Os romanos déronlle o nome de Gallaecia ao noroeste da Península polos callaeci, un grupo de pobos que vivían entre os ríos Douro e Miño, tribos que no ano 137 a. C. fanlle fronte a Décimo Xullo Bruto quen, logo dunha cruenta batalla, logra vencelos. Vitoria que non debeu ser un paseo militar á vista dos honores que lle dispensaron ao chegaren a Roma, outorgándolle o título de Callaecus. Logo de varias incursións militares, nas que mesmo tiveron que intervir persoeiros da fasquía de Xullo César e Augusto, o Noroeste queda sometido (episodio, lendario ou non, do Medulio incluído) ao Imperio Romano no ano 19 a. C. Malia o anterior, os callaeci xa eran coñecidos polos gregos a mediados do derradeiro milenio a. C. co nome de kallaicoi.
Entre os anos 284 e 305 d. C., o emperador Diocleciano acomete a reorganización do Imperio. Na Península créanse dúas novas provincias a partir das xa existentes da Baetica, Tarraconensis e Lusitania: Gallaecia e Cartaxinense. A Gallaecia divídese en tres conventos, territorios adscritos a unha capital onde se centralizan as funcións administrativas propias como as militares, fiscais, financeiras, relixiosas e xudiciais: o Conventus lucensis con capital en Lucus (Lugo), o Conventus bracarensis con capital en Bracara (Braga) e o Conventus asturicensis con capital en Asturica (Astorga), exercendo a cidade de Bracara como capital de toda a Gallaecia.
No ano 409, os suevos, xunto con vándalos e alanos, provenientes das ourelas do Danubio, atravesan o Pirineo e asolan a Península. No 411, vándalos asdingos e suevos asinan un foedus (pacto) co emperador Honorio e establecen a capital en Bracara (agás os tres últimos reis suevos que a trasladan a Ourense). Mais axiña xurden as desavinzas e os suevos, axudados polos romanos, obrigan aos vándalos a dirixirse cara a Bética e logo a África. Nesa época, o asentamento suevo pasa de hospitium romano a transformarse, con Hermerico á fronte, no primeiro reino medieval de Occidente.
A finais do século V, a provincia da Gallaecia, integrada no Imperio Romano de Occidente, acada, grazas á incorporación do Conventus cluniensis con capital en Clunia, cidade romana situada no sur da provincia de Burgos, as súas máximas fronteiras que abranguen a Galicia actual, o norte de Portugal, Asturias, Cantabria e parte dos que despois serían os reinos de León e Castela. Segundo información achegada por Valentín Veiga, extraída do proxecto Corpus Corporum da Universidade de Zúrich, o primeiro en falar dun Reino de Galicia é León I o Magno ou Grande (390-461), papa número 45 da Igrexa Católica entre o 440 e o 461, quen na súa obra De haeresi et historia Priscillianistarum escribiu: "Sive tamen in Manichaeorum sobolem, sive in Priscilliani asseclas synodus illa animadverterit, in dubium minime vocandum est, sancti Leonis praeceptum ad illam hauquaquam posse referri, sed ad aliam in Gallaecia Regno coactam, post susceptam a Turribio sancti pontificis epistolam cum omnium propositarum quaestionum resolutionibus", (“Sen embargo, se o sínodo observou na descendencia dos maniqueos ou nos seguidores de Prisciliano, en absoluto debe dubidarse que o precepto de San León non podía referirse a el, senón a outro obrigado no reino de Gallaecia, despois de recibir de Turribio a carta do santo pontífice coas resolucións de todas as cuestións propostas”). Gregorio de Tours (538-573) tamén fala, na súa Historia Francorum, do Regnum Galliciense.
Xa con Roma en clara decadencia, os suevos encomezan un período de expansión que se incrementa coa caída do Imperio, período que remata, despois de case douscentos anos, coa anexión do Reino Suevo polo visigodo Leovixildo.
Cómpre facer notar que tras as invasións "bárbaras", a meirande parte dos territorios do Imperio Romano mudan o nome, o que non acontece coa Gallaecia que segue a conservar o que xa tiña na antigüidade.
Cómpre facer notar que tras as invasións "bárbaras", a meirande parte dos territorios do Imperio Romano mudan o nome, o que non acontece coa Gallaecia que segue a conservar o que xa tiña na antigüidade.
OS REIS SUEVOS DE GALIZA
Xosé Filgueira Valverde, na presentación da Galicia Sueva de Casimiro Torres (1977), di que o Reino dos Suevos é unha das etapas menos coñecidas e máis falseadas da nosa historia. Idealizada con fábulas, manipulada en novelas, apoloxías e nobiliarios, temida polos historiadores, constitúe unha das etapas máis merecedoras de atención e máis necesitada de revisión crítica. E o propio Casimiro Torres fala de que Galiza, aínda que posuía unhas particularidades étnicas, xeográficas e medioambientais diferenciadas, non deixaba de ser un retallo do Imperio Romano. Coa chegada dos suevos, despois de varios anos de "desorde e confusión", acentúase a fisionomía particular de Galiza e os trazos fundamentais da súa personalidade histórica, onde a pegada de submisión a Roma vai desaparecendo progresivamente. Segundo conta o historiador cristián Orosio (s. IV-V d. C), os galegos víronse aliviados da presión fiscal dos romanos. Arredor do 433, Hidacio, en nome dos galaico-romanos, e Balconio de Braga e Sinfosio, no dos suevos, negocian unhas condicións de paz que son aceptadas por Hermerico e que marcan, segundo apunta Victoria Armesto (1994), a fin das hostilidades entre suevos e galegos, así como o nacemento do que Hidacio denomina regnum suevorum (practicamente porolongouse entre o 411 e o 585), precedente do que logo serían os reinos da Idade Media.
HERMERICO (gobernou dende 409 ao 438)
É o primeiro rei suevo documentado. Dirixiu o paso do Rhin xunto con vándalos e alanos. Segundo Orosio foi un bo gobernante que non permitía que os seus compatriotas viviran a conta dos galaico-romanos; de aí o seu dito de que estoxaban as espadas e se entusiasmaban cos arados. No eido relixioso non entrou nas contendas entre católicos e priscilianistas. Durante o seu reinado, os suevos ocuparían a Galicia actual e o norte de Portugal. Se ben un tratado co emperador romano Honorio o obrigaba a recoñecer a supremacía romana, asumiría todas as funcións políticas. Entre os anos 416 e 418, os visigodos declararon a guerra a Hermerico en nome de Roma. No 419, despois dunha desputa entre Hermerico e o rei vándalo Gunderico, os vándalos, auxiliados polos alanos, atacaron aos suevos e atraparon a Hermerico nos Montes Narvasos ou Nervasos (non se sabe con exactitude onde quedan estes montes, uns lévannos para o Bierzo, outros para o Teleno, pero non falta quen os sitúa nos Ancares lucenses, como achega no seu blog Arqueotoponimia a etimóloga Dolores González de la Peña que atopou os topónimos Narvases, Narvasio e Nervaso en Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna). Roma intervén e os vándalos retroceden, marchando cara a Bética. Despois de que os vándalos abandonaran a península cara África no ano 429, Hermerico permaneceu pacífico, pero no ano 430 comezou a atacar Gallaecia. En 431, o eclesiástico e cronista Hidacio (Idácio de Chaves ou Hidácio da Limia) pídelle axuda a Flavio Aecio para loitar contra os suevos que demorou ata o 432. No 435, quizais por intermediación de Hidacio, Hermerico consegue a paz cos galaicos. En 429, aparece citado na Crónica de Hidacio un líder militar suevo chamado Heremigario ou Hermengario (finou no 429), dirixindo unha expedición sueva cara a Lusitania, que segundo algún autor puído reinar conxuntamente con Hermerico. Hermerico morreu en Mérida no 441, tres anos despois de abdicar no seu fillo Requila.
REQUILA (gobernou entre o 438 e o 448)
A paz cos romanos no tempo de seu pai Hermerico rómpese con Requila que fai fronte común cos outros pobos "bárbaros". En tempos deste monarca, suevos e galegos xa non loitan entre si, senón xuntos. Segundo o cronista Hidacio, a primeira vitoria de Requila é sobre o xeneral romano Andevoto, que prosegue coa toma de Mérida. Casimiro Torres conclúe que no 438 toda a antiga provincia da Gallaecia quedou baixo o dominio suevo. No 441, dirixindo unha política expansionista, conquista Sevilla e as provincias da Bética e a Cartaxenense. No 449, Hidacio tamén supón conquistados os territorios correspondentes ás actuais Asturias e Cantabria. As accións exteriores de Requila tiveron un precedente nas campañas levadas a cabo por Heremigario (ou Hermigario, ou Hermengario), persoeiro que só aparece citado no Chronicon de Hidacio e do que pouco se sabe (quizais un familiar de Hermerico pero do que non existe referencia documental algunha de que fose rei dos suevos), que no 429 (ano da súa morte no río Anas, Guadiana na actualidade) tenta ampliar as fronteiras do reino. Agresivo contra os católicos, considéranno un defensor do priscilianismo. Requila, como o seu pai, morre en Mérida.
REQUIARIO (gobernou entre o 448 e o 456)
Segundo Victoria Armesto (1994), é o primeiro rei suevo galeguizado. Fillo de Requila, convértese ao catolicismo o que, segundo algúns autores, foi de grande importancia xa que produciu o efecto da fusión entre suevos e galegos, conversión que tería lugar en Braga, quizais influenciado polo bispo Balconio (faleceu no 447). O Breviario Asturicense atribúe a conversión á curación milagrosa dunha filla de Requila por Santo Toribio de Liébana. Invade as zonas máis afastadas da Gallaecia e ataca Vasconia e o val do Ebro. Pretende desputar o territorio da Tarraconense ao Imperio buscando unha alianza cos visigodos, casándose coa filla do rei visigodo de Tolosa. Aínda que o resultado das campañas é desigual, a expansión mantense a bo ritmo, recobrando o dominio da Cartaxenense. Á morte do visigodo Teodorico I, o seu sucesor Turismundo mantivo o pacto que se veu abaixo co asasinato do monarca godo e a chegada ao trono de Teodorico II. No 456 é derrotado por este na batalla do río Órbigo, "In campo Paramo iuxta flumen Orbicum", contenda, segundo Casimiro Torres, que había decidir se Hispania ía ser sueva ou visigoda. Requiario refuxiouse en Portuncale (Porto) onde foi capturado e decapitado. Foi o primeiro rei "bárbaro" que acuñou moeda co seu nome, que no anverso levaba o nome do emperador romano (necesario para garantir a súa circulación) e o busto de Honorio, e no reverso Iussu Richiarii Reges (por orde o rei Requiario), feito que manifesta a independencia do Reino de Galicia xa antes da caída do Imperio Romano de Occidente.
Dende o 456 ao 468, co reino convertido nunha especie de protectorado visigodo, caracterízase por un período de loitas internas entre os distintos pretendentes a ocupar o trono. Á morte de Requiario, Teodomiro puxo á fronte do reino a un personaxe títere, Aguiulfo (456-457), de posible orixe visigoda (se ben o historiador do s. VI Jordanes non o considera tal) que tamén foi decapitado cando o visigodo se decatou das súas ansias expansionistas. Foi entón cando interviñeron os bispos para pidirlle ao rei que deixara que os galegos elixiran aos seus propios gobernantes, petición que aceptou. O reino, xa medio dividido, quedou partido con dúas cabezas visibles á fronte: Frantán (456-457) para a Gallaecia Lucense e Maldras (457-459) para a Gallaecia Bracarense, con capitais en Ourense e Lugo respectivamente. Frantán morreu pronto, e Maldrás foi asasinado. A este sucédeo o seu fillo Remismundo (459-469) que casa cunha filla de Teodomiro II, pasándose no 465 ao arrianismo; con el reuníficase o reino (464 ou 465); morre no ano 468. Frumario destronou a Remismundo, gobernando o sur do reino entre o 459 e 463. Requimundo gobernou o sur do reino no mesmo período, loitando contra os dous anteriores.
A partir do ano 469, e coa morte de Hidacio (470), prodúcese o coñecido como Período Escuro no que o silencio das fontes é absoluto. Ata o 550, case un século de misterio. Por iso non se sabe con exactitude quen gobernou neste tempo o Reino Suevo de Galicia, a non ser o nome de duns gobernantes dos que existen moitas dúbidas: Hemenerico, citado pola P. Yepes; o arriano Teodemundo; e Veremundo que segundo E. A. Tompson (1980) coñécese a súa existencia por unha inscrición de Beirão (Braga).
Por unha resposta do papa a unha consulta do metropolitano de Braga, Profuturo, sábese que cara o ano 530 o reino mantiña a estabilidade política.
Durante este longo período é o galego Xoán de Biclara, o Biclarense (tomou o nome do mosteiro catalán onde fora desterrado), quen relata a historia dos últimos reis suevos de Galicia, comezando no 567 e rematando no 585.
Segundo Casimiro Torres, pouco se sabe do Período Escuro, agás os nomes duns reis dubidosos. De Carriarico só hai referencia feita polo bispo Gregorio de Tours (538-594) na súa Historia Francorum. Este santo narra a curación do fillo e herdeiro de Carriarico, vítima dun andazo de lepra que asolaba o reino, grazas as reliquias de San Martiño de Tours levadas ata Braga. Como agradecemento convértese ao catolicismo o que vai conlevar o enfrontamento cos visigodos. Malia lenda, dubídase da existencia de Carriarico que autores como Baronio, Macías, Menéndez Pelayo e o propio Torres identifican con Teodomiro, en contraposición con Flórez, Murguía e Reinhar que non coinciden cos anteriores. No 550 chega a Galiza Martiño de Dumio.
TEODOMIRO (gobernou entre o 558 e 570)
No ano 561 celébrase un concilio en Braga e outro posible en Lugo no 570 (no 572 celébrase outro máis en Braga) que poñen as bases da organización territorial dividíndoa en dióceses e parroquias que dependían das metrópoles bracarense e lucense (cómpre subliñar que os concilios non só eran un acto relixioso, senón tamén político). Desta época é o Parrochiale Suevum, coñecido tamén como Divisio Theodomiri onde se reflicte a organización administrativa e eclesiástica do Reino Suevo da Gallaecia cunha relación de 134 parroquias agrupadas en trece dióceses. É o primeiro documento onde se menciona a utilización de monumentos prehistóricos (mámoas, pedrafitas, castros) como marcos divisorios. As dióceses actuais son practicamente as existentes daquelas. Martiño de Dumio, que chegou a Galicia no ano 550, inflúe sobre o rei para que se converta ao catolicismo, apoiándose na xerarquía eclesiástica como unha forma de independenza política fronte ao arrianismo dos visigodos. Do seu tempo é a igrexa ourensá de San Martiño, onde logo se ergueu a catedral.
MIRO (gobernou entre o 570 e o 583)
Discípulo do bispo Martiño de Dumio. Emprende unha campaña contra os ruccones que asentaban entre Cantabria e Navarra, episodio encamiñado posiblemente a debilitar aos visigodos, manobra infrutuosa xa que foi derrotado por Leovixildo, obrigándoo a permanecer dentro das fronteiras do seu propio territorio. Casou con Sisegunta, filla ou irmá do católico Gontrán, rei de Aquitania. Arredor do 570 chegan á Gallaecia os bretóns que se asentan no reino en condición de federados dos suevos. No segundo concilio celebrado en Braga no 572, presidido polo Dumiense, asisten todos os bispos galegos, ademais dos procedentes de dióceses que estaban baixo o dominio visigodo, como Astorga, Viseu, Lamego e Coimbra. No 576 enfróntase a Leovixildo o que se salda coa paz en que os suevos son reducidos aos dominios de Galiza e do norte de Portugal. No 582, Hermexildo rebélase contra o seu pai Leovixildo na Bética e Miro acode alí por razóns que se ignoran, uns din que para axudar a Hermenexildo, outros a Leovixildo. O certo é que, sen entrar en combate, regresa á Gallaecia, morrendo no camiño. Durante o seu reinado, cara o ano 573, constrúese o mosteiro de San Pedro de Rocas. Comeza a decadencia do Reino Suevo.
EURICO ou EBORICO (gobernou entre o 583 e o 584)
Segundo San Isidoro, era adolescente cando sucedeu ao seu pai Miro. Continúa coa política practicada polo seu proxenitor nos últimos tempos, a de submisión aos visigodos. Logo de xurarlle fidelidade a Leovixildo, este faille entrega simbólica do Reino, feito que motivou que Andeca, que casara pola forza coa viúva de Miro ou a irmá de Eborico, se puxera á fronte dos descontentos para destronalo e recluílo nun mosteiro.
ANDECA (gobernou entre o 584 e o 585)
Casado ou prometido coa viúva de Miro ou a irmá de Eborico. Reuniu un exército e venceu a Eurico, acusado de converter o reino suevo nun feudo dos visigodos. Quizais para asegurarse o trono casou coa viúva de Miro, Siseguta, abandonando ou repudiando á irma de Eurico e filla da súa esposa. Murguía di que non se tratou dunha sublevación, senón dun conflito doméstico resolto dentro do ámbito familiar. O mesmo autor asegura que Siseguta non era a nai de Eurico, senón a súa madrastra. A primeira afirmación é rebatida por Casimiro Torres que, tomando un texto de San Gregorio, di que Andeca atacou "cum exercito", feitos que tiveron lugar no ano 583. Cando o visigodo Leovixildo se enterou da rebelión, poñendo como excusa o conflito dinástico, dirixiuse a Galiza e fixo prisioeiro a Andeca que, segundo Juan de Biclaro, como el mesmo fixera con Eurico, foi ordeado presbítero e recluído no mosteiro de Pax Iulia (Beja, en Portugal). Coa toma de Braga e a prisión de Andeca, o reino suevo réndese o que significou, segundo Isidoro de Sevilla (560-636), a desaparición do reino.
MALARICO (585)
Pretendente ao trono. Os visigodos impoñen o arrianismo. Despois de incorporar o reino suevo ao visigodo a principios do ano 585, Leovixildo deixou encargados do goberno a uns duques (ese mesmo ano tivo lugar o martirio do seu fillo, Hermenexildo). O franco Gontrán envía naves a Galiza para sublevar aos suevos contra os visigodos, mais fracasa na tentativa. Casimiro Torres di que non se pode afirmar se relacionado con esta intervención do rei franco Gontrán, ou independente da mesma, houbo un intento de sublevación en Galiza á fronte da cal estaría Malarico (ou Amalarico) que non tivo consecuencias porque os duques de Leovixildo sofocárona con rapidez e levaron ao rei encadeado, entregándollo a Leovixildo.
Con Malarico remata o reino suevo de Galiza. "Regnum autem Suevorum deletum in Gothis transfertur", "Destruído o reino dos suevos pasou a poder dos visigodos" (San Isidoro).
Baixo os visigodos, a Gallaecia é gobernada por un dux emparentado coa monarquía goda, casos de Éxica (687-702) e Witiza (nomeado para o trono galego no ano 700), fillo do anterior, quen, antes de seren nomeado como rei visigodo de Hispania e Septimania (esta ocupaba aproximadamente as rexións do Languedoc-Rosellón, dos visigodos dende o 462, e que durante o reinado de Carlomagno foi coñecido como Gothia), fixa a corte galega en Tui (698-702). Cunha política máis moderada ca do seu pai, mesmo permitiu que os nobres galegos desterrados regresaran á súa terra, devolvéndolles as posesións confiscadas. Gobernou o reino visigodo dende o ano 702.
Os visigodos respectan as circunscricións administrativas, a organización parroquial e as entidades públicas existentes. Galicia conserva a categoría de reino.
San Isidoro, arcebispo de Sevilla, di na súa Etimoloxías (Etymologiae u Originum sive etymologiarum libri viginti), escrita entre o 627 e 630, que "regiones partes sunt provinciarum (...) sicuit in Gallicia; Cantabria, Asturica" ("Cantabria e Asturias son rexións situadas en Galicia").
É no ano 711, coa chegada dos musulmáns á Península, cando Galiza recupera, aínda que sen unha organización formal, a independenza dun suposto estado unitario creado polos visigodos, regresando ás fronteiras da época sueva.
No ano 714, tres anos despois de que os árabes invadiran a Península, o musulmán Muza chega a Lugo, pero non ocupa Galiza de xeito efectivo, a parte máis occidental quedou fóra do control musulmán. No ano 740, coa rebelión dos bereberes, abandonan Galiza. Que a ocupación foi curta e non en todo o territorio dánolo o feito de que o bispado de Iria Flavia (importante centro portuario e comercial) tivo unha actividade ininterrompida a pesares da invasión. O mesmo podemos dicir de Bretoña. Durante os primeiros anos da coñecida como Reconquista (a historia oficial ten máis de mito que de realidade), as poboacións importantes da antiga Gallaecia asentaban na Galicia actual, coas citadas Iria e Bretoña, e tamén Lugo. Galiza continuará, ao contrario da meirande parte do territorio peninsular, como reino cristián independente.
No ano 714, tres anos despois de que os árabes invadiran a Península, o musulmán Muza chega a Lugo, pero non ocupa Galiza de xeito efectivo, a parte máis occidental quedou fóra do control musulmán. No ano 740, coa rebelión dos bereberes, abandonan Galiza. Que a ocupación foi curta e non en todo o territorio dánolo o feito de que o bispado de Iria Flavia (importante centro portuario e comercial) tivo unha actividade ininterrompida a pesares da invasión. O mesmo podemos dicir de Bretoña. Durante os primeiros anos da coñecida como Reconquista (a historia oficial ten máis de mito que de realidade), as poboacións importantes da antiga Gallaecia asentaban na Galicia actual, coas citadas Iria e Bretoña, e tamén Lugo. Galiza continuará, ao contrario da meirande parte do territorio peninsular, como reino cristián independente.
A partir daí é cando comeza a recreación dunha patria española inexistente, tan falsa como a batalla de Clavijo que sitúan no ano 844. Galicia, despois da desaparición dos visigodos e do abandono polos musulmáns, quedou sen vinculación con monarquía organizada algunha (Victoria Armesto, 1994). Ademais, como di Sánchez Albornoz ao referirse a Clavijo, é inimaxinable o choque entre Ramiro I e Abd al-Rahman no lugar xa que está probado historicamente que entre o 843 e o 844, e no 847 e 849 o emir de Córdoba atopábase combatendo noutras frontes moi lonxanas. Daí pregunta Sánchez Albornoz como se puído facer intervir a Santiago montado nun cabalo branco nun combate que nunca existiu (eiquí nace a hipótese sobre se os restos que se conservan na catedral de Santiago son os de Prisciliano, o famoso herexe galego decapitado en Tréveris, Alemaña, no ano 385).
Antes de entrar en materia, cómpre subliñar un aspecto que vén a ser esquecido. Os “monarcas hispanos” dos séculos VIII, IX e X endexamais utilizaron o título de rei como señores dun determinado territorio (en realidade eran señores con atribucións reais), como tampouco os cualificou ninguén como reis de Asturias ou de León. Só se atribuíron a condición “real” a partir de Afonso II xa que os anteriores eran denominados como “caudillos” ou “princeps”, feito que podemos comprobar nun documento pertencente a Silo, datado no 775, onde se describen unha serie de propiedades que posuía entre os ríos Eo e Masma o cal asina como un particular debido a que a condición rexia aínda non estaba ben definida. A razón agachada pola historiografía oficial cando fala de Paio, Favila, Afonso I, Froila, Aurelio, Silo, Mauregato ou Vermudo I (todos eles entre os anos 711 e 791), como se fosen reis de Asturias ou de León, ten unha calculada falla de rigor histórico, ocultando, por exemplo, que dende o mundo árabe eses “princeps” ou “caudillos” eran coñecidos só como reis da Gallaecia. Segundo Sánchez Albornoz “perante todo o século IX, no Al-Andalus e alén dos Pirineos, chamabánlle Reis da Galiza aos que reinaban en Ovieu”, que nalgún momento a capital do reino ficara en Oviedo non demostra nada xa que, por motivos de seguridade (invasións normandas e árabes) ou estratéxica, a capital podía estar en calquera sitio (Zamora, por exemplo, capital no 1129, era sufragánea do arcebispado de Compostela). O historiador Maravall cita numerosas crónicas da Idade Media que identifican a Hispania con Al-Andalus e designan como Gallaecia os territorios cristiáns peninsulares; entre outros autores cita a Ibn al-Qutiya (morreu en Córdoba no 977), Ibn al-Atir (1160-1233) e a Al-Maqqari (1591-1632). Ademais dos francos, o papado e os demais príncipes e reis peninsulares identifican a Gallaecia con todo o Noroeste peninsular (que tamén incluía León, Asturias e o norte de Portugal). Por outra parte, ata o século XII, os cronistas anglo-normandos falan do Reino da Gallaecia e dos seus reis ("Amfurcio Regi Galliciae" e "Aldefonso Gallicae regi") cando se refiren aos territorios cristiáns do Nor-noroeste peninsular. Xa con anterioridade, o historiador, xeógrafo e filósofo árabe Al Masudi (893-956) denomina a Ramiro II como rei dos galegos. O cambio de Reino de Galiza polo de Reino astur-leonés é produto dunha historiografía moi posterior.
OS PRINCEPS DE GALIZA
Estes princeps, mal denominados reis, pertencerían a unha serie de linaxes provenientes de grandes terratenentes de orixe tardorromana que afianzarían a súa autoridade sobre outras familias. Que aínda non se alcuman como reis vémolo nun documento do ano 775 (ver Silo).
Ademais de ser natural da Gallaecia, pouco se sabe do seu lugar de nacemento. O cronista Al-Razi (887-955), cando describe a Península, di que en tempos de Anbasa ibn Suhaim al-Qalbi, levantouse en terras de Galicia un asno selvaxe (infiel) chamado Paio ("trinta asnos selvaxes", escribiu o musulmán al-Maqqari). Dende entón empezaron os cristiáns a defender contra os musulmáns as terras que aínda quedaban no seu poder. A vitoria dunha suposta batalla acontecida en Covadonga (para uns no 718 e para outros no 722), que sinala un cuestionado comezo da Reconquista, é para algúns historiadores a falacia do nacemento da "nación española". Ata o ano 772 o musulmán bereber Muzuza aparece como valí (gobernador) de parte do terzo occidental da Península con sé, alternativamente, en Asturica Augusta (Astorga), Lucus Asturum (Lugo de Llanera, Asturias) e Gigia (Xixón); sábese que organiza o territorio e o cobro de tributos. A non moi fiable Crónica albeldense (883) di que os sarracenos, máis que baixo a espada das hostes de Paio, sucumbiron polo derrubamento natural do monte Subiedes, en Cantabria, teoría en todo caso máis crible que por unha cruenta derrota en Covadonga xa que dise que as tropas cristiás non superaban os 300 combatentes, fronte aos 180.000 dos sarracenos (cada vez son máis as investigacións que cuestionan a existencia desta batalla. Nas crónicas cristiás anteriores ao 833 non aparece por ningunha parte). Sobre a desaparición do gobernador Muzuza barállanse varías teorías, dende que morreu a mans de Paio ata que vivíu en Xixón con Ermesinda, irmá de Paio, finando de morte natural. Á vista do anterior é, ao menos inexacto, que Asturias nunca estivera baixo o poder dos musulmáns. No santuario de Covadonga (Asturias) atópase o suposto sepulcro de D. Paio que mostra a seguinte inscrición: "AQUÍ YAZE EL S REY DON PELAIO/E L L E T O EL A Ñ O DE 716 QVE EN E S T A M I L A G R O S A C V E B A C O ME/N Z O LA R E S T A U R A C I O N DE E S PA/ÑA BENZIDOS LOS MOROS FALLECIO/AÑO 737 Y LE ACOPANA SS MVSER Y ERMANA". Segundo o historiador Julio Puyol Alonso (1865-1937) a inscrición foi feita, coma moi cedo, a finais do século XVII, engadindo que se trate do sepulcro de Paio carece de todo fundamento xa que as primeiras noticias datan do século IX, mesmo as crónicas Albeldense e de Sebastián din que foi enterrado en Santa Eulalia de Velamio, en Abamia (Cangas de Onís), pero despois, sen máis, foi trasladado para Covadonga, feito que non figura en ningunha documentación. O propio Ambrosio de Morales, que visitou o santuario no ano 1572, dubida que Paio se atope enterrado alí.
FAVILA (gobernou entre o 737 e o 739)
As crónicas Albendense (883) e Rotense (s. IX) cítanno como Fafila, e coinciden en que era fillo de Paio. Por unha inscrición da igrexa de Santa Cruz de Cangas de Onís sábese que estaba casado cunha muller de nome Froiliuba. Segundo a lenda morreu loitando cun oso.
AFONSO I (naceu n0 693 e morreu no 757. Gobernou entre o 739 e 757)
Cuñado de Favila e marido da súa irmá Ermesinda. Recupera os territorios conquistados polos árabes ata o río Douro. Nos textos árabes aparece citado como rei de Galiza (o romanticismo de mediados do século XIX como "rey de Asturias"). No ano 740, os musulmáns abandonan o territorio galego sen apenas deixar pegada do seu paso. Odoario, bispo de Lugo e Braga entre o 740 e o 780, restaura o bispado de Lugo e dirixe a repoboación da cidade. No 743, a crónica bereber anónima Ajbar Machmuâ fala da reconquista de Galiza por parte dos cristiáns: "Os galegos, aproveitando a contenda civil entre os musulmáns, sublévanse contra o islam e apodéranse de todo o distrito de Asturias".
FROILA I (gobernou entre o 757 e o 768)
Fillo de Afonso I. Naceu en Cangas de Onís no ano 722. O romanticismo español de mediados do século XIX denomínao "de Asturias" cando as crónicas medievais nada din ao respecto. Ao comezo do seu reinado enfróntase aos exércitos de Abd al-Rahman I nun lugar chamado Pontumio (Pontedeume?). Segundo a Crónica Alfonsina, atribuída a Afonso III (abarca un espazo que comeza con Wamba), no 766 tivo que reprimir unha rebelión de nobres galegos que se opoñían a que a coroa fose hereditaria. Reformou o clero, prohibindo o casamento aos cregos o que lle ocasionou a inimizade de boa parte deste estamento. Asasinou ao seu irmán Vimarano cando viu que este gañaba as simpatías da nobreza que logo confabulou contra el para asasinalo en Cangas de Onís. Funda Oviedo no ano 761 para defender a Gallaecia Asturicense (oriental) das incursións dos cántabros. Os fillos de Froila foron Ximena e Afonso (despois Afonso II); a súa nai Munia, temendo que correran a sorte do pai, enviounos ao mosteiro de Samos.
AURELIO (gobernou entre o 768 e o 774)
Nobre galego. Naceu cara o ano 740. Sucede a Froila I como señor da Gallaecia. A Crónica de Afonso III, escrita cen anos despois, di que era curmán de Froila I. As crónicas falan dos primeiros movementos sociais de contestación antiseñorial da Idade Media en que os servos se ergueron contra os señores, acabando por seren sometidos por Aurelio. Faleceu en Langreo de morte natural no ano 774.
SILO (gobernou entre o 774 e o 783)
MAUREGATO (gobernou entre o 783 e o 789)
Dise que era fillo de Afonso I e dunha "serva" galega (tamén se di dunha escrava musulmana). Alíase co Califato de Córdoba. Nos anos que van do 776 ao 786, o Beato de Liébana en todos os seus manuscritos dá o nome de Gallaecia ao conxunto dos dominios dos caudillos galaico-asturianos que, na historiografía oficial, só aparecen citados como reis de Asturias, considerando a Gallaecia como a parte cristiá e a Hispania a árabe. Segundo
fontes vencelladas con Afonso III, Mauregato conseguiu o trono grazas ao apoio de Abd al-Rahman I,
a cambio dun tributo anual que lle tiña que pagar consistente en 100 doncelas.
VERMUDO I, o Diácono (gobernou entre o 789 e o 792)
Fillo de Froila e irmán de Aurelio. Elixido no 789 para reemprazar a Mauregato. A súa caída produciuse no ano 791, a raíz da derrota fronte aos musulmáns na batalla do río Burbia (O Bierzo). Despois da derrota abdicou e volveu ao seu estado clerical (de aí o alcume do Diácono). Aínda que a historiografía oficial elévao a "rei de Asturias", foi un princeps galego. Morreu no ano 797.
OS REIS DE GALIZA
AFONSO II (gobernou entre o 791 e o 842)
Alcumado O Casto. Fillo de Froila I e Munia, naceu no ano 760. Fuxindo dos asasinos do seu pai, os monxes de Samos agochan ao futuro rei no castelo de Sobredo, no Courel, sobre o río Lor: "Postea vero, vene Proabus meus jam supradictus Dominus Adefonsus adhuc
in pueritia, remorabit ibidem in Sammanos, et in alium locellum, quod
dicunt Subregum in Ripa Laure, cum fratres, multo tempore, in tempore
persecutionis eius". Nomeado rei, establece a corte en Oviedo. Durante o seu reinado descúbrese o sepulcro do Apóstolo Santiago (813). O cronista árabe Al-Razi (887-955) citáoo como “Afonso, rei dos galegos“, título que aparece reflectido na Crónica Carolínxia e na Vita Hludovici (biografía anónima sobre Ludovico ou Luís o Piadoso que reinou entre os francos entre o 814 e o 840): "Hadefonsi regis Galleciae e Asturiae" e “Galletiarum principis”; nos Annales Regni Francorum (apunte do ano 798) e na Vita Karoli Magni (833) como “Rex Galletiae”; e noutras como “Totius Galletiae Rex”. Os árabes continúan a chamar galaicos aos cristiáns do Noroeste. Tamén chama a atención un documento do ano 818, correspondente ao Tombo de Sobrado dos Monxes, que fala do "reinado do príncipe Adefonso (Afonso II)", texto no que non aparece o título de rei. Faleceu no ano 842.
RAMIRO I (gobernou entre o 842 e o 850)
Naceu no ano 790. Segundo a Crónica de Afonso III foi elixido coma sucesor por Afonso II o Casto debido a que este non tivo descendentes. Rei da Gallaecia, converte a Lugo na capital do reino (foi apoiado por un exército de nobres lucenses), que logo traslada a Oviedo. No ano 844 prodúcese a primeira chegada dos normandos a Galicia. O rei Ramiro I e o duque Arximiro (señor de Trasancos) reúnen na entrada da ría de Ferrol un exército provisto de ballistae” (catapultas) para facer fronte ás naves inimigas, que son rexeitadas. Dous anos despois, os normandos atacan a costa cantábrica. Aquí ten lugar a lenda do bispo Gonzalo de San Martiño de Mondoñedo, o Bispo Santo, quen, dende o castro de Marzán (Foz) consegue afundir a frota inimiga só con oracións. Do seu reinado é o mito do Santiago Matamoros cando, montado sobre un cabalo branco, foi decisivo na inexistente batalla de Clavijo, mitificación, segundo algúns autores, da batalla de Albelda, na Rioxa. A primeira crónica que cita esta lenda foi narrada no ano 1243 polo bispo de Osma, Rodrigo Ximénez de Rada. Morreu no ano 850 en Santa María do Naranco.
ORDOÑO I (gobernou entre o 850 e o 866)
Fillo de Ramiro I, naceu no ano 821. Viviu os primeiros anos de vida en Oviedo, trasladándose despois a Lugo. Rei de Galicia, ocupando logo o trono do Reino León, aínda que nas crónicas da época, por exemplo na de Ibn Idari, escrita no ano 1306, figura sempre como Rei de Galiza. Apoiou
aos
mozárabes sublevados contra o emir de Córdoba, acción que lle
valeu a derrota na batalla de Guadalete no 854.
Entre os anos 858 e 861 prodúcese outra invasión proveniente de Eire, que entra a través da ría de Arousa e chega a Compostela. Traslado da sé de Dumio a Bretoña-Mondoñedo; restaura e fortifica Lugo, Tui, Compostela, Oviedo e León. Faleceu en Oviedo no ano 866.
AFONSO III, O Magno (gobernou entre o 866 e o 910)
Naceu en Zamora no ano 848 ou 852. Reina co título de rei da Gallaecia, levando as súas fronteiras ata o Val do río Mondego. No ano 899 consagra a primitiva catedral de Santiago. Froila Bermudes, conde de Lugo, lidera unha revolta contra el, morrendo a mans dos partidarios do rei. Os cronistas árabes e o Papa Xoán IX (finou no ano 900) refírense a él como Rei de Galiza (“Adefonso Regi Gallaeciarum”, ou “Rex Galletiae”). Nalgúns documentos aparece como Imperator Gallaecia. Consérvanse citas do propio rei situando a Sahagún, León ou Coimbra dentro dos territorios do Reino de Galiza, como rexistra, por exemplo, un diploma do ano 905: “Civitate vocatur Legione, in Gallaecia”. Dous dos seus fillos, logo de destronalo, repártense o Reino de Galiza. Durante o seu reinado, no ano 873, Vimara Petri, conde dun territorio próximo a Santiago, conquista Porto. E no 878, o conde Ermenexildo de Présaras, fundador do mosteiro de Sobrado, toma Coimbra. No ano 907 nace San Rosendo en Celanova. Deste tempo é a Crónica de Afonso III, relatos moi pouco fiables xa que están moi alonxados dos acontecementos; realizáronse cunha clara intención laudatoria e ideolóxica para tentar demostrar unha lexitimidade monárquica fronte aos señoríos existentes en territorio galego para o que se valeu dunha manipulada xenealoxía que viña dende o rei visigodo Wamba.
Naceu en Zamora no ano 848 ou 852. Reina co título de rei da Gallaecia, levando as súas fronteiras ata o Val do río Mondego. No ano 899 consagra a primitiva catedral de Santiago. Froila Bermudes, conde de Lugo, lidera unha revolta contra el, morrendo a mans dos partidarios do rei. Os cronistas árabes e o Papa Xoán IX (finou no ano 900) refírense a él como Rei de Galiza (“Adefonso Regi Gallaeciarum”, ou “Rex Galletiae”). Nalgúns documentos aparece como Imperator Gallaecia. Consérvanse citas do propio rei situando a Sahagún, León ou Coimbra dentro dos territorios do Reino de Galiza, como rexistra, por exemplo, un diploma do ano 905: “Civitate vocatur Legione, in Gallaecia”. Dous dos seus fillos, logo de destronalo, repártense o Reino de Galiza. Durante o seu reinado, no ano 873, Vimara Petri, conde dun territorio próximo a Santiago, conquista Porto. E no 878, o conde Ermenexildo de Présaras, fundador do mosteiro de Sobrado, toma Coimbra. No ano 907 nace San Rosendo en Celanova. Deste tempo é a Crónica de Afonso III, relatos moi pouco fiables xa que están moi alonxados dos acontecementos; realizáronse cunha clara intención laudatoria e ideolóxica para tentar demostrar unha lexitimidade monárquica fronte aos señoríos existentes en territorio galego para o que se valeu dunha manipulada xenealoxía que viña dende o rei visigodo Wamba.
ORDOÑO II (gobernou entre o 910 e o 924)
Naceu en León no ano 871. No ano 910 é proclamado rei de Galicia, e tamén de León no 914, e anos despois de Asturias. No 915 outorgou aos cidadáns de Compostela o antigo privilexio de "inxenuos" ou "cidadáns libres". No 916 muda a residencia do trono galego de Santiago de Compostela para León. Morrreu no 924.
Naceu en León no ano 871. No ano 910 é proclamado rei de Galicia, e tamén de León no 914, e anos despois de Asturias. No 915 outorgou aos cidadáns de Compostela o antigo privilexio de "inxenuos" ou "cidadáns libres". No 916 muda a residencia do trono galego de Santiago de Compostela para León. Morrreu no 924.
FROILA II (gobernou entre o 924 e o 925)
Alcumado O Leproso. Fillo de Afonso III e irmán de Ordoño II, é elixido en asemblea da nobreza e o clero como rei de Galiza (ata ese momento era señor de Asturias). Casou antes do 911 coa súa curmá Nomilia Ximenes, filla de Sancho Garcés e Toda Aznárez de Aragón. Une a sé de Iria a Compostela. Os infantes Ordoñez, Sancho e Ramiro, fillos de Ordoño II, sublévanse en Galiza co apoio de nobres galegos e fanse co reino que logo se reparten. Segundo a Primeira Crónica Xeral, escrita por iniciativa de Afonso X o Sabio, morreu no ano 925, ao parecer de lepra (daí o alcume), e foi enterrado na catedral de León: "Et pues que fue muerto a cabo del anno et de los dos meses, enterraronle en Leon cerca so hermano el rey don Ordonno".
AFONSO FROILAZ (gobernou entre o 925 e o 926)
Alcumado o Xorobado. Fillo de Froila II. A súa cronoloxía como rei foi establecida no século XX por Sánchez Albornoz baseándose en textos do século X, a Nómina rotense e a vigilana. Os fillos de Ordoño II, Sancho e Afonso, por xulgaren que tiñan máis dereito ao trono, enfróntanse a el polo que tivo que refuxiarse en Asturias. No 932 foi apreixado por Ramiro II quen ordea cegalo xunto con outros membros da súa familia, encarcerándoo no mosteiro de Ruiforco (en Ruiforco de Torío, León) onde morre no ano 932. Como curiosidade, na Nomina regum catolicorum Legionensium (catálogo de reis dende Paio a Ramiro II) o seu nome non se rexistra acompañado do ordinal.
Naceu no ano 895. Fillo maior de Ordoño II e da galega Elvira Menéndez, goberna nos conventos lucense e bracarense (Galicia e Portugal) como rei de Galiza, devolvendo a capitalidade a Santiago de Compostela. Foi coroado na catedral compostelá o 16 de abril de 926. Excluído da relación de reis de Afonso X, nunca contou co apoio das elites galegas. Estivo casado coa nobre galega Goto Muñiz. No ano 925, San Rosendo introduce a reforma beneditina nos mosteiros de Galiza. No 929 foi enterrado no panteón de Santa María de Castrelo de Miño.
AFONSO IV (gobernou entre o 929 e o 931)
Alcumado O Monxe. Fillo de Ordoño II e irmán de Sancho Ordóñez e Ramiro II. Rei de León e Asturias dende o 926, goberna como rei de Galicia dende a morte de Sancho no 929. Abdicará en beneficio do seu irmán Ramiro, retirándose ao mosteiro de San Facundo de Sahagún. Nas loitas polo trono entre Ramiro II e Afonso Froilaz, apoiou a este, sendo apreixado por Ramiro quen o devolve a San Facundo, non sen antes ordenar que o cegaran. Morreu no 933.
RAMIRO II (gobernou entre o 931 e o 951)
Alcumado O Grande, e O Diabo polos seus inimigos. Naceu no ano 898. Irmán de Afonso IV. Casado con Adosinda Guterrez, filla do conde Osoriz e Ildoncia Menéndez. Convértese primeiro en rei Galiza, e de León e Asturias despois de destronar ao seu irmán Afonso Froilaz. Conquista Madrid e chega ata Santarém e Badallouce (Portugal). No ano 933, Ramiro II situaba "in finibus Gallaecia" o mosteiro de Lorbaos, preto de Coimbra. Segundo Sánchez Albornoz, a antiga Galicia chegaba ata o Douro, e a principios do século X ata o Mondego. No 937 saquea Lisboa, e no 939 vence en Simancas ao exército do califa Abd al-Rahman III. Existe un texto árabe sobre a batalla de Simancas do que é autor Ibn Abd-al-Múnim al-Himyari que di (traducido de Sánchez Albornoz): “Entre as nacións coas que os habitantes de Al-Andalus estaban en guerra, a Galega era a máis poderosa; a pesar de que os francos teñen feito a guerra aos musulmáns, os galegos constitúen os máis terribles inimigos”. Noutros documentos cítase a Ramiro como “rei dos Galegos”, con referencias a Galiza do tipo: “é a nación máis poderosa”. Al Masudi (896-956), historiador, xeógrafo e filósofo árabe denomina a Ramiro II como rei dos galegos, e Zamora como a capital de Galiza. Entre as súas vitorias militares están, ademais da de Simancas, Badaxoz, Mérida, Córdoba, Lisboa ou Talavera de la Reina, asegurando as fronteiras de Galiza no val do Mondego. Tamén emprede a repoboación de Salamanca. Morreu no mes de xaneiro do 951 a causa dunha grave enfermidade, pero antes abdicou no seu fillo Ordoño III.
ORDOÑO III (gobernou entre o 950 e o 956)
Naceu no ano 925. Nobre galego fillo de Ramiro II e da nobre galega Adosinda Guterrez. Rei de Galicia e despois de Asturias e León. No 953 desbarata unha conspiración encabezada polo conde castelán Fernán González que apoiaba ao seu medio irmán Sancho na desputa polo trono. Reinou
nun período turbulento, marcado polo enfrontamento entre irreconciliables faccións
nobiliarias galegas, castelás e asturianas. Ante unha guerra inminente cos musulmáns, asinou un tratado de paz co califa Abd al-Rhaman III. Morreu en Zamora no ano 956.
SANCHO II (955-957 -primeira etapa-)
Alcumado O Gordo. Rei de Galiza. Fillo de Ramiro II e Urraca Sánchez. Conspiración dos nobres leoneses e casteláns que, encabezados polo conde Fernán González de Castela, conseguen destronalo, desposuíndoo do trono temporalmente, que recae en Ordoño IV. Dise que foi deposto pola súa gordura, pero o motivo foi a derrota sufrida no 957 ante os cordobeses o que aumentou o seu desprestixio (opúxose a respectar a paz asinada por Ordoño).
ORDOÑO IV (gobernou entre o 958 e o 960)
Alcumado O Mao. Rei de Galiza. Fillo de Afonso IV (hai algunha hipótese que atribúe a paternidade a Afonso Froilaz) e Onneca Sánchez de Pamplona, naceu no 925. No ano 958 casou con Urraca Fernández. Foi coroado en Compostela. En medio de graves loitas civiles, chegou ao trono grazas ao apoio da nobreza galega, principalmente de Rosendo de Celanova e o conde Fernán González, despois de expulsar do trono a Sancho II. Abandonado polo seu sogro Fernán González, buscou a axuda de Abd al-Rahman III que devolvera o trono a Sancho II. Pero ao falecer o califa no 961, tivo que tratar co seu fillo Alhakén II, etregándose ao xeneral Galib en Medinaceli onde faleceu no ano 962 ou 963. Concedeu a independeza ao condado de Castela.
Alcumado O Mao. Rei de Galiza. Fillo de Afonso IV (hai algunha hipótese que atribúe a paternidade a Afonso Froilaz) e Onneca Sánchez de Pamplona, naceu no 925. No ano 958 casou con Urraca Fernández. Foi coroado en Compostela. En medio de graves loitas civiles, chegou ao trono grazas ao apoio da nobreza galega, principalmente de Rosendo de Celanova e o conde Fernán González, despois de expulsar do trono a Sancho II. Abandonado polo seu sogro Fernán González, buscou a axuda de Abd al-Rahman III que devolvera o trono a Sancho II. Pero ao falecer o califa no 961, tivo que tratar co seu fillo Alhakén II, etregándose ao xeneral Galib en Medinaceli onde faleceu no ano 962 ou 963. Concedeu a independeza ao condado de Castela.
SANCHO II (960-966 -segunda etapa-)
Alcumado O Gordo. Recupera o trono despois de pidirlle axuda á súa avoa, Toda Aznárez, esposa de Sancho Garcés de Aragón quen fixo un trato co emir de Córdoba para recuperar o trono a cambio dunhas prazas na ribeira do Douro. Embaixada do rei de Galiza a Córdoba no 965. Entre os anos 966 e 971 prodúcese a terceira invasión normanda que penetra pola ría de Arousa. O bispo de Compostela, Sisnando, faille fronte na Batalla de Fornelos, onde morre (969). Será o conde Gonzalo Sánches quen, xunto con San Rosendo, expulse de novo aos normandos. Sublevación portuguesa e asasinato por envelenamento do rei, segundo a crónica de Sampiro, do século XI, no mosteiro de Castrelo de Miño polo conde galego Gonzalo Menéndez (925-997), partidario de Ordoño IV. Entre os anos 967 e 982 prodúcese un período de intervalo cunha decidida intervención do clero e nobreza galega, que non aceptan os reis proclamados en León. O clero e a nobreza gobernan Galiza.
RAMIRO III (gobernou entre o 967 e o 985)
Naceu no ano 961. Fillo de Sancho I O Craso e Teresa Ansúrez. Casou con Sancha Gómez, filla do conde de Saldaña. Nunha primeira etapa gobernaron como rexentes a súa nai e a tía, a monxa Elvira Ramírez, filla de Ramiro II e Urraca Sánchez. A confrontación con este mantívose durante todo o reinado. Tivo que facer fronte ás incursións do musulmán Almanzor e aos ataques normandos ás costas de Galicia. Debido a varios reveses contra os musulmáns, a nobreza dálle as costas, coroando no 982 ao seu curmán Vermudo II en Compostela. No ano 968, Sisnando, bispo de Compostela, faille fronte aos normandos (ao mando dun tal Ghunter), perseguíndoos ata Fornelos onde perde a vida, segundo a Crónica Compostelana, por unha imprudencia; será o conde Gonzalo, coa axuda do bispo San Rosendo (que morre no 977) quen consigue expulsalos. Morreu en Astorga no 985.
VERMUDO II, o Gotoso (gobernou entre o 982 e o 999)
O alcume débese a que padecía a enfermidade da gota. Naceu entre o ano 948-953. Fillo de Ordoño III, no 982 é coroado por nobres galegos e portugueses (que se sublevaran contra Ramiro III) en Compostela como Rei de Galicia. Casou primeiro con Velasquita de León, e despois de repudiala contraeu matrimonio con Elvira García, filla do conde García Fernández. Atribúenselle varias relacións extramatrimoniais. Dende o acceso ao trono estivo en guerra con Ramiro. No ano 983, enfróntanse preto de Antas de Ulla. Á morte de Ramiro, no 984, ocupa tamén o Reino de León que goberna ata o seu falecemento no 999. No ano 982, Almanzor, apoiado por varios condes leoneses e galegos enemistados con Vermudo II, ataca León e Astorga, e no 985 conquista Coimbra; anos antes, no 977, arrasa Santiago onde, segundo a lenda, respecta o sepulcro do Apóstolo; o historiador musulmán de orixe marroquina Ibn Idari, nunha súa Historia escrita no 1306, conta que tamén protexeu a un ancián monxe que oraba xunto o sepulcro. A entrada de Almanzor en Compostela supuxo a fuxida de San Pedro Mezonzo. Cando despois de oito días Almanzor abandonou Santiago, mandou levar a ombros de cautivos as campás da catedral (coa reconquista de Córdoba no 1236 volveron á catedral compostelá). A invasión remata sen que chegue a producirse unha verdadeira ocupación. Morreu no 999 polo agravamento da enfermidade que padecía, que incluso lle impedía montar a cabalo, tendo que ser transportado nunha padiola. O crego Sampiro (956-1041), seu notario, describiuno en termos eloxiosos.
AFONSO V (gobernou entre o 999 e o 1028)
Alcumado O Nobre ou o dos Bos Foros. Naceu no ano 994. Fillo de Vermudo II e Elvira García. Rei de Galicia e León. No ano 1002, o conde galego Menendo Gonzalves, rexente durante a minoría de idade de Afonso, vence aos musulmáns na batalla de Catalañazor. No ano 1004, os nobres acuden ao fillo de Almanzor, Abd al-Malik, que tiña moito prestixio entre os cristiáns, para que dirimira a cuestión da titoría do rei, desputada entre o seu tío Sancho García e Menendo; para resolvela, o árabe enviou a un xuíz dos cristiáns de Córdoba que se posicionou a favor do conde galego. No ano 1007, o rei xunto coa súa nai trasládase a Galicia onde sentencia a favor do mosteiro de Celanova e do seu abade Manilán contra os homes que entraran a morar nas mandacións que Afonso III dera a Hermenexildo. Mentres, Sancho García conseguira reunir a a navarros, casteláns e leoneses para atacar as prazas árabes fronteirizas do río Douro; a batalla, nos arredores de Clunia, favoreceu aos cordobeses. No 1008 morre de forma violenta o titor do rei (cando acadaba a maioría de idade), Menendo Gonzalves, dise que nun dos enfrontamentos cos normandos. As rebelións internas sucédense. No 1012, o conde Munio Fernández rebélase contra o rei, descoñecéndose as verdadeiras causas nin a proporción da rebelión. No 1014 prodúcese outro levantamento, este máis grave, no que participan máis membros da nobreza, con Sancho García e García Gómez á fronte. Logo de arrasar Castropol (Batalla de Vilameá) e Betanzos, o exército normando, dirixido por Olaf Haraldsson (que despois sería rei de Noruega e hoxe é o santo patrón daquel país), entra no 1015 polo esteiro do Miño e saquea Tui, prendendo ao bispo e cobrando o seu rescate; Afonso acude no seu auxilio, que consegue expulsalos. No 1017 morre a súa nai, Elvira García. Conxurados os perigos, tanto externos coma internos, emprende a tarefa lexislativa, ditando unha serie de leis (Foro de León) para o goberno do reino que comprendía León e Galicia. Pola documentación, Afonso pasou os anos que van do 1024 ao 1027 en terras galaico-portuguesas. No 1027 confirma á Igrexa de Lugo unhas posesións que lle outorgaran os seus antepasados. A estadía por terras galegas foi aproveitada polo rei para recrutar un exército para ao ano seguinte poñer cerco a Viseu, unha das prazas que conquistara Afonso I que caera no seu momento en mans de Almanzor. O 7 de agosto de 1028 morre dun frechazo. Foi enterrado na catedral de San Isidoro de León.
VERMUDO III (gobernou entre o 1028 e o 1037)
Alcumado O Mozo. Fillo de Afonso V e Elvira Menéndez (faleceu no 1022). Naceu no ano 1017, subindo ao trono con só once anos (Urraca Garcés, a súa madrastra, fíxose cargo da súa tutela ata a maioría de idade). Oveco Rudesíndez negouse a recoñecelo, sendo sometido ao pouco tempo e os seus bens entregados á Igrexa de Lugo. Aparece por vez primeira na documentación no ano 1028, nunha doazón á Igrexa de Santiago e ao seu bispo Vistruario. No mesmo ano, os normandos, aliados co conde galego Rodrigo Romariz, toman o
castelo de Labio, preto de Lugo, que logo serían derrotados por Don
Crescónio. É rei de Galiza e León ata o 1033, en que é vencido por Sancho III o Maior de Navarra, quedando só como rei de Galiza, e recuperando León á morte de Sancho. Sancho III refírese a el como "imperatur domus Vermudus in Gallaecia". Casado con Ximena Sánchez, filla de Sancho García e Munia de Castela. No 1033 morre San Pedro de Mezonzo. Vermudo refuxiouse en Galiza durante a guerra contra Fernando I de Castela, o seu cuñado, que axudado polo seu irmán, o rei de Pamplona García Sánchez, vénceo definitivamente no ano 1037 na batalla de Tamarón.
SANCHA I DE GALICIA (naceu no 1018 e finou no 1067)
De nome Sancha Alfónsez. Reina de Galicia no 1037 á morte do seu irmá Vermudo III que non deixara descendencia. Crese que pasou a infancia en Piadela (Betanzos). Filla de Afonso V e Elvira Ménendez. Casouse con Fernando I de Castela (foi un dos que acabou coa vida do seu irmán), de quen enviuvou no 1065. Foi Fernando quen foi unxido rei xa que non se recoñecía ás mulleres con poder efectivo. Os dereitos do trono trasmitiunos aos seus fillos cos que pretendeu, sen éxito, manter a paz. Falecida no ano 1067, foi enterrada en San Isidoro de León.
FERNANDO I (gobernou entre o 1037 e o 1065)
Alcumado O Magno. Naceu no ano 1016. Fillo de Sancho Garcés de Pamplona e Munia (ou Muniadona) Sánchez. Casouse no 1032 con Sancha Alfónsez, irmá de Vermudo, pola que o conde castelán obtén o Reino de Galiza. Adopta o título de Emperador, recibindo vasalaxe dos reis árabes. A nobreza galega non aceptou de bo grado que o trono pasara ás mans do castelán xa que o consideraban un asasino e un usurpador (levantouse contra Vermudo III). Conquista aos árabes Coimbra, Lamego e Viseu. O matemático e astrónomo xermano Herman de Reichenau (1013-1054), que escribiu unha crónica detallada dende o nacemento de Cristo ata o seu tempo, fala dos Rex Gallaeciae. No ano 1063, Fernando I reparte o reino entre os seus fillos Sancho, Afonso e García. Considerado tradicionalmente como o primeiro rei de Castela, a historiografía actual considera que é falso, e que a orixe situaríase á súa morte no 1065. Créase o xérmolo da Universidade de Santiago.
GARCÍA (gobernou entre o 1065 e o 1073)
Fillo de Fernando I e Sancha Alfónsez, naceu no 1042. Irmán de Sancho II, Afonso VI, Elvira e Urraca. Educouse co bispo Cresconio de Iria. Á morte do seu pai no 1065 recibe os territorios de Galicia e Portugal e os tributos de Badaxoz e de Sevilla. Restaurou as dióceses de Tui, Braga e Lamego, e favoreceu o mosteiro de San Antoíño de Toques. En 1067 aparece nun documento "nutu dei rex […] imperans Ispania". O galego xa é o idioma oficial do rei. No ano 1071, batalla de Pedroso (entre Braga e Vilar de Mouros) onde vence a Nuno Menéndez, último conde do Condado de Portucale. Os irmáns de García, Sancho e Afonso non aceptaran de bo grado a repartición do reino herdado de Fernando I que, despois da conquista de Coimbra, favorecía a García. Segundo o Cronicón Compostelán, despois do ataque de Sancho é capturado en Santarém é encarcerado en Burgos e logo desterrado a Sevilla. No 1071, Sancho e Afonso repártense o reino de García, quedando Portucale para Afonso e o norte para Sancho. Morto Sancho no cerco de Zamora, García sae ao encontro de Afonso quen, segundo a Crónica de Paio de Oviedo, con enganos, o detén e o reclúe no castelo de Luna, en León, no 1073. O seu apreixamento corre a cargo dun famoso mercenario da época, Ruy Díaz de Vivar, o Cid. García morre no castelo de Luna (montes de León). Foi sepultado en San Isidoro de León; previamente dispuxo que o enterraran encadeado, tal e como vivira nos derradeiros anos da súa vida; no sepulcro figura a seguinte inscrición: "H. R. DOMINUS GARCIA REX PORTUGALLIAE ET GALLECIAE. FILIUS REGIS MAGNI FERDINANDI. HIC INGENIO CAPTUS A FRATRE SUO IN VINCULIS. OBIIT ERA MCXXVIII XIº KAL. APRIL", ("Eiquí xace o rei García de Portugal e Galicia, fillo do gran rei Fernando, que foi capturado polo seu irmán con engano. Morreu preso o 21 de marzo de 1090").
Alcumado O Forte. Fillo de Fernando I e Sancha Alfónsez, naceu cara o ano 1037 ou 1038. Irmán de Afonso VI, García de Galicia, Urraca e Elvira. Aínda que era o primoxénito, seu pai convocou á Corte para dar a coñecer as súas disposicións testamentarias, decidindo repartir os seus territorios entre os tres fillos: a Sancho cocorrespondeulle o condado de Castela e o reino taifa de Zaragoza, a Afonso o reino de León e o reino taifa de Toledo, a García o reino de Galicia e os dereitos sobre os reinos taifas de Sevilla e Badaxoz, e ás fillas Elvira e Urraca o infanzado (o padroado e rendas de todos os mosteiros pertencentes ao patrimonio rexio). Rei de Castela dende o 1067, éo tamén de Galiza despois de apreixar ao seu irmán García, dende o 1071, e logo de León dende o 1072. no 1067 atacou a Al-Muqtadir de Zaragoza o que o levou a enfrontarse con Sancho IV. Segundo as crónicas, en outubro do 1072 foi asasinado en Zamora polo nobre Vellido Dolfos, coñecido por aparecer nos Cantares de Xesta, o romanceiro e as crónicas medievais (Rodrigo Díaz de Vivar, O Cid, era alférez das tropas do rei Sancho).
AFONSO VI (gobernou entre o 1072 e o 1109)
Alcumado O Bravo. Fillo de Fernando I e Sancha I de Galicia, naceu no ano 1047 ou 1048 (o ano exacto do seu nacemento non está claro, pero por un cronista anónimo de Sahagún, que coñeceu ao rei, sábese que morreu aos 62 anos no 1109). Irmán de Sancho, García, Elvira e Urraca. No 1075 encomezan as obras da Catedral de Santiago. No 1088 o papa Urbano II diríxese a este monarca como "Regi Ildefonso Gallitie". No ano 1092 entrega o territorio de Galicia ao conde Raimundo de Borgoña (soterrado no ano 1107 na Catedral de Santiago) ao casar coa súa filla Urraca, aos que lle outorga o reino de Gallaecia como condes con todos os poderes; Raimundo asina como "comes Raimundus totius Gallecie senior et dominus" e "comes domnus Raimundus, totius Gallecie imperator". Nese mesmo ano de 1092, dise nunha escritura que Afonso VI "regnante in Toleto et in Legione, Castellam, Galleciam e Portugalem". O rei Abb-Allah, despois de seren destronado de Granada, escribe entre os anos 1090 e 1095 que o conde Sisnando o informara de que Al-Andalus era nun principio dos cristiáns ata que os árabes os venceran e os illaran en Galiza. Existe unha crónica en latín que se interrompe para reproducir o lamento do rei Afonso VI pola morte do seu fillo Sancho no 1108: "ay meu fillo, ay meu fillo, alegría do meu corazón e lume dos meus ollos". Xa era rei de León dende o 1067. Morreu en Toledo no 1109. Xelmírez é nomeado bispo de Compostela no 1101.
DONA URRACA (naceu no 1081 e finou no 1126)
Filla de Afonso VI e Constanza de Borgoña, e neta de Fernando I e Sancha Alfónsez. Parece que foi tutelada polo conde Pedro Ansúrez. Coñécense dous mestres durante a infancia, o presbítero Pedro que a acompañou a Galiza, e Domingo Flacóniz. Vén a Galiza no 1093 que goberna coma un feudo, sendo nomeado o seu marido, Raimundo de Borgoña, Conde de Galiza. Reina de Galiza entre o 1109 e 1111, e logo tamén de Castela e de León. Foi nai de Afonso Raimúndez (futuro Afonso VII), proclamado rei no 1111 co obxecto de preservar os seus dereitos ao trono galego. Raimundo faleceu no 1107; dise que acompañou o seu cadáver ata Santiago para enterralo na catedral, permanecendo en Galicia quizais para asgurarse o seu dominio. Cando enviuvou casou con Afonso de Aragón, matrimonio que durou ata o 1114 xa que, ao seren parentes, o casamento foi anulado polo papa Pascual II (no 1110 fixérase amante do conde Pedro González de Lara). Dise que tivo residencia en Fente e en Penas (Monterroso). En documentos do 1095 e 1105, referidos á concesión de dereitos aos burgueses composteláns, asina como "Urraca regina", e no 1107 como "totius Gallecia domina" e "totius Gallecia imperatrix". No ano 1111, Paio Godesteo e Rodrigo Nunes, apoiados polos normandos, enfróntanse a Urraca e a Xelmírez que derrotarán fronte á praia da Lanzada.
AFONSO VII, Emperador (gobernou entre o 1110 e o 1157)
Alcumado O Emperador. Fillo de Raimundo e Urraca, naceu en Caldas de Reis no 1105. Foi bautizado por Diego Xelmírez e educado polo conde de Traba. Entronizado en Santiago por Xelmírez e Pedro Froilaz, conde de Traba. Revolución burguesa en Compostela (1116). No 1120 Xelmírez é nomeado como primeiro arcebispo de Santiago. No 1126 é coroado como rei de Castela e León. Vitoria de Afonso Henriques na batalla de San Mamede (1128) e independenza de Portugal (1139); o Miño convértese en fronteira natural entre Galiza e Portugal. Redáctanse a Historia Compostelana e o Códice Calistino. Este último, escrito entre os anos 1135 e 1140, no seu Libro IV inclúe dentro do Reino de Galiza a Lamego, Viseu e Coimbra (O Bierzo tamén pertencía a Galiza), e nel podemos ler: "Yspaniam et Galleciam", e "Hispani scilicet et Galleciani, totam terram Hispanicam et Gallecianam" que vén a significar que Galiza era tratada como a parte cristiá fronte a unha Hispania musulmana. Á morte de Afonso VII no 1157, o reino divídese unha vez máis entre os seus fillos. No ano 1141, o Císter establécese en Galicia.
Alcumado O Emperador. Fillo de Raimundo e Urraca, naceu en Caldas de Reis no 1105. Foi bautizado por Diego Xelmírez e educado polo conde de Traba. Entronizado en Santiago por Xelmírez e Pedro Froilaz, conde de Traba. Revolución burguesa en Compostela (1116). No 1120 Xelmírez é nomeado como primeiro arcebispo de Santiago. No 1126 é coroado como rei de Castela e León. Vitoria de Afonso Henriques na batalla de San Mamede (1128) e independenza de Portugal (1139); o Miño convértese en fronteira natural entre Galiza e Portugal. Redáctanse a Historia Compostelana e o Códice Calistino. Este último, escrito entre os anos 1135 e 1140, no seu Libro IV inclúe dentro do Reino de Galiza a Lamego, Viseu e Coimbra (O Bierzo tamén pertencía a Galiza), e nel podemos ler: "Yspaniam et Galleciam", e "Hispani scilicet et Galleciani, totam terram Hispanicam et Gallecianam" que vén a significar que Galiza era tratada como a parte cristiá fronte a unha Hispania musulmana. Á morte de Afonso VII no 1157, o reino divídese unha vez máis entre os seus fillos. No ano 1141, o Císter establécese en Galicia.
FERNANDO II (gobernou entre o 1157 e o 1188)
Fillo de Afonso VII e Dona Berenguela (esta era filla de Ramón Berenguer de Catalunya), naceu cara o ano 1137. Escribe Victoria Armesto (1994) que o futuro monarca, da man do conde Fernado Pérez de Traba, galeguizouse no mosteiro de Sobrado. Rei de Galicia e León (que incluía Asturias e o norte de Estremadura). No 1128 o territorio de Galicia viuse reducido pola independenza do condado portucalense da man de Afonso Henriques. No 1159, os Anais de Cambrais falan de tres imperios ao se referir á época de Afonso VII: o bizantino, o xermánico e o de Galicia. Na lírica provenzal, Arnaut Daniel (1150-1200) fai mención ao monarca como "seignor del galecs". No ano 1169, os árabes aínda identifican ao rei de Portugal como galego. Unha crónica inglesa do século XIII di que no 1184 Fernando II é rei de Galicia e, en ningures, o denomina de León. Aparecen os primeiros textos escritos en galego. Fundou Tui. Tamén favoreceu a Santiago de Compostela e fixo de Padrón un porto franco medieval. Cóntase que pelexou a morte pola Arca Operi Beati Jacobi (o sepulcro do Apóstolo) co arcebispo Martínez que se negou a dárllela. No 1184 o arcebispo Suárez de Deza acompañou ao rei a Santarém onde pararon aos almohades. Foi enterrado na catedral compostelá. O monxe beneditino Mateo de París (1200-1259), historiador inglés (o alcume débese a que quizais estudou na capital francesas), di que Fernando II é rei de Galcia, non denominándoo como de León. Faleceu en Benavente no ano 1188.
Fillo de Afonso VII e Dona Berenguela (esta era filla de Ramón Berenguer de Catalunya), naceu cara o ano 1137. Escribe Victoria Armesto (1994) que o futuro monarca, da man do conde Fernado Pérez de Traba, galeguizouse no mosteiro de Sobrado. Rei de Galicia e León (que incluía Asturias e o norte de Estremadura). No 1128 o territorio de Galicia viuse reducido pola independenza do condado portucalense da man de Afonso Henriques. No 1159, os Anais de Cambrais falan de tres imperios ao se referir á época de Afonso VII: o bizantino, o xermánico e o de Galicia. Na lírica provenzal, Arnaut Daniel (1150-1200) fai mención ao monarca como "seignor del galecs". No ano 1169, os árabes aínda identifican ao rei de Portugal como galego. Unha crónica inglesa do século XIII di que no 1184 Fernando II é rei de Galicia e, en ningures, o denomina de León. Aparecen os primeiros textos escritos en galego. Fundou Tui. Tamén favoreceu a Santiago de Compostela e fixo de Padrón un porto franco medieval. Cóntase que pelexou a morte pola Arca Operi Beati Jacobi (o sepulcro do Apóstolo) co arcebispo Martínez que se negou a dárllela. No 1184 o arcebispo Suárez de Deza acompañou ao rei a Santarém onde pararon aos almohades. Foi enterrado na catedral compostelá. O monxe beneditino Mateo de París (1200-1259), historiador inglés (o alcume débese a que quizais estudou na capital francesas), di que Fernando II é rei de Galcia, non denominándoo como de León. Faleceu en Benavente no ano 1188.
AFONSO VIII (gobernou entre o 1188 e o 1230)
Fillo de Fernando II e Urraca de Portugal, naceu no ano 1171. Moi galeguizado, tamén se criou en Galiza baixo a tutela da filla e do xenro de Fernán Pérez de Traba, Urraca Fernández e Xoán Arias Baticela. Período dourado da lírica. Créase a Universidade de Salamanca que é gobernada dende Santiago ata o século XV. Rei aos 17 anos, goberna cos títulos de "rex Legionis et Galletie" e de Badajoz. Opúxose a que as relacións que tivera con Castela prexudicaran o seu reino. Non participou na batalla das Navas de Tolosa (1212). A historiografía considérao como rei de Castela, denominándoo Afonso IX. Ninguén en Galiza, agás os bispos de Lugo e de Mondoñedo, movidos, segundo conta Victoria Armesto, por ambicións persoais, desexaba a unión a Castela. No 1201 concedeu varios privilexios a Baiona. Chegou ata o estremo de desherdar ao seu fillo Fernando e deixou León e Galiza ás súas fillas Sancha e Dulce, testamento que non foi respectado o que obrigou a Galiza a iren forzada á unión con Castela. Foi enterrado na catedral de Santiago no ano 1230.
Fillo de Fernando II e Urraca de Portugal, naceu no ano 1171. Moi galeguizado, tamén se criou en Galiza baixo a tutela da filla e do xenro de Fernán Pérez de Traba, Urraca Fernández e Xoán Arias Baticela. Período dourado da lírica. Créase a Universidade de Salamanca que é gobernada dende Santiago ata o século XV. Rei aos 17 anos, goberna cos títulos de "rex Legionis et Galletie" e de Badajoz. Opúxose a que as relacións que tivera con Castela prexudicaran o seu reino. Non participou na batalla das Navas de Tolosa (1212). A historiografía considérao como rei de Castela, denominándoo Afonso IX. Ninguén en Galiza, agás os bispos de Lugo e de Mondoñedo, movidos, segundo conta Victoria Armesto, por ambicións persoais, desexaba a unión a Castela. No 1201 concedeu varios privilexios a Baiona. Chegou ata o estremo de desherdar ao seu fillo Fernando e deixou León e Galiza ás súas fillas Sancha e Dulce, testamento que non foi respectado o que obrigou a Galiza a iren forzada á unión con Castela. Foi enterrado na catedral de Santiago no ano 1230.
FERNANDO III
Fillo de Afonso VIII e Berenguela, naceu cara o 1199. Rei de Castela (1217) e logo de Galiza e León (1230). Mantense a denominación de Reino de Galiza, pero xa dentro do Reino de Castela. Malia que na persoa deste monarca se uniran as dúas coroas, non supuxo de momento, como afirma López Carreira, a unión administrativa dos reinos que conservaron os seus usos tradicionais. No reino galego-leonés continuou vixente o Liber Iudicium ou Lex Visigothorum (corpo de leis de carácter territorial promulgado cara o ano 654), e ata o século XIV as cortes de cada un deles seguíronse a reunir case sempre de forma independente. O novo código de leis aprobado en 1348 para Castela nas Cortes de Alcalá houbo de ser a continuación referendado para Galiza-León noutras Cortes en 1349. A unión tampouco tivo repercusión cultural como o demostra que na segunda metade dese século o rei Afonso X, fillo e sucesor de Fernando II, compuxo as Cantigas de Santa María, onde se percibe que o galego era falado usualmente polo propio monarca.
A partires de Afonso X os reis de Castela afástanse de Galiza ata que na guerra, no 1367, entre Pedro I e Enrique de Trastamara, que gañou este último, os galegos atópanse cun rei non desexado xa que apoiaran ao primeiro. Fernando I de Portugal reclama os reinos de Galiza e de León despois do asasinato de Pedro I. Galiza é portuguesa ata que Enrique de Trastamara, coa axuda dos ingleses, a recuperan, agás Tui e A Coruña que aínda terán como rei ao de Portugal ata o ano 1373 en que se asina a paz de Santarém (neste tempo mesmo se emitiu moeda a nome de Fernando).
Malia o anterior, o período que abrangue os séculos XIII-XV, Galicia mantivo certa independenza debido ao poder da nobreza que ao final foi eliminada, quedando o país sen unha clase dirixente ("Doma e castración do Reino de Galiza").
O tipógrafo alemán Lucas Brandis recolle, no Rudimentum Novitorum, o primeiro mapa que presenta a Galicia e España no ano 1472 como dúas entidades diferentes. Trátase dunha monumental historia da humanidade publicada no 1475 onde aparece o primeiro mapamundi impreso. As súas versións coñecidas consérvanse na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e na Biblioteca Británica de Londres.
No 1475, Afonso V de Portugal e Xoana a Beltranexa foron aclamados de iure (de dereito) reis de Galicia, pretensións que se viñeron abaixo coa súa derrota na batalla de Toro (Zamora) no ano 1479 ante os Reis Católicos.
A comarca do Bierzo (hoxe da provincia de León, mais señorío dos condes de Lemos ata o ano 1486) era para os peregrinos a Compostela do século XV o "fin de España, o comezo de Galicia" (Vázquez de Parga et alii, 1948).
ANO 1833
O Reino de Galicia desaparece formalmente e, como no resto do Estado español, pasa a ser unha rexión dividida en provincias.