MÁMOAS DE GALIZA/GALICIA (PROVINCIA DE OURENSE)


MÁMOAS E ANTAS DA PROVINCIA DE OURENSE

ALLARIZ
Amiadoso (San Martiño de Pazó).
Mámoa de Allariz: Citada por Barros Sibelo no ano 1870. Non achega máis datos.

AMOEIRO
Venda Nova (Bacurín-Bóveda de Amoeiro); Montes de Rodeiro (Albeiros-Trasalba).
Mámoas das Chairas: Necrópole composta por tres túmulos.

AVIÓN
Brea, A Cruz e Valdoviño (Mangoeiro-Abelenda); Coto dos Mouros e Outeiro dos Mouros (Rodeiro-Abelenda); Moradiña (Amiudal); Torre de Mourelle (Pascais-Amiudal); Coto Queimado e Toxal da Puza (Cernadas-Avión); Espurriñeiro, A Lomba e Rubillón (Baíste); Campo de Ramil, Chao da VeigaOuteiro dos Curros e Outeiro dos Curros (A Hedreira-Couso); Alto do Barazal, O Canguiño ou Bebedoiro e A Motiña dos Mouros (Camposancos-Nieva); Coto dos Mouros (Porreira-Nieva); Serra do Suído.
Brea, A Cruz e Valdoviño: Na Serra do Suído, nas inmediacións do Chozo de Campolargo.
Mámoa do Canguiño ou Bebedoiro: Da mámoa sobresaen tres ortostatos.
Mámoas do Espurriñeiro: Necrópole con dous túmulos.
Mámoa de Canguiño: Segundo información achegada por Ana de Portomariño, diferentes organizacións presentaron alegacións á concesión de dereitos de explotación mineira "Carlota e Macarena", na Serra do Suído, que non conta con estudo de impacto ambiental.
Mámoas do Outeiro dos Curros: Necrópole con tres mámoas, unha cortada por un camiño.
Mámoas do Toxal da Puza: Necrópole con tres mámoas, dúas con restos de cámara.


BALTAR
O Cairo (O Bouzo-Garabelos de Bouzo); A Fonte da Santa, O Marquiño e A Veiga (Tosende); Medexorxe (Vilamaior da Boullosa).
Mámoas do Cairo: Necrópole formada por tres enterramentos, unha gravemente afectada polos labores agrícolas.
Mámoa da Fonte Santa: A pesar da súa pouca altura (1,55 m) trátase dunha mámoa de grandes dimensións cun diámetro maior de 42 metros.
Mámoas dos Marquiño: Necrópole con dous túmulos. 
 


  
BANDE
A Cañota (Buxán-Bande); A Fonte Santa e O Vieiro (Martiñán-Bande); Coruxo (Cima da Vila-Cadós); A Formiga (Cadós); A Moa e Outeiro de Augas (Aldea de Arriba-Calvos); Montes de Calvos (Rivas-Calvos); Penamá (Carpazás); As Laxas (Trarigo-Carpazás); A Mota (Corvelle); Penedo do Chan, Os Pedrouzos e Fonte da Ra (Pereira-Corvelle); Veiga de Santa Comba (Santa Comba); As Terras Brancas (Vilar); Congostro; Monte Grande.  
Mámoas de Coruxo: Necrópole con dúas mámoas.  
Mámoas da Fonte da Ra: Necrópole con dous enterramentos. Practicamente destruídas por maquinaria pesada.  
Mámoas da Fonte Santa: Necrópole con seis mámoas. O túmulo número un ten unhas medidas aproximadas de 12 por 15 metros; restos de coiraza pétrea; foi cortado por unha pista forestal, ao igual que o túmulo número dous. 
Mámoas das Lamas: Necrópole con dúas mámoas. Do cráter de violación dunha das mámoas sobresaen dous chantos da cámara.  
Mámoas do Monte de Calvos: Necrópole con dous túmulos.  
Mámoas da Moa: Necrópole con dúas mámoas. 
Mámoa da Mota: Segundo me achegou Pablo Corujo na súa visita á pedrafita das Catro Cruces que foi derrubada no mes de agosto de 2014 observou danos nesta mámoa, cortaron os piñeiros que había, arrastrándoos sobre o túmulo o que lle provocou varios sucos, eliminando tamén a capa vexetal que o cubría; agora semella un montón de xabre e po 
Mámoas do Outeiro de Augas: Necrópole, situada a 1.050 metros de altura sobre o nivel do mar, composta por once túmulos, preto da estrada que vai de Bande a Grou. Todas as mámoas son de pequenas dimensións, agás dúas que son de tamaño medio. A mámoa número 4 ten uns 15 metros de diámetro; do cráter de violación sobresae unha cámara poligonal con sete ortostatos; carece de tampa. Do cono de violación da mámoa número 6 saen tres ortostatos, un deles tumbado. 
Mámoas dos Pedrouzos: Necrópole con dúas mámoas. Do cono de violación dun dos túmulos sobresaen dous chantos da cámara.  
Mámoas de Penama: Necrópole con cinco túmulos. A construción dunha pista cortou unha mámoa pola metade. 
Mámoas dos Penedos do Chan: Necrópole con dous enterramentos.  
Mámoas das Terras Brancas: Necrópole con tres enterramentos. Un dos túmulos foi cortado por unha pista forestal.
 
 
 

BAÑOS DE MOLGAS
Monte CobreiroA Seara (Betán); Burato do Haber (Calvelo-Lama Má); A Medorra, Raposeiras de Abaixo e Vilariño (Lama Má); Marzás (Ponte Ambía); Pedra da Arca (Vide).
Mámoas do Burato do Haber: Dúas mámoas, unha ten 22 metros de diámetro e 2,50 de alto. Non se aprecia cámara megalítica.
Mámoas do Monte Cubreiro: Necrópole formada por dez túmulos. 
Pedra da Arca: Citada por Florentino Cuevillas no ano 1927; Elixio Rivas di que foi achandada polos labores agrícolas. 
Mámoas da Seara: Necrópole con dez túmulos en distinto estado de conservación.

 

BARBADÁS
Xacemento de As Pipileiras (Piñor): Apareceron 152 fragmentos cerámicos e 4 pezas líticas traballadas sobre cuarcita, datadas no Neolítico Final.

BEARIZ
Garfián (Beariz); A Bola, A Chancela, Os Liñares, Monte das Antas, Pena e As Ventelas (Lebozán); A Laxa Branca, Portela da Cruz e Ermida de Santo Domingo (Xirazga); A Bola, Carrasqueira, Chancela, Lombao, O Marco, Toxal.
No ano 1996, Jorge Lamas Bértolo e Manuel García Valdeiras realizaron un traballo de catalogación arqueolóxica subvencionado polo Concello de Beariz onde estudaron 17 mámoas.
Mámoas de Garfián: Necrópole formada por cinco mámoas.
Monte das Antas: No ano 2008 unha das mámoas foi arrasada cando a apertura dunha pista e un cortalumes.
Mámoas de Xirazga: Polo xeral atópanse en mal estado de conservación. Todas foron violadas e espoliadas. Nunha atopouse un machado de pedra puída, custodiado no Museo Arqueolóxico de Ourense.


OS BLANCOS
Mámoas do Marquiño ((Covas): Necrópole formada por dous enterramentos.

BOBORÁS
Monte do Coto (O Igrexario-Albarellos), Pena Aguda (Paredes-Albarellos); Coto Molín (Santa Isabel-Brués); Figueiroa (Figueiroa-Cameixa); Soutolongo (Salceda-Cameixa); A Copela (Feás); O Curro e Val do Chao (O Curro-Feás); O Portiño (A Fenteira-Feás); A Vesada (A Vesada-Feás); A Cavada e Pena Lousa (Vilachá-Feás); O Chao, Coto da Mámoa e Penas Esvarosas (Moreiras); Campos Vellos e O Paraño (O Regueiro); Xendive (Meixe-Xendive); Chousa da Lagoa (Ventosa-Xurenzás); Cepo (Xuvencos); A Ponte Nova (O Penedo-Xuvencos); A Pena Escrita.
Figueiroa: Foxa subglobular escavada directamente na rocha. No interior apareceron abundantes carbós, restos cerámicos e un gran cacharro. Datada no Bronce Inicial.
Mámoas de Campos Vellos: Necrópole de dúas mámoas.
Mámoas da Cavada: Necrópole composta por tres túmulos.
Mámoas da Chousa da Lagoa: Composta por dous túmulos. 
Mámoas de Coto Molín: Necrópole formada por once mámoas situada a 660 metros de altitude. Os túmulos oscilan entre os 10 e 40 metros de diámetro. Debido aos lumes do mes de setembro de 2016, os enterramentos resultaron afectados. O día 29 de outubro, integrantes do Centro de Estudos Chamoso Lamas e a asociación ecoloxista Outeiro achegáronse ata o lugar, comprobando que quedaron sen o manto vexetal de protección e nal gún caso as súas pedras foron removidas pola maquinaria utilizada na extinción do incendio para abrir un cortalumes. 
Mámoas de Pena Lousa: Formada por dous túmulos. 
Mámoas da Ponte Nova: Necrópole de dous túmulos. 
Mámoas do Val do Chao: Formada por dúas mámoas. 
Mámoas da Vesada: Necrópole formada por tres túmulos. 
Mámoas de Xendive: Necrópole composta por tres mámoas. Apareceu un machado de esquisto negro e fragmentos dun vaso.

 

A BOLA
Necrópole de San Cibrao (Monte San Cibrao-Pardavedra); Os Chaos (Santa Baia de Berredo); A Laxa (As Mamoelas-Sorga).
Necrópole de San Cibrao: Situada no cume do monte de San Cibrao, preto dunha capela onde se celebra unha afamada romaría. Está formada por dúas antas, con oito ortostatos cada unha, inseridas nas respectivas mámoas. Apareceron restos cerámicos, puntas de frecha e microlitos. Como acontece coa meirande parte dos monumentos megaliticos, están a sufrir continuas agresións. Proposta como Ben de Interese Cultural.


O BOLO
Rañalobos (Buxán); Choutiso (Cambela); O Castelo (Chandoiro); Mamuela (Os Orxais); Paradela (Paradela); O Cabezo (Teixido); Alto da Peneixeira (Tuxe).

CALVOS DE RANDÍN
Coto da Laborada, Penas Altas (Calvos); A Mota Grande, O Viso (Castelaus); A Chamuscada, Forno da Tagurra, Monte Meau (Golpellás); As Lamas (Pintás-Lobás); Marco (Paradela-Randín); Marcón, Outeiro das Moas e Outeiro da Pedriña (Rioseco); As Rebouciñas (Padroso-Rioseco); Penouces (Vila); Suvalados ou A Mota Grande. 
Mámoas da Chamuscada: Tres túmulos diámetro de 17, 27 e 30 metros respectivamente.  
Mámoas do Coto da Laborada: Necrópole composta por seis túmulos. Atopáronse potiños de colo alto, púcaros, vasos e outros recipientes cerámicos. Citada por López Cuevillas e Lorenzo Fernández. 
Mámoas do Monte Meau: Necrópole con dous túmulos de pequenas dimensións situados nunha cadea montañosa que divide o val do río Limia e as terras altas da Baixa Limia. 
Mámoas do Outeiro das Moas: Con dous enterramentos. Unha mámoa foi cortada pola estrada que vai a Randín.   
Mámoas de Penas Altas: Dúas das catro mámoas que forman a necrópole presentan cámara megalítica. Atopáronse restos de cerámica. 
Mámoa de Penouces: 13 metros de diámetro e 0,60 de altura. 
Mámoas das Rebouciñas: Necrópole con tres túmulos, un deles con coiraza de pedras de cuarzo. 
Mámoas de Suvalados ou A Mota Grande: Necróple con catro enterramentos que van dos 16 aos 27 metros de diámetro, e unha altura de entre 0,7 e 2 metros.  
Mámoas do Viso: Necrópole con catro enterramentos cunhas medidas de entre 18 e 24 metros de diámetro unha altura de entre o,40 e 1,8 metros.
 

 

CARBALLEDA DE AVIA
O Curro ou Cerrado dos Mouros (As Laceiras-Vilar de Condes); A Caseta dos Mouros (Os Prados-Vilar de Condes).
Mámoa Caseta dos Mouros: Mámoa de 14 metros no eixo N-S e 20 metros no L-O. Cráter de violación. 
Mámoas do Curro: Necrópole formada por dous túmulos, ambos con cráter de violación. Do cono da segunda mámoa sobresaen dous chantos graníticos.
 

CARBALLEDA DE VALDEORRAS
Lombo das Arcas (Lardeira).

O CARBALLIÑO
Arcos (Arcos); Monte Esgueva (Esgueva-Madarnás); Monte Mesego (Mesego); Paciños (Mudelos).
Na transición do século XIX ao XX, cando a contrución da primeira estrada entre O Carballiño e San Cristovo de Cea, o enxeñeiro Manuel Díez Sanjurjo documentou sesenta mámoas que se situaban na penichaira onde nace o río Barbantiño. A primeira publicación destes achados correu a cargo de Arturo Vázquez Núñez no ano 1901 no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense, describindo os resultados dos traballos e as escavacións de Díez Sanjurjo nos municipios do Carballiño, Vilamarín e Cea, entre os castros de San Fagundo, Covas, Martiñá, Baínte, Morgade e Santa Águeda co obxectivo de impulsar os estudos dos posibles poboadores antigos dos que el denominaba "célticos". Tal foi o impacto dos achados que foron citados posteriormente por Obermaier, López Cuevillas, Xaquín Lorenzo ou Brouza Brey. No ano 1902 foi doado ao Museo de Ourense un puidor localizado no contexto dunha das sesenta mámoas citadas; tamén saíu á luz un machado, unha gubia e outras pezas líticas. 
Mámoas do Monte Mesego: Necrópole formada por seis enterramentos. Apareceron ofrendas cerámicas. Nunha apareceron un machado votivo, un obxecto de barro perforado e un vaso.
Os integrantes do Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro remataron no mes de xaneiro de 2015 os traballos de catalogación e estudo de máis de 200 mámoas da comarca do Carballiño.
 

CARTELLE
Terzas (San Tomé).

CASTRELO DE MIÑO
Mámoas da Veiga de Arriba (Reigoso-Castrelo): Necrópole con dous túmulos.
Mámoas do Valado do Roxón (A Bouza-Macendo): Necrópole con dúas mámoas bastante alteradas.

CASTRELO DO VAL
O Cotouto dos Penediños (Alto do Mourixoxo-Piornedo); O Cotouto da Portela e Pena Boeira (Monteveloso-Piornedo).
Mámoa do Cotouto dos Penediños: Mámoa de grandes dimensións que presenta cráter de violación. Ten un diámetro duns vinte metros.
Mámoa do Cotouto da Portela: Mámoa duns quince metros de diámetro, presenta cono de violación.


CASTRO CALDELAS
Casfarexa (Casfarexa-Alais); Serra da Moá (Seoane-Alais); A Cabana, Quintela e Ruídos (Quintela-Mazaira); O Pastizal (Alto da Arma-Mazaira); A Lampaza (A Lampaza-Pedrouzos); A Mamoíña (A Pola-Trabazos).
Mámoas de Cabana: Necrópole con catro túmulos. Unha das mámoas foi totalmente escavada e a terra do túmulo amontoada nun lado.
Mámoas do Pastizal: Necrópole de cinco mámoas.
Mámoas de Ruídos: Necrópole con catro mámoas.
Mámoas da Serra da Moá: Necrópole formada, alomenos, por unha ducia de túmulos. Oito foron escavados por Florentino Cuevillas quen atopou restos de cámara megalítica en dous deles. 
 

 

CELANOVA
Aveseda (Acevedo do Río); A Chaira (Ermide-Acevedo do Río); Outeiro da Ermida e Penedos da Santa (Amoroce).
Mámoas da Aveseda: Necrópole formada por tres mámoas, todas con cráter de violación.
Mámoas do Outeiro da Ermida: Necrópole con dous túmulos.
Mámoa dos Penedos da Santa: Unha mámoa con cono de violación. 

CENLLE
Mámoa da Corredoira (Piñeiro-Cenlle): Túmulo con cráter de violación. Non se observa cámara megalítica.
Mámoa do Eido dos Mouros: Mámoa situadda nun campo de cultivo na estrada de Cenlle a Ventosela (Ribadavia), na parroquia de Cenlle. un lugar de gran visibilidade, presenta cráter de violación. Non se observa cámara megalítica.

CHANDREXA DE QUEIXA
Chaira das Arcas, Marco Cavado e Sistil Branco (Forcadas); Alto das Malladas e Mallada de Cerveira (Requeixo); Outeiro de Torcebocas.
Mámoa do Marco Cavado: Mámoa que se atopa a 1.650 metros de altitude. Lindeira co concello de Manzaneda.
Mámoas do Outeiro de Torcebocas: Necrópole formadas por dúas mámoas.
Mámoa do Sistil Branco: Atópase a uns 1.700 metros de altitude. Debe ser a mámoa galega, xunto coa do Alto das Malladas, situada a maior altitude sobre o nivel do mar. 

COLES
A Medorra (Coles). 

CUALEDRO
O Caldeirón (Carzoá); As Chairas (As Chairas de San Fiz-Lucenza); Melisandra (Lucenza); A Rigueira (A Rigueira-Lucenza); O Madorniño (A Saceda-Lucenza); Anta de Rebordondo (Rebordondo); Lamalonga (Vilela); Mámoa de Gron e A Pedrosa (A Xironda).
Anta de Rebordondo: Pequena anta inserida nunha mámoa.
Mámoa do Caldeirón: Unha mámoa.
Mámoas do Chedeiro: Necrópole formada por seis cistas destruídas polos labores agrícolas. Apareceron restos cerámicos, unha espiral de prata, catro vasos troncocónicos e dous púcaros de colo alto.
Mámoa de Melisandra: Duns oito metros de diámetro con restos de coiraza. Vense dous ortostatos que sobresaen do cono de violación.
Mámoa do Madorriño: Duns 22 metros de diámetro e unha altura de 1,60 metros. Coiraza pétrea e cámara megalítica que se observa a través do cono de violación.
Cista da Pedrosa: Saíron á luz restos cerámicos, depositados no Museo Arqueolóxico de Ourense.
Xacemento do Alto da Praza (Lamas-Montes): Saíron á luz case 300 fragmentos cerámicos feitos a man datados no Neolítico Inicial/Medio.



ENTRIMO
Monte dos Fachos (Entrimo); O Quinxo (A Illa); Chan de Santo André e Chaira de San Fiz ou Os Motos e Olín (Galez); Casa da Moura e Queguas (Queguas-Venceáns); Cista de Meixón Frío (Venceáns); Coto da Pía Moura (Monte Castelos). 
Anta de Olín: Conserva tres esteos completos fincados no chan e un cuarto partido. Perdeu a tampa cobertoira e da mámoa apenas quedan restos.  
Casa da Moura: Situada a máis de mil metros de altitude. Ten cámara poligonal con seis esteos e con dous máis no corredor cubertos con cadansúa tampa. Quizais, debido ao seu illamento, a espectacular anta atópase en bo estado de conservación. Proposta como Ben de Interese Cultural.
Casa da Moura: No moi lonxe do coñecido enterramento hai unha anta sen tampa que conserva catro esteos.
Mámoas da Chaira de San Fiz: Necrópole formada por máis de vinte enterramentos en distinto estado de conservación. Visitada por Florentino L. Cuevillas e Xaquín Lorenzo no ano 1958. En case todas as mámoas aprécianse restos e coiraza, e nalgunhas, do cono de violación sobresae algún esteo da cámara funeraria.
Mámoas de Galez: Necrópole con tres enterramentos.
Mámoas da Chan de André: Necrópole formada por catro enterramentos, todos con cono de violación, unha con restos de coiraza pétrea e outra con restos da cámara funeraria. Dúas foron afectadas polos labores agrícolas, e outra foi alterada por un camiño. Visitadas por Florentino L. Cuevillas e Xaquín Lorenzo no ano 1958. Un dos túmulos foi cortado por un camiño. 
Mámoas de Olín: Un dos enterramentos perdeu o túmulo, conservándose tres esteos da anta. Non moi lonxe hai unha mámoa, duns 15 metros de diámetro e un de altura, que perdeu gran parte da masa tumular, apreciándose restos da cámara que sobresae do cono de violación. 
Cista de Meixón Frío: Tamén recibe as denominacións das Labradas e O Panteón. Cista rectangular que conserva as tres laxas e a tampa cobertoira. Un veciño tapouna parcialmente con laxes.

 

 

 

ESGOS
Mámoa do Campo da Mama: José Antonio Gavilanes achegoume a foto dunha mámoa.

GOMESENDE
O Poulo (A Chaira-O Poulo); Seixival (Tixosa-Poulo); Fustáns (Serra da Pena-San Lourenzo de Fustáns); Serra do Seixo (O Val).

A GUDIÑA
O Canizo (O Canizo); O Pé da Meda (A Esculqueia); Alto da Portela e A Medorra (A Venda do Espiño-A Gudiña); Val da Lagoa (A Gudiña); O Val da Anta (Venda da Capela-Parada da Serra); Cavaixe da Meda (Parada da Serra); As Antas, O Cavanco das Antas e As Motellas (Pentes); San Lourenzo (San Lourenzo de Pentes); Cabeza do Chicón e Tameirón (O Tameirón); Monte Urdiñeira.
Mámoa do Val da Lagoa: Con cono de violación. O túmulo ten unha coiraza pétrea de cuarzo branco.

O IRIXO
Cruce das Mámoas (Campo); Eira dos Mouros (Irixo de Arriba-Campo); Cangues (Cangues); Paredes (A Cidá); Vilameá (Vilameá-Corneda); Campo das Mámoas (Campo da Armada-Espiñeira); Silvares (Froufe); Brañas de Fonseca (Alén-Loureiro); Parada de Labiote e Xirei (Parada de Labiote); Barreiros (San Cosmede de Cusanca); Mámoa Verde (Filgueira-San Cosmede de Cusanca); Lingueta (Foxo do Cabrito-San Cosmede de Cusanca); A Mámoa (Segade-San Cosmede de Cusanca); Chousa da Lagoa; Pena Escrita.
Mámoas da Chousa da Lagoa e Pena Escrita: Necrópole formadas por cinco mámoas cada unha.
  
LAZA
Riocamba (Camba); Alto do Cancelo e Monte do Alto do Carballal (Toro); Moxón da Pereira (Montemeás-Toro). Chao das Minas e A Mámoa.

LOBEIRA
As Motas (Serra do Leboreiro-A Fraga); Outeiro das Mos (A Fraga); Coto de San Adrao (Grou); Lobeira (Lobeira); As Motas (Monte das Motas-Monte Longo); Corno Dourado e Moa da Cabreira (Parada); Mourisca de Arriba (San Xes de Vilariño); Cabeza de Meda.
As Motas: Barros Silvelo, en Antigüedades de Galicia (1875), calificou a necrópole como un inmenso círculo lítico. Declarada BIC.
Nunha mámoa atopáronse machados, cuncas, vasos de paredes rectas e fondo hemiesférico e recipientes globulares.

 

 

LOBIOS
Picouto e Ermida de San Bieito (Grou); Campo de Quintas (Reguengo-Grou); A Pesqueira (Terradas-Grou); O Foxo, Outeiro dos Madornos e Portela das Arcas (Manín); Anta do Couto (Río Caldo).
Mámoa do Campo de Quintas: Con cono de violación. Mámoa moi alterada pola actividade agrícola e forestal.
Mámoas de San Bieito: Un dos túmulos, cuxa cámara xa se atopaba fortemente deteriorada, foi escavado no ano 1990. Atopáronse puntas de frecha en esquisto e cuarzo, un disco lítico, fragmentos cerámicos, contas de colar, lascas, láminas, un idoliño e un dubidoso afiador de agullas de óso en cuarcita.


MACEDA
As Carricas (O Rodicio-As Chás); Arca do Madrollo (xunto o castro de Malamao-Castro de Escuadro); Francos (Francos-Maceda); Pena dos Mouros (Xinzo da Costa-Vilardecás); Xinzo da Costa (Xinzo da Costa-Vilardecás); Tioira (Tioira); Monte da Mámoa (Calvelo-Zorelle); Monte de Lamas (As Lamas-Zorelle). Campo das Mámoas; Mámoas de Veiga.
Mámoas do Monte de Lamas: Necrópole formada por dúas mámoas; unha ten seis metros de radio, a outra é alongada, 29 x 12 metros. Foron violadas.
Monte da Mámoa: Tamén coñecido como Monte do Pendón. No seu curuto hai un túmulo de 40 metros de diámetro. Cóntase que nos anos corenta atoparon unha axorca de ouro.
 

MANZANEDA
Chaira das Arcas e Marco Cavado (Serra de Queixa-Prada-Cernado).
Chaira das Arcas: Necrópole formada por catro túmulos situados a 1.671 metros de altitude sobre o nivel do mar. Dende Cabeza de Manzaneda en dirección aos montes dos Invernadoiro, pecorre a divisoria das augas Navea-Bibei, que é tamén límite municipal entre Manzaneda e Chandrexa de Queixa.
Mámoa do Marco Cavado: Mámoa situada a 1.650 metros de altitude, preto da estación invernal de Cabeza de Manzaneda. Presenta cráter de violación por onde asoman uns ortostatos da cámara megalítica. Lindeira co concello de Chandrexa de Queixa.

MASIDE
Pena Longa (Balteiro-Santa Comba do Trevoedo).

MELÓN
Codesás (Quins): As súas pinturas foron dadas a coñecer por Barros Silvelo. Estudada por Venancio Moreno López no ano 1874, foi a primeira anta con motivos artísticos descubertos en Galiza. Tiña seis esteos e erguíase preto doutras dúas mámoas.

MONTERREI
Monte do Grilo (Flariz); Cista da Madanela e O Modorriño (A Madanela); Medeiros (Medeiros); Chao das Minas e A Meda (Serra de Meda-Vences).
Mámoa do Chao das Minas: Túmulo duns 30 metros de diámetro parcialmente destruído por un cortalumes e unha pista forestal que separa os concellos de Laza e Monterrei.
Mámoa de Meda: Restos de coiraza pétrea e un círculo lítico de lousa que arroda o túmulo. Parcialmente destruída por unha pista forestal que separa os concello de Laza e Monterrei.
Mámoa do Monte do Grilo: Entre Sandín e Carzoá. Mámoa dus 10 metros de diámetro con coiraza pétrea. Aprécianse restos da cámara que sobresaen do cráter de violación.
Xacemento da Míllara (Guimarei-Infesta): Apareceron 174 fragmentos cerámicos, vinte e cinco deles decorados datados no Neolítico Final/Calcolítico.
Albarellos e Vilaza aparecen citados en dous documentos do ano 950, na desputa por unhas lindes entre o bispo Rosendo e a condesa Trudile. O motivo de traer aquí estes textos é porque neles faise mención a grandes rochas, muros de terra, archae, marcos, petrae fictae e penas con gravuras.


MUÍÑOS
A Moura, Pozo da Levada e Santuario dos Milagres (Couso de Salas); Catro Camiños, Portela da Levada, O Rebozal, A Veiga, Casiña da Moada, Casiña da Moura e Casota do Foxo (As Maus de Salas); Cista Praia da Rola (Mugueimes); A Anta (Muíños); Corga das Arcas, Monte Pazó e Outeiro de Cachofás (Parada de Ventosa); Agrochao e Porqueirós (Porqueirós); A Lampaza, Monte Reparade e O Nicho (Prado de Limia); O Foxo, Outeiro de Cavaladre, Portovencellos e Padín (Requiás); Munixei e Portela de Pitôes (Guntumil-Pitôes da Junias, en Portugal); Veiga (Guntumil-Requiás); Cruce de Xermeade (Xermeade).
Casiña da Moura: Anta situada xunto o encoro do Salas que foi trasladada cando a súa construción. Cámara poligonal con sete esteos e tampa. Foi escavada por López Cuevillas e Ferro Couselo. Proposta como Ben de Interese Cultural.
Casota do Foxo: Descoñécese, se ao igual que a anterior, foi desprazada cando a construción do encoro. Está formada por sete esteos e tampa. Atopáronse restos de cerámica campaniforme. Proposta como Ben de Interese Cultural.
Cista da Praia da Rola: Trátase dunha cista da Idade do Bronce Inicial atopada casualmente no ano 1996. Saíron á luz restos óseos calcinados e unha xarra cerámica de corpo globular e colo desenvolto e asa de cinta.
Necrópole do Outeiro de Cavaladre: Integrada por catorce mámoas, dúas escavadas por Xosé María Eguileta Franco que atopou restos cerámicos. Proposta como Ben de Interese Cultural.



 

 

NOGUEIRA DE RAMUÍN
Mámoas de Moura ou das Cabanas (Alto do Rego-Moura); Lamagorzos (Santo Estevo de Ribas de Sil/Vilar de Cerreda).
Mámoas de Moura ou das Cabanas: A necrópole está formada por sete enterramentos que datan entre o 4500 e o 2000 a.C. Sitúase no tramo final da divisoria de augas entre os vales do Miño e do Sil  aproveitando unha penichaira delimitada por tres grandes afloramentos graníticos. No interior agochan restos da cámara funeraria. Moi achandadas, unha está cortada polo muro dunha finca. Nun esteo da mámoa sinalada co número 6 pódese ver unha cruz que actuaba como marco de termo.

 

OIMBRA
Cerca (As Chás).  
moa das Casas dos Montes (A Granxa): Na fronteira con Portugal. Localizada pola Asociación, Monterrei, Cultura e Patrimonio. Conserva parte da cámara funeraria pero sen tampa. 

OURENSE
Mámaos das Chairas (O Pereiro-Palmés): Necrópole de dúas mámoas.
Mámoas de Punxín (Palmés): Necrópole formada por dous túmulos. Un é de grandes dimensións, situado ao final dunha cota elevada sobre a chaira que a circunda. O segundo ten un amplo cono de violación que foi localizado cando os labores de control da rede de gas.

PADERNE DE ALLARIZ
Coucieiro (Coucieiro); Mámoa do Neboeiro (Figueiroá); Solbeira (Solbeira).

PADRENDA
Bandexa (Crespos).

PARADA DO SIL
Mámoas das Chairas (Casa do Vento-A Hedrada): Necrópole formada por dúas mámoas. 

O PEREIRO DE AGUIAR
A Medorra (Calvelle).
A Lamela (Lamela): Achádego solto de pezas cerámicas campaniformes.  

A PEROXA
As Regas (Armental); Cima do Agro (Couselo-Armental).
Mámoas da Cima do Agro: Necrópole composta por tres mámoas, unha cortada parcialmente polos labores agrícolas.
Mámoas das Regas (Armental): Necrópole afectada polos labores agrícolas e polo trazado dunha estrada.
 

PETÍN
As Medorras (Carballal-Santa María de Mones). 

PIÑOR DE CEA
Coto Frío: Mámoa descuberta polo Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro.  

A POBRA DE TRIVES
A Medorra (Mendoia); San Lourenzo (San Lourenzo de Trives).

PORQUEIRA
A Lagoa (Paradela de Abeleda); Sabucedo (Sabucedo).

QUINTELA DE LEIRADO
Necrópole das Mámoas (Lavandeira-Leirado).
A Mota Grande: Enorme mámoa que agocha unha cámara megalítica formada por cinco esteos. Escavada a principios dos anos noventa, descubríronse restos de pintura e unha gravura. Situada na serra do Leboreiro, nos lindes con Portugal, forma parte dunha necrópole composta por cento trinta mámoas.

RAIRIZ DE VEIGA
Monte Calvo (Nigueiroá-Guillamil); Chao de San Cibrao e O Corvo (Quilmelas-Guillamil); O Picarro e As Motas (Ordes); Os Chaos e A Sainza (Rairiz de Veiga); Monte Albán (Monte Albán-Sabariz). 
Mámoas dos Chaos: Lindeira co concello da Bola.  
Monte Albán: Necrópole formada por dúas mámoas, a Mota Grande e a Mota Pequena, escavadas por López Cuevillas no ano 1925. Apareceron machados, cuncas campaniformes e puntas de frecha que podemos ver no Museo Arqueolóxico de Ourense. 
Monte Calvo: Trátase da mesma necrópole que a do Monte de San Cibrao, no concello limítrofe de A Bola, que en Rairiz de Veiga recibe o nome de Monte Calvo ou Serra de Monte Calvo. 
As Motas: Necrópole compartida co concello de Verea formada por sete enterramentos.
 


RAMIRÁS
Na Serra da Moura.

RIBADAVIA
Estrada Ribadavia-Cea.

RIÓS
A Forxa (Vilariño das Touzas-Progo); Progo (Progo); Chaira das Pozas.
Mámoa da Chaira das Pozas: Situada a máis de 1.000 metros de altitude sobre o nivel do mar, de pequenas dimensións presenta un cono de violación.
Cista da Forxa: Datada no Bronce Medio. Cista rectangular formada por catro lousas de pizarra e tapada por dúas laxas do mesmo material. No interior recolléronse fragmentos de catro vasos cerámicos de forma troncocónica. 
 

A RÚA
As Medorras (Roblido): Necrópole formada por sete mámoas, a unha altitude duns 1.200 metros. A mámoa nº 1 ten unhas medidas de 18x14 metros, e unha altura de 2 metros; coiraza e seixo e xisto; alterada polas repoboacións forestais. A mámoa nº 2 ten uns 17 metros de diámetro e 2 de altura; alterada por unha repoboación de piñeiros. A mámoa nº 3 ten 13 metros de diámetro e 1 de altura; coiraza de seixo e xisto; alterada polas repoboacións forestais. A mámoa nº 4 ten 17 metros de diámetro e 1,5 de altura; coiraza de seixo e xisto; alterada polas repoboacións foresais. A mámoa nº 5 ten unhas medidas de 28x25 metros e unha altura de 2,5 metros; ten restos de cámara feita con laxas de pizarra, algunhas arrincadas por unha paleadora. A mámoa nº 6 ten 16 metros de diámetro e o,5 de altura; moi alterada. A mámoa nº 7 foi cortada por unha pista forestal. 
 

RUBIÁ
A Cista de Biobra (Biobra); Couto da Cabeza (Serra da Enciña da Lastra-Oulego); Pardollán (Pardollán).
A Cista de Biobra: Datada na Idade do Bronce.
Pala da Vella (Biobra): Asentamento neolítico. Vestixios de animais (cabra, ovella, bovinos e cervos).

SAN AMARO
Mámoa da Ermida (Eiras); A Cidade (preto do castro de San Cibrán de Las-Las).
Para máis información ver a páxina Arredor de Lámbrica.

SAN CIBRÁN DAS VIÑAS
Campo da Mama (Gargantós); Noalla (Noalla); Chao da Medorra e Plana das Medorras (Pazos de San Clodio).
Mámoa do Campo da Veiga: Mámoa descuberta durante as obras da autostrada A-52.
Plana das Medorras: Nas inmediacións do Parque Tecnolóxico. Necrópole composta por, ao menos, tres túmulos. Información achegada por José Antonio Gavilanes.

SAN CRISTOVO DE CEA
Ardesende (Ardesende-Covas); Campo da Mama e As Madorras (Covas); San Fagundo (San Fagundo); Serra Martiñá (Vales); Vilar (no camiño de Cea a Oseira); A Chaira, Chouso da Requena, O Cotiño, Coto da Mina e Fonte Salgueiro.
Mámoa de Aguaceiras: A principios do mes de novembro de 2013, o arqueólogo Jorge Lamas Bertolo e o historiador Juanjo Álvarez, membros do Grupo Ecoloxista Outeiro e do Centro de Estudos Chamoso Lamas, localizaron en Cea un dos maiores túmulos das comarcas do Carballiño-O Ribeiro. Ten 35 metros de diámetro e unha altura de tres metros e conserva a cámara funeraria. Sitúase nas proximidades do Camiño Real que comunicaba Cea con Oseira. Esta mámoa forma parte dunha necrópole de cinco túmulos. 
Mámoa destruída en Ardesense: No mes de setembro de 2015, o Grupo Ecoloxista Outeiro denunciou ante a fiscalía a destrución dun enterramento megalítico en Ardesende que estaba catalogado. Sobre os esteos da anta vese fixeron unha prancha de formigón que actúa como mesa dun merendeiro, provocando un dano irreparable. 
Na transición do século XIX ao XX, cando a contrución da primeira estrada entre O Carballiño e San Cristovo de Cea, o enxeñeiro Manuel Díez Sanjurjo documentou sesenta mámoas que se situaban na penichaira onde nace o río Barbantiño. A primeira publicación destes achados correu a cargo de Arturo Vázquez Núñez no ano 1901 no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense, describindo os resultados dos traballos e as escavacións de Díez Sanjurjo nos municipios do Carballiño, Vilamarín e Cea, entre os castros de San Fagundo, Covas, Martiñá, Baínte, Morgade e Santa Águeda co obxectivo de impulsar os estudos dos posibles poboadores antigos dos que el denominaba "célticos". Tal foi o impacto dos achados que foron citados posteriormente por Obermaier, López Cuevillas, Xaquín Lorenzo ou Brouza Brey. No ano 1902 foi doado ao Museo de Ourense un puidor localizado no contexto dunha das sesenta mámoas citadas; tamén saíu á luz un machado, unha gubia e outras pezas líticas.  
 

 

SANDIÁS
A Cortiña Nova (A Fontela-Piñeira de Arcos); Leiras da Tapada (Piñeira de Arcos); Monte de Santa Mariña (Santa Ana-Piñeira de Arcos); As Cavadiñas (Sandiás).
Mámoas de Leiras da Tapada: Necrópole formada por tres túmulos. A máis grande ten cono de violación. Outra foi cortada por unha pista, ao seu carón pódense ver varios ortostatos tirados que formarían parte da cámara funeraria.

SAN XOÁN DO RÍO
Pena do Xastre (Cerdeira); As Mamas (Cambela-Vilardá).
As Mamas: Na actualidade consérvase unha mámoa situada nunha penichaira. Está moi achandada e no seu interior pódese ver unha cámara poligonal feita con esteos de xisto.

SARREAUS
Pedra da Arca (Pazos-Codosedo); Alto da Madorra (Cortegada); As Mamuelas (Freande-Freixo); Os Piñeiros da Anta e A Medorra (Lodoselo); A Anta (Perrelos).
Pedra da Arca: Desaparecida, só queda o topónimo.
Mámoa da Anta: Desaparecida, só queda o topónimo.

A TEIXEIRA
Veiga das Cruces (Cristosende); Mámoas de Pedrafita (Pedrafita).
Mámoa da Veiga das Cruces: Mámoa situada nunha penichaira. Con cráter de violación e coiraza pétrea, sobre o túmulo plantáronse pinos.

TOÉN
A Bragada, As Cerdeiras e O Muíño Novo (Toén).
Mámoas da Bragada: Necrópole con dúas mámoas con cráter de violación.
Mámoas das Cerdeiras: Necrópole formada por tres túmulos.
Mámoas do Muíño Novo: Dous túmulos con conos de violación.

A VEIGA
Fondo da Aldea (Castromao); Castromarigo (Castromarigo); Edreira (Edreira); A Pedra Má, A Portela e As Pouliñas (Meda); O Lombeiro da Pena Escrita (Xares). 
Mámoa de Castromarigo: Hai unha mámoa situada xunto o encoro. 
Mámoas das Pouliñas: Necrópole formada por tres mámoas cunhas dimensións de 10, 12 e 20 metros de diámetro e cunha altura máxima de 0,60 metros.  

VEREA
A Mota Grande, Outeiro do Ferro e Portela do Pau (Monte Penagache-Bangueses); Os Aceveiriños, Fondo do Vido; Penedos da Canteira e Salgueiro Seco (Bangueses); As Motas, Catro Cruces e Pedra da Arca (Cexo); O Outeirón (Verea).
A Mota Grande: Enorme mámoa que agocha unha cámara megalítica formada por cinco esteos. Escavada a principios dos anos noventa, descubríronse restos de pintura e unha gravura. Situada na serra do Leboreiro, nos lindes con Portugal, forma parte dunha necrópole composta por cento trinta mámoas. Declarada BIC.
Mámoas do Outeiro do Ferro: No monte Penagache. Unha das mámoas, de grandes dimensións, está recuberta por unha coiraza pétrea en cuxo interior agocha unha anta de planta poligonal; algúns esteos presentan decoracións con motivos ondulados e en zigue-zague. Outra anta, de forma poligonal, presenta un corredor pouco desenvolvido. 
Mámoa do Penagache ou da Portela do Pau: No límite entre Galicia e Portugal. A cámara é de estilo poligonal con sete esteos, nun hai gravados motivos en forma de zigue-zague e ondulados. A cuberta non semella a orixinal por estaren feita con outros materiais, quizais se fixo para protexer as gravuras.   
Mámoas do Penedos da Canteira: Necrópole de quince mámoas situada na Serra do Leboreiro. Proposta como Ben de Interese Cultural.
 



 

VERÍN 
Fraga dos Lobos (Ábedes); Fraga do Zorro (Ábedes); Queizás (Queizás); Tamaguelos (Tamaguelos); A Madorra.
Cistas da Fraga dos Lobos: Cistas da Idade do Bronce en cuxo interior apareceron restos humanos en bo estado de conservación, ademais de restos cerámicos e materiais de sílex, pizarra, cuarzo e cuarcita.
Fraga do Zorro: Necrópole de fosas, datada na fase final do Bronce Inicial, descuberta no ano 1995 cando o seguemento e control da autoestrada das Rías Baixas. Recuperáronse máis de medio milleiro de fragmentos cerámicos aínda que só unha pequena porcentaxe se conserva en relativo bo estado, entre outros dous vasos de estilo campaniforme, unha ola, xerras, cuncas, etc.

VIANA DO BOLO
As Antas (Fradelo).

VILAMARÍN
León (León); Orbán (Orbán); Baínte e Porto Amieiro (Vilamarín).
Mámoa do Castro da Aira dos Mouros: No seu interior consérvanse restos dunha mámoa.
Mámoa do Castro de Santa Ádega: No seu interior houbo unha mámoa. 
Na transición do século XIX ao XX, cando a contrución da primeira estrada entre O Carballiño e San Cristovo de Cea, o enxeñeiro Manuel Díez Sanjurjo documentou sesenta mámoas que se situaban na penichaira onde nace o río Barbantiño. A primeira publicación destes achados correu a cargo de Arturo Vázquez Núñez no ano 1901 no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense, describindo os resultados dos traballos e as escavacións de Díez Sanjurjo nos municipios do Carballiño, Vilamarín e Cea, entre os castros de San Fagundo, Covas, Martiñá, Baínte, Morgade e Santa Águeda co obxectivo de impulsar os estudos dos posibles poboadores antigos dos que el denominaba "célticos". Tal foi o impacto dos achados que foron citados posteriormente por Obermaier, López Cuevillas, Xaquín Lorenzo ou Brouza Brey. No ano 1902 foi doado ao Museo de Ourense un puidor localizado no contexto dunha das sesenta mámoas citadas; tamén saíu á luz un machado, unha gubia e outras pezas líticas.    
No ano 1898, Vázquez Núñez localizou un total de 10 mámoas en Orbán e 23 entre Baínte e Ardesende, lugar da parroquia de Covas (San Cristovo de Cea). 

VILAMARTÍN DE VALDEORRAS
Arnado (Arnado); A Madanela (Vilamartín).

VILAR DE BARRIO
A Medorriña (Penadiz-Arnuíde); A Chaira (Seiró).
Mámoas da Chaira: Dous túmulos situados a ambos os lados dun camiño. Presentan cono de violación. 
A Medorriña: Túmulo funerario sobre un esporón que controla o río Arnoia, entre as aldeas de Folón e Alemparte. Non presenta cráter de violación nin cámara visible.  

VILAR DE SANTOS
Mámoa do Monte dos Cervos (Laioso-Parada de Outeiro): Mámoa situada a 825 metros de altitude. Pressenta cono de violación.
Aínda que sen confirmar, faláronme duns grupos de mámoas en Laioso e Mosqueiro (Parada de Outeiro).

VILARDEVÓS
Salto do Cabalo ou Penas Libres (Penas Libres-Arzádegos); A Medorra e Val dos Mozos (Vilardevós). 
Mámoas do Salto do Cabalo/A Verea: A 925 metros de altitude. Necrópole formada por catro túmulos. 
Mámoas da Serra de Penas Libres: Das nove mámoas que había só se conservan cinco. Unha presenta restos de coiraza pétrea. 
Mámoas do Val dos Mozos: A 900 metros de altitude. Necrópole formada por nove túmulos, catro deles case destruídos pola estrada Verín-Bragança. As que se conservan foron violadas por furtivos. Na contorna atopáronse restos de carbóns e madeira de carballo e o anaco dun pote.

XINZO DE LIMIA
A Moulla e Outeiro das Xestas (Boado); Casa da Moura (Boado).
Mámoa da Casa da Moura: Segundo fontes orais existían os esteos dunha anta, hoxe en día desaparecida.
Mámoas da Moulla: Necrópole con dous túmuos, un practicamente desaparecido, o outro padece escavacións furtivas. 
Mámoa do Outeiro das Xestas: Mámoa coñecida tamén como Casa da Moura e As Covatas. Desaparecida por causa da actividade extractiva de pedra durante anos. 
  

XUNQUEIRA DE AMBÍA
A Medorra do Bustelo (Capaceira-A Abeleda); O Valado da Arcela (Casasoá-Abeleda); A Lomba (Cima de Vila-A Abeleda); Os Casares (Bobadela); Camposanto dos Mouros (Cerdeira-A Graña). 
Mámoas do Camposanto dos Mouros: Consta de dúas mámoas situadas no camiño que vai ao castro de Cerdeira. Practicamente achanzadas. 
A Medorra de Bustelo: Citada no ano 1172 no mosteiro de Ribas de Sil ao sinalar os lindeiros do seu couto de San Román de Sobradelo. 
Mámoa dos Casares: Na dorsal dun pequeno espigón situado preto da aldea de Bobadela, a unha altitude de 698 metros. Ten unhas dimensións dun 17 x 20 metros. Non conserva restos da cámara. 
Mámoas da Lomba: Trátase de dúas pequenas mámoas que presentan unha masa tumular dun 12 metros de diámetro e unha altura de 0,60 metros. Non conservan cámara pero si teñen cono de violación.   
Mámoa do Valado da Arcela: Entre Casasoá (A Abeleda) e Vilariño (Bobadela). Citada por Rivas Quintas. 
 

XUNQUEIRA DE ESPADANEDO
Necrópole de Veigachá (Niñodaguia); Mámoa da Casa da Neve (Pardeconde-Os Pensos); Outeiro da Madavella (Os Carrís-Ramil); Mámoas da Veiga (A Veiga-Xunqueira de Espadañedo).
Mámoa da Casa da Neve: Mámoa cun diámetro de 12 metros e unha altura de 0,60 metros. Presenta cono de violación e sobre o túmulo plantaron piñeiros.   
Mámoa do Outeiro da Madavella: Trátase dunha mámoa onde se aprecian escavacións furtivas. José Antonio Gavilanes recolleu a lenda de que o seu interior agocha un año de ouro.
Mámoas da Veiga: Necrópole con varias mámoas moi alteradas. A catalogada co nº 3 foi cortada debido aos labores de extracción de arxila para a fábrica de cerámica.
Mámoas de Veigachá: Das 17 mámoas que formaban a necrópole, só sobreviven seis. Foron destruídas pola extracción de arxila para unha fábrica de ladrillos, pola construción dun almacén, etc.
Mámoas e vías romanas aparecen como delimitadoras de propiedades na documentación do mosteiro de Xunqueira de Espadanedo: "inde ad mamuam da Meda...".
Das mámoas Casas da Neve, Outeiro da Madavella e da Veiga, os informantes foron José Antonio Gavilanes, de Ponte Ambía (Baños de Molgas) e Juan José Ferreño, de Pardeconde (Esgos).





Xabier Moure
Mámoas e antas de Galiza/Galicia (Provincia de Ourense)
o noso patrimonio