ROMANIZACIÓN DE GALICIA (PROVINCIA DE PONTEVEDRA)

Para o comezo da conquista de Galicia por Roma adoita tomarse o ano 137 a.C., coa chegada de Decio Xunio Bruto no que acontece o lendario episodio do paso do río do Esquecemento, o Limia. No 96-94 a.C., Craso vén na procura das Illas do Estaño, as Cassitérides, identificadas coas Illas Cíes. No 61-60 a.C., Xulio César somete a Brigantium (A Coruña). Entre o 29 e o 19 a.C., Augusto culmina a conquista (mito do monte Medulio). 

Os romanos empezan a asentarse militarmente no territorio coa construción de campamentos, obrigando aos habitantes dos castros a abandonalos e establecerse nos vales que é cando aparecen as villae ligadas ás explotacións agrícolas. No século I d.C. Galicia forma parte da provincia Tarraconensis onde permanece ata o ano 212 en que o emperador Diocleciano lle outorga a categoría de provincia. No ano 303 convértese na provincia da Gallaecia, dividida en tres conventos xurídicos (termo administrativo inferior á provincia): Lucus Augusti (Lugo), Asturica Augusti (Astorga) e Bracara Augusti (Braga). 

Os romanos, para asegurar o dominio e control do territorio, e así garantir a produción mineira, artellan o país cunha complexa rede viaria que xira arredor das vías principais XVIII, XIX e XX onde embocan infinidade de camiños secundarios. No terreo relixioso conviven as divindades traídas polos vencedores e as prerromanas, producíndose, en moitos casos, unha dupla asimilación. O latín imponse como lingua oficial, e a poboación galega adopta a cultura dos invasores, modificando algunhas das súas máis arraizadas tradicións, proceso de aculturación que en gran medida remata coa cultura existente ata aquel momento.

ACLARACIÓNS 

1. Cómpre ter en conta que un bo número de pezas non son orixinarias do lugar onde se atoparon ou de onde están situadas na actualidade, descoñecéndose a procedencia; outras (nomeadamente os achados epigráficos) foron localizadas preto de castros ou de asentamentos galaico-romanos o que non sempre implica que estean relacionadas con estes. Tamén chama a atención que en castros fortemente romanizados, os achados epigráficos sexan case inexistentes, casos de Castromao (de onde procede a famosa Tessera Hospitalis), Viladonga, Fazouro ou Santa María de Cervantes, por poñer algúns exemplos, o que contrasta cos atopados noutros xacementos de menor sona onde sequera se levaron a cabo actuacións de ningún tipo.

2. Por contar cun apartado propio, non se achegan as pontes. Tamén inclúo algún achado, pode que relacionado co pobo dos Suevos; no eido arqueolóxico as fontes son escasas e non é doado diferenciar os do mundo suevo do tardorromano. 
 
3. Dalgunhas pezas só dispoño de referencias. Aínda que indico o concello onde se supón que apareceron, podo descoñecer o lugar, inscrición, tipo de monumento... 
 
4. Ao final dos concellos vou achegando pezas das que se decoñece a procedencia.

 
ROMANIZACIÓN DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

AGOLADA
Aras aos Deuses Manes (Ferreiroa): Anaco dunha ara atopada no ano 1953 nun lugar da parroquia non precisado: "D(is) M(anibus) S(acrum)/VITALIS/AN(n)O(rum) XXXV", ("Aos deuses Manes. Vitales de 35 anos"). Na outra: "M M/DMS POS/DI S/NO V". No Museo de Pontevedra.
Estela (Ferreiroa): Como no caso anterior, esta estela moldurada con acroteras aos lados que presenta un remate triangular, foi atopada no ano 1953 nalgunha parte da parroquia: "CMMA/DMASPVS/DIVMAS/VOVVS". A primeira liña faría mención ado dedicante, despois o nome da divindade, e por último a fórmula votiva. No Museo de Pontevedra. 
Miliario dos Pendellos: Os Pendellos é un gran referente de Agolada, a súa construción comezou no ano 1788; están declarados BIC. Un miliario anepígrafo foi reaproveitado como esteo frontal para a construción do primeiro pendello-expositor. Descoñécese se o miliario foi removido ou aquí estaba orixinalmente, pero dada a proximidade dos antigos camiños que atravesaban Agolada case se pode afirmar que esta foi a súa ubicación primixenia xa que carecería de sentido transportalo doutro lugar cando nas inmediacións abunda a pedra. Este achado pode indicar a existencia dunha vía romana na contorna de Agolada. (Información extraída do blogue Aquam Latam).  
Xacementos da Aldea Vella e do Alto de Corros (Ferreiroa): No blogue de Aquam Latam faise mención a estes dous xácigos de época romana. O primeiro está no lugar coñecido como O Brollo. No segundo había unha cista, situando aquí os arqueólogos unha necrópole romana. 
 

 

ARBO 
Xacemento de Chan das Eiras (Mandelos-Cequeliños): Cuberto totalmente pola maleza. Recólleo o PXOM de Arbo pero nunca foi estudado.      
Explotación aurífera da Lagoa (Barcela): Utilizouse a técnica descrita por Plinio o Vello do aurum arruae, onde a a auga foi utilizada para remover e arrincar a terra aluvial. Restos das canles principais e secundarias e lavado. Segundo o arqueólogo Brais Currás, trátase da explotación romana de ouro máis grande do Baixo Miño xa que, segundo as súas estimacións, extraeríanse 610 quilos de ouro, tras mover un total de 2.000.000 de metros cúbicos de terra. Na actualidade está danada polo polígono indrustrial da localidade. 
Mandelos: Sobrevive unha trincheira mineira.
 

BAIONA
Epígrafe: "TVRPINICIS".
Restos dunha calzada na parroquia de Baíña: O domingo, 3 de outubro de 2010, tres energúmenos, entre eles o ex presidente da comunidade de montes de Baíña, Antonio Mijón, agrediron brutalmente, ata deixalo insconsciente, a un veciño por denunciar no Concello o vertido de terra e cascallos sobre os restos dunha calzada romana. As ameazas, aínda que ata o de agora só verbais, viñánse producindo dende hai dous anos, cando o veciño puxo en coñecemento das autoridades o atentado que estaba a sufrir unha parte do patrimonio de Baiona. Vaia dende aquí a nosa solidaridade con Fabián. 
Explotación mineira das Insuas (Meidaaldea-Belesar): Xunto coa explotación do Caeiro, están moi alteradas polo urbanismo da zona. 
Moedas: Segundo Cavada Nieto, apareceron 973 moedas, todas romanas. No castro varias de cobre, algunhas de Claudio.
 
BARRO
Epígrafe: Atopada en Curro. A pesares de que só se le "DOMI/NO" puído estar dedicada a Cosus xa que esta divindade é a máis adorada nesta zona costeira de Galicia, e esta denominación só aparece nas dedicatorias a deuses indíxenas. 
Lombo da Maceira: No ano 2007, dentro do proxecto Vías Atlánticas, arqueólogos da Deputación de Pontevedra realizaron varias sondaxes no Lombo da Maceira o que permitiu establecer un trazado da vía XIX.  
Xacemento da Igrexa (Fonte do Curro-Curro).
 

BUEU
Ara do Monte Liboreiro: Con tres epígrafes. Descuberta no ano 1928 por Julián Pérez Esteso. 
Estela de Sabarigo (Cela): Século III. Adicada aos deuses Manes: "DIBVS M/ANIBVS MEM/ORI(a)M/PVSINC(ae)/AN(n)O(rum)". Apareceu reutilizada nun muro. No Museo de Pontevedra.    
Factoría de salgadura do Cantil de Canexol (A Illa de Ons): Factoría de salgadura destinada á conservación do peixe. Apareceu parte dun muro, laxes, tégulas, ímbrices, carbóns e restos óseos.
Moedas (Castelo dos Mouros-A Illa de Ons): No ano 2022, o grupo de arqueoloxía da Universidade de Vigo (GEAAT) atopou no Castelo dos Mouros un recipiente con case 300 moedas de bronce de época romana, datadas arredor do século IV. O ano anterior xa atoparan máis de 30 moedas de bronce que estaban gardadas nun recipiente cerámico. No mes de xullo de 2024 vin unha referencia no Archivo Histórico de la Nobleza dun documento do 7 de abril de 1557 coas dilixencias de Francisco Mexía, asistente e xustiza maior de Santiago de Compostela, en relación ao achádego de moedas antigas na Illa de Ons. O mesmo mes de xullo, despois de publicar a información na web Historia de Galicia, o arqueólogo David Abella comentou que Yago Abilleira Crespo, no ano 2017 publicara un pequeno artigo en Aunios, baixo o título Ons, un descubrimento arqueolóxico no ano 1553. Aínda que aclara que no documento só fala de moedas antigas, cre que polas descricións das persoas que as atoparon poderían ser de época romana.  
Fíbula: Atopada no concello de Bueu. De ouro. Séculos I-III d. C. No Museo de Pontevedra.  
Calzada de Meiro ou Urea (Meiro-Bueu): Ramal da Per loca marítima logo utilizada como verea real que unía O Morrazo con Pontevedra. Discorre a través dunha valgada e arranque de ladeira. O opus de mampostería de granito pequeno e irregular con sillares mellor traballados nos laterais, presentando os típicos revancos transversais á calzada. Ancho de 2,5 a 3 metros. 
Monte da Torre (A Roza-Beluso): Na faldra leste do outeiro apareceron restos cerámicos rodados e restos máis anchos que poderían corresponder a tégulas e un dolium.  
A Pedra ou As Nogueiras (Meiro-Beluso): Fragmentos de tres aras romanas en granito. 
A Pescadoira (Bueu): Os restos atópanse custodiados no Museo Massó de Bueu. Son máis de 10.000 pezas datadas en época romana o que demostra que a localidade xa contaba no século II d.C. cunha industria salazoneira que se pode considerar como unha das máis importantes da costa atlántica europea, o que xunto con Vicus Helleni (Vigo) a situaba nun emporio comercial e industrial de primeira orde. Os achádegos inclúen pezas pouco usuais como unha tubería de chumbo que puído servir como filtro nas tarefas de limpeza e lavado na salgadura, un coitelo con mango de óso, columnas do pórtico e o teito da factoría, pesas de rede, pedras de afiar e muíños xiratorios. No caso das cerámicas inclúense cuncas, pratos, olas, pezas destinadas á cociña e á mesa. Tamén se atoparon corenta moedas datadas no século IV d.C., a maioría de bronce, e dúas de prata. Tamén apareceu un forno que se atopa arrombado nun solar do Concello, á espera de atoparlle un lugar axeitado; apareceu cando derrubaron a vella conserveira de Alonso. 
Praia da Mourisca (Beluso): Posible vila. A praia da Mourisca desenvolveu un importante papel no comercio marítimo galaico-romano.  
San Martiño (Bueu): Fragmentos de época romana.    
A Veiga do Con (A Roza-Beluso): Tégula, ánfora, lasca triangular de sílex e cerámica vidrada.
 

    


 


CALDAS DE REIS
Aquis Celenis/Aquae Celenae: Segundo Hipólito de Sá, a romana Aquis Celenis estaría no lugar da Pedregueira (Outeiro-Bemil) onde se atoparon dúas estelas funerarias, tégulas e outro material; aquí estaría asentado un campamento militar dependente da Legio X Gemina. Segundo a tradición a orixe estaría entre a igrexa de Santa María e a aldea de Eirín. No Libro de la Fábrica de Santa María de Caldas (1832), di que nesta zona apareceu unha lápida cunha inscrición romana que contiña "El suceso de su municipio cuando la guerra de Bruto". No Concilio de Toledo, celebrado no ano 400, Caldas consta coa categoría de municipio romano. Ligado ao populus dos Cileni, pobo, segundo Plinio, do convento lucense. Ptolomeo sitúa aos Cilenos entre os Coporos e os Lemavos, nomeando no seu territorio a cidade de Aquae Calidade. O Itinerario de Antonino cita a Aquis Celenis como quinta mansión da vía XIX, e como primeira da XX, "per loca maritima". O Anómimo de Rávena tamén o nomea como Aquis Celenis, e o Cronicón Iriense fai referencia ao pobo dos cilenos, situando o seu territorio dentro da Diocese de Iria. Hai certa controversia canto a identificar Aquae Calidade e Aquis Celenis con Caldas, para algúns autores Aquae Calidade podería estar en Cuntis (Manuel Murguía), destacado núcleo termal en época romana. Caldas é citada como Kalidas no 1019, Terra Termarum no 1110, e Caldas a Rex ou Caldas a Rege en tempos de Afonso VII. Nas intervencións arqueolóxicas levadas a cabo non apareceron restos, pero é moi probable que houbera un balneario de augas mineiromedicinais. A referencia máis antiga é de Limón Montero (1697), onde tamén se fai alusión ao epíteto que acompaña o nome de Caldas: "... en tiempo de algunos Reyes de Galicia y León venian a ellos, estando enfernos a bañarse, y de aqui les provino el llamarse Caldas de Reyes". No moderno balneario de Dávila localizáronse tres inscricións votivas, unha desaparecida.
Ara (San Martiño-Arcos da Condesa): No mes de novembro de 2023, avisado por Isaac González García, achegueime ata a casa do seu irmán Miguel para ver unha ara que atopara reutilizada cando as obras de reconstrución dun muro de peche da vivenda. Apareceu fragmentada en dous anacos que, aínda que próximos entre si,  non estaban xuntos; para completar a peza faltaría un terceiro fragmento de menor tamaño. Unha das caras da ara foi rebaixada uns oito centímetros para darlle forma de pía. Aínda que a simple vista semella anepígrafa, pode que nalgún momento tivera inscrición que desapareceu ou está moi erosionada. Xunto a ara tamén apareceu unhapequena basa de columna e o que semella un morteiro. con rebaixe central circular. Despois de comunicarlla a Patrimonio, foi visitada polos seus arqueólogos que xa elaboraron a ficha correspondente.     
Ara a Mercurio: "DEO M/ERCV/RIO FU/SCVS FVSC[i]/[filius] V(otum) ME/(erito) L(ibens) A(nimo)". ("Fuscus, fillo de Fuscus, cumpriu a súa promesa ao deus Mercurio").  Atopábase nunha casa de Caldas de Reis. Desparecida.
Ara aos Lares Viais: O Museo de Pontevedra custodia unha ara aos Lares Viais que formaba parte do muro da igrexa de Santa María de Caldas, moi mutilada e desgastada, aparece recortada polos dous lados. "REC/VS GE/RIBV/IAL B", cuxa probable lectura sería: "Rectus Laribus Vialibus solvit libens merito".
Aras a Edovius (Caldas de Reis): Unha, atopada no ano 1798 nos cimentos da arqueta de auga termal do balneario Dávila; desaparecida, só queda unha réplica na fachada do balneario, a súa pista perdeuse no ano 1909, despois de mostrarse na Exposición Rexional de Santiago; consérvase un debuxo realizado por D. Pedro de Silva no ano 1804; líase: "EDOVIO/ADALVS CLO/VTAI/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Adalus, fillo de Clotius, cumpriu de bo grado o voto ofrecido a Edovio"). Edovius sería o epíteto ou o deus das termas. No ano 2008, nun solar próximo á burga, na rúa Laureano Salgado, apareceu outra ara dedicada tamén á divindade indíxena Edovius, nome relacionado cunha antiga raíz de orixe celta ou bretona que podería traducirse como "o que quenta as augas"; é dos séculos III ou IV d.C. Foi estudada por Barja de Quiroga e Rúa Carril: "EDOVIO/EPAGATHV(s)/DEVTERI A/PRILIS CAES(aris)/DIS(pensatoris) SER(ui) VIC(arius)/VO(tum) S(olvit) L(ibens) A(nimo)". No suplemento de Conimbriga, 2018, Abascal Palazón achega unha nova ara a Edovius, descuberta durante a realización dunhas reformas no centro da vila; na actualidade atópase nunha propiedade privada de Santo André de César: "S(acrum) EDOVIO L(ucius) CABVRIS/FLORVS/V(otum) S(olvit) L(ibens) A(nimo)". No mesmo lugar apareceron restos de estruturas, un sepulcro e unha moeda datada no tempo do emperador Galieno (253-268). Tamén desapareceron unha ara adicada a Mercurio, que se atopaba na porta dunha casa, e unha estela funeraria para Caius Iulius que formaba parte da parede dun curral.
Nova ara a Edovio?: No mes de outubro de 2024, integrantes da asociación veciñal Terra Calda deron conta da localización nunha finca particular dunha ara a Edovio, procedente da vila de Caldas, que foi atopada por un veciño nun vertedoiro de cascallo. Despois de que a asociación o comunicara a Patrimonio, o día 29 de outubro ingresou no museo de Pontevedra. Sobre a súa localización, a Xunta de Galicia dá outra versión, dicindo que foi atopada pola policía autonómica en colaboración co Servizo de Arqueoloxía da dirección Xeral do Patrimonio. Á vista da foto da asociación Terra Calda enviada aos medios, lese: "EDOVIO/L CABVRIS (ou CABVRIVS), polo que o dedicante debe ser o mesmo da ara aparecida hai anos no centro da vila e gardada nunha propiedade privada de Santo André de César. Eu creo que é a mesma, publicada en Conimbriga no 2018. O lamentable é que se non chega a ser pola asociación, continuaría no mesmo sitio ata que desaparecera.
Fragmentos de aras: "CAV/TI/NTO" que Murguía interpretou como "Caufo Pati Antoninus". No ano 1904, García de la Riega estudou unha epígrafe que dicía: "A DIBVS/DIRVTO".
Estela de Caius Iulius: Desaparecida, atopábase sobre a parede dun curral en Santa María de Caldas cuxo texto foi recollido polo P. Sobreira: "CIV/SER HISP/LI VIC OR/MIL LEC X/GEM (C invertido) FABI/CELTIBERIA/NN XLII AER/XVIII H S E S T T L", ("Caius Iulius Sergia tribu Hispali Victor miles Legionis X geminae centuriae Fabi Celtiberi annorum XVII aerum XVIII. Hic situs est sit tibi terra levis"), alusión a un antroponímico étnico que se lle podería adxudicar a un emigrante celtíbero. 
Estela de Placidina: Foi reutilizada como canzorro na igrexa románica de Santa María de Caldas (esculpíuselle un león), descuberta no ano 1878 por Barros Sibelo que fixo un debuxo. No campo epigráfico: "D(is) M(anibus) S(acrum)/PLACID/INAE", ("Placidina consagra (este altar) aos deus manes"). No Museo de Pontevedra.
Estela de Placidius Seneca (Santo André de Cesar): Documentada por Ramón Barros Sivelo no ano 1878. No debuxo que fixo, as dúas primeiras liñas están claras: "PLACIDIVS/SENECAE F(ilius)/[I]NTERAMICVS[".           
Estela: Estela funeraria dedicada a Xulio, reutilizada nunha arqueta do balneario. Filgueira Valverde e García Alén leron: "IVLIO C/O FILIO/O IVLIA". Trátase dunha dedicatoria de Iulio á súa nai Iulia. No Museo de Pontevedra.    
Estela: No Museo de Pontevedra tamén está unha estela monolítica de granito do s. I d. C. que fora reutilizada como material de construción na casa torre de Bendaña, dedicada por un centurión da Legio X Gemina en honra dos seus escravos Sabinus, Secundio e Lentinus que fora utilizada como material de construción: "SABINVS/AN(norum) XX/SECVNDIO/AN(norum) XXII/LENTINVS/AN(norum) XX/M(arci) AVDASI/MAX(imi) (centurionis) LEG(ionis)/X GEM(inae)/SER(vi)/H(ic) S(iti) S(unt)".      
Estela: Sampedro y Folgar (1951), fala dunha estela funeraria dun soldado da Legio X Gemina que apareceu nas inmediacións da ponte. Supoño que se trata da anterior. 
Asentamento da Pedregueira (Outeiro-Bemil): Apareceron fragmentos de tégula e ladrillos de época romana. Segundo Hipolito de Saa Bravo, podería tratarse dun destacamento da Legio X Gemina, hipótese que desbotan investigadores actuais.     
Furna cineraria.      
Miliario de Constantino: No ano 1896, a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra recibiu un miliario que servía de apoio a un soportal da rúa Real: "IMP(eratori) F(la)/VIO VAL(erio)/CONSTANTI(no)/IN(victo)/(au)G(usto)". No Museo de Pontevedra.
Santa María (Eirín-Caldas de Reis): Arredor da igrexa de Santa María concéntrase o maior número de achados romanos. Cando as obras no cemiterio no ano 1950 apareceron tumbas de tégula, un forno para cocer ladrillos, fragmentos cerámicos e moedas. Reutilizado como material de construción na igrexa apareceu unha estela decorada e unha ara aos Lares Viais. Non moi lonxe da igrexa, na finca denominada Cabezafeita saíron á luz no 1906 tégulas, unha pedra de muíño e muros, e sobre todo un tesouriño con varias moedas que estaban dentro dunha ánfora. Por riba de Cabezafeita está o batolito da Pedra do Pan onde, debido ás obras para facer unha urbanización no ano 1999, a arqueóloga Ana Filgueiras Rei atopou abundante material cerámico (tégulas, ladrillos, terra sigillata, anacos de ánforas, cerámica común...).
Tesouriños: No ano 1906, uns obreiros atoparon unha vasilla que contiña entre 60 e 90 moedas na ladeira do monte de Santa María, hoxe en día desaparecidas, a maioría de Constancio II e Constante I, dúas de Claudio II e unha de Traxano. No castro de Follente (Bemil) e no Monte da Tomada apareceron un total de 19 moedas do século IV. No ano 1925 apareceron varias moedas nos cimentos do  balneario Dávila.        
Rúa Ferrería: Nas sondaxes rexistráronse sete niveis estratigráficos; apareceron sucos, buratos de poste, cubetas, foxas, sigillata, unha ánfora, fusaiolas, tégula, escouras, cravos, un alfinete de bronce, dúas moedas, material cerámico, vasos e fragmentos de pasta vítrea. O xacemento vai do século I ao IV d.C., cun abandono progresivo ata o século V, con reutilizacións en épocas moderna e contemporánea.
Outros restos arqueolóxicos: No ano 1932 apareceron no lugar de Ameal, preto da vila de Caldas, unha serie de construcións de ladrillo "a xeito de fornos" que conservaban tres arcos e restos de tumbas romanas.



 







 
 

 

CAMBADOS 
Tesouriño: No ano 1999 apareceu en Fornos un tesouriño formado por moedas romanas (follis) extraído por unha escavadora ao acondicionar un terreo. A terra sobrante levouse para unha parcela de Albarellos e alí foron atopadas por unha persoa que pasaba polo lugar. Algunhas pezas foron distribuídas entre amigos ou coñecidos, e unhas poucas depositadas no Museo de Pontevedra. Lino Silva e Gumersindo Mosteiro Díaz, de quen recollo esta información, depositaron outras no Museo do Viño de Cambados. Corresponden ao século IV. 
 
CAMPO LAMEIRO
Ara: "DIAN(a)E/SACR(um)/SPLD/[ex] V(oto)/[". 
Dedicatoria a Xúpiter: Consérvase na igrexa de Moimenta. Publicada por Juan Manuel Abascal Palazón e Heitor Picallo en Ficheiro Epigráfico, suplemento de Conimbriga 175, no ano 2018. Empotrada no tramo final da escaleira de subida ao coro da igrexa. Só é visible unha parte. Leron: "IOV/[i---]/PR[---]/M[---]/[------]"
Estela de San Cristovo de Couso: Na sacristía da igrexa parroquial. Publicada en Ficheiro Epigráfico, suplemento de Conimbriga 175, no ano 2018 polos anteriores. Na cabeceira esculpiuse un crecente lunar apuntado cara arriba e debaixo un disco solar de sete raios curvos dextroxiros. No campo epigráfico leron: "Dibus/Man/[i]bus/[C]ome/S DO[-----]". 
Inscricións do Outeiro do Couto e Outeiro do Galo (Morillas): Trátase de dúas inscricións gravadas sobre superficies rochosas inclinadas. Na primeira figura a inscrición DIVI que sería realizada cun instrumento metálico. Na do Outeiro do Galo tamén se pode ler DIVI, pero neste caso co D invertido e coas letras destribuídas de arriba cara abaixo e realizadas por abrasión cunha pedra. Tanto a lectura como a interpretación non son claras. Segundo Manuel Santos Estévez, o feito de estar presumiblemente en latín xoga a favor da súa adscrición a época romana, aínda que matiza que non se trata de inscricións latinas "clásicas" ou "oficiais", senón a obra de indíxenas que imitan, con distinta sorte, unha práctica allea á súa cultura. Foron publicadas no ano 1998 por Manuel Santos Estévez e Marco García Quintela.
 




CANGAS  
Santuario do deus lar Berobreo (Monte Facho-O Hío): Nun dos cantís da Costa da Vela, a 157 metros de altitude. Séculos III-V d.C. Situado no emprazamento dun castro que desapareceu antes da conquista romana, apareceron máis de 175 estelas en honra do deus do panteón galaico-romano Berobreo, do que non hai precedente na Península, descoñecido polos investigadores ata os anos sesenta do pasado século grazas ás prospeccións levadas a cabo por Bouza Brey e Álvarez Blázquez. Os restos do monte Facho abranguen dende o século IX a.C. ao IV d.C. Neste impresionante santuario detéctase a transición entre o paganismo e o cristianismo que, en palabras de Xosé Suárez, arqueólogo responsable da investigación, dá novas pistas sobre a identidade galega. O mesmo Xosé Suárez denunciou no mes de agosto de 2014 a agresión ao santuario; os visitantes crean torres amontoando pedras, algunhas procedentes das antigas construcións, lamentable "moda" que pode afectar gravemente ao xacemento.  
Ara (Castelo de Darbo): Ara de granito rota na base de difícil lectura, cunha primeira liña que podería interpretarse como unha "C" cun punto de interespacio no interior; a segunda letra é a que mellor se le, "B", e logo un "E".    
Ara (Castro Liboreiro-Coiro): Filgueira e D´Ors atribúen a dedicatoria a Verore, deus coñecido por catro inscricións atopadas en Lucus Augusti. Malia o anterior, a lectura correcta semella unha ofrenda a Aernus, divindade da área de Bragança á que dedicaron un altar os membros do Ordo Zoelarum.: "AER(no)/MV E(x) V(oto)/H(anc) A(ram) S(olvit) O S(acravit)". Neste castro apareceron outros obxectos de época romana e fragmentos ilexibles doutras inscricións. S. III-IV d. C. No Museo de Pontevedra. 
Achádegos no Castro Liboreiro, O Mato, Praia dos Alemáns (Coiro). 
O Cunchido (Darbo). 
Moedas: No Monte Libureiro.
O Redolliño (Coiro): Restos dun forno de cocción rectangular e anacos cerámicos. 
Tanques para a salgadura na praia de Pinténs (O Hío).  
Castro do Castrelín (O Hío).  
A Vila (O Hío). 
Aldea do Castro     
Villae de Pipín (O Hío): En Pipín, vila baixorromana asociada á lembranza dunha antiga ermida adicada a San Xulián.     
Vestixios na Praia de Nerga (O Hío).    
Villae-factoría pesqueira da Eirexiña: No ano 1963 eran visibles catro tanques de salgadura. Nas escavacións de 1996 saíron á luz unha serie de estruturas relacionadas con eles e unha zona de posible uso doméstico, os materiais e un importante conxunnto de restos óseos e malacofauna.    
Villae de Rodeira.

  
 
 



A CAÑIZA
Modeda: En Valeixe atopouse unha moeda de Galba.
Inscrición: "] III/[---] IIVI/[---]XTX/[---]IIIITP/[---]IXII/[---]IIIX".  

CATOIRA
Ara a Bandua (Aragunde): Reutilizada como material de construción, como base dunha columna na casa de Loureiro Isorna, na finca da Curula de Aragunde. O deus aparece precedido coa fórmula Deo: "DEO BAN (duae)/TI(berius) CLA(udius) CI(---)/VO(---) DE(o sa)/N(c)TO V(otum)/S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Ao deus Bandua Tiberio Claudio Ci[---] vo[---] para o deus santo (cumpriu) o voto con alegría e merecidamente"). Segundo Baños, a parte dereita da peza foi rebaixada, eliminando as letras finais de cada liña, polo que a primeira liña debe ser interpretada como "Deo Ban(duae)". A referencia ao emperador Tiberio permite datala no primeiro terzo do século I d. C. Atópase no Centro de Activación Cultural Torres do Oeste.
Ara aos Lares Viais nas Torres do Oeste: Atopada no 1948 por L. Méndez Pidal, custodiada no Museo de Pontevedra: "L(aribus)/V(ialibus)/MARCV(s)", ("Marcus dedicou este altar aos Lares Viais"). 
Ara nas Torres do Oeste: Fragmento votivo descuberto nas escavacións do ano 1989, reutilizado na edificación medieval. O altar está dedicado a ou por Pietas. Conserva un pequeno foculus. Perdeu case toda a terceira liña do texto. Abascal Palazón le: "PIETATI . SV/[---] M . C . SEV/[---] + V/[------]". O nome Pietas pode referirse tanto a unha divindade como a un nome persoal.
Estela funeraria (Aragunde): Atopada na finca A Capela. Rota por debaixo e pola dereita, foi reutilizada como elemento de construción. Pode que tivera unha representación esquemática do sol. Atopada no ano 1988 onde tamén apareceron sartegos e restos cerámicos. "MATI-IAE". No Museo de Pontevedra.
Fragmento superior dunha ara votiva (Torres do Oeste), reutilizada como material da construción, na actualidade no Museo de Pontevedra.
Ánforas (Torres do Oeste): No Museo do Castelo de San Antón da Coruña hai dúa ánforas. No cartel di: "Procedencia: Río Ulla. Zona Torres de Oeste, Isorna, Rianxo". 
Lucerna (Torres do Oeste): No Museo de Pontevedra.   
Moedas: Denarios aparecidos nas Torres do Oeste.



 

 


CERDEDO (na actualidade forma parte do concello de Cerdedo-Cotobade)
Ara a Mercurio: Atopada por Calros Solla no ano 2000, entre a ermida de Santa Mariña e a pedrafita do Marco do Vento. Aínda que desprovista de inscrición, a peza é un fragmento dunha máis que probable ara votiva adicada ao deus Mercurio.
 

Ara de Cabenca, na capela de Cabenca (Cerdedo): "[---]/NOS/ V(otum) S(olvit?)/".

Muíño: Fragmento atopado xunto un muro do cemiterio da igrexa de Folgoso.   

Tegula de Filgueira (Castro). 

Restos dunha calzada xunto as pontes de Pedre e de San Antón. (Información achegada por Calros Solla).



COTOBADE (na actualidade forma parte do concello de Cerdedo-Cotobade)
Ara da capela do San Lourenzo (Dorna-Santa María de Sacos): Gardábase na Casa da Xunta de Montes de Santa María de Sacos, ingresando no Museo de Pontevedra no 2019. De granito con zócolo e coroamento saínte polas catro caras pero plano na parte superior, é dicir, sen foculus nin pulvini. Aínda que nun primeiro momento conxecturouse que estaría dedicada a "Vadoa", unha posible divindade indíxena, novos estudos achegan a seguinte lectura:  "DEO M/VNDON[i]/FAVS[---] V(otum) S(olvit)/L(ibens) M(erito)". Non se pode desbotar que este teónimo masculino, Mundoni, sexa unha evolución a partir dunha forma orixinal como Munid-. É a primeira vez que se documena o teónimo Mundo ou quizais Mundonis, pero hai que lembrar que na vía de Olisipo a Augusta Emerita houbo unha mansio de nome Montobrica ou Mundobrica. (Información achegada por Juan Manuel Abascal Palazón, da Universidade de Alacant).
Calzada do Pé da Múa.
Pendente: Atopado na Cruz do Castro. De ouro. S. I-III d. C. No Museo de Pontevedra. 
Villae de Silvela (Carballedo): Situada ao pé do poboado castrexo da Cruz do Castro onde se atopou un inaure (pendente de ouro) datado nos séculos II-III d.C.; tamén se atoparon uns calculi, pequenas fichas de pedra ou de arxila utilizadas polos romanos para un xogo semellante aos tres en raia.

 
COVELO
Castelo do Faro: Localizado por Roman Army, a 1.148 de altitude. A construción dun parque eólico destruíu partes do interio rdo recinto e partes da muralla perimetral.
 
CRECENTE
Restos calzada (A Calzada-Filgueira).  
Moedas: Segundo Cavada Nieto, apareceron moedas de bronce de Augusto e de Tiberio. 

CUNTIS
Hai certa controversia canto a identificar Aquae Calidade e Aquis Celenis con Caldas, para algúns autores Aquae Calidade podería estar en Cuntis, destacado núcleo termal en época romana. 
Estela de Sobreira (Piñeiro): Consérvase un fragmento. Adicada por Flavia, de 25 anos de idade, aos deuses Manes: "DI(bus) MA(nibus) S(acrum)/FLAV(ia)E/XXV".   
Estela fálica? (Cuntis): Situada preto da igrexa parroquial, na actualidade na Biblioteca de Cuntis. Hai quen cre que se trata dun miliario. Eu, mantendo todas as cautelas, creo que se trata dunha estela fálica. Carece de inscrición.  
Estela de Soutelo (Piñeiro).
Estela (Hervés-Troáns): De fornela dúplice, só se conserva a parte superior. 
Ara (Vila do Baño-Cuntis): Apenas se distinguen algunhas letras, sequera coa magnífica fotogrametría que me achegou Alex Negreira. Atópase na Biblioteca de Cuntis.
Ara ás Ninfas: Apareceu na Fonte termal dos Forniños, en Cuntis. Dedicada por Caio Antonio Floro: "NYMP/HIS C(aius) A/NTONIVS/FLORVS", ("Ás Ninfas. De Caius Antonius Florus"). Dáse conta da súa aparición en Galicia Diplomática no ano 1892.
Ara (Cuntis): Atopada pola Asociación Amigos dos Castros no ano 2001 nas proximidades das fontes medicinais. En mal estado de conservación, Heitor e Martiño Picallo Fuentes achegan unha posible lectura: "D II [S]/BUX/IMV/OVI ./[---]". Quizais adicada a unha divindade indíxena.
Ara de Trasponte (Trasponte-Cuntis): Empotrada nun muro da planta baixa dunha casa que ata non hai moito foi utilizada para gardar o gando. Sobre a superficie escrita apoia un tabique de ladrillo que oculta parte do monumento. A cabeceira e o zócolo foron cortados para adaptar a peza como sillar de construción. As letras da parte dereita están case perdidas pola deterioración da aresta do fuste: "SETANDI/ANIEGIS/CAVDIVS/+ S V S L/. M .", interpretación: "Setandi/aniegis/Caudius/+ [---] s(ervus) v(otum) s(olvit) l(ibens)/ m(erito) .", ("Candius, esclavo de [---], cumpriu o voto libremente para (os deuses, os lares, etc.) Setandianegis"). A forma do teónimo non atopa paralelismos na onomástica coñecida ata a data. Teriamos unhas divindades (Dis, Deabus, Laribus, etc.) mencionadas só a través do epíteto, con elisión do teónimo propiamente dito. Extraído de Ficheiro Epigráfico, suplemento de Conimbriga, 245: Setandianiegis, una nueva divinidad plural en Santa María de los Baños (Cuntis, Pontevedra. Hispania Citerior) (Abascal, Búa, Picallo, 2023). (Achegada por Juan Manuel Abascal Palazón o 1 de xuño de 2023).
Inscrición latina nun petroglifo de Guldigráns (Troáns): Atopada polo veciño Manuel Abalo e dado a coñecer polo Grupo Guldrigáns. Na mesma pedra onde foron insculpidos uns petroglifos da Idade do Bronce aparece unha inscrición latina. Polo de agora non se sabe se é romana ou medieval, pero si o converte en orixinal. Georgeos Díaz-Montexano, en Inscripción "latino-galaica/lusitana" de guldrigáns, parroquia de Troáns, Cuntis (2023) achega unha posible interpetación: "INTVAI/N/CAMAILI F(ilio)/OCAMVT". Di que quizais se teña un mal escrito, ou mal conservado, "CAMALI F(ilio)", ("Fillo de Camali"), pero que tamén poderían pertencer aos trazos das gravuras. "INTVAI" quizais sexa un antropónimo que polo de agora non puido identificar.
Estatuíña de Minerva (Caldas de Cuntis): Atopada no 1834 nun baño de época romana. Esculpida en cobre. Na man esquerda leva un clypeus e na dereita debeu levar unha lanza. 
Castro de Castrolandín: Atopáronse estruturas habitacionais de tradición romana. A Asociación Amigos dos Castros de Cuntis atopou unha ara no centro da vila.
Miliario en Cova (Troáns): Abascal Palazón, en Miliarios romanos de la provincia de Pontevedra (2020), achega a foto do fragmento dun miliario empotrado tras da ventá dun alpendre obtida hai anos por Xoán Losada do que se descoñecen as circunstancias do achado. Permite identificar parte do nome e as titulaturas de Maximino e Máximo.
Miliario: No xardín público de Cuntis, fragmento dun miliario sen epígrafe.
Necrópole: En Cuntis, preto da igrexa, saíron á luz restos dunha necrópole tardorromana.  
Tesouriño: No ano 1908 atopáronse unhas 500 moedas romanas e hispánicas xunto os mananciais dos balnearios da Virxe e O Castro, mais só sete puideron ser estudadas, entre elas un ases de Domiciano, Nerva e Traxano.  
Restos calzada (Vilar de Mato-Cequeril).   



 




 
 



DOZÓN
Epígrafe: Marca de alfareiro: "RVFI OF/OF/MAR", ("Rufus Mercator?)".
Epígrafe: Marca de alfareiro: "(c)AIVS IV(lius)".
Epígrafe: Marca de alfareiro: "... LVI PAT", (Silvius Patricius?).

A ESTRADA
Ara de Matalobos: Localizada por Bouza Brey no ano 1942 no exterior da igrexa de Santa Baia de Matalobos, formando parte da ábsida. "[---]/PA[---]/SEVE/RVS/V(otum) L(ibens) A(nimo)/S(olvit)", ("Ao deus (ou deusa) [---] cumpriu libremente o seu voto a Paulo? Severo"). Di que estaba mutilada nas partes superior e inferior, colocada horizontalmente a catro metros do chan. Supoño que ara está oculta xa que os muros da ábsida foron recebados. Publicada polo mesmo Bouza nun Boletín da Real Academia Galega no ano 1944 baixo o título Ara romana inédita en Matalobos (A Estrada).
Ara aos Deuses Manes: Reutilizada no exterior da igrexa de Rubín. Na parte superior vese unha media lúa e unha cruz latina. No campo epigráfico, na lectura recollida nalgún traballo, lemos: "D(is) M(anibus) S(acrum)/SEVERI/NA A/N(n)OR(um)". Pero despois de realizar unhas fotogrametrías a lectura varía sensiblemente: "D(is) M(anibus) S(acrum)/SEVER/INA (an)/NOR(um)/XVI".
Estela aos Deuses Manes: Reutilizada no exterior da igrexa de Rubín. Vese unha figura esquemática e no rexistro inferior unha inscrición que Gemma Baños Rodríguez (CIRG II, 1991), leu: "DIBVS/MA(nibus) VA[---]/OAN[---]/DO[---]". Di que no lado dereito da figura ten unha decoración xeométrica (dúas aspas). Malia isto, grazas á técnica da fotogrametría, en abril de 2023 observamos que no lado dereito figura unha inscrición onde, en principio, lemos: "CVRA- V S L XX". A descuberta desta inscrición, con independenza se polo de agora estamos errados na interpretación, é unha boa nova para tentar saber que di.    
Ara ou estela: Reutilizada no exterior da igrexa de Rubín. Restos do que puído ser unha decoración xeométrica con arcos. Só se conserva a primeira parte da inscrición:  "DIBVS". 
Unha cuarta ara na igrexa de Rubín: O día 19 de marzo de 2023, nun lateral da igrexa localicei o que pode ser unha ara moi desgastada e que, en principio, só conserva unha parte moldurada. Tamén é probable que outra pedra conteña unha inscrición practicamente borrada. A ver o que nos deparan as fotogrametrías.  
Estela de Berres: Aos Deuses Manes. Na parte superior vese a representación dunha cabeza humana con dous semicírculos en cada lado. Separado por unha moldura vese un sol. Na parte inferior figura a epígrafe: "D(iis) M(anibus)/S(acrum)/VRBAN/IL(l)A AN/NORUM XXV".  No Museo da Catedral de Santiago.
Estela de Colupata (Paradela): Apareceu no monte da Pena de Dona Ana. Rota na parte inferior, representa de forma esquemática o rostro dunha muller, distinguíndose os ollos, nariz e boca; na cabeza semella levar un veo. Adicada aos Deuses Manes: "D(is) MA(nibus)/COLVP/ATA ANN(orum)/[---] XLIX". No Museo de Pontevedra.
Estela de Ouzande: Foi entregada á Sociedade Arqueolóxica no ano 1928 por Camilo Pereira, sogro de Castelao. Aos Deuses Manes: "AN(norum)/LXII/MAN(ibus)/DIVVS". Non se indica nin o nome do defunto ou defunta nin o nome do dedicante. No Museo de Pontevedra.
Estela de San Xián (Guimarei): "[---]/M/PO(suit) MA/RCELL(a)E/AN(orum) XXVI". No Museo de Pontevedra.
Inscrición a Diana: Localizada polo colectivo A Rula na Quenlla dos Carballos (San Xurxo de Vea), nun promontorio rochoso na marxe esquerda do río Ulla, próxima a varios petroglifos. Revisada por Abascal Palazón no mes de setembro de 2021, leu: "Arcisus(?)/T(itus) Aulius/Diana(a)e ex/visu a(nimo) l(ibens) p(souit)", ("Tito Aulius realizou libremente esta dedicación para Diana como consecuencia dunha visión (un soño, algo revelado)". Na parte superior esquerda, separada do campo epigráfico, atópase gravado un signum Christi (crismón) de factura posterior. A partcularidade do nome persoal radica na presenza do cognome antes do nome. (Información achegada por Juan Manuel Abascal Palazón, da Universidade de Alacante). 
Campamento do Castelo: Temporal. De pequeno tamaño. 
Castro de Barbude: Estivo habitado, aínda que non de forma continuada, en época castrexa, romana e xermánica.  Atopouse unha culleriña e un bidente (garfo de dous pinchos) de tradición romana pero que presenta unha decoración máis avanzada, tipo xermánico. 
Castro de Ribela: Bouza Brey, que estudou o castro no ano 1944, atopou un anaco cerámico de época romana coa inscrición "CAMAI".  
Castro de Castrovite (Orazo): Apareceron restos de cerámica fenicia que fornece a idea de que o leito do río Ulla achegou a ese pobo á comarca na procura de estaño dos vales do Arnego, Deza e Ulla onde se documentan a maioría das minas de estaño de época romana en Galicia.
Das 10 epígrafes que recollo no concello da Estrada, 7 están adicadas aos Deuses Manes.
 








 
 



 



 
FORCAREI
Soutelo de Montes: Apareceron xerras cerámicas datadas no s. III d.C. No Museo de Pontevedra.
  

GONDOMAR
Conxunto mineiro do Picoto (Chaín): Destaca a mina a ceo aberto das Fundas de Sarmiento (catalogada por Patrimonio como As Covas de Sarmiento). Ten 250 metros de longo e 170 metros de ancho. Segundo o arqueólogo Gustavo Pascual Hermida puido estar en activo ata a Baixa Idade Media. Localizado por Pascual Hermida o e o xeólogo Óscar Pazo Rodríguez no ano 2013. 

O GROVE
Necrópole tardorromana e villae do Adro Vello (O Carreiro-San Vicente): O nome de Adro Vello vén dunha igrexa, posta baixo a advocación de San Vicente, que funcionou no lugar ata o seu traslado no século VIII. Os primeiros estudos realizounos don Elías Lamelas no ano 1966, mais as primeiras excavacións non encomezaron ata anos despois da man do arqueólogo José Carro que sacou á luz unha vila romana baixoimperial, aínda que en uso dende o século I d.C., cunha actividade relacionada coa salgadura. Superposta atopouse unha necrópole de longa duración datada entre os séculos V e VII ao XVIII. Tamén documentou unha torre ou fortificación dos séculos XII-XIII. O asentamento tiña un patio central en torno ao cal se organizaría a vila, ademais dun atrium ou patio interior pechado. Tamén apareceu unha ara aos Lares Viais, reutilizada como material de construción que se conserva, moi danada, na Facultade de Medicina de Santiago: "Apio L? C? cumpriu co voto prometido aos Lares Viais". O sitio arqueolóxico conta cunha variada tipoloxía de restos: unha factoría de salgadura, unha vila romana, un sistema defensivo, unha igrexa, restos de cerámica ou unha necrópole de inhumación con ata dez niveis. Todo iso avala o potencial de Adro Vello como unha das zonas arqueolóxicas máis importantes do noroeste peninsular.  
Ara: "L(aribus?) V(ialibus?)/De) S(ua) [P(ecunia)]/AL[-] V(oto) P(o)S(uit)".
Ara: D(is) M(anibus) I(nferis) CO/AMEA(e)/DAN(nui) FIL(iae)/VM SV/[---] C [". 
Epígrafe: Descuberta na necrópole do Adro Vello no ano 1972, empotrada no muro norte da igrexa vella. Consérvase a parte superior coa moldura do coroamento con tres figuras decorativas en forma de arquiños. A lectura é problemática, con dúas interpretacións: 1: "DEO/D/EVER/[---]"; 2: "DEO R/EVE R [---]". No Museo de Pontevedra.
Epígrafe: "D(is) M(anibus)/[".
Epígrafe: "[C]AIVS IVL(ius)".
Moeda de bronce na Balea, en San Vicente do Grove. 
Castro de Cantodoxordo: No lugar podemos ver un xacemento de especial interese arqueolóxico, xa que existen diferentes tipoloxías: un castro, unha necrópole (desaparecida na actualidade pola construción de diversas edificacións), e unha posible estrutura habitacional, posiblemente de época romana. Nos arredores tamén existe un cuncheiro. O castro, datado nos séculos IV a II a.C., foi estudado e dado a coñecer por Álvarez Limeses en 1928. Posúe uns 300 metros cadrados, todos eles moi alterados por elementos construtivos de época moderna. Atopáronse restos de tégula e cerámica romana, muíños de man e dúas sepulturas antropomorfas. (Información recollida de Óscar Franco).
Xacemento romano de Currelos do Monte (Meloxo-O Grove).



A GUARDA
Castro de Santa Tegra: Apareceron aneis de bronce, un puñal de ferro con remaches en bronce, restos dunha vaíña, un puñal e unha espada de antenas con folla de ferro. Tamén apareceu unha estatua en bronce de Hércules, hoxe desaparecida, datada na época da dinastía Severa.  
Moedas (Santa Trega): Ases de Augusto e Tiberio, dous quinarios de Carisio, denarios  de Augusto e Triberio, gran bronce de Adriano e dupondio do mesmo, antonianos e mediano bronce de Constancio Cloro, un as de Augusto do tipo touro e unha moeda partida. Museo do castro de Santa Trega.
O Hércules de Santa Trega: En bronce, de 18 cm de alto. Atopado no ano 1862. Ignacio Calvo (2001), na súa memoria das exploracións arqueolóxicas dos anos 1914 a 1920, sinala unha orixe íbera copiado dos modelos romanos. Foi un achado fortuíto que pasou a unha colección particular polo que se descoñece o seu contexto arqueolóxico primario. Cando a peza foi doada ao castro, foi roubada no ano 1987, facéndose logo unha copia a cargo do escultor José Antúnez Pousa. Aínda que se denomina como Hércules, carece dos atributos máis característicos deste, como a pel de león ou a clava. Sen embargo, a posición do brazo dereito da escultura evidencia que se apoiaba nun elemento perdido, tendo en conta, ademais, de que se trata dun home con barba de aspecto impoñente, todo semella indicar que estamos diante dun Hércules (A. Santos Cancelas, 2015). 
Xacemento: No ano 1983 Antonio Español Gil e Antonio Ferreira Lorenzo descubriron un xacemento cando andaban a percorrer a costa da Guarda para localizar posibles salinas. Foi cando deron cun enlousado no litoral, cuxa maior lonxitude se atopaba ao sur do porto, na zona do Seixal e que se extendía ata Sollás e o Puntal, así como nos límites con O Rosal, na súa costa norte. Ferreira Lorenzo realizou a medición dun tramo que superaba os 180 metros de lonxitude no Seixal. Daquelas, os descubridores puxéronse en contacto con varios museos, mais non recibiron resposta. No mes de agosto de 2015, baixo a dirección de Mar Cortegoso, comezaron as escavacións do xacemento para datalo e coñecer as súas dimensións. 
Salinas do Seixal (Camposancos): Escavadas no ano 2019. Os trabalos arqueolóxicos realizáronse nunha extensión de 52 metros cadrados. Salinas de época romana que funcionaba mediante a evaporación solar para a salazón do peixe. As estrututas localizadas constan de dez tanques realizados de forma escalonada, con enlousados de pedra e muretes separados levantados con lousas. Localizouse un sistema de canles que abre zonas de paso para o acceso a distintas áreas da salina. Apareceron restos de material castrexo e romano, como unha pedra para moer e cerámica. (Extraído de Óscar Franco en PG). 
Moedas: Aparte das do castro do Trega, apareceron once moedas, cinco de entre Constantio I e Consancio II.
  


ILLA DE AROUSA
Necrópole do Campo dos Bufos: No ano 1931, un veciño da illa, ao buscar pedra para súa casa atopou o que semellaban unha serie de sepulcros. Pouco despois, Calvo Sampedro, delegado de Bellas Artes,  Filgueira Valverde e o fotógrafo Raris desprazáronse ata o sitio, pero foi dada a coñecer nos anos trinta do pasado século XX polo médico compostelán Varela Santos. Apareceron restos materias latericios e fragmentos de cranios. Na ficha confeccionada por García Díez no 1963 di que a necróple está situada no camiño do Faro do Cabalo, cunha extensión aproximada de 70 por 40 tumbas, pero que quedaba bastante por escavar. Na Illa, xornal dixital independente da Arousa informou en xullo de 2011 sobre a preocupación de moitos veciños polos danos que puidera ocasionar á necrópole a construción dun sendeiro peonil. O mesmo xornal (xaneiro de 2010) informaba sobre o abandono do xacemento. A necrópole é de orixe prehistórica, logo reutilizada en épocas posteriores; atopáronse cerámicas fenicias e moedas de época altoimperial romana.  
Xacemento da Praia do Naso
: Non moi lonxe do Campo dos Bufos. Localizado no ano 1963, apareceron varias estruturas, tégula, anacos cerámicos e vidros.
Moeda: No ano 1954 atopouse unha moeda de Domiciano.


LALÍN
Igrexa de Moneixas: D. Luis López Barredo, cura párroco de Moneixas, di que no Libro de Confirmados de San Adrao de Moneixas e Santiago de Catasós, que se formou polo mandato do bispo Juan Sáenz de Buruaga, sendo cura Pablo de Verea y Aguiar, no ano 1763, lese: "No ano 1773 fabricouse na igrexa de Moneixas a capela da Señora Santa Lucía... de cuxo sitio no ano 1737 atopei un colateral de pedra, e a adega, e no sitio que fora un antigo sepulcro atopouse unha lápida pequena, cuns caracteres romanos, que indican ser da Era 139, corresponden ao primeiro século de Gracia e ao tempo de predicación en Galicia dos gloriosos bispos S. Teodoro, S. Atanasio e S. Capitón, primeiro bispo de Lugo, discípulos do noso Patrón Glorioso San Santiago... Ditos caracteres son semellantes a outros que se atopan noutro tempo copiados da Historia intitulada Anales de Galicia; e ademais delo atópanse gravadas noutra lápida dúas cruces, co que se demostra foron da fábrica de Católicos Romanos, e non Arrianos... D. Frei Francisco Armañá, bispo e señor de Lugo, ao tempo fixo visita á devandita igrexa, recoñeceu a lápida e mandouna colocar no sitio onde se atopa. A referida lápida áchase embutida e gravada nunha das cepas do arco da capela de Nosa Señora das Angustias". Continúa D. Luis que tamén no interior da igrexa, xunto a base dereita do arco, hai unha pedra que atopou no horto da reitoral; ten pola parte de atrás unha cornamenta dunha cabra, e pola dianteira, unha carroza romana con algunhas letras ilexibles, algún anagrama e nas catro esquinas unha estrela moi desgastada. Nunha visita que fixen a igrexa o día 17 de xaneiro de 2015, esta última pedra, segundo me contou o sacristán, desapareceu hai anos. O escrito parroquial tamén cita unha "cripta" que non se sabe onde está.
Estelas de Bermés: Catro estelas atopadas no ano 1978 con motivo da construción dun panteón preto da igrexa de Bermés, á beira do Carballo Grande de Bermés. 1: "D(is) (M(anibus) S(acrum)/CRESO/PES/A(nnorum) LV", ("Consagrado aos Deuses Manes. Cresopo, de 55 anos"). 2: "D(is) M(anibus) S(acrum)/MA(n)SV/ETA/AN(norum) LXV", ("Consagrado aos Deuses Manes. Mansueta de 65 anos"). 3: "AN(norum) XXV", ("De 25 anos"). 4: Mostra unha decoración a base de círculos e semicírculos, e na parte superior o que puído ser unha figura antropomorfa. No Museo de Pontevedra.
Ara a Diana (Moimenta): Atopada cando uns obreiros derrubaban un muro nunha finca do señor Vilariño, noticia que foi recollida, entre outros, por El Correo de Galicia do 24 de maio de 1916. "DIAN(a)E SACR(um)/S P L D/[EX] V(oto)/[---]". No Museo de Pontevedra.
Ara anepígrafe (Alemparte): Dada a coñecer en marzo de 2023 polos investigadores Pablo Sanmartín e Daniel González Alén. Reutilizada como pousadoiro nun cruceiro situado nas inmediacións da igrexa parroquial. Está do revés, o tocón que se utilizaba para asentala no chan está para arriba. Conserva as molduras nas partes superior e inferior.     
Fragmento  de ara a Coso: De procedencia descoñecida, atopada na comarca de Lalín.
Epígrafe: "]/AN(norum) XXV". 
Minas de estaño de Cercio, Losón, A Cova de Xila (Sello), Vilatuxe e Zobra.    
Castro romanizado de Gresande.


 



 

 
A LAMA
Calzada do Camiño da Brea (Verducido). 

MARÍN

Ara do castro da Subidá: Ara moldurada e con focus na parte superior. Polas fotogrametrías realizadas por Alex Negereira, apréciase claramente que carece inscrición. No Museo Municipal Manuel Torres de Marín.
Castro da Subidá: Apareceu unha moeda adicada ao emperador Antonino Pío (138-161), cerámica común, ánforas, alfinetes e outras pezas.   
Miliario: Na actualidade no Museo de Pontevedra.  
Moedas: No casco urbano apareceron seis moedas de bronce. En Mogor moedas, entre elas, un as de Adriano (na praia), e outras de Claudio I e Teodosio. 
Praia de Aguete (Aguete-Seixo): Fragmentos de ánforas.
Xacemento de Portocelo (Mogor): Apareceron varias moedas atribuídas a diferentes emperadores que gobernaron entre os séculos I e IV (Claudio, Adriano, Gordiano Pío e Teodosio).  
 
 
MEIS
A Xesteira (Paradela): Achado.
Ara de Santo Tomé de Nogueira: Atopada no ano 1976 polo cura párroco de Santo Tomé Manuel García Piñeiro que fixo entrega a Maximino Nogueira Paz, párroco de San Vicente de Nogueira, quen a trasladou para a finca da casa reitoral, utilizándoa como soporte dunha mesa do xardín. Estaba detrás do retábulo de madeira da igrexa parroquial de Santo Tomé. Ao parecer fora utilizada noutro tempo como pé do altar. Foi examinada no mesmo ano por Isidoro Millán González-Pardo, Alfredo García Alén e Luis Monteagudo, e posteriormente o primeiro volveuna a ver en compañía de Antonio de la Peña que a fotografaron no ano 1979. García Alén asegurou que xunto a igrexa apareceran anacos de tégula. Moi alterada, foi repicada. Leron: "AQV/I NAVI/COLI/V.Q/PER", interpretado: "AQV/EI NAVI/COLI/V(otum)/Q(uintus)/P(sosuit) E(x) R(editu)", ("Á auga en que andan as naves puxo Quinto un voto, polo seu regreso"). Adicada por Quinto a unha divindade das augas.
 
   
MOAÑA
Ara de Domaio: Foi atopada no ano 1983 nunha praia de Domaio, entre os escombros procedentes da autostrada Pontevedra-Vigo. Rota na parte superior, con base e cornixa. Na cornixa restos de decoración xeométrica e molduras. Pola esquerda está cortada de arriba abaixo.  "[---]VCI LOI/[---]ILCLROI/[---]ONIO F(i)L(io) D(ulcissimo)". 
Castro de Monte Alegre: Nas escavacións efectuadas por Losada Diéguez nos anos 1925 e 1926 saíron á luz estruturas habitacionais redondas e ovaladas, ademais de fíbulas e moedas de época romana.    
O Casal: Localizáronse foxas semiesféricas, algunhas con vasillas de cociña e de almacenamento.    
Facho de Donón: Posible faro de orixe romana.
Moeda de Constancio II (Torre de Meira): No ano 2021, na posta en valor da Torre de Meira pola empresa Árbore Arqueoloxía, apareceron dúas moedas, unha medieval e outra romana do século IV, datada entre o 347 e 348 d. C.  
Moedas: Moedas de ouro e prata en Domaio.



MONDARIZ
Ara: O Museo Municipal de Ponteareas garda un fragmento de ara procedente de Mouriscados.
Ponte de Cernadela: Apareceu unha ara e restos cerámicos o que fai supoñer que a ponte formaba parte dunha calzada romana. 
Inscrición: "[---]/V(otum) S(olvit)/[---]".
Inscrición: "[---]SIVS/CVDATO F(ecit?)".
 
MORAÑA
Xacemento do Petouto (Paraños-Gargantáns): Localizado ao realizarse un desmonte para a construción do campo da festa. Apareceron tégulas e pedras de cor negruzca, con abundantes carbón e cinsas. Quizais se trate dun forno romano. 

MOS
Busto bifronte: No Museo de Pontevedra. De granito, datada entre o s. I a. C.-I d. C. Posible divindade clásica de dúas caras asociada a Xano. Un corresponderíase con Xano e o outro coa súa muller. 
Busto: No Museo de Pontevedra. De granito, datado entre o s. I a. C.-I d. C. Figura feminina que se podería corresponder coa muller da anterior. Asociadas a restos da vila romana de Dornelas 
Lápida funeraria de Titus (Cela): En mármore. Século I-II d. C. De Tito Cananio Marceliano: "[TI]TO CANANIO/[M]ARCELLIANO/ANN(orum) XVII/[CA]NANIVS MONTANVS/[FA]BIA MARCELLA/EX T(estamento) DOMINO/ PIISSIMO/F(aciendum) C(uraverunt)". No Museo de Pontevedra.   
Estela de Louredo de Fronto Loveio Siculo: "FRONTO/LOVEIV(s)/SEICVIVS AN(norum)/LX H(ic) S(itus) EST M(onumentum)/F(aciendum) C(uraverunt) F(ilii) DVO". No Museo de Pontevedra. 
Miliario do Marco (Vilar de Infesta): Dado a coñecer no ano 1898. Coñecido tamén como Anta da Mamiola ou de Santiaguiño das Antas. Actuaba como marco divisorio entre as parroquias de Vilar de Infesta (Redondela) e Guizán e Louredo (Mos). Coa última denominación coñecíase na Idade Media. Piñeiro atribúello a Traxano (s. II d.C.). Aínda se atopa no lugar orixinal, preto da capela de Santiaguiño das Antas, antigo Camiño Real. A primeira inscrición está moi deteriorada; vense letras soltas: "D", "O", "V", "X" e "SS", e unha palabra "FILI" (?) (Rodríguez Martínez, 2007). Crese que os veciños e devotos ao non entender a lenda latina, converteron en cruces os trazos rectos das letras, facéndoas desaparecer, cristianizándoo. Ao seu redor aínda se practican certos rituais: santiguarse cando pasan ao seu lado, dador de sorte, profiláctico e fonte de fecundidade. As mulleres estériles fregaban o ventre contra a pedra para seren fértiles. No ano 1931 foi adquirido pola Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, facendo unha réplica para substituílo, mais os veciños opuxéronse, polas propiedades que tiña, ao seu traslado a pesares do mandato á Garda Civil de cargar contra eles, que impediron Sampedro Folgar e Filgueira Valverde. E alí quedaron o miliario orixinal e a réplica.




AS NEVES
Canle de auga (Vide).  
O Monte (Tortoreos): Escavacións realizadas por Santiago Ferrer Sierra. Apareceron catro fornos de diferentes dimensións, de planta circular na zona da cámara de calor e cinco arcos para a sustentación da grella. Adicados á cocción de tellas e ladrillos. Datados nos séculos III-IV d.C.  
Castro do Coto de Altamira: Romanizado, apareceron unha estatuíña de Mercurio e un xenio togado en bronce (s. I-III d. C.), fragmentos de estatuas, pezas de bronce (pedestal para unha estatua, árula, pé descalzo), un brazo en bronce pertencente a unha estatua, rota por riba do cóbado, coa man estendida, e unha lucerna decorada realizada en bronce. 
Moedas: No castro de Altamira, moedas romanas, unha de Galieno. 
 


 
 

NIGRÁN
Mosaico romano (Panxón): Mosaico con temas mariños do século III d. C., cunha gran calidade técnica, cuxo motivo principal é un gran peixe rodeado de flores de auga, ameixas, etc. Foi atopado no século XIX pola familia Puga. Segundo noticia do mes de febreiro de 2019, Nigrán vai recuperar o mosaico ao que se lle perdera a pista no ano 2000, cando foi vendido nunha casa de subastas en Madrid. Na actualidade atópase na galería de arte e antigüidades Carlton Hobbs de Nova Iorque. Será a sociedade Acción Cultural Española quen o merque por 58.000 dólares para devolvelo ao Concello de Nigrán, 40.000 achegados polo Concello de Nigrán e 18.000 pola Asociación para a Repatriación do Mosaico Romano de Panxón grazas ás doazón de particulares. O primeiro que realizou o estudo do mosaico foi Acuña Castroviejo nos anos setenta do pasado século XX, quen xa indicou a existencia dunha vila relacionada coa actividade pesqueira, como tamén o testemuñan outros achados de ánforas, moedas, etc. As primeiras referencias documentais do mosaico data do século XIX, un manuscrito que Acuña recibiu de mans de Xosé María Álvarez Blázquez que indica que apareceu no sitio chamado O Castro e que pertenceu a unha veciña, Umbelina González Lavandeira, que o tiña na súa casa de Panxón. A finais do XIX pasou á colección de Santiago Ricardo Blanco-Cicerón onde se conservou ao longo de todo o século XX, ata que se vendeu na Galería Castellana de Madrid no ano 2000, reaparecendo no 2018 no catálogo da casa de Nova Iorque co número de referencia 9127. 
Ara a Mercurio (Panxón): No Museo Quiñones de León de Vigo: "MERC/VRIO/ARA/FESTVS/FCIT" ("Festus fíxolle esta ara a Mercurio"). É probable que o tal Festus fose un comerciante e que mediante esta ofrenda tentase favorecer as súas transacións comerciais.
Moedas: En Panxón.
 
  
 

OIA 
Castro do Bosque: Moeda de bronce de Claudio. 
Restos calzada xunto a ponte de Viladesuso (Viladesuso).  
Pilón de Mougás (Bouza Fariña-Mougás): En granito. Século III d. C. Segundo algúns estudos servía para queimar ás vítimas dos cultos realizados por un tal Silius Eorinus: "SILI EORINI/LACV[us]/ HOS(tis)/". Unha lectura máis recente propón: "Sili · Florini / lacu{u hos(to?)"; o pilón, considerado unha pía sacrifical, podería ter unha función artesanal relacionado coa actividade oleícola; o término hostus aplicaríase ao produto resultante do prensado da masa da oliveira moída; o término lacus podería relacionarse con lagares. Creo que a lectura correcta é a primeira. No Museo de Pontevedra.
Salina de Aguncheiro: Situada no lugar do Porto (Aguncheiro-Mougás). Trátase dunhas estruturas rectangulares co chan empedrado. Posiblemente este chan estaba cuberto con algún tipo de argamasa que favorecía a recolleita da sal por medio da evaporación da auga do mar pola acción do vento e do sol. Foi descuberta por un veciño do lugar despois dos temporais do mes de febreiro de 2017 que a deixaron á vista. Próximo a esta salina, no lugar de Lagoas, na parroquia de Vilasuso, atopouse outra despois do mesmo temporal. No mes de setembro de 2017 comezouse a traballar na catalogación e documentación destes achádegos. (Información de Óscar Franco en patrimonio galego.net). 
Xacemento de Boa Ventura: Os traballos de preparación dunha plantación de kiwis arrasaron o xacemento (onde tamén se atopa unha estación de gravuras rupestres da Idade do Bronce). O Instituto de Estudos Miñoranos presentou unha denuncia ante o Seprona o que obrigou á Dirección Xeral do Patrimonio a ordenar ao Concello a paralización das obras, mandato do que o alcalde fixo caso omiso, dicindo (cita de La Voz de Galicia): "O único que pode paralizar a obra é o alcalde, e non o fixen porque Oia ten que mirar ao futuro, non ao pasado, e unhas pedras non poden ser obstáculo". Sen comentarios.
Moedas: No castro do Bosque, un bronce de Claudio.
   



 

PAZOS DE BORBÉN
Mansión Burbida: A situación desta mansión non é compartida por todos os investigadores. J.J. Moralejo aduce que é imposible a menor continuidade regular fonolóxica e gramatical, dubidando de que o actual Borbén poida remitirse a un *Burbid-én- derivado do antigo Burbida.
 
POIO
Anel: Atopado en Portosanto. De bronce. S. I-III d. C. No Museo de Pontevedra.
Epígrafe: Frei Martín Sarmiento, no século XVIII, fixo o debuxo dunha epígrafe, da que nada se volveu a saber, que viu en Vilanova "a cien pasos" de San Xoán de Poio. Segundo Sarmiento, un labrego levouna para a súa casa, utilizándoa para afiar coitelos. Foi publicada en CIL II, no catálogo de Filgueira Valverde e García Alén e noutros moitos sitios. Theodor Moommsen, o fundador do CIL no século XIX, deuna como funeraria.     


PONTEAREAS
Vila de Angoares: No lugar onde se levanta a igrexa parroquial de Angoares atopouse un hipocausto, tégulas e moedas.  
Capitel tardorromano (Couso-Guláns): Ao parecer foi atopado no monte de San Cibrán, forma parte do basamento dun cruceiro. Outras noticias falan de que estaba na ermida dedicada a San Martiño. 
Miliario de Ribadetea: No libro Anotes históricos de Puenteareas, de Piñeiro Grova, faise mención a un miliario que os veciños utilizaron de pesa para prensar as uvas. Descoñécese o seu paradoiro. (Información de Jhonathan Zúniga).  
Tesouriño: No lugar de San Mateo de Oliveira, parroquia de Arnoso, atopouse no ano 1947 unn tesouriño dunhas 150  moedas de prata. Cavada Nieto describe nove denarios, todos do século I d.C., agás un da segunda década do II. 
Castro de Troña: Moedas de época romana, dous bronces con burato e un gran bronce inclasificable.  

PONTECALDELAS
Explotación mineira de estaño de Tourón.
Mansión: Turoqua no Itinerario de Antonino e Turaqua no Anónimo de Rávena, que adoita situarse en Tourón (e tamén en Pontevedra), hipótese da que dubida J.J. Moralejo. Manuel Santos sinala ao castro da Peneda, en Soutomaior.

PONTECESURES
Ara aos Lares Viais (Requeixo): Atopada no ano 1918 cando a demolición da capela de San Xián de Requeixo; ata o ano 1931 exhibíase nas ruínas de San Domingos de Pontevedra; non existen datos sobre as súas dimensións xa que só se conserva unha foto do Museo de Pontevedra: "S(ulpicius) LVPVS/VO(tum) S(olvit) L(ibens)/LARIBVS/VIALIBVS", ("Sulpicius Lupus cmpriu o seu voto aos Lares Viais, de boa vontade"). 
Fragmento de ara a Xúpiter: Atopada xunto a ponte: "IO(vis)/OPTI/MO MAX/IMO/A(ram) P(osuit) T(itus) LI/CIN (us?)". No Museo de Pontevedra.
Ara: "]/VOT(um)/RET/VLIT".
Ara: "L(ucius) ACI/[---] VRI".
Epígrafe: "]A O[".
Epígrafe: "]AGI[".
Moedas: Moeda de ouro de Tiberio, unha de prata de Vespasiano e varias de Augusto, Tiberio e Vespasiano, unha de Domiciano, dúas de Nerva, unha de Traxano, dúas de Carteia, unha de Agripa e varias de Claudio Constantino III.
 

 

PONTEVEDRA
Foi Ceán Bermúdez no 1832 quen deu noticias da existencia de restos romanos na cidade de Pontevedra entre os modernos edificios. A Sociedad Arqueológica de Pontevedra, da man de Sampedro y Folgar, documenta os primeiros achados, todos casuais, sen intervención arqueolóxica, panorama que pouco muda nas décadas seguintes. É a partires dos anos oitenta cando se pode empezar a falar de investigación arqueolóxica (De la Peña Santos, García Escudero, Soto Arias...). As primeiras teorías sobre a orixe da cidade están na mitoloxía, tomando como referencia os clásicos Estrabón, Plinio, Silio Itálico..., sinalando aos gregos como fundadores do primeiro asentamento e cuxa fundación se debía ao heroe Teucro, como así o recolleu no século XVI Florián de Ocampo e Pedro de Medina, mito ao que non son alleos o P. Sarmiento e o P. Flórez no século XVIII. Claudio González Zúñiga escribe Historia de Pontevedra, o sea de la antigua Helenes fundada por Teucro (1846). Da segunda metade do século XVI é a inscrición colocada na antiga Casa do Concello: "Fundote Teucro valiente de aqueste río en la orilla para que en España fueses de villas la maravilla", o simbólico centro do gremio de mareantes coroado por unha figura de Hércules que o propio texto da peza identifica como Teucro, e mailas representacións escultóricas de idéntico heroe, suplantando iconograficamente a descoñecida imaxe de Teucro, existentes na fachada e cresterías da basílica de Santa María. Murguía dáballe unha identidade céltica á cidade. As investigacións levadas a cabo nos últimos tempos desbotan unha fundación anterior á época romana (F. Pérez Losada, 2002). Os achádegos arqueolóxicos sinalan que Pontevedra puído ser a antiga Turoqua na vía romana XIX. A mansión situaríase xunto a ponte sobre o río Lérez, moi posiblemente no século I d.C., para protexer o seu paso. Crese que esta ponte estaba un pouco máis abaixo da actual do Burgo, seguindo o trazado dunha calzada logo tapada.
Mansión: Seguindo a J.J. Moralejo, a cidade de Pontevedra deixou de ser Ad Duos Pontes da vía per loca maritima, e pasou a ser Turoqua (Itinerario de Antonino) ou Turaqua (Anónimo de Rávena) da vía XIX. Identificación que dá pé a lembrar o mito citado por Estrabón e Xustino que pon nas costas galegas ao heleno Teucro, mito que parece ser de tempo renacentista (Filgueira 1962, e Peña 1996). Hai investigadores que a sitúan en Tourón (Ponte Caldelas), e Manuel Santos inclínase polo castro da Peneda, en Soutomaior.   
Relevo de Vestio Alonieco (Lourizán): Representa nun baixorrelevo unha figura cunha gran cabeza que leva dous cornos e cabeleira ou un casco con dous cornos, longo queixo (ou barba), e dúas enormes mans cos dedos abertos. Preto do lugar deste achádego atopáronse un anaco de ara anepígrafe e dúas aras adicadas a Vestio Alonieco (ver Aras a Vestio Alonieco). Xa dende o primeiro momento relacionouse o relevo co deus ao que fan referencia as aras. Sobre esta peza, chamada sempre Vestio Alonieco sen máis base que o nome das aras (as pezas, descontestualizadas, estaban reutilizadas nunhas construcións, segundo Bouza Brey, "incluso habitaciones interiores"), verquéronse moitas opinións. O relevo foi asimilado a Ares, Marte o Galo, Cermunnus e ao Minotauro cretense. Tamén se dixo que os cornos non fosen tal, senón unha coroa floral. Popularmente asociouse co demo, e Benoit, nun estudo icónico de Mercurio, demostra que baixo esa figura aparécese moitas veces o demo cristiano. Datado entre os séculos II-IV d.C. Na proximidade das pezas hai un castro e apareceron un miliario de Adriano, sepulturas de tégulas, unha tampa de estola e 80 bronces romanos, así como unha phalera datada nos séculos IV-V d.C. No Museo de Pontevedra.
Aras a Vestio Alonieco ou Aloniego (O Igrexario-Lourizán): S. II-IV d. C. Nunha lese: "DEO V/ESTIO/ALONI/ECO (ou EGO) AR/AM/P(osuit) SEV/ERA/[---]", ("Severa puxo este altar ao deus Vestio Alonieco"). Na outra lese: "DEO VESTI[o] ALONI[e]CO"; a falta da parte inferior impide ler o/a dedicante. Estaban, xunto co relevo de Vestio Alonieco, nunhas contrucións, polo tanto descontextualizadas. Ingresaron no Museo de Pontevedra no ano 1944.
Ara de Campañó: Actúa como pé do altar da capela do San Paio: "+ ANN/+ AVA/C. + AV/++ VS +/+ V S L M". Debido ao mal estado de conservación non se pode saber o teónimo.
Ara no convento de Santa Clara: No Diario de Pontevedra do 23 de xaneiro de 2022 lemos que a Deputación de Pontevedra localizou unha posible ara anepígrafa no convento de Santa Clara. Foi a raíz da visita que o 12 do mesmo mes realizaron integrantes do Consello Asesor do Museo. Sobre a peza había un utensilio de cociña que as monxas deixaran sobre ela cando abandonaron o convento no ano 2017. Malia o anterior, non se trata de ningunha ara inédita xa que Antonio Costa, segundo lemos no mesmo diario do 12 de xuño de 2016, xa dera conta dela, sinalando que "Hai 40 anos a imaxe de Santa Clara, que decora a fachada da igrexa, non sempre estivo na ubicación actual, estaba posta no oco que ten debaixo, enriba dunha ara romana". Na segunda década dos anos setenta, cando o investigador comezou a colaborar co Museo de Pontevedra, falou coa superiora do convento para acceder ao recinto e estudala de preto, o que non se lle permitiu por ser de clausura. 
Ara de Tomeza: Descubriuse a un quilómetro da ponte do Couto. Ten a particularidade de estar escrita coa maioría das letras ao revés, para ser lida de dereita a esquerda. Segundo Filgueira Valverde e García Alén (1954), formaba parte doutra composición, segundo revela a labra dun robustísimo moldurado do seu reverso. Foi atopada no ano 1898. Raúl Villanueva achegoume a lectura: "[---?]/IVNIVS/FILIVS VSL/ARIS D/EDIT/[---?]". Correspóndese coa epígrafe 104 do Corpus de Inscricións Romanas de Galicia, tomo II da provincia de Pontevedra. Quizais dedicada aos Lares Viais, se ben di Raúl que se asemella a unha lápida funeraria.  
Inscrición (Campañó): Segundo Baños, a lectura das dúas primeiras liñas corresponde ao nome da divindade (SANN/OAVA), cuxa lectura é segura, aínda que o nome puidera estar mal escrito. Tampouco se pode concluír se a denominación é dun só elemento ou composta de dous.   
Miliario (O Pazo-Salcedo): Adicado aos emperadores Maximino e Máximo, atopado no ano 2009 durante unhas obras do AVE, no lugar de O Pazo, en Salcedo. Segundo Abascal Palazón (2023), no interior das letras conserva o color vermello da rubricatura que propiciaba a lectura nas inscricións en granito, para o que se utilizaba con frecuencia o cinabrio, como deixou constancia Plinio. No Museo de Pontevedra. (Ver lectura da epígrafe xunto a foto).
Miliario (O Pazo-Salcedo): Atopábase cravado nun camiño en posición invertida. Foi extraído nas intervencións arqueolóxicas no ano 2007. "[------]/[---]+IO+[---]/[---]+IN[---]" (Abascal Palazón, 2020). No Museo de Pontevedra.
Miliario de Adriano (Salcedo): Situado na vía XIX que discorría entre Braga e Lugo, foi dado a coñecer por Martín Sarmiento no ano 1762 como procedente do lugar de Almuíña. O P. Flórez, en Estado antiguo de la Iglesia Iriense, y Compostela, hasta su primer Arzobispo (1765), di que servía de pedra dun lagar en Almoiña. Segundo algúns investigadores, o miliario pode ser a proba que identifique a cidade de Pontevedra coa mansión Turoqua; aquí habería unha ponte romana que curazaría o río Lérez. Lectura: "IMP(erator) CAES(ar) TRAIANVS HA(d)/RIANVS AVG(ustus) P(ater) P(atriae) PO/NT(ifex) MAX(imus) TRIB(unicia) POT(estate)/XVIII CO(n)S(ul) III A L(uco) AVG(usti) M(ilia) P(assum) LXXXXV". No Museo Provincial de Pontevedra. 
Miliario de Adriano (Ponte do Burgo): Descuberto preto da Ponte do Burgo no ano 1988. Adicado a Adriano, está datado no 133 d.C. O día 25 de abril de 2015, Ramón Rozas, nun artigo no Diario de Pontevedra, denunciou que, despois de pasar anos xunto o resto dos miliarios no Edificio Sarmiento, fora trasladado para o restaurante Ultramar, no mesmo edificio, lamentable ubicación entre mesas, altavoces, pratos, mobles, etc. A finais dese mesmo mes, despois dunhas incribles xustificacións por parte da Deputación Provincial, foi trasladado para o museo. “IMP(erator) CAES(ar) DIVI TRAI/AIANI PARTHICI FIL(ius)/DIVI NERVAE NEPOS TRAIANVS HADRIA/NVS AVG(ustus) P(ater). P(atriae) PONT(ifex)/MAX(imus) TRIB(unicia) POT(estate) XVIII/CO(n)S(ul) III A L(uco) AVG(usti) M(ilia) Passuum)/LXXXXVI”, (“O emperador César Augusto Traxano Adriano, pai da patria, Pontífice máximo, coa tribunicia potestade pola décima oitava vez e consular pola terceira, fillo do divino Traxano Pártico e neto do divino Nerva. 96 millas dende Lucus Augusti”). 
Miliario (Alba): Atopado a comezos do século XX formando parte do umbral dunha vivenda en ruínas de Santa María de Alba. No Museo de Pontevedra. (Ver a lectura de Abascal Palazón xunto a foto do miliario).
Miliario (Salcedo): Adicado a Licinio, ano 311-322 d.C.   
Miliario de Caracalla (Alba): Dado a coñecer no ano 1955. Formaba parte da xamba da entrada dunha casa. Datado no ano 213 d.C. De difícil lectura xa que as letras atópanse moi erosionadas. Custodiado no Museo de Pontevedra.   
Miliario de Cerponzóns: Dedicado a Magnencio. Datado entre o 350 e o 353 d.C.; dado a coñecer no ano 1955, actuaba como columna dun alpendre: "D(omino) N(ostro) MAG/NO MAG/NE(n)TIO PIO/FELICI AV/GVSTO BONO/RE(li)I PVBLI/(c)AE NATO". 
Miliario de Nerva: Descuberto por Xurxo Constela no ano 2007 nas escavacións na Praza de Valentín García Escudero na cidade de Pontevedra. "IMP(eratori) NERVAE CAES/ARI AVG(usto) PONTIF(ici) MAX(imo)/TR(ibunicia) POT(estate) CO(n)S(uli) III P(atri P(atriae)/[---]". Consérvase nos almacéns do Concello. (Abascal Palazón, 2020).
Miliario da Ponte do Couto (Salcedo): Descuberto no ano 1895 por J. Casal y Lois cando as obras do ferrocarril a Redondela, "no muy lejos del Puente del Couto... a un quilómetro de Pontevedra". Foi depositado na Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra; na actualidade atópase no Museo de Pontevera. Juan Manuel Abascal Palazón (2023) le: "IMP(erator) CAES(ar) C(aius) IVL(ius) V(erus) MA/XSIMINVS (!) PIVS FELIX/AVG(ustus) GER(manicus) MAX8imus) DACICVS//MAX(imus) SAMATICVS MAX(imus)/PONTIFEX MAX(imus) TRIB(uniciae) POT/ESTATIS (!) D E (!)IMP(erator) VII PATER/PATRIAE CONS(ul) procon(sul)/ET C(aius) IVL(ius) V(erus) MAXIMVS/NOBILISSIMVS CAES(ar) GER(manicus)/MAX(imus) DAC(icus) MX(imus) SARM(aticus) Max(IMUS)/PRINCEPS IVVENTVTIS FI(lius) D(omini) N(ostri)/IMP(eratoris) C(ai)IVL(i) V(eri) MAXIMINI P(ii)/FE (vacat) L(icis) AVG(usti) VIAS ET PONTES TEMPORE VETVSTATIS (!)/CONLAPSOS RESTITUERVNT CVRANTE (!) Q(uinto) DECIO LEG(ato)/PRO PRAETORE". Dedicado a Maximino e Máximo e datado entre os anos 235 a 238 d.C.
Rúa Princesa: Apareceron restos dunha casa con hipocausto dos séculos III-IV. 
Tesouriño: No ano 1847, nunha leira denominada O Coto, na parroquia de Santa María de Xeve, apareceu un tesouriño formado por varias moedas de ouro e cobre que abrangue dende Nerva ata Valentiniano II. Cavada Nieto cita moedas de cobre nun sartego.
Moedas: No castro de Bora apareceu un sestercio da época de Cómodo (desaparecido). No castro de San Cibrán atopouse unha moeda de Vespasiano. En Deiro (Tremoedo), moedas de Valentiniano I, Valentiniano II e Arcadio. En Lourizán arredor de 60 moedas. En Tomeza moeda tipo caetra e bronce de Vespasiano.
Selo (Pontevedra): De ouro (s. I-III d. C.).
Ao final das fotos: Porque non se pode visitar a sala do Museo de Pontevedra onde se atopan os miliarios?








 
 







 
PORQUE NON SE PODE VISITAR A SALA DO MUSEO DE PONTEVEDRA ONDE SE ATOPAN OS MILIARIOS? O día 25 de abril de 2015, Ramón Rozas denunciaba no Diario de Pontevedra que un dos miliarios, o de Adriano, atopado no ano 1988, fora trasladado para un restaurante situado no mesmo Edificio. O día 30 de abril do mesmo mes, Ernesto Vázquez-Rey, en pontevedraviva.com, facía outro tanto. Despois de moitas presións (e dunhas incribles xustificacións por parte da persoa responsable da Deputación Provincial, de quen depende o museo) foi levado para xunto o resto, situados na planta baixa, nunha sala abovedada do museo. No ano 2017, a Fundación Malvar advertía do deficiente estado de conservación dos miliarios. O día 21 de outubro de 2023, volvín preguntar porque non se poden ver? Unha persoa das que atenden o museo deume un teléfono e un correo electrónico para solicitar a visita. Non sei exactamente cantos miliarios hai nesa sala, pero debe andar pola ducia. O único á vista, situado no espazo dedicado á época romana, é o fragmento dun procedente de Salcedo. Por certo, tamén me dixeron que dende o interior do restaurante poden verse os miliarios. Non o comprobei, pero se é así, manda nabo.

O PORRIÑO 
Estelas funerarias de Atios: Unha, dedicada por Severus, presenta unha figura humana que porta dous recipientes nas mans e debaixo a inscrición funeraria: "DIBVS/MANIB(u)S/ D(e)SCE(ssit) SE/VERUS/AN(n)OS/[---]". A outra é anepígrafa e discoidea, cunha cruz insculturada dentro do círculo. No Museo de Pontevedra. 
Xacemento de Quintela (Mosende).  
Xacemento do Monte das Penizas (Caselas-San Salvador de Budiño).   
Ponte das Amiadosas (As Gándaras de Budiño): Xunto o pontillón da Granxa, parece que discorría unha antiga vía romana.

PORTAS
Vestixios nos lugares da Estación e Parada (Portas). 
Castro romanizado do Monte do Castro (Romai Vello): Atopáronse ánforas e muíños circulares e naviformes. 
Ara: "QVID/FVI Q". 
Ara votiva do Peso (Romai Vello): Atopada a finais do 1975. Do s. I d.C., está dedicada a Coso. Só se conserva un fragmento no Museo de Pontevedra. Cómpre destacar que, mentres o nome do fillo é indíxena (ao igual que o deus), o do pai é romano: "[D]EO CO/SO ESO/AEGO FLA/VS/ VICTO[ri]S V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)". 

REDONDELA
Estela de Sobreira (Santa María do Viso): Parte superior dunha estela que representa dentro dun nicho un busto feminino, togada e con veo. A inscrición está moi desgastada, só se le: "CA[---] CARII". 
Restos calzada (Cesantes).  
Miliario de Cesantes: Adicado a Marco Aurelio, exposto na Casa da Torre. Foi localizado na leira denominada O Sobreiro, próxima á Fonte dos Frades, no ano 1975: "IMP C P S/NVMERI/ANO/INVICTO/AVG"
Miliarios de Outeiro das Penas (Cesantes): Un, anepígrafo, foi atopado nunha leira no ano 1975. Un segundo foi descuberto a finais do século XIX no lugar de Sobreiro, no barrio de Outeiro das Penas, durante a construción do ferrocarril Redondela-Pontevedra: "IMP(eratori) CA(esari) P(io) F(elici)/NVMERI/ANO/INVICTO/AVG(usto)", ("Dedicado ao césar emperador Numeriano, pío, feliz, invicto, augusto"). No Museo de Pontevedra.  
Miliario de Quintela: Adicado a Decencio no ano 351 d.C. Foi localizado no ano 1896 facendo de soporte a unha mesa de pedra situada xunto a igrexa parroquial;  no mesmo ano foi doado polo párroco á Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra: D(omino) N(ostro)/DECENTIO/CAESASR(i)VICTOR(i)". Atópase no Museo de Pontevedra.  
Miliario do Marco (Vilar de Infesta): Coñecido tamén como Anta da Mamiola ou Santiaguiño das antas, actuaba como marco divisorio entre as parroquias de Vilar de Infesta (Redondela) e Guizán e Louredo (Mos). Como Anta da Mamiola coñecíase na Idade Media. Piñeiro atribúello a Traxano (s. II d.C.). Aínda se atopa no lugar orixinal, preto da capela de Santiaguiño das Antas, antigo Camiño Real. A primeira inscrición está moi deteriorada. Crese que os veciños e devotos ao non entender a lenda latina, converteron en cruces os trazos rectos das letras, facéndoas desaparecer, cristianizándoo. Ao seu redor aínda se practican certos rituais: santiguarse cando pasan ao seu lado, dador de sorte, profiláctico e fonte de fecundidade. As mulleres estériles fregaban o ventre contra a pedra para seren fértiles. No ano 1931 foi adquirido pola Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, facendo unha réplica para substituílo, mais os veciños opuxéronse ao seu traslado a pesares do mandato á Garda Civil de cargar contra eles, que impediron Sampedro Folgar e Filgueira Valverde. E alí quedaron o miliario orixinal e a réplica.   
Miliario de Saxamonde: Descuberto no ano 1877 polo arcebispo Malvar. Adicado a Adriano, esnaquizado en catro cachos e logo recuperado. Dous anacos foron localizados no lugar de Padrón (Saxamonde) e os outros dous na parroquia de Quintela que actuaban como postes nunha viña: IMP(eratori) CAES(ari) TRA(xa)NO/PONTIF(ici) MAX(imo)/TRIB(unicia) POTES(ate) (XVI) II/CO(n)S(uli) III P(atri) P(atriae) A TU(de)/M(ilia) P(assuum) XVII".  Datado no ano 134 d. C. No Museo de Pontevedra. 
No castro da Peneda apareceron unha gran cantidade de pezas de bronce.  
Vila de Veiga de Vila (Cedeira): Aprécianse estruturas habitacionais; recolleuse abundante cerámica: terra sigillata, ánforas, tégulas e cerámica galaico-romana.
Lugar do Pazo (O Viso): Apareceron unhas sepulturas de laxas de pedra e moedas de mediados do século IV.   
Castro do Coto de Negros: Apareceron tégulas e restos de ánforas de época romana. Dominaba a calzada romana que viña de Tui. 
Soutoxuste. Fragmento dunha estela.
Moedas: No Viso apareceron 20 moedas, a maioría de mediados do s. IV. Cavada Nieto describiu vinte.
 
 

 

 
RIBADUMIA
Castro Monte do Castro: Entre as numerosísimas pezas cerámicas castrexas, tamén saíron á luz algunhas de época romana.

RODEIRO 
Ara de Santa Baia de Camba: Descuberta no ano 1964 no muro do lavadoiro da casa reitoral. Trátase dun fragmento con tres foculi e moldurada na parte que se conserva. Dedicada aos Lares Viais. Juan Manuel Abascal Palazón le: "LARIB/VS CO/[---]". Segundo me contou o párroco o día 11 de abril de 2015, aproximadamente no ano 2005 cedeuna ao Museo Municipal de Rodeiro.
Aras (Saa-Pescoso): Visitada a Casa Grande de Saa por Daniel González Alén no mes de xuño de 2018, ademais de comprobar o deficiente estado de conservación e a desaparición de escudos e pedras ben labradas que foron a parar ao pazo de Cartelos (Carballedo), viu unha ara romana arrimada a un valado e outra máis preto desta que se utiliza para facer churrascos. As dúas foron mutiladas e non se observan os gravados que disque tiñan segundo lle contaron os veciños.
Ara anepígrafe en Pedroso: Dubidosa. Dada a coñecer no mes de marzo de 2023. De forma octogonal, foi reutilizada como pé dunha mesa de lousa situada xunto un cruceiro próximo á igrexa parroquial. 
Epígrafe: "Artius an/norum LXXV".
Estela de Rodeiro: Aos deuses Manes. Atopada no ano 1929 ou 1930 cando realizaban labores agrícolas nunha finca próxima a Rodeiro, foi levada para unha casa onde permanece na actualidade. Consérvase unha foto de Luis Monteagudo que quixo vela de novo pero non lle foi posible. De finais do século I ou principios do II, está adicada por Lucila Vitalis, do castellum Olca: "D(is) M(anibus)/LVCILA/VITALIS/(C invertida) (castello) OLCA/AN(norum) XI", (Aos deuses manes. Lucila Vitalis do castellum Olca, de once anos"). 
Miliarios (Saa-Pescoso): Anepígrafes. Atópanse reutilizados en varias dependenzas da Casa Grande de Saa. Un está no xardín, dous anacos actúan dun como pés dunha mesa, outro serve de columna no interior dunha corte.   
Villae de Fafián ou Porta de Arcos (Porta de Arcos-Fafián): Descuberta no ano 1969 e escavada no ano 1972 polo Museo de Pontevedra. Xunto coas estruturas habitacionais saíron á luz fragmentos cerámicos, algúns pintados e decorados (pratos, xarras, tapas, olas, vasos...), tégulas, lucernas, ferramentas de ferro, cravos, bronces e vidros. Tamén se atopou material cerámico asinado por un oleiro de nome Rufianus, e dous grafitos coas inscricións "ONIA . A" e "SECVVNDII". En catro fragmentos cerámicos atopados no ano 1973, correspondentes a unha cunca, vese a epígrafe "[---] PONI AV[T] [P] ED[---]"; trátase dunha inscrición que pretendía servir para evitar o roubo polos fures (ladróns) nos recipientes. Tamén moedas do primeiro cuarto do século II. As pezas poden verse no Museo de Pontevedra e no Museo Municipal de Rodeiro.
Xacemento dos Cortizos (Vilachá-Fafián).    
Agro do Campo e Val de Abaixo (Vila-Rodeiro).     
Os Chousiños (O Corroliño-Pescoso): Ao arar unha terra apareceu un pé de muíño, dous fragmentos de muíño circular, carbóns, sigillata e cerámica común 
Museo Municipal de Rodeiro.

 

 
 
  
 
  
 



O ROSAL
Inscrición de Eiras: Restos dun texto gravado en xisto que actuou como tampa dunha sepultura. Foi atopada no ano 1953 no lugar coñecido como Adro Vello. Aparece unha referencia na Gran Enciclopedia Galega (1974). Unha ilustración da inscrición foi publicada en La vía romana "per loca marítima" por el Bajo Miño y Costa Atlántica (J. M. del Tamuje, 1975): "MEDA/MVS/CORA/LI/HIC SITUS/EST/AN(norum) XXV", ("Medano, fillo de Coralo, foi (ou está) enterrado eiquí á idade de 25 anos"). 
Ara a Mercurio (Marzán-O Rosal): Apareceu na capela do San Vicenzo xunto con outros restos romanos. Servía de apoio á pía. Atópase no Museo Diocesano de Tui: "DEO/MER(curio)/FRO(nto) /EX V(oto) P(osuit)". O culto a este deus romano debéuselle tributar ata o século IV, coa chegada do cristianismo.   
Niño do Corvo (Morán-San Miguel de Tabagón): Explotación mineira de ouro e estaño. 
Cumieira de Arriba e As Medas: Restos de explotacións mineiras. A explotación das Medas queda en Sandián, preto do castro do Monte de Francia. Moi alterada pola construción dunha estrada, unha vivenda e polos labores agrícolas. Trátase dun gran corte no terreo onde había varios túneles, tapados na actualidade. 
Moedas: Un denario e unha moeda tipo caetra. No castro do Calvario un áureo de Honorio e unha caetra tal como recolleu o académico da Historia Juan Domínguez de Fontenla. No monte Cornás varias moedas. 


 

SALVATERRA DE MIÑO
Lucerna: Na parroquia de Fiolledo atopouse unha lucerna. No Museo Provincial de Pontevedra.
Miliario: No mes de maio de 2023, no facebook do arqueólogo Francisco Hervés, dá a noticia dun miliario non rexistrado entre as parroquias de Soutolobre e Lourido.
Tesouriño: Moedas atopadas entre os anos 1913 e 1920 xunto á muralla das épocas de Vespasiano, Domiciano, Traxano e Adriano. Cavada Nieto describe 24 pezas.
Explotación aurífera: No mes de marzo de 2024, Fernando Baena Menéndez achega no facebook de Arqueoloxía de Galicia inormación e fotos dunha explotación mineira galaico-romana a ceo aberto. Trala limpeza do terreo poden verse catro canles que baixan xuntos e en paralelo que desembocaba nunha gran balsa.



SANXENXO
Necrópole de Pardillo (Aios-Noalla): Sarcófago de tégulas recuperado a principios dos anos cincuenta do pasado século que foi trasladado para o Museo de Pontevedra. O propietario da finca xa atopara a principios dos anos trinta mías tumbas feitas de laxes, non coñecendo as que se puideron destruír. Tamén se localizaron fragmentos de tégulas e cerámicos cando se abriu unha gabia para levantar un muro o que podería indicar a presenza dun xacemento habitacional.
Xacemento da Lanzada: A primeira noticia do xacemento da Lanzada data do século XVIII, grazas a Frei Martín Sarmiento que se interesará pola aparición de supulturas romanas que plasmou nun libro acompañado dun valiosísimo mapa, interpretando os restos existentes como a mítica cidade de Lambriaca e os restos da torre medieval como os dun antigo faro. O xacemento da Lanzada é unha superposición de asentamentos diversos, dous mil anos de ocupación continuada. Dende o século VIII a. C. sucédense, ao menos, un castro, un emporio comercial, unha factoría de produtos mariños, unha necrópole tardorromana e un castelo e unha ermida medievais.  Da Idade do Ferro aparecen produtos imortados o que, xunto coas construcións descubertas, fai pensar na existencia dun emporio de Finais da Idade do Ferro. Dende o século V A. C. comerciantes fenicios e púnicos fixeron da Lanzada un dos principais puntos de intercambio  do NO da península Ibérica. O estaño, o ouro, as salgaduras do NO e a localización privilexiada deste lugar  xogaban ao seu favor. Coa dominación romana A Lanzada deixará de ser un importante centro comercial, aínda que a actividade permanecerá cando o Imperio desapareza e na zona continuará comerciándose ata o século VI. A construción da estrada actual deixou á vista parte da necrópole tardorromana da que xa se tiña constancia no século XVIII; ademais da tumbas apareceron algúns corpos boca abaixo, coas mans atadas  e con sinais de seren executados de forma violenta. Na Idade Media, sarracenos, vikingos, piratas... ameazaban a costa, o emprazamento estratéxico da Lanzada xogará fun papel fundamental no control da entrada á Ría de Arousa. No século X constrúese un castelo para vixía e defensa  fronte ás incursións; na actualidade só quedan as ruínas da torre e unha capela de orixe románica dedicada á Nosa Señora da Lanzada. Despois das primeiras escavacións levadas a cabo polo Museo de Pontevedra e dirixidas por Filgueira Valverde (apareceron cabanas e tumbas de inhumación), nos anos setenta Fariña Busto e García Alén darán conta do interese arqueolóxico da Lanzada que comproban que a zona estivo habitada dende a Idade do Bronce á Idade Media. Nos anos oitenta só se realizan dúas escavacións de urxencia dirixidas por antonio de la Peña Santos, documentando dous enterramentos tardorromanos. No mes de xuño do 2010 encomezaron os novos traballos grazas ao financiamento que o Ministerio de Administracións Públicas lle concedeu no ano 2008 á Deputación de Pontevedra. Baixo a dirección de Rafael Rodríguez, o equipo formado por Xurxo Ayán, Roberto Aboal, Cristina Cancela, Virginia Castro... están a recuperar restos da Idade do Bronce, o castro da Idade do Ferro, a necrópole...
Xacemento do Seixal (Adina): Cando as prospeccións arqueolóxicas da vía rápida Sanxenxo-O Grove saíu á luz abundante material cerámico.
Moedas: En Padriñán recolléronse sete moedas, unha delas un bronce de Adriano. Na Lanzada, moedas de Constantino II, Maximiano, Alexandre Severo e Claudio II. En Noalla, moedas de Vespasiano e de Galieno.



 



SILLEDA 
Ara a Coso: Atopada por un veciño de Oleiros nunha igrexa, pode que na de San Miguel de Oleiros: "[De]O COSO/[.]OTREGO/[---]INVS". No Museo de Pontevedra. 
Ara aos Lares Viais (A Graba): Foi reutilizada como material de construción na parede da ábsida da ermida de Santa Mariña. No ano 1902 foi doada á Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, doada polo marqués de Riestra: "LARIBVS/VIALIBVS/ARAM PU/BLIVS O/PTATIVS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Ara dedicada aos Lares Viais. Publio Optatio compriu o seu voto con ánimo compracido"). 
Ara aos Deuses Manes (Saídres): "D(is) M(anibus) [S(acrum)]/A[---]O/AN(norum) XX/V".   
Carboeiro: Nas minas de estaño apareceron moedas de época romana.
 
 


SOUTOMAIOR
Mansión: Turoqua no Itinerario de Antonino e Turaqua no Anónimo de Rávena, que adoita situarse en Tourón (e tamén en Pontevedra), hipótese da que dubida J.J. Moralejo. Manuel Santos sinala ao castro da Peneda, en Soutomaior.  
Miliario de Arcade: Descuberto a finais do século XIX xunto a igrexa parroquial; coa autorización do bispo de Tui foi entregado polo párroco á Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. A epígrafe presenta unha lectura complexa debido ao mal estado de conservación. Atribuído a Caracalla, está datado no ano 213 d.C. Marca a milla 66 dende Braga, un dato de moito interese xa que é o derradeiro valor numérico sinalado dende Braga. No Museo de Pontevedra. (ver a transcrición da epígrafe xunto a foto do miliario, realizada por Juan Manuel Abascal Palazón). 
Moedas (Arcade): Varias moedas de cobre.

TOMIÑO
O Burato da Moura ou Buracos dos Mouros: Explotación mineira de época romana, situada no Alto de Pinzás, ao leste da Serra da Grova. Ten uns 500 metros de longo e 80 de ancho, con gabias mineiras que van máis alá dos 700 metros, practicamente desaparecida pola actividade forestal. En parte foi explotada directamente sobre a rocha. Calcúlase que se recollerían 160 quilos de ouro. 
Torre dos Ratos (O Pazo-Goián): Aquí está documentado un asentamento de época romana datado entre os séculos I e II d.C. Apareceron tégulas, restos cerámicos, fragmentos con e sen decoración, etc.. Tamén apareceron restos de muros e estruturas de combustión. No século XVII levantouse aquí unha torre de vixiancia durante as guerras con Portugal que xa foi citada por Frei Martín Sarmiento. Coa construción da ponte internacional no ano 2004 arrasouse gran parte da torre.       
Vila e necrópole dos Medos (Currás): Vila tardorromana e necrópole que os seus escavadores identificaron como xermánica. Localizáronse varias tumbas das que se escavaron vinte e unha. Polos datos cos que se contan, non resulta doado saber se se trata dunha necrópole cristiá ou dunha que dura dende a época baixoimperial ata a sueva. Tamén saíron á luz un hipocausto, outras edificacións secundarias, restos cerámicos castrexos, vidros, tégulas con signos, etc. As primeiras escavacións, baixo a dirección do profesor Manuel Fernández Rodríguez, foron efectuadas polo Grupo Arqueolóxico do Baixo Miño no ano 1972. Tamén se constata unha posible igrexa altomedieval con necrópole. O resultado da intervención publicouse no Boletín do  Museo Diocesano de Tui no ano 1980.   
"Hermes" bifronte de Amorín: De granito. No Museo de Pontevedra. Segundo a cartela está datado na Idade do Ferro II (400-60 a. C.).
Xacemento de Figueiró.    
Xacemento do Espírito Santo (Goián).
Explotación mineira da Tomada Blanca (Taborda): Aurífera a ceo aberto, nas ribeiras do río Furnia.   
Explotacións mineiras das Chans de Tebra (Tebra), Carregal (Amorín), As Torres (Taborda), Os Medos (Goián).

  
 
TUI 
Tude/Tyde aparece citado na Historia Natural de Plinio o Vello do ano 70 d.C. ("A Cilenis conventus Bracarum Helleni, Grovi, castellum Tyde, graecorum subolis omnia", "Despois dos Cilenos vén o convento Brácaro cos Helenos, Grovios e o castellumm Tyde, todos eles descendentes dos gregos"), na Púnica de Silio Itálico do século I d.C. ("Et quos nunc Gravios violato nomine Graiun Oeneae misere domus Aetolaque", "E aos que agora pola descendencia da saga de Eneas e a orixe Etolia de Tyde lles chaman Gravios, unha vez transformado o nome de Graios"), na Xeografía de Ptolomeo do século II d.C., no Itinerario de Antonino do século III d.C., e no Anómimo de Rávena, recompilación baseada en documentos viarios dos séculos IV-V d.C. ("Limea, Tyde, Bonisana..."). As orixes gregas de Tui foron defendidas por Florián de Ocampo, Pedro de Medina e Bartolomé Sagrario no século XVI, Fr. Prudencio de Sandoval e Felipe de la Gándara no século XVII, e por Joaquín Fernández de la Granja a finais do XIX. Tui sería un núcleo importante do territorio prerromano dos Grovios, pobo citado por Pomponio Mela na súa Chorographia. Fr. Prudencio de Sandoval cría que a orixe de Tui estaba no monte Aloia, logo trasladado ao val. Ouros defensores da orixe grega foron Ceán Bermúdez, Rodríguez Blanco e Noya Picón. Murguía é o primeiro en cuestionar esa hipótese, posicionándose a favor da tese celtista. O núcelo romano de Tude estivo situado nos lugares de Santa Eufemia, Manteigada e Rebordáns. Autores do século XIX mantiñan que en época romana Tui estivo arrodeado por unha muralla.  
Rúa dos Loureiros (Rebordáns): Posible asentamento con taller onde se traballaba o vidro, logo abandonado que pasou a ser lugar de enterramento a finais do século VI. Nas escavacións efectuadas no ano 1993 por Acuña Piñeiro saíu á luz unha necrópole tardorromana. 
Pazos de Reis: Necrópole romana no lugar da Subida ao Anxo.   
Rebordáns: A igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns levantouse sobre unha necrópole romano-sueva de distintos tipos, algunhas con paredes feitas con materiais reaproveitados (de ladrillos, de pranchas de caliza e sartegos con estola), datados entre os séculos V e VI. Aquí atopouse unha estela figurada datada entre os séculos IV e V. Tamén saíron á luz sillares e ladrillos, ademais duns muros de época romana, probablemente un peristilo dunha eficación sub-urbana. No lugar coñecido como Campogrande atopouse unha moeda de Augusto.   
Inscrición en Rebordáns: Bloque de granito recortado por arriba e polo lado esquerdo, reutilizado en posición horizontal nunha das paredes do piso inferior dunha vivenda en ruínas, próxima á igrexa de Rebordáns: "[---]/CIO[---]/OS[---]/VITEA/ANL V[---]". 
Inscrición (Rebordáns): Atopada no ano 1852 nunha carballeira. Citada en Apuntes históricos de la Santa Iglesia catedral, ciudad y antigua dióceses de Tuy (1879), de Ricardo Rodríguez Blanco que leu: "CAEPOL/CONV/TI, CLAVDI/CHOBRA/AUREA". Lectura actual: "[---] CAEPOL[--- et Genio]/CON[ventus] BRACARAVG(ustanorum)/TI(berius) CLAVDI[us Claudianus PRAE(fectus)]/C(o)HO(rtis) BRA[car(um) August(aorum) statuam]/AUREA[m dedit dedicavitque]". No Museo de Pontevedra.
Dedicatoria a Marte (Rebordáns): Ara descuberta o 6 de xuño de 1854. Fita e Fernández Guerra leron o epíteto como CAILIOCIEGO, Húbner como CARIOCIEGO. "MARTI CAI/RIOCIECO (ou CAIRIOCIEGO)/L(ucius) HISPANI/VS FRONTO/EX VOTO/SACRVM". S. II-IV d. C.
Ara a Xúpiter: Apareceu formando parte dun muro na parroquia de Pazos de Reis. Trátase do fragmento superior dunha ara de granito: "[.]OVIA/[---]".    
Epígrafe (Pexegueiro): Apareceu ao derrubar a Casa do Concello anexa á igrexa parroquial de Pexegueiro. Praca de granito, fragmentada polo lado dereito e inferior que ten unha perforación que non chegou a atravesala nas liñas catro e cinco. Dedicada por Maruana, un nome posiblemente indíxena: "D(is) M(anibus) M[a]/RVANA/FLAO M/[a]GI AVIAN[i]/FILIO A(mico?)/P(ientissimo) A(nnorum) V M(onumentum) P(osuit)". En mans particulares.
Miliario de Santa Eufemia: Descuberto no século XIX, adicado ao emperador Caio Mesio Quinto Traxano Decio, datado no ano 250-251 d.C. Aquí tamén se atopou o fragmento doutro miliario anepígrafo dado a coñecer no ano 1852; Ávila y la Cueva, que deu a coñecelo, di que a parte non conservada tería unha inscrición. Ambos os dous custódianse no Museo de Pontevedra. Na escavación de Vilaseco no 1996 localizáronse formas de fundición de vidro. 
Moedas: De Lépida e Emérita preto da catedral.
 
 
 





VALGA
Ara dos Martores: Do século I d.C., dedicada ao deus romano Mercurio por Severus. Atópase na capela dos Martores: "MER/CVRIO/SEVE/RVS/PRO VO/TO". 
Epígrafe: "]/AE LIB/ERTIS/[". 
Turris Augusti: Nos lugares de Agramar e Cortinallas, a Universidade de Santiago realizou varias prospeccións destinadas a localizar os posibles restos da Turris Augusti, monumento ao emperador Augusto que o autor romano Pomponio Mela situou na zona no século I d.C.
Porto do Agro de Xaz: Coñecido tamén como Mercado dos Mouros. A finais do mes de outubro de 2014 confirmouse que os restos atopados serían os dun terceiro porto de época romana identificado no río Ulla, que se sumaría ao espazo Pontecesures-Ponte do Porto e ás Torres do Oeste. Debeu de ter unha vinculación especial co río, aproveitando a chegada de produtos por vía fluvial para logo comercializala cara o interior.  
Setecoros: Capiteis tardorromanos de mármore alabastrino. Núñez apuntou a posibilidade da súa importación, ou ben a súa execución por un taller foráneo itinerante. Schluk sinalou o paralelismo da súa decoración con algúns capiteis andaluces. No Museo da catedral de Santiago.
Xacemento dos Forniños ou Soaviña (Carracido-Cordeiro): Apareceron fragmentos cerámicos e escouras de mineral de ferro.
Xacemento do Gandarón (Cernadas-Setecoros): Descuberto a raíz das obras do gasoducto Valga-Tui. Apareceron tégulas, cerámica común, unha moeda e tres pezas de granito coa superficie puída, unha das cales se pode corresponder cun muíño.
Xacemento da Igrexa Vella (Balleas-Cordeiro): As escavacións permitiron datar varias ocupacións ao longo dos séculos. A máis antiga corresponde a un xacemento tardorromano do século IV coa estrutura dun muro que foi reaproveitado para facer tumbas paleocristiáns, un forno para a fabricación de metais ou vidros, tégulas, terra sigillata, ladrillos, bronces e unha estela tardorromana con epígrafe reutilizada como zócolo na fachada da igrexa. No século V, coa cristianización do Imperio Romano, contruíuse unha pequena igrexa de planta rectangular. Entre os séculos VIII e IX, despois dun incendio, constrúese unha igrexa altomedieval á que se lle engadiu no século XVI unha sancristía e unha capela lateral. Arredor do ano 1730, as necesidades de ampliación do templo fan que sexa desmantelado e os seus restos reutilizados na construción da nova igrexa de Santa Comba de Cordeiro. 
Estela da Igrexa Vella de Santa Comba de Louro: Un fragmento de estela, tardorromana do século IV, foi exhumada na campaña de escavacións do ano 2012. Fora reutilizada como parte do muro da fachada da primeira igrexa que se levantou no lugar, construída no século V e que perdurou ata o século VIII. Interprétase: "Pecunia sua posit sibi annorum XXV", ("Cos seus cartos a fixo para si aos 25 anos"). Descoñécese a quen estaba dedicada e  por quen. Permaneceu no sitio ata o ano 2022 en que foi trasladada para o Museo da Historia de Valga. 






VIGO
Ao contrario do que acontece noutras partes de Galicia, as fontes literarias clásicas non fan mención a este importante enclave. Autores do século XIX situaron en Vigo a cidade de Lambrica, citada por Pomponio Mela, dándolle unha orixe céltica ou grega. Tamén localizaban equí a mansión Vicus Spacorum da vía XX do Itinerario de Antonino, tese defendida xa no século XVIII por Fr. Martín Sarmiento, entre outros, e por un número importante de investigadores no século XX (Monteagudo, Filgueira Valverde, Tranoy...). No plano arqueolóxico, as primeiras referenzas debémosllas a Taboada y Leal (1840), coa localización dos restos do Areal, investigacións que ao longo do tempo se foron estendendo a outras zonas que levan proporcionado abundante información o que está a demostrar que Vigo debía de ser un asentamento romano importante.  
O Fiunchal (Praia de Santa Baia, no Alcabre): No ano 1896, durante a construción dunha fábrica de conservas, foron localizados unha estela, un mediano de bronce da época de Antonio Pío, muíños de man e outras pezas. Nunha escavación de 1995, dirixida por J. Castros, saíron á luz tres tanques de salgadura e muros. No mes de outubro de 2013 denunciáronse varios espolios no xacemento, principalmente de moedas.    
Factoría da rúa Marqués de Valladares.  
Factoría de salgadura da Praza de Compostela.  
Factoría de Punta Borralleiro.  
Villae na praia do Cocho, xunto o Museo do Mar: Hidalgo Cuñarro documentou unha vila romana no ano 1989, cunha cronoloxía entre os séculos III-IV. Ao outro lado do Museo do Mar atópase o chalé Zulueta onde está documentada a existencia dunha necrópole romana.
Villae-factoría da Sobreira (Alcabre).  
Villae de Ríos (Teis). Restos na Praia da Mourisca, colindante co Museo do Mar de Galicia.
No Museo Quiñones de León poden verse as estelas funerarias atopadas no municipio, entre outras as primeiras, descubertas, xunto cunha ara, no ano 1953 na rúa Pontevedra, adicadas por Quinto Arrio Mansueto, un rico comerciante proveniente de Clunia (Coruña del Conde-Burgos) que se instalou en Vigo e que posuía negocios relacionados coa industria pesqueira. A boa conservación débese a que foron postas coa inscrición cara abaixo para facer un paso nunha zona anegada por un regato. Entre os motivos representados, as arquerías (arcos interpretados como Portas de Hades, pero tamén como arcos de triunfo, portas de paso, etc.) son o que mellor define o grupo estilístico do litoral pontevedrés; tamén os motivos lunares en crecente que se identifican coa morada dos mortos, as rosáceas co sol, símbolo da vida, e o triángulo ou escuadro coa rectitude moral.
Ara aos Deuses Manes: Atopada na rúa Areal no 2006. Dedicada por Iulia Quirina: "D(is) · M(anibus) · s(acrum) / po(suit) · Iuli / a · Qui(rina?) · fi/lio · Iuleio / Fausto / an(n)o(rum) XXXII / et · Durbi/di{·}(a)e · nep/ ti · su(a)e · ca/rissi{·}meis meis". 
Estela de Attilia: "ATTILIA AM/MIO C(ai) F(ilia)/CLUNIENS(sis)/AN(norum) LXX/H(ic) S(ita) E(st) S(it) T(ibi) T(erra) L(evis)/Q(uintius) A[---] M[---] MATRI/[---]I". 
Estela de Alla: "VALERIA AL/LA TITI F(ilia) CLUN(iensis)/AN(norum) XXI H(ic) S(ita) E(st) /S(it) (T(ibi) T(erra) L(evis) Q(uintius)/Arrius MAN(suetus?)/VXSORI(?) [---]".
Estela aos Deuses Manes: Atopada na rúa de Pontevedra: "D(is) M(anibus) s(acrum) / Flacci/ nia pi(issima) · / an(n)o(rum) XV / Filo an(n)o(rum) / XXVIII pr/o pietatiae / Flacc(us) · p(ater) e(orum)  / · f(aciendum) · c(uravit)".
Estela de Dionisos e Ampelos: Século II-III d.C. Na parte superior decoración astral, co sol como unha roseta hexapétala inscrita nun círculo e cun crecente luar debaixo. Na parte inferior personaxe con túnica e figura máis pequena que leva sobre a cabeza unha cratera que sostén na man un racimo de uvas.
Estela de Quintius: "Q(uintus) · Arrius / Gal(eria tribu) · Maius / Clun(iensis) / an(norum) · XL / Aurelia / 6 Materna / viro" (Abascal Palazón).
Estela de Severa: Aos deuses Manes: "D(is) M(anibus) S(acrum)/P[---]/VOA/AN(norum) (.../...)".
Epitafio de Rebilus: Dedicada aos deuses Manes: "D(is) M(anibus) S(acrum)/PLACIDVS/ET POLLIO/P(atri) REBILO/ANN(orum) LX/R(ecordationis) C(ausa) F(ecerunt)". No Museo Quiñones de León de Vigo.
Epitafio de Marítimo: "S(acrum)/D(is) M(anibus)/MARI/TIMO/FILIO/ANN(orum)) XX/V M/ATER POSV/IT IN/P(a)ER/EGR(a)/E".
Taza de vidro decorada: Atopada nas escavacións da rúa Rosalía de Castro que presenta a inscrición "Semper [vivas]".
Castro de Vigo: Atopouse un dedal,  unha agulla, e no 1970 un as de Traxano. Despositados no Museo Quiñones de León.   
Praza de Compostela: Jaime Garrido, no seu libro El origen de Vigo, inclúe unha fotografía na que se poden ver os restos dunha fábrica de salgado de peixe de época romana ubicada na Praza de Compostela. No ano 2008, a Dirección Xeral do Patrimonio autorizou o desmonte dos restos (que foron parar a un almacén) xa que considerou que non valía a pena conservalos in situ. A desaparición do xacigo arqueolóxico permitiu que se concluíra un proxecto de rehabilitación dun edificio de luxo.
Rúa Hospital: No 1995 foi escavado un solar na rúa que deu como resultado o achado dunha necrópole realizada sobre unha salina en desuso, exhumándose unha trintena de enterramentos de variada tipoloxía, fosas de incineración e tumbas de distintas formas: ánforas, fragmentos de dolio, cachotería, tégula, etc., cunha cronoloxía do século II d.C., e que continuou en uso ata os século XII-XV. A principios do século II d.C. a incineración de cadáveres foi substituída pola inhumación (ambas conviven en Galicia ata o s. III) depositándolle obxectos (enxovais): recipientes cerámicos, aneis, colares ou mesmo útiles da profesión. 
Rúa Marqués de Valladares: No ano 2008, o Concello de Vigo e a Xunta de Galicia asinaron un convenio de colaboración para musealizar a factoría de salgado de peixe. 
Tumba romana: A principios do ano 2016, durante as escavacións no pazo dos marqueses de Valadares, apareceu unha sepultura escavada no chan, semellante ás atopadas no Casco Vello. A novidade a respeito das outras é que nesta apareceron cravos no interior o que indica que o cadáver foi enterrado dentro dun ataúde. A súa cronoloxía apunta a unha romanización tardía. No mesmo lugar saíron á luz tumbas feitas con tégulas e ladrillos de época non moi clara, que iría dende o século III ao VII.  
Villae da Illa de Toralla (Oia): Vila tardorromana (villa a mare) construída entre os séculos IV e V d.C. na que vivían os propietarios e a servidume. A súa actividade principal era a obtención de sal. Está formada por un edificio principal (pars urbana) con varias estruturas anexas e unha parte dedicada á explotación de sal (pars rustica). A vaixela pintada de grande tamaño atopada na vila, proveniente das costas de Tunicia, amosa tanto o elevado nivel económico dos propietarios como a relación do Vigo primitivo co comercio atlántico e mediterráneo. Do mosaico que decoraba o baño, destruído ao se afundir as columnas que sostiñan o piso, consérvanse numerosos fragmentos. Tamén apareceu unha necrópole, posiblemente da mesma época. A vila foi erixida sobre un antigo asentamento castrexo.   
Torres de Padín: Lugar que amosa o desleixo polo noso patrimonio. Ademais do castelo do século XIV, atopáronse vestixios da ocupación humana da Idade do Bronce, da época dos castros e romana. Mais de dous mil anos de historia arrasada polos espoliadores da memoria, encarnados, neste caso, polos que planificaron a construción dunha autoestrada e unha nave industrial sancionada por danar os poucos restos que se conservan.
Illas Cíes: No outono de 2024, a Xunta e a Universidade de Vigo iniciaron unha nova campaña arqueolóxica na Illa do Faro, no xacemento da Casa da Vila do Mar descuberto no 2023. Adolfo Fernández, director da escavación, destaca a importancia do proxecto que se completará coas actuacións acometidas dende o 2021 no areal de Bois, a illa de Sávora, e na fábrica de salgadura do Canexol e na Cova do lobo, estes últimos na illa de Ons. Na Casa da vila do Mar, no 2023 atopáronse restos galaico-romanos, un muro, tégulas, cerámica e ánforas. Un dos xacementos máis antigos é o poboado das Hortas, habitado durante a Idade do Ferro e en época romana; atopáronse restos que os seus habitantes consumían marisco e peixe, e tiñan relacións comerciais coa costa.  
Anel das Illas Cíes: Século II-III d.C. Anel de ouro macizo que leva engarzado un nícolo (ágata de dúas capas), decorado cun xabarin macho e sobre el unha inscrición: HEAPRV que podería transcribirse po HE (Iviius-a) ou HE (renius-a) APRV(cunlus) que correspondería ao nome do posesor.   
Finca Mirambell: Próxima á vila romana de Toralla. O descubrimento produciuse durante as sondaxes coas que se buscaba garantir que as obras do centro de interpretación non danasen ningún resto arqueolóxico sensible. Entre os achados atópase un edificio teitado de carácter residencial, vigas de madeira, restos de cerámica doméstica e vidros o que amosa unha nova vila que, segundo os investigadores, pode ser a máis importante descuberta ata o momento. Ademais apareceu un espazo de carácter funerario. 
Moedas: Moedas na Illa de Toralla, Monte do Castro, etc.
No Museo Quiñones de León (Vigo) están expostas algunhas pezas de época romana provenientes da provincia e unha ampla mostra de aras, estelas, ánforas, etc. da cidade de Vigo.
 
  

  







 








VILABOA 
Ara: No ano 1986 ou 1987, Antonio Costa localizou na parroquia de Figueirido, próximo ao castro de Loureiro, unha das poucas aras dedicadas á Xúpiter na provincia de Pontevedra. Cando regresou co seu coche para levala para o museo, desaparecera. Líase: "IOVI/O(ptimo)/M(aximo)/P(ublius)/FV/SCINVS/P(ro)/S(alute) S(ua)", ("A Xúpiter, o maior e máis grande, Publius Fuscinus, pola súa saúde").     
Miliario de Licinio (Paredes): Adicado ao emperador Caio Valerio Licinio Liciniano, datado entre o 308 e o 324 d.C.      
Miliarios de Paredes: Un, adicado a Carino, foi descuberto a finais do século XIX durante a construción da estrada entre Ponte Valga e Ponte Sampaio, sen que se coñeza exactamente onde se atopaba, se ben hai quen defende que se localizaba en Paredes: "IMP CAES M/AVE . CARINO/P   F  I AVG/P M T P P CONS/P CONS". Consérvase no Museo de Pontevedra. Un segundo, datado no ano 305, estaba adicado a Caio Valerio Severo: "CAIO VALERIO/SEVERO CA/ES(ari)". 
Miliario de Río Ulló: Do ano 134, foi atopado no ano 1806 ao facer o Camiño Real entre Ponte Valga e Pontesampaio. A interpretación é: IMP(erator) CAES(ar) DIVI TRA/IANI PARTHICI FIL(ius) DIVI/NERVAE NEPOS TRAIANVS/HADRIANVS AUG(ustus) P(ater) P(atriae) PONT(ifex)/MAX(imus) TRIB(unicia) POT(estate) XVIII CO(n)S(ul) III/A L(uco) AUG(usti) M(lia) P(assuum) CIII",  ("O emperador César Augusto Traxano Hadriano, pai da patria, pontífice máximo, desempeñando a décima oitava tribunicia potestade e o terceiro consulado, fillo do divino Traxano Pártico, neto do divino Nerva. Milla 103 dende Lucus Augusti"). Custodiado no Museo de Pontevedra.  
Miliario da Ponte do Couto: Do ano 238, adicado a Maximino e Máximo.      
Miliario do 305 ou 306 adicado a Flavio Severo: Foi publicado por Casto Sampedro no 1896.     
Miliario de Ponte da Valga (Figueirido): Anos 283-285, adicado a Carino. Descuberto a finais do século XVIII, foi recollido polo arcebispo Malvar quen o trasladou para unha súa finca. No 1895 foi para a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra da man de M. Becerra Armesto. No Museo de Pontevedra. (Ver a lectura da epígrafe de Abascal Palazón xunto a foto).      
Miliario de Salcedo: Adicado a Licinio (311-322). 
Moedas de época romana (9) atopadas xunto a fábrica de Pontesa, en Ponte Sampaio. 
Vestixios dunha calzada que ía dende Braga a Santiago. 
Ánforas: Tres ánforas atopadas en Ponte Sampaio. 

 


VILA DE CRUCES
Castelo de Sulago (Merza): Coñecido tamén como Eira dos Mouros. No lugar levantouse unha torre ou un castelo. Apareceron pedras e tellas. Tamén saíron á luz tégulas polo que con anterioridade puido acoller un castro romanizado ou un asentamento romano.  
Mina de estaño de Fontao. 

VILAGARCÍA DE AROUSA 
Ánfora: Un veciño de Carril atopou hai anos na Illa de Cortegada a parte superior dunha ánfora que no 2014 depositou no Parque Natural das Illas Atánticas. No ano 2021, investigadores da Universidade de Vigo averiguaron que é de factura africana (a primeira documentada en Galicia), cunha antigüidade duns 2.000 anos que puído formar parte dun navío que naufragou con viño, aceite e salazóns.
Ara: "OPVS MERCENARIII NONM/APVT TE VSQR A OMANR". 
Ara a Neptuno: Atopada por Bouza Brey e Florentino Cuevillas no ano 1940 ao pé do castro de Alobre. Fragmentada en dúas partes e con focus na parte superior, custódiase no Museo de Pontevedra (non está exposta). Publicada primeiro por Bouza Brey e logo en IRG III (1955): "NEP/TVN(o)/SACRVM/Q(uintinus?) C(assius ou ilenus?)/E(x) V(oto)/L(ibens) P(osuit)", ("Quinto Casio (ou Cileno) dedicoulle, de bo grado, este altar a Neptuno"). No ano 2013, dende o Museo de Pontevedra aseguraron que cando se reestructurara o edificio de García Flórez crearíase un espazo adicado ao mundo do mar, e ese sería o emprazamento da ara. A ver cando chega o día.
Ara de Trabanca: O CSIC, da man do profesor e investigador Carlos Santos Fernández na revista Cuadernos de Estudios Gallegos (2016), achega cartas e debuxos inéditos que poden servir como fonte para o estudo indirecto da lápida de Trabancas, desaparecida hai máis dun século. A peza foi atopada entre o 1885 e o 1890 na parroquia de Arealonga, perdéndoselle o rastro arredor do ano 1909. Os documentos foron asinados entre 1909 e 1917 por Juan Fernández Gil e Casal, cronista de Vilagarcía, que proporcionan o texto íntegro, as características do soporte e as circunstancias do achado da ara de Trabanca da Torre. A existencia desta ara fora posta en dúbida por varios investigadores. Non hai consenso se estaba adicada ao deus grego Ares, ao romano Xúpiter ou a unha deidade indíxena, teoría esta última apuntada por Blázquez en 1996. Con estas novas achegas, o autor pretende ofertar aos epigrafistas unha serie de documentos inéditos que poidan achegar algo de luz, e animar aos investigadores para realizar novas pescudas na súa busca. No Museo de Pontevedra consérvase unha augada da ara que, aínda que non ofrece novidades acerca da morfoloxía e a epígrafe que reflexa o debuxo custodiado na Real Academia Galega, serve para testemuñar a presenza do manuscrito aínda que non da peza orixinal na Exposición Rexional Galega de 1909. Presenta unha inscrición votiva na que se le claramente o dedicante, "QVINTINVS Q F", e a fórmula votiva, "V S L M". Cando se atopou servía como cuberta parcial dun receptáculo antropomorfo que Fernández Gil cualifica como urna cineraria construída con tégulas e lastras de pedra.
Inscrición (Arealonga): Líase: "AR[---]ONIO (?)". Segundo os editores da Carta Arqueolóxica de Pontevedra xa estaba desaparecida no ano 1953. Existe unha copia de orixe descoñecida no Museo de Pontevedra.   
Necrópole: Cuevillas e Bouza Brey tamén atoparon no castro de Alobre unha necrópole con máis de trinta tumbas de época romana.     
Moedas: No castro de Alobre, na parroquia de Arealonga, entre os anos 1905 e 1940, atopáronse dúas moedas, un as de Antonino Pío e un sestercio de Marco Aurelio. Segundo Cavada Nieto, no concello tamén apareceron outras moedas de Galieno e Constantino. 
Xacemento de Area Longa: No ano 2019, os traballos realizados pola empresa A Citania, Arqueoloxía e Xestión do Patrimonio, permitiron o achádego de material de época imperial romana que poden permitir situar a necrópole estudada por Monteagudo e Gil y Casal. O xacemento atópase na entrada principal do parque Valdés Bermejo, preto do castro de Alobre. Durante os traballos saíron á luz centos de fragmentos cerámicos, vidros e un par de moedas
Xacemento de Vistalegre.

 

 
VILANOVA DE AROUSA
O Campanario: Segundo noticia aparecida a primeiros de maio de 2015, o Concello de Vilanova vai escavar a zona do Campanario onde apareceron restos de tégula. Hai anos xa se localizaran moedas de época romana, e no Museo de Pontevedra consérvase un sártego da mesma época. As escavacións tamén servirán para arroxar luz sobre a historia do mosteiro de Cálago (século VII), que a tradición sitúa no lugar do mesmo nome pero que ben se puído ubicar no Campanario, xunto a antiga igrexa.  
Moedas (Cálago e Tremoedo): Segundo Cavada Nieto, en Cálago apareceron sesenta denarios de Augusto a nome de Caio e Lucio e moedas do século IV. En Tremoedo, Bouza Brey, no ano 1955, fala de máis de 717 moedas de bronce, a maioría dos séculos III e IV (Cavada describe trinta).
O Carregal (Oubiña): Cando a realización dunha pista para a concentración parcelaria no ano 2013 apareceu gran cantidade de tégula que semella de época romana. 
Cálago (Cálago): Nas catro catas realizadas no mes de agosto de 2017 non apareceron restos do antigo cenobio o que non quere dicir que non existira, será cuestión de seguir escavando. O que si saíron á luz foron anacos de cerámica castrexa, unha ánfora romana, restos dun morteiro, terra sigillata, cerámica común, tégula e restos de metal. No mes de marzo de 2018 o xeoradar detectou unhas estruturas que puideran ser de época romana, asegurou o arqueólogo Francisco Alonso, que quizais daten do século I-III. Haberá que esperar a futuras escavacións.
  

Xabier Moure
Romanización de Galiza/Galicia (Provincia de Pontevedra)
o noso patrimonio