CASTROS DE GALICIA (PROVINCIA DA CORUÑA)

A Idade do Ferro é unha das etapas máis emblemáticas e mellor estudadas da arqueoloxía galega, onde se documenta unha forma de asentamento que deu nome á coñecida como Cultura Castrexa, denominación que non aprace a todos por igual. Malia que se contan por milleiros (aquí achego máis 4.000), só pouco máis de medio cento foron escavados e estudados. É precisamente este período o que deu lugar á controvertida cuestión celta que, lonxe de aproximar os encontrados posicionamentos dos últimos tempos, semella agrandar as distancias entre os investigadores.
 
Nota: Ao final desta entrada, baixo o título "Provincia da Coruña", vou achegando pezas atopadas na provincia pero das que se descoñece a procededencia, sequera aproximada. 


  
CASTROS DA PROVINCIA DA CORUÑA

ABEGONDO
Agra do Castro ou de Abegondo (Abegondo); Brea (Brea-Abegondo); Cerneda (A Igrexa-Cerneda); Cos (O Barral de Abaixo-Cos); Vilar (Vilar-Crendes); Xuanzo (Areosa-Cullergondo); Figueiroa (Figueiroa); Eira do Couto (A Travesa-Folgoso); Leiro (Leiro); San Martiño (O Castro-Mabegondo); Mabegondo (Mabegondo); Meangos (Meangos); Montouto ou Chan do Castro (Montouto); Castro asulagado (Orto); Orto (Orto); Agra dos Castros ou Presedo (Brandián-Presedo); Monte do Castro ou Bordelle (Bordelle-Sarandóns); Seixade (Sarandóns); Grande da Alcaiana (A Malata-Vizoño); Ferrás e Maior de Vizoño ou Castromaior e Vizoño (Vizoño). 
Castromaior ou Maior de Vizoño: Érguese a 478 metros sobre o nivel do mar. Está composto por unha croa circular de 70 metros de diámetro, defendido por un parapeito e un foxo en todo o seu perímetro. Antecastro rectangular protexido por un parapeito. No ano 1974 unha escavadora abriu un burato no centro da croa, e no parapeito instalouse un vértice xeodésico.   
Castro de Abegondo ou Agra do Castro: Presenta un gran recinto oval defendido por terrapléns cun sistema de acceso por medio dunha rampa que rechea o foxo e penetra na croa entre dúas torres ou bastións.
Castro da Agra dos Castros ou Presedo: A 177 metros de altitude. Alterado polos labores agrícolas e forestais. Tiña unhas medidas aproximadas totais de 165 por 135 metros, cun recinto principal de 135 por 105 metros. Croa duns 60 metros de diámetro. Antecastro polo oeste. Apareceron fragmentos cerámicos, depositados no Museo das Mariñas de Betanzos.  
Castro de Bordelle: Moi alterado polo que non é posible facer unhas reconstrución da súa morfoloxía. Semella ter forma ovalada, protexido polo forte desnivel do terreo. foi atravesado por unha pista da concentración parcelaria. 
Castro de Brea: Consta dun recinto. Practicamente destruído por construcións modernas. 
Castro de Cerneda: Croa e un antecastro. De forma ovalada, ocupa unha extensión dunhas dúas hectáreas.  Arrodeado por dúas murallas e foxos entre elas. Sobre un dos foxos pasa unha pista asfaltada. Polo leste circúndao un camiño de terra que aproveitou o foxo. Ao pé do castro construíuse a igrexa e o cemiterio parroquial. No mes de outubro de 2020 comezaron os traballos de prospección para localizar restos da primitiva ocupación, delimitar o seu arco cronolóxico e sacar á luz as primerias estruturas.
Castro de Cos: A 122 metros de altitude. De planta elíptica. Defendido por un terraplén, parapeito e foxo. 
Castro Grande da Alcaiana: Duns 100 metros de diámetro, está defendido por murallas con foxo entre ambas, ademais do desnivel natural do terreo.      
Castro de Leiro: Presenta un único recinto de forma ovalada, defendido por un parapeito que nunha das partes está reforzado por un foxo. 
Castro de Mabegondo: Planta ovalada, defendido por muros e terraplén. 
Castro de Meangos: Atópase a unha altitude de 154 metros. Ten forma ovalada, cunhas medidas aproximadas de 150 por 95 metros, defendido por un parapeito que o arrodeaba na súa totalidade. A croa, duns 60 metros de diámetro estaba protexida por un terraplén. Sobre el construíuse a igrexa e o cemiterio. Cruzado por unha liña de alta tensión. Plantación de eucaliptos. 
Castro de Presedo: De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 160 x 130 metros defendido por un parapeito. Polo surleste apréciase dun segundo parapeito nun aterrazamento alterado polos labores agrícolas. 
Castro de Vilar: De planta elíptica, está arrodeado dunha dobre liña de terrapléns. Moi alterado. 
Castro no encoro de Cecebre: Na parroquia de Orto. Asulagado polo encoro de Cecebre. Tiña unhas medidas totais aproximadas de 115 por 95 metros.
   



 


 


 

AMES
Piñor (Piñor-Agrón); Castro da Ermida de San Marcos (Ameixenda); Cruxeiras (Cruxeiras-Ames); Paramuíño ou Torreón do Castro ou Moutón (Biduído); Quistiláns (Quistiláns-Bugallido); Mirás (Mirás-Bugallido); Castelo (Lombao-Covas); Castelo ou Ventosa e Ventura (Covas); Lens (Lens); Castrigo (Castrigo-Ortoño); Ortoño (A Tarroeira-Ortoño); Piñeiro (Rúa-Piñeiro). 
Castro da Ermida de San Marcos: Castro onde se construíu unha fortificación medieval (Rodríguez Resino, 2008). Existen referencias tardías á reutilización do castro na véspera da batalla de Altamira-Augapesada no ano 1471 (Aponte, 1986).  
Castro de Mirás: Nun esporón sobre o río Sar. Cara o río está protexido por unha defensa natural de rocha e a forte pendente do terreo, o resto por un parapeito que nalgúns tramos acada unha altura de sete metros. Apareceron fragmentos cerámicos, entre eles os restos dun recipiente.
Castro de Ortoño: De 115 por 103 metros.
Castro de Piñeiro: De 117 por 100 metros.
Castro de Piñor: Forma oval, cunhas medidas de 138 por 104 metros.
Castro de Ventosa: Fortemente alterado.
  
 

ARANGA
O Castro (entre As Barbudas e Pedramaior-Aranga); Rodicio (A Fraga Chá-Cambás); Espiñeira (A Espiñeira-Cambás); Castriño da Graña (Graña de Vilar-Cambás); Chao do Castro ou Negrelle (Negrelle-Cambás); Almanzor (preto da ermida de San Vitoiro-Cambás); Flores de Turreiro (Flores-Feás); As Croas do Castro (Castromil-Muniferral); As Cotorras ou O Painzal (O Painzal-San Vicente de Fervenzas); Casarellos (Os Casarellos-San Vicente de Fervenzas); Vallo (Vallo-San Vicente de Fervenzas); Castellana, Castrobó e Os Castros (Vilarraso).
A información sobre a existencia dos castros Rodicio, Espiñeira, Chao do Castro, Castriño da Graña, Castrobó e A Castellana achegóunola Santiago Fernández, de Aranga. Tamén nos aclarou que o castro das Cotorras e do Painzal son o mesmo.
O Castro (entre As Barbudas e Pedramaior): Sen catalogar, localizado pola asociación de recreación histórica de Lugo Tir na N´Og.
Castro das Cotorras ou O Painzal: Recinto fortificado que consta de dous corpos e dúas plataformas. A primeira defensa consta dunha muralla que cerra na croa polos seus extremos. Na entrada pódense observar dous avultamentos en forma de torreóns, o grosor da defensa varía de 3 a 4 metros, con aproximadamente 5 metros de altura. Entre esta primeira defensa e a croa hai un espazo interior de 50 x 100 metros, podendo observarse unha rampla que leva a croa. Neste castro atopáronse varias pedras de muíño, redondos e barquiformes, restos cerámicos e anacos de olas, entre outros. Ademais, nunhas rochas próximas ao castro, existen uns gravados. (Información extraída de Santi Aranga en patrimoniogalego.net, 2012).
Castro de Flores: Entre as parroquias de Feás (Aranga) e Oís (Coirós). Sobre o castro construíuse unha capela de traza gótica, hoxe en ruínas, posta baixo o padroado de San Xurxo e logo de San Roque que conserva o arco triunfal que apoia sobre columnas con capiteis decorados. Tamén hai outras edificacións en ruínas; unha veciña contoume que unha das vivendas dividíase entre os concellos de Aranga e Coirós: os propietarios dicían que comían en Coirós e durmían en Aranga. Asociado a lendas de mouras e tesouros; tamén se di que hai un túnel que vai dende a capela ata o río. O día 19 de abril de 2019 localicei preto da ermida unha pena con coviñas. Apareceu un torques de ouro (Ver Coirós).
Castro de Negrelle: Na era 1178 (ano 1140), Rosendo, abade de Bergondo, vende a Munio, abade de Monfero, a metade dunha herdade no castro de Negril por un cabalo tasado en 100 sueldos, un boi tasado en 40  e 10 moios de pan. O castro cítase tamén  no ano 1159.
 

 



ARES
Ares (Enseada de Ares-Ares); Agro do Castro (Lubre-Ares); Punta Mourón ou Punta Camouco (Praia do Raso-Caamouco); A Roda do Castro (Caamouco); Castro da Punta de Segaño ou da Moa (Chanteiro-Cervás); O Castro (Os Galgos-Cervás); Santa Mariña (Punta de Santa Mariña-O Penedo-Cervás); Lubre (Lubre)
Agro do Castro: Datado no século III a.C. Por mor da intervención humana, apenas se distinguen as súas defensas. 
Castro de Ares: Situado nun pequeno outeiro, entre a praia do Raso e a enseada de Ares. Presentaba un recinto case circular duns 70 metros de diámetro rodeado por un terraplén. Sobre o asentamento contruíronse uns depósitos de auga, unha antena de telefonía e unha urbanización que leva por nome "O Castro".  Realizáronse algunhas escavacións no ano 1998. 
Castro de Cervás: Pequeno castro duns 60 metros de diámetro. Posúe unha única liña defensiva composta por muralla e terraplén.  O día 14 de febreiro de 2018 presentamos denuncia ante Patrimonio pola agresión con maquinaria pesada. 
Castro de Lubre: Non quedan restos do castro. Consérvanse os topónimos de Vila dos Mouros e Agro do Castro, preto da igrexa parroquial que, segundo a tradición, foi construída polos romanos. 
Castro de Punta Mourón: A 27 metros de altitude. Xunto a praia do Raso. A península sobre o que asenta aparece defendida no istmo e na punta onde se sitúa unha segunda defensa. As escasas defensas están compensadas polos fortes cantís. Foi utilizado para cultivo e tamén para a plantación de ecucaliptos. 
Castro de Piñeiro: Dado a coñecer por Juan A. Carneiro Rey. Está situado na península de Bezoucos, entre as parroquias de Piñeiro (Mugardos) e Caamouco (Ares), sobre un coto rodeado de terras chás, dominando as rías de Ares e Ferrol, nun saltus que tamén domina os terreos circundantes, un ager de produción agrícola. Ten forma elipsoidal, cun pequeno terraplén que circunda a croa; polo norte ten un antecastro. 
Castro da Punta de Segaño ou da Moa: Dise que debaixo do forte-batería de Segaño houbo un castro, e que os foxos foron reaproveitados para construír os túneles da batería no século XVIII. 
Castro de Santa Mariña: Castro costeiro situado nunha pequena península a uns 40 metros de altitude, entre as puntas do Boi e Promontoiro. Protexido por potentes murallas que nalgún tramo acada os 15 metros de altura e un foxo duns 12 metros de ancho que rematan nos altos cantís que caen cara o mar. No interior do recinto vese unha construción en ruínas que pertenceu a unha batería militar, construída a principios do século XVIII e que perdeu a súa función a mediados do XIX, que desfigurou o castro. Ao leste do castro hai unha galería coñecida como Cova dos Mouros ou de Santa Mariña, duns 120 metros de lonxitude e 1,5 metros de altura escavada a pico na rocha e que algúns poñen en relación co castro, se ben non faltan quen as atribuén aos fenicios, romanos, polvorín da batería, etc. Segundo a lenda fixéronna os mouros e que chega ata Mehá, en Mugardos, a catro quilómetros en liña recta. Ricardo Conde Salgado recolle unha lenda, publicada en El Gallego no ano 1180, que identifica a Cova dos Mouros coas Bocas de Sangue, que narra un tráxico relato de amor e crime acontecido no século XIV. Dise que todas as noites saen destas bocas uns ruídos, e a quen os escoita non tarda en morrer.   
Castro da Roda do Castro: Castro duns 155 metros de diámetro situado no outeiro a 120 metros de altitude que actúa como límite administrativo entre os concellos de Ares e Mugardos. Presenta un recinto defendido por dúas liñas de murallas a modo de parapeitos de entre tres e catro metros de altura cos seus respectivos foxos. Unha canteira afectou ao terraplén que circunda a croa.        
Xacemento da praia de Chanteiro (Chanteiro-Cervás): Emprazado ao nivel do mar, a carón da praia de Chanteiro. Alterado polos procesos naturais. No ano 2004 apareceron materiais líticos e cerámicos.




 


ARTEIXO
Croas de Armentón (A Xesteira-Armentón); Figueiroa, Laxobre e Penouqueira (Arteixo); O Galo (Barrañán); O Castelo e O Petón (Vioño-Chamín); O Castelo (Lañas); Larín, Mirón e Vigo (Larín); Santa Locaia (Loureda); Freón (Monteagudo); Canzobre, As Croas e Santa Icía (Morás); Rañobre e Galán (Oseiro); Coroa da Virxe (Pastoriza); Monte dos Castelos (Nostián-Pastoriza); Castelo (Sorrizo); O Cociñadoiro ou Punta Langosteira e O Puntido (Suevos).
Castro de Armentón ou das Croas: Coñecido erroneamente como de Anzobre, está rodeado polos regos Iota e Acibeiro. Moi alterado polos labores agrícolas.
Castro de Canzobre: Presenta dobre parapeito e defensas naturais en todo o recinto agás polo norte.
Castro Cociñadoiro: Na Punta de Muros ou Punta Langosteira. No ano 2004, arqueólogos, ecoloxistas e veciños denunciaron que as obras do porto exterior da Coruña, en Punta Langosteira, ían levar por diante o castro, cuxa importancia xa fora recoñecida pola Declaración de Impacto Ambiental, no ano 2001, do Ministerio de Medio Ambiente. Nas actuacións de urxencia, comezadas a principios do ano 2005, saíron á luz 23.000 obxectos dos que só foron inventariados 9.687. O castro, agora na memoria, databa do século IX a.C., tendo o seu máximo apoxeo entre os séculos VII e VI a.C. 
Castro das Croas: Sobre o río Batán. Planta circular. Na croa hai vense as gravuras dunha cruz, coviñas e uns motivos de difícil identificación.  
Castro de Figueiroa: De forma oval, tiña unhas medidas aproximadas de 150 por 120 metros. Estaba defendido en todo o seu recinto por unha muralla de terra e pedras e polo desnivel do terreo. Moi alterado, na actualidade vese un potente parapeito de terra e pedras polo oeste cunha altura que vai dos catro aos cinco metros. Apareceron restos cerámicos.
Castro de Lañas: Segundo a lenda, en ocasións vese unha galiña con pitos de ouro. 
Castro de Laxobre: De forma circular defendido por un parapeito en todo o seu perímetro. Xosé Troiano Carril atopou parte dun muíño de man circular.
Castro de Mirón: Recinto fortificado duns 65 metros de diámetro. Conserva restos dun parapeito e dous foxos intercalados. No lado sur hai un aterrazamento. Di a lenda que no ano 813 librouse unha batalla entre os cristiáns e os mouros, onde chegou o sangue edificouse unha ermida que se puxo baixo o padroado do San Roque.    
Castro de Pastoriza: De planta circular, situado no alto da Pastoriza dende onde se divisa toda a contorna. Conserva restos de muralla e foxos. O cume utilizouse como lugar de peregrinación cristiá; un altar acolle á Virxe da Pastoriza que se apoia nunha especie de dolmen. Sobre as murallas plantaron eucaliptos, e un parapeito e un foxo foron roturados.
Castro de O Puntido: Situado nunha punta costeira. As obras do porto afectáronlle gravemente. 
Castro de Rañobre: De forma elíptica coas defensas moi suavizadas polos labores agrícolas. Pódese ver un terraplén, un foxo e un parapeito. No ano 2009, a raíz das obras do porto Exterior da Coruña atopáronse varias tumbas no límite do castro. 
Castro de Santa Icía: Moi deformado, tiña forma ovalada de 100 x 80 metros, defendido por un terraplén. 
Castro de Santa Locaia: Domina o val de Loureda e parte do concello. Boas defensas naturais. Na croa instalaron unha antena.
 
 
 

 


ARZÚA
A Medorra do Castro (Brandeso); Baiobre, Branzá, Cornado e Monte do Castro (Branzá); O Castro (Pregontoño-Burres); Calzada e Rourís (Burres); Calvos, Quenlla e San Martiño (Calvos de Sobrecamiño); Roda de Samil (Campo); Pena (A Castañeda); A Roda Grande (Dombodán); San Paio (Figueiroa); Pastoriza a Vella (Lema); Maroxo (Maroxo); Roda do Castro de Maroxo (Maroxo); Torneiros (Mella); Filgueira e A Fraga (Oíns); Soutullo (Pantiñobre); Rendal (Rendal); Castro da Roda (San Mamede de Ferreiros); Curbín ou A Roda (Monte da Roda-A Quenlla-Santa María de Arzúa); Viladavil (Viladavil); Roda de Barros (Barros-Vilantime); Vilantime (Vilantime). 
O Castro (Pregontoño): Croa tendente a circular duns 70 metros de diámetro. As defensas están moi rebaixadas debido aos labores agrícolas.  
Castro da Calzada: Das estruturas defensivas só se conserva parte do parapeito.  
Castro Curbín ou A Roda: Situado a 400 metros de altitude. Cunhas medidas aproximadas de 113 por 90 metros, presenta unha coroa ovalada, foxo e parapeito; é probable que contara cun antecastro. Unha fase de ocupación entre o 400 a.C. ata o cambio de era. Nas intervencións do ano 2021, realizadas polo Grupo Síncrisis: Investigacións en formas culturais da USC, os arqueólogos, dirixidos por Samuel Nión Álvarez, sacaron  á luz, entre outros,  material cerámico, muíños de man, pesas de tear, fusaiolas, escouras, crisoles, ademais dunha grella de cerámica con varios ocos circulares onde encaixan perfectamente varias fichas circulares coas mesmas medidas, o que parece indicar que se trata dun taboleiro de xogos. Utilizado como área recreativa está a sufrir constantes agresións, mesmo está a ser usado polas motos para facer trial. 
Castro de Filgueira: Alterado pola eliminación da cuberta vexetal e as nivelacións do terreo para unha plantación de eucaliptos. 
Castro da Pastoriza: Aínda que se atopa recollido na bibliografía arqueolóxica, na actualidade é imposible determinar onde estaba situado con exactitude. Polas informacións orais debía de atoparse entre o núcleo da Cruz da Pastoriza e a pista da concentración parcelaria.  
Castro da Quenlla ou Calvos: Gravemente alterado pola nivelación do terreo. Repoboado con piñeiros. Elimináronse case todas as estruturas defensivas.  
Castro de A Roda: Presenta unha croa tendente a circular, delimitada por un parapeito de entre dous e tres metros de altura.
Castro da Roda de Barros: A 405 metros de altitude. Tiña unhas medidas aproximadas de 100 por 85 metros. Debido aos labores agrícolas, perdeu todo o sistema defensivo polo oeste. Polo leste conserva as murallas e un foxo.
Castro de San Martiño: A croa e a parte exterior do parapeito delimitador foron alterados pola ampliación dun camiño. 
Castro de Viladavil: Croa tirando a circular duns 80 metros de diámetro, separada do exterior por un parapeito que foi gravemente alterado en todo o seu perímetro cando se acondicionou o terreo en pradaría e posterior repoboación con piñeiros.
Castro de Vilantime: Tiña unhas medidas aproximadas de 95 por 70 metros. Practicamente destruído polos labores agrícolas.
Xacemento en Vilantime: Durante as obras do trazado da autovía Santiago-Lugo, ao seu paso pola parroquia de Vilantime, no concello de Arzúa, saíron á luz dúas construcións duns 90 metros cadrados cada unha e dous fornos de grandes dimensións. A principios do mes de maio de 2022, un integrante da Asociación Cultural Ánxel Casal de Arzúa, Ignacio García Couso, atopouse de forma casual que ao pé das obras de construción da autovía co que semellaba unha escavación arqueolóxica. O día 10 de maio, Ignacio e o presidente da asociación, Celso Alberte Magariños, comprobaron no lugar os labores de prospección e limpeza de vestixios arqueolóxicos que o grupo de arqueólogos contratados pola construtora estaban a realizar. Os arqueólogos confirmáronlle que estaban diante dun asentamento galaico-romano; ademais das estruras citadas, apareceron restos cerámicos de distintas tipoloxías, tégula, muíños castrexos e moedas, unha de Traxano. Ante achado de tal importancia, dende a asociación solicitaron información á empresa construtora para poñela en coñecemento da poboación. A día de hoxe (1 de xuño), a empresa non lles contestou. Non hai moito tempo, non moi lonxe, a mesma empresa de arqueoloxía atopou varios restos de cabanas circulares de época calcolítica. Dende a Asociación Ánxel Casal solicitan ás autoridades en materia de patrimonio a máxima protección dos restos arqueolóxicos atopados, información sobre a importancia dos mesmos, a súa divulgación e posta en valor. 
 
 



A BAÑA
O Castro, Liñares e San Vicente (A Baña); Castelo da Carballa (Xasoso-A Baña); Cabanas (Cabanas); Liñares (Castro); Vilanova (Corneira); Alto do Souto ou Casas Vellas, Castroverde (Vilar de Cima-Corneira); Castelo de Gosende (A Ermida); Laíños e Meimendre (Lañas); Vilar da Torre (Vilar da Torre-Lañas); Guimaráns (Guimaráns-Ordoeste); Rial (Ordoeste); Cotóns do Castro (Tarroeira-San Cibrán da Barcala); Suevos (Suevos); Os Castros (Portochán-Troitosende). 
Castelo de Gosende: Aparece catalogado no PXOM do Concello do ano 2003. Estaba recollido na bibliografía dende o ano 1984, e catalogado posteriormente no 1994 como posible asentamento castrexo. As dúas estruturas de forma semicircular e dispostas de maneira concéntrica que aparecían no asentamento, non foron apreciadas polos arqueólogos no seu momento. Situado nun pequeno outeiro parece moi pequeno para tratarse dun castro, amosando unha pequena croa elevada duns trinta metros sobre un meandro do río Abuín. Está moi preto do límite co concello de Santa Comba. (Información achegada por Elixio Vieites). 
Castro de Liñares: Situado nunha ladeira, cara o río da Baña. Consta dun só recinto ovalado defendido por un parapeito e a pronunciada pendente do terreo.     
Castro de San Vicente: Lambendo o castro construíuse o cemiterio. Consérvanse algúns tramos de muralla. Restos cerámicos. Cóntase que hai un túnel que vai dende o castro ao río.
Castro de Suevos: Apareceron fragmentos cerámicos e muíños circulares. Dise que había un tesouro e uns túneles que ían dende a croa ata o río onde levaban os cabalos a beber.
Estela-pedrafita de Troitosende: Coñecida tamén como Eira dos Mouros. Antropomorfa. Non hai consenso canto á súa adscrición cronolóxica. Foi atopada na Eira de Vilacoba, mide 142 cm de alto e 40 cm de ancho. Decorada por unha soa cara a base de barras horizontais, aspas e triángulos. O extremo superior está rematado por unha cabeza discoidea na que se aprecian os rasgos faciais. Cabré, no 1915, considerouna como unha escultura humana de época neolítica; Octobón (1931) e Breuil (1935) atribuíronna ao Calcolítico e ao Neolítico; López Cuevillas déulle unha cronoloxía posterior, e Anati, no 1966, adscribíuna á Idade do Bronce. No ano 2001, J. L. Maya González e Ramón Álvarez (Departamento de Prehistoria de la Universitat de Barcelona), no seu traballo La estatua-pilar de Santa María de Tarañes (Ponga-Asturias) y su relación con la de Troitosende dátanna en época tardo-romana ou alto-medieval. Tampouco hai quen falta que a adscriba á Segunda Idade do Ferro. Custodiada no Museo de Pontevedra. 
 

 


 
BERGONDO
Babío e Santa Marta (Babío); Bergondiño ou Eiroas, Carrio, Montecelo (Bergondo); Guísamo e Monte da Fame (Guísamo); Armuño (Armuño-Lubre); Fornos e Lubre (Lubre); Pazos (Moruxo); Samoedo (Casal da Agra-Osedo); Ouces ou Reboredo (Reboredo-Ouces);  San Fiz e Santa María (Vixoi).
Castro de Armuño (Armuño-Lubre): Non figura recollido nos visores do Plan Básico Autonómico nin no de Aproveitamentos Forestais da Xunta de Galicia, pero si nalgunha cartografía. Forma ovalada, cunhas medidas aproximadas de 155 por 95 metros.    
Castro de Bergondiño ou Eiroas: É o mellor conservado do municipio. Practicamente circular, defendido por un parapeito e foxo. Dise que hai un túnel que comunica co mosteiro de Bergondo.   
Castro de Fornos: Os restos están dispersos no medio das casas.  
Castro Monte da Fame: Situado a 190 de altitude. Forma ovalada. Hai uns corenta anos, sobre unha parte do castro construíse unha fábrica de colchóns que foi pechada a finais dos anos noventa. 
Castro de Reboredo: No ano 2018 acometeuse unha intervención, non apareceron estruturas, pero si unha enorme canalización.
Castro de Samoedo: De forma oval. A croa está delimitada por un parapeito. Obsérvase outro parapeito separado do anterior por un foxo.
Castro de Santa Marta: Sobre o castro construíuse a igrexa e o cemiterio.


 


BETANZOS
Untia (Betanzos); Monte da Croa (Roibeira-Brabío); Monte ou A Croa (Illobre-Pontellas); O Castro de San Fiz (O Castro de San Fiz-Pontellas); Caseiro do Castro, Graña e Xanrozo (Requián); Obre (Tiobre).
Castro de Untia (Betanzos): A vila de Betanzos asenta sobre un castro. O trazado das sucesivas edificacións ao longo do tempo desenvólvense respetando a estrutura ovalada e o escalonamento imposta pola forma do terreo. No primeiro trimestre do ano 2015 descubríronse unhas pezas de cerámica castrexa na rúa do Castro que sobre cara o vello consistorio, durante as obras de construción dun hotel. Sería a primeira vez que se documenta a existencia do castro do que falan a documentación escrita. No Archivo Histórico Nacional consérvase un pergameo do traslado da vila de Betanzos ao castro de Untia sancionado por Afonso IX; como pertencía ao mosteiro de Sobrado, o rei establecera un intercambio de propiedades. 
Castro de Illobre (Pontellas): Situado nun esporón a 125 metros de altitude. Está formado por unha croa e un antecastros, ambos de forma irregualr. Boas defensas naturais por atoparse entre dous ríos. Apareceron restos de cerámica castrexa. Boa comunicación visual cos castros de Babío, Bergondo e Cortiñán. 
Castro de Graña (Requián): arrodeado por un terraplén que cara o sur se completa cun parapeito. Parte da croa está adicada a cultivos. 
Castro de San Fiz: Desaparecido, sobre o castro construíuse a aldea.
Castro de Xanrozo (Requián): Posúe un cercado de terra de catro metros de altura precedido dun foxo, con restos dunha torre no medio, quizais, segundo Río López (1986) dos séculos XII-XIII. Aparece citado no ano 911 como castrum Ieroncio, ao delimitar o couto do mosteiro de Cís. Ten un bo control viario e a el chega unha vereda antiqua citada nun documento do 1020. Monteagudo (1947) di que xunto o castro discorría a vía romana "Per loca marítima". 
Ourivería: No ano 2014 tivo entrada no Museo das Mariñas de Betanzos unha doazón privada pertencente ao avogado e anticuario Rafael José Seoane Martínez. Trátase de oito pezas de orivería encadradas tipoloxicamente na Idade do Ferro (dúas argolas de ouro, dous torques e un brazalete de ouro, e un torques e dous brazaletes de prata). Aínda que nalgún xornal situaron o achado no castro de Untia, nada se sabe sobre as circunstancias orixinais do conxunto: procedencia, datas do achado, contexto de deposición e recuperación, etc. A morfoloxía e a composición química achegan que a adscrición pode situarse na Idade do Ferro, con paralelos noutras zonas galaicas. (Ladra, Armada e Martinón-Torres, 2014).
Torques de ouro: No mes de maio de 2023 deuse a noticia da aparición dun torques de ouro atopado por un labrego cando araba a terra. Ten un peso de 390,3 gramos, cunha porcentaxe de ouro moi elevada. Está decorado con arame enrrollado en dous terzos da peza, con terminación tipo perilla. O estado de conservación é bo. Pouco tempo despois localizouse outro cun peso de 365 gramos na mesma finca; neste detectouse un metal menos nobre no interior. Os resultados das investigacións presentáronse o día 23 de outubro de 2023 no Museo do Castelo de San Antón, onde permanecen custodiados. A investigación preliminar correu a cargo de Xosé Lois Armada e Carlos Otero, do CSIC, quen os dataron na Idade do Ferro..
 

 
  



 
BOIMORTO 
Corredoiras (Os Ánxeles); Arceo (Arceo); O Castro (Boimorto); O Pedral (O Pedral-Boimorto); Pazo (O Pazo-Brates); Pousada (Pousada-Brates); As Medorras (Aquelavila-Buazo); O Castro (O Castro-Cardeiro); Dormeá ou Coto da Roda (Monte da Roda-Dormeá); Algalia e Os Castros (Dormeá); Mercurín (Mercurín); Franzomil (Franzomil-Sendelle); Os Castros (Vilar-Sendelle); O Marco de Arriba (Sendelle).
Castro de Algalia: Romanizado. Destruído parcialmente no ano 1985 pola construción dunhas vivendas. Anteriormente foi afectado pola construción dunha estrada. Conserva dúas liñas de terrapléns cos seus foxos.
O Castro (Boimorto): Destruído totalmente polo crecemento urbano do núcleo municipal.
Os Castros (Vilar-Sendelle): Destruído totalmente no ano 1985 polo acondicionamento agrícola dunha finca. 
Castro de Corredoiras: Arrasado na zona N e NO por unha canteira e unha pista. Foi escavado por Acuña e Meijide. Apareceron reestos cerámicos. 
Castro Coto da Roda: De reducidas dimensións, o seu estado de conservación é bastante bo aínda que parte da muralla foi derrubada hai algúns anos para facer un acceso ao interior. Nalgúns tramos, a muralla acada os cinco metros de altura. Atopáronse restos cerámicos datados no século I d.C. 
Castro de Franzomil: O sistema defensivo foi arrasado totalmente no ano 1995 pola maquinaria utilizada para unha repoboación con eucaliptos. 
Castro de O Marco: Destruído pola concentración parcelaria. 
Castro de Mercurín: O sistema defensivo foi totalmente arrrasado cando a concentración parcelaria dos anos oitenta.  
Castro de O Pedral: De forma circular, conserva parte das estruturas defensivas (muralla e foxo). No interior do recinto hai unha canteira.
Monte do Castro (Arceo): Consérvase o topónimo no límite coa parroquia de Présaras (Vilasantar), sobre o río Tambre.
   
 



BOIRO
Castelo (Bealo); O Achadizo (Cabo da Cruz-Boiro); Loxo e Petóns do Castro (Boiro); Castro (Castro); As Goritas (Fonte do Mouro-Castro); Neixón Grande (Praia de Lóbrigo-Cespón); O Alto do Castro, Neixón Pequeno, Sandrenzo e Vilariño (Cespón); Sandrenzo ou Agro do Monte (Cespón); Cures (Cures); Coto da Moureira (Enseño-Cures); Coto do Espiño (Moimenta-Macenda); Centro Arqueolóxico do Barbanza. 
Castro do Achadizo: Habitado entre o s. IV a.C. e I d.C. Trátase dun castro costeiro desfigurado polas casas modernas que invaden gran parte do xacemento. Poden verse restos da muralla pétrea e das vivendas. As primeiras prospeccións foron da man de Vázquez Varela no ano 1984. Nas escavacións realizadas por Concheiro no 1991 saíron á luz cerámicas, restos de animais (ovellas, cabuxos, cans), un cuncheiro (mexilóns, ostras, ameixas), pezas metálicas e varios útiles realizados con ósos de animais. Apareceron restos dun gato doméstico que sería o primeiro caso da Península. 
Castro do Coto do Espiño: Segundo noticias aparecidas o día 29 de maio de 2016, debido aunha tala de árbores nunha zona do monte de Moimenta, e segundo inspeccións oculares, saíu á luz un castro que, en palabras dos investigadores, pode ser espectacular, cunha muralla que, en principio, pode ter uns 50 metros de lonxitude.  Os arqueólogos do Grupo de Estudos do Noroeste Ibérico (GEPN) realizaron numerosos achados na campaña de 2018, entre outros un parapeiro do século X a.C. que volveu ser levantada no século III a.C. Deste último século tamén localizaron dúas vivendas na parte alta do coto, con últiles agrarios e restos de carbón. Atoparon dúas contas de colar de pasta vítrea de cor azul, un cristal artificial do que hai rexistros no castro do Neixón a través do comercio cos fenicios. 
Castro das Goritas: Catalogado como un castro, ten unha croa de pouco máis de 15 metros de diámetro polo que se cre que podería tratarse dun posto de vixiancia de época medieval. En superficie vense tellas e perpiaños graníticos. Afectado por unha máquina cando as labores de extinción dun incendio no ano 2014. Un camiño situado a poucos metros da cima é utilizado por motos todoterreo.  
Castro de O Neixón Grande: Ocupado durante case mil anos, ente o s. IV a.C. e o IV d.C. Foi escavado por Cuevillas e Bouza Brey no 1926. Nel atopouse un aryballos (recipiente de vidro) púnico do s. V-IV a.C. As escavacións dos anos setenta e mediados dos noventa sacaron á luz novas estruturas. No ano 2003, o equipo dirixido por Xurxo Ayán conseguiu determinar a antigüidade do xacemento, destacando, ademais, que foi un asentamento de gran relevancia comercial. Estaba defendido por unha muralla perimetral e foxo exterior onde se atoparon cacharros cerámicos de orixe cartaxinesa, un cuncheiro con restos de moluscos, restos metalúrxicos e o enterramento dun can, posiblemente asociado a unha inhumación ritual. Os traballos realizados recentemente permiten falar de tres espazos ben delimitados. O primeiro sería o máis próximo á costa onde se atoparon medio cento de buratos que indicarían a existencia dunha estrutura feita con madeira que podería delimitar unha área de procesado de alimentos do tipo dun secadoiro de polbo ou peixe. Na segunda unha serie de aterramentos que cumprirían unha finalidade agro-gandeira. E por último, un espazo cercado destinado á estabulación do gando. Segundo a lenda, recollida por López Cuevillas, na mañanciña do San Xoán aparécese unha galiña con pitos de ouro. Declarado Ben de Interese Cultural. 
Castro de O Neixón Pequeno: Parece ser que cando a construción do Neixón Grande este xa estaría abandonado. Consérvanse varias pezas no Museo das Mariñas de Betanzos.
Castro Moureira: Situado nun esporón sobre a Ría de Arousa, conserva a muralla e vivendas circulares esparexidas polas diferentes terrazas. Unha pista, feita por unha madeireira, arrasou parte do perímetro.
  

  


 

 

BOQUEIXÓN
O Castro (Boqueixón); Gastrar (Reguengo-Gastrar); Ponteledesma (Ledesma); Igrexa (Igrexa-Loureda); A Medorra e Monte Castelo ou Loureda (Loureda); Oural (Oural); Susana (Sergude); Carabán (Manlle-Vigo). 
O Castro (Boqueixón): Circular con parapeito interior. 
Castro de Carabán: Circular con parapeito interior arrodeado por un terraplén. 
Castro de Gastrar: Circular arrodeado por un terraplén, agás no sector SL que foi explanado. Na croa vense restos dun parapeito interior. Moi alterado. 
Castro de Loureda: Moi alterado e cuberto pola matogueira. Situado a unha altitude de 347 metros, nas abas dos montes do Gato e do Castelo. Ao facer as obras da pista da igrexa apareceu un muíño de man. 
Castro de Oural: Recinto tirando a ovalado cun parapeito interior de pedra e terra. Moi alterado.  
Castro de Ponteledesma: Gravemente alterado.
O Pico SacroO P. Fidel Fita, no Boletín da Real Academia da Historia nº 59 (1911), no traballo La gran caverna del Pico Sacro, dos leguas al Oriente de Compostela. Nuevo estudio, fala do P. Juan Álvarez Sotelo, da Compañía de Xesús, natural de Perrelos (Sarreaus), nacido no 1658 e finado no 1712, quen, despois de ser trasladado de Monterrei para Santiago, escribiu sobre o Pico Sacro e as súas cavernas que visitou o 29 de agosto de 1698, acompañado polo abade de Lestedo Antonio de Linares e Andrade ("Llamáronle también Mons Sacer, monte sagrado, así por haber tenido en el pináculo un templo famoso dedicado á no sé que ídolo de gran devoción, como porque á todo el monte lo tenían consagrado a la mentida deidad. Por lo cual tenían por grave sacrilegio herir las tierras con hierro, aunque fuese para sacar oro; si pero se permitía tomar y llevar como don de Dios el que se hallase en la superficie... Tiene otrosí este monte otra obra más asombrosa, es á saber, una caverna, no obra de naturaleza como se han visto algunas, sino de hombres; abierta en peña viva y tan profunda que nadie le halló suelo, aunque algunos lo intentaron, y tan larga piensan otros llega al río Ulla, que corre distante del pináculo una larga legua"). 
  
 

 
BRIÓN
Bemil (preto da igrexa de Bastavales); Beca ou Lupario (Bastavales); Tembra (Boullón); Lamiño (Brión); Casal do Poño, Vioxo (Luaña); Altamira (A Torre-Brión); Ons (Ons); Forxán, Pousada (Viceso). 
A Amaía: Atribúese á tribo prerromana dos Amaeos a orixe do topónimo Amaía, val situado entre entre os ríos Ulla e Tambre, e no medio o río Sar.  
Castro de Altamira: Situado a 295 metros de altitude, posuía unhas boas condicións naturais de defensa. Sobre el construíuse a fortaleza medieval. Na actualidade só se poden ver restos dos parapeitos defensivos.
Castro de Casal de Poño: Situado entre as parroquias de Luaña (Brión) e Urdilde (Rois). Ten unhas medidas de 134 por 110 metros, con croa central de 55 por 40 metros. Aínda que foi utilizado como canteira consérvase en bo estado. Apareceron restos cerámicos e muíños de man.
Castro de Forxán: De 258 por 112 metros. Afectado polo este pola aldea de Forxán.
Castro de Lamiño: Estudado no ano 1923 por membros do Seminario de Estudos Galegos. De forma ovoidal, pódense ver restos defensivos en torno á croa. Atopáronse muíños de man, restos cerámicos e un machado de bronce (desaparecido). 
Castro Lupario: Castro romanizado situado entre os concellos de Rois, Brión e Teo. Destaca a súa impresionante muralla de pedra. No Museo das Peregrinacións de Santiago atópase unha cabeza de pedra masculina datada o s. II a. C. Segundo a lenda, aquí vivía a raíña Lupa cando os restos do Apóstolo Santiago chegaron a Galicia. No mes de xuño de 2010, a Fundación Propatrimonio Rois denunciou a selvaxe agresión realizada sobre o xacemento. Feito que, ao parecer, descoñecían a Dirección Xeral do Patrimonio e o Departamento Territorial da Consellería de Cultura na Coruña. Pois mira ti por onde, resulta que quen meteu a maquinaria no lugar para facer un desbroce e un cortalumes foi (ver para crer) a Dirección Xeral de Montes que, por se alguén non o sabe, pertence á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. No mes de xullo de 2018, os Concellos de Brión e Rois investiron 24.000 euros en promover diversas melloras no castro, eliminando a vexetación na croa e nunha franxa na contorna da muralla exterior.   
Escultura bifronte: Localizada no ano 1966 a raíz dunhas prospeccións xunto a desaparecida capela de Santa Icía, próxima ao Coto do Castelo, en O Rubial, parroquia de Bastavales. Custodiada no Museo das Peregrinacións de Santiago. O trovador Martiño de Xinzo fai alusión en varias das súas cantigas á romaría de "Santa Cecilia do Soberal" polo que se conxectura que puído nacer en Xinzo de Bastavales e non en Xinzo de Limia como sosteñen outros autores. 
 
  
 

 

CABANA DE BERGANTIÑOS 
Guisande, O Piñeiro e A Ramisqueira ou Anos (Anos); Castelo de Borneiro (Borneiro); Borneiro (Monte Castelo-Borneiro); A Cidade (Borneiro); Sinde (Canduas); San Fins (Cesullas); Corcoesto (Corcoesto); Beres (O Esto); Anido (Nantón); Folgoso (Riobó).
Castro de Anido: Do século V a.C., apenas se conservan restos, sobre el ergueuse un pazo. 
Castro de Borneiro: Habitado entre o s. VI a.C. e o I d.C. Descuberto por Parga Pondal no 1924, o primeiro en escavalo foi Sebastián González García-Paz no ano 1933, traballos que continuou J. J. Eiroa entre o 1968 e o 1971 e, xa nos anos oitenta, Ana Romero Masiá. A superficie escavada representa tres cuartas partes do total, quedando á luz 36 construcións circulares e cuadrangulares coas esquinas arredondadas. Atopáronse restos cerámicos, útiles de bronce e ferro, muíños de man, fusaiolas, fibelas, moldes de fundición e contas de vidro que se poden ver no Museo do Castelo de San Antón da Coruña. Durante as últimas escavacións saíu á luzun monumento con forno que conserva unha Pedra Formosa sen decorar. Declarado BIC. 
Castro de Corcoesto: Domínase o curso do río Anllóns. De castro defensivo converteuse en castro agrícola. Conserva parte dos restos dun muro e un foxo, moi afectados pola concentración parcelaria. Logo foi romanizado, asociado ás explotacións auríferas. Crese que non moi lonxe, en Quiñalde, os romanos rendían culto ao deus da guerra Quirino, no outeiro Quirinale, pedíndolle que trouxera a paz. Nun muro da igrexa de Cores (Ponteceso) hai unha peza incrustada proveniente da capela de Santa María do Remuíño, en Corcoesto, onde se apreza unha figura, quizais prerromana ou romana, que pode representar unha deusa da fertilidade. 
Castro de Folgoso: Presenta croa ovoidal, defendida por un parapeito, e dous antecastros. Sobre a croa construíuse unha capela posta baixo o padroado de San Brais. 
Castro de Piñeiro: Presenta unha croa circular duns 50 metros de diámetro defendida por un parapeito e foxo. 
Castro de Ramisqueira: No interior da croa, de forma oval e defendida por terrapléns, aparece outro recinto un pouco máis elevado. Tamén se pode ver un antecastro.  
Castro de San Fins: Século V a.C. De grandes dimensións, sobre el construíuse unha capela. Moi achandado polos labores agrícolas. 
Castro de Sinde: Presenta unha croa case circular defendida por un terraplén en todo o seu perímetro. Obsérvanse dous antecastros. 
Un estudo con xeorradar encargado pola Deputación da Coruña revelou a existencia dun poboado acaroado á anta de Dombate. Podería tratarse dun asentamento da Idade do Bronce ata comezos da Idade do Ferro, período no que o famoso dolme xa non cumpriría o seu papel funerario.




  



CABANAS
O Castro (Cabanas); Pico do Castro (Salto de Riba-Irís); As Modias (As Modias-San Martiño do Porto); Monte do Castro (O Cotiño- Santa Cruz do Salto); Os Piñeiros (Os Piñeiros-Santa Cruz do Salto); Coto do Castro (Cerdeiras-Soaserra). 
Castro de Cabanas: Totalmente destruído por casas, camiños, etc. Monteagudo fala dunha pedrafita situada no castro; di que aínda polos anos cincuenta do pasado século XX, as mulleres resfregábanse nela para fecundar.
Coto do Castro: Pequeno castro asentado nun esporón situado na confluenza de dous regatos. Conserva un lenzo da muralla do recinto principal cunha altura que vai entre un e os tres metros. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 94 por 45 metros. 
Castro das Modias: Sitúase sobre unha lomba na conca do río Castro que actuaba como defensa natural. Polo norte vese un terraplén que chega ata o mesmo. Ten un recinto central de 78 por 95 metros, con forma oval. Está arrodeado por un terraplén rematado nun muro de terra de entre 40 e 60 centímetros de altura no interior e de dous a catro metros no exterior; o muro desaparece case na súa totalidade na cara norte onde o río exercía como defensa. Pode verse unha rampa de acceso na zona SSE que interrompe a defensa, se ben non está claro que se trate do acceso orixinal. A este castro podería asociarse a procedencia do torque de San Martiño do Porto. 
Monte do Castro (O Cotiño): Entre os lugares do Cotiño e Formarís, a 348 metros de altitude. Domínase o río e a desembocadura do Eume. De forma oval, está formado por un recinto de 95 por 80 metros. Arrodeáo unha muralla de terra e pedra de un a dous metros de altura no interior e de dous a tres metros no exterior. Protexido por un foxo de entre catro a seis metros de ancho e un antefoxo que oscila entre medio metro e un de altura. Accédese ao interior por unha abertura situada ao NNE. Achandado polos labores agrícolas e forestais coa plantación de eucaliptos. 
Castro do Pico do Castro: De forma ovalada, cunhas medidas de 90 por 60 metros, con dobres defensas duns cinco metros de alto. Ten un antecastro duns 60 por 30 metros. Vistas sobre a ría de Ares. (Información de Luis S. Seoane). 
Castro de Piñeiros: Formado por un único recinto de forma oval de 110 por 100 metros. O regueiro de Cerdeiras reforza, de forma natural, as defensas no lado máis occidental. No sector oriental a estrutura defensiva está formada por unha muralla de terra que arrodea a totalidade do conxunto, cunha estrutura de entre un e catro metros no interior e entre catro e sete metros no exterior, protexida por un foxo de máis de tres metros de ancho, precedido por un antefoxo de entre medio metro e un de altura. A entrada ao poboado efectuábase polo SO, por unha abertura de cinco metros na muralla.  
Torques de San Martiño do Porto: Torques de ouro do século I d.C. No Museo do Castelo de San Antón da Coruña.
 

 
CAMARIÑAS  
Buría (Buría-Camariñas); A Croa (Monte da Croa-Mourín-Camariñas); Punta do Castro (Ligunde-Camariñas); A Rega (Camariñas); Coroado ou Croado (Ponte do Porto). 
Castro Coroado: Lindeiro co concello de Vimianzo. A q60 metros de altitude. Importante control visual sobre a zona, sobre todo das terras baixas situadas cara o oeste. Na parte superior obsérvase un recinto principal de forma ovalada delimitado por un parapeito de pedra e terra que crea unha superficie lixeiramente aterrazada con respecto ao interior do xacemento. No interior abundas afloramentos graníticos. As características semellan corresponderse cun emprazamento de cronoloxía medieval.   
Castro da Croa ou Mourín: A 64 metros de altitude, nunha contorna de monte con eucaliptos e piñeiros. De forma circular, sitúase nun pequeno outeiro protexido por un terraplén natural de considerables dimensións. A croa ten uns 55 metros de diámetro. Está protexido en todo o seu perímetro por un parapeito de considerables dimensións que nalqunhas partes acada os tres metros de altura. Alterado por camiños e terras de labor. Nun Boletín da Real Academia da Historia (1911), o P. Fita recolle unha noticia  aparecida en La Integridad de Tui onde di que na Penafrou (nalgunha cartografía lese Pena Freu), situada a uns 600 metros do castro, había unha pena con gravuras que foi utilizada na construción do faro de Cabo Vilán. 
Na Penafrou hai quen cre que houbo unha atalaia medieval, levantada sobre un castro, para alertar sobre as incursións de pobos invasores.
Punta do Castro: Situado nun contorno urbanizado, foi case destruído pola construción de vivendas. Non se aprecian restos visibles das estruturas xa que para facer as construcións realizáronse movementos de terra bastante considerables.




CAMBRE
Andeiro (Andeiro); Gosende (Gosende-Andeiro); Brexo e A Pagueira (Brexo); Lema (Lema-Brexo); Castro de Bribes (Bribes); Castromaior (Cambre); Cecebre e Xoxa (Cecebre); Castromaior (Fraís-Cecebre); San Lourenzo (Meixigo); Armental, Pombo, Pravio e Xoxa (Pravio); Sigrás (Sigrás); Brandariz e Vigo (Vigo); Museo Arqueolóxico de Cambre. 
Castro de Armental: Moi alterado, tiña unhas medidas aproximadas de 110 por 70 metros. Polo sur-oeste aínda se aprecian uns potentes terrapléns. Antecastro.
Castro de Bribes: Destruído polos labores agrícolas e varias construcións modernas.
Castro de Castromaior ou de Cambre: Situado no centro de Cambre, no alto do monte Arrigada. Ten forma ovalada con tres recintos situados a diferente altura. A croa presenta tamén forma oval. Na parte leste foi destruído pola construción dun colexio por onde tamén pasa unha estrada. Posiblemente romanizado xa que aos seus pés apareceu unha villae romana e pola zona pasaba unha calzada que comunicaba Lucus con Brigantium. 
Castro da Pagueira: En bo estado de conservarción, domina o Pazo de Brexo e divísase dende a igrexa parroquia de Brexo. 
Castro Pombo: A uns 90 metros de altitude sobre o nivel domar. De planta ovalada, cunhas medidas aproximadas de 150x130 metros. No centro do castro sitúase a croa que destaca sobre a contorna do resto do asentamento.    
Castro de Sigrás: Na finca do pazo de Sobrecarreira. Domina os vales dos ríos Mero e Gaiteiro. Ten planta ovalada de 110 por 85 metros. Arrodeado por unha muralla, con pegadas de estruturas habitacionais. Segundo a lenda hai un pasadizo que comunica co pazo.
 


 



A CAPELA 
O Cruceiro da Porta (A Porta-Caaveiro); Bertoña (Bertoña-A Capela); Seoane (Monte do Castro-O Seixo-A Capela). 
Castro de Bertoña: A 350 metros de altitude sobre o río Belelle. Forma ovalada, cunhas medidas aproximadas de 115 por 75 metros. Consta dun recinto defendido por unha muralla en todo o seu perímetro. Aínda que figura recollido na cartografía, non está catalogado por Patrimonio a quen xa llo comuniquei o día 24 de abril de 2019.     
Castro do Cruceiro da Porta: Forma irregular tendente a ovalado. O perímetro está defendido por unha muralla realizada en cadeirado de lousa, con tramos que chegan aos cinco metros de altura. No interior disponse arredor dunha masa rochosa que o domina en altura. Quizais non se trate dun castro e si dun asentamento medieval.
 
 

CARBALLO
O Castro e A Fonte ou Aldemunde (Aldemunde); Couselo (O Castro-Ardaña); A Forca (Ardaña); Coto do Castro Antelo ou A Forca (Vilar de Francos-Artes); Agro do Castro, Queixeiro e Queo (Bértoa); Conde ou Bico do Castro (Quenxe-Bértoa); A Torre ou Currás (Currás-Cances); Agro do Castro, Bico do Castro e Cances (Cances da Vila-Cances); A Brea e Carballo (Carballo); Ouxas, Vilachán e Santa Elena (Entrecruces); Os Castro de Cambre (Cambre-Lema); Santa Eirena ou Castrillón e Pardiñas (Lema); Cotón ou Torrevella (Xenarde-Noicela); Condesa (Oza); O Rodo ou Petón do Castro (Oza); Oza ou Agro do Castro (Serantes-Oza); Nión e Torre Pardiñas (Razo); Constenla (Rebordelos); Calvos ou Casarelos (Calvos-Rus); Os Castriños de Vilares (Gomes-Rus); Os Castriños de Ferrol (Vilar de Cima-Rus); Os Castriños de Outón (Outón-Rus); Ribeira (Ramil-Rus); Sísamo (Picho-Sísamo); Torre (Sísamo); Guntián e Periscal (Sofán); Sofán (O Cotomil-Sofán); Vilela (Vilela). 
Arracada de Cances: Atopada nos anos cincoenta do século XX no regueiro Bandeira, nas minas de Wolframio do Monte Neme, durante os labores de bateo. Atópase no Museo de Pontevedra. 
Bico do Castro: Situado no medio dunha leira, ten tres liñas defensivas e un terraplén. 
Os Castriños de Outón: Case desaparecido pola construción dunha casa nos anos setenta do pasado século. 
Castro de Aldemunde: Presenta un recinto ovalado de tamaño medio, reforzado por un foxo. 
Castro de Carballo: Integrado n avila de Carballo, nun promontorio que domina o val. Moi alterado, no cume construíronse dous depósitos de auga.   
Castro da Condesa: Alterado pola extración de pedra. 
Castro de Constenla: Castro de ladeira de forma circular e mediano de tamaño, cun recinto ovalado protexido en todo o perímetro por un terraplén e parapeito de terra. 
Castro da Forca: Nunha gran altura, con boa visibilidade da comarca. A primeira liña defensiva está coroada por un muro de aparello ben traballado. No oeste terraza e foxo. Dous parapeitos concéntricos recorren todo o perímetro. No medio da croa hai afloramentos rochosos. No mes de xullo de 2017 informáronme que os castros de Martín Díaz, Antelo, Peniqueira e da Forca son o mesmo. Aquí xúntanse as parroquias de Artes, Ardaña e Rus. 
Castro de Nión: Forma ovalada con parapeito en forma de media lúa que o arrodea polas caras norte e sur. Parapeito flanqueado por un foxo. Alterado polas actividades agrícolas e forestais. 
Castro de Ouxas: No ano 2006 os veciños da parroquia denunciaron publicamente a utilización do castro como circuíto de motos. Apareceu unha moeda de bronce romana.
Castro de Oza: Circular de pequenas dimensións. Ten dous recintos pechados que se unen polo sur, a xeito de dobre muralla. No castro houbo unha canteira. 
Castro de Queo: Totalmente arrasado. Nas inmediacións hai unha torreta de telefonía. No lugar que ocupa o castro hai unha casa e leiras.  
Castro de Queixeiro: Forma ovalada arrodeado por un parapeito en todo o seu perímetro. Totalmente arrasado, o recinto foi transformado en campo de cultivo. En perigo de desaparición. 
Castro de Rebordelos: Segundo a lenda, no castro vive a Meiga dos Dentes Verdes que anda todas as noites polas corredoiras na procura de rapaces; aos que colle non se volver ver máis. 
Castro da Ribeira: Segundo a lenda, recollida por Rodríguez Casal, saen pitas con pitos todo ao longo do regato que pasa a carón do castro. 
Castro de Santa Eirena ou Castrillón: Alterado polas casas da aldea e un camiño. No cume construíuse a capela de Santa Eirena. 
Castro de Sísamo: Castro de chaira de forma circular con dobre liña de parapeito. O parapeito que cinguía a croa e parte do foxo foi arrasado. 
Castro de Sofán: Mo alterado por terras adicadas a lobores agrícolas e forestais. 
Castro da Torrevella: Defendido por catro parapeitos. Alterado polas actividdes forestais. 
Castro de Vilachán: Atópase no medio dunha chaira. Case desaparecido polas actividades agrícolas, forestais e construcións varias. 
Torre Pardiñas: Castro de pequenas dimensións cun potente sistema defensivo. Presenta unha defensa combinada de parapeito cun muro, un foxo e unha muralla de sillares de gran tamaño que o arrodea, cunha altura duns catro metros, e unha torre circular central. Na parte sur está reforzado por tres parapeitos. Aínda que no PXOM do Concello figura coma un castro, o lugar parece que acolleu unha torre na Idade Media que pertencía á familia dos Pardiñas.

 


CARIÑO
Punta do Castro (Cariño); O Castrillón (A Vacariza-Cariño); Cancela (As Leiras-Feás); Penido do Medio (Monte Coucepenido-Landoi); Croado (O Castelo-A Pedra); O Castro (O Castro-A Pedra); A Moura e Mourotón (Figueroa-A Pedra); Anxeira Vella ou Fornos ou Punta dos Frades (Praia de Fornos-A Pedra); As Croas (Punta Robaliceira-A Pedra); Punta do Castro ou Sismundi (A Punta-Sismundi).
Castro da Anxeira Vella ou Fornos ou Punta dos Frades: Situado nunha península arrodeada por cantís, agás pola parte máis accesible que presenta unha muralla defensiva. Ao parecer atopáronse restos de fornos.
Castro da Cancela: Con croa superior con dúas terrazas, dobre muralla e dobre foxo. Alterado polos cultivos. Atopáronse fragmentos cerámicos de tradición indíxena e romana, fusaiolas pétreas e muíños circulares de granito. Escavado por Ramil González no 1990.
Castro das Croas (Punta Robaliceira): Dubidoso.
Castro da Moura: Castro costeiro situado nunha península. Defendido por cantís en todo o seu perímetro agás unha muralla e foxo na parte máis vulnerable. Moi alterado pola nivelación do terreo e por unha pista que afectou ao sistema defensivo. Apareceron restos cerámicos e tégulas romanas.
Castro do Penido do Medio: Presenta pronunciados desniveis cun sistema de dobre muralla de bloques ciclópeos que arrodea a croa. Apareceron restos cerámicos.
Punta do Castro (Cariño): Arrasado cando a ampliación do peirao, estaba arrodeado por unha dobre muralla en todo o seu perímetro e por un foxo.
Puñal de Cariño: Da primeira etapa da Cultura Castrexa, con folla estrangulada, fundida esta e a enmangadura por separado que logo foron ensambladas.
Machadiño de Cariño: Atopado de forma casual na praia da Basteira. Un dos seus extremos remata nunha cabeza de touro, coa representación dun torques sobre a folla, dun lado, e un disco de difícil interpretación do outro.




CARNOTA
Lira (Lira); Maceiras (Maceiras-Santa Comba de Carnota); Mallou e Miñarzo (Santa Comba de Carnota).
Castro de Lira: Emprázase nun outeiro. As construcións modernas desfiguraron o castro.
Castro de Mallou: A 115 metros de altitude, cunhas medidas de 165 por 87 metros. Emprázase no curuto dun outeiro situado ao pé da cadea montañosa que separa os concellos de Carnota e Muros. Situado entre dous ríos, o de Mallou actuaba como defensa natural. Contaba con dúas murallas concéntricas que cinguían o alto dun outeiro e que se reforzaba na parte máis vulnerable cunha terceira muralla. No xacemento concéntranse varios espazos de carácter simbólico coma os penedos da Raíña Lupa onde estaba a súa cadeira, ou arqueolóxico (porta de entrada, alxibe, corpo de garda e outras estruturas habitacionais). Hai anos apareceu a escultura dunha cabeza de porco, que posteriormente foi roubada. No mes de xullo de 2013, un equipo de arqueólogos, divulgadores, antropólogos, técnicos e voluntarios recuperaron a memoria popular do castro e a actividade científica no recinto. O Proxecto foi promovido polo Concello de Carnota.  

CARRAL
Hervés ou Forteíllo (Beira); Eira dos Mouros ou As Travesas (As Travesas-Beira); Cañás ou Lavandeira (Cañás); Lourido (A Bailía-Cañás); O Castelo (Fócanos-Paleo); Ans (Ans de Tellado-Paleo); Paleo (Paleo); Paiolante e A Torre ou Salgueiros (Quembre); Tabeaio (Esporón-Tabeaio); Os Castros e Gosende (Tabeaio); Ameás, Balbén, Pazo ou San Vicente e Taramuño (Vigo). 
O Castelo: Citado por Sánchez Pardo e Fumadó Ortega (2013). Pouco se sabe deste xácigo. Podería tratarse dun castelo medieval edificado sobre un primitivo castro. Apareceron restos cerámicos.
Castro de Ameás: Croa arrodeada por dúas murallas ou parapeitos. Hai un depósito municipal de auga.
Castro de Ans: Moi desfigurado pola construción dunha urbanización.
Castro de Gosende: Un recinto configurado por dúas murallas. Moi alterado polos labores agrícolas e a contrución dunha edificación.
Castro de Hervés: A media ladeira, no val de Barcia. Conta cun sistema de aterrazamentos.  
Castro de Paleo: Recollido por Alfredo Erias quen atopou restos de muíños circulares de man. Estaría relacionado cunha necrópole tardorromana ou medieval situada ao norte. Dise que aquí tivo a orixe o pobo de Carral. Segundo a tradición o primitivo Paleo desapareceu cando se afundiu a terra.
Castro de Tabeaio: Situado nunha chaira. Aprécianse algunhas estruturas defensivas. Alterado.
Castro da Torre ou Salgueiros: Con croa case circular e antecastro polo norte. Muralla e foso polo sur. Alterado pola estrada Paleo-Vilasuso.   
Castro das Travesas ou Eira dos Mouros: A limpeza efectuada no ano 2006 permitiu comprobar que se trata dun castro máis grande do pensado (12 Ha), o normal é que os da zona non superen a hectárea e media. Segundo as escavacións, as primeiras ocupacións datan dos séculos IV-III a.C. Tamén existen indicios de que por aquí pasaba un ramal da Via XX. O día 10 de outubro de 2013 presentouse a infraestrutura do Museo do Castro das Travesas, froito da investigación do arqueólogo Antón Fernández Malde. O museo conta con tres elementos: unha sala expositiva na Casa da Cultura, un espazo arqueolóxico que é o castro, e un laboratorio de investigación. Entre outro material, están algunhas pezas únicas. A máis exclusiva, como apuntou Malde, é unha ola de barro globular cun pé en forma de anel e unha decoración moi profusa que data do século II a.C. Tamén está un anel con similares nas illas Británicas con decoración en filigrana.



 
 

CEDEIRA
Campo do Castro ou Punta Sarridal (Cedeira); Os Castros (entre A Areosa -Cedeira- e Trsmonte -Cervo); Do Cura (O Candelo-Cervo); Espiñaredo, Magoira (A Corredoira-Cervo); Os Castros (Chimparra-Cervo); Monte da Croa (O Barral-Esteiro); As Croas (Campo da Cruz-Esteiro); O Castrillón (Os Freires-Esteiro); As Croas (Vilela-Esteiro); Santallamar de Riba (Esteiro); As Croas de San Miguel (Esteiro); Alcaiás ou Os Castros (A Granxa-Montoxo); Cheda (Cheda de Abaixo-Montoxo); A Croa de Carracedo (Carracedo-Montoxo); As Croas (O Castro-Piñeiro); A Riba (A Riba-San Román de Montoxo). Castro dubidoso na Punta Robaliceira, parroquia de Esteiro, conserva o topónimo As Croas.
Campo do Castro ou Punta Sarridal: Ocupado entre o século IV a.C. e o IV d.C. No mes de maio de 2017 iniciáronse unha serie de sondaxes arqueolóxicas baixo a dirección de Emilio Ramil onde apareceron estruturas habitacionais. No mes de decembro de 2017 apareceu o que sería un monumento con forno, que confirmaría a presenza dunha nova sauna da Idade do Ferro en Galicia. Segundo Ramil, durante os días de escavación non apareceu moito material cerámico, pero o que si foron xurdindo foi unha boa cantidade de canto rodado que podería ter relación cun lugar onde se faría algún tipo de lume. Ao seguir escavando, o equipo arqueolóxico decatouse de que non estaban ante unha habitación galaico-romana, senón ante unha estrutura que cortaba dous muros circulares de dúas casas de plena época castrexa e que comezaba a tomar unha forma distinta. Dita estrutura tería dúas partes diferenciadas, pero que formarían parte da mesma construción. Os monumentos con forno son propios da cultura castrexa e atópanse na antiga Gallaecia, occidente de Asturias e Norte de Portugal. Trátase dunha sauna de uso ritual con baños de vapor. Son edificios rectangulares diferentes ás outras construcións dos castros, cunha gran pedra decorada ou non no medio do edificio, a coñecida como pedra formosa que facía de separación e cun furado na parte baixa coma porta de acceso á cámara da terma que evitaba a perda do vapor e da calor. Tamén se atopou o pé dunha columna do monumento que apunta a unha estancia cuberta que, de confirmarse, sería unha singularidade máis do monumento con formo. Na campaña de 2021, a cargo de Axa Arqueoloxía, documentouse unha construción de “estrutura de cabeceira absidal” que se atopa tamén nun lugar especial: diante da monumental porta do castro e ao carón dunha das saunas galaicas mellor conservadas do norte peninsular. “Pode que coexistiran durante un breve período de tempo, pero son de dous momentos distintos. A sauna foi construída durante a Idade do Ferro e durou ata o século II d.C. Sabémolo por unha moeda que apareceu alí, moi ben contextualizada arqueoloxicamente”, explica Ramil, “pero o edificio de cabeceira absidal é posterior e, pendentes de afinar máis a cronoloxía con outras datacións, foi erguido a partir deses momentos”. O arqueólogo Ángel Villa ten sinalado a presenza destas singulares áreas públicas nos castros asturianos que exerceron como capitalidades de pequenos territorios en época romana, coma o Chao Sanmartín ou o castro de Coaña. Neles repítese, case como nun deseño de arquitecto, a mesma disposición de elementos: unha porta monumental de entrada ao castro, a sauna, e unha estrutura rectangular moi grande que non ten un uso doméstico. “Evidentemente, o edificio ten unha función que non é para nada doméstica, e que é evidentemente social, política ou relixiosa”. Nas intervencións do ano 2022 saíu á luz unha parte da muralla e un torreón defensivo duns 11 metros de altura.
Castro de Alcaiás: Atopáronse a empuñadura dun puñal de antenas, un machado da Idade do Bronce, e un torque de ouro, o coñecido como Torques da Capelada (375-101 a. C.). Segundo Federico Maciñeira foi descuberto por un labrego no ano 1919 ou 1920 no lugar coñecido como Chao do Agueiro, preto da coñecida como Pena do Sol. 
Castro de Cheda: Moi alterado, só se percibe parte dun terraplén. 
Castro da Croa de Carracedo: Conserva parte do recinto e das defensas. Alterado na parte norte por unha explanación.
Castro do Cura: De 140 por 112 metros.
Castro do Monte da Croa no Barral: De 97 por 82 metros. Circundado por unha muralla en todo o seu perímetro. Parapeito polo leste.  
Castro das Croas de Montemeao: Arrasado.       
Castro das Croas de San Miguel: Coñecido tamén como de Vilarcai. Bo estado de conservación. Ten tres recintos, o superior, amurallado, un antecastro con restos de parapeito e un aterrazamento. 
Castro das Croas de Vialarcai: A 200 metros de altitude. Recinto principal de 72 por 60 metros. Polo leste, sucesión de foxos e parapeitos. 
Castro de Magoira: Conserva algúns restos da muralla na croa. Tiña unhas medidas aproximadas de 150 por 114 metros.      
Castro da Riba: Conserva case todas as defensas orixinais. Medidas 145 por 113 metros.
Torques de Montoxo (Cedeira): Formado por unha variña maciza de sección cadrada-romboidal; os remates son ocos en forma de perilla moi apuntada. A peza está deformada e aberta. No Museo Arqueolóxico Nacional.
Torques: No Museo Arqueolóxico Nacional consérvase un negativo sobre prancha de vidro dun torques de ouro que se di procede dalgunha pare do concello de Ortigueira, aínda que podería proceder do castro de Alcaiás, en Cedeira. (Creo que se trata do torques de Montoxo).
 
 
   
 




CEE
Bermún (Bermún); Monte do Son (Cee); Monte do Castro e Tedín (Lires); Os Castros (A Pereiriña); Pereiriña (A Pereiriña); Os Castros (Vilar-Toba); Toba (Toba). 
Castro da Pereiriña: Nun outeiro a 90 metros de altitude sobre o nivel do mar. Ten forma ovalada, cunhas medidas aproximadas de 190 por 110 metros. Non se aprecian restos de estruturas defensivas nin habitacionais. Afectado polos labores agrícolas e forestais. 
Castro de
Toba
: Illado do entorno polas depresións dos ríos Cee e Laxes. Moi alterado pola explanación que se realizou para a construción dun campo de fútbol e logo pola remoción de terras para a construción dun edificio. Mais esas, aínda é visible parte da muralla e un foxo. 

Monte da Armada: No sitio coñecido como As Fontaíñas, di a lenda que en Noiteboa sae unha galiña.
 

CERCEDA
A Cortella (A Cortella-Cerceda); A Fontaíña (A Casanova-Cerceda); Lendoño (Os Castros-Cerceda); Monte do Castro (Lavandeiras-Cerceda); Coto de Guichar (As Encrobas); Croas de Recegulfe (Recegulfe-Queixas); Virís (Virís-Queixas); Abeleira (A Abeleira-Rodís); Gosende (Rodís); Uzal (O Uzal-Rodís); Espiñeira (Xesteda). 
Castro da Abeleira: Formado por dous recintos; un conserva unha estrura defensiva tirando a circular. Alterado por plantacións de eucaliptos. 
Castro de Cerceda: Apareceu un torques de ouro, custodiado no Museo Provincial de Lugo. Figura no escudo do Concello. 
Castro da Cortella: A 350 metros de altitude. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 115 por 80 metros. Moi alterado por construcións e as actividades agrícolas.
Castro do Coto de Guichar: Deteriorado pola actividade mineira. Atopáronse fragmentos cerámicos castrexos e tégulas de época romana.
Castro das Croas de Recegulfe: Con dous recintos que conserva parte dalgunhas estruturas defensivas. Ocupado polas casas da aldea. 
Castro da Fontaíña: Sobre un outeiro rochoso. Defensas alteradas. 
Castro de Lendoño: Apenas quedan restos. 
Castro do Monte do Castro: Preto do pazo de Lavandeiras. Moi alterado. 
Castro de Virís: Alterado se ben conserva parte das estruturas. 
Os Castros de Rodís: A 400 metros de altitude. Ten unhas medidas aproximadas de 65 por 60 metros.
 
 

CERDIDO
A Barqueira Vella, Os Castros, As Felgosas e Torre do Crego (A Barqueira); Castro Sete (Sete de Arriba-Cerdido); Cerdido (Castrillón-Cerdido); O Castro (Socastro-Cerdido).
Os Castros: Practicamente destruído por traballos agrícolas. Conserva parte dunha muralla de terra e pedra duns tres metros de altura.
Castro de Cerdido: Coñecido tamén como O Castro e Socastro, non lonxe da Vila da Igrexa. Erixido sobre un outeiro a 127 metros de altiutde, ten unhas medidas aproximadas de 136 por 120 metros. Consta dun recinto principal arrodeado por unha muralla-parapeito de grande altura, reforzado por dous foxos. Apareceron restos cerámicos, muíños circulares e fusaiolas. No moi lonxe, no lugar coñecido como Castrillón, apareceu un machado de pedra puída. Moi alterado por diversas construcións (escola, piscina, pista deportiva...); a escola comezou a construírse no ano 1908 pagada polos emigrantes en Cuba. 
Lúnula de Cerdido: O achado máis coñecido do Castro de Cerdido é o dunha lúnula (desaparecida) debuxada por Saralegui (1867) no seu Estudios sobre la época céltica en Galicia, e da que escribe Cuevillas no ano 1953: "aparece un gravado que reproduce un objeto en forma creciente, con indicación de dos medias cañas marginales y rematado en una especie de perillas... Debajo del grabado dice: Torques de oro de Cerdido... que se encontró en las inmediaciones de un  "barrow" en San Martín de Cerdido y dio lugar a un sumario que se instruyó en Ferrol en el año 1840 para averiguar su procedencia". Cuevillas analiza o gravado da lúnula e compárao con outra peza aparecida en Allariz. As lúnulas eran xoias en forma de crecente para ser colgadas do pescozo. Victorino Novo fixo un debuxo da peza no ano 1883 e di dela: "un objeto de oro hallado en 1840 en las ramificaciones de un castro en S. Martín de Cerdido... Trátase de un aro de oro expecie de torque o collar céltico... Fue encontrado por un labrador al cultivar en las proximidades de un castro... Cuando intentó venderlo llamó la atención por su valor intrínseco y se formó una causa que se falló en la Audiencia de Coruña en 1844. Tal vez con ese torque salieron a la superficie otros no menos valiosos indicios que no pudieron llegar hasta nosostros...". Nalgún sitio dise que pode pertencer á Idade do Bronce, e que en vez de no castro atopouse xunto un túmulo megalítico. En Galicia só se coñecen dúas e outras sete en Portugal. 
Castro das Felgosas: No núcleo das Felgosas, onde se atopa o Concello. Presenta unha defensa amurallada en todo o seu perímetro que se completa nas partes máis vulnerables cun foxo e un parapeito. Apareceron restos cerámicos e muíños planos e circulares. Alterado por dúas canteiras e a construción de vivendas. No interior do recinto construíuse un depósito de auga. 
Castro Sete: A uns 250 metros de altitude sobre o rego de Montegordo. De forma ovalada, ten unhas medidas de 90 por 55 metros.
Castro da Torre do Crego: Forma alongada, de 128 por 70 metros, rodeado por muralla e foso. 



CESURAS (Forma parte do concello de nova creación Oza-Cesuras)
Armucela (Borrifáns); A Chá e Vilar de Corna (Carres); Baiuca (Cutián); Castelo, Chao do Castro e Torre de Mira (Dordaño); Ares (Paderne); Probaos (Probaos); Roda do Castro de Ares e Cabreira (Trasanquelos); A Braña (entre as parroquias de Filgueira da Traba, en Cesuras, e Visantoña, en Mesía).
Castro da Braña: Tanto o propietario como unhas pistas que pasan a carón do castro destruíron case todo o recinto polo que non resulta doado recoñecer a súa primitiva morfoloxía. De forma ovalada, só se conserva un parapeito de xisto e terra. nunha reducida zona. O foxo que circundaba o recinto foi practicamente achandado, o mesmo que o terraplén. 
Castro de Probaos: A 279 metros de altitude. Forma ovalada de 90 po 110 metros, cinguido por dúas terrazas defendidas por un dobre foxo. 
Castro de Vilar de Corna: A 283 metros de altitude. Forma ovalada de 105 por 140 metros. Defendido por un parapeito no recinto e tres parapeitos na entrada.
Roda do Castro de Ares: Croa de forma ovoidal duns 100 metros de longo.


 

COIRÓS
Castro da Espenuca (Coirós): Domínase o val do río Mandeo. Sobre o castro ergueuse un altar, unha espadana e un cruceiro. Segundo se desprende dun documento do ano 868 xunto a igrexa de Sancta Eulalia ad castellum Asperunti, que por aquel entón parece xa antiga pois parece que foi restaurada en torno ao século X. No lugar houbo unha torre medieval. Nas inmediacións consérvase unha igrexa románica que pertenceu a un mosteiro.
Castro de Flores: Entre as parroquias de Feás (Aranga) e Oís (Coirós). Sobre o castro construíuse unha capela, hoxe en ruínas, posta baixo o padroado de San Xurxo e logo de San Roque. Tamén hai outras edificacións en ruínas. Aquí apareceu o coñecido como torques de ouro de Flores ou de Oís, datado entre o 300-260 a. C. O día 19 de abril de 2019 localicei preto da ermida unha pena con coviñas.
Torques do castro de Flores ou de Oís: Coñecido tamén como torques de Oís. Atopado no ano 1915. É de ouro de 20 quilates, cun peso de 334 gramos.  300-260 a.C. Con remates piriformes. Segundo a Gaceta de Galicia do 17 de xullo de 1915, foi atopado por un mozo de nome Arenes, fillo dun labrego, cando regresaba da escola; seu pai, aconsellado por xente de Betanzos, enviouno á Coruña para que o tasaran. Atópase no Museo Arqueolóxico Nacional.
Castro de Xora (Santa María de Oís): Apareceron utíles líticos e cerámicos. 
A Moura da Pena Furada: No mes de setembro de 2011 saltou á prensa o descubrimento dun relevo dunha muller realizado por Antón Fernández Malde a principios dos noventa do pasado século, achado que publicara no Anuario Brigantino no 1993 e no que xa abría a posibilidade de que o conxunto se tratara dun santuario no que destaca a figura dunha muller espida que mostra un desproporcionado sexo e coñecida dende vello polos veciños co nome de A Moura. Despois dunha primeira intervención, revelouse que non se trata dun tema illado, senón que forma parte dun complexo santuario datado entre os últimos séculos antes de Cristo e os primeiros da era cristiana que nos amosa o sistema simbólico e relixioso dos pobos galaicos, antes e durante a romanización. Ata o de agora, o coñecemento sobre estes pobos limitábase case ás aras romanas pero non abundan as representacións figurativas dos seus deuses nin este tipo de estruturas arquitectónicas. Unha das novidades é o control sobre a incidencia que a luz solar ten no conxunto e as conexións astrais que plantexa. A figura da Moura é probablemente unha deusa da fertilidade, ubicada nun podio, na parte máis elevada do complexo, que se amosa con toda claridade cara ao mediodía, en contraste co outro antropomorfo, pode que masculino, que é máis visible cara o ocaso. Coa axuda dun arqueoastrónomo comprobou que un muro onde hai unha marca, medieval ou romana, está perfectamente aliñado co equinoccio de primavera. Mais resulta aínda máis emocionante o descubrimento durante o equinoccio de outono; entón o sol cádrase de forma perfecta coa moura, iluminando ademais outra figura antropomorfa moi pequena que se atopa nunha das portas de acceso, a uns quince metros da moura. Segundo Malde non é unha casualidade que a vulva do baixorrelevo sexa irradiada polo sol na súa máxima intensidade durante o equinoccio de primavera, momento do ano ancestralmente celebrado por festas e rituais, nin que a estrutura xeral do santuario, que se desenvolve nun eixo norte-sur, estea orientada ao oeste, relacionado co mundo do Máis Alá. Detrás do podio construíuse un pequeno habitáculo, a modo de balcón con vista ao Monte do Gato. Unha das cuestións a dilucidar é ata cando se utilizou o recinto. O investigador cre que xa coa cristianización consolidada continuou a ser un referente para os habitantes do lugar. De feito, a igrexa de Santa María de Lesa, a menos dun quilómetro, está adicada a unha mártir galaico-romana con reminiscencias de A Moura, xa que se lle atribúe unha extraordinaria fecundidade, ao ter parido nove fillos á vez.






CORCUBIÓN
Monte do Castro e Quenxe (Redonda).
Castro de Quenxe: A 115 metros de altitude. Conta con dous recintos e croa de pequenas dimensións defendida por un parapeito e unha muralla. O seu recinto está ocupado por terras de cultivo. Domina a ría de Corcubión.

CORISTANCO 
O Castro (A Brañeira-A Agualada); Castro Redondo ou O Portal (A Cruz de Agrelo-Cereo); Cotón e San Roque (Coristanco); Santa Cecilia (Centiña-Coristanco); Vilar (Couso); Os Castros (A Cepa-Erbecedo); O Cotón (Ferreira); Oca e As Picureas ou Quenllas (Oca); Coto Redondo (Codesido-Oca); Lume de Suso (Santa Baia de Castro); A Croa de Arixón (Seavia); Puga (Arixón-Seavia); Castrobó (Castrobó-Valenza); A Insua (Valenza).   
Castro do Cotón: Sobre o castro existiu unha capela medieval derrubada a finais do século XIX. Segundo información achegada por Antonio Castro, esta ermida actuou como parroquial ata que se desmontou pedra a pedra para facer a igrexa actual no ano 1904. No Cotón aínda está o antigo cemiterio que deixou de utilizarse cando se fixo o novo.    
Castro da Croa de Arixón: Forma ovalada, de 136 por 105 metros. Situado na aba do monte, presenta desniveis que nalgunhas partes acadan os vinte metros. Atopouse cerámica sen decorar, un machado puído e tégulas romanas. Segundo a lenda foi construído polos mouros. Tamén había unha galiña cos pitos de ouro. 
Castro da Insua: Posúe un único recinto de planta oval. Moi alterado polos labores agrícolas.     
Castro Lume de Suso: Situado na paraxe coñecida como As Pedras do Castro. Forma ovalada, delimitado en parte por fortes terrapléns que aproveitan a caída natural do terreo. Vese un parapeito precedido por un foxo. Como se aprecia na foto achegada por don Antonio Castro, tamén se ven grandes pedras encaixadas entre si que formaban parte da muralla. Antonio atopou abundante material tegulario.  Tamén me falou dunha estrutura con forma de "trilito", situada ao pé da muralla, coñecida como A Pedra da Moura onde se di que hai un encantamento; a xente pasada a gatas por debaixo para quitar o encanto. 
Castro de Oca: Un recinto tirando a circular, cun diámetro duns 100 metros. Alterado por unha canteira dende os anos cincoenta e os muros divisorios de herdades. Segundo a lenda agocha un pote de ouro e outro de alcatrán custodiados polos mouros.      
Castro das Picureas: Moi alterado, con defensas case irrecoñecibles. Sobre a croa construíuse un cemiterio. 
Castro Redondo: Forma ovalada, cun diámetro duns 80 metros. Restos de parapeito e foxo. 
Castro de Santa Cecilia: Croa de forma oval, cun diámetro de 90 metros no eixo N-S e 25 metros no L-O, con sucesivas terrazas de modo descendente. Na cima houbo unha capela, hoxe en día desaparecida.        
Castro de Vilar: A croa está arrodeada, ademais de por unha muralla, por fortes pendentes. Aínda se poden ver as gabias e foxos resultado da procura de wolframio a mediados do pasado século XX.
  




  

A CORUÑA
Elviña (Elviña); Nostián (Nostián-Visma).
Castro de Elviña: Descuberto por Luis Monteagudo no ano 1947. Sitúase nunha pequena elevación do terreo. As primeiras escavacións datan do ano 1947, primeiro dirixidas polo propio Monteagudo e despois por Xosé María Luengo que sacan á luz o alxibe, a muralla e os cubos dunha das entradas da croa. Luengo tamén atopou unha construción que foi interpretada como un templo adicado a un ídolo fálico que estaría relacionado co culto á fertilidade e á sexualidade (consérvase no Museo do Castelo de San Antón). A principios dos anos oitenta, Felipe Senén, ademais de recuperar as zonas escavadas, comeza as sondaxes no interior do recinto. Xa no presente século, os traballos dirixidos por Xosé María Bello están a poñer en valor o xacemento. Formado por varios recintos aterrazados, separados por murallas, salienta a muralla da croa franqueada por dous torreóns defensivos semicirculares con rampa e escaleiras de acceso empedradas. Consérvanse casas, a fonte-alxibe con escaleiras, o templo do ídolo-fálico, etc. As casas son de planta circular e ovalada, agás a coñecida como Casa da Exedra (non doméstica), rectangular con ábsida. Tivo varias fases de ocupación que van dende o s. III a.C. ata o s. II d.C. 
Tesouro de Elviña: Conxunto de xoias atopadas nas escavacións de 1953 realizadas por Luengo. Estaba agochado na fenda dunha rocha e baixo o pavimento de terra dunha casa preto do alxibe. Está composto por tres pezas de ouro: un colar articulado de doas de ouro e vidro con colgante, unha diadema (ou cinto), e unha tira interpretada como gargantilla. As pezas estaban fragmentadas e enroladas, coma se trataran de ocultalas. As pezas están decoradas con técnicas de estampado, repuxado, granulado e filigrana, facendo diferentes motivos: ondas encadeadas,  trenzados, espigas, etc. No Museo do Caselo de San Antón da Coruña.
Castro de Nostián: Nos anos setenta, Alonso del Real e Vázquez Varela consolidaron as dúas vivendas circulares que se poden ver na actualidade.

  




CULLEREDO
Almeiras (Almeiras); Alvedro (Alvedro); Monte do Castro (Celas); Culleredo e Rutís (Culleredo); Orro (Orro); Vilaboa (Vilaboa-Rutís); San Cosme (Sésamo); Sueiro (Sueiro); O Coto (Bregua-Veiga); O Castro (Veiga).
Castro de Alvedro: A 100 metros de altitude. Posúe un único recinto de forma ovalada, cunhas medidas de 110 por 115 metros. Defedido polo desnivel do terreo e un potente parapeito que nalgúns tramos acada os 10 metros de altura.
Castro do Coto: A 240 metros de altitude. Forma ovalada dun só recinto, cunhas medidas aproximadas de 100 por 57 metros.   
Castro de San Cosme: Situado a 130 metros de altitude, divísase o val do río Valiñas. Presenta forma ovalada, de 180 por 93 metros, defendido por un parapeito. Achandado pola construción do campo da festa, un merendeiro e pistas. Acolle unha ermida románica posta baixo a advocación de San Cosme e dous cruceiros. Domina o Val de Veiga e Culleredo. Cornide fala dunha ara de época romana adicada á deusa Navia: "NAVIA/ ANCETOTV/NRI EXS/SESA/VOTVM/POSSIT/...". Nalgunhas partes lin que apareceu outra ara, tamén a Navia e dedicada por Ancetotu da comunidade dos Sesmaci. Descoñezo onde foron a parar.
O Castro (Veiga): O día 13 de abril de 2024, Bregua Culleredo, no seu facebook, achega un posible castro situado nun outeiro rochoso a 206 metros de altitude, entre os sitios coñecidos como A Aira Vella e O Regueiro. Se se trata dun castro tiña que ser moi pequeno. De todos xeitos, nas parcelas 97 e 103 do Castastro aínda conserva o topónimo O Castro. 

 


CURTIS
Fradegas, Vilardois (Curtis); O Penedo (Teixeiro-Curtis); Vilarullo (Vilarullo-Curtis); Santalla (Pazo-Curtis); Balter (Balter-Fisteus); Esmorís (Esmorís-Fisteus); Estremil, Fisteus, Merelas, O Porto, Godulfes ou A Roda de Fisteus (Fisteus); Castronelas, Pedreiro, Remourán, Vila do Castro (Foxado); Castelo ou Foxado (Paradela-Foxado).
Tesouro de Foxados: Conxunto de pezas de ouro e prata atopado no castro do Castelo ou Foxados no ano 1932; estaban no interior dunha vasilla (seis torques de ouro, un brazalete de ouro e moedas feitas cunha aliaxe de ouro e prata). No Museo de Pontevedra.
Castro de Balter: Nun esporón sobre o regueiro Fontán. A croa atópase na parte máis elevada. Forma ovalada, con entrada de acceso polo sur. Está rodeado por un parapeito moi rebaixado. (Información de Pablo Eirín en PG).
Castro de Esmorís: Entre dous cursos de auga. Forma ovalada delimitado por un parapeito de terra.
Castro de Fradegas: Amurallado en todo o seu perímetro, conta cun foxo polo SO.
Castro do Castelo ou Foxado (Paradela-Foxado): Presenta forma circular duns 90 metros de diámetro con restos dun foxo e un pequeno antecastro. Moi alterado na súa estrutura. No ano 1932 atopouse unha ola que contiña seis torques e un brazalete, todos de ouro, ademais de trinta e cinco moedas feitas cunha aliaxe de ouro e prata.
Castro de Fisteus: De forma elíptica, está arrodeado por unha muralla en todo o seu perímetro. Conta cun antecastros por SO.
Castro de Mereleas: Presenta un recinto principal de forma circular e un antecastro de planta triangular, ambos os dous defendidos por unha muralla. A croa ten uns 75 metros de diámetro. Alterado polos labores agrícolas que cortou a zona entre o castro e o antecastro.
Castro do Porto: Forma tirando a circular cun pequeno antecastro, rodeado en todo o seu perímetro por un parapeito de  terra e pedra.
Castro da Roda de Fisteus: Recinto elíptico arrodeado por unha muralla e un foxo, dividido por unha pista. Conta cun antecastro. 
Castro de Santaia: Circular, presenta restos dun antecastro e un foxo. 
Castro de Vilardois: Duns 100 metros de diámetro, érguese nun esporón sobre o río Mandeo que actuaba como defensa natural. Polo leste conta con muralla monumental e foxo. 
Castro de Vilarullo: Castro cun recinto circular protexido por un parapeito de terra e foxo. 
 



DODRO
Monte Vilar e Lestrobe (Lestrobe-Dodro); Monte San Xián (entre Susavila e Revixós-Dodro); A Carga (Vigo-Dodro); Castrelo (Pexegueiro-Laíño); Traxeito (Traxeito-Laíño); Castro (Castro-San Xoán de Laíño); Imo (Imo-San Xoán de Laíño); Veiga de Abaixo (Monte Carboeiro, entre Dexo e Teaio-San Xoán de Laíño); Bexo ou Murallas (Alto de Paradegua-Bexo-San Xoán de Laíño).  
O Castro (San Xoán de Laíño): A principios do mes de setembro de 2015, un veciño de Dodro presentou unha denuncia ante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural por unha obra realizada polo Concello nun camiño da aldea de Castro, na parroquia de San Xoán de Laíño, que afecta ao xacemento que dá nome ao lugar, catalogado no PXOM e pola Xunta de Galicia. A raíz da concentración parcelaria dos anos setenta, o castro xa fora atravesado por unha pista de uso agrícola e que co tempo se converteu nun dos accesos ao pobo. Hai pouco, ao ampliar e asfaltar o camiño, destruíronse elementos do castro, co movemento de terra e a colocación de tubos de formigón. Segundo o denunciante, ao revisar o expediente das obras, prohibíase ampliar a pista, limitando a actuación á limpeza e mantemento. 
Castro de Bexo: No mes de abril de 2016, o Concello acometeu os traballos de roza e limpeza do castro. O estado no que se atopaba era de bastante alterado pola extracción de pedra para outras construcións, polo desmantelamento dos muros, así como por escavacións furtivas na croa, ademais o espazo estaba cuberto por unha repoboación de eucaliptos. Despois da actuación poden apreciarse unha catorce estruturas, aínda que non se desbota a existencia doutras. Quedaron de sinalizar o castro.    
Castro de Lestrobe: Detrás de onde se levantaron as Torres de Lestrobe, na ladeira do monte Vilar, apareceron tellas, ladrillos e pedras de época romana que pertencerían a un primitivo castro romanizado. Era practicamente circular, duns 100 metros de diámetro; aínda se aprecian restos da muralla, agás polo norte que a perdeu. Documentado por Manuel Murguía. En abril de 2021, unha corta de eucaliptos derrubou un dos muros do castro; a tala non contaba con permiso de Patrimonio.
Castro de Imo: Unhas obras realizadas no ano 2004 provocaron o movemento de terra e pedras do xacemento. Con anterioridade xa se vira gravemente afectado por unha estrada que atravesa o castro. 
Castro do Monte San Xián: Un recinto duns 80 metros de diámetro. Gravemente alterado e cun depósito de auga no interior. Apareceron restos cerámicos.  
Castro Veiga de Abaixo: As súas pedras foron reaproveitadas noutras construcións. Practicamente destruído polos labores agrícolas e forestais, un cortalumes atravesouno polo medio.
Cabeza cortada de Pedra Redonda: Pedra granítica coa representación dunha cabeza moi esvaída. No Museo do Castelo de San Antón da Coruña.





DUMBRÍA
Alvarellos, Berdeogas, Os Casoliños, A Grixa e Monte Pedriña (Berdeogas); Buxantes e As Teixoeiras (Buxantes); Alto do Casteliño, Dumbría e Figueroa (Dumbría); O Fragoso (O Fragoso-Dumbría); Petóns do Castro e Castromar (Ézaro); Monte Castelo (O Logoso-Olveira); Regoelle (Olveira); Olveiroa (Olveiroa); Salgueiros (Salgueiros). 
Castro de Berdeogas: Foi practicamente explanado. Sobre el levantaron a igrexa e o cemiterio, un pombeiro, un hórreo, etc. Conserva parte do parapeito. Tiña un antecastro. 
Castro do Fragoso: Situado nun val coñecido como O Fragoso por onde discorre un río do mesmo nome, tributario do río Castro. Atópase sobre unha atalaia protexido polo norte por un escarpado duns trinta metros de alto que linda co río. Está arrodeado por unha muralla de terra e pedras, ademais dun foxo. A croa é de forma ovalada. Asociado a un tesouro custodiado por unha doncela que só se podía ver a determinadas horas do día. O castro está a uns 400 metros da Pedra Ancha onde no ano 1991 se localizaron os famosos petroglifos. 
Monte Castelo (O Logoso): Castro situado a 400 metros de altitude sobre o nivel do mar dende o que se domina unha ampla panorámica. A cara norte está defendida por unha muralla pétrea e foxo; na cara sur obsérvanse restos dunha tripla muralla. A croa está fortificada con anchos muros, na actualidade practicamente destruídos; aquí pódese ver unha gran rocha con pías, algúns aseguran que feitas pola man do home e que serían utilizadas como altar de sacrificios.
 
FENE
Pena do Castro (Barallobre); O Sartego (Fene); Río Castro (Limodre); O Castro (A Fontenova-Magalofes); As Modias (Magalofes); As Escadas (Maniños); Prismos (Prismos-Maniños); O Cardoeiro e As Pías (Perlío); Belelle e Orra (Sillobre). 
Castro de Belelle: Situado nunha pequena elevación, aproveitando as formas do terreo. Ten forma rectangular ao sur e triangular ao norte. Mide 70 metros de N-S e 50 metros de L-O. Ten unha soa liña defensiva completa duns cinco metros de alto nalgúns tramos. A croa está plantada de carballos. (Información de Luis S. Seoane). 
Castro do Cardoeiro: Practicamente destruído no ano 1970 debido a un explanamento para zona urbana e polos estaleiros de Astano. Recolléronse abundantes restos cerámicos. 
Castro das Escadas: Entre os concellos de Fene e Mugardos, na Punta dos Castros ou As Gaivotas. Recolléronse tégulas.
Castro de Magalofes: Asentamento con dous recintos unidos practicamente circulares. A finais do mes de abril de 2018, Luis S. Seoane máis eu presentamos denuncia ante Patrimonio pola agresión con maquinaria pesada ao asentametno durante a tala e plantación de novos eucaliptos sobre as defensas.        
Castro de Orra: Sobre o castro construíuse unha casa.  De forma irregular, ten unhas medidas aproximadas de 100 por 70 metros. 
Castro da Pena do Castro: Parcialmente achandado cando a construción dunhas vivendas. Atravésao unha pista e o resto aprovéitase como terra de cultivo. 
Castro das Pías: Situado xunto a igrexa de Perlío, foi destruído no ano 1970 cando as obras de ampliación de Astano.  Tiña forma tirando a circular, duns 125 metros de diámetro.  
Castro de Prismos: Situado no alto do monte Péon da Pedra. De forma ovalada, cunhas medidas de 150 por 100 metros. Atravesado por un camiño. Presenta un muro exterior cun altura que vai dos dez aos dous metros de altura. No muro abriuse un camiño foretal que rompeu as defensas. 
Castro de Río Castro: Costeiro. Na Ría de Ares. 
Castro de Sartego: Segundo a lenda, recollida de Fernado Alonso Romero e este de Romero Masía (sitúa este castro, creo que por erro, en Ferrol), na Noite do San Xoán sae unha galiña con pitos dunha rocha, dá unhas voltas arredor e vólvese meter dentro.


 

 

 

FERROL
Arbosa (Brión); Illa de Santa Comba (Covas); Croa de Fontá e Os Gafos (Doniños); Couto dos Mouros (Vilarbuide-Doniños); Esmelle e Tralocastro (Esmelle); Ferrol (Ferrol); A Croa (Leixa); Mandiá (Bustelo-Mandiá); Os Castros (Fraga-Mandía); Monte do Castro (Vilela-Mandía); Lobadiz ou Punta do Castro (Lobadiz-A Mariña); Papoi (Marmancón); Santa Mariña (Castro-Serantes); Os Castros Altos, A Mariña, Pico de Ouro e Vilasanche (Serantes); Castro de Santa Icía (Castro-Santa Icía de Trasancos). 
O Castro (Santa Icía de Trasancos): Asentado nun pequeno outeiro tiña unha planta tirando a circular, arrodeado de muralla e un antecastro semicircular amurallado. Segundo me achegou Luis S. Seoane, atópase practicamente destruído e na actualidade, ademais do topónimo, só queda un muro que actúa como linde de fincas. Sobre el construíron vivendas modernas. Apareceron pedras circulares. Cóntase que no castro había unha capela. Asociado a lendas de mouros. 
Os Castros (Mandiá): En febreiro do 2012, ante a denuncia dun veciño, o Seprona persouse no lugar debido ás talas dun madeirista. A maquinaria pesada utilizada causou distintos danos, tanto na contorna como no interior do xacemento. 
Castro Coto dos Mouros (Doniños): Planta ovalada con restos de dúas murallas e un foxo. 
Castro da Croa (Leixa): Citado no ano 1173 no Tumbo II do mosteiro de Sobrado dos Monxes. Segundo me achegou Luis S. Seoane, a tala descontrolada de eucaliptos afectou ao asentamento. Asociado a unha lenda de mouros. Alterado pola canalización de augas que abastece a Ferrol. 
Castro da Croa de Fontá: Posúe un recinto circular duns 60 metros de diámetro, defendido polo desnivel do terreo e terrapléns. Ten un actecastro de forma circular protexido por foxoso. Saíron á luz muíños de man e anacos cerámicos algúns dos cales gardan os veciños. 
Castro dos Gafos (Doniños): Planta de forma irregular, cun recinto protexido por murallas paralelas e foxo. Dise que o dono do lugar atopou unhas bólas de ferro e abundante cantidade de pedra. Asociado a unha lenda de mouros. No interior do recinto hai construcións de principios do 1800 para a defensa de Ferrol.      
Castro da Insua de Santa Comba (Illa de Santa Comba-Covas): O xacemento atópase nunha antiga península que dividía as praias de Santa Comba e Ponzos. A acción do mar dividiu o espazo inicial en tres illas, na Insua do Medio ou Insua de Santa Comba erguese a ermida. Prospeccións nos anos 2001, 2006 e 2012. Os resultados permitiron establecer diferentes fases de ocupación, que van dende a Idade do Ferro, pasando pola romanización, ata a época medieval (ermida e necrópole -hai un dubidoso sartego antropoide- que supuxo a cristianización dun lugar pagano -segundo a miña opinión, os símbolos cristiás non só se elixían para cristianizar un lugar pagano, tamén porque eran considerados pola veciñanza sitios de prestixio.  A primeira mención da capela data do ano 868). Estivo ocupado dende o século III a.C. ata mediados do I d.C. en que foi abandonado. Entre outros achados, apareceu un forno de obradoiro para traballos con ferro. Xosé Lois Armada e Víctor Alonso, autores do libro O xacemento de Santa Comba e a minería de Covas, manexan dúas hipóteses para o seu abandono. Unha está relacionada coa fin das actividades mineiras na mina de Covarredeiras, en Ponzos; a outra supón que no primeiro século da nosa era o castro comezou a súa conversión cara as illas actuais. A Universidade da Coruña e o CSIC, co impulso da Sociedade Cultural Columba, propuxeron conservar a zona, tanto no eido arqueolóxico como natural. 
Disco de Santa Comba (Covas): No ano 2001, André Pena Graña, arqueólogo do Concello de Narón, deu a coñecer un disco duns 4 cm de diámetro e cun pequeno furado no centro, di que posiblemente do século I d.C., cunha epígrafe votiva adicada á deusa Reva co xenitivo trasanci, que quizais derivaría do etnónimo Trasancos. 
Castro de Lobadiz: Situado na Punta do Castro. Defendido polos cantís e tres muros e un parapeito que defendían a entrada. Tamén posuía un torreón, hoxe en día desaparecido. Pódense ver restos dalgunha vivenda rectangular con ángulos arredondados. Atopáronse restos cerámicos e muíños de man. 
Castro de Papoi: Emprazado na parte máis baixa do monte Sabugueiro. Forma ovalada cunha zona interior máis elevada e protexida por un terraplén. O resto do recinto estaba defendido por unha muralla de terra e pedras e por un foxo. 
Castro de Pico de Ouro: Atopábase no antigo accedo a Ferrol dende Covas. Destuído por unha canteira. (Información de Luis S. Seoane). 
Castro de Santa Icía: Do primitivo asentamento só queda o topónimo xa que foi destruído para construír vivendas. Tiña forma circular duns 60 metros de diámetro. 
Castro de Tralocastro: Érguese nun outeiro a 120 metros de altitude sobre o nivel do mar, domínase o val do río Esmelle. Ten tres liñas de murallas e dous foxos. Ateigado de eucaliptos. 
Castro de Vilasanche: Encravado nun pequeno outeiro. Trátase dun castro de forma ovalada que aproveitaba os desniveis naturais en case todo o seu perímetro, agás unha parte protexida por unha muralla. Apareceron restos cerámicos atopados durante os labores agrícolas. 
Monte do Castro (Vilela): De pequenas dimensións, apréciase un foxo e un muro. Apareceron anacos de tellas e  cerámica. Asociado a lendas de mouros. 
O Tesouro de Bedoya: Leva o nome do seu descubridor, don Francisco Bedoya Fojo. O achado produciuse nos anos corenta do pasado século, ao limpar unhas pedras dunha eira próxima a casa de D. Francisco. Nun recipiente de bronce estaban despositados unha diadema de ouro, catro arracadas de ouro, dous aneis de ouro, dous áureos datados entre os anos 54 e 85 d.C., vinte e sete denarios de prata datados entre os anos 63 d.C. e 91 d.C. Aínda que non se sabe a procedencia exacta, si se cre que non estaría moi lonxe de onde foi localizado. Custodiado no Museo de Pontevedra.




 
  

FISTERRA
As Croas (O Castro-Duio); Cabanas (Fisterra); Torre do Castelo (Castromiñán-Sardiñeiro); Monte dos Caudales e Punta Sardiñeiro (Sardiñeiro).
Castro de Punta Sardiñeiro: Forma ovalada de 140 por 115 metros.
Torre do Castelo ou Castromiñán: Atópase nun promontorio que se adentra no mar. Defendido polos cantís e, na parte máis vulnerable, por dúas murallas terreiras e un foxo.

 

FRADES
Abellá, Fontemouro (Abellá); Os Castriños (O Barreiro-Abellá); Coto das Medorras (Fonsá-Aiazo); Añá de Meus (Añá); A Devesa (O Loureiro-Barbeiros); Aboi (Aboi-Céltigos); A Arada, As Medorras (A Igrexa-Céltigos); Cimadevila (Cimadevila-Frades); Costa do Castro (Reirís-Frades); Castro de Frades (San Martiño-Frades); San Amaro (Vilar-Frades); Carballeira (Gafoi); Galegos (Galegos); Ledoira (Ledoira); Mesos (Os Canedos-Mesos); Castrorredondo (Caboladrón-Mesos); Moar (Moar); O Castro (Pedreira de Baixo-Moar); Queirís (Queirís-Moar); Consello (Consello-Papucín); Papucín (Quintá-Papucín); O Foxo, Mosquera (O Casal-Vitre); Vitre (O Campo-Vitre). 
O Castro (Pedreira de Baixo): Inédito. Localizado pola filóloga Dolores González de la Peña no mes de setembro de 2023 en Pedreira de Baixo, a uns 360 metros de altitude. Moi alterado polos labores agrícolas, camiños, etc. Nas fotos do voo americano de 1956-57 aínda se apreciaba claramente parte do recinto polo oeste. Consérvase o topónimo O Castro.
Castro de Aboi: Practicamente destruído. 
Castro de Añá de Meus: De considerables dimensións, cun recinto principal e un antecastro cun complexo sistema defensivo.  
Castro da Arada: A construción dunha pista da concentración parcelaria e a realización dunha intensa repoboación forestal supuxeron a destrución dunha parte do asentamento. 
Castro de Carballeira: Só se conserva parte dun parapeito que delimitada a croa.  
Castro dos Castriños: Practicamente destruído. 
Castro de Cimadevila: Case destruído pola actividade agrícola.  
Castro de Castrorredondo: De 80 metros de diámetro delimitado por un parapeiro cunha altura que vai dos tres ao oito metros. Consérvase parte dun foxo. 
Castro da Costa do Castro: Afectado por unha antiga explotación mineira.  
Castro de Fontemouro: Un só recinto duns 80 metros de diámetro. Alterado polos labores agrícolas. 
Castro de Frades: Definido por unha croa tendente a circular e un antecastro. Só se conserva parte do parapeito. 
Castro de Galegos: Dun só recinto. Moi alterado.  
Castro de Mesos: Case destruído pola actividade agrícola. 
Castro de Moar: Desaparecido.  
Castro de Papucín: Un recinto de 100 por 120 metros arrodeado por un parapeito. 
Castro de Queirís: De 100 por 120 metros, delimitado por un parapeito. Restos dun foxo.
Castro de San Amaro: Dun só recinto. Moi alterado.  
Castro de Vitre: Forma ovoidal. Moi alterado polos labores agrícolas e forestais.
 

  



IRIXOA
Ambroa (A Cruz-Ambroa); Graña (Ambroa); Casagande (A Casagrande-Mántaras); Casal do Mouro (O Casal do Mouro-Mántaras); O Castrillón e Os Castros (Irixoa); O Castro (Mántaras); Castelo (Monte San Antón-Mántaras);  Longra (Mántaras). 
Castro de Ambroa: Posúe un único recinto duns 104 por 102 metros. Cortado por pistas deportivas do centro social e por unha estrada. Polo leste conserva restos do parapeito orixinal. 
O Castro (Mántaras): Recinto circular duns 80 metros de diámetro defendido por un parapeito duns 2 metros de altura. No interior vense algúns afloramentos rochosos. 
Castro da Casagrande: Situado no Monte do Bispo, a 500 metros de altitude. Practicamente circular duns 75 metros de diámetro.  
Castro de Casal do Mouro: Situado nun outeiro dominante sobre o val do río Lambre a 375 metros de altitude. Presenta unha croa ovalada arrodeada por un parapeito moi achanzado na actualidade. Atopáronse muíños de man e fusaiolas. Preto do recinto castrexo, nun acubillo rochoso, recuperáronse 16 machados de bronce dos que só se conservan dous. Non moi lonxe tamén está a coñecida como "Pena de Paxaros", unha pedra abaladoira que, ademais de abanear ao sometela a un leve empurrón, tamén o fai, disque, cando soa a gaita. No lombo da pena hai insculpidas unhas coviñas. 
Castro da Graña: No medio de terras de cultivo, preto da igrexa parroquial. De forma case circular, deféndeo un parapeito formado por terra e cachotes de granito e pizarra. Atopouse un muíño de man. 
O Castrillón e Os Castros (Irixoa): Na actualidade non se observan indicios de estruturas materiais.  Moi alterado por varias edificacións.
 
 
 


A LARACHA 
Lagarteira (A Lagarteira-Cabovilaño); San Román (Cabovilaño); O Petón do Castro ou de Riotorto (Riotorto-Cabovilaño); O Castro da Medoña (Coiro); A Castreira (Erboedo); Erboedo (A Fontela-Erboedo); O Petón (Golmar); Condesa ou Bico do Castro (Quenxe-Lemaio); O Retorno (A Cachada-Lestón); O Castro, Fofelle, Lestón e San Martiño (Lestón); A Pena ou O Petón (A Pena-Montemaior); O Castriño (Condesuso-Soandres); Revirente (Revirente-Soandres); Croa de Santa Baia e San Pedro (Soandres); Cerqueira ou Refoxo (A Cerqueira-Soandres); Condesuso (Condesuso-Soandres); Os Castros (Curros-Soandres); Gabenlle e Petón do Castro ou Riotorto (Torás); Montes Claros (Vilaño); As Motas (Pereiro-Vilaño); Pequeno ou As Motas (Vilaño). 
Castro da Condesa: Forma tirando a elíptica con dúas murallas concéntricas que se reforzan no sector norte cun parapeito intermedio e un foxo. A croa utilizouse como canteira. 
Castro da Croa de Santa Baia: Situado no cume dun monte de difícil acceso, arrodeado por un pequeno muro defensivo de cachotaría de granito e parapeitos. Apareceron machados da Idade do Bronce. Segundo romanarmy, o castro foi ocupado posteriormente para construír un campamento en época romana que acollería entre 2.500 e 3.650 soldados. Os investigadores recolleron a lenda de que estaba habitado polos mouros, e que xusto debaixo, cara o noroeste, tamén habitaran "os fenicios". 
Castro de Erboedo: Asenta sobre unha plataforma circular duns 65 metros de diámetro. Posúe restos dun parapeito. Apareceron muíños circulares e anacos cerámicos. 
Castro de Gabenlle: Posúe un único recinto circular duns 60 metros de diámetro protexido por parapeito e terraplén. 
Castro da Medoña: Destruído por construcións modernas. Segundo a ficha do PXOM, hai uns corenta anos, para facer as casas, desfixeron unha "plataforma circular onde apareceron tellas dispostas en forma de tumbas e moitas pedras soltas que puideron pertencer a unha necrópole romana.    
Castro de Montescraros: A 210 metros de altitude. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 195 por 145 metros. A principios do mes de marzo de 2016, o Pleno do Concello da Laracha acordou por unanimidade unha modificación puntual do PXOM para protexelo. En decembro de 2017 o Concello acordou mercar a uns particulares as parcelas que acolle o castro co obxecto de poñelo en valor. A arqueóloga Puri Soto, directora das escavacións, resume perfectamente a espectacularidade do asentamento ao definilo coma " un castro 360º" que controlaba unha ampla zona delimitada polo río Anllóns. Di Soto que na súa construción houbo un grande investimento colectivo para fortificalo e facer as entradas monumentais. Na campaña de 2023 saíron á luz unhas canles para favorecer a entrada de auga que revelan a existencia dun sistema hidráulico, tamén se localizou o lousado do camiño de acceso ao castro e dúas estruturas de grandes dimensións. Na anterior campaña apareceran unhas pías rupestres de grandes dimensións que deixaron de ter funcionalidade nun momento determinado, se ben a vida no castro continuou. Puri Soto di que no século III a.C. xa estaba ocupado, tal como evidencia a aparición dunha fouce de bronce e anacos cerámicos de importación. Ademais de cerámica galaica e romana, atopouse unha tesoira de rapar e unha tumba feita con tégulas. Antonio Castro achegoume unha foto dunha pedra que hai na croa, coñecida como Patada ou Pé do Xentil. Recibe o nome porque dise que no castro vivían uns xentís que morreron durante o Diluvio Universal. A pía ovalada é o pé ou patada dun xentil. O burato máis pequeno, que identifican coa forma dun pezuño, é a patada da cabra ou do cabalo do xentil. Ao seu carón hai unha cazoleta moi desgastada que disque era onde sentaba o xentil. Eladio Rodríguez González, no seu Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano (1958), fala dunha Pena dos Xigantes ou Pena dos Xentiles que sitúa en Culleredo. 
Castro Pequeno ou das Motas: Posúe un recinto principal de forma circular duns 35 metros de diámetro protexido por un terraplén en todo o seu perímetro. Restos de parapeitos e foxos.        
Castro do Petón do Castro: Destruído pola construción da autoestrada A Coruña-Carballo. Segundo Botella e Agrafoxo estaba formado por un único recinto de forma ovalada protexido por un terraplén de 5 metros de alto. 
Castro do Retorno: De forma elíptica, con afloramentos graníticos en todo o seu perímetro. Moi alterado por fincas de cultivo e prados. 
Castro de Revirente: Segundo Agrafoxo e Botella tiña forma circular e contaba con dous recintos cun parapeito intermedio e un torreón defensivo no S-L.        
Castro de San Román: Recinto de forma tirando a circular duns 180 metros de diámetro. Conserva un parapeito polo leste cunha altura máxima de 1,50 metros. Polo sur vese un aterrazamento moi alterado.
 

 

 

 

LAXE
Monte do Castro e Torre da Moa (A Torre-Sarces); Lourido (Lourido); O Castrelo (Castrelo-Soesto); Castelo (Traba).
Castrelo: Durante as obras de ampliación da estrada a Laxe no ano 2009, un veciño alertou da aparición dunha estrutura pétrea que propiciou o descubrimento do castro. Durante as escavacións saíu á luz unha muralla escalonada cunha monumental entrada que dá acceso a un recinto situado nun piñeiral. Tamén se atopou unha porta tapiada, feito infrecuente, ata o de agora, nos poboados castrexos No exterior do castro atopáronse anacos de ánforas romanas.
Castro Torre da Moa: Con defensas naturais e unha terraza con dous lenzos de murallas pertencentes, posiblemente, a unha construción medieval.
Castelo de Traba de Laxe: O sacerdote e historiador Eladio Oviedo y Arce, nun Boletín da Real Academia da Historia do ano 1912, escribiu que no ano 1890 subiu a un monte que chaman O Castelo onde atopou "las ruínas de una construcción prerromana, junto a la cual se abre la boca de una caverna de muy semejante disposición a la del Pico Sagro" na cal entrou. Deu con ela por información que lle deu un pastor. 
 

 

LOUSAME
Monte Castelo (Fruíme); Berrimes (Berrimes-Lousame); Eiras do Castro (O Castro-Lousame); O Castro (Lourido-Tállara); San Lourenzo e San Mamede (Tállara); Comparada (Comparada-Vilacoba); Servia (Servia-Vilacoba); Coto do Castro (Vilacoba).
Castro de Comparada: Presenta unha croa circular arrodeado por unha muralla.
Coto do Castro: Dise que foi construído polos mouros.
Castro de San Mamede: Neste castro atopouse un cuncheiro. Segundo a lenda hai un túnel cheo de tesouros custodiado polos mouros. Tamén se di que hai unha pedra que ao golpeala escóitanse unhas campás.
Castro de Servia: Levántase sobre un cantil nun meandro do río Vilacova que actúa como defensa natural. Pola parte menos defendible conserva restos dunha muralla.
Ara de Lesende: No ano 2006, Iago Ugorri Serantes descubriu unha ara reaproveitada nunha parede na casa reitoral de Lesende que pertencería a un habitante indíxena romanizado. A inscrición di: "Marco Valerio ofrece este voto a Navia polos seus méritos". Datada entre finais do século II ou principio do III despois de Cristo.


MALPICA DE BERGANTIÑOS
Barizo e A Barreira (Barizo); Entretorres (Seiruga-Barizo); Croa do Castro e Taraio (Cerqueda); Casa do Castro (Brión-Leiloio); Bico do Castro (Cabo de San Adrao-Malpica); Campo das Lamas (Asalo-Mens); Agra das Medorras (Vilanova); Punta Galeana (Beo-Vilanova).
Bico do Castro: Nun outeiro rochoso a 158 metros de altitude, a pouco máis de 300 metros da lña de costa. De 50 por 35 metros, defendido polo desnivel do terreo. 
Casa do Castro: Segundo a lenda vivían os mouros ata que foron expulsados polo Apóstolo Santiago. 
Castro da Barreira: Situado na Punta Nariga, a 136 metros de altura sobre o nivel do mar. O promontorio foi modificado artificialmente para xerar un aterrazamento. Unha pequena muralla circunda ese tramo en ausencia de penedías do resto do perímetro. O exterior está cuberto de batolitos granitícos e vexetación, o cal dificulta o recoñecemento de estruturas interiores. Ten unhas medidas aproximadas de 60 por 30 metros. Aos pés, nos cantís do Nariga, hai o topónimo Porto Pequeno.
   
 

MAÑÓN
Estaca de Bares (Bares); Punta do Castro (Vilela-Bares); Malvide (Mañón); Casa dos Mouros (Ponte do Porto-Mañón); Insuas (Insuas-Ribeiras do Sor); O Preguntoiro (Ribeiras do Sor). 
Castro de Estaca de Bares: Situado nun pequeno outeiro, no itsmo dunha península costeira. Presenta un recinto tirando a circular con dos sistemas de defensa composto por un foxo-parapeito e terraplén. Sobre o castro construíuse o faro. 
Castro das Insuas: No Illote de San Pedro, no esteiro do río Sor.  
Castro do Preguntoiro: Próximo ao esteiro do río Sor, a unha altitude de 50 metros. Ten unhas medidas aproximadas de 105 por 70 metros. Aprecíase un só recinto amurallado e restos dun foxo polo oeste. Curiosamente, a pesar de figurar nalgunha cartografía, non está catalogado, feito do que me enterei o día 4 de outubro de 2019, cando a filóloga Dolores González de la Peña o colgou no seu muro do faccebook. No mesmo muro, Xosé María Ferro Formoso comentou que xa llo van a comunicar a Patrimonio para que o catalogue.  
Castro do Sor: Emprazado na ladeira dun monte, presenta forma oval cun único recinto. Apréciase unha muralla pétrea e un foxo, así como varios aterrazamentos con pendentes moi pronunciadas. Alterado por repoboacións forestais e aperturas de pistas. 
Punta do Castro: Castro costeiro, datado no século IV a.C. Aprécianse dúas liñas de defensa, a más extensa conformada por un foxo e parapeito dispostos no mesm itsmo. da península sobre o que asenta o xacemento, a actualidade ocupado por un vial de acceso á praia. Unha segunda liña defensiva está situada no punto máis estreito da península formada por un foxo-parapeito. Apareceu unha moeda de bronce imperial romana. 

 

MAZARICOS
Agrís (Agrís-Alborés); Enxilde (O Enxilde-Arcos); Rodo do Castro (Beba); Pedra dos Mouros e Vilarín de Chacín (Chacín); O Barral, O Cornón de Beba ou Rodo do Castro, Recarea (Coiro); Lugarnovo (O Lugarnovo-Corzón); Montellos (Eirón); Monte Aro (Castro-Maroñas); Ríos (Os Castros-Mazaricos); Aro (Vilar-Mazaricos); Agro do Castro ou Castrarón (O Niñán-Os Vaos).
Agro do Castro ou Castrarón: Asulagado polo encoro da Fervenza.
Castro do Cornón de Beba ou Rodo do Castro: A 388 metros de altitude, entre o río Beba e un seu afluente. Consta de tres recintos tirando a circulares, con croa circundada por unha muralla de pedra que acada unhas medidas de 230 por 107 metros. O acceso á croa está escavado na rocha. No cume hai un cruceiro chantado nunha gran rocha. (Información extractada dun artigo de Elixio Vieites en Historia de Galicia).
Castro de Enxilde: Sobre o río Xallas. 
Castro do Monte Aro: A 556 metros de altitude sobre o nivel do mar. Dúas estruturas circulares concéntricas, duns 145 metros de diámetro. O recinto principal, tirando a ovalado, ten unhas medidas de 120 x 112 metros, defendido por un parapeito. O segundo recinto está defendido por un parapeito. boa comunicación visual co cas de Ríos. (Información recollida de Xosé Troiano en patrimoniogalego.net).    
Castro de Recarea: Escavado parcialmente da década dos oitenta do pasado século. 
Castro de Ríos: De forma ovalada. A croa ten unhas medidas aproximadas duns 100 metros de diámetro. Defendido por un parapeito e terrapléns.
 


 



MELIDE
San Salvador ou Agro do Castro (Abeancos); Corvelle (Os Ánxeles); Baltar (Baltar); O Castro (O Barreiro); O Castro (Campos); Pedro (entre Folladela, en Melide, e Ordes, en Toques); Penas do Castro (Folladela); Orela do Castro (Piñor-Furelos); Roda do Castro (Maceda); Donide (Donide-Maceda); Marrás e Paraños ou A Roda (Maceda); Meire (O Meire); O Castelo (Melide); Moldes (Moldes); Pedrouzos (Pedrouzos); Santalla ou As Conchadas (Santalla de Agrón); Outeiro (San Cibrao); San Cosme (San Cosme de Abeancos); O Castro (As Varelas).
Castro de Abeancos: A muralla que o protexía foi derruída no ano 1970. Restos cerámicos no Museo da Terra de Melide.
O Castelo: Toma o nome do castelo medieval que vixiaba Melide, situado na parte máis alta da vila. Construído, xunto coa capela do Carme, sobre o antigo poboado castrexo cuxas pezas se poden ver no Museo da Terra de Melide. 
Castro de Corvelle: Duns 70 por 60 metros. Polo leste, a uns 20 metros de distancia, estrutura triangular duns 70 metros de longo.
Castro de Donide: Apareceu un machado de tope, citado por López Cuevillas e Monteagudo.  Segundo a lenda, recollida por López Cuevillas, hai unha fonte onde aparece unha galiña con pitos. 
Castro de Marrás ou O Convento: Duns 70 metros de diámetro.
Castro de Moldes: Segundo a lenda, na mañanciña do San Xoán aparecen unhas galiñas con pitos de ouro. Tamén aparecen no Castro de Corvelle.
Castro da Orela do Castro: Duns 97 por 67 metros.    
Castro Pedro: Lindeiro entre os Concellos de Melide e Toques. Moi visible en gran parte do Val do Furelos, presenta un recinto oval arrodeado por unha muralla e foxo na parte máis vulnerable. Sondeado no ano 1989 por Penedo Romero e Rodríguez Puentes. 
Castro de Piñor: Dise que unha muller que saída da croa alimentaba aos porcos dalgúns veciños.     
Torques de Melide: Atopado no ano 1867 por un labrego no Campo da Matanza, parroquia de Xubial. Datado entre os séculos IV-I a. C. 
 




MESÍA
Castiñeiras (Albixoi); A Roda (Fieiteira-Albixoi); Pereira (Pereira-Albixoi); A Roda (Xestosa-Albixoi); Monteiro (Campo-Bascoi); A Torre (Tamarín-Bascoi); O Castro (O Castro-Boado); Couto do Castro (Receá-Castro); Castrillón, Pousada e Rodas (Fontefría-Cumbraos); Castiñeiras (Castiñeiras-Mesía); A Pobra ou Castelo de Mesía (A Pobra-Mesía); Mesía (Mesía); As Olas (O Seixo-Olas); Soutelo (Soutelo-Olas); Brea (A Brea-Visantoña); As Medorras (O Castro-Visantoña); Visantoña (Ricos-Visantoña); Os Castriños (Xanceda); Xanceda (Campo das Mentiras-Xanceda). 
Castro das Medorras: De forma oval, cunhas medidas aproximadas de 135 por 100 metros, defendido en parte por un parapeito que nalgúns tramos acada os tres metros de altura.  
Castro das Rodas (Fontefría): A configuración orixinal está alterada polo trazado de camiños e dunha canteira. Constaba de dous recintos. O antecastro conserva parte dos parapeitos. 
Castro da Torre: Único recinto cun posible antecastro. Ten forma ovalada rodeado por un parapeito que nalgúns tramos acada os tres metros de alto. Estaba protexido por un foxo que se utilizou como corredoira.  
Castro de Xanceda: Castro formado por unha croa de planta con tendencia ovalada, con foxo, unha muralla e antecastro. Alterado polo aproveitamento agrícola que achanzou parte do talude.     
Torques do castro de Xanceda: O Tesouro de Xanceda foi descuberto, ao parecer, a mediados dos anos setenta do pasado século, segundo uns cando se araba unha leira situada fóra do castro e, segundo outros, cando se araba na croa do castro. No Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón consérvanse oito anacos dos torques de ouro, dous pertencentes a dúas metades dunha mesma peza. 
   

MIÑO
O Castro (Castro): En orixe, o castro debía ser de forma ovalada, cunhas dimensións de 135 x 185 metros. Totalmente destruído, só se aprecian algúns terrapléns. Sobre el construíuse a igrexa parroquial e o cemiterio, unha área recreativa, unha pista deportiva, casas modernas, etc., e atravésao unha estrada. 
Castro de Andrade (Carantoña): No límite coa parroquia de Andrade (Pontedeume), a 160 metros de altitude. Tiña unhas medidas aproximadas de 115 por 100 metros. Moi alterado polos labores agrícolas.
Castro de Centroña, Os Castros ou Castrelo: Entre os concellos de Miño e Pontedeume. Ver Pontedeume.   
Castro de Loios (Miño): Na Punta de Satareixas. No ano 2011 a Xunta de Galicia obrigou á promotora da urbanización proxectada no monte Piñeiro, na parte máis ancha da pequena península do Castro de Loios, a realizar un control arqueolóxico. Malia o anterior, atópase practicamente destruído. No ámbito de protección do xacemento xa foran localizados hai anos restos do período galaico-romano, como ladrillos e tégulas. Practicamente destruído.
Castro dos Mouros ou da Picota (A Picota-Perbes): Totalmente destruído polos laboras agrícolas, casas, etc.
Mourama (A Prata-Miño): A 60 metros de altitude.

 
 

MOECHE
Abade (Mil de Abaixo-Abade); O Foxo (Labacengos); Os Castros (Os Castros-Labacengos); Vilachave (Vilachave-Labacengos); Casabranca (San Xoán de Moeche); Costeira (Costeira-San Xoán de Moeche); Forxao (Forxao-San Xoán de Moeche); Valiña de Abaixo (San Xurxo de Moeche); Caleira ou Santa Cruz (Santa Cruz de Moeche).
Castro de Abade: Presenta un recinto de forma circular defendido en todo o seu perímetro por unha muralla de terra e pedra. A defensa completábase cun sistema mixto de foxo e parapeito. Antecastro polo SO.
Castro da Caleira: Forma elíptica, defendido en todo o seu perímetro por unha muralla de pedra e terra.
Castro de Casabranca: Desaparecido cando a contrución da Biblioteca Municipal. 
Castro da Costeira: Forma rectangular cos bordes curvados. O sistema defensivo está formado por unha muralla de pedra e terra, un terraplén e un forxo que foi destruído pola construción dun camiño. 
Castro do Foxo: De forma circular, defendido por unha muralla de pedra e terra. A defensa completábase cun foxo, que aínda conserva unha parte, e un parapeito de reducido tamaño. 
Castro de Santa Cruz: Presenta un recinto principal de forma oval, defendido en todo o seu perímetro por un terraplén. Sobre o terraplén situábase unha muralla de terra e pedra. Moi alterado pola existencia dunha canteira explotada dende antigo. 
Castro de Vilachave: Forma circular e dun só recinto defendido por unha muralla. Tamén se aprecia un pequeno foxo e un parapeito.
 
 

MONFERO 
Alto da Croa (A Prada Pequena-Queixeiro); O Castro (O Castro-Queixeiro); As Croas (A Prada Grande-Queixeiro); O Castro (O Carballo-San Fiz de Monfero); O Coto ou Os Currás (Os Currás-Taboada); Dureixa (Dureixa-O Val do Xestoso); Castro da Medoña. 
O Castro (O Carballo): A 250 metros de altitude. Forma oval, de 120 por 110 metros arrodeado por un parapeito. Alterado por unha pista, depósitos de auga e casas que invaden o recinto. 
O Castro (Queixeiro): Practicamente destruído por casas, camiños e terras de cultivo.
Castro do Alto da Croa: A 329 metros de altitude. Recinto circular duns 85 metros de diámetro. A entrada era polo norte.
Castro das Croas (A Prada Grande): A 325 metros de altitude. Círcular, duns 95 metros de diámetro.
Castro de Dureixa: Citado na documentación do mosteiro de Santa María de Monfero como Doreixa nos anos 1205, 1206 e 1212.
 
 
 


MUGARDOS
Os Castros ou As Escadas e San Vitoiro (Franza); Meá (A Cruz de  Meá-Meá); O Castro (O Capricho-Meá); Mugardos (As Mareas-Mugardos); As Roibeiras (Mugardos); O Eixo (A Abeleira-Piñeiro); Lodairo (Lodairo-Piñeiro); A Roda do Castro (entre Caamouco, en Ares,  e Piñeiro, en Mugardos).
Castro do Eixo: Situado nunha pequena elevación a 90 metros de altitude. Tiña forma case circular duns 60 metros de diámetro. Moi alterado polos traballos agrícolas e forestais. 
Castro das Escadas: Case na divisoria entre os concellos de Fene e Mugardos. Nunha pequena elevación a 35 metros de altitude, domina a Ría de Ferrol. Dun só recinto, tiña unhas medidas aproximadas de 120 por 100 metros. As murallas foron practicamente arrasadas por estradas locais, camiños, os labores agrícolas e outras construcións (unha casa na croa). Consérvase o topónimo  Os Castros.
O Castro (O Capricho): Practicamente destruído pola actividade humana. 
Castro de Meá: Sobre a Ría de Ferrol. Tiña un recinto principal  cunhas medidas aproximadas de 60 por 50 metros. Polo sur obsérvase o que puido ser un antecastro amurallado. Moi alterado. Próximo aos xacementos romanos de Santa Lucía e Caldoval.     
Castro de Mugardos: A 65 metros de altitude. De forma ovalada, duns 175 por 155 metros. Practicamente destruído por distintas construcións, vías de comunicación, etc. Nas imaxes do voo americano dos anos 1956-57 xa se ve moi alterados polos labores agrícolas.
Castro de Piñeiro: Dado a coñecer por Juan A. Carneiro Rey. Está situado na península de Bezoucos, entre as parroquias de Piñeiro (Mugardos) e Caamouco (Ares), sobre un coto rodeado de terras chás, dominando as rías de Ares e Ferrol, nun saltus que tamén domina os terreos circundantes, un ager de produción agrícola. Ten forma elipsoidal, cun pequeno terraplén que circunda a croa; polo norte ten un antecastro. 
Castro da Roda do Castro: Castro duns 155 metros de diámetro situado no outeiro a 120 metros de altitude que actúa como límite administrativo entre os concellos de Ares e Mugardos. Presenta un recinto defendido por dúas liñas de murallas a modo de parapeitos de entre tres e catro metros de altura cos seus respectivos foxos. Unha canteira afectou ao terraplén que circunda a croa.         
Castro de San Vitoiro: A 60 metros de altitude. Totalmente destruído. Tiña forma oval duns 120 por 80 metros. Posuía unha soa liña defensiva. A croa foi utilizada como canteira. No ano 2011, o Concello construíu unha piscina diante do castro. (Información de Luis S. Seoane). Citado polo cardeal Jerónimo del Hoyo no ano 1607, que di: "Hay una ermita entre unas heredades que dicen fueron castros de moros y dan señales de haber sido fortalezas". Descoñezo a que ermida se refire Jerónimo del Hoyo, se se trata da do San Vitoiro queda a 200 metros de distancia do castro. 
  
 

 


 

 
 
MUROS
Os Castriños (Surribas-Abelleira); Os Castriños e Ventín (Louro); Miraflores (Muros); O Cotriño (Santa Catalina-Tal); Santa Catalina (Illa de Santa Catalina-Tal); Punta Castriño (Tal de Abaixo-Tal); Rimao (Torea).
Castro de Miraflores: Emprazado no medio dunha ladeira. Conserva un só recinto e parte das defensas artificiais só verificadas en parte da acrópole.
Castro de Rimao: Nun outeiro que domina a parroquia de Torea. Presenta un recinto circular defendido por un parapeito.
Castro de Santa Catalina: Castro costeiro emprazado nunha península, defendido por fortes cantís e dúas liñas de parapeitos paralelos na parte máis desprotexida.
Castro de Ventín: Situado no medio dunha ladeira. De forma alongada, presenta un só recinto defendido por dous parapeitos paralelos.




MUXÍA
Mintiráns (Bulturón); Coucieiro (Coucieiro); Frixe (Frixe); Mintiráns (Mintiráns); Castroverde, Lourido, Merexo ou A Muralla, Moraime e Monte do Castro ou Xanzón (Moraime); Castrosil (Nosa Señora da O); Castriño de Vilela (Morquintián); Figueiroa (Morquintián); Queiroso (Nemiña); Touriñán ou Illote do Castelo (Touriñán); Illote do Castelo (Punta do Cabo Touriñán). 
O Castriño de Vilela: Situado a 160 metros de altitude. Presenta unha croa circular de 65 metros de diámetro, defendida por un parapeito. 
Castrosil: Sobre o río do Lago, a uns 45 metros sobre o nivel do mar. Ten unha croa de forma ovalada duns 80 por 60 metros, defendida por unha muralla de pedra e un foxo. 
Castro de Coucieiro: Cóntase que hai unha porta na beira do río pola que se pode entrar por medio dunhas escaleiras ao centro do castro. 
Castro de Merexo: Castro costeiro situado nunha punta que se adentra no mar. Presenta unha croa circular duns 145 metros de diámetro. O parapeito da zona sur está parcialmente destruído polas obras da concentración parcelaria. Segundo os veciños, nos anos cincoenta do pasado século ninguén quería estas terras porque tiñan moita pedra, o terreo esta cheo de pedras facendo recintos circulares pero ninguén sabía o que eran. Entón decidiuse recoller as pedras para utilizar como cimentos das casas. Coa concentración parcelaria achandáronse as súas defensas. (Información de Elixio Vieites en patrimoniogalego.net). 
Castro de Xanzón: Forma ovalada duns 110 por 105 metros defendido por un parapeito en todo o seu perímetro. Dise que no castro hai uns túneles que van a dar ao mosteiro de Moraime. Plantado de eucaliptos.  
Facho de Lourido: Situado xunto a praia de Lourido. 
Illote do Castelo: Na punta do cabo Touriñán, aproveita os pronunciados cantís para a súa defensa e a unión co cabo durante a baixada da marea. Hai quen sitúa aquí un castro que en época romana foi utilizado para construír unha torre, ou quizais un faro, e algún tipo de defensa na Idade Media. Adivíñanse algúns alicerces que puideron acoller algún tipo de construcións.

 


NARÓN
Petouzal (O Couto); Pena Grande (Narón); Sequeiro (Sequeiro-Narón); A Ermida, Pereiruga (Pedroso); O Castro (Santa María do Castro); Eiravedra, A Revolta (Sedes);  Os Vicás (Os Bicás-San Xiao de Narón); As Croas, San Mateo ou O Vilar (Trasancos); Pedreira, Pena Lopesa, Quintá, Vilasuso (O Val). 
O Castro (Santa María do CastroCastro): Practicamente desaparecido pola construción da igrexa parroquial e do cemiterio. Tiña forma ovalada. Asociado a unha lenda de mouros. Dise que dende o castro bendecíanse as colleitas.  
Castro dos Bicás: situado nunha ladeira, con relevo descendente cara un regato. Malia matogueira que o cubre, apréciase o trazado da súa contorna defensiva, configurando unha ampla croa ovalada.
Castro de Eiravedra: Situado nun outeiro a máis de 200 metros de altitude. Estivo habitado entre os séculos IV a.C. e V d.C. Presenta muralla, foxo e antecastro. Apareceron fusaiolas e moedas de época romana que pertencen a unha colección privada. 
Castro da Ermida: Practicamente desaparecido pola construción dunhas pistas deportivas. Asociado a lendas de mouros. 
Castro de Pedreira: Redescubertos nos traballos da concentración parcelaria. Recinto tirando a ovalado duns 85 por 65 metros. Plantado de eucaliptos na actualidade, foi utilizado como canteira. Dise que os veciños se enteraron da existencia deste castro cando a concentración parcelaria. 
Castro da Pena Grande: A 302 metros de altitude. Forma ovalada de 60 por 45 metros, arrodeado por un muro de gran tamaño que aproveita as formas do terreo. A croa ten unhas medidas de 35 por 25 metros. Arrodeado por un foxo en todo o seu perímetro; aproveitaron parte do foxo para facer un camiño. Atravesado por un cortalumes.  
Castro de Pena Lopesa: Castro marítimo de pequenas dimensións. Ocupa un promontorio rochoso de relevo aplanado, con moi boas condicións defensivas, tanto pola súa situación no litoral como pola fractura de separacións respecto das elevacións inmediatas.  Di a lenda que había un castelo onde vivía un rei que gardaba un tesouro; cando o illote se lle facía pequeno, cruzaba a terra por unha ponte e pasaba o día cazando. 
Castro de Pereiruga: Presenta un recinto ovalado protexido por tres liñas defensivas concéntricas. Na actualidade atravésao un camiño e está plantado de eucaliptos. Cóntase que a fonte de Pereiruga é milagreira para facer que chova se se leva a imaxe do San Roque en procesión a recibir baños. (Recollido do Catálogo de castros de Ferrolterra, de Carlos A. Serantes Vigo e Ignacio Fernández Fojo). 
Castro Petouzal: Asentamento costeiro. Consérvanse parte dos muros e foxos. Segundo información achegada por Luis S. Seoane o día 16 de novembro de 2012, Fenosa, que ten unha liña eléctrica sobre o castro, entrou nel con maquinaria pesada, desbrozadora de cadeas e motoserra, talando carballos e castiñeiros na zona. Luis, que puxo en coñecemento do Concello de Narón o feito, xa recibiu contestación de André Pena Granha, o arqueólogo do Concello, quen fixo un informe e xa está a tomar medidas sobre a desfeita e poñelo en coñecemento da Xunta. Luis comentoume que este castro coñécese tamén como O Couto. 
Castro de Quintá: Castro de chaira de forma case circular. Só se conserva unha liña de defensa. Ten unhas medidas aproximadas de 70 por 90 metros. Afectado por vivendas e estradas. Atopouse un machado de bronce depositado no Ateneo Ferrolán. 
Castro da Revolta: Recinto principal de forma ovalada cun antecastro adosado. Cóntase que os veciños atoparon pedras escritas. Conta a lenda que nunha ocasión uns negros levaros do castro unha misteriosa arca que cargaron sobre unha mula. Outra lenda di que unha muller casada, tras beber nunha fonte encantada, converteuse en pomba; preguntáballe a un xornaleiro como estaban o seu marido e o seu fillo; o encantamento debérase a un alfinete que a ave tiña cravada na cabeza e así, un bo día, foi capturada e liberada do alfinete, co que recobrou a súa apariencia. (Recollido do Catálogo de castros de Ferrolterra, de Carlos A. Serantes Vigo e Ignacio Fernández Fojo). 
Castro de Sequeiro: Próximo ao río Salgueiro. Presenta un recinto principal de forma ovalada. Asociado a unha lenda de mouros. 
Castro do Vilar ou San Mateo: De forma case circular, cun diámetro aproximado de 54 metros. Conta cunha liña defensiva. Sobre el hai unha plantación de eucaliptos. (Información de Luis S. Seoane). 
Castro de Vilasuso: De forma ovalada, duns 50 por 58 metros. Situado non moi lonxe da Pena Lopesa. Dende aquí divísase a praia da Frouxeira. Cuberto por eucaliptos.

 

 

 

NEDA
Marraxón (O Roxal-Anca); Ancos (Monte Ancos-Casadelos-Neda); Os Castros e Vilasuso (Neda); A Croa (O Castro-Viladonelle).
Castro de Ancos: Érguese a 260 metros de altitude sobre o nivel do mar, dende o seu cume domínase a Ría de Ferrol. Ten unhas medidas aproximadas de 105 por 80 metros. Está defendido por dúas murallas e un foxo. Moi achandado pola construción dunha pista que o atravesa. Segundo algúns autores aquí estaría a famosa cidade de Libunca. Conta a lenda que o castro está oco e cheo de auga; se un día rebenta, Neda desaparecerá. 
Castro de Viladonelle: Sobre o río Belelle, con impresionantes vistas sobre a fervenza. De forma ovalada, cunhas medidas de 90 por 60 metros. Moi deteriorado, conserva algúns restos das murallas defensivas. Ata os anos noventa do pasado século aproveitáronse as súas pedras en construcións modernas. Planta do de eucaliptos. 
Os Castros: Só se conserva o topónimo.
 

 

NEGREIRA
Ameixeiras (Ameixeiras-Aro); Aro (Aro); Broño, Covas e Feáns (Broño); Castroverde (Bugallido); Cornado (O Cornado-Bugallido); Castelán (As Ameixendas-Campelo); O Castro (Campolongo); Couso (Couso de Abaixo-Campolongo); Cotón do Castro (O Cancelo-Covas); Guimaráns (Guimaráns); Liñaio (Liñaio); Logrosa (A Chancela-Logrosa); Corzán (Negreira); Vilachán (Vilachán de Arriba-Negreira); Castroverde (Vilar de Curro); Agrís, Mourís e Xallas (Xallas); Libreiro (Zas); Alto dos Castros. 
Castro de Ameixeiras: Situado entre as aldeas de Ameixeiras e Vilar, a 280 metros de altitude. Consta dun recinto central rodeado por un parapeito, hoxe en día cortado por unha pista.  
Castro de Broño: Sobre o castro ergueuse un castelo medieval do que quedan algúns restos. Situado nun lugar estratéxico pola súa altitude e control do territorio. Ten tres defensas concéntricas e que debían estar feitas con muros de pedras, polos restos que aínda se poden ver, e que compoñen unhas terrazas entre elas. A primeira muralla, de forma circular, ten unhas medidas aproximadas de 170 metros de diámetro. Na parte inferior amosa fortes pendentes que evidencias o seu carácter defensivo. 
Castro de Logrosa: Obsérvase unha dobre muralla, foxo e vivendas circulares. Apareceron fragmentos cerámicos e de bronce. 
Estatuas do castro de Logrosa: Trátase de dúas efixies cortadas á altura do ventre, esculpidas de forma tosca. Florentino L. Cuevillas nun artigo titulado Las estatuas de Logrosa, publicado en Cadernos de Estudos Galegos no ano 1957, compáraas con estatuas-menhir. G. López Monteagudo (1989) di que poden ter unha vinculación coa divindade indíxena Cosus. Custodiadas no Museo do Pobo Galego.

 

NOIA
San Lois e Sobreviñas (Argalo); Punta Barquiña (Barro); Taramancos (Boa); Croa do Castro e Lampreeiro (Roo). 
Castro de Punta Barquiña: Na zona da Barquiña hai un illote coñecido como As Pedras de San Bartolomeu, onde se di que estaba a capela perdida do santo. Conta a lenda que os veciños podían ver as súas campás cando baixaba a marea. Tamén se di que no fondo do mar atopáronse basas, columnas e restos dun templo de época romana. Sobre isto non se coñecen restos pero si sobre o asentamento castrexo onde apareceron varios útiles coma un muíño de man que garda un veciño do lugar. Tamén saíron á luz restos cerámicos. Consérvanse restos dunha muralla, interrompida por unha estrada e que logo continúa cara o mar. Deste castro xa fala Murguía no século XIX. 
Castro de San Lois: Situado a 360 metros sobre o nivel do mal. Organizábase en varios recintos concéntricos que desenvolven ladeira abaixo unha pequena acrópole. En mal estado de conservación, pódense ver restos das murallas defensivas. A instalación dunha antena de televisión no ano 1982 continúa a ser motivo de conflito entre a Xunta e o Concello que solicitou o traslado da antena para poñer en valor o xacemento. 
Castro de Sobreviñas: Na Punta da Barquiña. Conserva restos dos muros. 
Castro de Taramancos: A construción da variante de Noia sacou á luz un xacemento no que se constatou a superposición de diferentes grupos poboacionais do Calcolítico á Idade do Brence e a Idade do Ferrro, así como posteriores asentamentos romanos. Documentáronse 450 estruturas e 21.500 pezas. No mes de setembro de 2011, o Concello de Noia denunciou a destrución polas máquinas que están a traballar no viaduto sobre a ría de vivendas de época castrexa e dun muro romano. 
Poboado de Espiñeira (Taramancos-Boa): Trátase dun asentamento cunha cronoloxía que vai dende a Idade do Bronce ata época tardorromana. Foi escavado de urxencia pola construción da estrada de Noia a Portosín, aparecendo dúas vivendas da Idade do Ferro, varios cuncheiros, foxas e un muro. Chama a atención a súa falta de elementos defensivos, feito que se considera moi atípico na zona. Grave risco de desaparición.

OLEIROS
O Castro, Castromén, Os Cotarelos, Punta Roza e Punta Torella (Dexo); Gobernas ou Lorbé (Lorbé-Dexo); Roza do Mirón (Dexo); Redondos e Xaz (Dorneda); Agra dos Castros ou de Breixo (Breixo-Dorneda); Alto da Gobernas, Iñás e Ra do Castro (Iñás); Montrove (Montrove-Liáns); Castrillón ou Morro Canide e Maianca (Maianca); O Castelo ou Edreira, Monte Siño e Oleiros (Oleiros); Perillo ou Santa Cristina (Perillo); Monte do Castro e Sarro (San Pedro de Nós); Subiña ou Vixía (Serantes); As Grobas ou Xoez (Xoez-Serantes). 
Castro de Breixo ou Agra dos Castros: Ten forma ovalada cunhas medidas de 85 por 120 metros defendido por terrapléns.
Castro dos Cotarelos: Documentado por David Fernández Abella. Castro costeiro de 185 por 80 metros.
Castro de Edreira: Configurado por tres fosos e un parapeito de terra. O material localizado, a maioría de época romana, permitiu datar os restos no cambio de era. 
Castro de Lorbé: Destruído pola construción dunha urbanización. 
Castro de Oleiros: No ano 2009, o Concello denunciou ante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural as obras que un particular estaba a facer na cima do castro. 
Castro de Punta Roza: Situado nunha pequena península, adaptado á topografía do terreo. Ten planta semicircular defendida por tres parapeitos con foxos entre eles. 
Castro de Punta Torella: Posúe un único recinto de planta oval defendido por unha sucesión de parapeitos e foxo e polo cantil rochoso cara o mar. 
Castro do Monte Siño: Destruído pola construción dunha urbanización. 
Castro de Montrove: Moi alterado polas plantacións de cultivos. 
Castro de Morro Canide: Nunha península urbanizada. Estragado pola construción dunha urbanización. Apareceron pezas cerámicas castrexa e romana, depositadas no Museo do Castelo de San Antón da Coruña. Nos cantís da praia de Canide-Portelo foron atopadas dáúas estruturas murais catalogadas como un xacemento distinto. 
Castro da Roza do Mirón: Situado na península da Roza do Mirón. De forma elíptica, conta ao menos con dúas liñas defensivas. Segundo Luis S. Seoane, non figura no PXOM do Concello de Oleiros.  
Castro de Santa Cristina: Erixido sobre un promontorio rochoso que se adentra no mar. Monteagudo recolleu fragmentos cerámicos. Pódese acceder en marea baixa. 
Castro de Subiña ou Vixía: Consta dun recinto fortificado con dúas murallas de terra e pedras. Ten unhas dimensións duns 140 metros de diámetro, cun recinto principal duns 75 metros no eixo norte-sur e 65 metros no leste-oeste. Construcións modernas afectaron parcialmente ao castro; sobre as defensas plantaron algún eucalipto. Está sinalizado.     
Castro das Grobas: Moi alterado por vivendas de nova construción. 
Castro de Xaz: Situado nunha suave pendente. Ten forma ovalada, defendido por noiros, foxos concéntricos e parapeitos.

 

 


ORDES
Ardemil ou Maior ou Morgade (Ardemil); Coto dos Castros (Castro-Ardemil); Coto da Croa (O Porto-Ardemil); Baltares (Os Baltares-Barbeiros); Uzal (O Uzal-Barbeiros); Fonte da Viña (Beán); A Medorra (Nouche-Beán); Lameiros (Buscás); Rúa (A Rúa-Buscás); Coto dos Castros (Meitufe-Leira); O Castro (Meitufe-Leira); As Medorras (A Castiñeira-Leira); Os Castros (A Portela-Leira); Guntín (Guntín-Mercurín); Trasmil (Trasmil-Mercurín); Carrás (Os Carrás); Santa Cruz de Montaos); O Dono (O Chan-Santa Cruz de Montaos); Seidón (Ordes); Monte do Castro ou O Casal (O Casal-Ordes); Espenica (A Espenica-Ordes); Castaños (Castaños-Parada); Parada (Parada); Aldea Nova (Aldea Nova-Pereira); Pardiñas (As Pardiñas-Poulo); Senra (Senra-Poulo); Ameixeira e Vilamaior (Vilamaior). Castro de Ferreiros. 
Castro de Ardemil: No castro había un túnel que agochaba unha viga de ouro e outra de veleno, se alguén tocaba a de ouro facía rica ás sete parroquias, pero se tocaba a de veleno desaparecían. A unha veciña de Morgade levábanlle o gando pola noite deixando no seu lugar unhas moedas de ouro; eran os mouros de Morgade; a veciña non resistiu contarllo ao seu home; ao día seguinte non se repetiu o feito, nin nunca máis, xa que os mouros queren manter a súa existencia en segredo. (Recollidas de Lois Vilar Hermidas).
Castro de Beán: A 300 metros de altitude. Presenta unha croa circular arrodeada por unha muralla de terra e pedra e un foxo. 
Castro de Buscás: Situado nun terreo chan a unha altitude de 300 metros, entre o río Cabrón e o rego do Cabo. Vese un gran foxo e unha muralla de terra. Atópase a uns 400 metros de distancia de onde se atopaba a torre medieval de Buscás.
Castro do Casal: Coñecido tamén como da Medorra ou Monte do Castro. Forma circular duns 100 metros de diámetro, protexido por parapeitos. Conserva parte dun foxo.


 


OROSO
A Alcaiana, O Cachopal (Os Ánxeles); Medorra do Castro (Casanova-Calvente); Garabanxa (A Garabanxa-Calvente); Cardama, O Castro, Chousa dos Cravos, Xarrape (Cardama); Medorra do Castro (Carollo-Cardama); Bouzalonga, O Castro e Santiña (Deixebre); As Grobias e Piñeirón (A Gándara); Marzoa, Recouso e Trasmonte (Marzoa); O Castro (Campo da Igrexa-Marzoa); Meixide, Oroso Pequeno, Vilacide de Arriba, Vilalbarro e Vilares (Oroso); Medorra do Castro ou de San Román (Pasarelos); Adrís e Senra (Senra); Loureiro (Torre-Senra); Os Castros (Trasmonte); Valverde e Vilarromaríz (Vilarromaríz). 
Castro da Alcaiana: Aínda que se atopa moi achandado, conserva parte do recinto circular duns 80 metros de diámetro e con restos dun foxo. Foi cortado parcialmente por unha estrada.  
Castro de Bouzalonga: Un recinto practicamente circular defendido por un terraplén. Na parte máis accesible posúe un foxo e dous pequenos terrapléns, un dos cales foi afectado pola autostrada A-9. 
Castro de Cardama: Destruído pola concentración parcelaria. 
Os Castros (Trasmonte): Moi alterado pola construción dunha casa e a estrada. Ten uns 80 metros de diámetro. Conserva parte do recinto circular defendido por un terraplén de terra e pedras. 
Castro de Garabanxa: Atópase moi estragado. 
Castro de Loureiro: Destruído pola concentración parcelaria. 
Castro de Meixide: Posúe un recinto circular defendido en todo o seu perímetro por un terraplén e en parte por un foxo. 
Castro de Marzoa: Posuía varias estruturas. Na actualidade non se conservan restos, vítima da concentración parcelaria. 
Castro da Medorra do Castro: Practicamente arrasado. Posuía un único recinto de 40 por 25 metros.  
Castro Piñeirón: Totalmente destruído. 
Castro do Recouso: Totalmente destruído, só se conserva parte dun foxo e de dous terrapléns. 
Castro de San Román: Totalmente estragado. 
Castro da Santiña: Moi arrasado, consérvanse parte do parapeito e un foxo.  
Castro de Vilacide: Presenta un recinto circular, arrodeado por un terraplén, e un antecastro, este destruído en parte por unha escavadora e que tamén afectou ao foxo. 
Castro de Vilalbarro: Parcialmente destruído pola autostrada. 
Castro de Vilarromariz: Alterado pola construción dunha casa no centro do xacemento. 
Tesouro do castro de Recouso: Datado entre os séculos V e IV a.C. Atopado no ano 1920 por don Xosé Sánchez Costa mentres araba, xunto cun seu tío, unha leira. Dado a coñecer por Xesús Carro no 1923. Cando achou a primeira peza, un colar de ouro e prata, deu aviso ao seu amo quen ordenou a todos os labregos que traballaban para el (unhas cinco familias) que buscaran no terreo para ver se atopaban máis xoias. Logo dun tempo, saíron á luz colares, pendentes de prata e ouro, lingotes de prata, etc.: en total uns 50 quilos. O amo, faltaría máis!, quedouse con todo. Na actualidade só se conserva parte do tesouro, doado ao Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela por Felipe Román Cordero. Esta é a historia real contada pola bisneta do descubridor, Jennifer Quinteiro Sánchez, que bota polo chan interesadas hipóteses de que se perdera de forma fortuíta. Está formado por dezaseis arracadas de ouro con filigrana e/ou granulado, dez cadeas ou fragmentos de cadeas, sete fragmentos de anelas en suspensión, dous fragmentos que deberon pertencer a unha peza ou peche e catro tortas de fundición elaboradas cunha aleación de ouro-prata.


     
ORTIGUEIRA
Os Castelos (O Barral-Céltigos); Céltigos ou O Viso (Céltigos); Devesos (Devesos); Punta dos Prados (Porto de Espasante-Espasante); Punta do Tallo e Campo da Torre (Espasante); A Croa (Os Castros-Ladrido); Tallo de Ladrido (Ladrido); Punta Mourama (Loiba); Luía (O Castro-Luía); Caparelle e Porteiro (Mera); O Castro (Mera); As Neves (As Neves); Chan da Torre (O Campo da Torre-Ortigueira); Punta da Moura (Ortigueira); A Volta dos Castros e O Xestal (San Claudio); O Castro, Chouso e Saa (Senra); Castelo do Casón ou Penido do Castelo, Montoán, Penido do Medio e Punta Fornelas (Veiga).
Os Castelos: Emprazado nun punta costeira, presenta un único recinto irregular. Restos de paramentos. 
Castro do Castelo do Casón: Tres recintos con tres liñas de murallas de pedra; no superior unha estrutura tipo torre onde se atoparon materiais de época medieval, cun patio no interior.
Castro de Céltigos ou O Viso: Practicamente circular, duns 115 metros de diámetro.
Castro da Croa: A 171 metros de altitude sobre o nivel do mar. Escavado por Federico Maciñeira nos anos trinta do pasado século XX.  
Castro de Montán: Presenta un recinto circular duns 60 metros de diámetro, arrodeado por unha muralla en todo o seu perímetro. E. Ramil documentou un foxo no ano 1990, hoxe en día achandado polos labores agrícolas. Restos cerámicos.
Castro de Punta Fornelas: Presenta un recinto central de planta oval e un segundo recinto semicircular que semella unha prolongación do primeiro. Unha muralla arrodea case todo o perímetro do recinto central agás pola parte que dá ao mar que actuaba como defensa natural.
Castro de Punta Mourama: Un único recinto emprazado sobre un cantil que actúa como defensa natural. O resto está defendido por unha muralla, un foxo e un terraplén. Segundo a lenda, aquí vivían os mouros, había fontes de ouro e túneles. 
Punta dos Prados: As primeiras escavacións realizáronse no ano 1987. Trátase dun castro costeiro ocupado entre os séculos III a.C. e III d.C., protexido por un cantil e, na parte máis accesible, por dous foxos intercalados por dúas murallas que se completan cun parapeito exterior. Construído sobre un manancial, destaca o Monumento con Forno que presenta unha clara división entre o adro, antecámara, cámara con forno, pisicinas de auga, canles de desauge, banco corrido na antecámara e chan pulimentado na cámara. O forno conta cunha zoa de alimentación independente. A cámara presenta falsa bóveda, accedéndose dende a antecámara a través do oco inferior central da Pedra Formosa. Os monumentos con forno son propios da cultura castrexa e atópanse na antiga Gallaecia, occidente de Asturias e Norte de Portugal. Trátase dunha sauna de uso ritual con baños de vapor. Son edifcios rectangulares diferentes ás outras construcións dos castros, cunha gran pedra decorada ou non no medio do edificio, a coñecida como pedra formosa que facía de separación e cun furo na parte baixa coma porta de acceso á cámara da terma que evitaba a perda do vapor e da calor. Atopouse sigillata e ánforas romanas, así como adornos e un as de bronce datado no 26 a.C. Aínda que nun primeiro momento se interpretou como unha sauna romana, os estudos levados a cabo por Almagro-Gorbea e Marco Simón sitúanno nun contexto de confrarías guerreiras de carácter indíxena. No ano 2002 atopouse unha arracada de ouro incompleta. Proposto como Ben de Interese Cultural.
Castro de Senra: Na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago consérvase un freo de cabalo da colección de F. Maciñeira.
Castro do Tallo de Ladrido: Estudado por Federico Maciñeira. Nunha península fronte ao porto de Espasante, a 40 metros de altitude. Defensas naturais reforzado por un foxo e unha muralla en ángulo.     
Castro do Viso: Croa circular e un antecastro, tamén circular. Dispón dunha muralla que arrodea os dous recintos. Federico Maciñeira cita unha peneda con cazoletas. 
Torques: No Museo Arqueolóxico Nacional consérvase un negativo sobre prancha de vidro dun torques de ouro que se di procede dalgunha pare do concello de Ortigueira, aínda que creo que se trata do de Montoxo, en Cedeira. 





 


OUTES
Castelo da Insua (Cando); Laxe (O Catadoiro-Freixo de Sabardes); Freixo (Mosteiro-Freixo de Sabardes); Carleo (Carleo de Arriba-Outes); Torre do Castelo, Os Castriños, Mirás e San Pedro (Outes); Brión (Brión de Arriba-Roo); O Pedregal (San Cosme de Outeiro); Diz ou Os Castriños (Diz-Santo Ourente de Entíns); Monte da Cruz ou do Cristo (O Curro-Santo Ourente de Entíns); San Ourente (San Ourente de Entíns); Coiradas (Coiradas-Santo Ourente de Entíns); Gosende, Valadares (Valadares).
Castro de Brión: Mal estado de conservación. As pedras das murallas f0ron reaproveitadas para construír as casas do lugar. Tiña unhas medidas aproximadas de 145 por 110 metros.
O Castelo: Sobre un outeiro pedregoso. Non se aprecian defensas artificiais. Ao parecer tivo unha muralla que arrodeaba o recinto.
Castro Coiradas: Castro costeiro. De pequenas dimensións, presenta forma ovoidal. As súas pedras foron utilizadas para construír o porto do Conchido. Agrafoxo atopou no seu interior un cuncheiro, con restos de bivalvos, peixes e outros mariscos. O estado de conservación é malo debido aos labores agrícolas, ademais da extracción de pedra; no ano 1995 abriuse unha pista que o atravesou, arrasando as murallas exteriores e interiores. Cando o propietario vendeu os terreos, puxo unha condición: que se aparecía a galiña de ouro da lenda, a pita pasaría a ser da súa propiedade. 
Castro do Freixo: Presenta un recinto ovalado arrodeado por un terraplén e vestixios dun parapeito que envolvía a croa. 
Castro de Valadares: Emprazado nunha pequena elevación dun terreo chan a 400 metros de altitude, as condicións naturais de defensa son escasas. Consta de dous recintos ovais unidos entre si, un deles actúa como antecastro que defende o poboado pola parte máis vulnerable. O recinto principal está protexido por un parapeito. 
Castro de San Ourente: Presenta un só recinto de forma circular, defendido por un parapeito.



OZA DOS RÍOS (Forma parte do concello de nova creación Oza-Cesuras)
Monte do Castro (Bandoxa); Monte da Croa (Cis); Quintela (Quintela-Cis); Os Castros (Cuíña); Callobre (Callobre-Cuíña); Coto de Mondoi (Mondoi), As Croas (Oza); Parada (Parada); Coto do Castrillón (Ansoi-Porzomillos); As Casiñas de Coterras (Muruxeses-Rodeiro); Belén e Pereirais (Belén-Rodeiro); Monte Castelo de Arriba (A Ribeira-Rodeiro). 
Castro de Belén: De forma ovalada, cunhas medidas aproximadas de 300 por 150 metros. Unha plantación de eucaliptos achandou parte do asentamento. Só se aprecian uns poucos resos da primitiva muralla. 
Castro de Callobre: Situado a uns 200 metros de altitude. Posúe dúas estruturas, a exterior, ovalada, ten uns 145 por 95 metros, defendida por un terraplén duns tres metros de altura polo exterior e un parapeito. O segundo recinto circular ten unhas medidas aproximadas de 200 metros de diámetro, con aterrazamentos e terraplén. 
Castro do Coto do Castrillón: Totalmente destruído por traballos agrícolas, construcións, pistas, etc.
Castro de Maruxeses: Catro de chaira situado no medio dunha plantación de millo. Presentaba forma circular duns 100 metros de diámetro. Practicamente destruído. 
Castro do Monte do Castro: Un recinto principal practicamente circular duns 75 metros de diámetro, circundando en todo o seu perímetro por unha muralla. Polo NE e SO ten acaroados dous antecastros.    
Castro de Quintela: Situado na parte máis alta do monte Coruxo. De forma ovalada, ten unha croa de forma ovalada, arrodeada por un parapeito. Polo leste ten un antecastro. Cóntanse que na fonte que hai nas inmediacións do castro, coñecida como Fonte do Ouro, os mouros agochan un tesouro. 
Monte Castelo de Arriba: A 430 metros de altitude. Ovalado, de 125 por 76 metros. Só se aprecia unha muralla moi achandada. Sen catalogar.
Asentamento (Cuíña): No ano 2018, a asociación cultural Nasa Arqueoloxía atopou un xacemento na parroquia de Cuíña. Localizaron unha pequena fortificación nun outeiro sobre o val do río Fontao, de planta oval pero cunhas características, ao parecer, que impide a súa datación e determinar se se trata dun castro ou dunha fortificación medieval. A uns 300 metros localizaron unha explotación mineira de ouro de época romana, din que unha das máis grandes documentadas no Noroeste, só superada pola do monte Lourido, entre Carral e Abegondo. 
 
   
 

PADERNE
Adragonte e Monte Castelo (Areas-Adragonte); A Croa (Obre); Insua e Montecelo (San Pantaión das Viñas); Samede (San Xulián de Vigo); Monte do Castro (Chantada-Souto); Monte do Castro (Vilamourel); O Convento ou Petouto (Sas-Vilouzás); As Cortellas (Sas-Vilouzás). 
Castro de Adragonte: No Museo das Mariñas de Betanzos consérvase un falo cortado. Na cartela lese: "Do culto de Attis-Cibeles lembrando a emasculación dos novicios (port este acto convertíanse en sacerdotes), que ofrendaban o seu pene á deusa. É de supoñer que estes falos cortados de pedra arrodearían a estatua de Cibeles. Depósito de Pedro Bonome Rivas".
Castro do Convento: Coñecido tamén como das Cortellas ou O Petouto. Un único recinto duns 90 por 78 metros de diámetro. Arrodeado por un parapeito moi suavizado polo acondicionamento do terreo para labores agrícolas. Un foxo foi aproveitado para facer un camiño. Asociado a lendas de mouros. Contáronme que había unha cova onde se metían os nenos para xogar. O nome do convento venlle porque, ao parecer, no lugar había unha ermida.    
Castro da Croa: Entre o rego Caraña e o río Mandeo. Presenta un recinto circular con tendencia oval duns 150 por 125 metros. O interior do castro está atravesado por varios muros de pedra que delimitan varias propiedades.  Delimitado por unha muralla, moi pronunciada polo sur onde acada os nove metros. 
Castro de Montecelo: Tiña unha planta ovalada duns 125 por 120 metros. O castro está atravesado por varios valados de delimitación de fincas.    
Castro de Samede: Situado a 270 metros de altitude, conserva un muro defensivo en todo o seu perímetro. Ten unha medidas aproximadas de 150 por 100 metros. 
Castro de Vilouzás: Presenta unha forma ovalada de 125 por 75 metros. Moi achandado por camiños e casas modernas. 
Monte Castelo (Adragonte): Sobre un outeiro, a 320 metros de altitude. Ten unhas medidas aproximadas de 55 por 60 metros. Protexido polo desnivel do terreo e terrapléns, e un foxo, delimitado por unha muralla de pedra, arrodéao en gran parte do seu perímetro, agás polo norte que é por onde semella tería a entrada. Esta estaba protexida por unha muralla pétrea. Boa comunicación visual cos castros de San Mamede e de Adragonte. Plantado de eucaliptos non hai moito tempo.  Creo que en vez dun castro trátase dun castelo roqueiro altomedieval. 
Monte do Castro (Vilamourel): Coñecido tamén como de San Mamede e Vila do Castro. Ten forma ovalada de 175 por 125 metros. Sobre el erixiron unha torre eléctrica.    
Ídolo fálico: Atopado no ano 1964 ao remodelar o altar da igrexa parroquial de Paderne. Trátase dunha figura antropomorfa tallada en granito identificada como un ídolo fálico relacionado coa fertilidade. Entre as súas características salienta a macrocefalia, o nariz en forma de U, a boca representada cunha raia e sobre a cabeza hai un orificio. Atópase no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón da Coruña. 
 
 
 


 

 

PADRÓN
Curuto do Castro (Rial-Carcacía); A Rocha e Valente (Herbón); Arretén ou Retén ou da Rocha, O Barco e A Barronca (Iria Flavia).
Castro de Arretén ou da Rocha: Recinto circular de 87 metros de diámetro delimitado por unha muralla pétrea e circundado por un foxo. Algunhas estruturas do castro formarían pare do castelo da Rocha Branca.
Castro da Barronca: No lugar da Horta. Destruído por vivendas, estradas, muros, etc., do castro só queda o recordo.
Curuto do Castro: Consta dun recinto central de planta ovalada, defendido por unha sucesión de terrapléns. O conxunto está circundado por un foxo tallado na rocha e un parapeito exterior. O foxo chega a acadar nalgúns tramos os sete metros de profundidade; foi utilizado como corredoira.
Castro Ilión: No ano 1610, Mauro Castellá Ferrer, nun debuxo da súa historia do Apóstolo Santiago, achega en Iria o nome de Castro Ilión. Bernardo Barreiro, en Galicia Diplomática (1884) di que “El obispo de Orense D. Servando expone que el solar de Ulloa es el palacio de la infanta Ulia hermana de Laomedonte, rey de Troya, quien llegando derrotado á Galicia, fundó á Castro Ilion junto á Iria-Flavia, que es hoy Compostela”. Nun artigo en La Noche, do 5 de outubro de 1967, asinado por José Piñeiro Ares, ao falar da linaxe dos Ullos, di que este castro atopábase preto de Iria Flavia.
Castro Valente: Situado no cumio dunha montaña que forma un meandro do río Ulla, presenta unha impresionante muralla de quilómetro e medio de longo. 
 



O PINO
Lameiro ou Roda do Castro (Arca); San Migueliño (Budiño); O Amenal (Castrofeito); Eira ou Agra do Castro e A Roda (Ferreiros); Gonzar e Roda do Castro (Gonzar); Os Castriños (A Arnela-Gonzar); As Medorras (Rabal de Arriba-Gonzar); Agra do Castro (O Castro-Lardeiros); O Castro (Piñeiro-Lardeiros); Ombre (Ombre-Pastor); San Lourenzo Pastor (Pastor); O Castro (O Pino); Oza (San Mamede de Ferreiros); A Roda (O Castro-San Mamede de Ferreiros). 
Agra do Castro (Ferreiros): Un recinto tirando a elíptico con parapeito en todo o seu perímetro agás na entrada. Te un antecastro reforzado por un muro. 
Agra do Castro (Lardeiros): Presenta un recinto e parapeito. Moi alterado por pistas e labores agrícolas. 
Os Castriños: A 320 metros de altitude. Forma ovalada, de 104 por 85 metros.  
Castro de Arca: Moi alterado debido á extracción de pedra. 
O Castro (Budiño): Tirando a ovoidal, con terraplén que o circunda e foxo. 
O Castro (O Pino): Case circular, con terraplén, parapeito e foxo. 
Castro do Lameiro ou A Roda (Arca): A 318 metros de altitude. Forma ovalada, de 175 por 122 metros.  
Castro das Medorras (Gonzar): Forma elipsoidal, con muro, parapeito e foxo. 
Castro da Roda do Castro: A 347 metros de altitude, por riba da igrexa parroquial de Gonzar. De 120 por 100 metros.
Castro de Ombre: Moi alterado.  
Castro da Roda (Castrofeito): Presenta unha coroa moi achandada polos labores agrícolas. Conserva parte dun parapeito de terra e pedras e un foxo que foi reaproveitado como cammiño. 
Castro da Roda (San Mamede de Ferreiros):: A 358 de altitude. Ovalado, de 135 por 120 metros.  
Castro de San Lourenzo Pastor: Un recinto moi alterado polos labores agrícolas; conserva parte dun parapeito e un foxo. 
Torques de San Lourenzo Pastor: Dous torques de ouro e un de prata. Este último  foi ofrecido en venta ao Museo Arqueolóxico Nacional no ano 1943 . Os outros foron adquiridos no ano 1968 e depositados no Museo do Castelo de San Antón da Coruña.
Castro de San Migueliño: Sobre o río Tambre, a 282 metros de altitude. De 190 por 130 metros.





A POBRA DO CARAMIÑAL 
A Croa (Posmarcos); Cabío, Garita, Vilariño e Punta Ostreira (O Xobre). 
Castro da Croa: Posúe un único recinto tirando a circular, cunhas dimensións de 65 x 68 metros. Croa arrodeada por fortes terrapléns en todo o seu perímetro. Sistema defensivo complementado por un parapeito e unha muralla pétrea.   
Castro de Punta Ostreira: Se o castro xa foi alterado de abondo cando a construción do convento franciscán de San Antonio do Xobre no século XV, no ano 2000 unhas palas destruíron parte das súa estrutura defensiva. Xa no ano 1978 a mesma empresa arrasou o interior do recinto castrexo cando a tala duns eucaliptos. Mais a historia volveu a repetirse no ano 2010 cando dúas máquinas escavadoras fixeron unha nova escachiza. A rápida intervención do alcalde e do concelleiro de Cultura non puido impedir a desfeita. A promotora das obras argumentou que estaba a realizar a limpeza do terreo, actuación, segundo informou o Concello, que carecía de permiso. O castro xa sufrira outras agresións, como a construción dunha ermida e unhas escaleiras de acceso e a destrución dos muros da zona sur pola cerca do primitivo convento. En Punta Ostreira atópase a capela de Santa Lucía, erixida sobre un túmulo, e un pavimento de cantos rodados con deseños circulares datados no século VII a.C. Tamén saíron á luz un coitelo, un machado e puntas de lanza. 
 
 

 

PONTECESO
Anllóns (Anllóns); Barca (A Bardanca-Anllóns); As Croas (Brantuas); O Castro e Coteleira (Cores); Illa da Estrela (Corme); A Barda (Preto da Enseada da Barda-Corme Aldea); Froxán (Corme Aldea); Cospindo (Cospindo); Cerezo (Cerezo de Abaixo-Cospindo); Lestimoño (Lestimoño de Arriba-A Graña); O Castro (O Castro-Nemeño); Niñóns (Niñóns); Tallo (Tallo); Xornes (As Pedreiras-Xornes); San Adrao (entre San Adrao e Cospindo). 
Castro da Barda: Situado preto da costa, presenta forma tirando a circular. 
Castro da Illa da Estrela (Corme Aldea): O castro estaba preto da praia da Ermida, onde se levantou unha capela posta baixo a advocación da Virxe da Estrela que deu nome á illa e á praia. Existe unha estrutura que podería corresponder a un parapeito ou terraplén, así como unha zona explanada vinculada a esta. Existen referencias sobre un círculo lítico do que non quedan restos. 
Castro de Nemeño: Tratábase dun gran castro duns 400 metros de longo por 165 de ancho. Totalmente alterado pola aldea do Castro, terras de cultivo, etc.
Castro de Niñóns: No ano 2013 comezouse a recuperar o castro a través dunha acción de limpeza dirixida polo arqueólogo Xurxo Ayán. O proxecto está promovido polo Concello de Ponteceso. Foron os veciños da zona por medio da Asociación Cultural A Nosa Señora do Faro os que se mobilizaron para poñelo en valor. Nalgúns tramos conserva as murallas tal e como estaban hai dous mil anos. Dende o asentamento domínase todo o mar de Niñóns. 
Castro de Tallo: Sobre a existencia deste castro, que descoñeciamos, o informante foi Sharewood. 
Castro de Xornes: Cóntase que no castro vivían os romanos e que tiñan alí unha igrexa.
Igrexa de San Martiño de Cores: Nun muro hai incrustada unha peza proveniente da capela de Santa María do Remuíño, en Corcoesto (Cabana de Bergantiños), onde se apreza unha figura, quizais prerromana ou romana, que pode representar unha deusa da fertilidade.


 


 

PONTEDEUME
Os Castros (Os Castros-Andrade); A Insua (Punta Carboeira-Boebre); Boebre (A Barreira-Boebre); Centriria? (Breamo); Embeande (A Fontenova-Breamo); Castrelo ou Centroña (Centroña); Os Castros ou Coto da Nogueirosa (O Castro-Nogueirosa); O Chao do Castro (Chao do Castro-Ombre); Aurela (Monte da Trapa-Ombre). 
Castro da Aurela: A 325 metros de altitude. Cun recinto principal tirando a circular e defendido por unha muralla e terrapléns polo norte onde tamén se aprecia un antecastro. Practicamente destruído por unha canteira e un camiño. 
Os Castros (Andrade): Situado nunha ladeira. Dos dous recintos dos que constaba, só se conserva o superior e parte do sistema defensido formado por muros e foxos. Ao pé do castro, na coñecida como finca do Laranxeiro, atopouse o que puido ser unha necrópole. Tamén se di que na parte norte do castro había unha capela da que non se conservan restos. 
Castro de Centroña, Os Castros ou Castrelo: Entre os concellos de Miño e PontedeumeA 194 metros de altitude, cun amplo dominio visitual sobre a contorna. Consta dun recinto principal de forma ovalada,  amurallado e arrodeado en parte por un antecastro. Defendido por murallas e foxos. Hai autores que sitúan eiquí a cidade ártabra de Ardóbriga, citada polo xeógrafo Pomponio Mela na primeira metade do século I d.C. Datado na II Idade do Ferro (cara o ano 400 a.C.). O día 16 de agosto de 2016 presentei uns escritos dirixidos ao Concello e aos grupos municipais para a súa posta en valor xa que se atopa totalmente comido pola maleza. No verán de 2019 comezaron os labores de limpeza do castro, pero pasado o tempo volve estar inzado de maleza.
Chao do Castro (Ombre): De reducidas dimensións, situado nun pequeno outeiro. A croa está plantada de eucaliptos. Segundo Millán González-Pardo, o topónimo Ombre procede de Ume-brigs, co significado de castro ou altura fortificada do río Ume (Eume). 
Castro do Coto da Nogueirosa: Sobre un pequeno outeiro. Presenta un recinto interior aterrazado que asenta sobre un segundo recinto que conserva parte da muralla. Alterado por unha pista e unha vivenda que destruíu parte do segundo recinto. Estudado por Monteagudo no ano 1976. 
Castro da Insua: Castro costeiro situado na Punta Carboeira, defendido por un único parapeito situado no istmo que o une á terra. De forma irregular, na parte máis longa ten unhas medidas aproximadas de 185 metros por 95 metros de ancho. Arrasado en parte pola acción do mar, labores agrícolas efectuadas en tempos e camiños. Eiquí estivo a antiga igrexa de Boebre, o que fora párroco, don Agustín Caamaño, realizara unhas escavacións nas que saíron á luz varios enterramentos datados, ao parecer entre os séculos III e IV d. C. Na illa Carboeira, situada moi preto, apareceron restos cerámicos o que fai pensar que nalgún momento estivera unida ao castro. Folclore de mouros. 
Torques de Centroña: Fragmento dun torque de ouro, datado entres os séculos II-I a.C., atopado fóra do castro de Centroña que, xunto coa cabeza cuadriforme, foron dados a coñecer por Manuel Murguía no ano 1912. Atópanse no Museo Provincial de Lugo. Segundo información achegada por Pilar Carpente Leira, o anaco de torque foi atopado por un seu parente, Juan Leira, cando estaba a recoller patacas nunha súa finca situada no lugar de Casavella, en Castrelo, parroquia de Centroña. Sen lle dar moita importancia, depositouno no chan e, ao rematar, levouno para a casa. O domingo seguinte encargoulle a súa filla que o levara ata Pondeume para ver se por el lle daban cinco pesetas polos debuxos que tiña. O reloxeiro, despois de examinalo, ofreceulle 125 pesetas. A moza, sorprendida, recolleu o torque e dirixiuse ata a casa de don Domingo Álvarez Freire para que averiguara o que era aquilo. O señor Caruncho, da Coruña, manifestoulle a aquel que era ouro galego do Sil, ofrecéndolle 450 pesestas. Logo outro home, o señor Badía levoullo a Manuel Murguía quen quedou encantado, asegurando que pertencía aos celtas ou aos romanos. Como anécdota final, o anaco de torque pasou en pouco tempo das 5 pesetas ás 1.000, e para o caso de que aparecera a outra metade o seu valor estimábase en 4.000 pesetas. 
Cuadrifaz de Pontedeume ou Hermes Cuadrifaz: Atopado na finca a Madalena no ano 1924. O propietario, Tenreiro Rodríguez, doouno 1962 ao Museo de Belas Artes da Coruña, hoxe Museo do Castelo de San Antón. Trátase dunha peza galaica de influencia romana, de granito gravada polos catro lados, posible representación dunha divindade protectora dos camiños (como os Lares Viais) identificada con Hermes, polo de agora única na nosa Arqueoloxía.
Sitio, posiblemente arqueolóxico, de Embeande: No catastro figura como Embeande. Atópase na Fontenova, parroquia de Breamo (Pontedeume), a uns 350 metros de altitude. Tería unhas medidas aproximadas de 50 x 35 metros. No voo americano de 1956-57 aínda se aprecia bastante ben. Localiceino por medio do LIDAR no mes de agosto de 2024.



 


 

 


 


AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ
Bermui (Bermui); Espiñaredo (Espiñaredo); Rebardille (A Faeira); O Seixo (O Freixo); Veiga dos Mouros (As Pontes); Os Castros e Uceiros (Ribadeume); Seoane (Seoane). Portorroibo (O Porto Roibo-Vilavella). Castrillón. 
Arracada do castro de Espiñaredo: No mes de marzo do ano 2015, a Asociación para a Defensa do Patrimonio das Pontes denunciou que nas escavación do castro no ano 1990 apareceu o fragmento dunha arracada de ouro xunto a un anel cunha espiga de cereal e algunha outra alfaia. No informe final presentado polos servizos arqueolóxicos da Xunta de Galicia non se citan estes achádegos. O convenio asinado entre Endesa e a Xunta de Galicia para a escavación do castro establecía que os materiais atopados serían depositados nos locais de Endesa para o seu estudo e posterior traslado para o Museo do Castelo de San Antón da Coruña. Nada disto se cumpriu. Do anel nada se sabe, e do fragmento da arracada sábese que se atopa no Museo das Peregrinacións de Santiago, levado alí polo director do museo que no seu día fora xefe dos servizos arqueolóxicos da Xunta. Os amigos das Pontes puxéronse en contacto co Museo das Peregrinacións para utilizar a imaxe da arracada para debuxala e exppoñer o debuxo na II edición da Cita coa Historia das Pontes, mais a resposta do director do museo foi que tiñan que cubrir unha instancia dirixida á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural na que se debían comprometer a non empregar a imaxe con fins comerciais, e no caso de que se derivasen beneficios económicos pagar as taxas correspondentes, os custos de reprodución da peza e o compromiso de entregar varias copias dos documentos que reproducisen a imaxe ao propio Museo das Peregrinacións. Todo moi surrealista.  
Castro de Espiñaredo: Situado a media ladeira, acolleu a igrexa e o cemiterio. 
Castro Figoso: Desaparecido dentro da conca mineira.
Castro de Portorroibo: Entre os ríos Eume e Maciñeira. Planta tirando a rectangular protexido por parapeito e foso. Alterado pola central térmica.
 
   

PORTO DO SON  
Baroña (Punta do Castro-Baroña); Caamaño e Illa do Mar (Caamaño); Valcunqueiro ou O Rodo (Valcunqueiro-Goiáns); Miñortos (Miñortos); Foloña (Nebra); Enxa (entre as parroquias de Baroña e Noal); A Cidade, Gourís, A Lagoa e Porto Nadelas (Queiruga); Burleu (Xuño).  
Castro de Baroña: Descuberto no ano 1933. Trátase dun castro costeiro situado nunha pequena península rochosa que foi ocupado durante un curto espazo de tempo (entre os séculos I a.C. e I d.C.). Ten unha muralla protexida por un foxo que arrodea o itsmo a xeito de antecastro. No interior pódense ver construcións circulares e ovais, e tamén algunha rectangular, destinadas a vivendas, almacéns, obradoiros, etc. Dende aquí parte unha escaleira que permite acceder a unha segunda plataforma de onde parte un carreiro que bordea un cantil duns 25 metros de altura que leva ata unha terceira plataforma con restos de muralla. Atopáronse cuncheiros, crisois, escouras de fundición, anacos de ánforas, fíbulas, muíños de man e cerámica. Salienta o achado dunha arracada de ouro. Diante do grave deterioro que está a padecer o castro, o alcalde de Porto do Son declarou (20-02-2011) que ía estudar as vías xurídicas para prohibir o acceso ao xacemento se o departamento da Xunta de Galicia non se fai cargo da súa rehabilitación. Segundo un estudo realizado pola Xunta, son os turistas, que sen ningún tipo de control visitan cada verán o castro, os causantes do seu estado actual. No mes de maio de 2014 os arqueólogos encargados da consolidación e rehabilitación do castro atopáronse con novos derrubes causados, posiblemente, polos temporais do inverno pasado. Declarado BIC. 
Arracada de Baroña: Datada no século I d.C., foi a primeira en atoparse nun proceso de escavación da Cultura Castrexa. 
Castro de Burleu: a súa situación estratéxica facíanno practicamente inexpugnable. Consérvase restos dun pequeno muro. 
Castro de Caamaño: No Monte Castro, preto da igrexa parroquial. Parece ser que na Idade Media acolleu un castelo.  
Castro de Enxa: Forma ovalada con dúas liñas defensivas con grandes pendentes. O recinto máis elevado estaba arrodeado por unha muralla que na actualidade fica practicamente desfeita. 
Castro Illa do Mar: Castro de pequenas dimensións situado nunha illa accesible con marea baixa. Restos de parapeito.    
Castro de Miñortos: Consérvanse restos dun terraplén, muralla e foxo. Mal estado de conservción.    
Castro de Porto Nadelas: Costeiro, situado nun promontorio rochoso que se adentra no mar. Foxo, terraplén e muralla cortan o itsmo. 
Castro de Valcunqueiro: Consta dun só recinto.
 





 

 

RIANXO
Araño, Foxacos e Traba (O Araño); Pelotiña (Somoza-Asados); Casa de Xil e Cercas (Quintáns-Isorna); Leiro (Monte Verme-Leiro); Punta do Castro (entre a praia das Cunchas e O Porrón-Leiro); Rianxiño (Rianxo); Barbudo e O Castriño (Taragoña); Agro do Castro.
Casco de Rianxo: Casco de Ouro do s. VI a.C. atopado por don Xosé Vicente Somoza na praia das Cunchas. Custodiado no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón.
O Castriño: Moi alterado pola construción de casas. Adivíñase un parapeito terreiro.
Castro de Pelotiña: O 23 de marzo de 2014, Manuel Gago, no seu capítulocero, achega un castro inédito (mesmo di que lles "colou" aos redactores do PXOM). Di Gago que é o castro máis estragado co que se leva atopado.
  

RIBEIRA
Os Pericos, Couso (Aguiño); Artes (Artes); A Cidá (Frións-Carreira); Porto de Baixo (A Graña-Carreira); Castiñeiras (Castiñeiras); Facho (Corrubedo); Monte Taume (Barreiro-Olveira); A Cidá (Ribeira). 
Castro de Artes: Segundo a lenda, recollida por Agrafoxo Pérez, vese unha galiña na Noite do San Xoán, pero é un encantamento que desaparee cando se quere coller.  
Castro da Cidá: Situado no cume dun monte dende o que se divisa unha ampla panorámica. Presenta unhas defensas formadas por terrapléns e pola disposición natural de grandes rochas que actuaban como murallas. Tiña tres liñas de defensas formadas por dúas murallas terraplenadas exteriores, e na parte máis próxima ás cabanas  por un terraplén rematado en parapeito circundando a plataforma  superior. Atopáronse restos cerámicos. Moi alterado pola extración de pedra e a tala de árbores nos anos oitenta. Citado por López Cuevillas e Bouza Brey en Prehistoria e folklore do Barbanza onde recollen unha lenda que fala dos mouros. A segunda campaña de escavacións do ano 2015 serviu para constatar aspectos que xa se aprezaron na primeira, como o elevado grado de urbanización ou o contacto dos seus moradores con pobos do Mediterráneo. Na campaña dde 2020 visibilizouse parte da muralla. Os estudos tamén demostraron de que se trata dun dos castros máis antigos de Galicia, cunha ocupación entre os séculos VIII e VI a.C., na primeira Idade do Ferro. Os elementos recollidos para encargar as probas de C-14 foron moi diversos, hai restos interiores correspondentes a un par de cabanas, terra de áreas exteriores de paso dos habitantes do lugar, estuturas de combustión e un anaco de cerámica en cuxo interior se atoparon restos orgánicos. 
Castro do Monte Taume: Composto por unha pequena croa e un recinto secundario defendido por parapeitos. 
Castro de Porto de Baixo: Descuberto no ano 1978 cando se facían extraccións ilegais de area. Os restos das súas murallas foron utilizadas na construción de vivendas. Habitado entre os séculos IV e II a.C., estaba protexido polo mar e, na parte máis vulnerable, por dúas murallas paralelas. No interior do recinto pódense ver restos dalgunhas construcións. 
Castro do Monte Taume: Segundo unha lenda recollida por Agrafoxo Pérez, hai unha rocha onde na Noite do San Xoán aparécese unha galiña con pitos de ouro.   
(A información e as fotos son xentileza de Javier Crugeiras Sampedro, sacadas da súa páxina San Paio de Carreira).
Asentamento dos Pericos (Couso-Aguiño): Estudado por Xosé Ignacio Vilaseco e Ramón Fábregas. No ano 2007, os arqueólogos deron a coñecer no Centro Arqueolóxico do Barbanza o resultado do proxecto de investigación levado a cabo na Punta dos Pericos, cuxa intervención se realizou no ano 2005. Tíñase a sospeita de que no lugar había cerámica campaniforme pero, aínda que o xacemento non resultou ser tan antigo, atoparon unha estrutura de pedra que Fábregas denominou “tetraplén”, pechando Punta Couso. Data do Bronce Final, segundo confirmaron as probas de C-14. Ademais, no sitio houbo un castro da Idade do Ferro, do século II a. C.
 

 

 
ROIS
Duei (Augasantas); O Tremiñado (Peracova-Buxán); Picadizo (Picadizo-Buxán); Os Castriños ou Moares (Ermedelo); Socastro (Herbogo); Leroño (Vilar do Castro-Leroño); Oín (Oín); Lupario, Francos (Ribasar); Agrafoxo, Casal de Poño e Coto da Ferreira (Urdilde). 
Castro de Casal de Poño: Situado entre as parroquias de Luaña (Brión) e Urdilde (Rois). Aínda que foi utilizado como canteira consérvase en bo estado. Apareceron restos cerámicos e muíños de man. 
Castro Lupario: Castro romanizado situado entre os concellos de Rois, Brión e Teo. Destaca a súa impresionante muralla de pedra. No Museo das Peregrinacións de Santiago atópase unha cabeza de pedra masculina datada o s. II a. C. Segundo a lenda, aquí vivía a raíña Lupa cando os restos do Apóstolo Santiago chegaron a Galiza. No mes de xuño de 2010, a Fundación Propatrimonio Rois denunciou a selvaxe agresión realizada sobre o xacemento. Feito que, ao parecer, descoñecían a Dirección Xeral do Patrimonio e o Departamento Territorial da Consellería de Cultura na Coruña. Pois mira ti por onde, resulta que quen meteu a maquinaria no lugar para facer un desbroce e un cortalumes foi (ver para crer) a Dirección Xeral de Montes que, por se alguén non o sabe, pertence á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.  No mes de xullo de 2018, os Concellos de Brión e Rois investiron 24.000 euros en promover diversas melloras no castro, eliminando a vexetación na croa e nunha franxa na contorna da muralla exterior.     
Castro de Moares: Practicamente arrasado cando a concentración parcelaria, atravésao unha pista. As súas pedras foron utilizadas para a construción de casas. 
Castro de Picadizo: Duns 80 metros de diámetro. Alterado, coas defensas moi achandadas. Polo norte discorre o río Cans. 
Castro do Socastro: Situado por riba da aldea de Socastro, a 215 metros de altitude. A croa ten unhas medidas aproximadas de 100 por 70 metros. Conta cun gran parapeito que foi estudado no ano 2010 pola Fundación Pro-patrimonio de Rois. Nas catas apareceu abundante tella. Localizouse un petroglifo exento, custodiado no Museo do Castelo de San Antón da Coruña. Apareceu unha ara romana, empotrada na igrexa de Herbogo. Segundo referencias orais apareceu unha ola con moedas de época romana.
Castro do Tremiñado: A 230 metros de altitude. Practicamente destruído polos labores agrícolas.  
Ídolo de Caraveles (Urdilde): Trátase dunha pequena figura feminina, custodiada no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón da Coruña. Tallada en xisto, defínense toscamente o pelo, ollos, boca e nariz, cos peitos insinuados e cun punto e un semicírculo no abdome. Distínguense os brazos e as mans que se cruzan diante.
 
 
 


 

SADA
S. Amandi ou Punta de San Mamede (Campo da Cruz-Carnoedo); Punta Arnela (Carnoedo); Mazón (Amexeiral-Mondego); Meirás (Meirás); Edreira ou O Castelo (Edreira-Oleiros); Samoedo ou Agra das Arcas (Casal da Agra-Osedo); Espiñeiro ou de Pazos (Pazos-Sada); Os Cotos ou Riovao (Riovao-Sada); Sada (Sada); Agra das Arcas (Samoedo-Sada); O Tarabelo (Tarabelo-Sada); O Castro (Soñeiro); O Castelo ou Cirro (San Pedro-Veigue); Taibo (Taibo-entre Veigue e Carnoedo); Veigue (Veigue).     
Castro da Agra das Arcas ou Samoedo: Planta tirando a circular cun par de liñas defensivas. Alterado. 
Castro do Castelo ou Cirro: Situado na punta costeira do Castelo. Forma circular, separado por un itsmo rochoso no que foi escavado un foxo. 
Castro de Edreira: Planta circular duns 150 metros de diámetro. Semella que estaba arrodeado por un talude que hoxe se interrompe debido á remocións do terreo que afectaron ao xacemento. Apréciase unha terraza defendica por un terraplén por onde se accede ao recinto principal. Afectado pola construción duns depósitos, por antenas e varios camiños. 
Castro de Espiñeiro ou Pazos: Entre Carnoedo e Sada. Apenas se conservan restos, o xacemento foi engulido polo urbanismo. Tiña forma oval defendido por un terraplén. 
Castro de Mazón: De forma ovalada, delimitado pola sucesión de tres combinacións de parapeito-foxo. Na parte leste hai unha terraza delimitada por un terraplén. Foi localizada unha ara ao deus Coso (depositada no Museo Provincial) así como unha necrópole da que foron escavados 46 enterramentos.  
Castro de Meirás: Escavado nos anos corenta por Xosé María Luengo, traballos qeu recompilou en Excavaciones arqueológicas en el castro y su necrópolis de Meirás, e no 1976 por Vázquez Varela. Situado a 135 metros sobre o nivel do mar. Ten un único recinto principal de 128 por 112 metros. Defendido por unha muralla. A entrada principal estaba defendida por unha torre redonda. Detrás deste corpo de garda hai un baluarte semiciruclar formado por unha muralla en rampa. Saíu á luz unha das escasas tenaces para traballar o ferro, machacadores, fíbulas, anacos de pendentes, moldes, etc. Atopáronse unhas setenta fosas, atribuídas ao mundo castrexo, escavadas a baixa profundidade e acubillos con cinsas, ósos calcinados, restos de madeira, cerámica, moldes de fundición, moedas machados votivos ou unha ara a Coso. Polos materias atopados, o castro estaría datado, ao menos, entre os séculos I a.C. e I d.C. Segundo a lenda, no castro hai un oco polo que se pode escoitar música. Tamén hai un tesouro enterrado que está tapado cunha pedra cunha argola para levantala. Pola noite, preto do tesouro, pódese ver unha galiña cos seus pitos de ouro. Nas noites de lúa chea aparece unha fermosa moura que canta moi ben, mais ao achegarse a ela desaparece. 
Castro de Punta Arnela: Vese un recinto delimitado por un posible foxo. Non se coñece folclore nin son visibles restos materiais. 
Castro de Riovao: Forma tirando a circular, defendido por un foxo e parapeitos. Mal estado de conservación. 
Castro de Samoedo: De forma oval. A croa está delimitada por un parapeito e un terraplén. Presenta un segundo parapeito separado do anterior por un foxo. Hai unha terraza delimitada por un terraplén. López Cuevillas e Bouza Brey (1929) recollen unha lenda de A. del Castillo en Castros Gallegos: "Hai niste castro unha doncela encantada, filla de un dos xigantes ou mouros, os que despois de darlle moitas riquezas, botáronlle unha corda ó pescozo transformándoa en cobra e decíndonlle: El que te desencantare, nueve besos te ha de dare".  
Castro de Amandi ou Punta de San Mamede: Situado nunha punta costeira unida a terra firme por un estreito istmo. As defensas están formadas por unha sucesión de foxos e parapeitos na parte que une o xacemento con terra. No punto inmediatamente anterior ao istmo hai un sistema de parapeito precedido por un foxo. Existe un segundo parapeito no punto máis estreito e unha terceira liña formada por un terraplén en parte rebaixado por un camiño. 
Castro de Taibo: Entre Veigue e Carnoedo. Forma ovalada, de 140 por 105 metros, defendido por parapeitos e foxo. Antecastro polo noreste. Afectado por construcións modernas. Parte do recinto está plantado con eucaliptos e piñeiros. 
Castro do Tarabelo (O Tarabelo-Sada): Trátase dun castro de forma oval delimitado por un parapeito na parte norte e oeste, pola sur está definido por un terraplén. Afectado por varias construcións e unha canteira. O día 10 de novembro de 2015, o alcalde de Sada dictou un decreto para ordenar a paralización dunha tala de árbores no entorno do castro. Segundo explicou, os traballos foron autorizados pola Consellería do Medio Rural e por Patrimonio, pero que tiñan que conlevar a elaboración dun proxecto de seguimento arqueolóxico que a empresa madeireira non chegou a entregar. 
Castro de Veigue: De forma oval delimitado por un parapeito. Na parte sur vese un foxo. Polo leste hai unha terraza moi alterada definida por un terraplén.
 
  
 


 



SAN SADURNIÑO
Coto da Croa ou Coto do Castro (O Castro-Bardaos); O Castro (O Castro-Igrexafeita);  Croa do Redo ou Pico do Redo (Redo-Lamas); Riboira (Riboira-Lamas); As Croas (O Carballo-Lamas); Penacastrelo (Penacastrelo-Lamas); As Croas de Ramil (Ramil-Lamas); A Croa (O Batán-Naraío); Naraío (Castelo-Naraío); A Croa de San Sadurniño ou As Croas (Os Carballos-San Sadurniño), O Picho (San Sadurniño); Rupiallo (Rupiallo-San Sadurniño); O Castro ou Castrelo (Castrelo-Santa Mariña do Monte); A Croa do Castro (Escoitadoira-Santa Mariña do Monte).
O Castro (Igrexafeita): Consérvase o topónimo. 
O Castro ou Castrelo (Santa Mariña do Monte): Afectado pola aldea de Castrelo. Un recinto de 120 por 85 metros.
Castro do Coto da Croa ou Coto do Castro (Bardaos): Entre os regos da Bañoca e de Bardaos. Recinto principal de 160 por 115 metros, con antecastro polo noroeste. Federico Maciñeira (1905) conta que a mediados do século XIX apareceu, segundo lle dixeran uns veciños do lugar de Carballo, "un gran aro de oro" ao arar a terra que foi vendido por "cinco onzas" ao cura párroco de Lamas. Di Maciñeira que tamén apareceu unha fíbula de bronce, que puído ver.
Castro da Croa do Redo (Lamas): A 154 metros de altitude. Un recinto de 115 por 80 metros.
A Croa do Castro (Santa Mariña do Monte): A uns 300 metros do castro de Castrelo. A 275 metros de altitude. De 90 por 65 metros. Moi alterado, vense restos de terrapléns e foxo polo surleste. 
Castro da Croa de San Sadurniño (San Sadurniño): No Monte da Croa. De 160 por 97 metros. Muralla moi achandada, perdida case na súa totalidade polo oeste. A uns 80 metros do límite coa parroquia de Lamas.
Castro das Croas (Lamas): Castro situado no monte Rapadoiro. Atopouse unha fíbula, un aro de ouro e pezas cerámicas.
Castro das Croas de Ramil (Lamas): Sobre o río Grande de Xubia. Apenas se conservan restos, só se aprecia un terraplén polo leste. 
Castro de Naraío (Naraío): O castelo medieval ergueuse sobre un primitivo asentamento castrexo. 
Castro de Riboira (Lamas): A 180 metros de altitude. De forma elíptica cunhas medidas aproximadas de 175 por 127 metros, cunha soa liña defensiva completa que nalgúns tramos acada unha altura de cinco metros. Na croa hai muros que puideron actuar como lindes de fincas. A metade do castro está plantada de eucaliptos. O acceso polo norte está danado por unha canteira. Sobre a croa hai dous postes da liña eléctrica. 
Castro de Rupiallo (San Sadurniño): Situado no extremo dunha elevación do monte, controlando o acceso ao val. Ten forma elíptica cunhas medidas de 102 por 65 metros, cunha soa liña defensiva e foxo polo norte duns sete metros de ancho. Plantado de eucaliptos.
Penacastrelo (Lamas): Sobre o castro construíuse a aldea. 
Lenda do castro do Monte do Castro: Contan que cando un labrego regresaba da sega de Castela escoitou que o chamaban polo seu nome; levantou os ollos do chan e viu unha velliña que lle ensinaba tres boliños de pan envoltos nun pano branco. A vella pediulle que levase os tres bolos ao monte do castro e que, seguidamente, pronunciase tres nomes de muller. Se o facía, quedarían desencantadas tres princesas que vivían encerraddas dentro do monte por un feitizo que lles fixera seu pai, un malvado rei mouro. Pero había unha condición: daqueles boliños non debía faltar nin unha migalla. O home colleu os bolos e, por fin, chegou á súa casa onde o agardaba a familia. Despois de abrazar á muller e aos fillos, gardou o pan no chineiro, advertíndolles que non debían tocalo. Sentou á mesa, e logo de xantar quedou durmido matinando no estrano encontro que tivera. Mentres, a muller desfixo o nó que pechaba o pano dos moletes, e tentada pola cor e o arrecendo petiscou un anaquiño. Cando espertou o home, colleu a saca de pan e marchou ao monte do castro, disposto a cumprir o encargo da vella meiga. Cando chegou apoiou os bolos nunha pena e dixo o primeiro nome. Debaixo da rocha saíu unha fermosa doncela moura, á vez que o pan se transformaba nun espléndido cabalo. A doncela moutono e marchou. Ao pronunciar o segundo nome, outra doncela quedou liberada e fuxiu montada noutro cabalo. Finalmente berrou o nome de Loureana e a terceira doncela xurdiu de embaixo da pena. Pero o seu bolo de pan era o petiscado e ao cabalo faltáballe unha pata. Cando a moza quixo montalo caeron os dous, afundíndose a princesa baixo terra mentres se oían os seus prantos e salaios. Dende entón, as bágoas de Loureana manan coas fontes do río Castro. Dise que prestando atención escóitanse entre o gurgullo da auga os lamentos da fermosa moza chorando a súa desgraza. 
 
 
 
 

 

 

SANTA COMBA
Arantón (Arantón); Turnes (Bazar); Boaña e Xallas (Castriz); San Bartolomeu (Rebordelos-Cícere); Laberco (O Vilariño-Cícere); Barbeira e Palllota (Fontecada); Castro Pombo e Freixeiro (Freixeiro); Céltigos (Vilar de Céltigos-Grixoa); Os Castros Vellos (San Cristovo-Mallón); Xisto (Mallón); Montouto (O Castro do Prado-Montouto); Aurixeira (As Caselas-Santa Comba); As Fariñas, A Torre e Ventosa (Santa Comba); San Pedro (O Busto-Santa Sabiña); Santa Sabiña (O Castro-Santa Sabiña); Boaña (Xallas de Castriz). 
Castro de Barbeira: Un recinto de forma ovalada defendido por unha muralla e un foxo. Destruído parcialmente por unha pista da concentración parcelaria no ano 1986. 
Castro de Boaña: Posúe un recinto de forma ovalada, arrodeado por unha muralla en todo o seu perímetro, e un antecastro defendido por un terraplén. 
O Castro do Prado: Moi alterado polos labores agrícolas. 
Castro dos Castros Vellos: De 210 por 170 metros. Moi alterado. 
Castro de Freixeiro: Ten un recinto de grandes dimensións deendido por unha muralla terreira en todo o seu perímetro. 
Castro Laberco: A 381 metros de altitude. Ten un recinto superior de forma circular duns 120 metros de diámetro, defendido en todo o seu perímetro por un terraplén. Conserva restos de muralla, foxo e parapeito. 
Castro de Montouto: Recinto de forma circular defendido por unha muralla. 
Castro da Pallota: Recinto defendido por unha muralla e foxo. Alterado por unha pista. 
Castro Pombo: Un recinto tirando a cuadrangular coas esquinas arredondadas, defendido por unha muralla, terraplén e foxo. 
Castro de San Bartolomeu: A 482 metros de altitude. Forma ovalada, de 215 por 145 metros. Un recinto defendido por unha sucesión de muralla, foxo e parapeito. Sobre o castro construíuse a ermida de San Bartolomé. No ano 2010 case a metade da muralla de dous metros de altura que circunvalaba o castro foi destruída para ampliar o campo da festa. As denuncias contra outros atentados levaron a Patrimonio a imporlle unha multa de 25.000 euros ao Concello de Santa Comba, e outra de 4.000 euros á empresa que realizou as obras de acceso ao monte, sancións que nunca chegaron a cobrarse. Despois de varios recursos, o xulgado condenounos a oito meses de cadea e o pagamento de máis de 50.000 euros aos tres responsables; a sanción sería moito maior se o xuízo non se demorara de forma inxustificada. 
Castro de Turnes: Forma circular defendido por unha muralla de terra e pedras e cun foxo que ocupa parte do recinto. 
Castro de Xallas: Un recinto de forma ovalada defendido por un terraplén. alterado polas construcións da igrexa, o cemiterio e algunhas casas.
 
 
 


SANTIAGO DE COMPOSTELA
Bando e San Marcos (Bando); A Caluba e Corela (A Barciela); Casanova e Os Currais (Busto); Devesa do Carballal (Lamas-O Carballal); Casal (Cesar); Castriño de Conxo (Conxo); Santa Lucía (O Eixo); Formarís (A Enfesta); Roda dos Mouros (Vilasuso-A Enfesta); Fontoade (Fecha); Castromaior (Vila do Rei-Fecha); Figueiras ou Marmancou (Codesedas-Figueiras); O Castro (Piñor-Figueiras); O Coto (Monto do Coto-Marrozos); O Croto (A Susana-Marrozos); Vixoi (Vixoi-Marrozos); A Croa (Paradela-Nemenzo); Santa Cristina (A Pedra-Nemenzo); Alto da Croa (O Bargo-A Peregrina); Lavacolla (Vilamaior-Sabugueira); Picou (Amio-San Lázaro); Castro (Tras da Igrexa-Villestro); Chans de Castro (Diáns-Santa Cristina de Fecha); Pedra do Castro (Lamela-Santa Cristina de Fecha); Angrois (Angrois-Sar); Tras Igrexa (Tras Igrexa-Villestro). 
Castro de Angrois: A raíz das obras de ampliación da AP-9 documentouse varios restos no recinto e dous fosos vinculados ao sistema desfensivo.
Castriño de Conxo: Máis coñecido polas gravuras rupestres ao aire libre que polo propio asentamento castrexo. Presenta un recinto irregular. Atopáronse muíños de man e restos cerámicos. 
Castro da Croa (Paradela): Defendido por unha muralla de terra e pedras e pronunciados terrapléns.
Castro Ilión: No ano 1610, Mauro Castellá Ferrer, nun debuxo da súa historia do Apóstolo Santiago, achega en Iria o nome de Castro Ilión. Bernardo Barreiro, en Galicia Diplomática (1884) di que “El obispo de Orense D. Servando expone que el solar de Ulloa es el palacio de la infanta Ulia hermana de Laomedonte, rey de Troya, quien llegando derrotado á Galicia, fundó á Castro Ilion junto á Iria-Flavia, que es hoy Compostela”. Nun artigo en La Noche, do 5 de outubro de 1967, asinado por José Piñeiro Ares, ao falar da linaxe dos Ullos, di que este castro atopábase preto de Iria Flavia.
Castro de Lavacolla: Situado a unha altitude de 340 metros. Ten unhas dimensións de 125 x 170 metros. Presenta unha croa de 80 x 90 metros, defendido en parte por un parapeito de terra.     
Castro de Castromaior: Limita co concello do Val do Dubra. A 518 metros de altitude sobre o nivel do mar. Considerado como un castro prerromano aínda que atípico (García Martínez, 1971). Crese que puído acoller unha fortificación altomedieval (Rodríguez Resino, 2008). Atravésao un cortalumes. 
Castro de Figueiras: Atópase sobre un outeiro no medio de terras de cultivo. Boas condicións de defensa naturais con pendentes moi pronunciadas e dous regueiros. Na zona central presenta un recinco circular delimitado por terrapléns que caen hacia unha terraza circular. Nalgúns puntos apréciase unha terceira liña defensiva.
 


 


 
SANTISO
Barazón (Barazón); Beigondo (O Souto-Beigondo); Belmil (Belmil); A Braña (Belmil); Quinzán ou Colmedo (Niñodaguia); Liñares ou Roda do Castro (Novela); Pezobrés (Pezobrés); Seixas ou Torre de Moreda (Ribadulla); San Román (O Castro-San Román); A Roda do Castro ou Rairiz (Santaia de Rairiz); Serantes (Serantes); Mera ou Visantoña (Visantoña); Vilar de Ferreiros (Vilar de Ferreiros-Visantoña); Coto da Aurela ou Vimianzo (Vimianzo). 
Castro de Barazón: Case destruído, sobre el construíuse a igrexa parroquial, o cemiterio e o campo da festa. Na actualidade só se conserva un fragmento do parapeito duns 80 metros de longo e 6 metros de alto.  
Castro de Beigondo: Castro de forma ovalada cunhas medidas de 90 por 60 metros que estaba defendido por unha sucesión de parapeitos e terrapléns. López Cuevillas sinalou a presenza de abunte tégula. Practicamente arrasado.
Castro de Belmil: Castro de forma ovalada, duns 100 por 80 metros. Defendido en gran parte por un parapeito e na restante por un terraplén. Polo leste son visibles os restos dun foxo que foi aproveitado por un antigo camiño. Alterado por traballos de explanación nas fincas inmediatas. 
Castro do Coto da Aurela ou Vimianzo: Practicamente destruído pola aldea de O Castro, só se conserva parte dun parapeito.  
Castro de Mera ou Visantoña: Castro de forma irregular case destruído na súa totalidade ao acondicionar os terreos para labores agrícolas no ano 1978. 
Castro de Liñares ou Roda do Castro: Aínda que leva o nome da parroquia de Liñares, queda na de Novela. Pequeno castro de forma circular que non chega aos 50 metros de diámetro, definido na parte norte por un parapeito e un terraplén. Ao norte do recinto desenvólvese un antecastro.  
Castro de Quinzán: Case destruído polos traballos de acondicionamento para terras de labor. Consérvase parte dun parapeito que delimitada a cara NO e restos dun foxo.
Castro da Roda do Castro ou Rairiz: Duns 90 metros de diámetro.
Castro de San Román: Duns 165 por 125 metros de diámetro, delimitado por un parapeito e un terraplén. Restos de foxos.  
Castro de Seixas: Consta dun recinto central aterrazado rodeado por un foxo e dobre muralla. Destruído en parte por unha pista e un galpón. 
Castro de Serantes: De forma practicamente circular duns 105 metros de diámetro, delimitado no recinto principal por un parapeito. Antecastro polo SO. Segundo a lenda, na mañanciña do San Xoán aparecen unhas galiñas con pitos de ouro.   
Castro de Vilar de Ferreiros: Castro de forma circular duns 145 por 100 metros delimitado por un parapeito de grandes dimensións. A parte SE foi destruída pola construción dunha pista. 
A Roda do Castro ou Rairiz: Castro de planta circular duns 90 metros de diámetro, cun único recinto delimitado por un parapeito. Polo NE vese un foxo.






SOBRADO DOS MONXES
As Castronelas (A Igrexa-Carelle); Roda da Froxa (Carelle); Revellón ou Roda de Madelos (Madelos-Carelle); O Cruceiro (Carelle); Sandá (A Ciadella); Castro do Seixo ou Coto do Castro (Castro do Seixo-Codesoso); A Lagoa ou Muradela (Codesoso); Armada, Cumbraos ou Roda do Castro (Cruz do Castro-Cumbraos); Folgoso ou Roda da Cabana ou Roda da Medorra (Folgoso); Peza do Medio (Grixalba); Vilariño (Vilariño-Grixalba); Orela, Penagrande ou Grixalba (A Pena Grande-Grixalba); Sante ou A Roda do Espiño (Grixalba); Pazoi (Os Tellados-Nogueira); Vilanova (Castro-A Porta); Os Castriños (Vilarchao-A Porta); Os Cotós (Altopaso-Roade); As Lagoas e Seixo (Roade); Santó ou A Orela (Santó). Corisco; Corredoiras. 
Castro das Castronelas: Recinto principal tendente a oval, duns 45 metros de diámetro, defendido por dous parapeitos. No NE conserva un foxo duns catro metros de ancho. 
Castro dos Cotós: Trátase dun recinto tirando a cuadrangular, quizais de época romana. Apareceron restos de tégula.  
Castro do Cruceiro: Gran parte do castro está practicamente arrasado por mor do aproveitamento agrícola. 
Castro de Cumbraos: Un único recinto duns 85 por 74 metros, delimitado por un parapeito de 2-4 metros de altura; na metade oeste vese un pequeno foxo.  
Castro de Folgoso ou Roda da Medorra: Duns 80 por 70 metros, defendido por unha muralla bastante potente e un foxo que en parte foi utilizado posteriormente por un camiño. 
Castro da Froxa: Un único recinto duns 50 metros de diámetro defendido por un foxo.
Castro de Lagoas: De forma circular, atópase nun altorelo rochoso. Posúe dúas portas de acceso. 
Castro da Orela: Recinto duns 60 metros de diámetro rodeado por un parapeito que nalgunhas partes acada os 4-5 metros de altura.  
Castro de Pazoi: Apareceron fragmentos cerámicos de cor escura.  
Castro de Penagrande: Duns 150 por 140 metros, ten dúas entradas. 
Castro da Roda: Conta cun pequeno recinto duns 75 metros de diámetro. Asociado a unha lenda de mouros e a unha mina. 
Castro da Roda do Espiño: Posúe un recinto duns 75 metros de diámetro cun aparente complexo defensivo. Moi alterado. Nunha leira próxima apareceu tégula e unha columna. Lenda sobre a presenza de mouros e a existencia dunha mina.  
Castro da Roda de Madelos ou Revellón: Un recinto principal amesetado de forma tendente a elíptica, duns 70 metros de diámetro, arrodeado por un parapeito con algún tramo de cinco metros de altura. A defensa compleméntase cun foxo. 
Castro da Roda de Socastro ou Sucastro: Hai unha pena coñecida como Xesteiriña onde, segundo a lenda, recollida por Río López, hai unha galiña con pitos que desaparecen rapidamente a quen intenta collelos polo burato da Fonte dos Mouros. 
Castro de Sandá: Moi alterado.
Castro do Seixo: Circundado por unha muralla de terra e pedras, ocupa a parte alta dun pequeno outeiro con bo dominio visual.    
Torques de Sobrado dos Monxes: 200-100 a. C. De prata, descoñécese o lugar do achado. Formado por un aro de sección cadrada-romboidal, cos remates ocos en forma de media escocia sen decorar. Segue a estética dos torques máis antigos do período. Atopase no Museo Arqueolóxico Nacional.
  
 

 

 
AS SOMOZAS
Castro de Marván (Seixas): Restos de dúas murallas, antecastro e foxo.
 

TEO
Osebe (Osebe-Cacheiras); Socastro ou Mouromorto ou Terexe (Socastro-Calo); Lupario ou Francos (Rúa de Francos-Francos-Calo); Lucí (Lucí); Fornelos (Fornelos-Rarís); Valente (Rarís); Pontevea e Valiñas (Reis); Santa Marta (Vilar-Teo). Lugar do Castro, Monte do Castro (topónimos en Reis).
Castro de Fornelos: En setembro de 2022, comprobei que no PBA non figura. Ten unhas medidas de 72 por 94 metros. Perdeu as defensar polo norte. 
Castro de Osebe: Croa tendente a ovoidal delimitada por un parapeito que nalgúns tramos acada os tres mestros de altura. Regular estado de conservación.  
Castro de Lucí: Croa ovoidal circundada por un parapeito con alturas que oscilan entre os cinco e sete metros. 
Castro Lupario: Castro romanizado situado entre os concellos de Rois, Brión e Teo. Destaca a súa impresionante muralla de pedra. Segundo a lenda, aquí vivía a raíña Lupa cando os restos do Apóstolo Santiago chegaron a Galiza. No mes de xuño de 2010, a Fundación Propatrimonio Rois denunciou a selvaxe agresión realizada sobre o xacemento. Feito que, ao parecer, descoñecían a Dirección Xeral do Patrimonio e o Departamento Territorial da Consellería de Cultura na Coruña. Pois mira ti por onde, ende resulta que quen meteu a maquinaria no lugar para facer un desbroce e un cortalumes foi (ver para crer) a Dirección Xeral de Montes que, por se alguén non o sabe, pertence á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.   
Castro de Santa Marta: Con croa ovoidal e dous antecastros delimitados por parapeitos. 
Socastro: Con croa tendente a circular delimitada por restos dunha muralla pétrea e un parapeito terreiro, tamén se observa un antecastro ovoidal cun parapeito.  
Pablo Sanmartín comunicoume que na parroquia de Baamonde hai un castro dubidoso sen catalogar.



     
TOQUES
Orela (Abucide-A Capela); Os Curros (Os Curros-A Capela); A Grela (A Capela); A Graña (Couto da Graña-Mourelos-A Capela); Mangoeiro e Piñeiro (Mangoeiro); Codesás (Ordes); Castro Pedro (Ordes); Montelén (Montelén-Paradela); Castronelas de Baamonde (Baamonde-Paradela); Castronelas de Castelo (Castelo-Paradela); Lobos (Castro de Lobos-Paradela); Monte dos Mouros ou Oleiros (San Martiño de Oleiros); San Xiao do Monte (San Xiao do Monte); As Fervenzas (Santa Mariña de Brañas);  Castronela de Brañas (Arriba-Santa Mariña de Brañas); Os Castros (Os Castros-Santa Mariña de Brañas); Cardelle (Cardelle-Vilamor); Vilouriz (Vilouriz).
Castro de Codesás: Sobre un pequeno outeiro. Presenta forma ovalada, con parapeito e terraplén. A croa foi partida por un valado moderno.
Castro das Fervenzas: De 90 por 84 metros.
Castro da Graña: Estivo habitado entre os séculos VII a.C. e II-III d.C. Presenta forma ovalada, arrodeado por unha muralla de cachotaría. Ao interior accédese por medio dun camiño duns cincoenta metros escavado na rocha que, á vista dos cravos atopados, estaría cuberto por unha estrutura de madeira. Nas escavacións realizadas entre os anos 1987 e 1993, recuperáronse oito estruturas habitacionais. Atopáronse grans de trigo carbonizados. Tamén saíu á luz a escultura dunha cabeza humana de granito, traballada de forma tosca, que puido decorar algún dos torreóns de entrada; e un calculi ou fichas de xogo galaico-romanas (están vinculados a diversos tipos de xogos de taboleiro, como os coñecemos na actualidade, pero que xa estaban presentes nestas etapas da Protohistoria Recente. Aínda que aparecen neste tipo de contextos, a súa cronoloxía pode situarse no que se coñece como cultura ou etapa Galaico-Romana); expostas no Museo da Terra de Melide.
Arracada da Graña: De ouro, foi descuberta no ano 1987. Atópase no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela.
Castro da Grela: Presenta dúas plataformas semicirculares, tirando a concéntricas. No ano 1991 foi feita unha sondaxe por Méndez Fernández que atopou varios anacos cerámicos.
Castro de Lobos: De 80 por 76 metros.
Castro do Monte dos Mouros ou Oleiros: Aparaceu un machado de talón dun anel de 142 mm de longo. Segundo López Cuevillas e Bouza Brey (1929) estaba en posesión de don Alfredo Álvarez, de Melide.
Colar e pulseira do Monte dos Mouros: No 1867, ao roturar un terreo, atopáronse unha pulseira de ouro datada entre o 1200-800 a. C. e uns colares de tiras, tamén de ouro, datados entre o 1800-1600 a.C. Os colares están formados por dúas bandas laminares curvadas en forma cilíndrica. Estas pezas foron citadas, entre outros, por Barreiro (1888) que di que podería proceder dun túmulo, se ben tamén podería ser dun acubillo, por Villa-Amil (1906) e por Bouza Brey e Cuevillas no 1929. Cando ían ser vendidas en Santiago foron detectadas e adquiridas por Blanco Cicerón, pasando posteriormente á colección de Álvaro Gil Varela. Na actualidade atópanse no Museo Provincial de Lugo.     
Castro Pedro: Lindeiro entre os Concellos de Melide e Toques. Moi visible en gran parte do Val do Furelos, presenta un recinto oval arrodeado por unha muralla e foxo na parte máis vulnerable. Sondeado no ano 1989 por Penedo Romero e Rodríguez Puentes.  
Castro de San Xiao do Monte: Situado a 630 metros de altitude, domina o val do río Furelos. Agás na entrada, unha muralla arrodea o recinto. Conserva un foxo, reaproveitado como camiño. Atopáronse restos cerámicos, e preto do castro un machado de tope. 
Castro de Cardelle ou Vilamor: Apareceron fusaiolas e unha rodela decorada.
 





 
 
TORDOIA
O Castrexo ou Andoio (A Igrexa-Andoio); Brandoñas (Brandoñas-Anxeriz); A Croa (Bardaos); Castrillón (Castrillón-Cabaleiros); Cabaleiros (Seixán-Cabaleiros); O Altiño (Oleiros-Cabaleiros); O Castro ou Petón dos Mouros (O Castro-Castenda); O Castillo/O Castro (A Torre-Castenda); As Croas de Vilar (Vilar-Castenda); Castro (Castro-Gorgullos); Vilarbó ou Piñeiro (Vilarbó-Gorgullos); Reboredo (Reboredo-Gorgullos); Santaia (Santaia-Gorgullos); Abongo (Abongo-Leobalde); Os Castros (Leobalde); Casa do Castro, Casas de Outeiro (Numide); Liste (Liste-Numide); Oleiros (Oleiros); Tordoia (A Eirexe-Tordoia); O Outeiro (A Cruxeira-Viladabade); Os Castros (O Fontán-Viladabade).
O Castro (O Castro-Gorgullos): A uns 300 metros de altitude. De 110 por 83 metros aproximadamente, sobre un curso de auga. Conserva parte das defensas en todo o perímetro.
Castro de Abongo: Ten unhas medidas totais duns 200 por 175 metros, con croa de 140 por 115 metros metros. Está defendido por murallas de terra e cachote e dous profundos foxos que o circundan na súa totalidade, con muralla entre eles. Utilizado para labores agrícolas.  
Castro do Altiño: De 105 por 85 metros aproximadamente. Destruído totalmente polo S-O. Polo este conserva parte das defensas, así como restos dun foxo polo  polo norte.
Castro de Andoio: Un só recinto. Moi alterado pola construción da igrexa, o cemiterio e outras construcións, ademais de polos labores agrícolas.
Castro de Brandoñas: Duns 100 metros de diámetro. Presenta un relativo bo estado de conservación. Atopáronse estruturas de cabanas castrexas e materiais de bronce. 
Castro do Castrillón: Segundo a lenda, recollida por Llana Rodríguez, na mañanciña do San Xoán aparecíase un encantamento; era unha galiña con pitos que non había maneira de collelos. 
Castro das Croas de Vilar: Ten un recinto de forma circular duns 100 metros de diámetro, defendido por un terraplén e foxo. Conta cun antecastro de forma rectangular defendido por un foxo e unha muralla. A uns 100 metros ao leste do castro hai outro recinto de forma semicircular con foxos e parapeitos, atravesado por un camiño; esta zona ten o microtopónimo de Corredoira da Guerra que podería formar parte das estruturas do asentamento. (Información de Elixio Vieites en patrimoniogalego.net). 
Castro da Croa: Situado en Bardaos, nunha pequena elevación do terreo. Presenta planta tirando a elíptica cun recinto duns 220 por 170 metros e antecastro. Atopáronse anacos de cerámica, muíños circulares e fusaiolas.  Tamén un depósito de machados do Bronce. 
Castro de Reboredo: Alterado polos labores agrícolas.
Castro de Gorgullos ou Santaia: Practicamente destruído pola aldea de Santaia. Actaundo como pés dun pousadoiro dun cruceiro hai dúas aras que carecen de epígrafes.
Castro de Tordoia: Destruído polo núcleo da Eirexe.
Castro de Viladabade: Bastante alterado. Localizaouse un petroglifo, hoxe en día desaparecido. 
Castro de Vilarbó: Debía ter unhas medidas aproximadas de 170 por 120 metros. Moi alterado por traballos agrícolas e pola propia aldea de Vilarbó.
O Castillo/O Castro: En A Torre (Castenda), sobre un probable castro duns 60 metros de diámetro, debeu construírse algunha torre defensiva en época medieval. Consérvase o topónimo O Castro. 
Torques de Bardaos: No castro da Croa de Bardaos apareceu un primeiro torque que foi fundido ao pouco de seren atopado. Do que se conserva no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela, de ouro, atopouse cando a realización de labores agrícolas na croa do castro. Outro máis, tamén de ouro, apareceu preto do anterior nunha data non determinada; custódiase no Museo Provincial de Lugo. A mediados do século XX aparecerían outros dous que poderían estar, disque, nun museo británico. No castro tamén saíron á luz varios machados de talón da Idade do Bronce.
 
 




 


TOURO
Millares e A Roda do Castro (Bama); Roda da Becerra (Calvos); Calvos de Socamiño ou A Roda (Calvos de Socamiño); O Castro, Cillobre e Salgueiriño (Cornado); A Croa (Fao); Croa do Castro (A Obra-Foxás); Foxás de Abaixo e A Igrexa (Foxás); A Copa, Torres de Arriba, (Loxo); San Sebastián (Os Torreis de Abaixo-Loxo); Agra do Castro (Novefontes); Millares (Millares Pequeno-Prevediños); Prevediños (Prevediños); Antiga Igrexa (Querentes); Rego do Cura (Ribeira); A Croa do Castro (Touro); A Roda de Quintá (A Quintá-San Fiz de Quión); Abelenda, O Castro, San Fiz, Lañas ou Agra dos Mouros (San Fiz de Quión). 
O Castro (Santiso-Cornado): Por riba da igrexa parroquial de Cornado. Practicamente destruído, só se aprecia parte de súa configuración polo noroeste.
Castro de Calvos de Socamiño ou da Roda: A principios do mes de novembro de 2018, o Colectivo A Rula presentou denuncia ante o Servizo de Vixiancia e Inspección do Patrimonio pola desfeita causada por unha plantación de eucaliptos que invaden, sobre todo na parte suroeste, á área de protección do castro. No subsolo para a plantación de novas árbores afectou á zona do foxo e mesmo chega a ascender polo propio parapeito que rodea o xacemento. O impacto foi tal que a maquinaria empregada para o movemento de terras deixou á vista parte do muro de pedra, sobre o que xa medran os eucaliptos. Devido á gravidade dos feitos, os do colectivo puxéronse en contacto con técnicos do Concello de Touro pero pasaron do tema, mesmo o alcalde negou que foran informados, feito que segundo A Rula si fixeron.  
Castro de Prevediños: Case circular, formado por un reduto delimitado por un terraplén e un parapeito. Posúe unha terraza delimitada por un parapeito atravesado por un camiño. Coñécese tamén como Castro da Moura e Castro do Tesouro. 
Castro da Roda de Quintá: Case circular, delimitado por un parapeito en todo o seu perímetro, acadando un máximo de catro metros. A croa foi achandada para construír un campo de fútbol, hoxe en día en desuso. 
Castro de San Fiz: Ovalado, a 336 metros de altitude, cunhas medidas aproximadas de 105 por 80 metros. Moi alterado pola activiade forestal.
Castro de San Sebastián: Recibe o nome porque había unha capela, da que só quedan ruínas, postas baixo o padroado de San Sebastián. Pequeno castro de forma ovalada defendido por un parapeito de terra e pedras.


 
 


TRAZO
Alto da Medorra (A Brea-Benza); O Castro (Lestrove-Benza); Breixo (Breixo-Berreo); O Castro (Viaño Pequeno-Campo); A Medorra (Viaño Grande-Campo); Quintáns (Quintáns-Campo); A Croela do Castro (A Torre-Castelo); A Croela (A Rúa-Castelo); Francada (Chaián); Pereiro (Millarada-Chaián); Devesinha (Tertemil-Chaián); O Castro e O Seixo (Castro-Monzo); Tarrío (Restande); Vilouchada (A Igrexa-Vilouchada); Igrexa (A Igrexa-Xavestre); Merelle (Merelle); Xavestre (Xavestre). 
Castro Breixo: Recinto ovalado duns 60 por 50 metros, defendido por un pequeno terraplén e polo desnivel do terreo. 
O Castro (Viaño Pequeno): Situado a uns 350 metros de altitude. De forma ovalada, está arrodeado por unha muralla de terra, que nalgúns tramos acada unha altura de cinco metros, precedida por un foxo. Afectado por unha canteira. 
Castro da Croela: Situado nun meando do río Lengüelle. Ten unha croa de forma tirando a circular duns 90 metros de diámetro, protexida por un forte terraplén que configura unha muralla na parte superior en todo o seu perímetro. Obsérvase un foxo exterior. 
Castro da Croela do Castro: Desparecido.
Castro da Devesinha: Documentado pola Gentalha do Pichel no ano 2021. A 270 metros de altitude na veiga do Tambre, próximo á igrexa parroquial de Santa María de Chaián. Moi alterado.   
Castro de Francada: No ano 1883 atopáronse 24 muíños de man e 7 fornos de época castrexa. Nunha galería romana próxima apareceron 25 picas de bronce e algunhas armas. 
Castro de Lestrove: Ten unhas medidas aproximadas de 100 por 90 metros. Tiña un terraplén destruído polos labores agrícolas. 
Castro de Merelle: Formado por tres recintos concéntricos con murallas nas partes menos protexidas. A croa foi utilizada como canteira. 
Castro de Pereiro: Situado a unha altitude de 297 metros, nunha zona chan dentro dun terreo de meandro do río Tambre. Ten unha croa circular de 90 metros de diámetro. Está defendido por unha muralla de terra e cachote e dous profundos foxos. 
Castro de Tarrío: Conserva unha forma semicircular defendido por un terraplén cun muro de pedras de pequeno tamaño. Máis da metade está ocupado polas casas da aldea do Castro. 
Castro de Viaño Pequeno: Posúe un recinto tirando a ovalado, cunhas medidas aproximadas de 80 por 95 metros. Alterado. 
Castro de Vilouchada: Nas súas inmediacións construíron a igrexa parroquial de San Vicenzo. De forma ovalada, ten unha medidas de 130 por 100 metros. A súa ubicación permite que sexa divisado dende lonxe. Está arrodeado en todo o seu perímetro por unha muralla de terra e pedras. No interior do recinto principal érguese unha pequena croa que tamén estivo protexida por unha muralla. Nalgúns documentos aparece citado como castro de Brión, en cuxa ladeira había unha vila coñecida como Lentrove que dise desapareceu debido a un incendio no século IX, recibindo o nome de Vila Ustulata (Vila Queimada) que orixinou o nome de Vilouchada. Ao seu pé hai un cruceiro onde figura a data de 1783. 
Castro de Xavestre: A 300 metros de altitude, defendido por fortes pendentes que dan ao rego do Pazo, tributario do Tambre. Ten forma ovalada protexido en todo o seu perímetro por un parapeito, cunhas medidas aproximadas de 110 por 85 metros.
 

 

 

 
VALDOVIÑO
Lago (Lago); Loiravella (Loiravella-Loira); Crecente e Lousada (Loira); Lodeiro (Lourido); Castrillon, Lavacerido, Punta Taraza e Riobó (Meirás); O Ariño, Casianes, Os Castros, As Ferreirías, A Lagoa, Punta Castrelo, Punta Gabeira ou O Rodo e Praia do Redo (Pantín); Carreira de Abaixo e Lodeiro (Sequeiro); Aviño, Monte do Foro, Punta Frouxeira, O Pereiro (Valdoviño); Poulo (Poulo-Valdoviño); Punta do Bico (Praia dos Curas-Valdoviño); Bidueiros (Vilaboa); Frádigas e Vilarrube (Vilarrube); Coto Redondo. 
Castro de Bidueiros: De forma ovalada. Cóntase que había tesouros que tiñan que ser desenterrados cos cornos dunha cabra, e que todo o arredor había ouro e un carro con campaíñas que non pode ser atopado porque ao intentalo a xente queda profundamente durmida. Xunto o castro está a coñecida como Cova do Ouro. Tamén se conta que nun monte próximo aparecían sobre un muro cabras, carneiros e mozas vendendo tixeiras. (Información recollida do Catálogo de castros de Ferrolterra, de Serantes Vigo e Fernández Fojo). 
Castro de Carreira: Presena un recinto de forma irregular, defendido por unha pendente natural cara a zona norte. Asociado a unha lenda de mouros e tesouros agochados.  
Castro do Castrillón: Situado dentro do val que forma o río de San Vicenzo, presenta unha croa concéntrica. Defendido por unha pendente natural duns oitos metros de altura e un terraplén duns cinco metros. Apenas se distinguen os muros defensivos. 
Castro de Crecente: O recinto principal é de forma ovalada. Obsérvase un antecastro adosado polo SL. A entrada principal está protexida por un torreón. Segundo a lenda, foi construído polos mouros. Moi alterado por varios camiños que atravesan o castro.  
Castro de Ferrerías: Presenta un único nivel de ocupación, cara o cambio de era, con grandes defensas e amplas terrazas que baixan ao mar. Achouse material de época romana. 
Castro de Frádigas: Presenta un recinto de forma ovalada. Apareceu unha lousa tipo lareira cando a ampliación da estrada nos anos oitenta do pasado século. Asociado a lendas de mouros. Dise que había uns fornso abovedados cunha porta. (Información recollida do Catálogo de castros de Ferrolterra, de Serantes Vigo e Fernández Fojo). 
Castro de Lago: Destruído a principios dos anos setenta para construír vivendas. Tiña forma circular. 
Castro de Lavacerido: Castro costeiro situado na Punta Sarda con dúas liñas defensivas, a interior mide máis de 160 metros de leste a sur. Na zona hai numerosas galerías  e canteiras de mineral de arsenio de pirncipios do século XX polo que moitas das estruturas son de datación descoñecida. Nos anos noventa fixéronse escavacións furtivas que deixaron ao descuberto varios muros. Os desmontes para a construción de casas da zona danaron parte das estruturas defensivas. (Información de Luis S. Seoane). 
Castro de Loiravella: De forma elíptica, duns 90 metros L-O e 50 metros N-S, cunha liña defensiva. En 2018 foron talados os eucaliptos con maquinaria pesada, desbrozando o terreo e volto a plantar. Non catalogado. (Información de Luis S. Seoane). 
Castro de Lousada: Nun esporón sobre o río Ferrerías. De forma circular duns 90 metros de diámetro cunha soa liña defensiva. Uns muros aproveitan o terreo pechando toda a croa. A zona está inzada de eucaliptos e de marcos de propiedades privadas. (Información de Luis S. Seoane).     
Castro do Monte do Foro: Castro de ladeira a cuxos pés discorre o río do Foxo. O recinto principal é do forma case circular. Protexido por un foxo cara o SL. Asociado a lendas de mouros. O sacerdote Arturo Souto Vizoso atopou no castro unhas lousas con inscricións. Dise que nas inmediacións apareceron unhas columnas con capiteis de época romana. (Información recollida do Catálogo de castros de Ferrolterra, de Serantes Vigo e Fernández Fojo). 
Castro da Lagoa: Foi achandado a finais da década dos anos noventa do pasado século. Disque as murallas tiñan unha altura de catro ou cinco metros, estaba formada por pedras e terra. Apareceron pedras de muíño e restos cerámicos. Cóntase que na mañanciña do San Xoán escoitábase nos arredores unha gaita. Dise que debaixo dunha pedra hai enterrado un carneiro de ouro. (Información recollida do Catálogo de castros de Ferrolterra, de Serantes Vigo e Fernández Fojo). 
Castro de Lodeiro: Recinto principal de forma ovalada. Apareceron restos cerámicos e unha pedra cilíndrica. Asociado a unha lenda de mouros e tesouros agochados. Sobre el plantaron eucaliptos.             
Castro de Pantín: Apareceron doas de colar de ouro datadas entre o 50 a.C. e o 50 d.C., custodiadas no Museo do Castelo de San Antón da Coruña. 
Castro do Pereiro: Atopouse unha pedra de muíño. Tamén se di que había unha pedra que servía para poñer o mastro dunha bandeira. 
Castro do Poulo: De 138 por 100 metros. Alterado por varias construcións. Apareceron moedas de época romana.
Castro da Punta do Bico: Situado nunha pequena península, só accesible polo itsmo. 
Castro de Punta Castrelo: Castro costeiro fortificado situado no medio dunha península arredeada de cantís, a uns 90 metros sobre o nivel domar. Ten forma circular, duns 70 metros de diámetro cunha soa liña defensiva. Ao sur, no acceso á península, hai unha zona elevada e chaira que podería ser un antecastro. (Información de Luis S. Seoane). 
Castro de Punta Frouxeira: Recinto principal de forma semicircular, protexido na parte máis accesible por un foxo. No resto, os cantís actúan como defensas naturais. 
Castro de Punta Gabeira: Presenta unha liña defensiva que protexe o istmo. Dise que debaixo, no mar, hai un túnel que comunica as praias do Rodo e Baleo. Cóntase tamén que había unha figura de ouro enterrada no castro, representando a un cuadúpede. (Información recollida do Catálogo de castros de Ferrolterra, de Serantes Vigo e Fernández Fojo). 
Castro de Punta Taraza: Recinto principal practicamente desaparecido na actualidade. Dise que era tiña unha altas murallas. Cando foi explanado apareceron grandes pedras que, segundo a lenda, foron levadas alí polos mouros.   
Castro de Vilarrube: Practicamente desaparecido. Asociado a unha lenda de mouros.
  
 
  
 

VAL DO DUBRA  
O Castrillón (O Burgo-Arabexo); O Castro (O Casal-Arabexo); Tenzas da Costa (Rebordelos-Arabexo); O Pazo ou Castelo do Pazo (Bembibre); Buxán (A Igrexa-Buxán); A Croa (Montemaior-Buxán); Erviñou (San Cristovo-Erviñou); Os Castelos e Niveiro (Niveiro Medio-Niveiro); A Croa (Paramos); O Castelo (Portomeiro); Vilardoa (Vilardoa-Portomeiro); Portomouro (Portomouro); Bico do Castro (Xermán-Portomouro); (Buiro (Buiro-Rial); Rial (O Castro-Rial); Malvares (Malvares-Rial); O Castro (Pousada-Rial); Os Castros (A Igrexa-Vilariño). 
Castro de Buxán: Totalmente arrasado pola construción da igrexa e do cemiterio. 
Castro Niveiro: Presenta un recinto interior de forma ovalada, defendido por unha muralla de cachotaría granítica, foxo e terraplén. Alterado polos traballos agrícolas. 
Castro da Croa (Buxán): Posible castro ou asentamento fortificado de época altomedieval. 
Castro da Croa (Paramos): Recinto central de forma ovalada. A croa componse dun recinto dividido en dúas partes por un sector central que se eleva por riba do nivel da acrópole que pode actuar como elemento defensivo. 
O Castelo (Portomeiro): No cume do Monte Maior, a 400 metros de altitude sobre o nivel do mar. Consta dun único recinto de forma ovalada defendido por un parapeito reforzado por afloramentos graníticos. Acolleu unha fortificación altomedieval ocupada entre os séculos IX e X.  Nas escavacións dos anos 2020 e 2021 localizáronse ata catro estancias ben definidas. Recolleuse abundante tella e cerámica altomedieval, pero tamén pezas cerámicas dos séculos III-II a.C. O equipo arqueolóxico, que forma parte do procxecto Castelo no aire, está a programar novas escavacións. Ata non hai moito explotábase unha mina de cuarzo a ceo aberto na área de protección do castro. Os veciños denunciaron  a desaparición dunhas rochas con petroglifos. 
Os Castelos (Niveiro): Non se observan estruturas defensivas. Polas características morfolóxicas do emprazamento podería tratarse dun xacemento altomedieval de carácter defensivo. 
Castro de Paramos: Planta ovalada. O recinto principal estaba defendido por un parapeito, destruído na actualidade. 
Castro do Pazo: Posúe un recinto circular protexido por un parapeito de terra. Na parte interior hai unha acumulación de terra, cuberta de piñeiros, que acada unha altura semellante á defensa exterior, e entre eles un pequeno foxo de reducidas proporcións. (Información de Elixio Vieites). 
Castro de Portomouro: Presenta un recinto central protexido por un parapeito totalmente arrasado por unha das partes. Arrodeando o recinto atópase un foxo defensivo. 
Castro de Rial: Sábese que houbo un castro polo topónimo e porque apareceu un muíño de man. Moi transformado pola construción de vivendas. 
Os Castros (A Igrexa-Vilariño): Planta circular. Estaba defendido por un papapeito do que só se conserva unha parte. Moi alterado polos traballos agrícolas e pola construción dunha casa.

 
 
  

VEDRA 
Castrelo (Castrelo); Illobre (Aldea do Castro-Illobre); Merín, O Peto ou Castro Pequeno (Merín); Gundián e Ponte Ulla (Ponte Ulla); Monte do Castro (Ribadulla); Socastro (San Mamede de Ribadulla); Agronovo (Santa Cruz de Ribadulla); Castragunte (Trobe); Monte do Castro (Vedra); Marzán (Marzán-Vedra).
Castro de Illobre: Consta dun recinto principal de forma ovalada, delimitado por pequenos terrapléns. Apareceron materiais cerámicos en superficie.
Castro de Marzán: Presenta un recinto principal de forma ovalada e arrodeado por un foxo. Tamén se aprecia un parapeito.
Socastro: A 226 metros de altitude. Formado por un recinto principal de forma ovalada duns 100 por 140 metros, arrodeado por un parapeito cunha altura que oscila entre un e dez metros. Na parte occidental desenvólvese un foxo e un parapeito. 
Xacemento do Peto (Merín): Situado nun outeiro coñecido como O Peto ou Castro Pequeno. Descuberto cando o control arqueolóxico da autostrada Santiago-Alto de San Domingos. A escavación indica que o xacemento acolleu un complexo mineiro metalúrxico caracterizado pola utilización de fornos prerromanos que procesarían o mineral extraído no propio xacemento. Ademais das estruturas, saíron á luz fragmentos cerámicos, lisos e decorados, un co debuxo en espiña dun peixe, e un aro lítico. Tamén se atoparon varias rochas gravadas con cazoletas e círculos concéntricos reutilizadas como recheo dunha gabia.


VILARMAIOR
As Croas (Doroña); Goimil (Goimil); O Castro (A Laxe-Torres); e Pazos (Torres); Cruz do Castro ou O Tesouro (Vilarmaior). 
O Castro: A 289 metros de altitude. Ten unhas medidas aproximadas de 95 por 75 metros. Situado sobre un pequeno outeiro, aproveita as defensas naturais do mesmo que protexe todo o seu perímetro. 
Castro das Croas: Moi alterado nas súas estruturas máis visibles.  
Castro da Cruz do Castro: A 246 metros de altitude. De forma tirando a ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 185 por 90 metros. O recinto principal atópase defendido por un complexo sistema, con parapeitos, foxos e un pequeno recinto acaroado polo sur e o leste. Moi alterado polos labores agrícolas de hai anos e na actualidade pola plantación de eucaliptos. 
Castro de Goimil: Situado a 176 metros de altitude.
 

VILASANTAR
Armental, Cezar, Mourengos ou Pena do Oso (Armental); Parramo, do Ril ou da Roda, Viladarcas (Barbeito); A Fortaleza, Gundín, Liñares ou do Vento, Xameras ou Lavandeira, O Peteiro (Curtis); Batán, Cernadas, Igrexafeita (Mezonzo); Corredoiras ou da Guerra, Follente ou Roda do Castro (Vilariño); O Castro (As Raposeiras-Vilasantar).
O Castro (As Raposeiras): Non figura nos visores PBA nin Aproveitamentos Forestais da Xunta de Galicia. Localiceino o 24 de marzo de 2023. Situado no Monte do Francés, a uns 500 metros de altitude, ten forma irregular e croa central. Conserva o topónimo.
Castro do Batán: O recinto foi practicamente destruído polo propietario do terreo polos traballos da concentración parcelaria. Está situado na zona superior dun outeiro próximo á confluenza do río das Gándaras co Tambre.  
Castro de Cernadas: No lugar chamado O Castro. A muralla foi destruída cando os traballos da concentración parcelaria. Nas proximidades apareceron ladrillos de época romana. 
Castro das Corredoiras ou da Guerra: Na parte superior dun outeiro preto dos ríos Cabalar e dos Ceños. Aproveita parte do terreo que actuaba como terraplén defensivo. Ten forma ovalada. Consta dun recinto interior fortificado con murallas, foxo e terrapléns. Ao leste vese un antecastro. 
Castro de follente ou Roda do Castro: De dimensións considerables, emprazado na parte superior dun outeiro situado no extremo da dorsal do Monte do Corvo, dominando as terras próximas á confluenza do río das Cabras co Tambre. Ten forma ovalada, cunhas dimensións de 140 por 65 metros.  
Castro da Fortaleza: Recinto fortificado de pequenas dimensións emprazado no tramo inferior dunha ladeira de suave pendente. Bastante desfigurado pola construción da aldea. Consta dun único recinto defendido por muralla e foxo. 
Castro de Parramo: Entre Ril de Abaixo e Baiuca. Arrodeado por unha muralla en todo o seu perímetro. No interior hai restos dunha mina utilizada para a a extracción de pedra. Afectado pola ampliación e asfaltado dun camiño no ano 2003. 
Castro de Ril: Tiña forma circular duns 70 metros de diámetro, cunha soa liña defensiva. Adivíñase un antecastro polo leste. Parte do castro está ocupado por unha vivenda. 
Castro de Vilariño: Amplo dominio visual sobre o territorio, ocupado polo tramo medio do río Cabalar. O sistema defensivo consta dunha dobre muralla.
Torques de prata: Atopado por un labrego en San Vicente de Curtis. De sección cadrada con remates esferocónicos. Da colección de Santiago de la Iglesia. Na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago atópase unh aréplica.
 

 
  
 


 
VIMIANZO
Alto do Cabral, Baíñas (Baíñas); Furaca (A Furaca-Baíñas); Padreiro (Padreiro-Baíñas); Bamiro e Oróns (Bamiro); Castrobuxán (Berdoias); As Barreiras (Ogas-Cambeda); Lavandeira (Lavanderia-Castrelo); Castrelo (Vilaseco-Castrelo); Coroado ou Croado (Cures-Cereixo); O Castro (Castro-Salto); Cerca (A Carballa-Serramo); Bico dos Xentís e O Prado das Torres (Serramo); Tines (Tines); A Pena (entre as parroquias de Calo e Vimianzo). 
Castro das Barreiras: Atópase moi preto do casco urbano. Situado nunha chaira, conserva unha muralla terreira que nalgún punto supera os oito metros de altura e os restos dun foxo. A finais do ano 2009 realizáronse labores de limpeza e recollida de datos. Nas sondaxes do ano 2010 saíron á luz muros de vivendas ademais de medio milleiro de fragmentos, a maioría cerámicos, pero tamén restos de ferro. No ano 2018, o Concello de Vimianzo habilitou un presuposto para continuar coas escavacións. No mes de xuño de 2024 saíu á luz unha fouce de ferro datada hai uns 2.200 anos que confirma que os habitantes do castro dedicábanse pñrincipalmente á agricultura, foi atopada na cabana número 5 das sete que hai no asentamento. Ao ser concebido no fondo dun val, “fundouse e viviuse como un gran centro de explotación agrícola. Almacenaban e distribuían as colleitas”, subliña o responsable das escavacións, Tito Concheiro, aclarando que “non hai unha peza semellante en todo a contorna da Costa da Morte”. Segundo a lenda, recollida por Fernando Alonso Romero, na mañanciña do San Xoán aparecíase unha galiña con pitos de ouro sobre un punto da muralla sur co castro que mira cara a cercana igrexa de San Xoán.    
Castro do Bico dos Xentís: A unha altitude de 430 metros, aínda se aprecian as murallas que o defendían. O topónimo Bico dos Xentís fala do cumio onde habitaban os pagáns. Outro topónimo é A Cerca, en clara alusión ás murallas. (Información de Elixio Vieites. Foto de Manuel Rial en patrimoniogalego.net).
Castro da Cerca: No límite entre as parroquias de Cambeda e Serramo. Ten unhas medidas totais de 110 por 97 metros. Croa central.     
Castro Coroado: Lindeiro co concello de Vimianzo. Importante control visual sobre a zona, sobre todo das terras baixas situadas cara o oeste. Na parte superior obsérvase un recinto principal de forma ovalada delimitado por un parapeito de pedra e terra que crea unha superficie lixeiramente aterrazada con respecto ao interior do xacemento. No interior abundas afloramentos graníticos. As características semellan corresponderse cun emprazamento de cronoloxía medieval.     
Castro de Lavandeira: Situado á beira do río Castro, nun lugar de difícil acceso, está catalogado por Patrimonio cos nomes de Citania de Vilaseco ou Igrexa Vella. No ano 2002 sufriu unha agresión.
Castro de Oróns: No Boletín Auriense nº 53 (2023), Manuel Lestón e José Suárez Otero achegan unhas esculturas galaicas procedentes do castro de Oróns. Trátase das representacións pétreas dunha cabeza humana e outra animal (porco ou xabaril) que estarían empotradas nunhas paredes.       
Torques de Orbellido: Do século I d.C. Atopado no ano 1982 de forma casual ao facer unha corte para as vacas. O propietario pediu 300.000 pesetas, cantidade considerada excesiva polo profesor Acuña Castroviejo. No expediente para a xestión da compra polo Estado e o seu traslado para o Museo do Castelo de San Antón, infórmase, ademais da súa importancia por ser o torques tipo "arames enrrodelados" máis occidental dos atopados ata o momento, de que o ouro foi valorado en 375.000 pesetas por unha xoiería de Santiago de Compostela ou que as xestións en nome do descubridor fíxoas o escritor Suso de Toro, por aqueles anos profesor en Negreira. Ao final foi tasado en 800.000 pesetas.
  
 
 

 

 



 
ZAS
Brandomil, Calbanda e O Castro de Atrás (Brandomil); Baixo da Cruz, O Castro, San Cremenzo e Vilaestévez ou Os Faustinos (Gándara); Alto dos Castros (Muíño); Atalaia (San Martín de Meanos); Os Valións (Santa Sía de Roma); O Pico do Castro (Santo Adrián de Castro).
Castro de Brandomil: Ten un recinto de forma ovalada de 140 por 120 metros, delimitado por un parapeito terreiro. Atópase por riba da ponte de Brandomil.
O Pico do Castro: Posúe un recinto de forma tendente a circular, cun parapeito de 4-5 metros de altura. No centro do castro, sobre un outeiriño, levantouse un repetidor de TV.



PROVINCIA DA CORUÑA (pezas das que se descoñece a procedencia)
Torques de Ouro: Só se sabe que procede da provincia. No Museo Arqueolóxico Nacional.
 

Torques: De bronce e ouro. Descoñécese a procedencia. No Museo do Castelo de San Antón da Coruña.

Espadas de antenas: No Museo do Castelo de San Antón da Coruña están expostas catro espadas de antenas de bronce da Idade do Ferro de procedencia descoñecida.


Castros de Galiza/Galicia (Provincia da Coruña)
o noso patrimonio
Xabier Moure