A
Idade do Ferro é unha das etapas máis emblemáticas e mellor estudadas
da arqueoloxía galega, onde se documenta unha forma de asentamento que
deu nome á coñecida como Cultura Castrexa, denominación que non aprace a todos por igual. Malia que se contan por milleiros (aquí achego máis 4.000), só pouco máis de medio cento foron escavados e estudados. É precisamente este período o que deu lugar á controvertida cuestión celta
que, lonxe de aproximar os encontrados posicionamentos dos últimos
tempos, semella agrandar as distancias entre os investigadores.
Nota:
Ao final desta entrada, baixo o título "Provincia de Pontevedra", vou
achegando pezas atopadas na provincia pero das que se descoñece a
procededencia, sequera aproximada.
CASTROS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
AGOLADA
Buxel e Vil (Artoño); Basadre ou Eira Vella (Basadre); Goiás, Logares e Vilela (Borraxeiros); Brocos (Brocos); Pazos (Carmoega); Os Castros (Galegos-Eidián); Os Castros (Esperante); Aldea Vella (Ferreiroa); Marcelín (Merlín); Santa Comba (Santa Comba); Gurobela (Sexo); Couto dos Mouros (Trabancas); O Val (Val de Sangorza); Tras do Castro (Ventosa).
Castro da Aldea Vella: No blog de Aquam Latam faise alusión á existencia deste castro no lugar do Brollo, parroquia de Ferreiroa, situado nunha zona elevada e de gran visibilidade e fácil defensa. Non resulta difícil adiviñar as ruínas das murallas e os foxos colmatados. Os veciños lembran a croa do castro e da aparición de muíños de man. Non está catalogado.
Castro de Buxel: Segundo a lenda, no castro vivían os mouros.
Castro de Carmoega; A 360 metros de altitude, nas estribacións do Monte de Paradela. Consta dunha croa tendente a circular delimitada por unha muralla.
Castro de Marcelín: No ano 2006, a Dirección Xeral do Patrimonio abriu un expediente sancionador polas obras de explanación e movemento de terras executadas na contorna do castro, ademais dunha posible apropiación de terreos da Xunta de Galicia. Segundo a lenda, o castro agocha un tesouro. Tamén se di que o nome veulle dunha raíña que chamaban Marcela.
Castro do Val: A 445 metros de altitude. Conta con dous recintos de forma diferenciada, con croa case circular defendida en todo o seu perímetro por unha muralla.
Tesouro de Agolada: Atopado no ano 1920 cando se estaba a facer a estrada Lalín-Agolada, nas proximidades do castro de Goiás. Datado no terceiro milenio a.C., consta de tres pezas: dúas pulseiras e un colar, todo en ouro. Depositado no Museo de Pontevedra.

A Cidá (Arbo); A Cividá (Barcela); O Crasto (Monte do Crasto-Cequeliños); Coto de Mourentán, Covas e Trabazos (Mourentán); Valouta (A Valouta-Mourentán); Coto do Galo, As Croas e San Martiño (Sela); A Croa dos Castelos, Monte Policarpio.
Castro de San Martiño: No castro hai unha rocha con gravuras de cazoletas, algunhas comunicadas por sucos.
BAIONA
Monterreal, Baíña, Carabela ou da Penisa e Santa Marta (Baíña); Belesar (Belesar); Morade (Morade-Santa Cristina da Ramallosa); O Cresto (Sabarís-Santa Cristina da Ramallosa).
Castro de Belesar: Coñecido tamén como Coto do Castro. Moi alterado pola construción de vivendas.
Castro Carabela: Situado nun outeiro, vense restos da muralla que o circundaba. Moi alterado.
Castro de Morade: Consta dun recinto fortificado situado nun outeiro. Consérvanse algúns restos da muralla perimetral. Neste castro hai unha rocha cunha gravura dun axedrezado de 63 cuadrículas, alfabetiformes e unha inscrición en latín.
Castro de Santa Marta:
Situado nunha península xunta a praia de Santa Marta que constitúe unha defensa natural. Está organizado
mediante aterrazamentos. Só se aprecia o terraplén da coroa. Moi
alterado por distintas obras. Nel érguese a capela de orixe medieval
posta baixo o padroado de Santa Marta.
BARRO
BARRO
Castelo de Casás (Os Casás-Agudelo); Barosa (Barro); Monte do Castro (San Breixo-Barro); Curro (Fonte do Curro-Curro); Outeiro do Codeso, Parada (Parada-Perdecanai); Randufe (Perdecanai); Loureiro (A Costa-Portela); Monte Redondo (Mosqueiros-Portela); Pedra Mirtada.
Castro de Casás: A 186 metros de altitude. Tiña máis de 175 metros de diámetro, defendido por unha muralla, e croa central duns 60 metros de diámetro.
Castro da Chan do Monte Güimil: Segundo información de Novas de Barro do mes de abril de 2015, no último pleno o que daquelas era alcalde dixo sobre o castro: "Alí non hai nada de interese. Cando os da Universidade fixeron uns buratos só apareceron unhas pedras sen importancia e volveron tapar os buratos, por iso non lle pagamos". Unha mintira tal como demostra o informe técnico da USC do ano 2008 onde se resalta o altísimo valor do xácigo, tanto polo seu tamaño como pola importancia histórica e estratéxica. Dende o castro observábase unha ampla visibililade da entrada da Ría de Arousa e un tramo da desembocadura do río Ulla. A presenza de materiais cerámicos de importación parecen indicar que o castro se atopaba nun circuíto comercial amplo. O seu gran tamaño, entre 5 e 6 hectáreas, fai pensar que tivese unha función como lugar central a partires do cal poderían distribuírse de maneira equidistante unha serie de castros máis pequenos. O poboado xurdiría arredor do século I a.C., non desbotándose que tivera ocupacións anteriores. Espero que a nova alcaldesa, xurdida das eleccións do mes de maio, poña en valor o castro, cando así cumprimento ao expresado pola súa organización políticia, o BNG, que se comprometeu a estudalo, protexelo e divulgalo.
Castro de Curro: A 185 metros de altitude. Moi alterado.
Castro Loureiro: A 170 metros de altitude, no monte Carballoso.
Castro de Monte Redondo: A 135 metros de altitude. Forma alongada, máis ancha polo sur que se vai estreitando cara o norte. Alterado.
Monte do Castro: A uns 100 metros de altitudfe, entre os regos de Búa e Barosa. Ten unhas medidas aproximadas de 135 por 100 metros. Alterado.

Casa de Bon (Bon-Beluso); Monte da Vela (A Roza-Beluso); Udra (Beluso); A Cividá (Bueu); Liboreiro (A Portela-Bueu); Castrillón (Meiro-Bueu); O Castrillón (Cela); O Alto e Castelo dos Mouros (A Illa de Ons).
Castelo dos Mouros (A Illa de Ons): Restos á vista dun muro e muralla de terra que ocupa a metade do castro de forma tirando a circular. No ano 2022, o grupo de arqueoloxía da Universidade de Vigo (GEAAT) atopou no Castelo dos Mouros un recipiente con case 300 moedas de bronce de época romana, datadas arredor do século IV. O ano anterior xa atoparan máis de 30 moedas de bronce que estaban gardadas nun recipiente cerámico. No mes de xullo de 2024 vin unha referencia no Archivo Histórico de la Nobleza dun documento do 7 de abril de 1557 coas dilixencias de Francisco Mexía, asistente e xustiza maior de Santiago de Compostela, en relación ao achádego de moedas antigas na Illa de Ons.

O Castrillón (Cela): Apareceron restos cerámicos e escoura de ferro.
Castro de Bon: Situado nun pequeno promontorio a carón da estrada comarcal con boas vista cara o mar. Localizáronse restos cerámicos. Ao parecer existía na zona un petroglifo con coviñas que foi destruído ao extraer pedra.
Castro de Cabo Udra: O asentamento de Cabo Udra asenta nun promontorio de batolitos de granito. Atopáronse restos cerámicos de difícil interpretación e muíños depositados no museo de Pontevedra.
Castro Liboreiro: Situado nun promontorio da serra da Madalena. Croa moi alterada por escavacións furtivas. A abundancia de tella medieval fai pensar nunha continuidade do castro en dita época. Na parte alta consérvanse petroglifos de coviñas soltas, cadrados con coviñas, podomorfos e cruciformes. Apareceron moedas de época romana.
Castro do Monte da Vela: Apareceron restos cerámicos e pedras de tons grises e pardo-vermellas. Na parte alta hai unha pía circular. Segundo a lenda nas casas vellas vivían os mouros.
A Cividá: Asentamento localizado nunha ladeira, non visualizándose a simple vista restos de estruturas. Atopáronse restos cerámicos moi rodados.
CALDAS DE REIS

Badoucos (Badoucos-Arcos da Condesa); Outeiro ou dos Tres Picos ou Paradela e Santa María (Arcos da Condesa); Follente (Follente-Bemil, no límite coa parroquia de Saiar)); Bemil e Tres Picos (Bemil); Eirín (Monte de Santa María-Caldas de Reis); A Roda (Carracedo); Outeiro do Castro ou Xaiba (Saiar); Asar ou Monte Castelo e César (San Clemente de César); Outeiro do Castro (Aboi-Santo André de César); Porreiro (Porreiro-Santo André de César); Segade (Segade-Santo André de César). Xiros da Vila.
Castro de Badoucos: Situado nun pequeno outeiro. Alterado en boa parte polos labores agrícolas, a pista de acceso a Badoucos, dúas casas e un transformador de media tensión. O castro ten forma ovoidal e unhas dimensións de 100 x 75 metros. Mal estado de conservción.
Castro de Asar: Situado nun escarpe do monte da Armada. Está constituído por unha croa de 70 x 87 metros cunha suave pendente en todo o seu perímetro e un parapeito interno de altura variable. Rodeando a croa en case todo o seu perímetro temos unha serie de muros, algúns semella que actuaban como reforzo da muralla. Ao N-O vese un gran foxo duns 15 metros de ancho e 10 de profundidade.
Castro de César: Forma ovalada, con croa de 90 metros no eixo norte-sur e 70 metros no leste-oeste, arrodeado por unha muralla só visible no S-O e N-O. A croa ten un parapeito interno duns catro metros de altura e foxo. Semella que a entrada era polo sur, onde o foxo desaparece á altura da croa e é menor en relación ao exterior; este foxo foi convertido en camiño.
Castro de Follente: Nas estribacións do Monte Xiabre, nun pequeno outeiro. Consta de recinto de forma oval de 170 por 180 metros, arrodeado en todo o seu perímetro por un parapeito e un foxo. Documentáronse estrutruras relacionadas coa agricultura. Apareceron moedas de época romana. A construción da A9 danou parte das estruturas.
Castro do Monte Castelo: Segundo a lenda, hai unha fonte que nunca seca, e que polos seus caños sae ás veces unha galiña con dez pitos de ouro, pero se alguén a descubre desaparece inmediatamente; mais a súa aparición sempre é sinal de boa sorte.
Castro Porreiro: No cume hai unha pedra simbólica e ritual coñecida como a Pedra da Lanzada.

CAMBADOS
A Pastora (Santa Mariña de Dozo-Cambados); Pinar do Rei (San Tomé do Mar-Cambados); Valada (Valada-Castrelo); Con das Sete Pías (Vilariño); Mourellón. Por comprobar: Castrelo (O Adro-Castrelo); A Revolta (A Revolta-Castrelo); Tragove (Corvillón); A Grenla (Ouviaña); Mourellón.
Castro Con das Sete Pías: No monte da Grenla, a 107 metros de altitude. O primeiro en dar conta do castro foi Fariña Jamardo no Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología de la Universidad de Valladolid. Foi escavado por Bouza Brey, quen xa constatou a existencia de construcións circulares. No recinto hai uinha rocha con pías comunicadas entre si por trazos, que segundo a tradición dálle o nome de Sete Pías que identifican as sete parroquias que se divisan dende o sitio; actúa como marco divisorio entre os concellos de Cambados, Ribadumia e Vilanova de Arousa. Segundo a lenda, unha longa cadea de ouro soterrada une o castro co Monte Lobeira. Outra cadea ía cara o Con da Moura, en Covas de Lobos, onde vivía unha moura e ao seu pé había un pozo do que viña unha cadea de ouro; quen turraba dela acababa no fondo. Cando nacían meniños, eran derramadas unhas pingas do seu sangue para favoreceren o crecemento. Había unha aldea onde vivían os mouros. (Algunhas lendas foron extraídas de Gumersindo Mosteiro Díaz).
Castro da Grenla: O recinto está formado por un espazo principal onde se ven uns aterrazamentos. As primeiras noticias escritas deste xacemento son do ano 1940, nun artigo asinado por un tal L. F., e outro de Bouza Brey no ano 1956. A escavación foi realizada polo daquelas xuíz de Cambados, Manuel Lojo Tato. As escavacións leváronse a cabo no ano 1939, afectando á croa próxima ao con e a dous dos achanzamentos. O tipo de construcións e o material atopados en xeral levan á época de romanización do castro, ao contrato do que afirman Bouza Brey quen di que está pouco romanizado, documentando unha construción de planta rectangular coas esquinas arredondadas, outra de planta rectangular, unha fíbula anular de bronce, cerámica con distinta decoración, fragmentos de ánforas romanas, parte dun molde de fundición realizado en esteatita e dous amarradoiros de pedra, estes atopados fóra de contexto que presentan unha decoración de espiña de peixe. Atópase en estado de abandono. (Información de Gumersindo Mosteiro Díaz).
Castro da Pastora: Recibe o nome porque no antecastro atópase a ermida da Pastora. Na croa hai unha cruz por riba dunha pena que fai de miradoiro. Segundo a lenda, no monte da Pastora hai unha cova que chega ata a Illa da Toxa pasando por debaixo da torre de San Sadurniño, pero que rompeu, e agora está anegada quedando un pozo no Serrido. Cóntase tamén que cando o demo tentou a Xesús e subiuno ao mirador do monte da Pastora, vendo a riqueza da zona, díxolle: "Dareiche todo o mundo, menos Fefiñáns, Cambados e Santo Tomé".
Castro da Valada: De forma ovalada, cunhas medidas de 250 por 300 metros. Obsérvanse varios aterrazamentos.
Illote de San Sadurniño: Segundo noticia aparecida a primeiros de febreiro de 2015, no illote onde se ergue a arruinada torre medieval, houbo presenza humana na Prehistoria. O equipo dirixido polo arqueólogo Ángel Acuña descubriu varias pezas de cerámica que poden datar da primeira Idade do Ferro, entre o 800-600 a.C.

CAMPO LAMEIRO
Devesiña (Cascaneda-O Campo); Coto da Cerca (Praderrei-O Campo); Coto de Penalba e A Lagoa (O Campo); Castriño, Cimadevila e Orto (Couso); Cardeiras e Redonde (Fragas); Coto do Castro (Montes); Coto do Castro (Painceiros-Muimenta); Casa do Castro e Morillas (Morillas); Coto da Anduriña.
Castro do Coto de Penalba:
Dende o castro domínase unha ampla panorámica. Datado na fase máis
antiga da cultura castrexa, presenta murallas pétreas e restos de
habitacións circulares. Apareceron muíños de man naviformes destinados á
moenda de millo miúdo, trigo e landras tal como delatan os restos
atopados polo xacemento. Tamén se recuperaron un machado de cubo, un
puñal de bronce con lingüeta calada e nervadura central e unha punta de
lanza e regatón (parte inferior da lanza), ambos os dous de bronce,
datados no século VIII a.C., un coitelo afalcatado de ferro, etc. Nunha gran laxe granítica vese a inscultura
de dúas grandes serpes. Verbo desta peneda, había a tradición de, na
Noite de San Xoán, copularen as parellas xunto dela para teren
descendencia; mais denantes o acto, tiñan que agasallar aos ofidios cun
púcaro con leite. Proposto como Ben de Interese Cultural.
Coto da Anduriña: Segundo a lenda, hai unha viga de ouro.

CANGAS
Aldán (Aldán); Erbello (Erbello-Aldán); Aviases, Liboreiro e Pedralán (Coiro); O Castelo de Darbo e Montealegre (Darbo); Facho de Donón (Costa da Vela-O Hío); Hío, A Igrexiña, Monte do Castro (O Hío); Os Castros (Nerga-O Hío); O Facho (O Hío).
Facho de Donón:
Nun dos cantís da Costa da Vela, a 157 metros de altitude sobre o nivel
do mar. Nunha das abas do monte existiu un poboado do Bronce Final
(900-700 a.C.). Na parte oposta hai un gran castro da Idade do Ferro,
fundado no século VI a.C. e que foi abandonado pouco antes da conquista
romana, arredor do ano 100 a.C. Na croa descubriuse un santuario, do que
non hai exemplo na Península, adicado a un deus do panteón
galaicorromano Bero Breo, descoñecido polos investigadores ata os anos
sesenta do pasado século grazas ás prospeccións levadas a cabo por Bouza
Brey e Álvarez Blázquez. O santuario, do que xa se atoparon máis de 175
aras-estelas, estivo en activo entre os séculos II e IV d.C. No mes de
agosto de 2014, o arqueólogo José Suárez denunciou a agresión ao
Santuario; os visitantes crean torres amontoando pedras, algunhas
procedentes das antigas construcións, lamentable "moda" que pode afectar
gravemente ao xacemento. Dende hai anos historiadores e visitantes denunciaron publicamente o estado de abando no que se atopa.
O Castelo de Darbo: Forma ovalada, de 200 por 100 metros. Recolléronse anacos cerámicos e un muíño de man. Referencias dun cuncheiro desaparecido. Apareceu unha ara de difícil lectura. Segundo a lenda, do castro baixa un túnel ata a praia feito polos mouros.
Castro Liboreiro (Coiro): Neste castro apareceron varios obxectos de época romana e fragmentos ilexibles de inscricións, entre elas un epígrafe que di "AERT(...)?". Filgueira e D´Ors atribúen a dedicatoria a Verore, deus coñecido por catro inscricións atopadas en Lucus Augusti. Outros autores prefiren ver nesta peza unha ofrenda a Aernus, divindade da área de Bragança á que adicaron un altar os membros do Ordo Zoelarum.
Castro de Montealegre: Dende mediados do mes de maio de 2016, un equipo de persoas, dirixidas polo arqueólogo Miguel Ángel Vidal Lojo, comezaron a escavar o castro e para protexelo das obras de ampliación do Corredor do Morrazo. Este xacemento xa se salvou da destrución hai dez anos coa construción dun túnel. Daquelas xa se documentaran oito cabanas.

A CAÑIZA
A Cidade ou das Achas (Chan de Bouzas-As Achas); A Cerquiña (Deva de Abaixo-As Achas); Alto da Veiguiña ou Coto de Galos (As Achas); Grades (As Grades-As Achas); A Cidade ou O Cerco (O Couto); Coto das Cavadas (As Cavadas-Oroso); Guntín (Guntín-Oroso); Barreiros, Cavadas, Coto do Castro (Valeixe).
A Cidade das Achas: Situado entre os ríos Deva e Senande, a 554 metros de altitude. Na actualidade está cuberto pola maleza, pero tense constancia dunha dobre muralla e algunha outra construción. De forma tirando a ovalada, ten uns medidas aproximadas de 247 por 162 metros, con croa polo norte de 120 por 110 metros. Asociado ao xacemento da Cerquiña, situado a uns 200 metros en liña recta. A lenda di que estaba habitado polos mouros.
Castro da Cerquiña: A 576 metros de altitude. De forma ovalada, cunhas medidas de 195 por 138 metros, rodeado por unha muralla de terra e pedra. Segundo a lenda, aquí houbo unha fortaleza feita polos cristiáns para vixiar aos mouros que habitaban no castro das Grades.

Castro da Cidade ou do Cerco (O Couto): Entre os concellos da Cañiza e Crecente, a 580 metros de altitude. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 175 por 140 metros. Restos de muros, material cerámico e un muíño de man barquiforme. Tamén
apareceron estruturas de época romana. No interior hai unha pena coa
gravura dunha serpe. Segundo información achegada por Javier Nogueira, é o castro de maiores dimensións despois do das Achas. Atópase a carón da aldea das Bouzas e tamén dos Pedrosos. Na primeira metade dos setenta contaban os veciños que na
prominencia existente no sur do recinto houbera unha torre ata tempos
relativamente recentes.
Castro da Veiguiña ou Coto de Galos: A 803 metros de altitude. De forma ovalada, ten unhas medidas de 125 por 75 metros. No centro hai un recinto duns 20 metros de diámetro. Defendido por dúas murallas. (Información de Elixio Vieites en patrimoniogalego.net).
CATOIRA
Coaxe, Monte de Fontebecha e Tarrío (Dimo); As Torres (Oeste).
Castro de Coaxe: O arqueólogo Alberte Reboreda, a raíz dos lumes do ano 2017, descubriu un castro nos primeiros meses do ano seguinte. Explicou Alberte que o nome do lugar, coñecido como O Castro, xa lle dera algunha pista. O uso dun programa de teledetección que permite realizar un barrido de todo o territorio e estudar a orografía marcaron o camiño. Despois veu a prospección visual, descubrindo unha parte da vella muralla que semellar arrodear unha área duns 70 metros de diámetro, feita de pedra miúda. O castro está situado a media ladeira e cun bo dominio visual sobre a contorna.

Castro de Fontebecha ou Eira dos Mouros: No límite con Setecoros (Valga). Amplo dominio visual sobre o curso baixo do río Ulla. Alterado.
Castro de Tarrío: Nun esporón do monte Xiabre. Atopouse cerámica de cronoloxía indeterminada e medieval. Moi alterado.
CERDEDO (Forma parte do concello de nova creación Cerdedo-Cotobade)
Arén (Cerdedo); Segón (Monte Chamadoira-Cerdedo); Castrodiz (entre as parroquias de Castro e Figueiroa); Vilar (Figueiroa); As Cercas (Vilariño-Folgoso); A Mouteira (Mouteira-Parada; Da Cerca e do Pego (Parada); Castro de Abaixo e Roda do Castro (Os Castros-Quireza); San Cibrán (Vilalén-Tomonde); Castro Grande (Monte Seixo, linda cos concellos de Cerdedo e Cotobade); Coto do Castro, entre as aldeas de Laxoso (Quireza) e A Devesa (Tomonde).
Castro de Arén: No cotarelo de San Miguel. Sobre o castro érguese unha capela posta baixo o padroado de San Miguel, o cemiterio e outras construcións. Apareceron muíños circulares de man, unha arquiña de pedra, escouras de ferro e ata un posible ídolo, hoxe desaparecido, representando un cuadrúpede. Asociado a varias lendas.

Castro de Abaixo:
Século I a.C. No ano 2008, por mor das obras de ensanchamento da
estrada Cerdedo-Quireza, descubríronse unhas estruturas habitacionais.
Punta de Seta: En Quireza apareceu unha punta de seta de datada entre o s. I a. C.-I d. C.
No mes de marzo de 2015, os incansables de Capitán Gosende deron a coñecer seis novos castros no concello. Para máis información ver: "Capitán Gosende descobre seis castros en Cerdedo", no blogue de Calros Solla oembigodobecho.blogspot.com.

Coto do Castro e Famelga (Augasantas); Coto de Paraños (Paraños-Carballedo); Carballedo e Cruz do Castro (A Igrexa-Carballedo); Os Castros (Santa María de Sacos); A Cividá (San Xurxo de Sacos); Fontán (Fontán-San Xurxo de Sacos); Os Castros (Santa María de Sacos); O Cávado (O Cávado-Santa María de Sacos); Loureiro (Loureiro-Santa María de Sacos); Eira dos Mouros (Arcelas-San Xurxo de Sacos); O Castro, Coto das Rodelas, e Tenorio (Tenorio); Coto das Rodelas (Parada-Tenorio); Valongo (Valongo); Coto do Castro (Viascón).
Castro da Cividá:
De forma tirando a ovalda, conta cunha serie de liñas defensivas con parapeito, foxo e os restos
dunha muralla pétrea na croa. Nas escavacións do ano 2024 saíron á luz vivendas, parte da muralla de pedra con escaleiras de acceso, un amarradoiro, anacos cerámicos decorados e algún fragmento de época romana. Na parte exterior do parapeito vese unha laxe
con petroglifos, coñecido como Pedra dos Mouros, con cadrados, cazoletas, círculos concéntricos e simples e cruciformes.
Coto do Castro: A 534 metros de altitude. É o de maior dimensións do concello.
Castro da Cruz do Castro: Na primeira Idade do Ferro (ss. VI e V a. C.) foi un pequeno asentamento rural con casas de pallabarro situado sobre un outeiro cun gran dominio visual sobre o val do río Almofrei. O lugar abandónase e non volve a ser ocupado ata o cambio de era, seguramente a inicios do século I d.C., apreciándose a inexistencia de estruturas pétreas. Recobra protagonismo en época romana tardía coa recuperación das súas murallas. Apareceron estruturas produtivas (un forno e unha habitación) ligadas á expansión da cercana villa romana de Silvela polo que todo o conxunto formaría un mesmo asentamento. Saíron á luz muíños, cerámica fina, obxectos de bronce (anel, arco dunha fíbula e un cospel), e un pendente de ouro. No seu cumio existiu un cruceiro dende onde se levaba a cabo a bendición dos campos e que era o punto de chegada das procesións e rogativas de choiva en tempadas de seca.
Castro Eira dos Mouros: Con muralla granítica que arrodea a croa.

Castro de Famelga: Apareceu unha torta de fundición de outro con aliaxe de prata (440-60 a. C.).
Castro de Fontán: Completamente arrasado polo cemiterio e un campo de fútbol.
Castro de Paraños: Conserva restos da muralla defensiva que arrodeaba a croa.
Castro de Rodelas: Situado nun meandro sobre o río Lérez.

COVELO
Coto do Aldir (Casteláns e Santa Mariña de Covelo); Santa Mariña (Covelo); A Cividade (Trasfontán-Maceira); Maceira (Castro-Maceira); Piñeiro (O Piñeiro); Castro dos Touros (entre Piñeiro e Fofe); Monte do Castro (O Castro-Santiago de Covelo).
Castro da Cividade ou Cidade de Maceira: Érguese nunha ladeira da serra do Suído, a 395 metros de altitude, entre o río Fofe e o regueiro de San Breixo. De pequenas dimensións de 140 por 80 metros, presenta un dobre recinto. No interior atópase a coñecida como Cama da Virxe, unha especie de sártego formado por catro lousas graníticas, unha delas chamada a Pedra da Ferradura pola figura desa forma que hai gravada nela.
Castro do Coto de Aldir: Entre as parroquias de Casteláns e Santa Mariña de Covelo, nun outeiro rochoso a 549 metros de altitude. Ten unhas dimensións de 90 por 50 metros.
Monte do Castro: A 550 metros de altitude. Ten unhas medidas aproximadas totais duns 185 por 100 metros, e croa alongada duns 105 por 60 metros. Polo este está defendido polo forte desnivel do terrero. No seu interior atópase a coñecida como Pena do Ruído, onde ás veces se escoitan coma os golpes dun martelo ou un roce que provén do coñecido como Coto Zoadoiro, situado ao pé do castro, onde a xente que andaba co gando se acubillaba cando chovía; disque o ruído proviña dun muíño que estaba a moer ouro. Que pretendera facerse co ouro tiña que elixir entre unha veta de ouro e outra de veleno: a sorte que corría dependía da elección. Tamén hai uns petroglifos con coviñas dentro dun círculo gravados ao pé dunha cruz que formaba parte dun Vía Crucis; pola pena vense outras coviñas illadas e dúas pías.
Castro de Piñeiro: No Monte da Guía. Sobre o castro edificouse unha capela posta baixo a advocación da Virxe da Guía. Apareceu un machado da Idade do Bronce, custodiado no Museo Municipal de Ponteareas.
Castro dos Touros: Entre Fofe e Piñeiro. Só se conserva o topónimo.

As Bouzas (As Bouzas-A Ameixeira); Monte do Cerco ou A Cidade (Alto da Porteliña-A Ameixeira); O Crasto (Crecente); A Cidá (A Sabanle-Quintela); Coto de San Sebastián e Coropelo dos Leiros (Rebordechán); Coto Furado (Parada-Rebordechán); Sendelle (As Quintas-Sendelle).
Castro da Cidá: A 125 metros de altitude. De forma ovalada, emprázase nunha pequena elevación do terreo, no val situado na marxe dereita do río Miño.
Castro de Coto Furado: Sobre o castro erueuse a capela de San Sebastián.

Castro da Cidade ou do Cerco: Entre os concellos da Cañiza e Crecente, a 580 metros de
altitude. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 175 por 140
metros. Restos de muros, material cerámico e un muíño de man barquiforme. Tamén
apareceron estruturas de época romana. No interior hai unha pena coa
gravura dunha serpe. Segundo información achegada por Javier Nogueira, é o castro de
maiores dimensións despois do das Achas. Atópase a carón da aldea
das Bouzas e tamén dos Pedrosos. Na primeira metade dos setenta contaban os veciños que na
prominencia existente no sur do recinto houbera unha torre ata tempos
relativamente recentes.
Guerreiro de Sabanle:
Atopado no castro da Cidá. Presenta un torso de pequenas dimensións,
con escudo con umbo central e co brazo dereito dobrado, característica
que levou a Calo Lourido a definir a súa pose como "máis romana".
CUNTIS
Arcos (Arcos), Loureiro (Alto da Cruz-Arcos); Entrecastros, Sebil e Vilar de Mato (Cequeril); Castrogudín, Castrolandín, Meira e Xinzo ou Castreliño (Cuntis); Alto Castro (Laxos-Cuntis); Magán (Magán-Estacas); A Bragaña (Estacas); Loureiro ou da Aurela, Montesandau (Piñeiro); San Mamede ou de Piñeiro (A Igrexa-Piñeiro); Alto da Cruz e Portela (Portela); Hervés e Sobrada (Troáns).
Alto do Castro: Situado nun outeiro sobre o río Gallo, con pronunciadas pendentes que arrodean case todo xacemento. Apareceron gran cantidade de fragmentos cerámicos de distintos tipos. Escavado no ano 1993 cando o gasoducto Vigo-A Coruña. Moi alterado polas obras.
Castro de Arcos: Castro do século VII a. C.
Castrolandín: Pequeno poboado fortificado habitado entre os séculos IV a.C. e I d.C., situado nun outeiro sobre o val do río Gallo, defendido por unha muralla pétrea e un parapeito de terra. Nunha das vivendas, de forma rectangular, apareceu unha gran lareira. Noutra vivenda atopouse unha vasilla fundacional da casa, feito pouco frecuente. Tamén hai estruturas habitacionais de tradición romana. A entrada orixinal ao castro está ser escavada, pódese ver a escalinata, e as fiadas as trs murallas escalonadas que defendían o acceso.
Castro Loureiro: Estudado por Bouza Brey. Malas condicións de defensa, con varios parapeitos na entrada que se desenvolve en zig-zag e con escaleiras. Detectáronse casas circulares.
Castro de Magán: De pequenas dimensións. Debido á construción dunha vivenda e o peche perimetral da súa finca, desapareceu un tercio do parapeito exterior polo que non resulta doado establecer as súas dimensións. Atópase nunha zona pouco elevada, tendo ao norte as faldras do monte Xesteiras e as caras leste e sur dan a unha extensa planicie. Mal estado de conservación, alterado pola cercanía da aldea e polos labores agrícolas. A mes de marzo de 2019 non figuraba catalogado a pesares de tratarse dun asentamento claro. (Información recollida de Chicho Pana en patrimoniogalego.net).
Castro de San Mamede: Situado nun alto sobre o lugar da Igrexa. A zona está bastante humanizada en todo o seu perímetro. A croa ten forma alongada, de 105 por 75 metros. Consérvase totalmente o terraplén exterior que nalgúns tramos acada unha altura de seis metros. A croa conserva o parapeito exterior en todo o seu perímetro, cunha altura entre 1,5 e 2 metros. Na croa hai unha pequena elevación formada por grandes bloques de pedra, cunha canteira cara o sur. Documéntanse fragmentos de restos cerámicos. (Información recollida de Chicho Pana en patrimoniogalego.net).
Castro de Sebil: Segundo a lenda, na Noite do San Xoán vense unhas galiñas con pitos de ouro.

Castro de Xinzo ou Castreliño: A 296 metros de altitude. Medidas totais de 150 por 110 metros. Croa de 85 por 75 metros.
Arracada de Castrolandín: Atopada no ano 2005. Recuperouse tamén un obxecto fabricado cunha aliaxe de ouro e prata incompleto con decoración de filigrana.

DOZÓN
O Castro (San Salvador do Castro-O Castro); Dozón (Dozón); Mosteiro (O Mosteiro-Dozón); Arnedo (Arnedo (Saa); San Breixo (Sanguiñedo); O Sisto (A Eirexa-O Sisto); A O (Vilarello).
Castro de Arnedo: Moi alterado polos labores agrícolas. Conserva parte do terraplén polo sur-este.
Castro de Dozón ou Os Castros: A 675 metros de altitude, entre dous cursos de auga, cunhas medidas aproximadas de 140 por 135 metros. Conserva parte da muralla polo nor-este.
Castro de San Salvador do Castro: Forma ovalada, tiña unhas medidas de 125 por 98 metros. Perdeu a muralla polo este, conservando o resto, con foxo polo oeste.
Castro do Sisto: De 110 por 100 metros. Antecastro polo oeste. Moi alterado polos traballos agrícolas e varias construcións.
A ESTRADA
Coto dos Castros (Aguións); Aguións (preto do pazo de Preguecido-Aguións); Arca da Perita (Arca Pedriña-Arca); Perroño (Arca); Coto dos Castros e Moimenta (Arnois); Barbude e Trasmonte (Barbude); Valente (Barcala); Aldea Grande e Friamonde (Callobre); Codeseda (Codeseda); Outeiro Grande (Marcenlos-Codeseda); Cercas (As Quintas-Codeseda); Couso (O Castro-Couso); Guimarei (Rial-Guimarei); Lóbrigo (entre Loimil e Dornelas); Loimil (Loimil); Matalobos (Matalobos); Vilagude (Moreira); Castrotión (Oca); Viladefonso (Olives); Castrovite ou Santa Mariña (Orazo); Ouzande (O Castro-Ouzande); Castrelo e O Castro (Pardemarín); Remesar (xunto a igrexa-Remesar); Aldea Grande e Entrecastelos (Ribela); Coto do Castro (O Castro-San Miguel de Castro); Santa Cristina (A Casa do Monte-Santa Cristina de Vea); San Bartolomeu (Santo André de Vea); Igrexa (preto da igrexa-Santo Tomé de Ancorados); San Bartolomeu (San Xián de Vea); Outeiro de San Xurxo (O Souto-San Xurxo de Vea); Trascastro (San Xurxo de Vea); Pearo e Renda (Santeles); Ramiro (Castro Ramiro-A Somoza); Tabeirós (O Outeiro-Tabeirós); Toedo (Toedo).
Castro de Aguións: Houbo unha canteira cuxas pedras se utilizaron para construír o pazo de Preguecido. Segundo a lenda hai unha galiña con pitos de ouro.
Castro Arca da Perita: Sobre unha pequena elevación do terreo, ten forma alongada, cunha croa plana de 120 por 60 metros. O río Umia proporciónalle unha boa defensa. Polo norte e oeste, terrapléns con foxo. Toda a croa está delimitada por un parapeito de terra, que nalgulnhas zonas quedan ao descuberto gran cantidade de peddras que poderían formar parte dunha muralla. O nome de Castro da Perita venlle, ao parecer, por ter pertencido a un perito da zona, e unha vez morto herdou o predio a súa dona, é dicir "a perita". (Información recollida de Chicho Pana en patrimoniogalego.net).
Castro Barbude: Estivo habitado, aínda que non de forma continuada, en época castrexa, romana e xermánica. De época romana consérvase no Museo de Pontevedra a estela de Colupata, con remate antropomorfo; tamén se atopou unha culleriña e un bidente (garfo de dous pinchos) de tradición romana pero que presentan unha decoración máis avanzada, tipo xermánico. Segundo a lenda recibiu o nome porque nel vivía un xigante de longa barba que atemorizaba aos veciños. A asociación Amigos do castro de Barbude ten solicitado a súa posta en valor, ademais de que sexa declarado BIC.
Castro de Castrotión: Moi alterado. Nas inmediación ergueuse a capela de Nosa Señora de Castrotión cun círculo arredor. (Ver o apartado adicado aos círculos líticos e pedrafitas).
Castro de Castrovite ou Santa Mariña: Apareceron restos de cerámica fenicia que fornece a idea de que o leito do río Ulla achegou a ese pobo á comarca na procura de estaño dos vales do Arnego, Deza e Ulla onde se documentan a maioría das minas de estaño de época romana en Galiza. As alteracións padecidas ao longo do tempo fan moi difícil recoñecer a súa extensión. Xulio Carballo Arceo realizou varias sondaxes que constataron unha continuidade no poboamento dende os séculos VIII-V a.C. ata polo menos o século I d.C. Durante as escavacións atopáronse 40 quilogramos de cereais carbonizados de millo, trigo, cebada e avea durante tres incendios acontecidos en diferentes séculos. Sobre el ergueurse a capela de Santa Mariña, fose para cristianizalo, fose porque o lugar tiña unha forte carga simbólica ou de prestixio para a veciñanza.
Castro de Entrecastelos: Habitado entre os séculos VI a.C. e I d.C. Aprécianse tres recintos de murallas cos respectivos fosos. Apareceu un muíño circular, unha conta de colar, unha fusaiola, un anaco de machado de ferro, unha asa dunha ánfora e un anacocerámico coa epígrafe CAMAI.
Castro de Friamonde: Segundo a lenda nunha pías que hai no castro degolaban aos años como sacrificio; tamén eran utilizadas polos mouros para daren de beber aos cabalos.
Castro de Matalobos: Muralla e croa alteradas por unha pista. Restos de foso e parapeito. Apareceron muíños de man e pedras de afiar. Na igrexa parroquial de Matalobos hai unha ara reutilizada.
Castro de Moimenta (Moimenta-Arnois): Apareceron dous brazaletes, atopados por un labrego no ano 1914. Do Bronce Inicial, datados entre o 1600-1000 a.C. Trátase de dous brazaletes de ouro laminado, decorados con nervos horizonais. No Museo Provincial de Lugo.
Castro de Ouzande: No castro construíuse un depósito de auga. Castelao recolleu unha estela antropomorfa que levou para o Museo de Pontevedra.
Castro de Trasmonte: Eira dos Mouros. Apareceron muíños de man, fragmentos de ánforas e pedras de afiar. Vese unha rocha con coviñas.
Castro Valente: Segundo a lenda, no castro vivían os mouros ata que foron expulsados polos veciños. Tamén se di que baixo o camiño que vai ao castro hai unha trabe de ouro.
Castro de Viladefonso: Situado nun promontorio a media ladeira. Ata non hai moito estivo en uso unha canteira na croa que estragou parte do xacemento. Atopáronse tres fragmentos de pulseiras de bronce e anacos cerámicos.
Investigación de varios castros da Estrada sen catalogar: O Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Ibérico, vencellado á facultade de Historia da USC, e o Concello da Estrada xuntáronse con varias asociacións para colaborar no estudo preliminar sobre os xacementos do municipio e poñelos en valor. Patrimonio ten catalogados 28 castros, pero un deles, o Castro Valente, en San Miguel da Barcala é en realidade unha estrutura medieval, aínda que na área podería haber restos anteriores. Outro, o castro Lóbrigo, entre Loimil e Dornelas, está vinculado ao concello de Silleda. Aínda que se da por boa a cifra de 26 castros catalogados, existen outros tres non recollidos por Patrimonio. Son os de Friamonde (Callobre), Trascastro (San Xurxo de Vea) e Aldea Grande (Ribela). A maiores hai tres máis dos que se ten noticia por referencias bibliográficas de Reimóndez Portela e Bouza Brey que hai que investigar. Un estaría en Castroramiro (A Somoza), aínda que se sospeita que foi arrasado ao construírse a aldea; outro sería en Tabeirós e o terceiro castro Lóbrigo en Loimil, pero probablemente se trate do catalogado en Silleda. As visitas de campo e a tecnoloxía LIDAR permitirán comprobar os xácigos para completar a listaxe definitiva.
Na primeira metade dos anos trinta do pasado século XX, Bouza Brey e Antón Fraguas estudaron case trinca castros do concello, escavando tres deles (Guimarei, Ribela e Trasmonte). Os materiais atopados depositáronnos no museo de historia do instituto, desaparecendo parte deles cando estourou a Guerra Civil, cando se pecha o centro e resulta saqueado.

FORCAREI
Filloi (Aciveiro); A Mota (Castrelo); Dúas Igrexas (Dúas Igrexas); Loureiro (Loureiro-Dúas Igrexas); A Madanela e Sanguñedo (A Madanela de Montes); Agrela e Millarada (Millarada); Mouteira (Fixó-Millarada); Rodeiras ou Garellas (Garellas-Millarada); As Mouteiras (Pardesoa); Muras (Pereira); Castro de Montes (Presqueiras).
Castro de Garellas ou Rodeiras: Apareceron enterramentos de laxas, probablemente tardorromanos. Con importantes defensas e torreón, vixiando o paso dunha vía romana. É pobable que se construíra cando a invasión visigoda. Segundo a lenda viviron os mouros que construíron varios túneles para poder vivir debaixo da terra sen ser descubertos. Algunhas teñen trabes de ouro, pero tamén de alcatrán, así que se alguén pica na de ouro farase rico, pero se o fai na da alcatrán estoupa todo.
Castro de Loureiro: Datado aproximadamente no século VI a.C. Presenta un recinto amurallado e un complexo sistema de foxo, parapeito, foxo. Asociado a varias lendas recollidas por Buenaventura Aparicio. Alterado por camiños e os labores agrícolas.
Castro de Montes: Unha torre medieval levantouse sobre un castro logo romanizado. Visitada polo cardenal Xerónimo del Hoyo no 1607 quen a describiu do seguinte xeito: "La fortaleça de Montes esta en la feligresia de San Miguel de Presqueiras, rodeada de un rio, con su barbacana. No tiene mas que las paredes y estas arruynadas por muchas partes". Fóra da fortaleza levantouse no século XVII a ermida de Nosa Señora do Castro.
Castro da Mouteira: Segundo a lenda hai dúas trabes, unha de ouro e outra de alcatrán.
Castro de Rodeiras: Apareceron enterramentos de laxas, probablemente tardorromanos. Ten importantes defensas e torreóns vixiando o paso dunha vía romana.

Castelo (Calvos); Castrovez (Estacas); Torre de Alemparte (Fornelos); A Airoa (A Airoa-A Laxe); A Laxe (Monte Castrove-A Laxe); Monte Cividade (Oitavén); O Cerquedo (Freaza-Traspielas).
Castro da Airoa: A 653 metros de altitude sobre o nivel do mar, entre os ríos Fonte, Valdohome e Ortigas. Conserva restos da muralla e un foxo na parte máis vulnerable. O resto está protexido polo forte desnivel do terreo. No interior construíuse unha capela moderna. Agradézolle a Galo do Souto Souto o permiso para utilizar unha súa foto.
Castro de Castrovez: A 475 metros de altitude.

GONDOMAR
Pedra Moura (Monte Picheira-Borreiros); Chaín, Coto do Castro e Coto Teixugueiras (Chaín); Espiñeira (Regodauga-Chaín); A Barcalla e O Outeiriño (Donas); Pinceiras (As Pinceiras-Donas); O Crasto (Mañufe); Curuto do Castro (Pieiteiros); Monte do Castro (Xián-Vincios).
Curuto do Castro: O castro foi cristianizado cunha ermida, desaparecida, posta baixo o padroado de Nosa Señora do Castro.

Monte do Castro
(Xián): Atopáronse restos cerámicos, muíños de man e tallas
antropomorfas. No cume hai unha rochas con gravuras de cadrados
concéntricos cos centros e os vértices dos lados unidos e un diagrama de
alquerque IX.
Castro Pedra Moura: Conserva parte das murallas, dos foxos e das estruturas habitacionais. Orixe na Idade do Bronce.
Cantodoxordo e A Siradella (O Grove); Punta Castriño (O Carreiro-San Vicente do Grove); Monteloureiro.
Castro de Cantodoxordo: No lugar podemos ver un xacemento de especial interese arqueolóxico, xa que existen diferentes tipoloxías: un castro, unha necrópole (desaparecida na actualidade pola construción de diversas edificacións), e unha posible estrutura habitacional, posiblemente de época romana. Nos arredores tamén existe un cuncheiro. O castro, datado nos séculos IV a II a.C., foi estudado e dado a coñecer por Álvarez Limeses en 1928. Posúe uns 300 metros cadrados, todos eles moi alterados por elementos construtivos de época moderna. Atopáronse restos de tégula e cerámica romana, muíños de man e dúas sepulturas antropomorfas. (Información recollida de Óscar Franco).
Punta Castriño: Asentado sobre un curuto sobre o mar, preto da praia do Carreiro.

Saa (Camposancos); A Forca (A Guarda); Santa Tegra (Monte Santa Trega-A Guarda); Cividáns e A Proba (Salcidos); Zamar (O Castro-Salcidos); Monte Bandeira ou Pico da Bandeira (Pintán-Salcidos); Museo Arqueolóxico de Santa Tegra.
Castro de Cividáns: O seu interior está completamente urbanizado.
Castro da Forca: Con terraplén de terra exteriores e delimitado cara o interior por un paramento de terra ou muralla. Esquinas arredondadas tanto nas edificacións de plantas cadradas como rectangulares.
Castro do Monte Bandeira ou Pico da Bandeira: Entre os concellos da Guarda e do Rosal. Descuberto nos anos vinte do século XX, foi escavado pola sociedade Pro-Monte de Santa Tecla onde apareceron fragmentos cerámicos, trisqueles e outros obxectos dos que non se coñecen o seu paradoiro. Nos primeiros meses do ano 2021, despois da limpeza efectuada pola comunidade de montes de Salcidos, localizaouse parte do muro dunha das vivendas, ademais estableceuse a cronoloxía base de ocupación que sería entre o século I a.C. e o I. d.C., segundo o arqueólogo Benito Vilar, de Árbore Arqueoloxía. De todos os xeitos ata que non se realicen novas escavacións non será posible datar a primeira ocupación. Botando man do LIDAR, ten unhas medidas aproximadas de seis hectáreas. No verán de 2022 o Concello, en colaboración coa Comunidade de Montes do Rosal realizou unha campaña para poñelo en valor e dalo a coñecer. Preto do castro hai un petroglifo formado por un reticulado.
Castro de Santa Tegra: Sen ben non fai mención ao castro, cando á súa viaxe á Guarda no ano 1745, frei Martiño Sarmiento cita o monte, a ermida e a romaría que se celebra no lugar. O primeiro descubrimento data do ano 1862, unha escultura en bronce de Hércules que logo foi roubada do museo na década dos setenta. As primeiras referencias ao castro son da segunda metade do século XIX, da man de Ramón López García no ano 1864, e de Manuel Murguía na súa Historia de Galicia. Mais sería coa construción no ano 1912 dunha estrada para subir á ermida e o acondicionamento dos seus arredores, promovida por unha sociedade a prol do monte Santa Tegra, cando saian á luz muros de vivendas e parte da muralla exterior. No ano 1914 autorízase ao arqueólogo Ignacio Calvo Rodríguez o comezo das escavacións que, en distintas fases, duraron ata o 1933. Logo dun período de abandono, no ano 1983 o equipo dirixido polo arqueólogo Antonio de la Peña Santos retoma as investigacións. Entre os abundantes achados, temos dous remates de torques con decoración xeométrica e un tríscele na base do extremo, colgantes de bronce, anacos de pulseiras e brazaletes tamén de bronce, fibelas, anzois, trisqueis ou a colección de esvásticas que podemos ver no Museo do Castro. Ten unha superficie de 20 ha. Tanto no interior como no exterior do recinto castrexo atópanse multitude de rochas con petroglifos. No ano 2016, o equipo de arqueólogos dirixido por Rafael Rodríguez descubriron unha gruta do século IV a.C. As intervencións realizadas ata o momento no barrio descuberto por Cayetano de Mergelina nas escavacións efectuadas entre o 1928 e 1933 confirman que non hai nada semellante en todo o noroeste peninsular. Trátase dunha gruta duns cinco metros de longo e 2,20 de profundidade onde se atoparon anacos de ánforas púnicas e figuras de bronce. Os arqueólogos recoñecen que esta escavación lles está a xerar máis interrogantes que respostas. Rodríguez tamén apunta a que en todo o monte había un sistema de canles e drenaxe de auga. Outra das incógnitas é o uso das cistas que apareceron en varios puntos, perfectamente distribuído sobre unha superficie de 2.000 metros cadrados con 45 estruturas. Florentino Cuevillas e Bouza Brey (1929) recollen unha lenda referida por dona Basilisa Martínez, de Buxán: "A unha tal señora Benita, que subía ó mnte de cotío pra andar as cruces, saleulle de unha vez unha moza que lle dixo que lle trouxera un bolo ben quente. Volveu a muller á vila e tróuxollo, mais no canto da moza apareceulle unha cobra que lle dixo que, como o bolo non estaba quente, pra nada lle servía".
Castro de Zamar: Situado na subida do monte Torroso. En pésimo estado de conservación, afectado por obras como unha depuradora de auga. Os terreos están á vedan para a edificación de vivendas.
Cabeza antropomorfa de Santa Trega: Descuberta o 23 de outubro de 2015. Trátase dunha cabeza antropomorfa que presenta como rasgos máis salientables unha realista representación das dúas orellas e unha liña que ben pode delimitar un casco ou o cabelo. Foron testemuñas do achádego un grupo de alumnos do IES A Sangriña que participaba nun programa de visitas guiadas.

A ILLA DE AROUSA
Os Bufos e sitio arqueolóxico de Guidoiro Areoso.
LALÍN
Anzo (Castro-Anzo); Barcia (xunto o cemiterio-Barcia); O Castriño (O Castro-Bendoiro); Aurela do Castro e Sestelo (Botos); A Croa (O Castelo-Cadrón); Monte Carrio (A Goleta-Camposancos); Cabras ou Penas do Castro (Castro de Cabras); Catasós (Alto do Castro-Catasós); Quintela (Quintela-Catasós); Coveliño (Cristimil); Doade (Taín-Doade); Aurela do Castro (O Penedo-Doade); Monserrat (Donramiro); Pena do Coto e Pena da Cunca (Filgueira); A Croa (Galegos); Cotarelo (Goiás); Gresande (Gresande); Lebozán (Lebozán); Lodeiro (Lodeiro); Brenzos (Brenzos-Losón); Monte do Castro (O Corpiño-Losón); A Pena das Cruces (Losón); Maceira (Maceira); Aurela do Campo (O Pazo-Madriñán); O Castro (Méixome); Couto da Aurela (Noceda); Agro do Castro (Palmou); Parada (Parada); Palio (Rodís); Vilar (Soutolongo); Ponte (A Ponte da Veiga-A Veiga); Agro do Castro (Santiso); Coto do Castro (San Tomé-Vilanova); O Castro (Castro de Arriba (Vilatuxe); A Barreira ou A Pena (Xaxán). Xacemento do Outeiro Grande (entre Bermés e Abonxo).
Aurela do Castro ou Castro de Doade (Doade): Ten un só recinto de forma tirando a circular protexido por unha muralla parcialmente destruída. Alterado polos labores agrícolas. Baixo a dirección de Vanesa Trevín Pita, as actuación arqueolóxicas, que comezou no mes de xuño de 2015 o profesor Caamaño Gesto, tiveron continuación ata o 2023 (van sete intevencións) que facilitou coñecer o seu estado ocupacional, entre os séculos IV-V a. C. e os IV-V d. C. Localizouse un dobre foso exterior que nalgún tramo acada os 3,75 metros de altura, escavado na rocha nai e baleirado totalmente. Tamén apareceu un tramo de muralla cun muro de reforzo, anacos cerámicos, restos de vivendas e unha gran vivenda de 5,60 metros de diámetro exterior. Parte do material atopado (no ano 2023 levábanse recuperado 24.700 restos mobles) pode verse no Museo Etnográfico da Casa do Patrón.

Castro de Cabras ou Penas do Castro: A 702 metros de altitude, sobre o rego de Froxán. Ten unhas medidas aproximadas de 130 metros de longo e 115 na parte máis ancha.
Castro de Catasós: Presenta un recinto central de forma tendente a ovalada protexido por unha muralla e foxo. Unha segunda muralla protexía un segundo recinto que foi alterada polos labores agrícolas.
O Castriño de Bendoiro: No ano 2007 atopouse unha necrópole pertencente á Idade do Ferro composta por dúas estruturas, unha delas formada por dúas gabias lineais onde se atoparon pezas metálicas. O castro presenta un recinto de forma tirando a ovalada cortado no interior por un muro que o divide en dúas partes. O recinto está protexido por unha muralla, reforzada na parte máis accesible por un foxo. Parte dos foxos foron destruídos para facer un camiño. No mes de marzo de 2014, o Concello de Lalín requiriu información a Patrimonio para saber do paradoiro dos materiais achados no lugar, xa que nada se volveu a saber dende as escavacións realizadas nos anos 2007 e 2008 onde apareceron milleiros de fragmentos cerámicos, algún obxecto de bronce e un anel de ouro. O Castriño de Bendoiro é un xacemento singular pola súa configuración e pola presenza de varias sepulturas de inhumación, cuxa explotación supuxo un fito revelador sobre os ritos dos habitantes do castro na que se cría que os cadáveres eran incinerados.
O Castro (Vilatuxe): Presenta forma case circular defendido por unha muralla e foxo que bordea o recinto, reforzado por un segundo foxo separado do primeiro por un parapeito. Apareceron muíños circulares de man.
Castro de Cristimil: No ano 2013, o xeógrafo de Lalín Antonio Presas deu a coñecer un novo castro na parroquia de Cristimil. Pendente de seren visitado polos técnicos de Patrimonio.
Castro da Croa (O Castelo): López Cuevillas e Bouza Brey (1929) narran unha lenda recollida por Antonio Fraguas cando catalogou este castro: "Unha vella viu de unha vez no castro unha cobra negra. Non tomou medo e a cobra, que era un encanto, desfíxose. De ter medo, non se houbera desfeito".
Castro de Palio: Hai uns anos varias persoas foron condenadas por un delito contra o patrimonio histórico por arar o xacemento para plantar árbores, conxuntura que aproveitaron para espoliar o xacemento utilizando un detector de metais. O castro mantivo a súa ocupación entre os século IV a.C. e I d.C.
Castro de Parada: Con recinto central de forma ovalada. Defendido por unha muralla con foxo e parapeito. Asociado a lendas de tesouros agochados.
Castro de A Pena (Xaxán): Tamén coñecido como Castriño da Barreira. Presenta un recinto de forma circular protexido por unha muralla e foxo. Destruído por unha excavadora. Segundo a lenda foi construído polos mouros, e que aquí enterraban os seus mortos.
Castro Pena da Cunca: Moi achandado. Está atravesado por unha liña de alta tensión.
Castro de Sestelo: Ten un recinto de forma ovalada que aproveita o emprazamento nun meandro do río Asneiro para a súa defensa. Na parte máis vulnerable está defendido por dúas murallas.

Xacemento
do Outeiro Grande (entre Bermés e Abonxo): Os
traballos impulsados pola Xunta de Galicia no xacemento de Outeiro
Grande, en Lalín, veñen de sacar á luz restos de madeira
carbonizada que, segundo os primeiros estudos, podería
corresponderse con parte da estrutura orixinal do recinto ou con
posibles actividades realizadas sobre o anel de pedra. Así se
desprende das conclusións das
actuacións
que tiveron lugar a finais do 2021 e en novembro de 2022.
Documentáronse
dous niveis diferentes de grandes fragmentos de carbón que os
arqueólogos interpretan como madeira carbonizada. Trátase de restos
que aparecen en posición horizontal, apoiados na terra, en sentido
transversal á estrutura pétrea e que non se localizan de xeito
habitual polo que poden axudar a obter gran cantidade de información
sobre as posibles actividades realizadas neste xacemento. Ademais,
no transcurso dos traballos tamén se localizou unha nova mámoa a
escasos metros que pasará a estar incluída no Catálogo do
Patrimonio Cultural de Galicia e restos cerámicos e líticos só no
espazo interior do recinto o que, segundo os expertos, pode ser
significativo de que a función deste xacemento non é residencial. O
de Outeiro Grande é un xacemento dunha tipoloxía aínda moi pouco
coñecida e estudada en Galicia, dado o recente que é o
descubrimento e catalogación destes recintos na investigación
arqueolóxica. Trátase dun tipo de sistema construtivo en planta
circular que, ata onde coñecen os expertos, non foron pensados nin
usados como espazos para vivir, senón que terían outro tipo de
funcións máis relacionadas co mundo simbólico, como poderían ser
zonas funerarias ou rituais. Na primeira campaña púidose documentar
o sistema construtivo básico do recinto, así como obter unha boa
cantidade de pezas arqueolóxicas (cerámicas e líticos) que
poderán, a través do seu estudo, axudar a entender a función deste
lugar. Esta escavación permitiu tamén obter as primeiras datacións,
que foron o aspecto máis sorprendente da mesma, ao estar situadas ao
longo da Idade do Ferro, sendo este o único xacemento desta
tipoloxía con esta datación. Estes datos sitúan a Outeiro Grande
nun momento diferente da Prehistoria e abre novas posibilidades de
estudo. Nesta liña, o interese
científico de Outeiro Grande é enorme, por unha banda ao ter
datacións de época castrexa, e por outra ao ser estas moi amplas no
tempo, indo desde os momentos de transición da Idade do Bronce á
Idade do Ferro (séculos X-IX a. C.) ata a os séculos IV-II a. C.,
co que deixan aberta a posibilidade dun uso estendido no tempo, ou de
varias fases de uso distintas. (Información
extraída de www.ecosdacomarca.com).
A LAMA
Monte do Castro (Gaxate); Monte do Castro e A Pedreira (A Lama); Verducido (Verducido); Xende (Xende).
Castro de Gaxate e Verducido: Atopáronse varios machados da Idade do Bronce.
Monte do Castro: A penas se conservan restos. No último terzo do século XIX ergueuse unha capela posta baixo a advocación do Sagrado Corazón de Xesús.

MARÍN
Illa do Santo do Mar (Ardán); Castelo (Ardán); Monte Pidreiras (O Campo); Coto das Penizas (As Penizas-Marín); Monte Castelo e Outeiro (Marín); A Suvidá (Mogor); Castelo de Gago (Seixo); Loira (Loira-Seixo); Monte de Brea (Seixo).
Castelo de Ardán:
Situado nun outeiro granítico de pronunciados flancos, cun amplo
dominio visual. No primitivo asentamento castrexo ergueuse una torre de
vixiancia medieval. Apareceron restos cerámicos e tégulas.
Castro de Pidreiras: No PXOM en vigor dende o ano 2012, ademais de erros de vulto como a desaparición do dolme de Pedralonga ou da ubicación da necrópole de Chan de Armada e do petroglifo de Pinal de Caeira no medio dunha estrada, nos castros da Suvidá e de Pidreiras só se clasifica como zona de especial protección a croa no canto de todo o recinto, mesmo no caso do da Suvidá clasifícase como de especial protección forestal o que quere dicir que se poderían facer plantacións forestais.

Castro de A Suvidá:
Asentamento castrexo situado sobre un outeiro coñecido como Coto ou
Monte das Sete Espadas. Presenta un recinto superior de planta oval. Non
hai moito aínda se conservaban parte das murallas de dobre recinto. Nas intervencións saíron á luz varias vivendas.
Apareceu cerámica castrexa e común romana, ánfora, moedas, alfinetes,
fíbulas, pendentes, machados puídos e muíños circulares e barquiformes. No ano 2021, por unha subvención do Ministerio de Fomento e a Deputación de Pontevedra melloráronse os accesos e colocáronse paneis informativos.
MEAÑO
Bara (Vista Alegre-Covas); A Igrexa (A Igrexa-Covas); Monte do Castro ou castro de Dena (Dena); Lores (Lores); Pedriños (Lores); Seixomil (Seixomil-Lores); Xil (Xil); Nantes, entre as parroquias de Lores (Meaño) e Nantes (Sanxenxo).
Castro de Lores: A croa, de forma tirando a ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 70 por 50 metros, circundada por varios aterrazamentos. Moi alterado por unha ermida, outras construcións, camiños, etc.
Monte do Castro ou castro de Dena:
Moi humanizado por vivendas, unha estrada e terras de cultirvo.
Apareceu un molde de pedra de forma navicular cun oco de molde centrado
en ambas as dúas caras.
Castro de Nantes: A 145 metros de altitude. Ten un diámetro aproximado duns 200 metros, con croa de 100 metros de diámetro.
Castro de Xil: Practicamente destruído pola igrexa parroquial, reitoral, outras construcións, terras de cultivo, etc.
MEIS
Covas, Gondes e San Cibrán (A Armenteira); O Gordo (Castiñeiras-A Armenteira); O Castro ou Paradela (Paradela); Cativocas (Caticovas-San Martiño de Meis); Caxín (Caxín-San Martiño de Meis); Perredondo (Nogueira de Arriba-San Tomé de Nogueira); Arcos, Monte da Caseta, San Paio e San Tomé (San Tomé de Nogueira).
Castro de Paradela: a 93 metros de altitude, cunhas medidas aproximadas de 110 por 95 metros. Terraplén e foxo polo nor-oeste.
Castro de San Paio: A 151 metros de altitude. Ten unhas medidas aproximadas de 115 porr 105 metros.
Braceira: En San Tomé de Nogueira atopouse unha braceira de prata (400-60 a. C.). No Museo de Pontevedra.
MOAÑA
Chan do Carrís, Montalegre (Domaio); As Cividades (Devesa do Rei-Meira); Chao de Caeiro (Meira); O Rosal (Redondo); Monte do Castro ou San Martiño (O Cruceiro-San Martiño de Moaña); Os Ladrados (Quintela-Moaña); Devesa do Mouro (A Seara-Virxe do Carme de Moaña); Os Remedios e Santa María do Castro (Tirán).
Castro As Cividades: Atopouse un puñal e material cerámico. Segundo a lenda, unha peneda que agocha un petroglifo que hai no castro está encantada e que só se pode desenfeitizar na Noite de San Xoán.
Castro de Chan dos Carrís: Atopouse material cerámico, un puñal de bronce e un posible fogar, todos da Idade do Bronce.
Castro de Montalegre: Situado a uns 100 metros de altitude, sobre a Ría de Vigo, está protexido por unha muralla na parte máis accesible e, no resto, polas defensas naturais que lle proporciona o propio desnivel do terreo. Nas escavacións, efectuadas por Losada Diéguez nos anos 1925 e 1926 (a memoria publicouse no 1975), saíron á luz estruturas habitacionais redondas e ovaladas, ademais de fíbulas e moedas de época romana. Nas escavacións dos anos 2003-2004 atopouse un cuncheiro e útiles de pesca. Canto aos restos faunísticos, os ovicápridos e bóvidos son os máis numerosos. O seu emprazamento amosa unha orientación cara a explotación do medio mariño (pesca e marisqueo). Presenza de materias alóctonos de procedencia mediterránea, de mediados do s. II a.C. ao I d.C. (ánforas tardopúnicas, ibéricas e itálicas e cerámica común). O castro está situado por riba dun túnel da vía rápida do Morrazo. Lamentablemente (un laio máis polo noso patrimonio), coas obras de desdobramento do corredor só quedará protexida a croa do castro, unha mínima parte se temos en conta que ten unhas dimensións coma os do Trega ou Las. En resumo, a meirande parte do castro quedará irrecuperable, e iso que é BIC. Parella sorte que poden correr os petroglifos que hai no lugar.
Castro de Os Remedios: Sobre o castro levantouse unha capela; todos os anos celébrase unha concorrida procesión. Apareceron fragmentos de ánforas, cerámica e sigillata. No castro hai unha peneda, xunto a ermida, coa gravura dun ofidio.
Castro de San Martiño: Planta tirando a circular, cunha pequena croa. Protexido por terrapléns e foxo. Daquí saíu a pedra para construír a reitoral que se atopa nas inmediacións.

MONDARIZ-BALNEARIO
Coto da Cividade?
MONDARIZ
Coto do Castro (O Castro-Frades); Monte do Castro (Mourelle-Gargamala); A Croa (Santa Baia do Mato-Lougares); Coto do Castro (Meirol); Castromao (Mondariz); Corte dos Cabalos (As Paredes-Mondariz); Coto Redondo ou Teitixón (Pé do Muíño-Mondariz); Coto do Santo (Campo do Mouro-Mouriscados); Mouriscados (Mouriscados); Riofrío (Cernadela-Riofrío); Sabaxáns ou Coto Grande (A Igrexa-Sabaxáns); O Castro (Monte do Castro-Toutón); As Croas (Vilar); As Chans (O Areal de Fontes-Vilasobroso).
Castro das Chans: A 198 metros de altitude. 156 por 105 metros, no límite coa parroquia de San Lourenzo de Oliveira, en Ponteareas.
Castro Corte dos Cabalos: Segundo noticia aparecida a mediados de xullo de 2012, os arqueólogos localizaron este castro que non estaba catalogado. O castro, situado xunto o regueiro de Ferres, ocuparía unha superficie de unha hectárea.

Castro do Coto Redondo ou Teitixón: Sobre o río Tea. De 110 por 100 metros. Polo este, despois dun foxo duns 15 metros de ancho, vese unha estrutura de forma rectangular de 95 por 40 metros.
Castro de Sabaxáns ou Coto Grande: A 516 metros de altitude. Sobre o castro levantouse asentamento en época medieval.
Monte do Castro: A 300 metros de altitude. Ten unhas medidas de 240 por 135 metros, con foxo polo N-E.
MORAÑA
O Castriño ou Monte Castelo e A Chan (Amil); Monte Castelo (Cosoirado); Monte Ardegán (A Espedregueira-Gargantáns); Pena da Auga (Monte Ardegán-Gargantáns); Paraños ou Monte da Mena (Paraños-Gargantáns); A Portela (Gargantáns); Santa Cruz ou Monte do Castro (Igrexa-Lamas); Cernadas (O Souto-Lamas); Queguizo (Laxe); Monte do Castro (O Castro-Rebón); Moraña (San Lourenzo).
Castro de Cernadas: Formado por tres aterrazamentos. No recinto superior vense restos dunha defensa polo lado norte.
Castro da Chan (Amil): Sobre o castro, Verea y Aguiar construíu unha capela, e logo, Pedro Belay erixiu o actual santuario dos Milagres.
Castro de Paraños: Posúe un recinto tirando a circular, con muralla defensiva e foxo no lado sur-surleste.
Castro de Santa Cruz: Con camiño de acceso coñecido como a Corredoira do Castro. Atopáronse restos cerámicos, tégulas e un muíño de man.
Monte do Castro (Rebón): Recinto en terrazas e en forma de coroa circular organizado arredor dun afloramento. Consérvase parte dunha muralla. Alterado pola construción de camiños, unha caseta e actividades forestais.

MOS
O Crastelo (Balada-Cela); Erville (Erville-Cela); Guizán ou Reixomil (Guizán); A Cividade (Louredo); Os Castros (Carballal-Mos); O Castro (O Castro-Mos); Pereiras (Pereiras); Petelos (Monte do Castro-Petelos); Torroso ou Retiro (Torroso); Dornelas (Os Castros-Torroso).
Castro de A Cividade: Elíptico arrodeado por un foxo; fragmentos cerámicos galaico-romanos.
Castro de Erville: Cunha acrópole rochosa con dúas plataformas.
Castro de Pereiras: Os terreos foron adquiridos pola Comunidade de Montes de Pereiras e a Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras. En setembro de 2021 comezaron as escavacións pola empresa Tempos Arqueólogos, sacando á luz unha vivenda e anacos cerámicos castrexos e algún romano.
Castro de O Torroso: Descuberto
no ano 1983 de forma casual, foi escavado entre o 1984 e o 1990 por
Antonio de la Peña Santos quen, ademais de restos cerámicos e muíños de
vaivén e ferramentas agrícolas, atopou unha fibela de cinto de bronce, unhas pezas de bronce
relacionadas con cabalos e damasquinados de prata e pasadores de ferro,
datados no s. VII a.C. Tamén saíu á luz un puñal de bronce con lingüeta
calada e nervadura central. Considerado uns dos castros máis antigos,
foi abandonado a mediados do milenio. O castro está defendido por tres
foxos concéntricos e parapeitos. Algunhas pedras con gravuras de
cazoletas foron reutilizadas para a construción do castro.
AS NEVES
O Castro (Lentille-Batalláns); Coto do Facho (As Neves); O Castelo, O Crasto e Rocha (Rubiós); A Cividá e Coto do Conde (San Pedro de Batalláns); Fonte das Barbas (Santiago de Ribarteme); Bocas e A Cividá (San Xosé de Ribarteme); Aspra, Setados e Vilariño (Setados); Coto de Altamira e Píos (Taboexa); A Cividá e Reguengo (Tortoreos); Coto do Galo (Monte de San Martiño-Vide); Requeixo (Vide).
Castro de Altamira:
Castro de pequenas dimensións moi romanizado. Conserva restos de
muralla e foxo. As primeiras escavacións son do ano 1929, saíndo á luz
lucernas, fíbulas, coitelos de ferro, un peite de cobre, etc. No ano
1953, Filgueira Valverde e García Alén atoparon máis obxectos, entre
outros unha figura de vaca, a cabeza dun can e outra dun porco,
moedas... Entre os anos 1973 e 1976, nas escavacións dirixidas por
García Alén e Acuña, atopáronse varias pezas de ouro e prata, fíbulas,
aneis e lingotes de chumbo; un veciño que participaba nas escavacións
localizou unha figura en bronce que representa ao deus Mercurio, na
actualidade depositado no Museo de Pontevedra. Nos últimos traballos do
ano 1999 descubrironse figuras de bronce, un pedestal e un togado.
Tamén saíu á luz parte dun casco cónico de bronce. Nas inmediacións
apareceron útiles do Paleolítico e do Neolítico. No castro tamén hai
algunhas penas con petroglifos.
Castro de Bocas: Restos de muralla e foxos. Apareceron anacos cerámicos, machadas e un muíño circular de época romana.

Castro de A Cividá:
Apareceu unha labra de fundición decorada polas dúas partes. Neste
castro hai unha rocha con pías e cazoletas colocadas simetricamente,
coñecidas como "Pías do Bautismo". Apareceu unha labra decorada con esvástica do século II-III d. C. que serviría para incrustar nun paramento, pero descoñécese a súa función.
NIGRÁN
Monte da Cividá e Tarela (Camos); Monte do Crasto ou Castro de Chandebrito (Chandebrito); Panxón (Panxón); O Castelo (Parada); Monte do Castro (Navás-Priegue); Castro das Medoñas (Priegue); Maúxo (Montes do Maúxo, entre Nigrán e Vigo).
Castro de O Castelo (Parada): Penas con gravuras de cazoletas e ferraduras; segundo a lenda, estas últimas foron feitas polo cabalo do Apóstolo Santiago.
Castro de Chandebrito: Situado a 360 metros de altitude sobre o nivel do mar, domínase parte da ría de Vigo. Presenta unhas boas condicións defensivas. Entre outros materiais, saíron á luz fragmentos cerámicos de varios tipos, doas de pasta vítrea, un fragmento de aríbalos púnico e unha asa de ánfora, o que demostra contactos comerciais con pobos do Mediterráneo. No mes de xaneiro de 2019 atopáronse pezas cerámicas que revelan que foi construído arredor do século VIII a.C., 300 anos do que se cría ata entón, a finais da Idade do Bronce. Os arqueólogos apuntan a que estivo habitado 600 anos. Estas últimas escavacións, promovidas pola asociación de veciños de Chandebrito e a cooperativa Árbore Arqueolóxica, están dirixidas por Darío Peña. As evidencias de que o castro estivo habitado dun xeito prolongado no tempo débese ás distintas formas de elaboración da cerámica atopada, con decoración diversa. O asentamento chegou a acoller unhas cincoenta vivendas repartidas en tres alturas e distribuídas por unha superficie de 3,5 hectáreas. Na segunda fase do proxecto prevese a musealización e divulgación do xacemento.
Monte do Castro (Navás): Érguese sobre un outeiro a media ladeira que domina unha ampla zona da costa e a entrada á ría de Vigo. Circular, aproveitando as características físicas do outeiro. Consta dun recinto máis elevado delimitado por un socalco que apenas se conserva. O segundo recinto está delimitado por unha muralla terreira e un foxo defensivo cun aterrazamento de pequenas dimensións na zona norte. As primeiras intervencións data do ano 2006 onde se documentou unha vivenda que padecera un incendio entre os séculos II-I a.C. Atopáronse madeiras utilizadas para a cuberta ademais, entre outros, a utilización de caña; o lume tamén deixou evidencias de insectos que colonizaban a casa, así como sementes de millo e algúns útiles de madeira.
Castro de Tarela: Segundo información feita pública o día 14 de maio de 2014, un xulgado de Vigo sobreseu a causa contra a empresa "Maderas y Transportes Rafael Costas SL" ao crer inexistente un delicto contra a ordenación do territorio por estar emprazada no castro. O aserradoiro carece aínda de licencia municipal.
OIA

Cividade da Burgueira (Burgueira); O Castelo e Chavella (Loureza); Castelo Fariña (Barcelos-Mougás); As Chans e Mougás (A Igrexa-Mougás); A Cabeciña, Monte dos Mouros ou Canto dos Mouros e Vela Grande (Mougás); O Bosque (O Arrabal-Oia); A Cabrariza (A Cabrariza-Oia); Monte do Castro (O Piniño-Pedornes); O Crasto (Cardorrío-Pedornes); A Curuta (A Serra Seca-Viladesuso); Cano dos Mouros, Viladesuso (Viladesuso).
Castro do Bosque: A 100 metros de altitude. Ten unhas medidas aproximadas de 125 por 100 metros. Foxo polo sur-leste.
Castro de A Cabeciña: Dende o outeiro controlábase o acceso polo norte ao litoral de Oia. Aprécianse restos da muralla, un foxo e aterrazamentos. Localizáronse tres cabanas de planta circular e unha estrutura elíptica. A cronoloxía sitúase entre finais do Bronce e inicios do Ferro ((séculos VIII-V a.C.). Da Idade do Bronce apareceron restos cerámicos e un machado de talón. Parece ser que este asentamento foi reutilizado posteriormente, tal como se salienta na páxina da Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Oia, para a construción dunha fortaleza coñecida como Cabestán. Aquí tamén se atopan os petroglifos coñecidos como da Cabeciña. O complexo arqueolóxico foi descuberto polo arqueólogo Javier Costas Goberna na década dos noventa. No mes de marzo de 2015, o equipo dirixido por María Jesús Iglesia Darriba confirmou cinco construcións de tres ocupacións entre o século VIII a.C. e o I d.C. Entre os achados identificaron unha cabana completa da Idade do Ferro. As murallas, de case dous metros de ancho, están case na superficie. Unha das espectativas é poder chegar a constatar se había comercio no século VIII a.C. cos fenicios, ou se hai forma de relacionar o castro cos petroglifos que hai no lugar.
Castro do Cano dos Mouros: Coñecido tamén como Coto dos Mouros. Atópase no monte Cubelas. Obsérvase un sistema desfensivo composto por unha muralla de pedra cunha altura que nalgúns tramos acada os dez metros e polo forte desnivel do terreo polo sur. Apareceron restos cerámicos. Na croa hai unha rocha coñecida como a Cadeira do Rei. Lendas relacionadas cos mouros.
Castro de Castelo Fariña: A 140 metros de altitude. Ten unhas medidas aproximadas de 105 por 70 metros.
Castro Chavella: A 474 metros de altitude, no Alto do Castelo. Conserva restos da muralla exterior, un recinto cuadrangular na acrópole, terrazas e parapeitos.
Castro de Mougás: De 100 por 75 metros. Perdeu case todo o seu sistema defensivo.
Castro de Vela Grande: No ano 1973 apareceu un depósito de machados da Idade do Bronce; atópanse no Museo de Pontevedra.
Castro de Viladesuso: Ten unhas medidas aproximadas de 123 por 75 metros. Fortes terrapléns en todo o seu perímetro.
O Castro (Cardorrío): Case circular, duns 70 metros de diámetro.
Cividade da Burgueira: Asentamento ocupado durante a Idade do Ferro, polos romanos e na Idade Media. Sitúase nunha pequena elevación entre dous regueiros tributarios do río Tamuxe.

Amoedo (Amoedo); Monte Buxel (Cepeda); Monte do Cristo (Monte do Castro-Pazos).
Castro de Amoedo: Forma oval cun recinto principal de 105 metros de longo e 60 metros de ancho. Polo norte ten unha terraza de 10 metros de ancho.
Castro de Monte Buxel: Xacemento da Idade do Bronce. Foi obxecto dunha escavación no ano 1998, dirixida por César Parcero Oubiña. Asentamento situado a 410 metros de altitude. Un sector atópase bastantes alterado polas obras dun gaseoducto. Descubríronse unhas estruturas de planta circular para almacenaxe de cereais. Apareceron útiles líticos, restos cerámicos da Idade do Bronce (cuncas, olas) e algúns de época medieval.
Castro de Monte do Cristo: Habitado entre os séculos VI a.C. e I a.C. Forma oval cun recinto principal de 80 metros de longo e 65 de ancho. O foxo perimetral está parcialmente destruído por unha estrada.

Monte do Castro (O Lourido-San Salvador de Poio); Cerro de San Porfíns (A Barca-San Salvador de Poio); Campelo (Campelo-San Xoán de Poio); A Cividá ou Pereiró (Xuviño-San Xoán de Poio); Outeiro da Choqueira (Liñares-San Xoán de Poio).
Castro de Campelo: Moi alterado polos labores agrícolas.
Monte do Castro (Lourido): Castro sen confirmar. Saíu á luz un anaco dunha ánfora e fragmentos cerámicos modernos.

Castro do Cerro de San Porfíns: Ocupaba o sitio onde se atopa o centro comercial da Barca. Desaparecido.
Castro da Cividá ou Pereiró: A 119 metros de altitude, sobre o rego Esperón. 135 por 87 metros. Croa polo nor-oeste de 70 por 60 metros.
As Searas (Angoares); Coto do Castro (Arcos); Couto do Castro, Pardellas, As Rabadeiras (Areas); Monte Castrelos (Arnoso); Bugarín (Bugarín); A Igrexa (Celeiros); Busgueiros e Cacharanda (Cristiñade); A Cidade e Outeiro (Caneiro-Fozara); Castromao (Guillade); A Cividade, O Castelo, Guláns e San Cibrán (Guláns); O Castelo (Nogueira); A Capela e San Amaro (Oliveira); O Castro ou O Crasto (Padróns); Troña (Pías); Monte do Castro (Prado); A Croa ou Ribadetea, O Castelo, Castromao, Lomba do Mouro e Sarmagoso (Ribadetea); As Chans (San Lourenzo de Oliveira); Os Eidos (O Eido de Arriba-Xinzo); A Cividade (Xinzo); nos montes da Picaraña están os castros do Alto das Rabadas, Couto dos Mouros e Picaraña. Museo municipal de Ponteareas.
Castro da Cidade (Fozara): No ano 1984 houbo unha intervención dirixida por Hidalgo Cuñarro e Rodríguez Puentes. Moi alterado por unha canteira, só se conserva a muralla polo norte e noroeste. Apareceu abundante material, entre outros un puñal de antenas (400-60 a. C.), unha moeda de bronce coa caetra no reverso, muíños naviculares, unha fusaiola decorada, pezas de bronce e cerámicas decoradas, fíbulas, alfinetes, etc.
Castro das Chans: A 198 metros de altitude. De 156 por 105 metros, no límite coa parroquia de Vilasobroso, en Mondariz.
Castro de A Croa ou Ribadetea: No mes de setembro de 2013, escavadoras e outro tipo de maquinaria destruíron parte do sistema defensivo do castros segundo denunciu o grupo ecoloxista Adenco. No mes de xuño de 2016, a Dirección Xeral do Patrimonio impuxo unha multa de 6.000 euros ao Concello, ademais de restituír as cousas ao seu estado. Durante o procedemento sancionador o Concello tentou alegar descoñecemento sobre a existencia do castro a pesares de figurar no PXOM e estar catalogado como BIC.

Castro dos Eidos: Planta tirando a circular, duns 50 metros de diámetro. Foxo defensivo.
Monte do Castro: En perigo polo avance incontrolado dunha canteira.
Castro de Troña: Ocupado entre os séculos VI a.C. e II d.C. Foi escavado no 1927 por Luis Pericot e Florentino Cuevillas, e logo nos anos 1982 e 1992 por Hidalgo Cuñarro. Ten unha superficie de 2 ha. Conserva un sistema defensivo formado por dúas murallas, foxo e parapeito. A maioría das estruturas habitacionais teñen forma circular. Atopáronse restos cerámicos, unhas tenaces para traballar o ferro, un fragmento dun torque de ouro e un engarce que posúe a representación iconográfica dunha divindade alada do panteón romano. Ambas as dúas pezas atópanse no Museo Municipal de Ponteareas. Nunha rocha hai insculpida unha serpe. O castro tamén é coñecido como o Monte Doce Nome de Xesús pola ermida que se ergue sobre a croa. Segundo a lenda, do castro parte un túnel que vai dar ao río Tea, nel agocharon os mouros un tesouro. Declarado Ben de Interese Cultural. Pericot e Parga Pondal recollen unha lenda relatada por don Constante Fernández, de Pías, citada logo por López Cuevillas e Bouza Brey (1929): "Nalgún tempo había no monte unha serpente que baixa a terra chán pra comer unha besta, unha ovella ou o que fose. Por medo, e pra que non baixase, os veciños puxéronse de acordo e traíanlle ó monte todolos días, un animal que sorteaban entre eles. Pasado o tempo axuntaron unha morea de novelos que lle deron ás tecedeiras, e fixeron cos fíos ben retortos unha corda e un novelo grande, que lle deron a comer á serpente. Axiña que a serpente o enguleu, tiraron da corda e arrastrárona e enterrárona aquí no adro da ermida, e o sitio do enterramento, ergueron o cruceiro que había onde está o que hai hoxe".

Regueira dos Cocos (Cristiñade): Patrimonio ten catalogado un xacemento, os veciños din que se trata dun castro se ben, en principio, non se aprecia.
Jhonatan Zúñiga informoume da existencia doutros castros no concello: A Croa, O Castelo, Castromao, Lomba do Mouro, Sarmagoso, O Crasto, A Cividade, Monte Castrelos, O Castro, San Cibrán, Couto do Castro, As Rabadeiras, A Picaraña, Couto dos Mouros e Alto das Rabadas.

PONTE CALDELAS
O Castro (Castro Barbudo); Chan de Pipas (Caritel-Forzáns); Pena Redonda (Forzáns); Parada (Ponte Caldelas); Monte Castelo (Caldelas-Ponte Caldelas); Coto da Cidade (Tourón); Tourón (Paradela-Tourón).
Castelo Grande: A 480 metros de altitude. Medidas de 170 por 100 metros, con croa central de 30 por 55 metros. Sobre o castro edificouse unha fortaleza medieval.
Castro do Coto da Cidade: A 225 metros de altitude, entre dous cursos de auga. Consta dun recinto principal de 192 por 96 metros, cun antecastro polo este.
Castro de Tourón: A 595 metros de altitude. Medidas de 180 por 115 metros.
PONTECESURES
Finca do Castro
(Infesta-Pontecesures): Microtopónimo nidio, mais descoñecemos
vestixios que certifiquen a existencia dun xacemento castrexo. Trátase
dunha finca pechada cun muro que acolle unha gran riqueza botánica. O
Concello de Pontecesures estaba en conversas co dono da propiedade para
facerse con ela e convertela nun parque e lugar de esparexemento.
Castro Cesuris (Requeixo): Situado nun pequeno outeiro que domina todo o val. Alterado por algunhas construcións.
Castro de Monte do Porto: Atopouse
un machado de pedra durante unha escavación de urxencia realizado por
Beatriz Comendador Rey, pertencente, posiblemente, á Idade do Bronce. A
súa adscrición como castro é dubidosa.
PONTEVEDRA
A Cividade (Bora); Monte do Castro (Cacheiro-A Canicouva); Mourente (Mourente); Monte das Croas (Monte das Croas-Salcedo); Maúnzo (Maúnzo-Xeve); San Cibrán (Tomeza); Verducido (O Gabián-Verducido).
Castro da Cividade: Apareceu unha moeda romana de bronce de Cómodo.
Castro do Monte das Croas:
Castro de comezos da Idade do Ferro. Foi alterado pola extracción de
pedra e por unha estrada. Malia iso é o mellor conservado do concello. A
mediados do mes de agosto de 2014 o Concello de Pontevedra anunciou o
inicio dunha campaña de escavacións para estudalo e poñelo en valor. A
actuación concentrarase na muralla e os restos dunha cabana, traballo
que comezara De la Peña Santos na década dos anos noventa do pasado
século XX. No ano 2013 xa se levaron a cabo labores de desbroce o que
permitiu visualizar o asentamento e facilitar o acceso.
Castro de Maúnzo: Segundo a lenda hai un túnel onde os mouros agocharon un tesouro.
Castro de San Cibrán: Atopouse unha moeda de época romana de Vespasiano.
Castro de Verducido: No Monte do Castro. Non se observan restos. Sobre o castro construíuse un miradoiro e un monumento aos canteiros.
Monte do Castro (Cacheiro): Atopáronse fragmenos de tégulas e cerámicos.
O PORRIÑO

Castrelos (Atios); O Castro (A Torre-Atios); A Serra (A Graña-Cans); Pontellas (Pontellas); O Castro (Seixo Branco-San Salvador de Budiño); Monte de Budiño ou Faro de Budiño (San Salvador de Budiño).
Castro do Monte de Budiño ou Faro de Budiño: De forma elíptica, conserva parte da muralla pétrea cun grosor de dous metros. Parece que foi reocupado na Alta Idade Media. Trátase dun gran recinto de 3,3 ha en cuxo interior aprécianse edificacións rectangulares e restos de cerámica e tégula romana. Polos fragmentos de tégula e pola súa ubicación preto do bispado de Tude, nunha posible orixe tardoantiga. Podería ser parte dun máis amplo sistema de puntos de vixiancia e sinais en torno ao paso da vía XIX e o Baixo Val do Miño.
Rial (Rial-Lantaño); Monte do Castro (Piñeiro-Portas); Monte do Castro (Romai Vello-Romai); Monte Quenlla? (na capital municipal).
Monte do Castro
(Piñeiro): Conserva restos dun recinto murado defendido por un
terraplén natual. Atopáronse un forno, fragmentos cerámicos e muíños de
man
Monte do Castro
(Romai Vello): Cun recinto arrodeado por un terraplén. Atopáronse
restos cerámicos, muíños de man circulares e naviformes e ánforas
romanas.
REDONDELA
Ferreiro (Negros); Coto de Negros (Monte do Castro-Negros); Couto dos Lobios (Trasmañó); Coto dos Castros (Ventosela); Castrizán (A Nogueira-O Viso); Castriño, Eido da Moura e Eido da Raíña (Soutoxuste-O Viso); A Peneda e Viso (O Viso).
Castro do Coto de Negros:
No monte Mirallo, domina todo o val do río Maceiras. Acrópole defendida
por unha muralla, moi deteriorada pola plantación de eucaliptos.
Presenta un forte desnivel que actuaba como defensa natural. Apareceron
tégulas e restos de ánforas de época romana. Dominaba a calzada romana
que viña de Tui.
Castro de A Peneda:
Entre Redondela e Soutomaior; nas ladeiras hai varios petroglifos con
combinacións circulares. Apareceron coitelos e machados de bronce,
percutores, machados pulimentados, restos de ánforas, moedas, restos
cerámicos, muíños circulares e naviformes.
Castro do Viso: Situado a 325 metros de altitude sobre o nivel do mar, domínase unha ampla panorámica. Aínda que moi modificado, pódense ver restos de muralla pétrea e das vivendas. Atopáronse un caldeiro, un alfinete, un coitelo, unha agulla e unha fibela, todos en bronce. Tamén apareceron machados pulimentados, muíños circulares e naviformes e cerámica de tradición indíxena e romana, ademais de moedas de bronce pertencentes a varios emperadores. Cóntase que no ano 823, Afonso II deulle terras ao moro Mahmud, de Mérida, que se rebelara contra Abderramán II. No ano 830, Mahmud fortificouse neste castro. Afonso II cercouno, matando ao moro e acoitelando a todos os demais.
RIBADUMIA

A Bouza (A Bouza-Besomaño); Leiro (Lameán de Arriba-Leiro); Monte do Castro (entre Leiro e Besomaño); Con das Sete Pías (A Grenla-Vilariño).
Castro Con das Sete Pías: No monte da Grenla, a 107 metros de altitude. O primeiro en dar conta do castro foi Fariña Jamardo no Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología de la Universidad de Valladolid. Foi escavado por Bouza Brey, quen xa constatou a existencia de construcións circulares. No recinto hai uinha rocha con pías comunicadas entre si por trazos, que segundo a tradición dálle o nome de Sete Pías que identifican as sete parroquias que se divisan dende o sitio; actúa como marco divisorio entre os concellos de Cambados, Ribadumia e Vilanova de Arousa. Segundo a lenda, unha longa cadea de ouro soterrada une o castro co Monte Lobeira. Outra cadea ía cara o Con da Moura, en Covas de Lobos, onde vivía unha moura e ao seu pé había un pozo do que viña unha cadea de ouro; quen turraba dela acababa no fondo. Cando nacían meniños, eran derramadas unhas pingas do seu sangue para favoreceren o crecemento. Había unha aldea onde vivían os mouros. (Algunhas lendas foron extraídas de Gumersindo Mosteiro Díaz).
Castro Con das Sete Pías: No monte da Grenla, a 107 metros de altitude. O primeiro en dar conta do castro foi Fariña Jamardo no Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología de la Universidad de Valladolid. Foi escavado por Bouza Brey, quen xa constatou a existencia de construcións circulares. No recinto hai uinha rocha con pías comunicadas entre si por trazos, que segundo a tradición dálle o nome de Sete Pías que identifican as sete parroquias que se divisan dende o sitio; actúa como marco divisorio entre os concellos de Cambados, Ribadumia e Vilanova de Arousa. Segundo a lenda, unha longa cadea de ouro soterrada une o castro co Monte Lobeira. Outra cadea ía cara o Con da Moura, en Covas de Lobos, onde vivía unha moura e ao seu pé había un pozo do que viña unha cadea de ouro; quen turraba dela acababa no fondo. Cando nacían meniños, eran derramadas unhas pingas do seu sangue para favoreceren o crecemento. Había unha aldea onde vivían os mouros. (Algunhas lendas foron extraídas de Gumersindo Mosteiro Díaz).
Castro de Leiro: Forma elítica alongada e irregular, alterado por unha canteira abandonada, camiños e un vertedoiro incontrolado de lixo.
Monte do Castro: Pódense
ver restos das murallas, unhas escaleiras, vivendas de forma circular e
cadrada e un forno comunal. O sector central era unha zona artesanal,
adicada aos traballos metalúrxicos, con restos dun forno de fundición e
un alfar. Nos labores de recuperación apareceron 5.700 pezas cerámicas, a
maioría castrexas, pero tamén de época romana. Tamén saíron á luz 36
pezas de bronce, 132 líticas e 5 de ferro. Tamén se atopou un caldeiro con remaches de bronce datado entre o 400 e o 60 a.C. En abril de 2011 a Deputación
Provincial denunciou o roubo de parte do material empregado nas
escavacións que se prolongarán ata finais de maio. A segunda fase das
escavacións, na que no ano 2011 participaron arqueólogos do CSIC e da
Deputación Provincial de Pontevedra, baixo a dirección de Rafael Rodríguez, levaron ao achádego de máis de
6.000 pezas arqueolóxicas que van dende o século IX a.C. ao I d.C. Nos
traballos atopáronse pezas de orixe mediterránea o que permite crer que
os seus poboadores comerciaban con esa rexión. Tamén se descubriu que a
maioría das estruturas estaban danadas por un incendio, posiblemente
provocado, o que obrigou ao abandono do castro no século I d.C. A
aparición dunha dolabra, arma ferramenta que formaba parte do equipo dos
soldados romanos e que ata o de agora só se atopara en campamentos
militares, fai sospeitar que foron os romanos os que obrigaron aos
habitantes do castro a abandonalo despois de seren queimado. O castro atopábase bastante estragado por canteiras e a estracción de area.
Ídolo do Monte do Castro: Antropomorfo de granito. Na cartela do Museo de Pontevedra dálle unha cronoloxía entre o 400 -60 a. C.
RODEIRO
Castrillón (Camba); Coto dos Mouros ou Aboldrón (Aboldrón-Camba); Baroncelle (Carboentes); Chousa dos Castros (Pedroso); O Fabal ou A Penela (Pedroso); Casasoa (Río); Riobó (Riobó); A Devesa (Rodeiro); Vence (Vence-Rodeiro); Castro Pequeno e Castro Grande (Casares-O Salto); Cantelle (Vilela).

Castro de Baroncelle: Recinto superior de forma ovalada defendido por foxo e terraplén. Asociado a unha lenda dunha moza e dunha serpe.
Castro de Cantelle:
Presenta un recinto superior de forma circular defendido por unha
muralla, foxo e parapeito. Posúe un antecastro defendido por unha
muralla. Asociado a varias lendas.
Castro de Casasoa:
Domina o val do río Camba. Forma ovalada arrodeado por unha muralla. O
sistema defensivo complétase cun foxo e un parapeito que envolven a
muralla.
Castro do Coto dos Mouros ou Aboldrón: A 740 metros de altitude, sobre o rego de Albodrón. Recinto tirando a oval, duns 200 por 135 metros, defendido por unha muralla pétrea en todo o seu perímetro e reforzada en parte por un foxo.
Cabeza de Aboldrón: Publicada en Lucensia nº 56 (2018) por Luis Fernando Pérez Méndez. Aínda que tosca, aprécianse claramente a boca, o nariz e os ollos; arredor do pescozo obsérvase unha gravura que puido representar un torques. O autor desbota que se trate dunha "cabeza cortada", crendo que estaría empotrada nunha casa.
Castro Grande:
Recinto tirando a circular, defendido por unha muralla terreira. Conta
cun antecastro. Por un dos lados, o conxunto aparece reforzado por tres
foxos e tres parapeitos.
Castro Pequeno: Recinto ovalado con penedos que ocupan gran parte da superficie, defendido por muralla, foxo e parapeito. Atopouse unha pedra con coviñas.
Fíbula de Rodeiro: Séculos III-II a.C. Procede do Coto dos Castros, nun achádego fortuíto. Trátase dun tipo de fíbula característico da cultura dos castros do NO. O maior interese destas pezas está no emprego dunha técnica decorativa como é o nielado (aplicación de fío de prata sobre outro metal) formando diversos motivos.

As Eiras ou da Madalena (As Eiras); Parada (Parada-O Rosal); O Picón (O Picón-O Rosal); Castro de Francia (O Calvario-O Rosal); Monte Bandeira ou Pico da Bandeira (Monte Bandeira-O Rosal); Martín e Portecelo (O Rosal); Portela (Pinar do Castelo-A Portela-O Rosal); O Pombal (A Portela-Tabagón).
Castro do Calvario:
Situado nun pequeno outeiro. Ten forma ovoidal, está defendido por un
parapeito terreiro e cachotes graníticos. Atopáronse unhas esvásticas de
granito, moedas romanas e unha caetra, fragmentos cerámicos e un colar de bronce.
Castro das Eiras ou da Madalena: Croa de forma circular. Alterado pola construción da capela da Madalena, muros e camiños de acceso.
Castro de Martín: Saíu á luz unha esvástica, atopada por don Francisco Carrera Portela.
Castro do Monte Bandeira ou Pico da Bandeira: Entre os concellos da Guarda e do Rosal. Descuberto nos anos vinte do século XX, foi escavado pola sociedade Pro-Monte de Santa Tecla onde apareceron fragmentos cerámicos, trisqueles e outros obxectos dos que non se coñecen o seu paradoiro. Nos primeiros meses do ano 2021, despois da limpeza efectuada pola comunidade de montes de Salcidos, localizaouse parte do muro dunha das vivendas, ademais estableceuse a cronoloxía base de ocupación que sería entre o século I a.C. e o I. d.C., segundo o arqueólogo Benito Vilar, de Árbore Arqueoloxía. De todos os xeitos ata que non se realicen novas escavacións non será posible datar a primeira ocupación. Botando man do LIDAR, ten unhas medidas aproximadas de seis hectáreas. No verán de 2022 o Concello, en colaboración coa Comunidade de Montes do Rosal realizou unha campaña para poñelo en valor e dalo a coñecer. Preto do castro hai un petroglifo formado por un reticulado.
Castro de Parada: De reducidas dimensións, presenta unha forma ovalada.

Castro de Picón: Presenta un pequeno recinto arrodeado por unha muralla. Alterado por un camiño.
Castro de Portela: Forma circular cun só recinto. Restos de muralla defensiva.
SALCEDA DE CASELAS
Pías dos Mouros, Monte Faro ou Castelo de Entenza (Castelo-Entenza); Coto Caldeiriñas (Pedrabuxiña-Entenza); Coto do Castro (A Presa-Parderrubias); O Castro (A Picoña); Alto de San Cibrán (Loureiro-A Picoña); Eido Vello (San Estevo de Budiño); Coto de Condide (Condide-San Xurxo de Salceda); Monte Abeiró (O Cruceiro-Santa María de Salceda); O Castelo e As Coruxeiras (Pegullal-Santa María de Salceda).
Castro do Alto de San Cibrán:
A 430 metros de altitude. Varias pistas que dan ao cumio do monte produciron cortes nas murallas.
A muralla que delimita o espazo interior, de 280 por 240 metros, combina mampostería con pedras fincadas e bolos de rochas que se integran na traza. No interior do recinto construíuse unha ermida (século XVIII) posta baixo a advocación
de San Cibrán e un cruceiro de grandes dimensións construído no ao 1900 con motivo do cambio de século e na súa construción participaron catorce parroquias; tamén se instalaron
mesas e bancos de pedra e parrillas.
O Castro
(A Picoña): De forma elíptica e cun recinto, situado nun outeiro sobre a
marxe dereita do río Caselas. Manuel Prego atopou restos cerámicos de
posible orixe calcolítica publicados nun seu libro Unha ollada á historia de Salceda de Caselas (2007). Hai tempo, Manuel xa descubrira no Monte da Picoña a gravura dun sol realizada nun soporte granítico.
Castro Coto Caldeiriñas:
Sobre un outeiro, presenta un recinto de forma elíptica con foxos e
parapeitos. Parte do xacemento desapareceu por mor dunha canteira. Un
cortalumes atravesa o castro.
Castro Coto de Condide:
Sobre un outeiro, presenta forma elíptica cun recinto arrodeado por
unha terraza e defendido por un foxo e dous parapeitos. Moi alterado por
unha pista de terra. Practicáronse escavacións furtivas. No lugar hai
restos do que se cre unha torre medieval.
Castro de Monte Abeiró:
Nun outeiro, presenta forma elíptica. Non se aprecian estruturas
defensivas artificiais. Alterado pola construción de varias pistas.
Castro Pías dos Mouros:
Sobre un outeiro, defendido polas pendentes naturais do terreo, un foxo
e parapeitos. Apareceu material cerámico. Alterado pola extracción de
pedra. Varias escavacións furtivas, unha das cales deixou ao descuberto
os restos dun muro.
SALVATERRA DE MIÑO
Aixén (Aixén); Fiolledo (Fiolledo); Fornelos ou O Coto (As Fraguiñas-Fornelos); Santa Cristina (O Freixoeiro-Leirado); A Cividá ou Leirado (Os Medóns-Leirado); Lira ou Alto San Amaro (Lira); Eido Vello (O Eido Vello-Lourido); Penedo dos Mouros (Lourido); O Crasto (O Vao-Oleiros); Monte Castelo (Pesqueiras); Alegre (Salvaterra); Finzáns (Uma).
Castro de Aixén: A 64 metros de altitude. Ten unha medidas aproximadas de 107 por 85 metros.
Castro Alegre: Florentino Cuevillas e Bouza Brey (1929) recollen unha lenda relatada por don Xosé Martín Rodríguez, de Fornelos da Ribeira: "A un rapaz que andaba co gando no castro saleulle un día unha moza que se penteaba os cabelos cun peite de ouro. -Ai señor, se me dera ese peite con que se peitea!, díxolle o rapaz. Dareiche o peite e dareite moito máis aínda ata facerta rico si fas o que che eu diga e non te acañas. E díxolle ó rapaz que lle levase ó día seguinte unha cunca de leite bendecida, e que non se acañase co que socedese, pois mentras ela bebía o leite, il tiña que ter man da cunca. Foi o rapz ca cunca, e saleulle unha grande cobra que se puxo a beber no leite e o rapaz sn se acañar tiña man da vasixa. Bebeu todo a cobra, e ó rematar convertiuse na señora do outro día e deulle moita riqueza".

Castro de Fornelos: Sobre o castro constuíuse unha ermida. Moi alterado.
Castro de Lourido: Promovidas polo Concello e a Conselleria de Cultura, e baixo a dirección do arqueólogo Francisco Hervés, nos anos 2022 e 2023 leváronse a cabo unha serie de actuacións para poñelo en valor. Localizouse unha casa castrexa cunha escaleira que daba acceso ao piso inferior, quizais un edificio relixioso. Poden verse restos de muros de vivendas circulares. Apareceron obxectos de bronce, cravos, restos cerámicos e muíños circulares. Un dos achados relevantes é o dunha estela da Idade do Bronce onde aparecen dúas personaxes con atributos militares (puñais e o que semellan peixen e anzois).
Castro de Lira ou Alto San Amaro: No límite coa parroquia de San Mateo de Oliveira (Ponteareas). Sobre el construíuse unha capela posta baixo a advocación de San Amaro. Apareceron restos cerámicos e tégulas. Xunto a ermida hai varias pías que durante a festa, celebrada o 15 de xaneiro, bótase auga para bendicir os campos. Segundo a lenda hai un túnel que o comunica co de Altamira, en Taboexa (As Neves).

Castro de Santa Cristina: A 215 metros de altitude. Case no límite coa parroquia dde Taboexa (As Neves).
O Rastro (Oleiros): Totalmente destruído.
SANXENXO
Adina (Monte Faro-Adina); Punta Elmo (Paxariñas-Adina); Portonovo (Portonovo-Adina); Dorrón (O Castro-Dorrón); Nantes (Seixomil-Nantes); Castro da Lanzada (A Lanzada-Noalla); Outeiriño das Lapas (A Lanzada-Noalla); Portonovo (Portonovo); Vilalonga (Vilalonga).
Castro de Adina: Moi alterado. Na croa levantouse a igrexa e do campo da feira nunha terraza.
Catro de Dorrón: Planta tirando a ovalada. A croa ten unhas dimensións de 34 x 30 metros. Está arrodeado por outro recinto aterrado. Polo oeste vense trazas do que puído ser un foxo.
Xacemento da Lanzada: A primeira noticia do xacemento da Lanzada data do século XVIII, grazas a Frei Martín Sarmiento que se interesará pola aparición de supulturas romanas que plasmou nun libro acompañado dun valiosísimo mapa, interpretando os restos existentes como a mítica cidade de Lambriaca e os restos da torre medieval como os dun antigo faro. O xacemento da Lanzada é unha superposición de asentamentos diversos, dous mil anos de ocupación continuada. Dende o século VIII a. C. sucédense, ao menos, un castro, un emporio comercial, unha factoría de produtos mariños, unha necrópole tardorromana e un castelo e unha ermida medievais. Da Idade do Ferro aparecen produtos imortados o que, xunto coas construcións descubertas, fai pensar na existencia dun emporio de Finais da Idade do Ferro. Dende o século V A. C. comerciantes fenicios e púnicos fixeron da Lanzada un dos principais puntos de intercambio do NO da península Ibérica. O estaño, o ouro, as salgaduras do NO e a localización privilexiada deste lugar xogaban ao seu favor. Coa dominación romana A Lanzada deixará de ser un importante centro comercial, aínda que a actividade permanecerá cando o Imperio desapareza e na zona continuará comerciándose ata o século VI. A construción da estrada actual deixou á vista parte da necrópole tardorromana da que xa se tiña constancia no século XVIII; ademais da tumbas apareceron algúns corpos boca abaixo, coas mans atadas e con sinais de seren executados de forma violenta. Na Idade Media, sarracenos, vikingos, piratas... ameazaban a costa, o emprazamento estratéxico da Lanzada xogará fun papel fundamental no control da entrada á Ría de Arousa. No século X constrúese un castelo para vixía e defensa fronte ás incursións; na actualidade só quedan as ruínas da torre e unha capela de orixe románica dedicada á Nosa Señora da Lanzada. Despois das primeiras escavacións levadas a cabo polo Museo de Pontevedra e dirixidas por Filgueira Valverde (apareceron cabanas e tumbas de inhumación), nos anos setenta Fariña Busto e García Alén darán conta do interese arqueolóxico da Lanzada que comproban que a zona estivo habitada dende a Idade do Bronce á Idade Media. Nos anos oitenta só se realizan dúas escavacións de urxencia dirixidas por antonio de la Peña Santos, documentando dous enterramentos tardorromanos. No mes de xuño do 2010 encomezaron os novos traballos grazas ao financiamento que o Ministerio de Administracións Públicas lle concedeu no ano 2008 á Deputación de Pontevedra. Baixo a dirección de Rafael Rodríguez, o equipo formado por Xurxo Ayán, Roberto Aboal, Cristina Cancela, Virginia Castro... están a recuperar restos da Idade do Bronce, o castro da Idade do Ferro, a necrópole...

Puñal de antenas da Lanzada: No ano 2016 recuperouse un puñal de antenas xunto artefactos do século II a. C. pero que pode ser anterior.
Castro de Nantes: Entre Sanxenxo e Meaño. A 145 metros de altitude. Ten un diámetro aproximado duns 200 metros, con croa de 100 metros de diámetro.
Castro do Outeiriño das Lapas: Situado na praia de Areas Gordas. Posible asentamento castrexo relacionado coa Lanzada.
Castro de Portonovo: O poboamento continuado no tempo borrou calquera evidencia arqueolóxica que resulte perceptiva.
Castro de Punta Elmo: Presenta dous recintos principais. Ao oeste da croa pequena levantaron un obelisco de cemento duns catro metros de alto.

SILLEDA
Breixa, Breixiña e As Penas (Breixa); A Pena Negra (Casas do Monte-O Castro); San Mamede ou Copa do Castro (O Outeiriño-O Castro); Agro de Ouzande (Cervaña); Chapa (Chapa); Vilar (Vilar-Cira); A Croa, Do Cura ou Cortegada e Montaz (Cortegada); Cascaxide (Cascaxide-Escuadro); Coto do Castro de Sestelo (Sestelo-Escuadro); Coto de Torrón (Torrón-Escuadro); Lóbrigo (Santa Mariña-Graba); Coto do Castro (Lapa); Coto do Castro (Laro); Manduas (Manduas); Pena Negra (Margaride); Moalde (Moalde); Devesa (Oleiros); Orelas (Marza-Oleiros); Pena Castelo (Piñeiro); As Mamuelas (Refoxos); Cartimil (Cartimil-Siador); O Marco (O Marco-Siador); Toiriz (Silleda); Eira dos Mouros (Xestoso).
Castro Agro de Ouzande: Realizouse unha intervención arqueolóxica no ano 2001 dirixida por María Pilar Prieto Martínez, en relación coas obras da autostrada Santiago de Compostela-Alto de Santo Domingo. O castro xa se atopaba moi arrasado polos labores agrícolas. Foi ocupado durante a época altoimperial romana. Apareceron abundantes fragmentos cerámicos.
Castro de Cartimil:
Presenta dous recintos defendidos por cadansúa muralla, reforzadas na
parte máis vulnerable con dous foxos e un parapeito. Apareceron restos
cerámicos. Escavado no ano 1985.
Castro de Cortegada ou do Cura: A 547 metros de altitude. Foi ocupado entre o século VI a. C. e o cambio de era. No ano 1985 realizáronse varias sondaxes arqueolóxicas, documentándose no recinto principal unha construción habitacional de planta circular e outra de planta rectangular coas esquinas arredondadas. No segundo recinto apareceron restos de construcións de barro e paus e unha muralla feita en aparello de cachotería aterreplenda. Ao pé do castro hai dúas cruces de pedra.
Castro do Coto de Torrón: Pequeno outeiro que sobresae nunha ladeira, a 495 metros de altitude, no que non se observan estruturas defensivas e polo tanto non se poden precisar as súas dimensións. No lugar apareceron restos de cerámica castrexa cando as obras dunha edifcación. Nas Fichas Arqueolóxicas dos castros de Silleda elaboradas pola Deputación de Pontevedra no ano 2012, descríbese como exemplo de difícil catalogación xa que non existe a certeza de que sexa un castro. Neste traballo pódese ler: "Só temos un topónimo, aínda que hai abundantes indicios (folclóricos, arqueolóxicos, toponímicos) que nos poden facer pensar na existencia dun xacemento arqueolóxico, non necesariamente castrexo". No Pxom de Silleda do ano 2012, noutra ficha que se corresponde coa contorna suroeste deste outeiro, localízase o asentamento chamado Chousas da Latiza, e dá conta do ahcado de pezas dun muíño circular de man. O asentamento está moi degradado por explotacións gandeiras, extraccións de minerais, lixo e entullo colmatando a superficie mineira e construcións. (Información achegada por Elixio Vieites, publicada en patrimoniogalego.net).
Castro da Devesa: Sobre o río Deza. Posúe un só recinto no que se aprecia un parapeito cuberto de terra e un foxo. O río actúa como defensa natural.
Castro Lóbrigo: Aínda que figura catalogado por Patrimonio no concello de Silleda, en realidade atópase entre Loimil e Dornelas, no concello da Estrada.
Castro de O Marco: Presenta un recinto de forma ovalada defendido en todo o seu perímetro por unha muralla aterraplanada. Apareceron restos cerámicos. Escavado no ano 1985.
Castro de Montaz: Cóntase que debaixo do castro hai unha catedral.
Castro da Pena Negra: A 510 metros de altitude. Moi alterado polos labores agrícolas. Tería un recinto de 135 metros no eixo leste-oeste, e de 110 metros no eixo norte-sur. Localizáronse tégulas e anacos cerámicos. (Recollido de Elixio Vieites en patrimoniogalego.net).
Castro de Toiriz: Consta de dous recintos amurallados, un practicamente circular na parte da croa (Eira dos Mouros), situado nun outeiro. Cara o segundo recinto aparece en paralelo un sistema defensivo formado por foxo e parapeito. Polos restos cerámicos que apareceron pode datarse entre os séculos IV a.C. e I d.C. O conxunto foi acondicionado no ano 2010 polos veciños e polo Colectivo pola Recuperación do Castro de Toiriz. No ano 2020, da man do Ministerio de Fomento, a Deputación de Pontevedra e o Concello para, supostamente, poñelo en valor, instalaron unhas pezas de aceiro para ser utilizadas como bancos que, ao aprofundar no chan, poden destruír restos cerámicos. Distintos colectivos pediron a paralizacón das obras.
A Copa do Castro, Castro de San Mamede ou Croa do Castro: A 460 metros de altitude. Descubriuse no ano 1946 ao aparecer varias pezas cando a construción dunha estrada. A súa recuperación xurdiu por iniciativa dos veciños no ano 2008. Consta dun recinto arrodeado por unha muralla que nalgúns tramos acada os dous metros de altura. Apareceron fragmentos cerámicos decorados, unha fusaiola, un proxectil de pedra e a coñecida como Cabeza do Castro de San Mamede. Asociado a lendas de pasadizos secretos con vigas de ouro e de alcatrán que levan dende o castro ata a fonte do Regueiro e o río Deza, tesouros agochados custodiados por mouros e mouras que habitan baixo a terra ou míticos encantamentos en forma de animais, lendas que foron alimentadas pola tradición cristiá que sitúan na cima do castro a igrexa románica de San Mamede que despois sería trasladada para o lugar actual tras o asasinato do cura mentres oficaba a misa.
Coto do Castro de Sestelo: Outeiro de forma cónica bordeado de fortes pendentes que puido ter unha función defensiva, e no terzo leste observaríanse restos dun posbile foxo. Nas Fichas Arqueolóxicas dos castros de Silleda elaborado pola Deputación de Pontevedra no ano 2012, lese: "Pequeno outeiro duns 45 metros de diámetro, no que non se aprecian estruturas defensivas nin superficies niveladas artificialmente. No voo americano de 1956-57 tampouco se observan restos de estruturas nin recintos. Só temos o topónimo e a referencia nun antigo achado". O que se pode engadir é que estaría nun contexto onde existen outros asentamento medievais catalogados, coa función de vixilancia e control, como o Coto do Castelo de Rellas na aldea de Torrevedra e ao carón do río toxa, e o Castelo no lugar de Férveda, nun esporón sobre a zona onde se xuntan os regueiros de Escuadro e Férveda. Taméns se dubida na catalogación de outros asentamentos en pequenos cotos como pertencentes á Idade do Ferro e que serían por esta zona o existente en Torrón (ao norte do pazo de Cascaxide). Existe, segundo os mapas, un topónimo Cubela (este topónimo significaría torre de vixilancia) e estaría na contorna do castro de Cascaxide. (Información achegada por Elixio Vieites e publicada en patrimoniogalego.net).
Ídolo do castro de San Mamede: Datada no século I a.C.-século I d.C. Atopado no ano 1946 por uns obreiros cando estaban a traballar nunha estrada a carón do castro. Crese que pode ser a representación dun morto. De rasgos sinxelos, con alto colo nunha peana de arestas redondeadas, está realizada en esteatita. A peza foi rescatada dun muro dunha finca por Bouza Brey. No Museo de Pontevedra.

SOUTOMAIOR
O Castrillón (Cortellas-Soutomaior): Situado nun promontorio que domina o cauce do río Verdugo. Afectado por un campo de fútbol. Segundo a lenda, eiquí vivían os mouros. Hai un encantamento que di que se se escava no castro pódese atopar unha mina de ouro e unha mina de veleno; ninguén escava por medo a dar coa de veleno.
Castro da Peneda
(Alxán-Soutomaior): Dende a súa cima domínase a ría de Vigo e o val do
río Verdugo, ademais do paso da vía XIX. Ocupado dende finais da Idade do Bronce ata época romana, e posteriormente na baixa idade media. Atopouse un tesouriño de moedas de bronce de emperadores dos séculos III e IV. Apareceron, entre outros materiais, numerosos fragmentos
cerámicos decorados e lisos e cerámica pintada. No ano 1477, o arcebispo
de Santiago, Alonso de Fonseca, mandou construír un castelo que sería
destruído polo señor de Soutomaior, Pedro Madruga. Posteriormente
levantaríase a capela que podemos ver hoxe en día adicada á Nosa Señora
das Neves.
TOMIÑO
Cristelos, Outeiro do Castro e Sardiñeira (Barrantes); Monte Pedrada (Vilachán do Monte-Barrantes); Outeiro do Castro (Currás); A Atalaia, O Castro, Soutelo e Tollo (Goián); Casiña do Mouro (Pinzás); O Cresto (Tebra); O Castro (Vilameán).
O Castro (Vilameán): Sobre este castro levantouse unha fortaleza medieval.
Castro da Atalaia: Segundo a lenda, hai un tesouro agochado e unha galiña con pitos de ouro que cruzan o río por un túnel que chega ata Portugal; para desencantar á galiña hai que darlle fermento de pan, co cal convértese nunha muller que é a que vai dicir onde se atopa o tesouro. Tamén se conta había unha pedra onde estaba gravada a galiña, e que na Noite do San Xoán aparécese unha muller encantada.
Castro de Cristelos: Un recinto ovalado delimitado por unha muralla, terraplén e foxo.
Castro de Currás: A carón do río Miño. De pequenas dimensións cun único recinto oval, protexido con terraplén e foxos, precididos dun parapeito.
Castro de Monte Pedrada:
Coñecido tamén como Monte Madalena xa que aquí existiu unha ermida
posta baixo a advocación de María Madalena. Quedan algúns restos dunha
antiga fortificación medieval.
Castro da Sardiñeira: De grandes dimensións. Na croa aprécianse restos dunha vivenda. Apareceron anacos cerámicos.
"Hermes" bifronte de Amorín: De granito. No Museo de Pontevedra. Segundo a cartela está datado na Idade do Ferro II (400-60 a. C.).
Monte do Outeiro (A Bouza Valada-Areas); Caldelas de Tui (Caldelas de Tui); A Cruz, Outeiro do Xudeu (Malvas); Alto do Mariño (O Souto-Pexegueiro); Cabeza de Francos ou dos Cubos (Monte Aloia-Pazos de Reis); Frinxo (Frinxo-Pazos de Reis); Monte Cutarel ou Cotarel (Guía-Randufe); O Arraial e A Granxa (Rebordáns); O Costal, Ribadelouro (Ribadeloro); Pedras Brancas.
Casco de Caldelas de Tui:
De bronce, atopado no ano 1976 no río Miño; aínda que en principio se
datou no s. VI a.C., algúns autores cren que é de época romana. Trátase
dun casco cónico de bronce dourado feito mediante o martelado dunha soa
peza con gardacaluga. Tamén no Miño atopáronse cinco machados do Bronce
Final datados entre os séculos IX-VIII a.C. Pódense ver no Museo
Diocesano.
Castro do Alto do Mariño: Nunha zona chaira das terrazas do Miño e do Furnia. Un recinto protexido por un terraplén. Apareceron materiais galaico-romanos. Moi alteradao.
Castro dos Cubos:
Coñecido tamén como Cabeza de Francos. A primeira escavación data do
ano 1933, logo no 1954 e no 1997. Habitado entre os séculos III a.C. e
III d.C., ocupa unha superficie de 10.000 metros cadrados.
Castro Monte Cutarel ou Cotarel:
Presenta unha croa de forma ovalada con terraplén defensivo e con dous antecastros cara o S-O. Escavado no 1935 por Álvarez Blázquez, e no ano 1973 Jesús Gómez Sobrino, arquiveiro na catedral de Tui realizou varias catas, localizando lenzos de muros, cabanas circulares e varias pezas. Sobre o
castro construíuse o cemiterio parroquial e unha torre de transmisión.
VALGA
Balleas (Balleas-Cordeiro); Agro do Castro (Carracido-Cordeiro); Castrove (Os Cotriños-Cordeiro); O Castro (Vilar-Cordeiro); Mercado dos Mouros (Laxes-Cordeiro); O Pombal e O Socastro (Cordeiro); O Castro e Roda do Castro (Cernadas-Setecoros); O Castro e Eira dos Mouros (Cerneira-Setecoros); Monte Castelo da Medela (A Medela-Valga); Viña do Castro (Raxoi-Valga); Vilares (Os Vilares-Valga).
Castro de Balleas: Forma ovalada con aterrazamentos a un nivel inferior. Fortes pendentes que actuaban como defensas naturais. G. Álvarez Limeses (1936) di que se atoparon sepulturas de ladrillo e dous machados que están no Museo de Pontevedra. Segundo información de Chusa Rodríguez, tamén fala disto Couselo Bouzas, tío de Ferro Couselo, ambos os dous naturais de Cordeiro. Chusa tamén me di que Balleas cítase como Valellas na documentación antiga.
O Castro (Cerneira-Setecoros): Composto por un recinto central, case circular, rodeado por un parapeito e foxo exterior. Atopáronse fragmentos cerámicos dos séculos I-II d.C., entre eles un pivote de ánfora.
O Castro (Setecoros): Atopouse un machado de cobre e unha ánfora. Na croa, coñecida como a Pedra do Castro, aínda se poden ver restos de construcións circulares.
Mercado dos Mouros ou Agro do Xaz: Xunto o río Ulla. Localizáronse máis de 5.000 pezas, entre outras un colar de bronce, cerámica decorada, ánforas, ferros..., moitais de importanción como as cerámicas púnicas o que confirman o carácter comercial do poboado. As escavacións do ano 2016 permitiron amploiar o período de ocupación. En principio críase que estivera habitado entre os séculos I a.C. e IV d.C., pero agora demostrouse que tería unha antigüidade de tres séculos antes, como demostran os materiais do s. IV a.C. aparecidos nunha gabia de vivenda elaborada con materiais perecedoiros. Os arqueólogos cren que é posible que baixo esta vivenda se atope outro nivel de ocupación anterior.
Monte do Castelo da Medela: No PXOM do Concello do ano 2010 dise que aquí non se atoparon vestixios de estruturas que permitiran definir de que tipo de xacemento se trata, se ben a toponimia fala de "castelo". En apuntes de García Alén gardados no Museo de Pontevedra, di que se trata dun castro no que se documentaron restos de ímbrices, ánforas e cerámica castrexa sen decorar. Malia o anterior, cando Elixio Vieites e Xurxo Salgado visitaron o sitio, puideron apreciar unha pequena superficie elevada sobre unha estrutura de forma cónica feita de acumulación de terra e cachotería. Ten unha ampla visión cara o val onde se atopa a igrexa de San Miguel de Valga, e por onde discorre a ruta xacobea cara Santiago. Posúe dous marcados foxos circulares que arrodean a base do recinto, agás polo leste con acusadas pendente dara o río Valga. A superficie cimeira e chan mide uns 15 metros de diámetro polo que permite deducir que se trataría do emprazamento dun pequeno castelo de control do territorio para o que se aproveitaría un primitivo castro.

VIGO
Punta do Muíño do Vento (Alcabre); Monte Avieiro (Bembrive); Os Castros (Xestoso-Bembrive); Carballal e Castriño de Cabral (Cabral); A Madroa (Candeán); Piricoto (Castrelos); Chouzo (Fragoselo-Coruxo); Coruxo (Monte das Medoñas-Coruxo); San Lourenzo ou O Penedo (San Lourenzo-Coruxo); O Pendo e O Castro (Illa de Toralla-Coruxo); San Lourenzo (Coruxo); Illa de Faro (Illas Cíes); Areeiro (Lavadores); Beirán e Matamá (Matamá); Redondo do Muíño (Navia); A Estea (Oia); Comesaña (Santo André de Comesaña); A Guía (Monte da Guía-Teis); Sino (Teis); Torres de Padín (Torres de Padín-Teis); As Barrocas (As Barrocas-Valadares); Monte do Alba ou Valadares, Os Castros e Sobreira (Valadares); O Castro (Monte do Castro-Vigo). A Horta (Illas Cíes).
Castro de Alcabre:
En relación cos cultos realizados no castro estaría o achado de catro
cipos pétreos, tres chantados dentro dunha estrutura cuadrangular
formada por un pequeno muro de pedras.
O Castro:
Situado no emblemático Monte do Castro. Foi ocupado dende o século III a.C. ao III d.C. Dende finais do s. I d.C. ao III d.C., polos materias recuperados, os seus habitantes adoptaron a forma de vida romana. No ano 1929 apareceron de xeito
fortuíto restos cerámicos, mais as primeiras escavacións non comezaron
ata o ano 1952 baixo a dirección de Álvarez Blázquez e logo de Hidalgo
Cuñarro. Saíron á luz case medio cento de construcións circulares,
ovoidais e rectangulares. Hai unha construción elíptica con
compartimentos que, segundo algunhas investigacións, podería
corresponder a un monumento con forno. No xacemento documentouse o
consumo de bóvidos, cápridos, peixe e mariscos. As pezas atopadas están
custodiadas no Museo "Quiñones de León".
Castro das Barrocas: Moi alterado polo núclso das Barrocas, camiños, etc.
Castro de Castrelos: Destruído por un campo de fútbos e outras construcións.
Castro de Estea: Ten forma ovoidal, arrodeado por un enorme foxo e dúas terrazas en socalcos descendentes dende a croa. Atopáronse 27 machados pertencentes ao período final da Idade do Bronce.

Castro de A Horta:
Conserva restos de materiais e estruturas en superficie dende o Bronce
Final ata a Época Moderna, pasando pola Idade do Ferro, a romanización e
o medievo.
Castro do Monte do Alba ou Valadares: No Coto de San Bartolomeu, a 501 metros e altitude.
Castro de Muíño do Vento: Xunto o Museo do Mar de Vigo, situado nun pequeno promontorio costeiro que separa as praias de Mourisco e do Cocho. Ata o de agora saíron á luz máis de 20.000 pezas que permitiron identificar unha tipoloxía de peza cerámica batizada como "Potiño Alcabre". Estivo habitado entre o s. VII a.C. ata o cambio de era. Durante os séculos III a V d.C. foi utilizado como necrópole de inhumación.

Castro Redondo do Muíño: Catalogado no ano 1986, a 350 metros da praia de Samil, foi destruído por vivendas construídas posteriormente.
Illas Cíes:
No outono de 2024, a Xunta e a Universidade de Vigo iniciaron unha nova
campaña arqueolóxica na Illa do Faro, no xacemento da Casa da Vila do
Mar descuberto no 2023. Adolfo Fernández, director da escavación,
destaca a importancia do proxecto que se completará coas actuacións
acometidas dende o 2021 no areal de Bois, a illa de Sávora, e na fábrica
de salgadura do Canexol e na Cova do lobo, estes últimos na illa de
Ons. Na Casa da vila do Mar, no 2023 atopáronse restos galaico-romanos,
un muro, tégulas, cerámica e ánforas. Un dos xacementos máis antigos é o
poboado das Hortas, habitado durante a Idade do Ferro e en época
romana; atopáronse restos que os seus habitantes consumían marisco e
peixe, e tiñan relacións comerciais coa costa.
Toralla: Como no caso de Alcabre atopáronse dous cipos pétreos, posiblemente relacionados co culto.
Torres de Padín: Lugar
que amosa o desleixo polo noso patrimonio. Ademais do castelo do século
XIV, atopáronse vestixios da ocupación humana da Idade do Bronce, da
época dos castros e da romanización. Mais de dous mil anos de historia
arrasada polos espoliadores da memoria, encarnados, neste caso, polos
que planificaron a construción dunha autoestrada e unha nave industrial
sancionada por danar os poucos restos que se conservan.
VILA DE CRUCES
Añobre (Añobre); Arnego (Arnego); Asorei (Asorei); Brandariz (Brandariz); Lamego (Lamego-Camanzo); Carbia e Pastoriza (Carbia); Cumeiro (Cumeiro); Ferreirós (Ferreirós); Croa de Castromouzo (Cirela-Gres); Caxide (Caxide-Larazo); Cedelle (Cedelle-Larazo); Contiña (A Contiña-Larazo); Monte Castelo e San Paio (A Moa-Merza); Castelo de Sulago (Sulago-Merza); Obra (Obra); A Medorra do Cura (Oirós); Alcobre (Alcobre-Piloño); Arbián (Arbián-Piloño); Portodemouros (Portodemouros); Barral (Barral-Sabrexo); Lareo (Lareo-Salgueiros); Eira dos Mouros (Salgueiros); Loño (Loño-Sobradelo).
Castelo de Sulago: No lugar levantouse unha torre ou un castelo en época medieval; apareceron pedras e tellas. Trátase dun recinto tirando a circular de reducidas dimensións, arrodeado por terrapléns moi pronunciados. Non está abondo testemuñado que houbera un castro, quizais romanizado pola aparición de tégulas.
Castro de San Paio: Segundo Antonio Presas e Xoán Carlos García Portal, no seu libro O mundo dos castros, este de San Paio recibe tamén os nomes de Tras do Castro e Monte de San Pedro. Está situado a unha altitude de 280 metros e dende aquí vese a fermosa fervenza do río Toxa. Érguese nun esporón sobre o río Deza. Consta de dous recintos, o maior tirando a circular duns 100 metros de diámetro, defendido por fortes terrapléns. A croa está protexida por unha muralla de terra e peddra. Posúe un antecastro. Ao seu pé está a capela de San Paio.
A Croa de Castromouzo: No lugar ergueuse unha torre en época medieval. (Ver o apartado adicado aos castelos).

VILABOA
Castro de Cobres ou do Coto (Riomaior-Santo Adrao de Cobres): De pequenas dimensións. Vense numerosos afloramentos graníticos. Recolléronse fragmentos cerámicos e cunchas.
Castro de Farexa (Alcouce-Figueirido): Con varios recintos. A croa fórmana varias penas; a nivel inferior unha terraza que circunda a croa.
Castro Monte da Croa (Acuña-Vilaboa): Dun só recinto, presenta restos de muralla. Apareceron útiles domésticos e un machado de tope sen anelas.
VILAGARCÍA DE AROUSA
Alobre e Pereira (Arealonga); Boreza (A Torre-Arealonga); O Curuto (Trabanca Badiña-Arealonga); San Xes (Bamio); Carril (O Castro-O Carril); Trabanca (O Carril); A Xaiba (O Pousadoiro-Cea); Castrogudín (Cea); Loureiro (Cornazo); Aralde (Aralde-Sobrán); Monte Lobeira (Vilagarcía).
Castro de Alobre: Situado na parte alta dun monte coñecido como O Montiño, sobre a ría de Vilagarcía. Consta de tres recintos que se adaptan ao terreo. Restos que datan dos séculos VIII-VI a.C. Bouza Brey e Florentino Cuevillas atoparon trinta tumbas de época romana e unha ara adicada a Neptuno custodiada na actualidade no Museo de Pontevedra. Tamén se atopou un adorno etrusco con forma de nave invertida, coñecido como Fibula de Navicellas. que chegou a Vilagarcía a través de comerciantes cartaxineses. Recuperáronse así mesmo 15.000 pezas de cerámica e 25 fíbulas, entre outros materiais. Tamén saíu á luz un forno de época romana; o achádego, unido ao feito de que as antigas estruturas do castro foron enterradas baixo un vertedoiro de cunchas e ósos, permite establecer como hipótese que o novo espazo resultante deste proceso foi ocuado no seu día con fins produtivos.
Castro da Xaiba: Situado a 275 metros de altitude. Unha primeira liña de defensa está composta por unha muralla de terra e pedras reforzada polo desnivel do terreo. Na parte sur do recinto vese unha acrópole rodeada por muralla e terraplén. No ano 2008, a Asociación Cultural Xesús González Aboi alertou dunha repoboación forestal no monte Xiabre que podería afectar ao castro e a varias mámoas catalogadas o que propiciou que Patrimonio oredeara paralizar as repoboacións. As roturacións mesmo estaban a facerse sobre os aterramentos do castro.

Monte Lobeira (András); Roda do Castro (O Castro-Baión); Fontela (Baión); Mozorín (Mozorín-Baión); San Xoán (Monte do Castro-Baión); Paderne (Paderne-Baión); Cálago (Cálago); Monte Lobeira (A Manga-Caleiro); Tremoedo (O Monte-Tremoedo); A Braña (Vilanova).
Castro de Monte Lobeira: Sobre o castro construíuse un castelo en época medieval. Para máis información, ver a entrada adicada aos castelos.
Castro de San Xoán de Baión: Situado preto da igrexa parroquial. Apareceu cerámica fina, anacos de cacharros e ánforas, cerámica decorada, etc. Álvarez Blázquez realizou algunha prospección. O arqueólogo recolleu tamén algunha lenda. Dise que no castro vivían catorce familias de mouros cos seus fogares. A finais do século XIX, un veciño da parroquia levou ata o castro media ducia de homes, e entre dous penedos mandounos sachar; procuraba un tesouro que o libro de San Cipriano sinalaba alí. Ao cabo do tempo toparon un forno grande, cheo de cinzas e carbón; no medio uns cacharros de barro grande fixéronos tremer de ledicia: mais os "cacharros condanados" só tiñan terra preta e mol... as grandes lousas que se abaneaban viñéronse enriba, e o burato foi pechado sen máis. Diaño de Libro!. Un mozo tamén atopou nunha leira das beiras do castro unha "pedra do raio"; tiña unha vetas de cores escuras e un gume como dun machado, e o rapaz aproveitou para afiar as fouces.

Castro de Mozorín: A 40 metros de altitude. Ten uns 70 metros de diámetro, circundado por terraplén, foxo e parapeito en todo o seu perímetro.
Castro de Tremoedo: Villaamil y Castro (1887) fala da aparición, ao pé do castro, de 62 machados de talón de dous aneis. Segundo López Cuevillas e Bouza Brey (1929), dous foron a parar ao Museo da Sociedade Económica de Santiago, doados polo señor Zepedano e por López Ferreiro.
Castro de Cálago (Cálago): Nas catro catas realizadas no mes de agosto de 2017 non apareceron restos do antigo mosteiro edificado sobre o castro, o que non quere dicir que non existira, será cuestión de seguir escavando. O que si saíron á luz foron anacos de cerámica castrexa, unha ánfora romana, restos dun morteiro, terra sigillata, cerámica común, tégula e restos de metal. A croa do castro tiña unhas medidas aproximadas de 100 por 75 metros.

PROVINCIA DE PONTEVEDRA (PROCEDENCIA DESCOÑECIDA)
Tríscele: No Museo de Pontevedra.
Comarca do Deza: Apareceu un machado votivo da II Idade do Ferro. Descoñécese o lugar exacto onde foi atopado. Museo de Pontevedra.
Torques: No Museo de Pontevedra atópase un torques de ouro procedente, ao parecer, da provincia de Pontevedra. Na cartela di que é coñecido como torques de “Castromil”. Bouza Brey dedícalle un artigo, Dos torques áureos “Arteaga” y “Pontevedra” (o de “Arteaga” procede da provincia de Ourense). Descoñécese a procedencia, se quera aproximada.
Xabier Moure
Castros de Galiza/Galicia
o noso patrimonio
Castros de Galiza/Galicia
o noso patrimonio