No blog achego arredor de 900 inscricións galaico-romanas e romanas repartidas polas catro provincias galegas (aras, estelas, miliarios...). A gran maioría están localizadas en museos (onde non todas están expostas), algúns de fóra de Galicia; outras vémolas reutilizadas tanto no exterior coma no interior de igrexas e capelas (pola mingua de actos relixiosos, en casos poden pasar meses e incluso anos para poder ver as que se atopan no interior); e tamén as situadas no exterior de edificios particulares. A non poucas resulta complicado (ou imposible) acceder por estar agochadas polos seus “propietarios” (as coñecidas polas autoridades en materia de Patrimonio, quizais sería necesario ditar medidas para que se poidera exercer un control periódico sobre as pezas. Por se acaso). Tamén se dan casos dalgunhas publicacións (boas publicacións) que duplican unha mesma peza, situándoa en lugares ou concellos distintos ou dándoa, erradamente, por perdida. Pero tamén achego 157 das que só se ten coñecemento por referencias bibliográficas, unhas máis completas ca outras (en ocasións achegan a epígrafe e debuxos ou fotos) pero, na maior parte dos casos, danse por perdidas o que non quita que, como acontece ás veces, alguén as redescubra.
A continuación achego as pezas, distribuídas por provincias, das que existe constancia pero se dan por desaparecidas. Dunhas citoo lugar onde foron atopadas e a historia tirada de distintas publicacións ou a tradición, doutras só a inscrición que por distintos medios chegou ata os nosos días. Se alguén dispón dalgún outro dato, agradezo mo facilite para así poder ir completando as entradas correspondentes do blog (pode darse o caso de que algunhas as teña como perdidas e, por descoñecemento, se saiba o paradoiro). Por suposto, citarei ás persoas que me proporcionen a información por moi pequena que sexa, todo axuda. Moitas grazas.
Correo electrónico: onosopatrimonio@gmail.com
PROVINCIA
DA CORUÑA
ARTEIXO
Inscrición (Barrañán): Segundo A. del Castillo e A. D´Ors (1959): "NUMEN [---]/SACRVM [---]/VN[---]/EX[---]/IVVEN(tutis?)/LIBENT(es?)/EVNDIL (". Coñecida dende o século XVIII. Perdeuse enre o 1914 e 1915 ao ser derrubado o edificio onde se atopaba reutilizada.
Lápida:
Citada por Monteagudo. Desaparecida.
ARZÚA
Epígrafe: Galicia Diplomática, nº 45, do 24 de novembro de 1889, fala dunha inscrición aparecida no castro de Boente dedicada a Xúpiter: "I O M/M MARINVS A C CAES AVG P/M HVIC ORDO PATRIAE F PV/BLICVM OBFVNER MATRIS VXORE/LIBERIS DE DER T/T R S T LEVIS". Descoñezo onde se atopa este castro, en principio na parroquia de Boente non hai ningún, quizais se refira ao castro de San Paio, situado a un quilómetro en liña recta de Boente, pero xa na parroquia de Figueiroa. (Só se conserva a transcrición).
CAMBRE
Inscrición funeraria de Santa María de Temple: Desaparecida. Dá noticia dela Cornide Saavedra no ano 1789, que di que se atopaba "pasado el puente del Burgo, junto al crucero que está a la izquierda del camino antiguo de Castilla, sierviendo de mesa para descansar el Santísimo en la procesión del Corpus", afirmando que procedía das ruínas da igrexa de Santa María do Temple. Abascal Palazón e López Fernández (2023) achegan que aínda que a inscrición dáse por desaparecida xa a mediados do século XX, no ano 1945 o director do Museo Diocesano de Santiago de Compostela (hoxe Museo da Catedral) publicara que se gardaba nesa institución, se ben non foron quen de localizala. "D(is) M(anibus) S(acrum)/C(aio) IVL(io) SEVERO/AN(norum) XLVII/IVLIA SEVERA/MARITO/PIENTISIMO", ("Consagrado aos deuses manes. Iulia Severa púxoo para o seu marido Caius Iulius Severus, de 47 anos").
CULLEREDO
Castro
de San Cosme (Sésamo): Murguía
(1901) atribúe a Cornide a noticia dunha ara de época romana adicada á
deusa Navia aparecida en Sésamo, se ben o segundo nunca citou esta
localidade: "NAVIA/ANCETOTV/NRI EXS/SESA/VOTVM/POSSIT/[---]". Sobre o
castro hai unha capela. Creo que se trata dun erro xa que o resto de
autores lévanna para a Pobra de Trives.
FISTERRA
Inscrición a Xúpiter: Procedente de Erbogo (Rois), conservábase nunha casa particular en Fisterra. Desaparecida. Líase: "IOVI/O M". No Arquivo do Museo Arqueolóxico de San Antón da Coruña consérvase a correspondencia onde se inclúe un debuxo realizado polo seu descubridor.
MUGARDOS
Inscrición (Franza): "(.) EM[---] E(.) Q/T(...) E(.)A[---] NC[---] NSCE---", quizais procedente das vilas de Noville ou Caldoval.
NEGREIRA
Fragmento cunha inscrición en Vilachán: No século XIX atopábase en Vilachán: "[---] SA/[---] NO/[---] M [---]".
PADRÓN
Inscrición perdida: Consérvase un gravado de López Ferreiro. Arredondada por riba, foi atopada no 1868 por Barros Sibelo e Garea Cobián preto de Padrón ao facer as obras do ferrocarril. Barros enviou unha copia á Academia da Historia de Madrid: "CAMBAVIVS/CORALI . F/SENATORIE S"/ANNORUM L/H.S.E/S.T.T.L".
Inscrición: Nos séculos XVI e XVII atopábase en Padrón. Desaparecida, ao menos, antes do século XIX. "FL. TERTULIA. ME/SAN FL F MARITO".
Inscrición: Desaparecida arredor do 1610. Estaba xunto o castro da Rocha, onde a viu e decribiu Castellá Ferrer. Adicada por Sulpicius Severus a unha dinvindade indíxena.
RIBEIRA
Ara de Bretal (Olveira): Desaparecida, consérvase un debuxo da transcrición realizado a mediados do século XVIII por Frei Martiño Sarmiento; no século XIX xa estaba desaparecida. Aos Deuses manes: D MA T POS/ MATERNVS/ RUSTI FL/AVIE VXSORI PIE/NTISSIM/E ANNOR/ XXXIV D RO Q/ TRA SIT T T F/ LEVIS".
ROIS
Inscrición a Xúpiter: Procedente de Erbogo (Rois), conservábase nunha casa particular en Fisterra. Desaparecida. Líase: "IOVI/O M". No Arquivo do Museo Arqueolóxico de San Antón da Coruña consérvase a correspondencia onde se inclúe un debuxo realizado polo seu descubridor.
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inscrición perdida: "D M S/NVMERIVS VITALIONIS/NVMERIAE VITALIAE VS/BM F B S ES/L T L".
Inscrición perdida: "PROCVLA/CAMALI/F CROVIA/AN XXX/H S E SE/CVNDIVS ET D".
Inscrición funeraria perdida: A finais do século XVI atopábase preto da catedral. Aos Deuses Manes: "D M/ACILIA MODESTA M/F/MODESTO PATRI PIEN/H S E S T T L".
TRAZO
Ara (Vilouchada): Apareceu nun labradío coñecido como A Eirexiña cara o ano 1947. Tiña dous campos epigráficos separados. Desaparecida, só se conserva un debuxo feito por Luis Monteagudo. Dedicada aos Deuses Manes: "]/SEVERI/NVS C[---] D M S/ANO/LXXXXV".
Ara (Vilouchada): As circunstancias do achado deben ser os mesmos que no caso anterior. Só se conserva un debuxo de Monteagudo. Aos Deuses Manes: "D M S".
PROVINCIA DE LUGO
BARREIROS
Miliario: A un miliario faise mención en Hispania Epigraphica: "D N/CONSTANTI/NOBILISSIMO/CAESARI/POSUIT FLAVIN/MILIARIVM/XXVIII".
CHANTADA
Ara de Belesar: Atopada no ano 1941 polo párroco José de Castro López, facía as funcións de pía de auga bendita na igrexa de Belesar (fotografada por Vázquez Seijas) ata que foi mercada por un descoñecido anticuario de Barcelona. Desaparecida. Aos Lares Viais: "LARI/BUS/VIAL".
GUITIRIZ
Ara e estela en Mariz: Téñoas como desaparecidas. A ara está consagrada aos Deuses Manes. Nun debuxo sen data nin autor, lese: "D M S/[---]/FRONTO/NIS[---]/M[---]/V[---]/SE[---]S". Na anotación pon que procede de "Mariz, Santa Eulalia, en tierra de Parga, parroquia de la Encomienda de Puertomarín de San Juan". No debuxo do fragmento da estela di: "parte de otra sepultura en la misma parroquia..., semejante a la que hay en el atrio".
Estela (O Buriz): Estela anepígrafa descrita por Amor Meilán que se atopaba no adro da igrexa parroquial. Tiña un baixo relevo representando unha escea militar. Desaparecida. Consérvase un debuxo de Mato Vizoso (1846-1909). O arqueólogo Manuel Anxo López-Felpeto (envioume o debuxo) comentoume que leva perdida dende hai moitos anos, dime que preguntou pero non hai quen a lembre.
MONFORTE DE LEMOS
Ara: "ARA(m) SOL(is)/IVLIA/PRAENIA/MOCION/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Iulia Praenia cumpre o voto ao deus Sol"). Descoñezo se aínda se conserva e onde. De todos xeitos cómpre facer algunhas puntualizacións: En Hispania Epigraphica (en liña) di que esta epígrafe está recollida no CIL II (Corpus Inscriptionum Latinarum), páxina 1.040, cando en realidade está na 903; tamén en IRG IV (Inscripciones romanas de Galicia. Provincia de Ourense), cando aí non aparece nin a ara nin a inscrición. Tampouco fan referencia a ela Arias Vilas, Le Roux e Tranoy (1979). Chama a atención que aparecera na Gallaecia meridional e a sitúen en Monforte de Lemos. Creo que se trata dunha epígrafe que apareceu en Xinzo de Limia.
PANTÓN
Epígrafe de Castillón: Unha inscrición documéntase no século XVII (ano 1610) na igrexa de San Vicenzo de Castillón, perdéndoselle a pista a finais do século XVIII, cando o párroco, Gabriel Antonio Lago (falecido no 1802), a saca do templo onde permanecía debido a unha desputa entre el e os propietarios da lápida que pagaban unha renda de tres ferrados anuais polo mantemento da súa sepultura situada ao pé da lápida. Transcrita por Castellá Ferrer. Aos Deuses Manes: "D M S/VALERIAE FLORINAE AN XXIII/POMPEIVS/LVPVLVS/VXORI PI/ENTISSIMAE".
RIBAS DE SIL
Inscrición: "TER(minus)".
Inscrición: "]VI IPOA".
SARRIA
Ara: "LARIBVS/VIALIVU/S CAES(i)/ANVS".
Epígrafe: "]/FELICEM/PARENTEM/[---] IUL(io) ET/[---]FILIO".
O SAVIÑAO
Estela de Mourelos: Próximo á ponte romana que salvaba os Cóvados de Belesar atopáronse unha estela e unha ara. A estela está desaparecida.
VILALBA
Alba: Atopada cando se reconstruíu a igrexa. Aos Deuses Manes: "D M/SERANIE/VICTORI/NA ANNO/RVM LX".
PROVINCIA DE OURENSE
ALLARIZ
Inscrición (Forxás): "HERMI VICTORI/HERM VI/OD".
ARNOIA
Inscrición: "]/EX VI(su) FEC(it)".
BALTAR
Ara: Dedicada aos Deuses Manes: "D M S/VIR[---] MATER[---]/SEV[---] SEVERO/CON MER AN XXIII".
Ara perdida (Montes de Baltar): "CATVRO/PINTAM(i)/NABIAE/[L]IBENS/[A(nimo) P(osuit)]".
Inscrición: Fragmento en granito coa epígrafe "]I///CV/---".
BANDE
Inscrición desaparecida: Atopada preto do castro de Rubiás: "MEDANVS ARCISI F". Nun artigo aparecido na revista Album Literario de Ourense do 15 de setembro de 1889, di que a inscrición estaba nun sepulcro situado no interior da igrexa e Cadós.
Inscrición desaparecida (Baños de Bande): "CARI DE/FLACVS/SECVNDI V. S.".
Inscrición: "] / co(n)s(uli) III / a B(racara) A(ugusta) m(illlia) p(assum) LIII".
Inscrición: "] / Aviti [f(ilius?)] / v(otum) l(ibens) a(nimo) s(olvit)".
BARBADÁS
Ara (Santa Euxea-Piñor): Só se podía ver a parte superior. Estaba formando parte da parede exterior da vella capela de San Xoán, en Santa Euxea (aínda se conservan algunhas pedras comidas pola maleza). Dise que desapareceu baixo a cabeceira do noiro da autovía das Rías Baixas, pero no mes de novembro de 2021 dous veciños contáronme que esa información era falsa, en realidade levánronna.
O BARCO DE VALDEORRAS
Columna: En La Región do 22 de outubro de 1961 dáse conta dunha columna de máis de dous metros de altura cunha inscrición romana que dise foi enviada ao Palacio Espiscopal de Astorga e que sería estudada por Marcelo Macías. Descoñezo en que parte da comarca de Valdeorras apareceu e tampouco a vin (ao menos non está identificada como proveniente de Valdeorras) nin no museo Romano de Astorga nin no Museo de los Caminos da mesma cidade.
BEARIZ
Epígrafe (As Antas): "D N/GALERIO/VALERIO/MAXSIMINO/IMPERATORI".
Epígrafe (As Antas): "D N/P CLAVDIO/IVLIANO/VICTORI AC/TRIVM PHATORI/RPETVO/SEMP AVG/ XXXII".
O BOLO
Epígrafe: "COROPOLLA".
CASTRELO DO VAL
Ara: Dada a coñecer por Taboada Chivite no ano 1971. Non indica onde a atopou, se ben di que a levou para o Museo Arqueolóxico de Ourense no ano 1975.
CASTRO CALDELAS
Epígrafe: Dedicada aos Deuses Manes: "D M MA/RCO GR/ACILLIS/AN XX/S T T L".
Inscrición: De procedencia insegura. Hübner, seguindo a Muratori, situouna no castro de San Cristóbal, en Villalis, preto de Astorga, pero a peza, segundo Ceán Bermúdez, atopouse en Castro Caldelas, procedente de "in castro sancti Christophori in Gallaecia". Da copia feita por Muratori non é posible coñecer o nome da divindade nin se é plural, mediante a interpretación da primeira liña como D(iis) ou D(eabus), ou singular, resolvendo "D(eo) D(omino)". A copia a man de Muratori di: "D . D/CAULECEI . SAC/SACRVM XISIT/XIX . FL . DEDICAVIT/PRO SALVTE XVA ET SVORVM". Descoñezo un castro ou lugar que en Castro Caldelas leve o nome de San Cristovo.
CELANOVA
Ara en San Miguel de Celanova?: Mauro Castellá Ferrer, nacido na segunda metade do século XVI e natural de Celanova, cita unha inscrición que, traducida, dicía: "Máximo, fillo de Lovesio, cumpriu o seu voto aos Lares Viais, de boa vontade". Non aclara a procedencia. Colmenero desbota que proceda de San Paio de Araúxo (Lobios) ou de San Miguel de Celanova, levándoa para Santa Comba de Bande. Tamén se cita en CIL II.
CENLLE
Inscrición: "]CBIO/[---] VTO/PV/A/N/M".
COLES
Inscrición: "D N IM/CA AUR M V/MAXIMI/ANO".
Miliario de Cambeo: Citado por Matos Ferreira.
Miliario de Gustei: Só coñecido por referencias bibliográficas.
CORTEGADA
Ara
da
igrexa de Meréns:
Actuaba como soporte da pía bautismal, coas letras "P S"
gravadas nunha das caras, e que nalgún momento foi enterrada baixo a
pía bautismal actual. Por informacións proporcionadas polo párroco,
o sacristán e uns veciños, o día 21 de agosto de 2022, a ara e a
pía procedían da antiga igrexa que estaba onde se atopa o
cemiterio, e ao construír o novo templo foron soterradas baixo os
cimentos.
ESGOS
Epígrafe: "TIRVE"
Epígrafe: "MICO".
LAROUCO
Epígrafe a Xúpiter: Dada a coñecer por Morales, valéndose de noticias de Diego de Mendoza. Di que estaba gravada nunha pena nas inmediacións dos Cóvados do Larouco. A inscrición recóllea un Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1898: "IOVI LA/DICO M/VLP AVG/LIB GR/A CILIS/EX VOTO".
LOBIOS
Epígrafe aos Deuses Manes (Baños de Río Caldo): Aos Deuses Manes "DIS MANIBVS/SEPVLT LONGINIA/LONGINI F SECVNDINO/CONIVGI PIENTISSIMO/ANNORVM LX".
Epígrafe (Baños de Río Caldo): "ROMAE/SEPTIMIVS/SEVERVN RVFVS/EX VOTO".
Epígrafe: "FRONTON/[".
MASIDE
Ara: Na web de Hispania Epigraphica recóllese, erradamente, unha ara proveniente do concello de Maside, cando pola inscrición creo que se trata dunha ás Ninfas aparecida en Canedo (Ourense), coa lectura: "NYM(phis)/MARI/ACCA/AST(uricae) AVG(ustae)/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito".
A MERCA
Miliario:"IMP CAESARI/DIVI TRAIANI F/TRAIANO HADRIANO/PONT MAX TRIB/POTEST COS III P P/M [---]".
MONTEDERRAMO
Miliario de Caracalla (O Rodicio): Coñécese polas informacións de Barros Sibelo; tiña tres metros de altura.
MONTERREI
Ara a Cibeles ou a Xuno (Albarellos): Adicada por Emilia Flaviana, foi atopada na igrexa de Albarellos polo abade de Covelas, Pedro González de Ulloa, no ano 1755, tomándoa dun pedestal ou basa de estatua que estaba colocada no adro da igrexa. Copiu: "IVNONI/... RIS/DEUM/AEMILIA/FLAVINA/V S L M". Para algúns investigadores constitúe unha ofrenda a Cibeles, mentres que outros vencéllanna á deusa romana Juno, filla de Saturno e irmá e muller de Xúpiter. Di Hübner que a copia non debía ser moi fiel, pero que se podería dar como segura a tradución "A Xuno, nai dos deuses, Emilia Flaviana". Téñoa como desaparecida, feito confirmado na publicación da "Peza do Mes" de outubro do ano 2006 do Museo Arqueolóxico de Ourense ao falar da ara a Cibeles aparecida en Xinzo de Limia.
Lápida (Castelo de Monterrei/Ábedes): Nun Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1898 dise que en Ábedes apareceu unha lápida no ano 1580 que se conservaba no patio do castelo de Monterrei, ignorándose hoxe en día o seu paradoiro: "GENIO P R C M M SETIMA LEG VII G P F V S L M".
OÍMBRA
Inscrición: "/li]MICO[RVM" (?)
PEREIRO DE AGUIAR
Dedicatoria (Calvelle): "TOROLO/COMBICIEGO/M ARRVNTIS/RVFVS V S L M". Torolo Combiciego aparece noutra ara en Maceda.
A POBRA DE TRIVES
Ara a Nabia Sesmaca: "NAVIAE/SESMA/CAE V/".
Ara aos Lares Viais (Trives Vello): Estudada por Taboada Chivite. Descoñécese o seu paradoiro. Leu: "LARIBVS/VIALIBVS/VALLIVS/MAXIMVS/EX VOTO".
Epígrafe aos Deuses Manes: O historiador italiano Muratori (1667-1750) dá conta desta inscrición como atopada no pobo de Quiero que non se corresponde co nome de ningunha entidade de poboación de Galicia, pero Hübner cre que procede da Ponte Navea xa que como no caso de outra aparecida na ponte figura o nome de Atilius Astur: "D M/ATILIAE ANNAE/ANNORUM XXI/ATILIVS ASTVR/PATER".
Inscrición (Trives Vello): No ano 1903, Fidel Fita dá conta dunha inscrición enviada por Vázquez Núñez: "[---] EVS/[---]/MAXIMVS/EX VOTO"; di que estaba en Santa María de Trives, colocada nunha casa propiedade de Darío Rodríguez, servindo de basa a un puntal de madeira dunha escaleira exterior.
RAIRIZ DE VEIGA
Ara (Rairiz de Veiga): "DEO VEXILLOR/MARTIS SOCIO/BANDVAE". Aínda que algúns autores a consideran falsa, Rodríguez Colmenero non opina o mesmo, primeiro porque no lugar existe outra inscrición adicada á mesma divindade, segundo porque a forma "socius", máis xenitivo, parece confirmarse noutra inscrición, e terceiro porque resultaría extraño que en séculos pasados lograran identificar a inscrición. Atopábase na igrexa parroquial de San Xoán. Desaparecida. Citada polo arcipreste de Santa Xusta de Toledo nos seus Adversarios cando veu a Galicia co bispo de Toledo.
Ara: "LARIBVS/ALDVMI/AENNSIBVS/MARBASENS/FUERVM/ILIVS L I/QVIRINA DEN/TO V S L M".
Epígrafe (San Pedro de Sabariz): Só hai unha referencia recollida polo polémico xesuíta Jerónimo Román de La Higuera (1538-1611), famoso por falsificar e desfigurar textos antigos: "LARIB ALITRAN/[---]/ V S L A".
Epígrafe (San Pedro de Sabariz): Como no caso anterior, só existe unha referencia recollida por Jerónimo Román de La Higuera: "VALERIVS/SA[---]MVS/ALITRANS D/NEST PATRIS/S D M R/P S".
Epígrafe: "SILIA/EX/VOTIS".
Epígrafe: O Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1899 fala dunha epígrafe citada por Barros Sibelo atopada xunto Rairiz de Veiga, pasado o regueiro do Vilar.
Miliario (Rairiz de Veiga): Citado por Barros Sibelo. Lectura: "CAES/[...]/ES/VI COS I ANTI/II NEPOT ON".
Miliario das Pedrosas (Penelas-Ordes): Citado por Elixio Rivas, descoñécese onde estaba ubicado.
Miliarios da Saínza: Diez Sanjurjo cita tres miliarios ilexibles.
Miliario: Barros Sibelo cita entre Parada, parroquia de Ordes, e Parada de Outeiro, en Vilar de Santos, un miliario que estaba enterrado.
RIBADAVIA
Ara (Francelos): Aos Deuses Manes: "D M S/PATERNA/ANNORVM/XXXV".
RUBIÁ DE VALDEORRAS
Epígrafe a Caracalla: Na Serra da Enciña da Lastra. Dada a coñecer por Barros Sibelo, só se conserva a transcrición, atopada "a la bajada de la cuesta de la Encina de la Lastra último límite de Rubiana, confinando con la provincia de León entre las antiguas mansiones de Foro y Gemestario...": "IMP CAE/M AVRELIO ANT P(io)/PONT MAX GER M/PAR MAX R MAX/TR POT P P/ASTVRICA/M P XII".
SAN AMARO
Inscrición: "D N/IMP CA VAL CON/STANT NO/BILISSIMVS CASAR".
SARREAUS
Epígrafe: Nun Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1898 fálase dunha inscrición na parede dunha casa de Nocelo da Pena: "OVI/OM/VFO".
TOÉN
Ara ás Ninfas (Alongos): Atopada por Temes Araujo, un seu irmán e o coengo Santiago Arias no ano 1606 entre as pedras que obstruían unha fonte. Na actualidade está perdida. "NIMPHIS SILONS A/CLOVIANA/EX VOTO F C". Citada por Blázquez Martínez en Le culte des aux dans la Péninsule Ibérique (1957).
Epígrafe: Blázquez tamén fai mención a unha epígrafe co nome ALBOCVS aparecida en Alongos e que identifica cun deus das montañas.
VERÍN
Ara
a
Cibeles:
Atopada no leito do río Támega. A única referencia da que dispoño
aparecce recollida na "Peza do Mes" do Museo Arqueóloxico
de Ourense de outubro do ano 2006 ao falar da ara á mesma divindade
de Xinzo de Limia, dándoa como inédita.
Aras a Xúpiter: "I/O/M" e "IOVI/OPTIMO/MAX EX/VOTO".
VIANA DO BOLO
Epígrafe: Blázquez Martínez achega unha epígrafe, di que moi deteriorada sen indicar a procedencia: "D COSV/O [---]/[---]".
Prancha de Bronce: A Aegia Munniaego. Atopada no ano 1728 na "torre vella". Existe un calco do seu descubridor, Ponce de León: "AEGIA MUN/IAEGO/ANTISTIVS/PLACIDVS/CILI FILIVS/V S L M"
VILAR DE BARRIO
Inscrición: "]CO(n)S(uli) VI [---]/[---] P IX P F/[---] XII P(ontifici) M(aximo) [".
VILARDEVÓS
XINZO DE LIMIA
Aras na casa de Ramón Cid (Ganade): Tres aras permaneceron moitos anos na dianteira da casa, na parte alta do pobo, no barrio de Outeiro.
Epígrafe desaparecida: "ARA(m) SOL(is)/IVLIA/PRAENIA/MOCION/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Iulia Praenia cumpre o voto ao deus Sol"). Descoñezo se aínda se conserva e onde. De todos xeitos cómpre facer algunhas puntualizacións: En Hispania Epigraphica (en liña) di que esta epígrafe está recollida no CIL II (Corpus Inscriptionum Latinarum), páxina 1.040, cando en realidade está na 903; tamén en IRG IV (Inscripciones romanas de Galicia. Provincia de Ourense), cando aí non aparece nin a ara nin a inscrición. Tampouco fan referencia a ela Arias Vilas, Le Roux e Tranoy (1979). Chama a atención que aparecera na Gallaecia meridional e a sitúen en Monforte de Lemos.
Dedicatoria: (Mosteiro de Ribeira): "CROVGIN/TOVDA/DIGOE/RVFONIA/SEVER". Foi vista polo P. Sarmiento no ano 1755 "en Sª Mª de Ribera, en la portada, esquina de la pared de la iglesia del priorato". Debeu desaparecer cando as obras de reedificación no ano 1770. De todos os xeitos Fita pensaba que estaba formando parte dun muro, coas letras agochadas, na veciña aldea de Lamas.
Epitafio de Medamus: "MEDAMVS ARCISI F/HIC SITVS/EST/CASTEL LV MEIDVNIO/MONVM/ENTVM/FECERVNT/ANCONDEI AMICO CARO".
XUNQUEIRA DE AMBÍA
Epígrafe a Xúpiter: "I O M".
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
BAIONA
Epígrafe: "TVRPINICIS".
BARRO
Epígrafe: Atopada en Curro: "DOMI/NO".
BUEU
Ara do Monte Liboreiro: Con tres epígrafes. Descuberta no ano 1928 por Julián Pérez Esteso.
CALDAS DE REIS
Ara a Mercurio: "DEO M/ERCV/RIO FU/SCVS FVSC/V ME/ L A". Atopábase nunha casa de Caldas de Reis.
Ara a Edovius (Caldas de Reis): Atopada no ano 1798 nos cimentos da arqueta de auga termal do balneario Dávila; só queda unha réplica na fachada do balneario, a súa pista perdeuse no ano 1909, despois de mostrarse na Exposición Rexional de Santiago; consérvase un debuxo realizado por D. Pedro de Silva no ano 1804: "EDOVIO/ADALVS CLO/VTAI/V S L M".
Estela de Caius Iulius: Atopábase sobre a parede dun curral en Santa María de Caldas cuxo texto foi recollido polo P. Sobreira: "CIV/SER HISP/LI VIC OR/MIL LEC X/GEM (C invertido) FABI/CELTIBERIA/NN XLII AER/XVIII H S E S T T L".
CAMPO LAMEIRO
Ara a Diana: "DIAN(a)E/SACR(um)/SPLD/[ex] V(oto)/[".
A CAÑIZA
Inscrición: "] III/[---] IIVI/[---]XTX/[---]IIIITP/[---]IXII/[---]IIIX".
DOZÓN
Epígrafe: "RVFI OF/OF/MAR".
Epígrafe: "(c)AIVS IV(lius)".
LALÍN
Fragmento de ara a Coso: De procedencia descoñecida, atopada na comarca de Lalín.
Epígrafe aos Deuses Manes: "D M S/CRESO/PES/AN LV".
Epígrafe: "AN XXV".
MONDARIZ
Inscrición: "[---]/V(otum) S(olvit)/[---]".
POIO
Ara: "]/VOT/RET/VLIT".
Ara: "L ACI/[---] VRI".
Epígrafe: ]A O[
Epígrafe: ]AGI[
PORTAS
Ara: "QVID/FVI Q".
RODEIRO
Epígrafe: "Artius an/norum LXXV".
O ROSAL
Inscrición de Eiras: Restos dun texto gravado en xisto que actuou como tampa dunha sepultura. Foi atopada no ano 1953 no lugar coñecido como Adro Vello. Aparece unha referencia na Gran Enciclopedia Galega (1974). Unha ilustración da inscrición foi publicada en La vía romana "per loca marítima" por el Bajo Miño y Costa Atlántica (J. M. del Tamuje, 1975). Lese: "MEDA/MVS/CORA/LI/HIC SITUS/EST/AN(norum) XXV", ("Medano, fillo de Coralo, foi (ou está) enterrado aquí á idade de 25 anos").
VALGA
Epígrafe: "]/AE LIB/ERTIS/[".
VILAGARCÍA DE AROUSA
Ara: "OPVS MERCENARIII NONM/APVT TE VSQR A OMANR".
Ara de Trabanca: O CSIC, da man do profesor e investigador Carlos Santos Fernández na revista Cuadernos de Estudios Gallegos (2016), achega cartas e debuxos inéditos que poden servir como fonte para o estudo indirecto da lápida de Trabancas, desaparecida hai máis dun século. A peza foi atopada entre o 1885 e o 1890 na parroquia de Arealonga, perdéndoselle o rastro arredor do ano 1909. Os documentos foron asinados entre 1909 e 1917 por Juan Fernández Gil e Casal, cronista de Vilagarcía, que proporcionan o texto íntegro, as características do soporte e as circunstancias do achado da ara de Trabanca da Torre. A existencia desta ara fora posta en dúbida por varios investigadores. Non hai consenso se estaba adicada ao deus grego Ares, ao romano Xúpiter ou a unha deidade indíxena, teoría esta última apuntada por Blázquez en 1996. Con estas novas achegas, o autor pretende ofertar aos epigrafistas unha serie de documentos inéditos que poidan achegar algo de luz, e animar aos investigadores para realizar novas pescudas na súa busca. No Museo de Pontevedra consérvase unha augada da ara que, aínda que non ofrece novidades acerca da morfoloxía e a epígrafe que reflexa o debuxo custodiado na Real Academia Galega, serve para testemuñar a presenza do manuscrito aínda que non da peza orixinal na Exposición Rexional Galega de 1909. Presenta unha inscrición votiva na que se le claramente o dedicante, "QVINTINVS Q.F.", e a fórmula votiva, "V. S. L. M". Cando se atopou servía como cuberta parcial dun receptáculo antropomorfo que Fernández Gil cualifica como urna cineraria construída con tégulas e lastras de pedra.
Inscrición (Arealonga): Líase: "AR(...)ONIO?". Segundo os editores da Carta Arqueolóxica de Pontevedra xa estaba desaparecida no ano 1953. Existe unha copia de orixe descoñecida no Museo de Pontevedra.