MÁMOAS DE GALICIA (PROVINCIA DE PONTEVEDRA)

A pesares dos avances das últimas décadas, sobre o fenómeno Megalítico (longo período onde perviviron diversas culturas) aínda contamos cunha imaxe incompleta xa que case a totalidade dos túmulos conservados foron violados ou alterados dende antigo, como é a súa reutilización dende época romana como posto de vixiancia (Medorra de Fanegas, Vilasantar) ou, no 1609, pola real cédula outorgada a Vázquez de Orxas para escavar as mámoas na procura de supostos tesouros. Logo a desfeita continuou, e continúa.

Cómpre salientar que da etapa megalítica o que mellor se coñece é o referente ao mundo funerario e espiritual, mais pouco sobre o seu hábitat (que non estaría lonxe dos túmulos) o que impide coñecer os seus costumes. Semella que os megaliteiros concedían máis importancia á morte, ao Máis Alá, que á vida. Do que non cabe dúbida é que a construción destes enterramentos vai a significar a primeira humanización da paixaxe de Galicia, asistindo a unhas transformacións non vistas ata entón co desenvolvemento da agricultura e a gandería, a sedentarización, o aumento da poboación e a especialización, adaptando o Medio ao Home (no Paleolítico era o home o que se adaptaba ao seu entorno).

A profusión destes enterramentos ao longo do territorio fixo que reciban distintos nomes. Nós temos documentados preto de douscentos. 

Na recompilación, ademais dos enterramentos, inclúense os posibles asentamentos neolíticos e materiais adscritos a este período. Aínda que polo de agora non se documentaron poboados, si hai constancia de asentamentos carentes de estruturas construtivas, situados ao aire libre, en abrigos ou covas.
 
Durante o Mesolítico, a chegada dun clima quente permite o asentamento da poboación preto do mar para aproveitar os seus recursos. As ferramentas volven ser pesadas, semellantes ás do Paleolítico Inicial.

Aclaración:
Tamén inclúo as cistas adscritas cronoloxicamente á Idade do Bronce.



MÁMOAS E ANTAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

AGOLADA
Túmulo de Agolada (Terreo do Campo-Agolada); Perreiro (Agra); Monte Luxilde (Buxel-Artoño); Baíña (A Baíña); Monte Carballeira (Berredo); Os Cotos, A Devesiña, Fonte Seca, Monte das Mámoas e San Miguel (Borraxeiros); Chousas do Acedo (Vilanova-Borraxeiros); Campo da Mámoa (Brántega); Estibadón (Amance-Eidián); Esperante (Esperante); Bidueiros, Campo do Xastre, Cima de Vila, Cista de Coitemil, O Foxo, Os Muíños e Tras as Casetas (Ferreiroa); Monte Turubelo (Gurgueiro); Castro de Marcelín, Merlín, Monte da Pena Branca, Trazo dos Cotos (Merlín); Cima de Vila (Órrea); Monte do Castro (Santa Comba); O Marco, Monte Castro do Val, Monte de Lamas, Monte Laxido (As Trabancas); Leira do Castrillón (Agro do Castrillón-As Trabancas); Mallouco e Tras do Agro (Trascastro-As Trabancas); A Portela (A Aldea do Monte-Ventosa); Chaira do Medio, Coto Cornellal, Faro, As Namelas e Ventosa (Axiaz-Ventosa).
Mámoa de Berredo: De 22 metros de diámetro.
Mámoa da Chaira do Medio: Un dos esteos presenta unha gravura.
Mámoa do  Foxo: Conserva a cámara megalítica, sen tampa, nunha mámoa bastante arrasada.
Mámoa dos Muíños: O recoñecemento público débese a Manuel Busto, da Asociación Amigos dos Pendellos, quen o puxo en coñecemento do arqueólogo Xosé Lois Vilar. Trátase dunha anta de corredor formada por sete ortostatos na cámara e dous no corredor, todos con pintura megalítica. O túmulo atópase en malas condicións de conservación. Declarado BIC. 
Mámoas das Chousas do Acedo: A primeira mámoa agocha seis esteos da cámara; perdeu a tampa. A segunda foi cortada por un camiño. 
Mámoas da Devesiña: Unha brigada forestal que andaba a a rozar no monte de San Miguel, na parexe da Devesiña, atopou un campo de mámoas no mes de outubro de 2016. Despois de seren avisados por Paco López Cuíña, Daniel González Alén, Pablo Sanmartín, Manuel Regueiro, Javi Cui e Luis Utrera achegáronse ata a necrópole formada por tres mámoas situadas nunha ringleira duns 100 metros, salientando ubicada máis ao sur, duns 26 metros de diámetro que conserva á vista dous esteos e unha lousa deitada. A segunda das mámoas ten un diámetro duns 18 metros e posúe cráter de violación. A terceira mide 37 metros de diámetro. 
Mámoas do Trazo dos Cotos: No mes de decembro de 2013, o xeógrafo de Lalín Antonio Presas denunciou diante da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a agresión a varios túmulos da necrópole ocasionada polos traballos agrícolas de roturación. Os traballos agrícolas con maquinaria están a afectar gravemente a varias das mámoas, contribuíndo, por veces, á súa total destrución. Así, ao norte do castro Marcelín, en Tras dos Cotos, no ano 2018 foron rebaixadas catro mámoas.
Necrópole de Coto Cornellal: Formada por 12 mámoas, nun lugar ateigado de petroglifos. 
Necrópole de Namelas: Situada a 570 metros de altitude, está formada por cinco mámoas, tres delas con cámaras simples. Na coñecida como Lamelas II presenta dous ortostatos con gravuras de ondulados. A Lamelas III é de forma poligonal, conserva cinco esteos e está sen tampa; nunha das chantas presenta unha gravura antropomorfa bautizada como Guerreiro de Namelas por apreciarse o que suxeita unha lanzaNecrópole de San Miguel: Composta por 19 mámoas; apareceu material lítico e cerámico. 
Aixola: No Museo Qiñones de León de Vigo exponse unha aixola de fibrolita que puido proceder dun túmulo.
 

  

 
 

 



ARBO
Chan do Rei (Cabeiras); San Martiño (San Martiño-Sela); O Castelo e Pedra Pousadeira.
Mámoa da Pedra Pousadeira: Do cono de violación saen varios esteos que formaban a estragada cámara megalítica.  
Mámoa de San Martiño: Mámoa situada preto da desaparecida capela de San Martiño de Piñeiro.
  
BAIONA
Picoto da Bouza (San Cosme-Baíña); Outeiro da Arquiña (Baredo); Chan da Bouza (Belesar); Viso de Calvos (Santa Cristina da Ramallosa).
Mámoa da Chan da Bouza: Vense algúns ortostatos e a tampa está desprazada. Piñeiros plantados sobre a mámoa. 
Mámoa do Picoto da Bouza: Mámoa moi arrasada. Presenta cono de violación.
 
 

BARRO
As Antas (Agudelo); O Rodel (Os Casás-Agudelo); San Breixo, Vila de Amigo (Barro); Bouza da Arca de Arriba (Bretoña-Curro); Picouzo do Curro (Outeda-Curro); Coto da Tomada (Triabá-Perdecanai); Bouza da Arca de Arriba e A Modia (Portela). 
Mámoas do Coto da Tomada: Necrópole con tres medorras que perderon case toda a súa masa tumular.  
Mámoas do Picouzo do Curro: A 195 metros de altitude, no monte de Outeda. Dous túmulos practicamente destruídos por plantacións forestais. 
Mámoa Vila de Amigo: Entre as parroquias de Valiñas (Barro) e Romai (Portas), no monte Bouza do Rei, a 100 metros de altitude. De 11 por 8 metros, perdeu case toda a masa tumular. 

BUEU 
Tomada de Martínez (Bueu); Agudelo (Chan das Bólas-Cela); Marco Corvado (Broullón-Cela); Rapadoiro (Monte Costa Grande-Cela); Chan de Cela e Chan de Paralaia (Cela); Forno das Arcas ou Furna das Arcas (Monte San Lourenzo-Cela); O Rapadoiro (Alto da Telleira-Cela); Paralaia (Ermelo); Illa de Ons (A Illa de Ons). 
Furna das Arcas ou Forno das Arcas: Entre os concellos de Bueu e Marín. Conserva catro esteos da cámara pétrea.
Mámoa de Agudelo: De 18 metros de diámetro. Restos de coiraza. Cono de violación. Alterada polo paso de maquinaria pesada.  
Mámoas de Chan de Cela: Situada xunto o campo de fútbol, dúas foron destruídas. No lado esquerdo do campo consérvase unha moi alterada con restos de cámara.  
Mámoa do Chan de Paralaia: De 13 metros de diámetro. Cono de violación. Afectada polos labores agrícolas. 
Mámoa do Marco Corvado: Alterada polos labores agrícolas. Ao seu carón hai un marco de cuarzo.  
Mámoa do Rapadoiro: Duns 10 metros de diámetro e un de altura. Posible ortostato. Nas inmediacións atopouse material cerámico.   
Mámoas da Tomada de Martínez: No Parque empresarial de Bueu. Tres mámoas moi alteradas.

 

CALDAS DE REIS
Monte Agüeiros e Pedra da Grade (Arcos da Condesa, límite con Saián, en Moraña); Agro do Conde (Bemil); Monte do Castro (Paradela-Bemil); Monte de Santa María (Eirín-Caldas de Reis);  Fofán e A Penalta (César);  Chan do Marco (A Igrexa-César); Pinar do Pazo (Santa Catalina-Godos); Monte Fento ou Pousadoiro (Saiar); Monte Carreiro (A Igrexa-San Clemente); A Armada (San Clemente de César); Outeiro (Outeiro-San Clemente de César); Monte Reirís e Santo André (Santo André de César); Segade (Segade de Arriba-Santo André de César). 
Mámoas do Monte do Castro: Necrópole con tres túmulos.   
Mámoas do Monte Fento: Cinco mámoas bastante alteradas.   
Mámoa do Outeiro: Mide 21 x 20 metros e unha altura de un metro. Cono de violación.
Mámoa do Monte Reirís: De 22 x 23 metros e unha altua de 1,40 metros. Cráter de violación. Hai outra mámoa moi achandada.  
Mámoas do Monte de Santa María: Xunto a necrópole érguese unha pedra sacralizada coñecida como A Pedra do Santo. 
Mámoas da Penalta: De 25 metros de diámetro e 1,5 de altura. Cono de violación. Mámoa de 10 metros de diámetros e 0,5 de altura, moi desfigurada pola actividade forestal. 
Mámoa 1 de Santo André: Moi alterada pola repoboación forestal. Ten unhas medidas de 13 x 11 metros e unha altura de 0,60 metros. Cono de violación.   
Mámoas de Segade: A necrópole comparte o espazo co castro de Segade.
  
 

CAMBADOS
Correlo (Castelo).
Mámoas de Treviscoso: Dos oito túmulos que había, sete foron destruídos, só se conserva un, moi achandado, duns 17 metros de diámetro, situado entre as parroquias de Corvillón (Cambados) e Tremoedo (Vilanova de Arousa). No mes de agosto de 2021, o profesor Tomás Álvarez descubriu un ídolo antropomorfo onde se intúe a cabeza e os brazos, cunha cronoloxía aproximada do 4000 a. C. Atópase no Museo do Viño de Cambados.
 
CAMPO LAMEIRO
Campiños (O Campo); Monte Rendal (Morañó-O Campo); Campiños, Campo Grande, Carballeira de Rozas e Saídos das Rozas (O Couso); Mina de Alende (Castiñeiras-O Couso); Monte Acival (Fontela-Fragas); Moimenta (Moimenta).
Saídos das Rozas: Necrópole compartida coa parroquia de Santa Xusta de Moraña. Escavada por Ramón Patiño Gómez a principios dos anos oitenta do pasado século XX con motivo da ampliación dunha estrada.
 

 

CANGAS
Cistas de Gandón, Fontedola e Monte Cubela (Aldán); Eira da Mamoela (Monte Mamoela-Cangas); Gorgullón (Darbo); Cova do Lobo, O Fixón, Lavapés e Regato das Forcadas (O Hío); Aviases; Chan de Coiro; Curral da Vara; O Fixón; Mesa dos Montes; A Portela; Praia da Cochosa; Regato das Forcadas; Rodeira. 
Mámoa de Fontedola: Na Chan de Ervello, situada no medio dunha chaira. Descuberta polo arqueólogo Alexandre Paz Camaño, presenta cámara e corredor e carece de tampa. Próxima a un grupo de petroglifos. 
Cistas de Gandón: Nécropole formada por dúas cistas; nunha, ademais de restos cerámicos, apareceron un brazal de aqueiro de arenisca e unha posible punta Palmela. A tampa da cista máis grande presenta unha pequena agrupación de cazoletas gravadas sobre a superficie. Nas proximidades apareceron fragmentos cerámicos e dúas bases de muíños. 
Chan de Coiro: Nas inmediacións da necrópole apareceron fragmentos cerámicos lisos e campaniformes, un puidor, industria lítica e un posible fondo de cabana adscrita, posiblemente, ao Bronce Inicial. 
Corral da Vara (Donón): Non menos de tres abrigos localizados nas armadas que rompen esta parte da serra. A descuberta de dúas zonas onde se atopan os primeiros abrigos débese aos traballos de prospección realizados por don Xosé Suárez Mariño, colaborador do Museo de Pontevedra e do Grupo de Arqueoloxía Alfredo García Alén. 
Cova da Loba (Donón): Na ladeira que descende cara a ría de Vigo, nos altos do Pozo da Serra, nunha cova pequena atopáronse fragmentos de cerámica moi groseira. 
A Cunchosa: Asentamento do Neolítico. Dado a coñecer por Suárez Otero no ano 1983. Abrigos en varias cavidades graníticas que achegan cerámica con decoración incisa e impresa. 
Lavapés: Preto da necrópole atopouse un asentamento con dúas fases de ocupación. Na máis antiga, do Neolítico, atopáronse cerámicas, e na máis moderna machados puídos, cerámicas tipo Penha, puntas de frecha de sílex e cuarzo e crisois de fundición de cobre. Tamén apareceron restos cerámicos nos asentamentos próximos ás necropoles do Fixón e do Regato das Forcadas; segundo as investigacións, pertencen ao Bronce Inicial. 
A Portela (Coiro): No límite co concello de Boiro, achado dun machado puído de cuarcita vermella. 
Praia da Balea (Darbo): Achado solto dun machado puído.    
Praia da Barra (Nerga): Dous machados puídos de cuarcita, e outro machado cunha depresión para enmangar descubertos por señor Requejo Buet.
 

 

A CAÑIZA
Alto da Veiguiña e Chan de Bouzas (As Achas); Campo de Fútbol (A Cañiza); Alto da Cota (Nogueiró-A Cañiza); A Tapada (O Vieiro-A Cañiza); Couto do Crego (O Couto); Chan de Bidueiros e Coto da Vella (A Franqueira); Casiña dos Mouros (Luneda); Chan do Marco (A Porteliña-Luneda); Aráns e Marco Pedroso (Oroso); Guntín (Guntín-Oroso); Alto de Montouto, Coto Xabriñas, Marco Prado, Poza dos Mouros (Parada das Achas); Os Xestiños (Cimadevila-Petán); Alto de Fontefría, O Carballal, Coto da Ferradura, Portela de Deva (Petán); Tomada do Estremadoiro (Estremadoiro-Valeixe); Alto do Couto (Paradela-Valeixe); Os Bocicigos e Costa de Valeixe (Valeixe); Coto Carballal, Cotogrande, Monte Paradanta, A Pena. 
Mámoas do Alto da Cota: Necrópole con cinco túmulos situados entre as parroquias da Cañiza e O Couto.
Mámoas do Alto de Fontefría: Entre os montes do Coto do Carballal e Alto de Fontefría (este lindeiro co Covelo), a 800 metros de altitude. Necrópole con oito túmulos.  
Mámoas do Alto de Montouto: Necrópole con tres túmulos situados a 900 metros de altitude. De 11, 15 e 19 metros, perderon gran parte da masa tumular. 
Mámoas da Chan de Bidueiros: Necrópole con tres enterramentos. Atopouse un anaco cerámico no corte producido por unha pista no túmulo 2. 
Mámoas da Chan do Marco: Necrópole con sete túmulos. 
Mámoa do Coto da Ferradura: A 826 metros de altitude, próxima a unha pena con petroglifos. De 14 metros de diámetro.  
Mámoas de Coto do Redondo: Necrópole formada por dúas mámoas. 
Mámoas do Coto de Xabriñas: Necrópole con tres mámoas situadas a 800 metros de altitude, case no límite co concello de Covelo. 
Mámoa do Couto do Crego: Entre as parroquias do Couto e Valeixe, e o concello de Crecente.
Mámoa de Marco Pedroso: A mámoa na que se insire a estrutura arquitectónica, formada por dous esteos, posúe un tamaño medio. Na estrutura tumular aínda se poden apreciar, a pesares do lamentable estado de conservación, a estrutura pétrea. (Información e debuxo recollidos da páxina de Moncho Boga, dolmensedemaisfamilia). 
Mámoa da Poza dos Mouros: Destruída para buscar inexistentes tesouros.
Mámoas de Marco Prado: Necrópole con dous túmulos situados case no límite co Covelo. 
Mámoa de Portela de Deva: A 775 metros de altitude, no Monte Portela de Deva.
Mámoas da Tapada: Necrópole con seis mámoas, unha lindeira coa parroquia de Oroso.

 
 

CATOIRA 
Monte das Mámoas (Oeste): Necrópole composta por dous túmulos duns 24 e 20 metros de diámetro respectivamente. Non se aprecian restos de cámara megalítica. Descubertos no ano 1955 por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza.
Mámoa da Fonte Santa (Oeste): No límite coa parroquia de Cordeiro (Valga).
Mámoas de Menlle (Dimo): Dous túmulos, un en Cordeiro (Valga) e o outro no límite entre os dous concellos.


CERDEDO (Forma parte do concello de nova creación Cerdedo-Cotobade)
Bugarín (Bugarín-Castro); Cotadoiro, Outeiro Aciveiro (Biduído-Cerdedo); Cerrada das Mámoas (Monte de Abaixo-Cerdedo); Coto das Mámoas (Monte de Arriba-Cerdedo); Mámoas do Couto (Cerdedo); Monte de Baixo (Limeres-Cerdedo); Campo dos Cans-Outeiro dos Corvos (Monte de Loureiro-Figueiroa); Alto da Eiriña (As Laxas-Monte de Vilar-Figueiroa); Monte de Vilar, Chá de Pedrouzos e Pedrouzos (Monte de Vilar-Figueiroa); Pena Redonda (Monte de Vilar-Figueiroa); Cruceiro da Anta e Mámoa de Portugal (Figueiroa); Cachofés (Cachofés-Folgoso); As Chairas (Vilariño-Folgoso); Monte da Espiñeira (Parada); Coto de Antas (Pedre); Cuíña (Cuíña-Quireza); Marco do Feal (Laxoso-Quireza); Monte do Corvo (Laxoso-Quireza); Mamoalba (Mamoalba-Quireza); Minas do Castriño (entre Mamoalba e Fondós-Quireza); Montouto, Pena Redonda (Quireza); Piñeiro (Piñeiro-Quireza); Vilarchán (Vilarchán-Quireza); Lagoa do Medio, Mina do Roxadoiro, Monte da Lagoa, Rega da Mámoa, Veiga das Arcas Aberta (Tomonde); Campo dos Cans, Cruceiro da Anta e Monte de Vilalén (Vilalén-Tomonde); Eira dos Mouros, entre as parroquias de Tomonde (Cerdedo) e Castrelo (Forcarei). 
Coto das Mámoas (Cerdedo): O colectivo Capitán Gosende considera desatinada a decisión de localizar na cima do monte de Cerdedo un vertedoiro, xa que no alto existe unha necrópole neolítica composta, ao menos, por cinco enterramentos. Tres dos cinco túmulos están catalogados por Patrimonio. 
Cerrada das Mámoas (Cerdedo): Situadascara o sudoeste do vertedoiro, que figura no Inventario de monumentos megalíticos de Filgueira Valverde e García Alén (1977). 
Cruceiro da Anta (Figueiroa): Atopáronse fragmentos cerámicos, un decorado con triángulos recheos de incisións. Tamén se observou a presenza de material lítico. 
Curro: En setembro de 2012, Calros Solla e Ignacio Grande descubrion un posible curro neolítico entre os concellos de Forcarei e Cerdedo. 
Mamoalba (Quireza): No ano 2008, Carlos Solla atopou un idoliño funerario nesta mámoa. A necrópole está formada por catro mámoas. 
Mámoas de Aciveiro (Cerdedo): Necrópole con dous enterramentos. 
Mámoas da Chá de Pedrouzos (Vilar-Figueiroa): Descubertas polo colectivo Capitán Gosende o luns de Entroido de 2019. Trátase de catro mámoas de 20, 22, 9 e 8 metros de diámetro, todas con cono de violación, unha delas a da Chá de Pedrouzos 3, ten á vista dous posibles esteos que formarían parte do dolmen.  
Mámoas do Marco do Feal (Quireza): Necrópole con catro enterramentos. 
Outeiro dos Corvos-Campo dos Cans (Figueiroa-Tomonde): No Faro de Vigo do día 28 de decembro de 2013, Calros Solla fala, entre outros sitios arqueolóxicos, desta necrópole megalítica formada por oito mámoas que poden ser afectadas polo parque eólico das Penizas. O colectivo Capitán Gosende xa denunciou o feito.
Mámoa de Portugal: Localizada polo Colectivo Capitán Gosende en setembro de 2021. Ten uns 16 metros de diámetro, con cráter e restos de coiraza.
Machados neolíticos: No ano 1999, Calros Solla atopou unha aixola na aldea de Abelaíndo. No ano 2003 deu peza semellante na aldea de Fraguas, na parroquia de Tomonde. 
Parque eólico de Cabanelas: Entre os concellos de Cerdedo, A Estrada e Forcarei. Localizáronse dezaseis túmulos.

 
  

COTOBADE (Forma parte do concello de nova creación Cerdedo-Cotobade) 
Chan da Costa (Almofrei); Campodanta e Castro de Famelga (Augasantas); Chan de Besada, Chan das Latas, Coto da Mina e Monte Castelo (Carballedo); Campo da Anta, Chan do Cabeiro e Chan das Zacoteiras (Caroi); Corredoira (Corredoira); As Lagoas (Loureiro); Brañas Secas e As Lagoas (Rebordelo); As Abeleiras e O Cádavo (Santa María de Sacos); Abeleira (Abeleira-Arcela-San Xurxo de Sacos); Monte da Arela (San Xurxo de Sacos); Louredo (Sacos); Eira dos Mouros (Tenorio).  
Mámoas das Abeleiras (Santa María de Sacos): Tres mámoas circundadas por aneis pétreos.  
Mámoa de Brañas Secas: Aprécianse os esteos da cámara inserida nunha mámoa. 
Mámoas de Campodanta: Dous túmulos, un con coiraza pétrea que agocha unha cista. 
Mámoas de Chan de Besada e Coto da Mina: Mámoas localizadas por Ángel Concheiro no transcurso da prospección realizada no ano 2008. (Información e fotos recollidas da páxina de Moncho Boga dolmensedemaisfamilias). 
Mámoas da Chan de Cabeiro e Chan de Zacoteiras: Necrópole formada por tres túmulos, un deles afectado en parte pola construción dun camiño. 
Mámoaas da Eira dos Mouros (Tenorio): Necrópole formada por cinco mámoas, dúas totalmente achandadas. 
Val da Porca (Cutián-Viascón): Apareceron fragmentos cerámicos sen decorar entre os que se reconstruíron oito recipientes datados no Neolítico Inicial/Medio.
 

 

COVELO
Pazos (Pazos-Covelo); Toxedos (Covelo); Borraxeiros (Borraxeiros-A Graña); Portela das Travesas (O Eido de Gonzalo-A Graña); Rebordechán (Rebordechán-A Graña); Porto da Arca (Salcedo-A Graña); Chan das Mesas, Salcedo (Serra do Suído-A Graña); Alto do Barrazal (A Graña); Chan de Lodoso (A Lamosa); A Portela (Castroregueiro-Maceira); Alto de Fontefría, Laxa Cuberta, O Chan (Fontefría-Maceira); Coto de Pedrouzos (Maceira); O Picoto (Paraños); Chan de Aradelas e Chan da Gargantiña (Piñeiro); Monte Moncelo (Prado); Porto dos Bois, Rega dos Coallos (Santiago de Covelo); Corzos e Taberna da Canda. 
Mámoas do Alto do Barrazal: A 913 metros de altitude. Un túmulo atópase no límite coa parroquia de Abelenda (Avión). 
Mámoas do Alto de Fontefría: A 860 metros de altitude. Necrópole con catro túmulos. 
Mámoas de Borraxeiros: A 933 metros de altitude. Necrópole con dous túmulos.  
Chan de Mesas: Segundo información achegada por Ana de Portomariño, diferentes organizacións presentaron alegacións á concesión de dereitos de explotación mineira "Carlota e Macarena", na Serra do Suído, que non conta con estudo de impacto ambiental. 
Mámoas da Chan de Aradelas: Necrópole con dous túmulos. 
Mámoa da Chan da Gargantiña: A 750 metros de altitude. De 15 por 11 metros. 
Mámoas da Chan de Lodoso: A 775 metros de altitude. Necrópole con sete enterramentos situados no Monte das Bestas. A mellor conservada ten 17 metros de diámetro, as restantes foron practicamente destruídas por plantacións forestais.  
Mámoas do Monte Moncelo: A 385 metros de altitude. Necrópole con tres túmulos. 
Mámoa de Pazos: A 400 metros de altitude. Destruída por un camiño.  
Mámoas do Picoto: A 400 metros de altitude, no límite co concello de Mondariz. Necrópole con dous enterramentos, moi achandados polos labores agrícolas.  
Mámoa da Portela das Travesas: A 900 metros de altitude. No Monte Portela das Travesas. 
Mámoas do Porto dos Bois: A 750 metros de altitude. Necrópole con tres túmulos. Un foi destruído; outro, moi achandado, ten uns 17 metros de diámetro; o terceiro, con cráter, ten un diámetro de 20 metros.  
Mámoas de Rebordechán Dúas mámoas situadas a 727 metros de altitude. Unha ten restos de cámara megalítica inserida nunha mámoa; vense varios esteos da cámara que foron desprazados; mal estado de conservación. 
Mámoa da Rega dos Coallos: Practicamente destruída por un cortalumes.      
Mámoa de Salcedo: Presenta restos de cámara megalítica inserida nunha mámoa.
 

 


CRECENTE
Cerraque e Fontilleira (Albeos); Santo Cristo da Miranda (Albeos); Chan de Moirás (Ameixeira).
Cerraque: A maior parte do material localizouse en prospeccións pola destrución do enterramento por cultivos de viño.
 

CUNTIS
Casa da Cruz, Chan do Castro de Arcos, Moma, Pedra Moma (Arcos); Campo da Tomba (Alto da Cruz-Arcos); Congostra do Río (Ferreiros-Arcos); Cequeril (Cequeril); Cousleo (Couselo); Eira dos Mouros e Lagoa dos Mouros (Zo-Cuntis); O Casal (O Casal-Estacas); Piñeiras (Vilameán-Estacas); A Bragaña e Estacas (Estacas); Portela (Portela); Pena de Arriba, Petouto dos Mouros (Troáns); Monte do Sino (Hervés-Troáns); A Cova.
Mámoas da Bragaña: Ata o día 7 de xaneiro de 2014, aquí só facía mención a unha mámoa localizada no ano 2008, o achado foi comunicado no seu momento á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural; no mes de outubro de 2013, o veciño e licenciado en Historia Diego Torres denunciou os danos sufridos polo túmulo durante unhas obras realizadas polo Concello. Pois segundo me comunicou Pablo Corujo, que está a xeolocalizar varias necrópoles megalíticas, visitou o lugar e localizou cinco novos túmulos de bo tamaño que corren perigo de desaparecer polas plantacións de eucaliptos. 
Mámoa da Chan do Castro de Arcos: Necrópole composta por catro mámoas. 
Mámoaas do Petouto dos Mouros: Necrópole formada por sete mámoas. 
Parque eólico de Xesteiras: Entre a Estrada e Cuntis. Na zona de afección atopouse un túmulo, e outros dous na zona de mostraxe.   
Xacemento de Anllada (Piñeiro): En realidade son dous xacementos que presentaron un total de 242 pezas, noventa de cerámica e 152 líticas, das cales 69 pertencen ao Neolítico Final e 21 á Idade do Bronce.



 
 

DOZÓN
Agro da Pena (A Gouxa-Bidueiros); As Mamuíñas, Monte da Medela e Monte Mizoite (Bidueiros); Cima da Costa, Coto de Lagorzos (O Castro, límite con San Cosmede, eno Irixo); Monte Abeledo (O Abeledo-O Castro); O Cabo (Dozón); Costa da Lama (entre Dozón e Saa); Couto de Lamagorzos e Pena de Francia (O Mosteiro-Dozón); Rega das Seixas (Dozón); Alto da Carballeira, Bostelo, Carqueixeira, Couto, Devesa do Rei, Pinguela e Xandín (As Maceiras); A O (A O); A Catadoira (A Parte-Saa); Gandareira (Saa); Castro de San Breixo e Coto da Mama (Sanguiñedo); Mámoa do Campo (A Corredoira-O Sisto); Monte Reboredo ou Cambillón (Reboredo-O Sisto); Ceparrón, Pena Mazoca, Picotiño e Ruza (Sisto); Cima da Mama e Vilarello (Vilarello); A Mina (no límite coa parroquia de Carboentes, en Rodeiro).
Mámoa do Agro da Pena: Parte da mámoa e da cámara megalítica foron destruídas no ano 2001 cando a roturación dunha leira. O enterramento estaba sen catalogar.
Mámoas da Catadoira: Dous enterramentos.
Mámoas do Ceparrón: Necrópole con tres túmulos.
Mámoas da Costa de Lama: Catro túmulos entre as parroquias de Dozón e Saa.
Mámoas da Mina: Tres túmulos, un no límite coa parroquia de Carboentes, en Rodeiro.
Mámoas da Pena de Francia: Tres túmulos, dous no límite coa parroquia de Bidueiros. Segundo a lenda, un arrieiro de Dozón ía vender viño a unha familia que habitaba na medoña sen que a muller soubera de onde lle viñan os cartos (Recollida por Vicente Risco).
Mámoa de Pena Mazoca: A foto foi extraída do interesantísimo blog Aquam Latam cuxo autor lle adica un fermoso poema.
 

  

A ESTRADA 
Monte da Arca (Amarelle-Arca); Baloira (Baloira); Fiáns e Monte da Rasada (Barcala); Monte do Arnado e Carballeira do Rei (Codeseda); Carballiño (A Portela-Codeseda); Monte da Rocha (Curantes); As Xestas (O Pedregal-A Estrada); Porteliña de Casalpaio (Casalpaio-Frades); Eira dos Mouros (Cabanela-Liripio); Quinteiro da Arca (Liripio); Outeiro das Arcas e Campo das Tombas (Alto da Cruz-Matalobos); Cruz dos Xendos e Fonte da Rega (Matalobos); Moroza de Redondelo e A Pía (Moreira); Rodo (Nigoi); Campo da Moa (Olives); Mámoa de Boimorto (Lagoa Sacra-Olives); Miroi (Orazo); Monte da Mámoa (Parada); Campolongo (Pardemarín); A Mamoela e Monte Espiñeira (San Pedro de Ancorados); Monte Mamoela e As Ribas (Sabucedo); Curuto (Monte Molide-San Pedro de Ancorados); Montiño do Foxo (O Foxo-San Pedro de Ancorados); Devesa do Rei (Santeles); Outeiro da Mámoa Aberta (A Somoza); Tabeirós (Tabeirós); Toedo (Toedo).
Mámoas da Devesa do Rei: Necrópole formada por seis mámoas de regular a mal estado de conservación. A mediados do mes de setembro de 2017, Juan Pablo Corujo Tilve comentoume que o túmulo catalógado coa clave GA36017190 desta necrópole sufriu unha agresión con maquinaria pesada ao acondicionar o terreo para a plantación de eucaliptos. Ten unhas medidas de 25 metros de diámetro e unha altura de dous metros.  
Mámoas da Eira dos Mouros: Necrópole con tres mámoas. 
Mámoa do Montiño do Foxo: Túmulo duns 30 metros de diámetro e un de altura. Do cráter de violación sae un ortostato da cámara megalítica.
Mámoas do Quinteiro da Arca: Necrópole formada por tres túmulos.
Mámoa das Xestas: Localizada nos terreos para a Academia Galega de Seguridade, foi escavada de urxencia no ano 1996 por Bandín Rosende. Duns 20 metros de diámetro e 1,5 de altura. Saíron á luz 481 pezas, maiormente fragmentos cerámicos e en menor medida líticos.
Parque eólico de Cabanelas: Entre os concellos de Cerdedo, A Estrada e Forcarei. Localizáronse dezaseis túmulos.    
Parque eólico de Xesteiras: Entre a Estrada e Cuntis. Na zona de afección atopouse un túmulo, e outros dous na zona de mostraxe.
Ídolo (Pumares-A Ribela): Ídolo antropomorfo en arenisca. No Museo de Pontevedra.
 

 



FORCAREI
Campo da Serra (Andón-Aciveiro); O Forno, Masalán, Os Olleiros e Portofieiro (Aciveiro); Eira dos Mouros (Lagoa dos Mouros-Aciveiro); Campo das Antas, Carballeira do Rei e Eira dos Mouros (A Mámoa-Castrelo); Campo das Sete Mámoas ou Campo das Antas (Monte Vilalén-Castrelo); Tras da Serra (Castrelo); Penide (Quintela-Dúas Igrexas); Castrelo e Monte Chamosa (Forcarei); Campo das Mámoas e Coto da Mámoa (A Madanela de Montes); O Carrascal (Soutelo de Montes-A Madanela de Montes); Tras o Monte (A Madanela do Monte); Boimorto, Campo da Tomba e A Legoa Seca (Meavía); Os Oito Ferrados (O Barrio-Meavia); Alto do Rofete (Fixó-Millarada); Monte da Agrela, Coto da Mámoa, Pena da Cruz e Ribó de Abaixo (Millarada); Santo Domingo (xunto a capela-Pardesoa); Monte Costoia (Pardesoa); O Mouro Negro, Os Olleiros e Outeiro da Vella (Pereira); Alto da Choquiña, Cruz da Asparelada, Coto do Solumbreiro, Portela do Outeiro do Castro e Volta do Coto (Presqueiras); Outeiro das Cruces (Devesa de Abaixo-Presqueiras). Carballo Torto, Coto que Berra ou de Suapica, Coto Tabeira, Pena Redonda e Porqueiros.
Mámoa no Alto do Rofete: Cortada pola metade por un cortalumes.
Campo das Antas: No Faro de Vigo do día 28 de decembro de 2013, Calros Solla fala, entre outros sitios arqueolóxicos, desta necrópole megalítica formada por unha decena de túmulos situada no monte da aldea da Mámoa e que, segundo o colectivo Capitán Gosende, pode ser afectada polo parque eólico das Penizas.
Os Oito Ferrados: Apareceron dous fragmentos cerámicos provenientes da roturación da mámoa.
Mámoas de Pardesoa:  No mes de abril de 2014, Pablo Corujo, que anda a xeolocalizar as necrópoles megalíticas da provincia de Pontevedra, achegoume as fotos de varias mámoas situadas na parroquia de Pardesoa. Pola información que me proporcionou Calros Solla, a mitoloxía do Monte do Seixo, en Cerdedo, vencéllaas ao manancial de Fontefría a través dun pasadoiro soterrado e a uns canteiros, os Armada, que disque atoparon o ouro esquecido dos mouros, facéndose ricos da noite para a mañá. As mámoas localizadas por Pablo deben ser as mesmas que citan Filgueira Valverde e García Alén no seu famoso Inventario do ano 1975, e Aparicio Casado no seu Mouras, serpientes, tesoros... (1999).
As Raposeiras (Soutelo de Montes-A Madanela): Xacementos do Neolítico ao aire libre, catalogado no ano 2000. Atopouse material cerámico.
Campo das Sete Mámoas: Topónimo recollido por Frei Martiño Sarmiento na súa Colección de voces y frases gallegas.  
Parque eólico de Cabanelas: Entre os concellos de Cerdedo, A Estrada e Forcarei. Localizáronse dezaseis túmulos.
 
   

 
 
 

FORNELOS DE MONTES 
Souto das Dalas (Ventín de Arriba-Fornelos); Monte da Arrotea (Vilán de Arriba-Fornelos); Casiña dos Mouros (Vilán-Fornelos); Chan da Arca (Fornelos); Porto da Arca (A Airoa- Laxe); Borraxeiros (Borraxeiros-A Laxe); Chouzo no Foxo do Lobo. 
Mámoa da Casiña dos Mouros: A 350 metros de altitude, no Monte Chan de Vilariño. 
Mámoa do Monte da Arrotea: A 416 metros de altitude. Túmulo duns 20 metros de diámetro.  
Mámoa do Souto das Dalas: A 412 metros de altitude.   
Porto da Arca: Segundo información achegada por Ana de Portomariño, diferentes organizacións presentaron alegacións á concesión de dereitos de explotación mineira "Carlota e Macarena", na Serra do Suído, que non conta con estudo de impacto ambiental. 
 

GONDOMAR
Chaín (Chaín); Outeiro da Pipa e A Raxada (Couso); Chan do Portugués e Donas (Donas); Chan das Moutas, Chan de Prado, Monte da Medoña (Prado-Morgadáns); O Pinal dos Mariños e Plainada de Arriba (Monte Castelo-Vilaza); Monte dos Arruídos (Vincios); Os Bermús e Chan de Valverde (O Galiñeiro-Vincios); Anta de Cotareles (Chans do Cereixo); Outeiro da Pipa. 
Anta de Cotareles: Cortada por un camiño, consérvanse dous esteos inseridos na achandada mámoa. 
Mámoas dos Bermús: Necrópole formada por tres mámoas. 
Mámoas da Chan das Moutas: Coñecido tamén como a Chan de Prado. Das nove mámoas que compoñían a necrópole quedan sete, entre elas unha case arrasada por unha máquina. Un dos túmulos escavados, de 17 metros de diámetro e 1,30 de altura, conserva catro esteos que formaban parte dunha cámara poligonal onde se atoparon un microlito de sílex e fragmentos cerámicos. 
Mámoas de Chan de Prado: Necrópole con sete mámoas en regular estado de conservación.   
Mámoas da Chan do Portugués: Necrópole con dúas mámoas. 
Mámoas do Pinal dos Mariños: Necrópole compostas por dous enterramentos. 
Mámoas da Raxada: Necrópole con dous túmulos.
 

 

 

O GROVE
Mámoas no Grove: Dúas mámoas localizadas nunha prospección no ano 2022 nos sitios coñecidos como A Cova e Con do Loureiro, entre as aldeas de Arda e Estonllo. (Información achegada polo arqueólogo da Dirección Xeral do Patrimonio Inhaqui Vilaseco).
  

A GUARDA
Salcidos (Salcidos).
Cistas do Trega: En varios puntos do monte apareceron varias cistas.  

A ILLA DE AROUSA
Illote de Guidoiro ou Xidoiro Areoso: Coñecido así pola característica dunar da pequena illa duns 600 metros de lonxitude po 200 metros na parte máis ancha, mentres que na parte máis estreita as mareas vivas chegan a dividilo en dúas, espazo este último onde se concentran a maior parte dos restos arqueolóxicos (mámoas e cistas). Ata o momento identificáronse cinco mámoas. Un dos enterramentos, de reducidas dimensións, está delimitado por un anel pétreo que acolle unha anta formada por cinco esteos. Escavadas dende o ano 1988 por Manuel Rey García. No verán do ano 2013 membros da asociación Pandulleiros localizaron restos cerámicos e óseos que saíron á luz polos efectos das mareas. A raíz dos achados, arqueólogos de Patrimonio visitaron o lugar e documentaron dúas pequenas cistas que pertencerían a algún monumento entre o Neolítico e a Idade do Bronce. Con estes dous achados xa son sete as estruturas prehistóricas atopadas no illote. No mes de setembro de 2015 comezaron os traballos para protexer os enterramentos da acción dos temporais, da erosión e das mareas. Os restos da parte alta foron protexidos con paquetes de terra e unha valla metálica. O máis complicado é actuar sobre os que están na ourela, os máis afectados polas mareas. Algunhas estruturas mesmo tiveron que ser cambiadas de lugar. Nesta campaña do 2015 saíron á luz varios restos cerámicos situados en posición vertical que non foron movidos polo efecto das mareas. 
Cistas dos Tarais (Riasón): Na Punta dos Tarais. Trátase tres cistas que ao estaren no mesmo areal corren un grave risco de desaparición.
 
 

 

LALÍN
Albarellos (Albarellos); Couto dos Mouros (Monte Aviseiro-Alemparte); Montouto (Bendoiro); Os Cotiños e A Torre (Bermés); Campo das Mámoas (Botos); As Madorras (Cadrón); Carpaceda, A Estivada, A Goleta (Camposancos); Monte das Cabras, Monte Corral, Monte da Rocha, As Tecedeiras (Castro de Cabras); Alto do Castro, O Couto, Covás e Xandín (Catasós); As Covas e As Pedreiras (Cercio); Agro do Castro do Penedo, Agro de Mezouzo e Coto do Santo da Pedra (Doade); Feás, A Penela e O Empalme (Donramiro); Cerqueda, Outeiro, As Seixas (Filgueira); Galegos (Galegos); Coto de Xil e Goiás (Goiás); Pena da Cruz (Gresande); Coto de Lebozán-Coto da Mama (Lebozán); O Corpiño (O Corpiño-Losón); Montouto (Montouto-Losón); Santa Baia (Losón); Coto da Mamoela, Monte da Costa das Seixas e Rodelas (Maceira); Madriñán (Madriñán); Cotariños, Fonte Pereiroa, Monte das Bullas, e Pena da Cruz (Méixome); Tras dos Cotouzos (Serra do Carrio-Méixome); Moimenta (Moimenta); Cancelas (Moneixas); Erbo (Erbo-Palmou); Monte Gondarón (As Tabernas-Palmou); Altar do Sol, Campo do Mato, Costa de Casares, Costa do Cruceiro, Coto do Xilo, Fonte Tourón, Mámoa da Cruz e As Mamuíñas (Alperiz-Parada); Coto das Arcas (Monte Fonteiriño-Cima do Agrelo-Parada); Zarra do Canal (Parada); Candarón (Santiso); Sete Camiños (Soutolongo); Coto de Vistalegre (Vista Alegre-Soutolongo); Seixas (Val); Brañas de Abonxo (Abonxo-Val do Carrio); As Mamuíñas (Veiga); Vilanova (Vilanova); Casteliño (Piñoi-Vilatuxe); Campelo, Castro de Riba e Saborida (Vilatuxe); Zobra (Zobra).
Mámoa do Agro do Castro: No Penido de Vilar, duns 22 metros de diámetro e 0,50 de altura. Conserva un ortostato da cámara.
Mámoas de Alemparte: Necrópole con dous túmulos, un de 20 metros de diámetro.
Mámoas das Brañas de Abonxo: Segundo información proporcionada por Antonio Presas, trátase dunha necrópolo formada por nove mámoas. A contorna foi afectada por un muíños de vento, e xa con anterioridade, os veciños de Abonxo cortaban os toxos alternando con ciclos de cultivo o que rebaixou a masa tumular; tamén por plantacións de eucaliptos. As mámoas ocupan o rechán máis baixo da Serra do Carrio polo leste. A referencia toponímica máis importante é a Pena do Ouro. Foron catalogadas no ano 1996.     
Mámoa de Cancelas: Localizada a principios do ano 2015. 
Mámoa no Corpiño: Enfronte do Santuario do Corpiño.       
Mámoa da Costa de Casares: Mámoa en bo estado de conservación que funciona como límite de parcelas.
Mámoa de Costa Cruceiro: 33 metros de diámetro e 2 de altura. Cráter de violación.
Mámoa do Coto do Santo da Pedra: A 685 metros de altitude. Documentada pola investigadora da USC, Xulia Vidal, no ano 2006. Apareceu un anaco de anfibolita. No outono de 2023, o Museo da Casa do Patrón de Doade iniciou unha nova campaña arqueolóxica, dirixida por Vanesa Trevín Pita, para escavala. Atopouse un ídolo que representa unha figura feminina antropomorfa. O enterramento forma parte da Ruta da Prehistoria de Doade que une as mámos, petroglifos, castro e museo, contando ademáis co pináculo do Santo da Pedra, unha mostra das chamadas mariolas, homes mortos ou santiños, que presentan unha forma antropomórfica que dende tempo inmemorrial son reproducidos polos veciños. O rito consiste en levantalos ou tumbalos segundo se queira que faga sol ou chova; aínda hoxe en día asegúrase quea tronada nunca chega as casas da parroquia cando ven do lado do Santo da Pedra.    
Mámoa do Coto de Vistalegre: Conta Antonio Costa que o 13 de xuño a imaxe do San Antonio de Padua era levada dende a igrexa de Soutolongo ata a cima da mámoa de Vistalegre e, despois de percorrer uns 840 metros, o párroco procedía á bendición dos agros e dos cultivos. A partir da década dos sesenta a tradición desapareceu de súpeto. Na parroquia, o San Antonio tamén era protector dos animais e das colleitas.  
Mámoa de Fonte Tourón: Destruída pola actividade agrícola. Consérvanse varios esteos de granito, dous deles, que actúan como marcos dunha finca, presentan gravuras de motivos xeométricos en forma de "V" paralelas cun semicírculos adosados, un serpentiforme e ondulados. Descubertos cando a execución dunha liña de alta tensión no ano 2005.  
Mámoas do Monte das Bullas: Moi alteradas polos labores agrícolas. 
Mámoas da Saborida: Situadas en torno ao Camiño Real que ía dende O Ribeiro ta a Ponte Orneiros.    
Mámoas das Seixas: No ano 2013, o xeógrafo de Lalín Antonio Presas denunciou unha agresión aos túmulos da necrópole.   
Mámoa das Tecedeiras: Túmulo duns 20 metros de diámetro e 2,5 de altura. Unha gabia escavada hai uns 20 anos deixa á vista a cámara formada por seis esteos e pedra cobertoira. A mámoa formaría parte das catalogadas no PXOM de Rodeiro do ano 2009 e preto do lugar da Latiza, unha delas desfeita e no medio dun campo de motocrós hoxendía en desuso. Outra foi destruída na ampliación da estrada onde se atopara o vaso campaniforme das Tecedeiras, depositado no Museo de Pontevedra. (Información de Daniel González Alén). 
Mámoa de Tras dos Cotouzos: A 775 metros de altitude. Duns 15 metros de diámetro. Cráter de violación. Localizada no ano 2002, cando a construción do parque eólico.
Mámoas da Zarra do Canal: Dúas mámoas situadas a uns 500 metros da necrópole da Cruz.       
Necrópole de Parada de Alperiz: Necrópole formada incialmente por sete mámoas, coñecidas como Mámoas da Cruz, agora só se conservan tres. A mámoa número 3, declarada BIC, conserva un esteo que mostra a particularidade de teren insculpidas unhas gravuras nas que se aprecian nidiamente unhas serpes. En xaneiro de 2011, a Dirección Xeral do Patrimonio multou con 5.800 euros e a retirar unha antena de telefonía instalada por Telefónica na área de protección do conxunto megalítico de Parada de Alperiz. A empresa anunciou que vai solicitar a súa legalización. O día 17 de xaneiro de 2015 achegueime ata a necrópole que se atopa totalmente abandonada. Un dos túmulos, duns 20 metros de diámetro onde se ve unha pedra con escavacións de bo tamaño de feitura artificial foi atravesada por unha máquina que estivo a desbrozar o monte. Nesta necrópole atópase o coñecido como Altar do Sol, citado por Filgueira Valverde. Trataríase dunha colocación de pedras en forma de recinto presidida por unha con dúas escavacións.     
Parque eólico do Monte Castelo: Entre Lalín e Vila de Cruces. Documentáronse sete túmulos e un petroglifo.

  
 

  





 
 
A LAMA
Portela da Cruz (Antas); Outeiro das Ras (Monte Suído-Antas); As Mámoas (Xestido-O Suído-Antas); O Seixo (A Barcia do Seixo); Chan de Valdehome e Portela dos Xarotos (Serra do Suído); Porto da Arca (Serra da Xesteira-Verducido); Xende (Xende); A Grifa (A Grifa-Xesta); A Xesteira do Anxo (Xesta); Os Foxos (Serra do Suído-Pigarzos-Xesta); Ponte do Pau. 
Mámoas da Grifa: Dúas mámoas situados na Serra do Suído, a dous quilómetros do lugar de A Grifa, que van esmorecendo por mor da acciónn erosiva e que amosan os esteos que conforman a cámara. 
Mámoa da Ponte do Pau: Duns 25 metros de diámetro e tres de altura. Do cráter de violación asoman restos de cámara con catro ortostatos de granito.
Mámoas da Serra do Suído: Segundo información achegada por Ana de Portomariño, diferentes organizacións presentaron alegacións á concesión de dereitos de explotación mineira "Carlota e Macarena", na Serra do Suído, que non conta con estudo de impacto ambiental. 
Mámoas de Xende: Campo de mámoas nas inmediacións das pedrafitas de Xende I e Xende II.
 

 
MARÍN
Chan de Pastoriza, Cruz da Maceira e Monte Castrolongo (Pastoriza-Aldán); Furna das Arcas (Chans de Cela-Ardán); Aguelo (Porteliña-Ardán); Mámoa do Rei (Chan de Castiñeiras-San Xián de Marín); A Moreira (A Moreira-San Xián de Marín); Outeiro Teixugueiro e Pedra da Mina (Allariz-San Tomé de Piñeiro); Chan de Fonteseca, Chan de Gagán, Chan de Lagucheiras, As Leitugueiras, Outeiro de Ombra e Pedralonga ou da Tomada (San Tomé de Piñeiro); Chan da Armada (Monte Pedrouzos-San Tomé de Piñeiro); Chan da Lagoa (San Xián de Marín). Casa dos Lobos.
Chan da Armada: Necrópole formada por nove túmulos. O enterramento principal ten unha cámara poligonal e un corredor curto que se estreita na entrada. Escavada entre o 1953 e o 1957 baixo a dirección de R. Sobrino Lorenzo-Ruza. Atopáronse machados puídos, coitelos de sílex, anacos cerámicos, puntas de frecha en sílex, un percutor e tres bólas en pedra e arxila. No ano 2009 pintaron cunha inscrición en cor azul os esteos da cámara megalítica dun dos enterramentos.
Furna das Arcas: Entre os concellos de Bueu e Marín.
Mámoas da Chan de Fonteseca: Necrópole con dúas medorras.
Mámoas da Chan da Lagoa: Dúas mámoas, unha con cono de violación que amosa seis esteos.
Mámoas do Outeiro de Ombra: Necrópole con cinco medorras.
Mámoa do Rei: Inserida nunha mámoa de grandes dimensións, atópase nun estado de conservación lamentable. Formada por dez esteos, só catro se conservan na súa posición orixinal. Fáltalle a tampa. Presenta gravuras en forma de zigue-zague e un cruciforme.
A Pedra Longa: Coa cámara megalítica moi alterada, conserva dez ortostatos, dous con gravuras en forma de liñas horizontais. Declarada BIC.
 




 

MEAÑO 
Chan do Couto (A Igrexa-Simes); Chan de Lores (Simes); Tomada do Cura (Simes); Penaguda (San Amaro-Xil). 
Mámoas da Chan do Couto: Necrópole con catro túmulos. Un túmulo ten uns 20 metros de diámetro e 2 de altura, con cono de violación, non se observan restos de cámara. Próximas a un cortalumes. 
Mámoas de Chan de Lores: Necrópole con catro túmulos, un na parroquia de Simes e outros tres na de Bordóns (Sanxenxo).
Mámoas de Penaguda: Necrópole con tres túmulos nas que non se aprecian restos de cámara. A primeira mámoa ten unhas medidas aproximadas de 18 metros de diámetro e dous de altura. A segunda ten un diámetro aproximado de 16 metros. Da terceira apenas quedan restos debido á construción dunha pista.
 

MEIS 
Alto do Eixo (O Busto-A Armenteira); Outeiro de Deus (Chan de Colcova-A Armenteira); Casiña da Moura (Fonte do Lagarto-A Armenteira); Pozo das Mamoíñas (Outeiro da Lomba-A Armenteira); Alto da Riba da Canle (Plana de Pontella-A Armenteira); Monte Castiñeiras (A Vacariza-A Armenteira); Chan da Cruz, Choucín, Fonfría, Portela, Sobreiras do Vento (A Armenteira); Outeiro (Meis); Fonteseca (Talide-San Martiño de Meis); Monte da Cavada, Pozo da Salgueira (San Tomé de Nogueira); Monte de San Paio ou Monte da Caseta (O Cruceiro-San Tomé de Nogueira).
Casiña da Moura: Anta con cámara poligonal que só conserva un esteo no corredor. Declarada BIC. 
Mámoas da Chan de Colcova: Necrópole con catro mámoas. 
Mámoas da Chan da Cruz: Necrópole con catro túmulos. 
Mámoa do Pozo da Salgueira: Destruída por unha plantación forestal.
Nova mámoa: No mes de setembro de 2021 dende o servizo de arqueoloxía da Deputación da Coruña localizaron un novo petróglifo e unha mámoa con dolmen preto do Outeiro do Cribo. 
Machado: Machado puído con perforación proximal. Apareceu en Besomaño. No Museo de Pontevedra. 


 
MOAÑA
Biduído e Monte Xaxán (Domaio); Chan de Arquiña (Serra de Domaio-Domaio); Cista da Devesa e A Fontenla (Domaio); Marco Corvado (Moaña); Chan das Botas.
Chan da Arquiña: A cámara, poligonal, presenta once esteos, e cinco no corredor que se estreita a medida que se alonxa da cámara. Foi escavada por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza quen a restaurou no ano 1953. Declarada BIC.
A Fontela (Domaio): Xacemento do Neolítico ao aire libre escavado no ano 1982 por De la Peña Santos. Localizáronse casas de planta circular construídas con materias vexetais. Nun dos niveis atopáronse puntas de sílex e cerámica campaniforme, e noutro landras carbonizadas que permitiron datar este nivel arredor do ano 2460 a.C.
O Regueiriño: Xacemento do Neolítico ao aire libre, preto da costa e a pouca altura sobre o nivel do mar construído con materias vexetais que apenas deixan pegada no rexistro arqueolóxico. Documentáronse belotas carbonizadas e cereais. Apareceron fragmentos cerámicos decorados. 
Xacementos de A Devesa de Abaixo e Os Torradoiros: O primeiro foi descuberto no ano 1981 por Antón Costa do Grupo de Arqueoloxía do Morrazo, que atopou cinco pezas campaniformes no interior e nas proximidades de dúas pequenas fosas abertas no terreo. No ano 2003, dentro do programa de corrección do impacto arqueolóxico orixinado pola construción da vía de alta capacidade denominada como Corredor do Morrazo, realizáronse varias sondaxes, dirixidas por P. Vázquez Liz e María Pilar Prieto Martínez da empresa Arqueoconsulting, que permitiron a identificación de dúas zonas arqueolóxicas, unha a citada e outra a dos Torradoiros, recuperándose 5.524 pezas, 3.934 fragmentos cerámicos e 1.590 líticos, ademais dunha cista con estela, tres foxas ás que se lle atribúe unha funcionalidade funeraria, dúas estruturas de combustión e unha estrutura lítica imprecisa, quizais ritual.




 

 

MONDARIZ-BALNEARIO 
Cruceiro das Pedras e Dolme das Pedras (San Pedro-Mondariz). 
Dolme das Pedras: Peneda situada no lugar coñecido como O Bosque, nas inmediacións do río Xabriña e da capela románica do século XIII posta baixo o padroado de San Pedro. Na entrada deste blogue, Petroglifos de Galiza, tamén fago alusión a este conxunto formado por unha gran pena granítica que asenta sobre dous chanzos que semella a representación dun dolme. Na cima da rocha hai tres cruces sen imaxes e unha pía cadrada. En varias partes hai dúas cruces e pequenas coviñas insculpidas. Aínda que ninguén me informou de se ao seu redor existe algún tipo de folclore, semella que estamos diante dunha pena cristianizada.
 

MONDARIZ
Monte Mourelle (Mourelle-Gargamala); Mar de Auga (A Rúa-Gargamala); O Picoto (Meiroi); Penalta (Cabirtallo-Meirol);  Chan do Campo do Mouro (Mouriscados); Carballo da Armada (A Armada-Queimadelos); Mámoa de Fontefría. 
Mámoas da Armada (Queimadelos): Necrópole formada por tres mámoas. Baixo a supervisión do arqueólogo Alberte Reboreda, os veciños recuperaron os enterramentos colocando, ademais, uns paneis informativos con debuxos explicativos realizados por Kiko da Silva. Están situadas preto do Carballo da Armada, plantado, segundo a lenda, polo neto de Modrico, fundador de Mondariz. 
Mámoas da Chan do Campo Mouro: Todas as mámoas presentan cono de profanación. As pedras das que posuían cámara dolménica foron utilizadas en distintas construcións. 
Mámoas do Mar de Auga: Necrópole con dous túmulos.
Mámoa do Picoto: A 400 metros de altitude, no límite co concello de Covelo.
  
 

MORAÑA
A Lapa (preto da pedrafita da Lapa de Gargantáns (Gargantáns); Paraños (Paraños-Gargantáns); Monte Ardegán (Gargantáns); Silvoso (Lamas); O Deitadeiro (Chaián-Laxe); Conles e Laceiras (Laxe); A Chan (Querguizo-Laxe); Monte Louro (A Pallota-Rebón); Agoeiros e Santa Lucía (Saiáns); Guillarei (As Cortiñas-Saiáns); Monte de Agüeiros (Albeguería-Saiáns); Redondo (San Lourenzo de Moraña); Longás, Monte Ardegán e Saídos das Rozas (Santa Xusta de Moraña). 
Mámoas do Deitadeiro: No monte Chaián, necrópole formada por catro mámoas, unha delas moi achandada. 
Mámoas da Chan: Necrópole con tres túmulos.  
Mámoa de Guillarei: Túmulo de 15 metros de diámetro e 1,10 de altura. Cono de violación. Case arrasado polos labores agrícolas. 
Mámoas do Monte Laceiras: Necrópole formada por 5 túmulos.  
Mámoa de Paraños: 16 x 12 metros de diámetro e 0,90 de altura. Cráter de violación.  
Mámoas de Saídos das Rozas: Necrópole compartida coa parroquia de Couso (Campo Lameiro). 
Mámoa de Santa Lucía: Túmulo de 13 metros de diámetro e 0,40 de altura. Cono de violación.
Machado (Querguizo-Laxe): Puído de cuarcita. No Museo de Pontevedra.
  
 

 
MOS
Chan da Carreira (Erville-Cela); Coto dos Mosquitos (Cela); Anta do Meixoeiro e As Mámoas (San Cosme-Cela); Anta da Mámoa das Pereiras (Cela); Alto do Marco e Louredo (Louredo); Alto do Rebullón e Alto de San Colmado (Tameiga); Lariñó (Lariñó-Torroso).
As Pereiras: Escavada durante unha intervención de urxencia pola apertura dunha pista no ano 1983. Violada, algúns elementos construtivos foron reaproveitados noutras construcións. Apareceron algúns fragmentos lisos de cerámica.
Anta do Meixoeiro: Desprazada do asentamento orixinal, foi reconstruída nos terreos do Círculo Mercantil de Vigo, coñecida tamén como de San Cosme das Minas. Ten cámara formada por seis esteos, con corredor e lousa cobertora.
Mámoas da Chan da Carreira: Dous túmulos afectados por unha pista forestal. Cráter de violación.
Mámoas do Rebullón: Destruídas, emprazábanse nos limítes dos concellos de Mos e Vigo, foron reconstruídas xunto o centro cultural As Pardiñas. (Información e foto achegada por Xoxé Couñago).
Puñal de Cela: Dado a coñecer por Martínez Santaolalla a mediados do século XX, foi estudado por Suárez Otero que lle dá unha orixe nórdica pero que non pertencería á etapa megalítica, senón a un período de relacións atlánticas do Bronce Inicial ou do Bronce pleno.



 

AS NEVES
Paradanta (Cerdeira); Liñares (Liñares); Coto do Facho, Os Pociños e Poza das Arcas (As Neves); Monte do Ceo (Bruñeiras-As Neves); Cachadiña (Pedrouzón-Setados); A Pedra da Moura (O Mouro-Taboexa); Monte Carboeira (A Carboeira-Tortoreos); Monte Vilariño (Redondelo-Tortoreos); O Castro (Vide). 
Mámoa no Monte Carboeira: De 10 metros de diámetro e 0,40 de altura. Cortada por unha gabia feita para a plantación de piñeiros. 
Mámoa da Portela: Dábase por desaparecida no ano 2006, cando se fixo a repoboación forestal. Nos terribles lumes que no outono de 2017 afectaron ao concello quedou á vista.
 

 

NIGRÁN
As Chans e Mámoa das Requeixadas (Camos); Chandebrito (Chandebrito); Mámoa dos Concellos (Parada); A Mámoa, As Medoñas e Monte Maúxo (Priegue); Vilariño (Vilariño).
Mámoa dos Consellos: Desaparecida. Apareceron restos cerámicos, machados de cuarcita puída, puntas de seta, trapecios, etc.
Mámoa das Requeixadas: Ten un diámetro de dezasete metros e unha altura de un metro. Consérva a coiraza pétrea. Presenta cráter de violación.
Mámoa das Chans: O Instituto de Estudos Miñoranos e o clube de espeleoloxía Maúxo alertaron da destrución de varios bens, entre outros a mámoa das Chans que desapareceu pola construción dun circuíto de cros que carecía de autorización de Patrimonio xa que se trata dunha zona protexida.
Dos varios grupos que había na parroquia de Priegue, na actualidade só se conservan tres ou catro mámoas.


OIA
Chan dos Coellos (Os Eidos de Arriba-Burgueira); Areeiro (Torroña-Burgueira); Chan da Valga e Ponte Salgueiriños (Loureza); Chan de Campos e Cortello do Porco (Mougás); A Chavella (A Chavella-Oia); O Bosque (xunto o castro do Bosque-Oia). 
Mámoas de Areeiro: Necrópole con dous enterramentos. 
Mámoa da Chan dos Coellos: A 475 metros de altitude. De 12 metros de diámetro e cráter de violación. Moi alterada.     
Mámoas da Chan da Valga: Necrópole formada por catorce mámoas, catro delas arrasadas pola apertura de pistas. No mes de xullo de 2010, nesta mesma zona, no lugar coñecido como Alto da Cunchada, unha máquina achandou un xacemento onde apareceron pezas datadas entre o Neolítico e a Idade do Bronce. 
Mámoa do Cortello do Porco: A 470 metros de altitude.    
En Torroña utilízase a tampa con gravuras de cazoletas dunha anta como soporte dunha marquesiña da parada do autobús. A cuberta foi trasladada ao lugar dende o campo de mámoas da serra da Groba.
 

PAZOS DE BORBÉN
Alvedosa, Barros, Chans da Espiñeira, Laxe das Cruces dos Carballiños, A Matanza (Amoedo); Monte Buxel (O Carballiño-Amoedo); Monte Espiño e Rego Novo (Lamasausán-Amoedo); Alén, Coto de Cepeda e Mina de Abaixo (Alén-Cepeda); Galleiro, Monte da Rotea, Monte da Serra (Cepeda), Fontaíña (O Cabo da Raña-As Xunqueiras). 
Mámoas de Alén: Dúas mámoas, unha de 20 metros de diámetro e 1,8 de altura con cono de violación. A segunda ten 27 metros de diámetro e 2,6 de altura, tamén con cono de violación. 
Mámoas de Alvedosa: Necrópole con seis enterramentos que van dos 21 aos 14 metros de diámetro, e unha altura que oscila entre 2 e 0,8 metros. Todas con cono de violación. 
Mámoa do Coto de Cepeda: De 9 metros de diámetro e 0,7 de altura. Cono de violación. 
Mámoa de Fontaíña:  Diámetro de 16 metros e 1,2 de altura. Cráter de violación. 
Mámoas do Galleiro: Necrópole con dous túmulos de 17 e 16 metros de diámetro. Cráter de violación.        
Mámoas do Monte Buxel: Necrópole con cinco enterramentos que oscilan entre os 14 e 24 metros de diámetro, cunha altura que vai dende os 2 a 0,9 metros. Todas teñen cono de violación, e algunha presenta restos da coiraza pétrea. 
Mámoas do Monte Espiño: Necrópole con catro enterramentos que van dos 22 aos 16 metros de diámetro e unha altura de dous a un metro. Todas teñen cono de violación. 
Mámoa do Monte da Serra: 14 metros de diámetro e 1,2 de altura. Cráter de violación. Restos de coiraza pétrea. 
Mámoa do Rego Novo: Duns 15 metros de diámetro, presenta cráter de violación. Ao seu carón existe unha pista forrestal que afectou parcialmente a uns dos seus laterais. Forma parte dun vasto conxunto de petroglifos e outras mámoas. (Información de Óscar Franco en patrimoniogalego.net).
   

 

 

POIO
Chan do Couto (Samieira); Monte da Tomba (San Xoán de Poio); Monte de Mon (Campelo-Montecelo-San Xoán de Poio); Monte Escusa (A Escusa-San Xoán de Poio); Montecelo (Montecelo-San Xoán de Poio). 
Estela de Poio: Datada arredor do 2500 a.C. Peza granítica que actuaba como tampa sepulcral dunha tumba medieval de lousas da necrópole existente nas inmediacións da igrexa de San Salvador de Poio, descuberta cando unhas obras no adro. Os elementos decorativos de difícil interpretación levan a vinculala coas representacións aparecidas nos esteos verticais das cámaras megalíticas, aínda que hai quen defende que se trata dunha estela-menhir á que lle faltan partes nos extremos superior e inferior. Presenta unha figura antropomorfa e outros motivos, quizais vencellados ao culto aos mortos.  
Mámoas do Monte de Mon: Un enterramento situado case no cume, por debaixo do coñecido como monte do Castro. Escavado no ano 1983 polos alumnos do Colexio Público de Lourido baixo a dirección de Antonio de la Peña Santos, espelida experiencia pedagóxica impulsada polo mestre don Buenaventura Aparicio Casado que, por desgraza, non tivo continuidade.
Mámoas do Monte da Tomba: Necrópole con tres túmulos.
 
  

PONTEAREAS
Cumiar (Cumiar); Chan do Campo do Mouro (Guillade); Padróns (Padróns); Casa da Moura, Mámoa da Lomba do Carballo Escuro, O Salgueirón (Cillarga-Ribadetea).
Mámoas de Cillarga: No ano 2008 os veciños de Ribadetea enviaron senllos escritos ao Concello e á Xunta de Galicia sobre os problemas que xeraría a explotación dunha canteira en Cillarga e que afectaría a varias mámoas e a un depósito da Idade do Bronce. A pesares da concesión da explotación por parte do Concello, que se baseaba nun informe de Patrimonio no que aseguraba que non había ningún xacemento, os veciños demostraron o contrario polo que a Xunta tivo que paralizar a canteira. 
Mámoa da Casa da Moura: Moi achandada por un cortalumes e a repoboación forestal. Cóntase que antigamente aquí subían os vellos antes de morrer, e aquí os deixaban. (Historia recollida por Jhonathan Zúñiga).   
Chan do Campo do Mouro: Necrópole formada por unha ducia de túmulos lindante cos concellos de Mondariz e Salvaterra de Miño.
Machado: No Museo de Pontevedra custódiase un machado puído de cuarcita atopado nalgunha parte do concello.
 
 

 
PONTE CALDELAS 
Outeiro da Mina (Carballo das Arcas-Taboadelo); Cruz de Brasil e Ermida de Cristo Rei (Tourón); Suído e Testeiro (Serra do Suído, nos límites das provincias de Pontevedra e Ourense).
Mámoas da Cruz de Brasil: Necrópole con tres túmulos.
Mámoas da Ermida de Cristo Rei: Necrópole con dous túmulos.

PONTEVEDRA
Agro do Cabaleiro e Fonte da Moura (Campañó); O Román ou Cruceiro (A Canicouva); O Catadoiro (Lourizán); Monterilla (Pintos-Marcón); Chan das Cruces (O Rañadoiro-Ponte Sampaio); Chan da Raña (Pontevedra); Louredo (Louredo-Salcedo); Sete Camiños (Lourizán); Muimenta (A Muimenta-Salcedo); Monte Burburiña (Santa María de Xeve).
Mámoas do Campiño: No Polígono Industrial do Campiño. Trátase de dúas mámoas que forman parte da necrópole da Chan da Raña. Teñen un diámetro de 15 e 18 metros e unha altura dun metro. Data de hai entre 4.000 e 6.000 anos. Nunha actuación de urxencia realizada no ano 1994 saíron á luz varias pezas, entre outras varias puntas de frecha de seixo de boa factura, hoxe en día no Museo de Pontevedra. No ano 2010 acometéronse unha serie de actuacións para poñelas en valor.
Mámoa do Catadoiro: Mámoa atopada no ano 2003. Con eucaliptos plantados no cono de violación, presenta restos de cámara megalítica. 
Mámoas da Muimenta: A plataforma de parroquias afectadas polas obras da Brilat denunciou que os militares estragaron unha mámoa cando a construción dunha "aldea afgana", obras que tamén afectaron ao petroglifo do Regato dos Buratos. Frei Martín Sarmiento escribiu no ano 1754 que "En el lugar de Moimenta, río arriba del río Lérez de Pontevedra, hai cerca un campo de mámoas".
Lourizán: No mes de outubro de 2013, o arqueólogo Lukas Santiago notificou unha nova mámoa no monte de Lourizán, no espazo natural dos Sete Camiños.
 

 

O PORRIÑO
Monte Carexón (Atios/Budiño); Couto Vello, Devesa do Rei e Vilafría (Vilafría-Atios); Cista de Atios (Tanés-Atios); As Gándaras (Budiño); A Queimada (Os Cabreiros-Chenlo); Chan da Carreira e Chan do Foxo (O Saramagal-Chenlo); O Calvario e As Madroas (Mosende); Pedras Roibas. 
Mámoa da Chan da Carreira: No límite co concello de Mos.  
Mámoas do Chan do Foxo: No Alto da Fonte do Pobo, a 550 metros de altitude. Necrópole con seis medorras.  
Cista de Atios: Idade do Bronce. Descuberta no ano 1967. Foi escavada por Álvarez Blázquez. De planta rectangular, estaba formada por catro laxes de pedra e tampa cobertoira. O cadáver estaba orientado cara a posta do sol, cunha pedra de cuarzo que marcaba a posición da cabeza. Apareceu material funerario dunha gran pureza composto por puñais de cobre, canutiños de ouro (utilizaríanse no cabelo) e unha espiral de prata. 
As Gándaras de Budiño: Apareceu un machado e catro testos dun vaso campaniforme. 
Chan da Eiriña (Ermida-Cans): Asentamento do Calcolítico. 
O Cotriño (Figueiras-Mosende): Asentamento do Calcolítico.


PORTAS
A Cardadeira (O Liñar-Portas); Castro Porta do Conde (O Monte-Portas); Pé do Monte do Castro (Portas); Vila de Amigo (Romai). 
Mámoa da Cardadeira: Mámoa de 30 metros de diámetro e 2,30 de altura. No interior agocha unha anta con corredor. 
Mámoa Pé do Monte do Castro: Violada. Mide 16 metros de diámetro e un de altura. 
Mámoa da Porta do Conde: Túmulo de 20 metros de diámetro de 1,50 de altura. Violada. 
Mámoa Vila de Amigo: Entre as parroquias de Valiñas (Barro) e Romai (Portas), no monte Bouza do Rei, a 100 metros de altitude. De 11 por 8 metros, perdeu case toda a masa tumular.
  
REDONDELA
Chan Pedras do Coto e Coto Rapado (Monte Penide-Caveiro); Pedras dos Picos (Caveiro); O Coto e Monte do Castro (Negros); Chan das Formigas, Mámoa do Rei, Chan da Cruz, Chan do Rato, Poza da Lagoa e Teixugueiras (Monte Penide-Trasmañó); Vilar do Mato (Ventosela); Os Lagos, Chan de Pipas, O Coturro e Santiaguiño das Antas (Vilar de Enfesta).
Chan do Rato: Unha mámoa desapareceu a principios do ano 2000. No mes de novembro de 2013, o arqueólogo Xurxo Constela criticou unha intervención realizada pola Comunidade de Montes de Trasmañó no entorno dunha mámoa da Chan do Rato e nos petroglifos da Porteliña, durante os traballos de tala, acción que foi denunciada polos comuneiros da parroquia de Cabeiro.
Mámoa do Rei: Pertence á necrópole do Monte Penide. A anta, inserida nunha mámoa, conserva seis esteos, co da cabeceira tirado no interior da cámara.
Mámoa do Santiaguiño: Segundo información recollida do facebook de Arqueoloxía de Galicia, Kike Estévez Hernández di que se atopa en estado total de abandono, ademais de estar sen sinalizar, polo túmulo pasan motos, quads, etc.
Necrópole de Monte Penide: Formada por uns 70 túmulos, coñecidos como Os Cortellos dos Mouros. A máis salientable é a Mámoa do Rei. Proposta como Ben de Interese Cultural.
No mes de xullo de 2011 o colectivo Alén Nós e a asociación ecoloxista Verdegaia denunciaron uns movementos de terras que se realizaron nunha zona do monte de Cedeira con maquinaria pesada, un lugar próximo ás mámoas e petroglifos do Monte Penide. A necrópole megalítica do Monte Penide foi declarada conxunto histórico-artístico no ano 1970. Alén Nós xa denunciou no ano 2007 os danos causados por un tractor en dúas mámoas, así como o paso de motos de cros por unha pista que atravesa os petroglifos da Chan da Cruz. A Comunidade de Montes de Negros expresou o seu apoio ao proxecto da asociación cultural Alén Nós para crear un parque arqueolóxico no Monte Penide. Conscientes do seu gran valor cultural, dende a comunidade amosaron o seu compromiso de ceder os terreos onde se atopan os restos arqueolóxicos. Nos traballos realizados durante o ano 2013 para a súa promoción e posta en valor, catalogáronse cinco mámoas e seis petroglifos inéditos. O arqueólogo responsable do proxecto, Xurxo Constela, salienta entre os elementos máis singulares o achado dunha gran mámoa duns 27 metros de diámetro e dous de altura no Cabeiro, preto do monte Vixiador, que foi localizada por Xosé Couñago, e tamén unha especie de pedrafita ou ídolo con gravados da Idade do Bronce cuxa simboloxía se descoñece, situada preto do castro de Negros. As actuacións foron impulsadas pola Asociación Alén Nós e o Concello de Redondela e dispón dunha ruta sinalizada que facilita o seu percorrido.
Mámoa da Pedras dos Picos: Mámoa inédita. Localizada por membros da Comunidade de Montes de Caveiro.
No mes de xaneiro de 2012, a asociación Alén Nos denunciou a destrución por unha escavadora dunha mámoa no Monte Penide.


 


RIBADUMIA
Topónimo: Aldea da Mamoela, na parroquia de Ribadumia, seguramente en alusión a un enterramento do Neolítico.
 
RODEIRO 
Agro da Birtiña, Cumio, Finca Areas, Finca Casarellas, Lameira, Paredes, Raxoa, Redomiños, Romeo e Rañestras (Álceme); Finca da Mámoa (A Latiza (Álceme); Croio Branco, Padín, Pena de Francia e Toiriz (Arnego); Coto de Caxide e Portela de Faro (Asperelo); Monte Cabeza (Aboldrón-Camba); Forno Vello (Vilafría-Camba); Alén, Chousa do Arnego, Mámoa do Capón, Mosqueiros, Pedrouzos (Carboentes); Cista das Antas (As Antas-Carboentes); Monte Castelidos (Fafián); O Mato (Adelán-Guillar); Chousas de Arriba (Areas-Guillar); Chousa das Mámoas, Coto do Mao, Monte Silcovo, As Naveiras, O Trigal (Guillar); Agro de Riba e Finca Levedouro (Os Vilares-Guillar); Aldar e Monte de Guillar (Guillar); Cima da Costa (Outeiro-Guillar); Montecelo, Renovas (Negrelos); Barbeitos e As Manuíñas (Barbeitos-Negrelos); Lama de Mera e Vilameá (Vilameá-Negrelos); Monte do Rachado (Pedroso); Chousa do Coto (A Penela-Pedroso); Gandareira ou do Raposo (Couto das Barrosas-Pedroso); Finca Regueira da Lebre (Eirexe-Pedroso); Monte Pedroso (Pedroso); As Gandareiras (A Ponte-Pedroso); Os Castros (Achacán-Pescoso); Casa dos Mouros (A Penela-Pedroso); Borriqueiro e Piñeiras (A Portela); Auga Levada, Coto de Costoia, Ladeira da Fonte, Mouriz e Sagüeiros (Río); Coto do Ceo (Monte Arcelas-Riobó); Agro do Campo, Cista de Rodeiro, Chousa de Auga Regada, Chousa do Borraxeiro, Costa dos Ramos, Coto de Antón, Coto da Pechira, Coto da Pedreira, A Laxa, Monte Reboredo e Tangaferros (Rodeiro); Coto dos Mouros (Alemparte-O Salto); Cotarela de Arriba e Mámoa do Lobo (Casardixo-O Salto); Monte Faro (O Salto e Santa Baia de Camba); Monte da Laxe, Monte dos Marxos, Revolta de Vales (O Salto); Os Castros (San Cristovo do Az); Os Gorgullóns (Vilaravide-San Cristovo do Az); Lamacova (Vilaverde-San Cristovo do Az); Camiño Real (San Pedro de Senra); As Mamoelas (San Cristovo do Az); Vilameá (Vilameá-San Cristovo do Az); A Potela (Santa Baia de Camba); Romariz (As Trabancas); Cantelle e Coto das Mamuíñas (Vilela).
Mámoas de Caxide e Alén: Necrópole formada por cinco mámoas, todas violadas, dúas moi alteradas pola apertura de pistas.
Mámoas da Cotarela de Arriba: Necrópole con tres enterramentos.
Coto dos Mouros: Anta de boas dimensións inserida nunha mámoa con cámara formada por oito esteos; un dos ortostatos presenta restos pictóricos en cor vermella formando zigue-zagues. No ano 2000 fíxose un lume no interior que afectou ás pinturas da cámara. Declarado BIC. 
Mámoas de Gandareiras ou do Raposo: Necrópole formada por tres enterramentos.  
Coto da Pedreira: Necrópole con sete enterramentos. 
Mámoas de Lamademena: Necrópole formada por cinco mámoas. 
Mámoas do Lameiral: Necrópole formada por cinco túmulos. 
Mámoa da Latiza: Un túmulo atópase medio desfeito, no medio dun campo de motocrós hoxendía en desuso. 
Mámoa das Mamoelas: Os lumes do mes de setembro nos montes de San Cristovo do Az, no monte Farelo, deixaron ver esta mámoa duns 16 metros de diámetro e 1,5 de altura. Foi mutilida por un pista e achandada polos labores agrícolas. Vense un par de lousas que pertenceron á cámara funeraria. 
Mámoas do Monte Cabeza: Situadas a uns 870 metros de altitude. A necrópole, incluída no PXOM e no Inventario da Xunta, está formada por tres mámoas que se viron afectadas por traballos agrícolas realizados na primavera do ano 2017, feito denunciado por Jhonathan Zúñiga. Arredor do ano 2005, unha vez construído o parque eólico Serra do Faro-Monte Cabeza, procedeuse á limpeza das mámoas que se atopaban afectadas pola instalación eólica. Uns anos despois colocouse xunto elas un panel informativo. Os túmulos teñen unhas medidas de 16, 13 e 17 metros, e unha altura de 0,80, 0,60 e 1,20 metros respectivamente. Todas teñen restos de coiraza pétrea.  
Mámoa do Monte das Cabras: Citada por López Cuevillas e Bouza Brey en Os Oestrimnios, os Saefes e a Ofiolatría en Galiza. Atopouse un machado puído con perforación proximal, custodiado no Museo de Pontevedra. O túmulo foi aberto polos obreiros que traballaban nas obras da estrada de Lalín a Chantada. 
Monte dos Marxós: Un dos esteos presenta unha decoración de liñas horizontais flanqueadas por unha banda de triángulos. Destruída no ano 2000 por unha escavadora, os ortostatos foron trasladados do seu emprazamento orixinal. 
Mámoas do Piñeiral: Necrópole con catro mámoas. 
Parque eólico de Penas Grandes: Localizáronse cinco túmulos.
Cista das Antas: Monteagudo achega o debuxo dunha lousa decorada e un recipiente cerámico atopadas en As Antas, parroquia de Carboentes.
Cista de Rodeiro: No Museo Municipal de Rodeiro consérva unha lousa decorada.
 



 

 


 
 
 
O ROSAL
Monte do Torroso (Paracenteo-O Rosal): Citada por Filgueira Valverde e García Alén en Materiales para la Carta Arqueológica de la Provincia de Pontevedra (1956).

SALCEDA DE CASELAS
Cebreiros, Coto da Cruz e Monte Penide (A Picoña).
Mámoas de Cebreiros: Necrópole formada por dúas mámoas, ambas con cráter de violación.
Mámoas do Coto da Cruz: Dous túmulos, un con cono de violación e algúns piñeiros plantados sobre a masa tumular; a segunda mámoa foi case destruída por unha pista que deixou ao descuberto dous ortostatos da cámara. 
Cicel: No Museo Quiñones de León de Vigo exponse un cicel.  

SALVATERRA DE MIÑO
Salgosa (Fiolledo); A Laxe (Fornelos); Oleiros (Oleiros); O Castros (Os Castros-Soutolobre); A Telleira.
Mámoas de Oleiros: Frei Martín Sarmiento escribiu no ano 1754 que "Oleyros, cerca de Salvaterra de Miño, tiene muchas mámoas". Debe referirse ás da Salgosa que foron destruídas por unha canteira.
Mámoa da Laxe: Entre as parroquias de Fornelos e Moreira (Ponteareas). Moi achandada. 
Mámoa da Telleira: Foi utilizada a mediados dos anos cincoenta dos pasado século XX como forno de telleira, de aí o nome.
 
SANXENXO
Brañas e As Mamelas (Adina); Montalbo (Arra); O Chan da Gorita e Chan de Lores (Bordóns); Faro de Noalla (Noalla); A Cerrada, Monte Mourillón, A Porta do Ferreiro (Peai-Vilalonga).
Mámoas da Chan da Gorita: Necrópole formada por oito mámoas, algunhas coñecidas cos nomes de Petouto dos Cregos, preto da Pedra do Amio, dos Pezóns e da Árbores. Na do Petouto dos Cregos, de grandes dimensións, aprécianse restos de escavacións furtivas recentes. En xeral, atópanse en regular estado de conservación.
Mámoas de Chan de Lores: Necrópole con catro túmulos, un na parroquia de Simes e outros tres na de Bordóns (Sanxenxo). 
Mámoas do Faro: Necrópole compsta por unha ducia de mámoas.
Para máis información, pódese ver o roteiro polas mámoas da Chan da Gorita na páxina da Asociación Cultural Andarela.




 

SILLEDA
CampomarzoChousa Nova (Campomarzo-Abades); Os Chaos, A Lagoa, Monte da Costa e Segade (Cortegada); A Moa (A Moa-Manduas); Campo de Marzo e A Igrexa (Manduas); Parada (Parada); Agra dos Castros (Meixomence-Ponte); Mámoa da Braña ou Portocanizo (Corrospedriños-Refoxos); As Mamuelas e Tixoa (Refoxos); Os Curros (Curros Pedriños-Refoxos); As Ferreiras e Mámoa Pequena (Siador); Costa do Laro e Monte Coto do Lobo (Barrio-Siador); O Penido (Gandarachá-Siador); Campo das Latas e Mourelos (Silleda); Monte da Mámoa (Mera-Silleda); Casa Vella (Toiriz-Silleda); Coto do Lobo (Fontefría-Xestoso); Monte de Xestoso (Xestoso); Chan dos Petos; Monte AltoPoide. 
Mámoas da Agra dos Castros: Necrópole con tres túmulos. Unhas das mámoas foi destruída na súa totalidade polos labores agrícolas.   
Mámoa da Braña: Coñecida tamén como Mámoa de Portocanizo. Formaba parte dunha necrópole de 27 túmulos. A lousa número 2 é un dos varios elementos que integraban a cámara dolménica (formada por quince lousas), destruída polos labores agrícolas no ano 1974. As gravuras desta lousa están constituídas por ondulados centrais arrodeados dunha fileira de círculos de diferentes tamaños, na parte superior un a xeito de sol que enlaza cos ondulados que poderían ser representacións de serpes ou ondas de auga, quizais asociados a cultos de fecundidade e renovación vinculadas ao culto funerario. A cronoloxía podería estar arredor do século III a.C. No Museo de Pontevedra.      
Mámoas de Campomarzo: Necrópole de cinco mámoas parcialmente destruídas cando a ampliación dunha estrada. Nunha recente intervención atopáronse preto de corenta pezas de industria lítica, entre outras dous burís e unha lámina de sílex. 
Mámoas da Chousa Nova: En Abades. Nun dos enterramentos atopouse un colar de doas de ámbar e variscita que ocupaba o centro da cámara, unha pequena aixada, un cicel, un afiador, núcleos e unha raspadeira de xaspe, fragmentos de láminas de sílex e un buril de seixo. Afectada pola obras do AVE, a mámoa foi reposta no seu emprazamento orixinal no ano 2010. 
Mámoas da Costa do Laro: Necrópole formada por catro túmulos, situado a case 700 metros de altitude, no cume do monte Conroa. Nunha das mámoas, de 22 metros de diámetro, puxeron un vértice xeodésico. 
Mámoa do Coto do Lobo: Duns 30 metros de diámetro. Cráter de violación. O túmulo está atravesado polo peche dunha finca.     
Mámoa do Coto das Madorras (Lamela): Mámoa destruída por unha canteira. 
Mámoa da Igrexa: Destruída cando a construción dunha granxa. 
Mámoas da Moa: As dúas mámoas que formaban a necrópole foron destruídas. 
Mámoas de Parada: Necrópole formada por dúas mámoas.
  
 
 

 

SOUTOMAIOR
Mámoas da Bouza da Mosca (A Moreira-Soutomaior): Dúas mámoas, unha de grandes dimensións sen restos de cámara e coiraza pétrea; a segunda é de pequenas dimensións con cráter de violación. 
Mámoa do Chan do Rego (Moreira-Soutomaior): Do cráter de violación asoman dous ortostatos da cámara. 
Mámoas do Coto do Monzón (A Moreira-Soutomaior): De pequenas dimensión con cráter de violación. Coiraza granítica. Sufriu varias alteracións pola construción dunha torre de vixiancia forestal e o acondicionamento de accesos á mesma. 
Mámoas do Monte Espiñeiro (A Moreira-Soutomaior): Necrópole con dous túmulos. O primeiro é de grandes dimensións, no interior vense dous ortostatos graníticos da cámara; restos de coiraza. O segundo é de medianas dimensións; perdeu gran parte da masa tumular.  
Monte do Espiño de Arriba (A Moreira): Apareceron fragmentos cerámicos sen decorar e líticos pertencentes ao Neolítico Inicial/Medio. Foron descubertos cando a construción do oleoducto Coruña-Vigo, realizado polo Grupo de Investigación de Arqueoloxía da Paisaxe.
 

 

TOMIÑO 
Cerro das Veiguiñas, As Chans, Os Curros (Barrantes); Alto da Cruz, Os Curros, Monte da Pedrada, San Xinés (Vilachán do Monte-Barrantes); Forcadela (Forcadela); Goián (Goián); Casiña de Ouro, Escampada dos Porcos, Tomada da Igrexa (Pinzás); Chan do Piñeiro (Piñeiro); Areeiro, Mámoa do Castro (Tebra). 
Mámoas do Alto da Cruz: Tres mámoas con cráter de violación.  
Mámoas de Areeiro: Necrópole formada por catro mámoas. 
Mámoas do Cerro das Veiguiñas: Necrópole composta por dúas mámoas. 
Mámoas da Chan do Piñeiro: Necrópole formada por dous túmulos. 
Mámoas dos Curros: Necrópole formada por seis túmulos situadas a carón do regato de
Vilachán do Monte. Nalgunha mámoa vense os ortostatos que formaban parte da cámara megalítica. 
Mámoas de San Xinés: Necrópole formada por tres túmulos. O conxunto atópase totalmente cuberto pola maleza o que fai difícil a súa visualización. Atópanse a carón dunha pista comunal de terra. (Información de Óscar Franco en patrimoniogalego.net). 
Mámoas do Monte Pedrada: Trátase de dous túmulos alterados por unha pista de terra comunal. (Información de Óscar Franco en patrimoniogalego.net).    
Mámoas de Vilachán: Os túmulos atópanse bastante achandados. Dous foron escavados no ano 1961, un conservaba dous esteos, o outro tres. Recuperáronse restos cerámicos. 
No mes de setembro de 2011, o arqueólogo Gustavo Pascual Hermida denunciou a destrución por unha escavadora dunha mámoa situada no monte Castiñeira, na parroquia de Pinzás. 
Machado (Figueiró): Machado puído de cuarcita con perforación proximal. No Museo de Pontevedra.  
 
  


TUI  
Seixos Albos (Areas); Chan do Tetón (Recarei-Malvas); Chan da Castiñeira (Malvas); Oións (O Monte-Pexegueiro); A Chan Longa (Monte Aloia-Pazos de Reis); Chan do Coello (A Abelleira-Randufe); Covas da Trapa (Monte Aloia).  
Covas da Trapa (Monte Aloia-Ribadelouro): Coñecidas tamén como Milagres da Trapa e O Pedragullo. No interior identificouse un número elevado de materiais arqueolóxicos (recipientes cerámicos e líticos) e algunhas mostras de arte rupestre (coviñas, e no exterior unha cruz de termo). Segundo Eduardo Méndez-Quintas (2020), as características dos materiais encaixan en cronoloxías prehistóricas, especialmente dentro do Neolítico final e a Idade do Bronce. As condicións de ocupación, posiblemente funeraria, amosan unha continuidade cronolóxica na ocupación deste tipo de espazos.
Machado puído (Rebordáns): No Museo Quiñones de León de Vigo.
Mámoas da Chan Longa (Monte Aloia): Necrópole formada por dous túmulos. Cráter de violación.   
Mámoas da Chan do Tetón: Necrópole formada por once mámoas.   
Mámoa das Malvas: Pequena mámoa con cono de violación do que sobresae un esteo.  Mámoas de Oións: Necrópole con seis túmulos.
  



VALGA 
A Trema (Balleas-Cordeiro); Menlle (Cordeiro); Martores e Pedra do Viño (Martores-Valga); A Medela (Valga). 
Mámoas de Menlle: Dous túmulos, un no límite coa parroquia de Dimo (Catorira).
Mámoas da Pedra do Viño: Necrópole formada por tres túmulos, todos con cráter de violación e alterados polas actividades forestais. 
Mámoa da Trema: Mámoa de 24 metros de diámetro e un de altura. Na superficie do túmulo aprécianse abundantes pedras graníticas, medias e pequenas, que se poderían corresponder cos restos dunha coiraza pétrea. Non se observan indicios de cámara.

VIGO
Campo das Mámoas e Pedra Cavalaria (Beade); As Xunqueiras (Bembrive); Cotogrande (Cabral); Anta de Ermide (Ermide-Candeán); Casa dos Mouros, Chan do Labrador, Chan dos Touciños e A Madroa (Candeán); Costa da Freiría (Monte Vixiador-Candeán); A Madorra (Teis); A Estea (A Estea-Saiáns); Gándara de Arcos (Valadares); Chan Seca, Chan de Xisto, Marcosende, As Pedreiras (Zamáns).
Casa dos Mouros: Dolmen con cámara poligonal composta por seis esteos, a tampa atópase apoiada sobre a anta. No mes de novembro de 2016 un terrorista do patrimonio deixou a súa inculta pegada enn varios esteos, pintándos de negro. Nun sondeo realizado no mes de xullo de 2022 saíu á luz unha punta de frecha, machados puídos e material cerámico; tamén se descubriu un corredor de acceso á cámara.
Chan dos Touciños: Necrópole situada preto do cemiterio de Candeán formada por catro mámoas, unha parcialmente destruída. Declarado BIC. 
Costa da Freiría: Anta de oito esteos e restos de corredor inseridos nunha mámoa. 
A Madroa: Necrópole formada por dous enterramentos megalíticos escavados furtivamente. 
Mámoa de Chan de Xisto: A mámoa foi destruída previa á intervención. O enxoval atopouse espallado entre a terra que formaba o túmulo. Destaca un gran recipiente e os diferentes microlitos tallados.     
Necrópole de Candeán: Conxunto de túmulos entre os que se atopan os tres citados. Declarada BIC.
Mámoa da Gándara: Cráter de violación. 
Necrópole do Monte Vixiador: Declarada BIC. 
Necrópole das Pedreiras: Formada por catro enterramentos. A Mámoa número 2 ten 16 metros de diámetro e 0,70 de altura; do cono de violación saen tres ortostatos. A mámoa número 3 mide 19 x 18 metros e ten unha altura de dous metros; ten cono de violación e conserva restos da coiraza pétrea. A mámoa número 3 mide 15 x 14 metros, e 0,60 de altura; do cráter de violación sae un ortostato; apareceu unha punta de frecha.    
Presenza documentada dunha mámoa onde hoxe en día se levantan as instalacións do Clube Financeiro de Vigo.




 



VILA DE CRUCES 
Necrópole do Marco do Camballón (Oirós).
Marco do Camballón: Necrópole formada por 15 túmulos dos que tres conservan restos de cámara e outros tres anel pétreo. Na coñecida como a número 5 apareceron restos cerámicos campaniformes e un disco perforado, presentando, ademais, unhas gravuras serpentiformes e un motivo solar ou heliforme. A maior parte das mámoas foron escavadas no ano 1973 nunhas actuacións dirixidas por Xosé Carlos Sierra. Despois de moitos anos volvín polo lugar a principios do mes de novembro de 2013 e atopeina, como adoita acontecer coa meirande parte dopatrimonio galego, nun estado total de abandono. No mes de maio de 2017 o Concello anunciou a posta en marcha dun plan para limpar os túmulos, sinalizalos e divulgalos. 
Parque eólico do Monte Castelo: Entre Lalín e Vila de Cruces. Documentáronse sete túmulos e un petroglifo.
 

 

VILABOA 
Chan da Armada, Chan de Fonteseca, Outeiro de Ombra (O Pereiro-San Tomé de Piñeiro); Cista da Chan de Agrelo (Vilar-Santa Cristina de Cobres); Outeiro dos Asubións (A Graña-Vilaboa); Chan de Castiñeiras, Mámoa do Rei, Pedralonga e Pena da Moura (Chan de Castiñeiras-Vilaboa); Cavada do Pito e Chan da Cruz (Postemirón-Vilaboa); Cavada dos Burros. 
Mámoa Cavada do Pito: Actuaba como marco divisorio entre os concellos de Marín, Pontevedra e Vilaboa. Mámoa con cono de violación onde se poden ver cinco esteos. 
Mámoas da Chan da Armada: Necrópole con dúas mámoas. 
Mámoas de Chan de Castiñeiras: Necrópole con oito enterramentos.  
Mámoas da Chan da Cruz: Necrópole con seis mámoas. Nunha delas, con signos de violación, atopáronse oito puntas de frecha realizadas en cuarzo, pizarra e basalto, un machado pulimentado, un puidoiro de granito, dúas puntas de alabarda e fragmentos cerámicos. Entre os anos 1982 e 1983 atóparonse seis mámoas máis, todas violadas, unha delas practicamente estragada polas roturacións e plantacións de eucaliptos e outra atravesada por un camiño. Nun dos túmulos apareceron 84 pezas, a maioría cerámicas, das que 17 son líticas: dous machados pulimentados, sete puntas de frecha, un microlito, dous puidores e lascas. 
Mámoas do Outeiro de Ombra: Necrópole con cinco enterramentos. 
Mámoa de Pedralonga: Arrasada no ano 1997 cando as obras do vial que circunvala o Lago Castiñeiras. As promesas de rehabilitación da Consellería de Cultura seguen a esperar. 
Mámoa do Rei: A anta está estragada, inserida nunha mámoa de trinta por vinte metros. Un dos esteos presenta unhas gravuras en liña crebada baixo un signo cruciforme. Declarada BIC. 
Ortostato: Na Graña, en Santa Cristina de Cobres, hai un ortostato dunha cámara megalítica reutilizada como pé dunha fonte que foi perforado para acoller o cano da auga. Ten unha pintada moderna.   
Cavada dos Burros: Xunto a necrópole neolítica atopouse un posible asentamento do Bronce Inicial con cerámicas lisas e campaniformes.
  

 


VILAGARCÍA DE AROUSA
Armada (Castro de Agudín-Cea); Pedras Roibas e O Pousadoiro (Cea); Monte Fento e Monte Xiabre.
Dúas mámoas foron destruídas no Monte Fento, nos terreos onde se construíu o polígono do Pousadoiro. O arqueólogo Xulio Carballo denunciou a finais dos anos noventa do pasado século o que se vía vir, mais o xulgado desestimou a denuncia xa que por aquel entón as mámoas non figuraban no PXOM. A empresa de extracción de áridos, co aval do xulgado, seguiu activa e as mámoas desapareceron. 
 
VILANOVA DE AROUSA
Monte Lobeira (András); A Lagoa (Baión); Treviscoso (Tremoedo). 
Mámoas de Treviscoso: Entre Cambados e Vilanova de Arousa. Dos oito túmulos que había, sete foron destruídos, só se conserva un, moi achandado, duns 17 metros de diámetro. No mes de agosto de 2021, o profesor Tomás Álvarez descubriu un ídolo antropomorfo onde se intúe a cabeza e os brazos. Atópase no Museo do Viño de Cambados.
Necrópole do Monte Lobeira: Formada por tres mámoas, nas inmediacións dun redescuberto círculo lítico duns 20 metros de diámetro.

 

Xabier Moure
Mámoas e antas de Galiza/Galicia (Provincia de Pontevedra)
o noso patrimonio