PONTES DE GALICIA

Aínda que en Galicia foron os romanos os primeiros en construír as grandes pontes de pedra, é máis que probable que con anterioridade xa se realizaran sinxelas estruturas de madeira para atravesar pequenos cursos de auga. Os romanos tamén construíron pontes de madeira con piares de pedra, usando o coñecido como opus caementicium (o formigón romano) que revestían por fóra con laxes de pedra. Durante a Idade Media, a maioría das pontes de época romana arruináronse polo que se fixo necesario reconstruílas ou facer unhas novas. Nesta etapa histórica, a función das pontes, ademais de salvar un río ou barranco e como función estratéxica, era tamén unha fonte de ingresos para os señores e mosteiros xa que só se podían cruzar previo pago do correspondente portádego (imposto que gravaba os dereitos de tránsito de persoas, mercadorías e animais), daí que para evitalo a xente cruzara por un vado ou pontella que era gratis pero máis perigoso.

Non resulta doado clasificar as pontes para determinar a data de construción debido ás constantes necesidades de reparación ao longo dos séculos, documentándose moitas que mesmo foron substituídas. Na actualidade, a maior parte perderon a función para a que foron erixidas.


PONTES DA PROVINCIA DA CORUÑA  

ABEGONDO
Ponte Vella de Beldoña: En Mabegondo, sobre o río Barces, orixe romana do século II. Ten un só ollo. Sufriu varias remodelacións durante a Idade Media. Por ela pasaba o Camiño Real que, dende Betanzos, conducía a Santiago, utilizado polos peregrinos provenientes do norte de Galiza e de Asturias. A última restauración, tal como figura nunha prancha colocada na ponte, data do ano 2001. Na actualidade atópase inzada pola maleza e os peitorís están a derrubarse.

 

AMES
Ponte de Augapesada: Na parroquia de Ames, sobre o rego do Aveneiral. Medieval (século XIV) de orixe romana, consta dun arco de medio punto rebaixado. Situada no Camiño Real que ía de Santiago de Compostela a Fisterra. Agradezo a Albert Hickson a corrección que me fixo xa que a tiña mal situada.
Ponte da Cabirta (Quistiláns-Bugallido): Cruzaba o río Sar sobre unha fervenza. Destruída por unha enchenta no ano 1987. Segundo a lenda, esta ponte estaba encantada, dela saía ao mencer unha galiña con pitos de ouro, e o que conseguise desencantala levaría o tesouro. 
Ponte Maceira: Coñecida polos veciños como a Ponte Vella. Sobre o río Tambre, entre Ames e Negreira. Do século XIII ou XIV, construíuse aproveitando os piares dunha antiga ponte romana. Paso obrigado dos peregrinos que continuaban o Camiño a Fisterra. Segundo a Historia Compostelana, no século XII tivo lugar unha batalla entre as tropas do arcebispo Xelmírez e o conde de Traba. Hai testemuñas dalgúns peregrinos a Fisterra que pasaron por ela, como Erich Lassota de Steblovo no 1581, ou de Christoph Gunzinger que a cita como ponte Massera. Cando pasou pola ponte José Cornide atopouna moi arruinada. A ponte derrubouse en varias ocasións por causa das enchentas do río. Consta de sete arcos.

 
 
 

ARANGA
Ponte Aranga (Ponte Aranga): Barroca do século XVII. Sobre o río Mandeo. En cadeirado de granito ten catro arcos desiguais. Os peitorís foron desfeitos e substituídos por unha varanda metálica cando se ensanchou.
Ponte Carneiros (Vilarraso): Sobre o río Deo, contemporánea. 
Ponte Roda Maia (O Barreiro-Aranga): Sobre o río Cambás. O arco foi alterado, substituíndo a parte superior da bóveda por formigón. 
Ponte Veiga (Aranga).
Ponte Vella da Castellana (Vilarraso): Sobre o río Mandeo. Construída no século XVI e reformada no XVIII. En cadeirado de granito ten un van con arco de medio punto que apoia sobre rochas nas marxes do río.


 

ARES
Ponte da Ciscada: Sobre o río Xunqueira. Ten un pequeno arco de medio punto. Do século XIV foi reformada no XVIII. Hai quen cre que ten a orixe romana, relacionándoa co antigo camiño empedrado que atravesaba o municipio, e que viña dende Pontedeume por Redes e continuaba cara Mugardos. 

 

ARTEIXO
Ponte dos Brozos: Na parroquia de Oseiro. Sobre o río Arteixo. Século XVII de orixe romana. Consérvanse restos da antiga calzada.
Ponte de Oseiro: Asulagada polo encoro do Rexedoiro.

 

ARZÚA
Fonte de Fontaghín: Sobre o río Boente, comunica as parroquias de Boente e Figueiroa.
Ponte de Ribadiso: Salva o río Iso en Ribadiso, parroquia de Rendal. Século XII de orixe romana. Por ela pasaba a vía romana que comunicaba Lucus Augusti con Aseconia (Santiago), e logo utilizada polos peregrinos a Compostela. Consta dun só arco de medio punto. No lugar construíuse o hospital de San Antón de Ribadiso co fin de atender e socorrer aos peregrinos, administrado polas Terciarias Franciscanas do mosteiro de Santa María de Pena. Posteriormente pasou a ser propiedade da confraría de prateiros de Santiago.



A BAÑA
Ponte dos Aguillóns (O Seilán-Sanamede do Monte): Século XIX. Construída para acceder a un muíño e comunicar as parroquias de Sanamede do Monte, San Cibrán e Covas. Información de Cristina Campos Castro en patrimoniogalego.net.
Ponte de Nantón
: Na parroquia de Sanamede, sobre o río Albariña, s. XIV. Ten un arco de medio punto. Formaba parte do camiño que se dirixía a Negreira.

Pontella de Fiopáns: Sobre o regueiro Portalaxe.


 

BETANZOS
A Ponte Vella: Está documentado que xa existía no ano 1219. Derrubada dúas veces polas enchentas do río, foi reconstruída no ano 1577 incoporándolle unha torre no centro que logo foi derrubada entre os anos 1820 e 1823. Na actualidade consta de cinco arcos de medio punto e tallamares triangulares contracorrente.
Ponte Vella das Cascas: Citada nun documento do ano 1200. Durante a Guerra da Independencia foi voada polos ingleses no seu camiño cara A Coruña. Reconstruída no ano 1836.
 



 
BOQUEIXÓN 
Ponte Busacos (A Gándara-Sergude): Orixe romana. Construída en sillería de granito con dous arcos de medio punto. Por ela podería ter pasado a vía romana que unía Astorga e Braga, despois Camiño Real. Próxima á Vía da Prata do Camiño de Santiago. 
Ponte Caneda: Comunicaba as parroquias de Loureda e Vigo. 
Ponte Ledesma: Na parroquia de Ledesma, sobre o río Ulla. Construída nos séculos XVI ou XVII. Durante a Guerra da Independencia os veciños, baixo as ordes do marqués De la Romana, enfrontáronse ao exército francés. Ata o século XIX cobrábase dereito de portádego. Construída en cadeirado de granito, consta de nove arcos e tallamares triangulares augas arriba e trapezoidais augas abaixo.

 

 

BRIÓN
Pontella de Bastavales ou Ponte dos Mouros: Sobre o río Angueira, orixe romana. Comunica os concellos de Brión e Teo.
Ponte Rúa de Francos ou de Paradela: Atravesa o río Tinto na parroquia de Calo. Do século XVI, consta dun só arco. Comunicaba os lugares de Francos (Teo) e Xinzo (Brión). 

 

CABANAS

Ponte de Pedra ou Ponte do Eume: Sobre o río Eume, mandada construír por Fernán Pérez de Andrade entre o 1374 e o 1380. Dá nome á vila de Pontedeume. Comunica Cabanas con Pontedeume. Na súa época foi considerada como a máis grande e fermosa de Europa na súa clase. Sobre ela existía unha capela posta baixo a advocación do Espíritu Santo e un hospital de peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. No ano 1841, as pedras do hospital serviron para enlousar a praza de San Roque. Na entrada da ponte había un xabaril, símbolo dos Andrade. Segundo información achegada por Vítor Garabana a ponte, de 50-60 arcos, xa tiña varios deles en ruína no século XIX porque eran pequenos e se atoaban con troncos de árbores nas enchentas. En 1867 derrubárona e construíron unha ponte temporal de madeira, e logo a actual, cegando máis da metade dos arcos e deixando só os quince de maior tamaño. A ponte que se ve na actualidade foi deseñada polos enxeñeiros Francisco Sejuelo, Adolfo Pequeño e Juan Vildosola entre os anos 1867 e 1870. Segundo a lenda foi construída polo demo nunha soa noite. Ata os anos 60 ou 70 estaba "adornado" co xugo e as frechas.
Ponte Carballo: Sobre o río Zarro. Pasaba o Camiño Real Betanzos-Vilalba.


 

CAMARIÑAS
Ponte do Porto: Na Ponte do Porto, salva o río Grande. Comunica as dúas zonas en que se divide o pobo. Crese que foi construída entre os século XIII e XIV.
Pontella de Mourín (Camariñas): Sobre o río Mourín. Pasal conformado por un conxunto de pedras alongadas en forma de paralelepípedo.

 

CAMBRE
Ponte de Sigrás (Sigrás): Sobre o río Mero, s. XVII. 
Ponte do Burgo (O Temple): Medieval do século XII, de posible orixe romana. Conserva seis arcos de medio punto da ponte primitiva dos once que ten. 
A Ponte de Cela: Sobre o río Mero, de posible orixe romana, crese que por ela podía pasar a Vía per loca maritinima
Ponte Vella de Cambre: Século XVII. Arredor do 2005 foi desmontada e disque trasladada.
Ponte da Xira: Século XIV. Sobre o río Valiñas, no límite dos concellos de Cambre e Culleredo, situada no Camiño de Santiago e no camiño real.
 




A CAPELA
Ponte Graña (Caaveiro): Sobre o río Sesín. Medieval. Arco de medio punto en cadeirado de granito. Constitúe o tramo final do camiño primitivo procedente da Capela. Forma parte do BIC do mosteiro de Caaveiro. 
Ponte do Coberto: En Formariz, parroquia de Cabalar, na estrada que vai a Vilardemouros. Posible orixe medieval, construída en pedra de cantaría sobre o río Coberto. Consta dun arco de medio punto.
Ponte romana de Gunxel (Gunxel-A Capela): Sobre o río Sesín. Orixe romana. Arco de medio punto en cadeirado de granito.
Ponte da Mazoca (Gunxel-A Capela): Sobre o río Sisín, na estrada que une As Neves co mosteiro de Caaveiro. Orixe medieval. Arco de medio punto en cadeirado de granito.
Ponte do Penso (Carballás-Cabalar): Orixe indeterminada. Na estrada Carballás-Formariz. Un arco en cadeirado de granito. Totalmente cuberta pola matogueira. Mal estado de conservación. 


 
 
 

 

CARBALLO
Ponte Lubiáns: Sobre o río Anllóns. Medieval de orixe romana do século I. Conserva catro arcos dos cinco que tiña. Comunica os concellos de Carballo e Coristanco. Reformada nos séculos XVII e XVIII. Por ela discorría a vía XX.

 

CARIÑO
Ponte de Area (Area-A Pedra): Séculos XVII-XVIII.

 

CARNOTA
Pontella de Vadebois (San Mamede de Carnota): Sobre o río Vadebois.

 

CARRAL
Ponte Abelleira (As Catarinas-Beira): No lugar das Catarinas, sobre o río Abelleira. Moderna dun arco.
Ponte das Táboas (Vigo): Medieval.
 

CEDEIRA

Ponte Porto do Cabo: En Porto do Cabo, na parroquia de Esteiro, salva o regueiro Porto do Cabo. Medieval, consta dun arco de medio punto e outro menor para aliviar a corrente nas enchentas. Situada entre Cedeira e Valdoviño.

 

CORISTANCO 
A Ponte Dona (Cereo): Sobre o río Anllóns, entre as parroquias de Cereo (Coristanco) e Xornes (Ponteceso). Documentada no ano 1839, se ben é posible que sexa máis antiga. Feita en cantería de granito con zonas de cachotería. Ten sete vans alintelados sobre os que asentan as laxas de pedra que forman a calzada sen peitorís. Tallaramares contracorrente. 
Ponte Lubiáns: Sobre o río Anllóns, medieval, século XV, de orixe romana. Consta de catro arcos de medio punto cun tallamar contracorrente na parte central. Foireformada nos séculos XVII e XVIII. Por ela discorría a vía XX. 

 

 

COIRÓS
Ponte do Asno (Oís): Sobre o río Fervenzas. En cadeirado de granito presenta un arco apuntado. Por ela transcorría a N-VI.

 

CULLEREDO
Ponte da Acea da Má (O Burgo): Sobre o río Trave, data do século XVI e reformada no século XVIII. Da primitiva só se conserva un arco. No medio da ponte había unha Virxe que actuaba como marco divisorio entre Santiago do Burgo e Santa María de Rutís.
Ponte do Burgo (O Burgo): Medieval do século XII, de posible orixe romana, que aínda conserva seis arcos de medio punto da ponte primitiva dos once que ten.
Ponte da Xira: Século XIV. Sobre o río Valiñas, no límite dos concellos de Cambre e Culleredo, situada no Camiño de Santiago e no camiño real.



DUMBRÍA
Ponte Vella (Berdeogas).
Ponte Olveira: Sobre o río Xallas. Construción do século XVI, posúe tres arcos de medio punto e tallamares triangulares contracorrente. Sobre ela colocouse unha varanda de aceiro que racha coa súa estética.

 

FENE
Ponte de Belelle (A Brea de Sillobre-Sillobre): Sobre río Belelle, orixe romana. Ponte feita en granito cun arco de medio punto. 

 

FERROL
Ponte do Muíño Vello: Comunica os concellos de Ferrol e Narón.
Ponte (Santa Icía de Trasancos).

  
 

FRADES
Ponte do Peñasco (Aiazo): Sobre o río Tambre.

 

IRIXOA 
Ponte Antiga (Ambroa): Sobre o río Lambre.
Ponte de Bóveda (Churío): Comunicaba o Camiño Real Betanzos-Viveiro ata o Chao da Vila. Con dúas luces arquitrabadas e tallamar central. 
Ponte Carballo (Cabanas-Verís): Sobre o río Zarzo. No Camiño Real Betanzos-Vilalba. 
Ponte Vella (Lambre-Ambroa): Medieval. 
Ponte Rego do Carrizo: Pasaba o Camiño Real Betanzos-Vilalba. Estribos de pedra e plataforma de laxes de pedra.      
Ponte de San Paio (Irixoa-Monfero): Río Lambre, s. XV. Dous arcos. Divide os concellos de Irixoa e Monfero. Citada nun documento do ano 1295. 
Ponte Xielas: Sobre o río Mandeo. Un piar sobre o que asenta a plataforma arquitrabada dos estribos laterais. A plataforma orixinal, de madeira, foi substituída por unha de formigón. 

 


LOUSAME
Ponte Gaiteira (Lesende): Medieval. Sobre o río Vilacova.
Ponte Vella de Berrimes (Berrimes-Lousame).
Ponte de Vilacova: Na parroquia de Vilacova, erixida sobre o río Sóñora. De orixe medieval, consta dun só arco.

 

MAÑÓN
Ponte do Porto: No río Sor, medieval de orixe romana, entre Mañón e O Vicedo. Por aquí discorría o Camiño Real que comunicaba Viveiro con Ortigueira. Realizada en cachotaría de granito, ten tres arcos de medio punto. Sobre a ponte, no centro, consérvase un fito que marcaba o lindeiro entre as antigas provincias de Betanzos e Mondoñedo. 
Ponte Segade: Comunica os concellos do Vicedo e Mañón. Tiña dous arcos que foron achandados para colocarlle unha plataforma de formigón. Aquí tivo lugar un enfrontamento dos veciños do Vicedo e Mañón coas tropas napoleónicas durante a Guerra da Independencia.  
 
 

MAZARICOS
Ponte Vella (Arcos): Sobre o regueiro de Arcos, orixe romana.
Pontella (Arcos): Sobre o regueiro Caldeiras.
A Pontenova (Colúns): Sobre o río Beba. Medieval. En granito, ten un arco de medio punto e dous vans de forma cadrada situados nunha terraza de inundación para desaloxar a auga en épocas de enchenta.

 

MELIDE
Ponte Leboreiro: Na parroquia do Leboreiro. Sobre o río Seco, tributario do Ulla. Século XII. Foi restaurada no ano 1984, engadíndoselle os peitorís laterais. Construída en granito, consta dun só arco. Por el pasa o Camiño Francés a Santiago.
Ponte Vella de Furelos: Na parroquia de Furelos, atravesa o río do mesmo nome. Construída en cadeirado de granito e xisto no século XII. Consta de catro arcos de medio punto e tallamares triangulares contracorrente. Forma parte do Camiño Francés a Santiago. 
Ponte Nova de Furelos: Sobre o río Furelos. Noméase como Nova para diferenciala da Vella de Furelos. Edificouse no reinado de Isabel II no ano 1861, por mor da construción da estrada Lugo-Santiago. Nos peitorís aparecen dous sillares coa data de obra e tamén a alusión ao reinado desa raíña. (Información achegada por Cristina Vázquez Neira, e fotos de Xosé Manuel Broz Rei, arqueóloga e director do Museo da Terra de Melide). 
Ponte de Mera: Segundo recollín do facebook do Museo da Terra de Melide, foi derruída no século XX.

 

 

MESÍA
Ponte de Feás: No lugar do Campo, parroquia de Mesía. Sobre o río Samo. Construída no século XIX, posúe un arco de medio punto.

 

MIÑO
Ponte de Bañobre (Bañobre): Sobre o río Baxoi, medieval.  
Ponte na Ponte do Porco: Atópase na aldea da Ponte do Porco, entre as parroquias de Miño (Miño) e San Pantaleón das Viñas (Paderne).

 
 

MONFERO 
Ponte Barandoi: Pasaba o Camiño Real a Viveiro. Ponte con estribos de pedra e plataforma con laxes de pedra. 
Ponte de Dureixa: Pasaba o Camiño Real a Viveiro. Ponte con estribos de pedra, o taboleiro foi substituído por un novo de formigón. 
Ponte Nova (Os Chaos-Ambroa): No camiño entre Vilamateo e O Chao da Viña. Dous arcos de medio punto e tallamar.     
Ponte de San Paio (Monfero): Río Lambre, s. XV. Dous arcos. Divide os concellos de Irixoa e Monfero. Citado nun documento do ano 1295. 
Ponte Vella ou das Travesas (As Travesas-San Fiz de Monfero): Sobre o río Lambruxo, s. XV. 
Ponte Vella do Dez ou de Frai Bermuz (Val do Xestoso): Atravesa o río Frai Bermúz. Construída no século XV, consta dun arco de medio punto reforzado con doelas.

 
  

MUROS 
Pontella de Priegue (Abelleira): Pontella sinxela dunha lousa. 
Pontella de Serres (Serres): Composta por unha lousa apoiada en tres tallamares. 
Pontella da Rañoa (Riomaior-Esteiro): Pontella sobre o río Maior feita cun taboleiro de tres grandes laxes en catro fiadas paralelas e apoiadas en perpiaños postos na canle do río. Chama a atención a súa anchura. (Información de Elixio Vieites en patrimoniogalego.net). 
Ponte de Burleo (Serres). 
Ponte de Valdexería (Serres).

 


NARÓN
Ponte de Xubia: Sobre o río Xubia, foi construída no século XIX. Substituíu a outras anteriores, unha gótica e outra de madeira. Presenta dous vans e tallamares contracorrente. Comunica os concellos de Narón e Neda.
Ponte do Muíño Vello: Comunica os concellos de Ferrol e Narón.

 
 

NEDA
Ponte de Liñares (Anca): Século XII.
Pontiga (Roxal-Anca) Sobre o río Belelle.
Ponte de Santa María: Cruza o río Belelle, s. XIX.
Ponte Besteiro: Atravesa o río Besteiro, s. XIX.
Ponte Xubia: Salva o río Xubia. Construída no século XIX, substituíu a outras anteriores, unha gótica e outra de madeira. Presenta dous vans e tallamares contra corrente. Comunica os concellos de Narón e Neda.


 

NEGREIRA
Ponte Maceira: Coñecida polos veciños como a Ponte Vella. Sobre o río Tambre, entre Ames e Negreira. Do século XIII ou XIV, construíuse aproveitando os piares dunha antiga ponte romana. Paso obrigado dos peregrinos que continuaban o Camiño a Fisterra. Segundo a Historia Compostelana, no século XII tivo lugar unha batalla entre as tropas do arcebispo Xelmírez e o conde de Traba. Hai testemuñas dalgúns peregrinos a Fisterra que pasaron por ela, como Erich Lassota de Steblovo no 1581, ou de Christoph Gunzinger que a cita como ponte Massera. Cando pasou pola ponte José Cornide atopouna moi arruinada. A ponte derrubouse en varias ocasións por causa das enchentas do río. Consta de sete arcos. 
Ponte de Ons (Portor): Anterior á ponte Maceira. López Ferreiro fai pasar por ela a vía XX ou per loca maritima. Segundo o Codex Calixtinus, derrubouse cando os discípulos estaban pasando cos restos do Apóstolo Santiago. Desapareceu definitivamente baixo as augas do encoro a finais da década dos anos cincoenta do pasado século. Esta ponte figura no escudo do Concello de Negreira.  
 



NOIA
Ponte Grande (Noia): Século XIX. Na actualidade conta con seis vans, as distintas remodelacións reduciron o número, modificando a primitiva imaxe.
Ponte Chainza (Obre): Sobre o regueiro Vilacova, medieval. Coñecida tamén como "romana". Estaba tapada, apareceu un arco e restos dun segundo.
Ponte Nafonso (A Ponte Nafonso-Roo): Sobre o río Tambre. Construción do século XIV. Dos vinte e sete arcos que tiña só se conservan vinte. Achega a etimóloga Dolores González de la Peña que hai unha moi antiga profecía: Cando os arcos da ponte emerxan chegará a destrución das xentes e o fin da idolatría en Hispania.
Ponte de Traba (Noia): Sobre o río Traba. Construída no século XIV para comunicarse cos portos da ría de Arousa. Consta de catro arcos, dous apuntados e os outros dous de medio punto, o central incluído. Nas claves dun dos arcos poden verse dúas caras humanas de factura tosca. 

 

 
 


OROSO
Ponte Meimixe (Os Ánxeles): Séculos XVII-XVIII.
Ponte Carollo (Cardama): O formigón que asenta sobre grandes piastras de pedra non semella denunciar a súa antigüidade.
Ponte Sigüeiro (Sigüeiro): Salva o río Tambre. Construída no século XIII ou XIV e modificada no século XX. Consta de seis vans.


 

ORTIGUEIRA
Ponte Noval, (A Ponte Noval-Mera): Sobre o río Mera, medieval.

 

OUTES
Ponte dos Arados (A Corga-Cando): Sobre o río Donas, s. XIX. 
Ponte Nafonso (A Ponte Nafonso-Roo): Sobre o río Tambre. Construción do século XIV. Dos vinte e sete arcos que tiña só se conservan vinte. Achega a etimóloga Dolores González de la Peña que hai unha moi antiga profecía: Cando os arcos da ponte emerxan chegará a destrución das xentes e o fin da idolatría en Hispania.
Ponte do Ruso (Outes): Sobre o río Tines, data do ano 1746. Feita en granito, consta dun só arco.



 

OZA DOS RÍOS
Ponte Roibeira: Na parroquia de Mondoi, salva o río Mendo. Construción medieval do século XV con dous arcos de medio punto con contrafortes a ambos os lados do máis grande.  Tallamares triangulares contracorrente. No ano 1715, a Xustiza e Reximento de Betanzos dispón o arranxo da ponte que levan a cabo os veciños de Requián, Bravío e Oza, negándose estes últimos a contribuír, actuando no seu nome Antonio de Rilo e o seu fillo Domingo, sendo multado este con catro ducados pola súa rebeldía o que fai que proteste ante o Tribunal Real para que se anulen os cargos, por considerar que os veciños de Oza xa arranxaran a ponte dos Cabalos "... que hes en el mismo rrio que baja a la rreferida de rroibeira sin otra ayuda", rematando a exposición que de non seren considerada a protesta acudirán ante a Real Audiencia do Reino. Acometéronse novas reparacións no ano 1741, recaendo as obras no mestre canteiro Joseph Martínez Zelis. 

 

PADERNE
Ponte dos Carboeiros (Quintas): Sobre o río Meizoso. Dun arco e un estribo en ángulo. Pasaba o Camiño Real Betanzos-Vilalba. 
Ponte Lambre ou Ponte do Porco: Esta ponte medieval, do século XIV, atópase no lugar da Ponte de Lambre, parroquia de San Pantaleón das Viñas. Salva o río Lambre. Forma parte das sete pontes que mandou construír Fernán Pérez de Andrade "O Bo" para manter comunicadas as súas posesións entre Pontedeume e Betanzos. Conta unha antiga lenda que un mozo de nome Roxín Roxal namorouse de Tareixa, a filla máis nova do señor de Pontedeume don Nuno Pérez de Andrade. Amor imposible porque Roxín só era un servidor. Por orde de seu pai, a Tareixa casáronna con Henrique, da casa dos Osorio. Durante unha batida do xabaril, don Henrique feriu levemente a un dos animais que arremeteu contra os xenetes. Don Henrique, cheo de medo, saltou dende a ponte para fuxir do ataque, deixando soa a Tareixa que morreu como consecuencia do ataque. Aos poucos días o xabaril apareceu morto cunha daga cravada no pescozo. Todos recoñeceron a daga que tempo atrás don Nuno lle regalara a Roxín Roxal. Dende entón, a ponte quedou bautizada co nome de Ponte do Porco. Ponte e xabaril aparecen representados no escudo municipal. A ponte é paso obrigado dos peregrinos que fan o Camiño Inglés a Santiago de Compostela. Na aldea da Ponte do Porco pode verse a representación dun xabaril cunha cruz inserida no lombo. Non moi lonxe da ponte atópanse os muíños da Misericordia ou do Rei, un conxunto de muíños do século XVIII reconstruídos ao redor do ano 1845, propiedade de José María Bermúdez de Castro, señor de Montecelo e de San Pantaleón das Viñas. Nas súas dezaseis pedras de moer producían fariña para o arsenal de Ferrol.  
Ponte da Misericordia (San Pantaión das Viñas): Ponte dun arco rebaixado con estrutura de cachotería. A calzada está flanqueada por peitorís de cantería. 
Ponte Meizoso (Vilamourel): Sobre o regueiro Meizoso. Ponte de feitura rústica cun arco de medio punto. No entorno atopábanse varios muíños, hoxe en día desaparecidos. 
Ponte Muíño do Batán (Vilamourel): Pequena ponte rústica dun só arco realizada en cachotaría de xisto. 
Ponte Lavandeira (Vilamourel): No Camiño Real Betanzos-Vilalba. Con tallamar sobre o que apoian as lousas da plataforma. 
Ponte na Ponte do Porco (A Ponte do Porco): Do século XIX. Sobre o río Lambre, atópase na aldea da Ponte do Porco, entre as parroquias de Miño (Miño) e San Pantaleón das Viñas (Paderne).



PADRÓN 
Ponte Romana (Padrón): Entre Padrón e Pontecesures. Sobre o río Ulla, orixe romana do século I construída, segundo algúns historiadores, por mandato do mesmo César Augusto Octavio Vespasiano. En cantaría de granito, consta de trece arcos de medio punto rebaixados, peitoril e tallamares de sección triangular. Padeceu reformas no século XII e nos anos 1790, 1911 e 1956.
Ponte de Santiago ou do Carme (Padrón): Construída no ano 1852, substituíu a outra arrasada polo río. 
 




 

O PINO
Ponte romana (A Ponte Puñide-Gonzar): Salva o río Mera, medieval de orixe romana con dous arcos de medio punto. Entre outros restos de época romana apareceron un modio e a figura dun togado, os dous en bronce.
 

A POBRA DO CARAMIÑAL
Ponte da Misarela: Na parroquia de Lesón, salva o río Pedras. Construída no século XIV en cadeirado e cachotaría de granito, os seus arcos son de medio punto. Crese que formaba parte da antiga calzada romana que atravesaba a Serra do Barbanza.
Ponte das Taras (As Taras-Posmarcos). Construída no ano 1890.
Ponte do Xobre (O Xobre): Atravesa o río Morto, s. XV.


 


PONTECESO
Ponte de Ponteceso: Construída sobre o río Anllóns, une Ponteceso con Cabana de Bergantiños. Conserva os cinco arcos sobre piares que algúns historiadores cren de época romana. 
A Ponte Dona (Cereo): Sobre o río Anllóns, entre as parroquias de Cereo (Coristanco) e Xornes (Ponteceso). Documentada no ano 1839, se ben é posible que sexa máis antiga. Feita en cantería de granito con zonas de cachotería. Ten sete vans alintelados sobre os que asentan as laxas de pedra que forman a calzada sen peitorís. Tallaramares contracorrente.

 

 

PONTEDEUME
Ponte de Pedra ou Ponte do Eume: Sobre o río Eume, mandada construír por Fernán Pérez de Andrade entre o 1374 e o 1380. Dá nome á vila de Pontedeume. Comunica Cabanas con Pontedeume. Na súa época foi considerada como a máis grande e fermosa de Europa na súa clase. Sobre ela existía unha capela posta baixo a advocación do Espíritu Santo e un hospital de peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. No ano 1841, as pedras do hospital serviron para enlousar a praza de San Roque. Na entrada da ponte había un xabaril, símbolo dos Andrade. Segundo información achegada por Vítor Garabana, a ponte, de 50-60 arcos, xa tiña varios deles en ruína no século XIX porque eran pequenos e se atoaban con troncos de árbores nas enchentas. En 1867 derrubárona e construíron unha ponte temporal de madeira, e logo a actual, cegando máis da metade dos arcos e deixando só os quince de maior tamaño. A ponte que se ve na actualidade foi deseñada polos enxeñeiros Francisco Sejuelo, Adolfo Pequeño e Juan Vildosola entre os anos 1867 e 1870. Segundo a lenda foi construída polo demo nunha soa noite. Ata os anos 60 ou 70 estaba "adornado" co xugo e as frechas.
 
 
 

AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ
Ponte Illade (As Pontes de García Rodríguez): Orixe romana. 
Ponte Romana ou Vella (As Pontes): Salva o río Chamoselo, medieval de orixe romana.
Ponte de Isabel II: Sobre o río Eume. Construída en cantería de granito no ano 1862. Tres vans con arcos de medio punto rebaixados. Conserva unha inscrición da época en que foi construída.
Ponte Romana: Atravesa o río Chamoselo. Medieval, parece ser que substituíu a unha romana do século II.
A Ponte Vella (As Pontes): Sobre o río Eume, foi mandada construír por García Rodríguez de Valcárcel no século XV, nome polo que é coñecida a vila. Consta de dous arcos separados por un ancho piar. Reformada a principios do século XIX.
Segundo información achegada por José Antonio Prieto Sanmartín, a ponte que denominaba co nome de Tras a Ponte chámase en realidade de Isabel II. Canto á Ponte Romana que tiña na parroquia de Vilavella, pertence á parroquia das Pontes, situada, como apunta José Antonio, entre o barrio do Chamoselo e a rúa Vía Romana. Na parroquia de Vilavella houbo ata non hai moitos anos unha ponte, ao parecer medieval, que foi derrubada debido ao seu mal estado de conservación.




PORTO DO SON
Ponte de Cans: Como ben di José Antonio Gavilanes, autor desta información, pode que a ponte non se distinga polo seu valor artístico, pero si por outros motivos. Xunto a ponte hai unha placa na honra dos Márties de Cans cuxo texto transcribo a continuación: "Na mañá do xoves 12 de outubro de 1916, os veciños das aldeas da parroquia de Nebra concentráronse nesta ponte nun número aproximado de trescentos co gallo de loitar contra a imposición dun novo tributo municipal, segundo entendían as autoridades municipais porque se malversaban e así saldaban a débeda contraída coa Deputación. O recadador asignado para tal cometido chegaba para proceder ao embargo polo impago dos veciños e atopándose acompañado duns cincoenta gardas civís. Uns intercambios de palabras, principalmente coas mulleres que ían por diante da manifestación, pasouse ao ruído dos mausser e igualmente aos primeiros laios. Unha segunda descarga tinxe a ponte de vermello, con cinco veciños mortos riba da ponte. Serva este monolito á memoria de todos. In memoriam: Antonio Sobrado, Francisca Carou, Ramona Suárez, Xenerosa Vidal, Rosa Cadórniga".
Ponte Vella: Salva o regueiro Sieira no lugar do mesmo nome, parroquia de Xuño. Medieval de orixe romana, consta dun arco lixeiramente apuntado.

 
 

ROIS
Ponte Paradela (Ribasar): Atravesa o río Sar, medieval.
Ponte da Meana (Seira): Salva o río Sar, s. XVII.

SAN SADURNIÑO

Ponte Ferrería (Saldoiro-Naraío): Sobre o río Castro, medieval, salva a estrada local que vai cara o castelo de Naraío. A súa construción realizouse na época de Fernán Pérez de Andrade (século XIV). Coa construción desta e doutras pontes dotábase ás terras dos Andrade dunha rede viaria de calidade, ademais de constituír unha fonte de importantes ingresos para esa casa, provenientes dos dereitos señoriais que se cobraban (dereito de pontádego). Xunto a ponte consérvase un gran xabaril de pedra, símbolo, xunto co oso, dos Andrade. O xabaril sacouse hai varios anos do leito do río. Ao parecer había noutro extremo da ponte outro animal que desapareceu.


 

SANTIAGO DE COMPOSTELA
Ponte Albar: Entre os concellos de Santiago e Trazo. Século XVIII, se ben pola súa estrutura pode ser anterior. Realizado en cadeirado de granito con cinco arcos de medio punto e tallamares en ambos os dous sentidos. Foi ensanchado. Debe o seu nome a unha lenda que ten como protagonista a un tiránico señor feudal, Pero Albar, que tiña o castelo no cume do monte Pica, entre as aldeas de Xavestre e Trazo.
Ponte de Aríns (Aríns): Sobre o río Santa Lucía. Ten un arco de medio punto.
Ponte da Barcia (A Barcia- Laraño): De cantería, posúe un pequeno ollo alintelado.
Ponte do Bargo (O Bargo-A Peregrina): Pequena ponte dun arco situada no camiño vello.
Ponte do Carme de Abaixo (Santiago): Salva o río Sarela, s. XVII.
Pontella de Corexo (Corexo-Marrozos): Consta de dúas lousas de pedra apoiadas sobre un piar central e as ribeiras do regueiro.
Ponte da ermida de Santa Lucía (O Eixo): Ten tres ollos alintelados, con dous piares.
Pontella de Lamascal (Fecha): De feitura tosca, ten dúas lousas apoiadas sobre piares situados na beira do regato.
Ponte de Outeiro (Outeiro-O Castiñeiriño): Ponte cega dun arco de medio punto situada xunto un lavadoiro e un hórreo.
Ponte Pedriña (Ponte Pedriña-Vista Alegre): De tres ollos con arco central de medio punto.
Ponte da Peregrina (A Peregrina): Sobre o río Sarela. Está preto da igrexa. Cinco ollos abertos en lintel.
Ponte de Quintáns (Quintáns-Villestro): Sobre o río Roxos. De tres ollos, o central de medio punto e os laterais alintelados. Posúe contrafortes.
Pontella de Reborido (Reborido-Villestro): De catro lousas apoiadas sobre un piar central.
Pontella de Reibó (Reibó-Laraño): Pontella alintelada.
Ponte da Rocha (Vidán): Sobre o río Sar. Citada no ano 1542.
Ponte do Romaño (O Romaño- Vista Alegre): Sobre o río Sarela. De pedra dun arco. Xunto del hai un muíño.
Ponte de San Domingos (Vidán): Medieval. Sobre o río Sarela. Só quedan os restos dun arco. 
Ponte do Sar (Santiago): Cruza o río Sar, s. XIII. De tres ollos e dous tallamares de sección triangular. Foi construída para salvar o último tramo da Vía da Prata que entraba na cidade pola Porta de Mazarelos ou pola Porta da Mámoa. Augas arriba hai un vao polo que antigamente pasaban os carros coas súas mercadorías.
Ponte Sarela de Arriba (A Peregrina): Sobre o río Sarela. Citada nun documento do ano 1485. As súa estrutura sufriu distintas reformas debido ás enchentas do río, como a que aconteceu no ano 1840. 
Ponte Vella (Vidán): Sobre o río Sar. De cantería.
Ponte de Vilar (Fecha): Sobre un afluente do Tambre. Ponte de pedra dun arco. 

 
 


SANTISO
Ponte de Busel (Ribadulla): Sobre o rega da Beseña, afluente do Ulla. Ponte de feitura medieval, se ben foi construída arredor do ano 1933 por un tal Mingos do Gaiteiro, coa finalidade de comunicar Busel con A Maciñeira. (Información achegada por Cristina Vázquez Neira, e fotos de Xosé Manuel Broz Rei, arqueóloga e director do Museo da Terra de Melide).
Ponte Nova de Arcediago: Sobre o río Ulla, na divisoria dos concellos de Santiso e de Agolada. Edificouse en época de Isabel II, no ano 1867, por mor da estrada Betanzos-Ourense. (Información facilitada por Cristina Vázquez Neira, e fotos de Xosé Manuel Broz Rei, arqueóloga e director do Museo da Terra de Melide). 
Inscrición dunha ponte Alto Medieval en Mourazos: A principios do ano 2012, Xosé Manuel Broz e Cristina Vázquez Neira, director e arqueóloga de Museo da Terra de Melide, publicaron no boletín da institución a inscrición atopada nunha lousa situada xunto o río Ulla, á altura de Mourazos, entre os concellos de Santiso e Agolada e as provincias da Coruña e Pontevedra. Cando as augas corren baixas queda á luz unha pedra, único vestixio dunha antiga ponte na que se ve unha inscrición que sinala a data de construción: 862. Xosé Manuel Broz, sen dubidalo, afirma que se trata da ponte máis antiga que cruzaba o río Ulla. Desta inscrición xa dera conta no ano 1978  Alberto Platero en El Museo de Pontevedra, se ben a situaba no concello de Agolada. Non cabe dúbida algunha do enorme valor histórico e patrimonial do achado onde un mestre canteiro deixou constancia dun camiño ata ese intre descoñecido ou, cando menos, esquecido, herdeiro dunha vía romana, ademais da práctica inexistencia de pontes erixidas en época Alto Medieval. 

 

 

SOBRADO DOS MONXES
Pontepedra (A Porta): Sobre o río Tambre, s. XVIII.

 

AS SOMOZAS
Ponte Queiroga (As Enchousas).
Ponte de Soutochán (Seixas).

 

TEO 
Ponte Caxade (Louou): Medieval de orixe romana. Sobre o río Chao. Vinculada, segundo López Ferreiro, a unha calzada secundaria que unía o castro Lupario coa vía XIX no lugar da Gándara (Vedra). Dise que nos alicerces hai unha inscrición latina. Ten un arco de medio punto. No ano 1998 acometeuse unha polémica restauración.   
Ponte Rúa de Francos ou de Paradela: Atravesa o río Tinto na parroquia de Calo. Do século XVI, consta dun só arco. Comunicaba os lugares de Francos (Teo) e Xinzo (Brión). 
Pontevea (Reis): Sobre o río Ulla. Construción dos séculos XIV-XV, padeceu varias reformas. 
Pontella (Santa María Madanela): Salva o río Ulla, s. XVIII.


  

TOQUES
Ponte da Capela: Medieval, sobre o río da Toca ou da Pedriña, afluente do río Furelos. Construída polos monxes bieitos de San Antoíño de Toques, para cruzar o río da Toca a escasos metros antes de seren canalizado a través das dependencias dese mosteiro.
Ponte Pedriña (Montouto-A Capela).


 

TORDOIA
Pontella de Vilamartín (Bardaos).

 

TRAZO
Ponte Albar: Entre os concellos de Santiago e Trazo. Século XVIII, se ben pola súa estrutura pode ser anterior. Realizado en cadeirado de granito con cinco arcos de medio punto e tallamares en ambos os dous sentidos. Foi ensanchado. Debe o seu nome a unha lenda que ten como protagonista a un tiránico señor feudal, Pero Albar, que tiña o castelo no cume do monte Pica, entre as aldeas de Xavestre e Trazo. 

 

VAL DO DUBRA
Ponte de Portomouro: Século XIX. Construída en cadeirado de granito, consta de cinco arcos, os dous dos extremos menores. Reformado no século XX para adaptalo ao tráfico de coches.


VALDOVIÑO
Ponte Porto do Cabo: Salva o regueiro Porto do Cabo. Medieval, consta dun arco de medio punto e outro menor para aliviar a corrente nas enchentas. Situada entre Cedeira e Valdoviño.

 

VEDRA
Ponte Busacos: En Sales. Sobre o regueiro Pereiro, medieval. De cantería, con dous arcos semicirculares e vertedoiros alintelados, con tallamares de forma triangular para cortar a auga da corrente.

 

VILARMAIOR
Ponte de Cidoi: En Cidoi, parroquia de Doroña. Románica do século XII. De granito, ten un arco de medio punto. Por ela pasaba un Camiño Real.

 

VILASANTAR
Ponte da Gándara (Barbeito): Sobre o río das Gándaras. Dous vans de formas rectas e sinxelas. Na actualidade está en desuso.
Pasos da Vella (Mezonzo): No río das Gándaras. Pedras de grandes dimensións a xeito de pasadoiros para facilitar o paso de persoas.

 

VIMIANZO 
Ponte de Torelo (Torelo-Salto): Atravesa o río Castro, s. XIX. 
Pontella de Torelo (Torelo-Salto): Sobre o río Porto. Tradicional con lousas asentadas sobre dez machóns.


ZAS
Ponte de Baio (Baio): Cruza o río Grande, s. XIX.
Ponte de Lodoso (Lodoso-Baio): Salva o río Grande, s. XIX.
Ponte de Quintáns (Brandomil): Atravesa o río Xallas, medieval.
Ponte Saconde (Vilar): Sobre o regueiro Vilar.
Ponte de Brandomil (Brandomil): De orixe romana, salva ó río Xallas. Construída no século XVII sobre outra anterior. Por ela transitaban os peregrinos que de Santiago ían ata Fisterra e os que desembarcaban en Muxía e Fisterra para peregrinar á cidade do Apóstolo. Feita en cadeirado de granito, ten catro arcos.

 


PONTES DA PROVINCIA DE LUGO

ABADÍN 
Ponte Vella de Martiñán: Entre os concellos de Abadín e Vilalba. Salva o río Batán seguindo o vello Camiño Real que dende Mondoñedo se dirixía cara Vilalba. A súa calzada limítase por un peitoril de pedra de granito realizada a xeito de chantas encaixadas segundo as tradicións dos vellos canteiros da comarca. A calzada alivia a auga da choiva por medio de tres pares de picheis que verten ao río. Ten dous grandes arcos desiguais apuntados. 


ALFOZ
A Pontenova (A Seara); Sobre o río Ouro, s. XVIII.

 

ANTAS DE ULLA
Ponte Mercé (A Ponte Mercé-Barreiro): Salva o río Ulla, s. XIV. Comunica Antas de Ulla e Palas de Rei. Ten dous arcos, un oxival e outro de medio punto e tallamares de sección triangular.
Ponte sobre o río Ulla: Sobre o río Ulla, por el pasaba a antiga estrada. No límíte entre os concellos de Antas de Ulla e Monterroso.

 
 

BARALLA 
Ponte de Arroxo: Sobre o río Guimarei, construída en cadeirado e xisto cun arco rebaixado de medio punto. Aprécianse varias reparacións e reformas. 
Ponte de Covas (A Ponte Covas-Covas): Medieval de posible orixe romana, atravesa o río Neira. Construída en cadeirado de granito, ten tres arcos, o central, semicircular, é o máis grande. No mes de xuño de 2016, dende o Colectivo Patrimonio dos Ancares solicitamos a declaración como BIC desta ponte, proposta que o pleno do Concello votou a favor por unanimidade. 
Ponte de Quintá (Piñeira): É de madeira.  
Ponte de Santo Estevo (Pousada): Sobre o río Neira, medieval. 
Ponte dos Mazos (San Martiño de Neira de Rei): Salva o río Neira, presenta un arco de medio punto. Amor Meilán relaciónaa coa antiga calzada romana que discorría polo municipio. Xulio Pardo de Neyra fala dunha pedra de feitura romana coa inscrición: FACERE IVSIT/AUGUSTUS/IMPER.ANNO C.XII. Eu non fun quen de atopar a epígrafe, e os veciños nada saben. Javier Gómez Vila (2005) dubida da súa existencia, engadindo que en calquera caso é imposible adscribilo a Augusto xa que non posúe a fórmula imperial de inicio nin desprega posteriormente a titulatura parcial; como tamén resulta inusual a datación que presenta, xa que esta realizábase tanto pola vía da indicación do consulado como pola potestade tribunicia. No mes de xuño de 2016, dende o Colectivo Patrimonio dos Ancares solicitamos a declaración como BIC desta ponte, proposta que o pleno do Concello votou a favor por unanimidade. 
Ponte Senra (Senra): Salva o río Neira, medieval. Construída cando o Camiño Real a Castela nos tempos de Carlos III. Ten dous arcos de medio punto e tallamar central contra corrente. 
Ponte da Valiña (Guimarei): Sobre o rego de Vilachambre, entre as parroquias de Guimarei e Vilachambre. Pequena ponte de lousa cun arco de medio punto. En deficiente estado de conservación.




 

BECERREÁ
Ponte de Cruzul (Cruzul): Sobre o río Cruzul ou Narón. Ata finais dos anos sesenta do pasado século XX, a ponte formaba parte da antiga N-VI, deixando de utilizarse a partir de entón como consecuencia da construción dunha nova ponte dentro do Plan de Mejora de la Red Especial de Itinerarios Asfálticos, coñecido como Plan Redia, e o conseguinte desvío da estrada nacional. Na actualidade só é utilizada polo tráfico local. Ten unha lonxitude de 93 metros, unha altura de 29 metros, e un ancho de calzada de 8 metros. Nos accesos de ambos lados atópanse uns apartadoiros máis anchos ca calzada. Presenta tres arcos semicirculares de 12 metros de diámetro realizados con doelas de pedra calcaria, material que tamén se empregou no resto da ponte. Consta de dous piares centrais de sección rectangular de 4 por 8,5 metros que rematan nunha imposta da que arrincan dous arcos. Unha segunda imposta encárgase de marcar o perfil da calzada. Nos extremos hai uns monolitos nun corpo de forma piramidal que foron colocados cando a construción da ponte (na actualidade só se conservan tres dos catro que tiña orixinalmente). No centro hai un frontón coroado cunha pirámide de base rectangular que posuía unha inscrición, perdida na actualidade, que facía alusión, probablemente, á súa construción.

 

A ponte de Cruzul é a única da provincia de Lugo vinculada ao período Neoclásico, podendo considerarse como a primeira infraestrutura da enxeñería civil moderna, de vital importancia para as comunicacións da provincia de Lugo coa Meseta.
Foi proxectada polo enxeñeiro Carlos Lemaur que fora nomeado polo Marqués de la Ensenada como director de obras do Camiño Real entre Benavente e A Coruña, en sustitución do enxeñeiro José Crame. Construída polos seus sucesores Balthasar Ricaud e Bartolomé Amphoux, pertencía ao Camiño Real de Acceso a Galicia, importante obra de enxeñería desenvolvida durante o reinado de Carlos III, co obxectivo de unir Madrid con Lugo, A Coruña e Ferrol. Esta obra estaba integrada dentro do ambioso plan da Red radial de Caminos Reales que pretendía enlazar as principais cidades do reino coa capital a través de "caminos rectos y sólidos que faciliten el comercio de unas provincias a otras". As obras iniciáronse entre os anos 1776 e 1778, se ben se descoñece cando remataron, aínda que a maioría dos investigadores concordan en que a ponte estaría en funcionamento antes de finalizar o século XVIII, xa no reinado de Carlos IV. O que si está ben documentado é que estaba concluída a principios do ano 1809, durante a invasión napoleónica de Galicia.

 

Sen dúbida algunha, a ponte de Cruzul é unha das máis emblemáticas, non só do municipio de Becerreá, tamén da comarca dos Ancares, así como a mellor documentada, sendo a única das consideradas históricas da que se conservan os planos orixinais do ano 1765, depositados no Archivo General de Simancas.
Pero ademais, esta infraestrutura camiñeira está intimamente ligada á Guerra da Independencia (1808-1814). Aínda que en Galicia a ocupación do exérccito napoleónico foi breve (menos dun ano) debido á forte oposición da Igrexa, da pequena nobreza (fidalguía) e, sobre todo, do campesiñado que, utilizando a estratexia da guerra de guerrillas, fustrigaron dende o primeiro momento da invasión, case sempre con éxito, ás forzas francesas, presión que culminou nos primeiros días do mes de xuño de 1809 coa derrota en Ponte Sampaio do, ata aquel momento, invencible exército francés.

 

Durante a Guerra da Independencia, en Becerreá e no resto da comarca dos Ancares, a oposición á invasión francesa tamén conseguiu unir, nun feito sen precedentes, a clérigos e fidalgos co campesiñado. Non imos deternos eiquí nos múltiples episodos que tiveron lugar na comarca, só en que a ponte de Cruzul actuou como pétrea testemuña. Está amplamente testemuñado que os guerrilleiros galegos apoderáronse de máis de mil fusís que os soldados franceses agocharan xunto a ponte; de feito, moitos deses fusís, coas súas baionetas, aínda se conservan en poder dalgúns veciños, e un gran número dos canóns dos mesmos foron utilizados posteriormente como tubos de desaugue de moitas casas de Becerreá. Entre os anos 1960 e 1980 funcionou en Becerreá o bar Os Chafarotes que tomou o nome polo anchos sabres, tamén procedentes das inmediacións da ponte de Cruzul, utilizados polos soldados franceses e que serviron para aodrnar as paredes do local. No ano 2008, o investigador José Luis Garfer, que estaba recorrendo Galicia en busca de adiviñanzas tradicionais para o seu libro O adiviñanceiro popular galego, descubriu que unha das persoas consultadas, Fernando Gabriel Fernández, de Vilar de Ousón, aldea próxima á ponte, conservaba, entre outros documentos, un manuscrito que, ao longo de 126 páxinas, recollía a travesía dun rexemento napoleónico enviado a España, autoría do xeneral francés Gerard, que ofrece o retrato do conflito bélico. Gerard tivo que instalarse temporalmente na aldea debido á neve. Un antepasado de Fernando Gabriel era coñecido como O terror dos Gabachos. Documentado está o enfrontamento dos veciños na ponte de Cruzul, cando o xeneral Pedro Caro y Sureda, III Marqués de la Romana (1761-1811), chamou á mobilización. Na aldea de Cruzul consérvase unha espadana de dous vans, á que se accede por medio dunha escaleira de pedra, cuxas campás alertaban á poboación da chegada dos franceses á ponte. Ata os anos 80 do pasado século, durante as festas do antroido, era habitual ver a veciños e veciñas disfrazados de guerrilleiros, portando algunhas armas utilizadas durante a Guerra da Independencia.

 

As imaxes e fotos históricas das pontes da comarca dos Ancares anteriores aos anos sesenta do pasado século XX son escasas. Desa ausencia hai que exceptuar a ponte de Cruzul, o que demostra a importancia e o prestixio que tiña, e ten, entre as xentes do concello de Becerreá. A primeria imaxe da ponte figura no libro de Adam Noel Letter from Portugal and Spain, editado en Londres no ano 1809. No libro, o xeneral británico sir Jhon Moore relata que ao día seguinte de pernoctar nas Nogais, camiño de Lugo, chegou á ponte de Cruzul onde os franceses preparaban a súa voadura. Noel fai un debuxo da ponte onde figuran catro arcos en vez dos tres cos que conta na actualidade, feito que leva á conclusión de que se puído reconstruír posteriormente, perdendeo un dos arcos. Hai que destacar que, como puído comprobar o mesmo Noel, a ponte non foi voada (como conxectura algún investigador e a tradición) polos ingleses para retardar o paso das tropas invasores dos mariscais Soult e Ney cando se retiraban cara A Coruña, o que leva a pensar que, no caso de que a lámina citada a plasmara fidedignamente, foi reconstruída debido a outras causas. Unha lámina do século XIX representa a retirada do exército inglés pola ponte de Cruzul, fustrigado polos franceses. No Semanario pintoresco español do 21 de abril de 1850 aparece un debuxo da ponte.


Á importancia desta ponte non son alleas as lendas, como a que conta que cando lle presentaron as contas da ponte á raíña Isabel II, asombrouse do seu custo, dicindo que como era posible non ver obra tan cara dende o Palacio de Oriente de Madrid. 

 

O día 2 de outubro de 2015, dende o Colectivo Patrimonio dos Ancares presentamos unha solicitude para que a ponte fora declarada Ben de Interese Cultural (BIC). O día 27 de novembro de 2018, o Parlamento de Galicia, a proposta do BNG, aprobou por unanimidade urxir a súa declaración á Administración do Estado que é de quen depende por atoparse na antiga estrada nacional, titularidade do Ministerio de Fomento. Dende o BNG destacaron que xa noutras dúas ocasións o Concello de Becerreá, no ano 2009, e o Colectivo Patrimonio dos Ancares propuxeramos esa declaración. 

 

Transcorridos catro anos dende que presentamos a solicitude, sen ter resposta, o día 22 de outubro de 2019 volvemos a solicitalo ante a Dirección General de Bellas Artes do Ministerio de Cultura. En 23 folios, ademais da descrición, arquitectura, historia, estado de conservación, etc., xustificamos o que motiva a súa declaración como BIC. A ponte atópase nun espazo natural de recoñecida importancia, dentro da Rede Natura 2000 que ocupa unha superficie de 618 hectáreas, que conta coas figuras de protección de Zona de Especial Conservación (ZEC) e Lugar de Interese Comunitario (LIC). Nas súas proximidades está o coñecido como Aciñeiral de Cruzl, un aciñeiral mediterráneo nun dominio atlántico, cuxa presenza está asociada ao sustrato rochoso calizo, ademais dun souto de castiñeiros que na parte máis elevada convértese nun bosque mixto grazas á presenza de carballos. A ponte, de incuestionable valor arquitectónica, contibúe, ao fusionarse coa paisaxe, a dotar a esta zona dun gran valor histórico e ecolóxico. Nas inmediacións tamén se atopan varios bens catalogados pola Xunta de Galicia: Covas paleolíticas de Valdavara, castro galaico-romano de Vilar de Ousón, Casa-torre de Cruzul e un muíño hidráulico.
 
 

Ponte de madeira de Cruzul: Sobre o río Cruzul, e a uns 200 metros río arriba da anterior. De madeira con estribos de cadeirado de granito.  
Ponte de Gatín (As Pontes de Gatín-Líber): Salva o río Navia. Medieval de orixe romana. No medio hai un miliario que foi reaproveitado para facer unha inscrición en época moderna que di: "El edifico/este puente/por orden del/protector/de los caminos/del pueblo/[...] roto/[...] el [...]". Nas inmediacións situábase a mansión romana de Ponte Neviae do Itinerario de Antonino; por eiquí discorría a Vía romana XIX de Lugo a Astorga. Segundo a lenda foi construída polo demo nunha noite; o nome vén do gato negro co que uns veciños lle pagaron a obra.
 
 

CASTRO DE REI 
Ponte da Golfa (Triabá): Coñécese un documento do ano 1832 do bispo de Mondoñedo, Bartolomé Cienfuegos, en virtude dunha demanda presentada polos veciños de San Pedro de Triabá por destrozos causados na ponte da Golfa. No ano 1821, debido a que un descoñecido quitara un estribo de seguridade, causou grandes prexuízos aos veciños, que non podían pasar á outra beira. O pobo custeou entón outra nova ponte "en medio de su pobreza mas ha muy poco tiempo tuvo la misma desgracia que la anterior pues por medio de una sierra la han tronzado de medio a medio y se sumergio en un hoyo profundo que nadie puede utilizar. El autor de semejantes delitos no fue posible descubrirlo".   
Ponte do Río Vello ou dos Pedregás: En Duarría. Atravesa o río Lea. De orixe romana, está construída en cachotaría de lousa cun arco de medio punto e calzada de pedra. Por ela discorreu tamén o Camiño Real. Nas súas proximidades atópase o castro de Duarría.

   

CASTROVERDE 
Ponte de Bolaño: Sobre o río Chamoso. De pequenas dimensións, é de cadeirado de granito, con catro piares, dous deles cilíndricos e outros dous prismáticos. 
Ponte de Bascuas (Montecubeiro): Sobre o río Azúmara. Ponte de pequenas dimensións formado por un arco apoiado en dous muros de lousa. Preto do muíño e mazo de Penallos. Mal estado de conservación. 

 

CERVANTES
Ponte Vella: Sobre o río das Pontes, na parroquia de Donís. Trátase dunha ponte, en mal estado de conservación, cun arco de medio punto realizada en lousa.
Ponte sobre o río Piornedo: De madeira, no camiño que vai dende O Piornedo a Vilarello.
Ponte sobre o río dos Carneiros: Ponte ruinosa de madeira no camiño de Xantes a Robledo.
Pontella da Campa de Campo Redondo (Donís): Pontella de madeira que salva o río Veiga Cimeira.


 

CERVO
Ponte de Lieiro ou de San Cibrao (Lieiro): Salva o río Cobo, medieval. Na Idade Media, coa instauración da se parroquial en Lieiro, a comunicación con San Cibrao fíxose máis necesaria e construíronse novos camiños que permitían non ter que dar tanta volta polo que foron colocados uns pasais de pedra. Para o paso de animais e da xente en marea chea decidiuse entón construír a ponte de pedra que podemos ver hoxe en día. Por ela pasaba o Camiño Real da costa que viña por riba das casas de Pedrosa, pola Cruz, e logo dos Currais á Rozavella, e dalí continuaba cara a parroquia de Lago. Ten unha altura máxima de nove metros e medio, se ben os peitorís foron colocados ou remozados no século XIX. O único ollo ten forma oxival. No piar da marxe dereita da ría, nunha das canterías está gravada unha serpe e outra semiborrada. A anchura máxima é de 3,10 metros. Foi restaurada no ano 1986.
Pasais (San Cibrao): Utilizados para o paso de persoas cando a marea baixa. 


 

CHANTADA
Ponte Romana (Belesar): Vázquez Seijas refírese a ela como de orixe romana, como así o testemuña os restos de calzada que hai no lugar. Asulagada polo encoro dos Peares. Da construción romana só quedarían as bases dos piares. Sábese que o seu paso estivo cortado no ano 1780 debido a un derrube da parte superior polo que foi preciso habilitar unha barca para que a xente puidera atravesar o río. A ponte non foi reparada ata 1830 (tal era a importancia da ponte, que as obras realizáronse por medio dunha suscrición), pero no ano 1852 volvía atoparse moi deteriorada. Cando se rematou a nova ponte sobre o Miño, os arcos da primitiva infraestrutura viaria foron voados con dinamita.
Ponte de Belesar: Sobre o río Miño, comunicaba Chantada con Monforte. De principios do século XX. Ten seis vans e cinco piares de granito.
 

 

O CORGO 
Ponte do Lago (Abragán): Coñecida tamén como A Ponte Romana. Medieval. Salva o río Tordea. 
Ponte da Torre (Anseán): Sobre o río Mazandán, séculos XIV-XV de posible orixe romana ou altomedieval. Ten un arco de medio punto en mapostería de lousa. Atópase no Camiño Real de acceso a Galicia. 
Ponte Galiñeiros (Arxemil): Atravesa o río Chamoso. Medieval de posible orixe romana. Construída en cantería e de forma alombada, ten un só arco de medio punto; os peitoris, do século XX, son de formigón. Por ela pasaba a vía XIX que comunicaba Lugo con Astorga. 
Ponte do Vao (A Ponte do Vao-Chamoso): No Camiño Real de acceso a Galicia. Sobre o río Chamoso, século XVIII. Ten catro vans de luces iguais de 5,50 metros, resoltas con arcos de medio punto.   
A Ponte Vella (Rubial-Fonteita): Sobre o río Tórdea. 
Ponte Vella (Gomeán): Atravesa o río Tórdea. Situada no Camiño Real. Posible orixe medieval. Presenta un arco de medio punto executado con dovelas de granito e mampostería de lousa. 
Ponte Neira (A Ponte Neira-Cela): Sobre o río Neira, data dos séculos XIII-XIV. Separa os concello de O Corgo e O Páramo. Construída en cadeirado de granito con catro arcos de medio punto. Alterada pola construción de ménsulas e unha varanda metálica cando a ensancharon. Está vencellada á antiga vía de comunicación Sarria-Lugo. Xa aparece nos antigos mapas de Galicia, como o de Fernández Oxea do ano 1598, ou no Gallaecia Regnum do 1600. Na Idade Media era o único vial que comunicaba O Camiño de Santiago con Lugo. No ano 1486, na viaxe de regreso dos Reis Católicos á corte, pasaron por esta ponte. 
A información sobre a ponte da Torre e as correccións sobre os nomes das pontes do Lago e Galiñeiros achegóunola Manuel Fernández López.




 

COSPEITO
Ponte do Porto: Na parroquia de Pino. Sobre o río Tamoga. Século XVII de posible orixe romana. Ao seu carón construíuse unha ponte moderna. A principios do século XXI aínda era utilizada polos veciños como paso. Foi nos primeiros anos deste século cando o Concello solicitou un obradoiro de emprego subvencionado pola Xunta de Galicia para limpala e consolidala. É aí comezou a desfeita. Ao limpar a maleza e as árbores que a cubrían, sen control arqueolóxico de ningún tipo, "esquecéronse" de consolidar as pedras polo que na primeira enchenta dese inverno un dos arcos de medio punto veuse abaixo e do outro arco que aínda quedaba en pé comezaron a desprenderse as pedras que foron a parar tamén ao leito do río impedindo o discorrer da auga. Anos despois os veciños, non sen trabas, conseguiron permiso para sacar as pedras que atascaban a corrente e que apilaron nun lugar próximo. Mais a conxestión producida polos sucesivos derrubes, o problema persiste facendo que ao estancar a auga esta sexa insalubre para o baño tal como rezan un carteis colocados ao efecto. O día 12 de agosto de 2016 puxen isto en coñecemento do Concello e de Patrimonio.

 

FOLGOSO DO COUREL 
Ponte de Lousadela (Seceda): Sobre o río Lóuzara, medieval de posible orixe romana. Está cuberta de maleza. Ao seu carón hai unha de formigón que é a que se utiliza actualmente. 
Pontello de Cortes (Seceda). 
Ponte de Seoane: Salva o paso do río Pequeno nunha curva bastante pronunciada.  
A Ponte Vella (Vilamor): Sobre o río Lor, preto da ponte de formigón que que vai a Castro Portela. Foi derruída, o único que queda é unha das bases de pedra nunha beira do río. 
Ponte Vella de Esperante: Século XVIII. Sobre o río Lor. Ten un arco feito con laxes de lousa.  
Ponte Castelos.

 
 
GUITIRIZ
Ponte de Roca (Roca): Salva o río Puga.
Ponte de San Alberte (San Breixo de Parga): Sobre o río Parga, século XV con reformas no XVIII. Por ela discorría o Camiño do Norte a Santiago de Compostela. Dous arcos apuntados, un deles da construción orixinal, e tallamares triangulares contracorrente.
Ponte de San Estevo de Parga: Do século XV, sobre o río Parga. Construída en cadeirado de granito con catro arcos apuntados e tallamares triangulares contracorrente. Situada no antigo camiño a Betanzos.



 

GUNTÍN DE PALLARES
Ponte Cabalar: Sobre o río Ferreira, romana. Atravesada pola vía romana XIX que unía Braga e Lugo. Construída en laxes de louxa, ten tres arcos de medio punto.

 

O INCIO
Pontella en Ferraría do Incio: En pizarra, só se conservan dous piares. 

LÁNCARA
Ponte de Carracedo: Sobre o río Neira, do século XVI sobre alicerces de orixe romana. En cadeirado de granito, ten catro arcos cun gran tallamar central contracorrente. Sobre a ponte hai unha estrutura a xeito de fornela. Na Idade Media había unha torre onde se cobraba o dereito de portádego para poder cruzala. Nela confluían os correos que dende distintos puntos de Galicia se dirixían cara a corte.

 

LOURENZÁ
Ponte da Cazolga (A Cazolga): Construída sobre o río Masma polos monxes bieitos no ano 1796. Ten un arco de medio punto. Loce un escudo do mosteiro de Lourenzá.
Ponte Pedra (Vilanova): Sobre o río Baos, medieval.
Pontigo do Muíño do Frade: Preto do mosteiro de Lourenzá. No medio ten un capitel reutilizado. 
 


 

LUGO 
Ponte da Chanca: Sobre o río da Chanca. Posible orixe baixomedieval, sábese que foi reformada no ano 1570. Forma parte do Camiño Primitivo a Santiago de Compostela. 
Ponte do Ferrocarril: Sobre o río da Chanda.
Ponte de Friás: Sobre o río Rato. Descoñécese a data de construción. Situada debaixo dunha moderna ponte de maior tamaño. Construída en cachotaría de lousa e cadeirado de granito nas esquinas e nos reforzos do único arco de medio punto. 
Ponte Vella: Sobre o río Miño. De orixe romana, sufriu varias reconstrucións ao longo dos séculos. Marcaba a saída da Vía XIX que unía Lugo con Braga en época romana.

 

 

MONDOÑEDO
Ponte da Contada (Contada-Figueiras).
Ponte do Pasatempo (Mondoñedo): Medieval, sobre o río Valiñadares. Antes recibía o nome de Ponte dos Ruzos. Foi aquí onde, segundo a lenda, Isabel de Castro que viña co indulto para o seu marido, Pedro Pardo de Cela, foi detida con enganos por uns coengos da catedral mentres que o mariscal era decapitado na Praza da Catedral de Mondoñedo. Construída en cachotaría de lousa e cadeirado de granito, consta dun arco de medio punto. As obras de rehabilitación acometidas na ponte no ano 2010 deixaron ao descuberto restos dunha calzada romana e dunha praza de carruaxes. A existencia da calzada formaba parte da tradición oral dos veciños.
Ponte de San Lázaro (Mondoñedo): Salva o río Valiñadares. Construída en granito. Existen referencias documentais sobre un arranxo da ponte no ano 1660, se ben a actual data do século XVIII. Presenta dous relevos, un deles o escudo da cidade de Mondoñedo.
Ponte Vella (Viloalle): Sobre o río Masma, orixe medieval, reformado nos séculos XVII-XVIII.
Pontella de Estelo (Nosa Señora dos Remedios): Realizada cunha gran pedra de granito disposta de forma horizontal para salvar o regato.
 


 

MONFORTE DE LEMOS
Ponte da Eirexe (Eirexe-Seoane): Ponte sobre o río Cinsa, entre Eirexe e Os Pacios. Conserva catro piares de cachotería da primitiva ponte aínda que a calzada é de formigón.  
Ponte do Parque dos Condes: Sobre o regueiro Malloadas, data do ano 1598. Foi construída polo canteiro Diego Vélez por mandato do cardenal Rodrigo de Castro. De cachotaría de lousa, consta de dous ocos. 
Ponte dos Picos: Na rúa Dr. Fleming de Monforte. Pequena ponte de pedra sobre o regato das Malloadas. Ten dous arcos con doelas de pedra, un de maior tamaño.  
Ponte Vella: Salva o río Cabe na cidade de Monforte. Medieval de posible orixe romana. En xullo de 2011, Amigos do Patrimonio de Lemos solicitaron a restauración para evitar a súa degradación. Denunciaron, asemade, o exceso de tráfico que está a padecer o que, a medio prazo, pode danar a estrutura. 
Pontella da Barxa (A Barxa-Chavaga): Pequena ponte de pedra sobre o río da Presa. 
Pontella de Bergazos (Bergazos-Ribas Altas): Pequena ponte de pedra sobre o río Cabe. 



 

MURAS
Ponte Bermuz: Entre A Balsa Pequena e A Balsa Grande, e entre os concellos de Vilalba e Muras. Salva o río Eume. Aínda que recibe o nome de Ponte Romana, data do século XVIII, se ben pode ter a orixe naquela época.
A Ponte de Samil (Samil-Irixoa): Sobre o río Eume. É de madeira.

 

NAVIA DE SUARNA
Ponte Vella: Salva o río Navia, medieval do século XIII ou XIV. Consta dun arco apuntado construído en lousa. Atribúeselle unha orixe romana. Os condes de Altamira cobraban o portádego. Non moi lonxe había outra ponte; ata hai poucos anos aínda se conservaba un estribo co arranque dun arco.


NEGUEIRA DE MUÑIZ
Ponte de Boadil (Marentes/Ouviaño): Sobre o río Navia. Ten a orixe a principios do século XX e estaba formada por un só arco e nove de apoio. Cando a construción do encoro de Salime foi necesario elevala. Curiosamente, agora adoita chamarse de Boabdil mais o nome correcto é Boadil, de boado. A zona xa se chamaba así antes da ponte, cando había un barqueiro.

 

AS NOGAIS 
Ponte da Ferrería (A Ferrería-As Nogais): Formaba parte da antiga N-VI.  Ao seu carón hai o anaco dun leguario do Camiño Real.

OUTEIRO DE REI
Ponte de Santa Mariña: Sobre o río Miño. Século XVIII que se ergueu sobre outra de orixe medieval.
Ponte sobre o río Ladra: Atravesa o río Ladra na parroquia de Donalbai.



PALAS DE REI
Ponte Ferreira (Ferreira do Negral): Medieval de orixe romana, por ela pasaba a vía que comunicaba Lugo con Iria Flavia. Construída en pedra de granito, consta dun arco de medio punto.
Ponte Mercé (A Ponte Mercé-Pidre): Sobre o río Ulla, medieval. Comunica os concellos de Antas de Ulla e Palas de Rei. Ten dous arcos, un oxival e outro de medio punto e tallamares de sección triangular.
 


PARADELA
Ponte do Muíño de Sucastro (Castro): Ponte cuxa estrutura horizontal é de madeira, apoiada nuns alicerces realizados con restos do derruído muíño de Sucastro.


O PÁRAMO
Ponte de Agreimonde: Na parroquia de Vilafiz, salva o río Sarria. Construída cando a estrada a Valdeorras a mediados do século XIX, substituíu a outra anterior.
Ponte de Neira: Sobre o río Neira, separa as parroquias de Cela (O Corgo) e Vilarmosteiro (O Páramo). Máis información na entrada de O Corgo.


A POBRA DO BROLLÓN
Ponte de Barxa ou da Labrada (A Labrada-Barxa de Lor): Atravesa o río Lor. Construción de orixe romana. Consta de tres vans de formas e dimensións diferentes, co arco maior lixeiramente apuntado cunha luz de máis de vinte metros. Sobre ela discorría unha antiga calzada.


PORTOMARÍN
Ponte Cebres (León): Sobre o río Ferreira. Posible orixe romana. Desaparecida. 
Ponte da Pía (Portomarín).
Ponte Romana: Asulagada polo encoro de Belesar no ano 1960. Aínda se poden ver as ruínas cando baixan as augas. Xa fora reconstruída no ano 1120 logo de seren destruída por Dona Urraca. Citada no Códex Calixtinus como a Pons Minea. Segundo don Antonio López Ferreiro, dende o século XII existía en Portomarín unha congregación de relixiosos que se adicaban a construír pontes para facilitar o acceso de peregrinos e viaxeiros, atribuíndolle a un tal Pedro Peregrino a reedificación cara o ano 1126 da ponte sobre o Miño que fora cortada en tempo das guerras entre dona Urraca e Afonso de Aragón. Segundo as crónicas, o arco central derrubouse no ano 1895.
 


  
QUIROGA
Ponte de Barxa de Lor: Orixe medieval. Tres arcos.
Ponte de Sequeiros ou do Castelo (Sequeiros): Salva o regueiro do Castelo, medieval. Ten un arco de medio punto. 
 

 

RÁBADE
Ponte Vella: Sobre o río Miño, no límite entre Rábade e Outeiro de Rei. Construción do século XII pero de orixe romana. Ten un arco de medio punto peraltado, cinco oxivais e tres de medio punto modernos. Os tallamares do sector oxival son de tipo angular e os arcos do tramo moderno sepáranse con piares trapezoidais. A fábrica é de aparello de lousa, e a estrutura superior de fábrica moderna. Tiña dereito de portádego. No mes de outubro de 2014, un veciño denunciou danos na estrutura da ponte (desprendementos na base e gretas) producidos polo paso de camións. Os partidos da oposición xa tiñan solicitado en varias ocasións ao goberno municipal que impidira a súa circulación. 
Ponte no Camiño do Choupeiro: Desaparecida. 
Pontella da Insua de San Roque: O río Miño ten un pequeno illote ao seu paso por Rábade, coñecido como Inusa de San Roque. Para poder acceder ao illote construíronse dúas pequenas pontes de pedra. 
 


RIBADEO
Ponte de Arante: Na parroquia de Arante, sobre o río Grande. Destruída por unha enchenta no ano 2010. Os requirimentos do Concello de Ribadeo e dos veciños para que se reconstrúa está a atopar coas desavinzas e contradicións da Dirección Xeral do Patrimonio (Consellería de Cultura) e Augas de Galicia (Consellería de Medio Ambiente), ambos os dous organismos da Xunta de Galicia. No ano 2011 a Deputación de Lugo rematou as obras da nova ponte. 
Ponte en Reme de Arriba (Covelas): Cun arco de medio punto. Regular estado de conservación. 


 

RIBAS DE SIL
Ponte de Ferro (San Clodio): Sobre o río Sil, ano 1883.


SAMOS
Ponte de Pedra ou Muíño (Pascais): Sobre o río Ouribio, medieval.
Ponte de Samos (Samos): Atravesa o río Ouribio, medieval.
Ponte de Lusío (San Cristovo do Real): Sobre o río Sarria existiu unha pontella documentada no século XVIII.
Ponte do Mosteiro (Samos): Salva o río Sarria. Trátase dun pequeno acueducto que subministraba auga ao mosteiro.
Ponte Nova (Samos): Construída no 1890 cando se fixo a estrada a Sarria.
Pontella de Teiguín (Pascais): Sobre o río Ouribio. Ten un piar central construído con pequenas pedras. A plataforma actual parece que substituíu a unha antiga de madeira. 
 


   
SARRIA
Ponte Vella do Mazadoiro ou da Acea (Sarria): Salva o río Celeiro. Do 1850, foi substituída por outra.
Ponte da Áspera (Sarria): Sobre o regueiro Celeiro. Construída no século XV en cachotaría de lousa e tres arcos de cadeirado granítico. Por el pasa o Camiño a Santiago.
Ponte de Celeiro: Derrubada cara o 1860 para construír a ponte de San Lázaro, que despois tamén foi derrubada para levantar outra nova.
Ponte do Peregrino: Sobre o río Sarria. Medieval. Perdeu, ao menos, un dos seus arcos que foi substituído por unha estrutura de formigón. Outro dos arcos centrais, por unha das súas caras foi revestido con cemento. Os arcos dos arranques foron cegados e tapados.
Ponte Ribeira: Orixe medieval do século XII, con modificacións no XVIII. No 1873 fundiuse o arco grande que foi substituído por unha plataforma de madeira. Na década dos anos oitenta fíxose unha ampliación de formigón.
Ponte do Toleiro: No río Sarria, accedíase ao muíño do Toleiro. Foi derrubada por unha enchenta no ano 1909.
Ponte Vella de Sarria (Airexe-Vilar de Sarria): Salva o río Sarria. Medieval. Ponte de catro arcos e tallamares contracorrente construída en cachotaría de lousa e granito que sufriu grandes transformacións.
Ponte Vella (Vilar de Sarria): Do século XVIII, substituíu a outra anterior.



 
SOBER
Ponte de Anllo (Portizó-Anllo).
A Pontiña (O Arroxó-Anllo).


TRIACASTELA
Pontón de Triacastela: Destruído cando se fixo a estrada a Samos. 
A Ponte da Pedra: Na primavera de 2019 cumpríronse 30 anos do atentado contra un dos bens patrimoniais máis emblemáticos do Camiño Francés de Santigo ao seu paso pola provincia de Lugo. Dende o século XIII, a Ponte da Pedra, catalogada por Patrimonio, que salvaba o río Santalla ao seu paso por Triacastela, era paso obrigado dos peregrinos que se dirixían cara Sarria e Compostela. Mais un aciago día, setecentos anos de historia foron presa da "modernidade" e, sobre todo, duns políticos incompetentes. En poucas horas a ponte foi destruída pola empresa Dago S.A., contratada pola Consellería de Agricultura para acondicionar o camiño que ía cara San Xil. O custo das obras ascenderon a 39 millóns das antigas pesetas. Dise que o proxecto contemplaba a conservación da ponte medieval, e que mesmo a Consellería de Cultura tiña prevista unha partida económica para a súa restauración. Moitos veciños acusaron ao daquelas alcalde, José Antonio López Díaz, e tamén a integrantes do seu partido, de non impedir a súa destrución. O propio Xosé López Orozco, daquelas delegado de Cultura, censurou a desidia dos concelleiros socialistas de Triacastela. Cando xa non había remedio, todo foron laios. Pedíronse responsabilidades? Que nós saibamos, non. Coma sempre, andando as administracións polo medio, todo quedou en augas de fregar. Choca que aínda hoxe en día reciba o nome de Ponte da Pedra, cando o máis axeitado, despois da desfeita, sería alcumala como "Ponte de Formigón".

 

O VICEDO
Ponte Segade: Comunica os concellos do Vicedo e Mañón (A Coruña). Tiña dous arcos que foron achandados para colocarlle unha plataforma de formigón. Aquí tivo lugar un enfrontamento dos veciños do Vicedo e Mañón coas tropas napoleónicas durante a Guerra da Independencia.
Ponte do Porto (Riobarba): No río Sor, medieval de orixe romana. Por aquí discorría o Camiño Real que comunicaba Viveiro con Ortigueira. Realizada en cachotaría de granito, ten tres arcos de medio punto. Sobre a ponte, no centro, consérvase un fito que marcaba o lindeiro entre as antigas provincias de Betanzos e Mondoñedo.
 


VILALBA
Ponte Meire (Belesar): Salva o río Labrada, s. XIX. 
Ponte Vella de Martiñán (Corvello): Século XVIII, salva o río Batán seguindo o vello Camiño Real que dende Mondoñedo se dirixía cara Vilalba. A súa calzada limítase por un peitoril de pedra de granito realizada a xeito de chantas encaixadas segundo as tradicións dos vellos canteiros da comaca. A calzada alivia a auga da choiva por medio de tres pares de picheis que verten ao río. Ten dous grandes arcos desiguais apuntados. 
Ponte Sa (Insua): Sobre o río Labrada. No Camiño do Norte a Santiago. Segundo información de Francisco González Peteira, ten dous arcos en xisto e nove aliviadoiros para épocas de enchenta. 
Ponte Madanela (Mourence): Na parroquia de Mourence, salva o río Ladra. Situada no Camiño Real a Santiago, cobrábase portádego. Tamén é coñecida como a Ponte dos Contos porque xunto dela xuntábanse os veciños.
Ponte Bermuz (Vilapedre): Entre a Balsa Pequena e A Balsa Grande e entre os concellos de Vilalba e Muras. Salva o río Eume. Aínda que recibe o nome de Ponte Romana, data do século XVIII, se ben pode ter a orixe naquela época. 
 


 
 
VIVEIRO
Ponte Vella de Landrove (Landrove): Salva o río Landro, s. XV. Ponte de cadeirado e mampostería cunha bóveda oxival e outra rebaixada.
Ponte Grande de Landrove (Landrove): Sobre o río Landro. Século XIX. Ponte de cadeirado con arcos rebaixados que foi ensanchada cunha lousa de formigón por onde discorre unha estrada comarcal.
Ponte dos Castelos (Covas): Trátase de dúas pontes apoiadas sobre a rocha dun illote dos Castelos, hoxe en día practicamente destruída.
Ponte da Misericordia (Viveiro): Dise que de orixe romana. No esteiro do río Landro. A construción actual data do ano 1554. Dos doce arcos que tiña, dez eran oxivais e os dous das esquinas de medio punto. Sufriu varias modificacións, a última no ano 1982. Sobre ela hai unha cruz de granito que recolle a lenda de que foi colocada por un cabaleiro para que, os que pasaban polo lugar, receran unha oración pola alma dunha muller á que dera morte.
Ponte de Galdo: Ponte de pedra con dous arcos sobre o río Galdo.
Ponte sobre o río Bravos: Ponte de pedra de dous arcos sobre o río Bravos.
Ponte do Vasoiral (Valcarría): Ponde de cadeirado de granito.




XERMADE

Ponte de Isabel II (Cabreiros): Século XIX, sobre o río Trimaz. Ponte dun arco en cadeirado de granito.
Ponte Vella (Burgás): Salva o río Trimaz.
Ponte Nova (Burgás): Atravesa o río Trimaz.

 



PONTES DA PROVINCIA DE OURENSE
 
ALLARIZ
Ponte Veiga (Allariz): Salva o regueiro  da Veiga, s. XVII. Por ela discorría o camiño entre Allariz e Celanova.
Ponte de Frieira (Allariz): Atravesa o río Frieira.
San Lázaro (Allariz): Medieval, sobre o regueiro da Veiga. Pasaba o camiño que ía de Allariz a Celanova.
Ponte de Vilanova (Allariz): Sobre o río Arnoia, data do século XV. Accedíase á vila de Allariz.
Ponte do Briñal (San Martiño de Pazó): Pontillón que consta de dous perpiaños de disposición lonxitudinal que asentan sobre oito cepas, tamén de perpiaño. 
 

AMOEIRO
Ponte Fervenza (Amoeiro): Sobre o río Barbantiño.
Ponte de Bubeiras (Bubeiras-Cornoces): Salva o río Barbantiño.
Ponte de San Fiz (Parada de Amoeiro): Atravesa o río Barbantiño, medieval de posible orixe romana.
Ponte dos Frades (Trasalba): Sobre o regueiro Formigueiro, nos Chaos de Amoeiro, favorece a comunicación entre varios lugares. A ponte é un referente xeográfico na obra de Otero Pedrayo, o primeiro lugar onde atopou ao vello Quot, protagonista de O vello e mailo río, un punto de paso que fai o monxe de Oseira cara o priorado da Granxa en Os camiños da vida, e tamén un verso do poema Bocarribeira.
 


A ARNOIA
Pontillón (Outeiro Cruz-A Arnoia).
Ponte sobre o río Arnoia (A Ponte-A Arnoia).
Ponte sobre o río Arnoia (A Xesteira-A Arnoia).


AVIÓN
Ponte das Pías (Abelenda): Sobre o regueiro das Pías.
Ponte dos Arrieiros (Abelenda): No antigo camiño da ruta dos arrieiros, en dirección á serra e paso á provincia de Pontevedra.
Ponte de Surribas (Abelenda): Coñecido tamén como Porto Chan. Situado no antigo camiño entre Abelenda e Amiudal.
Ponte Pedriña (Amiudal).
Ponte Valdeiras (Avión): Sobre o río Valdeiras.
Ponte de Couso (Couso): Medieval. Tense polo máis antigo do municipio.
Ponte sobre o río Doade: Comunica os concellos de Avión e Beariz.
Pontillón de Mouriscados (Abelenda): Sobre o río Riobo


 
BALTAR
Ponte das Calzadas (San Paio-Abades): De dos vans rectos con cepas de granito, a calzada de laxes foi asfaltada.
Ponte do Caneiro (Baltar): Formada por laxes de granito longas e estreitas.
Ponte do Carregal (Vilamaior da Boullosa): De catro vans, con calzada de grandes laxes de granito.
Ponte dos Currilóns (A Veiga-Tosende): Só se conservan os cepos de granito, a calzada de madeira desapareceu.  
Ponte do Curro (A Quinta-Abades): No camiño vello de Abades. Dun só van recto con laxes graníticas que apoian sobre dúas cepas.
Ponte do Muíño do Concello (Niñodaguia): Ponte de trabes independentes con cinco vans realizada en cachotería. 
Ponte Nova (Baltar): Pontella de granito con vans rectos que apoian sobre dous cepos.
Ponte do Outeiro dos Liños (Baltar): Tres vans rectos sobre cepas de granito. A calzada foi encementada.
Ponte da Penaguda (Baltar): Pontella de tres vans rectos apoiados sobre catro cepos de granito.
Ponte do Pereiro (Vilamaior da Boullosa): Pontella dun van.
Ponte da Ponte (Baltar).
Ponte das Poulas do Folón (Niñodaguia): Pontella de tres trabes con tres vans. Situada fronte o muíño do Raúl e pretro do do Folón.
Ponte da Retorta (Niñodaguia): Só se conservan os arranques.
Ponte de Riba (Vilamaior de Boullosa).  
Ponte da Ribeira (Baltar). 
Ponte do Río (Niñodaguia): Catro apoios de perpiaño sobre seis cepas de granito.
Ponte de Portespiño (Baltar): Pontillón de dous vans rectos feito con pedras pouco traballadas.
Ponte da Veiga 1 (Vilamaior da Boullosa): De dous vans con calzada realizada con grandes laxes de granito.
Ponte da Veiga 2 (Vilamaior da Boullosa): Preto da anteiror. Feita con tres laxes de granito. Preto dunha mámoa.
(A información sobre as pontes de Baltar foi extraída, extractada, da páxina altalimia.org).
 
 


BANDE
Ponte Liñares: Medieval de orixe romana, foi destruída cando a desecación da lagoa de Antela a mediados dos anos sesenta do século XX.
Ponte Romana (Os Baños): Salva o río Cadós, romana.
Ponte de Xordos (Cadós): Sobre o río Cadós, s. XVIII.
Pontepedriña: Romana, asulagada polo encoro das Conchas no ano 1944. 
 
 

BAÑOS DE MOLGAS
Ponte Romana (Baños de Molgas): Sobre o río Arnoia. Construción de época romana, posiblemente do século II. Reformada nos séculos XIV e XX. Consta dun arco de tendencia circular e bóveda abucinada.
A Ponte Nova (Baños de Molgas): Sobre o río Arnoia. Baixo da ponte hai unha rocha con cazoletas.
Ponte de Calvelo (Lama Má): Sobre o río Arnoia, s. XVII.
Ponte Pedra (Ponte Ambía): Salva o río Arnoia, s. XIV.
Ponte de Vide (Vide): Atravesa o río Arnoia, s. XVIII.
Ponte Ambía: Moderna. Unía as poboacións de Ponte Ambía de Arriba e Ponte Ambía de Abaixo por riba da vía do tren. Destruída polas obras do AVE. Información achegada por José Antonio Gavilanes. 
Pontillón na Carreira da Silva (Lagoas-Ponte Ambía): Sobre o regueiro de Merán. Consta dunha cepa central constituída por perpiaño granítico de tamaño regular sen encintar. O pasal, de rasante chan, confórmase por medio dunha srie de perpiaños ben dimensionados de disposición lonxitudinal colocados en paralelo o que permitía o paso cómodo dos carros de vacas. (Información de José Antonio Gavilanes). 
Pontillón de Casar de Mouros (Casar de Mouros-Ponte Ambía): Sobre o regueiro Merán. Consta de dúas cepas constituídas por perpiaños colocados en paralelo. Augas arriba as cepas centrais inclúen tallamares contra corrente para minorar a presión durante as enchentas do inverno. 
 
 






O BARCO DE VALDEORRAS
Ponte do Córrego (O Castro): Sobre o río Veigamuíños, orixe romana, ten un arco de laxas de lousa. Por ela discorría o antígo camiño da Pobra ao Barco.
Ponte de Éntoma (Éntoma): Sobre o río Galir, orixe romana. Consta dun arco de medio punto realizado en laxas de lousa. Segundo a tradición, as grandes pedras sen labrar do paramento foron traídas a ombros polos romanos. Carece de todo tipo de protección, sobre a ponte continúan a circular vehículos a motor.
Ponte de Candís (Millarouso): Salva o regueiro Candís.
Ponte de Xagoaza ou da Acea: Ten un arco de medio punto. Deformada pola canle construída sobre ela para o paso de augas de regadío e pola vexetación que arraizou na fábrica. Construída con laxas de lousa e morteiro de cal no intradós. 
 



BEARIZ
Ponte Romana (Ricovanca-Xirazga): Sobre o río Verdugo, orixe romana.

 

OS BLANCOS
Ponte do Peago (Loureses-Aguís): Pontella con dous vans alintelados con piar central e calzada de laxes de granito.
Ponte da Presa da Besada (Loureses-Aguís): Acceso a un muíño. Pontella de dous vans que na zona de unión están lixeiramente inclinados.
Ponte do Río (Loureses-Aguís): Cuberta totalmente pola maleza.
Ponte (Loureses-Aguís): De perpiaño con tres vans, con calzada de cemento e asfalto.
(información extraída da páxina altalimia.org)
 
 
 
BOBORÁS 
A Ponteboa (Parada de Cameixa): De moi difícil acceso na actualidade, comunicaba a parroquia de Cameixa coa de Albarellos, salvando as pronunciadas encostas da bocarribeira e canón do río Viñao. Data dos séculos XVII ou XVIII, ten un gran arco con moita luz e altura, de sillares ben labrados, construído e basado no penedío da parte máis estreita do río, con profundas pozas que remansaron nas múltiples "marmitas de xigante". (Información de Nieves Amado Rolán). 
Ponte Bubela (Ponte Pereiras-Xendive): Sobre o rego de Froufe.
Ponte do Castro: Recibe o nome polo castro Cavadoso. Sobre o río Arenteiro, entre as parroquias de Moldes (Boborás) e Banga (O Carballiño).    
Ponte das Poldras de Salón: Antiga pontella sobre o río Viñao, na confluenza co Avia, feita en pedra sobre o mesmo discorrer do río. Otero Pedrayo, no seu libro Os ríos galegos, di que é unha das pontes destas características máis longas de Galicia.    
Ponte Vella (Brués): Sobre o río Viñao.  
Ponterriza (Moldes).  
Ponte da Cruz (Pazos de Arenteiro): Século XVIII. Sobre o río Avia. Na actualidade só se conserva un arco dunha ponte que en orixe tivo catro. Crese que a súa destrución foi debida ás loitas que os veciños mantiveron co exército napoleónico a principios do século XIX.  
Ponte de Pazos de Arenteiro (Pazos de Arenteiro): Construída no século XII sobre o río Arenteiro. En cadeirado de granito, ten dous arcos de medio punto, un dos cales asenta sobre a propia rocha. Sobre a clave da arcada pode verse a Cruz do Santo Sepulcro e o relevo dun santo.

  
 


 

 

A BOLA 
Ponte de Barbón (Cacabelos-Pardavedra).  
Ponte de Casal do Río (Casal do Río-Santa Baia de Berredo). 
Ponte de Pedra (Fondo de Vila-Sorga).   
A Ponte (Veiga). 
Ponte da Veiga (Veiga).

  
 
 

O BOLO
Ponte de Santa Cruz (Santa Cruz): Sobre o regueiro San Bernabeu, s. XVIII.

CALVOS DE RANDÍN 

Pontella de Calvos: Sobre o río Calvos, s. XVIII. 
Pontella de Vilar: Século XVIII, formaba parte do camiño de Portugal. 
Pontella de Vilar: Século XIX. Comunicaba Vilar cun muíño. 
Pontella de Randín: Sobre o río Randín, s. XVIII.   
Pontellas de Rubiás: Dúas pontellas do século XIX.

 

 
CARBALLEDA DE AVIA
Ponte de Carballeda: En cadeirado de granito, consta de dous arcos de medio punto bastante distanciados entre si.


CARBALLEDA DE VALDEORRAS
A Pontóriga (San Xusto): Coñecida tamén como Os Pontós e Ponte de Medua. Romana. Consérvanse tres piares de formigón asentados sobre a pedra do leito do río. Formaba parte dunha vía secundaria relacionada coa explotación mineira que conectaba coa vía XVIII nun lugar próximo á mansión Xemestario. 
A Pontenova (Sobradelo): Salva o río Sil. Do século XVI. Consta de sete arcos. O central foi mandado destruír polo abade de Casaio durante a Guerra da Independencia para empecer o paso do exército napoleónico. A esta ponte refírese o P. Sarmiento cando pasou por ela no ano 1755.


O CARBALLIÑO
Ponte do Castro: Recibe o nome polo castro Cavadoso. Sobre o río Arenteiro, entre as parroquias de Moldes (Boborás) e Banga (O Carballiño).
Ponte Marañao (Longoseiros): Sobre o regueiro Marañao, s. XVII.
Ponte Veiga (Ponte Veiga): Cruza o río Arenteiro na parroquia de Ponte Veiga. Construída no século XIII, consta dun só arco. 
Pontillón (Godás do Río-Longoseiros): Formado por grandes pedras de granito, tipo poldra, paso do regueiro para o camiño denominado A Brea, de segura orixe medieval, que vén da Ponterriza e se dirixe cara Longoseiros. (Información achegada pola arqueóloga Nieves Amado Rolán). 


 
CARTELLE
Ponte de Grixó: Na parroquia do Mundil. Sobre o río Arnoia, s. XVI-XVII, con arcos apuntados e tallamares contracorrente.


CASTRELO DE MIÑO
Ponte Romana (Castrelo): Desaparecida. Xunto ao encoro de Castrelo, atravesaba o río Miño.
 
CASTRELO DO VAL
Ponte (Campobecerros): Sobre o río Camba.
Ponte (Campobecerros): Sobre o regato do Foxo Vello.
Ponte do Pozo (Piornedo).

CASTRO CALDELAS
Ponte da Boga (Abeleda): Século XIX, consta dun arco de medio punto. Sobre o río Edo. Comunica os concellos de Castro Caldelas e A Teixeira. Pode que no lugar ou nas inmediacións houbera outra ponte pola que discorría un camiño secundario da Vía XVIII paralelo ao río Sil que foi percorrido polo P. Sarmiento na súa viaxe de volta a Madrid no ano 1755. 
Ponte das Táboas (Castro Caldelas): Sobre o río Edo. 
 

CELANOVA
Ponte do Ribeiro (Barxa): Sobre o río Sorga, s. XVIII.
Ponte Touriga (Milmanda): Salva o río Tuño.
Ponte Pedriña (Orga): Atravesa o río Ourille, s. XVIII.
Ponte Fechas (Rabal e Fechas): Sobre o río Arnoia. Romana reconstruída no século XVII. Por ela pasaba a vía romana Bracara a Lucus.
Ponte do Freixo (Freixo): Na parroquia do Freixo, sobre o río Arnoia. De orixe romana, séculos II-III, conserva case intacta a súa estrutura primitiva. Pertencía a unha vía secundaria que enlazaba coa Vía XVIII. Consta de catro arcos de medio punto con machóns sobre piastras.
 

 
CHANDREXA DE QUEIXA
Ponte da Previsa (Casteligo): Sobre o regueiro Casteligo. Segundo a tradición trátase dunha ponte construída polos romanos. O probable é que a súa orixe sexa moi posterior, erixida para o paso de persoas e animais. Situada nunha paraxe espectacular, trátase dunha gran laxe de máis de tres metros de longa que asenta sobre grandes sillares graníticos.


CORTEGADA
A Ponte "Romana": Separa os concellos de Cortegada e Pontedeva. Sobre o río Deva.
 

ENTRIMO
Ponte Boutureira (Entrimo): Sobre o regueiro Covas, s. XVII de orixe romana.
Ponte de Casal (Entrimo): Salva o regueiro Casal, s. XVIII.
Ponte Covas (Entrimo): Atravesa o regueiro Covas, s. XVII.
Ponte de Pacín (Entrimo): Sobre o regueiro Casal, s. XVII.
Ponte do Folón (A Pereira).
Ponte de Trovaz (Entrimo): Salva o regueiro Trovaz, s. XVII.
Ponte da Illa (A Illa): Sobre o regueiro Lobagueira, s. XVIII.
Ponte Porto Pequeno (A Illa): Salva o regueiro Lobagueira.



ESGOS
Ponte de Pedra (Tarreirigo-Esgos).
Pontella de Casar de Nino (Pardeconde-Os Pensos): Información achegada por José Antonio Gavilanes, de Ponte Ambía, Baños de Molgas.
Pontella sobre o río Grañal (Laioso-Vilar de Ordelles).


GOMESENDE
Ponte Chancela ou Ponte da Peneda (O Val): No camiño da Peneda. Non quedan restos.
 
O IRIXO
Ponte Ferreira (O Irixo): Sobre o río Viñao. Medieval. No Antigo Camiño Real, paso da coñecida como Ruta dos Arrieiros.

 

LAROUCO
Ponte Bibei: Entre os concellos de Larouco e A Pobra de Trives. Sobre o río Bibei, romana. É a única ponte de Galicia que conserva íntegra a súa estrutura primitiva; cunha lonxitude total de 51 metros, ten tres arcos de medio punto asentados sobre potentes piares con tallamares triangulares; o piar central acada 22 metros de altura con respecto ao río, o diámetro do arco é de seis metros.


LEIRO
Ponte das Poldras: Sobre o río Avia, medieval.
Ponte de San Clodio (San Clodio): Sobre o río Avia. Construída no século XV, consta dun arco central, coroado por unha cruz, e dous arcos laterais máis pequenos. Pode verse unha figura que moitos identifican con San Clodio.
Pontella (San Clodio).
 
 




LOBIOS
Ponte Desoutrolado (Fondevila-Lobios): Séculos XVII-XVIII.
Ponte de Carballedo (Río Caldo): Sobre río Caldo, s. XV.
Ponte de Vilameá (Río Caldo): Salva o regueiro Vilameá, s. XVI.
Ponte Vella de Pazos (Grou): Século XIX. Trátase dun pontillón alintelado de pedras graníticas sobre piares con tallamar arredondado.
Ponte de Ganceiros (Torno): Atravesa o río Salas, s. XV de posible orixe romana.
Ponte de Torno (Torno): Sobre o río Limia, s. XVIII.




MACEDA
Ponte de Foncuberta (Foncuberta): Século XIX.
Ponte de Tioira (Tioira): Século XIX.
Ponte de Vixueses (Foncuberta): Século XVIII. Arco de medio punto, muros con sillería irregular. Arredor do ano 2000 estragáronno ao colocarlle unha gran plataforma de formigón.
 
 

MANZANEDA
Pontella da Prada.


MASIDE
Ponte de San Fiz (Armeses): Sobre o río Barbantiño, s. XIII.


MELÓN
Ponte de Melón (Melón): Sobre o regueiro Bouzas, s. XII.
Ponte Vella de Melón (Melón): Salva o regueiro Freixa, s. XV.
Ponte Cerves (Melón): Século XV. Río Cerves. Foi derrubada por unha enchenta. Poden verse as pedras no leito do río.
Ponte de Prexigueiro (Prexegueiro-Quins): Século XVII. Sobre o río Cerves. En cadeirado de granito. Ten un só arco. Foi ampliada cunha plataforma de formigón.
Ponte Vella de Melón: Orixe romana dun só arco.



A MERCA
Ponte Rubillós (Proente): Sobre o río Arnoia.


MONTEDERRAMO
Ponte Vella (Seoane): Orixe romana.
Ponte de Vilariño (Vilariño Frío): Salva o río Covas. A construción actual é do século XVII aínda que a súa orixe é romana. Nas inmediacións apareceu un miliario adicado a Caracalla. Consta de tres arcos de medio punto. 

 

MONTERREI 
Ponte de Albarellos (Albarellos). 
Ponte de Vilaza (Vilaza): Salva o río Búbal.


MUÍÑOS 
Pontepedriña (Parada de Ventosa): Sobre río Limia, romana, asulagada cando a construción do encoro das Conchas. 
Ponte Arnediño (Xermeade): Ponte baixa con calzada de pedra. Nos laterais unhas lousas actúan como contrafortes.  
Ponte de Arriba (Reparade-Prado): Ponte con calzada de pedra con vans regulares. 
Ponte de Prado (Prado de Lima-Prado): Ponte baixa con calzada de lousas de pedra. Nos laterais grandes lousas de pedra actúan como contrafortes.
 
 
OURENSE
Ponte Codesal (Beiro): Salva o regueiro do Porto, medieval.
Ponte da Paiota (Canedo): Sobre o regueiro do Porto, s. XVII.
Ponte Loña (A Loña-Ourense): Sobre o río Loña. A primeira referencia data do ano 1238. Consta dun arco de medio punto. Foi restaurada no ano 1988.
Ponte do Polvorín (Ourense): Sobre o río Barbaña.
A Ponte Vella: Na cidade de Ourense, salva o río Miño. Orixe romana, data da época de Augusto. Citada no testamento de dona Urraca no ano 1119. O arco principal afundíuse no ano 1499 e non foi rematado ata o 1672. Conserva sete arcos dos once que tiña. Xunto a ponte atopáse un obxecto inquedante: o rollo ou picota, coñecido popularmente como pelouriño. A mediados do ano 1455, os viandantes mesmo puideron ver o cadáver dun home tras serlle aplicado o tormento.

 

 
PADRENDA
Ponte de Esmoriz (San Pedro de Torre): Medieval.
Ponte de Freáns (Crespos).

 

PARADA DO SIL
Ponte Vella ou de Conceliñas (Forcas-Parada do Sil): Medieval de orixe romana. Hai quen sostén que por eiquí pasaba a Vereda Maiore que enlazaba coa vía romana XVIII.

 

PEREIRO DE AGUIAR
Ponte de Castadón (Castadón-Prexegueiró): Sobre o río Loña, s. XV.


PETÍN
Ponte da Cigarrosa (Petín): Sobre o río Sil. De orixe romana, formaba parte do trazado da Vía Nova que unía Braga con Astorga. Ten cinco arcos separados por piares con tallamares triangulares contracorrente. Da antiga ponte romana só se poden ver os alicerces cando descenden as augas do encoro de San Martiño. A construción actual data do ano 1575. No ano 2021 apareceu en Petín o único miliario con epígrafe de toda a comarca de Valdeorras. Debido ao seu mal estado de conservación, tivo que ser sometido a traballos de restauración e consolidación. Dende o mes de xullo de 2022 está exposto xunto a Ponte da Cigarrosa. Dedicado ao emperador Nerva, marca a milla oitenta e cinco dende Asturica Augusta (Artorga).  
Ponte de Portomourisco (Portomourisco): Salva o río Xares. Foi construída no ano 1703, sendo bispo de Astorga o dominico Antonio de Sanjurjo y Miranda Montenegro. Levantáronna os mestres construtores Manuel de Lastra e Alonso Sánchez. A obra custou 29.685 reás. Na marxe esquerda hai unha capela coa imaxe da Virxe das Ermidas.



PIÑOR DE CEA
Ponte Arenteiro (A Ponte-Barrán): Salva o río Arenteiro.
Ponte Mirela (A Canda): Sobre regueiro Mirela, s. XV.
Ponte Lousado (Loeda). 

 

A POBRA DE TRIVES
Ponte Bibei: Sobre o río Bibei, romana. É a única ponte de Galiza que conserva íntegra a súa estrutura primitiva; cunha lonxitude total de 75 metros unha anchura de 7 metros, ten tres arcos de medio punto asentados sobre potentes piares con tallamares triangulares; o piar central acada 22 metros de altura con respecto ao río, o diámetro do arco é de seis metros. Foi construída no tempo do emperador Traxano para paso da Vía Nova.
Ponte Navea (Navea): Salva o río Navea, orixe romana (ver San Xoán do Río).
Ponte Cabalar (Piñeiro): Sobre o regueiro Cabalar. Orixe romana reconstruída no ano 1832. Pasaba unha calzada romana.


 
PONTEDEVA
Ponte "romana" sobre o río Deva (A Ponte-Pontedeva): Sobre o río Deva. Separa os concellos de Pontedeva e Cortegada.
Ponte de Entrerríos (A Trigueira-Pontedeva). Sobre o río Deva. Ponte construída con sillares de granito dun arco e aliviadoiro. Aínda que de orixe baixomedieval, sufriu algunha reforma en época moderna. 
Ponte Cantiño: Sobre o río Deva.
 



PORQUEIRA
Pontella da Forxa: Sobre o río Firveda. Con calzada e cepas graníticas que se van aproximando en altura pero sen chegaren a unirse.

 

QUINTELA DE LEIRADO
Ponte de Fondóns. (Información achegada por J. Antonio Gavilanes).


RAIRIZ DE VEIGA
Pontella (Guillamil): Lousa de pedra cun só ollo que dá acceso a un muíño.
Pontella (O Rial-Ordes): Tres laxes de pedra sobre unha cepa.
Pontella (Currás-Rairiz de Veiga).
Ponte (Suxá-Guillamil): Ponte de trabes de pedra de principios do século XX.
(Información extraída da páxina altalimia.org)
 


RAMIRÁS
Ponte dos Madeiros (Feás de Eiras): Salva o río Tuño, s. XVIII.
Ponte do Mosteiro (O Mosteiro): Sobre o río Tuño.
 
 
RIBADAVIA 
Ponte Outeiro (Francelos): Sobre o regueiro Outeiro. Século XV. Ponte dun arco lixeiramente apuntado. Utilizada polos monxes que habitaban no pazo de Outeiro. Nela librouse a batalla da Bandeiriña contra as tropas napoleónicas. 
Ponte Beronza (Ribadavia): Salva o regueiro Maquiáns. 
Ponte de San Francisco (Ribadavia): Atravesa o río Avia, s. XIII.
Ponte sobre o río Cerves (Costas da Ribeira-Francelos).


 


RIÓS
Ponte Antiga: Sobre o río Mente.


RUBIÁ DE VALDEORRAS
Ponte Regueiral: Sobre o regueiro do Regueiral. Orixe romana, formaba parte da Vía XVIII que unía Braga con Astorga. Consta dun só arco de medio punto realizado con laxas de lousa.


SANDIÁS
Ponte de Vilariño das Poldras: Ponte hoxe en día desaparecida sobre o río Limia. Xunto dela, no leito do río, erguíase un miliario. A foto pode verse no Museo da Limia.
Pontillóns (Piñeira de Arcos): Dous pontillóns, un de tres vans con calzada de longas chantas, a outra accede a un cruceiro e un hórreo.


 
SAN CIBRÁN DAS VIÑAS
Ponte Noalla (Noalla): Sobre o río Barbaña, medieval do século XIII de orixe romana. Se antes xa "lucía" unha varanda metálica, no mes de febreiro de 2013 púxoselle a puntilla (ver foto). O alcalde, para xustificar o bodrio, dixo que co paso do tempo non se ía a notar. Sen comentarios.


SAN CRISTOVO DE CEA
Ponte Mandrás (Mandrás): Sobre o río Barbantiño, s. XII.
Ponte Cardedelo (Oseira): Salva o río Oseira.
Ponte Penapá (Oseira): Sobre o río Oseira.


 
SAN XOÁN DO RÍO
Ponte Navea:  Sobre o río Navea, na vía romana que comunicaba Braga con Astorga. Orixe romana reconstruída no século XVI, época que era utilizada polos peregrinos que ían a Santiago de Compostela. Ten 3,75 metros de ancho e 20 metros de luz do único arco. Da ponte orixinal consérvanse oito fileiras de pedra de cantaría moi desgastadas. No ano 1834 un miliario que se conservaba na porta dun pendello situado a carón da ponte foi trasladado ao pazo do Marqués de Trives; estaba adicado aos emperadores Tito e Domiciano.


TABOADELA
Pontella da Venda Nova (Mesón de Calvos): Sobre o río Barbaña. De pedra. Século XVIII. Pode ser a que substituíu a unha de madeira  citada nun documento do mosteiro de Xunqueira de Ambía do século XV.
Pontella da Venda do Río (Venda do Río-Rabeda): Sobre o río Cerdeiriña, século XIX.

 

A TEIXEIRA
Ponte Boga (Abeleda): Sobre o río Edo, comunica os concellos de Castro Caldelas e A Teixeira. 
Ponte de Lumeares (Lumeares): Sobre o río Lumeares.
Ponte sobre o río dos Vaos (Lumeares): Salva o río dos Vaos, séculos XVIII-XIX pero de orixe medieval, posiblemente dos séculos XIV-XV.
Ponte Couceliñas (Pedrafita): Atravesa o río Mao, século XII. No antigo camiño de Forcas a Pedrafita. Ten un só arco de medio punto. Atópase en grave perigo de derrubamento.
Ponte Veiga (Pedrafita).


 
 


A VEIGA
Ponte das Lastras (Edreira): Sobre o río Requeixo. Nas inmediacións hai un muíño fariñeiro.
Pontón das Selgas (A Ponte): Sobre o río Xares. 
  

VERÍN 
Ponte sobre o río Ábedes (Cabreiroá): De principios do século XX.  
Ponte de Feces de Abaixo (Feces de Abaixo): Sobre o río pequeno. Tres arcos escarzados. Orixe romana segundo Barros Sibelo, se ben a presente construción é de finais do século XIX. 
Ponte do Regueiro (A Rasela): Sobre o río de Marbán. Un taboleiro desenvolvido que se apoia nunha serie de piares isódomos levantados sobre zapatas. 
Ponte Támega (Verín): Sobre o río Támega, s. XVI. Formada por cinco arcos escarzados. Descrita por P. Madoz como unha ponte construída en tempos de Felipe III e mellorada no ano 1793 a espensas dos duques de Alba, condes de Monterrei. Di Dasairas que a ponte antiga de Verín sobre o Támega foi considerada romana por distintos autores.
 


   
VILAMARÍN
Ponte Sobreira: Na parroquia de Sobreira. Sobre o río Barbantiño. Construída no século XIII-XIV, consta dun arco lixeiramente apuntado. Reconstruída no século XVIII.


VILAMARTÍN

Ponte de Vilamartín (Vilamartín de Valdeorras): Salva o río Leira.

VILAR DE BARRIO

Ponte Arnuíde (Arnuíde): Sobre o río Arnoia, s. XIII. Situada no antigo camiño que comunicaba Vilar de Barrio con Maceda polo Monte Medo. Alombada cun arco apuntado, ten unha largura de 37 metros e unha ancho de 3,50 metros. 
 

VILARDEVÓS
Ponte de Arzádegos: Situada na chamada Ruta do Contrabando.
Ponte: Século XVIII. Debaixo da estrada a Enxames.


VILARIÑO DE CONSO
Ponte de Pradoalbar (Pradoalbar): Salva o río Cerveira, de posible orixe romana. Arco de medio punto. Edificada aproveitando dous rochedos naturais. Contruída con laxas de lousa. Hai outra ponte pouco antes, onde remata O Caneiro, semellante a anterior.
 

XINZO DE LIMIA
Ponte de Faramontaos ou Das Poldras: Na parroquia de Faramontaos e sobre o río do mesmo nome. Foi destruída no ano 1962 cando a desecación da Lagoa de Antela.
Ponte Vella de Faramontaos (Faramontaos): Século XVII. Ten oito vans alintelados, cinco con piares intermedios, e os restantes con desaguadoiros nos estribos. Tallamares contracorrente.



XUNQUEIRA DE AMBÍA
Pasal do Bosque do Rei (Xunqueira de Ambía): Sobre o río Arnoia, nunha área de aluvións.
Pasal dos Pelamios (Xunqueira de Ambía): Salva o río por medio de pedras separadas.
Ponte de Xunqueira de Ambía.




XUNQUEIRA DE ESPADANEDO
Pontella de Casar de Nino (Pardeconde).




PONTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

AGOLADA
Ponte de Basadre (Basadre): Sobre o río Ulla, orixe romana.
Ponte de Carmoega (Carmoega): Salva o río Arnego, s. IX. Só se conservan os alicerces.
Ponte de Vilariño (Vilariño): Atravesa o río Arnego. Orixe romana. Ten unha inscrición coa feitura do ano 912. Cítase como "Quomodo dividit cum Ventosa per pontem illum de Cadrone" (Cadrón, en Lalín, limita con Vilariño).
Ponte dos Cabalos: Construída no ano 970 sobre o río Arnego, atópase na Vía da Prata do Camiño a Santiago.


 
ARBO
Ponte Vella ou Ponte Romana: Na parroquia de Mourentán. Sobre o río Deva, século XVIII. Ten un arco apuntado e calzada alombada. Situada no camiño que ía dende Ribadavia a Salvaterra de Miño e Tui. Nalgúns perpiaños vense cruces gravadas. No lugar existe unha columna que lembra unha batalla dos veciños contra as tropas napoleónicas no ano 1809. No mes de decembro de 2017 comezaron as obras de consolidación financiadas pola Xunta de Galicia, mais a finais do mesmo mes, debido ás fortes choivas, os andamios cederon e unha parte da ponte sufriu graves danos na estrutura.

 

BAIONA
Ponte do Mercado (A Ramallosa): Sobre o río Groba. Século XV. Ten un arco de medio punto e dous tallamares. No camiño real de Baiona a Tui.
Ponte da Ramallosa (A Ramallosa): Tamén coñecida como de San Pedro Telmo. Sobre o río Miñor, s. XII. Mandada construír no século XII polo bispo San Pedro Telmo, foi restaurada a principios do século XX. Ten dez vans con arcos de medio punto, dos cales oito pertencen a Baiona e os outros a Nigrán. Segundo a lenda, cando unha muller non pode procrear vai de noite ata a ponte e, ao chegaren ao medio, debe pedir ao primeiro viandante que pase polo lugar que colla auga do río e lla esparexa dende o colo ata o ventre; o benfeitor será logo o padriño; para que sexa efectiva debe realizarse ás doce da noite. No medio da ponte conserva un cruceiro que ten aos pés a imaxe de San Telmo. Debaixo da ponte hai un peto de ánimas.
Ponte Vella de Sabarís (Sabarís): Sobre o río Groba, s. XV. Ten tres arcos de medio punto e tallamares con forma de triángulo.
 

 
CALDAS DE REIS
Ponte Castaños (Caldas de Reis): Salva o río Umia, medieval.
Ponte de Bermaña (Caldas de Reis): Sobre o río Bermaña, orixe romana remodelada no século XVII. Ten tres arcos de medio punto e tallamares triangulares contracorrente. Na parte central érguese un cruceiro.
Ponte Segade (Santo André de César): Sobre o río Umia, medieval.
Ponte da Baxe (Baxe-Santo André de César): Sobre o río Umia. Construída no século XVIII, conta cun só arco de medio punto. En ambas as beiras do río aprécianse dous muíños hidráulicos.
 



CANGAS
Ponte de San Cibrao: Na parroquia de Aldán, sobre o río Orxas. Orixe medieval dun só van. 


A CAÑIZA 

Ponte das Achas (As Achas): Salva o río Deva, medieval de posible orixe romana. Conta cun arco de medio punto. Nesta ponte librouse unha importante batalla durante a Guerra da Independencia entre os guerrilleiros galegos, baixo mando do Couto e Vilar Mauricio Troncoso de Lira e Soutomaior, e as tropas napoleónicas. 
Ponte de Noceifas (A Ponte-Couto): Século XVII-XVIII. Sobre o río Ribadil, tributario do Miño. Ten un arco e tres aliviadoiros. 
Ponte de Pintelos (Pintelos-Valeixe): Salva o río Deva. Séculos XII-XIII. Construída en perpiaño granítico irregular. Ten un arco lixeiramente apuntado. (Información e foto de Óscar Franco en patrimoniogalego.net).
 


CATOIRA
Ponte Vella de Catoira: Medieval, dos séculos IX-X. Sobre o río Catoria. De granito, ten dous arcos de medio punto realizados con sillares de granito apoiados nas rochas do leito do río. Ten un aliviadoiro para as enchentas.

 

CERDEDO
Ponte de San Antón (Cerdedo): Sobre o río Seixo, data do século XIII. Arcos de medio punto, o central máis alto e ancho, e tallamar central contracorrente. Por ela discorría unha antiga calzada medieval.
Ponte de Valoutas (Figueiroa): Levantada no ano 1852 sobre o río Lérez, cando a construción da estrada a Pontevedra. Conta cun arco de medio punto.
Ponte de Parada (Parada): Medieval sobre o río Lérez. En cachotaría e cadeirado de granito e lousa. Ten un só arco apuntado que asenta sobre un chan de lousa.

Ponte de Serrapio (Serrapio-Pedre): Sobre o río Almofrei, medieval.
Ponte de Pedre (Pedre): Salva o río Lérez, orixe romana.
Ponte de Vichocuntín (Pedre): Construída no ano 1852. Orixe romana. En cadeirado de granito, consta dun só arco.
Ponte de Piñeira (Quireza): Atravesa o río Lérez, s. XVIII.



COTOBADE
Ponte de Almofrei (Almofrei): Século XVI. Salva o río Almofrei. Ten un só ollo con arco apuntado apoiado sobre dúas penas.
Ponte Borela (Borela): Atravesa o río Almofrei. Do século XV, conserva un arco apuntado. 
Ponte de Loureiro (Loureiro): Século XVIII. Sobre o río Almofrei. De perpiaño, a caixa asenta sobre nove cepas.  
Ponte de San Xurxo (San Xurxo de Sacos): Sobre o río Lérez, s. XVIII. 
Pontella do Coto do Valiño (Cima de Vila-Caroi): Sobre o rego Porto dos Bois. Consta dunha cepa central sobre a que se ergue o taboleiro formado por laxas irregulares. Fáltanlle algunhas laxas.
 


COVELO 
Ponte de Portafurado (Barcia de Mera): Sobre o río Caraño, s. XVIII de posible orixe romana. Ten un arco de medio punto de oito metros de luz. 
Ponte de San Xoán de Mosteiro (Barcia de Mera): Sobre o río Alén. Século XVIII. Ten un só arco. Está no camiño que vai dende a capela de San Xoán do Mosteiro á Fonte Santa.
Ponte de Fofe (Fofe): Salva o río Tea, románico. Construída en sillería e cachotaría, consta dun arco e rasante alombada. Fáltanlle a maior parte dos sillares dos peitorís. Invadida por liques e arbustos. 
Ponte Abuíña (San Bernabeu da Graña): Sobre o río Tea, s. XVI. Un arco aperaltado de sillería de granito e rasante horizontal.


 
 
 
 
 

CUNTIS
Ponte do Ramo (Cequeril): Sobre o río Umia. A ponte actual apoia sobre outra máis antiga que substituíu a outra de madeira. O lugar estivo asociado a bautizos prenatais. Este bautismo realizábase antes do nacemento para salvar a descendencia das mulleres embarazadas que tiveran problemas por abortos non desexados ou que perderan ao seu fillo ao nacer.
Ponte Taboada: Salva o río Umia, orixe romana. Une os concellos de Cuntis e Moraña.
Ponte Guldrigáns (Troáns).



A ESTRADA
Ponte Vella de Liñares ou da Ola (Ponteliñares-Callobre): Secúlo XVII, con orixe baixomedieval. Salva o río Liñares. Consta dun arco semicircular. No mes de xuño de 2017 o Concello perdeu unha subvención da Deputación da Coruña polas esixencias de Patrimonio para rehabilitar esta ponte catalogada e agotarse os prazos. As obras contemplaban a reconstrución dos elementos caídos, a limpeza sobre os elementos de cantería e o enlousado da calzada. O Concello dixo que ía solicitar unha subvención da propia Dirección Xeral do Patrimonio para a cometer as obras da ponte moi danada polo paso do tempo e os temporais dos anos 2015 e 2016. 
Ponte de Paradela (Paradela): Sobre río Liñares, s. XVIII. 
Ponte Acevedos (Souto): Salva o río Umia, s. XVIII.


FORCAREI

Ponte da Fraga (Aciveiro): Salva o río Lérez, s. XII.
Ponte Vella de Andón (Aciveiro): Sobre o río Lérez, s. XV.
Ponte Vella do Rabelo (O Forno-Aciveiro).
Ponte Naval Novo (A Noveliza-Aciveiro): Sobre río Lérez, medieval.
Ponte Carballo (A Rochela-Aciveiro): Atravesa o río Lérez.
Pontillón do Muíño de Arriba (A Rochela-Aciveiro): Sobre o río Lérez.
Ponte das Codeseiras (Aciveiro).
Ponte de Portos (A Rochela-Aciveiro): Salva o río Lérez, medieval.
Pontillón do Atranco Grande (Aciveiro): Salva o río Lérez. Do século XVI, construída en cachotaría e cadeirado de granito. Consta dun van formado por unha única lousa de granito disposta en horizontal e apoiada en dous paramentos situados a cada lado do río.
Pontillón da Barreiriña (A Noveliza-Aciveiro): Sobre o río Lérez. Construída en cachotaría e cadeirado de granito. Ten un só van formado por lousas que se apoian en dous paramentos, un a cada lado do río.
Pontillón das Brañas (Aciveiro): Sobre o río Lérez. Construída en cachotaría e cadeirado de granito. Ten tres vans alintelados apoiados en dous paramentos, un a cada lado do río.
Ponte do Crego (Loureiro-Dúas Igrexas): Sobre o río Lérez, ergueuse no século XVIII. En cadeirado de granito, ten un só arco.
Ponte Maril (Maril-Fonseca): Século XIX.
Pontillón das Buratas (Forcarei): Sobre o río Lérez.
Ponte do Batán (A Ponte-Forcarei): Sobre o río Lérez. O nome débello a un batán cuxas ruínas se conservan nas proximidades.
Ponte Gomail (Gaxín-Forcarei): Románica. Sobre o río Lérez. Construída en cachotaría de lousa e cadeirado de granito. Consta de tres arcos, o principal apuntado. En mal estado de conservación.



FORNELOS DE MONTES 
Ponte das Estacas (As Estacas): Sobre o río Grande, s. XV-XVII. Posúe a particularidade de que ningún dos cinco arcos ten a mesma luz. 
Ponte da Laxe ou de Valdohome (A Airoa-A Laxe): Sobre o río Valdohome, século XVIII. Regular estado de conservación. 
Ponte de Oitavén (Oitavén): Ponte medieval de granito, cun só arco lixeiramente apuntado. Formaba parte do camiño que comunicaba as parroquias de Calvos e Oitavén. Atópase baixo as augas do encoro das Eiras. A seca do ano 2017 sacouno parcialmente á luz.
Ponte de Rocín (A Laxe): Entre as aldeas do Couso e Entrerríos. 
Pontella de Airoa (A Airoa-Laxe): Sobre o regueiro do Ceíño da Rexa Grande.
Pontella do Muíño (A Laxe): Entre Entrerríos e A Airoa.
 
 

GONDOMAR
Ponte das Ánimas: Do século XVII.  
Ponte de Baralla (Morgadáns): Sobre o río Morgadáns, medieval con dous arcos de medio punto. 
Ponte do Pichouro: Case desaparecida, situada xunto os muíños do Pichouro. 
Ponte do Seixidal (Vincios): Debido á forza da auga do río Zamáns e a unha enchenta acontecida no ano 2015, a ponte veuse abaixo. Cunha antigüidade de máis de trescentos anos, atópase xunto un muíño con dúas bocas de descarga. Despois dun ano, grazas ao Concello e á asociación Pedroghullo, que traballa a prol da recuperación do patrimonio da parroquia, volve a estar en pé.  
Ponte de Varga (Gondomar). 
Ponte Vella de Mañufe (Mañufe): Sobre o río Miñor, s. XII (ano 1140) de poible orixe romana con tres arcos e tallamares contracorrente. En época moderna foi cuberta cunha plataforma e vigas de formigón, colocándolle varandas de metal, e unha tubería pasa por riba dos arcos. As enchentas que sufre o río produciron un deterioro considerable na súa estrutura, varias pedras dunha das pezas que reforza os piares viñéronse abaixo no mes de setembro de 2013.


 

O GROVE
Ponte da Toxa (O Grove): Inaugurada no ano 1911.


LALÍN

Ponte de Alemparte (Alemparte): Sobre o río Arnego, orixe romana.
Ponte de Cadrón (Cadrón): Atravesa o río Arnego. Orixe romana. Ten unha inscrición coa feitura do ano 912. Cítase como "Quomodo dividit cum Ventosa per pontem illum de Cadrone" (Cadrón limita con Vilariño, en Agolada). 
Ponte dos Cabalos (Parada): Atravesa o río Arnego, ano 970, orixe romana. Formaba parte dun antigo camiño dende Carboeiro e A Brea (Fontao) ata Ponte Ledesma. Segundo testemuñas dos veciños había dous pequenos arcos derrubados polas enchentas e o abandono.
Ponte Pedroso: Comunica os concellos de Lalín e Rodeiro. Século XII. Nos traballos de limpeza realizados a principios do ano 2018 apareceron gravadas dúas cunchas de vieira nun arco, símbolo da peregrinación a Santiago feitas por canteiros anónimos. Tamén apareceron varias marcas de canteiro. 
Ponte Taboada (entre Lalín e Silleda): Atravesa o río Deza na parroquia de Taboada, na Vía da Prata. Despois de cruzar a ponte hai unha inscrición latina sobre unha pedra que di: "Laboraverunt ista pontem era DCCCL fuit perfecta pridie kalendas aprilis", "Labraron esta ponte na Era 950 e rematouse o 31 de marzo". A Era 950 correspóndese co ano 912.
Ponte Vella de Cristimil ou do Asneiro (Cristimil): Medieval. Sobre o río Asneiro. Coñecida tamén como a Pontorneira ou Ponte Orneiros. Por ela pasaba o camiño real entre Bendoiro e Prado.
Pontenoufe (A Xesta): Salva o río Deza, medieval. 
Pontella de Cabana (A Xesta): É de madeira.  



 

 
 

 
A LAMA
Paso das poldras  (Carrizáns).
Ponte Anceu (Os Campeliños-Estacas): Sobre o río Parada, tributario do Oitabén. Discorría o Camiño Real entre Pontevedra e Ourense.
Ponte Liñares (Xesta): Sobre o regueiro Xesta, ano 1794.
Ponte Vella de Verducido (O Eido Baixo-Verducido): Construída no século XVII, atravesa o río Oitavén. Ten un arco semicircular central e outros catro máis pequenos, con tallamares contracorrente.
Pontella das Estacas (As Estacas): Sobre o río Couñago. Mal estado de conservación. 
Pontella de Prados (Pigarzos-Xesta): Sobre o regueiros das Trabancas. Consta de catro cepas de cantería e granito. O taboleiro está formado por laxas irregulares. 
 



MARÍN
Ponte Soaxe (Seixo): Salva o río Loira, orixe romana. No ano 2021 renováronse as proteccións laterais.
 

MEIS

Ponte Muíño de Arriba (Paradela): Sobre o río Pequeno.

MONDARIZ E MONDARIZ-BALNEARIO

Ponte Cernadela (Riofrío): Salva o río Tea, orixe romana que recibiu varias reformas entre os séculos XV e XVIII. Ten cinco arcos de medio punto, agás o central que é apuntado. Xunto a ponte apareceu unha estela e restos cerámicos o que fai supoñer que formaba parte dunha antiga calzada romana.


MORAÑA
Ponte Taboada: Salva o río Umia. De orixe romana, une os concellos de Cuntis e Moraña.


AS NEVES
Ponte de Puntaleira (As Barreiras-Vide): Medieval, sobre o río Termes. Ponte de pedra dun só arco. Formaba parte do coñecido como Sendeiro dos Frades.
Ponte Romana ou da Senra (As Pereiras-San Cibrán de Ribarteme): Sobre o río Termes, s. XVI. Un arco de medio punto.


NIGRÁN

Ponte de San Pedro Telmo: Na Ramallosa. Sobre o río Miñor, s. XII. Mandado construír no século XII polo bispo San Pedro Telmo, foi restaurada a principios do século XX. Segundo a lenda, cando unha muler non pode procrear vai de noite ata a ponte e, ao chegaren ao medio, debe pedir ao primeiro viandante que pase polo lugar que colla auga do río e lla esparexa dende o colo ata o ventre. O benfeitor será logo o padriño. 
 

OIA
Ponte de Bonaval (Burgueira): O Concello de Oia conseguiu paralizar a mediados do mes de xullo de 2015 as obras de ampliación que a Deputación de Pontevedra executaba no vial que conecta a parroquia de Burgueira con Tomiño e que afectaban a estaponte  de pedra do século XVIII que non está catalogada por Patrimonio. O Concello foi alertado polos veciños. Ao parecer a intención da Deputación era desmontar a ponte e facerse coa súa custodia.
Ponte de Viladesuso: Na parroquia de Viladesuso. Salva o regueiro de Broi. De orixe romana, pasaba a vía Per loca marítima. No peitoril hai un peto de ánimas.

 

PONTEAREAS
Ponte de Cons (Cristiñade): Sobre o río Tea, orixe romana.
Ponte das Partidas (Moreira): Século XVI. Sobre o río Tea, consta de dous arcos apuntados e dous de medio punto. Unha das lendas que hai ao seu redor conta que a ponte foi construída polos mouros nunha soa noite. Cóntase que a media noite acodían as mulleres con dificultade para concibir, debían pidirlle ao primeiro camiñante que a cruzase que, entre outros rituais, derramase auga do río sobre elas. Se con esta sorte de bautismo prenatal a muller conseguía ser nai, o viandante tiña que ser o padriñoo do neno ou da nena.
Ponte dos Remedios (Ponteareas): Salva o río Tea. Do século XIV pero de orixe romana. Consta de catro arcos, dous semicirculares e dous lixeiramente apuntados e tallamares contracorrente. Emboca nunha ermida posta baixo o padroado do San Roque. Ao seu carón celebrábanse cultos á fertilidade. Crese que por aquí pasaba unha vía romana que comunicaba Bracara, Lucus e Asturica Augusti.

 
 

PONTE CALDELAS
Ponte de Canedo (Verdugo-Taboadelo): Sobre o río Verdugo. Pontella de granito de sete cepas. Cronoloxía indeterminada.
Ponte do Piornal (Verdugo-Taboadelo): Sobre o regueiro San Vicenzo. Pontella de granito de cronoloxía indeterminada. (Fonte: Pablo Eirín). 
Ponte do Porto (Taboadelo): Sobre o regueiro San Vicenzo. Derrubada por unha enchenta. Cronoloxía indeterminada. (Fonte: Pablo Eirín).   
Ponte Vella (Ponte Caldelas): Salva o río Verdugo. 
Ponte Vella de San Vicenzo (O Chan do Casal-Xuntáns): Pontella de granito sobre o regueiro de San Vicenzo. Cronoloxía indeterminada. (Fonte: Pablo Eirín).
 

 

PONTECESURES
Ponte de Pontecesures: Entre Padrón e Pontecesures. Sobre o río Ulla, orixe romana do século I construída, segundo algúns historiadores, por mandato do mesmo César Augusto Octavio Vespasiano. Construída en cantaría de granito, consta de trece arcos de medio punto rebaixados, peitoril e tallamares de sección triangular. Padeceu reformas no século XII e nos anos 1790, 1911 e 1956. Deu nome á vila.
 



PONTEVEDRA
Ponte da Barca (Pontevedra): Sobre o río Lérez. Debe o nome á barca que antiguamente salvaba o paso entre Pontevedra e Poio.
Ponte do Burgo (Pontevedra): Medieval. Salva o río Lérez. A súa fundación atribúese ao mítico Teucro quen, rematada a Guerra de Troia, viaxou a Galiza onde fundou a cidade de Pontevedra. Mais a súa orixe é romana, formaba parte da vía XX onde asentaba a mansión Turoqua; no lugar atopáronse dous miliarios. Consta de once arcos de medio punto. Sufriu varias modificacións ao longo da historia. 
Ponte do Castrado (Cerponzóns): En cantería, asenta sobre tres cepas formadas por perpiaños irregulares. 
Ponte do Couto (Salcedo): Sobre o río Tomeza, s. XVI. 
Ponte do Couso (Santa María de Xeve): Salva o regueiro Fontáns, s. XVI.
Ponte do Marco (Marcón): De granito, cun arco de medio punto. Engadíuselle un peitoril de cemento. Regular estado de conservación. 
Ponte da Rañadoira: Sobre o río Verducido. Construída en cantería de granito. Cronoloxía indeterminada. (Fonte: Pablo Eirín). 
Ponte de Rebón (O Casal do Río-Salcedo).  
Ponte de Sampaio (Ponte Sampaio): Atravesa o río Verdugo. Século XIV de orixe romana. Consta de dez arcadas e tallamares contracorrente. Nesta ponte librouse a famosa batalla de Ponte Sampaio contra o exército napoleónico no ano 1809.
Ponte Valentín (Cabanas-Salcedo): Pequena ponte dun oco sobre o río dos Gafos. 



 
O PORRIÑO
Ponte das Amindoas ou Pontillón da Granxa (As Gándaras de Budiño): Sobre o río Louro. Na actualidade atópase parcialmente oculta polas obras de ampliacións que se levaron a cabo, aumentando a súa anchura. Polo lugar crese que discorría unha calzada romana.
Ponte de Orbenlle (Budiño): Medieval de posible orixe romana. Ten un arco de medio punto. Sobre o río Louro.



PORTAS
Ponte Curruncho (Lantaño): Sobre o río Umia, orixe romana. Entre as parroquias de Lantaño e Saiar. Destruída por unhas enchentas nos anos oitenta do século XX, parcialmente reconstruída polos veciños.
 

REDONDELA

Ponte da Illa de San Simón: Sobre a Ría de Vigo, medieval reformada no século XIX. Ten tres vans en cadeirado de granito con arcos rebaixados. 


RIBADUMIA
Ponte Arnelas: En Ponte Arnelas, parroquia de Leiro. Sobre o río Umia. Comunica os concellos de Ribadumia e Vilanova de Arousa. Construída no século XVI tal como denuncia unha inscrición situada nun dos extremos. Relacionada cun ritual de bautismo prenatal: no caso de risco de aborto, a muller achégabase ata a ponte con viandas que lle ofrecía ao primeiro home que lle bautizara a barriga coa auga do río; se o embarazo chegaba a bo termo, o home era o padriño do recén nado.


RODEIRO
Ponte de Pedroso (A Ponte-Pedroso): Século XII. Nos traballos de limpeza realizados a principios do ano 2018 apareceron gravadas dúas cunchas de vieira nun arco, símbolo a peregrinación a Santiago, feitas por canteiros anónimos. Tamén apareceron varias marcas de canteiro.

 

O ROSAL
Ponte de Tamuxe (San Miguel de Tabagón): Río Tamuxe. Século XIX. 

 
SALVATERRA DE MIÑO
Ponte de Fillaboa: Na parroquia do mesmo nome. Salva o río Tea. Orixe romana reconstruída no século XV. Foi testemuña de varios conflitos bélicos con Portugal o que obrigou a reconstruíla en distintas ocasións. Dos cinco arcos que tiña consérvanse catro lixeiramente apuntados.

 

SILLEDA
Ponte de Chapa: Medieval. Sobre o río Toxa. Situada no Camiño de Santiago. Parte da estrutura amosa serias deficiencias.
Ponte do Demo (Carboeiro): Sobre o río Deza, data do século XVI. Consta dun só arco. O nome débello a unha lenda que asegura que no lugar atracaban e asasinaban aos viandantes.
Ponte Taboada (entre Lalín e Silleda): Atravesa o río Deza na parroquia de Taboada, na Vía da Prata. Despois de cruzar a ponte hai unha inscrición latina sobre unha pedra que di: "Laboraverunt ista pontem era DCCCL fuit perfecta pridie kalendas aprilis", "Labraron esta ponte na Era 950 e rematouse o 31 de marzo". A Era 950 correspóndese co ano 912.







SOUTOMAIOR
Ponte Comboa (Comboa-Soutomaior): Salva o río Verdugo, s. XV de orixe romana. Ten dous arcos de medio punto e un apuntado. Tallamares contracorrente.
Ponte de Pontesampaio (Soutomaior): Sobre o río Oitavén, medieval reformada nos séculos XVI e XVIII. No mes de xuño do 1809, o poderoso exército francés que se dirixía cara Vigo ao mando do sanguiñento mariscal Ney foi derrotado polos galegos. 



 

TOMIÑO
Ponte de Forcadela (Forcadela): Século XV, sobre o río Cereixo da Briña.
Ponte de Taborda (Taborda): Sobre o regueiro Cereixo, s. XVI.

 
 

TUI 
Ponte do Mosteiro (O Mosteiro-Pereira-Pexegueiro): Orixe baixomedieval. Sobre o río Furnia. Posúe dous arcos de medio punto e tallamar contracorrente. Algúns perpiaños do pretil atópanse tirados na beiras ou sobre o leito do río. Modificada na Idade Moderna. O camiño formaba parte dunha primitiva vía romana.   
Ponte Pexegueiro (Pexegueiro): Sobre o río Furnia, medieval. 
Ponte Louro (Rebordáns): Salva o río Louro, medieval. 
Ponte de San Telmo ou Febres (Ribadelouro): Sobre o regueiro Peneda, medieval.



  
VALGA
Ponte do Souto (Campaña): Sobre o río Valga, orixe romana.

 

VIGO  
Ponte de Balaídos (Vigo): Medieval de posible orixe romana. Coñecida tamén como Ponte do Lagares ou Ponte de Pereiró. Situada no medio de edificios construídos ao redor do río Lagares. Estivo a punto de desaparecer debido ao descontrol urbanístico. O río foi desviado deixando a ponte descontextualizada. Consta dun arco de medio punto e dous ocos cuadrangulares aos lados que actuaban como aliviadoiros durante as enchentas. Resultan curiosos a disposición dos tallamares situados a favor da corrente.  Declarada Monumento Histórico-Artístico no ano 1991. 
Ponte de Sárdoma (Sárdoma): Medieval, quizais de posible orixe romana, está documentado que xa se utilizaba no século XII. En cadeirado de granito, consta de dous arcos de medio punto e un tallamar triangular contracorrente. 
Pontes na parroquia de Freixeiro: Luis Manoel Teixeira informoume que ata a década dos anos corenta do pasado século, na parroquia de Freixeiro, sobre o río Lagares, existían dúas pontes. Unha era a Ponte Vella do Camiño Real que ía en dirección a Portugal, e a outra un Pontillón que comunicaba Castrelos co camiño que pasa polo pazo de San Tomé. As dúas foron destruídas por unha enchenta.

 

 

VILA DE CRUCES 
Ponte dos Cabalos (Merza): Atravesa o río Arnego, ano 970, orixe romana. Formaba parte dun antigo camiño dende Carboeiro e A Brea (Fontao) ata Ponte Ledesma. Segundo testemuñas dos veciños había dous pequenos arcos derrubados polas enchentas e o abandono. A principios do mes de novembro de 2016, debido á reconstrución do paseo fluvial de Merza, apareceron uns gravados antigos e recentes sobre algunhas pedras. Un veciño puxo sobre a pista ao investigador Daniel González Alén quen, con outros estudosos, se dirixiron cara o lugar. Unha vez examinadas as lousas de xisto, observaron que dúas concentran preto de medio cento de ocos de entre 3 e 5 centímetros de diámetro que xunto cun par de ferraduras cren que poden ser de fasquía prehistórica, incluso puideron chegar ata a ponte aproveitadas doutras antigas construcións. Mais recentes son varias letras feitas con punteiro, salientando a inscrición CAMANZO, seguramente en alusión á parroquia famosa polo seu mosteiro, e as iniciais R.V. e P.C. modernas de persoas que quixeron deixar a súa pegada.    
Ponte Ledesma (Gres): Sobre o río Ulla, foi construída no ano 1574. Debido á importancia comercial con Santiago, a cidade de Ourense colaborou na súa construción. En granito, consta de nove anos e tallamares triangulares contracorrente e trapezoidais no lado oposto coroados por pináculos. No ano 2009 colocouse un monolito que lembra a derrota das tropas de Napoleón no ano 1809 a mans dos patriotas galegos. Reformada no século XIX. 
Ponte Romana (Fontao): Sobre o río Deza, orixe romana. 
Ponte do Demo (Fontao): Salva o río Sabrexo. 
Ponte Arco da Carixa (Reboredo-Merza): Sobre o río Deza. A primitiva ponte foi destruída por unha enchenta. O arco que vemos hoxe en día foi construído no ano 1928 por Manuel Sueiro Ramos. 
Ponte Sulago (Merza): Atravesa o río Deza. 
Ponte de Toiriz: Só se conserva a inscrición nunha pedra que lembra a existencia da ponte. A gravura figura catalogada como BIC dende o ano 1974. Traducida do latín, di: "Labraron esta ponte na era DCCCCXV -ano 877-, e foi concluída o 31 de xaneiro".


 

VILABOA
Pontella de Ansuíña (Bértola): Sobre o río Toxal ou dos Gafos. Tres grandes lousas de granito apoiadas sobre cepas nos extremos. 
Pontella do Toxal (Bértola): Sobre o regueiro Toxal. 

 

VILANOVA DE AROUSA
Ponte Arnelas: En Ponte Arnelas, parroquia de Baión. Sobre o río Umia. Comunica os concellos de Ribadumia e Vilanova de Arousa. Construída no século XVI tal como denuncia unha inscrición situada nun dos extremos. Relacionada cun ritual de bautismo prenatal: no caso de risco de aborto, a muller achégabase ata a ponte con viandas que lle ofrecía ao primeiro home que lle bautizara a barriga coa auga do río; se o embarazo chegaba a bo termo, o home era o padriño do recén nado.


Xabier Moure
Pontes de Galiza/Galicia
o noso patrimonio