Para o comezo da conquista de Galicia por
Roma adoita tomarse o ano 137 a.C., coa chegada de Decio Xunio Bruto no
que acontece o lendario episodio do paso do río do Esquecemento, o
Limia. No 96-94 a.C., Craso vén na procura das Illas do Estaño, as Cassitérides, identificadas coas Illas Cíes. No 61-60 a.C., Xulio César somete a Brigantium (A Coruña). Entre o 29 e o 19 a.C., Augusto culmina a conquista (mito do monte Medulio).
Os
romanos empezan a asentarse militarmente no territorio coa construción
de campamentos, obrigando aos habitantes dos castros a abandonalos e
establecerse nos vales que é cando aparecen as villae ligadas ás explotacións agrícolas. No século I d.C. Galicia forma parte da provincia Tarraconensis onde
permanece ata o ano 212 en que o emperador Diocleciano lle outorga a
categoría de provincia. No ano 303 convértese na provincia da Gallaecia, dividida en tres conventos xurídicos (termo administrativo inferior á provincia): Lucus Augusti (Lugo), Asturica Augusti (Astorga) e Bracara Augusti (Braga).
Os
romanos, para asegurar o dominio e control do territorio, e así
garantir a produción mineira, artellan o país cunha complexa rede viaria
que xira arredor das vías principais XVIII, XIX e XX onde embocan
infinidade de camiños secundarios. No terreo relixioso conviven as
divindades traídas polos vencedores e as prerromanas, producíndose, en
moitos casos, unha dupla asimilación. O latín imponse como lingua
oficial, e a poboación galega adopta a cultura dos invasores,
modificando algunhas das súas máis arraizadas tradicións, proceso de
aculturación que en gran medida remata coa cultura existente ata aquel
momento.
ACLARACIÓNS
1.
Cómpre ter en conta que un bo número de pezas non son orixinarias do
lugar onde se atoparon ou de onde están situadas na actualidade,
descoñecéndose a procedencia; outras (nomeadamente os achados
epigráficos) foron localizadas preto de castros ou de asentamentos
galaico-romanos o que non sempre implica que estean relacionadas con
estes. Tamén chama a atención que en castros fortemente romanizados, os
achados epigráficos sexan case inexistentes, casos de Castromao (de onde
procede a famosa Tessera Hospitalis), Viladonga, Fazouro ou Santa María de Cervantes, por poñer algúns exemplos, o que contrasta cos atopados noutros xacementos de menor sona onde sequera se levaron a cabo actuacións de ningún tipo.
2.
Por contar cun apartado propio, non se achegan as pontes. Tamén inclúo
algún achado, pode que relacionado co pobo dos Suevos; no eido
arqueolóxico as fontes son escasas e non é doado diferenciar os do mundo
suevo do tardorromano.
3. Ao final dos concellos vou achegando pezas das que se decoñece a procedencia.
ROMANIZACIÓN DA PROVINCIA DE OURENSE
ALLARIZ
Supostas aras de Santa Mariña de Augas Santas:
Na igrexa de Santa Mariña. Trátase de dúas supostas aras de planta cadrada e
forma cúbica, unha disque coa imaxe da deusa-nai Cibeles (representación dunha mater sentada); na outra
esculpíronlle unha cruz cristiana. Foron reutilizadas como
esmoleiros. Dende o ano 2013 están expostas nun pequeno museo habilitado
dentro do templo.
Epígrafe (Armea):
Situada no muro dunha palleira: "T(itus) CAESENNI(S...)", un nome latino que se atoparía no Monte das Casarellas, coñecido tamén como
castro da Cibdá de Armea.
Epígrafe (Armea): "CAELENIC(us) FLAVIVS P". Viuna o P. Sarmiento nunha casa de Armea.
Ara na capela de Nanín (Nanín-Allariz): Atópase no interior da ermida de Santa Olalla. Apareceu no ano 1970 no antigo altar que estaba situado no muro da cabeceira; contáronme que tamén había un cilindro de pedra que desapareceu do sitio aos poucos días. Nun principio trasladáronna xunto a entrada da capela, logo foi colocada diante do novo altar. Moldurada nas partes superior e inferior. Na parte superior presenta un focus en forma de cavidade cadrada tapado polo fragmento dunha columna. En principio, leo: "L(aribus) V(ialibus) [---] ES/[---] VALE/RIVS [---/AVS ---]/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)". Nas escavacións dos anos 1991 e 1992 saíu á luz unha necrópole cunha cronoloxía entre os séculos IX e XVII.
Grafito (Santa Mariña de Augas Santas): Nun prato engobado figura a inscrición: "M.
Sellius L. f. Arn(ensi) Honoratus". (Fernández Fernández e Rodríguez Nóvoa, 2016).
Inscrición (Forxás): "HERMI VICTORI/HERM VI/OD".
Inscrición (Vilanova): No
Museo Arqueolóxico de Ourense. Praca de mármore fragmentada en tres
partes. Cando ingresou no museo no ano 1901 estaba en bo estado, debeu
ser cando o incendio de 1927 cando sufriu os danos: "M(arco)
DOMITIO/SATVRNINO/MARCVS DOM/TIVS PATRI/VAL(eria) MAMILLA/MARITO".
Inscrición
(Outeiro da Laxe-Santa Mariña de Augas Santas): "[------]/H(ic) S(itus) E(st)", ([------])", ("... Este é o sitio ..."). Atopouse no ano 1999, empotrada horizontalmente na rúa que sae da
capela. Fragmento inferior dunha estela de granito co campo epigráfico
rebaixado.
Relevo de Amiadoso
(San Martiño de Pazó): De mármore, salienta a característica de ter
todas as súas caras decoradas e que podería formar parte dun mausoleo. Estaba incrustado no muro dunha
construción de Amiadoso que actuaba como capela dedicada a San Adrián (para a que se reutilizarían materias romanos) e que foi identificada
como un posible resto visigótico nun traballo no Archivo Español de Arqueología
por Xaquín Lorenzo (outros autores levan a súa realización nos séculos X
ou XI). Acuña Fernández e Valle Pérez dátanno no século II
d.C. e Rodríguez Colmenero no século IV. Mais adiante, Bango propuxo a
posibilidade de tratarse dunha Ascensión de Cristo, o que lle outorgaría
un excepcional interese iconográfico, se ben hai quen elimina todo
carácter cristiano aínda que puidera formar parte dun monumento
funerario. No lugar hai vestixios dun
xacemento tardorromano.
Cidade de Armea (Augas Santas): Os primeiros restos da vila galaico-romana apareceron no ano 2011, con vidros, fustes, capiteis, moedas e terra sigillata. Nas escavacións do verán de 2014 descubriuse unha domus romana con habitacións e un patio exterior cuberto, datado nos sécuolos I, II e III. Tamén se atoparon pezas de vidro galaico-romanas, cerámica fina e obxectos dun tear. Tamén saíu á luz unha rúa dos séculos III-IV con 35 metros de longo e case tres de ancho, cun trazado recto e ben pavimentado. A zona elixida para esta nova fase foi a coñecida como Finca da Atalaia que xa fora escavada a mediados do pasado século XX por Conde Balvís. O proxecto Armea está dirixido polo arqueólogo do GEAAT Adolfo Fernández, a través dun convenio de colaboración asinado entre a Universidade de Vigo e o Concello de Allariz. A campaña de 2022 permitiu rematar a escavación da domus norte e descubrir, entre outros elementos, parte dunha estela funeraria posiblemente procedente da necrópole, aínda por localizar, deste asentamento. Ata o presente saíron á luz tres grandes domus que se dispoñen arredor dunha rúa central empedrada. Hai quen sitúa aquí a mansión Salientibus.
Santuario de Armea ou xacemento do Monte do Señoriño (Armea-Augas Santas): En marzo de 2011 deuse a coñecer un importantísimo achado no lugar coñecido como Monte do Señoriño, próximo ao castro da Cidade de Armeá. O descubridor foi o señor Manuel Losada, cando andaba na procura dun marco dunha súa propiedade. O profesor da Universidade de Vigo, Adolfo Fernández, que estaba a preparar un proxecto de investigación arredor do citado castro e o conxunto histórico, etnográfico e mitolóxico de Santa Mariña de Augas Santas, catalogou o descubrimento como de tremenda importancia. Aínda que a maior parte do xacemento aínda se atopa baixo terra, pódese apreciar un conxunto de escadas monumentais, distribuídas en socalcos, e un gran banco de pedra tallado na rocha, rodeado e delimitado por canles, tamén labradas na pedra. Losada, aínda que cauteloso, sinalou a semellanza co santuario portugués de Panoias (Vila Real), e o profesor Marco Garcia Quintela co tamén portugués da Pía dos Mouros, en Argeriz. Malia o anterior, José Ramón Seara e José Manuel González, da Asociación de Estudos de Santa Mariña de Augas Santas, din que podería tratarse dunha instalación anexa ao castro da Cidade de Armeá ou parte dunha vila de tipoloxía e datación romana. Esta última hipótese é a que cobra máis forza, interprétándose os restos como os dunha vivenda do século I d. C. con posibles funcións domésticas, administrativas e de control viario ao atoparse a carón dun camiño. A vivenda artéllase en varios bancais escavados na rocha aos que se accede mediante chanzos e onde se localizan as diferentes estancias. No bancal máis elevado sitúase unha cociña e nas proximidades localizouse unha forxa de ferreiro. Abandónase a comezos do século II d. C.

Anel romano: Con motivo das obras da Praza Maior no ano 1979 apareceu un anel de bronce. Tamén se atopou abundante material galaico-romano.
Lagar (Armea-Augas Santas): Non
moi lonxe da basílica inacabada da Ascensión ou Asunción atópase un conxunto formado por pioucas,
carballo e lagar. Nas Pioucas da Santa
conta a lenda que Mariña se refrescara logo de fuxir do forno;
trátase dun lugar importante de culto xa que eiquí remata a
procesión dos Pendóns durante a celebración da Ascensión onde o
párroco ascende xunto cos estandartes ata a parte alta do outeiro
para bendicir os campos e os cultivos. O carballo orixinal de nove
metros de circunferencia atopábase no Monte do Señoriño; a el
acudía a xente en devoción ata que un raio o fixo desaparecer a
mediados do século XX e o actual carballo das Pioucas tomou o seu
relevo e a súa memoria. Debaixo do carballo hai un lagar rupestre ao
estilo do Torcularium romano, unha estrutura con vigas de madeira e
prensa con torno que ao baixar levaría por rebase o xugo extraído
dun froito da pía grande cara a pequena ou lagareta.
Miliario (Santo Estevo-Os Espiñeiros): Miliario anepígrafe diante da ermida do Santo Estevo. Na parte superior practicáronlle un burato para colocar unha cruz.
Moedas:
No castro de Armea, unha moeda de Decio Xuño Bruto, outra de Augusto e
outras de Galieno. Na Airavella, moedas de bronce regaladas á Comisión
de Monumentos de Ourense por don Francisco Conde Balvís.
Necrópole de Augas Santas: Chamoso Lamas interpretouna como pertencente á época sueva.
Pazó: A pouco metros do castro apareceron
restos construtivos (tégulas, ladrillos) e cerámica de época
baixorromana, sobre todo nas inmediacións da igrexa prerrománica que
aproveita diversos materiais dun templo anterior
(capiteis e relevos visigóticos datados no século VII).
San Mamede de Urrós: No altar da igrexa, do ano 1147, apareceu unha ara romana datada entre os séculos I-III d.C., con loculus e dentro del un relicario de madeira coa copia, atribuída ao século XVII, dun pergameo da consagración da igrexa polo bispo Martiño de Tours no 1147 (Pérez Outeiriño, 1979). A asociación do focus e o relicario indica que cando se fundou a igrexa xa acollía nela a ara, quizais cun certo valor sagrado e nela gardaríase o relicario como símbolo fundamental da igrexa, xa que todo elo estaba xustamente debaixo do altar, o lugar máis sagrado do templo. Segundo referencias dos veciños, o achado de "caixas de ladrillos" no cemiterio corresponderían con enterramentos romanos en relación coa ara, probando a existencia dun lugar sagrado máis antigo (Sánchez Pardo, 2009). Rodríguez
Colmenero (1997) le: “([...]ICRO
/ [...]MEIINO / [Ma]RCVS / [Fla]VIVS / [Love]SVS / [Fla]VI F[ilivs] /
V(otvm) S(olvit) [L(ibens) M(erito)]”, (“Marco
Flavio Lovesso, fillo de Falvio, cumpriu o seu voto con ánimo
satisfeito a ...icro? ...meino?”).
Tríscele de Aira Vella: Labrado en pedra de granito, atópase no muro dunha casa.
Xacemento de Abuín (A Frieira): Cerámica común.
Xacemento das Laxas.
Xacemento das Raposeiras (Pumares): Fragmentos de tégulas e ladrillos.
AMOEIRO
Ara a Moelio Mordonieco (Cornoces): Con tres inscricións, dúas nos lados e unha terceira na parte alta, ao lado do focus. As molduras do pé e a cabeceira foron cortadas. Dun soldado da Legio VII Gemina, con datación nos consulados de Vespasiano e de Tito (ano 79 d.C.). Ata o de agora é a única dedicatoria a esta divindade. Cortadas as molduras do pé e cabeceira. Na cara principal: "MOELIO/MORDO/NIECO/CAECILI/VS FVSC/VS M(iles) LE(gionis) V/II V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)"; na cara b: "III K(alendas) IVN(ii)/IMP(eratore) VESP(asiano)/VIII TITO VI/CO(n)S(ulibus)"; na cara c: "LAR(ibus)". No Museo Arqueolóxico de Ourense dende o ano 1953.
Ara ás Ninfas: Apareceu na paraxe denominada As Lameiras, xunto a estrada de Cambedo á Ponte dos Frades (Bóveda de Amoeiro). Nos anos noventa do século XX atopábase na propiedade de Serafín Garrido. "NYMPHIS/SALVTATIB(us)/SVLPICIA/SATVRNI/NA EX/VOTO".

Ara aos Lares Viais (San Xiao-Fontefría): Ara aos Lares Viais
que foi traballada para actuar como pía de auga bendita na capela do San Xiao. Está colocada do revés: "LARI(bus) VI/ALIBVS/PETRO/NIVS/EX VO/TO P(osuit)", ("Petronio puxo este altar aos Lares Viais").
Capela do San Marcos (O Outeiro-Amoeiro): No Museo Arqueolóxico de Ourense consérvase a parte superior dunha ara atopada no ano 1970 formando parte dun muro situado detrás da ermida. A capela actual substituíu a outra anteior como o demostra un sepulcro antropoide escavado na rocha.
Capela de Sanxiao (Sanxiao-Fontefría): No centro da zona da ábsida hai un sillar con decoración xeométrica en relevo composto pola repetición dun dobre entrenzado; no paramento sur hai un motivo decorativo case idéntico ao anterior, aínda que máis desgastado. Estes relevos considéraos Rivas Fernández de época xermánica, mais Ferro Couselo e Xaquín Lorenzo Fernández din que poden proceder dun castro cercano. Quizais fose un edículo romano dedicado aos Lares Viais e logo igrexa visigoda.
Lápida (Castro do Rodeiro-Abruciños): Foi atopada ao abrir unha canteira nos montes de Rodeiro. No lugar onde apareceu a peza houbo un castro e despois un castelo. Presenta na súa cara anterior, a modo de cartela, unha inscrición nunha liña sobre un campo escavado. Incompleta, lese: "ORIVS". Aínda que hai quen a supón de orixe romana, creo que se trata dunha peza sueva ou visigoda. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Miliario anepígrafe situado nun cruzamento de camiños da Venda Nova (Bóveda de Amoeiro). Dado a coñecer por Rivas Fernández.

Xacemento de As Pereiras
(Cima de Vila-Trasalba): Trátase dun xacemento romano-medieval onde
apareceu diverso material, entre outro un forno "tipo Castromao", pedras
traballadas, cacharros cerámicos, un gancho de ferro ou un broche de
cinto de bronce decorada coa frase "CHR(istu)S SI(t) / TECVM"; ("Cristo é o teu protector"). Documéntanse varias estruturas (foxos, gabias) recheas con depósitos de material cerámico.
Xacemento da Mora, con muro e foxo.
Aras a Xúpiter e ao Sol (Sendín-A Arnoia):
"IOVI" e "SOLI". Atopadas no ano 1958 nunha finca coñecida como O Foxo. Estiveron no Museo de Artes e Costumes Populares do Ribeiro, en
Ribadavia, na actualidade custódianse no Museo Arqueolóxico de Ourense. Publicadas por Xulio Rodríguez González (1979). Datan do século II d.C.
Ara anepígrafa de granito.
Inscrición: "]/EX VI(su) FEC(it)".
BALTAR
Aras na capela da Asunción: Aínda que se atopan no presbiterio da capela da Asunción, parroquia de Baltar, ao parecer proceden do castro de Outeiro ou do lugar da Santa. Nunha lese: "REVE/LARAVC(o)/VALLI(us)/APER EX/VOTO", ("Para Reva dos Laraucos, de Valeno Aper por unha promesa"). Na outra ara, con base e cornixa molduradas, no campo epigráfico, moi desgastado, tamén semella estar dedicada a Reve, interpretándose: "R(eve? LA(rauco?)/P(ublius) V(alerius)/EX D(evotione)", lectura e foto desta achegada polo profesor da Universidade de Alacante, Juan Manuel Abascal Palazón.
Cepo de Ánimas de San Amaro (A Arnoia). Ara coa inscrición borrada, con focus reutilizado para peto, agregándolle unha tapa de ferro.
Aras na capela da Asunción: Aínda que se atopan no presbiterio da capela da Asunción, parroquia de Baltar, ao parecer proceden do castro de Outeiro ou do lugar da Santa. Nunha lese: "REVE/LARAVC(o)/VALLI(us)/APER EX/VOTO", ("Para Reva dos Laraucos, de Valeno Aper por unha promesa"). Na outra ara, con base e cornixa molduradas, no campo epigráfico, moi desgastado, tamén semella estar dedicada a Reve, interpretándose: "R(eve? LA(rauco?)/P(ublius) V(alerius)/EX D(evotione)", lectura e foto desta achegada polo profesor da Universidade de Alacante, Juan Manuel Abascal Palazón.
Ara do Bouzo (O Bouzo-Garabelos do Bouzo): Na capela do San Bieito. Elimináronlle a inscrición ao adaptala como pía bautismal, ampliando o focus.
Ara: "D(is) M(anibus) S(acrum)/VIR[---] MATER[---]/SEV[---] SEVERO/CON (iugi) MER(entis) AN(norum) XXIII".
Ara (Barrio-Vilamaior da Boullosa): Rivas Fernández, en Varia Epigraphica (Boletín Auriense, 1999), cita unha ara bastante deteriorada, con cornixa, corpo central e base, coa inscrición "REVE V/[-] ET [--]/---". Gravóuselle unha letra P moderna. Atopouse no ano 1981 sostendo a galería de madeira dunha casa particular.

Ara perdida (Montes de Baltar): "CATVRO/PINTAM(i)/NABIAE/[L]IBENS/[A(nimo) P(osuit)]".
Inscrición: Fragmento en granito coa epígrafe "]I///CV/---".
Castro de Outeiro (Baltar): Romanizado. Situado na Serra de Gomariz. Nas inmediacións apareceron fragmentos de sigillata e instrumentos de ferro.
Minas auríferas: Segundo algunhas teorías, as canles e os pozos cegos do aluvial da Veiga son restos dunha mina aurífera de época romana. No mes de xullo de 2021, os xeólogos Eduardo González Clavijo e Óscar Pazos localizaron unha explotación aurífera na raia entre Galicia e Portugal, a carón do paso fronteirizo entre Baltar e Montealegre, a só tres quilómetros do espectacular castro da Boullosa.

Minas de estaño das Muradellas e Campo de Ourique (Vilamaior da Boullosa): No ano 2021 comezaron a realizarse unha serie de sondeos para caracterizar os vestixios de produción que seguramente abasteceron outras xonas que carecían de estaño. As datacións obtidas polo Carbono 14 son de época romana (séculos II-III) e altomedieval (finais do século VIII ata os inicios do X), aínda que a orixe das explotacións poderían ser prerromanas. (Fonte: Vía Lethes).
A Rousía: Nas faldras da Serra de Larouco. Poboado citado por González de Ulloa no ano 1777 quen asegura que aquí había unha grande e antiga poboación. Mesmo hai quen conxectura que se trataba da Aradauca de Ptolomeo. Segundo a lenda, o pobo foi abandonado por unha praga de formigas.
Xacemento das Santas ou As Muradellas (Vilamaior da Boullosa): Posible vila. Apareceron tégulas, ímbrices, anacos de ladrillos e cerámica común. O lugar está moi modificado pola concentración parcelaria.

Calzada Romana de Romariz.
Outros xacementos: Forno da Tella ou Freixediño (Niñodaguia), explotación mineira dos Picotiños (Santo Antoniño-Vilamaior da Boullosa), A Telleira (Vilamaior da Boullosa).
Moedas do século I d.C. e un bronce inclasificable. Cavada Nieto cita nove moedas, unha de Galieno.

BANDE
Campamento, mansión e estación balnearia de Aquis Querquernis: As primeiras referencias datan de principios do século XVII en que Castellá y Ferrer fala das ruínas dunha cidade romana en A Cidade, entre Os Baños e Porto Quintela, facendo mención tamén dun miliario adicado a Traxano con indicación da milla 38. Posteriormente tamén fan referencia ao campamento o P. Sarmiento, o P. Flórez e Ceán Bermúdez, mais identificándoo, erradamente, con Aquis Originis. Mais sería Díez Sanjurjo o primeiro en asegurar que o xacemento tratábase de Aquis Querquernis, a terceira mansión do Itinerario de Antonino. A finais do século XIX e principios do XX, Hübner sitúaa no lugar de Porto Quintela, parroquia dos Baños. Dende o Seminario de Estudos Galegos, baixo a dirección de López Cuevillas, acométense as primeiras escavacións. Nos anos setenta Caamaño recolle varios materiais. As escavacións sistemáticas son a partires do ano 1975, a cargo de Rodríguez Colmenero e a xente do Grupo Arqueolóxico Larouco. Campamento activo ata finais do século IV d.C. Existen dúbidas canto á unidade militar asentada no campamento, probablemente fose a Cohors I Galica, dependente da Legio X Gemina, entre mediados do século I e finais do século II d.C. Construído ao pé da Vía XVIII. Atopáronse puntas de lanza, regatóns (parte inferior da lanza) e fragmentos de espadas longas de cabalería; tamén taboleiros de xogo, unha aguia de bronce interpretada como remate dun estandarte do século I-II d.C., e material médico en bronce como forceps e pinzas. Tamén se localizou un horrea para almacenar excedentes agrícolas. Nas escavacións levadas a cabo no ano 2010, dirixidas polo arqueólogo Santiago Ferrer, saíron á luz dous novos strigia (barracóns) destinados ás tropas así como numerosas pezas cerámicas e algunhas moedas. Aquis Querquernis sería a capital da Civitas Querquernorum.

Baños de Bande: O balneario romano estaría relacionado con Aquis Querquernis, situado a carón da vía XVIII ao que pertencen tamén os restos dun edificio interpretado como fonda. No ano 1754, o P. Sarmiento di que "al norte de la iglesia están inmediatos los Baños. Se reducen a un gran estanque de piedra cuadrado, con escaleritas y alrededor casas para los concurrentes a los baños. El agua es caliente pero no humea... brota en el mismo estanque de la tierra como surtidor... en todo aquel terreno había unas piedras labradas con inscripciones y otras sin ellas". Nos séculos XIX e XX apreceron varias aras e epígrafes arredor do manancial.
Ara (Baños de Bande): Atopada, segundo versións, nas proximidades dunha fonte termal ou nunha parede da reitoral de San Xoán dos Baños. Estudada por Hübner. "NYMFIS/BOELI/VS RVF/VS PRO/SALVTE/SVA V(otum) S(olvit)", ("Boelio Rufo cumpriu este voto ás Ninfas pola súa saúde"). Ata o ano 1898 estivo no Pazo Espiscopal en que foi doada á Comisión Provincial de Monumentos de Ourense. Foi publicada por Vázquez Núñez no 1908. No Museo Arquelóxico de Ourense.

Ara (Baños de Bande): Na igrexa de San Xoán, base dunha ara cunha inscrición funeraria cristiá data no ano 510.
Ara (Os Baños): A Marte, adicada por Martia Flacila: "[/MARTI MA/RTIA FLA/CILLA EX/VOTO".
Ara (Lueda): Na capela de Santa Mariña. Fragmento inferior dunha ara que conserva o corpo central e a base. Descubriruse no ano 1988: "---/AVITI [F(ilius)?]/V(otum) L(ibens) A(nimo) S(olvit).

Ara aos Lares Viais
(Santa Comba): Citada por Castellá Ferrer no ano 1610; di que servia de pía de
auga bendita na igrexa: "MAXV/MVS LOV/ESSI F(ilius) LA/RIBVS
VI/ALIBVS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Máximo, fillo de
Lovesio, cumpriu o seu voto aos Lares Viais de boa vontade").
Ara a Reva Anabaraeco: Ara sobre a que existe debate sobre a súa procedencia. Segundo Hübner, a inscrición procede de Ruana (Trujillo-Cáceres), se ben
semella que provén de Galicia xa que o teónimo co mesmo apelativo foi
atopado na Casa dos Fornos, na cidade de Ourense, que é onde a sitúa Prósper (2009). Moralejo lévaa para Castro Caldelas. Dise que se atopaba en Rubiana no 1740, e
cara o 1925 no Museo Diocesán de Astorga, desparecendo despois. Tamén a cita o P. Fidel Fita en 1911. Segundo
T. Hervella estaba rota, faltándolle a metade: "REVVE ANABARAECO APER
ALBINI F(ilius) TVROLVS V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Albino
Turolo, Africano, puxo de bo grado este monumento a Reva Anabaraeco").
Ara a Xúpiter (Santiago de Güín): No ano 1953, o seu descubridor levouna para un pequeno museo que tiña en Valverde (Allariz), doándoa ao ano seguinte ao Museo Arqueolóxico de Ourense: "FL FLAV/I IOVI/VOTV/M S L A, ("Flavinus, fillo de Flavio, cumpriu o seu voto a Xúpiter cun ánimo alegre").
Ara a Xúpiter: Na capela de Santa Comba: "Iovi D(eo) / Optum[o(?)] / Max(imo) Q(uintus) Ma/enius / Asiati[cus] / p(osuit) v(otum) l(ibens) [a(nimo)]".
Ara a Xúpiter: Na capela de Santa Comba: "Iovi D(eo) / Optum[o(?)] / Max(imo) Q(uintus) Ma/enius / Asiati[cus] / p(osuit) v(otum) l(ibens) [a(nimo)]".
Epígrafe de Diana: Inscrición transmitida nun manuscrito do século XVIII, conservado no arquivo da abadía de San Domingos de Silos. Apareceu no altar da igrexa de Santa Comba de Bande. No centro da epígrafe apréciase unha fendedura horizontal así como síntomas de destrución no bordo inferior esquerdo: "DIANAE/SA(crum)/QUAE RES/VICTOR(iae)/EX MO/NITV".
Ara (Santa Comba): O primeiro que a publicou foi Barros Sibelo en Antigüedades de Galicia. No Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense nº 2 do ano 1898 fála desta epígrafe empotrada na parede da casa de Dª Camila Armada situada fronte a reitoral de Santa Comba. No Boletín nº 4 do ano 1910 adícalle un artigo Marcelo Macías: "PRO SALVTE/IVLIAE A V G/MATRI/CASTROR/ET A V G Q LV/CIDIVS MA/RINVS/DEDI/CAVIT", (" Lucio Didio Marino, prefecto da cohorte miliaria, fixo esta dedicación pola saúde de Xulia Augusta, Nai dos campamentos e dos Augustos..."), lectura que xa fixera Hübner no 1878. Foi trasladada para o Museo Arqueolóxico de Ourense no ano 1946.

Epígafe: Nunha visita que fixeron a unha adega de Rubiás
López Cuevillas, Otero Pedrayo e Jesús Soria no ano 1935, falan
dunha lápida dedicada a Traxano cuxa epígrafe recolle o Boletín da Comisión de monumentos de Ourense de novembro-decembro de 1935: "(IMP) CAES N/(ER)VAE/TRAIA/NO AVG GER/[---] PON MAX/P P COS III[---]/[---] P [---]".
Santa Comba:
Inscrición adicada a unha emperatriz chamada Iulia; tambor de granito
utilizado como pía de auga bendita extraído dun cilindro maior
proveniente dun miliario adicado a Adriano.
Capela de Santa Comba: O arco de ferradura de entrada á ábsida está sostido por catro columnas con capiteeis distintos, dous deles reutilizados, sendo probablemente romanos (Caballero, Arce e Utrero, 2004), pero Rodríguez Colmenero cre que as columnas tamén son romanas, ademais da mesa do altar e o sartego de mármore coñecido como do San Trocado.
Inscrición desaparecida: Segundo Mauro Castellá Ferrer (1610) "adonde esta la Yglesia de Cadones estava el castillo Meydunio, porque a veinte pasos della se halló un sepulcro tendido en tierra..." coa inscrición: "MEDAMVS ARCISI F/HIC SITVS EST/MONVM/ENTVM FECERVNT/ANCONDEI/AMICO CARO". Cítase tamén na revista Album Literario de Ourense do 15 de setembro de 1889 (o mesmo recolle o Boletín da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense de novembro-decembro de 1935 de onde tomamos unha das inscricións xa que no mesmo artigo achega dúas versións distintas).
Inscricións desaparecidas (Baños de Bande): "CARI(o) DE(o)/FLAC(c)VS/SECVNDI V. S.". Citada polo P. Sarmiento que tamén fala doutra coa epígrafe "V S".
Inscrición: "] / CO(n)S(uli) III / A B(racara) A(ugusta) M(illlia) P(assum) LIII".
Inscrición: "] /AVITI [f(ilius?)] / V(otum) L(ibens) A(nimo) S(olvit)".
Representación de Harpócrates: En bronce, figuriña de 8,8 cm de alto atopada preto de Aquis Querquernis. Trátase da imaxe dun neno de pé, espido e alado con expresión sorrinte. Na man dereita semella levar unha bolsa e na esquerda unha vara serpentiforme. Entre as ás hai un soporte curvo que serviría para colgar ou suxeitar.
Castro de Rubiás: Atopouse unha aguia, interpretada como un aplique que podía formar parte dos adornos dun cabalo e unha inscrición adicada a Traxano. Canto á aguia, e segundo información recollida do Museo Arqueolóxico de Ourense, cómpre precisar que a atribución a este xacemento débese a unha breve nota publicada tras unha visita dos membros da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense que tivo lugar o 24 de outubro de 1935. Dita nota non dá información do lugar e das circunstancias do achado, limitándose a recoller o material recuperado polos veciños de Rubiás na comarca, polo que moitas pezas poden pertencer a outros xacemetnos, como por exemplo o campamento de Aquis Querquernis.

Guerreiro ou Cabeza de Rubiás:
Peza galaico-romana do s. I d.C. Cabeza na que o autor procurou tallar
todos os elementos anatómicos e un torque no pescozo. Vexamos un pouco a
historia desta escultura. A primeira referencia a unha escultura humana
en pedra no castro de Rubiás é de Castellá (1609) que realiza unha
descrición dun guerreiro galaico e di que no escudo tiña a inscrición
"ADRONO/VEROTI F". No 1733 recolle isto Huerta y Vega, e repíteo no 1832
Cea Bermúdez. Mais López Ferreiro publica no 1898 un documento de Odino
do ano 982 no que se fai doazón de Santa Comba ao mosteiro de Celanova
e, ao sinalar os lindes, aparece unha efigiem ominis sculpta in petra.
Cuevillas, que descoñece este documento, sitúa o castro de Rubiás no
Monte das Neves de Celanova e di que alí apareceu o Adrono. Bouza,
descoñecedor da zona mais non do documento, menciona esta localización
errada en Cuevillas e apunta que a efigiem ten que ser a mesma de
Castellá. No 1935 a Comisión Provincial de Monumentos de Ourense
descobre o verdadeiro castro de Rubiás e atopa a cabeza que axiña
relacionan co Adrono. Tres anos despois, Cuevillas e Lorenzo Fernández
escriben un artigo no que intentan demostrar contra Bouza que a efigiem do
século X e o Adrono de Castellá non poden ser a mesma, pois a primeira
estaba en campo aberto e a segunda dentro do castro, o que non convence
xa que dende o ano 982 ao 1609 puido ser trasladada. En definitiva,
aínda non se sabe a ciencia certa se houbo tres estatuas (a efigiem, o Adrono e a cabeza de Rubiás) ou se a efigiem foi levada ao lugar de Rubiás, logo partida e hoxe só se conserva a cabeza. A cabeza atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense.
Miliario de Adriano
(As Maus): Apareceu no lugar coñecido como A Veiga no ano 1988, baixo
as augas do encoro das Conchas; trátase da parte inferior dun miliario, na actualidade atópase no Centro de Interpretación.
Miliario de Constancio
(Lobosandaus): Actuaba como pé dun hórreo: "FLA(vio)
IVL(io)/CONSTANTIO/AVG(usto) NOB(ilissimo)/PRIN(cipi)", ("Dedicado a
Flavio Xulio Constancio, augusto, nobilísimo príncipe"). Custodiado no Centro de Interpretación. Miliario de Magnencio (Santa Comba): Foi atopado formando parte do muro dunha casa arruinada xunto a igrexa visigótica. Na actualidade está no Centro Arqueolóxico de Aquis Querquernis: "IMP(eratori) CAES(a)/RI DO(mino) N(ostr)O/(ma)XIMO/MA(gnentio)", ("Dedicado ao noso señor o césar emperador Máximo Magnencio").
Miliario de Traxano: "[Imp(eratori) Caes(ari)] divi Tra[iani] Parthici f(ilio) [divi Ner]vae
n(epoti) Tra[iano] Hadriano / Aug(usto) [ponti]fici m/ax(imo)
trib(unicia) (...)".
Miliario de Ponte Cadós (Cadós): Desaparecido. Anepígrafe. Coñecido por noticia de Puig y Larraz, o seu descubridor.
Miliario Ponte Liñares: Anepígrafo. Fragmento dun miliario situado no interior da ermida de Ponte Liñares, facendo a función de pía de auga bendita.
Miliario de San Fiz (Ribeiro): Anepígrafo; trátase do fragmento dun miliario que servía de pedra dun pasadoiro (poldras) no río Limia.
Miliario na Gándara (Meixide): Anepígrafe. Citado polo P. Matos Ferreira a mediados do século XVIII con motivo de describir a vía romana que nos Chaos (Santa Comba de Bande) deriva da XVIII cara a Lugo. Non se conserva.
Miliario de Adriano (Santa Comba): No interior da igrexa visigótica, utilizouse como pía de auga bendita. Trátase dun tambor de granito extraído dun cilindro maior e adaptado á función citada, conservando vestixios de letras.

Miliario en
Santa Comba: Coñécese a través de Fr. Martín Sarmiento quen o atopou na
adega da casa do dura de Santa Comba.
Miliario a Máximo e Maximino (Porto Quintela): Desaparecido. Atopado entre Baños de Bande e Porto Quintela, preto da estrada antiga de Ourense a Portugal. A epígrafe foi lida por Marcelo Macías. Contaba con abundantes esmoucas e rozaduras na superficie, segundo referencia da revista Nós.

Miliario: "C[aius] Iul[ius] Ver[us] Maximinus [Pius] Fel(ix) / Aug(ustus)
Ger[man(icus)] max(imus) Dac(icus) Sar(maticus) / [pont(ifex) max(imus)
trib(unicia)] (...)".
Moedas: En Ponte Liñares. En Aquis Querquernis tres de Traxano, dous sextercios e un dupondio.
Restos de calzada (Vía XVIII) entre Ponte Cabanas e Nigueiroá. Tamén en Güin.
Xacementos romanos da Veiga das Maus (As Maus), Regulfe e A Telleira (Santa Comba), Veiga de Nigueiroá (Nigueiroá).
Tumbas da Telleira (Santa Comba).
Vestixios no Alto da Mazorra (Xordos-Bande), na Veiga das Maus (Os Baños), Chaverga (Pereira-Corvelle), na Veiga de Nigueiroá (Nigueiroá), en Regulfe e A Telleira (Santa Comba).
Centro de Interpretación Aquae Querquennae Via Nova (Porto Quintela-Os Baños): No interior están expostas pezas do campamento situado nas inmediacións e doutras partes da comarca: Cerámica, pracas, miliarios, aras...

BAÑOS DE MOLGAS
Mansión: A mansión Salientibus é citada no Itinerario de Antonino e no Anónimo de Rávena como lugar de paso da vía XVIII entre Bracara e Asturica. Hai autores que a sitúan en Baños de Molgas (Caamaño Gesto, 1995) a partir das fontes que manan no lugar, aínda que Rodríguez Colmenero et alii (2004) lévanna para Xinzo da Costa, en Maceda, pois reparan nun topónimo, As Fontes, tradución exacta de Salientibus, ademais de que pola epigrafía non se pode afirmar a identificación de Baños de Molgas con Salientibus. Ceán Bermúdez (1832) fala da existencia das termas romanas. A descrición do balneario foi realizada por Rubio no ano 1853: "A la izquierda del río y como a 60 pasos mas arriba del puente, hay una especie de baño cuadrado, en cuyo fondo brotan varios manantiales... el baño es de piedra... y se baja a el por seis escalones". Hai noticia da aparición de materiais construtivos, canles e tellas, ademais de moedas nas inmediacións do balneario que apareceron despois da súa construción no ano 1876, ademais dunha figuriña de bronce con ás que se conserva no Museo Arqueolóxico de Ourense.
Aras na igrexa de Santa Eufemia (Santa Eufemia-Ambía): Unha crese que se atopaba xunto unha fonte que aínda existe, A Fonte das Ninfas (Rodríguez Colmenero, 1997). Logo foi trasladada para a igrexa; colocada do revés, actuaba como soporte do altar; na actualidade atópase detrás do altar maior. Foi descuberta polos señores Díez Sanjurjo e Palacios. No ano 1968, Xaquín Lorenzo Fernández, coa colaboración de D´Ors e Bouza Brey (Inscricpiones romanas de Galicia IV. Ourense), leu: "AVRELIS/FLAV(u)S/TAM(acanus) TANSTACANVS/NYMPHIS/EX VOTO". No 1987 Rodríguez Colmenero dálle a mesma lectura. García Martínez (1996) leu: "AVRELIVS/FLAV(u)S/T(r)ANSTAGANVS/NYMPHIS/EX VOTO". Manuel Vidán Torreira, no 2011, le: "AVRELIS/FLAVIUS/SANITATE CASSVS/NYMPHIS/EX VOTO". Despois da fotogrametría enviada por Alex Negreira, leo: "AVRELIVS/FLAV(u)S/TANTACANVS/NYNPHIS/EX VOTO. Hai outra ara reutilizada como columna da ventá xeminada da ábsida principal da igrexa.
Ara (Presqueira): No formal da cabeceira da igrexa, contra o que apoia o retábulo, á beira da sancristía, hai unha ara: "DIVS/MANIBVS P/OS TA/ARA F/LAVI", ("Aos deuses Manes (foilles) posta a ara de Flaviano (fillo de) Flavio"). Cortada pola parte superior. Foi trasladada ao emprazamento actual a finais do século XVIII.
Ara de Suatorre
(Ambía): Ás Ninfas, adicada por Aurelio Flavio Tamagano. Apareceu no faiado dunha casa que en tempos foi dependencia do señor de Ambía. Con loculus para reliquias agrandando o foculus. Repicada segundo Rivas Quintas polo século VI ou VII (algún autor sinala para a reutilización o comezo do terceiro terzo do século IX) para cristianizala, para honrar un personaxe da contorna de nome Analso, posiblemente un bispo anterior ao ano 872.: "(cruz grega) IN D(e)I N(om)NE ANALSVM (h)HOREM", ("Nós, os cristiáns, dedicamos no nome de Deus, a Analso, na súa honra, a consagración desta ara"). Escrita por tres caras. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ás de bronce: Dúas pequenas ás en bronce, interpretadas como ás da vitoria, que poderían corresponder a un estandarte militar.
Moedas: Barros Sibelo fixo un debuxo dunha moeda romana atopada nos Milagres. Cavada Nieto cita varias moedas nas antigas termas.
Miliario (Baños de Molgas): Situado na terraza dunha casa preto do río Arnoia e da ponte de orixe romana: "[------]/PONT(ifici) MAXIMO TRIBVNICI/DE POTESTATI CONSVLI III TER/PROC(onsuli) PATRI PATRIAE", ("[-----] pontífice máximo, investido co poder tribunicio, cónsul por terceira vez e procónsul pola terceira, pai da patria"). Di Rodríguez Colmenero que podería tratarse dun miliario dedicado ao emperador Caracalla pero difire un pouco da redacción dos exemplares deste emperador polo que pode atribuírselle, talvez, a Caro.
Miliario de Subalonga: No antigo camiño de Vide a Foncuberta, localizado por J. Carlos Rivas no ano 1973, formaba parte dun valado; desaparecido.
Mina do Medo (O Medo-Vide): Explotación mineira secundaria destinada ao beneficio de mineral de ferro onde se aprecian as gabias.
Xacemento dos Casares (Areas-Baños de Molgas): Segundo o propietario da finca apareceu nun pozo de un metro de diámetro e catro de fondo escavado na rocha gran cantidade de tégula, cerámica e escoiras.
Xacemento das Cornedas (Cambeira-Ponte Ambía): Apareceron fragmentos de tégula e anacos cerámicos. Segundo os veciños de Marzá, aquí estivo o antigo pobo e a capela.
Xacemento dos Iglesarios (As Casas Novas-Presqueira): Segundo os veciños apareceron restos de esqueletos (cranios) e unha arca feita de ladrillo que dicían servía para "gardar o sol". Tamén din que aquí estaba a primitiva igrexa. Aquí é onde apareceu unha ara aos deuses Manes.
Xacemento das Leiras Longas (A Fachela-Vide): Apareceron fragmentos de tégula, un muíño e un anaco de catillus.
Xacemento de Tras da Pousa (Baños de Molgas): Abundantes fragmentos de tégula ao facer movementos de terra para a plantación de árbores. Ao outro lado da estrada hai un altiño que podería encaixar cun pequeno castro con croa achairada e defensas naturais.
Xacemento da Vila (Almoite): Con motivo duns traballos agrícolas, o propietario da finca atopou un muro soterrado que resultou ser a parte de planta rectangular e esquina redondeada realizado en cacohtería de granito. Apareceron fragmentos de tégulas, cerámica común romana, parte dun muíño circular, dous pondus e un morteiro en granito.
Vía romana pola parroquia de Lama Ma.
BARBADÁS
Ara (Santa Euxea-Piñor): Só se podía ver a parte superior. Estaba formando parte da parede exterior da vella capela de San Xoán, en Santa Euxea (aínda se conservan algunhas pedras comidas pola maleza). Citada como Santa
Euxea ad
Portum Abbatis.
Dise que desapareceu baixo a cabeceira do noiro da autovía das Rías Baixas, pero no mes de novembro de 2021 dous veciños contáronme que esa información era falsa, en realidade levánronna.
A Farixa: No control de seguimento da autovía das Rías Baixas saíron á luz pezas cerámicas, líticas, vidros e tégula.
A Palleteira (A Viña-A Valenzá): Xacemento situado no alto dun outeiro entre A Valenzá e A Lama. Alterado por varias casas e pistas.
As Quintas (San Lourenzo de Piñor): : Apareceron fragmentos de tégula, ímbrice e cerámica común romana.
A Verea Vella
(Loiro): Só existe unha referencia de López Cuevillas sobre o achado de
tégulas, moedas e restos dunha vila romana construída xunto unha vía
secundaria.
Moedas en Loiro con restos dunha vila xunto a vía romana.
O BARCO DE VALDEORRAS
Ara a Atilaeco: Apareceu ao facer os traballos nunha finca da Av. de Santiago Melo, do Barco, na paraxe coñecida como Porto Carballo. Na actualidade atópase no xardín dunha casa da Pobra coñecida como "Playa de Oro". Dedicada por un soldado da Legio VII Claudiana. Polo nome da lexión, Rodríguez Colmenero data a peza no reinado de Claudio II o Gótico (268-270 d.C.). A divindade quizais teña relación coa actividade mineira: "ATILA/ECO/L(ucius) COR/NELIVS/PLACID/VS/I(centurio) LEG(ionis)/VII GE(minae) CL(audianae) P(iae) F(elicis)/EX VOTO M(erito)", ("Lucio Cornelio Plácido, centurión da Legio VII Claudiana, pía, feliz, cumpriu o voto merecido a Atilaeco".
Ara de Millarouso e Santurxo a Libero Patri: Apareceu no altar maior da igrexa parroquial a finais do século XIX. O P. Sobreyra Salgado (1746-1805), natural de Beade, comunicoulla á Real Academia da Historia de Madrid por información facilitada por Fr. Plácido Diéguez. Hübner, en CIL II (1869), utilizou este documento. Atópase empotrada no muro da cabeceira, debaixo do retábulo maior. Lese: "LIBERO/PATRI/G(aius) VETTIVS/FELICIO", ("Gaio Vettius Felicio mandou edificar este altar a Liber Patri"). Libero Patri adoita identificarse co deus romano Baco, se ben non hai consenso canto a asociar este Pai Liberador coa protección dos viñedos. Baco, ademais, tamén é protector da morte. Só é citada, de pasada, no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense, número 22, de outubro de 1901.
Ara (Viloira): Moldurada e con focus: "Q(uintus) IVL(ius) TIRO/TILLENO/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Quinto Iulio Tirón cumpriu con gusto a promesa a Tileno"). Atopada no ano 1970 preto do regueiro de Santigoso, nas inmediacións da igrexa de Viloira. O nome de Tileno non se vincula a un deus romano. O máis salientable é que esta mención determina a relación desta divindade co monte Teleno, o máis alto da provincia de León, e coa serra do mesmo nome. No Teatro Municipal Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.
Columna: En La Región do 22 de outubro de 1961 dáse conta dunha columna de máis de dous metros de altura cunha inscrición romana que dise foi enviada ao Palacio Espiscopal de Astorga e que sería estudada por Marcelo Macías. Descoñezo en que parte da comarca de Valdeorras apareceu e tampouco a vin (ao menos non está identificada como proveniente de Valdeorras) nin no museo Romano de Astorga nin no Museo de los Caminos da mesma cidade.
O Castro: Cando as intervencións no castelo de O Castro de Valdeorras, ademais de
restos do primitivo castro prerromano, saíron á luz restos de vivendas de época romana e lenzos de muros con esquinas angulares e pavimentos de oppus signinum tardorromanos.
Pazo do Castro: No xardín hai o posible fragmento dun miliario.
Igrexa da Proba: No muro da fachada principal hai reutilizado un posible miliario.
Camiño das Gulpilleiras (O Córrego): Posible vila. Moi Alterada na actualidade pola construción de edificios, así como pola pista que vai á aldea de Vilanova.
Explotacións mineiras da Boca do Regueiro (Albar-Santigoso); Campa Grande, As Covas, Os Candís, Os Forroxancos: entre o río Galir e o regueiro da Portela (Éntoma); As Veigas (Coedo); A Veiga (Millarouso); na da Pía da Moura (A Pobra) poden verse dúas canles escavadas na rocha; restos de enterramentos e sumidoiros (A Pobra); A Devesa (A Pobra): Tégula e restos de pizarras pertencentes a muros; nos
valados dalgunhas fincas aparece formigón romano; As Devesas (Éntoma): Explotación mineira entre os ríos Sil e Galir. Ruina montium na Raia de Éntoma.
O Pendón (Alto de San Pedro-Santa Mariña do Monte): Asentamento entre o río Sil e o regueiro do Real. O foso está moi desfigurado polos labores agrícolas.
San Salvador
(A Pobra): A existencia dun campamento romano nas inmediacións xa é coñecida dende finais do século XIX grazas ao labor da Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Ourense. Apareceron vinte tumbas de forma rectangular, ademais dunha rúa e
canalizacións que desembocan noutra de maiores proporcións e
edificacións fortificadas.
Miliario (A Proba): Anepígrafo, atopado polo arqueólogo Xosé Anxo Muíños no xacemento de San Salvador.
A Granxa ou Val de Salgueira (A Pobra): Tégulas.
Vila da Costa da Parva (Forcadela).
Vila das Poulas (Millarouso).
Asentamento do Castrillón e do Monte Cavaxón (Santigoso).
A Finca da Cruz ou Pinar do Rego:
Restos dunha explotación aurífera situada preto do río Sil. En febreiro
de 2011, o Concello encomezou o seu acondicionamento o que non evita
que dous meses despois algúns colectivos se cuestionaran os traballos de
mantemento do recinto (lixo, camiños mal definidos...). Xacemento moi alterado pola construción do cemiterio e outras edificacións.
BEADE
A Mourisca (Beade): Posible vila romana. Atopáronse restos cerámicos e de sillares. Moi alterada polos labores agrícolas.
BEARIZ
Ara en Beariz?: O día 15 de agosto de 2015, o profesor e apaixoado polo patrimonio de Galicia que leva catalogados centos de monumentos ao longo do país, Óscar Franco Barros, achegoume a foto de parte do que parece ser unha ara romana situada no adro da igrexa de Santa María de Beariz. En principio semella que foi bastante retocada, quizais para seren reutilizada para algunha outra función, como aconteceu con moitas outras pezas da época esparexidas por Galicia. Polo momento descoñecemos a procedencia e para que foi utilizada antes de seren traslada para o adro do templo. Na mesma igrexa localizou un capitel reaproveitado como chanzo para subir ao campanario.
Epígrafe (As Antas): Hispania Epigraphica achega a seguinte epígrafe, entre interrogantes, nas Antas (Beariz). Creo que se trata dun erro, a inscrición debe corresponder ao miliario da Corga, en Piñeira de Arcos (Sandiás). "D(omino) n(ostro)/Galerio/Valerio Maxsimino(!)/ Imperatori/[ ", ("Galerio Valerio Máximo, o noso señor").
Epígrafe (As Antas): "D(omino) n(ostro)/[Im]p(eratori) Claudio/Iuliano/victori ac/ triu[m]phatori/[pe]rpetuo/se[mp(er)] Aug(usto) / XXXII". A inscrición figura así, tamén entre interrogantes, en Hispania Epigraphica, pero desta tamén teño dúbidas; podería corresponder a un fragmento de columna aparecido en Celanova.
Ara de Vilar de Covelas: Fragmento de ara anepígrafa doada ao Museo Arqueolóxico de Ourense por Elixio Rivas no ano 1995.
Complexo paleocristián de Ouvigo:
Dado a coñecer por Antonio Rodríguez Colmenero no ano 1971 (escavouno no 1972 e entre 1977 e 1981), encargado
polo Museo de Ourense para realizar o inventario da Limia e bisbarra que
rematou coa exhumación dunha necrópole e dunha edificación que, segundo
o historiador, é de época tardorromana. Das catro etapas construtivas, a
máis antiga data do século IV e consistiría nun edificio dividido en dous ámbitos, ábsida e nártex, adicado a funcións comunitarias cristiás a partir de materiais reaproveitados doutras edificacións. Asociadas a el aparecerían diversos materiais como teselas, mosaicos, estucos e moedas. Entre a ornamentación salienta unha gran figura antropomorfa orante de inspiración paleocristiá, disposta no eixo lonxitudinal, e outro antropomorfo de menor tamaño en disposición transversal. Na parte superior tamén se ven outras figuras de carácter simbólico e difícil interpretación entre as que se recoñece un paxaro ou unha cruz. A necrópole aparece a partir do século VI, primeiro de tégulas e despois antropoides cubertas con laudas de estola. Tamén apareceron restos romanos na parroquia de Covelas onde no século XII se trasladou a igrexa parroquial.
Xacemento Aira do Curro ou Capela de San Salvador (O Mosteiro-Aguís): Apareceron tégulas, ladrillos, sepulturas e restos óseos.
Xacemento de Avilleira (Vilar de Covelas-Covelas): Entre os ríos Limia e Mouril. Apareceron moas de muíño, tégulas e fragmentos cerámicos despositados no Museo do Santuario dos Milagres.
BOBORÁS
Xacemento de Daviña (Brués).
Minas auríferas (Brués).
A BOLA
Ara de San Munio de Veiga:
Empotrada na reitoral de San Munio, foi atopada por Manuel Blanco
Guerra o 5 de agosto de 1972, aparecendo a reseña nos xornais La Región e o desaparecido El Pueblo Gallego da época. Está dedicada a Xúpiter: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)/LIGARIVS/SABINVS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("A Xúpiter Óptimo Máximo. Ligarius Sabinus cumpriu con gusto a súa promesa"). Na actualidade está no interior da
igrexa.
Epígrafe (Alto de San Cibrao-Pardavedra): Praca
de granito fino moi desgastada, coa inscrición manipulada e regravada, e
as letras pintadas en negro. Atópase na fachada principal da ermida do
San Cibrán. Debido á manipulación, a interpretación non resulta doada
(Rivas Fernández, 1999): "]/FLAV(ius) VBAICI/BOVITA/L(ucius) FLAVIVS AG/EI N" (?).
Pedra reutilizada: No muro de peche do cemiterio de San Miguel de Berredo reutilizouse unha pedra de boa feitura que semella unha ara. Na parte superior ten unha cavidade circular.
O BOLO
Epígrafe (Chao do Castro): Atopada nas inmediacións da igrexa. Nalgunhas publicacións a lectura aparece como "ANOD(io) M(arcus) SIGIR(us)", ("Marcus Sigirus fixo esta dedicatoria a Anodio"). Na parte superior ten unha figura antropomorfa que pode ser a representación dalgunha divindade. Segundo Silvia Alfayé Villa (2013), cando se desprazou ata o lugar no ano 2010 a peza desaparecera, descoñecéndose o paradoiro actual. Mais si tivo acceso a varias fotografías e un debuxo realizados por un veciño. Á vista das imaxes puído comprobar que non se trata dunha peza romana, senón moderna, onde o suposto teónimo indíxena Anodio debe lerse en realidade como "AN(n)O D(e)", e a figura sería a representación esquemática dunha cruz cristiana.
Epígrafe: "COROPOLLA".
Estela: Fragmento dunha estela decorada con dúas rosáceas hexapétalas e un friso de seis arcos reutilizada nunha vivenda.
O Castelo (Chandoiro): Asentamento romano sobre o río Bibei, a 490 metros de altitude.
Restos nas Ermidas (As Ermidas).
Explotación mineira das Barrancas (O Seixo).
Restos na Fraga da Moura (Vilaseco).
Vestixios en As Casas (Xava).
Inscrición (Pintás-Lobás): Aos Deuses Manes. Reaproveitada nun muro exterior a ras do chan da capela de Nosa Señora de Pintás. O profesor da Universidade de Alacante, Juan Manuel Abascal Palazón, di que se trata dun obxecto insólito na epigrafía romana en Galicia, onde os textos adoitan atoparse en estelas, e onde o cipo romano clásico de base cadrada é un soporte case descoñecido. Moi erosionada. Abascal Palazón leu: "D(is)? M(anibus)---] / [---] / [---] / [---] / [F(aciend---] C(urav---)".
Explotación mineira das Barrancas (O Seixo).
Restos na Fraga da Moura (Vilaseco).
Vestixios en As Casas (Xava).
CALVOS DE RANDÍN
Ara de Rioseco: Reutilizada como pé dunha pía de auga bendita da igrexa de Santa Mariña. Desgastada. Dedicada a Xúpiter Óptimo Máximo. Publicada no Boletín Auriense no 1983 por J. Rodríguez González e A. Seara Carballo que leron: "IOVI OP/(t)IMO M(aximo) / [---] / [---]". Supoño que se trata da mesma ara recollida en Aquae Flaviae (1997) por Rodríguez Colmenero, que leu: "IOVI D(eo) / OPTIM(o) / MAX(imo) Q(uintus) VANI / LO LAGI / VS". Inscrición (Pintás-Lobás): Aos Deuses Manes. Reaproveitada nun muro exterior a ras do chan da capela de Nosa Señora de Pintás. O profesor da Universidade de Alacante, Juan Manuel Abascal Palazón, di que se trata dun obxecto insólito na epigrafía romana en Galicia, onde os textos adoitan atoparse en estelas, e onde o cipo romano clásico de base cadrada é un soporte case descoñecido. Moi erosionada. Abascal Palazón leu: "D(is)? M(anibus)---] / [---] / [---] / [---] / [F(aciend---] C(urav---)".
Campamento do Alto da Raia: Localizado por Roman Army, liderado polo arqueólogo João
Fonte, do Departamento de Arqueoloxía e Historia da Universidade de
Exeter. Foi localizado utilizando a técnica LIDAR (técnica
de teledetección óptica mediante láser) entre os concellos de Calvos de Randín (Galicia) e Montalegre (Portugal). A intervención arqueolóxica de maio de 2021 e os traballos de laboratorio determinaron que se trataba dun campamento romano formado por un recinto de tres hectáreas delimitado por un parapeito rectangular coas esquinas redondeadas e un foso exterior cuxa construción sería entre os anos 50 a.C. e 50 d.C. polo que estaría relacionado coas Guerras Astur-Cántabro-Galaicas. Tamén identificaron un forno de campaña que sería utilizado para cocer o pan. Nunha das intervencións atoparon un burato escavado na rocha e pequenos fragmentos cerámicos de posible cronoloxía prehistórica da Idade do Bronce/Idade do Ferro).
CARBALLEDA DE AVIA
Vila de Coto dos Mouros
(Abelenda das Penas): Foi escavada por Xaquín Lorenzo no ano 1949. Construción de
tipo rectangular compartimentada en cinco estancias, algunha con restos
de enlousado. Recuperouse tégula, cerámica común e decorada, unha
pondera de tear, fragmentos de vidro, unhas tenaces de ferro e algúns
fragmentos de terra sigillata. Na actualidade atópase tapada pola
matogueira.
Outeiro da Cortella ou Os Cortellos (Muimenta): Posible asentamento rural de época romana. Atopáronse tégulas e fragmentos cerámicos. Os veciños din ter visto restos de marcos enterrados e anacos de potas de barro cando se traballaba a terra, na actualidade a monte. No espazo chairo que hai xunto o outeiro, coñecido como chaira das Antas, apareceron anacos de tégula.

Explotacións mineiras do Aro, Pena Tallada, Vilacristobo, Valdevila (Sobradelo); Calabagueiros ( Pumares); Pena do Corvo (Robledo).
Explotación mineira da Medua (San Xusto): Emprazada nunha terraza terciaria do río Sil onde se utilizou a técnica da ruina montium; aínda se poden ver as galerías e as canles de lavado de mineral (agogae).

Fíbula de Casaio: Realizada a partir dunha pequena praca de bronce que conta nas súas esquinas cuns remates en forma de bóla. As súas dimensións son de 2,66 por 2,48. Na parte posterior conta cun enganche. Na parte anterior apréciase a decoración, un cadrado dividido por unha cruz que se atopan no interior dun cadrado maior, formando así oito triángulos rectángulos.
Miliario en Sobradelo.
Miliario en Sobradelo.
Xacemento do Pendón (Pumares).
O CARBALLIÑO
Coto da Torre (Trigás Sagra): A arqueóloga Nieves Amado Rolán achégame a ficha desta torre que fixo para o inventario da Xunta de Galicia no ano 2004. Situado a 369 metros de altitude sobre o nivel do mar. Trátase dun impresionante outeiro granítico de forma cónica, pola súa relativa altura sobre a contorna, con grandes escarpes cara o regato Varón e con ampla visibilidade sobre unha zona do Ribeiro. O cume ten pouca superficie, mais cara o norte ten unha terraza chaira onde se documentou unha estrutura rectangular que pode tratarse dunha torre. O emprazamento non pode ser máis axeitado para este punto de control e vixiancia sobre o territorio circundante; cara o norte pecha os destros da casa reitoral onde se documentou un xacemento romano. Polos demais puntos resulta inexpugnable debido á altura e aos escarpes con afloramentos. Un veciño informou a Nieves de que se atopara tégula romana no cumio do outeiro. A estrutura rectangular documentada está orientada NO-SL, cunhas dimensións de 12x6 metros, con muros cunha anchura de 75 centímetros de media. Aínda que pode tratarse dunha torre medieval é probable que o sitio fora utilizado en época romana.

Campamento romano do Castelo.
Explotacións mineiras de Madarnás (Madarnás) e O Mosteiro (Lobás).
Xacemento romano-medieval (Caldas de Partovia).
Xacemento preto do Coto da Torre (Trigás-Sagra): No lugar documéntase unha torre medieval, mais é probable que o sitio fora utilizado en época romana. (Información achegada pola arqueóloga Nieves Amado Rolán).
CARTELLE

Ara de Couxil: Esta ara de granito foi reutilizada como material de construción na igrexa parroquial de Couxil, localizada cando as obras de restauración na década dos anos noventa do pasado século XX, empotrada en posición horizontal. A preparación da pedra como sillar ocasionou a eliminación de parte da peza, se ben si se conserva o corpo central co texto epigráfico aínda que afectou ás primeiras letras do lateral esquerdo, principalmente ás da primeira liña que se perderon na súa totalidade. C. Búa Carballo (1999) propuxo a seguinte lectura: "PO/MPEIVS SABI/NVS CVSVE/V S L M", onde o nome do dedicante sería Pompeius Sabinus, e o da divindade Cusue Mepluceeco, proposta que revisa posteriormente para a divindade con outra posible lectura: Ampeluceeco. Mª Cruz González Rodríguez (2010), cre que é posible outra lectura con diferente división e restitución dos nomes: "[---] EIVS ABI/N ICVS VE/MELVCELO/V S L M", e a proposta: "[---] us(?) Abi/nicus (?) Ve/melucelo (?)/v(otum) s(olvit) l(ibens) m(erito)", onde o dedicante sería [---] us (?) Abinicus (?) e non Pompeius Sabinus, e o da divindade Vemelucelo (teónimo dun só elemento) e non Cusue Mepluceeco, situando a súa execución entre finais do século II e a primeira metade do século III d.C.
Castro de Outeiro de Pazos (Espiñoso): Romanizado, apareceron restos cerámicos e tégulas de época romana.
Vestixios campamento (Outeiro de Vimieiro).
A Armada: Topónimo quizais relacionado cun posto de control e vixiancia do exército romano.
CASTRELO DE MIÑO
A Armada: Topónimo quizais relacionado cun posto de control e vixiancia do exército romano.
CASTRELO DE MIÑO
Castro de Castrelo
(Castrelo): Onde asenta a igrexa parroquial. Ao parecer, na decáda dos
oitenta do século XIX atopáronse moedas e algunhas lápidas de época
romana.
Castro de Macendo: Apareceron restos cerámicos de época castrexa e cerámica e tégulas romanas.
Castro de Santa Lucía: Romanizado.
Termas (Castrelo): Xunto ao encoro de Castrelo. Xacemento moi alterado, consérvanse tres ocos por onde discorre a auga quente e un alxibe. No ano 2011, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil paralizou o proxecto que tiña o Concello para a súa restauración aproveitando un obradoiro de emprego. No mes de outubro de 2017, debido ao baixo caudal do río Miño, apareceron dúas piscinas con auga a 50 graos e cinco pozas auxiliares feitas con pedra de cantería, ademais das canles polas que discorría. O conxunto quedara baixo a presa construída no ano 1969. Conta a lenda que o criado de San Telmo levaba en dous caldeiros as Burgas para colocalas en Ribadavia pero os veciños da vila apedreáronno e saíu correndo, levándoas, entón, para Ourense. De camiño, das pingas que se lle verteron na fuxida naceron as fontes termais.
Mina aurífera (Astariz): Aínda se poden adiviñar os restos dun posible lavadoiro de ouro.
Lavadoiro (Prado de Miño): Lavadoiro de mineral.
Referencias en varios puntos do concello ssobre a aparición de moedas, tégulas e lápidas con inscricións.

Ara do Castro de Cabanca: O castro, moi romanizado, foi escavado no ano 1961 por Xaquín Lorenzo Fernández e Taboada Chivite; apareceron restos de casas cadradas con tégulas, cerámica común, fustes graníticos, etc. A ara foi atopada por un veciño na desaparecida ermida do San Martiño que se ergue ao pé do castro; facía de pousadoiro da imaxe do santo. Foi dada a coñecer na revista Nós. Foi doada ao Museo Arqueolóxico de Ourense no ano 1949 por Ramón Sabariz Alfonso grazas ás xestións de Taboada Chivite. Existen varias lecturas (Bouza Brey, García y Bellido, González Pardo, Lorenzo Fernández, Roldán Hervás, Tranoy, Le Roux e Rodríguez Colmenero). Le Roux e Tranoy propoñen: "L(ucius) CAS(ius) CAEN(us)/TAMAC(aus) (centuria) NEM(...?)/DEC(urio) AL(ae) (primae) CIG(urrorum)/COMP(luribus) BEL(is) TORQV(ibus)/(p)HALE(ris) (bi)S DONATVS/I(ovi) O(ptimo) M(aximo) V(otum) S(olvit) L(ibens) A(nimo", ("Lucio Cassio Caeno, tamagano, pertencente á centuria de Nem... decurión da ala (I) dos gigurros, condecorado dúas veces en múltiples guerras con torques e faleras, a Xúpiter Óptimo Máximo cumpriu do bo grado o seu voto"). Nun estudo posterior posterior, Le Roux propón na terceira liña: "DEC(urio) AL(ae) I CL(audia) G(allorum)". Máis recentemente, Rodríguez Colmenero le: "I(ulius) CAS(ius) CAEN(onis) (filius)/TAMAC(anus) (centurio) N(umeri) M(aurorum?)/DEC(urio) A(lae) I GIG(urrorum)/COM(entariensis) B(eneficiarius) TR(ibuni)/C(ornicularius) O(ptio) (centurione)/L(egionis) II A(ugustae) EXS DONIS/IOVI O(ptimo) M(aximo) V(otum) S(olvit)/L(ibens) A(nimo)", ("Xulio Casio Tamagano, fillo de Caeno, centurión do número dos Mauri?, decurión da primeira á dos Gigurros, comentariense, beneficiario do tribuno, corniculario, optio da centuria da Legio II Augusta, dedica a súa costa este altar a Iupiter Optimo Máximo, de boa vontade"). Aínda que non hai consenso canto á lectura, está claro que se trata dunha dedicatoria a Xúpiter Óptimo Máximo feita por un soldado de orixe tamagana despois do seu licenciamento que serviu na Alae I Gigurrorum.
Ara de Vilar (Servoi): A Quangeio. Atopada o 5 de xullo do ano 1977 cando as obras de reparación da capela da aldea de Vilar. De granito, sostiña a pía de auga bendita co focus cara o chan e cuberta dunha capa de cal. Despois serviu de pé de altar coas letras cara a nave. O focus foi agrandado para servir de peto para as esmolas: "Q(ua)M/GEIO/G(aius) IVL(ius)/SEVE/R(i) N(us) P(osuit) V(otum)". Hai quen ve na primeira liña un "o" por un "q", interpretando unha dedicatoria a "Optimo Iupiter Maximo".
Ara: Dada a coñecer por Taboada Chivite no ano 1971. Non indica onde a atopou, se ben di que a levou para o Museo Arqueolóxico de Ourense no ano 1975.
A Cavada ou A Cidadella (Vilar-Servoi): Nunha lombeira preto do Corgo do Novaliño apareceron tégulas, pedras ben traballadas e cerámica común.
Asentamento de A Quintela (Castrelo do Val): Apareceron tégulas, ladrillos e cerámica común.
Asentamento dos Coios (Nocedo do Val): Saíron á luz tégulas, ladrillos e cerámica común.
Asentamento da Viña do Pobre (Pepín): Estudado por Taboada Chivite e Rodríguez Colmenero. Apareceron tres enterramentos con forma de cista con contas de colar no interior. Necrópole do Igrexario (Piornedo): Segundo Rodríguez Colmenero, trátase de dúas cistas feitas con tégulas.

Explotacións mineiras de estaño da Igrexa dos Mouros
(Gondulfes), Covas Rubias (Nocedo do Val), A Broia (Veiga de Nostre-Parada da Serra).
Basa (Gondulfes): Basa de columna romana situada na praza de Gondulfes.
Os Vales (Nocedo do Val): Nunha propiedade particular poden verse dous tambores de columnas romanas labrados en granito. Descoñécese a procedencia.

Xacemento do Castro (Castrelo do Val).
CASTRO CALDELAS
Ara: Olivares (2000) e Moralejo (2002) cren que unha ara dedicada a Reve Anavaraeco procede da área de Castro Caldelas. En cambio, Rivas Fernández (1997) di que é de Ourense. "REVVE ANA/BARAECO/AFER ALBINI/F(ilius) TVRVLVS/V(otum)/S(olvit) L(ibens) M(erito)". O nome da deidade na ara de Ourense lese "REVE", cun só "V".
Epígrafe: "D(is) M(anibus) MA/RCO GR/ACILLIS/AN(norum) XX/S(it) T(ibi) T(erra) L(evis)".
Inscrición de Navia (San Xoán de Camba):
Século II d.C. Sábese que no ano 1787 estaba na sacristía da igrexa de San Xoán de Camba, despois foi tapada, créndose entón que desaparecera tal como recolle o Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense 2 do ano 1898. Redescubríuse a principios do século XX ao facer unhas obras, pero nalgún momento esfumouse, reaparecendo no Museo de Astorga (no 1963 estaba alí depositada). Deuna a coñecer Cornide por referencias de D. Pablo Rodríguez. Na actualidade atópase
no Museo de los Caminos de Astorga: “(N)ABIAE ELAESVARAEG(ae)/SACRVM/(P)OSITVM CVRA VICCI SILON”,
(“Consagrado a Navia Elaesurraega, colocado polo coidado do pobo de Silón”).
Inscrición e ara na capela de San Pedro (O Burgo). Lápida de granito de forma rectangular reutilizada no arco de medio punto e de construción moderna, que separa parte da entrada de dita capela da do presbiterio. Foi localizada polo bispo de Astorga, Julián de Diego y Alcolea, quen o puxo en coñecemento da Comisión de Monumentos de Ourense. "Imp(eratori) Caes(ari) divi Traiani Parthici f(ilio) divi Nervae nep(oti) Taiano Hadriano Aug(usto) Pont(ifici) max(imo) Trib(unicia) pot(estate) XIII Con(suli) III P(atri) p(atriae)". É do ano 129 d.C. No interior tamén se conserva unha ara anepígrafa.
Inscrición: De procedencia insegura. Hübner, seguindo a Muratori, situouna no castro de San Cristóbal, en Villalis, preto de Astorga, pero a peza, segundo Ceán Bermúdez, atopouse en Castro Caldelas, procedente de "in castro sancti Christophori in Gallaecia". Da copia feita por Muratori non é posible coñecer o nome da divindade nin se é plural, mediante a interpretación da primeira liña como D(iis) ou D(eabus), ou singular, resolvendo "D(eo) D(omino)". A copia a man de Muratori di: "D D/CAULECEI SAC/SACRVM XISIT/XIX FL . DEDICAVIT/PRO SALVTE XVA ET SVORVM". Descoñezo un castro ou lugar que en Castro Caldelas leve o nome de San Cristovo.
Lápida de Nerva (Camba): Dada a coñecer por Cornide por referencias de D. Pablo Rodríguez que a viu no ano 1787 na Reitoral de San Xoán de Camba. Foi regalada polo bispo de Astorga á Comisión de Monumentos de Ourense no ano 1897. "IMP NERVAE/CAES AVG/PONT P P/COS III IMP(eratori) NERVAE/CAES(ari) AVG(usto)/PONT(ifici) MAX (imo)/TRIB(unicia) POT(estate) P(atri) P(atriae)/CO(n)S(uli) III", ("dedicada ao emperador Nerva, césar augusto, pontífice máximo, revestido coa tribunicia potestade, pai da patria, cónsul por terceira vez."). Segundo Xaquín Lorenzo a inscrición está completa e nunca tivo dedicante. Para Rodríguez Colmenero non aparece o dedicante porque a parte inferior da lápida está afectada pola erosión. Hübner clasificouna como un miliario. Atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense.
Mansión: Praesidio no Itinerario de Antonino e Presidum no
Anónimo de Rávena, mansión identificada co castro de Castrelos, non moi
lonxe de Castro Caldelas, ou O Burgo, no mesmo concello, onde
apareceron diversos materiais. Defenderon esta teoría Gómez Moreno, Ceán
Bermúdez, Saavedra e Blázquez, entre outros.
Miliario (O Burgo): Anepígrafo, embutido na parede dunha casa arruinada.
Miliario (Camba): Atopado na parede da Sacristía de San Xoán de Camba no ano 1787. "IMP CAES M/AVRELIO CARO/AVG INVIC PONT/ MAX TRIB POTEST/ P P P PRO MV/CAMBETVM".
Miliario (Vilamaior-Vilamaior de Caldelas): Fragmento dun miliario.
Moedas: En San Xoán de Camba apareceron varias moedas de época romana. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Xacemento do Burgo (O Burgo): Apareceron fragmentos de tégula e vasillas.
CELANOVA
Castro romanizado de Castromao: Séculos I-II d.C. onde se atoparon, entre outros, unha tessera hospitalis do 132 d.C. e unha ola cerámica con máis de sesenta moedas, entre outras, denarios do século I a.C., denario do s. I d.C., un áureo de Tiberio, un áureo de Claudio do século I, unha moeda do ano 244 d.C. e varias de bronce e cobre. Tamén saíu á luz material cerámico asinado por un oleiro de nome Rufianus.
Tabula ou hospitium de Castromao:
Atopada no ano setenta durante os traballos de escavación dirixidos
por Ferro Couselo e Lorenzo Fernández. Trátase dunha prancha rectangular
de bronce, con marco moldurado e cun apéndice a xeito de lingüeta na
parte superior, no que se recolle un pacto de hospitalidade (acordo de
amizade) celebrado no ano 132 d.C. entre os coelernos e o prefecto
romano Gneo Antonio Aquilo e os seus descendentes: “G(neo) IVLIO SERVIO AUGURINO G(eneo)/TREBIO/SERGIANO CO(n)S(ulibus)/ COELERNI. EX-HISPANIA. CITERIORE./CONVENTUS. BRACARI. CVM. G( neo). AN/TONIO AQUILO NOVAUGUSTANO/PRAEF(ecto) COH(ortis) I CELTIBERORUM./LIBERIS. POSTERISQUE. EIVS. HOS/PITIUM. FECERUNT./G(neus). ANTONIVS AQVILVS CUM COELER/NIS LIBERIS POSTERISQUE EORUM/HOSPITIUM FECIT/LEGATUS EGIT/P(ublius) CAMPANIVS GEMINVS”, ("Sendo cónsules Gneo Julio Augurino e Gneo Trebio Sergiano,os "Coelerni" da Hispania Citerior e do convento de Braga, fixeron un pacto de hospitalidade con Gneo Antonio Aquilino Novaugustano, prefecto da primeira Cohorte dos Celtíberos cos seus fillos e descendentes. Gneo Antonio Aquilo fixo pacto de hospitalidade cos "Coelerni", cos seus fillos e descendentes. Actuou como legado Publio Campanio Gémino”).
Ara en San Miguel de Celanova?: Mauro Castellá Ferrer, nacido na segunda metade do século XVI e natural de Celanova, cita unha inscrición que, traducida, dicía: "Máximo, fillo de Lovesio, cumpriu o seu voto aos Lares Viais, de boa vontade". Non aclara a procedencia. Colmenero desbota que proceda de San Paio de Araúxo (Lobios) ou de San Miguel de Celanova, levándoa para Santa Comba de Bande. Tamén se cita en CIL II. Desaparecida.
Ara a Reve Siboico (Castromao): Apareceu no ano 1984 nas proximidades do castro, formaba parte da casa reitoral de Castromao que estaba adicada a palleiro. A lectura do epíteto é algo dubidosa, o teónimo é seguro: "APER VR/SICI FIL(ius)/REVE SIB/OICO/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Aper, fillo de V(rs)ico, adicou de bo grado un voto a Reva Siboico"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara de Vilanova dos Infantes: Empotrada horizontalmente na fachada dunha casa da praza maior, propiedade de Ramón García Fandiño, dada a coñecer no ano 1976 por Milagros Cavada Nieto. Dedicada aos Lares Gumeinu, ofrecida por un individuo orixinario de Veleia, preto de Vitoria. "M(arcus) LICINIVS/VELEIENSE/F LARIBVS/GVMEINV/V(otum) S(olvit)/L(ibens) M(erito)". O máis interesante da ara é a mención dos Lares Gumeinu, quizais novos lares locais. Por unha fotogrametría que me achegou Alex Negreira, a lectura varía sensiblemente con respecto ao proposto polos distintos autores: Na segunda liña leo VELEIENSE por Veleiensis, na terceira F LARIBVS por Laribus.

Epígrafe (Castromao): Reutilizada na casa reitoral de Santa María de Castromao hai unha inscrición latina incompleta invertida.
Fragmento cerámico (Castromao): Lectura: "NE NIS/[---]".
Fragmento cerámico (Castromao): Lectura: "Ex of(ficina) FC".
Tégula con marca de de taller (Castromao): Lectura: "Of(ficina) Favi".
Fragmento de columna: Lectura: "[------]/[--- trium]/phatori sem/[pe]r Au[g]u[sto]. Hispania Epigraphica recolle a inscrición seguinte nas Antas, no concello de Beariz, que creo que debe corresponder á columna de Celanova.
Miliario de Caracalla (A Barxiña-Barxa): Século III d.C. Atopado a finais do século XVIII na confluenza dos ríos Sorga e Arnoia: "[IMP(eratori) CAES(ari) CIVI SEVERI PII/FIL(io) DIVI M(arci) ANTONINI NEP(oti)/DIVI] ANT(onini) [PII PRO]/NEP(oti) DIVI ADRI[ANI AB NEP(oti)]/DIVI TRA(iani) PART(hici) [ET DIVI]/NERVAE AB NE[P(oti)] M(arco) AVR(elio)]/ANT(onino) PIO FEL(ici) AVG(usto) [PARTH(ico)]/MAX(imo) BRIT(anico) MAX(imo) [GER(manico) MAX(imo)]/P(ontifici) MAX(imo) TRIB(unicia) POT(estate) XVII [IMP(eratori)]/III CO(n)S(uli) III P(atri) P(atriae) PROCO(n)S(uli)/BR(acara) [---]", ("Ao césar emperador Marco Aurelio Antonino, fillo do divino Severo Pío, neto do divino Marco Antonio, bisneto do divino Antonino Pío, trineto do divino Adriano, tetraneto do divino Traxano pártico e o divino Nerva, pío, feliz, augusto, pártico máximo investido co poder tribunicio pola décima sétima vez, emperador por terceira vez, cónsul pola cuarta vez, pai da patria, procónsul ... a Braga ..."). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Miliario no Cristal (Vilanova dos Infantes): No pazo dos Enriquez, servía de bebedoiro do gando. Foi baleirado para actuar como sartego. Dedicado a Caracalla.
Miliario anepígrafe en Vilanova dos Infanntes, situado nun esquinal dunha casa da praza.
Miliario (O Freixo): Fragmento dun miliario atopado no ano 1989 cando as obras de reparación da Ponte Freixo, embutido no interior do tímpano de dita ponte. Na actualidade atópase nas oficinas do enxeñeiro de camiños Durán Fuentes.
Miliario de Constancio II (Cañón): Desaparecido. Século IV d.C. Estaba na casa reitoral de San Lourenzo de Cañón. Segundo o P. Sobreira atopouse na ermida de San Pedro.
Explotación mineira de Orbán (Milmanda): Séculos I-IV d.C. Rede de canles de alimentación de auga.

Moedas (San Paio-Rabal): Denario de prata da familia Antonia atopada a mediados dos anos trinta do século XX na Touza do Cura.
A Armada (Rabal): Na vía Lucus Augusti-Aquis Querquernis, quizais faga alusión a un posto de vixiancia do exército romano.
CENLLE
Ara de Trasariz: Adicada a Xúpiter, utilizada como pía de auga bendita na igrexa parroquial, logo como pé de altar. Agrandóuselle o focus: "IOVI/OP(timo)/MA/X(imo) EX D(evotione) S(ua)/ S(acrum)/M(arcus) PHILIP(us) MA(ximus)/POSIT".
Aras da capela de Erbededo (Razamonde): Ata finais do século XIX, a capela foi a igrexa parroquial de Santo André de Erbededo, suprimida no ano 1893. Dentro hai unha ara á que lle borraron a inscrición e graváronlle unha cruz na parte superior. Outra ara con inscrición fai de pé do altar.

Castelo de Laias (Viñal do Rei-Laias): Asentamento dunhas 10 Ha que foi escavado de urxencia no 1997 cando as obras da A-52 que o arrasou case por completo. Foi escavado no 1956 por Chamoso Lamas quen o asociou ás explotacións mineiras da zona, cunha longa ocupación entre o século IX a.C. ao I d.C. Anos antes apareceran un dupondio de Traxano e un sextercio de Adriano.
Estela de Laias: Apareceu nunha tapia do vello cemiterio de Laias. Parece ser que un canteiro de Santa Cruz de Arrabaldo vendeulla a Don Bernardino Fernández que estaba a construír unha casa en Os Cruceiros, parroquia de Melias (Coles). O comprador empotrouna na parte máis alta da casa. En granito groso, mide 117 por 50 cm. No primeiro rexistro presenta tres árbores (a árbore representa unha das iconografías máis claras na simboloxía funeraria, asociada cos deuses); no segundo rexistro tres rosáceas; e no terceiro unha construción arquitrabada con catro vans con remates alintelados, sostido todo o conxunto por tres columnas sobre un podio moi alterado; as columnas teñen basa e capitel. Carece de texto epigráfico, pode porque non foi rematada. (Información extractada recollida de Fernández Ibáñez e Seara Carballo, 1994). Na actualidade a peza orixinal atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense, na casa hai unha réplica.
Inscrición: "]CBIO/[---] VTO/PV/A/N/M".

Lavadoiros de mineral de Cova da Moura e Castelo (Laias):
Chamoso Lamas, en colaboración con Xaquín Lorenzo e López Cuevillas,
escavou o xacemento no ano 1949. A aparición de restos cerámicos, muíños
de man circulares, fíbulas, pendentes, utensilios de bronce, contas de
colar e unha pedra decorada cunha esvástica amosaron que o lugar fora
habitado antes da chegada dos romanos. De época romana son, entre
outros, as construcións habitacionais, os lavadoiros de mineral, un
túnel, as canles de auga, un pozo e a boca dunha mina. O xacemento,
adicado á explotación de ouro, calcúlase que mantivo a actividade entre
os séculos IV a.C. e III d.C. Antes de seren arrasado definitivamente pola autovía A-52, xa sufrira a extracción de pedra para a construción
dunha pista forestal. A escavación de urxencia foi dirixida por Luis López, datándose entre os séculos IV a.C. e comezos do III d.C., confirmándose a superposición de ocupación prerromana e romana.
Xacementos mineiros do Campo do Cabalo e A Nogueira (O Campo-Laias): Explotacións auríferas.
Tesouriño: Unha moeda de Antonino Pío
formaba parte dun tesouriño de vinte moedas atopadas na porta de entrada
á zona de almacenaxe do xacemento do Castelo.
Fonte romana de Lagarellos (Razamonde): En granito, cuberta por unha bóveda. Denuncia Felisindo González Iglesias, autor da páxina Arredor de Lambrica, que a autostrada A-52 (que destruíu o xacemento do Castelo de Laias) sepultou parcialmente a fonte que tamén se atopa practicamente tapada pola matogueira.

A Calzada (Barbantes Estación e Ourantes): Antigo camiño con tradición de calzada romana que enlazaba unha posible vía paralela ao río Miño ca cidade de San Cibrán de Las, ou cos xacementos habitacionais ou e explotacións auríferas da ladeira do San Trocado e o val do Miño en Lais e Barbantes. (Recollido da arqueóloga Nieves amado Rolán, 2002).
Asentamento do Piñón: (Erbededo de Abaixo-Razamonde): Cerámica común, tégula, ímbrice e ladrillos romanos. Segundo os veciños apareceron muíños circulares e que hai muros soterrados. (Información recollida da arqueóloga Nieves amado Rolán, 2002).
COLES
Inscrición: "D(omino) N(ostro) IM(peratori)/CA(esari) AUR(elio) M(arco) V(alerio)/MAXIMI/ANO".
Inscrición tardorromana en Santo Eusebio da Peroxa? (Ferreiros): A
igrexa do Santo Eusebio da Peroxa (ss. XIII-XIX) construíuse sobre
un primitivo castro. O P. Fidel Fita (1835-1918) animou ao profesor
Arturo Vázquez Núñez (1852-1907) para que investigara sobre o
paradoiro de dúas inscricións
documentadas nos arquivos da Academia da Historia polo beneditino P.
Sobreira Salgado (1746-1805), unha procedente de Santo Eusebio da
Peroxa que fora catalogada por Emil Hübner (1834-1901) como lápida
sepulcral do século VIII (Fita
cítaa no Boletín da Real Academia da Historia do mes de decembro de
1902); aínda
que o epigrafista alemán non chegou a vela persoalmente, incluíuna
en Inscriptiones
Hispaniae christianae.
Vázquez Núñez atopouna
na casa solariega do Bamio, onde xa a situara o P. Sobreira,
publicándoa no ano 1903 no BRAH
baixo o
título Un
sarcófago cristiano del siglo V.
Aclara
que non se trata dunha lápida, senón dun sartego cunha inscrición
na cara anterior, datándoa,
o mesmo que o P. Fita,
entre finais do século IV e principios do V.
A
transcrición proposta por Vázquez
Núñez é:
"AVITVS/+
XXVII/ANNI
MOR/TVVS [---] EST", (“Avito
en + (Cristo?) morreu á idade de 27 anos”. Pero
a idade
tamén podería
ser
“XXXVII”,
ou
mesmo
XXXIIII.
Fita
interpreta o primeiro “X” como un crismón, e J. Vives (1942)
como “X”.
O nome
Avitus rexístrase nalgunhas
epígrafes de época romana aparecidas en Guitiriz, Lugo ou Bande.
Grazas ás
xestións da Comisión de Monumentos de Ourense conseguíuse que o
deputado provincial e señor do Bamio, Segundo Feijóo Montenegro, a
doara ao Museo Arqueolóxico, disque no
ano 1907; pero segundo Abascal Palazón e González-Conde Puente (2024) din, como se deduce da documentación conservada no Archivo Histórico de la Compañía de Jesús en Alcalá de Henares, que ingresou no Museo no 1902.
Miliario de Cambeo: Citado por Matos Ferreira. Desaparecido.
Miliario de Gustei: Só coñecido por referencias bibliográficas.
Asentamento de Paradela (Paradela-Coles): Posible asentamento galaico-romano onde apareceron gran cantidade de tégula, ímbrice, un fragmento de cerámica e outro de terra sigillata, dous núcleos de cuarcita, cerámica común galaico-romana e medieval, e a metade dun muíño circular.
Campo do Medo (Levices-Melias): Coñecido tamén como A Chaira ou A Lagoa. Nunha ladeira cara o río Miño, aluvión de tons ocres onde se aprecia a técnica de explotación de ruina montium. Aprécianse as murias consistenten en grandes concentracións de cantos rodados cuarcíticos procedentes das actividades extractivas.
Capela de Santa Mariña de Vilarnaz (Gustei): Segundo algunha referencia, dise que na capela de Santa Mariña hai reutilización de materiais romanos. Polo de agora non atopei evidencias claras, agás que foran reutilizados en partes non visibles na actualidade (pola parte traseira está unida a outras construcións. Tampouco vin o interior).
Castro romanizado de Seoane (Seoane-Coles).
CORTEGADA
Ara de San Fiz: No Museo Arqueolóxico de Ourense consérvase dende o ano 1986 unha ara en mal estado: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)", (Xúpiter Óptimo Máximo"). Foi doada por Juan Ribero Arcos quen a atopou preto da Pedra Alta de Antela.
Ara
de Meréns (Cortegada). Na antiga igrexa parroquial, situada xunto o
cemiterio, había unha ara romana que actuaba como soporte da pía
bautismal. Foi publicada por Fermín Bouza Brey en Cuadernos de
Estudios Gallegos, 1944-1945, no Tomo I, Ara romana de Meréns
(Cortegada de Miño, Orense). Cando a viu só tiña gravadas as
letras “P S”. Cando fun ata Meréns, o día 21 de agosto de 2022, o párroco, o
sacristán e un veciño dixéronme que ao construír a nova igrexa
nos anos cincuenta do pasado século XX, ara e pía foron soterradas
baixo o chan onde se atopa a actual pía bautismal.
Ara de Zaparín (Zaparín): Ara votiva dedicada a deuses galaicos, cristianizada, actúa como base dun cruceiro situado diante da igrexa parroquial: "DIIS CEG/EAIGIS/TRIBA(lis?)/MARCV/S ALTV/RI F(ilius) [---]". Triba pode ser un epíteto dos deuses Lares cuxo nome permanecería no anonimato.

Prato de terra sigillata citado por Caamaño Gesto coa inscrición: " DA[---]AIO".
Xacemento romano de Piñón (Piñón-Zaparín).
Xacemento romano de Piñón (Piñón-Zaparín).
CUALEDRO
Ara: A Dea Euseae, o adicante, de lectura dubidosa, é Golius. No Centro Arqueolóxico Aquis Querquernis.
Ara de Lucenza: Atopada cando a concentración parcelaria, facendo de fito delimitador entre as poboacións de Lucenza e Vilela; debido á erosión, só se pode ler a última liña "VSLM"; nunha cara presenta unha cruz gravada.
Inscrición (Atás): "ORINO (?), DEABVS VSEIS (?)". Denominacións dubidosas polo que non se prestan a unha interpretación segura.
Inscrición: Dedicaoria procedente da ermida da Pedrosa (A Xironda), actúa como pía de auga bendita para o que se lle agrandou o focus: "PAMV(d/e)NO M(arcus)/(m)ELVIVS/(f)LAVIVS/S(olvit) V(otum) L(ibens) A(nimo)".

Fragmento cerámico citado por Rodríguez Colmenero co nome de "SEVERVS".
Tella coa inscrición dun "S" citada por Taboada Chivite.
Castro de Saceda: No
ano 2018, arqueólogos da Sociedade Cooperativa Xeitura localizaron unha
cabana con tégulas o que lles fai pensar que a ocupación do castro
continuou en época romana.
Asentamentos de Adega dos Cucos, Coas, Fonte da Pedrosa, Grou, Ronca, San Froitoso e Biduedo (A Xironda); Lucenza, dos Mallos, da Poula, Quintameá, Os Terreos e Vilerma, e Villae de Santa Marta (Lucenza).
Xacementos das Croas (Carzóa); Biduedo, Carbas e A Rouca; Moimenta (Vilela).
Xacemento de San Millao (San Millao), no que apareceu unha phalera (arnés de cabalo) do século IV d.C. decorado cun rostro feminino.
Miliarios (Lamas): Foron atopados xunto un camiño de terra que unía as poboacións de Guimarei e Rebordondo, no lugar coñecido como Camiño do Santo da Venda. Foron trasladados para unha área próxima ao empalme da estrada de Medeiros coa de Cualedro, á beira do acceso á autostrada das Rías Baixas.
Miliario (Lucenza): Anepígrafe.
Miliario de Rebordondo ou dos Mallos: De Constantino I O Magno. Ano 314-324. Procede do lugar coñecido como Os Mallos. Atopado nun palleiro, non indica as millas, si o emperador: "D(omino) N(ostro)/CONST/ANTI(no)/PIO/INVICTO/AVG(usto)", ("Dedicado ao noso emperador augusto señor Constantino, pío e invicto"). No mesmo lugar tamén apareceu un fragmento doutro ilexible. Na actualidade atópase exposto na Sala de Fondos Pétreos do Museo Arqueolóxico de Ourense no Centro de Interpretación de San Cibrán de Las (San Amaro).

Restos de calzada (Lamas-Montes).
Santa Marta (Lucenza): Saíu á luz unha tampa sepulcral coa representación esquemática dun orante. Tamén un Crióforos (representación do bo pastor) en mármore ou alabastro aínda que existen dúbidas canto á súa pertenza á época romano-cristiá do século IV d.C. Durante as campañas de escavacións, dirixidas por Rodríguez Colmenero, apareceron varias moedas, entre outras un denario de Domiciano.

ENTRIMO
Xacemento do Mosteiro (A Illa): No ano 1995 apareceron restos de tégulas en superficie.
ESGOS
Epígrafe: "TIRVE(?)"
Epígrafe: "MICO".
Marco das Raposas
(As Raposas-Loña do Monte): Entre os concellos de Esgos e Nogueira de
Ramuín. Posible miliario xunto un peto de Ánimas, cunha altura á vista
de 0,80 metros. Apréciase que foi rebaixado en dúas caras para gravarlle
senllas cruces. Na parte superior ten unha coviña artificial.
Restos da calzada en Pardeconde que pasaba polo castro de Litoria que, proveniente de Ourense, enlazaba coa Vía XVIII do Itinerario de Antonino que ía de Braga a Astorga (García Rodicio, 1997). O camiño continuou utilizándose en época medieval tal como testemuña un privilexio de Ordoño II ao delimitar os términos do coto do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.
GOMESENDE
Castro de Fustáns: Romanizado. Abondosos restos cerámicos.
Villae dos Chaos (Poulo):
Asentamento do século II-VII d.C. Apareceu cerámica, tégulas e pedras
labradas de boa feitura que foron reutilizadas posteriormente.
Coto de Seoane (O Val): Apareceron tégulas de época romana; próximo ás minas de estaño do Seixo.
Minas do Seixo (Poulo): Minas de estaño datadas entre os séculos I a IV d.C.
Moedas O Poulo): Con motivo da construción dunha estrada, atopouse un
tesouriño de moedas de prata, consulares e imperiais, algunha de ouro.
Ningunha das moedas é posterior a Domiciano. Barros Sivelo deu noticia á Academia da Historia no ano 1864 da aparición dunha moeda, "ibérica o celtibérica" ao escavar un sepulcro "galo-romano".
A GUDIÑA
Ara (O Tameirón): Na igrexa do Tameirón hai unha pía bautismal do século X que ten como pé unha ara romana.
Estela de Pentes: Segundo Rodríguez Colmenero, a estela apareceu na entrada do muíño de Veigadallas (O Tameirón). Presenta un motivo inscrito nun círculo e unha epígrafe coa inscrición "NIGER/CAMALI F(ilius)", ("Negro, fillo de Camalo"); é do século I d.C. Na actualidade atópase na Mezquita, na adega dos Ribelas.
Miliario (O Tameirón): Atópase no lugar coñecido como A Touza do Canuto. Cando o visitou Rodríguez Colmenero atopábase tirado no chan. Anepígrafe. Atópase a 1.830 metros do miliario da Xeria, na Esculquira (A Mezquita).
Miliario da Barxa: "CAR[---]/E[---]/GV[---]/ICTO[---]/COS[---]".
As Muradellas (O Tameirón): Tamén coñecido como Tameironciños. Restos de época romana.

Explotacións mineiras de Barxa, O Pico Sagro (A Gudiña), Pentes e O Tameirón.
Toco da Moura ou Fraga da Moura (Vendas da Teresa-Pentes): Explotación mineira de pirita arsénica que puído ser explotada durante época romana. Asociado a varias lendas.
Castro de Val de Frades: Situado na confluenza dos regueiros de Val de Frades e Ribeira. Aprécianse restos das defensas. Apareceron restos cerámicos e tégulas. Romanizado.

O IRIXO
Explotacións auríferas de Souteliño (Corneda), As Grobas e Penas das Covas de Valduíde (Loureiro).
Explotación de estaño no monte do Testeiro.
As Campinas (Campo): Covas de mineral que segundo Taboada (1927) aínda conservaban restos de fornos e outras construcións.
Vía por San Cosmede de Cusanca.
Explotación de estaño no monte do Testeiro.
As Campinas (Campo): Covas de mineral que segundo Taboada (1927) aínda conservaban restos de fornos e outras construcións.
Vía por San Cosmede de Cusanca.
LAROUCO
Lagares rupestres: No mes de xuño de 2020, Mario Yáñez, un viticultor de Valdeorras, cando estaba a facer uns bancais na parroquia de A Portela, deu con dous lagares rupestres. Mario púxose en contacto con José Fernández Pérez, presidente da sección de arqueoloxía do Instituto de Estudios Valdeorreses que destecaou a grande importancia do xacemento. Di Pepe que no depósito onde se decantaba o mosto apareceron restos cerámicos e tégulas romanas o que leva a pensar que os lagares son desta época, se ben para datalos habería que realizar algunha pequena escavación. O que tamén chama a atención de José é a orixe da rocha onde foron construídos os lagares, de tipo metamórfico (gneis) duns 450 millóns de anos. Mario Yáñez xa puxo o achádego a dispor do Concello.
Epígrafe a Xúpiter: Dada a coñecer por Morales, valéndose de noticias de Diego de Mendoza. Di que estaba gravada nunha pena nas inmediacións dos Cóvados do Larouco: "IOVI LA/DICO M/VLP AVG/LIB GR/ACILIS/EX VOTO". Pero Rodríguez Colmenero (2000) achega a foto dunha ara con similar epígrafe que di apareceu na Ponte Bibei.
Togado de Freixido: Trátase dunha figura de bronce de 14 cm. Era propiedade de Antonio Quiroga Monelo. Apareceu a mediados do século XX nunha viña de Freixido, dentro dun contexto arqueolóxico de superficie, que fai pensar na existencia dunha vila romana. Xaquín Lorenzo deuna a coñecer no ano 1956 no Boletín da Real Academia Galega nº 27 nun artigo titulado A Xuno de Freixido. Descoñécese onde se atopa actualmente. Segundo Santiago Ferrer representa a figura feminina vestindo túnica longa con pregues e toca anoada.
Miliarios e columna conmemorativa xunto a ponte Bibei: Nos Cóvados de Larouco, un deles adicado a Vespasiano, do ano 80 d.C., data na que se finalizou a construción da calzada, a Vía Nova, que unía Braga con Astorga cun percorrido aproximado de CCXV millas romanas. Ver A Pobra de Trives.
Ponte do Piar (Cóvados do Larouco): Segundo información recollida por Rodríguez Colmenero, existían dous miliarios a carón da ponte. Desaparecidos.
Canle romana do Mondón: Canle que levaba a auga do río Xares ata unha explotación aurífera situada en Vilarnuide, no concello de Quiroga. Unha obra de enxeñería, en parte sobre cantín de grandes pendentes, e que leva auga que transcorre a media ladeira, pola marxe dereita do río, dende riba da presa de Santa Olaia ata á Portela de Portomourisco, en Petín, onde se interna na conca do río Sil. Desaparece nun grande treito por terreos agrícolas, e aparece de novo por debaixo do lugar de Seadur, xa no concello de Larouco. Conserva trazas da súa estrutura a través do seu percorrido, coma as grandes rochas cortadas, e muros de contención para asentar oleito. A lonxitude sería duns 14 km. (Información de Elixio Vieites).
Xacementos tipo villae do Poulo: A uns 500 metros do castro do Alto da Ermida. A actual poboación estaría asentada sobre un poboado romano. Apareceron anacos de tégulas, terra sigillata, e nas casas poden verse algúns blocos de granito que foron reaproveitados.
Xacemento tipo villae de Seoane: Seoane é un núcleo de casas pertencente á parroquia de Larouco e que se construíria sobre un primitivo poboado romano. Apareceron tégulas, cerámica común romana, fragmentos de vidros e terra sigillata.
Xacemento tipo villae do Pombal: Xunto á Vía XVIII. Apareceron muros de edificacións, restos cerámicos, tégulas e unha pequena estauíña de bronce que representa a figura dun togado que foi dada a coñecer por Xaquín Lorenzo Fernández no ano 1956.
Vía XVIII no Alto da Ermida Vella, a 560 metros de altitude.
A información sobre os xacementos tipo villae do Poulo, Seoane e O Pombal foi sacada do traballo Yacimientos arqueológicos en el municipio de Larouco, publicado por José Fernández Pérez no ano 1989 nos Cadernos do instituto de estudios valdeorreses.
LAZA
Ara da Alberguería: Anepígrafa. Ten forma de columna, máis estreita na parte inferior e cun baquetón lixeiramente resaltado na parte superior, onde conserva un rebaixe para gardar reliquias. Atópase na igrexa da Alberguería.
Ara a Bandua Verubrico (Arcucelos-Retorta): Adicada a Bandua Verubrico. Existen algunhas dúbidas sobre as últimas letras do teónimo e as primeiras do epíteto, pero parece clara a vinculación do deus a un enclave fortificado. Segundo información recollida do blog A Nosa Historia, conservábase na casa do avogado Benito Blanco Rajoy en Vilaza (Monterrei), hoxe en paradoiro descoñecido. A arqueóloga Nieves Amado Rolán confirmoue que a última vez que a viu estaba en Vilaza, nunha finca de Blanco Rajoy: "BANDVE V/ERUVRICO/MONT(anius)/ MO(n)IANVS CO/NSACRAV(it)) EX VOTO", ("Montanius Monianus consagrou (este altar) a Bandua Verubrico").
Ara a Bandua Calaico (A Retorta): Citada por Rodríguez Colmenero que pon como dedicante a Terencia Rufina a Bandua Calaico. Leu: "Bandu(a)e Cal(ai)co Er(at)a Ru(f)i(na)/Mon(ano?) Mon/tanus co/nsacra(vit)/ex voto". Esta ara quizais sexa a mesma que a anterior (Bandua Verubrico) pero cunha lectura distinta.
Explotacións auríferas da Coroa (Camba), Cabeza da Cántara (Cerdedelo).
Explotacións de estaño de Arcucelos e das Minas Vellas (Retorta).
Explotación mineira de Covas Rubias.
Asentamento dos Casarellos (Toro): Apareceron muíños de man e un couzón de pedra dunha porta.
Asentamento de época romana dos Mouros.
Miliario (A Alberguería): Situado nunha estreita rúa da aldea, servindo como soporte a unha columna que suxeita un balcón preto da ermida da Alberguería. Anepígrafo. Relacionado coa vía romana chamada Calzada das Minas e a Vía XVI.
Miliario (Paradiña-A Alberguería): Anepígrafo. Na actualidade no xardín dunha casa.
No mes de novembro de 2012, a Asociación Cultural Alto Támega denunciou os danos causados a unha mina aurífera de época romana, situada entre Castro e Laza, polo acondicionamento e apertura de novos cortalumes. Aínda que a mina, adicada á extracción de ouro, noi foi danada, si quedou cuberta de terra tras o paso da maquinaria.
Vasilla cerámica (Carraxo).
O Baño (Berán): Xacemento de recursos primarios. Augas medicinais.
Castro de Lamas (Lamas): Situado sobre un outeiro. Investigado por Chamoso Lamas, atopáronse restos cerámicos e tégulas de época romana. Recibiu diversas reocupacións ata a Idade Media. Na actualidade a zona viuse afectada pola construción de nichos do cemiterio municipal e a apertura dunha área de recreo e aparcadoiro. Nos anos sesenta do pasado século apareceu unha punta palmela e un puñal de espigo en relación cun posible túmulo do que non quedan restos.
Eira dos Mouros (Lebosende): Asentamento romano de chaira. Saíu á luz tégula, cerámica común e pedras reaproveitadas nos lindeiros de leiras.

LOBEIRA
Ermida de Nosa Señora do Viso: Columna dunha cruz, posible miliario.
Miliario anepígrafe en Vilariño da Nogueira, embutido na parede dunha casa de don Lisardo Seoane Medela. Dado a coñecer por Rodríguez Colmenero. Anepígrafo.
Moeda: Barros Sibelo fixo un debuxo dunha moeda romana atopada no Monte do Viso.
LOBIOS
Acubillo de Riocaldo: Nas escavacións arqueolóxicas da vila romana de Baños de Riocaldo no ano 1990 apareceu un tesouriño dentro dun vaso cerámico. As moedas están datadas no século III d.C.
Mansio de Aquis Originis/Mansio Aquis Ogeresibus: A segunda mansión dende Braga do Itinerario de Antonino, situada na parroquia de Río Caldo, sobre a marxe dereita do río do mesmo nome e ao pé da Vía XVIII, era de tipo rural. Debeu pertencer a un posesor romano do Baixo Imperio (248 a 476 d.C.) aínda que todo semella apuntar a que foi construída sobre unha vivenda anterior. As escavacións correron a cargo de Xusto Rodríguez a principios dos anos noventa do pasado século. Dentro do conxunto obsérvase un espazo termal composto por un hipocaustum (cámara de calor), vestibulum (antecámara) e apodyterium (vestiario), tamén existiría unha sala destinada a frigidiarium para os baños en auga fría. No xacemento atopáronse pezas de ouro, bronce e mármore, e tamén moedas. Situada na milla 39 está considerada como a primeira mansio construída en terras galegas. Citada como Aquis Originis no Itinerario de Antonino, Aquis Ocerensis no Anónimo de Rávena e Aquis Originis na IV Tábula de Barro de Astorga. Na intervención de 2021, dirixida por David Pérez, saíron á luz unha construción destinada a cociña con "lareira" e dous niveis de ocupación, cerámica común romana, vidros, cravos de ferro e unhas moedas que falan dunha ocupación entre os ss. II e IV d.C. Canto ao nome, Pérez cre que o topónimo está errado, considera que o correcto é OGERESIVS, como xa defenderon non seu momento Rodríguez Colmenero e Ferrer Sierra; "ocaerenses", "ocerenses", "ogereses", derivados do nome de montaña O Gerez. Máis abaixo ver o grafito coa inscrición completa onde figura "OGERESIBVS".

Mutatio de Mouruás: Situábase entre as millas XXXV e XXXVI da Vía Nova, como última porta antes da mansión de Aquis Originis ou Ogeresibus, de xeito que para a súa construción achairouse unha plataforma ao pé da Vía. Do entorno de Mouruás provén un anel de bronce atopado no ano 1869 por Antonio Barroso coa representación de Marte e a epígrafe "MARS VLTOR" ("Marte o Vengador") que foi depositado na Academia de la Historia, deu conta del Barros Sibelo ese mesmo ano; con pedra gravada, representa a Marte con escudo e lanza. Este tipo de asentamento formaba parte do cursus publicus ou servizo postal romano, situándose ao longo das vías de comunicación. Servían como lugar de descanso, fonda ou cambio de cabalarías para o correo imperial. Nas escavacións tamén sacaron á luz un forno. Apréciase unha reutilización na Idade Media.
Ara ás Ninfas (Riocaldo): Atopada no ano 2001 no entorno do balneario actual, está depositada no Concello de Lobios. Lectrua: "M(arcus) CAE(nius)/VAELIO/TES(erario) C(o) H(ortis)/NYMP[his]/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)".
Epígrafe aos Deuses Manes (Baños de Río Caldo): "DIS MANIBVS/SEPVLT(um) LONGINIA/LONGINI F(ilia) SECVNDINO/CONIVGI PIENTISSIMO/ANNORVM LX".
Epígrafe (Baños de Río Caldo): "ROMAE/SEPTIMIVS/SEVERVN RVFVS/EX VOTO".
Epígrafe (Baños de Río Caldo): "ROMAE/SEPTIMIVS/SEVERVN RVFVS/EX VOTO".
Epígrafe: "FRONTON/[".
Grafito: Atopado preto da escavación dos Covelos, preto de Baños de Riocaldo: "(Diis Laribus?) OGERESIBVS P(ublius) LONGV(s)/V(otum) P(erficit) L(ibens) M(erito) ET CANC(ellis) BOR(icis)".
A Ponte Nova:
Área recreativa feita polo ICONA no pasado século e a onde se levaron
varios miliarios procedentes da Lama do Picón e da Chan dos Pastoreques.
Hainos adicados a Adriano, Caracalla, Galerio?, Maximino Daia,
Magnencio ou Xuliano.
Miliario do Corgo do Outeiro do Porco: Provén do lugar coñecido como Pala Falsa; adicado a Constancio II, na actualidade fai de poste dun balcón dunha casa de Torneiros.
Miliarios do Corgo do Outeiro do Porco: Segundo Matos Ferreira, neste lugar había un miliario no ano 1728 que foi partido por persoas de Torneiros para utilizar nun lagar. Rodríguez Colmenero cita outro miliario tardío. Barros Sibelo fala dun adicado a Xulio Maximino e ao seu fillo Máximo.
Miliario de Constancio (Lama do Picón): Atopado no 1990, mantense colocado no mesmo lugar: "D(omino) FL(avio) VAL(erio)/CO(nstanctio)/INVICTO NO(bilissimo) C(aes)/ARI", ("Dedicado ao noso señor Flavio Valerio Constancio, invicto, nobilísimo césar").
Miliario de Constantino I (Chans dos Pastoreques): Dise que foi atopado no 1990, pero o día 17 de xaneiro de 1861, o alcalde do Concello de Lobios, D. José Pérez, levanta acta do manifestado por Barros Sibelo. Di que Barros estivo pola zona estudando “el camino romano llamado de la Geira... que conduce a la ciudad de Braga”. Acompañado de varios homes da freguesía de Río Caldo, atopou dous miliarios. Dun achega a lectura da última liña: “MILIA PASVS (?) VII”; trátase, tal como figura no escrito, do da Trincheira. No segundo, que localizou “al término de Barroca(?)”, tamén achega a última liña: “M. P. XXXVI” que, pola milla que indica, debe ser o dedicado a Constantino I onde se le: "D(omino) N(ostro) FLAVI(i)O VAL(erio)/CONSTANTINO/P(io) INVICTO AVG(usto)/(milia passuum) XXXVI", ("Ao noso señor Flavio Valerio Constantino, pío, feliz, invicto, augusto. Milla 36").
Miliario de Baños de Río Caldo: Desaparecido, citado por Matos Ferreira; ao parecer estaba xunto o río Caldo.
Miliario de Tito e Domiciano (Chan dos Pastoreques): Desaparecido.
Miliario da igrexa de Lobios: Citado por Barros Sibelo, di que foi picado e levado para Lobios para utilizalo como columna dun balcón.
Miliarios de Torneiros: Matos Ferreira cita un miliario destruído por persoas de Vilameá para facer pezas de lagar. Por riba dunha canle de desaugue atópase o anaco dun miliario.
Miliario de Torno: Fr. Pedro Cid (1858) e Fernández Guerra falan dun miliario que se utilizou para un cruceiro.
Miliario de Traxano (Baños de Río Caldo): Citado por Mauro Castellá Ferrer no ano 1610. Di que se atopaba a "media legua desta iglesia (refírese a Santa Comba de Bande) hàzia la parte del Oriente, a donde llaman los Baños, por los que alli hay": IMP(eratori) CAES(ari)/TRAIANO AVG(usto)/PONT(ifici) MAX(imo)/(tribunicia potestate) XVIII P(atri) P(atriae)/A BRAC(c)ARA AVG(usta)/M(ilia) P(assuum) XXXVIII", ("Dedicado ao césar emperador augusto. Traxano, pontífice máximo, na súa XVIIIª potestade tribunicia e pai da patria. 39 millas dende Braga").

Miliario da Trincheira: Localizado por Barros Sibelo no ano 1861. Na última liña leu: "MILIA
PASVS (?) VII”.
Miliario de Vilameá: Anepígrafo, forma parte do muro dunha leira, preto da ermida de Santa Lucía. Curiosamente, no mes de decembro de 2017 publicouse na prensa que a raíz da rehabilitación da capela de Santa Lucía permitiron descubrir este miliario. Pois non hai nova descuberta, este miliario foi recollido por Rodríguez Colmenero, Ferrer Sierra e Álvarez Asorey nunha publicación do Consello da Cultura Galega no ano 2004.
Miliario de Xendive (Torno): Adicado a Flavio Xulio Constancio e Claudio Constancio; atopado nos anos cincoenta do pasado século, cando a construción da estrada do encoro das Conchas a Lobios; foi trasladado por un veciño de Xendive para un alpendre. Datado entre os anos 337 e 340.
Minas de estaño de Río Caldo.
Via XVIII ou Nova: Unía Braga con Astorga a través duns 318 quilómetros (215 millas romanas). Entraba en Galicia por Portela do Home, cruzaba o río Limia en dirección ao Alto de Cerdeira (San Xoán do Río) para logo, a través da conca do río Sil, remontar a comarca de Valdeorras e entrar na provincia de León pola Serra da Enciña da Lastra. Hai algúns anos sufriu unha lamentable restauración.

Restos calzada na Lama do Picón (con miliario adicado ao emperador Constancio Cloro) e Chan dos Pastoreques.
Vía XVIII e miliarios (Portela do Home-Río Caldo).
Asentamento das Mouras (Torneiros-Río Caldo).
Vila Portela da María (Vilameá-Río Caldo).
Xacemento da Lama do Picón: Estudado a finais dos anos oitenta do pasado século polo Museo Arqueolóxico de Ourense. Apareceron útiles cerámicos: tapadeiras, cazolas con asas, escudelas, etc., datados nos séculos II-III d.c.

Restos calzada nos lugares de Bascós e Couzada (A Costa).
Igrexa de Asadur:
No interior do templo, servindo de mesa do altar, hai unha inscrición honorífica : "Q LICINIO VEC II/RESP P INT/SVPER ALIA CON/PLVRA MERITA/PARES CVM FISCO/RATIONES INFATI/GABILIS CVRA ET/INDVSTRIA PIVS/CONSECVTA", ("A República de Interánmnicos (adica a lousa) ao duunviro de impostos xerais Quinto Licinio, que sen deixar de ser honrado, á teima e con habilidade, conseguiu entre outros moitos méritos a recadación axustada ao fisco"); tamén ten unha inscrición, quizais do século IX ou X onde se le: "+ AELTARE". Nun muro da sacristía figura o nome de Xulio Rufino Leoncio, un funcionario relacionado
co fisco.
Fragmentos de epígrafes: Un fragmento
nun muro da casa reitoral de Asadur. Outro á beira dunha porta en
Foncuberta. E outro máis empotrado nunha parede dunha casa de Foncuberta.
Aras de Pías (Pías-Castro de Escuadro): Adicada por Flavio Flaviano á divindade galaico-romana Torolo Combiciego: "TOROLO/COMBIC/IEGO FLA/VIVS FLA/VIANVS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)". Foi reaproveitada na espadana da capela de San Pedro. A epígrafe foi estudada por Rivas Quintas. Preto daquí hai unha paraxe denominada As Combicias, que daría lugar ao epíteto da divindade. En Calvelle (Pereiro de Aguiar) había outra ara, desaparecida, dedicada a esta divindade. No interior da capela hai outra ara anepígrafa utilizada como pía bautismal, na que o focus foi alongado para a nova función.
Igrexa de Santa Olalla de Castro (Castro de Escuadro): Na parte exterior do adro, xunto unhas das cancelas de entrada ao cemiterio que arrodea a igrexa, lápida de cuarzo branco (non de mármore como aseguran algúns) cunha inscrición funeraria adicada por Apronia Rufa a Dovecia, filla de Paterna, e a Telavia, filla de Flavinia: ("APRONIA RVFA/DOVAECIAE/PATERNAE F(iliae)/ET TALAVIAE/FAVINAE F(iliae)/F(aciendum) C(uravit)"). Foi comunicada por Marcelo Macías ao P. Fidel Fita o o 4 de xaneiro de 1904. Foi estudada por Rivas Quintas e Rodríguez Colmenero. Juan Manuel Abascal Palazón e María Pilar González-Conde Puente (2024), din, tal como no seu momento achegou Marcelo Macías, que o nome Dovaecia trátase dun unicum na antroponimia peninsular. Tamén se ten noticia da aparición de fragmentos cerámicos no lugar cando se fixo o novo cemiterio.

O Mato (Foncuberta): Fragmentos de tégula en superficie.
Miliario (Asadur): Reutilizado como soporte do corredor dunha casa.
Miliario (Foncuberta): Anepígrafo, situado na esquina da escaleira dunha casa.
Miliario (Fontela-Foncuberta): Anepígrafo, fincado xunto un camiño, no lugar da Fontela, á saída de Foncuberta. Miliario (Foncuberta): Anepígrafo, situado na esquina da escaleira dunha casa.
Miliario adicado a Maximino e Máximo, cortado para un peto de ánimas (Cerdeiras-Foncuberta).
Miliarios na reitoral de Cimadevila (Tioira).
Miliario de Subalonga: Atopado no ano 1973, formando parte dun valado; presenta un burato na parte superior.
Miliario (Tioira): Anepígrafo, situado na esquina dunha porta da casa reitoral; dado a coñecer por Elixio Rivas Quintas.
Miliario (Tioira): No mes de agosto de 2014, o veciño Manuel Parente atopou un miliario inédito na parede dunha casa abandonada. De granito, ten unha altura de 0,72 metros e 0,45 de diámetro; posúe unha inscrición se ben aínda está por ver que pon.
Miliario (Tioira): Situado nun camiño xunto a casa reitoral; trátase dun dos raros exemplares reaproveitados coa inscrición orixinal adicado ao emperador Galerio, e na parte contraria unha dedicatoria a Magnencio: "D(omino) N(ostro) MAG(no)/MAGN(en)/TIO P(io) F(elici)/INVIC(to) SEMP(er)/AVG(usto)/[---]NT[---]", ("O noso señor Magno Magnencio, pío, feliz, invicto, sempre augusto. Dedicouno [---]nt[---]"). Invertido: "IMP(eratori) C(asesari) G(alerio) VAL(erio)", ("O césar emperador Galerio Valerio Maximiano").
Miliario (Tioira): No camiño de Foncuberta. Columna dun peto de ánimas do século XVIII. Trátase dun miliario datado no 327-228. A columna da cruz, ilexible, pode ser outro miliario.
Explotación mineira do Monte Medo: Florentino Cuevillas e Rivas Quintas fan referencia a explotacións mineiras de ouro no curso do río Tioira, dende Vilar de Cás a Foncuberta.
Mansión Salientibus: Rodríguez Colmenero et al. (2004) apuntan a que se ubicaba na contorna de Xinzo da Costa (Vilardecás), aínda que non falla quen a sitúa en Baños de Molgas ou mesmo no concello lugués de Cospeito. Citada no Itinerario de Antonino e no Anónimo de Rávena.
Santa Marta: Ocupa todo un outeiro de superficie arredondada con antecastro practicamente arrasado cando a concentración parcelaria; apareceu cerámica castrexa e romana e muíños de man. Moi preto pasaba a Vía XVIII de Braga a Astorga.

MANZANEDA
Campamento do Penedo dos Lobos: Preto da estación de esquí, a 1.466 metros de altitude. Ten unhas 2,34 hectáreas, conservando catro portas de entrada ao recinto, accesos denomidados "en clavícula" polo sistema de defensa co que contaban. Está construído en pedra, o que resulta excepcional. Podería albergar unha unidade militar formada por entre 800 e 1.000 soldados. Quizais sexa un dos recintos militares romanos mellor conservados do Noroeste Peninsular, e tamén un dos que está a maior altitude de Galicia. A finais de agosto de 2018 será escavado polo grupo de arqueólogos do colectivo romanarmy.eu, dirixido por Joao Fonte. O obxectivo é estudar en detalle a morfoloxía do xacemento e o seu encaixe no proceso de conquista e centro do noroeste por parte do Imperio Romano. A campaña está promovida polo Incipit do CSIS, o Concello de Manzaneda e o Departamento de Historia da USC. A hipótese inicial é que se trata dun campamento temporal de época altoimperial (ss. I a.C.-III d.C.). Foi descuberto polo veciño da comarca Rubén F. Lorenzo Pérez.
Requián
(Requián-Soutipedre): Restos dunha probable vila romana situada na
marxe esquerda do río Bibei. Apareceron fragmentos de tégula, ladrillos,
columnas de pedra, sigillata e moedas.
MASIDE
Ara: Na web de Hispania Epigraphica recóllese, erradamente, unha ara proveniente do concello de Maside, cando pola inscrición creo que se trata dunha ás Ninfas aparecida en Canedo (Ourense): "NYM(phis)/MARI/ACCA/AST(uricae) AVG(ustae)/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)". (Ver Ourense).
Restos calzada xunto a ponte de San Fiz (Armeses).
Explotación mineira do Puzo do Lago (O Lago): Explotación aurífera de época romana. A paraxe, afectada en parte pola construción dun campo de golf, será obxecto dun plano especial de conservación. O xácigo xa fora declarado ENIL (Espazo Natural de Interese Local). Pero eiquí non faltan historias e lendas, e quen mellor para contárnolas que o arqueólogo e escritor Felipe Senén Gómez que tan ben coñece estas terras. Aí deixo algunhas, extractadas, extraídas de BadalNovas (badalnovas.com): Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside (10 de xuño de 2020): “Si ben antes o misterioso lugar do Puzo do Lago tamén fora visitado nunha daquelas excursións con merendiña incluída, pola señora Condesa de Pardo Bazán, tal como o describe na novela “El Cisne de Vilamorta” (1885):”...y otra tarde les enseñó un curioso lago, del cual se referían en el país mil consejas: que no tenía fondo, que llegaba al centro de la tierra; que bajo sus muertas hondas se columbraban ciudades sumergidas; que flotaban en él maderas extrañas y crecían flores nunca vistas. Era el tal lago en realidad una excavación, probablemente una mina romana inundada, que, presa entre la serie de monticulos de toba arcillosa que la pala de los mineros había acumulado por todas partes, ofrecía sepulcral y fantástico aspecto, ayudando a la ilusión la melancolía de las vegetaciones palustres que verdeaban en la sobrehaz del gran charco….”. Xa o di case todo a coruñesa, as mesmas cousas que temos escoitado dende nenos. O significado da Lenda da Virxe e o avarento panadeiro e o Lago: Gran puzo central que inundado polo verter dos regueiros e das chuvias crea unha lagoa. Noutrora asomando, sobranceiro, no medio un tipo de estraño sabugueiro ou bieiteiro que se fixo mítico e que murchou alá polo cambio deste século. Árbore de cotizadas follas e floracións, buscada polas meigas e curandeiras da zona, de sona foron as de Rañestres, as de Listanco e Punxín… flores e herbas que se dicían apropiadas pra deixar a remollo na almofía, a recibir o serao da noite do San Xoán, cos estraloques, o romeu, as malvas, o cinamomo… Noite máxica esta e máis neste lugar, onde se conta que entre os silencios do canto das abundantes ras e grilos, a medianoite pode escoitarse o tanxer das campás da igrexa da aldea asolagada por castigo da Virxe. E aínda non falta quen asegura telas escoitado. Pois a lenda que ofrece variacións conta que por alí pasou de peregrina a Virxe co Neno a cabalo dunha mula ( outros din que foi o apóstolo Santiago) e que sentiu fame e quixo darlle de xantar ao Neno, parou nun forno e pediu pan…o panadeiro dixo que non, a Virxe pediu por segunda vez e amasou un pequena presa de fariña levedada…que no forno fíxose unha inmensa e competente bola, que tampouco lle quixo dar… panadeiro amasou outra nova e máis pequecha presa e repetiuse o feito….a bola saíu maior … Finalmente o avarento panadeiro determinou despedir á santa visita dándolle un definitivo non . Sigue contando a lensa que a Virxe e o Neno perderon a súa santa misericordia e pronunciou aquelas palabras que tanto temos escoitado nos tempos dos contos a de “Lago te sulago o denriba para embago”… e a aldea co panadeiro e a súa clientela, igrexa, eira e casas incluídas, viraron o “ de arriba para abaixo” e foron cubertas pola auga. Din algúns que aquela aldea se chamaba Antioquía, o que concorda con outras lendas similares asociadas a lagoas de Galiza nas que se pon asolagada a cidade de Valeverde ou Lucerna…Tan similares ás lendas dos países celtas”.

A MERCA
Outeiro do Castro (Ponte Ermida-Zarracós):
De forma elíptica, presenta unha pequena croa achandada. Cara o oeste vanse sucedendo tres plataformas a modo de terrazas. Amosa toda unha secuencia arqueolóxica de ocupación dende época
castrexa ata a Baixa Idade Media. Apareceron materiais romanos e ao seu
pé un asentamento de época romana, tardorromana-altomedieval e con
perduración ata o século X-XII, necrópoles de cronoloxía altomedieval (sepulcros antropomorfos e de laxes fincadas),
posible fortificación Baixomedieval e unha ermida, quizais altomedieval
con permanencia ata finais da Baixa Idade Media que sería o derradeiro
vestixio desta secuencia de poboamento.
Miliario en Faramontaos: De 1,80 metros de altura, non presenta ningunha inscrición. Metade dun posible miliario que actuaba como columna de soporte dun balcón. Na actualidade está no xardín da mesma casa que foi ampliada e arranxada. A amable propietaria, que me permitiu facerlle unhas fotos, contoume que cando o bo tempo ponlle flores. A primeira foto é de R. Colmenero, Ferrer Sierra e A. Asorey cando o publicaron no 2004, foto que debe ser de moito antes xa que a dona díxome que arranxaran a casa hai máis de trinta anos.
Miliario en Proente: Século II-IV d.C. Forma parte da galería dunha casa situada xunto a igrexa parroquial. Só aparece un "F" gravado. Apareceu nunha leira chamada A Romana, na entrada a Proente.
Miliario: "IMP CAESARI/DIVI TRAIANI F/TRAIANO HADRIANO/PONT MAX TRIB/POTEST COS III P P/M [---]".

Ara: A Diana, dedicada por Capito Severo: "CAPITO / SEVER(us) / ARA(m) PON / O SANCT(e) / DEANE", ("Eu, Capito Severo, poño esta ara a Santa Diana"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Miliario da Xeria (A Esculqueira): Anepígrafo. Cando o estudou Rodríguez Colmenero atopábase tirado nunha terra adicada a cultivo, á beira da vía romana. Ten unha altura de 2,19 metros e un diámetro de 50 cm. Atópase a 1.830 metros do miliario da Leira do Canuto, no Tameirón (A Gudiña). Información achegada por Javier Torres en maio de 2023.

Calzada: Hai quen cre que pola Mezquita pasaba unha vía romana procedente de Chaves coñecida como como Calzada das Minas.
MONTEDERRAMO Restos calzada (Vilariño Frío).
Miliario de Covas: Anepígrafo, atópase servindo de pé do altar maior da igrexa parroquial de San Xoán de Covas.
Miliarios de Cadaval (Covas): En Cadaval están documentados un miliario completo e dous anacos doutros dous. Pola información recollida, o primeiro estaba documentado como anepígrafo, reaproveitado como xamba na portada dunha palleira propiedade de D. Antonio Vázquez Crespo, descrito como un poste irregularmente cilindrado de granito de gran fino, rebaixado nunha das súas caras para ser adaptado á nova función (Alvarado Blanco et al, 2000, e Rodríguez Colmenero et al, 2004), mesmo crendo que se non fose porque estaba formado por un único tambor podería confundirse cunha columna de apoio. O día 3 de abril de 2015 acegámonos ata Cadaval para velo, comprobando que xa non formaba parte da porta citada. Por sorte, cando xa desistiramos de atopalo, chegou ao lugar o que resultou ser o propietario máis a súa muller (únicos habitantes da aldea na actualidade) quen nos informou que hai algúns anos, ao ampliar a porta de entrada da palleira, sacou o miliario depositándoo cun guindastre no patio, deitado nunha beira do mesmo, e "coas letras cara abaixo", afirmación que revela que a información que tiñamos ata o momento non era exacta e que non se trata, entón, dun miliario anepígrafo. Sobre a peza apilou leña. Xunto a porta dunha casa próxima consérvase un pequeno anaco doutro miliario anepígrafo cun burato na parte superior, partido pola metade e unido con cemento. Na mesma aldea había un terceiro miliario, fragmentado, que servía de apoio a unha trabe de madeira dunha corte arruinada e que actualmente xa non se ve porque a corte derrubouse.
Miliarios de Vigueira de Abaixo (Nogueira): Un atópase encaixado nunha parede dunha palleira; trátase dun cilindro completo de granito colocado de forma invertida e coa maioría das letras enterradas e metidas na parede o que dificulta a súa lectura: "DOM(ino) NO(stro) IMP(eratori)/FL(avio) VAL(erio) CONSTANT(ino) MAX(imo)/PERP(etuo) SEMP(er) AVG(usto)/CAES(ari) NOBILISSIMO/PONT(ifici) MAX(imo) TR(ibunicia)/POT(estate)". Outro serve de machón dunha cancela que dá acceso a unha cortiña. Trátase dun poste de granito esmoucado; atópase colocado de forma invertida. Atribuíble a unha data comprendida entre o 283 e o 285 d.C. Traducido do latín, lese: "Dedicado ao emperador César Augusto Marco Aurelio Carino, pío, feliz, pai da patria, cónsul, procónsul".
Miliario (Nogueira): Serve de pé de altar na igrexa de Nogueira. Tradución: "Dedicado ao césar emperador Marco Aurelio Antonino, fillo do divino Severo pío, neto do divino Marco Antonio, bisneto do divino Antonino Pío, trineto do divino Adriano, tetraneto do divino Traxano pártico e do divino Nerva, pío, feliz, austo".
Miliario (A Caseta-Seoane Vello): Adicado a Caracalla, serve de soporte do altar maior da igrexa parroquial.
Miliario de Caracalla (O Rodicio): Coñécese polas informacións de Barros Sibelo; tiña tres metros de altura. Desaparecido.
Moedas: Xunto o mosteiro apareceron tres moedas, unha delas de Traxano do ano 107 d.C. Non existen referencias do achádego.
Explotación mineira do Monte Partido: Ten uns 600 metros de lonxitude, 40 metros de longo máximo e unha fondura máxima de 25 metros.

Minas do Partido: Aínda que xa estaba documentada no sitio unha explotación mineira (citada máis arriba), a primeiros de abril de 2021, os xeólogos Óscar Pazos e Eduardo González Clavijo comunicaron tres minas auríferas a ceo aberto na cabeceira do río Tioira.
Xacemento da Míllara (A Medorra).
Xacemento da Míllara (A Medorra).
MONTERREI
Ara a Cibeles ou a Xuno (Albarellos): Adicada por Emilia Flaviana que segundo Ceán Bermúdez (1832) foi atopada na igrexa de Albarellos polo abade de Covelas, Pedro González de Ulloa, no ano 1755, tomándoa dun pedestal ou basa de estatua que estaba colocada no adro da igrexa. Copiou: "IVNONI/[---] RIS/DEVM/AEMILIA/FLAVINA". Para algúns investigadores constitúe unha ofrenda a
Cibeles, mentres que outros vencéllanna á deusa romana Xuno, filla de
Saturno e irmá e muller de Xúpiter. Di Hübner que a copia non debía ser moi fiel, pero que se podería dar como segura a tradución "A Xuno, nai dos deuses, Emilia Flaviana". Os documentos sobre a ara atópanse na Real Academia da Historia de Madrid. Tíñaa como desaparecida, feito confirmado na publicación da "Peza do Mes" de outubro do ano 2006 do Museo Arqueolóxico de Ourense ao falar da ara a Cibeles aparecida en Xinzo de Limia. Di
Abascal Palazón que o culto a Cibeles só se atopa testemuñado 15 veces
na Península, sete en Portugal (Vila Real, Porto, Lisboa, Setúbal,
Évora, Beja e Faro), dúas nas provincias de Cáceres e Badajoz, tres na de Ourense e unha na da Coruña.
Ara a Demorana:
Na esquina dunha rúa próxima á igrexa de Xinzo de Limia. A lectura do
teónimo non é moi segura por estar o campo epigráfico moi erosionado.
Dúas Aras na igrexa de Mixós (Estevesiños): Serven de base aos altares da cabeceira, unha sen inscrición, decorada
con aspa e semicírculos no dado e zigue-zague nas molduras da
cabeceira, quizais imitando a decoración dos pés de altar visigodos con
cruces patadas; puído ser reutilizada en época visigoda ou no século X para os altares laterais ou para pía de auga bendita. A
outra, descuberta no 1927, está adicada ao deus indíxena Bandua Cadiego ou Cadogo por
Terentia Rufina; é a única ofrenda votiva a este deus cunha muller como
dedicante. Dúas lecturas: "BANDVE/CADOGO/TER(enti)A/RVFINA/V(otum)
L(ibens)/M(erito)/S(olvit)", e "BANDVE/CAD[ie?]GO SIVE CAL[ai?]GO/TER[enti]A/RVFINA/V L [m s]". Ten unha inscrición, posiblemente cristiá, nun lateral.
Ara de Medeiros: "ENI/FESTVS/TVS E/L.A.P.", podendo interpretarse como "[G]enilo Cast(elli)]/[F]estus [avi]/tus e[x v(oto)]/L(ibens) a(ram) p(osuit)".
Ara a Bandua:Procedente, ao parecer, de Arcucelos
(Retorta-Laza) e logo trasladada a Vilaza. A arqueóloga Nieves Amado Rolán a última vez que a viu estaba en Vilaza, nunha finca de Blanco Rajoy: "BANDV(e) V/ERVVRICO/MONT(anius)/ MO(n)IANVS CONSACRAV(it)) EX VOTO", ("Montanius Monianus consagrou (este altar) a Bandua VErubrico").
Lápida (Castelo de Monterrei/Ábedes): No Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense 2 do ano 1898 dise que en Ábedes apareceu unha lápida no ano 1580 que se conservaba no patio do castelo de Monterrei, ignorándose hoxe en día o seu paradoiro: "GENIO P(opuli) R(omani) C(aius) M(arcius) M(aximus) SÉTIMA (centuria) LEG(ionis) VII G(emina) P(iae) F(elicis) V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Caius Marcius Máximus, centurión da Lexión VII Gemina, pío, feliz, cumpriu de bo grado o voto que fixera ao Xenio do pobo romano").

Estela na capela da Cruz ou de San Miguel (Vilaza): Dentro da capela.
Estela (A Madanela): Inscrición que forma parte da fachada dunha casa.
Miliarios (Albarellos): Dous deles anepígrafos atopados nunha viña, un terceiro
actuaba como marco de término no Seixo Branco, hoxe en día
desaparecido.
Miliario anepígrafo: Atópase de fito de término entre Monterrei e Verín, no medio do val e visible dende a estrada N-525. Está colocado verticalmente xunto outro inclinado.
Miliario das Lagoas, de Claudio II O Gótico:
Século III d.C. Atopado no lugar das Lagoas, entre Queizás e Vilaza no ano 1954. Está
documentado
que xa no século X actuaba como marco divisorio entre os concellos de
Monterrei e Verín. Graváronselle con
posterioridade tres cruces que se superpoñen á inscrición romana: "[I]MP(eratori) CAES(ari) M(arco) AVR(elio)/CLAVDIO PI(o) [FELICE] /INVICTO AVG(usto)/P(ontifici) M(aximo) TRIB(unicia) POT(estate)/CO(n)S(uli) PROCO(n)S(uli)/P(atri) P(atriae)", ("Dedicado ao césar emperador Marco Aurelio Claudio, pío,
feliz, invicto, augusto, pontífice máximo, investido co poder
tribunicio, cónsul, procónsul, pai da patria"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Medeiros: Non se observan restos visibles. Identificado co Forum Bibalorum
dos romanos, hipótese defendida por Florentino López Cuevillas e
Taboada Chivite que tomaron como referencia o Padrao dos Povos, a Columna
Honorífica situada na portuguesa ponte de Chaves erixida baixo a
dirección técnica da Legio VII Gemina e baixo o mandato do emperador
Vespasiano como agradecemento ás civitas do Convento Bracarense
(aeibisocios, aequaesios, aquaflavienses, aubrigenses, bibalos,
coelernos, interanmicos, limicos, quaerquernos e tamaganos). A hipótese
anterior semella verse confirmada polo achádego de Elixio Rivas e Marino
González que atoparon o denominado Burato da Cidade, unha pala (gruta)
duns sete metros de longo cuberta por unha pena; o seu interior está
delimitado por unha pequena parede. Dise que durante a dominación
romana, os Bibalos ou Bubalos opuxeron unha feroz resitencia polo que
foron obrigados a traballar como escravos na construción da ponte de
Chaves.
Vences: Nesta parroquia atopouse un sepulcro de forma trapezoidal datado entre os séculos III e IV d.C.
Ara e miliario na Capela do San Brais (Vilaza): Elixio Rivas fala dunha ara, cuxa inscrición non se conserva completa, nas ruínas da ermida; no ano 2009, dende o Museo Arqueolóxico de Ourense informaron de que ían realizar as xestións para trasladala da casa de don Ramón Colmenero onde estaba gardada. De Bruno Rúa recollo a información sobre un miliario empotrado nos muros da ermida cunha epígrafe que non se pode ler.
As Minas Vellas (Serra de Neda-Vences): Coñecida tamén como As Frechas. Galería onde apareceu un pico de ferro. Asociada a unha mina de estaño.
Explotación mineira:
En Medeiros existen vestixios dunha explotación mineira de estaño de
época castrexa, logo reaproveitada polos romanos. Na súa obra Memoria sobre las minas de Galicia y otras producciones del reino mineral
(1783), José Cornide Saavedra comeza o seu repaso pola historia da
mineiría en Galicia co comercio dos fenicios para dar conta de que na
Illas Atlánticas había estaño, só era necesario observar a costa para
ver a terra arenisca "semellante á que hai onde se cría estaño no val de
Monterrei". De feito, dende o século II a.Cristo, os romanos
teñen coñecemento dunha ruta que os fenicios de Gadir (Cádiz) coñecen e
gardan en secreto; é a ruta das Cassitérides (Illas de Estaño),
identificadas coas anteditas illas galegas, citadas polos escritores do
século I a.C. Diodoro de Sicilia, Posidonio e Mela.
Novos achádegos en Vilaza: En maio de 2013, Bruno Rúa e José Ramón Feijoo deron a coñecer
novos achádegos arqueolóxicos atopados na capela da Santa Cruz e
inmediacións, entre outros unha lápida funeraria consagrada aos deuses
Manes que o profesor Rodríguez Colmenero datou entre mediados do século
II e a primeira metade do século III; a inscrición diría: "Consagrada
aos deuses Manes. A Coiredaego, fillo de Comedenero, morto aos 35 anos e
a Artacio, fillo de Saíno, falecido aos 18 anos. Adica esta lápida
Xullo (ou Xuño)". Tamén deron con máis restos da romanización da Villa
Actia, como varios capiteis, catorce cubos de columnas (algún pode
tratarse dun miliario), sillares coas marcas das tenaces para elevalos e
unha tégula completa coa marca do alfareiro. Na porta da capela da
Santa Cruz descubriron unha ménsula onde aparece unha serpe alusiva ao
culto ofilátrico presente na ornamentación da casa romana.
O Penedo das Moedas (A Salgueira-Flariz): Coñecido tamén como Os Penedos das Campás e O Candal. Apareceu unha xarra chea de moedas nunha greta dunha rocha. Trátase de bronces baixo imperiais. Segundo Rodríguez Colmenero o lugar onde apareceron trataríase dun asentamento en chaira.
Tesouriño (Flariz): Foi atopado no Museo Arqueolóxico de Ourense nunha caixa cunha soa referencia: "Tesorillos de Flariz". Está composto por 28 denarios, un deles do emperador Tiberio e os demais republicanos. As moedas máis antigas datan do 172-151 a.C.
Sepultura (A Costa-Vences): Apareceu unha sepultura sen cuberta formada por ladrillos.
Xacemento da Casa do Frade (Vences): Coñecido tamén como Penedo da Horta. Interpretado como unha explotación romana de estaño.
Xacemento do Outeiro (Medeiros): Coñecido tamén como O Medeiro e Outeiro da Aldea. Apareceron tégulas, ladrillos, anacos de cerámica común romana. Sobre o cumio hai un depósito de auga. Cando as obras para a construción dun campo de fútbol saíu á luz un sepulcro antropomorfo escavado na rocha con tampa que foi destruído. Lenda sobre a existencia dunha antiga cidade.
Xacemento da Quinta (Vilaza): Fragmentos de cerámica común romana, tégulas, ladrillos e unha ara de granito cunha epígrafe. Algúns investigadores sitúan aquí a Villa Actia.
Xacemento da Vagoeira (Vilaza): Apareceron unha pía, un muíño circular, basas de columna (unha está na base do cruceiro da aldea de Vilaza), fragmentos de tégulas, ladrillos, sigillata e cerámica común.
Xacemento de Valdecasas (A Caridade-Flariz): Restos de tégulas e ladrillos.
Restos calzada (Guimarei-Infesta).
MUÍÑOS
Inscrición funeraria (O Cruceiro-Barxés): Praca custodiada no Museo Arqueolóxico de Ourense: "FUSCVS CA/MALI FILIVS AN(norum)/LXX H(ic) S(itus) EST FU/SCINVS FVS/CI FILIVS PA(tri)", ("Fuscus, fillo de Camal, de 70 anos de idade, está aquí enterrado. Fuscinus, fillo de Fuco, fai esta dedicatoria ao seu pai").
Moedas: Citadas por Cavada Nieto.
NOGUEIRA DE RAMUÍN
Dúas inscricións rupestres: No castro dos Penedos do Castro, en Pombar, descubertas por Rodríguez Colmenero, se ben a primeira que cito a continuación aparece nun traballo de Ángel de Castillo, El castillo de Litoria, publicado no Boletín da Real Academia Galega 228 do ano 1930 onde achega un debuxo onde se le a palabra "LEOVIGILDVX" precedida dunha cruz e que posiblemente copiou dunha foto que lle mandou facer a un amigo, pero este confundiu Litoria cos Penedos do Castro. Na inscrición, gravada sobre a cara interior dunha pena, lese: "LEOVIGIL/DUX" precedida, en efecto, dunha cruz. Na outra, a uns vinte metros da anterior, lese: "[---] VIRIPOA [---]".
Marco das Raposas (As Raposas-Loña do Monte): Entre os concellos de Esgos e Nogueira de Ramuín. Posible miliario xunto un peto de Ánimas, cunha altura á vista de 0,80 metros. Apréciase que foi rebaixado en dúas caras para gravarlle senllas cruces. Na parte superior ten unha coviña artificial.
Restos dunha necrópole galaico-romana, séculos III-IV (Vilouriz-Loña do Monte). Información achegada por José Antonio Gavilanes, de Ponte Ambía (Baños de Molgas).
No lugar de San Vicente, na parroquia da Carballeira, consérvase a tradición da existencia dun mosteiro. No entorno da aldea apareceron algúns sillares reutilizados: parte dun muíño circular, algúns fragmentos de tégula romana, tumbas feitas con laxes, un capitel prerrománico etc .
OÍMBRA
Ara (Rabal): Atopada nun camiño que une Rabal co pobo portugués de Vilarelho da Raia. Adicada por Ulacio Souseno aos Lares Viais: "[Laribus(?)]/VARI/CIS V/LAC(ius) SO/OVSENVS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Ulacius Sousenus cumpriu o seu voto, de libre vontade, aos Lares da bisbarra "). Segundo o señor Amador Rivero, a ara estivera formaba parte da base dun cruceiro de madeira que se atopaba na encrucillada de dous camiños: un que conduce á aldea portuguesas de Vilarelho dá Raia e outro que rodea ao pobo de Rabal. Arredor da cruz daban voltas as procesións. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara (Rabal): "[---]/VA R/[---]SV/[---]/V++[-]/V S [L] M". Atopouse tirada nun camiño que une Rabal co pobo portugués de Vilarelho da Raia. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara (Espiño-Videferre): No interior da capela do San Roque. Estaba fóra ata que arranxaron a ermida. Moldurada e con focus, está dedicada a Marte. Proposta de lectura: "MARTI/S(ulpicius) VELINVS/(s) V(eteranus) ALAE/(----) DE S(uo)/(posuit?) [---]"), ("Sulpicio Valino, veterano da ala [---]? fixo pola súa propia iniciativa esta dedicatoria a Marte"). Nun lateral hai un bucranio en altorrelevo relacionado con actos de sacrificos ou vítimas inmoladas.

Ara (Videferre): Fragmento que conserva o focus na parte superior. Atopada o 9 de maio de 1993 no galiñeiro dun patio que linda co muro do adro da igrexa de Santa María: "[T]VTELLA/[---]AP SV/[AE?].M/[---]".
Inscrición: "/li]MICO[RVM"
Nova ara: A principios do mes de abril de 2017, as asociacións Monterrei, Cultura e Territorio e Alto Támega deron a coñecer a descuberta dunha ara fragmentada dedicada a Xúpiter Óptimo Máximo.
Lápida de Sempronia (Rabal): Trátase dunha inscrión sobre mármore do século I d.C., fragmentada na súa parte esquerda, adicada por Fabio a Sempronia; ata o ano 1971 formou parte do altar da igrexa. No Museo Arqueolóxico de Ourense: "[---]/[---]FABIVS QVIR(ina)/[---]S SEMPRONIAE/[---] RVFINAE MATRI/[---] SEMPRONIAE/[---] SORORI?", ("Fabio, da tribo Quirina, fai esta dedicatoria a Sempronia, súa nai e a Sempronia [---]").
Estela-menhir de Oímbra ou Muíño de San Pedro: Atopada no monte Lodairo no ano 1985. Mide 1,60 de altura. Debido ao seu carácter antropomorfo e fálico pode tratarse dun monolito reutilizado con posterioridade no Bronce Final e en época romana cunha inscrición. "LATRONI/VS CELT/IATI F(ilius)/H(ic) S(itus) E(st)", ("Latronius, fillo de Celtiatus, está enterrado eiquí)". Por riba da inscrición presenta unha cara humana gravada, delimitada por un círculo, con orellas, ollos e boca. No reverso un motivo xeométrico subrectangular. Adoita interpretarse como unha estela antropomorfa romana, se ben sempre se puxo de manifesto que se aprecia un imporante peso do compoñente indíxena. E se non tivera inscrición? Posiblemente se relacionaría coas estelas-menhir aparecidas en Portugal que presentan certos elementos en común. Dátanna a finais do século I d.C. ou principios do II d.C.
Cova dos Mouros (As Chás): No monte Castelo, a 645 metros de altitude sobre o nivel do mar. Atopáronse 121 fragmentos de época romana.
Coelobriga: Estaría no lugar coñecido como As Raposeiras, comunicada a través dunha ponte con Muradelle, situada entre as parroquias de Mourazos e Tamagos (Verín).
Moedas: Segundo Cavada Nieto, atopáronse 400 moedas de varios emperadores.
Miliario de Espiño (Videferre): Reaproveitado nunha construción.
Miliario (Rabal): Anepígrafo, actúa como soporte do tellado dunha escaleira situada no centro da aldea.
Miliario de Dalmacio (San Cibrao): Estaba nunha adega da familia Torres López. Ano 335 d.C. "D(omino) N(ostro)/FLA(vio) DALMACIO/CAESS(ari) NOB(ilissimo), ("Dedicado ao noso señor Flavio Dalmacio, césar nobilísimo"). Na actualidade atópase na Sala de Fondos Pétreos do Museo Arqueolóxico de Ourense situada no Centro de Interpretación de San Cibrán de Las (San Amaro); antes estivo no MAO.
Vía XIII: Ía dende Aquae Flaviae (Chaves) ata Iria Flavia (Padrón), pasando por Carregal, preto de Oímbra, cruzando o río Búbal cara Guimarei (Monterrei) e Ourense. No século III unha calzada secundaria ía por Rabal, San Cibrao e Coelobriga (As Raposeiras-Oímbra), Portela e Bagoeira (Vilaza-Monterrei), uníndose á vía XIII na ponte Búbal.

OURENSE
A antiga Auriense salienta polo seu carácter termal. As fontes escritas son tardías (séculos V, VI e VII), case todas posteriores á súa elevación á categoría de se episcopal (561-572), cando se separou da antiga diócese de Braga. No Parochiale Suevum cítase a Aurienis Sedes seguida de todas as súas parroquias, listaxe que encabeza Palla Aurea, unha parroquia cercana á se metropolitana. Florián de Ocampo e Pedro de Medina (século XVI), e Francisco Carreira (século XVIII), entre outros, dánlle unha orixe grega, fundada polo heroe Anphiloco, hipótese combatida por Flórez e Murguía que lle dan unha orixe céltica. Os primeiros estudos débense a Ceán Bermúdez e Vázquez Núñez a finais do século XIX e principios do XX que atoparon diverso material logo estudado por Cuevillas (Como nasceu a cidade de Ourense, 1934). Nos anos 50 e 60, Ferro Couselo achegou novos datos. Os achados testemuñan o carácter viario e termal da cidade, punto de confluenza que unían as capitais dos tres conventos xurídicos. Para Cuevillas (1934), o balneario sería un importante centro curativo e relixioso.
A Batundeira: Nas inmediacións da granxa da Batundeira, que pertenceu á orde de Alcántara, atopáronse restos romanos.
As Burgas: Mananciais de augas termais (70ºC) cun caudal de 300 litros por minuto. Teñen propiedades mineiro-medicinais boas para problemas da pel, reuma e artrite. A Burga de Abaixo foi proxectada a mediados do século XIX polo arquitecto Trillo. A Burga de Arriba trátase dunha fonte de estilo popular do século XVII. No lugar atópanse catro réplicas das aras adicadas ás ninfas destas augas. Segundo a lenda, o manancial nace baixo a capela do Santo Cristo, na catedral, e, segundo outros, no volcán durmido do Montealegre. Ambrosio de Morales e o Licenciado Molina, entre outros, citan un balneario antigo, así como unha ara dedicada ás Ninfas. As primeiras escavacións arqueolóxicas, baixo a dirección de Alfredo Seara Carballo, foron nos ano 1987 e 1988 entre as Burgas de Abaixo e as Burgas de Arriba en que saíron á luz materiais datados entre mediados do século I e III d. C. As intervencións arqueolóxicas dos últimos anos evidencian a existencia dun importante complexo termal curativo e relixioso instalado arredor do século I d. C. Coñécese unha piscina rectangular con seis escalóns de acceso que ocupaba un lugar central dun espazo porticado que estaría dedicado á divindade indíxena Reva Anabaraego. A piscina sería amortizada arredor do s. II d. C. ao edificarse sobre ela un complexo termal de carácter hixiénico relacionado cunha domus e que estaría en funcionamento ata principios do s. IV d. C. (Otero Grandal, Rodríguez Cao e Cordeiro Maañón, 2012).

Ara de Casixova (Velle): "A(ram) D(eo) C(onservatori)? / MARTI / NAKIUS / V(otum) S(olvit) L(ibens)", (Nakius, cumpriu o seu voto de boa vontade, ao deus Marte Conservador").
Ara ás Ninfas do mar (Canedo): Atopada de forma casual por José González Paz no ano 1958, facía de soporte dun banco no pazo de Canedo. O primeiro que a publicou foi Xaquín Lorenzo Fernández. Como ben aclara o arqueólogo José María Eguileta Franco (La Región do 7 de xaneiro de 2022), o feito de que aparecese de forma casual, sen que se saiba o tipo de xacemento do que procede, limita a súa interpretación. "NYM(phis)/MARI(nis)/AC(illus) CA(tulus)/AST(uricae) AVG(ustae)/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Accilio Catulo, asturaugustano, cumpriu libremente este voto ás ninfas mariñas"). Hispania Epigraphica sitúaa erradamente en Maside. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara: No antigo Pazo Arcebispal hai unha ara reaproveitada nunha parede.

Ara: Fragmento atopado nunha casa da Praza Maior. S. I-II d.C.: "[---]/ARRO[---]/PATRVI/L(ibens) V(otum) A(nimo)", ("[---] tío paterno de Arro(?), cumpriu o seu voto de bo grado").
Ara á deusa Terra: S. II d.C. Atopada no ano 1835 nunha horta de Camiño Caneiro, propiedade do Cabido da catedral, polo coengo Pedro Telmo Hernández: "TELLVRI/C(aius) SVLP(icius)/FLAVVS/EX VOTO", ("Dedicada por Caius Sulpicio Flavus a Tellus"). Bedoya deu parte á Academia da Historia no ano 1836. Abascal Palazón e González-Conde Puente (2024) din que que o culto a Tellus é tan excepcional que só está representado nun fragmento da provincia de Cuenca.
Ara aos Deuses Manes: Atopada nunha casa da rúa Ervedelo. S. I-II d.C.: "D(iis) M(anibus) S(acrum)/LIC(senae) AMAN/DAE LICSE/NVS CONIV/GI PIENTEISS(imae)", ("Consagrada aos Deuses Manes. Liscenus dedica este altar a Liscenda Amanda, a súa esposa piadosísima").
Aras do castro de Louredo (Mugares-Toén): Castro lindeiro co concello de Barbadás. Apareceu tanto cerámica castrexa como romana e dúas aras, unha adicada a deusa Diana e outra "dobre" a Xúpiter. Nunha lese: "DEAN(a)E/FA(bius?) SAT/VRNI/NVS/EX V(oto) P(osuit)", ("Fabius Saturninus levantou este altar a Diana, por un voto realizado"). Na parte superior está decorada con oito rolos superpostos; a basa presenta na súa parte inferior un pequeno oco aberto. Atopada no mes de febreiro de 1898. Adquirida pola Comisión de Monumentos de Ourense a principios do século XX. Nunha carta do 1 de abril de 1903 de Arturo Vázquez Núñez ao P. Fidel Fita achega un croquis do lugar da aparición da ara que sitúa na parroquia de Reza, concello de Ourense, daí que a achegue eiquí, aclarando que non se trata da aldea de Reza da parroqia de Carracedo (A Peroxa). Foi descuberta polo labrego Antonio Calviño no monte Louredo. No Museo Arqueolóxico de Ourense. (Ver concello de Toén).

Ara a Tutela (San Tomé): Descuberta polo concelleiro de Ourense Manuel Balnco Guerra no ano 1971. Como se ve na foto que achego, foi utilizada como asento pola señora Paca, de Santomé, durante máis de 50 anos: "TVTELAE/L(ucius) TERTIVS/CAPITONIS (filius)/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Lucius Tertius Capitonis, cumpriu o seu voto a Tutela de boa vontade").
Ara ás Ninfas: Adicada por Calpurnia Abana: "NYMPHIS/CALPVRN/IA ABANA AEBOSO/EX VISV/V(otum) S(olvit) L(ibens)", ("Calpurnia Abana, da xente dos Ebosos, ofreceu este voto ás Ninfas deusas destas augas, con motivo dunha visión que tivo"). Foi atopada cerca das Burgas e logo regalada á Comisión de Monumentos de Ourense por dona Lucía Cabello Sáenz a finais do século XIX. Foi descuberta no ano 1802 na coñecida como Casa da Tenencia (onde está o colexio das Xosefinas) cando un home chamado Gabriel Gómez levantou no lugar unha fábrica de curtidos. Do achádego deu traslado por carta (cun debuxo) á Real Academia da Historia o avogado e fiscal asturiano Juan Pérez Villamil (1754-1824). Posteriormente, ao reedificar don Santiago Sáenz a fábrica, colocou a pedra como coroamento dunha fonte de auga quente, poñéndolle unha cruz como remate, onde continuou ata o ano 1897 que pasou ao Museo Provincial.
Ara a Reve Anabaraego: Apareceu ao derrubar o interior dunha casa da rúa Cervantes a comezos do ano 1991. A cabeceira foi repicada, sen que poida distinguirse nin o focus nin os rolos, faltándolle tamén a base e unha das caras laterais: "REVE/ANA/BARA/EGO", ("A Reve Anabaraego"). Trátase dunha dedicatoria a un deus indíxena acompañada dun epíteto tamén indíxena. Prósper (2001) relaciona a Reve coas augas, e Moralejo (2002) coas propiedades curativas da divindade.

Aras a Reve Anabaraego: Nas escavacións levadas a cabo entre 2005 e 2008 na Casa dos Fornos saíron á luz varias aras tamén dedicadas a esta deidade, ademais doutros materiais onde salienta un camafeo coa representación do baño de Venus e moedas interpretadas como ofrendas. 1: "REVVE/ANABAR(aego)/QVINTO/DOMITI/ORVM L(libertus)/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("A Reve Anabaraeco, Quinto, liberto dos Domicios, cumpriu o seu voto de bo grado"). 2: ""REVVE/ANABAR(aego)/FAABER(i)VS/HYAMETVS//V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("A Reve Anabaraego, Faberius Hyametus, cumpriu o seu voto de bo grado"). 3: "REVVE AN/ABARECO/T(itus) FLAVIVS/FLAVINVS", ("A Reve Anabaraeco, de Titus Flavius Flavinus"). 4: "REVVE/ANABARA/EGO/SEVERVS LV/PERCI/ V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito"), (A Reve Anabaraego. Severus, fillo de Luperco, cumpriu o voto de bo grado"). 5: "REVVE AN(abaraeco)/MEMMIVS/EVARISTVS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("A Reve Anabaraego, Memmius Evaristus cumpriu o voto de bo grado").
Ara a Reve Anabaraeco:
Ara sobre a que existe debate sobre a súa procedencia. Segundo Hübner, a inscrición procede de Ruana (Trujillo-Cáceres) se ben
semella que provén de Galicia xa que o teónimo co mesmo apelativo foi
atopado na Casa dos Fornos, na cidade de Ourense, que é onde a sitúa
Prósper (2009). Moralejo lévaa para Castro Caldelas. Dise que se atopaba
en Rubiana no 1740, e
cara o 1925 no Museo Diocesán de Astorga, desparecendo despois. Tamén a cita o P. Fidel Fita en 1911. Segundo
T. Hervella estaba rota, faltándolle a metade. "REVVE ANABARAECO APER
ALBINI F(ilius) TVROLVS V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Albinus
Turolus, Africano, puxo de bo grado este monumento a Reve Anabaraeco").
Ara a Xúpiter (Ourense): No antigo pazo do bispo, actual Museo Arqueolóxico. S. I-II d.C. "I(oivi) O(ptimo) M(aximo)/COR(nelius)/V(otum)", ("Cornelius realizou este voto a Xúpiter").
Base de columna: Atopada na catedral de Ourense a raíz dunhas obras pra instalar a calefacción no ano 1966.
Capitel: No Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1898 cítase o regalo dun capitel tardorromano feito por don Benito F. Alonso. Non cita o lugar do achado.
Castro romanizado de San Pedro de Outeiro (Cudeiro), afectado polas obras dunha autostrada.
Colexio das Xosefinas: Preto das Burgas. Otero Grandal escavou no patio do colexio no ano 1996, documentándose varias estruturas romanas de índole termal datadas no século II d. C.

Igrexa de Santa María Nai: Consérvanse capiteis, columnas e basas de mármore pertencentes, probablemnente, a un primitivo templo tardorromano ou suevo.
Igrexa da Trinidade: Xunto a igrexa realizouse, no ano 1941, a primeira escavación contrastada, descubríndose unha necrópole de inhumación de tégulas. No 1993 Eguileta Franco realizou unha intervención na reitoral.
Instituto Otero Pedrayo: No ano 1997 Rodríguez Cao escavou no patio, saíndo á luz diversas estruturas e outro material.
Lápida: Atopada no ano 1835 na horta coñecida como do Caneiro polo coengo Pedro Telmo Hernández; actuaba como pedestal dunha mesa de pedra: "Telluri C(aius) Sulp(icius) Flavus ex voto".

Morteiro de Saturninus (Papón): Se ben nun primeiro momento publicouse (Blanco Guerra en La Región en xaneiro de 1973) como procedente de Santomé, foi atopado cando as obras da estrada 525. Trátase dun fragmento de mortarium do que só se conserva o arranque do corpo co pico vertedoiro, con dimensións máximas de 12,3 x 5,8 cm, de pasta arxilosa, moi depurada, de cor ocre. A ambos os lados da canle presenta sendas cartelas con marcas impresas. A cartela, rectangular de ángulos tamén rectos (39,8x 8 mm), contén o selo completo: "SATVRNIN(I)". (Información extraída da Peza do Mes do Museo Arqueolóxico de Ourense, decembro 2022).
Museo Arqueolóxico: No 1980 Fariña Busto sacou á luz material romano no edificio e solar.
Villae de Santomé: Séculos I-III d. C., con fusaiolas, lucernas, vasos de vidro, terra sigillata, escouras de fundicion, a figura dun cabalo nunha fibela de cinto do século IV d. C, un exemplar de bronce dun stilus (utilizado para a escritura sobre taboíñas enceradas, material relacionado coa odontoloxía e o oído dado a coñecer por X. Rodríguez). Apareceron restos de dous edificios, un residencial e agropecuario, organizado en torno a un impluvium central, e outro cunha galería con pequenas habitacións (cubicula), unha cun curioso sistema de calefacción; o edificio principal organizábase en torno a un pequeno patio (séculos III-V d. C.). Eiquí atópase o Túnel da Moura que segundo a lenda ía dar ao río Loña.
Rúa Cervantes: Estruturas habitacionais.
Reza Vella: Nas obras de acceso do AVE atopáronse restos do que puidera ser a Via VIII (ruta secundaria da Via XVIII) que unía Ourense con Tui, Lugo e Monforte. Tamén apareceron muíños, tégulas e o que semella unha sepultura que poderían formar parte dunha villae situada preto da zona termal. Transcorrido algún tempo do achádego, o arqueólogo J. María Eguileta e os técnicos que dirixiron as escavacións preguntaron á Xunta de Galicia se non existía outra alternativa para a entrada do tren en Ourense que permitira a conservación de restos tan importantes debido a que, da noite para a mañá, o xacigo foi destruído para proseguir coas obras.

Miliarios da Fonte do Souto (Vilar de Astrés): Entre Sartédigos e Madrosende, xunto o camiño que vai á Venda Nova (Amoeiro).
A Mora (O Pereiro-Palmés): Asentamento aterrazado de forma cuadrangular, con posible foxo colmatado.
Miliario: Anepígrafe, atopado cando as obras dun edificio na rúa Ensinanza, no barrio do Couto.
Moedas (Ourense): Moeda de bronce de Tiberio preto das Burgas e outro mediano de bronce na rúa do Vilar. Moeda de Probo preto do Castelo Ramiro. No Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1898 cítase o regalo de moedas de bronce, atopadas na cidade, á Comisión de Monumentos de Ourense por don Eduardo Martínez.
Vía: Preto do Colexio Público de Mende, restos de enlousado da vía que ía dende a Ponte Loña ata o castro de Santomé.

As Carballas (Velle): En La Región do día 28 de xullo de 1972, Blanco Guerra di que nas Carballas, máis abaixo da aldea da Granxa, apareceron unha piastra, canles dun acueduto, tégulas e ladrillos romanos.
O mítico Monte Medulio, tamén en Castro de Beiro: Villaamil y Castro, nun
artigo escrito no ano 1861 no Album de la Caridad. Juegos Florales
de la Coruña, recolle varias inscricións citadas nunha carta que
Fr. Pablo Rodríguez lle enviou a Cornide o 11 de abril de 1788. As
inscricións (“que fueron removidas y colocadas en los sitios más
inmundos y asquerosos de cerdos, caballerizas...”) apareceron na
casa do cura de Santo André do Castro de Beiro, parroquia do
concello de Ourense, entre outras unha onde aparece o Medulio. “L
LICINS / DEIVSVS / IOVIO / MEDVLLIO / LARICO”. Ademais de Fr. Pablo
Rodríguez e Villaamil, tamén se fixo eco dela o mesmo Enrique
Flórez. Pero resulta que todas eran unhas falsificacións, un
invento do que fora cura de Castro de Beiro Juan Fernández Boán
(1587-1639) quen, xunto co seu irmán Pedro, encheron Ourense de
historietas na primeira década do século XVII, e todo “para
aumentar el lustre de su familia” (Abascal Palazón, 2019). Houbo
que esperar ao CIL de Hübner en 1789 para botar polo chan estas
burdas falsificacións.
Museo Arqueolóxico
con monumentos de toda a provincia. O edificio, situado na Praza Maior, no antigo Pazo do Bispo,
leva anos pechado, disque por obras. Algunhas pezas expóñense no
convento de San Francisco.
PADERNE DE ALLARIZ
Ara de Coucieiro: En granito, atópase no interior da igrexa parroquial. Con focus e baquetón resaltado na parte superior: "TVTELLA[E]/BERISI/SILO SILO/NIS/V S [L] M". O epíteto pode facer referencia a un topónimo que se cita nunha inscrición de San Juan de Godán (Asturias), onde se le: "FLAVS AVLEDI F(ilius) CABARCVS (castellum) BERISO".
PADRENDA
Ara en A Fonteíña ou Fonteiriña (Gresulfe-Crespos): Século I-II d.C. Atopada por don Xosé Álvarez, dono dun eido, no mes de maio de 1927. De granito, está dedicada a Xúpiter: "IOVI O(ptimo)M(aximo) VOT(um)/TITVS/ALBINIR/ETUVLIT/LIBENS/MERITV/M(onumentum)", ("Titus, fillo de Albinus, ofreceu con rendida devoción un merecido voto a Xúpiter Óptimo Máximo"). Publicada por Florentino Cuevillas no 1927.
Ara de Santa María do Condado: Na igrexa parroquial de Santa María do Condado, no concello de Padrenda, hai unha ara romana de granito con tres molduras na parte superior coa epígrafe debaixo que foi reutilizada como pía de auga bendita agrandándolle o antigo focus. Se ben xa se sabía dela a principios do século XX, Bouza Brey, acompañado do seu irmán político, visitouna o 2 de outubro de 1942, publicándoa no número 25/26 do Boletín da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Lugo no 1948, El ara de Santa María del Condado (Orense) y otra del Museo de Lugo. Leu: “SVLEN SAN(c)TV GAICIS FLAVSANVS FLAVSI V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)”, (“Ao sol santo Gaicis Flausanus, fillo de Flauso, cumpriu de boa vontade este voto”). Mais, en estudos posteriores traduciu “Flavio Falus cumpriu libremente este voto a Suleae Nantugaicae” (á lectura de Bouza coido importante facer un par de achegas. A Raúl Villanueva fáiselle raro ese “FLAVSI” xa que o nexo “AV”, di, ou é V ou é S. José María Bello Diéguez propón, entón: “FLAVIN / VS FLAV(i filivs?) / V.S.L.M”). Tranoy, a partires da súa comparación coa deusa britana Sulis que era adorada no santuario termal de Bath (Avon), coas Matres Suleuiae e, por outra banda, tendo en conta que o radical Nantu- vincúlase ás fontes, estableceu que estas deusas serían as protectoras dalgunhas fontes e mananciais. Levaba anos querendo fotografar a ara pero sempre atopaba pechada a igrexa, por máis que buscaba unha foto actual todos traballos inserían a imaxe da publicación citada máis arriba. A mediados de decembro de 2022, grazas a amabilidade do párroco e do sacristán, conseguín vela. Pouco despois de colgala no facebook, Perfecto Ramos contoume a historia do traslado da ara para a igrexa de Santa María do Condado, unha historia descoñecida que lle agradezo me achegara e permitirme reproducila no meu blog. Eiquí a deixo: “Alégrome que conseguiras contemplar esta ara, pero hai unha cousa importante que aclarar sobre a súa historia. Bouza Brei e o seu cuñado estiveron de conversa cun veciño que andaba a traballar nunha veigha a carón da igrexa e fixéronlle o comentario do importante que era aquela "pedra" pero posiblemente pensando que o tal home non tería moita idea de obras romanas, sacaron fotos, tomaron notas, pero non lle fixeron preguntas sobre ela. El como persoa educada non se quixo entrometer nos asuntos que persoas que parecían tan importantes traerían entre mans, e se non lle preguntaron nada lle dixo. Por ser o traballo de Bouza Brey o mais coñecido sobre esta ara, por esta circunstancia quedou instucionalizado un relato sobre a súa historia que non corresponde coa realidade. Seguindo o meu comentario anterior aproveitando a túa publicación sobre esta ARA, vouvos relatar, e é a primeira vez que o fago público, o ocurrido na igrexa de Santa María do Condado o día 6 de outubro de 1942. Quen andaba a traballar onda a igrexa era un tio-avó meu chamado Eloi Vázquez (non sei se foi el o que lle abriu a porta da igrexa ou estaba aberta). Chegaron para vela Bouza Brey e o seu cuñado Waldo Leirós Freire. O meu tío-avó díxolle: "veñen ver a igrexa? é unha igrexa moi antiga". Respóndeulle Bouza Brei: "Pois sí, a igrexa é interesante pero o máis importante que teñen aquí é esta pedra". O meu tío-avó escoitou o que Bouza Brey lle díxo, deixounos traballar e el seguiu coa súa faena. Cando chegou á casa contou o que lle acontecera cos ilustres visitantes. Pregúntalle a súa muller: "E non lle dixeches de onde viñera a pedra?”, “Pois non, porque non me preguntaron”. Resultado: Bouza Brey fixo o seu traballo e publicouno con unha historia errada. A ARA chegou ó Condado levada por outro tío-avó meu (Manuel Vázquez) e irmán do Eloi que foi abade de Xunqueira de Ambía, Escuadro, Maceda e Santa María de Melias. Dun destes lugares, onde as aras son tan abondosas que andan metidas polos balados, colleuna e levouna para a igrexa da súa parroquia de orixe para darlle uso como pía de auga bendita. É unha bonita e interesante historia que me foi relatada por unha das fillas do Eloi que estaba presente cando seu pai chegou á casa a contar o encontro que tivera con dous visitantes que el non sabía, nin nunca soubo que eran. Esta historia fun coñecedor dela sin saber que podían ser os personaxes visitantes, cousa que descubrín cando localicei o traballo de Bouza Brey e vin que os dous relatos eran totalmente coincidentes. Que importante é a transmisión oral da historia para descubrir enigmas que non teñen explicación nos documentos!”.
Baños (Crespos): Asentamento romano dos séculos II-VI d.C. Existen referencias de estruturas de planta rectangular, próximas a pozas de auga medicinais.
Vestixios explotacións mineiras, de ouro e/ou estaño, utilizadas entre os séculos I-IV d.C. en Arandeiras e Os Baños.
Os Castros (San Pedro da Torre): Castro romanizado. Apareceron tégulas. Sobre el edificouse a igrexa de San Pedro. Preto do castro está o lugar de Arandeiras onde hai vestixios dunha explotación mineira de ouro ou estaño.

Ara (Santa Marta de Moreiras):
Nalgunhas partes lemos que formaba parte da parede da igrexa de Santa
Marta de Moreiras, pero cremos que esta ara é a que se atopaba xunto o
Santuario da Virxe dos Gozos, vendida por un párroco ao museo de Ourense, segundo nos dixeron, por "catro cadelas". Aos
Lares Circeiebaeco Proeneaego: "LARI CIRCEI/EBAECO
P/ROENEIAE/CO SIVE P/ROENETAECO L(ucius) CAMP/ANIVS MAC/CER V(otum) S(olvit) L(ibens) A(nimo)", ("Lucius Campanius Macer ofreceu con agrado o seu voto ao Lar Circeiebaeco e Proeneitaego").
Dedicatoria (Calvelle): Desaparecida. "TOROLO/COMBICIEGO/M(arcus) ARRVNTIS/RVFVS V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Marcus Arruntius Rufus cumpriu de bo grado o seu voto a Torolo Combicego"). Na espadana da capela de San Pedro de Pías, en Maceda, hai unha ara reutilizada dedicada a esta divindade.

Os Gozos (Santa Marta de Moreiras): No ano 1839 o arquitecto e enxeñeiro de camiños, natural de Monforte de Lemos, Alejo Andrade Yáñez (1793-1844) envía á Real Academia da Historia a noticia dun miliario e unha das moedas que apareceron xunto a capela dos Gozos. No mesmo documento, J. B. Barthe informa sobre os dous descubrimentos, dicindo que a moeda é do emperador Augusto, coa lenda "C L CAESARES.AVG.F.COS.DES.PRINCIP IVVENT".
Monte do Castelo de Parada: Segundo algunhas hipóteses, neste monte da parroquia de Vilariño sitúan outra das ubicacións do lendario Medulio baseándose, para elo, nunha inscrición esculpida con caracteres maiúsculos (estudada por Ferro Couselo, Bouza Brey e Rodríguez Colmenero) que hai nunha peneda ao pé dun antigo camiño real coñecido polo nome de Portocarro: "Sicenata Pacata", escrito en dúas linguas distintas (a primeira palabra pode que céltica, e a segunda en latín) que Ferro Couselo traduce como "quietos (ou vencidos) e pacificados"). Non hai consenso canto á cronoloxía, para uns romana e para outros medieval.

A PEROXA
Ara de Celaguantes: "(I(ovi) O(ptimo) M(aximo) / Vilanus / P(ius) III (terties) P(ossuit)", ("Vilanus Pius dedicou este altar, por terceira vez, a Xúpiter Óptimo Máximo"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
A Mirteira (A Peroxa): Apareceu tégula e cerámica común.
Cima do Agro (Besteiros-O Souto): Tégula e cerámica común.
PETÍN
As Barrancas (Portomourisco): Explotación mineira a ceo aberto.
O Buraco ou Cavorco de Olivedo (San Paio-Santa María de Mones): Trátase dunha gran cunca mineira aurífera emprazada na ladeira norte dun gran espigón de lousa, a unha altitude de 650 metros. Polas súas características xeolóxicas atopámonos ante a presenza aurífera de tipo primario a ceo aberto. No lugar pódese apreciar un gran buraco ao que semella que ven desembocar unha serie de canles de subministro de auga captadas algúns metros máis arriba no regato Olivedo.
Campamento romano da Cabeza do Pau: Entre Montes e Santoalla do Monte, a maís de 1.200 metros de altitude. Dispón dun parapeito de pedra que delimita unha área de 11 hectáreas.
Canle romana do Mondón: Levaba a auga do río Xares ata unha explotación aurífera situada en Vilarnuide, no concello de Quiroga. Unha obra de enxeñería, en parte sobre cantíl de grandes pendentes, e que leva auga que transcorre a media ladeira, pola marxe dereita do río, dende arriba da presa de Santa Olaia ata á Portela de Portomourisco, en Petín, onde se interna na conca do río Sil. Desaparece nun gran treito por terreos agrícolas, e aparece de novo por debaixo do lugar de Seadur, xa no concello de Larouco. Conserva trazas da súa estrutura a través do seu percorrido, coma as grandes rochas cortadas, e muros de contención para asentar o leito. A lonxitude sería duns 14 km. (Información de Elixio Vieites).
Canle do Monte Meixoallo (Petín): Canle de condución de augas para a explotación aurífera de Vilarnuide (Quiroga) que captaba augas no regato Rapalloso.
O Castrillón (San Miguel de Mones): Castro romanizado con ampla visibilidade do val do río Sil.
Castro de Santa María de Mones: Levantábase a 410 metros de altitude, nun outeiro dominante sobre cuxa croa se edificou unha igrexa de orixe románica do século XII. A croa está arrodeada por plantacións de viñas. Tiña unhas medidas aproximadas de 160 por 105 metros. Un dos perpiaños da igrexa presenta unha inscultura do xogo de alqulerque dos "tres en raia", posiblemente de época romana. Apareceron moedas de época romana, emitidas en tempos de Grodiano, Decio, Galieno, Claudio e Magnencio, e tamén medievais. Menciónase nunha doazón de Maior Sánchez no ano 1285 ao mosteiro de Montederramo. Como recolle Madoz no seu Diccionario (1845-1850), o sitio foi obxecto de constantes espolios. Unha columna, cortada, foi reaproveitada nunha construción da aldea.
A Cigarrosa: Entre os concellos de Petín e A Rúa. No ano 1896 os integrantes da Comisión de Monumentos da provincia de Ourense Manuel Hermida, Marcelo Macías e Arturo Vázquez atoparon un mosaico de época romana na zona de A Cigarrosa; o 23 ede xuño dese ano enviaron o informe á Real Academia da Historia sobre o mosaico e outros restos aparecidos no Pombar. No ano 1969 o grupo Os Escarbadores, de O Barco de Valdeorras, puxo en coñecemento das autoridades a aparición doutro mosaico cando os desmontes para a construción da N-120. Para elo puxéronse en contacto cun especialista de Mérida para que o levantara, cortándose en 25 anacos dun metro cadrado cada un, almacenándose logo nos baixos do Concello de A Rúa. Aos poucos días trasladáronse ata o lugar os do Museo Arqueolóxico de Ourense, atopando un pequeno anaco dun mosaico que é o que na actualidade se conserva no Museo, dando por desaparecido todo o resto. José Fernández Pérez, de Larouco, que viu o mosaico cando apareceu e do que conserva varias fotos mercadas a un fotógrafo no ano 1981, conta que no ano 1984, estando en Mérida, atopouse por casualidade cun home chamado Inocencio que resultou ser o especialista que levantara o mosaico. Contoulle que todos os anacos quedaran empaquetados e preparados para seren montados de novo. Que pasou con eles? Onde están? Quen os levou? (Información achegada por José Fernández Pérez). Canto á mansión Forum Gigurrorum ou Forum Gigurniom como é citada no Anónimo de Rávena, ou Foro no Itinerario de Antonino que adoita identificarse coa Cigarrosa, non falta quen teoriza de que podería tratarse da Cigarrosa de Verea, nun territorio non Gigurro.

Miliario: No
ano 2021
apareceu nunha contrución en Petín, propiedade de Manuel González "Pirri", o único miliario con epígrafe
de toda a comarca de Valdeorras. Tras a descuberta, comunicoullo a Patrimonio en Ourense que nin sequera lle devolveu a chamada. Os obreiros que o atoparon dixéranlle a D. Manuel que apareceran as "escrituras da casa". Segundo José Fernández, responsable da Sección de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Valdeorreses, foi grazas ás xestións de Santiago Ferrer que o miliario non fose levado para Ourense. Debido ao seu mal estado de
conservación, tivo que ser sometido a traballos de restauración e
consolidación. Dende
o mes de xullo de 2022 está exposto xunto a Ponte da Cigarrosa.
Dedicado ao emperador Nerva, marca a milla oitenta e cinco dende
Asturica Augusta (Artorga). Tradución: "O emperador Nerva, sendo pontífice máximo investido co poder tribunicio, pai da patria e cónsul por terceira vez, mandou colocar este miliario na milla 85 dende Astorga".
Explotación mineira (Carballal-Santa María de Mones).
O Pombal (Freixido de Arriba): Sepulcros en fosa aberta.
O Pombar (Petín): Identificado cunha das mansións da Vía XVIII do Itinerario de Antonino. Nunha ampla superficie, ocupada principalmente por viñedos, apareceron grandes cantidades de anacos de tégulas e cerámica. É coñecido dende finais do século XIX pola aparición de diversos achados reflectidos nos distintos boletíns do Museo Arqueolóxico de Ourense, así como dunha piastra visigótica e dun capitel corintio de mármore.
A Reitoría (San Miguel de Mones): O xacemento atópase emprazado na media ladeira do monte, a unha cota de 650 metros. Localizáronse anacos de tégulas. A tradición sitúa no lugar unha capela adicada a San Miguel así como un edificio que polo topónimo puidera tratarse da casa reitoral da parroquia.

A POBRA DE TRIVES
No Trives Vello localizouse un asentamento romano situado a carón da vía XVIII, nas terras dos Tiburi. As primeiras referencias aparecen citadas no ano 1898 coa aparición de lápidas, sepulturas, moedas, etc. Caamaño Gesto (1977) xa fala de muros soterrados, restos de pavimentos e materiais reaproveitados nas casas. O poboado debeu contar cunha necrópole. Identificado coa antiga Nemetobriga, mansión citada no Itinerario de Antonino, e única polis do territorio dos Tiburi, segundo deixou escrito Ptolomeo, se ben é certo que varios investigadores decántanse pola Medorra, en Mendoia, basándose nas distancias miliarias e argumentos etimolóxicos (briga indica unh lugar elevado).
Ara de Ponte Bibei: Estivo na finca da marquesa de Trives. Tranoy leu: "Io. O. M./Digo"; Rivas: "I(ovi) Oud--/digo", afirmando que existen repicados ao final da primeira liña; Caamaño: "Iovo La/dico"; Colmenero: "Iov-i(nexo v-i) O(ptimo) La/dico". Malia o anterior, a lectura correcta sería: "Iovi O(ptimo) La/dico Iu(li(u)s Gr/acilis/ex vot(o)".
Dúas aras adicadas a Nabia Sesmaca (?): Nunha, desaparecida, líase: "NAVIAE/SESMA/CAE V(otum)/Annius", ("Annius ofrece este voto a Navia Sesmaca"). Na outra, tamén desaparecida: "NAVIAE/ANCETOLVS/AVRI(ensis) EXS/(C invertida de castellum)/SESM(acorum?)/VOTVM.../POSSIT [---]/Q(uoius) E(um) C(ompotem [---] F(ecit)", ("Ancetolus Auriense, do castellum Sesmacorum (?) ofrece este voto a Navia"). Murguía (1901) atribúe a Cornide a noticia dunha ara de época romana dedicada á deusa Navia aparecida en Sésamo (Culleredo), se ben o segundo nunca citou esta localidade, lendo "NAVIA/ANCETOTV/ARI EXS/SESA/VOTVM/POSSIT/[---]". O P. Fidel Fita (1903) lévaa para a Pobra de Trives. A ara xa figura recollida por Hübner na edición do CIL II (1869). Os bocetos consérvanse na Real Academia da Historia de Madrid. Creo que debe tratase da mesma.
Ara aos Lares Viais (Trives Vello): Estudada por Taboada Chivite. Descoñécese o seu paradoiro. Leu: "LARIBVS/VIALIBVS/VALLIVS/MAXIMVS/EX VOTO", ("Vallius Maximus puxo este altar aos Lares Viais").

Inscrición: No ano 1903, Fidel Fita dá conta dunha inscrición enviada por Vázquez Núñez: "[---] EVS/[---]/MAXIMVS/EX VOTO". Di que estaba en Santa María de Trives, colocada nunha casa propiedade de Darío Rodríguez, servindo de basa a un puntal de madeira dunha escaleira exterior.
Ara de Vilanova: Do s. II d.C. Situada fronte a porta principal da igrexa. Actuou como pé de altar sostendo un taboleiro do s. XV-XVI, logo tapado por un altar barroco. Peza rectangular de preto de 1,30 metros de alto e 0,55 de ancho coa inscrición: "SEVERVS FL/AVINI FIL(ius)/IOVI OP(timo) MA(ximo)/V(otum) L(ibens) S(olvit) M(erito)", ("Severus, fillo de Flavinus, puxo este altar a Xúpiter Óptimo Máximo"). Hai quen sitúa en Vilanova a mansión Nemetobriga.
Lápida funeraria (Souto do Padrón-Trives Vello): Descuberta no ano 1894 nun lugar onde había gran cantidade doutros restos romanos. Dalí pasou a formar parte dun muro, onde a copiou Manuel Hermida. Segundo unha carta dirixida por Arturo Vázquez Núñez a Gabriel Puig y Darrás, en marzo de 1894 ingresou no Museo da Comisión de Monumentos de Ourense, adiantándose ao P. Fidel Fita que a quería levar para a Real Academia da Historia de Madrid coa intermediación de José Santiago que puxara por ela (Abascal, 2021). Publicada por Fita no ano 1896 no Boletín da Real Academia da Historia nº 28. No incendio do museo no 1927, onde se atopaba, sufriu varios danos. Datada entre os séculos I-II d.C. "POPILLIVS HI/RSVTVS FLAVIAE/AVDIECI FLNCI/DDOMO(?) A/COECI AN XXXII/M S P (?)", ("Popilius Hirsutus, fillo de Flavio Vendieco, da parentela de Laucio, orixinario de Vacaego, de 32 anos de idade, está enterrado aquí"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Epígrafe (Trives Vello): Descuberta nas inmediacións da Ponte Navea, estivo colocada na capela da ponte, despois foi parar á casa da marquesa de Trives: "AELIO SPORO/IVLIVS FLAVINVS/ET ATILIVS ASTVR/H EX T", ("A Aelio Sporo polos seus herdeiros Iulius Flavinus e Atilius Astur").

Epígrafe aos Deuses Manes: O historiador italiano Muratori (1667-1750) dá conta desta inscrición como atopada no pobo de Quiero que non se corresponde co nome de ningunha entidade de poboación e Galicia, pero Hübner cre que procede da Ponte Navea xa que como no caso anterior figura o nome de Atilius Astur: "D(is) M(anibus)/ATILIAE ANNAE/ANNORUM XXI/ATILIVS ASTVR/PATER", ("Aos Deuses Manes de Atilia Aanna, de 21 anos de idade, puxo este monumento seu pai Atilius Astur"). Descoñécese onde se atopa.
Epígrafe (Piñeiro-Trives Vello): Anaco de mármore que só conserva o texto "[---] VALVITIO". Segundo Rodríguez Colmenero podería pertencer a unha inscrición funeraria. Foi atopado polo vogal da Comisión de Monumentos de Ourense Diez Sanjurjo nos muros da derruída capela da Madalena no ano 1904. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Miliario da Pobra de Trives.
Miliario (A Ponte Navea): Fragmentado en dous bloques que serven de soleira a dúas portas dunhas cortes de gando.
Miliario (A Ponte Navea): Anepígrafo, apareceu tirado no leito do río Navea.
Miliario a Tito e Domiciano: Atopado no ano 1834 a uns 200 metros augas abaixo da Ponte Bibei e levado para o pazo do Marqués de Trives. Na actualidade atópase xunto a ponte. Traducido, lese: "En tempos do emperador césar augusto Tito Vespasiano, fillo do divino Vespasiano, sendo pontífice máximo e estando investido co poder tribunicio por novena vez, o imperatorio pola décimo quinta, pai da patria, cónsul pola oitava vez, e do césar Domiciano, fillo do divino Vespasiano, cónsul por sétima vez, fíxose a vía nova, baixo os coidados do legado propector de Augusto, Caio Calpetano Rantio Quirinal Valerio Festo, no tramo correspondente á milla 94 dende Astorga".

Columna conmemorativa xunto a ponte Bibei:
Foi sacada, xunto co anterior, onda ponte Bibei. Algúns autores non ven
un miliario senón unha inscrición honorífica erixida en conmemoración
da construción da ponte, a xeito da de Chaves. O Boletín da Comisión de
Monumentos de Ourense do ano 1930 recolle que a mediados do século XIX
foi tirada ao río por uns mozos. No 1904 tentaron sacala pero os
esforzos foron infrutuosos. O texto xa fora recollido por Ceán Bermúdez
no Sumario de las antigüedades que hay en España (1832). Leu:
"IMP CAES NERVA/TRAIANO AVG GER/DACICO PONT MAX/TRIB POT COS V P
P/AQVIFLAVIENSES/PONTEM LAPIDEVM/DE SVO F C", ("Sendo emperador César
Nerva Traxano Augusto, Xermánico, Dácico, Pontífice Máximo, revestido da
potestade tribunicia, Cónsul por quinta vez, pai da patria, os
aquiflavienses fixeron á súa costa esta ponte de pedra").
Miliario (Sobrado): Forma parte do peto de ánimas situado na praza que dá á fachada da igrexa; adivíñanse restos de letras.
Villae de San Salvador (Sobrado): Séculos I-IV, ubicada no trazado da Vía XVIII onde se atoparon restos cerámicos e un miliario.
Mansión: Nemetobriga no Itinerario de Antonino, mansión que adoita identificarse con Mendoia, se ben non existe consenso entre os investigadores.

Xacemento da Cividá (A Madalena-Piñeiro).
Xacemento de Lamadavía (A Pobra de Trives).
PORQUEIRA
Ara a Ariounis Mincosegaeigis (Nocelo-Sobreganade): Servía de pé de altar da ermida de San Tomé de Nocelo. Segundo Rivas e Seara Carballo, Ariounis podería ser unha enigmática denominación de varios deuses. Segundo J.C. Olivares, non é desbotable que Ariounis puidera ser un primeiro apelativo e Mincosegaeigis o segundo dunha divindade cuxo nome non se cita ou duns Lares: "ARIOVNIS/MINCOSEG/AEIGIS/C(aius) NARCISIVS/RUFVS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)". Coa cara superior cortada para recibir a ara actual, unha pedra cadrada que en forma de lousa contén as reliquias cristiás.
Estela funeraria do Outeiro ou de Blendea Mantai (O Rial-Sabucedo): Foi adquirida polo Museo Arqueolóxico Nacional no ano 1936. Na parte superior, de forma triangular, vese un gran motivo helicoidal no centro e outros tres circulares máis pequenos. A peza está fragmentada na base, faltándolle un pequeno anaco. Non existe consenso canto á lectura. Unha: "BLEN/DEA/MANT/AI F(ilia) M/ONIME/NTVS ST/AT(uere) FECIT/MAXVMVS", (Blendea Mantai, ou Blendea, filla de Mantai...). Outra: "BLEN/DEA MANT/AI ANN(orum) II M/ONIME/NTVS ST/AT(nere)/FECIT MAXVMVS", ("Blendea Mantai de dous anos. Máximo fixo erixir este monumento").
Miliario: No ano 2014 a alcaldesa de Porqueira solicitou a Patrimonio a retirada dun miliario tirado dende hai décadas no cauce do río Limia, en Lobios de Sever, parroquia de Paradela, situado a carón da vía XVIII. O miliario foi descuberto no ano 1997 pola asociación Terra do Millo. En tempos utilizouse como pasal do río.
Xacemento de Mouruás (O Agro-Sabucedo): Apareceron ladrillos, tégulas e algunha pedra granítica labrada.
Outros xacementos: O Carrilano (San Lourenzo de Abeleda), O Soutullo (Penín Novo-Sabucedo), O Loural (O Rial-Sabucedo), As Quintas (San Lourenzo de Abeleda).
PUNXÍN
Moedas: No castro de San Trocado apareceron varias moedas, entre outras dous denarios, un dentado. Segundo Cavada Nieto, en Barbantes apareceron moedas de prata e cobre.
Xacemento da igrexa parroquial de Santa María (A Forxa-Punxín).
Xacemento da Torre do Faro ou Alto do Faro (Cabo-Freás): Catalogado pola arqueóloga Nieves Amado Rolán.
QUINTELA DE LEIRADO
Ara de Xacebáns: Foi rescatada por Antonio Seoane, membro da Real Academia Galega no 1951 que tamén participou na creación do Museo do Pobo Galego. Estaba nun palleiro e utilizábase para afiar fouciños. Adicada a Deva. Custódiase no Museo Arqueolóxico de Ourense (Información recollida do blog Á sombra do Penagache).
Castro de Redemuíños:
Coñecido como O Castelo. De grandes dimensións, sitúase nun lugar dominante. Apareceron muíños
de man e restos cerámicos. Apareceu unha xarra con 27 moedas
imperiais romanas. No ano 1803, o corrixidor de Milmanda (Celanova)
informou de que enviou as moedas a través de Marcos Alonso á Academia de
Historia quen, por oficio do 11 de outubro de 1804, decidiu non mercalas
por contar con outras semellantes. Descoñécese o seu paradoiro
actual. Eiquí erixiuse posteriormente unha fortaleza medieval.
RAIRIZ DE VEIGA
Ara a Bandua Veigebreaego:
Custodiada no Museo Arqueolóxico de Ourense. Atopábse na igrexa parroquial de San Xoán de Rairiz de Veiga. O focus, rectangular, actuou como pía de auga bendita en 1957, función para o que foi
agrandado: "V (otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)/BANDVE/VEIGEBR/EAEGO/M(arcus) SILON/IVS GA (leria)
SI/LANVS/SIG(nifer) COH(ortis) I/GALL(icae) C(iuium) R(omanorum)", ("Gustoso cumpriu o seu voto a Bandua
Veigebreaego Marcus Silonius Galeria Silanus, abandeirado da primeira
cohorte dos Galaicos, cidadán romano"). Foi dedicada ao deus galaico Bandua por un individuo da tribo Galeria, pertencente á Cohors I Gallica civium Romanorum que formaba parte como portaestandarte da Legio VII Gemina.
Ara (Rairiz de Veiga): "DEO VEXILLOR(um)/MARTIS SOCIO/BANDVAE", ("A Bandua, deus das bandeiras, socio de Marte"). Aínda que algúns autores a consideran falsa, Rodríguez Colmenero non opina o mesmo, primeiro porque no lugar existe outra inscrición adicada á mesma divindade, segundo porque a forma "socius", máis xenitivo, parece confirmarse noutra inscrición, e terceiro porque resultaría extraño que en séculos pasados lograran identificar a inscrición. Atopábase na igrexa parroquial de San Xoán. Desaparecida? Ou trátase da anterior pero con outra lctura? Citada polo arcipreste de Santa Xusta de Toledo nos seus Adversarios cando veu a Galicia co bispo de Toledo.
Ara aos Lares Viais: "LARIBVS/ALDVMI/AENNSIBVS/MARBASENS/FUERVM/ILIVS L I/QVIRINA DEN/TO V S L M".
Epígrafe (San Pedro de Sabariz): Só hai unha referencia recollida polo polémico xesuíta Jerónimo Román de La Higuera (1538-1611), famoso por falsificar e desfigurar textos antigos: "LARIB ALITRAN/[---]/ V S L A".

Epígrafe (San Pedro de Sabariz): Como no caso anterior, só existe unha referencia recollida por Jerónimo Román de La Higuera: "VALERIVS/SA[---]MVS/ALITRANS D/NEST PATRIS/S D M R/P S".
Epígrafe: "SILIA/EX/VOTIS".
Epígrafe: O Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1899 fala dunha epígrafe citada por Barros Sibelo atopada xunto Rairiz de Veiga, pasado o regueiro do Vilar.
Miliario de Congostro: Atopado polos arqueólogos Celso Barba e David Pérez a comezos do verán do 2010 aos pés dun vello carballo situado no camiño medieval que unía Congostro con Ponte Liñares, camiño que aproveitou as antigas infraestruturas da Via XVIII.
Miliario de Padroso (Padroso-Lampaza): Reutilizado como base de sustentación do tellado dun alpendre.
Miliario (Rairiz de Veiga): Desaparecido. Citado por Barros Sibelo: "CAES/[---]/ES/VI COS I ANTI/II NEPOT ON".
Miliarios do Padrón: Atopados no ano 2011 por David Pérez López e Celso Hugo Barba. Dividen as parroquias de Güin (Bande) e Congostro (Rairiz de Veiga). O máis grande, anepígrafo, mide 2,6 metros de alto. O segundo, que estaba tirado, presenta tres cruces de termo e unha pequena inscrición moi desgastada. Marcaban a milla LX de Braga a Astorga.
Miliario das Pedrosas (Penelas-Ordes): Citado por Elixio Rivas, descoñécese onde estaba ubicado.
Miliarios da Saínza: Diez Sanjurjo cita tres miliarios ilexibles preto do castro de Ordes e máis adiante na Saínza.
Miliario: Barros Sibelo cita entre Parada, parroquia de Ordes, e Parada de Outeiro, en Vilar de Santos, un miliario que estaba enterrado.
Vía Nova: No mes de maio de 2011 o Concello encargou a redacción dun proxecto para poñer en valor a Vía Nova entre Congostro e A Saínza (quizais un dos tramos mellor conservados en Galicia), así como a recuperación do miliario de Padrón. Cando en xuño de 2011 se estaban a realizar os traballos para poñelo en valor apareceu outro miliario que estaba deitado no camiño; o fito marca a milla XL da Vía Nova e presenta un pequeno corpo epigráfico e unhas gravuras, incluída unha cruz que representa unha demarcación medieval. No concello consérvanse tramos no Toxal da Saínza, na Ponte Catuxa, no Lombo en Santa Baia e noutros lugares das parroquias de Congostro, Ordes e Rairiz de Veiga. O tramo da Vía XVIII ao seu paso polo municipio foi estudado por Alvarado Blanco, Rivas Fernández e de Vega Pato.
Outros xacementos: A Estrada dos Mouros (A Saínza), A Presa ou Ponte da Catuxa (A Saínza), O Lombo (Santa Baia-Rairiz de Veiga).

RIBADAVIA
Ara (Francelos): "D(is) M(anibus) S(acrum)/PATERNA/ANNORVM/XXXV", ("Aos deuses manes. Paterna de 35 anos").
Ara (Francelos): "D(is) M(anibus) S(acrum)/PATERNA/ANNORVM/XXXV", ("Aos deuses manes. Paterna de 35 anos").
Ara "celta": En El Correo Gallego do 7 de agosto de 1956, Juan Carlos Villacorta fala dunha "ara celta" situada nun monte non moi lonxe da taberna "O Rapacito".
Explotacións auríferas do Foxo do Cabrito e A Grova (Sanín).
Moedas: No castro de Veiga, en Ventosela, apareceron seis moedas, unha de Adriano.
A Planada
(Regodeigón-Ribadavia): Apareceron dúas xoias datadas entre os séculos III a.C. e I d.C., unha de bronce
en forma de espiral recuberto cunha lámina de ouro e espirais de ouro e prata, tégula, muíños
circulares e terra sigillata. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Xacemento da Eira dos Mouros (Camporredondo): Localizado por Nieves Amado Rolán. Posible asentamento de chaira. Tégula e cerámica común romana.
Xacemento de Rameirán/As Alcabras (Sanín): Documentado pola arqueóloga Nieves Amado Rolán. Apareceron tégulas, ladrillos, ímbrices e cerámica romana. Segundo os veciños había uns muros soterrados e muíños circulares.
Xacemento de Valdesiños (Valdepereira-Ventosela): Localizado por Nieves Amado Rolán. Tégulas e ladrillos.
Unha ara?: No Museo Etnolóxico de Ribadavia, xunto as escaleiras do patio, hai unha peza que semella unha ara, con moldura e focus.
RIÓS
Xacemento da Pinza (Vilariño das Touzas-Progo).
O Castelo (Trasestrada): Atopáronse tégulas, muíños e cerámica común.
Castro romanizado da Pedreira (Valmedo-Trasestrada).
A Rega do Euxenio (San Cristovo-Trepa): Apareceron restos cerámicos.
Estela de Riós: Atopada ao realizar unhas obras na casa reitoral, actuaba como lintel dunha porta interior, cara a galería. Na actualidade atópase no interior da igrexa de Santa María de Riós. A decoración cobre os rexistros superior e inferior, intercalándose o texto da inscrición funeraria: "G(neo) NIGRINI/VS ALBINV/S G(neo) ALBIANO/NIGRINO AN(norum)/XVI F(ilius) M P/D(is) M(anibus) S(acrum)", ("Gneo Nigrinius Albinus dedicou este monumento ao seu fillo Gneo Albiano Nigrino, de 16 anos, aos deuses Manes"). Datada no século III d.C.
Epígrafe de Progo: De tamaño reducido, presenta tres liñas de escritura. Pode tratarse dunha ara romana. Apareceu con motivo da restauración do retábulo da igrexa.
Ara a Bandua: Polo de agora só dispoño dunha imprecisa referencia.

A RÚA
Figura en bronce dun togado: Vencellada, posiblemente, a unha vila.
Lápida da Rúa Vella: Cuarzosa, adicada a Lucio Pompeio Reburro Fabro que apareceu preto da ponte da Cigarrosa. No ano 1680 leváronna para a igrexa parroquial onde a colocaron no altar maior e, anos despois, no muro da casa onde se pode ver hoxe en día. A súa importancia vén dada, sobre todo, porque por ela coñécese o nome de Calubriga, poboado dos Gigurros: "[L(ucio)] POMPEIO L(ucii) F(ilio)/POM(ptina) REBVRRO FABRO/GIGVRRO CALVBRIGEN (si)/PROBATO IN COH(orte) VII PR(aetoria)/BENEFICIARIO TRIBVNI/TESSERARIO (C invertida, centuria").
Miliario (Fontei): Trátase dunha columna de sección circular de 113 cm de alto e cunha base duns 80 cm de diámetro. Estivo encaixado no chan en Fontei máis da metade, amarrado con cemento. Agora está sobre un pedestal na rúa do Santo. Segundo os veciños, utilizábase como columna para cargar as bestas. Do sil.info de novembro de 2024 recollo que tamén foi utilizado como pisón de castañas. Próximo á Vía Nova.
Preto do castro da Coroa, próximo ao trazado da Vía XVIII, apareceu unha estela, posiblemente castrexa, de forma cónica cun rostro humano.
Explotacións auríferas do Curral de Milleirós (San Xulián) e da Pala (Vilela).
Igrexa de Santo Estevo de A Rúa: Nun muro da igrexa pode verse unha cabeza humana esculpida en granito da que se descoñece a procedencia.
A Rúa Vella: Xacemento que se atopa no casco urbano. Apareceu un capitel romano e constátase a presenza doutros restos. Moi preto de onde se atopou o capitel documentáronse cinco canles de sección xeométrica, así como restos de muros compostos de pedra e barro que parecían dar forma a unha construción de trazado octogonal. Apareceron durante unhas obras na rúa de acceso á igrexa parroquial.
Pedro Vidal Gayoso, no "feis" de Arqueoloxía de Galicia, achega unha foto dunha basa e dun fuste romano que "adorna" un muro de bloques de cemento.

RUBIÁ DE VALDEORRAS
Ara a Reva Anabaraeco:
Ara sobre a que existe debate sobre a súa procedencia. Segundo Hübner, a inscrición procede de Ruana (Trujillo-Cáceres) se ben
semella que provén de Galicia xa que o teónimo co mesmo apelativo foi
atopado na Casa dos Fornos, na cidade de Ourense, que é onde a sitúa
Prósper (2009). Moralejo lévaa para Castro Caldelas. Dise que se atopaba
en Rubiana no 1740, e
cara o 1925 no Museo Diocesán de Astorga, desparecendo despois. Tamén a cita o P. Fidel Fita en 1911. Segundo
T. Hervella estaba rota, faltándolle a metade: "REVVE ANABARAECO APER
ALBINI F(ilius) TVROLVS V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Albino
Turolus, Africano, puxo de bo grado este monumento a Reve Anabaraeco").
Epígrafe a Caracalla: Na Serra da Encina da Lastra. Dada a coñecer por Barros Sibelo, só se conserva a transcrición, atopada "a la bajada de la cuesta de la Encina de la Lastra último límite de Rubiana, confinando con la provincia de León entre las antiguas mansiones de Foro y Gemestario...". Reinterpretada logo por Rodríguez Colmenero: "IMP(eratori) CAE(sari)/M(arco) AVRELIO ANT(onino) P(io)/PONT(ifici) MAX(ximo) GER(manico) M(aximo)/PAR(thico) MAX(ximo) R(abigo) MAX(imo)/TR(ibunicia) POT(estate) P(atri) P(atriae)/[ab] ASTVRICA/M(ilia) P(assuum) XII".
Mina de Melgotos (Pardollán):
A fronte foi soterrada polos escombros dunha explotación de ocre
próxima; explorada por membros do Clube de Espeleoloxía Maúxo de Vigo. Explotacións mineiras en varias partes do concello.
Pala I do Regato de Pardollán: Evidencias de momentos finais do mundo romano, especialmente na Pala da Zorra onde se recuperaron pezas de calidade (sigillata hispánica tardía e paleocristiá) que evidencia unha intensa ocupación dende o Paleolítico.Vía Nova: No mes de outubro de 2024 acometéronse os terceiros proxectos de recuperación da vía na serra da Enciña da Lastra. Trátase dun tramo de 2,5 quilómetros, restaurándose na última fase 25 metros baixo a dirección de Santiago Ferrer. En Oulego adoita situarse a mansio Gemestario.
Castro de San Cibrán de Las:
Castro romanizado. Xunto unha das murallas da croa hai unha inscrición sobre un penedo adicada a "IOVI". Saíron á luz varias moedas, entre outras un bronce de Emérita,
un mediado de Cascantum tipo touro e unha moeda da República.
Ara de Eiras: Foi dada a coñecer por Xaquín Lorenzo Fernández no ano 1968 en Inscripciones romanas de Galicia IV, provincia de Ourense. Adicada a Bandua Lambricae. Atopouse formando parte dunha mesa de pedra situada no xardín da Casa Grande de Eiras. Para Rivas, a relación do epíteto do deus co topónimo Las (o castro non se atopa moi lonxe) estaría clara xa que nun documento do ano 1458 o topónimo aparece citado como Laans. Malia o anterior, non existe consenso canto á súa lectura. "BANDV/A LAMBR/RICAE AE/MILIVS RE/BVRRINVS" ou "BANDV(e)/ALAN[ON SIVE SB?]/RICAE AE/MILIVS RE/BUR[RI]N[VS]". Albertos le: "LANOBRIGAE"; Rivas Fernández e García Quintela: "LANSBRICAE"; Rodríguez Colmenero: "BANDVE ALANOBRICAE". En mans particulares, non está accesible ao público. O día 13 de outubro de 2016 presentei senllos escritos diante do Servizo do Patrimonio Cultural en Ourense e o Concello de San Amaro para que se protexa este ben.

Dedicatoria a Sadu: Apareceu no castro de San Cibrán de Las. Trátase dunha lousa partida pola metade en dúas partes lonxitudinais que encaixan: SADV/VLAD/V".
Epígrafe: Na cara A: NA/BIA(e)". Na cara B: "ABIONE". No centro de interpretación do castro de San Cibrán de Las.
Epígrafe (San Cibrán de Las): "MI / VLE". Segundo Lorenzo Fernández puidera ser un epígrafe
funerario. Para Rodríguez Colmenero, dada a
fragmentación do texto, a lectura é difícil de interpretar, pero con
todo cre que é un ara votiva, e como tal a clasifica no capítulo
dedicado a altares de teónimo pouco claro.
Inscrición: "D(ominus) N(osta)/IMP(erator) CA(esar) VAL(erius) CON/STANT(tius) NO/BILISSIMVS CA(e)SAR".
Posible miliario (Eiras): Felisindo González Iglesias, no seu blog Arredor de Lámbrica, achega un posible miliario que actúa como pé dun hórreo. O fito non garda semellanza con outros pés da zona polo que cre que puído ser reaproveitado, sen desbotar que se trate dunha columna.
Vila de Eiras: Xunto a igrexa parroquial existen evidencias dunha vila romana.
Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica: Xunto o castro de San Cibrán de Las.

SAN CIBRÁN DAS VIÑAS
Ara a Xúpiter (Noalla): Hai
anos atopei no desaparecido xornal El Pueblo Gallego do 17 de
maio de 1972 a noticia da aparición dunha ara dedicada a Xúpiter,
descuberta polo concelleiro de Ourense Manuel Blanco Guerra. A
noticia di que apareceu preto da ponte de Noalla, concello de San
Cibrán das Viñas, non moi lonxe do Cumial, e que fora reutilizada
“como una piedra más en una pared”, sen aclarar onde. No mes de
xaneiro de 2023, o profesor da Universidade de Alacante, Juan Manuel
Abascal Palazón, envioume un correo dicindo que na igrexa parroquial
de San Salvador de Noalla había unha ara reutilizada nun muro rente
ao chan, co coroamento e zócolo claramente diferenciados, pero que só
presenta dúas liñas de texto: “I. O. M. / FE”. A primeira liña
está clara, fai alusión á Xúpiter Óptimo Máximo, non así a
segunda, que non é probable que sexa o comezo do verbo FE(cit),
senón o do nome do dedicante, se ben isto non deixa de ser unha
hipótese. Debe ser a mesma descuberta por Blanco Guerra. O amigo
José Antonio Gavilanes achegouse ata a igrexa e sacoulle á ara
varias fotos, realizando despois unhas fotogrametrías para saber se
aparecían algunhas letras máis. Pero non, non aparece nada máis
polo que cabe a posibilidade de que se comezara pero non se rematara
a inscrición ou, incluso, se completara pintando as letras. Juan
Manuel apunta a que tamén é posible que se trate dunha proba de
taller ou un ensaio de escritura.
Ara na desaparecida ermida do San Xoán: Votiva. "(I(ovi) O(ptimo) M(aximo)
D(e) S(uo) E(x) V(otum) P(osuit)", ("Dedicada a Xupiter Óptimo Máximo, a
súa costa, por un voto"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Miliario a Carino: Século III, descuberto no ano 1972 no interior da capela románica do Santo Cristo: "M(arc)O AUR(elio)/CARINO/NOB(ilissimo)/CAES(ari)", ("Dedicado a Marco Aurelio Carino, nobilísimo césar").
Miliario da desaparecida ermida do San Xoán: No Museo Arqueolóxico de Ourense. Ano 305-306: "D(omino) N(ostro)/FLAVIO/VAL(erio)/ CONSTA(ntio)/PIO FE(lici) INVI/CTO/AVG(usto)/P(ontifice) M(aximo)", ("Ao noso señor Flavio Valerio Constancio, pío, feliz, invicto, augusto, pontífice máximo").
O Piñeiral (O Piñeiral-San Cibrao das Viñas): Apareceu cerámica común e tégulas.
Alto do Paso (San Cibrán das Viñas): Xacemento situado nun outeiro granítico onde se atoparon anacos de tellas e cerámica.
San Xoán (San Cibrao das Viñas): Xacemento situado na ladeira dun outeiro preto da aldea de O Piñeiral. Atopáronse cerámicas comúns e algunhas tégulas dispersas pola ladeira.

Estela funeraria do castro de San Facundo:
Atopada no ano 1905 nas inmediacións do castro, cando unhas obras na estrada do Carballiño a Cea. Mostra unha figura insculpida dentro do que
semella un nicho. Sobre o peito da figura lese a inscrición "MEID/VENA", (“MEID/VENA (MEIDVENA MEID(uriorum)/VE(r)NA”). Según Xaquín
Lorenzo a inscrición co nome Meid- é o mesmo do Castellum Medunium,
crendo que se trataría dun escravo da localidade. A peza
interpretouse como monumento funerario por García y Bellido (1972),
pero Fariña opina que podería tratarse da representación dunha
deidade, da mesma raíz que a da comunidade dos Meidubrigenses.
No mesmo castro saíron á
luz varias moedas de época romana, tégulas, laxas labradas, etc. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
SANDIÁS
SANDIÁS
Mansión: A mansión Geminis no Itinerario de Antonino ou Gemina do Anómino de Rávena, adoita situarse en Sandiás se ben hai autores aos que non convence tal ubicación (Rodríguez Colmenero et al. 2004).
Ara de Sandiás: Anepígrafa; de granito con molduras nos extremos e corpo central prismático, ten focus. Atópase xunto o muro dunha casa, suxeita con cemento.
Miliario das Antas, vulgo As Santas (Couso de Limia): Adicado a Treboniano e Velusiano, foi partido para facer postes.
Miliarios de Vilariño das Poldras (Couso de Limia):
Un, adicado a Máximo e Maximino, atópase no xardín do pazo do Penedo,
colocado de forma invertida e que actúa como pedestal dunha estatua. "IMP(eratori) CAES(ari)
FL(avio)/CLAVD(io)/IVLIANO/INVICTO/AVG(usto) PONT(ifici)/MAX(imo)
TRIB(unicia)/POT(estate) P(atri) P(atriae) C(onsuli)/PROC(onsuli)".
Outro estaba enterrado nunha finca denominada A Lama, por onde
transcorría a vía romana; hoxe en día está colocado xunto con outros
dous nunha pista da concentración parcelaria; traducido, lese: "O emperador césar
augusto Gaio xulio Vero Maximino, pío, feliz, xermánico máximo, dácico
máximo, sarmático máximo, pontífice, coa tribunicia potestade por quinta
vez, emperador pola sétima, pai da patria, cónsul, procónsul, e Caio
Xulio Vero Máximo, nobilísimo césar, xermánico máximo, dácico máximo,
sarmático máximo, príncipe da xuventude, fillo do noso señor o emperador
César Caio Xulio Vero Maximino, pío, feliz, augusto, mandaron refacer
as vías e as pontes deterioradas polo paso do tempo, sendo responsable
Quinto Decio, legado propretor dos augustos, esclarecido varón, na milla
67 dende Braga". Barros Sibelo cita un, desaparecido, adicado a
Traxano Hadriano. A Coroa ou O Foxo (Arcos-Piñeira): Asentamento situado nun outeiro pouco elevado, descuberto no ano 1993 cando as obras da autostrada das Rías Baixas; o cumio está alterado pola construción dunha ermida posta baixo a advocación de San Pedro e polo acondicionamento dunha pista; apareceron fragmentos cerámicos de pastas claras, grises e negras, escouras de ferro, restos de tella e un cravo de sección cadrada.
Miliario da Corga (Piñeira de Arcos): Adicado a Galerio. Atopado no ano 1964 durante os movementos de terra realizados para a desecación da Lagoa de Antela, entre A Corga e Zadagós. No Museo Arqueolóxico de Ourense. Ano 305: "D(omino) N(ostro) IMP(eratori) CAES(a)RI/G(alerio) VALERIO MAXSI/MIANO P(io) F(elici) INVICTO/PR(oconsuli)", ("Ao noso señor césar emperador Galerio Valerio Maximiano, pío, feliz, invicto, augusto, procónsul").
Miliario de Zadagós (Zadagós-Piñeira de Arcos): Atopado no ano 1920 no lugar coñecido como Carballo do Pereiro, na marxe esquerda da Vía Nova. Dedicado aos emperadores Maximino e o seu fillo Máximo, non indica milla ningunha. Ten un marcado carácter propagandístico facendo referencia á reparación e coidado das vías e outras obras. Fragmentouse en dous. Na actualidade está colocado nun cruce, á beira da estrada. Segundo Rodríguez Colmenero, Ferrer Sierra e Álvarez Asorey lese: "Imp(erator) caes(ar) C(aius) Iulius Verus Maxim[i]nus pi[us] fel(ix) aug(ustus) germ(anicus) max(imus) dac(icus) max(imus) [s]arm(aticus) max(imus) pont(i)f(ex) (maximus) tr[i]b(unicia) pot(estate) V i[m]p(erator) VII p(ater) p(atriae) co(n)s(ul) pr(o)co(n)s(ul) et C(aius) Iuliu(s) Verus Maxim(u)s nobi[lis]simus caes(ar) germ(anicus) max(imus) da[c(icus) m]ax(imus) sarm(aticus) max(imus) pr[i]nceps iu[v]en tutis fil(ius) d(omini) n(ostri) imp(eratoris) caes(aris) G(ai) Iu[li] Veri Maximin[i] {fil(ius)} pius fe[l(ix) a]ug(ustus) vias et pontes [i]n tempor[ib]us vetustate con[l]apsos rest[i]tiu pr(a)eceperunt [c]ura agen[e] Q(uinto) Decio leg(ato) augg(ustorum) [p]r(o)pr(aetore) c(larissimo) v(iro)", ("Ao emperador césar augusto Gaio Xulio Vero Maximino, pío, feliz, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático máximo, pontífice, coa tribunicia potestade por quinta vez, emperador pola sétima, pai sa patria, cónsul, procónsul; e Caio Xulio Vero Máximo, nobilíssimo césar, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático máximo, príncipe da xuventude, fillo do noso señor o césar emperador Caio Xulio Vero Maximino; pío, feliz, augusto mandaron refacer as vías e as pontes deterioradas polo paso do tempo, sendo responsable Quinto Decio, legado propretor dos augustos, esclarecido varón (na milla 71)".
As Poulas da Cavadiña (Ladeira-Piñeira): Aínda se poden ver grandes pedras do firme, removidas por un arado, dun tramo da Vía XVIII.
A Praza da Lagoa (A Chousela-Piñeira): Apareceu cerámica común e fragmentos de tégula.
A Praza das Cavadas (Sandiás): Saíu á luz cerámica común, tégula e ladrillo.
A Praza dos Inxertes (Sandiás): Xacemento moi alterado por construcións modernas; apareceron fragmentos de tégula, pedras labradas e unha base de columna de granito. Tomando o Itinerario de Antonino do século III, hai autores que sitúan no concello a mansio Geminas, á beira da Vía XVIII.

A Igrexiña (Zadagós-Piñeira): Nunhas terras de labor atopáronse anacos de cerámica común e tégula.
Xacemento do Porto (Piñeira de Arcos): Xacemento romano tipo villa ou vicus con
necrópole adxacente xunto a igrexa parroquial. Din os veciños que cando
se ampliou o cemiterio apareceron tumbas antigas, feitas con tégulas
que foron arrasadas. Apareceu cerámica común, tégulas, ladrillos e
muíños circulares de man.
Outros xacementos: O Carrasco (Coalloso-Sandiás) onde apareceron fragmentos de tégula e cerámica común, A Igrexa (Zadagós), Falangueira (Coalloso-Sandiás), Praza das Cavadas (Sandiás).
SAN XOÁN DO RÍO
Minas na serra de Cabanas (O Xunquedo-Cabanas).
Mina dos Biocos (na serra de Cabanas): Explotación a ceo aberto onde se observan entrantes e saíntes que indican as sucesivas marcas de laboreo. Hai restos de pozos e galerías que serían de prospección; ao parecer existen indicios dun asentamento galaico romano.
Miliario de Caro (Aciveiro): Adicado a Caro, trátase do fragmento dun miliario utilizado como contrapeso de lagar. Traducido, di: "Dedicado ao césar emperador Marco Aurelio Caro, pío, feliz, invicto, augusto, pontífice máximo, investido co poder tribunicio, cónsul, pai da patria, procónsul".
Miliario de Carino: A finais do século XIX atopouse un miliario adicado a Carino (s. III) no lugar de Castromao que servía como soporte dunha corte; na actualidade atópase nunha área de descanso que hai xunto a estrada C-536: "M(arco) AVRELIO/CARINO P(io) FELIICI/AVG(usto) P(otestate) TRIB(unicia) P(atri)/P(atriae) P(ro)CONSVLI", ("A Marco Aurelio Caro, pío, feliz, augusto, investido co poder tribunicio, pai da patria, procónsul, cónsul").
Miliario de Caro (Cerdeira): Estaba encaixado no muro do patio da Casa do Curro, con motivo das obras de reforma foi retirado da súa posición e apartado para unha esquina. Traducido, lese: "Dedicado ao césar emperador Marco Aurelio Caro, pío, feliz, invicto, augusto, pontífice máximo, procónsul, cónsul".
Miliario (Cerdeira): Atópase no xardín dunha casa, só é posible ler "IMP[---]".
Miliario a Tito e Domiciano (Os Fontaos-Aciveiro): Ao parecer foi atopado no ano 1974 por unha brigada de Obras Públicas; na actualidade atópase nas dependenzas do edificio administrativo en Ourense. Malia o anterior, creo que a copia do texto foi enviada polo arquitecto e enxeñeiro de camiños, natural de Monforte de Lemos, Alejo Andrade Yáñez (1793-1844), á Real Academia da Historia; daquelas debía estar completo xa que o texto do señor Andrade é máis longo: "MP TITO CAE LEG VI/VESP PII VESPASIANO/AVG PONT MAXI RIB/POT VIII IMP[------] PP/COS VIII/CAES DIVI VESPASIANO/[------]/VIA NOVA [------] TVRICA/C CALP RA[------]ALE". O anaco que se conserva di: "IMP TITO CAES DIVI VESP F/VESPASIANO AVG PON MAX/TR POT VIII IMP XV/P P COS VIII/IMP CAES DIVI VESP F DOMITIANO/COS VII", ("Ao emperador divino César Vespasiano, fillo de Vespasiano Augusto, pontífice máximo, revestido da potestade tribunicia por novena vez, e da imperial por quinceava vez, pai da patria e cónsul por oitava vez, e ao emperador divino César Domiciano fillo de Vespasiano cónsul por sétima vez").
Miliario a Constancio I (Os Fontaos-Aciveiro): Ano 293-305. Apareceu no ano 1972 formando parte dun bancal: "...FLAVIO VALERIO/CONSTANTI NOBILISSI/MO CAESARI", ("A Flavio Valerio Constancio, nobilísimo césar"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Miliario de Xuliano: A finais do s. XIX apareceu un miliario no terreo coñecido como O Chao do Cego de Abaixo, entre o Alto de Cerdeira e Aciveiro, adicado a Xuliano o Apóstata (355-363); outro máis, que fora reutilizado para delimitar unha cuneta da estrada, foi trasladado, xunto cos dous anteriores, ao Alto de Cerdeira, e logo trasladados á área de descanso que hai xunto a estrada comarcal.
Miliario (Castomao-Castrelo): Anepígrafo, serve de piar dun alpendre dentro do patio da casa reitoral.
Miliario de Constancio Cloro (Cerdeira): Ano 292-306. Actuaba como lintel da porta dunha corte. Atópase na área de descanso: "IMP(eratori) CAES(ari)/FLAV(i)O VA/LERIO CON/STANTINO/IN(victo) AUG(usto) P(ontifici) MAX(imo)/P(atri) P(atriae)", ("Dedicado ao césar emperador Flavio Valerio Constantino, invicto augusto, pontífice máximo, pai da patria").
Miliarios (As Guístolas-Cerdeira): Coñecidos como miliarios de Cerdeira e logo desprazados ao lugar das Guístolas, un deles é anepígrafo e os outros tres de tipo honorífico conmemorativo. Un de Flavio Valerio Constantio, outro de Flavio Claudio Iuliano e un terceiro adicado a Marco Aurelio Carino cuxo tamaño foi reducido para adaptalo como columna e do que tampouco se conserva a primeira liña da inscrición.

Posible
explotación mineira na Serra de Cabanas, entre San Xoán do Río e
Ribas de Sil:
O
27 de agosto de
2023,
o xeólogo Oscar Pazos de Vigo, os afeccionados Ana Belén Treinta e
Sergio Fernández de A Guarda e os irmáns Iván e Marco Pillado,
veciños de San Xoán de Río, foron na busca
dunha pequena e esquecida mina galaico-romana na vertente norte da
Serra de Cabanas,
entre San Xoán de Río e Ribas de Sil, unha serra ameazada pola
construción dun gran parque eólico. O
obxectivo do día era comprobar a existencia desta mina e poder
solicitar a súa inclusión no catálogo de Bens Culturais da Xunta
de Galicia como xacemento arqueolóxico. Os concellos da beira sur do
río Sil gardan un patrimonio arqueolóxico, natural e etnográfico
extraordinario, mais moi mal documentado e en risco de perderse para
sempre, e nesta altura a ameaza inmediata é un mega-proxecto eólico
administrativamente agochado baixo dous polígonos independentes, o
PE Ventumelo e o PE Treboada. A existencia
na cartografía da zona do topónimo “Furados”
xusto no liñamento entre as explotacións dos Biocos -San Xoán de
Río- e o Burato do Lobo – Ribas de Sil- deu o indicio da posible
mina galaico-romana, e a cartografía de pendentes axudou a localizar
a corta. De
momento non
hai que desbotar a existencia de galerías ou pozos de minaría
subterránea.
No ano 1834 foi levado para o pazo do Marqués de Trives un miliario situado a carón da Ponte Navea que estaba nun pendello, dedicado a Tito e Domiciano.Outros miliarios no Museo Arqueolóxico de Ourense.
SARREAUS
Forum ou Civitas Limicorum (Monte do Viso-Nocelo da Pena): As primeiras referencias ao xacemento do Monte do Viso ou á Cidá datan dos séculos XVIII e XIX da man de González de Ulloa e Flórez, citando a descuberta de dúas lápidas honoríficas polo que deduciron que aquí se atoparía o Forum Limicorum, hipótese que un século máis tarde defendería Marcelo Macías. Entre os numerosos achádegos atópase unha ara adicada aos Lares Viais e
unha inscrición a Adriano e Antonino Pío pola Civitas Limicorum
aparecida nos montes de San Pedro. A
primeira noticia sobre as lápidas de Nocelo da Pena proporciónaa o cura
de Chamosiños, Pedro González de Ulloa, no ano 1777. Unha das epígrafes do Monte de San Pedro transcríbea, ao seu xeito, Cornide
Saavedra: "Ao emperador César, fillo de Traxano Pártico, neto de Nerva,
bisneto de Aelio Hadriano Antonio Augusto Pío, pontífice máximo, tribuno
catro veces, cónsul tres, pai da patria dedicouse esta cidade dos límicos". No ano 1835
colócannas na base dun cruceiro que é como as atopa Barros Sibelo. No
1897 son trasladadas para o Museo de Ourense.
Ara a Bandua: A Bandua. Descuberta por Barros Sivelo preto da igrexa de Codosedo. Enviou un debuxo no ano 1860 para a Real Academia de la Historia de Madrid. No ano 1999 reapareceu tirada nun camiño que vai cara a igrexa. Pode transcribirse como: "[-]cius [Fl/avii f(ilius) Ba/ndue Ae[d?]/iobrico/v(otum) l(ibens) a(nimo) s(olvit)"; ("Marcius (?), fillo de Ruus (?), fai esta dedicatoria a Bandua de
Ae(t)iobrigo (?), cumprindo o seu voto con ánimo alegre"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Epígrafe (Codosedo):
No mes de xuño de 1911, Marcelo Macías enviou unha carta ao P. Fidel
Fita, da Real Academia da Historia, informando dunha inscrición preto a
igrexa de Codosedo, pero da que aínda non recibira información do
párroco. Quizais se trate da ara a Bandua atopada por Barros no 1860.
Ara de Codosedo: Atopada por Rivas Fernández nos anos noventa do século XX, empotrada no muro da casa de Dª Olimpia Caneiro, situada xunto a estrada a Vilar de Barrio: "VLIO C/AL A(N)T/(P)AI APF/V L S".
Ara de Folgoso (Cortegada): Na capela de San Nicolao. Unha lectura:"ROINE/Q APILI/VS SE/VER/VS V S L M". Outra lectura proposta:"PROINETIE/Q(uintus) APILI/CVS SEVE/RVS V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Quintus Apilicus Severus cumpriu seu voto a Proinetia con ánimo compracido"). Javier Torres, cando me enviou a foto no mes de decembro de 2023, contoume que na parte superior colocaron unha lousa de granito, asegurada con cemento, para poñer unha imaxe do San Antonio o que impide saber se conserva o focus.
Ara de Lodoselo: Foi atopada nos anos corenta do pasado século XX polo técnico de actividades mineiras señor Barros xunto a boca dunha mina de estaño ou de wolframio. Colocada xunto a súa casa, despois foi mercada por don Rudesindo Blanco. Debido ao desgaste, non resulta doada a lectura, realizándose ao longo do tempo distintas interpretacións. Rodríguez Colmenero (1977) leu: "Ledrius/pro Cl(audius)/Nus(ius) Ulc(ii filius)/Cal(aicus) v(otum) l(ibens) a(nimo) s(olvit)", ("Claudius Nusius Calaicus, fillo de Ulcio, ofreceu a Ledriuspro este altar con ánimo compracido"). Revisada por Abascal Palazón no ano 2023, achega: "H[-]I[-]IVS/PROCL/NVS VL++/CAL V L A S"; polo tanto na primeira liña atópase o nomen gentile do dedicante que sería Helvius, co seu cognomen Proculinus.
Ara de Lodoselo: Nunha propiedade privada de Lodoselo. Rodríguez Colmenero leu: "REBRVS(prus) SIVE LEDRIVS PRO CL(audius) NVS(ius) VLC(if.) CAL(aicus) V (otum) L(ibens) A(nimo) S(olvit)".
Ara de San Fiz: No Museo Arqueolóxico de Ourense consérvase dende o ano 1986 unha ara en mal estado: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)", ("Xúpiter Óptimo Máximo"). Foi doada por Juan Ribero Arcos quen a atopou preto da Pedra Alta de Antela.
Ara de Vilariño (Vilariño-Paradiña): Ao Lar Ocaelaego. Atopada no ano 1988 cando as obras na capela de San Estevo. Esta ara, xunto con outra destruída e de menores dimensións estaba incrustada na mesa do altar: "LARI OC/AELAEGO/Q(uintus) APANI/CVS CAP/ITO V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Quintus Apanicus cumpriu o seu voto ao Lar Ocalaego de boa vontade". Dedicatoria a unha divindade tipicamente romana, como son os Lares, cun epíteto indíxena Ocaelaego. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Dedicatoria a Navia (Nocelo da Pena): Atopada no Monte de San Pedro, formando parte da ermida que había no lugar que ao arruinarse foi trasladada no ano 1835 polo abade de Nocelo don Antonio Bugallal xunto a igrexa de San Lourenzo. No 1897 ingresou no Museo de Ourense: [---]INTO/[---]/ENTO/T(iberius) LAGI/VS NA/BIAE V(otum)/S(olvit) L(ibens) M(erito)". Rodríguez Colmenero interpreta esta epígrafe como "[Qu]into/[Ev]ento/ [T]i(berius) Lagi/us Na/biae v(otum)/s(olvit) l(ibens) m(erito)", ("Por motivo dun quinto acontecemento favorable, Tiberio Lagio cumpriu o seu voto de libre vontade a Nabia").

Epígrafe: No Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense 2 do ano 1898 fálase dunha inscrción na parede dunha casa de Nocelo da Pena comunicada por D. Jesús Palacios que non debeu darlle máis detalles: "OVI/OM/VFO".
Lápida honorífica na ermida de San Pedro (Nocelo da Pena): Trátase dunha praca rectangular de granito que estaba na desaparecida capela de San Pedro. No ano 1835 o abade de Nocelo da Pena, don Antonio Bugallal, trasladouna para a igrexa parroquial. No ano 1897 foi trasladada ao Museo de Ourense xunto coas outras inscricións: "IMP(eratori) CAES(ari) DIVI TRA/IANI PARTHICI F(ilio)/DIVI NERVAE NEP(oti)/TRAIANO HADRIA/NO AVG(usto) PONT(ifici)/MAX(imo) TRIB(unicia) [---]", ("Ao emperador Traxano Adriano augusto, fillo do divino Nerva,
augusto, pontífice máximo, coa potestade tribunicia pola décima sexta
vez, cónsul pola terceira vez, pai da patria, a civitas dos Limicos").
Estela de Lodoselo: Aos deuses Manes, de Flavio Fusco a Marco Claudio, fillo de Olivésulo.
Relevo de Nocelo da Pena:
No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Estela bifronte descuberta no século XVIII na desaparecida ermida de San
Pedro, por riba do Monte do Viso, que fora reutilizada como material de
construción. O mal estado de conservación da peza impide resolver as
controversias existentes sobre ela, tanto á súa natureza votiva ou
funeraria como á lectura das epígrafes, ou a representación das figuras
humanas representadas a ambos os lados. No 1911, Fita consideraba que o
altar bifronte se consagrara a varios deuses autóctonos tutelares e
acuáticos. Para Arias Vilas, Le Roux e Tranoy (1979), a peza estaría
adicada aos Lares Civitatis Limicorum polos
individuos Claudius, Tacitus e Tapilus. Para Rodríguez Colmenero e
González Ruibal (2007), trátase dunha ara consagrada ás Matres da
Civitas Limicorum. Cara A: “TRICIVITA / M CLAVD / ]M AOB / ET TA Cara B: IOVI O M”
(Lorenzo Fernández, 1968). Cara A : “IBICIV / MCE / IACI / ETT.
Cara B: TA IL / TAS V / VI (Fariña Busto). Cara A: “M A TRI CIVITA
/ A-M-A-CE AVI / TACIV / S ET TA Cara B: TAPILA / T ACIV VSLM”, “
(Rodríguez Colmenero, 1997). (“Tacius e Tapila ofreceron este altar
á nai das civitas (dos Límicos) pola saúde de Amaca Avita”).
Miliario de Nocelo da Pena: Forma parte do muro dunha finca. Anepígrafe.
Outros Xacementos: Asentamento de Perrelos, Santa María (Meilás-Cortegada), explotación mineira dos Castelos (Nocelo da Pena), explotación mineira das Minas (Nocelo da Pena), Alto do Castriño (Vilariño Frío), Diestro (Perrelos), A Cavadiña (Tarrazo).
TABOADELA
Ara os Lares Viais (Taboadela): Atopada polo Sr. Rodríguez Conde no ano 1967, actuaba como poste dun parral nunha propiedade do señor Antonio. Na actualidade atópase xunto a entrada do Concello de Taboadela: "LARIBVS/VIALI(bus) SILO SILO/NIS (filius) POS(uit)", ("Silo, fillo de Silón, dedica este altar aos Lares Viais"). Nas inmediacións da igrexa de Taboadela atopáronse restos de enterramentos romanos.
Ara votiva (O Toucedo-Pazos-Santiago da Rabeda). Trátase dunha pedra rectangular semellante a unha ara que presenta un cruciforme na súa parte superior. Na actualidade actúa como marco dunha finca.
Ara (A Touza): Coa cornixa moldurada e moi desgastada, atópase empotrada na parede dunha vella casa en posición horizontal, preto da igrexa parroquial. Non é posible saber se conserva a inscrición.
Calzada en Abeledo, parroquia de Santiago da Rabeda, descuberta cando as obras do AVE (Información achegada por José Antonio Gavilanes).
Xacemento do Cruceiro (Vilar-Taboadela): Fragmentos de tixolo, tégula, cerámica común, bases de columnas e muíños circulares.
Xacemento do Prado (Pazos-Santiago da Rabeda): Localizáronse diversos fragmentos cerámicos (tégulas e cerámica común).
Xacemento de Taboadela: Ladrillos, tégula e un muíño circular. Na pista que dá acceso á praza de Taboadela localizáronse unhas tumbas rectangulares realizadas con tégulas e ladrillos que poderín corresponder a unha necrópole paleocristiá. Saíu á luz con motivo dun desterro nunha rúa da vila no ano 1972; foi visitado por Ferro Couselo quen datou algunhas pezas no século IV.

Xacemento da Curseira (Pousa-Mesón de Calvos): Fragmentos de tégula, cerámica común, pezas de muíños e algún couzón de porta.
Xacemento do Outeiro (Pereiras-Santiago da Rabeda): Tégula e cerámica común.
Xacemento do Toucedo (Santiago da Rabeda): Materiais cerámicos de cronoloxía romana (tégulas e ladrillos).
Cemiterio da Petada (A Touza): Tégulas e tixolos nun cemiterio paleocristián.

A TEIXEIRA
Restos calzada (Abeleda).
TOÉN
TOÉN
Ara na capela de San Fiz (San Fiz-Puga): Localizada
en xuño de 2023 por Ana Lorenzo, da Asociación de Amigos do
Patrimonio de Toén. Reutilizada como pía de auga bendita pero en
posición invertida para o que lle fixeron unha pía cadrada. Trátase
dunha ara de granito con danos na base. Tanto na parte superior como
inferior conserva parte das molduras saíntes. Conserva restos do
focus circular. A epígrafe atópase bastante erosionada o que
non fai doado ler algunhas letras. No mes de agosto do mesmo ano foi
visitada polo profesor Juan Manuel Abascal Palazón, propoñendo a seguinte
lectura: “IOVI/OP(timo) M(aximo)/AELIV[s]/AELIAN/VS P(onendum)
C(uravit)”. Atendendo ao tipo de letra e ao nome do decicante, Aelius Aelianus,
Abascal cre que pode ser do século II d. C. Dende eiquí os meus
parabéns a Amigos do Patrimonio de Toén polo labor que están a
realizar a prol do patrimonio do concello.
Aras do castro de Louredo (Mugares):
Castro lindeiro co concello de Barbadás. Apareceu tanto cerámica castrexa como romana e dúas aras,
unha dedicada a deusa Diana e outra "dobre" a Xúpiter. Na primeira lese: "DEAN(a)E/FA(bius?) SAT/VRNI/NVS/EX V(oto)
P(osuit)", ("Fabio Saturnino levantou este altar a Diana, por un voto
realizado"). Na parte superior está decorada con oito rolos superpostos; a
basa presenta na súa parte inferior un pequeno oco aberto. Atopada no mes de febreiro de 1898. Adquirida
pola Comisión de Monumentos de Ourense a
principios do século XX. Nunha carta do 1 de abril de 1903 de Arturo
Vázquez Núñez ao P. Fidel
Fita achega un croquis do lugar da aparición da ara que sitúa na
parroquia de Reza, concello de Ourense, daí que a achegue eiquí,
aclarando que non se trata da aldea de Reza da parroqia de Carracedo (A
Peroxa). Foi descuberta no 1898 polo
labrego Antonio Calviño no monte Louredo. A dedicada a Xúpiter ten dobre focus de forma circular sobre unha cornixa; presenta unha escisión rectilínea no eixo vertical que divide a peza en dúas metades; Rivas Fernandez leu: I(ovi) O(ptimo) MAX(imo)/IIXS VOTO/MATRIS/F(aciendum) P(osuit?)"; Rodríguez Colmenero: "I(ovi) O(ptimo) MAX(imo)/EXS VOTO/MATRIS/F(lavius) P(aternus?)". No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara
ás Ninfas (Alongos):
Atopada por Temes Araujo, un seu irmán e o coengo Santiago Arias no
ano 1606 entre as pedras que obstruían unha fonte. Na actualidade
está perdida: "NIMPHIS SILON(i)S A/CLOVIANA/EX VOTO F(aciendum)
C(uravit)".
Citada por Blázquez Martínez en Le culte des aux dans la Péninsule Ibérique (1957).
Epígrafe: Blázquez (La religión celta en Hispania) tamén fai mención a unha epígrafe co nome "ALBOCVS" aparecida en Alongos e que identifica cun deus das montañas.
Os Pereiros (O Santo-Alongos): Apareceron fragmentos cerámicos e tégula.
Os Pereiros (O Santo-Alongos): Apareceron fragmentos cerámicos e tégula.
TRASMIRAS
Ara: Fragmentada, cuxo principal problema para a interpretación da deidade é, segundo Rodríguez Colmenero (1997), a resolución do epíteto que el interpreta "TVR(olicis)", sendo o resto de lectura fiable: "LARES TVR[---]". Outros autores len "TERTIOLVS".
Ara (O Seixo-Abavides): Estaba no muro do adro da igrexa parroquial, na actualidade nunha rúa preto do templo. O texto epigráfico atópase moi gastado polo que resulta moi difícil a súa lectura.
Ara de Trasmiras: Na porta dun patio da rúa principal de Trasmiras. Ten forma de cubo. Presenta un campo epigráfico gravado.
Lápida de Lobaces: Nun muro do peche da igrexa parroquial. Segundo Rodríguez Colmenero pertencía ao fuste dunha columna.
Necrópole tardorromana (Escornabois).
Vila dos Pardieiros (Lobaces): Na Serra de Larouco; descubríronse tégulas, ladrillos e sigillata; no lugar hai catro sártegos escavados na rocha.
Perrelos: Apareceron fustes de columnas e restos cerámicos.
Miliario de Máximo e Maximino (Chamosiños): No ano 1759, Pedro González de Ulloa, párroco de Chamosiños, envía unha carta á Real Academia da Historia informando sobre a localización dun miliario "en una ermita vieja de esta parroquia de una piedra en la que al tacto hallaba por abajo letras romanas...". A última transcrición procede de Vázquez Núñez no ano 1898 quen o viu en Xinzo de Limia, na casa de Pascual de Saa y Romero, actuando como columna do corredor; tamén o viron Fr. Pedro Cid e Barros; ese mesmo ano pérdeselle a pista ao ser destruída a casa.

Miliario
(Os Pardieiros-Lobaces): Miliario que foi baleirado para seren utilizado
como sartego; na actualidade atópase no patio dunha casa facendo
funcións de bebedoiro das pitas. Rodríguez Colmenero, que tentou revisar o estudo do monumento, non foi quen de localizalo porque cre que puido perderse.
Moedas (Montecelo-Rabal): Varias moedas de época romana de Claudio, Marco Aurelio, Vespasiano, Calígula, Adriano, Tito. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Outros xacementos: A Madorra (Abavides), Fontearcada (Abavides), A Cortiña Nova (Chamosiños), Os Marcos da Quinta (A Ermida-Chamosiños), A Telleira (Escornabois), O Montecelo (Rabal), As Outrelas (Lobaces), Os Bagullos (Lobaces), O Torroal (Lobaces), As Campaniñas (Vila de Rei).
A VEIGA
Os Baños (Baños): Tégula, escouras de ferro e anacos de cerámica común.
Casa do Aquilino (Valdín): Durante unhas obras na casa, que destruíron o xacemento, apareceu un muíño de man e unha canle feita na rocha, tégula e cerámica común.
Explotación mineira das Caborcas (San Fiz).
Explotación mineira de Vilanova (A Ponte).
O Lombo (Vilaboa): Tégula e cerámica común.
Miliario da Alberguería: Desaparecido, coñécese por referencias de Ceán Bermúdez como procedente da poboación da Alberguería, na actualidade mergullada polo encoro de Prada.
O Pombar (Carracedo): Tégula e cerámica común.

Ara de Portela I: Parte superior dunha ara con focus e cornixa atopada no ano 2000 debaixo do altar da igrexa parroquial de Santa Olaia. Mide 35 cm de alto e 29 cm de ancho. Pódese relacionar cun ramal da vía XVIII. Non conserva restos de inscrición. Foi dada a coñecer por Nieto Muñiz no ano 2002.
Ara de San Mamede Portela: Na capela do San Mamede. Peza de granito co coramento e o zócolo recortados polos catro lados para adaptar o altar como columna do pórtico da ermida. Moi desgastada pola exposición á intemperie e unha limpeza agresiva. "LARIB/VS TV/RARGI[s?]/RVFVS/P(ubli) Claud[i] (servus?)/VO(tum) L(ibens) AN(imo) S(olvit]". Se se perdeu unha letra no extremo dereito da ara, a inscrición debe lerse o dativo "LARIBVS TURARGI[s?]". O epíteto destes Lares Turargi era descoñecido ata a data. (Lectura achegada polo catedrático da Universidade de Alacant Juan Manuel Abascal Palazón). No mes de xaneiro de 2024 consultei á Patrimonio da Xunta en Ourense se estaba catalogada, contestándome que si o foi ese mesmo mes polo servizo de arqueoloxía en Santiago en base ás miñas referencias co código AC32084011.
Ara a Xúpiter Optimo Máximo:
Atopada no lugar de Carballo no ano 2001, xunto a praza da igrexa de Santiago de Verea. Atopábase xunto outras pedras procedentes das obras de remodelación da casa coñecida como Casa do Mestre, que foran levadas a cabo no ano 1997. Carece de contexto arqueolóxico coñecido, agás que se atopa a uns 200 metros do castro romanizado da Cividá e preto dun ramal da Vía XVIII. Partes das pedras da obra foron traídas da Limia, provenientes de derrubamentos, polo que pode ser o lugar da orixe. Debido a que está rebaixada por un lado, dedúcese que foi reaproveitada con anterioridade noutra construción. Presenta tan só dúas liñas de
texto: "IOM/CATN". A segunda liña podería tratarse dun epíteto do deus,
ou o nome do adicante. Na parte alta ten un focus.
Mansión:
O Forum Gigurrorum (Forum Gigurnion no Anónimo de Rávena e Foro no
Itinerario de Antonino) adoita identificarse coa Cigarrosa, en Petín,
mais non falla quen cre que tamén se podería tratar da Cigarrosa de
Verea, en territorio non Guigurro (J. J. Moralejo).
Monte Oural: Restos dunha explotación aurífera mediante o sistema de "arados" (sucos).Castro romanizado de A Cividá: Preto da ermida de San Trocado.
No Butrón apareceron un muro de cachotaría, pedras labradas e restos de tégulas.
No Butrón apareceron un muro de cachotaría, pedras labradas e restos de tégulas.
Campamento da Lomba do Mouro: Entre Melgaço (Portugal) e Verea. Temporal. A fotificación ten unha segunda liña defensiva. Localizado por investigadores do grupo Roman Army.
VERÍN
Touriño da Vila de Ábedes: De bronce, descuberto en 1580; estaba sobre unha columna de mármore. A primeira cita coñecida é de Enrique Leguía en Obras de bronce (1907).
Lápida (Castelo de Monterrei/Ábedes): No Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense do ano 1898 dise que en Ábedes apareceu unha lápida no ano 1580 que se conservaba no patio do castelo de Monterrei, ignorándose hoxe en día o seu paradoiro: "GENIO P(opuli) R(omani) C(aius) M(arcius) M(aximus) SÉTIMA (centuria) LEG(ionis) VII G(emina) P(iae) F(elicis) V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito).
Cabreiroá: Restos dun cano.
A Igrexa dos Mouros ou Bouzadoiro (Cabreiroá): Situado na zona coñecida como Pozo do Demo. Xacemento arqueolóxico duns 1.700 metros cadrados con apariencia de pequena vila romana. Apareceron fustes e fragmentos de tixolo. Os primeiros traballos no xacemento foron obra de Xesús Taboada Chivite a finais dos anos corenta do pasado século XX. No mes de novembro de 2015 remataron as tarefas de limpeza e as escavacións iniciadas no mes de abril do mesmo ano. Os traballos, dirixidos polos arqueólogos Eduardo-Breogán Nieto e Alberte Reboreda deixaron ao descuberto a pranta completa dun recinto inédito dunha vila romana e das que, ao parecer, só se atopan construcións similares nas illas británicas e no arco atlántico europeo. Conta cuns 45 metros de lado e esquinas arredondadas, facéndose visibles en certos puntos as pedras que formarían inicialmente o muro perimetral, así como unha posible entrada no lateral norte. Tamén quedaron ao descuberto as terreiras e a área escavada no seu día por Taboada Chivite.
Capitel (Tintores): De mármore. Reutilizado nunha construción.
Escultura de Dionisos e Ampelos/Xacemento da Muradella (Muradellas-Mourazos): Século III d.C. Labrada en mármore branca, foi atopada no xacemento da Muradelle no ano 1964. Foi Taboada Chivite quen deu cos restos desta vila rural protexida por un muro dobre que ben poden ser restos dun castro anterior logo reutilizado. Durante a intervención arqueolóxica saíron á luz os restos dun pavimento hidráulico, tellas, ladrillos, anacos cerámicos, tixolos, obxectos de ferro e bronce e unha campaíña en bronce (tintinabulum) do s. II-III d.C. que ben puído utilizarse como amuleto ou peza decorativa ou complemento dun enxoval funerario (Vega Abelaira, 2016). A escultura forma o grupo de dúas figuras masculinas espidas apoiadas unha sobre a outra, a segunda sentada. Á figura maior fáltalle a cabeza e o brazo dereito, está de pé, en posición de repouso, co brazo esquerdo abraza o colo da segunda figura que desprega o seu brazo sobre a primeira coa man extendida. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara na capela da Misericordia (Verín): Dada por desaparecida nos anos setenta do pasado século cando se desmontou a capela. Bruno Rúa localizouna detrás dunha casa a carón da igrexa da Mercé.
Ara a Cibeles: Atopada no leito do río Támega, á altura da pasarela situada xunto a praia fluvial, no ano 1998. A única referencia da que dispoñía recollinna na "Peza do Mes" do Museo Arqueóloxico de Ourense de outubro do ano 2006 ao falar da ara á mesma divindade de Xinzo de Limia, dándoa como inédita. No ano 2024 foi publicada polo profesor Abascal Palazón no Ficheiro Epigráfico, suiplemento de Conimbriga, con fotografías de José Manuel Salgado da Fundación Monteagudo. A peza está ben conservada con zócolo e coroamento nas catro caras., provista de pulvinos, foco central e dous tímpanos. Lectura: "MATRI/DEVM/CESSEA/SILONIS (filia)/EX VISV". Di Abascal Palazón que o culto a Cibeles (mater deum) só se atopa testemuñado 15 veces na Península, sete en Portugal (Vila Real, Porto, Lisboa, Setúbal, Évora, Beja e Faro), dúas nas provincias de Cáceres e Badajoz, tres na de Ourense e unha na da Coruña. A outra interese da epígrafe atópase no nome feminino, indíxena, Cessea, documentada cinco veces en Portugal e unha en Cáceres. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Ara da Soutilla (Vilamaior do Val): Fragmento superior dunha ara (focus) descuberta no ano 1971, estaba empotrada entre a xanela e o primeiro andar dunha casa. Dada a coñecer por Le Roux e Tranoy no ano 1975. A Soutilla é o nome dunha rúa de Vilamaior do Val.
Aras de Queizás: Na igrexa de San Pedro hai unha ara embutida na parede norte do templo dedicada a Xúpiter Óptimo Máximo: "IOV OM/FLAVIA MA/TERNA/SOLVITE/VOTA". Tamén se conserva unha peza reutilizada decorada en forma de espiña de peixe. Na reitoral hai outra ara reutilizada coa lenda: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)/[". Nalgunha publicación lese que hai outra ara no interior do templo, pero tal como me achegou Javier Torres trátase dunha peza medieval.

Ara de Tamaguelos:
A mal chamada “Ara de Perbes” procede da parroquia de Tamaguelos. Dise de Perbes porque ata o ano 2022, en que foi trasladada
para o Museo das Mariñas de Betanzos, grazas ás xestións da
Fundación Monteagudo e do Concello de Betanzos, estivo na casa que
Manuel Fraga Iribarne tivo en Perbes (Miño). O da doazón, tal como
reza a cartela do museo (figura como "Ara de Perbes"), non
me cadra, Fraga morreu no 2012, e a casa vendeuse a finais de 2021 ou
principios de 2022, e meses despois ingresou no museo. A epígrafe é
case ilexible. Os primeiros en estudala foron Felipe Arias Vilas e
María Dolores Dopico Caínzos, publicada no ano 2021 no Anuario
Brigantino. Descrita por Juan Manuel Abascal Palazón coa axuda
de María P. González-Conde en 2022:
"[---]IO/[------]O/[---]ESO[---]/+++++/[------]/EX VO(to)
V(ovit)".
Outras aras a Xúpiter: "Iovi
/ Optumo(!) / Max(imo) ex / voto / posuit S(extus) Si[" e "IOVI/OPTIMO/MAX
EX/VOTO".
Ara de Tintores (Tintores): Descuberta por Rodríguez Colmenero no ano 1969 na igrexa parroquial de Tintores. Publicada por Taboada Chivite. Foi recollida polo párroco de Vilamaior do Val; durante un tempo estivo na súa casa. Pode atribuírse ás primeiras décadas do século III. Con focus: "Iovi/Optimo/Max(imo)/Ex/voto/posui(t) S(ulpicius) Gibb/(ianus)", ("Sulpicio Gibiano fai esta dedicatoria a Xúpiter Óptimo Máximo por causa dun voto anteriormente realizado"). Na Catedral de Ourense. (Ficha achegada por Nieves Amado Rolán).

Campamento do Outeiro de Arnás: Temporal. Controlaba un tramo do val do Támega.
Epígrafe (Tamaguelos): Dado a coñecer por Taboada Chivite, atopábase na fachada dunha casa. Só transmite o segmento "...tant..." da lectura o que fai pensar a Rodríguez Colmenero nalgún membro da familia de Constantino.
Miliario (Vilela-Tintores): Dado a coñecer no ano 1926 por Fernández Costas e Fuentes Canal na Revista Nós. Atópase na casa coñecida como Muíño da Veiga, servindo de columna. Traducido, lese: "Dedicado ao césar emperador Marco Aurelio Caro, pío, feliz, augusto, pontífice máximo, investido co poder tribunicio, o consular e o proconsular".
Miliario (Verín): Anepígrafo, acaroado nunha esquina da Casa dos Acevedo. Trátase da metade dun gran cilindro.
Miliario (Verín): Actuaba como soporte dun balcón no barrio de San Lázaro, preto da Casa do Escudo; semella estar adicado a Constante, fillo de Constantino.
Miliario (Vilamaior): No xardín da casa do párroco de Vilamaior. Di Rodríguez Colmenero que procede das inmediacións de Verín, e que foi doado ao seu actual propietario por un descubridor anónimo.
Miliario (Seixo Branco-Pazos): Desaparecido. Actuaba como marco divisorio entre os termos municipais de Monterrei e Verín.
Forno dos Mouros: No Telleiro, entre Mandín e Feces, apareceron restos o que probaría a existencia dun centro de produción cerámica.
Moedas: Do Baixo Imperio e unha de Augusto. Xunto un muíño de man apareceu unha flavia, dúas de Valeriano, outra de Maximino II e unha inclasificable.
Xacemento de Casares (Mourazos): Tégulas, tixolos, ímbrices e cerámica común romana.
Xacemento de Lamas (Tamaguelos): Tégulas.
Xacemento da Moreiroá (Mandín): Restos cerámicos. En Mandín hai veciños que gardan materiais procedentes do xácigo: basas de columna, muíños circulares e tégulas.
Xacemento do Padrón (Tamagos): Xacemento en chaira, descoñecéndose a súa función.
Xacemento das Quintas: Tégulas e tixolo. Atopouse tamén unha pequena cista rectangular de pequenas dimensións.
Xacemento de San Salvador (Tamaguelos): Preto do castro do Outeiro da Cruz. Tégulas e cerámica común.
Xacemento do Seixal (Feces de Abaixo): Restos de tégula e tixolo. Segunto a tradición, o asentamento tivo que ser abandonado por unha invasión de formigas que comían aos nenos. Tamén que hai dous carros enterrados, un de ouro e o outro de peste; se atopas o de ouro faite rico, se o de peste morren todos.
O concello estaría atravesado por unha serie de vías secundarias entre as que salientaría a vía Sanabria-Brigantium, que transcorría ao longo da Gudiña, A Serra Seca, Campobecerros, Portocamba, Trez, Laza, Alberguería...
Con motivo da construción da estrada Verín-Vences atopáronse uns sepulcros de época romana no lugar da Pedreira. Tamén apareceron restos cando a construción dalgunhas casas e rúas: muíños circulares, ímbrices, moedas e restos de vivendas. Para Barros Sibelo as cimentacións da ponte de Feces de Abaixo son de orixe romana.
Igrexa de Santa María: Durante a reforma do entorno da igrexa de Santa María de Verín realizáronse as catas arqueolóxicas preceptivas. Durante os traballos no adro saíron á luz muros e anacos cerámicos que poden pertencer a un campamento militar romano.
Segundo Dasairas, o nome de Verín procede dun deses posesores romanos que controlaban coa axuda da Legio VII (mencionada nunha lápida da vila romana de Ábedes) a zona.

VIANA DO BOLO
Ara de Fradelo: No Museo do Castelo de San Antón da Coruña. Non está exposta. Atópase moi deteriorada, gastada e retocada. O texto foi repicado, só se distingue claramente a fórmula final: "V S L M".
Ara de Viana: Reutilizada en tempos como basa dun poste do alumado público, na actualidade atópase por riba dun muro xunto unha rúa que sobe cara o castelo. Rodríguez Colmenero daa como insegura.
Epígrafe: Blázquez Martínez achega unha epígrafe, di que moi deteriorada sen indicar a procedencia: "D(eo) COSV/O [---]/[---]". É posible que se refira á ara de Viana citada anteriormente.
Prancha de Bronce: Desaparecida. A Aegia Munniaego: "AEGIA MUN/IAEGO/ANTISTIVS/PLACIDVS/CILI FILIVS/ALTERNIACINVS/V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Antistius Placidus, fillo de Cilio, cumpriu con gusto o voto que fixera a Aegia Munniaego"). Atopada no ano 1728 na "torre vella". Existe un calco do seu descubridor, Ponce de León, na Real Academia de la Historia de Madrid. Segundo Blázquez, o apelativo da divindade está relacionado cos núcleos de poboación por atoparse a súa raíz na formación dalgúns topónimos actuais.
Relevo de Bembibre: Antropomorfo, reutilizado nun muro da aldea. Documentado por López Cuevillas no ano 1956.
Verraco zoomorfo de Bembibre: Século I a.C.-I d.C. Apareceu na parede dunha casa da aldea. O mestre Laureano Prieto di que
procede do castro Vila da Sen. Taboada Chivite e Cuevillas
interpretaron a peza como parte da incidencia da cultura dos verracos
na castrexa, se ben Taboada di que é de época romana. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Explotación aurífera Borreas de Caldesiños (Caldesiños): A riqueza mineira foi un dos motivos principais da conquista romana da Gallaecia. Plinio o Vello, na súa Naturalis Historia,
escribiu que as minas do NO producían 20.000 libras de ouro. Canto á
cantidade de mineral extraído nas distintas explotacións non resulta
doado establecer unha aproximación, existindo varias teorías no tocante á
rendibilidade de cada unha. Sobre o método de extracción, Plinio
achega, por procedementos naturais tal como se presentan na Natureza,
tres sistemas: en placeres fluviais, aurum fluminun (o bateo, que sería utilizado en época prerromana), en xacementos primarios sobre rocha, aurum canalicium (minas en galería ou a ceo aberto por medios medios mecánicos), e en xacementos secundarios explotados polo sistema da arrugia ou ruina montium. A ruina montium
era unha técnica que se aplicaba nos xacementos de ouro de aluvión. Un
ciclópeo traballo en que os mineiros construían pozos e galerías ao
longo dunha grande extensión de terreo, retirando despois os arcos de
madeira que as sostiñan. Logo, escribe Plinio, "a montaña afunde cun
grande estrondo que non podería concibir a imaxinación humana", e "cunha
violencia incrible" observan como a Natureza esborralla e "para lavar
os cascallos, desvíanse cursos de auga dende o cume das montañas". É
dicir, favorecía que a forza da auga desfixera os conglomerados e lavara
o mineral. Para separar o ouro utilizábanse canles de criba e lavado (agogae).
Este sistema foi o utilizado nas Borreas de Caldesiños, en Viana do
Bolo. Ocupaba unhas 17 hectáreas, próximas ao val do río Camba, a 754
metros de altitude. A auga era fundamental polo que os romanos
captábanna na Petada das Bestas, a uns 20 quilómetros de distancia,
trasladándoa por medio de canles artificiais (corrugus) que chegaba aos depósitos situados na cabeceira da explotación.
Cemiterio dos Mouros (Fradelo): Apareceron muíños circulares de man, tégula, unha folla de espada e un sartego antropoide que foi reutilizado como bebedoiro do gando.
O Castrillón (Pinza): Apareceron fragmentos de tégula e de cerámica galaico-romana e común romana. Próximo á explotación aurífera de As Borreas de Caldesiños.
O Castrillón (Quintela de Hedroso): Castro romanizado.
O Castelo (A Devesa do Portelo-Quintela do Pando): Asentamento situado sobre un pequeno outeiro nunha penichaira que separa as cuncas dos ríos Bibei e Conso. Utilizado como posible lugar de observación.

O Castreliño
(Solbeira): Asentamento situado a media ladeira da Serra do Testeiro.
Obsérvanse algunhas pedras que foron traballadas para asento de muros e
postes. Posible asentamento de observatorio e control.
Fraga do Castrillón (O Castelo-Covelo): Castro romanizado.
VILAMARÍN
Ara de León: Citada por Alain Tranoy no seu La Galice romaine (1981). Ara de granito que actúa como soporte do altar da igrexa parroquial de Santa Baia. A inscrición atópase moi deteriorada. Abascal Palazón e González-Conde Puente (2024) propoñen: "[------]/[------]/[---]IA/[---]mi/ego/P(publius) M(---) S(---)/EX V(oto)".
Ara de San Pedro (San Pedro-Reádegos): Aos Lari Pemaneieco: "LARI PEM/ANEIECO/EX VI(su) S[---] P(osuit)". Apareceu na ermida de San Pedro, reedificada no ano 1860, situada entre os castros do Río e Santa Ádega. Foculus retallado en loculus. Cortada na parte superior.
Miliarios de Orbán: Un, anepígrafo, sostén a pedra do altar da igrexa; o segundo, tamén anepígrafo, apareceu no patio da casa reitoral. Ao parecer tiveron reliquias (loculus?). O día 7 de xullo de 2024, o párroco, amigo de Rodríguez Colmenero, contoulle a Javier Torres e Xosé Antón Casares Lamas (autor da foto) que os dous anacos de miliarios correspóndense co mesmo. O que se atopa na reitoral non resulta doado velo xa que o sitio está cheo de maleza.
Miliario de Río: Pegado ao muro que dá entrada á igrexa parroquial; moi alterado.
Miliario a Numeriano (Tamallancos): Provén do lugar do Fontao. Atopábase en posición vertical, pero invertido sobre un muro. Ano 282-283. Di Rodríguez Colmenero que nos atopamos diante dun dos escasos miliarios adicados a este emperador. "D(omino) N(ostro)/M(arco) NVMERIO/NVMERIANO/NOB(ilissimo)/CAES(ari)", ("Dedicado ao noso señor Marco Numerio Numeriano, césar nobilísimo"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.

Castro de Baínte: No ano 1984, Milagros Cavada Nieto, no II Coloquio Galaico-Minhoto, deu a coñecer un tesouriño formado por moedas de época romana atopadas no castro (só tivo acceso a 12: 11 Antoniano e un AE). Do conxunto de Antonianos, catro son de Galieno, catro de Claudio II o Gótico, un de Probo e dous de Diocleciano. O AE, con cabeza radiada, pertence a Diocleciano.
Castro de Santa Ádega (Reádegos): Romanizado. Aparecron terra sigillata e moedas.
Castro de Santa Ádega (Reádegos): Romanizado. Aparecron terra sigillata e moedas.
VILAMARTÍN DE VALDEORRAS
Ara a Porolo: "M(arcus) AEMILI[V]/S LEPIDI/NVS POR[O]/LO V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", ("Marcus Aemilius Lepidinus cumpriu con ánimo compracido o seu voto aos deus Porolo"). Apareceu reaproveitada no balcón dunha casa de Vilamartín a principios do século XX. No ano 1904 (algunhas fontes sinalan o 1912), segundo achega Abascal Palazón e González-Conde Puente (2024) foi levada para o Instituto de Ensinanzas Medias de Ourense polos membros da Comisión de Monumentos, doada polo médico Dr. Folla. No 1927, debido a un incendio no Instituto, a ara veuse afectada polo lume. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Epígrafe de Valencia do Sil?: La Región do 8 de abril de 1970 dá conta dunha inscrición atopada nun muro nas inmediacións de Valencia do Sil polo grupo Los Escarbadores: "ENDIVS/CARANCI/S". Pero en Hispania Epigraphica cítase a mesma epígrafe, pero procedente de Castroquilame, en Puente de Domingo Flórez (León), na parede rochosa dunha canle. Para saír de dúbidas, o día 13 de febreiro de 2023 pregunteille ao investigador José Fernández Pérez quen deu a resposta: está nunha das canles romanas que levan ás Médulas, preto de Castro Quilame, na Cabreira leonesa, e coincide por riba mesmo do nivel das augas da canle; a rocha é pizarra.
O Castelo (Valencia do Sil): De época romana atopáronse
restos cerámicos, tégulas e varias moedas entre as que se encontran
unha de Antonino Pío a nome de Faustina "A Xoven" e outra de Marco
Aurelio a nome da súa filla Lucila. Na súa faldra atopouse un capitel de
mármore suevo-visigótico, de estilo corintio que segundo Rodríguez
Colmenero pertencería a unha sinxela construción paleocristiá ou
xermánica no lugar. No ano 2019, iniciáronse os traballos de escavación e recuperación do asentamento baixo a dirección de Ferrer Sierra. Na quinta campaña de escavacións, finalizada no mes de xuño de 2024, os
investigadores de Spunik Labrego, dirixidos por Carlos Tejerizo, conluíron que o xacemento tivo dúas
fases de ocupación, entre os séculos I e II d. C. e IV e V d. C. Na
última fase determinaron que se trataba dun gran centro de
produción metalúrxica.
Explotacións mineiras: O Banzado ou Cavorco do Inferno (Córgomo), trátase dunha canle de condución de augas para a explotación aurífera das Barreiras que captaba augas do río Leira e transcorría faldeando a ladeira do cauce fluvial nun percorrido aproximado de sete quilómetros. As Barreiras (Córgomo), estamos ante a presenza dunha das grandes explotacións auríferas da zona de Valdeorras que presenta dous grandes frontes de explotación, separados entre si por unha pequena franxa de terreo sen beneficiar que na actualidade ocupa a estrada local que dá acceso á poboación de Córgomo. Val de Vacas (Arcos), explotación aurífera a ceo aberto situada a poucos metros da Cova dos Mouros. A Cova dos Mouros (Arcos), explotación subterránea, onde se extraían unha serie de veas ricas en mineral aurífero encaixadas na rocha de orixe pizarrosa empregando para elo a forza humana mediante a utilización de métodos tradicionais de mazos, cuñas e picos dos cales aínda se poden apreciar os restos das súas pegadas no interior da galería que presenta unhas dimensións de 39 metros de longo por catro de alto; durante moito tempo foi utilizada como cova para gardar o viño.
O Pedregal (Portela), explotación aurífera situada na ladeira dun pequeno val que forma o regato do Romeo, tributario do Sil. Outras vestixios relacionados coa explotación mineira atopámolo na Pala (Vilamarín), Chao do Conde (Valdegodos), O Carril, O Covallón e a Cova (Portela), e As Fragas (Outeiro).
Mina da Portela (A Portela): No mes de maio de 2017, un veciño da Portela, Manuel Vázquez Delgado, que acondicionaba co tractor unha finca para plantar millo, levou un bo susto cando se afundiu unha roda do pesado vehículo. Cando conseguiu retirar o tractor comprobou que había un enorme burato duns cinco metros de profundidade. Viña de atopar unha mina de ouro de época romana. O achado foi confirmado polo integrante do Instituto de Estudos Valdeorreses José Fernández Pérez. O interior do pozo está aínda a maior profundidade xa que ao longo dos séculos fóronse acumulando materiais. Estima que tería uns 11 metros e unha anchura de seis. Ao parecer trátase de terreos terciarios, como nas Médulas, onde se utilizou o sistema da ruina montium.
Miliarios: Segundo información recollida de Rodríguez Colmenero et al. (2004), e estes de Estefanía Álvarez (que toma a información de Risco), nun lugar non determinado do concello había dous miliarios que actuaban como soporte dunha parra. Existe outa referencia de Barros Sibelo de 1861 pedindo que se puxeran en valor algúns miliarios ocultos en terreos labradíos de Trives, Larouco e Valdeorras. Nada máis se coñece sobre o seu paradoiro.
Mosaico: Don Rafael Caamaño, a finais do século XIX, regalou varias tesérulas de mosaico á Comisión de Monumentos de Ourense.
O Cemiterio ou Capela do San Lourenzo (Arcos): Posible poboado mineiro relacionado coas explotacións auríferas, tanto primarias como secundarias de Cova dos Mouros, As Barreiras e Val de Vacas. O xacemento localízase no entorno do cemiterio de Arcos e recibe tamén o nome de San Lourenzo por estar emprazado no lugar onde había unha capela posta baixo a advocación deste santo. Ten as características dun castro, presentando un recinto circular ou croa defendido por dous foxos tallados na rocha de natureza pizarrosa. Apareceron anacos de cerámica común, terra sigillata, tégulas e anacos de muíños de man, pode que empregados para a moenda de mineral aurífero. O material ergolóxico mostra unha cronoloxía moi ampla que abranguería dende o século I d.C. (terra sigillata galica) ata o século III d.C. (terra sigillata hispánica).
Villae do Palomar (Outeiro): Xacemento emprazado na ladeira do monte ocupando unha superficie achairada a modo de esporón que se sitúa por riba da poboación de San Miguel de Outeiro, a unha altitude de 335 metros. É coñecido dende antigo, existindo un bo número de referencias bibliográficas. En superficie, como consecuencia dos traballos realizados para o cultivo de videiras, apareceron grandes cantidades de anacos de tégulas, ladrillos, cerámica tanto común como terra sigillata, moedas e algunha tessela de mosaico que evidencian a presenza dun xácigo romano tipo villae, nas que unha das súas características é a presenza de restos musivarios. A aparición de terra sigillata e moedas baixoimperiais leva a formular unha cronoloxía que pode ir dende finais do século I d.C ata o IV d.C.
Vila do Teselo (O Mazo): Xacemento emprazado na ladeira oriental do val que forma o río Leira, ocupando unha pequena plataforma. Debido aos labores agrícolas, apareceron en superficie anacos de tégulas e cerámica romana e o esquinal dun edificio construído con laxes de pizarra, cantos rodados e pedras calacarias trabadas con barro; trataríase dun edificio relacionado coa actividade agrícola.

Valencia do Sil: Castro romanizado; atopáronse moedas de época romana de Antonino Pío a nome de Faustina a Xove e outra de Marco Aurelio a nome de Lucilla, tégulas e restos cerámicos.
VILAR DE BARRIO
Inscrición: "]CO(n)S(uli) VI [---/---] P IX P F/[---] XII P(ontifici) M(aximo) [".
Lápidas nas parroquias de Bóveda e Pedreda.
Mercurio de Vilar de Barrio (San Salvador de Seiró): Estatuíña en bronce do século II-IV D.C., doado por Francisco Conde Balvís ao Museo Arqueolóxico de Ourense no ano 1918. Foi dado a coñecer por Emilio Vázquez Pardo no Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense 157 (1924). Mide pouco máis de 17 cm de alto (fáltanlle os pés). Séculos II-IV d.C.
Lombo do Campo Tinoso (Arnuíde): Restos do trazado dun ramal secundario da Vía XVIII. Elevación artificial sobre a que discorre o vial para elevarse sobre a braña circundante.
Folón de Penadiz (Arnuide): Castro onde apareceron tres sepúlcros de época romana.
Os Ferreños (Padreda): Referencias bibliográficas e folclóricas falan dunha necrópole romana e medieval. Non se observan restos.
Ramal da Vía Nova practicamente arrasado polas repoboacións forestais.

Torres do Castelo (Padreda): Anacos cerámicos.
VILAR DE SANTOS
Ara da capela de San Xoán (Laioso-Parada de Outeiro): Situada xunto a porta de acceso á capela; de granito, está adicada a Xúpiter. A inscrición está moi desgastada: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)/Q(uintus) V-ar[i]/us Latr/ia-n-us l(ibens) s(olvit) v(otum) m(erito)", ("Quinto Vário Latriano fixo esta dedicatoria a Xúpiter Óptimo Máximo").
Miliarios dos Cantos (Casas da Veiga): Atopáronse dous miliarios anepígrafos, un con dúas cruces gravadas. Un fragmento sobre unha canle coa inscrición ilexible. Rodríguez Colmenero cita un que permanecía tirado preto da Vía Nova, hoxe en día desaparecido.
Miliario da Carreira do Marco: Adicado aos emperadores Decio e Carino, servía de machón de cancela nun prado do lugar coñecido como O Tamboril, preto da aldea de Casas da Veiga. Rivas considérao como anepígrafo, mentres Rodríguez Colmenero afirma que se trataba dun exemplar reutilizado con dedicatorias aos emperadores Decio e Carino nos seus extremos.
Miliarios da Congostra de Fonte Carballa ou Carballo: Dous fragmentos dun miliario anepígrafo partido pola metade; na actualidade atópase nunha casa de Xinzo de Limia. Outro estudado por Barros Sibelo, na actualidade nunha Farmacia de Xinzo; está fragmentado en catro anacos: "IMP(eratori) CASES(ari) DIVI TRAIANI/PARTHICI F(ilio) DIVI NERVAE/NEP(oti) TRAIANO HADRIANO/AUG(usto) PONTIF(ici) MAX(imo) TRIB(unicia) POT(estate)/XVII CO(n)S(uli) III P(atri) P(atriae)/A BRACARA M(ilia) P(assuum) LXVI", ("Dedicado ao césar emperador Traxano Hadriano, augusto, fillo do divino Traxano Pártico, neto do divino Nerva, pontífice máximo, co poder tribunicio por décimo sétima vez, cónsul pola cuarta, pai da patria. Milla 66 dende Braga"). Barros Sibelo cita un miliario adicado a Maximino e Máximo, hoxe en día desaparecido do que se conserva unha transcrición de na Real Academia da Historia de Madrid: "IMP · CAES · C · IVLIVS · VERO (sic)/MAXIMINVS · PIVS ·FEL · AVG · GERM · MAX/DAC · MAX · SARM · MAX/TRIB · POT · V · IMP · VII · P · P · COS · PROC/ED · C · IVLIVS · VERVS · MAXIMVS/NOBILISSIMVS · CAES · GERMANVS (sic) ·MAX/ DAC[o] (sic) · MAX · SARM · MAX/[prince]PS · IVVENTVTIS · FIL/D · N · IMP · CAES ·C · IVLI · VERI · MAXIMINI/PIVS · FEL · AVG · VIAS · ET · PONTES/TEMPORIBVS · VETVSTATE · COLAPSOS (sic)/RESTITVI · PRAECEPERVN/CVRANTE · Q · DECIO · LEG · AVG · G · PR.../...B R · M · P· LXVI", ("Ao emperador césar Caio Xulio Vero Maximino, pío, feliz, augusto, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático máximo, coa tribunicia potestade por quinta vez, emperador pola sétima, pai da patria, cónsul, procónsul; e Caio Xulio Vero Máximo, nobilíssimo césar, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático máximo, príncipe da xuventude, fillo do noso señor o emperador Caio Xulio Vero Maximino; pío, feliz, augusto, mandaron refacer as vías e as pontes deterioradas polo paso do tempo, sendo responsable Quinto Decio, legado propretor dos augustos, esclarecido varón. Milla 66 dende Braga"). Rivas viu no ano 1971 dous fragmentos anepígrafos dun miliario formando parte dun muro. No Boletín Auriense (1992), Alvarado Blanco achega dous fragmentos de miliarios reutilizados nun muro de peche dunha finca.
Miliarios de Fonte Carballo: Situados sobre uns pedestais no cruzamento dunha pista da concentración parcelaria. Anepígrafes.

Miliarios do Marco: Fragmentos de varios miliarios entre Vilar de Santos, As Casas da Veiga e o regato das Lameiras citados por Alvarado Blanco no ano 1992. Parece que foron destruídos.
Miliario de Parada (Parada de Outeiro): Atopado cando se realizou a concentración parcelaria, formando parte dun muro divisorio no lugar coñecido como A Lama ou Quintela, entre Castelaus e Outeiro. Na actualidade atópase nunha nunha área recreativa da aldea de Parada: "IMP(eratori) C(aesari) G(aio) VA/LERIO MA/XIMIANO/ P(io) F(elici) AUG(usto) INVIC/to", ("Dedicado ao césar emperador Gaio Valerio Maximiano, pío, feliz, invicto, augusto").
Miliario dos Padrosos (Vilar de Santos): Estudado por Barros Sibelo, estaba adicado a Adriano; logo foi destruído para facer postes dun valado.
Miliario de Cachalgura: Anepígrafo, nos xardíns do parque municipal de Vilar de Santos. Estaba situado no camiño da Veiguiña, xunto a Vía Nova.

Oficio de recepción da lectura dun miliario no ano 1860: Agradecemento enviado o 15 de outubro pola Real Academia da Historia a Barros Sibelo pola lectura dun miliario aparecido en Vilar de Santos dedicado a Caio Xullo Vero Máximo.
Necrópole (Bréixome de Abaixo-Parada de Outeiro): No ano 1976, durante as obras nunha granxa situada preto da igrexa de Parada de Outeiro, apareceron dous enterramentos de inhumación con caixa de tégula de finais do século III d.C.
Necrópole de Barreiros (Parada de Outeiro): Sepulcro romano, destruído, atopado ao construír unha casa; apareceron tégulas e ímbrices que conformaban a sepultura.
Restos da Vía XVIII.
Villae de Parada de Outeiro: Atopáronse tixolas, tégulas e restos cerámicos. No ano 1950, a raíz da reforma da igrexa, apareceu un mosaico de teselas brancas, negras e vermellas asentada sobre morteiro cunha escea inspirada en temas mariños, datada no século IV d.C. Un fragmento atópase no Museo Arqueolóxico de Ourense. Nas inmediacións da igrexa parroquial descubríronse máis de 50 vasillas.
Xacemento da Barxa (Parada de Outeiro): Coñecido tamén como Cantos Dourados, apareceron restos de tégula.
Outros xacementos: Parada (Parada de Outeiro), O Toural (Parada de Outeiro), O Barrio (O Barrio-Vilar de Santos), Finca Albariño (Vilar de Santos), Saa (Vilar de Santos).
A totalidade dos miliarios atopados no termo municipal pertencen á Vía XVIII do Itinerario de Antonino. O seu achádego tivo lugar, na meirande parte dos casos, con motivo da concentración parcelaria. Moitos foron expoliados (vendidos en Portugal, din os veciños) e sepultados polas pas escavadoras, segundo lembra o cura párroco de Parada de Outeiro. Constatouse a desaparición de dous en Fonte Carballo, a venda ilegal doutro, así como a destrución doutros catro atopados no lugar de O Marco. A mesma sorte correu o miliario de Adriano que atopou Barros Sibelo na congostra de Fonte Carballo; o exemplar foi atopado cortado en tres anacos e que os traballos de Rivas Fernández permitiron determinar a súa filiación.
Museo da Limia.

VILARDEVÓS
Ara na Capela do San Roque (Formigueiro-Vilardevós): Ara
a Reve Reumiraego, dedicada por Fronto. Fai de pedra do altar. As letras
pintáronse en cor negra e os laterais aparecen cubertos de cemento: "REVVE/REVMIRA(e)/GO FRONTO/VAVCANI F(ilius) V(otum) L(ibens)
M(erito)".
Epitafio de Flavius (Florderrei Vello): Formaba parte da soleira dunha porta da casa de don Paulino Vivián. A lápida estápartida, faltándolle un anaco. Publicada por Xaquín Lorenzo Fernández en Arqueologia e Historia, v. VIII, da Asociaçao de Arqueólogos Portugueses no ano 1958, baixo o título Estela funeraria de Flor de Rei Vello. Logo por Rodríguez Colmenero en Aquae Flaviae I: Fontes epigráficas de Gallaecia meridional interior (1997): "A(ulius) Flav/ius Puci (ou Rugi)/[f]ilius/[a]nno/[ru]m V/[h](ic) s(itus) e(st) s(it) t(ibi) t(erra) levis", ("Aulio Flavio, fillo de Rugo, de 5 anos, está enterrado eiquí. Que a terra che sexa leve"). Ingresou no Museo Arqueolóxico de Ourense grazas ás xestións de Taboada Chivite.
Ermida de Nosa Señora de Portas Abertas:
Conserva unha inscrición funeraria sobre lousa de forma irregular
datada no século II d.C. e un fragmento de columna formada por un toro
cilíndrico e un tambor da mesma forma; a peza foi policromada e
reutilizada como apoio dunha pía de auga bendita. Atopada preto dunhas antigas minas. O epitafio di: [---] NC/[---]A/[---] A AC(c)/ONI F(ili) AN/NORV/M LX/H(ic) S(t-) E(st) S(it)/T(ibi) T(erra) L(evis)".
Inscrición aos Deuses Manes: No 1913 Marcelo Macías publicou unha lápida aparecida na parede dunha cociña de Florderrei, doada ao Museo de Ourense por D. Manuel Pérez: "DMS/CORIA/ALBINI/F ANNO/RVM XI/H S S T L", ("Consagrado aos Deuses Manes, Coria, filla de Albino, de once anos de idade, aquí xace. Que a terra che sexa leve").
Lápida funeraria
(As Lagas-Terroso): Formaba parte dunha linde de fincas de D. Manuel Pérez e D. Evaristo Barja, no lugar das Lagas. Ten unhas medidas de 82 por 32 centímetros: "DMS/RVIIN/VS RV/II AN/NOR/RVM/XXXX/H S S T L", ("Consagrada aos deuses Manes. Rufino, fillo de Rufo, de 40 anos de
idade, está enterrado eiquí. Que a terra lle sexa leve"). Ingresou no Museo Arqueolóxico de Ourense o 3 de abril de 1948, sendo director Basilio Osaba y Ruiz de Erenchun.
Estela de Terroso: Recollida por Abascal Palazón no Anuario Brigantino nº 44 (2021); a información sobre súa existencia facilitoulla Bruno Rúa. Descuberta e conservada nunha casa do barrio da Fonte da Cal. Estela de arenisca vermella moi dura que presentqa unha cabeceira arredondada e moi desgastada en toda a superficie frontal. Con todas as precaucións, o profesor Juan Manuel Abascal le: "++ IM[-]/[---]C[---]/L - ++I [---]/AN[n]/OR[um]/LXXV/H(ic) S(it---) E(est)". Só é posible ler con bastante claridade a idade do defunto e a fórmula final.
Inscrición rupestre de Enxames: "S(altus) t(erritorium) p(ublicum) / Crobri Tri | (C invertida) (curia) int(er) Como(- - -) i(nter) Ebo(- - -)".
Miliario (Vilardevós):
No mes de setembro de 2015 foi atopado un miliario que estaba
reaproveitado encastrado entre un galiñeiro e unha corte. Rodríguez
Colmenero dátao entre finais do século IV e principios do V; tamén
descubriu unha epígrafe que se atopa oculta.
Val do Saidoiro (Terroso): Foron atopadas varias
estelas funerarias, perdidas, e unha pedra cadrada coa inscrición "ORVM TVRETIS
LXXV", hoxe en día desaparecida, que estaba decorada cun círculo
dividido en catro cadrantres e dous pequenos círculos no seu interior.
Bucranios de Tomonte
(Tomonte-Soutochao): En Tomonte saíron á luz dous bucranios, hoxe en día empotrados (reutilizados) na parede dunha fonte
pública. Non moi lonxe está o castro romanizado de Cidadella. Na arte, un bucranio, do grego bukranion (composto polo sufixo bu, boi, touro, e kranion, cabeza, cranio), é un ornamento que reproduce o cranio
dun boi, xeralmente ornado de grilandas e cintas, propio da arte grega,
romana e renacentista, quizais en alusión ás vítimas que en sacrificio
eran ofrecidas a un santuario.
Castro de Cidadella (Tomonte): Castro romanizado situado nun pequeno outeiro rochoso. Apareceron restos cerámicos, fibelas de metal procedentes de monturas, un lagar de pedra,, escouras de fundición, columnas graníticias con basa e capiteis, tégulas e o lenzo dun muro defensivo labrado en cachotaría.
Castro de Florderrei Vello:
Situado sobre un outeiro dominante, atopáronse estruturas
habitacionais, fornos, lareiras, canles e fontes de uso colectivo,
restos cerámicos e moedas de época romana. Sobre o castro, logo
cristianizado cunha ermida posta baixo o padroado de Nosa Señora
das Portas Abertas, celebrábanse ritos paganos.
Cidade de Terroso
(Terroso): Preto da fronteira con Portugal. Atopáronse restos de tégula
e ladrillo. O asentamento foi destruído no ano 1641, durante as guerras
con Portugal.
As Airas (A Devesa-Osoño): Localizado no ano 2004. Tégulas, un tambor de columna, muíños de man e fragmentos cerámicos.
Os Casarós
(Osoño): O xacemento, de chaira, atópase na pista que vai de Vilar de
Cervos á Veiga das Meás. Dise que o antigo pobo sufriu unha invasión de
formigas que só deixou con vida a dúas mulleres; unha foise para a Veiga
das Meás, a outra para Vilar de Cervos.
O Outeiro
(Vilar de Cervos): Os veciños aseguran que esta explotación de estaño
xa fora utilizada polos romanos. O outeiro onde asenta recibe o nome da Garita, posible alusión a un elemento arquitectónico de observación e vixiancia militar, posiblemente dos séculos XVII e XVIII cando as guerras con Portugal.
Rebordechao (Terroso): Apareceron fragmentos de tégula e ladrillo. Posible asentamento de chaira de época romana habitado ata a Idade Media.
As Regadas
(Santa María de Traseirexa): Apareceron fragmentos de cerámica, restos
de paramentos e unha canle de desaugue. Taboada Chivite situaba no lugar
un castro. Cóntase que aquí houbo un pobo. Os veciños falan de achados
cerámicos e da existencia dunha casa circular desparecida.
San Vicente (Traseirexe): Xacemento moi alterado no que saíron á luz unha sepultura romana, restos de tégula e ósos.
A Trabe (Berrande):
Xacemento situado a 850 metros de altitude sobre o nivel do mar. Moi
alterado, sitúase no mesmo pobo. Apareceron muíños de man e fragmentos
cerámicos.
Sepulcro (Santa
María de Traseirexa): Posto en coñecemento de Taboada Chivite polo
médico Antonio González Pereira. Dado a coñecer no ano 1945 no Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense por Taboada baixo o título Un sepulcro romano en Vilardevós. Tiña forma
trapezoidal feita con laxes; para apoiar a cabeza do cadáver había unha
pequena lousa vertical. Ao parecer había outras dúas que despareceron.
Explotación mineira de Outeiro (Vilar de Cervos): Antigas minas de estaño.
VILARIÑO DE CONSO
Castelo da Cerveira: A 1.541 metros de altitude, nas estribacións orientais da Serra de Queixa, dominando a cabeceira do río Cerveira ou Conso. O asentamento foi escollido a propósito nun ensanchamento do val, producido pola confluenza de varios regueiros na que a orografía se abre un tanto e aplana sobreo monte. Sobre o topónimo existen varias explicacións, algunha fantasiosa, sobre a pertenza do lugar á Casa de Alba. Cinguido por unha muralla que aproveita os desniveis das penedías da cima no que asenta, ten unha forma tirando a rectangular de 90 por 114 metros. A muralla ten un ancho aproximado de 1,80 metros na que se abren tres portas, dúas fronte a fronte. As construcións habitacionais conservan só a parte inferior das paredes, pero non todas semellan pertencer ao mesmo período, as acaroadas á muralla semellan máis antigas e de inferior perfección técnica. As restantes acadan maiores dimensións e maior perfección. Segundo a lenda, no Castelo de Cerveira vivían os mouros. A catro quilómetros existen os topónimos O Castelo Grande e O Castelo Bravo. (Información e imaxes extraídas de Francisco Javier Fenández Nogueira, en Excursión a Pradoalbar e ao Castelo da Cerveira. Instituto de Estudos Vigueses, 2010).
Calzada en Edrada: A construción da nova estrada arrasou importantes tramos da vía.

Xunto con Nocelo da Pena, Xinzo é o outro candidato a capitalidade da Civitas Limicorum ou Forum Limicorum, unha das civitates máis importantes do convento bracarense. No ano 1832, Ceán Bermúdez xa fala de varios achados en Xinzo: ladrillos, sepulturas, lápidas, pedras labradas ou moedas. A primeira escavación débese a Ferro Couselo (1972), na finca da Corteliña onde apareceron as famosas estatuas sedentes.
Estela en San Vicente de Alcántara (Badaxoz): No Museo de historia y cultura sanvicenteña hai unha estela romana coa inscrición: "RVFO . EQVI/PI . F . LIMI/CO . C . ELAP/IIOCELO/NOMINE/NDVM/BOVCATVS/SOLVIT", ("Rufo, fillo de Equipo, do pobo dos límicos do castro Elapiocelo. Boucato encargouse de poñer o monumento"). Trátase dun home da actual Galicia que debeu emigrar a esa zona por motivos comerciais, mineiros, etc, polo que se supón se trataba dunha persoa con recusos económicos e que iría co seu séquito, xa que nesa época non era fácil emprender unha viaxe tan longa. (Achegado por Alex Negreira, 2022).
Aras e epígrafes en Mosteiro de Ribeira:
Ara a Reva Laraucus, dedicada por Vallio Aper. Frei Martiño
Sarmiento fala dunhas lápidas romanas dedicadas a individuos da tribo
Quirina cando visitou o desaparecido mosteiro de Santa María do que
aínda non se sabe a súa situación exacta: "M(arco) IUNIO QVIR(ina) / ROBUSTO IUNIUS / MONTANVS PATRI ET /
RVTILIA PERVRDEA / MARITO H(eredes) F(aciendum) C(uraverunt)", ("Iunius Montanus e Rutilia Perurdea procuraran facer esta dedicatoria a Marco Iunio Robusto, da tribo Quirina, seu pai e marido
respectivamente"). Formando parte dos muros dun palleiro, Hübner primeiro e Fidel Fita (1911) documentan unha inscrición, da que se ignora a procedencia, onde se le: "PEREGRINV(s) APRI FE(cit) REVE EIS V(o)TO", ("Peregrinus, fillo de Apro, fixo á (deusa) Reva (este) exvoto"); hai quen le na fórmula final, erradamente, "Reve Veisuto".
Ara a Cibeles: Descuberta por don Arturo Villarino Fariñas ao realizar traballos agrícolas no predio coñecido como Os Barreiros. Estaba a ser utilizada como bebedoiro das galiñas. Feita en granito de boa calidade, lese: "MATRI/DEVM/IVNIA/AVITA/EX VOTO", ("Avita cumpriu o seu voto á Nai dos deuses (Cibeles)"). Datada no século II-III d.C. No Museo Arqueolóxico de Ourense dende xuño do 2000. Di
Abascal Palazón que o culto a Cibeles só se atopa testemuñado 15 veces
na Península, sete en Portugal (Vila Real, Porto, Lisboa, Setúbal,
Évora, Beja e Faro), dúas nas provincias de Cáceres e Badajoz, tres na de Ourense e unha na da Coruña.
Ara a Demorana: Na esquina dunha rúa próxima á igrexa de Xinzo de Limia. A lectura do teónimo non é moi segura por estar o campo epigráfico moi erosionado.
Ara na igrexa de San Xoán de Oleiros (Seoane): No interior da igrexa, ara
votiva en mal estado de conservación e coas letras practicamente
borradas que serve de soporte á pía de auga bendita. Nun muro da igrexa
hai unha inscrición incrustada.
Ara a Reve Abadaego ou Amoaego: Dúas lecturas: "REVE A/BADAEGO A[r]/VNTIVS", e segundo Fariña Busto e Xusto Rodríguez: "REVE A/MOAE/GO ARC V N I I V/SILVAN/VS V S L/M", ("A Reve Amoego Arcunii, Silvanus dedicou de bo grado este voto"). De finais do século II. Moi erosionada. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Aras na casa de Ramón Cid (Ganade): Tres aras permaneceron moitos anos na dianteira da casa, na parte alta do pobo no barrio de Outeiro. Desapareceron, descoñecéndose o paradoiro actual.
Aras a Xúpiter
(Ganade): Situada na parte baixa do muro da Casa da Cabaneira ou Castelo de Ganade. Dada a
coñecer por Vázquez Núñez no 1906: "IOVI . OPTIMO / MAXIMO / L(ucius)
FA[BI]VS G[---]S / V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)". No mesmo sitio consérvase outra ara a Xúpiter que foi descuberta por Juan Carlos Rivas Fernández.
Ara a Xúpiter: Situada xunto un muro igrexa de San Pedro de Laroá, trasladada ao lugar no século XX dende as inmediacións dunha casa onde se atopaba medio enterrada. A epígrafe atópase moi desgastada: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)/L(ucius) BASSUS [...]/[...]/[...]/EX VOTO", (A Xúpiter Óptimo Máximo, [...] dedicatoria de Lúcio Baso").
Ara desaparecida de Iulia Praenia: Para
situarnos, en
Hispania
Epigraphica
(en liña) di que unha
epígrafe dedicada
a Iulia Praenia,
procedente de Monforte de Lemos, está recollida no CIL II (Corpus
Inscriptionum Latinarum),
páxina 1.040, cando en realidade está na 903; tamén di que está
en IRG IV (Inscripciones
romanas de Galicia. Provincia de Orense,
de Xaquín Lorenzo Fernández e colaboradores), cando aí non aparece
nin a ara nin a inscrición. Tampouco fan referencia a ela Arias
Vilas, Le Roux e Tranoy (Inscriptions
Romaines de la Province de Lugo, 1979).
No citado CIL II (Inscritiones
Hispaniae Latinae,
1869), E. Hübner
achega
a lectura: "ARA(M) SOL(is)/IVLIA/PRAENIA/MOCION/V(otum) S(olvit)
L(ibens) M(erito)", que
traducida viría a dicir
"Ara do Sol, Iulia Praenia Mocion cumpriu a súa promesa de bo
grado" ou "Ara do Sol, Iulia Praenia a Mocion...".
Pero,
posteriormente, a maioría dos
investigadores, algúns entre interrogantes, lévanna para A Limia. A
ara, si se conserva, non se sabe onde está.
Pero
nun debuxo da ara que aparece nun manuscrito do ano 1650 baixo o
título Breve
hepittome de la familia y casas de los Lopez de Lemos pobladores
desta tierra de Lemos
(80
páxinas),
lese na cara principal: "ARA: SOL: / JVLLIA
/PRAENIA/
MOCION
/ V S (hedera) L M"; nunha cara lateral unha especie de cántara
e a inscrición "LEMI,CON / III"; e na outra cara
lateral
unha especie de combinación de tres círculos (disco solar?) e a
epígrafe "LVPVLUS / F". Polo debuxo trataríase dunha ara
con frontón tirando a semicircular e pé moldurado; a inscrición
estaría sobre un rebaixe da pedra. Despois
de transcribir a parte do Breve
hepittome…
que
me interesaba, creo
que o manuscrito é claro.
Como
achega o título, a intención é demostrar a procedencia dos López
de Lemos
que, en efecto, señorearon nos concellos de Pantón e Sober.
Ao
falar do río Cabe (“…
por
ser las mejores aguas con que daban el temple a sus famosos
aceros...”),
di que na zona asentáronse os “limineos”
que deron nome a toda a Terra
de
Lemos,
fundando a “colonia
de Proenza…. oy le
llaman
Proendos”.
En
Proendos, no concello de Sober, documéntase unha vila romana que dun
tempo a esta parte está a proporcionar interesantísimos achados. O
río Cabe, que
nace no Incio,
rega, na comarca da Terra de Lemos, os municipios de Bóveda,
Monforte de Lemos, Pantón, A
Pobra do Brollón e Sober. Como
proba de que eiquí se asentaron os romanos, o
autor achega
a
ara citada máis arriba que, interpreto, estaba na
igrexa de
San Vicente de Castillón, no concello de Pantón, xunto
con outras dúas, unha delas co escudo dos Lemos. A outra pedra sería
a descrita por Castellá Ferrer
no ano 1610, tamén desaparecida, adicada aos deuses Manes:
"D M S / VALERIAE FLORINAE AN XXIII / POMPEIVS / LVPVLVS / VXORI
PI /ENTISSIMAE", ("Consagrado aos deuses Manes, Valeria
Florina morta á idade de 23 anos. Pompeius Lupulus (fixo este
monumento) para a súa muller piadosamente)".
Á vista da inscrición, o autor fai derivar o apelido López de
Lupulus,
e Lemos de Limi ou Limicon,
que ao tempo enlaza con leminios
e
limineos.
Serían entón estes últimos vocábulos os que levan a confusión
para que se conxecture a procedencia da ara da Limia
por onde discorre o famoso río do Esquecemento citado por Plinio.
Creo que o erro procede do propio autor do manuscrito que confunde
leminios/limineos
co pobo dos lemavos.
Estela de Blendea Mantai (Mosteiro de Ribeira): Hai autores que a sitúan eiquí, pero parece ser que procede de Porqueira. (Ver Porqueira).
Inscrición: Na parede da casa dunha vivenda da Manga de Abaixo. Citada polo P. Sarmiento que a viu no priorado do Mosteiro de Ribeira, hoxe casa reitoral, "devajo de la ventana del quarto del prior, se halla encaxada en la pared". Logo foi levada ao lugar de Manga de Abaixo por Antonio Blanco que a empregou na parte exterior da casa: "M(arco) IVNIO QVIR(ina)/ROBVSTO IVNIVS/MONTANVS PATRI ET/RVTILIA PERVRDEA/MARITO H(eredes) F(aciendum) C(uraverunt)". Datada no século II-III d.C. No ano 1911 o P. Fidel Fita daba conta da súa desaparición do mosteiro e posterior aparición en Manga de Abaixo.
Dedicatoria: (Mosteiro de Ribeira): "CROVGIN/TOVDA/DIGOE/RVFONIA/SEVER(i)". Desaparecida. Foi vista polo P. Sarmiento no ano 1755 "en Sª Mª de Ribera, en la portada, esquina de la pared de la iglesia del priorato". Debeu desaparecer cando as obras de reedificación no ano 1770. De todos os xeitos Fita pensaba que estaba formando parte dun muro, coas letras agochadas, na veciña aldea de Lamas. Segundo Blázquez, o teónimo pode relacionarse co irlandés Cruach (montón, outeiro), e co galés Crug (túmulo), mentres que o epíteto Toudadigoe estaria vencellado a Toutanico e, polo tanto, co epíteto de Mars Toutatis.
Epitafio de Medamus: "MEDAMVS ARCISI F(ilius)/HIC SITVS/EST/CASTEL(l)LV MEIDVNIO/MONVM/ENTVM/FECERVNT/ANCONDEI AMICO CARO".
Estela bifronte:
Aparecida no século XVIII nunha das paredes da desaparecida ermida do
Monte do Viso, en Nocelo da Pena. No ano 1835 foi trasladada ao adro da
igrexa de Nocelo da Pena para servir de base dun cruceiro ata que foi
redescuberta por Barros Sibelo quen a trasladou ao Museo Provincial.
Ata principios dos anos setenta considerouse como unha lápida
conmemorativa dun pacto entre tres cidades. Mais, posteriores
investigacións certifican que se trata dunha estela funeraria bifronte
que, nunha das caras, presenta as imaxes en busto de tres persoas. Na
outra cara presenta unha escea ritual de libación, onde dous familiares
dos finados verquen ao mesmo tempo o contido de dous vasos sobre un
recipiente que hai aos seus pés.
Necrópole tardorromana da Ribela
(San Pedro de Laroá).: Localizada ao realizar a cimentación para a
construcións dun alpendre; moi afectada pola actividade agrícola.
Castro de Damil: Romanizado, atopáronse restos cerámicos, tégulas e ladrillos.
Castro de Damil: Romanizado, atopáronse restos cerámicos, tégulas e ladrillos.
Barrio de Abaixo: Sigillata, cerámica común e fragmentos de tégula.
Rúa Romero Nieto: Muros e cerámica dunha domus, con dúas fases de ocupación entre os séculos I-III d.C.
Rúa San Roque:
No mes de abril de 2015 deuse a coñecer a aparición dos restos dun muro
e cerámica o que semella unha canle; atopáronse durante as obras para a
instalación do gas cidade.
Ganade:
Nunha casa, ao lado das escaleiras, había dúas aras votivas, unha ara
funeraria e un miliario fragmentado, na actualidaded en paradoiro
descoñecido.
Xacemento dos Freixos (Damil): Tégulas, ladrillos e cerámica común.
Xacemento dos Freixos (Damil): Tégulas, ladrillos e cerámica común.
Xacemento de Faramontaos: No lugar coñecido como As Cortiñas saíron á luz tégulas, ladrillos, cerámica común e un muíño circular.
Xacemento dos Charcos (A Gorgoloza-Ganade): Muíños de man, que desapareceron.
Xacemento da Cheda (San Vitoiro-Ganade): Muíños circulares e restos cerámicos.
Xacementos das Anduriñas, dos Pardieiros, da Pena Escrita e da Pedreira
(Gudín): Atopáronse muíños de man, ladrillos, tégulas, sigillata,
ímbrices e cerámica común; segundo Rodríguez Colmenero, o topónimo Pena
Escrita pode facer referencia a un miliario.
Xacemento das Donas (Damil): Restos cerámicos, muíños e pedras labradas.
Xacemento de Gundís
(San Pedro de Laroá): Tégula, ímbrices e cerámica común; segundo os
veciños aquí estivo ubicado o antigo cemiterio; tamén falaron da
aparición dunha antiga calzada no lugar coñecido como "Camiño dos
Malatos".
Xacemento de Paredes (San Pedro de Laroá): Apareceu cerámica común; segundo a tradición, na estrada que une Xinzo con Paredes atopábase o primitivo pobo de Xixirei.
Outros xacementos: Corno do Monte (Damil), O Padrón (Ganade), Os Regueiros (Mosteiro de Ribeira), Sixirei (Paredes-San Pedro de Laroá), Gundís (San Pedro), Lodeiro (Cima de Riveira), Pedra Escrita (Gudín), A Pedreira (Gudín), Detrás da Igrexa (Seoane de Oleiros).
Miliario de Pidre (Solbeira de Limia): Reutilizado como poste no patio dunha casa arruinada en Pidre. Conta Rodríguez Colmenero que cando volveu polo lugar a casa fora refeita e o miliario vendido, sen saber a quen.
Xacemento das Cortiñas (Seoane de Oleiros): Situado debaixo do castro do Outeiro da Cruz, apareceron tégulas, ímbrices e cerámica común.
Xacemento da Touza/A Viña
(Baronzás-Xinzo de Limia): Apareceu o fragmento dun fuste, o enlousado
dunha calzada, muíños, tégula, cerámica común e un pozo romano.
Alterado polas casas e os labores agrícolas. Outros xacementos: Corno do Monte (Damil), O Padrón (Ganade), Os Regueiros (Mosteiro de Ribeira), Sixirei (Paredes-San Pedro de Laroá), Gundís (San Pedro), Lodeiro (Cima de Riveira), Pedra Escrita (Gudín), A Pedreira (Gudín), Detrás da Igrexa (Seoane de Oleiros).
Miliario de Pidre (Solbeira de Limia): Reutilizado como poste no patio dunha casa arruinada en Pidre. Conta Rodríguez Colmenero que cando volveu polo lugar a casa fora refeita e o miliario vendido, sen saber a quen.
Miliario de Máximo e Maximino: Exhumado a pouca distancia de Xinzo. Segundo Pedro González de Ulloa, a mediados do século XVIII, foi trasladado para actuar como poste dun corredor na praza da poboación, onde aínda o viu Fr. Pedro Cid e Barros. Desapareceu cando a casa foi destruída. Debe tratarse do miliario de Chamosiños, en Trasmiras.
Miliario de Galerio: Exhumado na horta da Cortiñela, preto de Xinzo, no ano 1972, xunto con dúas estatuas sedentes da época e outros restos. Ano 293: "GALERIO VALER/IO MAXIMI/AN/AUG(usto)N(obilissimo) C(aesari) P(io) F(elici)", ("Dedicado a Galerio Valerio Maximiano, augusto, pío, feliz"). No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Miliario de Seoane de Oleiros: Nunha casa apareceu o fragmento dun miliario moi alterado (na actualidade no Centro de Interpretación Aquis Querquernis de Bande), e unha inscrición funeraria empotrada nun dos muros.

Moedas: En Ganade, un áureo de Vespasiano e un denario de Adriano.
Centro sobre a Romanización (Xinzo de Limia).
XUNQUEIRA DE AMBÍA
Aras
(Xunqueira de Ambía): Unha foi atopada no lugar de San Martiño e a
outra atópase na capela do Santo Antón e Santa Rita, citada nun
documento de principios do século XI, en A Siota, é moldurada e foi
reutilizada nun muro, ademais de repicar a inscrición foi mutilada. En non poucas publicacións lemos que está dedicada a Xúpiter, erro emendado polo profesor da Universidade de Alacant Juan Manuel Abascal Palazón que leu: "LA[---]++/++ IBV[s]/[F]LAVIVS/[F]LAVINV[s](V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)", clara dedicatoria aos Lares Viais por Flavius Falvinus. Na capela tamén se reutilizou unha ventá xeminada que presenta unha inscrición posterior de difícil lectura; eu lin na primeira liña, que comeza cunha cruz: "ERAMOA--", e na segunda "FE/CIT?".
Ara de Arase (Vilariño da Veiga-Bobadela): Apareceu no ano 1995 empotrada no muro dunha casa de Vilariño da Veiga. No ano 1996 foi doada ao Museo Arqueolóxico de Ourense por don Manuel Carrera García. Atópase deteriorada debido á función secundaria para o que foi utilizada, pero tiña molduras ás catro caras. Estudada polo profesor Abascal Palazón no ano 2023 (con fotografía de José Manuel Salgado da fundación Monteagudo) e publicada no Ficheiro Epigráfico de Conimbriga no ano 2024, leu: "ARASE VIRE/CIAECO M(arcus) D[o]/MITVS OV[f(entina)]/ABILIANVS S(olvit)", ("Marcus Domitius Abilanus, censado na tribo Oufentina, cumpriu o voto para Arase Vireciaeco").
Epígrafe: "I(ovi) O(ptimo) M(aximo)".
Miliario de Adriano: Atopado a mediados do século XIX por Fr. Pedro Cid, párroco de Xunqueira de Ambía, entre Bobadela e Busteliño, na finca dos Padrós, á beira da Vía Nova. Por oficio do 27-9-1858, dende a Real Academia da Historia requiren do Gobernador Civil que ordene ao alcalde de Xunqueira de Ambía para que o recupere para que poida ser examinado por estudosos. Foi trasladado ao Museo Arqueolóxico de Ourense no 1934: "IMP(eratori) C[aes(ari)] DIVI TRAIANI/PARTHICI F(ilio) DIVI NERVAE N(epoti)/ET TRAIANO HADRIANO/AVG(usto) PONTIF(ici) MAX(imo) TRIB(unicia) POT(estate)/XVII CO(n)S(uli) III P(atri) P(atriae) A BRACARA/MILEA P(asum) LXXIV", ("Ao emperador césar Traxano Adriano augusto, fillo do divino Traxano pártico, neto do divino Nerva, pontífice máximo, coa potestade tribunicia décima sétima vez, cónsul por cuarta vez, pai da patria. Milla 74 dende Braga").
Miliario de Busteliño (Sobradelo): Descuberto no ano 1975 nunha corte; continúa no mesmo lugar, servindo de marco dunha porta e colocado de forma invertida: "IMP(eratori) CAES(ari)/FLAVIO VALERIO/CONSTANTIO", ("Dedicado ao césar emperador Flavio Valerio Constantio"). Alvarado di que a cinco centos metros da Leira dos Padrós apareceu un miliario anepígrafo fracturado en dous anacos; tal vez fose o mesmo que Barros Sibelo sinala como existente xunto o de Adriano.
Miliario da Leira dos Padrós (Busteliño-Sobradelo): Un, adicado a Adriano, xa falamos máis arriba. Outro, adicado a Probo, foi atopado no ano 1975, fragmentado en dúas metades e pintado co obxecto de resaltar a epígrafe: "IMP(eratori) CAES(ari) M(arco)/AUR(elio) PRO/BO AUG(usto)". Na actualidade está colocado debaixo dunha escaleira na Casa do Concello.
Miliario de Constante (Casasoá-A Abeleda): A lenda atópase en mal estado. Actuaba como machón á entrada dunha tapada. No Museo Arqueolóxico de Ourense. Anterior ao ano 337: "D(ominus) [N(oster)]/C[on]STAN/[NO]BI(lissim)VS [ET] [INDVL]/GE(ntissimus) CAE(sar)", ("Ao noso señor Constante, nobilísimo e indulxentísimo césar".
Miliario de Casasoá (Casasoá-A Abeleda): Atopado hai anos por un veciño na leira dos Pezoucos, quen o chantou no xardín da súa casa: "IMP(erator) CAES(ar) C(aius) IVLIVS VERVS/MAXIMINVS P(iu)S FELIX AVG(ustus)/GERMANICVS MAX(imus) DACICVS/MAX(imus) SARMATICVS MAX(iumus)/PONTIFEX MAX(imus) TRIBVNICIAE/POTESTATIS V IMP(erator) VII P(ater) P(atriae) CONS(ul) PRO/CONS(ul) ET C(aius) IVLIVS VERVS MAXIMVS/NOBILISSIMVS CAES(ar) GERMANICVS/MAX(imus) DACICVS MAX(imus) SARMATICOS/MAX(imus) PRINCEPS INVENTVTIS FILIVS D(omini) N(ostri)/IMP(eratoris) CAES(aris) G(ai) IVLI VERI MAXIMINI PII/FELICIS AVG(usti) VIAS ET PONTES VETVS/TATE CONLAPSOS RES(titu) I CVRARVNT/CVRANTE Q(uinto) DECCIO LEG(ato) AVGG(ustorum) PR(o)/PR(actore) C(larissimo) V(iro) A BRAC(ara) AUG(usta) M(ilia)/P(assuum)", ("Ao emperador césar augusto Gaio Xulio Vero Maximino, pío, feliz, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático, máximo, pontífice máximo, coa quinta tribunicia potestade, emperador pola sétima vez, pai da patria, cónsul, procónsul, e Caio Xulio Vero Máximo, nobilísimo césar, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático, máximo, príncipe da xuventude, fillo do noso señor o césar emperador Caio Xulio Vero Maximino, pío, feliz, augusto, procuraron refacer as vías e as pontes deterioradas polo paso do tempo, sendo responsable Quinto Decio, legado propretor dos augustos, esclarecido varón, na milla 73 dende Braga"). José Antono Gavilanes tamén me comunicou a aparición doutro miliario na mesma zona que correu peor sorte, a persoa que o atopou decidiu fendelo para facer postes.
Castro de Cerdeira: Romanizado; apareceu unha moeda da época do emperador Marco Aurelio.
Vía (O Lombo-Prado do Zapato-Casasoá): Tramo de vía construída en agger. Consérvanse uns quince metros.
Xacemento de Bouzafría (Sobradelo): Tégulas, muíños e pesos de tear.
Xacemento das Chaveliñas (Salgueiros-Armariz): Tégulas e lenzo de muro cortado. Dise que aquí estaba situado o primitivo pobo de A Moradica onde apareceron ladrillos, muíños e outras pezas.
A Academia da Historia interesárase polos vestixios da vía romana que pasaba por Xunqueira de Ambía, polo que demandou á Comisión de Monumentos de Ourense para que continuara cos traballos iniciados polo falecido Cid de la Concepción, e que averiguara o lugar exacto onde fora atopado o miliario de Bobadela-Pinta de Sobrado. Durante o ano 1858, o abade de Xunqueira de Ambía intercambiara varias cartas coa Academia informándoa do achado de dous miliarios.

XUNQUEIRA DE ESPADANEDO
Explotación
aurífera da Cidade do Rollo (Xunqueira de Espadanedo): Mámoas e vías
romanas aparecen como delimitatorias de propiedades eclesiásticas na
documentación do mosteiro de Xunqueira de Espadanedo: "inde ad mamuam da Meda...". Aprécianse moreas de pedras e sistemas de foxos e canais. J. Antonio Gavilanes cre que puido existir un poboado asociado á actividade mineira polo que se debera investigar máis a fondo.
PROVINCIA DE OURENSE (pezas de procedencia descoñecida)
Anel do Río Sil: Século III d.C. Anel de ouro macizo. Figuran incisas as letras P/AC separadas por un trazo horizontal e dispostas formando un triángulo. No Museo Arqueolóxico de Ourense.
Xabier Moure
Romanización de Galiza/Galicia (Provincia de Ourense)
o noso patrimonio
Romanización de Galiza/Galicia (Provincia de Ourense)
o noso patrimonio