A Idade do Ferro é unha das etapas máis emblemáticas e mellor estudadas da arqueoloxía galega, onde se documenta unha forma de asentamento que deu nome á coñecida como Cultura Castrexa, denominación que non aprace a todos por igual. Malia que se contan por milleiros (aquí achego máis 4.000), só pouco máis dun cento foron escavados e estudados. É precisamente este período o que deu lugar á controvertida cuestión celta que, lonxe de aproximar os encontrados posicionamentos dos últimos tempos, semella agrandar as distancias entre os investigadores.
Nota:
Ao final desta entrada, baixo o título "Provincia de Lugo", vou
achegando pezas atopadas na provincia pero das que se descoñece a
procededencia, sequera aproximada.
CASTROS DA PROVINCIA DE LUGO
ABADÍN
Abeledo e Curro do Castrexo (Abeledo); Pena (Aldixe); Baroncelle (Baroncelle); Os Castros (Candia); Castromaior (Castromaior); Os Castros e Castelo de Portela (Fanoi); Os Castros (Fraiás); Moncelos ou Monte das Cargas (Moncelos); Tarraxís (Os Tarraxís-Moncelos); Romariz (Romariz); Seivane (Seivane de Vilarente).
Castro de Abeledo: Sobre o castro levantaron a igrexa.
Castro de Baroncelle: Segundo a lenda foi construído polos mouros.
Castelo de Portela:
Había un castelo que pertenceu ao bispado de Mondoñedo. Hai quen sitúa
aquí un altar de sacrificios prehistórico, disque celta.
Castro de Castromaior:
Di a lenda no castro hai soterrada unha igrexa. Segundo información
achegada por Manuel Rivas Cortiñas, nos anos setenta do pasado século
foi expoliado por mun mestre de Vilalba. Obsérvanse restos dunha
fortaleza medieval; nunha rocha hai un "alquerque de tres".
Castro de Moncelos: Segundo a lenda, atribúese a Santiago o nome do lugar canto dixo: "Este é o monte do ceo".
Castro de Penas do Castro
(Labrada): Manuel Rivas Cortiñas achegoume este topónimo onde, en
principio, descoñezo se houbo un asentamento castrexo. Con independeza
da súa existencia, o certo é que pola información achegada por Manuel o
lugar semella moi interesante. Trátase dun promontorio rochoso onde se
poden ver varias rochas graníticas con gravuras de pías e coviñas que,
en principio, semellan feitas pola man do home.
Castro de Tarraxís:
A igrexa parroquial, do século XVI, asenta sobre o antigo asentamento
castrexo. De forma ovalada, consérvase un potente foxo polo S-L. Ademais
da igrexa, o xacemento está alterado por infraestruturas e polos
terreos adicados a pasto e cultivo.
Machado de Gontán de Abaixo: No ano 1871 apareceu un machado de tope; citado por Villamil que o inclúe no apartado de obxectos atopados en castros.
ALFOZ
As Engrobias da Croa (Esmoriz-Bacoi); Castro de Ouro (O Castro de Ouro); Carballido (Carballido); Bacoi, Coto de Montoxo (Lagoa); Coto da Croa (A Moa-Pereiro); Croa da Rúa (A Rúa-Pereiro); Santa Mariña (San Pedro de Mor).
Castro da Croa de Montoxo: No mes de xuño de 2021, Adega e Mariña Patrimonio denunciaron unha grave agresión ao castro durante a tala e nova plantación de eucaliptos. Pero máis grave aínda é que Patrimonio a Xunta de Galicia o tiña mal xeolocalizado a pesares de estar documentado dende o século XIX por Vill-Amil y Castro. Ademais posúe unhas visibles defensas (foxos e murallas). O asentamento conta con espazos habitacionais, tamén se poden ver en superficie numerosos fragmentos cerámicos, tanto de Idade do Ferro como medieval.
Castro das Engrovias da Croa: Sobre o rego da Grovia. Croa de 110 por 98 metros. Polo norte aprécianse dos parapeitos. Polo sur-este restos de foxo.
Castro de Ouro: A 102 metros de altitude. Dominando o val, ocupaba o lugar onde no século XV se levantou o castelo. Tiña unhas medidas totais aproximadas de de 245 por 200 metro. Croa de 90 por 78 metros.
ANTAS DE ULLA
Monxa ou Amoexa ou Outeiro (Outeiro-Amoexa); Caira (Caira-Amoexa); Outeiro Seoane (Seoane-Antas de Ulla); O Castro ou Orelas (Castro-Areas); Somoza (Areas); Aboi (Casa de Naia); O Pazo (O Pazo-Cervela); Xerdimil (Quintela-A Cervela); Cibreiro, Pena Escachelada (Cibreiro); Morgade, Penela (Cutián); Pico Longo (Fonfría-Cutián); Os Carreiros (O Carreiros-Dorra); Castro Redondo (Queixeiro); Edra (Casteda-Queixeiro); Martín (Reboredo); Vilasión (San Fiz de Amarante); San Martiño (San Martiño de Castro de Amarante); San Lucas (Santa Mariña de Castro de Amarante); Orela (O Castro-Santo Estevo do Castro de Amarante); O Coto (Recesendes-Santo Estevo do Castro de Amarante); Orela (Santo Estevo do Castro de Amarante); Castrillón (Vilapoupre).
Castro de Aboi: Ten unhas medidas de 120 por 90 metros.Castro de Monxa ou Amoexa: Ten unhas medidas de 164 por 133 metros. Nun documento do 1160 cítase como Castro de Monegia, e no 1165 como Castro de Amonegia. Na igrexa parroquial consérvanse dúas epígrafes (nunha pedra empotrada nun muro e nunha ara no interior) de época romana.
Castro dos Carreiros:
Castro de tipoloxía agrícola estragado polas obras da estrada entre
Antas e Monterroso e pola construción dunha casa. Presenta
planta tirando a circular con parapeitos e terrapléns. Segundo me
contou a dona da casa que hai xunto o castro, apareceron restos
cerámicos, "azulexos pintados" e un morteiro (que conserva). Nas
escavacións de urxencia saíron á luz estruturas habitacionais de planta
redonda.
Castro de Santa Mariña do Castro de Amarante: Sobre o castro levantaron a igrexa o cemiterio e outras construcións. Consérvase parte do parapeito que o circundaba. Pola parte interior da muralla hai unhas cruces que forman parte dun Via Crucis. No interior apareceron, ao menos, once sartegos antropoides. No Heraldo de Galicia do 24 de xuño de 1928 di que tamén apareceron varios muíños de man.
Castro de Xerdimil: de 85 por 76 metros.
BALEIRA
Albaredo e Antiguallas (Córneas); Castrelo, O Castro e Cubilledo (Cubilledo); A Croa (Espiña-Cubilledo); Pena dos Mouros (Entre as parroquias de Cubilledo e Fonteo); O Castro (A Calzada-A Degolada); O Castro (O Castro-A Degolada); Esperela, Valdería, Vilar e Vilasalle (A Esperela); Pena do Castro (Vilar de Adrios-A Fontaneira); Pereira (A Pereira-Librán); O Coroto (Coroto-Martín); O Tesouro (A Cortevella-Martín); As Coroas (As Salgueiras-Martín); Airexe (Airexe-Pousada); Quintá (Pousada); Vilar (Vilar-Pousada); Os Castros (Retizós).
Castro de Albaredo: A simple vista no se constatan evidencias dun asentamento, mais si lendas de mouros e túneles que levan a outros castros.
Castro de Antiguallas: Ocupa a totalidade dun outeiro sobre os ríos Cabozo e Córneas. O espazo ocupacional está definido por unha croa achandada protexida por un terraplén que remata nun parapeito de pedra. A unha cota inferior ábrese hai unha terraza separada da croa por un terraplén e protexida a un tempo polo propio terraplén do castro. Completan o sistema defensivo un foxo, precedido dun parapeito, que circunda o xacemento. Na zona onde se localiza a entrada hai un segundo foxo separado do primeiro por un contrafoxo. Diante mesmo da entrada hai outro foxo e un parapeito.
Castro da Coroa: Localizado polo Colectivo Patrimonio dos Ancares e a Asociación Mariña Patrimonio no mes de maio de 2020. A 668 metros de altitude, ten unhas medidas aproximadas de 75 por 55 metros. Moi alterado.
Castro das Coroas: Localizado polo Colectivo Patrimonio dos Ancares e Mariña Patrimonio no mes de maio de 2020. Ten unhas medidas aproximadas de 70 por 65 metros. Apenas se distngue, moi alterado polos labores agrícolas.
Castro do Coroto: A 450 metros de altitude, no Monte da Croa. Ten unhas medidas aproximadas de 95 por 65 metros.

Castro de Cubilledo:
Practicamente destruído polos labores agrícolas, casas, etc. Segundo a tradición había un burato onde vivían os
mouros.
O Castro (O Castro-Cubilledo): Moi alterado polos labores agrícolas e construcións da aldea. Sobre o asentamento contruíuse a capela da Virxe dos Remedios. Contáronnos que unha muller, ao traballar a terra, atopou unha cunca, cando esparexeo o que había dentro viu que era po de ouro.
O Castro (A Calzada-A Degolada): No límite co concello da Fonsagrada.
Os Castros (Retizós): Un único recinto de 110 por 90 metros. Restos de foxo polo oeste.
Castro de Degolada ( Castro):
Ocupa un esporón xistoso sobre o rego da Pasadiña, a 709 metros de altitude. De 115 por 85 metros. Parte do espazo
ocupacional está aproveitado por muros de socalco. Na croa hai unha
muralla tirando a circular que limita o espazo a xeito de torre. A croa
estaba separada do resto por un foxo e un terraplén. Completan as
defensas un foxo e un contrafoxo tras do que se levanta un terraplén que
circunda todo o esporón, e o desnivel do terreo.
Pena do Castro:
Dun único recinto, ocupa a totalidade dun afloramento de cuarcita. A
pena foi cortada e adaptada para gañar espazo e definir o perímetro do
castro pasando a estar integrada na muralla pétrea que o defendía.
Castro de Pereira:
Situado nun pequeno promontorio dende o que se divisa todo o val.
Incluído, posiblemente, dentro dos castros denominados de tipoloxía
agrícola. A pesares de estar totalmente cuberto pola matogueira, semella
que ten unha planta elítptica cunha muralla de terra e pedras e un
ancho foxo que o arrodea en todo o seu perímetro. O único veciño co que
me atopei contoume que o castro fora expropiado, non recibindo o dono
ningún tipo de indemnización. Díxome que antes da expropiación destacaba
na paisaxe xa que o seu propietario o mantiña limpo de maleza.
Castro de Quintá: A 710 metros de altitude. Un recinto de 185 por 85 metros. Muralla, terrapléns e foxo en todo o seu perímetro.
Castro de Valdería:
Ocupa un outeiro sobre o rego de Vilanova. Presenta unha cora achaiada
tras da que se abre unha terraza inferior. O sistema defensivo consta de
dous foxos con cadanseu contrafoxo e un terraplén. A croa está
defendida por un parapeito.
Castro de Vilar: A 682 metros de altitude. Xacemento en chaira defendido por un único recinto circular de 100 por 85 metros protexido por un parapeito.
A Pena dos Mouros: Posible castelo roqueiro. Atópase
a 652 metros de altitude, sobre o río Eo e o regueiro do Castelo,
entre as parroquias de Fonteo e Cubilledo. Tentámolo, pero
a mestísima e alta maleza impediunos chegar ata o sitio. De todos os
xeitos, grazas a amabilidade dunha muller e dous homes da aldea do
Castro de Cubilledo puidemos saber cousas que descoñeciamos (tamén
nos contaron interesantísimas historias sobre o castro e a ermida
posta baixo o padroado da Virxe dos Remedios que se atopa no mesmo
asentamento). Sabiamos que o sitio está asociado a varias lendas,
como a de que hai unha cova chea de ouro (“que ninguén atopou”),
que despois en forma de túnel continúa ata o regueiro do Castelo
que é por onde os mouros baixaban os cabalos a beber. Pero o que
descoñeciamos é que A Pena dos Mouros tamén recibe o nome de PENA
DAS VERZAS. O motivo?, preguntamos. De nenos (na actualidade teñen
máis de 80 anos) levaban ata alí as cabras e as ovellas, que ían
encantadas porque no sitio podían comer unha planta que lles sabía
a gloria: verzas! Pero, eiquí, na aldea, non plantan verzas?,
interrogamos de novo. Si, pero non son como as da Pena dos Mouros,
aquelas son como verzas, pero máis pequenas que nacen entre as
pedras. E hai máis, continuaron (“e isto non é conto”), as
cabras e as ovellas, por moito que coman nelas, aos dous días xa
volven estar cheas! Así que, cando consigamos subir, non iremos polo
ouro dos mouros, senón polas curiosas verzas (falamos moi en serio). Recibimos a información o día 10 de agosto de 2023.
BARALLA
Todo sobre os castros do concello de Baralla no blog do Colectivo Patrimonio dos Ancares: https://arqueoloxiadosancares.blogspot.com/2011/01/presentacion_23.html
BARREIROS
Cabarcos, A Rilleira (Cabarcos); San Caetano ou Os Castros (Celeiro de Mariñaos); A Roda da Barrosa (Reinante); San Bartolo (San Cosme de Barreiros); Alto de Merille (Merille-San Cosme de Barreiros); Punta do Castro (San Miguel de Reinante); Punta do Castro (Sindín-San Pedro de Benquerencia); Os Castros (Vilamar-San Xusto de Cabarcos); A Maradona (San Xusto de Cabarcos).
Castro da Maradona: Dado a coñecer por Mariña Patrimonio no mes de setembro de 2020. Apréciase unha posible sauna.
Castro do Alto de Merille: A 115 metros de altitude. De forma tirando a ovalada, cunhas dimensións de 115 por 100 metros.
Castro da Rilleira: No mes de abril de 2017, Mariña Patrimonio e ADEGA presentaron unha denuncia polos danos ocasionados ao castro
pola realización de traballos forestais con maquinaria pesada para a
plantación de eucaliptos, afectando gravemente á croa, os foxos, o
parapeito e a muralla pétrea, deixando á vista en superficie abundantes restos arqueolóxicos. Unha pista cortou o parapeito. Para algúns investigadores, o castro da Rilleira
tería unha gran significacón histórica xa que sería o lugar onde
asentaron os cibarcos citados por Plinio o Vello. O castro conta cun impresionante sistema defensivo, con tres foxos escavados na rocha.
Castro de San Bartolo: Situado nunha pequena península. Protexido por un foxo e un parapeito.
Castro de San Caetano:
Como consecuencia da tala e repoboación, houbo remocións de terra con
maquinaria pesada que abriu numerosos furados nun sector do parapeito,
feito que foi denunciado por Mariña Patrimonio.
Punta do Castro (San Miguel de Reinante): Os golpes de mar e as ondas rompendo con forza conta a costa nos primeiros meses do ano 2016 estragaron parte dun muro.
Punta do Castro de San Pedro: No mes de agosto de 2018, Adega e Mariña Patrimonio denunciaron a utilización do castro como aparcadoiro de autocarabanas. O alcalde de Barreiros, para escorrer o vulto, declarou que se trata dunha finca particular, admitindo, iso si, que o goberno municipal non fixo ningunha advertencia aos turistas nin avisou aos propietarios.
BECERREÁ
Toda a información sobre os castros de Becerreá na entrada do blog do Colectivo Patrimonio dos Ancares: https://arqueoloxiadosancares.blogspot.com/2011/01/presentacion_23.html
Toda a información sobre os castros de Becerreá na entrada do blog do Colectivo Patrimonio dos Ancares: https://arqueoloxiadosancares.blogspot.com/2011/01/presentacion_23.html
BEGONTE
Santalla (Bóveda); O Castro de Santa María (O Castro); Tra do Castro (Tras do Castro-Donalbai); Raxal (Senande-Donalbai); Carpaceira (Carpaceira-Gaibor); Fonfría e Gaibor (Gaibor); A Torre (A Torre-Illán); Os Castros (Ponte Darriba-Pacios); Pacios (Pacios); Monte do Castro (Pena); Os Castros (San Martiño de Pacios); Eirexe e Trascastro (Santalla de Pena); Trobo (A Estrada-Trobo); O Castriño (Virís); Finca do Castro (Eirexe-Virís).
Castro da Carpaceira: Destruído.
O Castro de Santa María (O Castro): Unha igrexa ergueuse sobre o antigo asentamento. Medidas de 125 por 100 metros.
Castro da Eirexe: A igrexa e o cemiteiro construíronse sobre o castro.
Castro da Finca do Castro: Moi arrasado, cunhas medidas aproximadas de 80 metros de diámetro.
Castro de Raxal: Sobre o ró Ladra. De forma oval, de 95 por 60 metros.. Terraplén polo norte. Moi alterado.
Castro da Torre : Situado xunto a igrexa parroquial. Apareceron algúns restos, entre eles un muíño de man. Arrasado.
Castro de Trobo:Practicamente arrasado. Só se conservan algúns terrapléns.
Os Castros (Donalbai): Arrasado.
BÓVEDA
Remesar (Remesar-Bóveda); Freituxe e Ramos (Freituxe); Bustelo e A Lomba (Martín); A Roda ou Agrón (Rubián); Agroi (San Fiz); Tuimil ou Lomba do Castro (O Castro-Tuimil); Ver ou de San Vitoiro (Ver); Marzán (Val de Miotos-Vilalpape); Vilarbuxán (Vilarbuxán).
Castro de A Roda (Rubián):
Sobre un outeiro. Presenta un recinto ovalado duns 140 por 110 metros. Aos pés do recinto esténdese unha pequena superficie
aterrazada a modo de antecastro duns 20 metros de lonxitude. Cara o
norte un posible foxo dun cinco metros de ancho que transcorre paralelo
ao recinto. Cara o leste obsérvase unha superficie aterrazada
posiblemente vencellada ao castro, defendida por un cavorco. O interior
está adicado a prado que se roturou e afectou ás estruturas. Un camiño,
na actualidade cuberto por mesta matogueira, circunda case todo o
perímetro da croa, aproveitando en ocasións o treito do foxo. Algúns
accesos que presentan foron causados por maquinaria adicada ás tarefas
agrícolas. Unha pequena canteira localízase na periferia norte do
xacemento.
Castro de Freituxe (Freituxe):
Localizado nun outeiro. Recinto tirando a circular cunhas medidas de 115 metros de diámetro, con restos dun
parapeito. Antecastro polo nor-leste de forma tirando a cuadrangular. A croa deféndea unha muralla terreira duns cinco metros de
altura. Segundo referencias orais, tivo un muro de pedra que se
derrubou. Sobre o xacemento medran xestas e carballos. Varios camiños
circundan o recinto chegando a cortalo polo leste. Apareceu cerámica
castrexa. Unha veciña contoume que aínda lembraba, cando era nena, como a
xente ía ao mencer xunto o regato que discorre xunto o castro xa que
era a hora de atopar pebidas de ouro.
Castro de Marzán (Vilalpape): A 500 metros de altitude. Apenas se aprecia, practicamente destruído polos abores agrícolas e forestais.
Castro de Remesar (Bóveda): A 645 metros de altitude. Moi achairado, percíbense parte das murallas, agás polo leste que foron totalmente destruídas.
Castro de Tuimil (Tuimil): Practicamente destruído pola construción das casas da aldea, labores agrícolas, camiños, etc.
Castro de Ver ou San Vitoiro (Ver): Situado sobre un outeiro, nas inmediacións da igrexa parroquial de Ver. Recinto circular duns 50 metros de diámetro, cun aterramento a xeito de antecastro rematado nunha muralla terreira que nalgún tramo acada os seis metros de altura. Cabe a posibilidade de que no pequeno cordón de terra que se levanta nos límites do antecastro sexan os restos dun parapeito que reforzase o poboado. Apareceu cerámica castrexa e muíños barquiformes. Bastante alterado.
BURELA
Cabo Burela, Castelo, Chan do Castro (Cabo de Burela-Burela).
Castro do Cabo Burela: Castro costeiro que aproveitou un pequeno outeiro. O sistema defensivo está constituído por un parapeito que o circunda na súa totalidade. As rochas de granito, con pías naturais e algunhas coviñas artificiais, inzan o lugar.
O Castrelo: Moi alterado por vivendas e hortas, a única evidencia da súa existencia está na toponimia e no esporón sobre o que se ergueu.
Chan do Castro: Aprécianse restos do terraplén que o circundaba. Sobre a croa construíronse vivendas polo que está moi alterado.
Arracada de Burela: Atopada no ano 1954.
Torques de Burela:
Torque de ouro, datado entre os séculos III e II a.C. De máis de 23 quilates, pesa 1.812 gramos. Atopado no ano
1945 no Chao do Castro polo propietario da finca cando se dedicaba aos labores agrícolas. En princpio pensou que se trataba da asa dun baúl, deixándo tirado a carón do terreo, pero a choiva que caera a noite anterior labou a terra que cubría a peza e observou o brillo do obxecto, descubrindo nel uns fermosos adornos e remates así como a cor do ouro. Para comprobalo trasladouse a Lugo, onde o xoieiro don Julio Núñez Regüela comprobou que se trataba de ouro case puro. O dono vendeulla ao xoiero e este cedeuna a Álvaro Gil Varela. É o de maiores dimensións dos atopados en
Galiza. No ano 1954 tamén se atopou unha arracada de ouro (pendente que se pinzaba no lóbulo da orella). Ambas as pezas
estiveron depositadas no Museo de Lugo ata o mes de outubro de 2013
dende o ano 1976, e que por un contenciosos coa Deputación Provincial
volveu a mans dos herdeiros de Álvaro Gil Varela. No mes de xuño de
2014, a Deputación chegou a un acordo coa familia de Gil Varela para
mercarlle, entre outras, estas pezas.
CARBALLEDO
Quintela (Aguada); Buciños e Trasar de Sabugueiro (Buciños); Morgade (Morgade-Carballedo); San Cristovo ou O Castro (Castro); Monte do Castro e Papelle (Cova); Rañadoiro (Furco); Vilar de Mulleres (Lobelle); Pena do Castro (Milleirós); A Touza (Oleiros); Quintá (Pradeda); San Romao e Roda (San Romao de Campos); Fente (Santa Cristina de Asma); Santa Mariña (Santa Mariña do Castro); Igrexa (Veascós); Vilaquinte (Vilaquinte). Toldavia.
Castro de Carballedo:
Situado na parte alta do val do Búbal, presenta un perfil cónico, está
protexido de maneira natural e por dúas liñas de foxos e terrapléns.
Castro da Igrexa (Veascós): Moi alterado pola igrexa, o cemiterio, unha pista asfaltada e terras de labor.
Castro de Morgade: Saíron á luz muíños de pedras labradas. Segundo a lenda hai un tesouro custodiado polos mouros. López Cuevillas e Bouza Brey (1929) recollen unha lenda contada por un home chamado O Gaiteiro, veciño de Morgade: "Unha sabia que hai en Torbeo, dixo que niste castro estaba atuada unha trabe de ouro que era gardada por unha serpe. Pra conseguir adonarse de ista trabe, cumpría levar un crego que botara os exorcismos i en canto saíra a cobra darlle un bico na cabeza".
Castro de A Roda: Forma circular. Alterado pola actividade agrícola.
Castro de San Cristovo ou O Castro: Carmen García achegoume a foto dunha fonte situada na aldea do Castro. Disque a auga vén dun pasadizo subterráneo en pedra que vén dende o castro. Os veciños atribúenllo aos celtas. Castro de San Xoán: Preto do castro de Papelle. Impresionantes vista sobre o río Miño. Dise que unha gran serpe se ocultaba na chamada Cova da Serpe. Un día unha tecedeira de Vilaquinte que baixaba cara Papelle atopouse de fronte co réptil. Medoñenta e sen saber moi ben que facer, ocorréuselle tirarlle os novelos de la quedándose coas puntas na man. Morta de medo e como a serpe continuaba a avanzar cara ela, tirou dos fíos e afogouna. Outra lenda conta que un día que un veciño ía á feira atopouse cun descoñecido que o acompañou durante o traxecto; comeron xuntos e tamén volveron xuntos polo camiño. Pero o veciño viña algo temeroso xa que o misterioso acompañante non coñecera a ningún na feira, cousa rara, pero non se atrevía a dicírllelo. Tanto se ensimesmou, que cando se decatou o seu acompañante desaparecera. Ao chegar á casa contoullo á muller, contestándolle esta qeu de seguro era un mouro que habitaba no castro. (Fonte: Javier Gómez Vila).
Castro de Santa Mariña: Alterado por un camiño de acceso, labores agrícolas e dúas construcións que se ergueron no interior do recinto. Protexido en gran parte polo desnivel do terreo, está arrodeado por un parapeito e foxo na parte máis vulnerable.
Castro de Temes: Segundo a tradición, a igrexa de Santa María asenta sobre un primitivo poboado castrexo e sobre unha torre medieval. O lugar conserva varios elementos paleocristiáns, entre outros unha tampa en mármore dun sepulcro do século IV.
Azúmara ou dos Carrís (Fonte do Val-A Azúmara); A Rodela de Balmonte (Eiravedra-Balmonte); A Mudia (A Mudia-Bazar); Penelas ou Bazar ou Campo do Castro (Penelas-Bazar); Castro de Rei (Castro de Rei); O Castro (O Castro-Duancos); Duancos ou Trigás (Espiñeiros-Duancos); Acó e Aló (Duarría); Dumpín ou Lugar do Castro (Santalla-Dumpín); Golpilleiras (Golpilleiras-Dumpín); A Rodela ou Pedrouzos (Anoca-Goberno); A Croa de Goberno ou Castro de Ameixide (Suso-Goberno); Croas da Rodela ou Loentia (Loentia); Ludrio (A Igrexa-Ludrio); Mondriz ou Longras (Lousada-Mondriz); O Adro ou O Igrexario ou Outeiro (Outeiro); Piñeiro (Piñeiro-Prevesos); Quintela ou Picato (O Burgo-Quintela); Ramil ou As Teixoeiras (Val de Calvos-Ramil); Castrillón e A Farola (Ribeiras de Lea); Abuín (Freinoval-Santa Comba de Orizón); Reas do Castro (Santa Comba de Orizón); Os Castros de Santa Locaia (Herbosa-Santa Locaia); A Escrita de Santa Locaia (Santa Locaia); Triabá (Triabá); Viladonga (Viladonga); O Castrelo (Campo-Viladonga); Arriba e Abaixo.
Castro de Ameixide: Segundo a lenda foi construído polos mouros.
O Castro:
A aparición de muíños de man e outros restos apuntan a que no lugar
onde se ergueu o desaparecido castelo había un asentamento castrexo.
Castro da Croa de Goberno: Recinto principal tirando a ovalado e dous secundarios, delimitado por un foxo e unha muralla de grandes dimensións.
Castro de Duarría: Con muralla e foxo que circunda unha croa circular. Atopáronse uns auréos de época xulio-claudia (s. I d.C.). Segundo a lenda hai unhas covas con tesouros custodiadas polos mouros.
Castro de Duarría: Con muralla e foxo que circunda unha croa circular. Atopáronse uns auréos de época xulio-claudia (s. I d.C.). Segundo a lenda hai unhas covas con tesouros custodiadas polos mouros.
Castro de Loentia ou Croas da Rodela: Case desaparecido.
Castro de Ludrio: Sobre o castro construíuse a igrexa e o cemiterio.
Castro de Outeiro ou do Adro: Sobre o castro érguese a igrexa.
Castro de Outeiro ou do Adro: Sobre o castro érguese a igrexa.
Castro de Penelas ou Bazar: Practicamente desaparecido.
Castro de Quintela: Case desaparecido.
Castro de Ramil: Practicamente desaparecido.
Castro de Viladonga: Situado a 560 metros de altitude, domina o curso alto do río Miño e a Terra Chá. Trátase dun recinto case circular arrodeado por foxos, murallas e antecastros. A muralla, de terra duns dez metros de altura, ofrece na súa cara interior un muro formado por grandes laxes. O primeiro achado foi un torque de ouro, datado entre os séculos II-I a.C., atopado no ano 1911 por un labrego que o enganchou co arado. As escavacións iniciáronse no ano 1971 baixo a dirección de Chamoso Lamas descubríndose, ademais da muralla, construcións circulares, ovaladas e rectangulares adicadas a vivendas, almacéns, etc. Tamén saíu á luz outro torque e un puñal de antenas. Ocupado dende o século II a.C., acadou a máxima importancia entre os séculos III e V d.C. As intervencións arqueolóxicas do ano 2018, realizadas por Terra Arqueos, ofreceron datos de gran relevancia para comprender a evolución do castro, localizándose un alxibe no interior vinculado ás primeiras fases do poboado; nun dos parapeitos exteriores descubriron un torreón que actuaría como corpo de garda e que pasou por tres ou catro fases distintas. Entre o 1982 e o 2004 dirixiu os traballos Felipe Arias Vilas. Foi neste tempo cando se creou o Museo do Castro (1983), distribuído en cinco salas: Medio Natural e Hábitat, Cultura Material 1, Cultura Material 2 e Crenzas, Sala de Información e Sala de Actos. Nunha gruta situada no antecastro medra unha especie de carriza cuxos filamentos reflecten unha luz verdosa. Segundo a lenda, habitáronno os mouros ata que foron expulsados polo Apósolo Santiago, non sen antes deixaren agochados fabulosos tesouros. Declarado Ben de Interese Cultural. (A magnífica foto aérea do castro achegouma o piloto Javier Fernández García, que sacou arredor do ano 2005).

Machado (Castro de Viladonga): Peza
de uso sacrifical, probablemente de rituais de comensalidade, no que se
representan os elementos ornamentais dos animais sacrificados
(carneiro, touro e xabaril), a folla do machado sobre o que aparece un
torques, no corpo central, decoración de sogueado con "espiña de peixe".
Amor Meilán, na súa Geografía General del Reino de Galicia, e Vázquez Seijas en Lugo bajo el Imperio Romano, din que no municipio de Castro de Rei ha de buscarse o lendario Monte Medulio. Asegura Vázquez Seijas que cando en Castro de Ribeiras de Lea se levaron a cabo os desmontes para a construción do hospital psiquiátrico descubríronse enterrados e fosilizados algúns troncos de árbores de carballo e teixo.

CASTROVERDE
Barredo, Croa de Mouriz e Francelos (Barredo); Caxigueira ou Tenzas da Croa ou do Castro (Rego de Pelamio-Barredo); O Castriño (Barredo, Santo André); Croa de Xivil (Bolaño); Cellán e Vilar (Cellán de Calvos); Marrondo (Covelas); Espasande (Espasande); Frairía (A Frairía); Furís, Croa do Monte Casiña e Pereiro (Furís); Goi (Goi); Masoucos (Masoucos); Agra do Foxo e A Croa (A Meda); Miranda (Miranda); A Graña (A Graña-Montecubeiro); Maxide (Maxide-Montecubeiro); Croa dos Mouros e Sarceda (Sarceda-Montecubeiro); Paderne e Pallota (Paderne); Airexe e Arrubial (Páramo); A Croa (Pereiramá); Pumarega (A Pumarega); O Castro, Rebordaos (Rebordaos); Recesende (Recesende); Riomol (Riomol); A Croa (San Miguel do Camiño); A Croa (Trasorras-San Miguel do Camiño); A Croa (Serés); A Croa e Souto de Torres (Souto de Torres); Soutomerille (Soutomerille); Uriz (Uriz); Vilalle (Vilalle); Monte Castelo (Vilariño).

O Castriño (Barredo): Outeiro rochoso situado no monte Pena Branca non se observa a típica tipoloxía dun castro.
O Castro (Rebordaos): Localizado polo Coolectivo Patrimonio dos Ancares e a Asociación Mariña Patrimonio no mes de maio de 202o. A 615 metros de altitude. En conxunto ten unhas medidas de 150 por 115, cunha croa de 88 por 57 metros defendida por muralla, terrapléns e foxo. Antecastro polo este. No centro da croa hai unha gan pena de granito con tres cazoletas gravadas artificialmente.
Castro da Airexe (Páramo): Sobre a croa levantouse a igrexa, o cemiterio e a casa reitoral. No ano 2023, ao arranxar a casa reitoral, debaixo do piso saíron á luz máis de vinte sartegos antropoides escavados na rocha viva.
Castro de Arrubial: Recinto de planta elíptica defendida por un parapeito.

Castro de Caxigueira ou Tenzas da Croa (Rego de Pelamio): Localizado polo Colectivo Patrimonio dos Ancares o 14 de xullo de 2023. A 614 metros de altitude, ten unhas medidas de 72 por 58 metros.
Castro da Croa (Pereiramá): De 120 por 95 metros, defendido por muralla, terraplén e foxo en todo o seu perímetro.
Castro da Croa de Xivil: Dise que os mouros tiñan unha capela no castro.
Castro de Furís de Abaixo ou Croa da Casiña: No ano 1978, cando se fixeron unhas propospeccións, apareceu unha cabeza granítica de trazos toscos, desaparecida na actualidade.

Castro de Goi:
Con coroa central arredondada, duns 70 metros de diámetro. Fortes
noiros defensivos polo norte e leste. Polo leste apréciase un foxo duns
12 metros de ancho que arrodearía o castro. A entrada actual corta a
defensa orixinal do xacemento; a entrada primitiva estaría polo N-L,
onde se acusa unha valgada. Sobre o castro construíuse a igrexa e o
cemiterio. Tamén están á vista tres sártegos antropomorfos, de dous
adultos e un neno, posiblemente altomedievais.
Castro de Masoucos: Presenta un só recinto de forma ovalada, defendido por un terraplén que nalgúns tramos acada os seis metros de altura, e foxo polo sur. A croa adicouse a cultivo. No recinto apareceron varios sártegos que foron reaproveitados nas reformas da tapia do adro da igrexa que se ergueu, xunto co cemiterio, na cara norte do castro.
Castro de Maxide: Forma elíptica, cun recinto defendido por un foxo e un parapeito moi alterado.

Castro de Miranda: Moi alterado pola construción da igrexa, o cemiterio e outras construcións.
Castro de Paderne: Forma ovoidal, defendido por un terraplén perimetral.
Castro de Pereiro: Planta circular defendido por un terraplén e un foxo ben conservado.
Castro de Pumarega: Xunto o castro érguese a ermida de Santa Cristina.

Castro de Recesende: Sobre o castro construíuse a igrexa, o cemiterio e, escavadas na rocha viva, unhas tumbas antropomorfas de orixe medieval.
Castro de Soutomerille: Aprécianse foxos e parapeitos. Apareceron muíños de man e pedras talladas e pulimentadas que na actualidade se atopan no Museo da Fonsagrada. Un afloramento rochoso que hai no castro coñécese como "Os asentos dos Mouros". Hai un petroglifo con cazoletas.
Castro de Uriz: Ovoidal. Domina un amplo territorio.
A Croa (San Miguel do Camiño): Castro localizado polo Colectivo Patrimonio dos Ancares e a Asociación Mariña Patrimonio no mes de maio de 2020. A 507 metros de altitude, ten unhas medidas aproximadas de 107 por 95 metros. Moi achandado polos labores agrícolas e forestais.
A Croa (Trasorras): Localizado polo Colectivo Patrimonio dos Ancares e a Asociación Mariña Patrimonio no mes de maio de 2020. A 590 metros de altitude, ten unhas medidas aproximadas de 250 por 150 metros. Moi alterado.
A Croa (Souto de Torres): Castro localizado polo Colectivo Patrimonio dos Ancares e a Asociación Mariña Patrimonio no mes de maio de 2020. A 530 metros de altitude, ten unhas medidas aproximadas de 140 por 85 metros, defendido por terrapléns e o forte desinivel do terreo. Restos de muralla.

CERVANTES
Toda a información sobre os castros de Cervantes na entrada do blog do Colectivo Patrimonio dos Ancares: https://arqueoloxiadosancares.blogspot.com/2011/01/presentacion_23.html
CERVO
O Cabo (O Castro-Castelo); Os Castros (Castelo); Pico Pequeno ou Monte da Sara (Castelo); Os Castros (A Rueta-Cervo); A Atalaia (San Cibrao); O Coído (xunto o Polígono Industrial-San Cibrao); A Senra (San Román de Vilaestrofe).
Castro de A Atalaia: Descuberto no ano 2006. Logo dunha longa loita, a Asociación Mariña Patrimonio, xunto co apoio doutros colectivos, conseguiu paralizar a urbanización que se estaba a levantar sobre o castro costeiro (coa beizón do Concello de Cervo que sabía, o mesmo que o promotor, da existencia dun importante xacemento arqueolóxico), paralización que non evitou que quedara gravemente afectado. O castro conta cunha sauna (monumento con forno) que aínda conserva a falsa bóveda e o forno. Nas inmediacións atopouse tamén un petroglifo da Idade do Bronce. En xullo de 2010 a Dirección Xeral do Patrimonio ordenou conservar os restos do castro, aclarando que a súa conservación é incompatible cos proxectos construtivos que se proxectaban sobre esta área. Ocupa unha pequena península de San Cibrao. As distintas intervencións arqueolóxicas revelaron a presenza dun asentamento galaico-romano cunha cronoloxía que vai do século I a.C. ao VI d.C., cunha reocupación en época baixomedieval e moderna, coa recuperación de material de distintas épocas (cerámica común, terra sigillata, tégulas, ladrillos, unha fibela de cinto, un machado votivo, unha agulla de coser, unha prancha de bronce con decoración, unha lámina de ouro decorada, muíños circulares, fusaiolas, escouras, cravos, moedas romanas e medievais, etc).

Castro de Rueta: A limpeza realizada no castro costeiro no ano 2022 permitiu visibilizar aspectos inéditos do asentamento, como un sistema defensivo espectacular con varias liñas de murallas. O equipo do CSIC, coordinado por David González e Jesús García desvelaron aspectos como a densidade das construcións, a entidade das murallas ou a existencia doutros restos arqueolóxicos na contorna. No asentamento atópase a Pedra do Raio, unha pena fendida que ten unhas cazoletas na parte superior; dise que a ela ían parar todos os raios da zona.
Castro da Senra: De forma ovalada, cunhas medidas de 145 por 100 metros.
O 29 de maio de 2010, a Asociación Mariña Patrimonio deu a coñecer o achado dun novo castro costeiro en San Cibrán, O Coído, nos terreos onde se levanta o Polígono Industrial cuxa ampliación danou 4000 metros cadrados do asentamento, afectando ao antecastro e destrozando dous parapeitos. No lugar apareceron restos cerámicos.
O Castro (Abragán); Vigo (A Eirexe-O Alto); A Croa de Vilanova (Vilanova-O Alto); Anseán ou Castros de Lence (Lence-Anseán); Agra dos Castros e Os Castros (Arxemil); Bergazo (xunto a igrexa de Bergazo); Castrillón (Castrillón); A Croa (Chamoso); Poboado do Castro ou Farnadeiros (Farnadeiros); Croa de Folgosa (Folgosa); Vilacorbe (Vilacorbe-Folgosa);O Barrio e O Noviño (Fonteita); Castrillón e Gomeán ou A Croa e As Croas (Gomeán); Airamonte (Airamonte-Laxosa); Novás, Ramil e Tras da Zorra (Laxosa); Maceda (Maceda); A Croa de San Cosme (Manán); Os Castros de Lence ou As Croas (Lence-Marei); A Cerdeiriña, A Grova e Reveirao (Vilanova-Paradela); Queizán (Queizán de Abaixo-Queizán); Mondín (San Bartolomeu de Chamoso); Margarida (Vilachá). Castro da Senra: De forma ovalada, cunhas medidas de 145 por 100 metros.
O 29 de maio de 2010, a Asociación Mariña Patrimonio deu a coñecer o achado dun novo castro costeiro en San Cibrán, O Coído, nos terreos onde se levanta o Polígono Industrial cuxa ampliación danou 4000 metros cadrados do asentamento, afectando ao antecastro e destrozando dous parapeitos. No lugar apareceron restos cerámicos.
Castrillón: Practicamente circular, ten unhas medidas duns 92 metros de diámetro. Trátase dun castro agrícola, dun só recinto, protexido en todo o seu perímetro por unha muralla de terra e pedras, cun forte desnivel polo S-L. No interior, plantado de carballos, érguese a capela románica do San Bernabé en cuxo adro pódese ver un miliario anepígrado de época romana que fai as veces de altar exterior; xunto a porta hai unha pedra de granito adpatada como pía de auga bendita que puídos pertencer a unha ara ou un miliario. O castro está afectado parcialmente por unha estrada local polo oeste e un alpendre polo S-O. Todo o xacemento atópase limpo de matogueira. Bo estado de conservación. Cóntase que no castro habitaban os mouros, e que foi o propio San Bernabé quen os expulsou. E que dende o castro vai un túnel ata a horta do cura de Folgoso. Dise tamén que hai agochada unha hucha de ouro e outra de pólvora; se se escolle esta última estoupa.
Castro de Abragán: De forma ovalada, a uns 400 metros de altitude. A parte mellor conservada é a metade norte, o resto atópase moi achandada. Aínda que figura na cartografía está sen catalogar. En orixe tería unhas medidas aproximadas de 125 por 100 metros. Localiceino no mes de xaneiro de 2017. Comuniqueino a Patrimonio da Xunta de Galicia o día 10 de xaneiro de 2023. O día 18 do mesmo mes, dende Patrimonio comunicáronme que xa foi catalogado.
Castro da Agra dos Castros: Nun pequeno outeiro rochoso. Cuberto pola vexetación, non se observan restos de estruturas defensivas.
Castro de Airamonte: Totalmente destruído.
Castro de Anseán: Totalmente alterado por terreos de pasto e cultivos. Pola parte exterior do muro que pecha o adro da igrexa parroquial, reutilizado nunha fonte, hai a base dun muíño circular de man.
Castro de Bergazo: Situado no cumio dun pequeno outeiro de forma circular. Restos de muralla polo leste e sur, complementada por un foxo defensivo. Sobre el levantouse a igrexa e o cemiterio.
Castro da Croa de Folgosa: Nun esporón. Presenta un recinto amurallado de boa altura.
Castro da Croa de San Cosme: Forma oval cun único recinto.
Castro da Croa de Vilanova: Situado nun outeiro por riba da aldea. Vese unha muralla perimetral.
Castro de Bergazo: Sobre o castro edificouse a igrexa parroquial. Consérvase parte da muralla de pedra.
Castro de Farnadeiros: Situado nun outeiro a 443 metros de altitude. Presenta un recinto con muralla perimetral.
Castro de Gomeán: Situado a poucos metros da N-VI, xunto a poboación de Gomeán. De forma case circular, presenta unhas medidas aproximadas de 90x80 metros. Trátase dun castro agrícola situado nunha chaira, protexido por unha muralla terreira e curtos terrapléns. O interior, antano utilizado para labores agrícolas, atópase plantado de árbores. Afectado na súa contorna por terras adicadas ao cultivo. Aceptable estado de conservación.
Castro de Margarida: O día 19 de setembro de 2016 entereime de que este castro, moi evidente, non figura no Pxom do Corgo aprobado definitivamente no mes de maio do pasado ano polo que ao día seguinte comuniqueillo ao propio Concello e ao Servizo do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Trátase dun castro de chaira situado a unha altitude de 470 metros. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 120 x 90 metros, arrodeado en todo o seu perímetro por unha muralla de terra e pedras que nalgúns tramos acada máis de dous metros de altura, arrodeada por un ancho foxo duns sete metros de ancho. Foi plantado con piñeiros e recentemente con eucaliptos o que lle produciu profundas gabias. Xa foi catalogado.
Castro de Queizán: Nun outeiro. Recinto superior arrodeado por muralla e terrapléns. Polo leste está defendido por tres terrapléns concéntricos a xeito de terrazas.

Catro de Ramil: No cumio dun outeiro que domina o río Chamoso. Presenta un recinto central de forma ovalada defendido por un terraplén. Antecastro por diante da entrada.
Castro de Reveirao: Presenta un triple anel defensivo, reforzado con muralla e foxos intermedios. Próximo ao castro da Cerdeiriña.
Castro de Tras da Zorra: Preenta un recinto oval defendido por unha muralla).
Os Castros (Arxemil): Consta dun recinto principal e unha terraza. Presenta un terraplén polo NL.
Pés descalzos de Bergazo: Descubertos no ano 1951 no castro de Bergazo. Existen dúbidas canto á súa adscrición á Cultura Castrexa.
Sobre os castros de Alto, Bergazo, Castrillón e Maceda construíronse igrexas.
Círculo en Maceda: Ver a entrada dedicada ás pedrafitas e círculos líticos.
COSPEITO
Os Castros (O Campo da Aldea-Bestar); O Pacio (O Pacio-Bexan); O Castro (Goá); Caldaloba (Pino); O Castro ou San Vicente (O Castro-O Pino); Teixeiro ou Os Castros (A Costa-O Pino); San Vicente (O Castro-O Pino); Os Castros (Gaioso-Pino); A Picañeira (A Picañeira-Roás); Vilar do Castro (Anidos-Santa Cristina); As Engrovias (A Cruz-Vilapene); Os Castros (Vilasuso-Seixas); San Paio (San Paio-Sistallo); O Torrillón ou Torre de Pascual (Torrillón-Támoga); As Engrovias (A Cruz-Vialpene); O Circundo (O Outeiro-Vilapene); Eirexado (O Eirexado-Xermar).
O Castro (Goá): Practicamente desaparecido polo aproveitamento agrícola, a edificación do núcleo do castro e a concentración parcelaria. Ao parecer tiña tres liñas defensivas conformadas pola sucesión parapeito-foxo que foron desfeitos nos anos setenta do pasado século XX.
Castro de Caldaloba: Para a construción do castelo de Caldaloba aproveitaron o emprazamento dun
antigo castro conservando os catro foxos que o defendían (os foxos poden
ser a orixe do nome "Cal da Loba").
Os Castros (Gaioso-Pino): Documentámolo o 23 de setembro de 2020. De 75 por 63 metros, conserva a muralla moi achandada.
Castro do Circundo: Documentámolo o día 23 de setembro de 2020. Moi alterado. Ten uns 85 metros de diámetro. Antecastro polo sur.
Castro do Eirexado: Mal estado de conservación debido ao aproveitamento agrícola e dúas pistas, ademais de varias estruturas vinculadas á explotación gandeira. Obsérvanse restos dun recinto de planta irregular (elíptica en orixe) defendida por un terraplén moi rebaixado.
Castro das Engrovias (Vilapene): Sobre o castro construíuse a igrexa e o cemiterio. Tan só é posible observar un recinto de forma case circular defendido por un terraplén.
Castro do Pacio: De planta elíptica conformado por un recinto ou croa defendida por un alto terraplén complementado por un foxo-parapeito, rerforzado no sector NO que é o máis vulnerable, cun segundo sistema de foxo-parapeito que se pecha cara o primeiro. O sistema defensivo foi cortado por unha pista.
Castro da Picañeira: Mal estado de conservación debido ao aproveitamento forestal.
Castro de San Paio: Sobre o castro hai unha capela adicada a San Paio, utilizada como alpendre na actualidade. A edificación do lugar de San Paio, a estrada que vai cara Espiñeira, a extracción de pedra e o aproveitamento agrícola afectouno gravemente. Tiña unha croa de planta elíptica cunhas dimensións aproximadas de 108 por 95 metros. Dise que había uns bois de ouro enterrados, e no foxo unha cova dos mouros.
Castro de San Vicente: Mal estado de conservación. Un camiño ocasionou a súa destrución no sector oriental. Obsérvanse restos dun recinto de planta elíptica defendido por un terraplén perimetral.
Castro de Teixeiro: Situado a 531 metros de altitude, cun amplo dominio visual sobre a contorna. Practicamente circular, cunhas medidas máximas duns 150 por 160 metros, coa parte habitable duns 70 metros de diámetro. Defendido en todo o seu perímetro por unha sucesión de foxo-parapeito-foxo-parapeito.
Castro de O Torrillón: Sobre o castro levantouse a Torre de Támoga ou do Torrillón, destruída no século XV polos Irmandiños. Moi alterado polo aproveitamento agrícola e pola construción de vivendas polo que resulta moi difícil extraer a súa morfoloxía. Estaría conformado por un recinto superior de forma ovalada defendido por un terraplén que acada os nove metros nalgún punto. No interior do recinto obsérvase unha pequena plataforma que os veciños denominan como A Torre, sendo este o espazo que ocuparía a fortificación altomedieval recollida por Vázquez Seijas e da que aínda existían vestixios a principios do século XX.
Castro de Vilar do Castro: Mal estado de conservación, atópase practicamente arrasado.
Os Castros (O Campo da Aldea): Totalmente destruído a nivel superficial debido ao intenso aproveitamento agrícola. Apareceron varios muíños.
Os Castros (A Costa-Pino): Regular estado de conservación polo aproveitamento agrícola e forestal. Consta dun recinto superior tendente a circular, defendido por un elevado terraplén complementado por un foxo con parapeito. A totalidade do recinto está atravesado por un camiño en cuxos cortes aínda é posible ver a constitución das defensas a base de terra e pedra. No sector N do terraplén instalouse un vértice xeodésico.
Torques de A Medorra
(Pumares-Arcillá): Cinco torques de ouro dos que se desbota que
pertenceran ao enxoval dunha mámoa; poden proceder do cercano castro do
Castelo. Século II-I a.C. Achado casual, pode que de finais do século XIX. No Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid.
CHANTADA
Coto de San Andrés (Adá); Abeleda (A Grade); Arosa (Adá); Arcos (Arcos); O Coto (Amorín de Abaixo-Argozón); Bermún (Bermún); Brigos (Brigos); San Sebastián (Vilanova do Monte-Brigos); Cabreiros (Cabreiros-Camporramiro); Agros do Castro (Esmoriz); Fornas (Fornas de Abaixo-Fornas); Vilaseco, Nuxilde e Xoanín (A Laxe); A Eirexe (A Eirexe-Líncora); San Pedro (Vilachá-Líncora); Vigo (Mariz); Mariz (A Barxa-Mariz); San Amaro (O Mato); Pumar (Pumar-Merlán); Paderne (Muradelle); Lagariza (Lagariza-Nogueira de Miño); Candaz (Pedrafita); A Igrexa Vella (Pereira); Airoá (Pesqueiras); O Pacio (O Pacio-Requeixo); A Ribada (O Castro-San Fiz de Asma); San Fiz (As Cerdeiriñas-San Fiz de Asma); A Roda (Meixide Grande-San Fiz de Asma); Santa Uxía (Santa Uxía de Asma); Os Castros (San Salvador de Asma); Coto de Forcas (San Salvador de Asma); Centulle (San Xurxo de Asma); Candela do Castro (Sabadón-Vilaúxe); Mundín e Vilaúxe (Vilaúxe).
Castro de Abeleda (A Grade): Na Serra do Faro, lindeiro co concello de Carballedo. Apareceu un torque de ouro, custodiado no Museo de Pontevedra.
Castro de Airoá: Medidas de 115 por 98 metros. Consérvase parte dun parapeito. Bastante alterado.
Castro de Arosa: Moi alterado. Non se observan restos de defensas. Sobre a croa levantaron unha torre de telefonía.
Castro de Cabreiros: Moi alterado polos labores agrícolas e a extracción de pedra.
Castro da Cancela do Castro: Semidestruído pola aldea de Sabadón. Nas inmediacións consérvase o microtopónimo de O Forno Vello.
Castro Candaz (Pedrafita):
Asulagado polo encoro de Belesar a principios dos anos sesenta do pasado séeculo XX, só se pode ver cando baixan as augas.
Situado nunha pequena península delimitada polo río Miño e o seu
afluente os regueiros Enviande e Ponte da Lama. Só se podía acceder polo poniente, apreciándose por esta parte varias zonas amesetadas cuxa disposición cumpriría unha funcion a modo de defensa. No resto dos puntos, dada a súa forma cónica e por estar arrodeado de auga, debeu ser case inexpugnable. Aínda que nunca foi escavado, conxectúrase que é probable que a súa orixe estea nun castro. Segundo as crónicas da Casa de Camba, foi fundado por un cónsul romano, un tal Lucio, ou Xelión, Cambero que mesmo se enfrontu a dúas lexións romanas mandadas polo propio emperador Traxano. Pero claro, para lexitimar unha ascendencia de avoengo, na Idade Media os nobres inventan as árbores xenealóxicas, entroncándose con persoeiros de sona, míticos ou reais. Ademais do citado Lucio Cambero, dise que outro propietario foi un descendente de aquel, un tal Lupo Cambeiro de Candaz, ao que o rei don Pelaio, pola axuda prestada na guerra contra os árabes, lle deu a torre de Arcos. Ademais dos Camba, tamén foi propiedade dos Taboada, dos Temes, e pode que dos condes de Ribadavia. Entre os séculos IX e XII, os normandos asolan as costas galegas. Pois ben, o mestre Manuel Fornoso Lamas, autor de Apuntes para la historia de Chantada (1905), escribiu que durante a primeira vaga de invasións, os vikingos arrasan Chantada, e os nobres da vila refúxianse no Castro Candaz, custodiados pola familia dos Eiriz ou Erice, ata que son liberados polo rei Ramiro I. Alancando no tempo chegamos á Gran Guerra Irmandiña, entre o 1467 e o 1469, en que o castelo foi destruído, sendo logo reconstruído pola familia Taboada. Non hai moito, alguén con sobrada imaxinación, alcumouno como a "Atlántida Galega". Segundo me contou hai anos un veciño de Mosteiro, na cima había un túnel, tapado na actualidade, que ía dar ao río. O
asentamento padeceu numerosas transformacións. Primeiriro levantouse o posible
castro, lugo unha posible fortaleza medieval, e máis adiante unha ermida, testemuñada no
ano 1474 (quizais relacionada co priorado de Paracostoira), despois viñeron as plantacións de viñedos e construcións
relacionadas con estes, e por último o encoro que modificou e continúa a
modificar a súa morfoloxía. Malia o anterior, eu non teño moi claro que o Candaz acollera un castro e unha fortaleza medieval, as reducidas dimensión da zona achairada da cima fanno improbable (as imaxes do voo americano dos anos 1956-57, antes da construción do encoro, parecen confirmalo). A uns 600 metros en liña recta
do Candaz, tamén entre os ríos de Enviande, Ponte da Lama e o Miño, hai
un outeiro (catalogado por Patrimonio), situado a unha altitude de 450
metros, que conserva o
topónimo de O Castelo e cuxa cima presenta unha zona achairada de forma
tirando a ovalada duns 50 por 40 metros. No ano 2003, a mesma persoa que
me
informou da cova do Candaz contoume que polos anos sesenta do século XX
un
avogado de Lugo atopou no Castelo varias pezas metálicas, entre outras
unha espada
de ferro e un candil. Se temos en conta as dimensións das partes
que poderían acoller unha fortificación, o Candaz apenas sería apto para
unha
pequena torre, mentres que o Castelo si puído acoller un edificio
defensivo de certa entidade. Ademais
do dito, ese "pero" pode estar máis fundamentado. Onde? Nun documento
do 3 de febreiro do ano 1252, gardado no Arquivo Histórico Nacional, un
matrimonio, Pedro Martínez e María Rodríguez, reciben do mosteiro de
Santa María de Oseira a metade dunha herdade situada en "Sancti Pelagy de Candaz",
en terra de Asma. Cando a construción do encoro, as augas asulagaron,
entre outras, a aldea de San Paio, situada na mesma zona que o castro
Candaz. Na actualidade non existe San Paio de Candaz, pero á vista do
documento resulta doado adiviñar que Candaz non só era un pequeno
outeiriño, senón que abranguía un territorio máis amplo. Daí que tanto o
castro como a fortaleza medieval puideron estar noutro sitio, por
exemplo no Castelo.Castro de Centulle (San Xurxo de Asma): Sobre el ergueuse a ermida adicada á Nosa Señora de Fátima. Ao seu carón tamén se construíu unha residencia, que nunca se chegou a utilizar, e un depósito de auga. A croa estaba defendida por un terraplén en todo o seu perímetro, e restos dun parapeito cara o norte. No interior da capela vin un muíño navicular.
Castro do Coto de Forcas: A 623 metros de altitude. Pequeno asentamento duns 55 por 47 metros.
Castro de Esmoriz (Esmoriz): Duns 120 metros de diámetro. De difícil acceso pola mesta vexetación que o cubre. Aquí apareceu un torque de ouro que foi vendido en dúas metades a un anticuario.
Castro de Esmoriz (Esmoriz): Duns 120 metros de diámetro. De difícil acceso pola mesta vexetación que o cubre. Aquí apareceu un torque de ouro que foi vendido en dúas metades a un anticuario.
Castro de Fornas: Apareceron muíños circulares e naviformes, fusaiolas, pedras labradas e restos de muros (Fonte: Iván Álvarez Merayo).
Castro de Lagariza: Ocupa un outeiro granítico. Na croa vense grandes penas. Cóntase que na coñecida como Pedra da Virxe hai petroglifos.
Castro de Mariz: Moi alterado, delimitado por un parapeito.
Castro de Mundín: Defendido por unha sucesión de parapeito, foxo e terraplén.
Castro do Pacio: Duns 125 por 105 metros.
Castro de Paderne: De 225 por 134 metros.
Castro de A Ribada: Alterado pola aldea do Castro, socaldos para videiras e pistas.
Castro de San Amaro (Mato): Sobre a croa construíuse unha ermida posta baixo a advocación do San Amaro. O castro perdeu a muralla que o arrodeaba.
Castro de San Amaro (Mato): Sobre a croa construíuse unha ermida posta baixo a advocación do San Amaro. O castro perdeu a muralla que o arrodeaba.
Castro de San Pedro: De 143 por 112 metros.
Castro de San Sebastián (Brigos): A 745 metros de altitude sobre o nivel do mar. A comezos do século XX aínda conservaba restos da muralla pétrea, un foxo e un contrafoxo. Atopáronse muíños de man, escouras de ferro e dúas liminiñas de cobre. Alterado por camiños e unha torre de telefonía.

FOLGOSO DO COUREL
Alto dos Mouros (entre os concellos de Folgoso do Courel e Quiroga); Monte Cido ou Torre de Cabreira (O Carbedo-Esperante); O Carbedo e Romeor (Esperante); Torre de Millares (Millares-Esperante); Castro do Lago ou Devesa do Rei (Esperante); Foz (Folgoso); O Santo (Eiriz-Folgoso); A Coroa ou Teso do Castro (Ferreiros de Arriba-Folgoso); Mogoxe (Ferreiros de Abaixo-Folgoso); Forcellas ou Fouciños (Folgoso); Fouciños e A Torre do Castro ou Sobredo (Sobredo-Folgoso); Aló Abaixo, Ferramulín e A Roda (Ferramulín-Hórreos); Cerca de Sucastro ou Cotorro do Castro (Miraz de Arriba-Meiraos); Santo Estevo (Meiraos); Miraz ou Pena do Castro ou Os Fogos (Meiraos); Modorro das Torres ou Paderne (Paderne-Meiraos); Vilela (Vilela-Noceda); O Santiago (Noceda); Castrelín e Penas do Castro (Seceda); Chao da Balsa e Coroa do Castro (Ferrería- Seoane); Brío ou Castro de Vigo e Mercurín (Mercurín-Seoane); Igresario ou San Román e Parada (Parada-Seoane); Piñeira ou Couseliños (Piñeira-Seoane); Santo Estevo (Seoane); Pena do Castro (Vilamor); Portela (Castro Portela-Vilamor), Vilamor (Vilamor); Vilar (Vilar-Vilamor); Farria da Silveira (Rendar-Vilamor); Torexe e Santa Eufemia (Visuña).

Tessera Hospitalis
(Torre da Cabreira-O Carbedo): Atopada no ano 1959. Trátase dun texto
epigráfico gravado sobre unha prancha enmarcada por columnas que
soportan un frontón triangular no que asoma unha cabeza de guerreiro
tocado cun helmo. A ambos os lados ten unhas ansae para colgar: "APPIO IVNIO SILANO
P(ublio) SILIO NERVA CO(n) S(ulibus)/TILLEGVS AMBATI F(ilius) SUSARRVS/)
(castellum) AIOBAIGIAECO HOSPITVM FECIT CVM LVGEIS CASTELLANIS
TOLETENSIBVS SIBI VXORI LIBE/RIS POSTERISQVE SVIS EVMQ/VE VXOREM
LIBEROSSQVE EIVS/IN FIDEM CLIENTELANQVE SVA/M SVORVMQVE IN PERPETVO
CASTELLANEI TOLETENSIS RECEPERVNT/EGIT TILLEGV AMBATI (filius) IPSE
MAG(istris) LATINO AR (filio) ET ANIO/TEMARI (filio)", ("Sendo cónsules
Appius Iunius Silanus e Publius Silius Nerva, Tillegus, fillo de
Ambatus, do pobo dos Susarros e pertencentes ao castro Aiobaigiaeco,
fixo un pauto de hospitalidade cos Lougei, habitantes do castellum de
Toletum, para si mesmo, para a súa muller, para os seus fillos e para os
seus descendentes. Pola súa parte, os habitantes do castellum de
Toletum, recibírono para sempre como cliente, a el e aos seus. Levantou
acta do acordo Tilegus mesmo, fillo de Ambatus, sendo maxistrados
Latinus, fillo de Arus, e Aius"). Nicandro
Ares Vázquez, nun seu artigo Lougei
Castellanei Toletenses
(Lucensia,
1991), tenta situar aos habitantes deste castellum. Di que o
regueiro Valdelouro, segundo o Diccionario...
de Pascual
Madoz (1847),
nace no monte Toledo. No ano 1984,
Nicandro Ares pediulle ao cura de Veiga de Valcarce, Eugenio
Ferreiro, para que indagara no topónimo. Este pediullo a un colega,
Carlos López Valle, quen lle dixo que atopara o monte Toledo no
término municipal de Oencia, formando a cunca do río Selmo. Linda
ao norte
con varias aldeas de Barjas (no
Bierzo, lindeiro co Courel),
polo oeste
cos
montes comunais de Villarrubín (no
Bierzo, lindeiro co Courel),
e polo este
e sur
cos montes comunais de Oencia (no
Bierzo, lindeiro co Courel).
A súa altitude aproximada é de 1.600-1.700
metros. Don Nicandro abonda máis no tema, e di que preto de
Villarrubín hai outro monte que o Mapa do Instituto Xeolóxico e
Catastral chama Los
Castellanos,
polo que se
tería que ter moi en conta para a localización daqueles Lougei
Castellanei Toletenses.
Remata don Nicandro que un dos maxistrados que avalan o acto do pacto
chamábase Latinus e era fillo de Arius que evocaría o chamado
castro de Ares, nome dun monte de Quiroga en cuxo cume, segundo o
Madoz, había ruínas dunha fortaleza. Quiroga limita con Oencia.Alto dos Mouros
(entre os concellos de Folgoso do Courel e Quiroga): Localicei este
posible castro sen catalogar mirando as imaxes do voo americano de
1956-57 o día 7 de febreiro de 2024. Situado a 1.093 metros de altitude,
vese unha potente muralla exterior e outra máis que rodeaba a croa.
Lamentablemente, foi totalmente destruído.
Castro de Aló de Abaixo: situado nun esporón que domina un dos meandros do río Selmo. Consta dun só recinto relacionado directamente coa explotación aurífera que hai aos seus pés. Delimitado polo escarpe natural do terreo e pequenos muros de contención e por un foxo. Moi alterado.
Castro de Brio: Con muros construídos con grandes bloques calcarios, delimitado polo norte cun gran corte case vertical e practicamente inaccesible.
Castro de Carbedo: Situado nun promontorio calizo que domina o regato de Carbedo. sobre el contruíuse un castelo na Idade Media polo seu valor estratéxico. Moi alterado.
Castro do Cotorro do Castro: Idade do Ferro e época romana. Moi alterado. Situado no Alto de Leguelas. De grandes dimensións, conta cun aterrazamento onde está a zona habitable. Moi alterado polo trazado de varias pistas.
Castro de Farria da Silveira: Na parte baixa dunha ladeira, arrodeado por un meandro do río Lor, preto do límite co concello da Pobra do Brollón. Bastante alterado pola súa situación dentro da localidade de Rendar. Na súa cima hai unha capela.
Castro de Ferramulín: Situado na parte baixa dunha ladeira do monte da gudiña, case ao nivel do río Selmo. Consta dun recinto moi transformado pola aldea de Ferramulín. Só se aprecia un parapeito pola parte norte.
Castro de Folgoso: Situado na parte baixa dunha ladeira do Pico do Couto, entre dous regatos tributarios do Carballido. Está delimitado por un gran foxo realizado por medio de forza hidráulica e por talude artificial na súa parte máis baixa. Tras deste talude adósase ao recinto principal outro de maiores dimensións delimitado por outro talude onde salienta a presenza dunha estrutura a modo de gran muro que separa o recinto ao longo do seu eixo maior e a existencia dunha fonte.
Castro de Forcellas ou Fouciños: Separado da ladeira e realizado mediante un profundo foxo que corta o esporón onde radica a través do cal transcorre o acceso. Fixéronse terrazas artificiais a fin de conseguir un espazo para a construción de vivendas.
Castro de Foz: Idade do Ferro, época romana. Moi alterado. Fortificado mediante seis foxos e un muro cunha torre de grandes dimensións. Na zona habitable só se conservan restos de dous aterrazamentos. As pedras do castro foron reutilizadas na construción de albarizas.
Castro do Igresario ou San Román: Situado nun suave esporón. Consta dun único recinto delimitado no seu contorno por un talude de terra acompañado en ocasións dunha parede de contención. Na súa cima construíuse unha capela da que non quedan restos.
Castro de Miraz: Situado nun outeiro dende onde se domina o val do río Pequeno. Con murallas de grande altura. Parte da muralla foi cortada pola pista de Seoane a Paderne. Nel atopouse unha necrópole.
Castro de Mogoxe: Situado nun pequeno outeiro moi marcado pola erosión do río Lor. Perfectamente delimitado polo propio talude natural do terreo realizado mediante un muro de retención visible en parte. Na superfice salienta o acondicionamento dun manancial para o abastecemento de auga.
Castro de Paderne: Nunha ladeira do mone. Consta de dous recintos principais. A parte alta é unha explanada reforzada por un foxo con forma lixeiramente romboidal. O segundo recinto ten un ensachamento a xeito de torre e un muro que corre dende esta ata a ladeira sur.
Castro de Parada: Situado no val da Rogueira dende o que se domina o río Lor e o rego da Brancha. Defendido por un foxo e polo corte natural da pena.
Castro Portela: Nun meandro do río Lor. Alterado pola aldea de Castro Portela, atópase na zona chaira dunha dorsal. Salienta a presenza dun gran muro de dous metros de espesor.
Castro da Roda: Na parte baixa dunha ladeira a carón do río Selmo. Consta dun recinto delimitado por un talude natural que o separa do río.
Castro de Romeor: Situado nun pequeno saínte do terreo, separado da ladeira polas obras hidráulicas dunha explotación mineira que actuaba como foxo. Detras do foxo presenta un forte parapeito. Domina a parte alta do río Romeor.
Castro do Santo: Atópase na parte baixa dunha ladeira do Alto de Mergonciños, a unha altura de 250 metros sobre o nivel do río Lóuzara. A súa delimitación está relacionada coa explotación mineira. No sector oeste está delimitado por un foxo de considerables dimensións. Plo leste delimítase mediante un talude natural do terreo. O espazo habitable está baseado no sistema de aterrazamento.
Castro de Seceda: Delimitado por foxos e parapeitos. A distribución do seu espazo habitable da lugar a cinco zonas diferentes e está baseado no sistema de aterrazamento. Moi alterado.
Castro do Santiago: Situado no final dunha ladeira que domina a confluenza dos regatos barxa e Arroxos. Sepárase da ladeira mediante un corte na pena por onde pasa un camiño. sobre el construíuse unha capela.
Castro de Torexe: No Castastro de Ensenada dise que era o lugar onde se reunía a xustiza ordinaria da comarca (Xuíz, Rexedor e Procurador).
Castro de A Torre: Situado a uns trinta metros de altura sobre o terreo circundante, foi erixido cara o século III d.C. Para a súa construción foi preciso achandar o curuto pizarroso e levantar uns muros de contención. Conserva restos dunha torre de vixiancia e vivendas feitas con laxas de lousa, unha escaleira, un alxibe de dous metros de profundidade escavado na rocha e un foxo. Un amable matrimonio de Sobredo, a principios do mes de outubro de 2024, contoume que a tradición di que no castro os monxes de Samos agocharon a Afonso II o Casto cando fuxía do seu irmán que quería asasinalo; tamén que dende o castro hai un longo túnel que é por onde baixaban ao futuro rei para bañalo.
Castro de Vilar: Século IV a.C.-I d.C. Colgado literalmente sobre un meandro do Lor, a 100 metros sobre o río e a 550 metros de altitude.Trátase dun castro relacionado coa actividade mineira na época galaico-romana. Conserva parte das defensas e das vivendas que, aínda que de planta irregular tendente a circular, semella ter a orixe en época romana. Tivo varias reocupacións ata ben entrada a Idade Media. Defendido por tres foxos nas partes máis vulnerables, chama a atención unha muralla, a simple vista innecesaria, construída nun lugar que non precisa defensa. O seu estado de conservación é moi deficiente. No mes de outubro de 2017 comezou unha escavación por parte da Consellería de Cultura para os labores de documentación, protección e conservación. A última campaña realizada no castro data dos anos 1977-79, e a súa última limpeza foi no 1992.
Castro de Vilamor: Coñecido tamén como a Perna do Castro ou Sucastro. Sobre o asentamento levantouse a igrexa. Boa comunicación visual co castro de Vilar. Orixe galaica logo vinculado ao control da minería do ouro e das vías de acceso durante época romana. Posuía un complexo sistema defensivo con tres foxos consecutivos, e entre eles colocáronse pedras fincadas a modo de barreira defensiva. Os veciños contan que apareceu una pedra con inscricións e debuxos, a xeito de mapa, e unha punta de frecha. Hai unha especie de cova asociada e lendas de mouros, coñecida como O Cuartiño dos Mouros.
Castro de Vilela: Situado no extremo máis alto dunha dorsal que separa as augas do regato de Vilela e do regato da Barxa. Consta dun pequeno recinto ou antecastro e un recinto principal no que se distribúe o espazo en distintos niveis, cunha pequena explanada no seu cume e un segundo nivel de dimensións máis amplas que se adpata á morfoloxía do terreo. Delimitado por unha serie de foxos realizados mediante a forza hidráulica.
Castro de Cova: Na entrada dunha cova caliza do concello (cuxa localización permanece agochada polo de agora) apareceron restos cerámicos, unha especie de caixiña de óso con gravuras xeométricas, unha fibela e restos cerámicos. Todo apunta a súa pertenza á Idade do Ferro, probablemente ao século II a.C.

Monte Cido: Asentamento de máis de tres quilómetros de perímetro protexido por defensas naturais e ao menos tres foxos. Xunto o primeiro foxo aínda se lembran os alicerces da coñecida como Torre da Cabreira. Hai un alxibe ou pozo de boca ovalada de 1,65 metros de diámetro e 2,20 de profundidade. A maior parte das construcións sitúanse na ladeira meridional onde se ven restos de muros. Na explanada da parte máis baixa do foxo central existe unha necrópole de inhumación na que se ven os restos de dúas sepulturas que foron saqueadas. No ano 1959 os veciños do Carbedo atoparon a coñecida Tessera Hospitalis; tamén se di que eiquí, nos anos trinta do século XX, apareceu unha aguia de bronce dun estandarte romano,
se ben é probable que proceda do Pía Paxaro, daí o nome do monte.
No mes de agosto de 2021, a Xunta de Galicia e o Consello Superior de
Investigacións Científicas (CSIC) colaboran nunha investigación
arqueolóxica para entender as formas de poboamento nas serras orientais
galegas, na transición da Idade do Ferro ao comezo da dominación romana.
Apareceron varias construcións, fragmentos cerámicos e ósos de animais
(a súa análise poden desvelar a dieta dos poboadosres).
Nas intervencións arqueolóxicas do ano 2022 confirmaron a orixe do
asentamento que relacionan coas explotacións mineiras da zona que entre
os séculos I e III d.C. acolleu un posto militar romano que
controlabaambas partes da serra. Os directores das escavacións, Luis
Francisco López e Brais Currás confirmaron que o asentqametno é de orixe
romana. Hai quen sitúa aquí o mítico Monte Medulio,
o derradeiro baluarte da resistencia galaica fronte os romanos. Hai
investigadores que manteñe n que o nome Cido vén do latín occidio que
significa matanza ou carnicería, que foi o que narraron autores clásicos
como Floro e Paulo Orosio.
Ferreirúas e Penas do Castro (A Allonca); O Castrín (Vilarello (A Allonca); Castrín, A Coroa de Baixo e A Coroa de Riba (Queixoiro-A Bastida); Xestoso (Xestoso de Riba-A Bastida); Castrón e Castro Vello (Sequeiro-Carballido); Os Castros (Carballido); Cereixido (Cereixido); O Castro (Souto-Cereixido); Cuíñas (Cuíñas); O Castro (Aldomán-Cuíñas); Arqueira (Arqueira-Cuíñas); O Castro (Fonfría); A Croa do Arco (Arco-Freixo); O Castrón e Durán (Carballoguidín-Freixo); Coroa do Castro (Ferreira-Freixo); Pereirúa (A Pereirúa-Freixo); Penas do Castro e Travesas (Freixo); O Castelo (Tronceda-Lamas de Campos); O Medio e Penas do Castro (Lamas de Campos); Monte da Croa (Castro-Lamas de Moreira); Castro do Medio (Formigueiro-Lamas de Moreira); A Coroa (Moreira-Lamas de Moreira); Engrovas de López (Seoane-Lamas de Moreira); O Castelón (Castañoso-Maderne); O Castro e Mina do Foxo (Liñares de Maderne-Maderne); O Castelo (Silvachá-Maderne); Castelo (Monteseiro); Leituego (Pacios); O Castro (Teixeira-Pacios); Chaín (Paradavella); O Castro (A Calzada-Paradavella); Pico dos Castros e O Tesouro (Castañosín-Piñeira); Goxe (Piñeira); Os Cotos e A Palloza da Cruz da Vella (A Pobra do Burón); Os Cotos (Milladoiro-A Pobra do Burón); Brancio (San Martiño de Arroxo); O Castro (Vilamaior-San Martiño de Arroxo); O Castro (Llencias-San Martiño de Suarna); Castelo (Vilarín de Riba-San Martiño de Suarna); Mazo das Lagúas (Lagúas-San Pedro de Neiro); Llán de Castro (Mazaeda-San Pedro de Neiro); A Coroa (Xestoso-San Pedro de Neiro); Antonia (San Pedro de Río); A Croa (Aguiar-San Pedro de Río); Castrín (Aguiar-San Pedro de Río); As Cancelas (Cancelas-Santo André de Logares); Cerdeira e Logares (Santo André de Logares); A Coroa do Castro (Trobo); O Castro (Noceda-O Trobo); A Croa (Vilaframil-O Trobo); O Castro (Vilar de Vela-O Trobo); Gallón (O Trobo); Castrillón e As Murolas (Louteiro-A Veiga de Logares); San Martiño (Robledo-A Veiga de Logares); San Martiño (Robledo-A Veiga de Logares); Romeán (A Veiga de Logares); Castelo (Vilardíaz-A Veiga de Logares); O Castro (Vilabol-Vilabol de Suarna); O Castro (Xegunde-Vilabol de Suarna); Espiñeira (O Castro de Espiñeira-Vilar de Cuíña).
O Castelo (Vilardíaz): A punta do asentamento que limita ao norte co río do Castelo, coñécese como A Vara do Castelo. Cóntase que a mediados dos anos cincuenta do pasado século XX fixéronse unhas escavacións furtivas aparecendo ósos, non se sabe se humanos ou animais. Dise que os mouros vivían nunha cova aberta no terreo pizarroso onde hai unha campá de ouro e cuxa porta péchase ao mediodía. Nunha ocasión, unha doncela moi fermosa ao baixar ás inmediacións da Vara do Castelo a pastorear o gando, quedou encantada polos feitizos e que despois saía a cantar a unha especie de atalaia unha canción que comezaba así: "A vaca marela, está na correla,/a vaca bragada, está na corrada...".
Castro de O Castelón ou Castañoso (Castañoso-Maderne): O castro está situado nun esporón formado polo regueiro do Val de Barreiro e o río Covas. Dispoñía de profundos foxos que o facían case inexpugnable, auns 500 metros de altitude sobre o nivel do mar.
Sauna do castro de Castañoso: No mes de setembro de 2015 comezaron os traballos para preservar a estrutura abovedada, identificada cunha sauna, e os muros dalgunhas vivendas do castro. O achado dunha pía escavada na rocha completa a sauna, confirmándose que se trata dun espazo de uso comunitario, clave na vida social, posiblemente para cerimonias con vapor. No mes de decembro do 2011, MariñaPatrimonio xa denunciara o mal estado de conservación do forno. O Concello comprometeuse a habilitar unha ruta para poder ser visitado. Os monumentos con forno son propios da cultura castrexa e atópanse na antiga Gallaecia, occidente de Asturias e Norte de Portugal. Trátase dunha sauna de uso ritual con baños de vapor. Son edifcios rectangulares diferentes ás outras construcións dos castros, cunha gran pedra decorada ou non no medio do edificio, a coñecida como pedra formosa que facía de separación e cun furo na parte baixa coma porta de acceso á cámara da terma que evitaba a perda do vapor e da calor.
Castro do Castrón: No límite co concello de Baleira. Ten unha medidas de 105 por 100 metros.

Castro da Croa (Vilaframil): A 680 metros de altitude. De 160 por 105 metros. Tiña tres liñas de muralla.
Castro de Romeán: Foi catalogado por Luaces G. Rosón e González Reboredo. Recolleron a seguinte lenda: "O castro estivo habitado por outra raza de homes distinta que nós e ainda se nota nun agro o camiño por onde os que vivían no castro levaban os seus cabalos a beber, pois alí non crece ben o pan".
O Castro de Xegunde: A 536 metros de altitude sobre o nivel do mar. Pódense apreciar restos de tres recintos separados por foxos. Hai autores que sitúan a súa antigüidade nos séculos X-IX a.C.
Castro da Croa (Lamas de Moreira): Situado nun outeiro a 630 metros de altitude. Dende el dívísanse outros castros da contorna (Arroxo, Cuíñas, Cereixido, Brancio...). Relacionado cos castros da comarca oriental da Fronsagrada, tal e como o trestemuña un vaso de cerámica do s. I d.C. que amosa un grafito no que se inscrebe "os buroflavenses desexan sorte en abundancia aos de Ocela", que remite á Pobra do Burón e ao Chao de San Martín (Grandas de Salime-Asturias). Cunha croa de 75 metros de diámetro, o castro conserva restos da súas estruturas defensivas (foxos e parapeitos). Dise que hai unha cova que arrinca do centro do castro que vai ata a aldea, e ao contruír a estrada da Fonsagrada a Navia de Suarna atopouse a boca da saída. Conta a lenda que os mouros deron morte a un boi dunha casa veciña, quitándolle a pel que encheron de ouro e que logo enterraron e se fose esparexendo a terra e se descubrira o tesouro.
Castro do Mazo das Lagúas: Nas inmediacións hai un manancial que chaman a Fonte Branca que se di oculta grandes tesouros.
Castro de Santo André de Logares: Presenta un recinto ovoidal. Polo NO, lambido polo río da Veiga, está defendido por terrapléns e o desnivel do terreo. Polo oeste aprécianse restos dun parapeito. Moi alterado pola igrexa parroquial, o cemiterio, camiño de acceso con muros de construción moderna e por casas no noroeste e norte do asentamento.

FOZ
Punta dos Castros (Cangas); Coto do Picvo (Sa-Cordido); Fazouro (Punta do Castro-Fazouro); Llas (Praia de Llas-Foz); Carreiro e Marzán (Foz); Cu do Castro e Pena do Altar (Foz); As Engrobias ou Lelle e Río (San Martiño de Mondoñedo); Veiga dos Castros (Vilar-San Martiño de Mondoñedo); Os Castros (O Ventoeiro-Nois); San Acisclo (San Acisclo do Valadouro); Coto da Croa (Santa Cilla do Valadouro); Vilaronte (Viadoiro-Vilaronte); Monte dos Castros (A Espiñeira-Vilaronte).
Castro do Coto do Pico: A 140 metros de altitude. Ten unhas medidas aproximadas de 112 por 75 metros. Moi alterado.
Castro do Coto do Pico: A 140 metros de altitude. Ten unhas medidas aproximadas de 112 por 75 metros. Moi alterado.
Castro do Cú do Castro: Costeiro. Atopouse un torques de ouro realizado a base de arames enrrollados e unha decoración en filigrana; datado
entre os séculos III-I a.C., custodiado no Museo Provincial de Lugo. Tamén apareceron dúas moedas romanas, unha do s. III.
Castro de As Engrobias: ADEGA e Mariña Patrimonio denunciaron
os posibles danos ocasionados pola tala do monte con eucaliptos onde se
utilizou maquinaria pesada, efectuándose remocións nun sector do
parapeito. Situado a 125 metros de altitude, ten forma tirando a ovalada, cunhas medidas aproximadas de 120 por 75 metros.
Castro de Fazouro: Ocupado entre os séculos I e IV d.C. Está situado na Punta do Castro, unha pequena península. A parte peor defendida está protexida por un foxo escavado no itsmo que o une a terra e un parapeito. Na primeira escavación, levada a cabo na primeira metade dos anos sesenta do pasado século XX, saíron á luz nove construcións realizadas en cachotaría de xisto, a maioría de planta cadrada coas esquinas arredondadas con fogares e bancos corridos apegados aos muros. Parece que algunha vivenda puido ter unha segunda planta con escaleiras que conducirían ata ela. A construción dunha casa na península do castro supuxo a destrución dalgunhas estruturas. A última intervención arqueolóxica data do ano 1988. O grao de degradación semella imparable, a proximidade dunha praia, situada ao pé, fai que no verán aumente o risco de espolio.
Castro de Lelle: A raíz dunha tala de eucaliptos no ano 2012 saíron á luz varias estruturas do castro, entre outras os restos dunha muralla pétrea. O castro, inventariado, pode ser o de maior extensión do municipio. O Concello xa amosou a súa intención de chegar a un acordo co propietario do terreo para mercalo.
Castro de Río: A 32 metros de altitude. Forma irregular, practicamente destruído polos labores agrícolas.
Castro de San Acisclo: Citado por Villaamil y Castro no ano 1876, estaba sen inventariar. Foi redescuberto pola asociación Mariña Patrimonio.
Os Castros (Nois): Costeiro, de 50 por 35 metros.
Castro de Vilaronte: Moi alterado por casas, camiños, labores agrícolas, etc.
Veiga dos Castros: A 152 metros de altitude.

FRIOL
Bra (Bra); Guntín (Carballo); Lagouzos e Silvarredonda (Cotá); Friol (Friol); Guldriz e A Rodela (Guldriz); Robellós (Guldriz); Seixalbo (Seixalbo-Guldriz); Lamas ou Castronela de Lanchón (Lamas); O Castriño (Lea); Monte Cotón (Madelos); Miraz (Miraz); Agro do Castro (Cima de Vila-Narla); Castro da Cerdeira (A Cerdeira-Nodar); Mandín (Vilariño-Nodar); A Castronela (Mazcarelle-Ousá); O Castelo (Prado); O Castro (Ramelle); Carregal ou Rocha (Rocha); O Castro e Gudín (Roimil); Santalla (Santalla de Devesa); Castronelas (O Castro-San Martiño de Condes); Lobengo (Casa do Monte-San Martiño de Condes); O Castro, Macedo e Xul (San Martiño dos Condes); Seixón (xunto á igrexa de Seixón); O Castrillón (Pedroso-Seoane da Pregación); Seoane (Seoane da Pregación); Paradela (Monte do Carril-Serén); Silvela (Silvela); Agro do Castro (Trasmonte); Corbazal, Fondemera, Outeiro e Romá (Vilafiz); Costa de Lobios (Gonce-Vilafiz); Castrodá, Cerracín e Vilalvite (Vilalvite); A Castronela (O Carballal-Vilalvite); Enxeito (O Enxeito-Xiá).
O Castrillón: Sen catalogar. Situado a 595 metros de altitude, ten unhas medidas aproximadas de 75 por 60 metros.
Agro do Castro (Trasmonte): O recinto principal e as murallas foron plantadas con piñeiros e algúns eucaliptos utilizando maquinaria pesada para abrir as gabias.
Agro do Castro (Trasmonte): O recinto principal e as murallas foron plantadas con piñeiros e algúns eucaliptos utilizando maquinaria pesada para abrir as gabias.
Castro da Castronela (Mazcarelle): No lugar coñecido como As Lamelas. Totalmente desfigurado por un camiño, plantacións forestais, etc.
Castro da Castronela (Vilalvite). Inédito. Localizámolo no mes de xaneiro de 2022. De forma oval, ten unhas medidas aproximadas de 90 por 75 metros. Conserva parte do sistema defensivo en todo o seu perímetro. Xa o comunicamos a Patrimonio.
Castro de As Castronelas (San Martiño de Condes): Castro moi achandado polos labores agrícolas. Atopáronse muíños de man.
Castro da Cerdeira: Localizámolo no mes de xuño de 2018. A pesar de ser tan evidente non estaba catalogado por Patrimonio nin figuraba no PXOM do Concello. De forma tirando a ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 75 por 85 metros. Xa llo comunicamos a Patrimonio para que proceda a incluílo no Catálogo de Bens Patrimoniais de Galicia. O día 27 de xuño de 2018 comunicáronnos de Patrimonio que, despois da visita dos técnicos, xa foi incluído no Catálogo de Bens Culturais de Galicia.
Castro de Guldriz:
Contase que ata mediados do século XX aínda se podían ver restos das
vivendas e muros cuxas pedras foron reutilizadas para a construción de
casas e valados.
Castro de Narla: Citado por Blanco Freijeiro no 1956, ao falar dunha cabeza atopada nel. Atópase no lugar da Eirexe. Posúe un gran recinto principal de forma ovalada defendido por potentes murallas de terra e pedra.
Castro de Ramelle: Castro de chaira cun gran dominio visual sobre a contorna. Na cercana igrexa parroquial de orixe románica hai unhas pezas reutilizadas: parte dunha combinación de círculos concéntricos e outra imaxe de difícil interpretación. Proceden do castro?
Castro de Seoane: De forma tirando a circular, ten unhas medidas aproximadas de 80 metros de diámetro; nalgúns tramos polo exterior, a muralla acada máis de dous metros de altura. Preto de varias mámoas.
Castro de Trasmonte: De forma ovalada, protexido en todo o seu perímetro por unha muralla defensiva feita con terra e pedras. O día 2 de xullo de 2018, presentamos denuncia ante Patrimonio pola utilización de maquinaria pesada ao acondicionar o interior para unha plantación forestal. Sobre as murallas, unha pa escavadora fixo uns buratos para o mesmo fin. Atopamos anacos cerámicos, algúns decorados, de clara filiación castrexa. Sobre a muralla hai un cruceiro de pedra, posiblemente para cristianizar un lugar considerado como pagano; a cruz de pedra que estaba sobre o fuste desapareceu, sendo substituída por unha de ferro.
Cabeza de Narla: Antonio
Blanco Freijeiro, no Caderno de Estudos Galegos (1956), achega
un artigo titulado Cabeza de un castro de Narla. Notas sobre el tema de la cabeza humana en el arte céltico. Apareceu, supostamente, nun castro de Narla, pero ignórase en que circunstancias. A cabeza foi atopada por un veciño, o señor Quiroga, quen a colocou como adorno diante da súa casa. Alí viuna un estudante, Amable Veiga (co tempo sería profesor do Instituto Lucus Augusti) quen, co permiso do propietario, levouna para Madrid onde, supostamente, se lle perde a pista. Volve terse noticia da peza 38 anos despois, cando a cita Calo Lourido (A plástica da Cultura Castrexa galaico-romana, Fundación Barrié, 1994) que, por certo, non a deixa moi ben parada. Calo volve falar da cabeza en Croa (1994), no artigo Manifestacións da plástica castrexa na provincia de Lugo, que continúa a cuestionar: "... seguir mantendo que é castrexa non ten senso, xa que non hai ningún dato que avale a súa suposta orixe... a xulgar pola foto da publicación, o mesmo puido ter sido feita por calquera inexperto pouco antes de desaparecer en Madrid". Tamén fai unha pequena referencia José María Blázquez Martínez (Cabezas cortadas): "Desde el punto de vista artístico es la peor de todas". Sen entar en se a cabeza apareceu realmente nun castro nin na súa antigüidade, o que se me escapa é o porqué de tanto secretismo canto ao seu paradoiro. Xa postos a lucubrar, dáme que a peza atópase nalgunha parte do concello de Friol (a raíz da celebracíón do Friulio 2023, por noticias da prensa, o alcalde dixo que unha persoa está a investigar o paradoiro da orixinal). Ao mellor, o día menos pensado atopámonos con que a cuestionada cabeza aparece e podemos vela exposta nun museo. Isto último escribiámolo o día 14 de maio de 2023. Curiosamente, o día 25 do mesmo mes, dende o Museo Provincial de Lugo anunciaron que a cabeza fora entregada nesta institución. Agora toca esperar, a ver que din os expertos sobre a súa cronoloxía.
Montes de Miraz: Hai anos, uns veciños atoparon tres morteiros pétreos, un deles atópase na área recreativa.
GUITIRIZ
Recimil ou Medoña de Becín (Becín); Carelo (O Carelo-Buriz); As Mezoiras (O Buriz); As Modias do Castro (A Abeleira-O Buriz); As Quenllas do Forno ou San Pedro (O Forno-O Buriz); Fontauro (Labrada); Margá (Margá-Labrada); Medoña do Castro, As Penas (As Penas-Labrada); A Torre (A Torre de Labrada-Labrada); O Castro ou Xove (Xove Vello-Labrada); Belote (Belote-Lagostelle); A Cuíña ou Aurela (O Campizo-Mariz); Alto dos Castros (Parga); Pedrafita (Pedrafita); A Costa do Castro (Pígara); Fraga do Pazo (O Pazo-Pígara); Os Castros de Quintán (Quintán-Roca); Vigo (Vigo-San Salvador de Parga); O Candorco (O Candorco-Santa Cruz de Parga); Ferreiros (Ferreiros-Santa Cruz de Parga); Modia da Fraga do Rei (Os Portos-Santa Cruz de Parga); Santo Estevo (Santo Estevo de Parga); Reixas (As Reixas-Os Vilares). Castrum Podamium.
Castro de Becín: De 85 metros de diámetro.
Castro de Belote: Castro de planta case circular, con muralla e foxo. 140 por 106 metros.
Castro do Carelo: 105 por 100 metros. Antecastro polo S-O.
Castro de Ferreiros: Documenteino o día 1 de decembro de 2018. De forma tirando a circular, ten un diámetro aproximado de 85 metros. Conserva practicamente toda a muralla, agás uns 20 metros polo norte. O achado foi comunicado a Patrimonio. O día 28 de febreiro de 2019 comunicáronnos de Patrimonio que, despois da visita dos técnicos, xa foi catalogado.
Castro de Labrada: De 100 por 95 metros. A estrada córtao polo este.
Castro de Margá: De 85 por 80 metros.
Castro da Modia da Fraga do Rei: Circular, duns 130 metros de diámetro. Situado nunha pequena altura, apenas se conservan restos da muralla, polo SO perdeuna na súa totalidade. Adicado a pasto.
Castro das Modias do Castro: A 500 metros do castro das Quenllas do Forno. Ten unhas medidas aproximadas de 155 por 115 metros. Defendido por muralla e foxo. No voo americano de 1957 obsérvase unha croa de 90 por 55 metros.
Castro Quenllas do Forno:
No monte do Curro, a 497 metros de altitude. Inzado pola
maleza, non resulta doado percorrelo nin definir a súa
configuración, atranco resolto en parte polas fotos aéreas e imaxes
do relevo. Vou tentar describilo (descoñezo se figura descrito
nalgunha parte, eu non atopei nada, pero se hai agradécese a
achega). Sen entrar nalgunhas interpretacións que circulan por aí,
trátase dun castro dobre ou, mellor, dous castros comunicados entre
si. O castro situado ao norte ten unhas medidas aproximadas en
conxunto de 250 por 220 metros, no centro a parte habitable cunhas
medidas aproximadas de 150 metros de diámetro. Protexido en todo o
seu perímetro por unha sucesión de foso-parapeito, foso-parapeito,
foso-parapeito, foso que circundaban, agás polo sur, unha croa
amurallada. Polo N-E perdeu as defensas debido á construción das
casas da aldea, camiños, etc. Ao sur, a
uns 100 metros de distancia, hai outro castro de forma tirando a
ovalada (apréciase bastante ben no voo americano do 1956-57) que
tería unhas medidas en conxunto de 200 por 150 metros, cunha parte
habitable de 115 por 60 metros que estaría protexida por unha
sucesión foso-parapeito, foso-parapeito e foso que circundaba, agás
polo norte, a croa amurallada, agás polo N. Os dous
castros estaban comunicados por un “corredor” duns 100 metros de
longo e uns 30 metros de ancho, protexido por ambos os lados por unha
sucesión de foso-parapeito, foso-parapeito (a parte oeste foi
practicamente achandada), que enlazaban cos fosos-parapeitos de ambos
castros. Pode que a entrada aos dous asentamentos se efectuara por un
só sitio, polo sur: ao remate dun prado (había unhas mámoas,
modias lle chaman por alí, que foron arrasadas ao acondicionar o
terreo para pastizal), entre a maleza, apréciase un acceso duns
catro metros de ancho, onde aínda se ve un dos muros de pedra. Polo
NO semicirúndaos os regos de Porto Barroso e Porto Augalonga, e o
río do Requeixo. As dúas
croas e o “corredor” foron utilizadas ao longo dos anos (seguro
que séculos) como terreos de cultivo. Por información achegada polo arqueólogo Anxo Felpeto, segundo Santiago de la Iglesia (Almanaque de Ferrol para el año 1908) atopouse un raspador de bronce na chaira onde asenta o castro, non no xacemento. A visita á zona foi no ano 1897, pero antes xa fora recollido nun inédito polo vilalbés Mato Vizoso; Felpeto considera que Mato puído ser o informante de Murguía para os restos desta zona. A peza de bronce foi doada no 1926 á Facultade de Filosofía e Letras da
Universidade de Santiago por Santiago de la Iglesia. Segundo a
lenda, foron construídos polos mouros. A uns 200 metros, ao sur, na
Abeleira, está o castro das Modias.Castro de Recimil: Circular, de 85 metros de diámetro.
Castro das Reixas: De 120 por 100 metros.
Castro de Santo Estevo de Parga: Sobre o castro edificouse un castelo, a igrexa románica, o cemiterio e varias vivendas. Totalmente alterado.
Castro de Santo Estevo de Parga: Sobre o castro edificouse un castelo, a igrexa románica, o cemiterio e varias vivendas. Totalmente alterado.
Castro de Vigo: 132 por 105 metros. Atopáronse varios anacos de recipientes cerámicos.
Castro de Xove: Citado nun documento do mosteiro de Monfero do ano 1267 como Jove.
Castrum Podamium ou Podamio: Descoñezo a que castro fai referencia. Citado en documentos do mosteiro de Monfero nos anos 1147, 1172, 1195 e 1215. Di que se atopa entre o porto de Verea e a mámoa de Corvite: "Quod villare iacet in terminis de villa de Ovoriz, iner porturn de Verea mamoan de Corviti, prope castrum Podamium et montem Ordinum".
GUNTÍN DE PALLARES
Castelo Grande e Castelo Pequeno (Castelo de Pallares); Monte Castelo (Costante); Castro (Longalai-Ferroi); Coto de Francos (Francos); Grolos (Grolos); Guntín (Guntín); Lamela (Lamela); Cimadevila (Lousada); Picato (San Martiño de Picato-Monte de Meda); Mosteiro (lugar da igrexa-Mosteiro); Croa do Castro (Mougán); Cotarro da Croa (Navallos); Alemparte (Pradeda); Piñeira (Piñeira); San Mamede (San Mamede de Lousada); Rebordelo e Retorta (San Romao da Retorta); San Vicente (Vilamerelle); Amedo (Vilarmao), Zaide (Zaide-Zolle); Eirexe.
Castro do Cotarro da Croa (Navallos): Practicamente desaparecido polos labores agrícolas.
Castro do Coto de Francos (Francos): A 400 metros de altitude, sobre o río Miño. Ten unhas medidas aproximadas de 100 por 65 metros. Terrapléns polo norte. Alterado polos labores agrícolas e forestais.
Castro da Croa do Castro (Mougán): No monte do Coto, a 507 metros de altitude. Tiña unhas medidas aproximadas de 105 por 85 metros. Defendido por terraplens. Moi alterado.
Castro de Guntín: Na costa de Segade, a carón da N-540, por riba do núcleo de poboación. Está plantado de carballos. A croa está moi alterada por un depósito de auga. González Reboredo (1972) fala do achado dun vaso cerámico que estaba en posesión de D. Brulio García Zamorano, atopado por un labrego; tiña forma de tronco de cono invertido e lixeiramente abombado.
Castro de Mosteiro (Mosteiro): Situado preto da igrexa parroquial. A principios do mes de abril de 2014 localicei un morteiro que foi reaproveitado nunha vella casona, hoxe en día abandonada, proveniente do castro. Un veciño contoume que saíran á luz varias pezas, mesmo basas de columnas.
Castro do Picato (Monte de Meda): Atopáronse restos cerámicos e unha ara adicada á divindade romana Navia.
Castro de Piñeira (Piñeira): Sobre o castro construíuse a igrexa. Ten unhas medidas aproximadas de 120 por 90 metros. Moi alterado.
Castro da Retorta (San Romao da Retorta): Citado por Nicandro Ares Vázquez. Di que ao castro faise mención nun diploma do ano 1088. No ano 1089, a condesa Elvira doa á igrexa de Lugo as posesións que tiña in illo castro antiquo quod est inter Sancta Cruce et Sancto Romano. O castro aparece de novo en documentos dos anos 1123, 1130 e 1167.
Castro de San Mamede (San Mamede de Lousada): Recinto principal de 90 por 70 metros e croa no centro de 26 por 20 metros.

Monte Castelo: Entre Bustelo Pequeno e Vilela, na parroquia de Costante. Consérvase o topónimo.
Castelo (Castelo-Castelo de Somoza); Castragude ou Roda Alta (Castragude-A Cervela); Roda do Castro (A Cervela); Agro do Castro (As Cortellas-Eirexalba); Belesar (Belesar-Eirexalba); Roda do Castro ou Goó (Goó); O Castro (Hospital); A Pena da Roda (O Incio); O Castro da Airexe (Noceda); Santa Icía (Pacios); Lebón (Reboiro); A Roda (Romariz-Rendar); Tras da Aira (Airexe-Rendar); Novelín (Novelín-Rendar); Guitián (Rubián de Cima); Modorro de San Pedro ou Modorro Alto (San Pedro de Incio); San Romao (Vilaverde-San Romao do Mao); Os Castros (Cereixido-San Salvador do Mao); O Castro (Valbón-San Salvador do Mao); A Roda do Castro (Castro de Arriba-Santa María do Mao); Santalla (Santalla de Bardaos); Monte dos Castros (Sirgueiros); Agra do Castro e O Igrexario (Sirgueiros); Toldaos (Prado de Covas-Toldaos); Toldaos (Toldaos); O Igrexario (Trascastro); Couso (Trascastro/Santa Mariña do Incio); A Roda (Vilarxoán); Bermún e Santa Cristina (O Viso).
Agro do Castro (As Cortellas): Situado nun outeiro alongado. Posúe unhas medidas de 60 por 20 metros. Ten dous recintos defendidos por foxos e parapeitos.
Agro do Castro (As Cortellas): Situado nun outeiro alongado. Posúe unhas medidas de 60 por 20 metros. Ten dous recintos defendidos por foxos e parapeitos.
Castro da Airexe (Noceda): A igrexa edificouse sobre o castro.
Castro de Arriba ou A Roda: Medidas totais de 180 por 170 metros, con croa central de 114 por 95 metros.
Castro de Belesar: A 465 metros de altitude. de 90 por 6o metros.
Castro de Bermún: Situado sobre un pequeno outeiro de forma ovalada, cun recinto moi ben definido. Ocupado pola aldea de Bermún, con dúas casas no cume. Estaba protexido por un terraplén en todo o seu perímetro.
Castro do Castelo: Alterado pola actividade agrícola. A principios do século XX apareceron no seu interior unhas pranchas de ouro e un torque. Tamén están documentados fragmentos cerámicos, muíños circulares e machados de pedra puída.
Castro de Castragude: Mal estado de conservación. Escavacións furtivas. Consta dun recinto de forma eliptica coñecido como A Roda Alta que se atopa arrodeado por unha terraza que que recibe o nome da Roda Baixa. Defendido por parapeitos e terrapléns. Apareceron restos cerámicos, escouras de ferro e un muíño de man. Romanizado.

Castro do Couso: Entre as parroquias de Trascastro e Santa Mariña do Incio, a 946 metros de altitude. Ten unhas medidas aproximadas de 155 por 145 metros. Moi achandado.
Castro de Goo ou Roda do Castro: Alterado. Situado no alto do monte, a uns 700 metros de altura. Ten unhas medidas aproximadas de 70 metros de diámetro. Recinto case circular con dobre parapeito e foxo. Segundo a lenda había un burato na croa que levaba a un tesouro que foi agochado nunhas olas de barro.

Castro de Guitián: Afectado pola aldea, traballos agrícolas e forestais.
Castro do Hospital: De 90 por 68 metros. Antecastro polo oeste.
Castro do Igrexario (Sirgueiros): Moi alterado. Formado por un recinto central e varias terrazas anexas. Ten unhas dimensións de 75 por 50 metros.
Castro do Igrexario (Sirgueiros): Moi alterado. Formado por un recinto central e varias terrazas anexas. Ten unhas dimensións de 75 por 50 metros.
Castro do Igrexario (Trascastro): Castro de boas dimenensións, cunhas medidas totais de 230 por 140 metros e croa de 140 por 80 metros.
Castro de Lebón: Nun pequeno outeiro entre o río Mao e o rego do Castro. Consta dun recinto principal de forma ovalada. Apareceron fragmentos cerámicos.
Castro de Lebón: Nun pequeno outeiro entre o río Mao e o rego do Castro. Consta dun recinto principal de forma ovalada. Apareceron fragmentos cerámicos.
Castro do Modorro de San Pedro ou Modorro Alto (San Pedro do Incio): Situado a uns 550 metros de altitude, protexido polo río Cabe e o
rego do Reboiro que discorre polo este, alonxado dos núcleos de
poboación. De norte a sur ten unhas medidas de máis de 300 metros.
A parte máis accesible é polo sur-oeste onde se aprecian unha
sucesión de murallas e fosos. Na parte norte construíuse a igrexa,
o cemiterio e a reitoral. No sur destaca unha croa duns 60 metros de
diámetro (ao pé hai unha construción moderna). A especie de foso
que se ve na imaxe, que separa a parte norte (coñecida como Modorro
de San Pedro) da sur (coñecida como Modorro Alto), é o camiño que
se fixo para acceder á igrexa que partiu o castro en dous. Nunha
curta intervención realizada a finais dos anos sesenta do pasado
século XX por Carlos García Martínez e Acuña Castroviejo nos
restos dunha necrópole atoparon anacos cerámicos, din que
galaico-romanos, e ósos humanos. No comezo do camiño que sube ao
Modorro Alto hai unha cruz en cuxo pé lese: “Los que pasais por
aquí tened piedad de mi”. Segundo a lenda hai enterrado un
pucheiro de ouro.
Castro de Noceda ou da Eirexe: Dun só recinto de forma case circular, cunhas medidas aproximadas de 110 x 90 metros. As defensas redúcense a un terraplén. Sobre el edificouse a igrexa e o cemiterio.
Castro de Rendar: Ten uns 100 metros de diámetro, está protexido por un triple foxo. Apareceu un depósito de machados de talón que foi expoliado. No ano 1934, ao arar a terra, saíron á luz un torques de sección cuadrangular e dous brazaletes de ouro; dados a coñecer o mesmo ano da súa aparición Por Ángel del Castillo.
Castro de Santa Cristina do Viso: Levántase sobre un outeiro situado a 565 metros de altitude, encaixado entre os montes circundantes. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 70 por 45 metros, cunha acrópole de 40 por 20 metros. As fortes pendentes cara os ríos Mao e Nenalba que o arrodean polo norte e polo sur actuaban como defensas naturais. Sobre a croa edificouse a igrexa de orixe románica, o cemiterio e o Centro Social; o resto tamén está moi alterado por outras construcións. Atopáronse restos cerámicos, vidros e moedas de época romana. Boa comunicación visual cos castros da Roda de Romariz e de Goo. Segundo a tradición, aquí houbo un castelo en época altomedieval, producíndose un enfrontamento entre as tropas de Afonso II e o musulmán Mahamud.
Castro de Santa Icía: Lindeiro co concello de Sarria. Ocupa unha chaira na cima dun monte con encostas pouco pronunciadas. Adicado a labradío e plantación de árbores. Posúe un recinto de forma ovalada, protexido polo oeste por un parapeito, e un terraplén en todo o seu perímetro.
Castro de Valbón: Documenteino o día 18 de xaneiro de 2017, grazas a un veciño da parroquia de San Salvador do Mao. Chamoume a atención que non estivera catalogado xa que é un castro de manual. Presenta unha planta de forma ovalada, defendido por fortes pendentes sobre o río Mao polo nor-leste. O resto do recinto estaba protexido por unha muralla de terra e pedras que nalgúns tramos acada unha altura de tres metros. Segundo a lenda, estivo habitado polos mouros e hai soterradas xoias de ouro. O achado comuniqueillo ao Concello do Incio e ao Servizo do Patrimonio Cultural.
Castro de Vilarxoán: Alterado polos labores agrícolas. Situado sobre un esporón montañoso entre dous regueiros. Vense algúns restos dos muros da acrópole. Romanizado. Conta a lenda que as mouras saían do castro a estender as sabas que lavaban no río; os que as vían quedaban cativados pola súa beleza ata rematar soterrados.
Asentamento de Tras da Aira: Segundo o inventario da Xunta de Galicia, nos anos trinta do pasado século XX atopáronse un torque de ouro de sección cuadrangular traballado a martelo e de factura tosca con remates en forma de botón, cun peso de 112 gramos, dous brazais de factura semellante ao torque cun peso de 28 e 23 gramos respectivamente, un machado puído de basalto, muíños de man e anacos cerámicos, ademais dunha construción identificada coma un silo que, a pesares de teren percorrido o lugar en máis dunha ocasión e ter falado cos veciños, non fomos quen de localizar. O lugar atópase bastante alterado por construcións modernas e terreos adicados ao cultivo. Creo que a súa orixe pode estar a finais do Bronce ou inicios do Ferro.

LÁNCARA
Armea
de Arriba e
Leirado
(Armea); Reboredo
(Bande); Trascastro
ou A
Croa (Carracedo); Castrodelo,
A Eirexe,
Saa,
Suaxe
(Cedrón); Lagos ou
Santalla (Santalla-Lagos); As
Croas ou A
Ermida (A
Lama); A Croa
e Láncara
(Láncara); A Croa do Castro de
Ribeiro (Sambreixo-Muro);
A Eirexe
(Muro); Airexe
e Carballeda
(Neira de Cabaleiros); O
Castro (Ariz-Pobra de San Xiao);
Río
e Viládiga
(Río); Rañoá
(O Barrio-Ronfe); A Croa
(As
Cortes-Ronfe); Ronfe
(Ronfe); Monte Illoa
(Souto de Ferradal); Aixor,
Cova,
A Capela ou Gradín,
Eirexe
(Toirán); Toldaos
(Toldaos); O Mouro
(Toldaos); Croa de Mourillón
(Toubille); Tallón
(Trasliste); Vilaesteva
(Vilaesteva); A
Ermida (Vilaleo); O
Bandón, Monte
das Penas, A
Penela
e A Poza Grande
(Vilarello); A Croa do
Castro (Vilarello
de Arriba-Vilarello); Vilouzán
(Vilouzán).
O Castro de Ariz ou da Devesa: O
día 21 de decembro de 2019, os do Colectivo Patrimonio dos Ancares
documentamos un novo castro no concello de Láncara. O achado foi posto
previamente en coñecemento do Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia
onde nos confirmaron que se atopaba sen catalogar. Sitúase
a 449 metros de altitude, nun pequeno outeiro por riba da aldea de
Ariz, na parroquia da Pobra de San Xiao, moi próximo ao límite co
concello do Corgo. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 82
por 73 metros de diámetro. O recinto está protexido por unha muralla
que nalgúns tramos acada os tres metros de altura. Á muralla circúndao
un potente foxo que nalgunhas partes ten unha anchura de oito metros.
Aínda que en tempos foi utilizado para os labores agrícolas, o seu
estado de conservación é relativamente bo, mantendo case completa a súa
configuración, agás un tramo polo oeste en que perdeu as defensas. Chamounos
a atención que non figurara no catálogo da Xunta de Galicia nin no PXOM
do Concello de Láncara xa que no sitio aínda pervive o topónimo de
Castro da Devesa. O día 4 de abril de 2022 comunicáronnos que despois da visita dos arqueólogos da Xunta foi catalogado co código GA27026093.
O Castro
(Toirán): A 640 metros de altitude sobre o nivel do mar, sitúase nunha
chaira xunto a estrada local que comunica a aldea de Asteiro e a igrexa
parroquial de Toirán, de orixe románica. Prácticamente circular (100x100
metros). Presenta un só recinto arrodeado en todo o seu perímetro por
un parapeito terreiro de pouca altura. A entrada estaría polo norte. Moi
humanizado, tanto o interior como a contorna etán adicados a labores
agrícolas. Próximo ao castro de Gradín. No Boletín de la sección Ateneísta de la reunión de Artesanos de La Coruña de maio-xullo de 1905 cita unha moeda romana atopada no castro de Toirán.
A Croa (Vilarello): O día 28 de maio de 2019 os do Colectivo Patrimonio dos
Ancares documentamos un novo castro no concello de Láncara. Trátase dun castro
moi evidente que, a pesares de figurar nalgunha cartografía, non está
catalogado por Patrimonio nin aparece no PXOM do Concello. O Castro ou A Croa, como así se coñece, atópase próximo á
aldea de Vilarello de Abaixo, parroquia de Vilarello, a 510 metros de altitude.
Semella un círculo case perfecto, duns 90 metros de diámetro. Está defendido en
todo o seu perímetro por unha potente muralla precedida por pronunciados
terrapléns que polo exterior conserva tramos que acadan máis de 4 metros de
altura e 2,5 metros polo interior. O recinto amurallado está arrodeado por un
foso espectacular cunha anchura duns 5 metros. Semella que o interior do recinto foi
reutilizado noutro tempo para labores agrícolas (quizais para cereais) o que
conlevou que polo oeste perdera parte da muralla, posiblemente para facilitar o
acceso, o que non impide que se atope en aceptable estado de conservación. A pouco máis de 500 metros de distancia está o Monte das
Medorras, cunha necrópole formada por cinco mámoas. O achado xa foi comunicado a Patrimonio. O día 18 de xuño de 2019, dende Patrimonio comunicáronnos que, despois da visita dos técnicos, xa foi catalogado co código GA270226080.
Castro da Airexe (Cedrón): Destruído pola construción da igrexa parrroquial.
Castro de Gradín ou da Capela (Toirán):
Unha capela, posta baixo a advocación da Virxe do Rosario, érguese
sobre o castro. No verán de 2014 atopamos tégula en abundancia. Xunto a porta de entrada da ermida hai gravada unha curiosa figura de fasquía antropomorfa que ten unha certa semellanza co coñecido como o "astronauta de Casar de Cáceres"; ninguén soubo dicirnos que representa.
Castro do Monte Illoa: O día 7 de febreiro de 2023, o
investigador Elixio Vieites envioume un xacemento tipo castro que
localizou co LIDAR. Ao día seguinte, integrantes do Colectivo
Patrimonio dos Ancares achegámonos ata o sitio, comprobando que se
trata dun castro dun só recinto, situado a 600 metros de altitude,
cunhas medidas aproximadas de 80 por 60 metros. Apréciase claramente
unha muralla que o arrodea en todo o seu perímetro, cunha altura que
oscila entre un e dous metros. O achado xa foi comunicado a
Patrimonio para que procedan á súa catalogación.
Castro de Muro (Muro)
Xunto a poboación de Muro, moi preto da estrada local. Situado a 526
metros de altitude sobre o nivel do mar. Cun só recinto circular, ten
unhas medidas aproximadas duns 375 metros de diámetro. Trátase dun
castro agrícola protexido por un parapeito que polo interior acada unha
altura de pouco máis dun metro, afectada parcialmente por un camiño e
polos terreos de cultivo que hai ao seu redor. O interior foi utilizado
para labores agrícolas. En bo estado de conservación.
Castro de Reboredo: A 500 metros de altitude. Forma un círculo case perfecto de 115 metros de diámetro, circundado por muralla e foxo en case todo o seu perímetro, agás polo sur que foi achandado debido a que en tempos pasados acondicionouse o terreo para labores agrícolas. Dirixinme a Patrimonio da Xunta para que o Concello de Láncara o incluíra no PXOM xa que omite.
Castro de Rañoá: Lindeiro co concello de Sarria. Leva o nome da aldea deste último.
Castro de Sambreixo ou Croa do Castro de Ribeiro (Muro): A 608 metros de altitude.. Ten unhas medidas aproximadas de 70 metros de diámetro. No Tombo de Samos do ano 982 faise alusión ao castro de sancto Vereximo.
Castro de Trasliste (Trasliste):
Situado sobre un pequeno altorelo, a forte alteración ocasionada polos
labores agrícolas ao longo dos anos apenas permite adiviñar a súa forma.
Conserva parte dun parapeito que, ademais do desnivel do terreo,
constituía as súas defensas.
LOURENZÁ
Santa Mariña (Lourenzá); Monte da Trinidade, lindeiro coa parroquia de Vilamor, en Mondoñedo e Tacón (Lourenzá); Penelas (Lourenzá); Os Castros (Bouza da Viña-San Xurxo de Lourenzá); Flores (Maroxo-San Xurxo de Lourenzá); As Estocas, San Xurxo (San Lourenzo-San Xurxo de Lourenzá); Santo Adrao (Santo Adrao de Lourenzá); Santo Tomé (Santo Tomé de Lourenzá).
Castro das Estocas: Ademais de xa estaren alterado polos labores agrícolas, foi utilizado como canteira.
Castro das Penelas: Coñecido tamén como Ribeira ou Alto dos Castros. Entre as parroquias de Masma (Mondoñedo) e Lourenzá.
Castro de Trinidade-Flores:
Descoñécese o tamaño do castro e a súa forma. Nun estudo arqueolóxico no
ano 2008 atopouse un machado votivo que foi despositado no Museo do
Castro de Viladonga. No mes de outubro de 2018, Adega e Mariña
Patrimonio presentaron
denuncia ante a Fiscalía pola destrución do castro de Trinidade-Flores, situado entre Lourenzá e Mondoñedo, alegando que a empresa propietaria dunha canteira ocasionou danos irreparables neste ben patrimonial.
No mes de xaneiro de 2022, o Xulgado do Contencioso número 1 de Lugo
ordenou ao Concello de Mondoñedo excluír do PXOM o xacemento e
retirarlle a protección. Lamentable a pasividade da Xunta e o Servizo do
Patrimonio Cultural en Lugo, favorables á descatalogación do xacemento.
Castro de Santo Adrao de Lourenzá: Érguese por riba da aldea e da igrexa parroquial.
LUGO
Castrillón ou Corro da Moura e Cortiñas de Castro (Adai); Bacurín (Bacurín); Bazar (Bazar); Benade (Benade); Cabanas ou Corvazal, O Recanto, Santa Olaia e Valín (Bóveda); Canedo, Os Castros e Poutomillos (O Burgo); Calde e Grande (Calde); Carballido (Carballido); Madanela (Santa María Madanela-Coeses); Valente (Coeses); Gondar e A Pallota (Gondar); Labio (Labio); Agra dos Castros (Marcelle-Lugo); Albeiros (Lugo); Castelo (Mazoi); Meilán e Milleirós (Meilán); A Cubela ou Agra do Castro (Muxa); Ombreiro (Ombreiro); Orbazai e Penarrubia (Orbazai); Vilaverde (Outeiro de Camoiras); Alto do Castro e Astrar (Pedreda); Pías (Pías); Barrela e A Croa (Piúgos); Agro do Castro (Prógalo); O Castro (Monte Castrillón-Ribas de Miño); O Castro (Recimil); Rubiás (Rubiás); Cunca do Castro (O Tellado-Romeán); Alfonsín (Saa); Piñeiro (San Martiño de Piñeiro); Taboeiro (San Pedro de Mera); Santa Cristina (San Román); Alto (San Xoán de Alto); Rebordaos (San Xoán de Alto); As Baradas, Nadela (San Xoán de Pena); Locai, Marcoi e Matelo (Santa María de Alta); O Castro (Santalla de Bóveda de Mera); Carballal (Soñar); Falez (Teixeiro); Astariz ou O Castrelo (O Veral); Cotón (Albazoi-Vilachá de Mera).
Agra dos Castros: Mal chamado da Piringalla. Situado na zona máis alta da ladeira delimitada polos ríos Miño e Rato. Descuberto a raíz das obras de abastecemento de auga da cidade de Lugo. Documéntanse varias etapas de ocupación, a máis antiga da fase final da Idade do Ferro, con foxos, parapeitos e elementos habitacionais. As etapas seguintes son xa de época romana coa aparición de tégulas, un denario de Tiberio, vidros, fichas de xogos, unha lucerna, muíños circulares e obxectos de bronce e ferro.
Arracada da Agra dos Castros: Atopada no ano 2007 cando as obras de acometida de augas á cidade de Lugo. De tipo "penanular" é de ouro e pesa 1,1 gramos.
O Castrillón ou Corro da Moura (Adai): Presenta un pequeno recinto circular arrodeado por un foxo e unha muralla terreira situado nunha ladeira. Algúns investigadores falan dun castro agrícola, outros dun posto militar romano vencellado ás vías de comunicación, se ben algúns investigadores apuntan a un xacemento da Idade do Bronce (a maior parte dos restos cerámicos atopados pertencen a este período), quizais asociado a algún tiipo de ritual. Non moi lonxe atópase a singular base da cabana de Pena Fita.

Castro da Agra do Castro, A Cubela ou Muxa: De 100 por 80 metros.
Castro de Astariz (O Veral): A colaboración entre a asociación Tir Na N´og e o colectivo Patrimonio dos Ancares permitiunos documentar este castro situado a 450 metros de altitude. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 65 por 45 metros e un anctecastro polo sur de 20 por 30 metros. Defendido por muralla e o desnivel do terreo. O achado xa foi comunicado a Patrimonio.
Castro Alfonsín: Apareceu unha figura togada.
Castro de Bacurín: Presenta un recinto de forma semicircular, bastante desfigurado por varias construcións. Atopáronse muíños de man e fragmentos de tégula e ladrillos de época romana. Nas súas proximidades sitúase un cipo granítico correspondente a un miliario relacionado coa Vía XIX.
Castro das Baradas: Castro practicamente arrasado. Cando as obras da estrada entre Nadela e Monforte fixéronse unhas escavacións de urxencia.
Castro de Cabanas: Presenta un recinto principal de forma circular defendido por un parapeito; polo SO hai un antecastro destruído parcialmente por unha estrada. Foi obxecto de escavacións arqueolóxicas.
Castro de Calde: Presenta un recinto principal de forma lixeiramente ovalada, defendido cun parapeito con dobre foxo. Un antecastro polo leste que actúa como acceso ao recinto principal. O acceso complétase mediante unha entrada resgardada por dous posíbeis torreóns.
Castro de Canedo: Presenta un só recinto de forma elíptica defendido en toda a súa contorna por un terraplén e restos dun parapeito.
Castro de Corvazal: Coñecido tamén como do Recanto e de Cabanas. Escavado por García Lomas no ano 1989, constatouse a ausencia de estruturas arquitectónicas no interior, só quedou constancia dun muro de habitación próximo ao parapeito realizado con terra entre lenzos de pedra. Apareceron restos cerámicos, tégula, unha bassa de columna, moldes de fundición, unha torta de ouro e muíños circulares. Datado no século I d.C. No castro existe unha lenda asociada a unha fonte (en realidade un bebedoiro para o gando) que fala dunha galiña e duns pitos que custodian un tesouro. Tamén se di, aínda que non existen evidencias, que o complexo de Santalla de Bóveda se comunica con este castro por un túnel e unha canle de auga.
Castro de Penarrubia: Ten a orixe no século VI a.C. Monteagudo cita un machado de talón truncado atopado no castro.
Castro de Prógalo: Castro agrícola configurado por un único recinto de forma circular defendido por un parapeito de terra, terraplén e un pequeno foxo.
Castro de Taboeiro: Presenta un recinto principal de forma ovalada defendido por un terraplén con parapeito e foxo. Ten un pequeno antecastro con terraplén e restos dun foxo.
Castro de Valín: Presenta un recinto circular defendido por un parapeito; tamén se ve un antecastro defendido por un terraplén.
Igrexa de Fixós: Dise que a igrexa de Santa Marta de Fixós levantouse sobre un castro.
O nome de Lugo: Segundo algunhas hipóteses, Lugo debe o nome a unha divindade de filiación céltica, pode que asimilable ao Mercurio romano, que é Lug que encaixa co nome de Lucus que significa bosque sagrado.

MEIRA
Paredes, Piñeiro e San Martiño de Sua (Meira); Os Castros de Grañanova (As Casas Novas-Meira); Os Castros (A Casanova-Meira); Cortello da Vella (Leiras-Meira); Pumarín (Seixosmil).
Os Castros de Grañanova: A 525 metros de altitude, sobre o rego do Porto da Pena. Ten unhas medidas aproximadas de 155 por 145 metros.
Castro de Pumarín: Situado nun pequeno outeiro, bordéao o reogo do Porto da Pena. Defendido por foxos e parapeitos. Na croa vense varios muros modernos divisorios de fincas, cuxas pedras foron reaproveitadas do propio asentamento.
Os Castros: Totalmente destruído polo polígono industrial.
MONDOÑEDO
Coto do Castro ou Cerrallón do Castro e Coto das Covelas (Castro-Argomoso); Castelo do Monte da Arca (Argomoso); Castro do Sol (Supena-Argomoso); Couboeira e Monte Lourido (Monte Lourido-A Couboeira); Os Castros e Coto da Campá (A Couboeira); Casa dos Castros (Entre A Couboeira e Viloalle); Croa de Figueiras ou Croa de Pedro Pombeiro (A Aldea-Figueiras); Lindín ou As Cárcabas (Lindín); Ardilleiros, Os Castros, Outeiro e A Penela (Masma); Alto dos Castros ou Penelas (limita os concellos de Lourenzá e Mondoñedo-Masma); Casa dos Castros (Marquide-Masma); Os Castros, Estelo, Coto da Recadieira, Croa de Zoñán e O Valiño (Os Remedios); Santo Tomé (Estelo-Os Remedios); San Pedro da Torre (San Pedro-Santiago de Mondoñedo); Sasdónigas (O Chao da Aldea-Sasdónigas); A Valiña (San Vicente de Trigás); Trigás (San Vicente de Trigás); O Castelo ou A Croa, O Castro, Curros, Ferreira de Oural, Xan da Mariña (Santa María a Maior); Os Castros (Ferreira-Santa María a Maior); Castelos (Viloalle); Os Castros (Guillade-Vilamor); O Souto (Vilamor); A Trinidade-Flores (Chao do Val-Vilamor); Os Castelos (Viloalle); Mestas.
Os Castelos (Viloalle): Aínda que hai que o identifica cun asentamento neolítico, non se atoparon restos deste período. Francisco Mayán, que o estudou a mediados do século XX, di que se trata dun asentamento castrexo; localizou restos cerámicos e de metais aínda que hai dúbidas canto á súa adscrición cronolóxica. Non falta quen sitúe aquí un asentamento medieval.
Castro do Castelo do Monte da Arca: Foi descrito por Villa-Amil y Castro no seu libro Los castros y mámoas de Galicia (1876). Di que no Monte da Arca existía a que denominaban Medorra da Moura, situada na croa e defendida por un triple parapeito. No mes de marzo de 2016 denunciouse que foi arrasado por maquinaria pesada para unha plantación de eucaliptos.
Castro da Recadieira: Apareceron tres torques, dous de ouro e un de prata, atopados no ano 1889 por un labrego, datados entre os séculos IV-I a. C. Custodiados no Museo de Lugo. No castro está a Pena do Unto que, segundo a lenda, os mouros facían sacrificios enrriba dela. Eladio Rodríguez González, no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958), di que aquí había un altar druídico.
Castro de Estelo: Apareceu un machado de talón dun anel de 210 por 60 mm que, segundo López Cuevillas e Bouza Brey (1929) foi a parar ao Museo da Sociedade Económica de Santiago.
Castro Coto da Campá: Apareceu un machado.
Coto do Castro (Argomoso): Moi humanizado, apenas se observan restos. Apareceron moedas de bronce da época do emperador romano Adriano.
Castro da Couboeira: Situado nunha planicie a media montaña. Non se observan estruturas.

Puñal da Couboeira ou da Pena Grande:
Apareceu en Os Castros (A Couboeira). Séculos VI-II a. C. Puñal de antenas de bronce con folla e empuñadura fundidas en
dúas pezas. Trataríase dunha arma defensiva ou de adorno persoal.
Atopada no ano 1869 na Pena Grande, preto do castro da Couboeira. Foi
adquirido polo Museo Arqueolóxico Nacional a Josefa Villaamil e
Santiso, procedía da colección de Villaamil y Castro.
Castro de Ferreira de Oural: Castro de planta ovalada atravesado por unha pista.
Castro da Croa de San Pedro: Moi humanizado, non se observan restos do primitivo asentamento.
Castro da Croa de Zoñán: As primeiras escavacións remóntanse ao último terzo do século XIX da man de Villaamil y Castro. Sería no último terzo do século XX cando o cronista oficial de Mondoñedo, Francisco Mayán, prospecte o asentamento coa realización dun plano topográfico e o descubrimento dun machado de talón e aneis fracturado, traballo que publicou na súa Historia de Mondoñedo no ano 1994. Dende o ano 2002 estanse a facer os traballos de escavación que xa sacaron á luz varias estruturas habitacionais, ademais de abundante e valioso material. Tamén apareceu unha moeda de bronce que semella un dupondio de Claudio, con inscrición tanto no anverso coma no reverso, busto de perfil mirando cara a esquerda coa lenda: TI CLAUD[...] SAR AVGIMP).../, e no reverso Ceres mirando cara a esquerda coa lenda: CERES AUGUSTA SC. Segundo a lenda, nel vivían os mouros que agochaban grandes tesouros.
Castro de Lindín: Posúe un recinto oval de 300 por 200 metros con parapeito e foxo que arrodea todo o perímetro.
Castro de Masma: Apareceron dous torques, dúas arracadas e dúas láminas de ouro, datadas entre os séculos IV-II a.C., foron atopadas no ano 1873 ou 1876.
Castro de Outeiro (Masma): Atopáronse varios obxectos de ouro.

Castro das Penelas: Coñecido tamén como Ribeira ou Alto dos Castros. Entre as parroquias de Masma e Lourenzá.
Castro de San Pedro da Torre: Próximo á capela de San Pedro, nunha penichaira nas estribacións do monte de Padornelo.
Castro de Trinidade-Flores (Vilamor): Descoñécese o tamaño do castro e a súa forma. Nun estudo arqueolóxico no ano 2008 atopouse un machado votivo que foi despositado no Museo do Castro de Viladonga. No mes de outubro de 2018, Adega e Mariña Patrimonio presentaron denuncia ante a Fiscalía pola destrución do castro de Trinidade-Flores, situado entre Lourenzá e Mondoñedo. As denuncias foron por diferentes disposicións de Patrimonio que poderían ser constitutivas de delicto de prevaricación, falsidade documental, danos no patrimonio histórico e a recursos naturais e ambientais, alegando que a empresa propietaria dunha canteira ocasionou danos irreparables neste ben patrimonial. No mes de xaneiro de 2022, o Xulgado do Contencioso número 1 de Lugo ordenou ao Concello de Mondoñedo excluír do PXOM o xacemento e retirarlle a protección.

Machado do castro da Trinidade-Flores: S. I-III d.C. Machado votivo coa representación dun torques.
Cerrallón do Castro: Amplo dominio sobre o val. De forma ovalada, cunhas medidas de 375 por 150 metros. Atopouse unha moeda do emperador Adriano. Preto documéntase o topónimo O Castro do Sol onde non se aprecia ningún asentamento.
López Cuevillas e Bouza Brey (1929) din que segundo lles informou Armando Cotarelo, cóidase que na comarca de Mondoñedo as serpes morren tocándolle na testa cunha variña de abelaira.

Baamorto e Cinsa (Baamorto); Caneda (Caneda); Riaño (A Lomba-Chao de Fabeiro); O Castro (Porto de Lobos-Chao do Fabeiro); Cabo ou A Coroa (O Cabo-Chavaga); Babela e O Castro (Distriz); Mourindá, Rodela de Figueira (Figueira-Fiolleda), Rodela de Forroedo e Vilamaior (Fiolleda); Feixó ou Marroxo (Ferreira-Marcelle); Marcelle e A Reguenga (Marcelle); San Vicente (Monforte); Castelo de Paderne e Castriño da Ciudá ou de Moreda (Moreda); Nocedas (As Nocedas); O Castro (A Parte); Penela (A Penela); Os Lameiros (Monte Pando-Piñeira); Castelo Pequeno, Castelo Grande e Cornado (Reigada); Rozavales (Rozavales); O Eivedo (San Xillao de Tor); Regueira das Vellas (O Valado-Seoane); Tor (Tor); Susao (Sindrán); A Vide (A Vide); Pena da Mura (Cimadevila-Vilamarín).
O Castro (Porto de Lobos): A 600 metros en liña recta do castro e Riaño. Totalmente arrasado polos labores agrícolas e forestais. Só se conserva o topónimo.
Castro de Babela: Facilmente localizable nun outeiro situado a man dereita da estrada en dirección a Ourense. Agás algunhas catas efectuadas hai algúns anos nas que se atoparon restos cerámicos e un machado, hoxe en día desaparecido, nunca se tentou poñer en valor o xacemento. Nun número do Almanaque Gallego do ano 1906, baixo o título Antigüedades de Proendos, recolle que o presbítero Claudio Guitián, veciño de Refoxo, o día 12 de febreiro de 1867 deu ao escritor lucense José Teixeiro y Vaamonde, segundo unha nota atopada entre os papeis deste último vinte anos despois por M. Castro López, que no castro atopáronse fragmentos cerámicos. O castro confórmase a partir dun recinto duns 70 m de diámetro reforzado por un treito de parapeito de cascallo duns dous metros de altura nalgunha das súas partes. Ten un antecastro aterrazado. No interior e nas faldras do castro cultívanse videiras o que provoucou que fora roturado e, polo tanto, se rebaixara o solo orixinal. Canto ao machado citado, tiña a base en lingüeta simple e os lados apuntados rectos; Pérez y Parga refire que foi localizado no castro de Babela ou nas súas proximidades, como así figura no corpus de análise no ano 1968; máis Delibes e Rodríguez cítano como atopado na Bastida, clara referencia ao castelo ou torre da Bastida situado nas proximidades pero na parroquia de Mañente (Pantón). A principios do século XVIII, o señor de Tor, Francisco de Garza, ordenou a demolición do castro en busca de tesouros, atopando, ao parecer, pezas de ouro e prata.
Castro de Caneda: Forma oval constituída por unha plataforma circundada por un terraplén. Ten unhas dimensións de 180 por 145 metros.
O Castelo Grande: De forma tirando a ovalada, presenta unha estrutura integrada por unha plataforma superior arrodeada por un terraplén e circundado por unha suave pendente. Érguese preto do Castelo Pequeno.
O Castelo Pequeno: Nun outeiro que se levanta na parte baixa e chá do Val de Lemos. Nos terzos NO e SE presenta dúas pequenas elevacións amesetadas que se erguen sobre dous cavorcos de pouca altura. Pola súa localización (controla o acceso leste a Monforte) e máis o seu carácter amesetado pode tratarse tamén dunha vixía de adscrición romana ou medieval. Apareceron restos cerámicos en superficie de época medieval. Moi alterado por diferentes actuacións ao longo dos anos e por unhas naves industriais.
O Castro (A Parte): Álzase sobre un penedío que se alza no extremo dunha lomba que arrinca dun cordal para asomarse ao canón do río Cabe. Está defendido en case todo o seu perímetro por un abrupto penedío que cae cara o leste sobre o Cabe. Só presenta defensas artificiais no seu lado sur, que é o menos protexido polo relevo, consistentes nunha muralla hoxe en día practicamente arrasada, e ao oeste, onde un cavorco corta o acceso dende a faldra, coroado por unha murallla case derruída. Nalgúns cortes do terreo modernas aprécianse restos de estruturas de pedra. Moi alterado por torretas eléctricas e un camiño.
Castro do Cornado: Ovalado cun recinto circundado por unha muralla, agás polo norte, e un aterrazamento. Fronte o castro, na beira oposta do río Cabe, sobre un outeiro rochoso, está o lugar coñecido co evocador nome de Penas das Mouras. Ten unhas dimensións de 140 por 125 metros.
Castro da Coroa ou do Cabo: A 500 metros de altitude. Presenta unha planta en conxunto tirando a oval, cunhas medidas aproximadas de 170 por 140 metros, e unha croz circular duns 115 metros de diámetro. Conformado por unha estrutura con dúas plataformas excéntricas entre si circundadas por cadanseu terraplén. Alterado polos labores agrícolas e forestais, perdeu as defensas polo nor-este. Situado a uns 270 metros da igrexa parroquial. Citado no Concilio de Lugo do ano 569 (Era DCVII), convocado por mandato do rei suevo Teodomiro, na división da diócese por condados, recollida no Parochiale suevorum, redactado anos despois, que di: “... quintus comitatus Paramunsis... de alia parte levat se in Salvatur, venit ad Castrum de Zavaga”. Tamén o cita, entre outros, o Diccionario... de Pascual Madoz (1847): "San Juan de Chavaga, situado á la falda del cerro denomminado castro de Chavaga". No mes de agosto de 2018 sufriu unha agresión producida por maquinaria pesada para recoller a madeira que ardera nos incendios do pasado mes de outubro de 2017.
Castro da Ciudá ou de Moreda: Conformado por unha plataforma e un terraplén, presenta unha planta practicamente circular cunhas medidas aproximadas de 60 metros de diámetro. Inzado por árbores e pola matogueira, está afectado por camiños e outras obras.
Castro do Eivedo: No límite coa parroquia de Toiriz (Pantón). Sobre un esporón montañoso flanqueado polo regueiro Eivedo. Ten unhas medidas aproximadas de 190 metros no eixo máis longo e 150 no menor. Presenta unha plataforma superior circundada por unha sucesión de muralla, aterrazamento, muralla e terraplén. Polo norleste aprécianse tres liñas de murallas con dous foxos intermedios. Apareceron tégulas, ladrillos, unha ánfora e moedas de época romana.
Castro Feixó ou Marroxo: Ten unhas medidas aproximadas de 125 por 85 metros. Escribiu Benito Vicetto (1824-1878) no seu Los Hidalgos de Monforte (1851): “… los del partido del rey incendiaron la colina del Ma-rojo, que está a nuestra izquierda, y los del partido del pueblo el monte de Piñeira, que está a nuestra derecha”. Ignoro se cando escribiu a novela, Vicetto subiu ao Marroxo. Probablemente non xa que de seguro non se lle escaparía o castro de planta semicircular situado na parte máis alta, protexido, non só por unha triple muralla, tamén por un afloramento rochoso na parte máis inaccesible con fortes pendentes cara o río da Ferrería. A súa “acalorada fantasía”, como dixo del Saralegui (1851-1926), algunha punta lle había sacar. Do castro Feixó (como se coñece) xa apenas queda nada, as continuadas repoboacións forestais acabaron con el. Como testemuña temos as imaxes do voo americano de 1956-57 e posteriores.

Castro dos Lameiros: Inédito, localiceino o 12 de xuño de 2023. Ten unhas medidas aproximadas de 100 por 65 metros.
Castro da Parte: Estrutura formada por unha plataforma oval circundada por un terraplén. As súas dimensións son duns 80 por 65 metros.
Castro da Pena da Moura: Un único recinto de duns 70 por 50 metros delimitado por unha muralla e dous foxos. Romanizado.
Castro da Penela: De forma irregular, circundado por un terraplén.

Castro Regueira das Vellas: Localiceino no mes de maio de 2024. Tiña uns 130 metros de diámetro,
cunha potente muralla duns 8-10 metros de ancho. Practicamente
destruído polos labores agrícolas.
Castro da Reguenga: De forma oval, delimitado por unha sucesión de murallas, foxo, e muralla e terraplén. Ten unhas dimensións de 145 por 130 metros.
Castro de Riaño: Localizado sobre un outeiro no remate dunha lomba unida a relevos superiores por unha forca. Ten unhas dimensións de 150 por 120 metros. Artéllase en torno a unha croa duns 80 metros de diámetro. Aos pés do cavorco desenvólvese unha superficie aterrazada que asenta sobre o terreo natural. Baixo esta terraza, polo sur, obsérvase unha pequena superficie aterrazada que pode coincidir co acceso orixinal. Polo nordés apréciase un pequeno antecastro. Sobre o extremo SE da croa pódense apreciar restos dun parapeito, na actualidade moi rebaixado. Apareceu cerámica castrexa e ocre. Nun emprzamento destacado que domina o norte do Val de Lemos. Construíuse unha capela adicada a Santa Euxea. O día 19 de marzo de 2016 achegámos ata o castro para buscar a ermida pero non a atopamos, se ben no Chao do Fabeiro confirmáronnos que hai uns corenta anos aínda conservaba a porta. Un veciño díxonos que el máis un seu irmán, cando eran mozos, foron co can ata o castro para buscar o cobil dun zorro; cando o atoparon puxéronse a sacar a terra, eles cuns paus, o can coas patas, mais, de súpeto, o chan afundiuse, salvándose por pouco de caer nun enorme pozo; tiraron pedras dentro, comprobando que aínda tardaban un bo rato en bater co fondo; contounos que na croa había un túnel que ía ata o río Cabe por onde pasaban os mouros para levar a beber os cabalos.
Castro da Rodela de Figueira: A 500 metros de altitude. Ovalado, de 120 por 77 metros. Alterado polos labores agrícolas e forestais. Un documento do ano 572 fai alusión a un castro de Fiolleda citándoo como Fenoli castrum.
Castro de Rozavales: Pequeno recinto cunha plataforma circundada por un terraplén.
Castro de San Vicente: Descuberto no ano 2007 no monte de San Vicenzo do Pino, emblemático lugar da cidade de Monforte, que acolle o mosteiro bieito, a igrexa e os restos do castelo dos condes de Lemos onde salienta a Torre da Homenaxe. O achado do castro pode confirmar o que ata o de agora só era unha hipótese: Que esteamos diante do lendario castro Dactonio, capital do pobo dos Lemavos. O día 19 de marzo de 2016, un veciño do Chao do Fabeiro contoume que cando fixeron o ambulatorio descubriron un túnel que, disque, ía dar á cima do monte de San Vicenzo.
Castro de Susao: Sen catalogar. Documentámolo o día 19 de novembro de 2016 grazas á información duns veciños. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 120 por 85 metros. Defendido por terrapléns, o desnivel do terreo e un foxo pola parte máis vulnerable. Contáronnos que dende o Monte da Medorra (onde documentamos unha mámoa e os primeiros petroglifos do concello) parte un túnel por onde os mouros baixaban ata o castro e o río dos Covos.
Castro da Vide: De forma tendente a ovalada, cunhas dimensións de 100 por 90 metros. O perímetro está arrodeado por un terraplén. No recinto hai unha torre de alta tensión.
Castro de Vilamaior: Un único recinto de pequenas dimensións catalogado por Patrimonio como castro sobre o que manteño as miñas dúbidas. Ten unhas medidas duns 30 metros de diámetro que semella un círculo destinado a outras funcións.
No Museo de los Caminos de Astorga hai un epígrafe que reza: "Fabia Eburi f(ilia) Lemava C(invertido) Eritaeco a(nnorum) XL; Urius Caessi f(ilius) Lemavos C(invertido) eodem an(norum) hic s(iti) s(sunt); Caesius". Como se pregunta don Nicandro Ares: En que parte da Terra de Lemos estaba ese castro Eritaeco citado no epitáfico?
Agro do Castro ou Moreira (A Moreira-Bidouredo); Leira do Bispo, Trasmuro (O Bispo); Penedo ou A Croa (Esporiz); A Graña ou Leira do Mallo (A Graña-Fente); Ferreiros (Os Ferreiros); A Castronela ou Castrelo e Predios da Escrita (Fufín); A Ermida (A Ermida-Leborei); Ligonde e Pena do Convento (Ligonde); Lodoso (Lodoso); Cercio (Novelúa); Naval do Castro ou As Millaras (O Castro-Novelúa); Agro do Castro (A Moreira-Pedraza); Monelo ou Su Castelo (San Lourenzo-Pedraza); Outeiro de San Cristovo (San Cristovo-Pedraza); Vacaloura (Penas); Corga Maior ou Corga do Castro (Salgueiros); O Castro (O Castro-San Breixo); Freán (Freán-San Martiño do Castro); A Croa, O Penedo e Satrexas (Satrexas); Os Castros ou Xirigas (Sirgal); Goimil, Santa Mariña e Sucastro (Sucastro); Ferreiro (entre Tarrío e Lardeiros); Pena da Forca (Tarrío); Cova da Croa da Xea, San Pedro (Vilanova); Ansar ou Monte do Castro (Viloide).

O Castro (O Castro-San Breixo): Non figura nos visores da Xunta de Galicia polo que debe estar sen catalogar. Ten unhas medidas totais de 174 por 152 metros, con croa central duns 70 metros de diámetro.
Agro do Castro:
Medidas de 123 por 90 metros. Hai unha lenda coñecida como O Encanto da Moreira que di que no castro
hai unha trabe de alcatrán que é de lume, outra negruzca pero branda, e
outra de ouro que se alguén ousa tocalas prenden lume.
Castro da Castronela: A igrexa parroquial de Fufín atópase ao pé do castro.
Castro Cercio: É o mellor conservado do municipio. Medidas de 200 por 133 metros. Obsérvase nidiamente a muralla de terra e pedras arrodeada por un foxo en todo o seu perímetro.
Castro da Cotela: De pequenas dimensións, a simple vista non se aprecia ningún tipo de defensa artificial. Segundo a lenda, no castro habitaban as meigas que cando se as perseguía voaban cara o Sucastro.

Castro da Ermida: A aldea da Ermida, en Leborei, levantouse sobre un castro, cunhas medidas de 100 por 60 metros. Sen catalogar, localiceino no mes de novembro de 2019.
Castro Ferreiro: Medidas totais de 140 por 125 metros, con croa practicamente circular de 65 metros de diámetro.
Castro de Lardeiros: Lardeiros cítase no ano 572 como Lardarius castrum.
Castro de Ligonde: Coñecido como Os Castros de Ligonde xa que está dividido por unha gran muralla describindo un percorrido case semicircular e a distintos niveis. Tamén o denominan Castro dos Mouros. Segundo a lenda, nel habita unha moura moi fermosa que garda uns pitos que se alguén vai a collelos desaparecen.
Castro de Sirgal: O castro ergueuse sobre un outeiro rochoso onde logo se construíu un castelo en época medieval. Uns veciños contáronme que dende o castro baixaba un túnel cara o río para que os cabalos baixara a beber. Tamén me dixeron que as pedras das fortaleza foron utilizadas na construción da Torre de Penas e na Casa Grande de Monterroso. Ao pé do monte hai unha pía, posiblemente unha tumba antropomorfa (situada xunto unha capela hoxe en día desaparecida cuxas pedras, disque, foron reutilizadas na construción da igrexa actual) que sempre estaba chea de auga e que era utilizada polas mozas na Noite de San Xoán para botarlle flores e lavarse coa auga aromática á mañá seguinte.
Sucastro: Sobre o castro ergueuse a igrexa románica. Moi alterado pola igrexa, cemiterio, unha pista etc. Medidas de 205 por 155 metros, con croa central de 114 por 73 metros. Defendido en todo o seu perímetro por un terraplén.
Castro de Ligonde: Coñecido como Os Castros de Ligonde xa que está dividido por unha gran muralla describindo un percorrido case semicircular e a distintos niveis. Tamén o denominan Castro dos Mouros. Segundo a lenda, nel habita unha moura moi fermosa que garda uns pitos que se alguén vai a collelos desaparecen.
Castro de Novelúa:
Aprécianse restos das murallas a ras do chan, as pedras foron
reaproveitadas para pechar as fincas. Atopáronse anacos de muíños
circulares.
Castro do Penedo ou A Croa: Medidas de 150 por 120 metros, con antecastro polo sur.
Castro de Salgueiros:
É o castro situado a máis altura de todo o concello. Ten dous
antecastros unidos á croa. Está rodeado por unha muralla de terra e
pizarra circundada por tres foxos. Segundo a lenda, o apóstolo Santiago
expulsou aos mouros do castro.
Castro de Satrexas:
Presenta un recinto amurallado de terra e pedras e un terraplén. Nas
inmediacións, no lugar coñecido como Caracacho, atopouse unha peza
granítica que semella un porco.Castro de Sirgal: O castro ergueuse sobre un outeiro rochoso onde logo se construíu un castelo en época medieval. Uns veciños contáronme que dende o castro baixaba un túnel cara o río para que os cabalos baixara a beber. Tamén me dixeron que as pedras das fortaleza foron utilizadas na construción da Torre de Penas e na Casa Grande de Monterroso. Ao pé do monte hai unha pía, posiblemente unha tumba antropomorfa (situada xunto unha capela hoxe en día desaparecida cuxas pedras, disque, foron reutilizadas na construción da igrexa actual) que sempre estaba chea de auga e que era utilizada polas mozas na Noite de San Xoán para botarlle flores e lavarse coa auga aromática á mañá seguinte.
Sucastro: Sobre o castro ergueuse a igrexa románica. Moi alterado pola igrexa, cemiterio, unha pista etc. Medidas de 205 por 155 metros, con croa central de 114 por 73 metros. Defendido en todo o seu perímetro por un terraplén.
Monte do Castro ou Ansar: De 100 por 55 metros.
Nabal do Castro ou As Millaras: Moi alterado pola aldea do Castro.
Área recreativa da Peneda: Neste fermoso recunhco de Monterroso, sobre un muro vense varios muíños circulares de man e un morteiro.
Área recreativa da Peneda: Neste fermoso recunhco de Monterroso, sobre un muro vense varios muíños circulares de man e un morteiro.
O Castro (A Balsa); Fraga do Castro (O Burgo); O Castro (Muras); Campa da Forca e Castrosol (Silán); Silán (A Torre-Silán); Campo da Feira, Castrillón, Susana e A Picheira (Viveiró).
O Castro (Muras): Segundo a tradición neste pequeno outeiro houbo un castro e un castelo medieval cuxa cisterna comunicaba co río Eume. Domínase os núcleos do Burgo e Muras.
Castro da Torre: Presenta un antecastro duns 100x80 metros e unha croa ben definida duns 40 metros de diámetro.
NAVIA DE SUARNA
Toda a información sobre os castros de Navia de Suarna na entrada do blog do Colectivo Patrimonio dos Ancares: https://arqueoloxiadosancares.blogspot.com/2011/01/presentacion_23.html
NEGUEIRA DE MUÑIZ

O Castro e O Castriño: Están situados a moi pouca distancia o un do outro polo que é posible que se trate do mesmo asentamento. Ambos os dous, preto do límite coa Fonsagrada, érguense sobre o río Navia (agora sobre o encoro de Salime-Negueira). Ao seu carón pasaba un ramal da vía romana que unía Lucus Augusti (Lugo) con Lucus Asturum (Lugo de Llanera, en Asturias).
Todo sobre os castros do concello das Nogais no blog do Colectivo Patrimonio dos Ancares en: https://arqueoloxiadosancares.blogspot.com/2011/01/presentacion_23.html
OUROL
Penagateira (Bravos); O Porcallo e Viladóniga (Merille); Chao dos Castros, preto de Pena Luísa (Pedrafita-Miñotos); Pena do Viso (Vigo-Miñotos); Chao do Castro, Medorras de Miñotos e Pedrafita (Miñotos); Xanceda (Xanceda-Ourol); O Carrusco e Paredes (O Sisto); Castrilló, O Goio e Vilachá (Xerdiz). OUROL
Castro do Carrusco: Situado nun outeiro de forte pendente. Presenta forma circular e chan no cume.
Castro do Goio ou de Santa Apolonia (O Goio-Xerdiz): A 250 metros de altitude. Case circular, ten unhas medidas duns 90 metros de diámetro. Moi alterado polas actividades agrícolas. Sobre o castro érguese a capela de Santa Apolonia, do século XVI.
Castro de Penagateira: Moi alterado pola aldea de Penagateira.
OUTEIRO DE REI
Arcos (Arcos); Aspai (Aspai); O Pazo de Santa Comba (Santa Comba-Aspai); O Agro do Castro ou castro Martul (Martul); A Engrovia (Caboi), Candai (Candai); Castelo, Tras os Castros (Castelo de Rei); A Madorra dos Castros (Quintián-Cela); Castelo do Ferreiro (Francos); Guillar (Guillar); Tourón (Guillar); As Croas e San Paio (Parada); O Castro da Medorra (O Castro-San Fiz de Paz), Montemaior e Picos do Castelo (San Fiz de Paz); Castelo de Picato (San Lourenzo de Aguiar); Agro de Paradela (San Tomé de Gaioso); Os Castros de Gaioso (Santiago de Gaioso); Riazón (Riazón-Sobrada de Aguiar); Sobrada (Gabín-Sobrada de Aguiar); Vicinte (Vicinte); Vilanova (Vilela Grande-Vilela).
Agro do Castro ou castro de Martul: Avisados pola veciña de Martul, dona Rita Castedo, os integrantes do Colectivo Patrimonio dos Ancares achegámonos o pasado día 24 de outubro de 2018 ata Martul, en Outeiro de Rei, para comprobar a existencia dun posible castro non catalogado situado en terreos da nosa informante. A toponimia existente no lugar, xa de por si, era moi suxerente: Agro do Castro, Carrilleiras do Castro, As Penas do Castro, A Casa do Castro e As Covas. En efecto, a 500 metros de altitude puidemos constatar a existencia dun castro practicamente circular duns 70 metros de diámetro, coas murallas perfectamente visibles en todo o seu perímetro que nalgúns tramos alcanza os dous metros de altura, agás polo noroeste que desapareceron debido aos traballos agrícolas e forestais e pola construcción hai preto de vinte anos duns depósitos de auga. Polo leste vese o que foi un gran antecastro moi alterado pero onde aínda se aprecian á perfección os terrapléns que o delimitaban. Temos constancia da aparición dun muíño de pedra circular. A zona estivo plantada con piñeiros, e na actualidade con eucaliptos o que contribuiu, debido aos movementos de terra para plantalos, á súa alteración. O achado xa foi comunicado a Patrimonio.
Castelo do Ferreiro: Recollido no inventario da Xunta de Galicia do ano 1991 e na páxina web do Concello. Figura como castro. O día 13 de xuño de 2017 achegámonos ata o sitio, comprobando que no lugar non existe tal asentamento. Nas inmediacións si localizamos os restos dunha antiga torre de planta cadrada, posiblemente medieval. Comunicámoslle a Patrimonio e ao Concello a inexistencia de tal castro para que procedan á súa descatalogación.
Castelo do Picato: Cóntase que no castro vivía xente encantada pola soberbia dos pais; dispoñían de lareiras con guindais de ouro.
San Clodio de Aguiar: No ano 897 menciónase eiquí o "castellum Aquilare", e no 998 o "castrum Aquilare".
San Fiz de Paz: En Riazón atopouse un muíño de man completo pero fragmentado, aparentemente fóra de contexto arqueolóxico.
Penas das Rodas: Trátase de dúas enormes penas graníticas en forma de esfera. Segundo algúns investigadores, a sua creación, ao contrarío do que se cría, débese á man do home e terían relación cun lugar de culto que marcaría o inicio dos solsticios. Ao parecer, no solsticio de verán, dende unha grade de pedra que se conserva, o sol sitúase xusto entre os bolos. As penas utilizaríanse como estación astronómica para a predición de datas do ciclo agrícola. Seguindo a liña recta que dende este punto marca o sol, chégase ata a Pena do Mouro, no concello limítrofe de Begonte, formada por tres enormes piares de seis metros de alto sobre o que asenta unha pedra en forma de ril.
PALAS DE REI

Albá (Albá); O Castro (Ambreixo); Camoira, Aurela ou Ourela (Cebral-Augas Santas); San Xurxo (Augas Santas); Carballal (O Carballal); Carteire (Pallares-Carteire); Gontá (Coence); Cuíña (Cuíña); Medorna do Castro (Castrelo-Ferreira de Negral); A Mámoa (Senande-Ferreira de Negral); Fontecuberta (Ferreira de Negral); Remonde (Filgueira); Sucastro (Lestedo); Castrillós (Maceda); Marzá (preto da igrexa parroquial-Marzá); Merlán (Merlán); Remonde (Remonde); As Seixas (O Castro das Seixas-Merlán); O Castro (Moredo); Groudin (Ribeira); Camiño (San Xiao do Camiño); Orela ou Repostería (San Xusto da Repostería); A Galeira e San Vicente (Ulloa); Vilar do Monte (entre as parroquias de Meixide e Quindimil); Monte do Castro.
O Carballal: Segundo Bouza Brey e López Cuevillas, en Os Oestrimnios, os Saefes e a Ofiolatría en Galiza (1929), atopouse un machado plano de cobre de talón cóncavo e lados rectos. Tamén Maciñeira fixo referencia ao achado.
Castro da Mámoa: Próximo ao Camiño Primitivo. Chama a atención o topónimo relacionado co megalitismo.

Castro de Marzá: A 610 metros de altitude. Ten unhas medidas aproximadas de 215 por 145 metros. Tiña un antecastro polo sur, hoxe practicamente destruído.
Castro de Carteire: Ten unha acróle duns 70 metros de diámetro, alterada polos labores agrícolas. Na parte máis accesible o ancho da muralla é maior, protexida esta por un segundo parapeito. José Manuel González Reboredo (1969) recolleu que unha muller lle contou que o castro era obra da "morindad".
Castro da Ourela ou Aurela: Aproveita unha elevación do terreo que apenas supera os 600 metros pero que destaca respecto da súa contorna. A croa está formada por un recinto elíptico moi monumental, franqueada por dous parapeitos que a circundan. A cronoloxía relativa estaría entre o II a.C. e o I. d.C.
Castro de Remonde: Situado nun outeiro a 460 metros de altitude, na marxe dereita do río Pambre. De forma redondeada, ten unhas medidas aproximadas de 100 x 80 metros. Posible antecastro. Os traballos dirixidos por Antón Malde no ano 2015 sacaron á luz un posible alxibe. Os terreos foron adquiridos pola fundación Eira Xoana, de Adega.
Castro da Repostería ou Orela: A 545 metros de altitude, sobre o rego de Ampura. Un recinto. Ten unhas medidas aproximadas de 175 metros de norte a sur, e 147 na parte máis ancha. Aínda se aprecian a muralla que circundaba en todo o seu perímetro. No castro apareceu unha pulseira de prata, exposta no Museo Provincial de Lugo.

Castro das Seixas: Destruído polo núcleo de poboación. Apareceron tres fusaiolas, publicadas por Bouza Brey no Boletín da Comisión de Monumentos de Lugo no ano 1944.
Medorna do Castro: Chama a atención o topónimo relacionado co megalitismo.
Castelo de Pambre: As obras de rehabilitación do castelo supuxeron unha auténtica surpresa para o equipo responsable da reforma. Na capela do castelo, un espazo que sempre resultou un enigma pola súa ubicación fóra da fortaleza, apareceron materiais de época tardoantiga e sueva. Tamén se atoparon materiais de época castrexa e galaicorromana (cerámica, moedas e un puñal de antenas).

Xacemento da Pataqueira
(Vilamerelle): Localizado nas obras da autovía A-54 Santiago-Lugo.
Fondos de cabana, buratos de poste e fosas propias dun asentamento da
Idade do Bronce, e unha área reducida cunha ocupación da Idade do Ferro.
Nunha gabia localizouse un conxunto de restos paleobotánicos
carbonizados, composto por sementes de toxo e moras. Na mostra
apareceron catro sementes de Prunus avium/cerasus, cunha datación que sitúa este contexto no 808-902 AD.
Corneda do Castro (Atán); Aúde (Aúde-Cangas); Castillón (Castillón); O Castro ou Castro dos Mouros (Guítara-Eiré); Santa Mariña (Santa Mariña-Eiré); Espasantes ou Teso do Castro (A Cal-Espasantes); Ferreira (A Torre-Ferreira de Pantón); Castrelo (Moreda); Bornogueiras (As Bornogueiras-Pantón); Bazal (Bazal-Pombeiro); O Regueiro (O Regueiro-Pombeiro); Os Castriños e Vilamirón (Vilamirón-Pombeiro); Guende e O Castro (Guende-San Fiz de Cangas); Amedo, San Cibrao, Eivedo (Toiriz); A Xesteira (A Xesteira-San Vicente de Castillón); Sitio dos Castros ou Os Castriños (Toldaos de Arriba-Toldaos); Vilamelle (Vilamelle); Amboade (Vilar de Ortelle); Marce (Marce-Vilar de Ortelle); Vilar de Ortelle (Eirexe-Vilar de Ortelle).
O Castelalbo: É un lugar da parroquia de Toiriz. Alusión a un castellum, castelo ou castro. Non se coñecen restos.
Corneda do Castro (Atán): A 572 metros de altitude. Só se conserva o topónimo situado nos Altos da Modia.
Castrelo de Paderne: Non atopamos restos visibles, só temos referencias orais. A un quilómetro, ao norte de Cabo de Vila, a 425 metros de altitude, atopamos o microtopónimo O Castrelo e un enterramento megalítico coñecido como mámoa de Castrelo. Tamén existe outra mámoa no Monte Grande, coñecida como A Medorra do Monte Grande, así como o microtopónimo Medorra de Paderne onde non atopamos ningún enterramento.
Castro de Amboade: Citado como Evolati no século VIII, Deuvoari no XI, Emboade no XIII, e coa forma actual dende o século XV. A 600 metros de altitude. De forma tirando a ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 145 x 95 metros. Conser parte dun foxo polo nor-leste. Nunha roturacións do terreo apareceu un amuleto de forma tirando a triangular, coa figura de dous animais que sostiñas unha especie de escudo.
Castro de Amedo: A600 metros de altitude. Tiña unhas medidas aproximadas de 75 por 55 metros. Moi alterado, obsérvanse restos da muralla polo oeste.
Castro de Aúde: Citado no Inventario Artístico de Lugo y su provincia (1976-1983) como Castro Ude. Malia isto, non atopamos restos.
Castro de Bazal: Moi alterado, apenas se distingue. nas imaxes do voo americano de 1956-57 apréciase un recinto duns 100 por 90 metros.
Castro das Bornogueiras: Coñecido tamén como Castelo de Bornogueiras. Practicamente destruído. Apréciase no voo americano dos ano 1956-57. Tería unhas medidas aproximadas de 100 por 90 metros. Jaime Delgado Gómez fala do castro de Busnugueiras, denominación utilizada anteriormente por Nicanor Rielo.
Castro de Castillón: Sobre un pequeno outeiro localizado no treito medio dunha lomba que arrinca dun cordal para asomarse ao Val de Lemos, do que se ten unha ampla panorámica. Consta dun recinto oval defendido en parte por un parapeito que vai dos dous aos seis metros de altura. Polo nordés, onde o parapeito se rebaixa, desenvólvese unha superfice aterrazada a xeito de antecastro de ata dez metros de ancho, que ascende ata case chegar ao nivel do recinto central ao leste. Polo sur esténdese, a un nivel inferior, unha terraza que arrinca en forma de rampa un posible acceso paralelo ás defensas que polo SL chega ata o nivel da croa. Nas inmediacións descubriuse unha vila romana escavada por Arias Vilas, entre as igrexas de San Vicenzo e Santiago. Di a lenda que os mouros colgaban a roupa para secar ao sol.
Castro dos Castriños: Situado a uns 475 metros de altitude, ao sur do castro de Vilamirón. Moi alterado. No voo americano de 1956-57 obsérvase que tiña unha planta practicamente circular duns 55 metros de diámetro protexido por un foxo.
Castro do Eivedo: No límite coa parroquia de San Xillao de Tor (Monforte). Sobre un esporón montañoso flanqueado polo regueiro Eivedo. Ten unhas medidas aproximadas de 190 metros no eixo máis longo e 150 no menor. Presenta unha plataforma superior circundada por unha sucesión de muralla, aterrazamento, muralla e terraplén. Polo norleste aprécianse tres liñas de murallas con dous foxos intermedios. Apareceron tégulas, ladrillos, unha ánfora e moedas de época romana.
Castro de Espasantes: A 400 metros de altitude. Practicamente destruído polos labores agrícolas, apenas se distingue a súa morfoloxía. Nas inmediacións atópanse os petroglifos da Torre do Castro. Cóntase que hai unha cova moi longa, tanto que os mouros raptaron a unha princesa que vivía no castelo de Ribadavia; o seu pai buscouna, e cando se enterou do seu paradoiro arrodeou o castro, pero este comezou a arder, e así continuou varios días; cando por fin chegaron ao asentamento descubriron que non quedara resto humano.
Castro de Ferreira: Forma circular. Apenas quedan restos das súas defensas que desapareceron polos traballos agrícolas e ao facer os muros das fincas. Dise que hai enterrado un tesouro custodiado polos mouros, e que estes adoitaban acodir á feira da localidade. Conta Ramón López (1929) que había unha cova que foi tapiada polo dono da finca para facer unha adega.
Castro de Guende: Sobre un outeiro localizado nunha lomba que arrinca do Monte de San Paio. Cofórmase a partires dun recinto central circular de bo tamaño. Unha superficie aterrazada esténdese aos pés. Apréciase un posible acceso á croa en forma de rampa que ascende en paralelo ás defensas. Un potente foxo no arco SO-NO, cunha profundidade duns seis metros e unhan anchura de ata quince metros. No interior da croa vese unha importante acumulación de pedras que, ao menos en apariencia, non forman estrutura algunha. Unha estrada que discorre polo exterior estragou parte dun foxo.
Castro de Guítara ou Castro dos Mouros: Situado no treito medio da faldra do monte Sampaio, de escasa pendente. Resulta visible a certa distancia e articúlase en torno a un recinto circular duns 60 metros de diámetro defendido por un parapeito perimetral que acada os tres metros de altura, seguido dun foxo duns cinco metros de ancho e dun novo parapeito. O conxunto está protexido en todo o seu perímetro por un último foxo. Debido ao seu emprazamento, o xacemento presenta unhas notables defensas. Guítara, segundo a Historia Sagrada dos PP. Flórez e Risco (1747), é citado coa forma castrum Quitar, como límite do Comitatus Paramiensis. Di a lenda que se comunicaba co castro de Santa Mariña mediante un camiño subterráneo, e que ambos os castros estaban unidos baixo terra por unha cadea de ouro; a cadea era tan fina nalgúns tramos que os carros rozábanna ao pasar. Outra lenda conta que un veciño de Eiré, axudado por un libro, guiou a un grupo de veciños ata o castro; alí fixeron algunha escavación, mentres uns escavaban, outros lían o libre para alonxar o demo. Nun radio inferior a un quilómetro atópase unha necrópole megalítica formada por 25 mámoas. (A foto aérea do castro achegouma o piloto Javier Fernández García, que a sacou arredor doano 2005).
Castro de Marce: O lugar é coñecido como Pena do Castelo ou O Castro. Segundo Castro López, o cura de Vilar de Ortelle, apareceron tellas, ladrillos e muíños de man. Sobre o castro construíuse unha fortaleza na Alta Idade Media coñecida como Castellum Minei (ver a entrada adicada aos castelos) cuxas evidencias de ocupación dataríanse entre os séculos IV e VI. Está emprazado nun esporón rochoso que controlaba o paso do río Miño. Este tipo de fortificacións alto medievais deben relacionarse principalmente con puntos de control territorial por parte de elites supralocais da Galicia tardorromana-sueva. Dise que tiña uns muros tan potentes que sobre eles xiraban os carros con facilidade. Eiquí tamén viviu unha xacia moi fermosa, o ser mitolóxico con forma humana que habitaba en pozos e ríos; tras bautizala e desencantala, casou cun veciño de Marce que a vira xunto o río; a principios do século XX aínda se contaba que unha familia da aldea eran os herdeiros da parella. Próximo á fervenza de Augacaída.
Castro do Regueiro: Só referencias, non atopamos restos.
Castro de San Cibrao: A 625 metros de altitude. Practicamente destruído polos labores agrícolas. Tiña forma ovalada, cunha medidas aproximadas de 140 por 100 metros. A uns 400 metros, no Alto da Capela, a 654 metros de altitude, obsérvase unha pequena estrutura de 19 por 14 metros (restos dunha primitiva ermida?).
Castro de Santa Mariña: A 585 metros de altitude. Conta cun recinto principal de 140 por 110 metros protexido por terrapléns. Un segundo recinto está defendido por terrapléns e foxo nalgúns tramos. A Santa Mariña figura no ano 941 no Tombo de Celanova como Sancta Maria in Envolati (Amboade).
Castro de Toldaos ou Sitio dos Castros: A uns 370 metros de altitude. Practicamente destruído, apenas se recoñece. Conta o cura de Vilar de Ortelle, Ramón Castro López, que na faldra había empotrada, nunha parede que pechaba unha viña, unha pedra para sacrificios coñecida como "Coladeira dos Mouros" onde habitaban unhas mouras que se peiteaban con peites de ouro na coñecida como Penas das Mouras.
Castro de Vilamirón: A 600 metros de altitude. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 130 por 95 metros. Protexido por terrapléns e foxo en case todo o seu perímetro. No Monte San Paio, entre Vilamirón e Vilafiz, está o microtopónimo O Castillo.
Castro de Vilar de Ortelle: Dívisase o val do río Miño. A 670 metros de altitude. Ten unhas medidas aproximadas de 140 por 110 metros. Conserva gran parte da muralla aterraplanada, agás polo nor-leste, arrodeada por un foxo. Polo sur-leste obsérvase parte dun antecastro con terrapléns e foxo. Apareceron muíños de man. Conta Ramón Castro López que entre os lugares de Valboa e A Millara hai unha canada que remata no río, coñecida como A Galega; alí está o Burato dos Mouros, e na parte de enfronte a Cociña dos Mouros; o sitio quedou desfigurado polas choivas torrenciais e tremores acontecidos o 2 de outubro de 1909.
Castro de Vilamelle: Totalmente destruído pola construción de casas, camiños, labores agrícolas, etc.
Castro da Xesteira: Un só recinto de forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 160 por 110 metros. Protexido por unha muralla en todo o seu perímetro.
Castrotañe: É un lugar da parroquia de San Fiz de Cangas. Se houbo algún castro non se conservan restos a simple vista. Eiquí temos o composto Castrum Tannii; o xentilicio Tannius aparece en E. Hübner no Corpus Inscriptiorum Latinarum (1869).

Aldosende (Aldosende); A Croa de Barán (Barán); Mosteirovello (Castro de Rei de Lemos); San Mamede (Castro); Cortes (As Cortes); Delle e Ferreiros (Ferreiros); Francos e Guimarás (Francos); Castrelo e Moimentos (A Laxe); Croa do Toural e Paradela (Paradela); Croa de San Martiño (San Martiño de Castro); Rosende (San Vicente de Paradela); Santa Cristina (Santa Cristina).
Castro da Croa de Barán: Dado a coñecer por Vázquez Seijas no ano 1933. Entre os anos 1991 e 1993 realizáronse tres intervencións baixo a dirección de Antonio Álvarez Núñez. Situado nun outeiro, presenta croa, foxo e aterrazamentos. Atopáronse as figuras en pedra dunhas cabezas, unha lousa con gravados, unha figura zoomorfa, unha fíbula, moedas, etc. O día 23 de febreiro de 2013, nunha visita que fixen ao castro, contabilicei, ao menos, unha ducia de lugares escavados furtivamente.
Castro de Cortes: Castro de planta elíptica dun só recinto.

Castro de Francos: Na marxe dereita do río Loio. Conserva algún tramo da muralla de pedra.
Castro de San Mamede: Segundo Vázquez Seijas atopáronse unhas sepulturas formadas por catro pedras chantadas verticalmente no chan ao rebaixar o terreo do camiño da igrexa a principios do século XX. Sobre o castro construíuse a igrexa parroquial.
Castro de San Martiño: Segundo Vázquez Seijas (1943), os veciños atoparon evidencias de estruturas, unha sepultura de lousas grandes co esqueleto completo, un anaco de cadea e o posible pé dunha copa. Sobre o castro construíuse a igrexa parroquial.
As Croas do Mato ou Friolfe (Friolfe); San Pedro (San Pedro-Friolfe); Castriño da Barrosa (As Eiras-Gondrame); Pinte (Pinte-Gondrame); Quintela (Quintela-Gondrame); A Croa de Moscán (O Castro-Moscán); Albaredo (Albaredo-Moscán); Eirexe ou Aira do Castro (A Eirexe-Moscán); Neira (Neira); Coroa de Piñeiro (Piñeiro); Pedrouzos (Pedrouzos-Ribas de Miño); Vilar (Vilar-Ribas de Miño); Gándara ou Ribeira (Salgueiredo-A Ribeira); Escarlán (Sa); Tralocastro (Paredes-Sa); Gondrame ou Teiquisoi (Teiquisoi-San Vicente de Gondrame); Croa de San Martín (Castro-A Torre); Xestros (Vigo-A Torre); Neira ou A Coroa (Vilarmosteiro); Outeiro (Outeiro-Vileiriz). Castro de San Mamede: Segundo Vázquez Seijas atopáronse unhas sepulturas formadas por catro pedras chantadas verticalmente no chan ao rebaixar o terreo do camiño da igrexa a principios do século XX. Sobre o castro construíuse a igrexa parroquial.
Castro de San Martiño: Segundo Vázquez Seijas (1943), os veciños atoparon evidencias de estruturas, unha sepultura de lousas grandes co esqueleto completo, un anaco de cadea e o posible pé dunha copa. Sobre o castro construíuse a igrexa parroquial.
Cabeza de Cortes:
Labrada nun pequeno bloque granítico, existen dúbidas canto á súa
adscrición á Cultura Castrexa. Trátase dunha cabeza humana esculpida nun
bloque de granito, con aspecto cadavérico, como se estivera feita a
partires dunha máscara funeraria. Foi atropada o día 12 de novembro de
1934 por don Ángel Rodríguez López nunhas escavacións non oficiais, e
entregada en depósito ao Museo de Lugo.
O PÁRAMO
Castriño da Barrosa: Destruído polos labores agrícolas.
Castro de Albaredo: A 554 metros de altitude. De 84 por 40 metros.
Castro da Gándara: A 423 metros de altitude. O recinto principal, de 85 por 75 metros, por outro protexido por terraplén e foxo en todo o seu perímetro.
Castro de Gondrame ou Teiquistoi: A 425 metros de altiutde. Ten un só recinto de 120 por 110 metros.
Castro de Escarlán: A 625 metros de altitude. Case no límite con Sarria.
Castro da Croa de Moscán: Situado nunha pequena elevación do terreo, a 399 metros de altitude. O único recinto, duns 100 por 90 metros, está protexido en todo o seu perímetro por unha muralla terreira que nalgúns tramos acada unha altura duns catro metros. Polo sur está cortado pola estrada local, e polo oeste un camiño de acceso ao interior do recinto cortou a muralla. A entrada estaría polo leste. A simple vista non se observan restos habitacionais. Plantado con algunhas árbores, adícase a cultivo.

Castro de Moscán ou da Eirexe: Nas inmediación do castro construíuse a igrexa. Duns 110 por 97 metros. Perdeu as defensas polo sur.
Castro da Coroa de Piñeiro: A 425 metros de altitude. De 100 por 92 metros, conserva restos da muralla e todo o seu perímetro. Antecastro polo oeste protexido pur unha muralla.
Castro da Croa de San Martín: Alterado polos labores agrícolas, conserva parte dos terrpléns.
Castro de Neira: A 390 metros de altitude. Duns 80 metros de diámetro.
Castro de Neira: A 390 metros de altitude. Duns 80 metros de diámetro.
Castro de Pedrouzos: Sobre o Miño. Case destruído polos labores agrícolas.
Castro da Torre: Situado nun pequeno outeiro. De forma ovalada, ten unhas dimensións de 125 por 95 metros. Alterado polos labores agrícolas.
Castro da Torre: Situado nun pequeno outeiro. De forma ovalada, ten unhas dimensións de 125 por 95 metros. Alterado polos labores agrícolas.
Castro de Vilar: Destruído polos labores agrícolas.
A PASTORIZA
PEDRAFITA DO CEBREIRO
Toda a información sobre os castros de Pedrafita do Cebreiro na entrada do blog do Colectivo Patrimonio dos Ancares: https://arqueoloxiadosancares.blogspot.com/2011/01/presentacion_23.html
A POBRA DO BROLLÓN
A Coroa dos Poles e Miñotelo (A Aguarda); As Croas de Álvare (O Vilar das Pedras-Álvare); Olga, A Rea da Cruz e Vilar das Pedras (Álvare); Os Castros e Saa (Baltar); Bretoña, O Castrillón, As Croas e Corroa de Seselle (Bretoña); Os Castros (A Carballeira-Cadavedo); Os Castros (Castro dos Freires-Corvelle); As Coroas e Sitio das Covas (Crecente); Os Castros (Corvelle); Cerralleiro (Candás-Fonmiñá); O Castro (Gueimonde); Marful (Marful-Lagoa); A Mudia (As Amoras-Loboso); Outo do Castro (Pastoriza); A Coroa (O Castro-Piñeiro); O Castro (Pousada); O Castelo (A Regueira); As Coroas (Reigosa); As Cortiñas do Castro (Saldanxe); Os Castros (Úbeda); Alto do Castro ou Vián (Vián).
Castro de Álvare: No ano 1934 apareceron de forma casual dous fragmentos cerámicos, un decorado.
Castro de Bretoña:
Crese que no lugar onde o bispo Mailoc fundou a igrexa mosteiral de
Britonia había un castro. Na actualidade o lugar está ocupado pola
igrexa parroquial.
Castro de Cerralleiro: A 500 metros de altitude. De forma elíptica cunhas medidas aproximadas de 150 por 105 metros, defendido por unha muralla aterraplanada, complementada con restos dun foxo. Apréciase un núcleo secundario acaroado ao principal.
Castro das Coroas (Crecente): Un único recinto de planta tendente a circular. Case destruído polos labores agrícolas.
Castro das Coroas ou das Croas (Reigosa): Practicamente arrasado pola concentración parcelaria. Segundo os veciños dispuña dun sistema defensivo formado por unha muralla aterraplanada, da que só quedan algúns restos, foxo e contrafoxo. Apareceron muíños de man, pedras de afiar e fragmentos cerámicos, e tamén unha estela funeraria de época romana.
Castro de Marful: Dise que nas súas proximidades vense uns cortes en forma de escanos, e que a chamada de Millar, ten gravadas tres cruces, presentando unha canle no centro, bastante profunda, que deriva cara o nacente, estreitándose nesa dirección.
Castro da Mudia: A pesares de tratarse dun importante asentamento, na actualidade apenas se observan restos, apreciándose unha pequena elevación duns 50 metros de diámetro. Realizáronse unhas intervencións de urxencia a raíz da construción dun parque eólico, atopándose un fragmento cerámico e unha pulseira de bronce.
Castro da Rea da Cruz: Completamente destruído polos traballos agrícolas.
Castro de Saa
(Baltar): Situado entre as parroquias de Baltar e Crecente, é un dos
máis monumentais da provincia de Lugo. Salienta polo seu complexo
sistema defensivo de murallas e foxos sucesivos. No castro hai unha cova
que foi descuberta de forma casual por uns cans; hai quen cre que puído
estar poboada con anterioridade. Foi adquirido polo Concello para
protexelo das actividades agropecuarias e forestais que puideran
estragalo. A finais do mes de decembro de 2012 ou principios do de
xaneiro de 2013 as súas murallas foron danadas por uns coches todorreo
que deixaron profundas pegadas das rodas. Na campaña de 2021, no derrube dun paramento interior, descubriuse un machado de talón de bronce con dúas anelas o que pode indicar un poboamento anterior.
O Castro (Pousada): Practicamente destruído pola concentración parcelaria. Segundo os veciños estaba defendido por un triple parapeito.
Os Castros (Baltar): Formado por un único recinto de forma elíptica, defendido por unha muralla perimetral con alturas que van dos 2 aos 3 metros que puído estar complementada por un foxo. Moi alterado pola concentración parcelaria de principios dos anos setenta do pasado século XX.
As Cortiñas do Castro: Destruído, na actualidade só se conserva o topónimo.
Outo do Castro (Pastoriza): Destruído cando a construción de casas na Pastoriza. Atopáronse muíños e anacos cerámicos.
Arracada de Bretoña: Atopada por uns veciños ao derrubar unha casa construída xunto o castro de Bretoña quen lla entregaron a Chamoso Lamas cando dirixía as escavacións no ano 1971. Exposta no Museo Provincial de Lugo.
Toda a información sobre os castros de Pedrafita do Cebreiro na entrada do blog do Colectivo Patrimonio dos Ancares: https://arqueoloxiadosancares.blogspot.com/2011/01/presentacion_23.html
A POBRA DO BROLLÓN
Abrence (Abrence); A Roda (O Castro-Barxa de Lor); A Lama (A Lama-Barxa de Lor); Monte do Castro (Canedo); Castroncelos (Castroncelos); Santa Mariña (Castrosante); Alende ou San Lourenzo (Cereixa); Predio do Castro (Eixón); A Miouteira (A Ferreirúa); A Modorra (O Castro-Fornelas); A Roda (Lamaigrexa); Xunqueira (Óutara); Pino (Pino); Santo Adrián (Santo Adrián-A Pobra do Brollón); Fondorallo (Saa); Domiz, Penas do Castelo, O Pereiro e Roda do Castro (Salcedo); Salcedo (Beirán-Salcedo); Leboreiro (A Veiga); O Castrelado (Salgueiros-Vilachá).
Castro do Castrelado: Na serra de San Salvador, a uns 750 metros de altitude. De forma ovalada, ten unhas dimensións aproximadas de 148 por 83 metros. Agás polo leste, no resto conserva parte da muralla defensiva e foxos. Conserva o que semellan os restos dun alxibe.
Castro de Castroncelos: A igrexa edificouse sobre o castro. Totalmente arrasado.
Castro de Castrosante: A uns 100 metros ao norte da igrexa parroquial. Totalmente arrasado polos labores agrícolas. Como Castro Sancti denomínase no testamento do bispo Odoario do ano 747.
Castro da Lama: Situado aos pés da corta mineira de época romana de A Lama. Presenta planta ovalada co eixo maior orientado de leste a oeste, con dous recintos, un polo oeste e outro polo norte. Ten unha escarpada ladeira como defensa natural, complementado cun terraplén artificial.

Castro da Miouteira: Localiceino no mes de xuño de 2024, case no límite coa parroquia de
San Pedro do Incio. A 762 metros de altitude, entre os regos de
Navallos e das Forcadas. De forma ovalada, ten unhas medidas de 90
por 50 metros.
Castro da Modorra: Entre A Lama e A Arcoia (Fornelas), a 360 metros de altitude. Asenta sobre un outeiro localizado nun meandro do río Cabe. Recinto elíptico de 100 x 80 metros con restos de muralla na croa. Un foxo circunda o recinto polo noroeste. Un camiño percorre a base do cavorco que defende a croa onde se aprecian pequenos cortes de factura reciente.

Castro das Penas do Castelo: No mes de agosto de 2021 comezaron as escavacións para determinar as orixes do asentamento. Os traballos foron dirixidos por Benito Vilas, de Árbore Arqueoloxía. As primeiras intervencións sacaron á luz unha muralla duns seis metros de ancho e catro de alto e un sistema de fosos escavados na rocha. As probas realizadas por medio do Carbono 14 a varias mostras de terra sitúan a construción nos séculos IX-VIII a.C., na transición entre a Idade do Bronce e a Idade do Ferro o que faría deste castro un dos máis antigos de Galicia, nun momento de importantes transformacións sociais. Estaría asociado ao control dos recursos mineiros da zona. Durante a Guerra Civil serviu de agocho do médico de Salcedo, Vicente Campelo.
Castro de Piño: Situado sobre un outeiro que domina o val do Teixugo. Presenta un recinto circular moi alterado polos labores agrícolas. Ten foxo e restos dunha muralla pétrea. No interior pódense ver restos de vivendas circulares, posiblemente de construción posterior. Sobre a croa érguese unha capela, hoxe en día en ruínas. Un camiño percorre a periferia nordés do cavorco que delimita a croa, aproveitando o trazado dun aterrazamento. Boas condicións defensivas e un salientable control visual da contorna.
Castro da Roda: Sobre un outeiro sobre o río Lor. Confórmase a partires dun recinto central de forma circular elevado sobre un cavorco natural reforzado ao SO e O por un profundo foxo. Consérvase un sector da muralla que pechaba a croa no seu lado leste, feito con lousas e grandes bloques de cuarcita. No lado oeste as roturacións rebaixaron as defensas, e próximo localízase o lugar de Castro. Vencellado moi probablemente á próxima mina romana do Medo, así como a un treito de calzada que neste punto se bifurcaría en dous ramais que irían á Pobra e Monforte. Estariamos, pois, diante dun castro mineiro galaico-romano.
Castro de San Lourenzo: Sobre un pequeno lombao do que parte unha elevación do terreo sobre o val do do río Sá. Confórmase a partires dun recinto elíptico rodeado en todo o seu perímetro por unha muralla de pedra en bo estado de conservación. O leste da muralla presenta a pecualiaridade de estaren construída con lousas de pizarras colocadas verticalmente. Aprécisae un parapeito de terra. Un destacado foxo defende o arco oeste-norte do xacemento, complementado por un parapeito que se estende a modo de antecastro ao leste. O acceso orixinal estaría polo SL. Apareceron fragmentos cerámicos e un muíño de man. Un antigo camiño comunicaba o castro cun escoiral preto do río, de aspecto moi semellante a unha mina romana. Unha mina de ferro cortou as estruturas no lado SO do xacemento. A periferia sur está ocupada por un prado. Sobre a croa alzouse unha capela da que hoxe en día só se conservan os cimentos. Puído estar relacionado coas explotacións mineiras de época romana. No ano 2022 saíron á luz 23 doas de colar feitas con pasta de vidro e óso. O director técnico das escavacións, Xurxo Ayán, di que no sur lucense non se levaban atopado, ata o momento, este tipo de adorno que estaría fabricado entre os séculos I-II d. C. “Para fabricar a pasta de vidro fai falta sílice, cal e algún fundente que pode ser potasio ou sodio”, explica Ayán, uns materiais, que como apunta, se podían atopar preto do poboado castrexo. Sábese, por exemplo, que os ríos do lugar arrastraban ouro. A isto súmase ao desenvolvemento tecnolóxico dos seus habitantes, pois posuían as técnicas necesarias para a elaboración desas doas.
Castro de Santo Adrián: A 450 metros de altitude. Agás o desnivel do terreo que presenta cara o sur, apenas se distingue o seu perímetro. Moi alterado.
Castro de Xunqueira: Limítrofe co concello de O Incio. Situado na parte máis alta dun pequeno esporón na ladeira do Chao da Gándara. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 130 x 80 metros. Consta dun recinto defendido por un foxo.

POL
Castromaior, Finca dos Castros e Chousa do Cura (Arcos de Frades); Brea e Os Catros (Caraño); Os Castros (Carazo); A Croa (Rois-Cirio); Ferreiros e A Santa (Ferreiros); Hermunde (Hermunde); Trasín (Luaces); A Troia (Pol); Cerralleiro (San Martiño de Ferreiros); Lúa (San Martiño de Lúa); A Poula (San Martiño de Ferreiros); Andión, Fonfría e Pozo dos Castros (Silva); Igrexa (Suegos); As Croas (Torneiros); Valonga (xunto a igrexa parroquial-Valonga).
Castro de Andión: Do tipo de casto agrícola.
Os Castros: Situado nunha chaira xunto a aldea de Os Castros, presenta un recinto tirando a circular e arrodeado por unha muralla de terra e pedras. Cuberto por árbores e matogueira, foi afectado por varias construcións, hoxe en día en desuso.
Castro da Croas de Torneiros: Situado nunha chaira, destaca a croa arrodeada por murallas.
Castro de Hermunde: Castro de pequenas dimensións situado nun pequeno outeiro, defendido por dous parapeitos e dous foxos.
Castro de Suegos: Apareceu unha arracada de ouro de época castrexa, custodiada no Museo Provincial de Lugo.
Castro de Trasín: Alterado, entre outros, por unha enorme nave de bloques de cemento.
Castro de Valonga: Practicamente destruído por unha vivenda e anexos, camiños e pola pista asfaltada que vai cara a aldea.

Castro do Bispo: Situado nun pequeno outeiro preto do río Torto, afluente do Eo. Baixo a matogueira vense restos de estruturas defensivas e/ou habitacionais. Atopáronse restos cerámicos. Segundo a tradición apareceron pequenas olas cerámicas con restos de ouro que romperon e esparexeron pola chan crendo que era po.
Castro do Coto do Frade: Conserva parte dos muros defensivos.
Castro da Pena das Vellas: Dime Esperanza Barnanoba que tamén é coñecido como O Castelo. Tiña forma alongada. Na actualidade apenas se aprecia, inzado polos toxos e os eucaliptos.
Castro do Portelo: A apertura de pistas e remocións de terra afectaron a este ben patrimonial. No mes de xullo de 2017 Adega e Mariña Patrimonio denunciaron unha tala de eucaliptos con maquinaria pesada.
Castro de Salmeán: Apenas quedan restos.
Castro do Teixo: Sufriu varias actuación furtivas ao longo dos anos. Obsérvanse algunhas estruturas. Dise que hai un pozo onde tiraban pedras e ao chegar ao fondo soaba cun grande estrondo. Hai anos atopouse un sártego que foi levado por un veciño para utilizar como bebedoiro do gando.
Castro Vello:
Á parte do topónimo non se observan restos de ningún asentamento
castrexo. Hai noticia de que nos arredores da aldea atopáronse restos
cerámicos.
Castro de Vilaboa: Segundo información achegada por Esperanza Barnanoba, xa non queda nada da finca chamada das Coroas. Nos anos corenta atopáronse muíños de man.
Castro de Vilameá ou da Picota: Forma un triangulo cos castros de Vilaoudriz e Os Goios. Na parte máis alta, coñecida como O Murio, apareceron restos dalgunha construción que, dise, actuaba como atalaia de observación do propio castro.
O Vilar: Segundo a lenda, aquí viviron os mouros.
PORTOMARÍN
Castromaior (Castromaior); Cunca do Castro (Nespereira); Portomarín (O Castro da Virxe-Portomarín); A Virxe (Sabadelle); Soengas (Soengas de Arriba-Soengas); O Castro e San Martiño (San Martiño-Vedro); Vilaxuste (Vilaxuste). Raxo.
Castromaior:
En excelente estado de conservación. Próximo ao Camiño Francés a
Santiago. Situado nun lugar dominante, ocupa unha extensión de catro
hectáreas. Arrodeado por murallas, foxos e antecastros, cálcúlase que
estivo habitado durante 600 anos. Proposto como Ben de Interese
Cultural.
Cunca do Castro: Castro de tipoloxía agrícola circundado por un parapeito.
Cunca do Castro (Nespereira): Citado nun documento do ano 572 como límite do condado de Pallares como castrum Nesperariae.
Castro de Vilaxuste:
Castro de tipoloxía agrícola alterado polos labores agrícolas do que se
conserva parte do parapeito; o interior está plantado de piñeiro.
QUIROGA
Dares ou de Ares (As Covas-Augasmestas); Augasmestas (Augas Mestas); A Capela, Penadominga (Bendollo); A Poula (Cereixido); Sesmil (A Enciñeira); Os Castros (A Ermida); San Cristovo ou Monte da Rodela (San Cristovo-Fisteus); Alto dos Mouros (O Hospital, entre Folgoso do Courel e Quiroga); Barreiro (Barreiro-O Hospital); Cortiña (Lamelas-O Hospital); Alto do Castelín, Souto (Hospital); Pena do Castro (San Xulián de Arriba-O Hospital); Pena da Boca ou Ermidón (por riba do túnel de Montefurado); A Pena dos Castro (Os Anguieiros-Montefurado); Centeais (Montefurado); Penasabel (O Cereixal-Nocedo); Penedo dos Mouros (O Outeiro); Pena dos Mouros (Pacios da Serra); As Chozas, Pena Coucada (Barxa-Pacios da Serra); O Castro ou Morillos do Castro (Leixazós-Pacios da Serra); Coroa de Penas Rubias (Penas Rubias-Pacios da Serra); Os Castros (Paradaseca); Mairón (Sobrado-Quintá de Lor); Esmorille, Santa Andrea (Quintá de Lor); Meirón (Carballo de Lor-Quintá de de Lor); As Medas e Meixeira (Quiroga); Castromán e A Roda (A Seara); O Pereiro (As Seara); Coroa do Castro (Ferreirúa-A Seara); Os Mouros e Val de Parada (Soldón-A Seara); Os Castriños de Novais (Os Novais-Sequeiros); Penedas do Castro (Sequeiros); A Fraga, Vilanuide (Vilanuide); Lamas ou A Roda (Lamas de Lor-Vilar de Lor); Alto do Capelo (Vilar de Lor); A Roda ou Xestoso (Vilar de Lor); Rugando (Vilarmel); Teso dos Mouros (Paradapiñol-Vilarmel); O Cstelo, Pena Cerveira (Vilaster); Ameixeiras. O Castrimouco.
Alto dos Mouros (entre os concellos de Folgoso do Courel e Quiroga): Localicei este posible castro sen catalogar mirando as imaxes do voo americano de 1956-57 o día 7 de febreiro de 2024. Situado a 1.093 metros de altitude, vese unha potente muralla exterior e outra máis que rodeaba a croa. Lamentablemente, foi totalmente destruído.
Castro do Alto do Castelín (O Hospital): A 654 metros de altitude, sobre un outeiro rochoso, cunhas medidas de 65 por 35 metros.
Castro de Augasmestas (Augasmestas):
Sobre o castro construíuse a igrexa parroquial e o cemiterio.
Romanizado, atópase moi estragado. Restos dun foxo e dun pequeno tramo
de muralla pétrea. Ao seu pé discorre o río Lor. Cóntase
que as pegadas do cabalo de Santiago déixanse ver nas penas de
Augasmestas, preto da igrexa, cando loitando contra os mouros
fixo forza e saltou sobre o río para o Castro de Abaixo (Ribas de Sil).
O Castro ou Morillos do Castro (Leixazós): Sen catalogar, localiceino o día 7 de febreiro de 2024 mirando as fotos do voo americano de 1956-57. Consérvanse os topónimos de Morillos do Castro e Chao do Castro.
Castromán e A Roda (A Seara): Localicei estes topónimos no Catastro no mes de xaneiro de 2024. Clara referencia a un castro. Entre os concellos de Folgoso do Courel e Quiroga. A 940 metros de altitude, entre
as parroquias de A Seara (Quiroga) e Hórreos (Folgoso do Courel).
Sobre o río Selmo. No voo americano dos anos 1956-57 apréciase
claramente unha estrutura tirando a ovalada situada nun outeiro
rochoso, cunha boa comunicación visual con outros castros da
contorna, e non moi lonxe de varias explotacións mineiras de época
romana.
Os Castros
(A Ermida): A igrexa parroquial, onde estaba o famoso Crismón, o
cemiterio e outras construcións asentan sobre un castro do que apenas se
conservan restos, agás un pequeno tramo dun parapeito. Elévase ao norte do río Quiroga, antes da súa unión co Sil.
Castro Dares ou de Ares: A 600 metros de altitude. De pequenas dimensións, rodeado po unha muralla pétrea.
Castro de Ermidón ou Pena da Boca (Montefurado): Castro romanizado situado xusto por riba da boca do túnel de Montefurado. Castro de Pena Coucada (Bustelo de Fisteus): A 502 metros de altitude, sobre o río de Pacios.
Castro de Penadominga (Bendollo): Castro mineiro situado nun emprazamento prominente nun escarpado peñón rodeado polo regueiro das Casas e preto do rego de Peizás. A primeira noticia do xacemento é pola entega de materiais por parte de don José Pérez, veciño de Bendollo, ao Museo de Lugo no ano 1950 que incluían moedas e obxectos de bronce. Localizouse un tesouriño do século IV e dúas pracas de cinturón de bronce de tipo visigodo (séculos VI-VII). Neste castro, preto da área mineira de Quiroga, atopouse entre as súas murallas un alquerque de nove gravado sobre a rocha o que amosa que foi reocupado posteriormente, quizais cumprindo algunha función militar. Tamén apareceron moedas, tégulas, anacos cerámicos decorados, brazais, etc. A estrutura máis visible é un pequeno foxo que circunda o xacemento polos lados sur, este e sur-oeste, e algúns restos de muros.
Castro de Penasabel (Nocedo): A 298 metros de altitude. De forma alongada, atópase sobre o río Sil.
Castro da Roda de Xestoso (Vilar de Lor): Alterado labores agrícolas.
Castro de San Cristovo (Fisteus): Sistema defensivo definido polas caídas do terreo. Na parte máis accesible, sucesión de tres foxos escavados na rocha.
Castro de Soldón (A Seara): Trátase de tres castros, un deles emprazado nun esporón rochoso que conserva en bo estado as súas estruturas defensiva.
Castro do Teso dos Mouros (Vilarmel): A 500 metros de altitude, sobre un outeiro rochoso entre dous cursos de auga, cunhas medidas de 85 por 50 metros.
Castro de Vilanuide (Vilanuide): A 368 metros de altitude, a uns 200 metros do río Sil. Ten unhas medidas aproximadas de 115 por 80 metros.

RÁBADE
Castro de Rábade: O único que pode relacionar Rábade coa existencia dun castro é a toponimia. Aquí está o Sitio do Castro, denominado tamén Agra do Castro, que aparece nos interrogatorios do Catastro de Ensenada de mediados do século XVIII. Nos Padróns da Callehita (1737 e 1766) tamén aparece o lugar de Castro como punto de encontro para formar concello entre os habitantes das freguesías. En Protocolos notariais do século XIX, ano 1843, e na obra de Amor Meilán segue a figurar o lugar de Castro. O nome tamén figura noutros documentos posteriores. Brais Rodríguez Romero máis eu puidemos comprobar no verán de 2015 que o topónimo continúa vixente entre os veciños, se ben non atopamos restos, quizais a que o sitio se atopa xusto xunto a capital municipal e foi totalmente alterado por terras de labor, casas, camiños e estradas.
A Coroa (Fondo de Vila-Arante); Os Castros (As Cerdeiriñas-Couxela); Pumarega (Salcedo-Covelas); Alto do Mondigo (O Mondigo-Covelas); San Vicente (San Vicente-Covelas); Meirengos e Vilandriz (A Devesa); Os Castros (A Rochela-A Devesa); Cárcovas (Ove); Os Castros ou Fornelos (Barreiro-Piñeira); Os Castros (Porto de Arriba-Santalla de Vilaosende); Os Castros ou A Torre (A Torre-Santalla de Vilausende); Grobas (O Morgullón-Vilaselán).
Alto do Mondigo: Outeiro rochoso situado a 566 metros de altitude. Hai quen sitúa aquí un castro pola aparición de anacos cerámicos indeterminados.
Asentamento de Esteiro (A Devesa): De tipoloxía non precisada. Apareceron restos cerámicos nos perfís que dan á praia de Esteiro. No extremo leste da praia localizouse un muro cortado contruído con lousas de xisto.
Castro de Cárcovas: A croa está defendida por dous parapeitos e dous foxos escavados na propia rocha.
Castro da Coroa: Presenta forma ovalada, protexido por un parapeito na parte máis alta e un foxo que case circunda o seu perímetro.
Castro das Grobas: Castro costeiro de planta semicircular dendido por un alto cantil e por muralla e tres foxos semicirulares paralelos entre si que parten do cantil, entre os que se sitúan parapeitos de grande altura. Tamén se aprecia un antecastro protexido por un foxo. O topónimo A Groba procede, probablemente, dos foxos, alusión a fendas artificiais no terreo. O recinto cos foxos ocupa unha extensión aproximada de 3,7 ha. A etapa ocupacional abrangue dende a época castrexa á galaico-romana, entre o século II-I a.C. ao I d.C. Recuperouse bastante cerámica común, pesas, cravos, chatolas, escouras e un anaco de coitelo.
Castro de Meirengos: Emprazado nunha punta costeira. No sistema defensivo combínanse os compoñentes naturais cos artificiais compostos por unha muralla que pecha o recinto, circundado por tres liñas de foxo paralelas. Alberto Paraje achega no seu fb que hai anos aínda se apreciaban as murallas e uns chanzos para acceder a elas. Di que se vían os muros dunha vivenda circular.
Castro de San Vicente: A igrexa edificouse nas inmediacións do asentamento. Moi humanizado.

Castro de Vilandriz: Desaparecido.
Os Castros ou Fornelos: Castro costeiro situado nunha punta que irrompe no mar, uníndose á zona costeira mediante un itsmo rochoso. Ao norte desta península atópase a denominada Illa do Castro. O asentamento está conformado por un recinto protexido polos cantís e dous parapeitos na cara SE intercalados por un foxo.
Os Castros (Couxela): Referencia toponímica. Arrasado polos labores agrícolas.
Os Castros (Porto de Arriba): No cumio dun esporón rodeado polo rego da Veiga. Divísase a ría de Ribadeo. Ten un único recinto de forma ovalada delimitado por un parapeito de terra e un foxo.
Os Castros ou Castro da Devesa (A Rochela): Nunha punta costeira. Conta con boas defensas naturais. Polo sur deféndese cun parapeito duns tres metros de altura e un foxo de anchura considerable. No centro construíuse unha vivenda moderna. Apareceu cerámica común romana, sigillata e moedas baixo-imperiais. Tamén se documentaron as estruturas dunhas tumbas de inhumación realizadas con laxas de xisto. Hai preto de cincuenta anos padeceu unha brutal agresión con maquinaria pesada.
Os Castros (A Torre): A 155 metros de altitude. Forma tirando a ovalada de 200 x 115 metros, defendido por foxos e parapeitos. A croa está protexida por un terraplén circundado por unha liña de foxo e parapeito.
Diademas de Ribadeo: Existe certa controversia canto ao lugar onde se atoparon as tres diademas que formaban parte dun lote ofrecido nos anos corenta do pasado século a museos e coleccións privadas. Segundo información tirada dun artigo de María José Boveda Fernández, As Diademas castrexas de "Galicia" (Centro de Estudos do Patrimonio da Universidade portuguesa de Guimaraes), trátabase de tres pezas case idénticas que, segundo os vendedores, procedían dunha comarca próxima a Ribadeo. As diademas foron mercadas polo Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid, o Louvre de París e o Museo da colección de Lázaro Galdiano, esta última atópase hoxe en día no Musee St Germain-en-Laye. (Achego unha foto sobre nitrato de celulosa do MAN dunha diadema que si figura como procedene de Ribadeo). Canto á que se custodia no Museo Arqueolóxico Nacional, dividida en tres fragmentos, hoxe en día máis ca unha diadema considérase un cinto; un dos fragmentos consta de dúas anelas de suxeición soldadas no borde; o borde superior da lámica adórnase con conos ocos superpostos a xeito de campaniñas; os motivos decorativos son variados: cenefas lonxitudinais, un xenete con caetra ou torques, unha figura de pé levando un caldeiro en cada man, peixes e aves acuáticas, un personaxe con penacho levando unha caetra na man esquerda e un puñal na dereita, etc. Considérase unha representación do tránsito á outra vida, onde se renace.
Torque de Ribadeo: Descoñécese a área de procedencia. Século IV-I a.C. Formado por unha varilla maciza de sección cadrada romboidal, cos remates con forma de media escocia; un deles ten no seu interior un elemento que actúa como sonaxeiro o que segundo algunhas hipóteses podería exhibirse axitándoo coa man, nun xesto semellante ao que mostra o deus con astas de cervo Cernunno, representado en Dinamarca. No Museo Arqueolóxico Nacional dende o ano 1934.

RIBAS DE SIL
Alto das Arandeiras (entre Nogueira e Ribas de Sil); Castro de Abaixo (Castro de Abaixo-Nogueira); Penas do Castro (Piñeira); Pousanova (Ribas de Sil); Santa Bárbara (Vilardonas-Ribas de Sil); Os Castros (San Clodio); Os Castros (Igrexa-Soutordei).
Alto das Arandeiras: A 838 metros de altitude. Estrututa tirando a circular, duns 50 por 45 metros. No voo americano de 1956-57 aprécianse claramente o muro que o circundaba. Castro ou círculo?

Castro de Abaixo: Sobre a aldea do Castro de Abaixo. Cóntase que as pegadas do cabalo de Santiago déixanse ver nas penas de Augasmestas, preto da igrexa de Covas (Quiroga), cando loitando contra os mouros fixo forza e saltou sobre o río para o Castro de Abaixo. Nas inmediacións hai explotacións mineiras de época romana.
Os Castros (San Clodio): De forma oval, arrodeado por un terraplén de terra e pedras e defendido pola forte pendente. No lado sur completábase cun parapeito de terra. Na parte superior vense restos de estruturas. Cortado por unha pista que vai a Vilardonas.
Castro de Santa Bárbara: Practicamente arrasado.
Castro de Soutordei (Igrexa-Soutordei): Moi alterado pola construción da igrexa, o cemiterio e outras casas, hoxe en día en ruínas. A estrada local cortou dúas terrazas polo lado leste, e tamén un camiño de acceso á igreexa e ao cemiterio. Conta cun antecastro que, como o recinto principal, estaba ben defendido pola forte pendente do terreo en todo o seu perímetro.
Castro de Torbeo: Amor Meilán, na Geografía do Reino de Galicia. Provincia de Lugo, atribúelle ao P. Sarmiento a suposición de que Torbeo era un dos pobos Turodoros citados por Ptolomeo.

RIBEIRA DE PIQUÍN
Pena Nuria (Navallos); Pico do Castro (Montefurado-Navallos); Os Muros (O Pousadoiro-San Xurxo de Piquín); Sandarín ou Penas da Trapela (Sandrarín-San Xurxo de Piquín); Santalla (Barangón-Santalla); Cabaceira (Cabaceira-Santalla); O Castro (O Castro-Santalla); Teixeira e Os Vaos (Os Vaos).
O Castro (Santalla): De 145 por 127 metros. As casas da aldea do Castro ocupan a cara este.

Castro dos Muros: A 325 metros de altitude, entre os regos Grande e Paradas. Forma elíptica de 145 por 85 metros na parte máis ancha.
Castro de Sandarín: A 537 metros de altitude. Ten unhas medidas aproximadas de 125 metros de diámetro. Situado entre os regos de Barcia e Lorín.
Pico do Castro: A 397 metros de altitude. Obsérvanse restos dos foxos e parapeitos. Acháronse varios machados de pedra, unha punta de lanza e unha fíbula de ferro. Foi plantado de eucaliptos. Nas inmediacións atópase a coñecida como Fonte do Castro.
Castro de Santalla: Apareceron anacos de cerámica cstrexa e galaico-romana.
Castro dos Vaos: A 300 metros de altitude, situado nun pronunciado meandro sobre o río
Rodil, tributario do Eo, só accesible polo NO. Sobre el ergueuse a
igrexa, o cemiterio e outras construcións. Amplo dominio da maior parte
das aldeas colgadas sobre a ribeira do Rodil. Ten unhas medidas totais de 340 por 260 metros, cunha pequena croa, onde se levantou a igrexa, de 55 por 35 metros. Pico do Castro: A 397 metros de altitude. Obsérvanse restos dos foxos e parapeitos. Acháronse varios machados de pedra, unha punta de lanza e unha fíbula de ferro. Foi plantado de eucaliptos. Nas inmediacións atópase a coñecida como Fonte do Castro.
RIOTORTO
O Castrillón (A Igrexa-Aldurfe); Agro do Foxo (A Ermida); O Castro (Espasande de Baixo); Os Castros (A Veiga de Galegos-Galegos); Meilán (Meilán); O Castro e O Vilar de Santiago (A Muxueira); As Penas do Castelo (O Porto das Rozas-Órrea); O Castro (Riotorto); A Croa (As Rodrigas-Riotorto); Croa de San Pedro. Castro da Croa: O primeiro en achegar información é Villaamil y Castro no último terzo do século XIX. No ano 1869 recuperáronse un torque e un brazal. El atopou unhas enmangaduras de ferro, restos cerámicos, muíños de man e outras pezas. No 1876 escribe que atopou uns muros pequenos que pertencerían a vivendas de planta curva.
Torques e brazal de Riotorto: No ano 1869, un labrego atopou dous torques de ouro que ao parecer foron fundidos. Un ano despois, Villaamil y Castro deu a coñecer o achado dun brazalete de ouro datado entre os séculos II-I a.C. Custódiase no Museo Provincial de Lugo.
Castro de Aián: Practicamente destruído.
Castro da Devesa de Rivas: Sobre o rego de Montán. De 160 por 100 metros. Protexido polos desniveis do terreo.
Castro de Estraxiz: De forma tirando a oval. Ten unhas medidas de 115 por 78 metros. Conserva gran parte do parapeito.
Castro de Formigueiros: Ocupado entre os séculos III a.C. e I d.C. Situado nunha pequena elevación, no estremo occidental da serra do Édramo., a 795 metros de altitude. A primeira mención do castro data do ano 1031, nunha doazón, como castro de Formigarios; en doazón e preitos do século XI aparece como Castrum de Formicarios. A primeira intervención é do ano 1993, a cargo de J. R. Dorribo Cao quen realizou tres catas na croa, atopándose distintas estancias e unha limpeza da muralla. Tamén se atoparon algúns materiais que mostraban unha ocupación tardía do castro. Entre os anos 2006 e 2010 houbo outras intervencións a cargo de Meijide Cameselle na parte suroeste da croa que deixou á vista unha ducia de estruturas circulares, rectangulares e rectangulares con esquinas arredondadas. Defendido por un complexo e rexo sistema defensivo formado por unha muralla protexida por foxos e parapeitos. Acháronse varias lousas insculpidas, pertencentes ao pavimentado dunha praciña arrodeada por bancos de pedra, con representacións de peixes, cabalos e un labirinto. Nun dos soportes aparecen uns caracteres que segundo Gonzalo Meijide lembran os alfabetos ibéricos. Estaremos diante da primeira escritura prerromana aparecida en Galiza?
Castro de Loureiro: A 702 metros de altitude, preto da igrexa parroquial. Planta circular duns 120 metros de diámetro. Defendido por unha muralla de pedra que nalgúns tramos acada o tres metros de altura; o grosor é de máis dun metro; gran parte das pedras foron reutilizadas noutras construcións. A entrada estaría polo noroeste. O interior adícase a pasto. Amplo dominio da contorna e boa comunicación visual con outros castros. Segundo me contou un veciño, alcumado O Sevillano (nunca estivo en Sevilla, o alcume xa o levaba o seu avó, puxéronllo porque era natural de Sebil, o Sebilano, pero co tempo foi deturpándose ata convertelo no Sevillano), de 88 anos, ao arar a terra xunto un muro exterior do cemiterio apareceron tumbas de laxas. No mesmo sitio había un enorme teixo ("dos celtas") que foi queimado pola base e logo cortado; estaba oco por dentro e os nenos acostumaban a introducirse no interior.

Castro de Lourido: Forma circular, cuns 85 metros de diámetro. Antecastro polo N-E.
Castro de Lóuzara: Situado a case 1.000 metros de altitude, data do século III a.C. Nunhas escavacións realizadas no ano 1994 atopáronse restos habitacionais construídos con laxas de pizarra, cerámica, muíños planos, pesas, unha fusaiola e unha lámina de bronce.
Castro de Margarida: Líndeiro co concello de O Incio. Situado no alto dun cumio cuberto de vexetación de monte baixa. Mo alterado.
Castro da Moura: De forma ovalada, consta dun único recinto de pequenas proporcións. Con motivo da instalación dun repetidor de televisión, foi escavado de urxencia destapándose unha estrutura circular que podería corresponderse co fondo dunha cabana onde destaca gran cantidade de buratos de postes dispostos en círculo. No ano 1994 Hervés localizou unha estrutura pétrea de laxes de xisto e partes do fondo dunha cabana. Fálase dunha ocupación de entre o século III a.C. e época romana, se ben estes datos hai que tomalos con cautela. Apareceron restos cerámicos con marcas de torno, muíños planos, unha fusaiola decorada con tres círculos concéntricos e pesas de xisto para a fixación do tellado. Tamén saíu á luz unha lámina de bronce.
Castro da Reboleira: Situado a carón dun vello camiño que unía as aldeas de Lastres e Carballido, a 709 metros de altitude. Forma circular, cunhas medidas aproximadas de 60 metros de diámetro.

Castro da Roda do Castro: Entre as parroquias de Loureiro e Renche. Coñecido tamén como de Lastres ou do Foral. A 706 metros de altitude. Ten unhas medidas de 60 por 55 metros. Conserva o parapeito en todo o seu perímetro.
Castro de San Antonio: No monte da Travesa, entre Lastres e Renche, a 643 metros de altitude. Forma tirando a elipsoidal, cunhas medidas aproximadas de 175 por 75 metros. Hai máis de cincoenta anos, os veciños de Lastres, Renche e Vigo do Real reuíanse eiquí para celebrar a festa, e sobre todo o magosto. A croa foi utilizada para labores agrícolas, mesmo aínda se conserva un pequeno alpendre para gardar os apeiros. Cando se deixou de cultivar foi cubrindo de maleza o que fixo que se case se perdera a súa memoria. Nos lumes que afectaron ao concello no mes de outubro de 2017 deixárono de novo ao descuberto.

SARRIA
A Devesa (A Devesa-Barbadelo); Barbadelo (As Paredes-Barbadelo); A Coroa (A Rañoá-Barbadelo); Chao do Castro (Rente-Barbadelo); San Martiño (Barbadelo); A Casilla e Betote (Betote); Casanova, A Croa ou Agro do Castro (Casanova-Belante); Castromeixe (Castromeixe-Biville); Ermida do San Marco (Biville); San Miguel (San Miguel-Biville); Aguiada, Alariz e Calvor (Calvor); San Mamede (O Camiño); Castelo (Castelo dos Infantes); A Roda (Cesar); Casanova (Casanova-Corvelle); Corvelle (Corvelle); Chanca (A Chanca); Chorente (Chorente); Lagarteira (Vilariño-Farbán); Outeiro (Goián); Mondín (Lier); Santa Icía (Santa Icía-Loureiro); Loureiro (Loureiro); Tosal (Tosal-Lousadela); Louseiro (Louseiro); Santo Estevo (Maside); Rosende (Rosende-Ortoá); Eirexe ou A Vela (A Pinza); San Breixo (San Breixo-Piñeira); Santa Icía (Santa Icía); Tosal e Vilar de Fieito (Lousadela); Barreiros (Ortoá); Rosende (A Pena); Requeixo (Requeixo); Rubín ou Pozo do Mouro (Rubín); Santa Eufemia (San Antolín); Callás (Callás-San Fiz de Reimóndez); Tremeado (Tremeado-San Fiz de Vilapedre); Carballo (Carballo-San Miguel de Vilapedre); San Miguel (San Miguel de Vilapedre); Guitián (San Pedro de Froián); A Roda (Teilonxe-San Pedro de Froián); Santo André (Santo André de Paradela); Seteventos (Seteventos); San Pedro (San Fiz de Reimóndez); Callás (Callás-San Fiz de Reimóndez); Tremeado (Tremeado-San Fiz de Vilapedre); Agraceira (Santo André de Paradela); Seteventos ou Fonteaguín (Seteventos); Fonteabuín ou Pedrafita (A Veiga); A Airexe ou Goián (Veiga); Vilamaior (Vilamaior); Vilar (Vilar de Sarria); Padriñán (Padriñán-Vilar); Vilar de Freito (Freito-Vilar); San Cosmede (San Cosmede-Vilar); Vilanova (Vilanova-Vilar); Castelo do Carballal (O Carballal-Vilar de Sarria); Os Petos (Vilar de Sarria); Vilar de Arriba (Vilar de Arriba-Vilar).
Torques de Vilar do Monte:
Dous torques de ouro atopados no ano 2004 preto do castro de San Pedro,
no lugar de Vilar do Monte, cando se procedía ao acondicionamento dunha
aira. Ambos están enteiros, son ríxidos e de sección cuadrangular; os
remates tamén son lisos, un en "tripla escocia" e o outro en tipo
piriforme. Todo apunta a que se atopaban fóra do seu emprazamento
orixinal. No Museo do Castro de Viladonga.
Castro da Airexe ou Goián: Ten unhas medidas aproximadas de 185 por 120 metros.
Castro de Betote: Alterado por edificacións e terras de cultivo. De forma ovalada, presenta restos dun terraplén no recinto central. Apareceron restos cerámicos. Ao seu carón está a igrexa de Betote, con elementos románicos. Nunha visita realizada o día 13 de abril de 2013, atopeime con que estaban a construír un muro pertencente a unha vivenda e que unha das columnas chantaba sobre o mesmo castro. O atentado púxeno en coñecemento do Concello e de Patrimonio.
Castro de Calvor: Sobre o Castro Astorica in villa Calvaria edificouse a igrexa de Santo Estevo cuxa primitiva edificación formaría parte dun cenobio fundado no século VIII, posto baixo a advocación dos santos Estevo e Paulo. O cemiterio tamén ocupa parte do xacemento. O resto do recinto, do que aínda se aprecia parte dun parapeito, está ocupado por terras de cultivo e as instalacións dunha empresa de grava.

Castro de Castromeixe: A 775 metros de altitude. De forma ovalada, de 155 por 105, sobre o rego de Chelo. Aínda que a aldea e Castromeixe se levantou sobre o castro, aínda se percibe o recinto cos terrapléns e un pequno antecastro.
Castro da Ermida do San Marco: Un documento do ano 1009 fala da doazón da ermida "cun suo castro",
se ben, que saibamos, non apareceron restos, e a configuración do
terreo, moi modificado, non axuda.
Castelo dos Infantes: Formado por varios recintos aterrazados e separados por terrapléns. Na parte norte da croa obsérvase un muro de xisto que puído formar parte dunha torre medieval. Gravemente alterado polo núcleo de poboación.
Castro de Mandín: Obsérvanse restos de muros na croa.

Castro de Pedrafita ou Fonteabuín: Ten unhas medidas aproximadas de 140 por 100 metros. Polo norte obsérvase un antecastro.
Castro de Rosende: Arrasado polos traballos de concentración parcelaria. Atopáronse restos cerámicos.
Castro de San Cosme: Sobre el edificouse unha capela posta baixo a advocación de San Cosme.
Castro de Santa Icía: Lindeiro co concello de Sarria. Ocupa unha chaira na cima dun monte con encostas pouco pronunciadas. Adicado a labradío e plantación de árbores. Posúe un recinto de forma ovalada, protexido polo oeste por un parapeito, e un terraplén en todo o seu perímetro.
Castro de Santo Estevo: Castro de forma ovalada cun antecastro polo leste situado nunha zona con abundantes afloramentos rochosos. Ten unhas dimensións aproximadas de 145 x 80 metros. Obsérvanse posíbeis restos dun parapeito. Nas inmediacións hai varias estruturas escavadas na rocha a modo de pías. Adicouse a cultivo. Segundo a tradición, o castro foi reutilizado polos templarios.
Castro de Seteventos: Baixo o castro edificouse a igrexa románica, o cemiterio e outras construcións. De forma ovalada, ten dunhas dimensións de 190 no eixo máis longo e de 160 metros no menor. O recinto central está delimitado por unha liña defensiva a xeito de parapeito. Hai un segundo recinto delimitado por un terraplén que dá a un camiño e a un foxo no SO, rematado por un terraplén exterior. Conserva parte da croa. Dise que a pía bautismal da igrexa foi traída do castro e que estaba alí colocada para amedoñar aos mouros.

Castro de Teilonxe: Practicamente destruído polos labores agrícolas. Só se aprecian parte das defensas polo sur-oeste. Tiña uns 90 metros de diámetro.
Castro de Tremeado: Moi alterado polos labores agrícolas.
Castro de Vilapedre: Situado xunto a igrexa. Practicamente circular cun antecastro e unha croa arrodeada por un recinto amurallado. No lado sur obsérvase unha estrutura defensiva anexa á muralla. Atopouse un ídolo de feitura antropomorfa que algúns autores atribúen ao deus Hermes e restos cerámicos de época romana.
Castro de Vilar de Freito: Ten unhas medidas aproximadas de 155 por 125 metros. Moi alterado.

Igrexa de Santiago da Veiga: Nun muro da igrexa parroquial hai dúas pedras reutilizadas. Na primeira vese un petroglifo formado por catro círculos concéntricos e coviña central, cunhas medidas máximas de 25 cm de diámetro. A segunda presenta un motivo decorativo formado por un complexo entrelazado en altorrelevo cun círculo na parte inferior e dous máis na superior; na parte dereita vese un sogueado. A pedra ten unhas medidas de 52 por 32 centímetros, cunhas características que podemos identificar coa plástica castrexa e que formaría parte dunha construción de relevancia. Como conxectura quizais proceda dalgún dos tres castros que hai na zona. Soubemos destas interesantes pezas grazas a Antela López Dominguez, de Fonteabuín. O día 20 de abril de 2023 enviamos a información a Patrimonio para que proceda á súa catalogación.
O SAVIÑAO
O Castro (Abuíme); Santalla (Bardaos); Monte do Castro (A Broza); Os Castros e Marzán (Chave); Bexán e Portela (Diomondi); Arxeriz (Arxeriz-Fión); Fión (O Castro-Fión); Aira da Vila (Aira da Vila-Fión); A Torre (Freán); San Vicente (Eirexafeita); Val (Fondo de Vila-A Laxe); A Veiga (Laxe); Illón ou Ribada e Santalla (Licín); Marrube (Eirexe-Marrube); Felón e Vilaseco (Marrube); Mourelos (O Castro-Mourelos); O Castro (Ousende); Portela (Portela-Piñeiro); Vilachá (Piñeiro); A Bugalla e Torre (Rebordaos); Quián (Reiriz); Teibel (Reiriz); Corveixe ou Madredauga (Rosende); Regueiral (Santo Estevo de Ribas de Miño); A Rodela (A Cerca-San Vitoiro de Ribas de Miño); Os Castros (Segán); Orxaínza (Sobreda); Amedo e Vilacaiz (Vilacaiz); O Castro (Vilaesteva); Peagos e Ribada ou Illón (Escairón-Vilasante); Leira Rapada e Vilatán (Vilatán); Piago ou Besta e Vilelos (Vilelos); A Cibdá e Xuvencos (Xuvencos).

Castro de Abuíme:
Sobre un outeiro situado nun planalto. Recinto oval defendido por unha
muralla terreira de catro a seis metros de altura. No extremo noroeste
do recinto apréciase unha elevación do terreo coroada polos posibles
restos dun parapeito. Cara o leste vese un acceso ao castro configurado
por unha rampa de terra. Non se aprecian restos doutras estruturas. O
interior está moi roturado e toda a periferia do xacemento está adicada a
prado o que afectou ás estruturas hoxe en día existentes. Apareceron
muíños de man, moedas romanas, cerámica e un martelo mineiro de pedra. Hai dúas pedras con coviñas.
Castro da Aira da Vila: A 620 metros de altitude: Forma ovalada, de 80 por 110 metros. Rodeado por un terraplén. Foi seccionado pola vella estrada Escairón-Ferreira.
Castro de Arxeriz:
No ano 2013 encomezaron os traballos de rehabilitación do castro,
campaña promovida pola Fundación Xosé Soto de Fión (propietaria do
museo). Os traballos consisten na consolidación dalgúns elementos
construtivos que foron descubertos durante a primeira campaña
arqueolóxica. Polo de agora
non se atoparon restos de época romana o que fai supoñer aos
investigadores que o lugar fora abandonado antes da chegada dos romanos. Na campaña do 2014 descubriuse na croa un posible silo para almacenamento de cereal, e na do 2015 dous máis de aspecto semellante e que teñen en común o que parecen uns piares de pedra que deberon servir para soster unhas estruturas de madeira; estase á espera de practicar as análises palinolóxicas para determinar se nos lugares aparecen restos de pole. Tamén se atopou o que podería ser un patio no que se practicaría a moenda do cereal. Entre outras pezas, tamén saíron á luz un anel, fíbulas de bronce, muíños de man, etc.Castro da Cibdá: Sobre un outeiro. Apareceu cerámica castrexa e común romana e tégulas.
Castro de Corveixe ou Madredauga: A 657 metros de altitude. Ao parecer, daquí proceden dúas aras romanas, unha, ao menos, está reutilizada nunha casa. A algunhas casas foron parar muíños de man e outros obxectos. O vocábulo "madre" pouco ten que ver do que unha muller é para os seus fillos, ou a femia dun animal para as súas crías. Deriva de mater aquae, referido ao nacemento dun manancial, canle dun río ou presa de auga. Mais coido que aquí non resulta descabelado que nos adentremos no terreo da mitoloxía e relacionemos o topónimo coas tres Matres Gallaiciae célticas. A nai galega é unha deusa trinitaria, baixo cuxa protección se colocaban os nosos antepasados, designándoas co nome do terreo que ocupaba cada tribo, trinidade divinal que dende a antigüidade está presente no panteón galego. En Coruña del Conde, provincia de Burgos, territorio da antiga Gallaecia, atopouse unha epígrafe de hai dous mil anos que Murguía leu do seguinte xeito: "T. Fraternus-Matribus-Gallaicis-v.s.l.m", cuxa tradución pode ser: "Tito Fraterno pagou de boa vontade o seu voto ás madres galegas". Estas deidades era avogosas da fertilidade e da prosperidade, atinxindo as virtudes sandadoras doutras divindades acuáticas e que estaban vencelladas aos mananciais mineiro-medicinais. O topónimo Madre tamén o temos no castro de Boa Madre (entre Allariz e Maceda) e Madre de Auga en Cervantes.
Castro de Fión: Sobre un outeiro, presenta un recinto elíptico cunha superficie aterrada a xeito de antecastro. O extremo noroeste cortouse e desmontouse para construír unha casa.
Castro da Leira Rapada: A 600 metros de altitude. Asentamento de forma circular, cun diámetro duns 85 metros. Está arrodado por unha muralla moi achandada, circundada á súa vez por un terraplén, nalgúns tramos de orixe natural, con caídas verticais que chegan ao quince metros de altura. Na parte máis vulnerable, ao do leste, construíuse un parapeito duns seis metros de altura. Na parte norte, o terreo foi ampliado con aterrazamentos. No interior da acrópole atopáronse restos cerámicos e pedras que posiblemente foron utilizadas como contrapesos de teares. Ao pé do outeiro, nun terreo inclinado, atópase o coñecido como "Dolme" de Leira Rapada, con gravuras de círculos concéntricos na pedra cobertoira. Segundo a lenda debaixo do castro viven os mouros, un día ao ano prenden lume, levantando unha enorme fumareda.
Castro de Mourelos:
De forma circular, posuía un parapeito arruinado pola construción de
casas. Atopáronse tégulas, muíños romanos e unha estatua castrexa de
factura romana.
Castro da Portela: De forma ovalada, de 105 por 60 metros. Conta tamén cun antecastro.
Castro de Orxaínza:
Arrodeado por un gran terraplén. Apareceron muíños de man e pezas
cerámicas. Segundo a lenda os mouros tocan música dende o castro.
Castro Ribada ou Illón:
Apareceron muíños barquiformes, cerámica castrexa e romana, xerras,
dúas asas e fusaiolas. Tamén se atoparon fragmentos de palla-barro,
escoiras de ferro, fogares e unha estela radial.
Castro de Vilacaiz: Na croa, cuberta de maleza, apareceu abundante terra sigillata e vidros romanos, tamén se atoparon restos cerámicos e espadas que están no Museo Provincial de Lugo. (Información de Fernando da Laje).
Antropomorfo de Mourelos: Atopado nunha casa preto do castro de Mourelos, foi dada a coñecer no ano 1992 por Jaime Delgado. Trátase dunha figura de xisto de lousa, de feitura tosca onde o autor tentou destacar a cabeza sobre o resto da representación, cuns ollos circulares e onde a boca e o nariz apenas se insinúan. Dos ombros parten dous pequenos brazos, observándose tamén unhas pequenas pernas. Sobre os ombreiros destaca un torque groso e liso.
SOBER
A Castrela (O Pacio-Amandi); O Agro do Castro ou San Marcos (Arxemil-Anllo); Campo do Castro e Castinande (Anllo); Xabrega (preto do embarcadoiro de Chancís-Monte Xabrega-Anllo); Arroxo (Arroxo); Os Castros (Vilanova-Barantes); A Cividade e Cotarro do Castro (Bolmente); Burato das Mouras (Vales-Bolmente); A Mota (Brosmos); As Borreas, A Coroa, Escalleiro, Lugar do Castro, Pena do Castelo (Doade); O Petouto dos Mouros (A Lampaza-Doade); Roda do Castro (Gundivós); Os Castros (Seoane-Gundivós); Vilanova (Vilanova-Gundivós); O Castro (Liñarán); Morería (Lobios); A Roda (Neiras); Castro das Medorras ou Cadeiras (Cadeiras-Pinol); O Castriño e Fonte do Castro (Sampaio-Pinol); O Castriño (Sampil-Pinol); Francos e Proendos (Proendos); O Cuturulo (O Cotorulo-Rosende); Outeiro (Rosende); Sober (Sober); Vilaescura (Vilaescura).
A Castrela (Amandi): No Monte da Castrela, a 587 metros de altitude. Outeiro con afloramentos de xisto con pendentes naturais moi pronunciadas, cunhas dimensións de 120 por 100 metros. As penas reciben o nome de Penas de Miro. Aínda que figura no PXOM de Sober, non nos consta que estea catalogado por Patrimonio. No sitio hai un peto de Ánimas que si está catalogado.
O Castriño (Sampil): AS 509 metros de altitude. Nun esporón sobre o río Sil, con foxo polo norte. Di a lenda que do castro partía unha cadea de ouro que ía ata unha pena que hai no río.
Os Castros (Gundivós):
Situado na parte alta dun promontorio no fondo dun encaixado val
fluvial, entre os regueiros Mouretán e Sante. Confórmase a partires dun recinto defendido por un cavorco duns
catro metros de altura, situado no extremo SL dunha elevación do terreo
aos pés da cal se estende unha pequena terraza de poucos metros de
ancho. Neste mesmo sector abundan acumulacións e pedras ou derrubes de
orixe incerta. O lado sur do xacemento está defendido pola parede do
pendedío que se asenta a croa. É de salientar a morfoloxía do extremo NO
da elevación que na distancia semella un enorme antecastro inclinado
cara o SL. No interior hai unha cova de factura moderna duns oito metros
de profundidade, quizais realizada para unha furtiva busca de tesouros.
Cóntase que, por veces, pode verse unha muller moi fermosa peiteando os
seus longos cabelos louros.
Castro das Borreas (Doade): A 547 metros de altitude. Esporón de xisto limitado en parte por un foxo e restos de muralla.
Castro de Castinande (Anllo): Situado sobre un cume granítico arrodeado por terrazas a distintas alturas, adaptándose ao terreo e aproveitando un escaso espazo. Restos de foxo.
Castro da Cividade (Bolmente): A 724 metros de altitude. Nun esporón granítico sobre o río sil, separado do monte por un foxo; polo resto aproveita o desnivel do terreo.
Castro do Escalleiro (Doade): A 562 metros de altitude, no Monte da Cabeza da Porca. Ocupa a totalidade dun outeiro. Ten dous recintos defendidos por terrapléns No Monte da Cabeza da Porca. Moi alterado polos labores agrícolas e forestais e camiños.
Castro das Medorras
(Pinol): Aínda se poden ver restos de muros e pedras espalladas polo
xacemento, moitas reaproveitadas como recheo na estrada a Doade. Na croa
hai unha rocha con petroglifos que presenta unha ducia de cazoletas.
Castro da Mota (Brosmos): A 456 metros de altitude. De considerables dimensións, 386 por 276 metros. Esta conformado por unha croa aplanada protexida por un parapeito. Restos dun foxo.
Castro de Outeiro (Rosende): Practicamente destruído.
Castro da Pena do Castelo (Doade): Sobre o río Sil. Consérvanse restos dun foxo. Romanizado. No ano 2004 levantouse no castro unha capela dedicada ao San Amaro, que substituíu a outra máis antiga da que se descoñece onde estaba ubicada con exactitude. Lenda de mouros que ían beber á fonte do San Xermunde.
Castro do Petouto dos Mouros (Doade): A unha altitude de 540 metros, sobre un outeiro de xisto que domina o río Sil. Impresionantes defensas naturais, definidas por fortísimas pendentes, con dous foxos separados por contrafoxos. Ten unhas medidas aproximadas de 125 por 65 metros.
Castro da Roda do Castro (Gundivós): Ovalado, de 130 por 105 metros. Restos de muralla e terrapléns.
Castro de San Marcos ou Agro do Castro (Anllo): A 500 metros de altitude. Ocupa a cima dun monte onde, a pesar das alteracións, apréciase a sucesión de dúas terrazas con terrapléns. De forma ovalada, ten unhas dimensións de 280 por 185 metros. No cume atópase a capela de San Marcos onde se celebra a romaría do San Vitoiro.
Castro de Sober: Sobre un outeiro granítico situado a 405 metros de altitude. Presenta fForma tirando a ovalada, de 170 por 135 metros. Recinto principal de 100 por 75 metros. Plantacións forestais e extracción de pedra.
Castro de Vilaescura:
Sobre unha pendente que marca o inicio do canón do río Cabe. Presenta
un recinto ovoidal defendido por un parapeito e un cavorco que cae sobre
o río Cabe. Tamén ten un parapeito de terra e pedras. Na croa apréciase
un foxo de violación realizado furtivamente. As estruturas pétreas
foron reaproveitadas polos veciños.
Castro de Xabrega (Anllo): A 339 metros de altitude. Situado nun alongado outeiro granítico a ourelas do río Sil, defendido por pronunciados desniveis naturais e foxos. Aprécianse os vestixios dun antecastro.
O Cuturulo-Cima da Lama: Localiceino co LIDAR no mes de xuño de 2024. Atópase en O Cotorulo, parroquia ded Rosende. Outeiro situado a uns 390 metros
de altitude. Obsérvase unha estrutura de planta circular cunhas
medidas aproximadas de 50 metros de diámetro. Coordenadas: x: 613259
– y: 4701005.
Cabeza da Pereira (Barantes): Empotrada no muro dunha casa. Tipoloxía castrexa.
Trísceles de Arxemil (Anllo): Forman parte dos muros de peche dunha propiedade privada. O propieratio contoume que veñen do castro do Agro do Castro ou San Marcos. Tamén hai unha pedra cun burato para meter o gonzo dunha porta, proveniente tamén do castro. Nunha casa próxima hai outra pedra reutilizada que semella un morteiro.
Tríscele de Pacios (Proendos): Forma parte do muro do patio dunha casa. Procede do xacemento de Proendos.
Tríscele en Proendos: Reaproveitado nos muros dunha casa.
Sexasquele de Santa Baia (Doade): Apareceu ao desfacerse a escaleira dunha casa. Procedente do castro do Escalleiro.
TABOADA
Cal de Mourelle (Ansar); A Moa de Novoa (Bembibre); Lugar do Castro e Sitio do Castro (Bouzoa); San Roque (Carballo); Castelo (Airexe-Castelo); Carboeiro e Coto de Lucenza (Barreiro-Cerdeda); Predio das Arcas (Fradé); San Lourenzo (San Lourenzo-Gondulfe); Sonán (Sonán-Insua); Cumbraos (Campos-Mato); Ato da Torre (Monte da Mama-Meixonfrío); Moreda (Moreda); A Aldea (A Aldea-Piñeira); O Castro (Piñeiro); A Croa de Castrillós (San Xián de Insua); Friamonde e Pena dos Mouros (Friamonde-San Xián da Insua); Monte do Castro (San Xián de Insua); A Laxa (Santo André-Sobrecedo); Fontefría (Fontefría-A Torre); Tomade (Tomade-A Torre); Devesa de Fonteboa (Fonteboa-Vilameñe); Coto Rubio (Vilar de Cabalos); Vilela (Vilela); A Croa (Xián).
Castro de Carboeiro: Un recinto de 130 por 80 metros.
Castro de Castelo: Recinto principal de forma circular, arrodeado por outro recinto que recibe o nome de Castro de Abaixo. Cada noite do 7 de setembro, véspera das festas patronais, celébrase neste recinto a "queima das fachas", unha antiga tradición que consiste na colocación no perímetro do castro duns fachos que lle prenden lume á entrada da noite. Estes fachos son unhas grandes teas feitas de madeira e agucios; utilízase como base un tronco delgado e recto e sobre el vanse enlazando os agucios, uns arbustos moi combustibles. Castro da Croa de Castrillós: Un recinto de 93 por 72 metros.
Castro da Laxa: Un recinto de 97 por 85 metros.
Castro da Moa de Novoa: Un recinto de 87 por 78 metros.
Castro do Monte do Castro: Nunha península sobre o encoro de Belesar.
Castro de Moreda: Situado a 568 metros de altitude. De forma ovalada, cunhas medidas aproximadas de 120 por 80 metros. Protexido por fortes pendentes naturais. As súas pedras foron reutilizadas noutras construcións. Apareceron muíños circulares de man e morteiros. Hai un penedo marcado cunha ferradura que, disque, é a pegada da burriña da Virxe.
Castro de San Roque: Sobre o castro construíuse unha capela, un viacrucis, un depósito de auga, unha casa, a estrada que vai a Bembibre, etc.

Castro de Sonán: Practicamente destruído.
Guerreiro de Ralle (Vilela): Cabeza de granito descuberta nunha casa de labranza no ano 1992 con cubrecaluga e torque no pescozo. Ten unha altura de 0,82 centímetros. O primeiro en estudar a peza foi o arqueólogo Laureano Fernández Carballo quen afirmou que a escultura está destinada a converterse nunha icona clásica da estatuaria celta. A estatua estivo durante anos nun estado de conservación moi deficiente, mesmo chegou a seren utilizada como soporte para macetas e como "pouso" para montar a cabalo. Ante o interese espertado pola peza e por medo a que a roubaran, no ano 2001 os propietarios mesmo aseguraron que fora esnaquizada.

A Croa ou Croa do Barreiro (Sante); Trabada (Trabada); Vidal (Vidal).
Castro da Croa: A principios do ano 2014 depositáronse varias toneladas de escombros no castro, feito que foi denunciado pola asociación MariñaPatrimonio. Os eucaliptos plantados no xacemento poden causar danos irreversibles.
TRIACASTELA

Cancelo (Cancelo); Biduedo (Lamas de Biduedo); Santa María (O Monte); Santalla (Santalla de Alfoz); Cileiro (Toldaos); San Adrián (Fonpernal-Toldaos); Triacastela (Triacastela); Lagares (Vilavella).
Castro Cileiro: Situado nun esporón sobre o regueiro de Ríos. De forma case circular, presenta un recinto de pequeas dimensións delimitado por dous foxos. Romanizado. Moi alterado.
Castro de Lagares: A 810 metros de altitude. Sobre un outeiro entre os ríos Teixedo e Santalla e cun bo domininio visual sobre a contorna. De planta tirando a circular, está delimitado en todo o seu perímetro por un parapeito. Polo norte e oeste presenta uns foxos seguidos dun pequeno parapeito que reforza o asentamento. Moi alterado polos labores agrícolas.
Castro de Ramil: Ramil é unha aldea da parroquia de Triacastela. No ano 1002, no Tombo de Samos, cítase un castro Ramir.
Castro de San Adrián: Situado sobre un outeiro, presenta forma ovalada cun terraplén que delimita todo o recinto. No castro apareceu unha cama de ferro (disco de ferro que vai colocado en cada extremo da boca do cabalo) de época romana (s. IV-V).
Castro de Santa María: Situado sobre un pequeno outeiro na marxe dereita do regueiro de Ríos e de onde se domina unha ampla panorámica. De forma ovalada, trátase dun asentamento de boas dimensións delimitado por un terrplén que arrodea todo o recinto. Tamén presenta unhas formas aterrazadas adicadas na actualidade a prados. Moi alterado. No castro apareceu unha cama de freno ou pasarrendas de bronce (peza circular que vai colocada lateralmente, unha en cada extremo, da boca do cabalo unidas por un eixo) de época romana, datada no século IV e que se custodia no Museo Provincial de Lugo.
Castro de Triacastela: A 770 metros de altitude, entre o río Santalla e o regueiro Ribeira. Trátase dun asentamento de pequenas dimensións que domina boa parte do curso de ambos os dous ríos e practicamente toda a contorna. Consta dun recinto principal de forma case circular cun parapeito que o delimita ao seu redor, sendo máis acusada a pendente polo sur, mentres que polo NL reforzan a súa función dous foxos seguidos doutros dous parapeitos. Moi alterado.

O VALADOURO
Castrillón (Budián); Coto da Croa (Pereiros-Budián); Monte dos Castros (A Laxe); A Croa (Moucide); Recaré (Recaré); San Tomé (Santo Tomé de Recaré); Pazos (Pazos-Santa Cruz do Valadouro); Santa Cruz (lugar da Igrexa-Santa Cruz do Valadouro).
Chao de Currás (Budián): No ano 1871, Villamil y Castro atopou unha vasilla de bronce.
Castros de Recaré, San Tomé e Santa Cruz:
As igrexas parroquias érguense sobre as croas. Atopáronse restos de
muíños de man. No de Recaré, Villamil y Castro cita un forno.
A Pena (Cabanas); Castro Bo (Castro Bo-Mosende); O Castro (entre Riobarba e Mañón); A Insua (San Miguel de Negradas); Castelo (O Pazo-San Román do Val); Pontellás ou Moutillós (San Román do Val); Medas do Castro e Punta do Socastro (Suegos); O Castro (Fabás-Suegos); Santo Estevo (O Vicedo); Abeladal ou A Tarroeira ou O Redondo (O Vicedo); Punta do Castro (Piñeiro-O Vicedo); Castropando ou Garita do Cacho (Vilasuso-O Vicedo); O Castelo (Xilloi-O Vicedo).
Castro Bo: Destruído polas casas da aldea, terras de cultivo, etc.
Castro da Insua: Nun illote, nun esteiro do río Sor. A 21 metros de altitude. Forma alongada.
Castro das Medas do Castro: A 85 metros de altitude, na mesma península que a Punta do Socastro. Ten unha pequena croa ovalada de 40 por 20 metros.
Castro de Santo Estevo: Moi alterado pola construción da igrexa, o adro, a casa reitoral, accesos, etc.
Castro Punta do Socastro: Costeiro. Conserva parte do foxo que o arrodeaba pola parte máis vulnerable.
Castro da Tarroeira: Moi alterado por usos forestais, só se aprecian restos das defensas polo sur, con muralla e foxo.
Punta do Castro: Costeiro. Entre as praias do Vicedo Vello e Caolín.
Moutillós, castro ou asentamento vikingo?:
O xacemento atópase na enseada coñecida como O Porto, custodiada polos
Castelos, dous conxuntos de grandes rochas, xunto a praia de San Román.
Aínda que ata o de agora estaba considerado coma un castro, a asociación
MariñaPatrimonio cre que se trata dun asentamento temporal
construído polos vikingos, pobo que fixo varias incursións depredatorias
ao longo da costa galega durante a Alta Idade Media. Segundo a
asociación, o asentamento ten unha estrutura idéntica aos motte & bailey,
fortificacións que constaban dun montiño de terra sobre o que se erixía
unha especie de castelo de madeira protexido por muralla e foxo na súa
parte máis baixa. Estas construcións levantábanse de forma rápida, co
obxecto de asegurar unha zona e poder avanzar cara a conquista doutra. O
topónimo, segundo a asociación, pode ser significativo xa que en Galiza
denomínanse motas a este tipo de pequenas elevacións existindo,
ademais, bastante similitude co devandito motte & bailey,
topónimo, polo demais, abundantísimo na microtoponimia galega (tamén
nalgunhas mámoas e castros) e mesmo nos nomes de varios núcleos de
poboación esparexidos polo país (Mota, Mouteira, Moutillón, Mouta,
Moutada, Moutras, Moutarelle, Moutarón), e non só costeiros, tamén no interior. Cómpre clarexar que o lugar
está moi alterado polas obras que hai anos se realizaron para a
construción dun campo de fútbol que endexamais chegou a finalizarse, e
por un acceso á praia. Eu continúo a pensar que se trata dun castro costeiro que, polas obras anteditas, foi moi alterado. Non moi lonxe, na coñecida como Pena de Xan Vidal, á que se pode acceder en marea baixa, apareceron hai anos restos cerámicos prerromanos e moedas modernas. De verificarse a súa pertenza a unha construción
normanda, sería o primeiro caso rexistrado en España. A
principios do mes de decembro de 2011, a Dirección Xeral do Patrimonio
Cultural da Xunta de Galicia deu a coñecer un informe no que indica que
os técnicos non atoparon indicios que demostren que en Moutillós
existise un asentamento normando. No verán de 2014, MariñaPatrimonio realizou unhas sondaxes cuxos resultados sairán á luz unha vez estudados os materiais atopados. Segundo información aparecida na prensa no mes de febreiro de 2016, referidos ás escavacións realizadas no verán de 2015, apareceron restos de madeira queimada e cerámicos de cor marrón claro por un lado e escura polo outro, con anacos de desengrasante e de cuarzo, que despois de realizadas as probas de C14 dataríanse dende o século III a.C. ao I d.C. Os veciños din que na praia apareceron muíños barquiformes.
VILALBA
Os Castros (Árbol); Outeiro e Os Penedos (Belesar); Os Castros, Vilar de Pedrosa e Vixil (Boizán); San Roque e Trascastro (Carballido); Codesido e Trascastro (Codesido); Goiriz (xunto á igrexa-Goiriz); San Cosme (Goiriz); Gondaísque (Gondaísque); Ladra (Ladra); Lanzós ou do Adro (Lanzós); Legua Dereita (Nete); O Castro (Oleiros); Samarugo (Samarugo); Sancovade (Sancovade); Barrio do Castro e Vilamaior (San Simón da Costa); Santaballa e Trastoi (Santaballa); Vilapedre (Vilapedre); San Colás (A Ermida-A Torre); San Paio ou Xoibán (Xoibán).
Os Castros e Vilar de Pedrosa:
Na escavacións de urxencia que se fixeron cando as obras da autostrada
saíron á luz fragmentos cerámicos, pezas metálicas de bronce, adornos,
ferramentas, moldes e estruturas construtivas.
Castro de Codesido: De forma tirando a circular, conserva parte do parapeito. No interior construíuse a igrexa e o cemiterio. Alterado tamén por unha pista asfaltada que destruíu parte do recinto. Lenda: Había un túnel polo que baixaban os mouros ata o rego da Pipa para dar de beber aos cabalos.
Castro de Gondaísque:
Tamén coñecido como Cunca do Castro. Conserva unha muralla dobre.
Dentro da croa hai un manancial de auga. Segundo a lenda, aquí atópase a
aldea asulagada de Eimil.
Castro dos Penedos: Segundo a lenda, os mouros soterraron no castro un tesouro.
Castro de Ladra: Dise que hai un túnel que comunica este castro co de Boizán.
Castro de Lanzós: Situado nunha chaira, consérvase un muro defensivo e unha fonte no medio.
Castro de San Roque: No Pico de Arriba hai unha capela posta baixo o padroado do San Roque.
Castro de Santaballa: Desaparecido. Atopáronse restos cerámicos castrexos e tégula romana.
Castro de Trastoi: Situado no medio de terras de labor, conserva parte do seu sistema defensivo formado por unha muralla terreira circular.
Trascastro:
Segundo a lenda estivo habitado polos mouros. Apareceu un machado de
tope truncado e lados rectos dado a coñecer por Santiago de la Iglesia
quen o doou á Universidade de Santiago.
Castro de Vilamaior:
De planta ovalada, conserva o muro defensivo así como a entrada
orixinal. Atopáronse restos cerámicos de varias cores, machado e mesmo
útiles paleolíticos e neolíticos. No ano 2004, a propietaria das terras
onde se atopa o castro denunciou publicamente o desleixo da Xunta de
Galicia ante os repetidos intentos realizados dende finais dos noventa
para que se protexera o xacemento. Castro de Vilapedre: De planta circular, está situado nunha pendente. Ten un terraplén e unha muralla de terra e pedras.
Castro de San Paio ou de Xoibán: A 474 metros de altitude. Forma ovalada, fefendido en todo o seu perímetro por un parapeito de terra e pedras e foxos.
VIVEIRO
Condomiñas (Boimente); Monte Castelo (Celeiro); Loureiro (O Castro de Abaixo-Chavín); Lourido (Calvoso-Chavín); Rego do Castro (Galdo); Sobrevila (Galdo); Casa dos Mouros (Souto-Galdo); Campo da Forca (Landrove); O Coto (Magazos); Loureiro e O Pousadoiro (San Pedro de Viveiro); Casós (Fontecova-Viveiro).
Castro dos Casós: De forma semi-elíptica presenta un complexo sistema defensivo. Unha muralla pétrea arrodéao en todo o seu perímetro, reforzada por un foxo e un parapeito pechados por dúas murallas que forman unha estreita entrada. Apréciase un antecastro.
Castro do Campo da Forca: Unha muralla, en relativo bo estado de conservación, defendía o recinto principal. Os socalcos que circundan o castro actuaban como defensas naturais. As pedras das construcións habitacionais foron reutilizadas para a construción de vivendas. Unha tala e posterior repoboación con eucaliptos afectou ao xacemento.
Castro de Condomiñas: Ten forma ovoidal. Distínguese un antecastro moi alterado. A muralla que arrodea o recinto principal presenta un desigual estado de conservación, protexida por un desnivel natural e un foxo defensivo. Atopáronse restos de cerámica, contas de colar e muíños circulares de man.
Castro do Coto: Apenas se conservan restos, moi humanizado pola construción de casas e dos labores agrícolas.
Castro de Loureiro: Forma ovoidal, conserva parte da muralla que defendía o recinto. Unha forte pendente cara o río Xudreiro actuaba como defensa natural. Alterado por unha casa e un hórreo en ruínas, antigas roturacións agrícolas e unha plantación de eucaliptos. As talas de eucaliptos están a afectar ao xacemento.
Castro de Lourido: Moi alterado, o castro utilizouse como canteira.
Monte Castelo: Monte situado a 181 metros de altitude sobre o nivel do mar dende o que se domina a ría de Viveiro. Trátase dun promontorio rochoso onde se aprecian algún tipo de estruturas. Apareceron restos de muíños de man. No ano 2012, Adega e MariñaPatrimonio denunciaron a agresión ao castro onde se fixeron movementos de terra con escavacións para abrir novas pistas. A obra foi autorizada pola Xunta de Galicia que ten a obriga de protexer o patrimonio arqueolóxico.
Castro do Pousadoiro: Case circular, protexido por unha muralla pétrea ao longo do seu perímetro, con foxo e pronunciada pendente que actuaba como defensa natural. Dise que unha ermida, posta baixo a advocación de San Antón, ergueuse coas pedras das vivendas castrexas. Afectado polas plantacións e talas de eucaliptos.
Torque de Viveiro:
Datado entre os séculos II-I a.C. No
Museo Provincial de Lugo, foi mercado aos
herdeiros de Álvaro Gil pola Deputación Provincial. Da
mesma colección é outro fragmento dun torque castrexo atopado en
Mondoñedo ou Viveiro.
XERMADE
As Testas (As Testas-Burgás); Xemaré (Xemaré-Burgás); Airas dos Mouros ou Vilacide (Vilacide-Cabreiros); O Castro (Cabreiros); A Igrexa (Cazás); Chousa do Castro (Miraz); O Castrorramil e Regueira (Momán); Monte Castrillón (Roupar); O Castrillán (A Torre-Roupar); A Graña (A Graña-Roupar); Sucastro (Sucastro-Roupar); Xermade (Xermade).

Castro das Aira dos Mouros ou Vilacide: Nun afloramento rochoso, apenas se ven restos.
Castro de Cabreiros: A 485 metros de altitude. De 152 por 105 metros, con muralla en case todo o seu perímetro.
Castro do Castrillán: A 670 metros de altitude. Forma elíptica. Arrodeado por un parapeito. Atravesado por dúas pistas forestais.
Castro do Castrillán: A 670 metros de altitude. Forma elíptica. Arrodeado por un parapeito. Atravesado por dúas pistas forestais.
Castro de Castrorramil: Ovalado, de 78 por 60 metros, con restos de muralla en todo o perímetro, e foxo polo oeste.
Castro da Chousa do Castro: Sen catalogar, localizámolo o día 25 de xullo de 2014 no sitio coñecido como A Chousa do Castro, a 525 metros de altitude. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 87 por 70 metros; aínda que se atopa alterado polos sucesivos usos agrícolas ao longo dos anos, obsérvanse restos da muralla que o circundaba en todo o seu perímetro, agás polo norte que foi case destruída; polo sur aínda conserva parte dun foxo defensivo. Despois ca comunicación a Patrimonio da Xunta de Galicia, foi catalogado co código GA27021174.

Castro da Graña: Practicamente destruído. Preto da villae da Graña.
Castro da Igrexa (Cazás): Moi alterado por varias construcións e a estrada local que atravesou o castro. Segundo a lenda hai unha galiña que pón ovos de ouro.
Castro da Igrexa (Cazás): Moi alterado por varias construcións e a estrada local que atravesou o castro. Segundo a lenda hai unha galiña que pón ovos de ouro.
Castro do Sucastro: A 476 metros de altitude. 146 por 95 metros. Aprécianse restos de parapeito en todo o seu perímetro.
Monte Castrillón: Situado nun lugar dominante a 700 metros de altitude sobre o nivel do mar. Apenas se conservan restos das estruturas defensivas e habitacionais. A croa apréciase nidiamente. Cóntase que as xentes do lugar vían saír do castro unha galiña con pitos de ouro na Noite do San Xoán.

Alto de Lago e Vilar (Lago); Penido do Cabazo (As Penas Agudas-O Monte); Coto da Vela (Aldea de Arriba-Morás); A Croa, O Castelo (Portocelo); Punta de Mechiluide e Santo Tirso (Portocelo); O Canaledo, Penido do Castro, Randea, Rigueira e O Torrillón (A Rigueira); As Fontes e O Castro (Sumoas); Os Castros da Cabana (O Cabo-Sumoas); Chan da Armada e Os Parceiros (Os Parceiros-Xove); O Couto (O Pumariño-Xove); A Croa (Arxemil-Xuances); Ceranzos, Illade ou Cabo de Vila, Pereira Boa, Prada e Vilar (Xuances).
Castro do Castelo (Portocelo): No mes de outubro de 2015, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural incluíu no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos o castro do Castelo despois da solicitude feita pola asociación MariñaPatrimonio no mes de agosto. Actualmente plantado de eucaliptos, é un recinto fortificado arrodeado por un parapeito.
Castro do Canaledo: Situado sobre un outeiro e bordeado polo curso do regato de Rigueira.
Castro de Ceranzos:
Segundo a lenda estivo habitado polos mouros. Situado na fachada
litoral, presenta unha planta de forma ovalada que aproveita en parte a
morfoloxía da Punta Campanario.
Castro do Coto da Vela:
Sobre un elevado promontorio dende onde se domina unha ampla
panorámica. Formado por un recinto superior e tres aterrazamentos
sucesivos. A croa presenta unha planta ovalada reforzada cunha muralla
de terra e pedra onde instalaron un vértice xeodésico. O conxunto
atópase defendido por un terraplén en todo o seu perímetro agás polo NO
onde a pendente se prolonga ata o mar. Adega e MariñaPatrimonio
denunciaron a primeiros de xuño de 2011 dúas novas agresións ao noso
patrimonio. Neste castro e no de Pereiraboa fixéronse amoreamentos de
terra con excavadoras para abrir novos camiños para acceder a unha
plantación de eucaliptos, estragando os parapeitos.
Castro da Croa (Antemil): No
mes de outubro de 2015, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural
incluíu no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos o castro do Castelo
despois da solicitude feita pola asociación MariñaPatrimonio no mes de agosto. Trátase dun castro costeiro no que se observa un sistema defensivo composto por dous parapeitos e un foxo. O sistema defensivo vese reforzado pola estratéxica situación e pola altura do cantil no que se atopa.
Castro da Croa (Portocelo): Duns 80 metros de diámetro.
Monte Medela: Neste
monte do concello de Xove hai quen quere ver a ubicación do Medulio, o
mítico monte citado por Floro, historiador latino de finais do século I
d.C., e logo por Paulo Orosio no século V: "In Minium flumine inminentem",
imprecisa alusión ao derradeiro baluarte dos galaicos fronte ás lexións
romanas quen, logo dun longo asedio e antes de caeren escravizados,
preferiron morrer por medio do veleno do teixo e das propias armas.
Castro de Punta de Mechiluide ou San Tirso:
Emprazado nun saínte costeiro que se une a terra polo oeste, sendo nesta parte onde se concentran os elementos defensivos artificiais. A
construción neste espazo da antiga igrexa e cenobio de Santo Tirso, de
finais do século VIII, supuxo unha profunda modificación do mesmo. No mes de outubro de 2020 comezaron as escavacións, dirixidas por David Fernández Abella, localizándose ata o momento dúas vivendas, unha conta de colar de pasta vítrea e un muíño circular, ademais de abundante cerámica. Relacionadas co primitivo mosteiro serían unhas tumbas feitas con laxas.
Castro de Prada: Moi alterado, non se observan estruturas defensivas artificiais.
Castro de Sumoas: En maio de 2011, Adega e MariñaPatrimonio
denunciaron ante o Seprona e o Servizo de Protección do Patrimonio da
Xunta de Galicia o verquido de toneladas de terra transportada en
camións e que foron despositadas sobre o castro de Sumoas. Por mor da
denuncia, o Concello de Xove encargou unha prospección arqueolóxica na
finca que mercou para destinala a zona recreativa. As catas remataron,
segundo o alcalde, sen atopar restos da existencia do castro que, ao
parecer, podería ubicarse cara o norte da igrexa.
Castro do Torrillón: Segundo a lenda, no castro vivía unha serpe que mataba a todo aquel que ousaba roldar polo lugar.
PROVINCIA DE LUGO (ORIXE INCERTA OU DESCOÑECIDA)
Torques
de ouro: Só se sabe que procede da provincia. No Museo
Arqueolóxico Nacional.
Aros
de ouro: Só se sabe que proceden da provincia. Formaban parte
dun lote de cinco torques e unha parella de anelas adquiridos no
mercado de antigüidades no ano 1992. No Museo Arqueolóxico
Nacional.
Fragmentos de torques: No Museo Provincial de Lugo gárdanse seis fragmentos de torques de ouro de procedencia descoñecida.
Carneiro alado de Ribadeo:
Depositado no Museo de Lugo no ano 1976, proveniente da colección
particular de Álvaro Gil Varela, volveu ás mans dos seus herdeiros en
outubro do ano 2013 por un contencioso coa
Deputación Provincial. Trátase dunha figuriña formada por láminas de
ouro decoradas con granulados e filigranas. As primeiras informacións
sobre o achado aseguraban que fora atopado durante as obras de dragado da
ría de Ribadeo. Mais, a finais dos anos setenta, Felipe Arias Vilas
puido comprobar que nesas datas non tiveran lugar tales obras. Logo de
analizar a figuriña, Arias chegou á conclusión de que, polas técnicas
utilizadas, debía de tratarse dunha peza de tradición do Mediterráneo
desenvolvida na área tartésica ata os séculos VI e V a.C. Con
posterioridade téñense formulado moitas outras teorías que a datan tanto
en períodos anteriores coma posteriores, adscribíndoa a distintos
ámbitos xeográficos. No mes de xuño de 2013, a Deputación de Lugo chegou
a un acordo coa familia de Gil Varela para lle mercar, entre outras,
esta peza.
Castros de Galiza/Galicia (Provincia de Lugo)
o noso patrimonio
Xabier Moure