, coa epígrafe oculta, e con foculus na parte superior (Fonte: Iván Álvaez Merayo).
Ara anepígrafa (Adá): No Museo Diocesano Catedralicio de Lugo hai unha ara anepígrafa en granito. Séculos I-III d. C.
Estela de Andemil (Vilaúxe): La Voz de Galicia,
na súa edición de Lemos do día 5 de decembro de 2014, informa do achado
dunha peza que formaba parte do peche dunha leira. A peza de granito,
incompleta, amosa o que semella unha figura humana realizada de forma
tosca onde se aprecia un rostro debaixo do cal aparece insculpida unha
cruz latina. Debido ao seu deterioro, non é posible saber se posuía
algún tipo de inscrición. O día 14, o mesmo xornal informou de que
a peza vai a ser catalogada por Patrimonio. Tamén recolle a opinión do arqueólogo de Patrimonio Gonzalo Meijide quen
di que os debuxos poden ser mostras da arte popular da etapa final do
Imperio Romano, época na que se simplificaron as formas tradicionais da
escultura clásica. O arqueologo Iván Álvarez Merayo di que a
estela mesmo podería ter unha relación cos relevos castrexos. De todos
os xeitos haberá que esperar a un estudo máis pormenorizado da peza para
poder encadrala cronolóxica e culturalmente. No Museo do Castelo de San Antón da Coruña
custódiase unha estela atopada en Tines (Vimianzo) de época tardorromana
cuxos trazos son moi semellantes a esta de Andemil. A de Tines, cunha
inscrición, está considerada como unha das primeiras
mostras epigráficas cristiás de Galicia, se ben quen isto defenden,
segundo a miña opinión, non teñen en conta o sártego e a inscrición da
igrexa de Temes, en Carballedo.
Lápida romana en Camporramiro?: No mes de xaneiro de 202o, o fotógrafo de La Voz de Galicia, Roi Fernández, descubriu unha peza que actúa como lintel na porta dunha vella construción situada xunto a igrexa de Camporramiro. Segundo un arqueólogo de Patrimonio do Servizo de Xestión Cultural en Lugo, podería tratarse dunha lápida sepulcral de época romana, se ben aclara que hai que estudala detidamente. Aprécianse unha representación esquemática dunha cara humana, unhas mans talladas con máis detalle e outra gravura que semella unha peza de vestir. En todo caso, máis ca unha lápida sería unha estela.
Moeda: Denario de Tiberio.
Vila de Quintá (Quintá de A Grade): Aquae Quntina foi unha encrucillada de camiños, do que ía de Lugo cara Braga polo campamento de Aquis Querquernis, e que dende eiquí partía cara Montefurado polos cóbados de Belesar. Descuberta no ano 1991 cando a construción dunhas novas canalizacións. Apareceron restos cerámicos e de vidro comúns e de importación, terra sigillata, fragmentos de ánforas, mosaicos, lucernas e estruturas habitacionais, unha cunha lareira, e unha canle de condución de
augas, ademais da ara citada máis arriba. A cronoloxía da vila hai que situala nos séculos III-IV d. C. Segundo J. Delgado o sitio foi ocupado por unha igrexa, quizais no século VII.
Tesouriño de Quintá A Grade: 3.465 moedas de bronce, algunhas metidas nunha cunca de barro, que foron despositdas no Museo Provincial de Lugo entre 1991 e 1992. No conxunto están representados case todos os emperadores do s. IV (Constantino I, Constancio II, Constante, Valentiniano I, Valente, Teodosio e Arcadio), sendo o máis serodio os do emperador Arcadio (395-408).
Restos calzada en Belesar (Tarrío-San Fiz de Asma).
Xacemento do Coto (Argozón): Nas prospeccións realizadas polo arqueólogo Iván Álvarez Merayo atopouse3 abundante tégula e cerámica romana dispersa pola zona.
Xacemento Finca do Rairo (Esmoriz): Cando se construíu unha nave apareceron restos dun muro, un ponderal (pondus) e un muíño circular.
O CORGO
Ara a Mercurio
(Adai ou Pedrafita): Publicada por primeira vez en Inscripciones Romanas de Galicia II. Provincia de Lugo (1954), e logo no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos de Lugo (1967). A museóloga Carolina Casal Chico achega un interesante artigo no nº 5 de
Corga (2014), A ara votiva de Adai e a promesa a Mercurio, onde
presenta unha análise da peza no seu contorno que abre unha nova vía de
interpretación a partir do rexistro cristianizado da zona. Di a
investigadora que do achado pouco máis se sabe que o recollido no
inventario do museo, cuxa procedencia, casual, foi nas proximidades da
ermida das Virtudes nunha data anterior ao mes de abril de 1924, cando o
cura don Generoso Barreiro a deposita na entidade. Aínda que a peza se
adscribe á parroquia de Adai, a ermida atópase dentro do lugar de
Pedrafita. "MAXV/MVS S/SECVND/I
[F(ilius)] VOT(um) S(olvit) MER(curio) ME(rito)", ("Maxumus, fillo de Secundus, pagou (este altar) a Mercurio"). Séculos I-III d. C. No Museo
Diocesán de Lugo.
Ara reutilizada?: No Museo Provincial de Lugo hai unha pedra procedente de Arxemil cunha pía na parte superior e unha inscrición dedicada a San Xoán que pode ser unha ara reutilizada.
Estela (Ponte Neira): Fragmento dunha estela coa representación dun togado.
Miliarios de Arxemil:
Trátase de tres miliarios atopados no ano 1976. Un, adicado a Adriano, é
o fragmento que se atopaba na igrexa de Arxemil,
reutilizado como pía bautismal e cunha inscrición moderna na que se le
"ano de 1601", rematada por unha cruz; pertence á Vía XIX; na actualidade está no Museo
Provincial de Lugo. O segundo, tamén no Museo de Lugo, interprétase: "(ifici)
MAX(imo) TRIB(unicia) POT (estate)", ("Ao emperador César Traxano
Adriano, fillo do divino Traxano, neto do divino Nerva. Augusto.
Pontífice Máixmo, investido na potestade tribunicia"). O terceiro,
anepígrafo, está custodiado no Museo Provincial de Lugo e foi localizado
cara o ano 1976 no lugar de Perliños.
Miliarios de Castrillón:
Un, anepígrafo, está situado no adro da capela de San Bernabé, sobre a croa dun
castro; reutilizado como pé de altar no exterior, pintáronlle unha cruz de Santiago
en cor vermella. A carón da porta da ermida hai unha pía de granito que semella a reutilización dunha ara ou dun miliario. No interior da igrexa hai unha pía bautismal que se apoia no que pode ser un miliario.
Miliario de Franqueán:
Localizado no ano 2001, fincado diante da igrexa parroquial como parte
dun muro en posición invertida: "IMP(erator)
C(aesar)/MARCO/AVRELIO/CARO/AVG(usto)/INV(icto)/M(ilia) P(assum)",
("Dedicado a César emperador Marco Aurelio Caro, augusto invicto... a?
millas". No Museo Provincial de Lugo.
Necrópole en Franqueán:
Xunto a igrexa parroquial. Necrópole de inhumación formada por
sepulcros construídos con laxas de pedra fincadas no chan, con base
horizontal de tégulas.
Restos calzada
(Pedrafita): A capela das Virtudes asenta sobre a calzada romana, con
restos a un lado e o outro do campo da festa. Descubertos por José
Manuel Pol.
Tramos da Vía XIX en Arxemil, Adai, capela das Virtudes, Campelo, Chavín e Rubial.
FOLGOSO DO COUREL
Castro da Torre:
Situado a uns trinta metros de altura sobre o terreo circundante, foi
erixido cara o século III d. C. Para a súa construción foi preciso
achandar o curuto pizarroso e levantar uns muros de contención. Conserva
restos dunha torre de vixiancia e vivendas feitas con laxas de lousa,
unha escaleira, un alxibe de dous metros de profundidade escavado na
rocha e un foxo. Proposto como Ben de Interese Cultural.
Castro de Vilar:
Colgado literalmente sobre un meandro do río Lor, conserva parte das
defensas e das vivendas que, aínda que de planta irregular tendente a
circular, semella ter a orixe en época romana. Tivo varias reocupacións
ata ben entrada a Idade Media. Defendido por tres foxos nas partes máis
vulnerables, chama a atención unha muralla, a simple vista innecesaria,
construída nun lugar que non precisa defensa.
Monte Cido: Asentamento de máis de tres quilómetros de perímetro protexido por defensas naturais e ao menos tres foxos. Xunto o primeiro foxo aínda se lembran os alicerces da coñecida como Torre da Cabreira. Hai un alxibe ou pozo de boca ovalada de 1,65 metros de diámetro e 2,20 de profundidade. A maior parte das construcións sitúanse na ladeira meridional onde se ven restos de muros. Na explanada da parte máis baixa do foxo central existe unha necrópole de inhumación na que se ven os restos de dúas sepulturas que foron saqueadas. No ano 1959 os veciños do Carbedo atoparon a coñecida Tessera Hospitalis; tamén se di que eiquí, nos anos trinta do século XX, apareceu unha aguia de bronce dun estandarte romano, se ben é probable que proceda do Pía Paxaro, daí o nome do monte.
No mes de agosto de 2021, a Xunta de Galicia e o Consello Superior de
Investigacións Científicas (CSIC) colaboraron nunha investigación
arqueolóxica para entender as formas de poboamento nas serras orientais
galegas, na transición da Idade do Ferro ao comezo da dominación romana. Apareceron varias construcións, fragmentos cerámicos e ósos de animais (a súa análise poden desvelar a dieta dos poboadosres).
Nas intervencións arqueolóxicas do ano 2022 confirmaron a orixe do asentamento que relacionan coas explotacións mineiras da zona que entre os séculos I e III d. C. acolleu un posto militar romano que controlaba ambas partes da serra. Os directores das escavacións, Luis Francisco López e Brais Currás confirmaron que o asentamento é de orixe romana. Hai quen sitúa aquí o mítico Monte Medulio,
o derradeiro baluarte da resistencia galaica fronte os romanos. Hai
investigadores que manteñen que o nome Cido vén do latín occidio que
significa matanza ou carnizaría, que foi o que narraron autores clásicos
como Floro e Paulo Orosio.
Acueduto: Restos en Lousadela.
Aguia: Hai autores que sitúan unha aguia de bronce, que formaría parte dun estandarte romano, no Monte Cido alá polos anos trinta do pasado século XX, se ben outras fontes lévanna para O Pía Paxaro (daí o nome deste monte).
Moeda: No xornal El Progreso do 13 de outubro de 1972, nun artigo asinado por Rogelio Reigosa Ferreiro, aparece unha moeda de Nerón propiedade do autor que di procede do concello de Folgoso do Courel.
Tessera Hospitalis
(Torre da Cabreira-O Carbedo): Atopada no ano 1959. Trátase dun texto
epigráfico gravado sobre unha prancha enmarcada por columnas que
soportan un frontón triangular no que asoma unha cabeza de guerreiro
tocado cun helmo. A ambos os lados ten unhas ansae para colgar: "APPIO IVNIO SILANO
P(ublio) SILIO NERVA CO(n) S(ulibus)/TILLEGVS AMBATI F(ilius) SUSARRVS/)
(castellum) AIOBAIGIAECO HOSPITVM FECIT CVM LVGEIS CASTELLANIS
TOLETENSIBVS SIBI VXORI LIBE/RIS POSTERISQVE SVIS EVMQ/VE VXOREM
LIBEROSSQVE EIVS/IN FIDEM CLIENTELANQVE SVA/M SVORVMQVE IN PERPETVO
CASTELLANEI TOLETENSIS RECEPERVNT/EGIT TILLEGV AMBATI (filius) IPSE
MAG(istris) LATINO AR (filio) ET ANIO/TEMARI (filio)", ("Sendo cónsules
Appius Iunius Silanus e Publius Silius Nerva, Tillegus, fillo de
Ambatus, do pobo dos Susarros e pertencentes ao castro Aiobaigiaeco,
fixo un pauto de hospitalidade cos Lougei, habitantes do castellum de
Toletum, para si mesmo, para a súa muller, para os seus fillos e para os
seus descendentes. Pola súa parte, os habitantes do castellum de
Toletum, recibírono para sempre como cliente, a el e aos seus. Levantou
acta do acordo Tilegus mesmo, fillo de Ambatus, sendo maxistrados
Latinus, fillo de Arus, e Aius"). Nicandro
Ares Vázquez, nun seu artigo Lougei
Castellanei Toletenses
(Lucensia,
1991), tenta situar aos habitantes deste castellum. Di que o
regueiro Valdelouro, segundo o Diccionario...
de Pascual
Madoz (1847),
nace no monte Toledo. No ano 1984,
don Nicandro pediulle ao cura de Veiga de Valcarce, Eugenio
Ferreiro, para que indagara no topónimo. Este pediullo a un colega,
Carlos López Valle, quen lle dixo que atopara o monte Toledo no
término municipal de Oencia, formando a cunca do río Selmo. Linda
ao norte
con varias aldeas de Barjas (no
Bierzo, lindeiro co Courel),
polo oeste
cos
montes comunais de Villarrubín (no
Bierzo, lindeiro co Courel),
e polo este
e sur
cos montes comunais de Oencia (no
Bierzo, lindeiro co Courel).
A súa altitude aproximada é de 1.600-1.700
metros. Don Nicandro abonda máis no tema, e di que preto de
Villarrubín hai outro monte que o Mapa do Instituto Xeolóxico e
Catastral chama Los
Castellanos,
polo que se
tería que ter moi en conta para a localización daqueles Lougei
Castellanei Toletenses.
Remata don Nicandro que un dos maxistrados que avalan o acto do pacto
chamábase Latinus e era fillo de Arius que evocaría o chamado
castro de Ares, nome dun monte de Quiroga en cuxo cume, segundo o
Madoz, había ruínas dunha fortaleza. Quiroga limita con Oencia.No Carbedo tamén se atoparon unhas pesas de balanza de bronce coas indicacións das marcas de peso.
Mina de Aló de Abaixo (Ferramulín-Hórreos): Vinculada ao castro de Aló de Abaixo. Consta dun corte de explotación principal e dous secundarios.
Mina da Antolada (Hórreos): Mina de cobre situada ao oeste do Monte das Cruces. Pouco alterada. De cronoloxía indeterminada.
Mina dos Banzados da Veiga (Visuña): Datada na Idade do Ferro pero explotada tamén en época romana ata principios do século XX. Mina de extracción de mineral de ferro situada na cara oeste do monte de Cereixido. Explotouse de tres formas diferentes: a ceo abero, en galería e cortas.
Mina de Bocos (Rendar): Dedicada á explotación de ouro en aluvión. Aínda se adivinan as canalizacións de auga.
Mina da Borneira (Vilela-Noceda): Formada por dúas cortas de explotación e varias de reducido tamaño. A parte inferior está cortada dúas veces por unha pisita.
Mina do Bronceado (Millares-Esperante): Mina con forma de V, duns 100 por 40 metros. As canles de auga son as mesmas que para de Torubio.
Mina dos Buracois (Millares-Esperante): Pequeno xacemento con dúas cortas duns 90 metros de longo e 15 de ancho. Usáronse as mesmas canles de auga que para as minas de Torubio. Pouco alterada.
Mina do Chao das Covas: Entreo Taro Branco e o Coldetaro. Trátase da terceira mina máis grande co Courel. Sen inventariar.
Mina do Comuneiro (Monte Barreiro-Meiraos): Pequena mina duns 90 por 40 metros. As canles sitúanse ao norte. Pouco alterada.
Mina Cova do Penedo (Campelo-Esperante): Estrutura auxiliar das minas de Torubio, Os Buracois e O Bronceado. Consiste nun túnel realizado nun saínte rochoso do Alto de Campelo que une as canles de auga de ambas caras do monte. Moi alterada.
Mina de Fontabrán (Vilela-Noceda): Pequena explotación mineira duns 50 metros de longo. A auga necesaria proviña dunha fonte próxima. As canles desapareceron pola construción dunha pista.
Mina do Monte Barreiro (Vilela-Noceda): Mina duns 250 por 70 metros. A única canle de auga ven dunha fonte situada ao norte. Calcúlase un movemento de terras de 150 decámetros cúbicos. Pouco alterada.
Mina da Toca (Piñeira-Seoane do Courel): Mina de grandes dimensións, duns 675 por 90 metro, cun movemento de terras duns 800 decámetros cúbicos. É un claro exemplo do sistema de explotación aurífera de arrugiae. Consérvanse canles e depósitos na parte alta.
Mina de Torubio Oeste:
Do século II d. C., a mina de Torubio Oeste, de forma irregular, ten 900
metros de longo, unha anchura que vai dende os 200 aos 400 metros, e
unha profundidade de 40 metros. Calcúlase que o volume do material
removido superou 1.800.000 metros cúbicos. Unha complexa rede de canles
fornecía de auga a explotación onde se aplicou a técnica de ruina montium
para derrubar a ladeira e poñer ao descuberto os filóns auríferos. Para
canalizar a auga construíronse os túneles da Antiaga e da Louseira para
o que tiveron que perforar o monte das Valiñas.
Outras explotacións mineiras:
Eiriz, Leira, Touzón A Modorra, Paradela, Sobredo, Pena Ferreira (Folgoso do Courel); Monte Barreiro, Fontabrán, Pitoucos, A Borneira (Noceda); Ferrería Vella, Moreda (Seoane); Bocos de Rendar, Canda ou Froxán (Vilamor); Banzados da Veiga (Visuña).
Túneles
da Louseira e da Antiga que formaba parte da rede de canles para levar
auga ás minas de Torubio e Millares (Monte da Valiña-Seoane).
Necrópole de Esperante: De época romana tardía ou medieval. Está formada por varias sepulturas feitas con lousa en forma de caixa.
A FONSAGRADA
Campamento romano da Pena Parda: Un importante continxente de tropas romanas penetrou en Galicia a través das montañas que separan A Fonsagrada de Santa Eulalia de Oscos. Así parece evidencialo os restos dun campamento temporal coñecido como A Pena Parda. A finais do ano 2015, o arqueólogo asturiano Andrés Menéndez descubriu, por medio das fotos aéreas e o LIDAR, o peche, a defensa a través dun suco, con formas que tendían a crear liñas rectas coas esquinas arredondadas. A principios do mes de outubro de 2017, os investigadores comezaron os traballos para determinar o estado de conservación do sitio arqueolóxico e as datas de ocupación e así poder establecer como foi a invasión romana no noroeste peninsular. O estudo completo publicarase na revista Gallaecia, do Departamento de Historia da USC, na que se integra Manuel Costa, tamén do grupo Roman Army. José Manuel Costa sinala que estes achádegos están a mudar o xeito de entender como foi a invasión romana en Galicia. Estase a demostrar como o avance progresivo dos romanos fíxose co apoio deste tipo de campamentos temporais (castra aestiva). O da Pena Parda, a 865 metros de altitude, é un dos máis grandes descubertos ata o momento, dunhas dez hectáreas, moi similar ao de Santa Marta de Sarria onde se chegou a instalar todo un exército.
Tesouriño de Monteseiro:
No ano 1956, con motivo dos traballos de repoboación forestal no lugar
coñecido como A Pena das Olas, Oliva Díaz, de 14 anos, atopou nun pequeno
recipiente de cobre ou barro 108 moedas de prata (denarios) que foron depositados no Museo
Provincial de Lugo despois de mercarllo ao pai de Oliva, Germán Díaz Álvarez, por 875 pesetas. Sete das moedas son republicanas, o
resto imperiais, comprendidas entre os reinados de Tiberio e Traxano. Salientan 16 de Vespasiano, 20 de Tito e 50 de Traxano.
Minas auríferas: Do Chao de Cabeiro (Camín dos Mouros-Vilabol) e Pedras Amontoadas (Monteseiro).
FOZ
Moedas:
No castro de Fazouro atopouse unha moeda pertencente á época Flavia e
ceca de Clunia. En Cangas de Foz, no Cú do Castro, dúas moedas, unha do século III d. C.
Explotación mineira: No mes de marzo de 2013 Mariña Patrimonio
solicitou de Patrimonio a catalogación dunha explotación mineira a ceo
aberto redescuberta por membros da asociación nunha área que se extende
por unhas cen hectáreas de monte en Barreiros e cincoenta en A
Espiñeira, no concello de Foz. O arqueólogo Santiago Ferrer apuntou que
se trata dunha imnportante mina romana da que se extraía ouro en po
empregando, entre outros, o sistema de peite. Esta explotación deuna a
coñecer Shultz a principios do século XX, e tamén é citada por Sánchez
Palencia.
Praia da Pampillosa: Segundo denunciou a asociación Mariña Patrimonio
no mes de marzo de 2014, o asentamento romano desapareceu debido aos
temporais que afectaron á costa luguesa nos primeiros meses do ano. Con
anterioridade xa se tiñan denunciado escavacións non autorizadas onde os
furtivos mesmo deixaron apilados fragmentos cerámicos, quizais por
consideralos de pouco interese.
San Martiño de Mondoñedo: Nas inmediacións da igrexa atopáronse materiais tardorromanos (tégula, ladrillos, sigillata...) e un posible hipocausto. Adoita pensarse que o templo sería o "Monasterio Maximi" do Parroquial Suevo de finais do século VI; de todos os xeitos, aínda que existen evidencias de enterramentos tardorromanos e altomedievais, non está probado que a igrexa teña fases arqueolóxicas anteriores ao século IX.
FRIOL
Ara a Coventina
(Miraz): Blázquez rexeita a relación desta deusa coa Conventina
británica. Entende COHVE/CVHVE como variantes de Cossue con aspiración
dos "ss". Creo que a lectura correcta é "COHVE/TENE E R N". No Museo Provincial de Lugo.
Calzada: Restos en Trasmonte e Guldriz.
Mansión:
Mansio Marcie no Itinerario de Antonino, Ponte Nartiae no Anónimo de Rávena, e
Ponte Nartiae na II Tábula de Astorga que algúns autores sitúan no
actual Marzán, se ben non faltan quen a leven para as ourelas do río
Narla, en Friol, pola aparición dun miliario. En Friol tamén adoita
situarse a mansión Caranico (Itinerario de Antonino) ou Carantium (no
Anónimo de Rávena), se ben Monteagudo trasládaa a Aranga por perda da
súa C.
Miliario de Friol:
Século III d. C. A primeira foto que coñecemos débese a Juan Núñez Jato antes do ano 1995; estaba en posición invertida. Logo foi estudado por Rodríguez Casal no ano 1995. O 6 de marzo de 1996 foi trasladado para o Museo Provincial de Lugo. Do ano 217 d. C., atopábase no Monte Lodoso, xunto a Vía XIX, actuando como lindeiro entre as
parroquias de Friol, Guldriz e Santalla de Devesa. Fáltalle parte do texto: "[---] [CAES]ARI . MARCO/[---] . PIO . FELICI . AVG(usto)/[---] [MAXIM]O TRIB(unicia) . POTEST(ate)/[---] [PATR]AE PRO[---]/[------]/[------]/PRI N CIPI . I[---]/ALVCO AV[G](usti)/M(ilia) P(assuum) XI[---]", ("Dedicado ao César emperador Marco Aurelio Antonio, pío feliz augusto, pontífice máximo, con potestade tribunicia, pai da patria, procónsul, fortísimo e felicísimo, príncipe indulxentísimo. A Lugo 11 millas"). Hai unha réplica na praza de Friol.
Moedas e pezas de ouro que Cavada Nieto di que foron atopadas na mámoa dos Castelos.
Pena Armada: Na actualidade é coñecido por este nome o parque eólico que hai no concello. Quizais faga alusión a un posto de vixiancia e control do exército romano.
GUITIRIZ
Ara aos Lares Viais da Graña (O Buriz):
Atopada na sacristía da igrexa do Buriz no mes de outubro de 1971. Dende o ano 2001 atópase no adro da igrexa. Unha estrutura de metacrilato
colocada para protexela impedía vela; no ano 2017 sacáronlla. "LARE/BVS V/EALIB/VS A(ram) S(ua)
P(ecunia)/S(ulpicius) E(x) V(oto) P (osuit)", ("Aos Lares Viais.
Sulpicius puxo esta ara cos seus cartos por unha promesa").
Ara aos Lares Viais do Catarrá:
Atopada no ano 1969 por Carlos García Martínez na parte superior do
muro dunha finca situada na chamada Casa de Froilán, no barrio da Torre.
Hoxe en día no Pazo de Pontella (Santa Cruz): "LARIBVS/VIALIBV/S
CAES(i)/ANVS", ("Aos Lares Viais, Caesianus (puxo este monumento)").
Ara de Santo Estevo de Parga: Formaba
parte do pavimento da igrexa, debaixo do arco triunfal, na actualidade consérvase xunto a porta de entrada á sancristía: "D(is) M(anibus) S(acrum)/VENVST/VS AN(norum)/---",
("Consagrado aos deuses Manes. Venustus morto á idade de..."). Semella que foi repicada na parte superior, por riba da inscrición.
Ara e estela en Mariz: Téñoas como desaparecidas. Nun debuxo sen data nin autor, lese: "D M S/[---]/FRONTO/NIS [---]/M[---]/V[---]/SE[---]S", interpretado: "D (is) M(anibus) S(acrum)/[---] FRONTO/NIS/[F(ilio?)]/M[---]/V(alerius?)/SE[verus]S". Consagrada aos deuses Manes por Severus. Na anotación pon que procede de "Mariz, Santa Eulalia, en tierra de Parga, parroquia de la Encomienda de Puertomarín de San Juan". No debuxo do fragmento da estela di: "parte de otra sepultura en la misma parroquia..., semejante a la que hay en el atrio".
Ara á deusa Coventina:
Atopada no ano 1918 (Nicandro Ares di que no 1910) na Ruxida dos
Corveiros ou Curveiros, preto do balneario de Guitiriz: "COHVE/TENE/E R(esponso?) N(umidis?)", ("A Cohvetene, agradecendo a
resposta da divindade"). Hai autores que sitúan o achado na parroquia
de Miraz (Friol). Monteagudo propón que puído estar dedicada por un
soldado que formou parte dunha vexillatio enviada o ano 119 a Gran
Bretaña, onde, xunto unha fonte de Procolitia do vallum Adriani se
veneraba a unha deidade semellante, cuxo nome tiña múltiples variantes. O
investigador rumano Scarlat Lambrino sostén que Convetena non é
divindade importada senón galaica. No Museo Provincial de Lugo.
Estela (O
Buriz): Estela anepígrafa descrita por Amor Meilán que se atopaba no
adro da igrexa parroquial. Tiña un baixo relevo representando unha escea
militar. Desaparecida. Consérvase un debuxo de Mato Vizoso (1846-1909). O arqueólogo Manuel Anxo López-Felpeto (envioume o debuxo) comentoume que leva perdida dende hai moitos anos, dime que preguntou pero non hai quen a lembre.
Estela de Bascuas
(San Salvador): Estela funeraria do século III d. C. reutilizada no
lintel da capela de Nosa Señora de Bascuas, na porta que comunica a nave
coa sancristía. Sobre a inscrición vese o círculo solar, a media lúa e
círculos dispostos simetricamente. Segundo García y Bellido a lúa
interprétase como mansión dos mortos, mais tamén era unha divindade
independente, aínda que asociada á idea da morte:
"D(iis) M(anibus) S(acrum)/SEVERI/NA AN/NO(rum) XCI (nonaginta unius)", ("Consagrada aos deus Manes, Severina morta á idade
de 91 anos"). Tamén apareceu parte dun muíño de man.
Lápida
(Guitiriz): Estaba no muro dunha casa de Guitiriz e antes xunto unha fonte próxima, foi enviada para a
Academia da Historia polo cura Pedro Sánchez de Ulloa cara o ano 1759 segundo conta Manuel Murguía na súa Historia de Galicia. Entre os anos
1714 e 1790 publicouna Xosé Cornide: "DI(is) I(nferis) M(anibus)/A(ulus?) PARRAQ(uus)/AVITVS M/AECIANVS/ANNORV(m) (hedera)/LXV (sexaginta quinque)
H(ic) S(itus) E(st)", ("Aos deuses Manes, Aulus? Avitius Maecianus,
fillo de Parraquus, morto á idade de 65 anos, xace aquí"). O xentilicio
sería a forma primitiva que posteriormente daría o nome de Parga. No Museo Provincial de Lugo.
Lápida
en Cuíña (Mariz): Atopada no ano 1972 nunha finca do lugar de Cuíña ao
arar a terra cun tractor que a partiu en dous anacos. Estudada por
Nicandro Ares Vázquez. Consiste nuns baixorelevos situados por riba
dunha inscrición. Na parte superior central estaba o que puido ser o
disco solar ou a lúa cos cornos cara arriba. Debaixo hai uns discos
constituídos por tres círculos concéntricos cada un. Debaixo destes unha
fileira transversal de tres arquiños, soportados pola cartela que
contén a fórmula ritual de consagradación aos Deuses Manes: "D(iis) M(anibus) S(acrum)/[PL]ACIDI/[VS] PATER/NVS AN/NORVM [---] XVII", ("Consagrado aos deuses Manes.
Placidius Paternus morto á idade de 17 anos"). No Museo Provincial de Lugo.
GUNTÍN DE PALLARES
Ara a Navia
(San Martiño de Monte da Meda): Século II-III d. C. Atopada no ano 1930 por
Ramón Castro López no muro dunha finca de Antonio Pérez, da Casa do
Corgo, quen a recolleu na coroa do castro do Picato. Na parte superior
do frontis ten gravado un crecente luar cos cornos cara arriba en forma
de cunca. Segundo Ares Vázquez, lese: "NAVI(a)E/L(ibens?) EX
VO(to)/A(ram?) P(ublius) FLA(vius) F(aciendum) S(sacrum)
C(uravit)", ("Publius (ou Publicius) fixo
(este monumento) cumprindo de bo grado o voto que fixera a Navia, por unha
promesa"); Segundo IRPL: "NAVI(a)E/L(ibens) EX VO(to)/A(nimo) P(ublius)/F(lavius)/F(aciendum) S(acrum) C(uravit)", ("Consagrado a Navia, Publius ou Publicius Flavius fixo (este monumento) cumprindo de bo grado o voto que fixera por unha promesa"). No Museo Provincial de Lugo.
Ara a Navia Arconunieca (San Mamede de Lousada):
Atopada no ano 1930 preto do castro de San Mamede de Lousada por Ramón Castro López. Século
II-III d. C. "NAVIAE/ARCON/VNIECA/E SVLP(icius)/MAX(imus)/EX VO/TO", ("A Navia Arconunieca, Sulpicius Maximus (puxo este altar) por unha promesa"). No Museo de Lugo.
Castro romanizado de Picato (Monte de Meda): Atopáronse pezas cerámicas e a ara que cito máis arriba.
Miliario de Entrambasaugas: 211-217 d. C. Descuberto
no ano 1942 (ou no 1936 segundo outras fontes) polo médico Pardo
Valiña, tumbado á beira dunha pontella xunto a igrexa parroquial. Descoñécese a que emperador podería
corresponder, barallándose as posibilidade de a Caro, Carino ou
Numeriano: "M(arco) AVRELIO/CARO/CARINO/NVMERIANO". No Museo Provincial de Lugo
Miliario de San Romao da Retorta: No
Boletín da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense de
xaneiro-febreiro de 1912, aparece un artigo titulado Nuevo
miliario
romano,
escrito polo sacerdote
e historiador Marcelo Macías (1843-1941). Escribe que apareceu cerca
de Rábade, nunha finca de Victoriano Sánchez Latas (no 1925 foi
presidente da Deputación Provincial de Lugo), quen logo llo regalou
a Julián de Diego y Alcolea (1859-1927), daquelas bispo de Astorga
(anos despois foi arcebispo de Santiago). O
miliario foi levado (como outras pezas procedentes de Galicia) para o
coñecido como “Museo epigráfico y lapidario” (hoxe Museo de
los Caminos), inaugurado no 1913, situado nun edificio do Bispado
de Astorga, exposto, tal como se ve nunha foto do ano 1920, máis ou
menos no lugar que ocupa na actualidade. Quen
visite o Museo de los Caminos de Astorga, axiña se decata de
que o impoñente miliario, de máis de 2,5 metros de alto, semella
presidir a exposición. Ao seu pé hai unha cartela onde se
transcribe
o texto epigráfico do século I d. C. dedicado ao emperador Calígula:
“C. CAESAR DIVI / AVG. PRONEPOS / AVGVSTVS PONT. / MAX. TRIB. POT.
III / COS. III P. P.”, ("Caio César Augusto,
bizneto do divino Augusto. Pontífice Máximo, investido tres veces
da potestade tribunicia. Cónsul por terceira vez. Pai da Patria").
Na cartela tamén se indica a procedencia: “Rábade. Lugo”. É
precisamente na procedencia do miliario onde está o erro, aclarado
polo propio Marcelo Macías no Boletín da Comisión Provincial de
Monumentos de Ourense de maio-xuño de 1912, onde recolle que Sánchez
Latas lle comunica que non apareceu en Rábade, senón en San Romao
da Retorta, no concello de Guntín de Pallares. No artigo O
Camiño Primitivo
de
Santiago: Ruta astur-galaica do interior,
publicado en Lucensia (1993) polo historiador Ricardo G. Polín e o
sacerdote e lingüísta Nicando Ares Vázquez, achégase que nos anos
oitenta do século XIX o miliario foi trasladado de sitio polo
propietario do terreo, reutilizándoo como columna dun pendello no
curral da Casa de Perucho. Alí viuno José Trucharte, coengo da
Catedral de Lugo entre 1880 e 1886, que foi o que deu aviso ao
avogado Victoriano Sánchez Latas, futuro presidente da Deputación. Polo
tanto, a cartela que figura no Museo de los Caminos de Astorga
non é correcta, ben porque non teñen constancia da corrección
realizada no 1912 por Marcelo Macías, ou porque a errada procedencia
tamén figuraba nalgún traballo publicado posteriormente como, por
exemplo, no famoso Vías
romanas de Galicia
(1960), de Estefanía Álvarez. Polo
tanto, é necesario que a cartela que figura ao pé do miliario debe
ser correcta xa que polo Museo de los Caminos pasan
miles de persoas ao ano que lle fan fotos ás pezas e logo divulgan
unha información que non é real (poden verse moitos exemplos na
Internet que, como se sabe, toda información espállase como a
pólvora). Dende o
Colectivo Patrimonio dos Ancares xa lle enviamos ao museo un correo,
coa documentación que o acredita, para que o corrixan. En San
Román da Retorta hai unha reprodución.
Mansión Aqua Quintiae:
Schulten sitúa a mansión entre o mosteiro de Santa María de Pallares e a
Ponte Cabalar. Segundo Nicandro Ares podería relacionarse con Cruz de
Quinte, paraxe hoxe en día despoboada que está a uns 500 metros da Ponte
Cabalar, e a uns 50 metros do mosteiro de Ferreira de Pallares. Citada
na Táboa II de Astorga e por Ptolomeo: "VIA LVCO AV(gus)TI AID DACTIONVM/AQVAE QVINTIA(e)/DACTONVM IX". Malia o anterior, Juan J.
Moralejo (2009), di que aínda que se adoita identificar con Baños de
Guntín, proposta á que non hai nada que obxectar no que respeita a Aquae/Baños que xa temos noutras mansións, cómpre lembrar que a semellanza de Quintius con Guntín é casualidade irrelevante: Guntín é o nome dun posesor de orixe xermánica (Piel e Kremer), con inicial Gunt- sen relación algunha co latino Quint-. Continúa Moralejo, que Tovar (1989) recolle unha referencia a un San Salvador de Cuntís, un erro grave, xa que ese Cuntís, ademais de que tería que ser Guntís, levaría a Sober, xa máis alá de Dactonium (Terra de Lemos).
O INCIO
Canteira de mármore de época romana.
LÁNCARA
Estela de Río:
Formaba parte do muro exterior da igrexa de Río. Estivo exposta na
exposión de Galicia no Tempo. Na actualidade atópase encastradada nun
muro da pequena sancristía. Trátase dunha estela de granito incompleta que representa no interior
dun cadro moldurado a dous persoeiros, ao da esquerda fáltalle gran
parte, e o da dereita, co rostro moi borroso e sen un anaco da cabeza,
viste unha toga; sobre os xeonllos sosteñen unha especie de cartela
onde está escrito un texto en gran parte perdido e de interpretación
dubidosa: "[------]/FELICEM/PARENTEM/[---]/IVL ET/[---] FILIO". Semella que están
sentados nunha especie de banco. A
pesares de estar incompleta e o deficiente estado de conservación, é
posible poñelas en relación con outras estelas funerarias
contemporáneas, como a de Vilar de Sarria ou o relevo de Adai. Os
personaxes pertencerían a unha elite culta e poderosa como nolo amosan a
presenza das togas e a cartela coa inscrición. Datada entre os séculos III-IV d. C.
Epígrafe de Río:
Praca funeraria en mármore gris situada nun muro exterior da igrexa de
Río: "D(iis) M(anibus) S(acrum)/AVRELIAE NANTIAE/ANNORVM XVIIII
(undeviginti) AVRELIVS FRONTO/FILIAE F(aciendum) C(uravit)", ("Consagrado
aos deuses Manes. Aureliae Nantiae morta á idade de 19 anos. Aurelius
Fronto fíxoo construír para a súa filla"). Dáse a conxunción entre un
cognome de orixe indíxena e o nome romano. Para Rivas Quintas, Nantia e
Nantius son nomes claramente célticos (Nantia e Nantius figuran no
rexistro da Galia francesa). No Museo do castro de Viladonga consérvase
un grafito co nome de Nantius. A
aparición destas dúas pezas no mesmo lugar fan pensar na existencia dun
posible taller escultórico na zona en época tardorromana, aínda que non
se sabe se vinculado a Lucus Augusti ou ás villae romanas documentadas
na contorna.
Campamento de Cabianca: Temporal. De tamaño medio.
Campamento do Monte da Chá (A Chá de Santa Marta): De forma rectangular cos esquinais arredondados, foi identificado grazas ao emprego da fotografía aérea histórica que amosan que o sitio foi sometido a un constante deterioro dende mediados do século XX. Na actualidade resulta moi difícil identificar sobre o terreo os restos das defensas que estarían integradas por un foxo exterior e por un terraplén que na actualidade conserva uns 70 cm de anchura por 20 de alto. O sitio está moi afectado polas roturacións do terreo para plantacións forestais coa utilización de maquinaria pesada. Unha estrada e unha liña de alta tensión atravesan parte do xacemento, e un camiño forestal aproveitou a cara interna do parapeito como caixa. Nos anos 30 do pasado século construíuse na Chá un aeródromo militar. Información extraída de patrimoniogalego.net.
Campamento do Monte da Medorra: Temporal. De grandes dimensións. Entre Láncara e Sarria.
Moeda: O Boletín de la sección Ateneísta de la reunión de Artesanos de La Coruña de maio-xullo de 1905 cita unha moeda romana atopada no castro de Toirán.
Outros xacementos: A Croa (Carracedo); Monte Tandeira (Cedrón); A Ermida (A Lama); A Poza Grande (Vilarello).
A Armada (Lagos): Preto do Camiño Real e dunha variante da vía XIX. Quizais faga alusión a un posto de vixiancia e control do exército romano.
LOURENZÁ
Miliario: Na igrexa parroquial de San Adrao, do século XVI e construída sobre un primitivo mosteiro, a pía de auga bendita é un miliario romano dun metro de altura. Sartego: Na igrexa mosteiral de Vilanova de Lourenzá atópase o sartego do fundador do mosteiro, Osorio Gutiérrez (O Conde Santo), primo do rei Ordoño. O sartego que o conde elexiu como sepulcro, de mármore branca, posiblemente de orixe romano, foi fabricado en Aquitania no século V ou VI.
LUGO
Segundo
algunhas hipóteses, Lugo debe o nome a unha divindade de filiación
céltica, pode que asimilada ao Mercurio romano, que é Lug que encaixa co
nome de Lucus que significa bosque sagrado.Ara: Fragmento atopado na muralla de Lugo. Dedicada por Lucius Publilius Florus á súa muller. No Museo provincial de Lugo.
Ara de Coraelia Rufina:
Descuberta no ano 1941 por Vázquez Seijas no muro que sostiña a
escaleira do soto dunha casa situada na rúa Bispo Aguirre. De granito: "CORAELIA/RVFINA/EX VISV/LIBENS/MERITO". No Museo Provincial de Lugo.
Ara aos deuses Lugobos: Apareceu na rúa Montevideo. Século II-III d. C. Dedicada por Valeriano Clemente: "LVC(ouis) GVD/[--]OV[---]/CLE(mens)/ V S L".
Ara aos deuses Manes: No ano 1888, Villa-Amil y Castro envía á Academia da Historia unha carta, con debuxo incluído, sobre a aparición desta ara. "D M S/PVBLIA/FLORINA/AN VIII/H S E", ("Aos deuses Manes. En memoria de Publilia Florina morta aos oito anos").
Ara aos deuses Manes: Apareceu, xunto con outras dúas epígrafes, ao derrubarse un cubo da muralla de Lugo para abrir unha nova porta (a do bispo Aguirre) no ano 1894. En abril de 1895, Bartolomé Teigeiro comunicoullas, acompañadas dun debuxo, a Pedro de Madrazo y Kuntz do Arquivo Histórico da Compañía de Xesús en Alcalá de Henares. Dedicada a Iulius Rufinus Leontius, funcionario romano nacido en Astorga e morto en Lugo aos 27 anos, polos seus pais Rufonius Rufinus e Rufia Paterna. No Museo Provincial de Lugo.
Ara aos deuses Manes: Traducida, di: "Aos Deuses Manes. Marco Aurelio a Festina Licima Celina, de 30 anos, esposa queridísima. Que a terra che sexa leve". No Museo Provincial de Lugo.
Ara aos deuses Manes: Aparecida no ano 1879 ao derrubar un sector da antiga muralla: "D(iis)/M(anibus)/Philtates/ornatricis/c[---]/co[---]o/domo August(is)/Taurinis/conservieius". No Museo Provincial de Lugo.
Ara aos deuses Manes: Atopada na muralla de Lugo. Dedicada a Philtates polos seus compañeiros escravos.
Ara aos deuses Manes: O P. Fita transcribe en maio de 1900 o texto dunha ara aparecida na Porta Nova. Dedicada por Valeriae Frontillae aos deuses Manes. "VALERIAE FRON/TILLAE AN XXII/FILIAE SANCTI/SSIMAE DISCI/PVLAE CARIS/SIMAE M VAL/FRONTO LVSI/TANVS". No Museo Provincial de Lugo.
Ara aos deuses Manes: Dedicada por Aurelius, un soldado da lexión VII Gemina. No Museo Provincial de Lugo.
Ara aos deuses Manes. Dedicada por Flavia Paterna á súa filla Iulia Flacila. Apareceu na muralla de Lugo. No Museo Provincial de Lugo.
Ara aos deuses Manes: Atopada na muralla de Lugo. Dedicada por Valeria Thais ao seu home Valerio Meleagro.
Ara aos deuses Manes: Apareceu,
xunto con outras dúas epígrafes, ao derrubarse un cubo da muralla de
Lugo para abrir unha nova porta (a do bispo Aguirre) no ano 1894. En
abril de 1895, Bartolomé Teigeiro comunicoullas, acompañadas dun debuxo,
a Pedro de Madrazo y Kuntz do Arquivo Histórico da Compañía de Xesús en
Alcalá de Henares. Dedicada por Fortunata ao seu home Aquilius Euprepes. No Museo Provincial de Lugo.
Ara aos Lares Gallaeciarum: No Museo Provincial de Lugo. Atopada no ano 1973 na Porta de San Pedro: "[Numi]nib(us) [Aug]ustor(um)/[Iunoni R]e[gi]nae/Veneri Victrici/Africae Caelesti/Frugifero/Augustae Emeritae/et Larib(us) Callaeciar(um)/[S]aturninus Aug(usti) lib(ertus)".
Século II d. C.
Ara a Laho Paraliomego: Atopada por Manuel Magadán nos cimentos dunha casa que estaba a construír na rúa Bispo Aguirre. Magadán mandoulle unha carta ao P. Fita pedíndolle consello para enviala ao Museo de Madrid por non existir "Museo alguno en esta ciudad". Publicado polo P. Fidel Fita nun Boletín da Real Academia da Historia no 1910 Adicada por Caelius Rufinus. "LAHO PAR/ALIOMEGO/CAELIVS RVFINVS EX VOTO". Século II d. C. No Museo Provincial de Lugo.
Ara a Lucobo Arousaego: Apareceu na rúa Montevideo. Século II-III d. C. Adicada por Rufina ou Rutilia Antiana. "LVCOBO AROVSAE(ego?)/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito) RV[tilia]/ANTIANA. No Museo Provincial de Lugo.
Ara da rúa Ribadeo: No Museo de Lugo. "LVGVBV/AROVIEIS/[---]M[---] [---]". No Museo Provincial de Lugo.
Ara na rúa da Raíña:
A Rea. Atopada no ano 1968 preto da rúa da Raíña. Século II d. C. "REAE/LV(cinus)
VAL(erius)/OPTA/NVS V(otum) S (olvit) L(ibens) M(erito)", ("Lucius Valerius
Optanus fixo este voto a Rea"). No Museo Provincial de Lugo.
Ara a Regoni: Atopada na rúa Nova. Século II d. C. "RE/GONI M S". Blázquez identifícao con Marte do que Regoni sería un apelativo. Para Vasconcelos, o M precedente sería a fórmula votiva merito. E para Arias Vilas, Le Roux e Tranoy sería o inicio do nome do dedicante.
Ara a Reo Paramaeco Aidi:
Atopada ao construír o asilo de anciáns no barrio de San Roque. Foi
estudada por Vázquez Saco, Álvaro D´Ors e Nicandro Ares. Século III-IV d. C.
"REO/PARA/MAEC(o)/AIDI(us) PO/THINVS/ET PRVD(ens)/F V S L M". A ara leva
por riba tres focus circulares dispostos en triángulo rectángulo que,
segundo Ares Vázquez, estarían en relación co triple nome da divindade
ou con algunha tríade. No Museo de Lugo.
Ara a Tutela: Adicada por Silonio. No Museo Provincial de Lugo.
Ara a Tutela: Adicada por Lucio Antonio Avito. No Museo Provincial de Lugo.
Ara a Poemana: Século II d. C. Apareceu na muralla de Lugo.
Ara a Verore: Fragmento de ara aparecida na rúa Nova no ano 1777. Foi publicada por primeira vez por Masdeu na súa Historia crítica de España (1800), e logo por Hübner no Corpus Inscriptionum Latinarum (1892). No ano 1954, xa con fotografías, foi publicada por Vázquez Saco e Vázquez Seijas en Inscripciones romanas de Galicia II. S. II d. C. "VERORE/RVFVS/ME(rito) EX/VISV". No Museo Provincial de Lugo.
Ara a Verore: Apareceu na rúa Nova no ano 1777. Foi publicada por primeira vez por Masdeu na súa Historia crítica de España (1800), e logo por Hübner no Corpus Inscriptionum Latinarum (1892). No ano 1954, xa con fotografías, foi publicada por Vázquez Saco e Vázquez Seijas en Inscripciones romanas de Galicia II. Século II d. C. "VERORE/PA PRIMI/EX V(oto)". Hai quen le Veroce. Albertos di que non é un "c", senón un "r" moi tosco. No Museo Provincial de Lugo.
Ara a Verore?: Atopada na rúa Nova no ano 1777. Foi publicada por primeira vez por Masdeu na súa Historia crítica de España (1800), e logo por Hübner no Corpus Inscriptionum Latinarum (1892). No ano 1954, xa con fotografías, foi publicada por Vázquez Saco e Vázquez Seijas en Inscripciones romanas de Galicia II. "VER(ore)/++ R[---]. No Museo Provincial de Lugo.
Ara a Virrore: Apareceu na rúa Nova no ano 1777. Foi publicada por primeira vez por Masdeu na súa Historia crítica de España (1800), e logo por Hübner no Corpus Inscriptionum Latinarum (1892). No ano 1954, xa con fotografías, foi publicada por Vázquez Saco e Vázquez Seijas en Inscripciones romanas de Galicia II. Século II d. C. Adicada por Aitanus Paternus. "VIRRORE/VILAEGO/AITANIVS/PATERNVS/ V S L M". Segundo Nicandro Ares, Aitanius Paternus é un nome indíxena traducido ao latín, que cumpriu o seu voto a Virrore Vilaego. Di Ares Vázquez que todos interpretan o teónimo Virrore cunha variante de Verore (citados máis arriba), pero deixando a Viliaego sen interpretación e con ningún tipo de comparación onomástica, fóra do seu carácter masculino, reflexado polo sufixo -ego. Nicandro Ares di que pode haber outra explicación, interpretando non Verrore Vilaego, senón Virro Revilaego. O nome Virrus, Virri, catalogado por Holder, figura, segundo este autor, en moedas de prata e bronce acuñadas despois de Augusto en Tarragona e nunha moeda británica, polo que, segundo o etimólogo lucense, non é imposible ler Virro en dativo "anque por agora non saibamos cal é o significado deste nome, como tamppouco se coñece o de Verore, a pesar dos intentos feitos con tal fin". Para Revilaego, continúa Ares, que ve Revilaeco, "podemos ver acochado un vello étnico ou topónimo, como se viu en Paramaeco, Barciaeco e Cairocieco, unha alusión a Páramo, Barcia e Queiroga", pero tamén escribe que se podería emparellar co nome persoal Rebilo, dativo de Rebilus, que aparece nunha lápida de Vigo. No Museo Provincial de Lugo.
Ara a Xúpiter: Atopada na rúa Clérigos. "IOM/CONSERVATOR M AVR/SEVERVS/VOTUM/S L M".
Ara a Xúpiter: Dedicada por Saturninus, un liberto imperial, a
Xúpiter, aos Numina, a Xuno, a Venus, a África, a Frugifer, a Augusta
Emérita e aos Laribus Gallaeciarum. Atopada na muralla no ano 1973,
preto da porta de San Pedro. No Museo Provincial de Lugo.
Ara a Xúpiter: No ano 1888, Villa-Amil y Castro envía á Academia da Historia unha carta, con debuxo incluído, sobre aparición desta ara. Adicada por Flavio Flavus, atopada na muralla. "IOVI/OP MA/X FLA/FLAVVS/EX VO/TO".
Ara a Xúpiter: Adicada por Sulpicius Clemens. "S V L P/CLEMENS IVE/IOVI OM/V S L M".
Ara de Penarrubia: Atopada a principios dos anos setenta do século XX ao pé da muralla exterior do
castro de Penarrubia por don José Darriba Varela quen a doou ao
Museo Provincial no ano 1983. De difícil lectura, está adicada a Navia
en cumprimento dun voto. "NAVIA(e)/[---]A M(arcus?)/FLA(vius) E/X VOT/O".
Ara en Piúgos: Atopada no ano 1843 en Ponteagos, na marxe dereita do río Miño.
Desaparecida, segundo Ares Vázquez dicía: "BALAESI/NA (hedera)
RVFI/F(ilia) (hedera) SEVERA/CAMP(?) (hedera) AN(n)O(rum)/XXII (viginti
duorum) H(ic) S(ita) E(st)", ("Balaesina Severa, filla de Rufus,
campi(?) morta á idade de 22 anos, aquí xace").
Epígrafe en Piúgos: Descoñécese a procedencia. Desaparecida. Citada por Barros Sibelo. "L(ucius) VALERIVS/SEVERVS/MIL(es) LEG(ionis) VII(septimae)/G(eminae)/CARISSI RVFI/ANN(orum)XXX(triginta) AER(um)/VI(sex)/H(ic) S(itus) E(st) S(it) T(ibi) T(erra)/L(evis)", ("Lucius Valerius Severus, soldado da Lexión X Gemina Felix, da centuria e Carisius Rufus, morto á idade de 30 anos, despois de seis anos de servizo, eiquí xace. A terra che sexa leve").
Carta do ano 1895 onde se recollen tres aras aparecidas na muralla: Trátase dunha carta cos debuxos enviada por Bartolomé Teigeiro, catedrático de debuxo do Instituto, a Pedro de Madrazo y Kuntz. Dedicadas aos deuses Manes, di que apareceron no ano 1894 nun cubo da muralla de Lugo ao abrir a nova porta de Bispo Aguirre. Están dedicadas por Iulius Rufinus, Aquilius Euprepes e Philates. Malia o anterior, a dedicada por Philates non debeu aparecer no mesmo sitio xa que segundo noticias da época atopouse no 1879; nesta semella lerse: "D M / PHILATES / ORNATRICIS /...... / ...... /...... / DOMO AVGVST / TAVRINIS / CONSERVI / EIVS". A carta consérvase no Archivo Histórico de la Compañía de Jesús en Alcalá de Henares. As aras atópanse no Museo Provincial de Lugo.
Aras ás Ninfas nas Termas: 1: "NYMPHIS/M(arcus) VLP(ius) LON/GIANVS". 2: "NYMPHIS/L(ucius) VAL[erius) M(aximus?]". 3: "NYMPHIS/[---] E V [---]". "NYM(phis) SAC(crum)/---". 4: Dúas coa inscrición "NYM(phis)". 5: "NYMPHIS L(ucius) VAL(erius) M(aximus?)". (Fonte: Hervés Reigoso e Meijide Cameselle).
Aras nas Termas: 1: "[---LTIO/(vacat)/L(ucius) LARCI(us)/LIC(inius)]". 2: "--- V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)". 3: "---/(ex) V(oto)". 4: "---/[---] V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito) I". 5: "M(arcus) HORTENSIVS/[MAX]IANVS/---". 6: "NAVIA(e) /[---A M(arcus)/FLA(vius) E/ X VOT". 7: "[---LTIO/(vacat)/L(ucius) LARCI(us)/LI[c(nius)]". 8: ---]/(vacat)/(ex) VOTO/[cur]A AGENTE//[---]GERMANO". Outras catro coa fórmula final. (Fonte: Hervés Reigoso e Meijide Cameselle).
Bucranio ou Taurobolio:
Apareceu na Praza de Santa María no ano 1961. Foi dado a coñecer no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos de Lugo (1960-61) por J. Trapero Pardo; no Boletín, tomo VIII (1965-66), descríbeo Nicandro Ares Vázquez. Trátase dunha peza granítica cun
baixorrelevo que representa un bucranio enmarcado por un funículo liso. Asociado a ritos denominados taurobolia, onde se degolaba ao touro e logo o iniciado bañábase no seu sangue. Vinculado a edificacións onde se realizaban cultos orientais a Cibeles, Attis ou Mitthra. A datación sería nos momentos de expansión destes cultos, en torno ao séculoo III ou IV d. C.
Comparado con outros similares, podería atribuírselle unha relación co
culto taurobólico de Rea-Kybele, segundo sospeita García y Bellido. Na arte, un bucranio, do grego bukranion, palabra composta polo sufixo bu (boi, touro) e kranion (cabeza, cranio), é un ornamento que reproduce o cranio dun boi, xeralmente adornado de grilandas e cintas. En Tomonte (Vilardevós) hai dous bucranios reaproveitados nunha fonte pública, e na finca Vilarín, en Becerreá, apareceu unha peza granítica que representa un boi, unha vaca e un cuxo, de perfil e aliñados.
Busto: O desaparecido El Norte de Galicia
do 27 de xaneiro de 1910 dá noticia da aparición do busto dunha figura
feminina atopada por Manuel Magadán nos cimentos dunha casa que estaba a
construír en Bispo Aguirre. O día 15 de setembro de 1914 envía unha
carta ao P. Fita pedíndolle consello para envialo ao Museo de Madrid por non existir "Museo alguno en esta ciudad". Publicado polo P. Fidel Fita nun Boletín da Real Academia da Historia no 1910 quen o relaciona coa Venus Augusta.
Escultura togada: Atopada no castro Alfonsín (Saa), no muro dun camiño. Non ten cabeza.
Estatua: A principios de 2020, a raíz dunha obra na Rúa da Xesta, apareceu unha estatua sen cabeza vestida coa roupaxe dun togado. Ao parecer é do século I d. C.
Estela bifronte de Adai:
Datada entre os seculos IV-V d. C. Trátase dun bloque paralepipédico
esculpido polas dúas caras. No anverso aparecen dúas figuras humanas
sentadas, unha masculina e a outra feminina. No reverso dúas esceas
superpostas, a superior cun oso fronte a unha figura humana que se bota
cara atrás e leva na man esquerda o que semella ser un tridente. Na
parte inferior unha ave rapaz parada fronte a outras dúas máis pequenas,
quizais pombas. Este relevo funerario é un exemplo de peza que reúne
elementos de carácter culto cunha representación formal de raíces
indíxenas.
Estela de Cerecius ou Cericius: Apareceu no ano 1998 durante labores de limpeza na muralla. Partida en sete fragmentos, foi reconstruída. Rectangular con cabeceira semicircular, dúas molduras paralelas enmarcan toda a peza. Na parte superior hai unha rosa tripétala de hélices triangulares enmarcadas nun disco. “CERECI[VS]
/ CAPITO(NIS) F(ilius)] / LVCO AVGVS(tanus) / AN(norum) XXXVIII / H(ic)
S(itus) EST / C(aius) FE(l)IC/[ius - - -] S(uo) / [- - - ?]”,
(“Cerecius fillo de Capitonis, de Lucus Augusti, falecido á idade de 38 anos,
eiqui xace. Felicius[---]”). No Museo Provincial de Lugo.
Estela funeraria de Crecente (San Pedro de Mera): No Museo Provincial de Lugo. Datada a mediados do século I d. C. De granito, foi
atopada no ano
1995 por Manuel Carreira González nun camiño ao abrir unha gabia para
unha condución de auga. Mide 2,81 de alto e 0,71 de ancho. Na parte
superior vese un magnífico retrato dunha familia galaica formada por
catro persoas: un home, dúas mulleres e un neno que visten túnicas longas; as mulleres e o neno adórnanse cun colar de contas e pulseira; o neno, ademais, sostén nas mans unha pelota e un aro:
"APANA AMBO/LLI F(ilia) CELTICA/SVPERTAM(arica)/MIOBRI/AN(norum) XXV H(ic) S(itus) E(st)/APANVS FR(ater) F(aciendum) C(uravit)", ("Apana, filla
de Ambolo, dos célticos supertamáricos do castro de Miobri, morta á idade de
25 anos, eiquí xace. O seu irmán, Apanus, fixo esta
dedicatoria"). Ata o presente só se coñecen cinco inscricións en que os personaxes aparecen identificados como Celtici Supertamarci, esta de Crecente e as outras de Astorga e Ardiñuela (León).
Estela funeraria: Adicada a Cara polos seus pais Vesuclotis e Vecius. Apareceu na muralla de Lugo. No Museo Provincial de Lugo.
Estela aos deuses Manes: Dedicada por Severa. No Museo Provincial de Lugo.
Estela con dobre dedicatoria aos deuses Manes: Atopada na Praza de Santo Domingo no ano 1936. Traducida, di: "Aos Deuses Manes. O pai puxo este título aos seus moi fieis fillos, asasinados o 30 de marzo. Paterno, de 26 anos...". No Museo Provincial de Lugo.
Estela aos deuses Manes: Apareceu na muralla de Lugo. Dedicada a Conia Pusincina.
Inscrición:
Nos cimentos da porta da Rúa Nova, intramuros, formando parte do borde
superior; atopada no ano 1998 cando unhas obras de canalización."FUNDAM(enta)". Posible alusión á inauguración dunha obra.
Inscrición perdida:
Epígrafe da que se ten noticia dende principios do século XVII, que
Castellá Ferrer, que a viu e describiu, situou xunto o castro da Rocha,
"preto de Padrón". Muratori situouna en "Iria Flaviae in Gallaecia".
Pero Amor Meilán, como antes Barros Sibelo, lévaa para Lugo, procedente
da Porta de San Pedro. "NE TACI/VE ILFERI/CAE SVL/PICIVS
SE/VERVS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Sulpicius Severus
cumpriou o voto libremente para [---]". Quizais dedicada a unha
divindade indíxena. Estrutura funeraria: No vello cárcere.
Praca funeraria: De dous príncipes galegos do castello "CIRCINE", Vecius e Vecco. Do século I d. C. Atopada na muralla.
Praca a Roma e Augusto: Apareceu na muralla de Lugo. Dedicada por Paulus Fabius Maxumus. No Museo Provincial de Lugo.
Prancha funeraria: Apareceu na muralla de Lugo. Aos deuses Manes. Dedicada a Festia Luicinia polo seu home Marcus Aurelius.
Fornos cerámicos: Na Rúa Nova.Grafito: Nunha vasilla de cerámica utilizada como furna cineraria. Apareceu na Praza de Ferrol, consérvase na sala da Porta Miñá. Francisco Hervés (1995) leu: "OLLA SATGVRN[---] HABEBIT DVA GENA IRATA". Marco Simón (2011): [Quincumque] OLLA(m) SATVN[ini violaverit] HABEBIT DVAGENA(m) IRATA(m)"; María Cruz Fernández Rodríguez: "OLLA(ossuaria) SATVRN[ini? +++]/HABEBIT DVAGENA(m) IRATA(m)".
Lápida da Praza de San Domingos:
Atopada no ano 1936 durante as obras do mercado de abastos na Praza de
San Domingos. Está partida en
dous anacos, carece de moldura e na parte superior remata en forma
angular. Datada no século II d. C. Vázquez Seijas e Álvaro D´Ors leron:
"DMS/DMS/PATER FILIS PO/SVIT TITVLVM/PIENTIS SIMIS/DVOBVS
QVI/(in)TERFECTI SV((n)T III KAL APR/(p)ATERNO/ANNOR XXVI/(---)", ("Aos
deuses Manes (dos dous). O pai puxo (este) título aos (seus) fieies
fillos, asasinados ambos o 30 de marzo: Paterno, de 26 anos, e [---]
de [---] anos. Eiquí xacen. Que a terra vos sexa leve"). No Museo Provincial de Lugo.
Lápida desaparecida: Di Amor Meilán que foi descuberta no ano 1772 entre as ruínas dunha parte do lenzo da muralla. Trátase dunha ara onde se podía ler: "CAELESTI/AVG/PATERNI/QVI ET/CONSTANTII/VV SS", ("A Caelestis Augusta, os Paterni, tamén chamados Constanti, cumpriron os votos"). Ao parecer, o derradeiro lugar onde se viu foi nun edificio (hoxe en día en ruinas, coñecido como Castelo ou Convento de San Román) situado en Conturiz, na parroquia de Santo André de Castro; cando veu para eiquí, o texto estaba practicamente perdido.
Lápida funeraria: Encadrada nunha moldura baquetonada, con borde exterior sen decoración. Moi desgastada.
Lápida de Rufo?: O control arqueolóxico no ano 2023 para a peonalización da rúa Quiroga Ballesteros permitiu atopar dúas lápidas de granito, unha delas con inscrición, que poderían pertencer á necrópole que houbo na actual Praza de Ferrol. Á espera do que di a epígrafe de catro liñas, polas fotos da prensa leo: "DIS MANIBVS/RVFI RVFIN-/COI MPORTE/M [---]".
Boca de Fonte: Apareceu na Praza de Armañá. No Museo Provincial de Lugo.
Máscaras de terracota, as únicas atopadas no Noroeste e moi raras no resto da Península, datadas na segunda metade do século I d. C.
Mercurio en bronce: Foi atopado no ano 1840 ao derrubarse parte da muralla. Segundo unha carta enviada no ano 1895 por Bartolomé Teijeiro a Pedro de Madrazo y Cuntz, representaba a Hércules. Depositado no Museo do Castelo de San Antón da Coruña.
Mosaicos de Batitales e da rúa Armanyá con temas mariños e mitolóxicos.
Calzada romana: Restos no Centro Comercial Pazo da Maza.
Miliario de Bacurín:
Nicandro Ares, ao falar do castro de Bacurín, di que no lugar de
Herreal localizou un marco cilíndrico de granito fincado na terra, da
que sobresae un metro, tendo na base superior un pequeno baleiro como se
se tratase dun focus votivo, barallando a hipótese de que se tratase
dunha pedrafita ou dun miliario.
Miliarios de Coeo:
Localizado por Eduardo Ramil a principios dos anos sesenta do pasado
século XX. Estaba na cimentación dunha obra, e o propietario púxoo
diante da casa, xunto a porta, utilizándoo como maceta. Outro miliario
forma parte do peche dunha finca.
Miliario de Esperante: Fragmento dun miliario, posiblemente
anepígrafe (as fotogrametrías non alumaron ningunha letra), na igrexa parroquial de Santalla de Esperante, parcialmente
pintado de branco, reutilizado como pía de auga bendita, quizais bautismal. Dado a coñecer por Javier Gómez Vila a principios do século XXI. No arco de acceso á ábsida da mesma igrexa hai dúas columnas de mármore, posiblemente de época tardorromana. En Esperante, na
superficie cóncava dun catillus dun muíño, lese: "B(ene) O(pus)
FECI FIN(inis)", ("Traballei ben. Acabouse"). Ao parecer, na mesma aldea había outro
miliario que actuaba como marco da porta dunha casa en ruínas pero ninguén soubo darme razón del.
Miliario (Santalla de Bóveda): Anepígrafo, situado no vestíbulo que dá acceso ao refuxio do garda do monumento de Santalla de Bóveda.
Miliario de Vilaestévez
(San Xoán do Alto): Anepígrafe. Localizado casualmente por un veciño de
Lugo no ano 2014 quen o puxo en coñecemento do Concello e da Xunta de
Galicia. No mes de marzo de 2016, o mesmo veciño avisou ao Concello de
que o fito caera, solicitándose entón permiso de Patrimonio para
repoñelo na súa posición orixinal. Mais no mes de maio, cando os
operarios municipais acudiron ao lugar comprobaron que o miliario, de
case dous metros, desaparecera. Segundo noticia aparecida na prensa o día
30 de xullo, misteriosamente, o miliario volveu aparecer no mesmo
sitio.
Acueduto:
As obras na rúa de San Marcos, fronte á
Deputación Provincial, deixaron ao descuberto parte do acueducto romano.
Cando a construción do hospital de Isabel II no século XIX (edificio
que hoxe en día acolle a Deputación) estragouse parte do acueducto.
Castro da Agra dos Castros:
Mal chamado da Piringalla. Situado na zona máis alta da ladeira
delimitada polos ríos Miño e Rato. Descuberto a raíz das obras de
abastecemento de auga da cidade de Lugo. Documéntanse varias etapas de
ocupación, a máis antiga da fase final da Idade do Ferro, con foxos,
parapeitos e elementos habitacionais. As etapas seguintes son xa de
época romana coa aparición de tégulas, un denario de Tiberio, vidros,
fichas de xogos, unha lucerna, muíños circulares e obxectos de bronce e
ferro.
Castro de Orbazai: Apareceu material de época romana como unha pequena cunca de cerámica bruñida negra.
O Castrillón
(Adai): Trátase dun pequeno recinto circular arrodeado por un foxo e
unha muralla terreira situado nunha ladeira. Algúns investigadores falan
dun castro, outros dun posto militar romano vencellado ás vías
de comunicación, pero últimamente cobra forza o dun espazo anterior vencellado a determinados rituais.
Muralla de Lugo:
É o principal expoñente dos sistemas defensivos urbanos de Galicia.
Ergueuse entre os anos 265 e 310 d. C. como consecuencia da crise e
inestabilidade política. No seu estado actual, a muralla ten 2177 metros
de perímetro, con planta de tendencia rectangular e esquinas
arredondadas, dispón de 85 cubos que estiveron coroados por torres. A
súa anchura rolda entre os tres e cinco metros, e as alturas van dende
os seis aos dez metros.
Piscina: Na Praza de Santa María, descuberta no ano 1960 pero que foi tapada
para protexela; redescuberta no ano 2004, será no ano 2010 cando se
inicien os traballos de restauracion.
Moedas
(Lugo): Segundo Cavada Nieto, no 1923 apareceron pequenos bronces,
sobre todo de Galieno, tamén de Licinio, Claudio II, Quintilo, Tétrico
pai, Diocleciano, Maximiano e Constantino Cloro. Nos anos 1928 e 1929,
áureos de Marco Aurelio, Septimio Severo, Vespasiano, Faustina e
Domiciano. No 1935 pequenos bronces, todos do século IV. No 1941, 24
denarios do Imperio, de Augusto, dous de Tiberio, un de Nerón, un de
Vespasiano, seis de Domiciano, dous de Galba e dous de Othón. No 1972,
moedas tipo caetra e tres pequenos bronces do século IV, un as de
Turiano e bronce de Vespasiano. Ademais dos anteriores, apareceron áureos
de Traxano, Adriano, Marco Aurelio, tremis de Valentiniano II, sólido
de Arcado, as de Augusto, pequeno bronce de Constantino II, mediano
bronce de Adriano, bronces de Constantino... En Orbazai apareceron varias moedas de cobre.
Taboleiro de xogos: Atopado no balneario romano.
Templo no Círculo das Artes: Do século IV d. C. Localizado no ano 2005 no Círculo das Artes.
A primeira fase das obras
para converter o antigo cárcere de Lugo nun centro cultural, os
arqueólogos localizaron restos de pavimentos de época romana. Xa a
mediados dos anos oitenta do pasado século, cando as obras dun
aparcamento próximo, saíu á luz unha necrópole. Segundo noticias de
primeiros de xuño de 2013, apareceu unha estrutura funeraria que os
arqueólogos sitúan no Alto Imperio e que está relacionada con algún tipo
de enterramento ou ritual funerario. Trátase dun columbario, nome que
recibe pola semellanza cos pombais.
Centro Arqueolóxico San Roque:
Xunto a capela do San Roque, integrado polos restos dun cemiterio
romano, un estanque e un forno cerámico tardío. Consérvanse tumbas
pertencentes a unha gran necrópole que se mantivo activa ao longo de
cinco séculos, documentando a presenza dos ritos funerarios de
incineración e inhumación. Ao lado da necrópole e da vía de acceso,
construíuse en torno ao se´culo I d. C. un gran estanque de auga en opus caementicium
(formigón romano) que estaría en relación co propio culto funerario. A
presenza dun forno dedicado á fabricación de material cerámico testemuña
o uso industrial ao que se dedicou esta zona nos finais do século
V d. C.
Domus barrio do Carme:
O arqueólogo municipal, Enrique González, di que pode tratarse dunha
primeira ocupación do século I, "e o que se ve agora, intuimos que pode
ser do século III". Son os restos dunha edificación, cre que de carácter
artesanal. Non semella unha domus vinculada á vía romana que
discorría na leira do lado. Nesta zona había presenza de fornos
cerámicos e crese que poderían estar relacionados.
Domus e Mitreo:
Descubertos no ano 2000 por mor das obras no edificio do
Vicerreitorado (Pazo de Montenegro). Este descubrimento supón un avance no coñecemento da
cultura relixiosa do Imperio Romano entre os séculos I e IV d. C. Trátase
do templo a Mitra máis occidental do Imperio, culto do que temos noticia en Lucus
Augusti polo centurión Gaio Victorio Victorino segundo figura nunha ara e cuxo texto, traducido do latín, di: "Ao
nunca conquistado deus Mitra, Gaius Victorius Victorino, centurión da
Lexión VII Gemina Antoniana, pío, feliz, devoto e leal, con moito gusto
erixiu (esta) ara en honra do posto de control militar de Lucus Augusti e dos dous libertos Victorius Secundus e Victorius Victor". Os restos conservados da domus amosan un edificio de dous andares que se organizaba arredor dun patio porticado ou peristilo e onde se abrían varias dependencias (cociñas, almacéns, latrinas, cortes, recibidor, dormitorios...). Nalgúns espazos había pinturas murais na parede e no teito. Arredor do século III, no Baixo Imperio, a domus é reformada para construír un templo dedicado ao deus Mitra. Apareceu unha inscrición incompleta, datada entre o 27 a.C. e 69 d.C., onde se le "IO[VI]/SACER[DOS]/LVS[...]/[...] IT[]", quizais referida a un voto dedicado por un sacerdote a Xúpiter, anterior á implantación do culto a Mitra. O culto a Mitra foi traído ata o extremo occidental do Imperio seguramente polos soldados que estiveron nas campañas de Asia Menor. O nome de Mitra é citado por primeira vez no 1380 a.C. nun tratado entre o imperio Hitita e o reino Mitanni.
Foro romano:
A mediados do ano 2014 deuse a coñecer o descubrimento fortuíto do que
en tempos romanos foi o foro da cidade ao realizar unhas obras de
ampliación dentro do Concello. Os restos datan do século I a. C. Javier
Chao, responsable das escavacións, asegurou que o que atoparon é a
basílica do foro, engadindo que o muro do actual Concello está apoiado
sobre a cimentación romana.
Santalla de Bóveda:
Con piscina e frescos no interior, esculturas figurativas nos muros
exteriores, foi interpretado como lugar de baños, ninfeo, templo adicado
a Prisciliano e santuario da deusa Cibeles.
Existen dúas fases principais, a primeira tardorromana (séculos III e
IV d. C.), e outra dos séculos VIII a XI. As distintas interpretacións
falan dun edificio para fins curativos, un ninfeo (lugar de culto ás
ninfas), enterramento pagán, etc. Mesmo hai quen conxectura de que aquí
está o corpo decapitado do heresiarca e mártir galego Prisciliano. Na
parte baixa da igrexa está a cripta dividida en tres naves das que só se
conservan os seus arrinques laterais. A parte central está ocupada por
un estanque rectangular. O pórtico, de ladrillo, conforma o arco de
ferradura máis antigo da Península Ibérica. Na portada vense
figuras humanas danzando e aves. Ao fondo da nave situábase unha pequena
ábsida que daba acceso a unha planta superior á que se accedía a través
dunha escaleira. Os murais do interior, feitos de estuco, e a bóveda de
medio canón están decorados con pinturas de aves en cores vermella,
verde, azul e negra. Nos arrinques dos arcos aparecen representados
cráteras con ramos e flores. A principios do século XX, unhas obras de
servizos na aldea de Bóveda puxeron ao descuberto os restos dunha calzada
romana, aínda que escasamente conservada de apenas 70 centímetros de
longo por 3,25 metros de ancho e que debeu formar parte dunha vía
secundaria entre Lugo e o campamento de Cidadela, en Sobrado dos Monxes,
e que logo tería continuación ata Brigantium. Segundo a tradición,
Bóveda está unida por un túnel e unha canle de auga co castro de
Corvazal situado a medio quilómetro de distancia.
Inscrición en Santalla de Bóveda:
Descuberta entre a piscina e a ábsida do monumnto tardo romano ao
drenar o chan; No Museo Provincial de Lugo; en mármore, que Ares Vázquez
leu: "(PV)ER SIT CVI FLEBILIS (ALIQVID NE) TRISTE mIN(ETVR[---]/[---]/[---]
(ir)CIPES MERSIT CVI FLEBILIS (morous?) ? (di) SSOLV(i)T TRISTE
MIN(isterium)/ ? COMI(tia) LE MORE LIPPO(rum) ?", ("Que neno sería aquel a
quen unha cousa deplorable non amanecese tristemente...? Un sátiro
afundiu ao que unha chorosa enfermidade ao estilo dos pitarrosos
disolveu o triste ministerio comicial"). No ano 1926 descubriuse unha
inscrición en granito, custodiada hoxe en día no Museo de Lugo, interpretada: "PRO/SA(lute)", ("Pola saúde").
Templo no Círculo das Artes: Do século IV d. C. Localizado no ano 2005 no Círculo das Artes.
Termas:
Ao pé da cidade romana de Lucus Augusti, na marxe dereita do río Miño, construíse un gran conxunto termal, asociado a un espazo de uso relixioso, un ninfeo onde se foron colocando altares dedicados ás Ninfas. Polas súas proximidades pasaba a vía XIX que unía Lucus con
Bracara e Asturica. É un dos balnearios máis representativos da
Península xa que conserva varias das salas orixinarias adicadas a
tratamento e lugares de culto. O moderno edificio, que continúa en funcionamento, levantouse sobre as termas. Consérvanse
dúas salas abovedadas con nichos onde, posiblemente, se colocarían
representacións de divindades ou exvotos relacionados coas virtudes
curativas das súas augas. Están construídas con lousa e perpiaños de
granito. O acceso a elas é cun chan de cemento hidráulico, opus signinum,
quizais recuberto con mármore. A sala contigua é semellante ás
anteriores, por no século XVI foi transformada en capela que tiña un
pequeno altar e unha representación pictórica do Calvario de Cristo.
Aínda existen muros romanos para conter as augas do río Miño nas
enchentas, e suponse a existencia dunha sala, quizais o sudatorium ou laconium,
representada no plano de Giraldo. As primeiras intervencións
arqueolóxicas foron no ano 1984, pero as de máis trascendencia comezaron
no 1998 da man de Gonzalo Meijide Cameselle e Francisco Hervés Reigoso.
As escavacións do ano 1999 sacaron á
luz espazos de grande interese, como un espazo porticado, a palestra, ou
a piscina onde
apareceron unhas aras expostas (documentaron 14, delas 6 dedicadas ás
Ninfas, o que plantexa a existencia dun espazo relixioso). Os
arqueólogos Hervés e Meijide estiman que as termas romanas
ocuparían unha superficie de 2.500 m2 organizados de forma paralela ao
río Miño e serían utilizadas entre os séculos I e IV d. C. Nos primeiros
meses do ano 2014, durante unhas escavacións, descubriuse unha piscina
cuxos restos foron localizados dentro e fóra do edificio, que conserva
vestixios dunhas escaleiras lonxitudinais e que, segundo Hervés, foi
reutilizada en varias ocasións. No
ano 1495, o monxe Künig de Bach, nas escasas referencias que fai a
Galicia durante a súa peregrinaxe a Compostela, cita as termas (fala
duns baños xunto a ponte de Lucos); no 1550 cítaas o Licenciado
Molina para rexeitar o complexo termal na obra de Plinio; e no século
XVII Pallares y Gayoso, autor de Argos Divina, é o primeiro en describilas con certo detalle. No
ano 1812 o enxeñeiro militar Pedro
Giraldo fixo un plano do balneario que distingue as construcións de
época romana. E no 1816 o médico Sanxurxo e Mosquera describe o complexo
termal antes da gran remodelación acontecida no ano 1847 (conversión da
casa de baños en hotel-balneario) o que supuxo a destrución de moitas
estruturas romanas, se ben é certo que permitiu integrar outras no
moderno edificio (o balneario aínda utiliza dúas das captacións de auga
romanas).
Tumbas:
A raíz dunha obra na Rúa da Xesta saíu á luz unha necrópole romana con
cinco tumbas, preto da Porta Nova, datada entre os séculos III-IV d. C. Ademais desta, na cidade están documentados outros cemiterios preto da Porta de San Pedro, que inclúe a zona de San Roque e a Praza da Constitución xunto a Vía XIX. Tumbas da Praza de Ferrol. Carril das Estantigas e tamén na zona de San Roque de época Altoimperial (séculos I-II d. C.). A da Praza de Ferrol, con 66 tumbas, escavouse nos anos oitenta do século XX cando a construción dun aparcadoiro, onde tamén apareceron tres fornos alfareiros e os restos dun acueduto. Segundo Enrique González, teñen referencias de posibles necrópoles no Recatelo e no Carme.
Necrópole da Praza de Ferrol:
Saíu á luz nos anos oitenta do século XX cando se fixo o aparcamento
subterráneo; moitas pedras foron reutilizadas noutras obras da cidade ou
acabaron en recheos.
Vidro: Na rúa Clérigos
localizouse unha zona relacionada coa fabricación de vidro datada na
época baixoimperial. Están documentados uns oleiros de nome Rufino,
Capito e Quinto, este último con produtos asinados atopados en Astorga.
Xacemento da Tinería, con miliario, restos de calzada, columnas e canle.
Xacemento do Agro da Ponte (Barrio
da Ponte): A investigación foi dirixida polo arqueólogo Enrique
González no ano 1992, identificando seis partes de muros que delimitan
outras tantas estancias, que semellan pertencer a unha mesma casa romana.
Consérvanse restos do pavimento. Preto desta finca, no ano 1843, foron
localizados en Pontegaos, tamén no barrio da Ponte, un enterramento de
época romana; foi localizada unha estela funeraria de cuxo paradoiro non
se ten noticia na actualidade. Os investigadores cren que os restos
atopados no Agro da Ponte corresponden a un edificio suburbano,
seguramente relacionado coa vía XIX.
Xacemento no solar do Vicerreitorado con restos de calzada, fibelas, moedas e cerámica.
AO FINAL das fotos do concello de Lugo, achega sobre a Tabula Lougeiorum.
A tabula lougeiorum
Foi atopada, de forma casual, por J. Cajade no ano 1983, nun lugar non precisado. O seu descubridor deu dúas versións contraditorias, primeiro "nun piñeiral a uns a uns dez quilómetros de Lugo", e despois "nun radio de non máis de corenta quilómetros de Carbedo do Courel". O señor Cajade non informou do achado, máis aínda, en Londres tentou venderlla ao British Museum cuxos responsables, sospeitando que se trataba dunha importación ilegal, puxéronse en contacto co Departamento de Historia Antiga da Universidade de Santiago e coa Xunta de Galicia. Na actualidade atópase no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Anton da Coruña. A Tabula Lougeiorum foi presentada publicamente no ano 1987. Dende aquelas, as controversias sobre a peza continúan ata hoxe. Uns cren na súa autenticidade, outros que é un falso, ou copia dun texto que nun principio sería realizado nun material perecedoiro e que no século IV se trasladou á prancha de bronce (André Pena Granha).
A primeira mención ao pobo dos Lougei aparece na Tabula descuberta no Courel no ano 1959, unha prancha de bronce enmarcada por columnas que soportan un frontón triangular no que asoma unha cabeza de guerreiro tocado cun helmo, documentándose por vez primeira en Galicia un pacto de hospitalidade entre pobos autóctonos exclusivamente. Na Tabula da Civitas Lougeiorum lese: "C(aio) Caesare Aug(usti) Aemilio Paullo Co(n)s(ulibus)/ex gente Asturum conventus Arae/August(a)e/Civitas Lougeiorum hospitium feccit cum/G(aio) Asinio Gallo liberis postereisque eius/eumque liberos posterosque eius sive libe/reis postereisque suis patronum coptarumt/isque eso in fiden clientelamque suam suo/rumque recepit/egerunt legati/Silvanus Clouti/nobius andami".
O interese deste pacto, gravado tamén sobre unha prancha de bronce e datado no ano 1 d. C., radica, principalmente, no dato relativo á existencia dun convento en época de Augusto: o conventus Arae Augustae, que desaparece posteriormente pero que levou a reconsiderar a cuestión de se a organización das provincias en conventus comezou en época de Augusto, mais sen a funcionalidade política e relixiosa dos posteriores.
Mentres non tomaban forma os emprazamentos de Asturica, Lucus e Bracara, ordenados polo emperador, Arae Augustae puido actuar como un asentamento provisional onde se situaría un dos primeiros monumentos simbólicos mandados construír por Augusto no Noroeste peninsular como símbolo de culto á súa persoa. Estoume a referir ás Torres de Augusto, as coñecidas como Aras Sestianas, citadas por Mela, Plinio e Ptolomeo que non se puxeron de acordo canto á súa ubicación.
Pomponio Mela (s. I d. C.): "In Astyrum litore Noega est oppidum, et tres arae quas Sestianas vocant in paene insula sedente et sunt Augusti nomine sacrae inlustranque terras ante ignobiles", "Na costa dos Astures está a cidade de Noega e tres aras que chaman Sestianas, asentadas nunha península e están consgradas ao nome de Augusto e dan fama ás terras antes iñoradas".
Mela ubica estas aras Sestianas nas costas da Callaecia, no litoral asturiano, xunto a cidade de Noega que se situaría en Avilés, en tempos de L. Sestio, cónsul no ano 23 a. C., e posiblemente legado de Augusto na guerra galaica ou un pouco máis tarde, sobre o ano 19 a. C. (Romero Masiá e Pose Mesura, 1987).
Plinio (23-79 d. C.): "Celtici cognomine Neri et super Tamarci, quorum in paeninsula tres arae Sestianae Augusto dicatae, Copori, oppidum Noeta, Celtici cognomine Praestramarci, Cileni, ex insulis nominandae Corticata et Aunios", "O Célticos de sobrenome Nerios e os Suer Tamaricos na península na que se adicaron a Augusto as tres aras Sestianas, os Coporos, a cidade de Noeta, os Célticos de sobrenome Praestamarcos, os Cilenos, das illas deben nomearse Corticata e Aunios".
Como vimos máis arriba, Mela cita unha Noega, e Plinio Noeta, non sabemos se por confusión no nome ou porque se trataría de cidades distintas. No territorio dos Super Tamaricos estarían as aras Sestianas.
Ptolomeo (100-170 d. C.): "Lado septentrional sobre o que está o Océano que se chama Cántabro e que se describe así. Despois do Promontorio Nerio hai outro promontorio no que están as Aras Sestianas (do sol)".
Plinio e Ptolomeo emprázannas no territorio da actaual Galicia, o primeiro ao norte do río Tambre e o segundo entre o promontorio Nerio, tamén chamado Céltico, e outro promontorio que está ao norte do anterior, e antes de Brigantium.
As Aras Sestianas tamén son citadas no Anónimo de Rávena ("Are Augusti"), e na Táboa de Peutinger, coñecida como Mapa Mundi de Castorius, obra do século XII-XIII, copia dun orixinal do século VIII, que á súa vez é unha copia do século IV.
Malia o anterior, hai autores que as ubican na cidade da Coruña, máis concretamente sinalan a Torre de Hércules, obra cuxo promotor sería o propio Augusto, como as Aras Sestianas aínda que a súa construción se atribúe a Traxano (s. II d. C.). Para elo, Sánchez Montaña fala da firma do arquitecto das obras que deixou gravada na rocha xunto a Torre de Hércules non ten data, mais chama a atención a súa orixe: "Consagrado a Marte, Augusto. Gaio Sevio Lupo, arqueitecto de Aeminium, Lusitano, en cumprimento dunha promesa". A Lusitania dependía de Publio Carisio, legado de Augusto entre o 26 e o 22 a. C., romanizada antes que a Callaecia. Unha ara non sempre ten que ser un pequeno altar funerario ou votivo, tamén pode facer referencia a un gran altar (faro, torre...) que ademais de actuar como orientación e protección, faría máis grande a figura do emperador. E habería Aras Sestianas en varios lugares, non só nun.
MONDOÑEDO
Campamento da Cabana Vella (Os Remedios): Non moi lonxe do límite con Abadín. A uns 735 metros de altitude. A primeiros do mes de outubro de 2015, Abel Vigo, do servizo municipal de Arqueoloxía do Concello de Mondoñedo, deu a coñecer a localización dun castra aestiva, un campemento militar romano de campaña situado preto da parroquia de Estelo. Presenta ben visible unha especie de liña case cadrada (duns 145 metros de lado) que se correspondería co perímetro do campamento, que arrodeaba unha especie de elevación (coma un muro pequeno), con foxo exterior.
Epígrafe na Fonte antiga de Mondoñedo:
Hai un fragmento dunha inscrición de época romana que actúa como
soporte dunha cornixa que pon "CIVI/FECIT". Foi descuberta cando a
limpeza dos liques que cubrían a pedra.
Moeda: No castro da Croa de Zoñán apareceu unha moeda de bronce que semella un dupondio de Claudio, con inscrición tanto no anverso coma no reverso, busto de perfil mirando cara a esquerda coa lenda: "TI CLAVD[---] SAR AVGIMP [---]/", e no reverso Ceres mirando cara a esquerda coa lenda: "CERES AVGVSTA SC".
Moeda (Os Remedios): No ano 2018, nun monte dos Remedios, case no límite coa parroquia de Romariz (Abadín), apareceu unha moeda de bronce, posiblemente do século I. Nas caras lese claramente Augustus e Augusta. Tamén apareceu un cravo.
Restos explotación mineira (Supena-Argomoso).
Restos dunha posible calzada: Ía dende a Ponte do Pasatempo a Lindín. As obras de rehabilitación
da Ponte do Pasatempo no ano 2010 deixaron ao descuberto restos dunha
calzada romana e dunha praza de carruaxes; a existencia desta vía xa
formaba parte da tradición oral dos veciños.
MONFORTE DE LEMOS
O populus lemavorum, localizado no ente dos Callaeci Lucensis, deixaron o xentilicio Levamus, identificado con Lemos. As fontes proporcionadas pola epigrafía fálannos tanto de Dactonio, unha mansio, como do pobo dos Lemavos.
Dactonium:
Citado nas Táboas de Astorga, por Ptolomeo (s. II d. C.) e por Hidacio
(s. V d. C.). Ptolomeo di que é a única cidade existente no territorio
dos Lemavos. Aínda que non existen dúbidas canto á súa ubicación na
Terra de Lemos e que Dactonio foi capital da civitas Lemavorum, si as
hai no tocante á localización do asentamento. Se ben é certo que non
falta quen o sitúe en Castillón (Pantón), en Proendos (Sober), e incluso
en Chantada, a tradición lévao para o monte de San Vicente do Pino, en
Monforte, citado en documentos medievais como castrum Actonium ou
Luctonium, onde logo se ergueron o mosteiro bieito e o castelo dos
Lemos, lugar estratéxico que domina o val de Lemos, cunha configuración
topográfica inmellorable para construír un gran castro que logo sería
romanizado. A inscrición
"VIA LVCO AV(gus)TI AID DACTIONVM/AQVAE QVINTIA(e)/DACTONVM IX...", das II
das Táboas de Barro de Astorga, amosa para algúns investigadores (Abel
Vilela, Arias Vilas, Tranoy, etc.), que a vía XIX, no seu camiño de Lucus
Augusti á provincia de Ourense, bifurcaríase á altura de Chantada,
conducindo un ramal cara Dactonium (Monforte) a través dos
Cóvados de Belesar e Castillón. Arias Bonet propón un trazado directo ao
leste do Miño, por Vilarmosteiro (O Páramo) e Rubián (Bóveda). Aquae Quintiae situaríase en Bóveda. Os distintos investigadores sempre lle apuxeron o atranco
para desbotar a ubicación de Dactonium no monte de San Vicente á falla de vestixios
castrexos ou romanos, teoría que cómpre reconsiderar pola descuberta, no ano
2007, dun asentamento galaico-romano, traballos que, incomprensiblemente,
están parados dende hai anos. No fondo da prancha de Astorga aparece a firma de C. Lépido M. duunviro que segundo Roldán Hervás trátase dunha falsificación.
As testemuñas da preseza de
soldados Lemavos como tropas auxiliares no exército romano témolas en varias
inscricións atopadas fóra de Galicia e que fan referencia a unha Alae I Lemavorum e unha Cohors I Lemavorum Civium Romanorum,
atopadas na Mauretania Tingitana (actual Marrocos) e en Arxona (Xaén).
Na de
Arxona: "C(aius)
VENAECIVS P(ubli) F(ilius) VOCONIANOS/FLAMEN DIVORVM
AVG(ustorum)/PRAEF(ectus) COH(ortis) I CHALCEDONEN(sis)/TRIB(unus)
LEG(ionis) III GALLICIAE FELICIS/PRAEF(ectus)/ALAE I LEMAVORVM/FORTVNAE
SIGNVM AVREM P(ondo) V ITEM/MERCVRIO P(ondo) V PATERAM P(ondo)
LIBR(ae)/EX
VOTO/ET BASES II ARG(entas) P(ondo) V(otum) L(ibens)
S(olvit)",
("Caius Venaecius Voconiano, fillo de Publio, flamen dos Augustos
divinizados,
prefecto da cohorte I Calcedonense, tribuno da Lexión III Gálica feliz,
prefecto da Ala I dos Lemavos, ofrecen con agrado á Fortuna unha estatua
de
ouro de cinco libras de peso, outra a Mercurio de cinco libras de peso,
unha
pátera dunha libra de acordo co seu voto, e dúas basas de prata de cinco
libras"). Segundo Arias Vilas esta Alae
Lemavorum estivo asentada en Sala (Marrocos), posiblemente entre os anos 88
e 157 d. C., e posteriormente sería trasladada a Urgavo (Arxona, Xaén). As Alae estaban compostas normalmente por
500 (quinquenaria) ou 1.000 (miliaria) efectivos. Florentino López
Cuevillas e Germán Vázquez din, creo que sen fundamento, que o numeral I, atribuído
ás Alae e Cohors, é síntoma de que puido haber máis. A Alae I Lemavorum só é nomeada no cursus honorum (carreiras de honores) do seu prefecto Caius Venaecius. De Mauretania Tingitana son
tamén unhas inscricións en metal, unha funeraria, que segundo Le Roux di: "VALERI V/ETONIS M(ilitis)/ C(ohortis) I LAM(avorum)/(centuria) LVCANI/HIC S(itus) E(st)/F(aciendum) CV(ravit) C(aius) FL/AVI(us)
PVD(ens)",
("Valerio Vetón, soldado da cohorte I dos Lemavos da centuria Lucano;
aquí está enterrado; procurou erixilo Caius Flavius Pudente"); a outra é
un fragmento dun diploma militar de Banassa, onde se citan varias
unidades militares, entre elas unha dos Lemavos: "LEMAVORVM". Estarían
datadas
entre os anos 50-80 d. C. As cohortes romanas estaban formadas por uns
500-600 efectivos.
Posible ara: Atópase reutilizada
(empotrada) nun muro da igrexa de San Salvador de Moreda, na única parte románica que se conserva. Certo que podería
tratarse dun burato que actuaría como soporte de algo, pero rodeando
o burato (foculus) apréciase claramente a moldura que podemos
ver en moitas aras galegas. A igrexa foi construída ao pé do castro
de Moreda ou da Ciudá. A falta de máis datos, queda como probable. Documenteina a finais do mes de xaneiro de 2024.
Base de columna romana: Preto da igrexa parroquial de Marcelle e a uns 400 metros do castro da Reguenga, a carón do camiño, atópase unha base de columna colocada sobre outra pedra. Na parte superior vese un burato cadrado onde en tempos debeu asentar unha cruz. Despois de retirar o lixo que tiña dentro, observamos que polo interior a base presenta unha forma cóncava. Na pedra sobre a que asenta tamén se ve un burato de forma cadrada onde encaixaría o pé da cruz. Pero o que nos chamou a atención e ese "baleirado" interior da base, coa parede moi lisa. Cremos que antes de ser reutilizada para colocar a cruz, puido ser, tamén reutilizada, como pía de auga bendita, de aí a forma cóncava. Canto á base cremos que se trata dunha columha romana. No castro da Reguenga vese abundante tégula.
Lápida funeraria de Fabia: No Museo de los Caminos de Astorga hai unha estela en mármore gris que
foi atopada ao facer unha gabia xunto o hospicio de Astorga o día 10 de xuño de 1982 en Astorga; tamén saíron á luz varios fragmentos cerámicos e ósos humanos o que pode
evidenciar que estaba xunto unha sepultura de inhumación feita con tégulas
(trátase dunha especie de tellado a dúas augas baixo o que colocaban o cadáver
que ao mesmo tempo se situaba sobre unha “cama” de tellas). A cabeceira, na parte
central, presenta unha flor hexapétala inscrita nun círulo. A ambos os lados
vense dous símbolos semicirculares, e un pouco máis abaixo dúas figuras a xeito
de escuadra ou ángulo recto. No campo epigráfico: "FABIA EBVRI/F LEMAVA ) (C invertido)/ERITAECO A/X L VIRIVS CAESSI F LE/MAVS ) (C
invertido) EO/DEM AN/VII HIC S S/CAESSIVS",
("FABIA, EBVRI F(ilia), LEMAVA (castello)
ERITAECO. A(nnorum) XL, VIRIVS, CAEESI F(ilius), LEMAVS (castello) EODEM,
AN(norum) VIL, HIC S (iti) S(unt) CAESSIVS", ("Fabia, filla de
Eburo, lemava (dos lemavos), do castelo (castro) Eritaeco, de 40 anos. Virio,
fillo de Caeso, lemavo do mesmo castelo (castro), de 7 anos. Eiquí están sepultados.
Caesio (esposo e pai, púxoos)". Trátase dunha inscrición fueneraria
dedicada por Caessius a súa muller Fabia e o seu fillo Virio, todos do castro
Eritaeco. Pola indicación do castellum
co C invertido, e pola tipoloxía do monumento, semellante aos dos soldados da Legio X Gemina, dátase no último terzo
do século I d. C. Descoñezo en que parte da
Terra de Lemos se ubicaría este Castellum
Eritaeco, ata o momento non atopei (e creo que ninguén) ningunha referencia
toponímica ou oral que me achegue, aínda que só sexa dunha forma aproximada, ao
nome. Acontece como con Dactonium
(citado na II táboa de barro de Astorga e por Ptolomeo, e quizais tamén por
Hidacio que fala de Dyctinium), a
capital do pobo dos Lemavos que, segundo distintas hipóteses, situaríase no Monte
de San Vicenzo do Pino (Monforte), Castillón (Pantón), Proendos (Sober), e incluso
en Chantada, se ben todo apunta ao primeiro xa que o lugar onde se ergueu o mosteiro
bieito e logo o castelo medieval cítase en documentos medievais como Actonium, Dactionum ou Luctonium. A
Táboa de Astorga ou Itinerario de Barro (s. I-II d. C.) reflicte unha vía entre Lucus Augusti e Dactonium.
Ara desaparecida de Iulia Praenia: Para
situarnos, en
Hispania
Epigraphica
(en liña) di que unha
epígrafe dedicada
a Iulia Praenia,
procedente de Monforte de Lemos, está recollida no CIL II (Corpus
Inscriptionum Latinarum),
páxina 1.040, cando en realidade está na 903; tamén di que está
en IRG IV (Inscripciones
romanas de Galicia. Provincia de Orense,
de Xaquín Lorenzo Fernández e colaboradores), cando aí non aparece
nin a ara nin a inscrición. Tampouco fan referencia a ela Arias
Vilas, Le Roux e Tranoy (Inscriptions
Romaines de la Province de Lugo, 1979).
No citado CIL II (Inscritiones
Hispaniae Latinae,
1869), E. Hübner
achega
a lectura: "ARA(M) SOL(is)/IVLIA/PRAENIA/MOCION/V(otum) S(olvit)
L(ibens) M(erito)", que
traducida viría a dicir
"Ara do Sol, Iulia Praenia Mocion cumpriu a súa promesa de bo
grado" ou "Ara do Sol, Iulia Praenia a Mocion...".
Pero,
posteriormente, a maioría dos
investigadores, algúns entre interrogantes, lévanna para A Limia. A
ara, si se conserva, non se sabe onde está.
Pero
nun debuxo da ara que aparece nun manuscrito do ano 1650 baixo o
título Breve
hepittome de la familia y casas de los Lopez de Lemos pobladores
desta tierra de Lemos
(80
páxinas),
lese na cara principal: "ARA: SOL: / JVLLIA
/PRAENIA/
MOCION
/ V S (hedera) L M"; nunha cara lateral unha especie de cántara
e a inscrición "LEMI,CON / III"; e na outra cara
lateral
unha especie de combinación de tres círculos (disco solar?) e a
epígrafe "LVPVLUS / F". Polo debuxo trataríase dunha ara
con frontón tirando a semicircular e pé moldurado; a inscrición
estaría sobre un rebaixe da pedra. Despois
de transcribir a parte do Breve
hepittome…
que
me interesaba, creo
que o manuscrito é claro.
Como
achega o título, a intención é demostrar a procedencia dos López
de Lemos
que, en efecto, señorearon nos concellos de Pantón e Sober.
Ao
falar do río Cabe (“…
por
ser las mejores aguas con que daban el temple a sus famosos
aceros...”),
di que na zona asentáronse os “limineos”
que deron nome a toda a Terra
de
Lemos,
fundando a “colonia
de Proenza…. oy le
llaman
Proendos”.
En
Proendos, no concello de Sober, documéntase unha vila romana que dun
tempo a esta parte está a proporcionar interesantísimos achados. O
río Cabe, que
nace no Incio,
rega, na comarca da Terra de Lemos, os municipios de Bóveda,
Monforte de Lemos, Pantón, A
Pobra do Brollón e Sober. Como
proba de que eiquí se asentaron os romanos, o
autor achega
a
ara citada máis arriba que, interpreto, estaba na
igrexa de
San Vicente de Castillón, no concello de Pantón, xunto
con outras dúas, unha delas co escudo dos Lemos. A outra pedra sería
a descrita por Castellá Ferrer
no ano 1610, tamén desaparecida, adicada aos deuses Manes:
"D M S / VALERIAE FLORINAE AN XXIII / POMPEIVS / LVPVLVS / VXORI
PI /ENTISSIMAE", ("Consagrado aos deuses Manes, Valeria
Florina morta á idade de 23 anos. Pompeius Lupulus (fixo este
monumento) para a súa muller piadosamente)".
Á vista da inscrición, o autor fai derivar o apelido López de
Lupulus,
e Lemos de Lemi ou Lemicon,
que ao tempo enlaza con leminios
e
limineos.
Serían entón estes últimos vocábulos os que levan a confusión
para que se conxecture a procedencia da ara da Limia
por onde discorre o famoso río do Esquecemento citado por Plinio.
Creo que o erro procede do propio autor do manuscrito que confunde
leminios/limineos
co pobo dos lemavos.
Broche:
Broche chapado en ouro e cabuchóns de pasta vítrea pertencente a un
cinto procedente de Pol, parroquia de Baamorto. Quizais tardorromano.
Tesouriño e forno de Tor:
Ao pé do castro do Eivedo, entre os anos 1846 e 1850 apareceron varias
moedas de ouro (áureos de Nerón). No 1861 atopáronse moedas de
prata nun recipiente cerámico, a maioría da época do emperador Galiano que dirixiu o Imperio entre o 235 e o 268 d. C..
No mesmo castro apareceron varias ánforas romanas e un forno cerámico
construído con ladrillos, e un depósito para a cinza. Non se sabe que foi das pezas, conxecturándose que no seu momento foron para o pazo de Tor, perdéndoselle logo a pista. Pero segundo achega un número do Almanaque de Galicia do ano 1865, a maior parte pasaron a mans "del señor Rañoy, de Orense, en cuyos crisoles sería condenado Nerón en efigie, por sus crueldades, pero mucho mas hubiera ganado el último poseedor de estas monedas si las hubiese conservado para vender a los museos públicos y particulares". Continúa o mesmo Almanaque que no 1861 apareceu nunha cántara gran cantidade de moedas con baño de prata, a maior parte do emperador Galieno e algunhas de Valeriano, tamén desaparecidas.
MONTERROSO
Miliario a Caracalla (Fondevila-Satrexas):
Ano 213 d. C. Formaba parte do lintel dun alpendre que no ano 1971 foi
mercado por F. Acuña a un anticuario de Lugo e levado para a Facultade
de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. Estudado por Acuña
Castroviejo, Caamaño Gesto e Arias Vilas. A inscrición
atópase mutilada na parte superior, o que provocou a desaparición das
primeiras liñas. "[Im(peratori) caes(sari)/divi Severi pii fil(io)/divi Marci Antonini nepoti/divi Antonini Pii Pronepoti/divi Hadriani abnepoti/divi Traia[ni Parthici et/divi Nerva[e] abnepoti/M(arco) Aurelio Antonino/pio felici Aug(usto) Parthico/max(imo) Brittannico max(imo)/Germanico max(imo) pont(ici)/max(ximo) trib(unicia) pot(estate) XVII imp(eratori) [III]/co(n)s(uli) III p(atri) p(atriae) proco(n)s(uli)/a Luco Aug(usti) m(ilia) p(assum) XXIII", ("Dedicado ao Emperador Marco
Aurelio Antonino, Severo Pío, neto do divino Marco Antonio, bisneto do divino Antonio Pio, trineto do divino Adriano, tetraneto do divino Trasano Pártico e do divino Nerva; pío, feliz, Augusto, pártico máximo, británico máximo, xermánico máximo, pontífice máximo, coa potestade tribunicia pola décimo sétima vez, a imperatoria pola terceira e a consular pola cuarta, pai da patria e procónsul. 24 millas dende Lugo").
Fondevila: Documentouse a existencia dun asentamento
romano bastante importante, atopáronse gran cantidade de tégulas, colos
de ánforas e ladrillos utilizados para a construción da pilae dun hipocausto.
Moedas: de Constantino I a Constancio II.
Mansión:
Marcie no Itinerario de Antonino, Ponte Nartiae no Anónimo de Rávena, e
Ponte Nartiae na II Tábula de Astorga que algúns autores sitúan no
actual Marzán, se ben non faltan quen a leven para as ourelas do río
Narla, en Friol, pola aparición dun miliario.
MURAS
A Armada: Quizais faga alusión a un posto de vixiancia e control do exército romano.
NAVIA DE SUARNA
O
emperador Teodosio I o Grande: No
verán de 2020, ao facer unha escavación para montar unha torreta
eléctrica, saíron á luz unha serie de estruturas correspondentes a
unha vila romana, aparecendo os muros de varias estancias, tellas dos
teitos, algunhas case intactas, a base dunha cheminea construída en
pedra e columnas de ladrillo de gran perfección e escouras de ferro
(o sitio chámase Os Escouredos). Está ubicada nunha planicie moi
fértil a poucos centos de metros da desembocadura do río Azúmara
no Miño. Podería estar datada entre os século II-III d. C. A raíz
deste achado, os veciños reclaman a orixe do emperador romano
Teodosio I o Grande. Se ben non existen dúbidas onde morreu
(Mediolanum/Milán), si as hai sobre onde se ubicaría a Cauca do seu
nacemento. A bibliografía é abondosa, inclinándose boa parte dos
investigadores por Coca de Segovia, baseándose, entre outras
conxecturas, que ao norte desta cidade apareceron restos dun
importante complexo residencial, "digno dunha familia que
obstentaba un gran poder". Nos últimos tempos toma forza o seu
nacemento en Itálica (Santiponce-Sevilla), a impresionante cidade
romana fundada a principios so século II a. C., onde salienta o
traballo publicado por Alicia María Canto en Latamus,
revue d´etudes latines,
Sobre
el orígen bético de Teodosio I el Grande, y su improbable
nacimiento en Cauca de Gallaecia,
fundamentándose, entre outros, nos problemas de crítica textual que
presentan os textos do bispo Idacio (395-470) no seu Chronicon,
e o historiador grego Zósimo en Nova
Historia
publicada a principios do século VI. Ao parecer, Idacio non escribe
Gallaecia, senón Gallila, e Zósimo Kallegía en vez de Kallaikía.
Uns dos primeiros que defenderon a orixe galega de Teodosio I foron
Benito Vicetto na súa Historia
de Galicia
(1880-1882) que o leva para San Salvador de Coea (Castro de Rei), e
Amor Meilán na súa Geografía
General del Reino de Galicia
(1928) que o leva para Coea de Navia de Suarna. Máis adiante, o que
fora cronista oficial de Viveiro, Donapetry Iribarnegaray, en
Historia
de Vivero y su concejo
(1953), citando a Murguía, di que nacería á beira do mar, quizais
en Viveiro (a "Cauca vivariense").
Campamentos
da Granda das Xarras e A Recacha: As
características destes xacementos, descubertos no ano 2010, indican
que se trata duns castra
aestiva,
uns campamentos temporais construídos polo exército romano no
decurso das campañas militares durante as coñecidas como Guerras
Cántabras,
que nós preferimos denominar como Guerras Astur-Cántabro-Galaicas
(29 a. C.-19 a. C.). Estas construcións, xunto cos castra
hiberna,
servían como base de operacións para acuartelarse e de onde se
abastecían ás tropas que estaban no frente. Nestes campamentos
concentraríanse as unidades militares antes de lanzar un ataque e,
tamén, actuarían como lugar de retirada no caso de seren
frustigadas polas forzas locais. Ambos os dous campamentos, situados
por riba dos 1.200 metros de altitude sobre o nivel do mar, distan
entre si, en liña recta, pouco máis de 1.500 metros e emprázanse
entre os municipios de Ibias (Asturias), Navia de Suarna (Galicia) e
Candín (León), nas divisorias dos ríos Ibias e Balouta,
tributarios do Navia, nun paso natural entre montañas. Como
asentamentos temporais que eran, a súa pegada no terreo non é moi
vistosa. En liñas xerais, constaban dun recinto de non moi grandes
dimensións protexidos por foxo -fosso-
e un talude -agger-,
que se complementaba cunha cerca de madeira -vallum-
e con liñas de estacas ramificadas -cervoli-
que os soldados recollían durante a marcha. As dimensión do recinto
da Granda das Xarras, entre os concellos de Ibias e Candín, son de
aproximadamente 305x185 metros e encerran unha superficie interior
dunhas 5,5 ha, o que permite estimar o número de soldados que
podería acoller. A media de superficie proposta para aloxar unha
lexión móvese entre 17 e 28 ha, polo que este campamento acollería
algunha unidade auxiliar ou ben a unha vexillatio
formada por unhas poucas cohortes (Andrés Menéndez Blanco et
al.,
2011). Unha vexillatio
era un destacamento que podía comprender unha ou varias cohortes
-cohors-
dunha lexión, mandada por un centurión e que estaba formada por
tres manípulos, con 160 soldados cada un. O xacemento da Recacha
atópase dentro dos límites administrativos do municipio lucense de
Navia de Suarna, na parroquia de Rao e lindeiro co concello de Ibias
(Asturias). No seu momento, o inventario arqueolóxico da Xunta de
Galicia xa fala dunha cerca que arrodearía un aterrazamento no cume
de A Recacha, aínda que non precisa de que tipo se trata. O recinto
sitúase nun esporón a 1.264 metros de altitude sobre o nivel do
mar, cunhas dimensións aproximadas de 150x60 metros, arrodeado por
un parapeito terreiro, cunha altura máxima dun metro na parte máis
vulnerable, que encerra unha superficie de 0,7 ha que, de forma
irregular, se adapta á topografía do terreo, mantendo, ata onde é
posible, a traza característica dos castra
aestiva,
con trazos rectos e esquinas curvas, non apreciándose, a simple
vista, outras estruturas defensivas, agás no lado NO onde si se
aprecia o que puído ser un pequeno foxo apegado ao exterior do
recinto (Andrés Menéndez Blanco et
al.,
2011). Cómpre precisar que os lugares que ocupan estes xacementos
foron aproveitados para uso agrícola e gandeiro polo que,
seguramente, foron algo alterados. Dende o xacemento da Granda das
Xarras, ubicado nunha parte chá do terreo e unha boa posición
defensiva, mantíñase un control da zona máis próxima, dominando
as principais vías de comunicación e as zonas de acceso ao
campamento e que actuaría como un castra
aestiva
de avance de tropas. Canto ao da Recacha, de menores dimensións
(castra
minora),
situado nun esporón sobre o río Balouta, actuaría máis como un
posto de control militar, como un punto de observación para vixiar o
paso de montaña da serra de Penarrubia, fóra do control visual do
da Granda das Xarras, asegurando esta zona desprotexida e
comunicándose co campamento principal por medio de sinais ou polo
envío de mansaxeiros no caso de perigo. En definitiva, o campamento
da Granda das Xarras actuaría como o enclave principal e o da
Recacha como secundario, complementando a visibilidade do primeiro.
Polo tanto, cobra forza a hipótese de que os dous asentamentos
cumprirían unha función de control desta ruta de montaña para
asegurar o tránsito militar e o transporte de subministros, mantendo
aberta a liña de abastecemento das tropas que actuaban no frente, á
vista do cal ben se poden relacionar estes campamentos con algunha
acción bélica levada a cabo durante as Guerras
Astur-Cántabro-Galaicas na
conquista romana do Noroeste, comprobándose así algo que xa se
sospeitaba: que Galicia tamén se viu envolta nestas guerras,
localizándose na Serra dos Ancares a liña de avance máis
occidental do exército romano cara a costa coñecida ata o momento.
No outono de 2013, investigadores do CSIC, dirixidos por Javier
Sánchez e Almudena Orellas, realizaron as primeiras catas na Granda
das Xarras onde confirmaron a existencia do campamento. O estudo de
ambos os dous asentamentos enmárcase nunha investigación sobre as
estratexias de control do territorio e dos recursos por parte de
Roma, en particular das minas de ouro. No verán de 2014 continuaron
os traballos.
Inscrición a IOVI: No mes de xuño de 2019, os do Colectivo Patrimonio dos Ancares
documentamos unha inscrición gravada en pedra onde se ve a
palabra latina "IOVI", clara referencia ao deus Xúpiter, a deidade
principal do panteón romano que na mitoloxía era considerado como o pai dos deuses. A súa localización foi posible grazas á información dun veciño que hai tempo nos falou dunhas "penas con letras" existentes no sitio. Atopámola nas inmediacións da Pena de Murias, na parroquia de Rao, concello de Navia de Suarna, un gran afloramento de cuarcita situado a media ladeira da Serra do Brañal, a 1.125 metros de altitude, asociado a unha explotación mineira de época romana que se levanta na marxe dereita do río de Murias, a carón do camiño que vai cara a Braña do Pandozarco e do Porto de Ancares. A singularidade desta inscrición estriba en que está gravada sobre unha pedra non traballada previamente. A maioría das epígrafes de época romana gravábanse sobre as coñecidas como aras, pedras consagradas á unha divindade que ten unha forma aproximada de paralelepípedo rectangular. Que nós saibamos, en Galicia, gravadas en pedras sen traballar, o número de exemplares de época romana limitábase, ata o presente, a tres exemplares na provincia de Ourense: unha inscrición en Nogueira de Ramuín onde se le "Sicenata Pacata", outra nos cóvados do Larouco xunto o río Bibei, e outra máis no castro de San Cibrán de Las, en San Amaro; nestas últimas tamén figura o nome de IOVIS e IOVI respectivamente.
Por outra parte, nas aras as inscricións facíanse para pedir ou
agradecer algo á divindade (aras votivas) ou para lembrar a unha persoa
falecida (aras funerarias). Pero eiquí o nome da deidade aparece só, o
mesmo que no castro de San Cibrán de Las.
O profesor Marco García Quintela aclara
que Xúpiter é o deus dos ceos, dos trebóns, o equivalente a Zeus, polo
tanto é normal que sexa a montaña a canle de comunicación con el,
encubrindo, en moitos casos, divindades anteriores. O culto romano a
Xúpiter estendeuse polo territorio a partir do século II d. C., pero
neste caso hai unha salvedade, non é o mesmo atopoar unha inscrición nunha ara en aldeas romanizadas do fondo dos vales
que neste tipo de espazos remotos, nos que hai un contexto especial. A
inscrición IOVI, ademais da citada de San Cibrán de Las, ten paralelismo
con outras inscricións dedicadas a deuses indíxenas do noroeste e mesmo
estatuas. A García Quintela lémbralle directamente ás epígrafes DIVI de Campo Lameiro. Trátase de dúas inscricións sobre pendos que miran o val e que foron publicadas polo propio
profesor e Manuel Santos Estévez no ano 1998. As inscricións amosan unha
palabra, DIVI, "Aos deuses", que como noutras ubicadas no norte de Portugal están escritas en horizontal, para ser lidas dende arriba, como se fosen ofrecidas directamente para que as leran os deuses. Continúa Marco García Quintela que pon de manifesto o seu carácter especial xa no seu tempo, nunha época que a escrita era excepcional en Galicia, e ela mesma podía ter un carácter sagrado. Eiquí obsérvase tamén este factor: a ofrenda a Xúpiter podería ser a escrita do seu propio nome. A presenza romana nesta zona de Navia de Suarna debeu de ser moi importante. A uns 2,5 quilómetros atópase o campamento temporal de época romana da Recacha. Hai uns anos uns veciños de Murias amosáronnos varios muíños circulares, tamén romanos, que atoparon en dúas leiras ao arar a terra situadas a uns 800 metros da inscrición. E non moi lonxe da Pena de Murias (a uns 600 metros en liña recta) tamén está o afloramento rochoso coñecido como a Pena dos Garabatos, clara referencia a algún tipo de gravados que, aínda que polo de agora non demos localizado, as informacións orais que recollemos falan de símbolos e letras insculpidos. Cómpre lembrar que só nos concellos de Navia de Suarna e Cervantes documéntanse máis de 120 explotacións mineiras de época romana, a maioría destinadas á extracción de ouro, máis da metade situadas nas inmediacións da Vía Romana XIX.
Explotación mineira aurífera de Pedras Apañadas: A análise máis detallada desta explotación foi a realizada por Enrique López Fernández. Outra mina ben documentada é a da Pena Furada, entre o Alto do Acevo e o Chao de San Martín. Tamén a de Acevedo, en Castelo, a 700 metros de altitude.
Vía romana Lucus Augusti-Lucus Asturum: A vía partiría de Lugo, atravesaba a comarca da Fonsagrada e proseguía polo Alto do Acevo, castro do Chao de San Martín, Grandas de Salime e Lucus Asturum (Lugo de Llanera, Asturias). Segundo Sanz Taboada pasaría por Fornaza (A Fonsagrada) e Vilarmeor (Negueira).
OUROL
Ara aos Lares Viais de Casas Vellas (Miñotos):
Atopada no muro dunha leira, a carón do camiño real. Tres foculi na parte superior. Atópase no
Seminario de Estudos Terra de Viveiro: "(L)A(ribus) (V)I(alibus)
P(osuit)/(FLA)VI F(ilius)/(E)X V(oto)", ("Aos Lares Viais, o fillo de
Flavius puxo (este monumento) por unha promesa").
Estela de Ponte da Torre (Xerdiz):
Do século III d. C.: "CALVTIAE F(ilia)/SEVERINI/SEGVIA
AN(n)O/RVV(m) XXIII(viginti trium)", ("Eiquí xace Seguia, filla de
Calutia e esposa de Severinus, morta á idade de 23 anos"). No
Museo Provincial de Lugo.
Restos calzada (Miñotos).
OUTEIRO DE REI
Ara
ao deus Lucoubu (Sinoga-Santa
Mariña): Hai autores que sitúan o achado en Rábade cando en
realidade foi en Outeiro de Rei. Atopada no ano 1909 por Ángel del
Castillo como apoio dunha fiestra da
casa D. Ángel López de Castro.
O
erro de ubicación débese a que cando a publicou Martínez Salazar
no Boletín da Real Academia da Historia (1910), di que apareceu "en
la aldea de Sinoga, parroquia de Rábada". Ángel del Castillo levouna para A Coruña onde foi adquirida
pola Academia de Belas Artes. Lese:
"LVCOVBV/ARQVIENI/SILONIVS/SILO/EX VOTO", ("A Lucoubus
Arquienis, Silonius Silo (puxo este monumento) por unha promesa").
No
Museo do Castelo de San Antón da Coruña.
Ara de Vicinte:
Atopada no ano 2012 no lugar de Bustelo, utilizada como calzo nun valo que pechaba unha
leira; foi descuberta polo propietario Manuel Miranda que, a través do
seu fillo Bieito Miranda, estudante de Historia da Arte, entregouna para
o seu estudo. Trátase dunha peza de boa factura onde se le:
"DEA/NA/VE", clara alusión á deusa Navia onde non figura o dedicante. No Museo do Castro de Viladonga.
Acevedo (Aspai): Apareceron tégulas, ímbrices, cerámica común e terra sigillata.
Graphum (Guillar): Vázquez Seijas, no Boletín da Comisión de Monumentos de Lugo (1948), fala dun graphum de bronce descuberto por un labrego ao arar a terra no castro de Tourón. O graphum ou
estilo, dunha soa peza, mide 15,5 cm. Utilizábase para escribir en
taboíñas enceradas ou de barro. Dábaselles a denominación xenérica de graphium. Atópase no Museo Provincial de Lugo.
Tégulas: En Santa María de Cela.
Castelo de Picato (San Lourenzo de Aguiar).
Castro
de Tourón (Guillar): Atopáronse ladrillos e fragmentos cerámicos de
época romana. No ano 1933, ao arar unha finca, produciuse un afundimento
do terreo, aparecendo vestixios dunha construción e canles que poderían
corresponder a tuberías para saír o fume duns fornos de coccións.
Villae (Vilela).
No lugar de Peneiro
apareceron tégulas, ímbrices, cerámica común, cravos e dúas tumbas de
inhumación con basamento de tégula datadas entre os séculos IV e VI.
PALAS DE REI
Ara (Curbián): Foi descuberta
no ano 1952 polo sacerdote e escritor nado en Sarria Francisco Vázquez
Saco. Atopouna nunha cociña transformada en corte na
reitoral de San Martiño de Curbián. Publicouna en colaboración co
historiador Manuel
Vázquez Seijas en Inscripciones romanas de Galicia II. Provincia de
Lugo. Lectura: "BANDVE B/OLECCO/SVLPICIVS / SINCERVS C[---]/V(otum)
S(olvit)
L(ibens) M(erito)", ("A Bandua Bolecco. Sulpicius Sincerus C[---] cumpriu
de bo grado o voto que fixera"). Atopábase na Casa
Reitoral en estado total de abandono tal como puiden comprobar o 4 de
febreiro de 2023 (as fotos saqueinas a través dunha ventá).
Comuniqueillo ao Servizo do Patrimonio Cultural en Lugo para que a puxeran en valor. No mes de abril, Patrimonio autorizou o traslado da ara para a súa restauración. O día 19 de xuño presentouse no Museo da catedral onde permanece exposta.
Ara (San Xusto da Repostería): No interior da igrexa hai unha pía de auga bendita con decoración que apoia sobre unha máis que probable ara romana con restos de inscrición moi deteriorada. Na segunda liña semella verse a inscrición "IOV" en referencia ao deus Xúpiter.
Restos calzada (Portos-Lestedo).
Mansión de Ponte Martiae: Citada no Itinerario de Antonino, na vía Lucus-Iria.
Tamén aparece citada no Itinerario de Barro. Nicando Ares cre que
podería situarse na Ponte Ferreira, aldea da parroquia de Ferreira de
Negral, onde está a ponte romana dun só arco. Hai autores que ubican
esta mansión na ponte de Meixaboi (Guntín de Pallares).
PANTÓN
Augas termais (Augas Santas).
Villae de Castillón:
Atopáronse columnas, cerámica, pezas metálicas, mosaicos, un complexo
termal, aras, etc. Todos os datos apuntan a que foi unha mansión viaria
dunha vía secundaria que unía Montefurado con Folgoso do Courel coa vía
Lucus-Bracara por Ourense. Algúns investigadores relaciónano con
Dactonio, a capital dos Lemavos, citado por Hidacio e nas Táboas de
Barro de Astorga. As primeias noticias datan do século XVI co achado
dunha praca funeraria na igrexa de San Vicente. Escribe Castellá Ferrer
no 1610: "Cerca de esta Yglesia adonde se halló este marmol estavan
unos Castillos antiquísimos, algunos dizen eran tres, otros cinco, de
los tres parecen las ruynas, e por esto llaman a este lugar Los
Castillones". E Ceán Bermúdez (1832): "San Vicente de los
Castellones (...), construida sobre las ruínas de otro edificio romano
que pertenecía a la región de los lemavoros". Dado a coñecer nos
anos vinte polo cura de Vilar de Ortelle Ramón Castro López quen achega
importantes informacións, identificando, primeiro, o castro de
Castillón, preto do asentamento romano. Foi no ano 1912 cando descubriu
unha necrópole ao ampliar o cemiterio de Santiago; e cando se facía un
burato para plantar unha árbore fronte a igrexa de San Vicente descubriu
unha sepultura cunha cabeza de pedra granítica no interior. Foi
escavado por Chamoso Lamas e Alonso del Real nos anos trinta, e por
Felipe Arias nos anos oitenta. Datado entre o século I e V d. C., as
necrópoles que saíron á luz son posteriores. Trátase de dúas necrópoles,
unha próxima á igrexa de Santiago e outra á de San Vicente que foron
reutilizadas a comezos da Alta Idade Media, séculos VI e VII. Ata o
presente nunca houbo acordo canto á interpretación do xacemento,
considerándoo como castro, vila ou mansión viaria, ou unha mestura de
todos, se ben o máis verosímil é interpretalo como vila, que non resulta
contraditorio coa opción dun pequeno aglomerado romano viario (F. Pérez
Losada, 2002). A pesares de ser un dos sitios arqueolóxicos de época romana atópase nun estado total de abandono.
Epígrafes de Castillón:
Unha inscrición documéntase no século XVII (ano 1610) na igrexa de San Vicenzo de
Castillón, perdéndoselle a pista a finais do século XVIII, cando o
párroco, Gabriel Antonio Lago (falecido no 1802), a saca do templo onde
permanecía debido a unha desputa entre el e os propietarios da lápida
que pagaban unha renda de tres ferrados anuais polo mantemento da súa
sepultura situada ao pé da lápida. Perdida. Transcrita por Castellá Ferrer (1610): "D(is) M(anibus)
S(acrum)/VALERIAE FLORINAE AN(norum) XXIII/POMPEIVS/LVPVLVS/VXORI
PI/ENTISSIMAE", ("Consagrado aos deuses Manes, Valeria Florina morta á
idade de 23 anos. Pompeius Lupulus (fixo este monumento) para a súa muller
piadosamente". Na casa dos propietarios do xacemento, unha inscrición
sobre granito di: "CIAD", ademais dunha anepígrafe atopada no ano 1982
preto do primeiro hipocausto, que presenta unha cara preparada para o
que ía ser o campo epigráfico. No mesmo ano apareceu outra epígrafe coa
lenda: "[---] ENT(i)A DVROTA [---]/[---] I ET FAMILIAE [---]", que
aparentemente semella o nome dunha muller (Entia Durota?) que tamén
puidera ser unha divindade. A mediados dos anos cincoenta do pasado
século XX apareceu unha epígrafe, custodiada no Museo Provincial de Lugo,
que di: "C. AMO", quizais identificado co nome indíxena Camo ou Camalus.
Ara aos Lares Viais (Castillón): Atopada no ano 1958: "LARIB(us)/VIA(libus)/IVLIV(s)/V(otum)
S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Aos Lares Viais, Iulius cumpriu de bo
grado o voto que fixera"). Decorada con tres focus aliñados.
Ara aos Lares Viais (Castillón): Ingresou no Museo Provincial de Lugo no ano 1974, procedente das inmediacións da igrexa de San Vicente: "LAREBVS/VIALIBVS/CL(audius) GAVCE/ASCRIER/VS VERENN(i
filius)", ("Aos Lares Viais, Claudius Gauce Ascrierus, fillo de
Verenus"); na parte superior conserva un focus. Ares Vázquez non
desbota unha orixe xermana do adicante relacionado, no canto de
Claudius, con Clotius ou Cloutius. Repárese na variante gráfica, Larebus Vialebus por Laribus Vialibus.
Inscrición: No Museo Provincial de Lugo consérvase
unha inscrición que en principio leuse "DIVV"; pero Nicandro Ares di que
si se xira 180 grados poderíase ler "CAMO", considerando que sería a
lectura máis razoable, e forzando a hipotética existencia doutras letras
podía levar a CAMALO.
Lámina metálica de Castillón: No Museo Provincial de Lugo consérvase unha praca metálica que no ano 1990 formou parte da exposición Bronces Romanos de España
celebrada en Madrid. Os traballos de restauración, conservación e
montaxe da peza previos foron levados a cabo por Carmelo Fernández
Ibáñez e Fernando Carrera. Trátase de seis fragmentos dunha lámina ou
cinta ancha que semellan corresponder con algún tipo de aplique, quizais
a cubrición metálica dun cinto, se ben o máis probable é que se
corresponda co forro decorado dalgún tipo de arca ou cofre. Para a súa
decoración empregouse a técnica do troquelado en frío. Entre os gravados destacan tres bustos, un feminino e os outros masculinos, créndose que se pode tratar de divindades.
Estela bifronte (Seoane-Atán): Descuberta no ano 1901 nunha terra de labor. Presenta relevos polas dúas caras. Fracturada por todas partes, agás pola dereita. Segúndo Rodríguez Colmenero debeu corresponder ao corpo medio da estela, perdéndose o resto onde iría a inscrición.
Estela de Severus (Atán): Figura humana mutilada pola cabeza; debaixo das mans represéntanse dous caldeiros.
Estela: No ano 2001 deuse a coñecer unha estela que estaba agochada na casa dun veciño e que foi mercada pola Xunta de Galicia.
Estelas discoideas
(Castillón): Chamoso Lamas e Alonso del Real atoparon unhas estelas
discoideas nunhas tumbas da necrópole gravadas con cruces. A aparición
destes símbolos cristiáns nunha necrópole cuxas tumbas eran de época
romana abría un novo campo de coñecemento na arqueoloxía do NO
peninsular xa que non se atoparon outros elementos posteriores á
romanización.
Pezas varias en Castillón:
Estaban na casa do señor López Suárez quen llas amosou a Chamoso Lamas,
reutilizadas para rematar o exterior dun forno (basas, fustes, muíños
de man, unha cornixa decorada...).
Miliario: No castro de Castillón, fronte a capela, atópase un miliario anepígrafo.
Ponderais (Castillón):
Consérvanse no Museo Provincial de Lugo. O peso dos dous ponderais (pondus),
feitos en cuarcita, coinciden co valor da libra romana. Nun lese:
"XXX/IIII (triginta quattuor librae)/S?" ("Trinta e catro libras?"); No
outro: "XXXX (quadraginta librae)" ("Corenta libras"). Un foi exhumado por Vázquez Saco.
Relevo de Atán:
Datado no século I d. C., foi atopado no ano 1990. Trátase dunha estela
bifronte (esculpida polos dous lados) con representacións de figuras
humanas sentadas vestidas con toga e homes con escudos montados en
cabalos; na parte inferior están labradas as figuras dun xabaril e
doutro animal semellante a unha lebre. Perdeuse o corpo superior e
inferior que é onde iría a inscrición.
Moeda: De César, en Castillón, acuñada en Zaragoza no ano tres da nosa era.
Dactonium:
Citado nas Táboas de Astorga, por Ptolomeo (s. II d. C.) e por Hidacio
(s. V d. C.). Ptolomeo di que é a única cidade existente no territorio
dos Lemavos. Aínda que non existen dúbidas canto á súa ubicación na
Terra de Lemos e que Dactonio foi capital da civitas Lemavorum, si as
hai no tocante á localización do asentamento. Se ben é certo que non
falta quen o sitúe en Castillón, a tradición lévao para o monte de San
Vicente do Pino, en Monforte, citado en documentos medievais como
castrum Actonium ou Luctonium, onde logo se ergueron o mosteiro bieito e
o castelo dos Lemos, lugar estratéxico que domina o val de Lemos, cunha
configuración topográfica inmellorable para construír un gran castro
que logo sería romanizado. Os distintos investigadores sempre lle
apuxeron o atranco para desbotar a ubicación de Dactonium neste monte á
falla de vestixios castrexos ou romanos, teoría que cómpre reconsiderar
pola descuberta no 2007 dun asentamento galaico-romano, traballos que,
incomprensiblemente, están parados dende hai anos.
Restos cerámicos e tégulas na Torre do Castro (Espasantes).
PARADELA
Ara a
Cohvetene (Loio): Atopada no ano 1929, nunha viña xunto con máis restos arqueolóxicos, entre outros unha pía de auga bendita, unha
sepultura antropoide e dúas cabezas humanas de época castrexa, preto do
que foi mosteiro de Ribaloxio, berce da orde de cabalería de Santiago da
Espada, á que segundo Amor Meilán deu orixe aos Cabaleiros Cambiadores. É
do século II d. C.
Lectura: "CVHVE(tene)/BERRAL/OCECV/EX VOTO/FLAVIVS/VALERIA/NV(s)", ("A
Cohovetene Berralocecus. Flavius Valerianus, por unha promesa"). Brouza
Brey traduciuna como: "Flavio Valeriano cumpriu este voto á deusa
Convetena do pobo de Berralo". O investigador rumano Scarlat Lambrino
sostén que Convetena non é divindade importada, como di Monteagudo,
senón galaica. No Museo Provincial de Lugo.
Castro de Barán: Dúas moedas de Constantino II.
Epígrafe de Barán: "CAMAL (?)". No Museo Provincial de Lugo.
O PÁRAMO
Campamento do Monte dos Trollos (Monte dos Trollos-San Mamede da Ribeira): Planta irregular dun recinto romano de carácter temporal. As estruturas máis recoñecibles son as defensas perimetrais. Sobre o terreo apréciase a existencia dun parapeito de terra así como dun foxo exterior que nalgúns puntos supera o medio metro de profundidade. Os esquinais do recinto serían de forma rectangular redondeada. O sector sur veuse afectado recentemente. A superficie total sería dunhas 7 ha. Na fotografía histórica apréciase no sector sur a existencia doutro aliñamento, actuando a modo de bracchium (brazo), que permitiría pechar o espazo existente entre o límite sur do campamento e o borde sur da meseta sobre a que asenta. A construción dunha estrada e a parcelación dos terreos destruíron as defensas no seu sector meridional, algo que lle tería acontecido ao posible anexo. Un camiño forestal aproveitou o foxo máis occidental. Podería tratarse dun campamento temporal de época romana (castra aestiva) utilizado polas lexións romanas durante a conquista de Galicia. Información extraída de patrimoniogalego.net.
A PASTORIZA
Estela funeraria do castro das Coroas ou das Croas (Reigosa): Anepígrafa. Atopada no ano 1973, xunto con muíños circulares e naviformes, anacos cerámicos, etc. Apareceu en dous anacos ao realizar labores agrícolas. En caliza, ten unha altura de 102 cm. O corpo está decorado con incisións de liñas e aspas, círculos para os ollos, triángulo para o nariz e unha liña para a boca que enmarca toda a cara. Século III d. C. Publicada por Arias Vilas en Unha estela antropomorfa do castro de As Coroas de Reigosa (Pastoriza, Lugo).
Bretoña:
Nas escavacións de debaixo da igrexa realizadas por Chamoso Lamas
saíron á luz restos dunha primitiva igrexa que, segundo o seu escavador,
foi fundada polos bretóns no século VI e logo destruída polos árabes a
principios do século VIII. Mais a presenza de materiais de época romana
amosan a posibilidade de que, en principio, fora unha vila tardorromana
e que as tumbas que apareceron foran reutilizadas con posterioridade.
Moedas: En San Cosme de Piñeiro apareceron varias moedas romanas (denarios).
PEDRAFITA DO CEBREIRO
A POBRA DO BROLLÓN
Calzada na ponte da Labrada (Barxa de Lor).
Campelo (Barxa de Lor): Documéntase a utilización do ruina montium.
Mina do Medo (A Lama-Barxa de Lor):
Explotación mineira de ouro aberta sobre terrazas aluviais de arxila.
Trátase dunha escavación alongada formada por dúas pequenas fonduras
xustapostas e abertas polo sistema de ruina montium. A auga para a
explotación traíase dos ríos da Barxa e do Val por canles e depósitos
dos que non se ven pegadas. Tamén forman parte do complexo mineiro da
Lama as minas de Liñares, O Foxaco, O Libiado, A Labrada, A Ponte e
Carballeira, todos de difícil localización. Aos pés da corta érguese o
castro da Lama.
Explotacións mineiras: As Alvarizas e A Fragua (Abrence); O Foxazo (Barxa de Lor); Os Broncelos e A Mina (A Veneira de Roques-Ferreiros), A Boca (Liñares).
POL
Ara
(Bouzoá-Silva):
Lectura: "LARI(bus)/VIAL(ibus)/EX VO(to)", ("Aos Lares Viais por unha promesa"). No Museo do Castro de Viladonga.
Calzada: En Fonfría, parroquia de Silva. Non quedan restos.
Campamento romano do monte Ventín: Temporal. De grandes dimensións, ten forma de naipe irrregular. Ten preto de 14 hectáreas. Puido acoller entre 6.000 e 8.000 soldados.
Mosaico da vila romana de Doncide
(Silva): Atopado cando a ampliación dunha estrada. Consérvanse dous
fragmentos que terían como función servir de pavimento dun cuarto dunha
vila de época tardoimperial na que se descubriron restos de canles e
tubaxes pertencentes, posiblemente, a unhas termas. Ademais do mosaico
atopáronse tellas e outros restos.
Restos campamento (Andión).
Vestixios explotación mineira aurífera (Arcos de Frades).
Castromaior: Apareceron 11 denarios de prata. No Museo das Peregrinacións de Santiago.
QUIROGA
O Crismón de Quiroga: Ao final das fotos, pequena achega sobre a historia do Crismón.
Canle romana do Mondón:
Canle que captaba a auga do río Xares ata unha explotación aurífera
situada en Vilarnuide, no concello de Quiroga. Unha obra de enxeñería,
en parte sobre cantís de grandes pendentes, e que leva auga que
transcorre a media ladeira, pola marxe dereita do río, dende riba da
presa de Santa Olaia ata á Portela de Portomourisco, en Petín, onde se
interna na conca do río Sil. Desaparece nun gran treito por terreos
agrícolas, e aparece de novo por debaixo do lugar de Seadur, xa no
concello de Larouco. Conserva trazas da súa estrutura a través do seu
percorrido, coma as grandes rochas cortadas e muros de contención para
asentar oleito. A lonxitude sería duns 14 km. (Información de Elixio
Vieites).
Minas auríferas: De Covas e Parada (Augasmestas), Albaredo, Ermidón, Montefurado, San Miguel e Veiga (Montefurado), da Barca de Mancebido, Cereixal e Espandariz (Nocedo).
Outras Minas: De Barxa, Castí, Conceado, Freixeiro, Margaride, San Pedro e Santa Andrea (Quintá de Lor), Caspedro e Quiroga (Quiroga), da Seara e Vieiros (A Seara), da Cabeza, Sequeiros e Vilanuide (Vilanuide).
Penadominga: Apareceron uns botóns que estarían relacionados coa indumentaria
persoal, dúas fibelas, unha semicircular e bordo dentado, e outra
cadrada, case trapezoidal.
Tesouriño de Penadominga: Preto dun cento de follis do s. IV, das dinastías Constantiniana (306-363 d. C.) e Valentiniana (364-392 d. C.). O exemplar máis serodio é unha moeda do emperador Arcadio (383-392) da dinastía Teodosiana. Tamén apareceu un exemplar que representa á emperatiriz Helena (Flavia Iulia Helena, 292-329 d. C.), nai de Constantino I. No tesouriño inclúese un denario de Marco Aurelio (161-180 d. C.); foi atopado no 1950 por un veciño do lugar, xunto con materiais tardorromanos aparecidos en Bendollo e Penadominga.
Túnel de Montefurado ou Pena do Corvo:
É o principal elemento dun enorme complexo mineiro ideado pola
enxeñaría romana consistente en desviar o curso do río que, dese xeito,
quedaba libre para recoller do seu leito desecado e areoso as pebidas de
ouro que arrastraba a corrente. Construído no século II d. C., tiña 120
metros de longo (o derrubamento provocado por unha enchenta do río no ano
1934 reduciuno a 50 metros) e 20 metros de ancho. Existen planos de que sobre o túnel se construíu unha atalaia de vixiancia da que non quedan restos. No
diario escrito por Diego de Guzmán, capelán de Felipe III, consérvase o
relato da súa peregrinación a Santiago de Compostela polo Camiño de Inverno, detallando o seu regreso; xunto coa abade de San Clodio de Ribas de Sil, Alfonso de Solís, visitaron o Túnel de
Montefurado para admirar a extraordinaria obra de enseñería feita polos
romanos coa finalidade de estraer o ouro do río Sil.
Túnel do Peno Furado, mina e lavadoiros (O Soldón-Montefurado).
Túnel de Penafurada (Paradaseca).
Castro de Augasmestas: Sobre o castro construíuse unha igrexa. Romanizado, atópase moi estragado.
Castro de Ermidón: Castro romanizado situado xusto por riba da boca do túnel de Montefurado.
O Crismón de Quiroga
O
coñecido como Crismón de Quiroga atopábase servindo de mesa de
altar na igrexa de Nosa Señora da Ermida, no concello de Quiroga. No
ano 1877 foi trasladado para o Seminario de Lugo, e no 1925 para o
Museo Diocesán.
Un
Crismón é o anagrama de Cristo formado polas letras xi
(X) e
rho
(P)
maiúsculas, entrenzadas e superpostas, que son as dúas iniciais do
nome de Xhristos
en grego. Adoitan ir acompañadas do alfa e omega, primeira e última
do alfabeto, facendo alusión ao texto bíblico "Ego
sum alfa et omega"
("Eu son o principio e o fin").
Nalgunhas
representacións crúzanse as dúas letras cunha liña horizontal que
formaría o T e engádese o S na parte baixa do pau vertical do P,
para indicar o S final do nome. A algúns crismóns engadíanselle
representacións de animais ou vexetais (leóns, serpes, osos,
flores...), acompañados por unha inscrición. Na Idade Media tamén
se poñía o Crismón como sinal e inicio de certos textos
liturxicos, indicando o principio e o fin aludindo a Cristo.
Un
dos primeiros investigadores en ocuparse do Crismón de Quiroga foi
Ángel del Castillo (1886-1961) nun Boletín da Academia Galega.
Trátase dun gran disco de mármore gris veteado, pode que
proveniente das canteiras do Incio, de 95 centímetros de diámetro e
6 centímetros de grosor, cun peso duns 100 quilos. Unha das caras
está traballada en baixorrelevo, mentres que a outra non está
labrada. Na cara tallada representa un monograma coas letras alfa e
omega colgando das súas aspas (Cristo como principio e fin de todas
as cousas), e un bordo con dúas orlas de puntos cunha inscrición no
medio onde se le: "+ AVRVM VILE TIBI EST ARGENTI PONDERA CEDANT
PLVS EST QVOD PROPIA FELICITATE NITES" que, seguindo a Ángel
del Castillo, podería traducirse como "O ouro é vil para ti,
as riquezas de prata abátense, máis é o que brillas pola túa
propia felicidade". Por unha parte invoca a Cristo e pola outra
comina a rexeitar as riquezas materiais en favor da felicidade cristiá.
Segundo
as características da peza e da propia inscrición, a maioría dos
autores dátana en torno ao século IV ou principios do V d. C. (o
arqueólogo alemán Helmut Schlunk dálle unha cronoloxía entre o
420 e o 450) polo que, xunto coa tapa de sartego da igrexa de Santa
María de Temes, en Carballedo, podería tratarse dunha das
representacións máis antigas do cristianismo en Galicia.
Canto
á súa función orixinal críase que sería feito para estar
encaixado na parte visible da igrexa. Segundo Jaime Delgado Gómez
(1933-2012), o Crismón formou parte dun mausoleo erixido en honra
dalgún nobre romano convertido ao cristianismo. Dedúcese que se
trataría dunha persoa rica pero virtuosa. Tamén
hai quen conxectura que podería tratarse dunha mesa ritual con fins
adivinatorios, unha especie de ouija,
pero si foi usado para outras funcións non deixan de ser
especulacións polo que en principio é un magnífico crismón
cristolóxico utilizado, segundo as interpretacións máis recentes,
como mesa de altar que evidencia a presenza no lugar de cristiáns
cultos. O que si existía era o costume de limar o bordo do Crismón
porque se cría que posuía propiedades milagreiras.
A
igrexa de orixe románica da Ermida, do século XII, foi construída
sobre un castro. Consérvanse outras pezas de mármore como dúas
basas, unha praca e dous capiteis de orde corintia, datadas na
primeira metade do século V, o que permite pensar na existencia dun
importante núcleo ou igrexa paleocristián vencellados a
asentamentos tardorromanos desta rica zona aurífera. Existe a
tradición de que a imaxe da Virxe apareceu entre os restos dun
templo máis antigo que se levantaba nas inmediacións.
RÁBADE
Ara de Sinoga: Erradamente, esta ara figura en moitos traballos como atopada en Rábade cando en realidade foi en Outeiro de Rei. O erro tamén figuraba na cartela do Museo do Castelo de San Antón da Coruña, onde está exposta; no mes de marzo de 2019 o erro xa foi corrixido. (Ver Outeiro de Rei).
Miliario: Aínda que Marcelo Macías (Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense, xaneiro-febreiro 1912) di que un miliario foi atopado preto de Rábade, no mesmo Boletín de maio-xuño dese ano rectifica, acertadamente, e di que apareceu en San Roman da Retorta. Erro que tamén advertín a principios do ano 2023 no Museo de los Caminos de Astorga a quen enviei un correo electrónico para que o subsanen. (Ver Guntín de Pallares).
RIBADEO
Praia de Esteiro:
Forno de cerámina romana que foi practicamente destruído polos
temporais que afectaron á zona nos primeiros meses dos anos 2014 e 2016. Agora só
quedan pequenos restos. O colectivo Mariña Patrimonio promoveu un proxecto que non foi aceptado pola Xunta de Galicia.
RIBAS DE SIL
Basa de columna: O día 17 de setembro de 2016 localicei a basa dunha columna romana nunha casa da aldea de Relosio. Explotación mineiras: Do Barreiro (Nogueira), da Moa e Peites (Peites), Figueiredo e Piñeira (Piñeira), Rairós (Rairós), San Clodio (San Clodio, A Eira da Torre ou Medoña de Soutordei (Aldea-Soutordei).
Inscrición: "TER(minus)".
Inscrición: "]VI IPOA".
Serra da Moá: En outubro de 2011 descubriuse unha mina de
época romana datada, probablemente, entre os séculos I e II d. C. A
existencia do túnel só era coñecida polos veciños que en tempos
aproveitaban as augas dun manancial para consumo propio e para regar. O
lugar foi localizado por Carlos Rueda e José Ferreiro quen se puxeron en
contacto co arqueólogo Iván Álvarez que foi quen identificou a galería
como unha explotación mineira. O túnel, duns 130 metros de lonxitude,
adéntrase na serra. Nas paredes poden verse uns ocos que deberon servir
para colocar a iluminación para os traballos mineiros. O tramo máis
profundo da mina está cegado por un derrubamento nun momento imposible
de determinar, polo que non hai forma de saber se a escavación se
adentraba máis na montaña.
Os Cófaros (San Martiño de Peites): Explotación aurífera localizada polo profesor Manuel Cao, no límite coas terras de Trives e Ribas do Sil. No ano 2012 chamoulle a atención a gran cantidade de pedra de cuarcita branca diseminada pola zona a carón dun socavón de orixe artificial de considerables dimensións. A explotación ten forma de cuña que aproveitaba unha banda de cuarcita que atravesa o concello de Ribas do Sil, cunhas medidas de 220 metros de lonxitude e unha anchura de ata 120 metros. Nas inmediacións acumúlanse gran cantidade de estériles ou muradellas (cantos rodados), produto do arrastre e lavado do material. Cóntase que na parte máis baixa do cauce dun pequeno regato, hoxe seco, que pasaba pola zona e que desembocaba no río Bibei, localizáronse pilóns e lavadeiros utilizados no proceso de lavado do ouro. A explotación a ceo aberto foi realizada sobre un xacemento primario entre os séculos I e II d. C.
O Covallón:
A uns 200 metros da anterior hai unha ducia de explotacións auríferas a
ceo aberto de época romana que non estaban catalogadas, aínda que si se
sabía delas. Existe un proxecto por parte dunha empresa para realizar
sondaxes e mirar a súa rendibilidade. A mina foi sinalizada como lugar
de interese histórico e cultural coa axuda do consorcio turístico da
Ribeira Sacra. No seu momento, a Dirección Xeral de Minas xa instalara
unha cerca protectora coa finalidade de prever accidentes.
Posible
explotación mineira na Serra de Cabanas, entre San Xoán do Río e
Ribas de Sil:
O
27 de agosto de
2023,
o xeólogo Oscar Pazos de Vigo, os afeccionados Ana Belén Treinta e
Sergio Fernández de A Guarda e os irmáns Iván e Marco Pillado,
veciños de San Xoán de Río, foron na busca
dunha pequena e esquecida mina galaico-romana na vertente norte da
Serra de Cabanas,
entre San Xoán de Río e Ribas de Sil, unha serra ameazada pola
construción dun gran parque eólico. O
obxectivo do día era comprobar a existencia desta mina e poder
solicitar a súa inclusión no catálogo de Bens Culturais da Xunta
de Galicia como xacemento arqueolóxico. Os concellos da beira sur do
río Sil gardan un patrimonio arqueolóxico, natural e etnográfico
extraordinario, mais moi mal documentado e en risco de perderse para
sempre, e nesta altura a ameaza inmediata é un mega-proxecto eólico
administrativamente agochado baixo dous polígonos independentes, o
PE Ventumelo e o PE Treboada. A existencia
na cartografía da zona do topónimo “Furados”
xusto no liñamento entre as explotacións dos Biocos -San Xoán de
Río- e o Burato do Lobo – Ribas de Sil- deu o indicio da posible
mina galaico-romana, e a cartografía de pendentes axudou a localizar
a corta. De
momento non
hai que desbotar a existencia de galerías ou pozos de minaría
subterránea.
Das
explotacións mineiras da Serra da Moá existe coñecemento dende hai
tempo. Mesmo hai unha, a do Boutallón, en Peites, que ata non hai moitos
anos seguía a extraerse ouro. No concello existen unhas 40 minas.
RIBEIRA DE PIQUÍN
Mina de Montefurado (Navallos):
Tras 88 anos sen executar a súa concesión, a Confederación Hidrográfica
do Cantábrico decidiu, o 17 de abril de 2010, someter a
información pública a solicitude de rehabilitación dun proxecto
hidroeléctrico que pretende captar 10.000 litros de auga por segundo do
río Eo. Ademais de afectar á Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de
Burón con importantes hábitats protexidos ao desviar o caudal ao longo
de doce quilómetros, hai que engadir o impacto irreversible sobre o
patrimonio arqueolóxico da zona, como o da explotación mineira de época
romana de Montefurado. No río Eo, os romanos practicaron unha canle para
desviar o río e así recoller o mineral.
Os Cangos (Santalla): Restos de bancos para o lavado do mineral aurífero e fornos para a cocción de tellas.
Necrópole de Piquín (Navallos).
RIOTORTO
Complexo mineiro da Muxueira:
Explotación aurífera formada por tres grandes trincheiras a ceo aberto:
As Grobas, O Palo Ribeiro e A Chousa do Baño. No mes de febreiro de
2015 Adega e Mariñapatrimonio denunciaron que nos
traballos para unha plantación de eucaliptos afectaron á mina da Chousa
do Baño, utilizando maquinaria pesada que tamén abriu unhas pistas
modificando a morfoloxía da antiga explotación.
Cerámica: De época romana no castro de Formigueiros.
Máscara
de terracota: Representación de Dioniso con polos decorados co
que semellan froitos na súa base. As formas da cara apenas se
intúen. Da colección Stutzel, ingresou no Museo Arqueolóxico
Nacional no 1900.
Terra sigillata e moedas no castro de Margarita (Freixo).
SARRIA
Ara: Lectura: "LARIBVS/VIALIVU/S CAES(i)/ANVS", ("Caesianus puxo esta ara aos Lares Viais").
Epígrafe: Lectura: "]/FELICEM/PARENTEM/[---] IUL(io) ET/[---] FILIO".
Calzada
(Betote): Nunha antiga foto que hai no Arquivo Histórico Provincial
vese unha calzada ao seu paso por Betote, hoxe en día desaparecida.
Campamento do Monte da Modorra (A Chá de Santa Marta-Rubín): Recinto cuadrangular lixeiramente irregular e con esquinais redondeados. Identifícase a existencia dun terraplén (agger) que na actualidade se atopa case nivelado. A superficie do sitio sería dunhas 13 ha. Está practicamente arrasado pola roturación do terreo, algunhas áreas están cubertas por piñeiros. Atravesado en parte pola estrada LU-620. Nos anos trinta do pasado século construíuse na Chá un aeródromo militar. Descuberto en setembro de 2014. Trataríase dun campamento temporal de época romana (castra aestiva) utilizado polas lexións romanas durante a conquista de Galicia no contexto das coñecidas como Guerras Astur-Cántabro-Galaicas. (Información extraída de patrimoniogalego.net).
Escultura de Vilapedre (Museo Provincial de Lugo).
Miliario
(Lamarrigueira-Farbán): O miliario atópase deitado no chan, xunto o
muro do peche da casa de don Luciano Tourón situada en Lamarrigueira, a
carón da estrada que vai de Sarria a Monforte. Trátase dun cilindro de
granito fino coa superficie sen puír. Segundo Rodríguez Colmenero et Al. (2004), é un fito importante para afirmar a existencia da vía que o Itinerario de Barro anuncia entre Lucus e Dactonium, sinalando, ao menos, a mansión Aquae Quintiae.
Segundo me contou un veciño, foi atopado ao outro lado da nova vía de
alta capacidade, próximo ao lugar coñecido como A Lagarteira onde hai un
posible castro que dista menos dun quilómetro en liña recta dende
Lamarrigueira. Aínda que non se aprecia ningunha epígrafe, si se poden ver
pequenas coviñas, sucos e un posible "C". Mide 1,60 metros de altura e
0,40 de diámetro.
Relevo de Vilar de Sarria:
Datado no século III d. C. Descuberto no ano 1923 ao realizar labores agrícolas. Atopouse xunto con outras pezas: dous fustes de columna, dous muíños circulares, ladrillos e unha sepultura de lousa. De grande interese pola súa temática e forma de
representación. Trátase dunha peza traballada nas súas dúas caras, que
se interpreta como unha estela funeraria anepígrafe atendendo ás figuras
humanas, un home e unha muller, vestidos que só deixan á vista as mans.
O corte da pedra impide saber se se trataba de figuras enteiras. O
reverso semella compoñer unha escea unitaria que presenta un relevo
bastante deteriorado coa representación central dunha nave dun mastro co
seu aparello e catro figuras a bordo. Por riba, á dereita, unha aguia
de ás abertas como para emprender o voo que se apoia sobre un obxecto
que se interpreta como unha rocha ou un peixe, mesmo unha nube. Baixo o
barco, e centrado, un cetáceo identificado como un golfiñoo a pesares
da curiosa triple aleta central. Esta escea foi interpretada por Castro
Nunes como unha representación do mito de Ulises, en concreto da pasaxe
das sereas, atribuíndolle un carácter simbólico neoplatónico en relación
co transo dos defuntos. No 1946 foi despositada polo Instituto Padre Sarmiento no Museo de Pontevedra.
Terra sigillata e moedas nos castros de Seteventos e Vilapedre.
Villae de Vigo (Vigo-Vilar de Sarria).
Xacemento de Agra de Arriba (Chorente).
Xacemento de Cercas (As Cercas-San Antolín): Estrutura rectangular en xisto da que parte unha canle de desagüe.
Xacemento de Santa Eufemia (San Antolín).
O SAVIÑAO
Aras de Corveixe (Rosende):
Trátase de dúas aras atopadas preto do castro de Corveixe ou Madredauga. Nunha
lese: "IOM/VALERIVS", ("Valerius (puxo este altar) a Xúpiter Óptimo Máximo"). Na
outra, empotrada nun muro: "ARAM/DEDIC [---].", ("Altar dedicado a [---]"). Tamén
apareceron tégulas, muíños naviformes e escouras.
Ara de Vilariño
(Fión): A casa de turismo rural de Torre de Vilariño ten no seu xardín
un fragmento de cornixa dunha obra anterior, labrada sobre unha ara
romana de granito en mal estado de conservación. Foi dada a coñecer por Francisco Hervés no ano 2001. Da epígrafe só quedan as grecas e os verdugóns da
área do capitel nun dos seus lados, quedando o espazo da inscrición na
cara interior da peza que non destruíu as labras da moldura da cornixa: "VALL(ius)/SEVE(rus)/BER(oni) F[---]/(e)X V(oto)", ("Vallius Severus dedicou este altar a Berón para cumrpir un voto que fixera"). Malia o anterior, en Nombres de divinidades locales en el Noroeste español: Revisitando a Mª Lourdes Albertos (2021), publicado en Veleia por María Cruz González-Rodríguez, proponse a lectura "VA++[---]/SEVE[us]/BERO[---]/[E]X [---]", considerando onde se pode ler o nome da divindade Bero, presente no Monte Facho de Cangas.
Estela e ara de Mourelos:
Próximo á ponte romana que salvaba os Cóvados de Belesar atopáronse
unha estela e unha ara. A primeira, desaparecida, coñécese grazas ás
referencias literarias. A ara apareceu nos cimentos da igrexa vella de
San Xulián de Mourelos cando foi levantada para o seu traslado ao lugar
actual. Segundo Tranoy, Le Roux e Arias Vilas, lese: "LOCV/EN ES/ES SIH", que apenas indica nada, se
ben a última liña podería conter unha fórmula funeraria; foi atopada polo cura de Vilar de Ortelle Ramón Castro López, e publicada no BRAG no 1926.
Relevo de Licín:
Peza de mármore, posiblemente do Incio, con decoración en baixorelevo
de posible adscrición altoimperial. Foi atopada polo veciño Antonio
Varela, catedrático de Bioloxía, cando observou a peculiaridade do
relevo e a falla de sintonía coa cantería xeral da igrexa de Licín. A
peza, empotrada nun esquinal da cabeceira, non se pode sacar do seu
emprazamento, mais é facilmente encadrable. Os motivos insculpidos
constan dun xarrón ou crátera do que xurden uns motivos vexetais que
percorren a peza, interrompidos no centro por unha flor. Semella un
resto dun mausoleu ou templo paleocristián.
Beleigán (A
Laxe): Don Ramón Castro López, o cura de Vilar de Ortelle, menciona no
ano 1929 a aparición de varios vestixios, como muíños de man e fustes de
columna, constatados por Cuevillas e Fraguas no ano 1955, que puideron pertencer a unha vila tardoimperial. Non moi lonxe apareceu un sartego antropoide escavado sobre a
rocha, coñecido como o Moimento, se ben semella de cronoloxía Alto
Medieval.
Calzada nos Cóvados de Belesar: Dende as Ribeiras do Miño a Diomondi.
Explotación mineira (Licín): De ferro, utilizada polos romanos pero de posible orixe prerromana.
A Torre
(Freán): Castro López e Florentino Cuevillas citan un forno cerámico
romano que desapareceu, e xarras de barro, unha ola con ósos, pezas de
ferro, etc. O cura de Vilar de Ortelle fala da existencia dun paso subterráneo dende o Castro á Torre.
Xacemento dos Vilares (Fión): López Cuevillas e Fraguas Fraguas (1955) tiveron referencia dun veciño da presenza de ladrillos, tégulas, pedras labradas e muíños circulares.
SOBER
Ara de Quintas
(Liñarán): Na actualidade forma parte da basa dunha columna,
quizais
tamén de orixe romana, situada no peche de bloques de cemento do adro da
igrexa
parroquial de Liñarán. Aparece en posición invertida. No monte de San
Roque existiron, segundo as referencias, dúas capelas adicadas a Santa
Catarina e a San Roque, que é de onde procedería:."LVGVBO/ARQVIENOB(o)/C(aius) IVLIVS/HISPANVS/V(otum) S(olvit) L(ibens)
M(erito)", ("A Lugubo Arquienobo, Caius Iulius Hispanus cumpriu de bo
grado o voto que fixera"). O cognomen, Hispanus, fai referencia á súa
orixe ou á súa familia ibérica, posiblemente da Meseta onde este alcume é
moi común.
Calzada
(Pedride-Proendos): Sáez Taboada cre que podería formar parte dunha vía
que viña de Dactonium, pasando primeiramente por Canabal e proseguindo
por Proendos, Liñarán, Santa Mariña, Castro de Gundivós, Sanmil,
Mourentán e Doade, cruzando o Sil pola ponte de Paradela.
Igrexa de Sober: Catillus e columnas romanas.
Pena do Castelo (Doade): Castro romanizado situado sobre o río Sil. Apareceu material de época romana.
Vila do Agro das Medorras (A Vilerma-Santiorxo): Apareceu tégula e un fragmento de catillus. Moi alterada polo labores agrícolas.
Vila Leira da Viña
(O Taro-Figueiroá): Chaira agrícola e aterrazada. Atopáronse fragmentos
de tégula e pedras de cantaría molduradas ao traballar unha leira.
Vila de Proendos:
Apareceu tégula e cerámica común romana, fragmentos de cubo de columna,
capiteis, basas, epígrafes, restos de canles e evidencias dun
hipocausto. Hai investigadores que sitúan en Proendos o castro
Dactonium, capital da Civitas dos Lemavos. Nos sondeos con xeoradar, realizados por iniciativa do Concello no outono de 2019, localizáronse restos de antigas construcións, detectándose vestixios dun edifcio duns 1.000 metros cadrados e doutras construcións que poden ser de época romana. Tamén se estuda realizar unha reconstrución dixital en tres dimensións e elaborar materiais divulgativos. No mes de xaneiro de 2020, déronse a coñecer os resultados das investigacións realizadas polos arqueólogos da empresa Estela Arqueoloxía. Din que podería tratarse dunha pequena vila agrícola, sen desbotar a existencia dunha poboación secundaria cun complexo entramado urbano. A construción principal, próxima á igrexa parroquial de Proendos, detectouse o que pode ser un hipocausto e un pavimento que podería conter mosaicos. Tamén detectaron unha construción circular que podería tratarse dun columbario (estrutura funeraria semellante a un pombal con paredes con pequenos nichos onde se depositaban as cinsas dos defuntos), algo inédito ata o de agora en Galicia, se ben os arqueólogos non desbotan que se trate dun pombal posterior. No 2021 localizouse un gran hórreo romano que podería ser o de maior tamaño do NO peninsular, cun mínimo de seis patas. Ademais das contrucións romanas, pode haber outras de época medieval (dende os anos 40 do pasado século coñécense sepulturas medievais no cemiterio). Confirmarían estes achados a mítica Proencia? Nun número do Almanaque Gallego do ano 1906, baixo o título Antigüedades de Proendos, recolle que o presbítero Claudio Guitián, veciño de Refoxo, o día 12 de febreiro de 1867 deu ao escritor lucense José Teixeiro y Vaamonde, segundo unha nota atopada entre os papeis deste último vinte anos despois por M. Castro López, que entre a igrexa parroquial de Proendos e o lugar do mesmo nome "existen restos de un mosaico trabajado con piedrecitas de colores, que se descubre con alguna extensión a través del muro. Está en tierra labradía, y se percibe que el mosaico está cubierto con una capa de carbón... La tierra donde está el mosaico es de D. Antonio Guitián y otros vecinos. Cerca de dicha iglesia hay en una heredad un pozo en peña, cubierto por una losa, cuya profundidad es desconocida, y el objeto para que fue abierto".
A Tellada (Gundivós): Fragmentos de tégula e un muíño circular.
No Camiño Real da Abeleda a Francos (Doade): Atopouse un ladrillo de época romana.
Villae de Souto do Chanteiro.
TABOADA
Ara en Vilar (Vilela): Na casa de turismo rural Casa do Romualdo hai unha posible ara galaico-romana.
Castro de Piñeira: Apareceron muíños circulares de man de época romana.
Miliario de Vilar (Vilela):
Localizado por José Manuel Sobrado no ano 2001; anepígrafo, actuaba
como soporte dun hórreo. Segundo información recollida por Rodríguez Colmenero, Ferrer Sierra e Álvarez Asorey (2004),
atopábase tumbado diante da casa dun veciño (a casa do Laxo, coñecida
tamén como casa do Vitorino), sinalando que o seu mérito principal
residía en que poñía de manifesto o paso da vía nun tramo no que non se
coñecían monumentos deste tipo. O cilindro, de granito de gran goso,
medía 1,26 metros de longo e cun diámetro nos extremos de 43 e 48
centímetros respectivamente. Que fale deste miliario en pasado non é
gratuíto. O día 31 de xullo de 2014 achegámonos ata o sitio e
localizamos o que crimos era o miliario citado, tumbado xunto un muro do
peche dunha casa hoxe en día deshabitada (non moi lonxe da devandita
casa do Laxo), un fuste de granito, sen indicio de letras pero ben
executado, cunhas medidas de 90 centimetros de longo e cun diámetro nos
extremos de 37 e 40 centímetros. Aínda que non coincidían as medidas,
lucubramos que podía deberse a un erro ou que posteriormente á súa
descuberta fora manipulado. Mais pouco despois enterámonos por un veciño
de que o miliario atopado no ano 2001 desaparecera, levado por unhas
persoas para non se sabe onde. O cilindro documentado por nós é, tanto
pola súa tipoloxía como pola información recabada, outro miliario
anepígrado que, ao parecer, foi trasladado nalgún momento non
determinado dende as proximidades do castro de Vilela.
Moreda: Debaixo dunha tampa de alcantarilla moderna contáronos que hai unha cisterna escavada na pedra de época romana. Surtía a dúas canles, e outra actuaba de desaugue. Tamén nos dixeron que debaixo da casa reitoral hai un pozo da mesma época.
Pía: De auga bendita da igrexa de San Martiño do Mato que ao parecer pertencía a unha columna.
TRIACASTELA
Castro de San Adrián:
Situado sobre un outeiro, presenta forma ovalada cun terraplén que
delimita todo o recinto. No castro apareceu unha cama de freo (disco de
ferro que vai colocado en cada extremo da boca do cabalo) de época
romana (s. IV-V).
Explotacións auríferas: Na parroquia de Cancelo e en O Valín (Toldaos).
Tesouriño na Cova das Cabras: As escavacións levadas a cabo no verán de 2021 permitiron documentar na Cova das Cabras unha ocupación no século IV d. C. co achado dun tesouriño dunhas 50 moedas romanas de Constancio II e Valentiniano. O lugar, de difícil acceso, indica a intencionalidade do seu agochamento.
O VALADOURO
Tesouriño do Cadramón: No Museo Provincial de Lugo consérvanse 11 moedas que ingresaron entre 1973 1979, entregadas posiblemente por Ricardo López Pacho. No conxunto están representados os primeiros tetrarcas. A tetrarquía era unha forma de goberno imperial composto por dous emperadores (augustos) e os seus herdeiros (Césares).
O VICEDO
Ara: Posible ara reutilizada nun muro da igrexa de Suegos. Non presenta molduras. Na cara á vista ten unha inscrición moi deteriorada.
Castro da Tarroeira: Romanizado, apareceron tégulas, ladrillos e un muíño circular.
VILALBA
Alba:
Ara atopada cando se reconstruíu a igrexa. Desaparecida? A inscrición
dicía: "D(iis) M(anibus)/SERANIE/VICTORI/NA ANNO/RVM LX(sexagimia)", ("Aos deuses Manes. Victorina (filla de) Serania, morta á idade de 60
anos").
Ara a Mercurio (Oleiros): Atopada ao arar unha finca cun tractor. Fragmento de ara consagrada a
Mercurio do século III d. C. "SACRVM/MERCVRIO [---]". Publicada por
Nicandro Ares Vázquez no Boletín da Comisión de Monumentos no ano 1967. No Museo Provincial de Lugo. No lugar apareceron restos cerámicos.
Castro (Gondaísque): Escouras metálicas, fragmentos cerámicos e tegula.
Ladra: Fragmentos de tegula e muros.
O Marco (Boizán): Pezas de muíños circulares, fragmentos de tegula e cerámica.
Pazos (Alba): Muíños circulares, tegula e fragmentos de fuste e columnas de granito.
Quintá (Rioaveso): Atopouse abundante material que se utilizou como firme dun camiño, só se conservan dous epígrafes no Museo de Lugo.
Sa (Insua): Fragmentos de tegula, muíños circulares e obxectos metálicos.
Vilamartín (Rioaveso): Cerámica e un epígrafe adicado a Mercurio.
Vilaragonte (San Simón da Costa): Fragmentos de tégula.
Xacemento de Trastemil (Santaballa): Desaparecido, próximo á igrexa parroquial. Apareceron muíños circulares, cerámica, fragmentos de tégula e un fuste dunha columna de granito.
Museo Arqueolóxico de Vilalba.
Área arqueolóxica de Estebañón:
Na praia de Area (Faro). Ao final do ano 1951, debido aos temporais que
asolaron a costa, deixaron ao descuberto restos dunha vila tardorromana
e outra altomedieval superposta. O daquelas alcalde, Alberto Michelena Rebellón, puxo
en coñecemento das autoridades competentes a noticia do achádego. O
xácigo foi visitado algún tempo despois por Vázquez Seijas que catalogou
os restos de edificacións como unha factoría pesqueira de época romana,
atopando tamén escouras de ferro e restos cerámicos. En novembro de
2010, un temporal desprazou parte dos restos. Os técnicos consideran que
é difícil protexer a parte baixa do xacemento xa que está nunha praia
e, polo tanto, aféctalle a erosión marítima e eólica. O sitio
arqueolóxico atópase en estado total de abandono despois de que o
millonario proxecto de Costas non fose adiante para poñelo en valor,
conseguindo só deteriorar aínda máis o xacemento, ademais de facilitar o
espolio. Nun estudo realizado no ano 2023, coordinado por Antón López, a extensión é superior á coñecida. Segundo a tradición e a lenda, xunto a lagoa de Carrucedo
estaba a vila de Estebañón ou Labañón que unha onda xigantesca destruíu,
sepultándoa para sempre baixo as augas; aínda hai quen cre ver no fondo
da lagúa o campanario da igrexa e escoitar o son das campás. Esta lenda
fixo pensar na existencia de pobos lacustres. A eles referiuse Pascual
Madoz ao afirmar que na lagoa de Viveiro atopáronse vigas e que no porto
se descubriron no 1841 ou 1842 anacos dunha rúa ancha e empedrada.
Moeda: Entre outros, no xornal El Compostelano do 23 de maio de 1927 asegura que en Viveiro, "en las orillas del mar Cantábrico", apareceu unha moeda romana coa inscrición Cauca.
Restos dun asentamento no baixo dun edificio (Viveiro).
XERMADE
Ara inexistente en Pepín-Cazás: Nalgunhas
publicacións lese,
erradamente, que unha ara votiva dedicada aos Lares Viais (deuses dos
camiños) apareceu en Pepín, na parroquia de Cazás, concello
de Xermade.A
ara, gardada
na casa do doutor Antonio Correa,
foi dada a coñecer no Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense
de
xaneiro-febreiro de
1906.
Á
Comisión
facilitoulla o coengo da catedral de Lugo Manuel Lago González quen,
xunto co presbítero Antonio Carreira, interpretaron a epígrafe:
“LARIBV / VIALIB / PLACIDI / NA EX V / OTO PO / SVIT” (“Placidina
fixo esta promesa aos Lares Viais”). O
erro debeuse a
que no Boletín
confunden
a citada
aldea de Pepín coa de Papín, na parroquia de Penarrubia, concello
de Baralla, que é de onde procede. Atópase no Museo Provincial de Lugo
pero non está exposta debido ao mal estado de conservación.; foi
despositada no mes de xullo de 1934 por Isaac
Correa Calderón (1893-1975), irmán de Antonio, médico militar que
despois de ser ferido en África dirixiu varios hospitais de Galicia. (O
noso agradecemento a María Ofelia Carnero, do Museo Provincial de Lugo,
pola achega das fotos).
As Telleiras (Cazás): Xacemento localizado cando as obras do gasoducto no tramo Vilalba-Valga. Vidal Rodríguez atopou anacos cerámicos, algúns con decoración, e tella.
Villae (Vilar da Graña-Roupar): Foi localizada nos anos setenta do século pasado debido aos labores agrícolas, se ben con anterioridade xa aparecera algún resto. Foi escavada parcialmente por José Vidal Rodríguez. Atopáronse fragmentos cerámicos, tellas, tégula, ímbrices, ánforas, escoura de fundición, muíños, útiles de ferro, etc. Pero cabe salientar unhas estruturas relacionadas cun complexo termal: dous arcos dun hipocausto, escaleiras de acceso a unha piscina, un muro que podería pertencer a unha canle que abastecería o recinto e tubos de canalización o que indica que pertencía a unha persoa de elevado poder económico. A maioría dos materiais atópanse depositados no Museo de Arqueoloxía Vilalba e no Museo Provincial de Lugo, e tamén en casas particulares. A tradición falaba de que no sitio había un pobo afundido.
Xabier Moure
Romanización de Galiza/Galicia (Provincia de Lugo)
o noso patrimonio